Contos curtos 6 anthony de mello

8
Música: Nikos Ignatiadis

Transcript of Contos curtos 6 anthony de mello

Page 1: Contos curtos  6 anthony de mello

Música: Nikos Ignatiadis

Page 2: Contos curtos  6 anthony de mello

Un oso recorría constantemente, arriba e abaixo,

os seis metros de longo da gaiola.

Cando, ao cabo de cinco anos, quitaron a gaiola, o oso seguiu recorrendo arriba e abaixo

os mesmos seis metros, como se aínda estivese na gaiola.

…e estábao... para el..

1

Os muros que nos aprisionan

son mentales, non reais.

Page 3: Contos curtos  6 anthony de mello

2Os nosos inimigos non son os que nos

odian, senón aqueles a quen nós odiamos. . .

Un ex-prisioneiro dun campo de concentración nazi , foi visitar un amigo que compartira con el tan penosa experiencia.

“Esqueciches xa os nazis?” preguntoulle a seu amigo.“Si”, dijo este.”Pois eu non. Aínda sigo odiándoos con toda a miña alma.”O seu amigo díxolle apaciblemente::”Daquela, aínda segues téndote por prisioneiro.”

Page 4: Contos curtos  6 anthony de mello

-“Perdoe, señor”, Díxolle o tímido estudante,

“pero non fun capaz de descifrar o que me escribiu vostede á marxe

no meu último exame....”-“Dicíalle que escriba vosted dun modo

más lexible”, Replicoulle o profesor.

3A maioría das veces,

os defectos que vemos nos demais

son os nosos propios defectos.

Page 5: Contos curtos  6 anthony de mello

A Peste dirixíase a Damasco e pasou velozmente xunto átenda do xefe dunha caravana no deserto.

-“A onde vas con tanta présa?” preguntoulle o jefe.

-“A Damasco. Penso cobrarme un millar de vidas.”

De regreso de Damasco, a Peste pasou de novo a carón da caravana. Entón díxolle o xefe: -“¡Xa sei que cobraches 50.000 vidas, non soamente o millar que me dixeras!”

-“Non,” respondeulle a Peste. -“Eu só cobrei mil vidas. O resto levounas o Medo.”

4O poder do medo

4O poder do medo

Page 6: Contos curtos  6 anthony de mello

Dicía un ancián que só se queixara unha vez en

toda a súa vida. Cando ía cos pés descalzos

e non tiña diñeiro para mercar zapatos.

Entón viu un home feliz que non tiña pés.

E nunca volveu queixarse.

5Felicidade

Page 7: Contos curtos  6 anthony de mello

Estaba o filósofo Dióxenes ceando lentellas cando o viu o filósofo Aristipo, que vivía confortablemente a base de adular o rei.E díxolle Aristipo: "Se aprendeses a ser submiso ao rei, non terías que comer ese lixo de lentellas".

Ao que lle replicou Dióxenes: "Se tiveses ti aprendido a comer lentellas, non terías que adular o rei".

6Dióxenes

Page 8: Contos curtos  6 anthony de mello