Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e...

14
Onde vivo? (páx. 82) O noso recuncho (páx. 83) Lectura e comprensión (páxs. 84-86) Léxico (páx. 87) Obradoiro de expresión (páxs. 88-89) Gramática (páx. 90) Fonética e ortografía (páx. 91) Avaliación (páx. 92) Consigue o reto (páx. 93) Pos en práctica (páxs. 94-95) • Suxestión dun reto. P • Proposta de preguntas relacionadas cun texto oral. P • Identificación dos propios sentimentos. P • Valoración da importancia dos propios sentimentos. V • Lectura dunha narración coa entoación adecuada. P • Extracción guiada da información máis salientable da lectura. P • Proposta de preguntas relacionadas co texto e reflexión. P • Vocabulario da aldea, a vila e a cidade. C • Identificación da propia localidade. P • Identificación e análise dun cartel. P • Concienciación da necesidade de coidar o medio. P • Creación dunha invitación. P • O xénero. C • Identificación de palabras masculinas e femininas. P • Pronuncia e recoñecemento do «e» aberto e pechado. P • Comprobación da adquisición dos principais contidos da unidade. • Comparación de dúas imaxes da mesma cidade. P • Elaboración dun debuxo sobre a propia localidade. P • Aplicación dos contidos traballados na unidade de maneira competencial. Emprende: Formulación dunha situación emprendedora. Reflexiona: reflexión sobre a propia aprendizaxe. Avaliación Recursos para a avaliación (MC): Rúbrica de avaliación da unidade páxina xx, Fichas de avaliación da unidade páxinas xx e xx. Rúbricas de habilidades xerais páxinas xx – xx. Táboa de observación de adquisición de contidos páxinas xx. Unha escola para todos Adaptación curricular básica (MC): páxinas x –xx, Ficha de amplia- ción páxinas xx e xx. Detectámolo a tempo!: páxina xx. Metodoloxías interactivas • (LA). Aplicarlle a metodoloxía coo- perativa á actividade xx. páxina 34. Ferramentas TIC • Recursos dixitais para o EDI: libro dixital interactivo, actividades com- plementarias etc. • Recursos dixitais para a aula. Emprendemento • Emprende (LA) páxinas 36, 37 e 38. Aprendizaxe 360º • (LA) páxina xx. Competencias • Pos en práctica (LA): páxinas 161 – 184. • Fichas competenciais (MC): páxi- nas 36, 37 e 38. • Actividades competenciais (POD): páxinas 36, 37 e 38. Intelixencias múltiples • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter - persoal páxinas 89 e 93 • Actividades de IM (POD): páxinas xx. Cultura do pensamento O noso recuncho (LA) páxina 34. Creatividade • Reto (LA) páxina 34. 7 Onde vivo? Recursos para fomentar o talento na aula * POD (Programación e Orientacións Didácticas), MC (Material Complementario), LA (Libro do Alumno). CONTIDOS 32

Transcript of Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e...

Page 1: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Onde vivo?(páx. 82)

O noso recuncho(páx. 83)

Lectura e comprensión(páxs. 84-86)

Léxico(páx. 87)

Obradoiro de expresión(páxs. 88-89)

Gramática(páx. 90)

Fonética e ortografía(páx. 91)

Avaliación(páx. 92)

Consigue o reto(páx. 93)

Pos en práctica(páxs. 94-95)

• Suxestión dun reto. P• Proposta de preguntas relacionadas cun texto oral. P

• Identificación dos propios sentimentos. P• Valoración da importancia dos propios sentimentos. V

• Lectura dunha narración coa entoación adecuada. P• Extracción guiada da información máis salientable da lectura. P• Proposta de preguntas relacionadas co texto e reflexión. P

• Vocabulario da aldea, a vila e a cidade. C• Identificación da propia localidade. P

• Identificación e análise dun cartel. P• Concienciación da necesidade de coidar o medio. P• Creación dunha invitación. P

• O xénero. C• Identificación de palabras masculinas e femininas. P

• Pronuncia e recoñecemento do «e» aberto e pechado. P

• Comprobación da adquisición dos principais contidos da unidade.

