CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á...

16
ESCOITAR E FALAR. LER E ESCRIBIR COMUNICACIÓN As modalidades textuais (I) 1. A narración 2. O narrador 3. Os personaxes, o tempo e o espazo FUNCIONAMENTO DA LINGUA O substantivo e o artigo 1. O susbstantivo: concepto e clases 2. Xénero e número do substantivo 3. O artigo: concepto e clases ORTOGRAFÍA. A sílaba. Sílaba tónica e sílaba átona CONTIDOS DA UNIDADE

Transcript of CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á...

Page 1: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

�ESCOITAR E FALAR.LER E ESCRIBIR

�COMUNICACIÓN

As modalidades textuais (I)1. A narración2. O narrador3. Os personaxes, o tempo

e o espazo

�FUNCIONAMENTO DA LINGUA

O substantivo e o artigo1. O susbstantivo: concepto e clases 2. Xénero e número do substantivo3. O artigo: concepto e clasesORTOGRAFÍA. A sílaba. Sílaba tónica e sílaba átona

CO

NT

IDO

S D

A U

NID

AD

E

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:41 Página 38

Page 2: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

1. � Escoita atentamente o relato Como pillar troitas sen mollar os pés eresponde as seguintes cuestións:

� Cal destes debuxos representa ao protagonista desta historia?

� Cal é o nome do personaxe? Busca no dicionario o significado desesubstantivo.

� Quen narra esta historia? Marca cun X a resposta correcta.

Renarte. � Outro raposo. � O arrieiro. � Outra persoa. �

� Como consegue o personaxe que o home pare o carro?

Enfróntase a el. � Crúzase diante do carro. �

Fai o morto. � Pon un obstáculo no camiño. �

� Tendo en conta o contido deste relato, que cres que quere dicir aexpresión «ser moi raposeiro»?

2. Conta, coas túas propias palabras, a historia que narran estas viñetas.

T

E S C O I T A R E F A L A R

39

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 39

Page 3: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 340

O rei Uther foi sepultado con toda a pompa dignadun soberano, e a súa raíña, a bela Igraine, gardou loitopor el xunto a todos os seus baróns. O pesadumeinvadiu a corte, e durante moito tempo o trono deInglaterra permaneceu vacante. Entón xurdiron peri -gos por todas partes: pobos inimigos asediaron asfron teiras e señores ambiciosos fustrigaron o reino.Finalmente, Merlín aconselloulle ao Arcebispo deCan tór bery que convocase a todos os señores e cabalei-ros armados do reino para que se reunisen en Londresno Nadal.

Na igrexa máis impoñente de Londres, os señorese cabaleiros reuníronse para orar antes da alba. Ecando concluíron os matíns e a primeira misa, viuseno patio, nun sitio próximo ao altar maior, un granbloque de mármore no que había unha bigornia1 deaceiro atravesada por unha espada. Tiña esta inscriciónen letras de ouro:

As xentes abraiáronse e leváronlle as novas domilagre ao arcebispo, quen lles dixo:

—Volvede á igrexa e rezádelle a Deus. E que homeningún toque a espada ata que se cante a MisaMaior—. E así o fixeron, pero en canto concluíu oservizo, todos os señores foron ver a pedra e a espadae algúns trataron de sacar a folla, pero as súas ten -tativas foron en van.

—Non está aquí o varón capaz de extraer esaespada —declarou o arcebispo—, pero sen dúbidaDeus mostraránolo. Ata entón —proseguiu—, suxiroque dez cabaleiros de sona pola súa virtude sexandesignados para custodiar esta espada.

Máis tarde pregoouse que todo home que quixesepodía tratar de sacar a espada. Para o Día de AnoNovo anunciouse un gran torneo.

Sucedeu que Sir Ector, quen posuía terras nasproximidades de Londres, veu unirse ás xustas acom -pañado do seu fillo Sir Kay, armado cabaleiro recen -temente, e tamén do novo Arturo, quen fora criadona casa de Sir Ector e era irmán de leite de Sir Kay.Cando cabalgaban rumbo ao torneo, Sir Kay adver-tiu que esquecera a espada na casa do seu pai e soli -citou a Arturo que volvese na súa busca. Pero candoeste chegou á casa atopouna deserta, pois todosmarcharan para ver as xustas.

