CONTOS DE MEDO

24

description

CONTOS DE MEDO ESCRITOS POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

Transcript of CONTOS DE MEDO

Page 1: CONTOS DE MEDO
Page 2: CONTOS DE MEDO

O coiito das bruxas e dq momiq El - 4e A

un día, unha bruxa chamada Pantoela comezou a correr cunha

escoba e detrás dela corría unha momia que levaba papeis polo corpo e

pola espalda. .

A momia corría detrás da bruxa porque era mala, tirara todo o Cola-

Cao. Entón a bruxa caeu nunha pota e queimou o cuiño e a escoba.

Tamén había unha bruxa boa que se chamaba Peta porque lle caían

porretes, puffi, pum pum!, e salvouna da pota.

Entón as bruxas fóronse á súa casa e a momia quedou chorando

pola súa mamá e polo seu papá. Logo viñeron os papás da momia e

púxose contenta.

Page 3: CONTOS DE MEDO

Daniel, o lobo e o pallaso Et - 4e B

Era unha vez un rapaz chamado Daniel que saíu a dar un paseo polo

bosque. Era de noite, e de súpeto, no medio do camiño... apareceu un

lobo! Puxo cara de fera e dixo: AUUUUUU !.

Pero Daniel era un neno moi valente, conseguiu encerralo nunha

cova con barrotes e seguiu o seu camiño. De súpeto apareceu un pallaso

que sacou unhas chaves do peto e liberou ao lobo. Este botou a correr,

chegou onde Daniel e...ñRV ! comeuno.

Page 4: CONTOS DE MEDO

O pesadelo dun neno - El 5e A

Había un neno nunha casa. Pola ventá veuno un dinosauro enorme

e xigante chamado Rex. Foi chamar aos seus amigos dinosauros. Chegaron

á casa e como o neno tiña a ventá áberta foron entrando un tras outro por

ela.

Os dinosauros chamaron á súa amiga a Curuxa.

O neno tivo un susto tan grande ao velos que se mexou polo

pixama. Estaba morto de medo. Neste intre espertou e díxolle á súa nai:

- Mamá, pola ventá vin un dinosauro e unha curuxa.

A súa nai respondeulle:

- Non Raú|. Aquí non hai ninguén. Tiveches un pesadelo. Todo foi un

soño.

Page 5: CONTOS DE MEDO

Os monsiros e qs nenqs e nenos de Pontedeume -EI59B

Un monstro que paseaba pola fraga viu un castelo, dirixiuse cara el

e no seu interior atopou un tesouro. Marchou para a súa casa co tesouro,t

nela había outro monstro e xogaron co tesouro. Entón chegaron uns

nenos chamados María e César e acariñaron aos monstros e estes

colléronos, metéronos nunha pota e querían comelos, pero como non

tiñan sal saíron mercala.

lndo polo bosque atoparon uns nenos de Pontedeume que estaban

xogando aos que tamén colleron para facer guiso de nenos.

Cando xa os estaban cociñando apareceu unha bruxa máxica que os

salvou botando uns pos máxicos e levounos voando a un castelo pero

antes de marchar, os nenos botaron aos monstros na pota.

os monstros berraban pedindo perdón e os nenos perdoaronos a

cambio de que prometeran ser bos e axudar a todas as persoas do mundo.

Logo marcharon todos xuntos para a casa dos nenos e xogaron todos

xuntos.

Page 6: CONTOS DE MEDO

O CASTELO DO IVIEDO

Erase unha vez, unha noite moi tormentosa, un castelo con escaleiras... Alí

dentro había: un esqueleto de dragón que se movía, unha momia, un

fantasma e un cabalo sen cabeza que votaba lume polo pescozo.

Entón chegou un neno ao castelo e chamou á porta. Abriulle o fantasma e

papouno.

Despois o neno traspasou ao fantasma e subiu as escaleiras. Alí estaba o

esqueleto de dragón e cravoulle un coitelo.

E logo chegou unha princesa que salvou ao neno e regaloulle unha flor ecasáronse e quedaron a vivir no castele.

Nen@s de 6e de lnfantil

FIN

6

Page 7: CONTOS DE MEDO

A pontasms - 7e A

Había unha vez dous nenos, Tono e Tano, que foron de acampada

ao monte. Cando estaban a carón do lume escoitaron un ruído: uuuhhh e

metéronse na tenda de campaña.