• Comparación de dúas imaxes da mesma cidade. P• Elaboración dun debuxo sobre a propia localidade. P

• Aplicación dos contidos traballados na unidade de maneira competencial.• Emprende: Formulación dunha situación emprendedora.• Reflexiona: reflexión sobre a propia aprendizaxe.

AvaliaciónRecursos para a avaliación (MC): Rúbrica de avaliación da unidade páxina xx, Fichas de avaliación da unidade páxinas xx e xx. Rúbricas de habilidades xerais páxinas xx – xx. Táboa de observación de adquisición de contidos páxinas xx.

Unha escola para todos•Adaptación curricular básica (MC):

páxinas x –xx, Ficha de amplia-ción páxinas xx e xx.

•Detectámolo a tempo!: páxina xx.

Metodoloxías interactivas• (LA). Aplicarlle a metodoloxía coo-

perativa á actividade xx. páxina 34.

Ferramentas TIC• Recursos dixitais para o EDI: libro

dixital interactivo, actividades com-plementarias etc.

• Recursos dixitais para a aula.

Emprendemento• Emprende (LA) páxinas 36, 37

e 38.

Aprendizaxe 360º• (LA) páxina xx.

Competencias• Pos en práctica (LA): páxinas

161 – 184. • Fichas competenciais (MC): páxi-

nas 36, 37 e 38.• Actividades competenciais (POD):

páxinas 36, 37 e 38.

Intelixencias múltiples• Actividades de IM (LA) Lingüística

e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas 89 e 93

• Actividades de IM (POD): páxinas xx.

Cultura do pensamento•O noso recuncho (LA) páxina 34.

Creatividade• Reto (LA) páxina 34.

7Onde vivo?

Recursos para fomentar o talento na aula

* POD (Programación e Orientacións Didácticas), MC (Material Complementario), LA (Libro do Alumno).

CONTIDOS

32

Page 2: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

1. Ler e comprender textos orais e escritos de tipoloxía diversa comprendéndoos globalmente, obtendo información e elaborando unha interpretación para sacar conclusións propias. (Comunicación lingüística / Intelixencia lingüística e verbal)

3. Identificar e empregar o vocabulario aprendido. (Comunicación lingüística / Intelixencia lingüística e verbal)

4. Coñecer a pronuncia e a diferenza entre «e» aberto e pechado e aplicar os coñecementos nos seus discursos do día a día. (Comunicación lingüística. Aprender a aprender / Intelixencia lingüística e verbal)

5. Recoñecer o masculino e o feminino. (Comunicación lingüística. Aprender a aprender / Intelixencia lingüística e verbal)

6. Aprender a elaborar un cartel e unha invitación. (Cultural e artística / Intelixencia visual e lingüística)

7. Identificar as accións positivas e negativas para coidar do medio no que vivimos. (Coñecemento e interacción co mundo físico / Intelixencia naturalista)

8. Ser quen de recoñecer os propios sentimentos e de llos explicar aos demais. (Aprender a aprender / Intelixencia intrapersoal e Interpersoal)

9. Desenvolver capacidades emprendedoras. (Autonomía e iniciativa persoal / Intelixencia interpersoal)

Obxectivos en clave de competencias/Intelixencias múltiples

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Comprender e reproducir textos orais como unha canción e extraer a información relevante.

• Participar activamente en situacións comunicativas da vida escolar.

• Ler textos breves coa pronunciación, o ritmo e a entoación axeitada.

• Ampliar o vocabulario con palabras relacionadas coa aldea, a aldea, a vila e a cidade.

• Saber analizar un cartel e elaborar unha invitación.

• Distinguir o masculino e o feminino.

• Distinguir o «e» aberto e o pechado.

• Reflexionar sobre os propios sentimentos e explicarllos aos demais.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE (ESTÁNDARES)

• Comprende textos orais e extae información relevante.

• Participa activamente en situacións comunicativas.

• Reflexiona sobre os propios sentimentos e comunícaos verbalmente.

• Le texto sinxelos coa pronuncia, o ritmo e a entoación axeitados.

• Volve atrás na lectura dun texto para asegurar a comprensión.

• Codifica e descodifica os fonemas e grafías da lingua galega.

• Diferencia as letras que compoñen as palabras.

• Recoñece e usa o vocabulario relacionado coa aldea, a vila e a cidade.

