Contratos fomento da contratacion indefinida

2
Que normativa se aplica Disposición adicional 1.ª da Lei 12/2001, do 9 de xullo (B.O.E. do 10 de xullo), modificada polo artigo 3 da Lei 35/2010, do 17 de setembro (B.O.E. do 18 de setembro). Lei 43/2006, do 29 de decembro (B.O.E. do 30 de decembro). Orde do 16 de setembro de 1998 (B.O.E. do 29 de setembro). Contrato para o fomento da contratación indefinida Para máis información: Servicio Público de Empleo Estatal www.redtrabaja.es 901 11 99 99 Emprego NIPO: 794-10-154-2

description

Contratos para o fomento da contratacion indefinida

Transcript of Contratos fomento da contratacion indefinida

Page 1: Contratos fomento da contratacion indefinida

Que normativa se aplica

• Disposición adicional 1.ª da Lei 12/2001, do 9 de xullo (B.O.E. do 10 de xullo), modificada polo artigo 3 da Lei 35/2010, do 17 de setembro (B.O.E. do 18 de setembro).

• Lei 43/2006, do 29 de decembro (B.O.E. do 30 de decembro).

• Orde do 16 de setembro de 1998 (B.O.E. do 29 de setembro).

Contrato para o

fomento da contratación

indefinida

Para máis información:

Servicio Público de Empleo Estatal

www.redtrabaja.es901 11 99 99

Emprego

NIPO: 794-10-154-2

Page 2: Contratos fomento da contratacion indefinida

Para quen

Traballadores incluídos nun dos grupos seguintes:

A) Desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego en quen concorra algunha das seguintes condicións:

1) Mozos/as dende dezaseis ata trinta anos de idade, ambos inclusive.

2) Mulleres desempregadas cando se contraten para prestar servizos en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino; mulleres nos dous anos inmediatamente posteriores á data do parto ou da adopción ou acollemento de menores; mulleres desempregadas que se reincorporen ao mercado de traballo tras un período de inactividade laboral de cinco anos; mulleres desempregadas vítimas de violencia de xénero e de trata de seres humanos.

3) Maiores de corenta e cinco anos de idade.

4) Parados que leven, polo menos, un mes inscritos ininterrompidamente como demandantes de emprego.

5) Persoas con discapacidade.

6) Desempregados que durante os dous anos anteriores á celebración do contrato estivesen contratados exclusivamente mediante contratos de carácter temporal, incluídos os contratos formativos.

Que requisitos debe cumprir a empresa

Como se formaliza o contrato e a súa duración

Non poderá concertar o contrato para o fomento da contratación indefinida calquera empresa que nos seis meses anteriores á celebración do contrato extinguise contratos de traballo por despedimento recoñecido ou declarado como improcedente ou por despedimento colectivo.

• Formalizarase por escrito, por tempo indefinido, segundo o modelo que se estableza.

• Comunicarase ao Servizo Público de Emprego no prazo dos dez días seguintes á súa concertación.

7) Desempregados a quen durante os dous anos anteriores á celebración do contrato se lles extinguise un contrato de carácter indefinido ou nunha empresa diferente.

B) Traballadores que teñan estado empregados na mesma empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, celebrado con anterioridade ao 18 de xuño de 2010, a quen se lles transforme tal contrato nun contrato de fomento da contratación indefinida con anterioridade ao 31 de decembro de 2010.

C) Traballadores que teñan estado empregados na mesma empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, celebrado a partir do 18 de xuño de 2010. Estes contratos poderán ser transformados nun contrato de fomento da contratación indefinida con anterioridade ao 31 de decembro de 2011, sempre que a duración dos mesmos non teña excedido os seis meses. Esta duración máxima non será de aplicación para os contratos formativos.

CONTRATO PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN INDEFINIDA

Que vantaxes obtén a empresa

• Se o contrato se extingue por causas obxectivas e a extinción é declarada ou recoñecida polo empresario como improcedente, a contía da indemnización será de trinta e tres días de salario por ano de servizo, ata un máximo de vinte e catro mensualidades.

• Os contratos iniciais ou transformacións, a tempo completo e a tempo parcial, celebrados baixo esta modalidade poden acollerse ás bonificacións nas cotas da Seguridade Social, segundo o colectivo ao que pertenza o traballador, de conformidade coa Lei 43/2006 ou coa Lei 35/2010, sempre que se cumpran os requisitos establecidos nas referidas normas.