Cando chegou á igrexa, Arturo desmontou esuxeitoulle a cabalgadura ao portelo. Dirixiuse á tendae non atopou alí os cabaleiros custodios, pois taméneles asistiran ao torneo. Daquela aferrou a espadapola empuñadura e con ímpeto e facilidade extraeunada bigornia e da pedra. Logo cabalgou velozmenteata alcanzar a Sir Kay, a quen lle deu a espada. Envéndoa, este notou que era a que estaba na pedra erapidamente foi ata o seu pai e mostroulla.

—Señor, mira isto! Teño a espada da pedra e polotanto debo ser Rei de Inglaterra.

Sir Ector recoñeceu a espada na igrexa e fixodeclarar a Sir Kay, baixo xuramento, onde a conseguira.

—Tróuxoma o meu irmán Arturo —respondeu.Entón Sir Ector volveuse cara a Arturo.—Onde obtiveches esta espada?—Cando regresei á casa en busca da espada —dixo

Arturo—, non atopei a ninguén. Non quería que omeu irmán estivese sen espada, de modo que vin aquíe tomei a que estaba na pedra para darlla.

—E non había ningún cabaleiro custodiándoa?—Non señor. Non había ninguén.Sir Ector gardou silencio un instante e logo dixo:—Agora comprendo que debes ser rei destas terras.

John STEINBECKOs feitos do Rei Arturo, Edhasa (Tradución dos autores)

1bigornia: peza de ferro usada para bater metais.

Excalibur

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 40

Page 4: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

Comprensión do texto� Escoita atentamente e le o fragmento da obra Os feitos do Rei Arturo, do

escritor estadounidense John Steinbeck.

Relaciona as seguintes figuras con algúns personaxes que aparecen norelato e escribe o nome de cada un deles.

Contesta algunhas cuestións sobre eses personaxes:

� A quen consideras o personaxe principal, é dicir, o protagonista desta historia?Razoa a túa resposta.

� Cal ou cales serían os seguintes en importancia segundo os sucesos narrados?

Onde suceden os feitos? Copia as expresións que che permitiron localizarese lugar.

No tocante á época histórica en que se desenvolve a historia, atopasalgún dato para deducila de xeito aproximado? En caso afirmativo, cal é?

No texto hai dúas referencias temporais explícitas. Sinálaas.

Numera os seguintes enunciados seguindo a súa orde cronolóxica.

� Arturo extrae a espada con ímpeto e facilidade.

� Uther morre e o trono de Inglaterra permanece vacante.

� Sir Ector comprende que Arturo debe ser rei.

� Sir Ector acode ás xustas acompañado polo seu fillo e o seu criado.

� Aparece unha espada no patio dunha grande igrexa londiniense.

� Merlín aconsella que se reúna aos nobres do reino.

Agrupa os feitos formulados na actividade anterior segundo correspondaná introdución, ao desenvolvemento ou ao desenlace da historia.

Onde estaba cravada a espada? Escolle a opción máis correcta.

a) Nun bloque de mármore. c) Nunha bigornia nun bloque de mármore.

b) Nun bloque de aceiro. d) Nunha lousa no cemiterio.

Como consegue Arturo a espada? Procura a relación deste obxecto cotítulo do fragmento.

Escribe un resumo do texto. Nel deben aparecer as seguintes palabras.

Merlín xustas morte rei Arturo espada cabaleiros Inglaterra

T11

T10

T5

9

8

7

6

4

3

2

1

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 3 41

As historias de Arturoe dos Cabaleiros da TáboaRe don da fixéronse moi popu -lares en Europa a partir doséculo XIII. Busca informaciónsobre estas lendas e os seuspersonaxes princi pais.

