Contos ecolóxicos

3
CONTOS ECOLÓXICOS Tempo de Nadal, tempo de acivros , tempo de contos, tempo de libros.... Para estas datas propomos os seguintes contos ecolóxicos, para contarlle os máis pequenos aos máis grandes da familia. A FONTE GRIS Había unha vez un neno que todos os días saia pasear por un bosque, un día creu escoitar un triste queixume, coma se chorasen cantando. Seguindo o ruído chegou até unha gran fonte circular, misteriosa e gris. Do seu estanque parecía xurdir aquel salouco constante; e ao asomarse, entre as sucias augas da fonte non viu máis que un grupo de grises peixes virando en círculo lentamente, de cuxas bocas xurdía un salouco con cada volta ao estanque. Preocupado pola situación, o neno tratou de atrapar un daqueles incribles peixes faladores , pero ao meter a man na auga, volveuse gris até o cóbado, e invadiuno unha enorme tristeza, á vez que comprendeu enseguida a tristeza daqueles peixes: sentía o mesmo que sentía a terra: e sentíase sucio e contaminado. Sacou a man da auga rapidamente, e foise correndo. Pero a súa man seguiu gris, e o neno seguiu sentíndose triste. Probou moitas cousas para alegrarse, nada funcionaba, ata que se deu conta de que só devolvendo a alegría á terra podería el estar alegre. Desde entón dedicouse a coidar do campo, das plantas, das árbores e dos animais, e esforzouse porque todos obrasen igual. Tivo tanto éxito, que a súa man foi recobrando a cor. Cando o gris desapareceu completamente, volveu sentirse alegre, e atreveuse a volver ver a fonte. De lonxe puido ouvir os alegres cánticos dos peixes de cores, que saltaban e bailaban nas cristalinas augas daquela fonte máxica. E así soubo que a terra volvía estar alegre, e comezou a sentirse moi feliz. Pedro Pablo Sancristán

Transcript of Contos ecolóxicos

Page 1: Contos ecolóxicos

CONTOS ECOLÓXICOS

Tempo de Nadal, tempo de acivros , tempo de contos, tempo de libros....

Para estas datas propomos os seguintes contos ecolóxicos, para contarlle os máis

pequenos aos máis grandes da familia.

A FONTE GRIS

Había unha vez un neno que todos os días saia pasear por un bosque, un día creu

escoitar un triste queixume, coma se chorasen cantando. Seguindo o ruído chegou até

unha gran fonte circular, misteriosa e gris. Do seu estanque parecía xurdir aquel salouco

constante; e ao asomarse, entre as sucias augas da fonte non viu máis que un grupo de

grises peixes virando en círculo lentamente, de cuxas bocas xurdía un salouco con cada

volta ao estanque.

Preocupado pola situación, o neno tratou de atrapar un daqueles incribles peixes

faladores , pero ao meter a man na auga,

volveuse gris até o cóbado, e invadiuno unha

enorme tristeza, á vez que comprendeu

enseguida a tristeza daqueles peixes: sentía o

mesmo que sentía a terra: e sentíase sucio e

contaminado.

Sacou a man da auga rapidamente, e foise

correndo. Pero a súa man seguiu gris, e o

neno seguiu sentíndose triste.

Probou moitas cousas para alegrarse, nada funcionaba, ata que se deu conta de que só

devolvendo a alegría á terra podería el estar alegre. Desde entón dedicouse a coidar do

campo, das plantas, das árbores e dos animais, e esforzouse porque todos obrasen igual.

Tivo tanto éxito, que a súa man foi

recobrando a cor. Cando o gris

desapareceu completamente, volveu

sentirse alegre, e atreveuse a volver ver a

fonte.

De lonxe puido ouvir os alegres cánticos dos peixes de cores, que saltaban e bailaban

nas cristalinas augas daquela fonte máxica. E así soubo que a terra volvía estar alegre, e

comezou a sentirse moi feliz.