• Distingue o xénero feminino e o masculino.

• Recoñece un cartel e elabora unha invitación.

• Distingue o «e» aberto e pechado.

• É consciente da influencia do seu esforzo nas situacións de éxito.

33

Page 3: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Unidade 7 Onde vivo?CL

AVES

PA

RA M

OTI

VAR

DET

ECTÉ

MO

LO A

TEM

PO!

Podemos empregar as seguintes propostas para prever e anticiparnos ás posibles dificultades que poidan xurdir respecto dos contidos da unidade.

a. Para mellorar a comprensión lectora e a expresión escrita:

– Lectura cooperativa: repartir a lectura da unidade entre os grupos e establecer roles: dous deles len o texto, outro fai un resumo do que se leu e o cuarto controla que os outros tres fixesen correctamente o seu traballo. Pódese repetir este proceso cambiando os roles para que os catro poidan desempeñar todas as funcións.

– Se un grupo ten dificultades para valorar se fixeron ben o traballo (lendo correctamente coa entoación e a intención adecuadas), podemos axudalos intercambiando os membros con outros grupos para que poidan desenvolver todos os roles de xeito correcto.

Adaptación curricular: propostas concretas sobre o masculino e o feminino páxinas xx.

b. Para mellorar a expresión oral:

– Xogo de rol: repartir os papeis entre os alumnos; cada un deles e delas representará o papel dun mo-numento, un lugar, un comercio etc. da localidade. O mestre ou a mestra poden ir describindo o que se pode atopar na súa localidade e, cando nomee o monumento, lugar... que lle corresponda a cada alum-no, este terá que describirse en voz alta e dicir cal é a súa utilidade ou finalidade na cidade. Por exemplo, se se fala da Torre de Hércules, o neno que a represente terá que explicar cando foi feita, para que serve ou servía e onde está situada. Para iso, previamente terán que buscar información sobre o que lles toque representar, guiados polo mestre ou mestra ou polos pais, e memorizar os datos que deberán explicar en voz alta. páxinas xx.

– Ler o título da unidade e observar a imaxe. Pódense formular preguntas como: Que cres que quere dicir o título da unidade?

– Transmitir a funcionalidade dos contidos para achegar valor significativo.

– Resolver en voz alta e conxuntamente as preguntas do Para comezar: O ví-deo describe mediante imaxes a cidade da Coruña. Nel vense distintos lugares coma a Torre de Hércules, o tranvía, as praias, o porto, a praza de María Pita... Comentar as actividades turísticas, comerciais e de lecer que eles cren que se poden facer nesta cidade. O importante é que os nenos comenten entre eles os seus pensamentos, as sensacións que lles produ-cen as imaxes e a música... É importante que se comuniquen oralmente e que vaian collendo soltura e perdan vergoña de falar diante dos demais. Tamén se pode optar por cantaruxar a melodía que acompaña o vídeo e imitar algúns movementos coma o dos malabaristas, o da cámara avanzando sobre o mar etc. (intelixencias musical e corporal e cinestésica).

– Formular unha pregunta para animar os alumnos a facer o reto da páxina x. Atréveste a debuxar a túa propia localidade? Preguntar se saben que é unha localidade, que hai nelas, quen vive, que se fai nunha localidade...

Páxina82

34

Page 4: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

O noso recunchoDescrición

Coa realización destas actividades, os alumnos: – Analizan os seus propios sentimentos en determinadas situacións. – Explican como se senten e aprenden a escoitar os demais e compartir os seus sentimentos. – Reflexionan sobre as súas emocións e as causas que poden provocalas.

Proceso

1. Observar a fotografía e formular preguntas como: Que expresión ten o neno? Que está pensando? Por que cren que pensa así o neno? Que senten eles cando arde o mongte da súa localidade? E cando pensan nos animais que viven no monte, que senten? É diferente o sentimento nos dous casos ou é semellante? Por que cren que pasa iso?

2. Propoñerlles aos alumnos que mostren con xestos as súas emocións: cara de tristura, cara de alegría, cara de dor, cara de enfado... Comentar, entre todos, que a expresión das nosas caras vai conectada ás nosas emocións.