Ademais de John Stein -beck, outro escritor estadou -nidense, Mark Twain (1835-1910), escribiu unha novelainspirada nesta mesma lenda.Indaga como se titula a obrae escribe un resumo do seuargumento.

O autor galego Álva roCunqueiro (1911-1981) se guiucoa tradición artúrica na súanovela Merlín e familia. Ondeestá ambien tado este relato?

TIII

TII

TI

I nvest igac ión

Introdución Desenvolvemento dos feitos Desenlace do episodio

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 41

Page 5: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

VocabularioLocaliza sinónimos das seguintes palabras no primeiro parágrafo do texto.

a) fermosa b) apareceron c) rei d) tristeza e) enterrado

Busca no dicionario o significado das seguintes palabras e cópiao no teucaderno.

a) vacante b) impoñente c) matíns d) custodiar e) pregoar

Explica o significado destoutros termos deducíndoo polo contexto.Compara despois a túa resposta coa definición que aparece no dicionario.

a) pompa b) fronteiras c) loito d) novas e) deserta

Une cada palabra coa súa definición no texto.

Relaciona as diferentes espadas representadas nos debuxos cos seus nomes.Cal delas cres ti que pode ser a que sacou Arturo da bigornia?

Diferencia o significado das palabras barón e varón nas seguintes oraciónsdo texto.

a) A súa raíña, a bela Igraine, gardou loito por el xunto a todos os seus baróns.

b) Non está aquí o varón capaz de extraer esa espada.

ExpresiónNa primeira parte do texto Excalibur intervén o mago Merlín. Propo ñé -

mosche que inventes unha aventura con este personaxe:

� Lembra o que vés de investigar sobre os protagonistas das lendas artú-ricas. Se o precisas, consulta novas fontes de información para obteres máisdatos sobre Merlín.

� Ten en conta que no fragmento descubriches que Kay e Arturo son «irmánsde leite». Sitúa o teu relato cando Arturo aínda é un neno e Merlín, o seumestre. Se o desexas, podes incluír a Kay no relato.

cimitarrafloretesabreespada

Combates dacabalo e con lanza entre dous cabaleiros.portelo

Celebración litúrxica.xustas

Pequena abertura practicada nun valado.fustrigar

Darlle golpes a unha cabalaría coa tralla ou cunha fusta.servizo

T

18

17

16

15

12

T14

T13

L E R E E S C R I B I R

UNIDADE 342

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 42

Page 6: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

As modalidades textuais (I)

A narración

Unha narración é un tipo de texto no que se conta unha sucesión de feitosou acontecementos.

A narración pode formar parte de textos literarios, como o conto, alenda (UNIDADE 7), a banda deseñada (UNIDADE 8), ou a novela, e nonliterarios, como as noticias, o cinema, as conversas cotiás, etcétera.

En todos os tipos de textos narrativos mencionados relátanse feitos —reaisou imaxinarios— que suceden nun período de tempo.

O conxunto de feitos dunha narración constitúe o seu argumento.

Actividades

Le o seguinte texto e realiza as actividades que se propoñen máis abaixo.

O inicio da viaxeO autobús no que marchaba para A Coruña estaba saíndo da súa dársena na

estación de Santiago cando mirei para fóra e vin a Mónica correndo cara a el.Berráballe ao condutor que agardase. Non ben amencera, polo que o aparcadoiropermanecía ás escuras, aínda que podía ver a miña compañeira da clase ter-mando da percha dun traxe. Facíaseme inconfundible o seu aspecto de rapazaguapa, loura e delgadísima, que me lembraba a Kate Moss.

O condutor ollaba polo retrovisor para axudarse na manobra. Sentiu os gritosdunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao bus. Mónicaaproveitou para petarlle na porta. O chofer accedeu a abrirlla. A rapazola saltouao interior. Vestía un chándal rosa das Supernenas. Empezou a buscarme coaollada; a min dábame vergoña erguerme para avisala.

Santiago JAUREGUIZAR

A coroa de Napoleón, Xerais

� Os seguintes enunciados constitúen feitos narrados no frag mento; cópiaosna orde en que se producen.