Pedro Pablo Sancristán

Page 2: Contos ecolóxicos

O HOME PISOU A TERRA

Durante moitísimo tempo, a terra foi un lugar apracible onde vivían en harmonía

animais de distintas especies, ata que todo cambiou. Fai dous millóns e medio de anos,

apareceu un pequeno animal belicoso, un mamífero de dúas patas e sen pelo que veu

revolucionalo todo.

Este animal parecíase moito aos monos, cos cales compartía antepasados. A pesar das

súas desvantaxes físicas, a nova especie era moi laboriosa e estaba constantemente en

movemento en busca do seu alimento. Esta nova raza era o home, que veu cambiar a

historia do planeta.

O Home era rápido para aprender e tiña moito enxeño, foi así que pasou en pouco

tempo, historicamente falando, de vivir nas covas que atopaba na natureza a construír a

súa propia habitación.

A medida que inventaba novos artefactos, a

súa vida melloraba e reproducíase máis.

Deste xeito, pronto houbo homes vivindo

en todos os recunchos do planeta, incluso

nos desertos e nos polos.

Pero os artefactos do home non sempre

eran bos para o resto dos habitantes da terra, mesmo para as plantas. Moitos dos seus

inventos mataban especies animais e vexetais, e conforme pasaba o tempo, os refugallos

e a contaminación ían cubríndoo todo.

Un bo día déronse conta de que estaban a matar ao

planeta e que se non se detiñan, toda a vida sobre a

terra desaparecería. Reuniuse o gran consello

humano para decidir que facer respecto do que

ocorría, pero non se puxeron de acordo. Uns dicían

que se detivese toda a produción de materiais

contaminantes, sen importar o custo que tivese,

outros dicían que se debía pensar primeiro na

sociedade humana e o seu benestar. Pero

esquecíanse que a sociedade humana vivía grazas ao

planeta.

Tanto desacordo levounos a unha gran guerra e a

guerra terminou de destruír o pouco que se ía

salvando. O planeta terra quedou cuberto por unha

enorme nube negra, ás escuras completamente.

Bastaron apenas uns días para que os humanos se

desen conta do seu gran erro. As plantas, os animais, todo morría , tamén as persoas.

Foron tres terribles meses, ata que xa non quedou nada. Os humanos esqueceran o que

os animais sempre souberon. Non debes tomar do planeta máis do que necesitas

para vivir, así permitiraslle rexenerar os seus recursos e terás un planeta san.

Page 3: Contos ecolóxicos

A LÁMPADA PROTESTONA

Érase unha vez unha lámpada de baixo consumo, que algunhas veces cando a acendían

enfadábase.

O dono da casa, o señor González, non entendía o comportamento desta lámpada, xa

que lle dixeran que duraba moito tempo e que aforraría enerxía.

Un día, convidaron a uns amigos a comer a casa, chamábanse Roberto e Isa. Era un día

bastante soleado, pero con todo, a familia González tiña acendidas todas as luces do

salón para así ter máis luz, e entre todas as lámpadas acesas, estaba incluída a lámpada

protestona, da que vos falamos.

Roberto deuse conta de que a lámpada tiña cara de enfadada, e apagábase e acendíase

continuamente, entón dixo: Amigo González, paréceme que a vosa lámpada esta

enfadada, notástelo?.

O señor González respondeulle: Cada vez que a acendemos enfádase e apágase, non sei

por que o fai, xa que a compramos hai moi pouco?

De súpeto, Roberto deuse conta de que era o que lle

pasaba a aquela lámpada, así que dixo: Xa sei por que

vosa lámpada se enfada, porque que a acendades cando

hai luz do sol, e estades a consumir electricidade de

forma innecesaria.

Foi entón, cando os González entenderon que hai que

controlar o consumo de enerxía, e que non se deben

acender as luces, cando hai luz de día, pois así estamos axudando ao coidado da

natureza e a gastar menos diñeiro en electricidade.

Así que, apagaron as luces, e seguiron comendo coa luz do día, e a lámpada á que

chamaban a lámpada protestona púxose moi contenta.

Fonte: Contos infantís