CRA de Coristanco-Santa Comba...CRA de Coristanco – Santa Comba Actividades de música para o 13...

5
CRA de Coristanco-Santa Comba PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 13 DE MAIO DO 2020 HORARIO ACTIVIDADE 09:00 Aséome e preparo o meu almorzo 10:00 Semana das Letras Galegas Carvalho Calero : O mar 11:00 Aséome e preparo a miña merenda 12:00 Xogo libre/xogo só 13:00 Música Aprendemos galego-portugués 14:00 Aséome, axudo a preparar a comida e a pór a mesa AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS

Transcript of CRA de Coristanco-Santa Comba...CRA de Coristanco – Santa Comba Actividades de música para o 13...

Page 1: CRA de Coristanco-Santa Comba...CRA de Coristanco – Santa Comba Actividades de música para o 13 de maio do 2020 Ola queridas alumnas e alumnos! Aproveitando que xa está aquí o

CRA de Coristanco-Santa Comba

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 13 DE MAIO DO 2020

HORARIO ACTIVIDADE

09:00 Aséome e preparo o meu almorzo

10:00 Semana das Letras Galegas

Carvalho Calero : O mar

11:00 Aséome e preparo a miña merenda

12:00 Xogo libre/xogo só

13:00 Música

Aprendemos galego-portugués

14:00 Aséome, axudo a preparar a comida e

a pór a mesa

AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS

Page 2: CRA de Coristanco-Santa Comba...CRA de Coristanco – Santa Comba Actividades de música para o 13 de maio do 2020 Ola queridas alumnas e alumnos! Aproveitando que xa está aquí o

LETRAS GALEGAS 2020 - CARBALHO CALERO O MAR

Boas nenos e nenas:

Como ben sabedes, este ano adícanselle as Letras Galegas a Carbalho Calero. Este escritor naceu en Ferrol, unha cidade con

gran tradición mariña.

Na aldea onde pasaba os veráns, Calero subía ao curuto máis alto para ver o mar, os barcos, os estaleiros... e soñaba con ser un

distinguido mariño que navegaba por todos os mares do mundo. Pero tamén escribe poemas e obras de teatro dende neno,

manifestando unha gran paixón polas letras.

Por tanto, nunca se converteu en mariño, como imaxinara de mozo, pero capitaneou o buque máis grande das nosas letras: a Historia

da literatura galega contemporánea.

A continuación vos deixamos uns versos do seu libro Futuro Condicional:

Sentados no peirao, abalando

os pés sobre o baleiro, sobre o mar

onde aboian cabezas de peixes coroados

de chíos de gaivotas

ti e máis eu, silandeiros.

Page 3: CRA de Coristanco-Santa Comba...CRA de Coristanco – Santa Comba Actividades de música para o 13 de maio do 2020 Ola queridas alumnas e alumnos! Aproveitando que xa está aquí o

Aquí tedes un mapa de Galicia, a ver se sodes capaces de situar nel a cidade de Ferrol onde naceu Carbalho Calero.

Ademais de escribir os nomes das 4 provincias e averiguar o nome do mar e do océano que bañan as nosas costas.

Este barquiño non ten quen o tripule. Pódeste debuxar dentro del como se foses un mariño, aoigual que soñaba Carbalho Calero cando era pequeno.

Page 4: CRA de Coristanco-Santa Comba...CRA de Coristanco – Santa Comba Actividades de música para o 13 de maio do 2020 Ola queridas alumnas e alumnos! Aproveitando que xa está aquí o

No mar e océano que bañan as nosas costas e que supoñemos, xa averiguastes como se chaman, habitan un montón de peixes e outros

animais mariños moi diversos. Aquí vos deixamos unha canción moi interesante titulada “Peixiños do mar” de Magín Blanco para que

escoitedes.

https://www.youtube.com/watch?v=9cvq46dJyFA

Nesta canción nomeanse 32 animais do mundo mariño. Coñecédelos todos?

De seguido deixamos algúns, a ver se sodes capaces de escribir o seu nome debaixo de cada un deles. Ánimo!

Page 5: CRA de Coristanco-Santa Comba...CRA de Coristanco – Santa Comba Actividades de música para o 13 de maio do 2020 Ola queridas alumnas e alumnos! Aproveitando que xa está aquí o

CRA de Coristanco – Santa Comba

Actividades de música para o 13 de maio do 2020

Ola queridas alumnas e alumnos!

Aproveitando que xa está aquí o Día das Letras Galegas e que está dedicado a Carvalho

Calero, voltamos a fixarnos nas palabras que veñen de Portugal.

Sabes como se di “primavera” en portugués? Pois dise “primavera”, coma nós!

Sabes como se di “bolboreta” en portugués? Pois dise “borboleta”, moi parecido a como o

facemos nós.

E sabes o que é un “gafanhoto”? Seguro que non. A ver se o adiviñas?

https://www.youtube.com/watch?v=O3ZGMz2m4Tg

“Todos os animais son diferentes. Cada un ten a súa forma e a súa cor.” A ver se dás

cantado esta canción. Estou seguro que entenderás case todo! Pero antes, outra pequena adiviña

sobre o portugués:

Sabes como se dí “branco” en portugués? Pois dise “branco”, coma nós!

E... a ver se adivinhas como se di “negro” no país veciño. Tes unha pista importante na canción!

https://www.youtube.com/watch?v=D7pkcS7HT2w

Sabías que o idioma portugués tamén se fala en Brasil? Aquí vos traio unha pequena

canción que vén deste país. Un pouquiño de rock nunca vén mal! Esta é un pouco máis difícil, pero

a ver se entendes algunha frase. Seguro que si!

Deixo aquí algunha pista:

PEGAR quere dicir COLLER

ARRUMAR quere dicir ORDENAR

ESCOVAR quere dicir CEPILLAR

https://www.youtube.com/watch?v=59Izjl7wYu0

Un saúdo e ata a semana que vén!