O autobús manobra para saír. � O condutor frea o autobús. �

O narrador ve a Mónica berrando. � O narrador sente vergoña. �

Mónica era guapa, loura e delgada. � Mónica sobe ao vehículo. �

� Quen conta o que sucede no relato? Cres que é un rapaz ou unha rapaza?

� Que relación mantén o narrador con Mónica?

� Onde se atopan os personaxes? A onde se dirixen?

� Cando suceden os feitos? Copia a frase que che permitiu sabelo.

Sinala se estas afirmacións sobre o texto son verdadeiras (V) ou falsas (F).

Mónica leva unha gran maleta. � A protagonista do relato é Kate Moss. �

A moza viste elegantemente. � Non se sabe o nome do narrador. �

Na estación hai boa luz. � El e Mónica van xuntos á clase. �

Escribe agora un resumo do argumento do texto de Santiago Jaureguizar.3 T

2

1

1

UNIDADE 3 43

C O M U N I C A C I Ó N

As modalidades textuais

Este curso estudarás catro mo-dalidades textuais:

� A narración.

� O diálogo.

� A descrición.

� A exposición.

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 43

Page 7: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

O narrador

Nunha narración literaria o narrador é a voz que conta a historia.

Nos relatos literarios, non debes confundir o narrador —ente de ficciónque conta os feitos— co autor real; así, por exemplo, o narrador do fragmentoda páxina anterior é o amigo de Mónica, non o escritor Santiago Jaureguizar.

O narrador pode contar os feitos en primeira ou terceira persoa:� Narrador en primera persoa. É o protagonista ou un personaxe da

historia. A súa visión dos feitos é parcial e só conta aqueles que viviuou presenciou.

� Narrador en terceira persoa. É alguén externo á historia que nonintervén nela. A meirande parte das veces é omnisciente, isto é,controla todo o que sucede na historia.

Actividades

Le o seguinte texto e realiza as actividades que se propoñen embaixo.

Cita con FridaAcordou co ruído do espertador. Mirou a hora e comprobou que xa eran as

oito. Por un instante, pasou pola súa cabeza a idea de esquecerse de todo, dara volta e seguir durmindo. Sara aínda tiña sono, apenas durmira catro horas,porque a noite anterior estivera esperta ata moi tarde, sen poder evitar ospen samentos sombríos que andaban a roldar obsesivamente pola súa cabeza,mentres a afogaba ter que estar agardando, sen facer nada, cando aquelashoras eran cruciais para atopar a David, que quizais precisaba da súa axuda,quen sabía en que situación podería estar agora.

Pero había que erguerse, porque os minutos seguían a correr. A cita con Fridaera ás nove, e quería ser ela a primeira en chegar ao lugar que acordaran. Ama-ñouse ás présas e vestiuse co primeiro que atopou. Tomou un aerotaxi que a dei-xou na Praza do Toural, a pouca distancia do Derby. O ceo estaba case cubertopor unhas nubes que anunciaban chuvia, pero a temperatura era moi agrada-ble, e respirar aquel aire fresco e limpo fíxoa sentirse mellor. «Que bendición, vivirnun país así!», pensou. «¿Por que marcharía miña nai para Bruxelas?».

Agustín FERNÁNDEZ PAZ

O centro do labirinto, Xerais

� Quen conta esta historia? Indica en que persoa narra.

� Quen é a protagonista? Que sabes dela a partir desta pasaxe?

� Que feitos se contan no texto? Enuméraos en orde cronolóxica.

� En que época cres que acontece a historia —pasado, presente ou futuro—?Copia a frase que che permitiu sabelo.

� Onde transcorre a acción? Sinala os lugares mencionados e, con axudadun buscador da Internet, intenta localizar a cidade á que pertencen.

Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras (V) ou falsas (F).

Sara durmira toda a noite. � Sara ten unha cita con David. �

Sara ten pensamentos pesimistas. � A Sara gustáballe vivir en Bruxelas. �

Resume brevemente o contido do texto da actividade 4.6 T

T

5

4

2

UNIDADE 344

C O M U N I C A C I Ó N

O diálogo

� Un diálogo é un inter cam -bio de mensaxes entre dúas oumáis persoas, chamadas interlo-cutores, que se alter nan nouso da palabra.