De repente algo se pousou enriba da tenda. Tono e Tano tremían co

medo e saíron correndo, cando descubriron do onde viña o ruído: era un

moucho. Desta forma descubriron que as pantasmas non existen.

7

Page 8: CONTOS DE MEDO

"l/l arie lg la n za-ló s irs !J I $ "deloB

En tempos de Maricastaña un drácula chamado Xoán daba moito medo coseu mart elo lanza-lósüegos.

Un día un neno vai pola rua e Xorán agachpdo tras unha árbore, racha unhaco seu larua-lóstregos e arrinca o espirito ao neno.

Máis tarde Xoan furiosoescóndese nunhacasa abandonada.

Un cazador que por alípasaba vaino matar.

Xorin múdasenun morcego evoa cara unha calexa sen saída.Había un burato, escapa edevólvelle ao neno a alma easí non morre.

O' cazador transfonnase endestnie a cidade.

Por fin, o Capiüin Pingüínleva ao neno a varias cidades

en busca dos seus paisparaxuntalo con eles..

cidades estan destruidas,os pais morreran e o

Capitan mata ao neno edespois matouse

a se mesmo cun coitelo.

Todas as

'm'\t

Jb

Capitan PingüÍn, mataao morcego Xoián e

h!

# 8 &

Page 9: CONTOS DE MEDO

O vampiro songuento - 2e B

Unha noite de tronada o vampiro sanguento decidiu asustar a un

neno. Foi até a súa casa e saltou pola fiestra, o neno estaba

profundamente durmido. De súpeto, como movido por un sexto sentido o

neno abriu os ollos, o susto foi total, primeiro distinguiu dúas manchas

brancas, mirou un pouco mellor e decatouse que eran os cabeiros afiados

dun vampiro e, o que era peor, estaban tinguidos, na punta, con.dúas

gotas de sangue. De seguido notou unha dor aguda no pescozo e ao tocar

decatouse de que lle chuparan o sangue, o neno berrou: "aaaaaahhhhhh".

A nai acudiu ao cuarto do neno e díxolle: r

- Cala, cala, que só foi un pesadelo.

Pero non era un pesadelo, outro vampiro apareceu no cuarto e

atacou á nai. cando lle ia cravar tamén os cabeiros a ela apareceu o

superpai que matou aos vampiros e salvounos.

Page 10: CONTOS DE MEDO

Alberte queda só - 2e A

Alberte ten sete anos e é a primeira vez que queda só na casa.

Alberte dile a papá e mamá que se vaian tranquilos que non ten medo.

Mamá, non moi convencida marcha e dille: Volvemos axiña. Alberte

métese na cama, un pouco nervioso, tápase e proponse durmir.

Antes de darlle tempo de dar media volta oe un forte zumbido. Non

hai dúbida, coñece ese son moi ben. É a nave de invasores que ocupan os

corpos das persoas. o ruído achégase. De súpeto, un forte resplandor

entra pola ventá. A nave aterra no xardín da súa casa.

lnstintivamente acurúxase e tápase todo. o seu corazón empeza a

latexar máis rápido. un ruxido alértao de que abren a porta da nave. uns

pasos metálicos achéganse á casa. Abren a porta con facilidade,

silenciosamente. Só se escoitan pasos suaves, nin un son.

Toc, toc, toc, andan pola cociña abren e pechan ,, Oarp"nsas.

Alberte non se atreve nin a respirar.

Cando volverán papá e mamá? . '

os invasores seguen co seu percorrido. Agora, Alberte xa treme

convulsivamente. Os lagartos humanos recorren todas as habitacións, o

salón, o cuarto de mamá, buscan as súas posibles vítimas. Entran no

cuarto de baño. Xa están ao lado. Sente correr a auga. Non aguanta máis...

Alberte súa abundantemente pero non é quen de destaparse para

respirar. Os invasores parece que esquecen a súa habitación. Alberte xa

case non respira cando...ábrese a porta e un raio de luz entra na

habitación. Os invasores achéganse. Alberte só é unha bola no medib das

sábanas. os pasos chegan xa ao seu carón. Sente unhas fortes mans que

arrincan as mantas. Levántano no aire e uns beizos húmidos mollan as

súas meixelas... Nooooooooooooooooonoooooooooooooooooooooooo !.