3. Pedirlles aos alumnos que pregunten na casa á familia, como se sentía pola mañá ao erguerse, como se sentía ao mediodía, como se sentía pola tarde e como se sentía pola noite. Que vaian tomando nota do que lles van dicindo, e que despois fagan unha ficha por persoa das emocións que experimentou ao longo do mesmo día. Pode dividir unha folla en tantos cadros como partes ten o día, en cada cadro escribirá o momento do día corresponde, a emoción que sentiu o familiar e un debuxo que represente esa emoción.

— Despois poden facer o mesmo pero cos días da semana. Como se senten o luns, o martes, o mérco-res, o xoves, o venres, o sábado e o domingo. E repetir a mesma ficha.

— Por último comentar entre todos na clase os datos recollidos: ver as coincidencias, as diferenzas, os momentos do día que parecen máis conflitivos, os momentos máis agradables, os días máis difíciles, os días máis levadeiros...

— Conversar sobre cales cren que son as causas de que haxa uns días nos que frecuentemente nos sen-timos peor e outros nos que nos sentimos mellor. Explicar se a eles tamén lles pasa e por que.

35

Page 5: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

– Ler o apartado «Antes de ler» e responder as preguntas entre todos. Permitirlles aos alumnos que expresen os seus pensamentos, os seus gustos, as súas ideas...

• Ler o título e observar as imaxes e preguntarlles aos alumnos que ideas lles suxiren.

• Ler o significado das palabras destacadas nas marxes e responder a pregunta sobre o significado dunha expresión.

– Ler o poema A cidade e o texto sobre Lalín seguindo estes pasos:

• Lectura silenciosa individual, para fixarse nos signos de puntuación e naquelas palabras que presentan certa dificultade.

• Lectura en voz alta por parte dalgún alumno/a segundo as indicacións que dea o mestre/a: por exemplo, pode ler un parágrafo cada alumno/a.

– Detectar cales son as palabras que os alumnos descoñecen e explicar o seu significado. Activar o vocabulario formulando preguntas, por exemplo: que palabras non sabedes o que queren dicir?

– Deseguido, ler entre todos o significado das palabras destacadas nos textos e comentar se as entenden.

– Formular diversas preguntas de comprensión ao longo da lectura e ao final. Por exemplo:

1. Que ten a cidade do poema? Que pensan que é unha muralla medieval? Que non ten esta cidade? Que ten a vila de Lalín? Como están ordenadas as vivendas na vila?

2. Ao final da lectura: Como imaxinan a cidade do poema? Como imaxinan a vila de Lalín? Que seme-llanzas ou diferenzas atopan coa súa localidade?

Propostas para antes de ler

Propostas para facer durante a lectura

Despois de ler

Lectura

Como dinamizo a clase?

Unidade 7Páxinas

84 e 85

36

Page 6: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Solucionario

E despois de ler

Como dinamizo a clase?

3. Rañaceos, teatros, cines. 4. Casas, casais, casas novas de varios pisos. 5. Rañaceos = edificio de moita altura. Museo

= Edifico onde se expoñen obxectos de inte-rese histórico, artístico etc. Arrabalde = Ba-

rrio das aforas da cidade. Vila = Cidade de pequeno tamaño. Chabolismo = Abundan-cia de casas pequenas e mal feitas, situadas nos arrabaldes. Casais = Casas de campo.

Unidade 7Páxina

86

37

IM

CB

Despois de realizar individualmente as actividades 4, 5 e 7 e poñelas en común tendo en conta:

– Na actividade 4, pode haber dificultades porque o texto da lectura é un pouco denso. É difícil atopar un texto ensaístico apto para estas idades. Simplemente cómpre que vexan como son estes textos e que se familiaricen con eles.

– Na actividade 7, algunha palabra pode requirir dunha orientación ou axuda do mestre ou mestra.

Actividade competencial

Identificación por imaxes

▪ Propoñemos que os alumnos busquen fotografías ou debuxos dunha cidade e dunha vila e que identifiquen nelas as partes das que se fala nas lecturas. Deste xeito, as palabras que lles sexan máis difíciles de comprender poderán asimilalas mellor se as visualizan.