� As narracións literarias incor-poran moitas veces diálogos.Nelas, as intervencións dos per -sonaxes están marcadas cunharaia e introdúcense medianteverbos como dicir, contestar…:

—Tróuxoma o meu irmán Arturo —respondeu Sir Kay.

� O diálogo pode aparecernoutros tipos de textos tantoliterarios (o teatro, a banda de -señada…) coma non litera rios(a conversa, a entre vista).

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 44

Page 8: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

Os personaxes, o tempo e o espazoTanto para analizar como para crear un texto narrativo, debes ter en conta

os seguintes elementos.

Actividades

Continúa lendo outro fragmento da novela O centro do labirinto, de AgustínFernández Paz, e responde as cuestións que figuran deseguido.

Os policíasHoxe pola mañá chegaron os policías, viñan buscando a David. Nós coida -

bamos que non aparecerían ata máis tarde, case nos collen desprevidos;menos mal que xa decidíramos con antelación como tiñamos que actuar candochegasen. Fixéronnos moitas preguntas e rexistrárono todo, pero era moi difícildar con el; terían que descubrir o refuxio, e iso é case imposible.

Ademais, axiña vimos que non traían ningunha pista concreta, porque empe-zaron a rexistrar polas aldeas de abaixo; nin tan sequera fixo falta que os outrosnos avisasen, ben viamos nós, ao lonxe, os vehículos que trouxeron. Deunos tem-po a facer todo tal como o tiñamos preparado. Trasladamos a David ao refuxiosubterráneo e cadaquén se puxo a desempeñar o labor asignado, o caso era darsensación de normalidade. Eu quedei no cuarto, debía parecer como que estabafacendo cestiñas de vimbio coma as que vendemos no mercado de Pontevedra.Antes revisei ben todo outra vez, incluso debaixo da cama, non fora ser quequedase por alí calquera cousa de David ou algún detalle que os fixese sospeitar.

Agustín FERNÁNDEZ PAZ

O centro do labirinto, Xerais

� Que personaxes interveñen no texto? Indica quen son os protagonistas.

� Aparece algún nome de lugar? Cal é e que información nos dá?

� Xa coñeces en que época transcorre a acción desta novela, pero saberías diciren que momento do día teñen lugar os feitos narrados nesta pasaxe?

Realiza agora algunhas actividades relacionadas co narrador:

� Sinala todos os verbos do texto e indica en que tempo e persoa están.

� Quen é o narrador desta pasaxe?

� Participa directamente no que sucede?

� Compara este fragmento co da páxina anterior. Que semellanzas e diferenzasatopas no que atinxe ao narrador?

A que partes da narración corresponden os dous fragmentos de d’O centrodo labirinto? Razoa a túa reposta.

Tendo en conta a información da ilustración e o que sabes da novela, escribeun desenlace para a historia de David contado por el mesmo.

7

8

9

10

3

UNIDADE 3 45

C O M U N I C A C I Ó N

OS PERSONAXES

A quen lles suceden os feitos?

Os personaxes que participanna historia poden serprincipais (protagonistas)ou secundarios.

O TEMPO

Cando transcorre a historia?

O tempo cando suceden os feitos pode ser o pasado, a época actual ou o futuro.

O ESPAZO

Onde ocorren os feitos?

O espazo onde ocorre a historia pode ser un lugarreal ou imaxinado.

� � �

� � �

Estrutura da narración

Polo xeral, os textos narrativosadoitan responder á seguinteestrutura:

� Introdución ou inicio dorelato, onde se presentan ospersonaxes e a situación naque se atopan.

� Nó ou desenvolvemento dosacontecementos principais dahistoria narrada.

� Desenlace ou final do relato.

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 45

Page 9: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

Día de NadalDei co calcañar no meu caixón de limpabotas e tiven unha

idea. Quizais así papá me perdoase tanta maldade.