10

Page 11: CONTOS DE MEDO

r"$ J,':

11

Page 12: CONTOS DE MEDO

O monstro dos vermes - ge A

Nun laboratorio cheo de pipetas, ordenadores, aparellos de raios e

vísceras, unha noite de lúa chea traballaba nas súas análises químicas

unha científica. Cando lle estoupou a pipeta coa análise que estaba a

facer, o líquido saltoulle ás mans e polas súas veas contaminoulle todo o

corpo. Na súa testa saíronlle cornos, na boca medráronlle vermes que

semellaban miñocas xigantescas, os seus brazos duplicáronse e as pernas

enchéronselle de pelos.

De súpeto, a científica monstruosa lanzou un berro tremendo, vomitando

vermes destrutores que devoraron á científica e morreu ouveando de dor.

Os vixiantes do edificío ao sentir tanto ruído entraron e coas súas armas

químicas destruíron todas as eirugas.

Xa nunca máis se investigou sobre bolboretas carnívoras.

12

Page 13: CONTOS DE MEDO

A cabqzq mqldita de Breomo - 3e B

A clase de 3e B do Couceiro Freijomil, xunto co seu profesor, van saír

de excursión ao monte de Breamo a recoiler castañas para o magosto.

Luís, o delegado da clase, atopou unha cabaza moi bonita e rara que

axiña lles ensinou ao resto da clase.

o que non sabía era que a cabaza tiña unha maldición, QU€ cando

alguén a acendía convertíanse en seres monstruosos. Ao acender a cabaza

os nenos e o profe transformáronse en monstros que asustaban á xente

de Pontedeume e escapaban mortos de medo a esconderse nas casas.

Menos mal que a maldición acabouse cando se consumiu a candea

e todo volveu á normalidade.

Que susto levaron mentres durou a maldición!

Page 14: CONTOS DE MEDO

Claudia e qs bruxas - 4e A

Hai moito tempo, nunha cidade preto da costa, había cinco bruxas

chamadas lria, Lucía, Celtia, Mirian e Xulia, que todas as noites saían para

asustar aos nenos da cidade e facerlles unha foto. Pero había unha nena

moi especial chamada Claudia: era a filla do panadeiro e na casa

gustáballe axudar ao seu pai.

Una noite saíron as bruxas para asustala pero non lles funcionou:

esa nena non ten medo das bruxas!. Á noite seguinte fixeron unha poción

que provoca pesadelos e desa forma pensaron, asustaríana. E así foí,

fixeron a mellor foto de todas, pero como vinganza, Claudia preparou

unha tarta cun poder oculto. Cando viron a tarta, as bruxas, comérona sen

deixar nin pizca e o poder que tiña funcionou: volvéronse bruxas boas e

amigas de Claudia, cun poder cada unha: Xulia controlaba todo, lria a

auga, Celtia a terra, Lucía o aire e Mirian o lume e todas podías voar.

tDesde ese momento todas utilizaron os seus poderes para axudar á xente,

Ao final todas foron moi amigas e nunca houbo outros problemas así

naquela cidade.

tts

&

t4

Page 15: CONTOS DE MEDO

ifl|{r,li'Ji¡r ,,JiÉi

;r,1::r it,$ r

*i1,ir:, 1"llg¡¡¡:1

l4r,.¡;¡!rri'-; ;l J. ; :;r

' '',,,.;ti:,"*ilÍ.:e.*ri:l

| 4i*;r:t;s*"*

15

Page 16: CONTOS DE MEDO

'lJnha historia de medo - 5e B

Aquela mañá foramos ao cine, a ver a película Magorium. Cando

chegamos ao colexio decatámonos de que estaba baleiro, non había

ninguén. O primeiro que pensamos foi que tiñamos mal o reloxo e que se

foran todos para casa aínda que era estraño que a conserxe non quedase

para esperarnos.

Estrañados decidimos subir a clase para coller as nosa, ro.hllr, "

cando fomos abrir a porta atopamos as paredes cheas de arañas xigantes

repletas de formigas. Corremos cara abaixo, cheos de pánico.

Ao intentar saír as portas estaban hermeticamente pechadas, fomos

cara as ventás e era imposible abrilas, o teléfono non funcionaba e por

fóra non pasaba ninguén.

O reloxo da sala de profesores marcaba as 12:30.

Desconcertados e mortos de medo, aprovisionámonos de todo o

que atopamos para defendernos. Vasoiras, martelos, paus de fregonas.

O primeiro que intentamos foi romper os cristais. lmposible.