Intelixencias múltiples

A localidade en sons (musical / cinética-corporal)

▪ Propoñerlles aos alumnos poñerlle son á súa localidade. Primeiro asignarlle un son a cada parte da localidade que queiramos representar. Por exemplo:

• A rúa = ruído de coches • A casa do concello = o son de papeis que se xuntan.

• O colexio = as voces dos nenos. • As casas e edificios = son de portas que se pechan.

• O parque = son de pasos. • A feira = son de vendedores anunciando produtos.

– Deseguido, asignarlle a cada alumno ou alumnos o elemento que deben representar e o son que deben realizar.

– Finalmente, e seguindo as instrucións ou as quendas que dea o mestre ou mestra, reproducir os sons da nosa localidade.

Page 7: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Léxico

Como dinamizo a clase?

– Antes de realizar as actividades sobre o vocabulario da aldea, a vila e a cidade, preguntarlles aos alumnos que cousas saben ou pensan eles que hai en cada unha delas. Procurar que os alumnos manifesten os seus coñecementos, as súas ideas, reais ou non, respecto dos tres lugares. Proba-blemente sairán moitos tópicos, o cal dará pé para distinguir o real do que xa non o é hoxe en día, ben mediante imaxes, mediante anécdotas, situacións vividas por algún alumno ou familiar...

6. Vila, cidade, aldea.7. 1 = vila; 2 = veciños; 3 = aldea; 4 = barrio.8. Resposta aberta. Cada alumno deberá con-

testar en función da localidade na que viva. Poden confundirse polo tamaño á hora de

dicir se é unha vila ou unha cidade, por iso quizais precisen algunha orientación a maio-res. Pódeselles recomendar que repasen os contidos do seu libro do alumno de Ciencias sociais se non están seguros.

Solucionario

Unidade 7Páxina

88

38

AC Actividade complementaria

Un, dous, tres…

▪ Por parellas, xogar a dar respostas correctas alternas no tempo que marque o mestre ou mestra. Cada pregunta enfrontará a dúas parellas que deberán dar respostas correctas por quendas antes de que o mestre ou mestra marque o tempo. Por exemplo: materiais para facer casas: Parella A = casas de pedra / Parella B = casas de madeira / Parella A = casas de ladrillo... E así ata que se con-suma o tempo ou que unha das parella se equivoque. Quen diga máis respostas correctas gaña e pasa á seguinte rolda.

▪ En cada rolda enfrontaranse cada dúas parellas que pasasen a anterior, e así ata chegar á final. A parella que gañe a última rolda é a que gaña o concurso.

▪ O mestre ou mestra deberá ter preparadas previamente unha serie de preguntas para lles facer ás parellas.

▪ Se o mestre ou mestra o considera axeitado, pódese facer este concurso entre as clases de primei-ro curso, tamén, por exemplo.▪ Identificar os artigos que aparecen e o nome que acompañan.

Page 8: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Solucionario

Obradoiro de expresión

Como dinamizo a clase?

10. Mazá e raspa de peixe no colector gris. Lata e botella de auga no colector amarelo. Xor-nal e caixa de cartón no colector azul. Xerra no colector verde.

11 . Resposta aberta. É importante que saiban

que as cousas se tiran nos colectores do lixo, que hai que manter limpas as rúas e os lu-gares onde vivimos, que hai que respectar o medio...

Unidade 7Páxina

88 e 89

39

IM

AC

Neste apartado é importante que os nenos falen, escriban, creen, comenten, analicen... Trátase de traballar a expresión en todas as súas dimensións. As actividades elaboraranse de forma oral ou es-crita ou combinando as dúas, segundo o criterio do mestre ou mestra.

Intelixencias múltiples

▪ Reflexionar e comentar, cada un para si e, despois, entre todos, como se comportan eles a diario. Se tiran o lixo nos colectores ou se o tiran no chan, se coidan o medio, se separan o lixo... (Inteli-xencia intrapersoal e interpersoal)

▪ A partir das reflexións, comentar que poden facer para mellorar o seu comportamento e para coidar mellor o medio. (Intelixencia naturalista)

Actividade complementaria

Festas da aula de 1º EP

▪ Aproveitando que están a facer as invitacións para a festa da súa localidade poden fixar un día para celebrar a festa da aula de 1º EP. Para iso terán que poñerlle un nome e elaborar os carteis correspondentes.