Abrín o caixón de Totoca1 e collín prestada unha lata máisde betume porque a miña se estaba acabando. Non falei conninguén. Saín camiñando triste pola rúa sen mesmo notar opeso do caixón. Parecíame estar camiñando sobre os ollos del.Doendo dentro dos seus ollos.

Era moi cedo, a xente debía estar durmindo por causa daMisa e da Cea. A rúa estaba chea de rapaces exhibindo e com-parando xoguetes. Aquilo abateume máis aínda. Todos erannenos bos. Ningún deles faría o que eu fixera.

Parei preto do «Miseria e Fame» esperando atopar algúncliente. O café estaba aberto tamén ese día. Non por nada llepuxeran aquel alcume. Alí chegaba xente en pixama, en chine-las, en zocos, nunca en zapatos.

Non tomara nin café e non tiña fame ningunha. A miña dorera moito maior a calquera fame. Andei ata a rúa do Progreso.Dei volta ao Mercado. Sentei na calzada da Panadería doseñor Rozemberg. Nada.

As horas foron pasando e eu non conseguía nada. Pero tiñaque conseguilo. Si.

José Mauro DE VASCONCELOS

A miña planta de laranxa lima, Primerapersona

1Totoca: irmán maior do protagonista.

Le o fragmento do escritor brasileiro José Mauro deVasconcelos e responde as seguintes preguntas:

� Quen narra esta historia? En que persoa o fai?

� Cal é a súa profesión? Existe aínda hoxe?

� Por que se entristece ao ver os nenos con xoguetes?

� Por que di que no café Miseria e Fame non entrabaninguén con zapatos?

1

Que outros personaxes aparecen no fragmento?Indica se son principais ou secundarios.

Busca información sobre a novela A miña plantade laranxa lima e responde:

� Onde se desenvolve a historia?

� Cando ocorren os feitos narrados na novela?

� É unha historia real ou imaxinada?

A que parte da novela —introdución, nó ou desen- lace— corresponde o fragmento? Por que?

Copia e completa o esquema dos elementos danarración. Exemplifícao a partir da lectura de JohnSteinbeck ao inicio da unidade.

Os elementos da narración1.

1.1. En persoa

1.2. En persoa, coma no fragmento danovela Os feitos do Rei Arturo.

2. Personaxes

2.1. :

2.2. :

3. Tempo

3.1. : a Idade Media.

3.2.

3.3.

4.4.1. Real:

4.2.

T5

T3

4

2

Actividades de repasoC O M U N I C A C I Ó N

UNIDADE 346

� Escribe agora algunha anécdota que che sucedese ouda que foses testemuña. Lembra que primeiro deberásfacer un breve esquema.

� Define o que vas contar, é dicir, pensa cal vai ser aanécdota.

� Organiza os contidos de acordo coa estrutura danarración:

1. Introdución. Sitúa a acción onde e cando suce-deu, e presenta o protagonista dos feitos no casode que non sexas ti.

2. Nó. Conta o que ocorreu comezando polo prin-cipio e desenvolvendo os feitos loxicamente.

3. Desenlace. Relata o final da historia e as súasconsecuencias.

� Repasa a ortografía e a puntuación do teu escrito.

Obradoiro de escritura

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 46

Page 10: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

O substantivo e o artigo

O substantivo: concepto e clases

O substantivo ou nome é a palabra que designa obxectos, seres ou ideas.

Os substantivos recoñécense porque poden ir precedidos dos artigos o,a, os, as: O raposo, a galiña, as noites e os días.

Os substantivos clasif ícanse en abstractos, concretos, comúns e propios:� Substantivos abstractos. Nomean ideas ou sentimentos: amor, dor.� Substantivos concretos. Designan seres e obxectos que percibimos

polos sentidos: berce, aroma, estrondo.� Substantivos comúns. Designan calquera dos seres ou obxectos

dunha mesma clase: profesora, río, cidade.� Substantivos propios. Sinalan un ser ou un obxecto en particular:

Carme, Miño, Ourense. Trátase dos nomes de persoas e lugares.

