CONTOS DE NADAL 5ºP

4

Click here to load reader

description

TRABALLOS DE CREACIÓN LITERARIA

Transcript of CONTOS DE NADAL 5ºP

Page 1: CONTOS DE NADAL 5ºP

Alu

mn

os

5ºP

DEC

EMB

RO

20

11

CO

NT

OS

DE

NA

DA

L-

L.G

AL

EG

A-

P.A

BA

LA

R 5

ºP

HISTORIAS DE NADAL ESCRITAS POLOS ALUMN@S DE 5º DE PRIMARIA NA TERIA DE LINGUA GALEGA, DENTRO DAS ACTIVIDADES DE INTEGRACIÓN DAS TICS NA AULA,LEVADAS A CABO NO PROXECTO ABALAR.

CURSO 5º PRIMARIA

COLEXIO SAGRADA FAMILIA ALDÁN

Page 2: CONTOS DE NADAL 5ºP

CONTOS DE NADAL- L.GALEGA- P.ABALAR 5ºP 2

A ÁRBORE MÁXICA

Había unha vez unha familia que ía en busca de adornos e

cousas para o Nadal, porque estaba moi preto.

Foron en busca de cintas á tenda; ó supermercado mercar

turrón ....

Cando mercaron todo só lles faltaba a árbore, entón, foron ó

monte como tódolos anos, pero este, non encontaron ningún.

Tiveron que mercalo, e déronse conta, de que faltaban os

adornos para á árbore, e foron mercalos tamén.

Xa acabaran e estaban na casa adornando todo.

Cando chegaron as festas, uns días despois, estaban moi ledos.

E ... unha noite, cantando arredor da árbore, tamén cantaba e

bailaba . Quedaron abraiados e dixeron:

-É unha árbore máxica !!!

Pero é que eles, non sabían, que era un mecanismo que ten a

arbore que lle puxera o dependente, porque sempre o collían

no monte.

E así pasaron o Nadal: cantando, bailando, brincando e

facendo máis cousas, pero tamén pensando que era unha árbore

máxica.

Poderían pedir cousas para tódolos nenos do mundo? Sería

marabilloso. Tania

Page 3: CONTOS DE NADAL 5ºP

CONTOS DE NADAL- L.GALEGA- P.ABALAR 5ºP 3

O NADAL

Este era un día no que nevaba e había moito frío.

Os animais estaban nas súas madrigueiras e os nenos nas súas casas,

pero nesta noite na que viñan os Reis Magos,había unha nena que

lles

escribiu unha carta dicindo:queridos Reis Magos:Este ano porteime

regular,pero non pido ningún xoguete só pido que tódolos nenos e

nenas pobres do mundo teñan xoguetes e algo que comer.

Así que cando pasou a noite e a nena xa espertou,sentíase satisfeita

co que pedira.

Pero como se portara tan ben,os Reis Magos déronlle algún que

outro

agasallo.Logo,cando había que leva-los xoguetes ó colexio,ela os

compartiu

con tódolos nenos e nenas,e todos aprenderon a comparti-los seus

xoguetes

cos demais e xa non foron máis egoístas con ninguén.

Ana M.P.

Page 4: CONTOS DE NADAL 5ºP

CONTOS DE NADAL- L.GALEGA- P.ABALAR 5ºP 4

É NADAL, FELIPE

Érase unha vez un rato que vivía en Ratonia e chamábase

Felipe. Sempre se levantaba moi tarde. Un día eran as nove e

escoitábase ós ratiños canta – las panxoliñas de Nadal. Felipe

levantouse con moita peguiza, vestiuse e saíu á rúa. Todo

estaba nevado! Tódolos ratos de Ratonia paseaban alegremente

e cantando cantigas. Felipe estrañouse moito. Non

sabía por que os ratiños cantaban panxoliñas de Nadal. Moi

estrañado volveu para a cama. Dúas horas máis tarde, o seu

amigo Xoán petou na porta e Felipe dixo con moito sono:

– Que queres , Xoán?

– Non te dás conta de que é Nadal?

– Nadal?

– Iso é imposible

– Pois si, é Nadal, tódolos ratos estabamos esperando por

ti, porque a cabalgata está a punto de pasar.

– Tes que vestirte rápido de Papá Noel cos demais ratos

e tirarlle os caramelos ós ratiños.

Ó final Felipe deu chegado, pero moi abraiado e aínda medio

durmido!