▪ Poden facelo por grupos. Un grupo elaborará os carteis para anunciar a festa e outro grupo ela-borará as invitacións.

Page 9: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Gramática

Como dinamizo a clase?

– Comentar cos alumnos os obxectos que hai nese momento na aula que se adapten á norma. Por exemplo: mesa = feminino; encerado = masculino; bolígrafo = masculino; goma = feminino; ca-derno = masculino; chaqueta = feminino; mochila = feminino; cadeira = feminino...

– Para resolver as actividades do libro sería bo que o mestre ou mestra repase cos alumnos, antes de buscar na sopa de letras, cales son os femininos das palabras do cadro. Tamén é ben que faga o mesmo coas ilustracións, para que os alumnos teñan claras as palabras por se hai algunha ilus-tración que non interpreten correctamente.

13. Avoa, nena, gata, veciña.14. Masculino = banco, semáforo, rañaceos. Fe-

minino = bicicleta, casa, chabola.

Solucionario

Unidade 7Páxina

90

40

AC Actividade complementaria

Buscamos na rúa

▪ Pedirlles aos alumnos que busquen pola rúa e que anoten no caderno elementos masculinos e fe-mininos. Que escriban o nome de cada un no cadro que lles corresponda, ben no dos masculinos ou ben no dos femininos.

IM Intelixencias múltiples

Elaborar un poema visual (Intelixencia visual e espacial)

▪ Escribir no medio dun papel de envolver Palabras masculinas. Noutro papel escribir Palabras femi-ninas.

▪ Pedirlles aos alumnos que debuxen ou recorten imaxes de diferentes partes do corpo e que as peguen no mural correspondente.

Page 10: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Solucionario

Fonética e ortografía

Como dinamizo a clase?

16. Boneca = aberto. Testo = pechado. Dedo = pechado. Maleta = pechado. Tren = aberto. Martelo = aberto.

Unidade 7Páxina

91

41

IM

Como esta diferenciación entre vogal aberta e pechada faise difícil para algúns alumnos, o mellor sería que primeiro escoitasen os audios e que practicasen en voz alta, un a un para imitar os sons. O mestre ou mestra pode detectar aqueles alumnos que non teñan dificultades e que lles poderán axudar aos que si as teñan a pronunciar correctamente e identificar a diferenza.

Intelixencias múltiples

Mural do «e»! (lingüística / visual-espacial)

▪ Colgar dúas cartolinas na parede da aula, unha para o «e» aberto e outra para o «e» pechado.

▪ Pedirlles aos alumnos que busquen imaxes en revistas, en xornais, en catálogos de xoguetes etc., e que os recorten. Procurar que cada alumno teña polo menos unha imaxe para colgar.

▪ Por quendas, colgar a imaxe no mural correspondente e dicir en voz alta o nome, intentando pro-nunciar correctamente a vogal aberta ou pechada.

Page 11: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Avaliación

Como dinamizo a clase?

– A avaliación está pensada tanto para facer de forma individual coma colectiva. A última pregunta por exemplo, pódese facer de xeito oral, para avaliar a competencia oral do alumno, ou ben pe-dirlles que a contesten no caderno, para avaliar a expresión escrita, a caligrafía, a orde...

1. Aberto = serpe e verme. Pechado = pera.2. Casa = horta, cheminea, avenida. Rañaceos

= aeroporto, tellado, semáforo.4. Resposta aberta. Se se fai oralmente, é impor-

tante que todos os nenos, ben por quendas ou colectivamente, participen na resposta, co cal mesmo se pode abrir un debate que

favorecerá que os nenos usen a lingua e adquiran capacidades e desenvolvemento oral. Se se fai por escrito, é importante que non respondan simplemente si ou non. O mestre ou mestra deberalles explicar que teñen que dicir que saben do meco, ou que lles contaron, e se non saben nada que pre-gunten na casa e que investiguen.