Actividades

Observa con atención as palabras do recadro e sinala a «intrusa».

Le o seguinte texto e copia todos os substantivos que atopes.

Tonecho ten algo que facer«Non saias fóra, que non tes cousa que facer», dime sempre a avoa. Como que

non teño nada que facer? Hai centos de cousas que facer. Hai casas baleiras eabandonadas nas que entrar, camiños que percorrer, froitas que roubar. Semprehai algo que facer fóra. Pero no canto de explicar iso, digo con voz de mágoa:

—Abúrrome. Se aínda tivese unha Play Station… —e marcho deixando namiña avoa o remorso por seren tan malos comigo.

Pero non aborrezo, non. A aldea baleira é miña. Son o rei de Rebordechao,sempre acompañado polo meu fiel Langrán. Hai casas que están a piques decaer nas que o simple acto de entrar xa é unha aventura. Nunca sabes o quepodes atopar nun alpendre abandonado.

Breogán RIVEIRO

Tonecho de Rebordechao, Galaxia

Clasifica os substantivos subliñados segundo os criterios estudados.

Completa a táboa cos substantivos propios do texto de Breogán Riveiro.

Olla os animais debuxados na marxe e completa a táboa con cada un.

Indica se os nomes dos produtos anteriores son contables ou incontables.

Escribe os colectivos correspondentes aos seguintes nomes individuais.

a) peixe b) músico c) illa d) soldado e) prato f) moble

7

6

5

amorodo mouro amor armadura armario dourado ouro domadora

4

3

2

1

1

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 3 47

Outras clases de nomes

� Os substantivos comúnspoden ser contables (un neno,dous árbores sesenta días) e in-contables (leite, fume).

� Os contables clasificanseen individuais (designan, ensingular, un só ser ou cousa)ou colectivos (designan, en sin-gular, un conxunto):

flota � conxunto de barcos

souto � conxunto de castiñeiros

Lugar Marca Persoa Animal

Animal Produto Colectivo

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 47

Page 11: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

Xénero e número do substantivo

O xénero indica se un substantivo é masculino (neno) ou feminino (nena).

Un substantivo é masculino se admite os artigos o, os: o mel, os costu-mes; e é feminino se admite os artigos a, as: a ponte, as árbores.

Algúns substantivos que designan persoas e animais varían de formapara expresar o xénero. Nestes casos existen, en xeral, dúas regras básicas:

� Cando o masculino remata en vogal tónica (ó) ou consoante (-r, -l,-z, -s, -in), o feminino fórmase engadindo -a: avó / avoa; señor / señora.

� Cando o masculino remata en -e, -o átonas, o feminino fórmase subs-tituíndo estas vogais por -a : presidente / presidenta; neno / nena.

O número indica se un substantivo está en singular (de referirse a un só serou obxecto: man) ou en plural (se fai referencia a varios: mans).

O plural dos substantivos fórmase da seguinte maneira:� Engadindo : ombreiro / ombreiros, xersei / xerseis, robot / robots.� Engadindo : mar / mares, luz / luces; mes / meses; sol / soles.� Engadindo : funil / funís.

Actividades

Clasifica os nomes da actividade 2 segundo sexan masculinos ou femininos.

Agora forma o singular ou o plural, segundo o caso, deses mesmos nomes.

Escribe o masculino ou o feminino correspondente a cada substantivo.

a) poeta c) campión e) curmán g) xudeu i) xefe m) actriz

b) veciña d) tsarina f) condutor h) cabalo l) leoa n) artista

Completa os ocos con palabras da actividade 10.

Observa as palabras que exemplifican as regras de formación do plural ecompleta estes enunciados engadindo novos exemplos.12 T

2

11

10

9

8

-is-es-s

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 348

Outros casos do xénero e do número

Algúns nomes de persoas e deanimais non varían de xénero:a sentinela, a aguia. Outros ex-presan esta variación non coaterminación, senón por distin-tos procedementos:

� Con palabras distintas paracada xénero: carneiro / ovella.