Tiñamos que intentar probar no piso de arriba, a porta do pasadizo

externo que daba ás obras. Habería que enfrontarse ás arañas e formigas.

Fomos subindo as escaleiras presos do pánico e mentres uns loitaban con

aquel exército de animais outros correron a comprobar se a porta estaba

aberta.

- Correde, correde! Berrou Steven.

- A porta está aberta, estamos salvados.

Corremos cara a porta liberándonos das arañas e formigas e cando

xa estabamos fóra un forte vento en forma de tornado arrastrounos,

tragándonos cara o fondo da terra.

Caemos nun lugar escuro e cheo de ruídos estraños.

16

Page 17: CONTOS DE MEDO

Xurxo lembrou que tiña unha lanterna na súa mochila e non

dubidou en sacala.

Horror! Estabamos nun gran cemiterio. os morcegos voaban por

riba das nosas cabezas. As ratas corrían entre os nosos pés e das tumbas

saían voces de terror.

De súpeto comezamos a ver como saían esqueletos que se dirixían

cara nós... corremos e corremos... e eles, que cada vez eran máis,

perseguíannos exclamando voces e nunca mellor dito, eran voces de

ultratumba.

Hanna berrou:

- lmos cara alá, vexo como unha luz e ao mellor a luz dálles medo.

Fomos todos cara a luz... e deixaron de perseguirnos. ,'Non somos quen de lembrar ben como sucedeu pero de súpeto nos

vimos enriba dun pratiño voante que nos sacou de alí e aparecemos de

novo no colexio, xusto no momento que soaba a serea e os nosos

compañeiros saían como sempre tranquilamente das súas clases, todo

parecía normal. E este foi o noso primeiro e gran segredo.

vf \rtnflq**rrh

.

I7

Page 18: CONTOS DE MEDO

Aventura no bosque - 6e A

Xoana era unha nena á que non lle gustaba a noite do Samaín

porque tiña moito medo. unha noite de samaín estaba xa na cama, pero

entráronlle gañas de ir ao baño. Xoana levantouse e cando ía polo

corredor oíu uns pasos: "cloc, cloc, cloc"; unha porta abriuse. Os pasos

soaban cada vez máis cerca.

- Hai alguén aí?- dixo Xoana.

- Xoana, Xoana- oíase.

Xoana estaba moi asustada. Foi ao baño e logo para a cama. pero de

novo oíuse:

- Xoana, Xoanaaa...

A porta do cuarto abriuse e viu unha sombra. ,

- Aaaaaaaaaaahhhhhh- berrou Xoana.

- Xoana. Que pasa?- oíu que lle dicían .

Era o seu pai que oíra os seus pasos e espertara.

Á mañá seguinte, Xoana espertou e foi ao cole. euedou cos seus

amigos para ir ao bosque.

Esa noite estando xa no bosque dixo Pablo:

- Sssss...amigos, podemos saír e botar unha ollada ao bosque.

- Por min ía pero... Mi madriña!, como veña un raposo e nos coma...,

dixo Brais.

- Non digas parvadas. Asícalquera se ri de ti.

- Auuuu!.

- Ala burriño, para que despois faledes.

- En marcha, veña. Non sexades cagaletas. Aquísobran as puñetas.

- se están aquí os da tele, son quen de chamarnos nocturnos.

- Parecemos Mr. Bean cando se caga de medo. Jajajá!.

L8

Page 19: CONTOS DE MEDO

- Suponse que imos investigar, non que vaiamos contar chistes.

- lso parece... Unha pantasma! Nestes momentos o único que queda

nestes casos... é correr!.

Correndo entraron nunha cova. De súpeto Xoana tropezou con algo

e caeu. Todos miraron e descubriron que eran esqueletos. .

- Que noxo!- dixo María.

De súpeto oíronse máis voces. Era Pablo.

- Aaaahhh!. Socorro, socorro!.

Todos correron por onde se escoitara a voz. Entón oíuse algo detrás

deles, eran os esqueletos que se levantaran. Todos correron e gritaron.

Chegaron a un muro onde había moitas pinturas. E....

NON HABíN SNÍON.