Solucionario

Unidade 7Páxina

92

42

Page 12: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

A finalidade do reto é multiple. Ademais de traballar a pintura e a fotografía (Competencia cultural e artística e intelixencia visual e espacial), tamén se traballa a atención visual,mediante a comparación entre dúas imaxes de distinto formato da mesma cidade e da mesma rúa, o paso do tempo e a conservación, pois están feitas en distintas épocas, e a concepción de cidade (Coñecemento e interacción co mundo físico e intelixencia naturalista).

A comparación e a explicación das imaxes pódese facer por escrito ou oralmente. A oralidade permite que os alumnos expresen as súas opinións, que traballen o respecto mutuo, a orde nas quendas de intervención, o uso práctico do vocabulario que van adquirindo, e mesmo a adquisión de seguridade en si mesmos ao participar e ver que as súas opinións son respectadas.

O traballo escrito pode ser individual ou colectivo. O individual pode formentar a adquisición paulatina de au-tonomía por parte do alumno e tamén a aplicación práctica na escrita dos contidos que foi asimilando. Se o traballo é colectivo, pódese traballar a cooperación, o respecto, o desempeño de roles no grupo, o intercambio de habilidades...

43

Consigue o reto

Como dinamizo a clase?

Unidade 7Páxina

93

Descrición do reto

Desenvolvemento

Cos debuxos resultantes pódese organizar unha exposición na aula, e a partir de aí abrir unha conversa múltiple: se os debuxos se parecen ás fotografías, Que parte da localidade lles gusta máis, que elemento destacaron máis nos seus debuxos e por que

Proceso final

Page 13: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Pon en práctica A finalidade deste apartado é avaliar os contidos tratados na unidade mediante unha actividade múltiple de competencias básicas. O recibo da panadaría serve como punto de partida a través do que se artella a avaliación competencial el concretamente, da competencia en comunicación lingüística, competencia de coñecemento e interacción co medio físico e social e competencia cultural e artística.

É importante que antes de empezar a actividade, lean primeiro individualmente e despois colectivamente o recibo da panadaría, coa fin de aclarar todas as dúbidas que poidan xurdir e todo aquilo que os alumnos descoñezan. A partir de aí, poderán realizar as actividades propostas.

EmprendeCoa resolución desta situación preténdese desenvolver habilidades persoais que potencien as actitudes e as capacidades emprendedoras: comunicación, toma de decisións e responsabilidades, fomentar a creati-vidade e a perseveranza dun xeito creativo e lúdico.

Á hora de levala a cabo, o proceso podería ser:

1. Individualmente, pensan que poden facer se se ven na situación de chegar á piscina e non ter o bañador. O importante é que busquen alternativas e non digan que non poden facer nada.

2. Cando teñan idea individualmente do que poden facer, póñena en común co resto da clase, e explican por que optaron por esa opción.

3. Elixir entre todos a opción que se considere máis adecuada.

4. Aplicar ese sistema para poder solucionar o problema suscitado.

Reflexiona Responder, de maneira individual, as preguntas presentadas no apartado. Despois, contestalas entre todos, achegando ideas que lle axuden ao grupo a comprender os apartados onde tiveron problemas.

Solucionario

Para rematar: Pon en práctica

Como dinamizo a clase?

1. Femininas = pandaría, cafetaría, Almeiras, pera, bola, tosta, grazas, visita. Masculinas = obradoiro, pan, produto, prezo, zume, pastel, ovo.

• Algúns nomes non rematan en o ou en a, se o mestre ou mestra o cre axeitado, poden ignoralos e non incluílos na listaxe.

Agradecemento e despedida = Grazas pola súa visita.

Rúa = Rúa Almeiras, 9 -Verín.

2. Coma serra = pastel. Coma mesa = pera, prezo. Como lobo = bola, tosta. Coma foca = ovo.

3. O obradoiro do pan. Na rúa Almeiras en Ve-rín. Verín é unha vila.

4. Resposta aberta. Se non lembran como se fai, poden revisar as unidades anteriores para ver como facer un anuncio. Deste xeito reforzan a súa autonomía e tamén a iniciati-va persoal.

Unidade 1Páxinas

94 e 95

44

Page 14: Creatividade Onde vivo? Ferramentas TIC Emprendemento · • Actividades de IM (LA) Lingüística e verbal, Naturalista páxina 83, 88, Intrapersoal páxina 83, Inter-persoal páxinas

Unidade 1

Anotacións