19

Page 20: CONTOS DE MEDO

Noite no cemiterio - 6e B

onte foi o Día de Defuntos e tamén de lúa chea. Marta e os seus

amigos, Julia, Manuel, Sara, Rocío e Xavi quedaron no cemiterio despois

de cear, ás once da noite. Era a hora citada e alí estaban todos ás portas

do cemiterio, que a verdade é que estaba cheo de xente. Nada máis entrar

atoparon a Laura, a prima pequena de Pedro, QUe lles dixo moí asustada

que non atopaba a lápida do seu avó, que morrera o ano pasado. Os

nenos decidiron axudar a súa amiga, até que se cansaron de buscar. :

- Laura xa son as doce e percorremos o cemiterio sete veces, a

tumba do teu avó non está- dixo Rocío.

A nena baixou a cabeza preocupada.

Cando dobraron a esquina xa non había ninguén e, para colmo, o

cemiterio estaba pechado.

Logo de intentar abrir a porta, os nenos oíron uns berros de axuda

que proviñan de Manuel e sara, e o resto dos amigos viron que xa non

estaban. Buscaron por todo o cemiterio até que atoparon unha gran

lápida que non viran antes que tiña escrito en letras grandes: SARA

coRTlzAS LÓPEI. Ese, exactamente ese, era o nome da súa desaparecida

amiga, e non por casualidade, enriba das rosas, gu€ eran as súas flores

favoritas, estaba a súa lanterna, que lle regalara Xavi.

os nenos, mortos de medo, viron no chan unhas manchas de

sangue que remataban nas roupas abandonadas do seu amigo Manuel.

correndo coma tolos atoparon unha pequena porta aberta pola que

fuxiron rapidamente daquel lugar.

Nunca esquecerán o que descubriron aquel espantoso día de lúa

chea.

20

Page 21: CONTOS DE MEDO

r.¡ 5::. .r ,,5.úli ¿ 1 Lt

.1.i'?

,.".,'.;"'..,5

¡.. i"

. .':,." _li::t.

\_*JQ,

2I

Page 22: CONTOS DE MEDO

Pesqdelo na noite - 5e A

Había unha vez un neno un pouco raro que vivía nun castelo do que

nunca saía. Un día invitou aos seus amigos a cear aínda que o que el

quería era ensinarlle un cemiterio que descubrira debaixo da súa casa.

Despois de cear, o grupo de nenos e nenas baixou ao cemiterio

levando uns fachos que atoparan debaixo das escaleiras. Prendéronos e

viron unha pa e todas as tumbas escarbadas. Seguiron e escoitaron uns

pasos que se achegaban, entón, das sombras saíu un home vestido de

negro cunha gadaña que lles dixo: .

- Xa chega a hora!, mirando fixamente ao neno do castelo. Mentres

tanto escoitáronse doce badaladas e saíron mortos viventes que se

achegaron ao grupo de nenos. Estes escaparon correndo cara as escaleiras

pero nese intre pecháronse as portas. Encontraron un pasadizo e

escaparon por alí pero apareceu o home da gadaña. o neno do castelo

díxolle aos seus amigos que era un lobishome e púxose a pelexar con el

durante horas até que o venceu. Escaparon grazas forza do lobíshome,

abriron as portas e fuxiron.

Dese lugar non se volveu saber nada.

Page 23: CONTOS DE MEDO

:-,:tit,:F*r+"ffiF

INDICE:

El-4e A: O conto das bruxas e da momia ............ Páx.2

El- e B: Daniel, o lobo e o pallaso ............ ..... páx. 3

El-se A: O pesadelo dun neno Páx.4

El- 5e B: Os monstros e as nenas e nenos de Pontedeume páx. 5

El- 6e: O castelo do medo

Le A: A pantasma ............ Páx.7

Le B: Martelo lanza lóstregos páx.8

2e B: O vampiro sanguento........... . Páx. 9

2e A: Alberte queda só........... ...... páx. 1O

3e A: O monstro dos vermes páx.I2

3e B: A cabaza maldita de 8reamo............ .. páx. 13

4e A: Claudia e as bruxas............. .páx. L4

4e B: A escura historia de Martiño............ .. páx. 15

5e B: Unha historia de medo

6e A: Aventura no bosque.............

6e B: Noite no cemiterio..........

5e A: Pesadelo na noite .páx.22

23

Page 24: CONTOS DE MEDO

Estes contos colectivos foron feitos polo alumnado deste centro con motivo da celebracióndo Samaín 2008.

WWilWffiWWilInryJrwwEwo$&wtmus¡tg@r9{Aevff zÁww,ruwgüísnm

DEBUXO DA PORTADA: MARISA AREAL VILA

PONTEDEUME, OUTONO - 2OO8