� Por medio do artigo: o / acantante.

No tocante ao número, algúnssubstantivos presentan a mes-ma for ma en singular e enplural: o / os luns. Outros teñenunha única forma, ben singu-lar: o Sur, ou ben plural: as te-soiras.

� Os substantivos que no masculino rematan en -án ou -ón fan o femininoen -á / -ana e -oa / -ona, respectivamente: ,

� Os nomes que no masculino rematan en -eu fan o feminino en -ía:

� Algúns substantivos forman o feminino engadíndolle -isa, -ina, -triz aomasculino: , ,

� Engaden -s os substantivos que en singular rematan en , ditongoou que non sexa Exemplos: , ,

� Engaden -es os substantivos que en singular rematan nas consoantes, , e Exemplos: , , ,

� Engaden -is os nomes acabados en , se é palabra aguda:

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 48

Page 12: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

O artigo: concepto e clasesVimos de ver que o artigo se coloca diante do substantivo ao que acom -

paña e a súa función é determinalo: o río, a lúa, os legumes, as montañas.

Pola súa función, o artigo forma parte dos determinantes (UNIDADE 5).

En galego, esta clase de palabras presenta dous tipos de formas distintas:os artigos determinados e os artigos indeterminados.

Os artigos —determinados e indeterminados— forman contracciónscon algunhas preposicións. Observa estas formas nos cadros.

Actividades

Copia no teu caderno o texto e complétao cos artigos determinados que faltan.

Gastronomía galegaGalicia conta con algúns alimentos coñecidos en moitas partes do mundo:mexillón, viño branco, carne de tenreira, lacón, queixos,

mel e, inclusive, un tipo de pan. maioría deles conta xa con algún indicativode calidade que é garantía para consumidor de que un produto típico,como un viño ou un queixo, está feito de maneira tradicional, coas debidasmaterias primas, nun lugar determinado e seguindo rigorosos controis de calidade.

Pero, ademais dunha boa materia prima, gastronomía galega posúeatractivo da súa preparación única. Por isto, son moitos hostaleiros que

se preocupan de conservar xenuína cociña galega, aínda que nos últimosanos restauración en Galicia tamén soubo mesturar mellor da herdanzatradicional coas novas e modernas propostas para elaborar seus pratos.

Aula de Galego 1, Xunta de Galicia

Rodea cun círculo todas as contraccións formadas por unha preposición eun artigo determinado no texto do exercicio anterior.

Subliña agora todos os artigos indeterminados do mesmo texto e mete nuncadrado as contraccións con preposición que aparezan.

Muda os artigos determinados polos indeterminados na seguinte oración.

Veu a súa amiga e deulle o cadro que lle prometera o mes pasado.

16

15

14

13

3

F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

UNIDADE 3 49

FORMAS DOS ARTIGOS DETERMINADOS FORMAS DOS ARTIGOS INDETERMINADOS

Singular Plural

Masculino o os

Feminino a as

Singular Plural

Masculino un uns

Feminino unha unhas

CONTRACCIÓNS COS ARTIGOS DETERMINADOS CONTRACCIÓNS COS ARTIGOS INDETERMINADOS

o a os as un

de

en

con

por

a

unha uns unhas

dun dunha duns dunhas

nun nunha nuns nunhas

cun cunha cuns cunhas

de do da dos das

en no no nos nas

con co coa cos coas

por polo pola polos polas

a ao / ó á aos / ós ás

Clases de artigos

� Os artigos determinadospre sentan substantivos coñe-cidos por quen fala: Dáme oxersei de la.

� Os artigos indeterminadosfan referencia a seres ou obxec -tos dun modo impreciso («inde -terminado»). Úsanse cando osseres ou obxectos son desco-ñecidos ou non se sabe cantoshai: Dáme un xersei calquera.

A empanada é un prato típico decociña galega.

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:42 Página 49

Page 13: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

Actividades de repasoF U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

A cesta de NadalCo paso dos días, Adrián ía sentíndose máis a gusto no tra-

ballo. Había horas nas que a actividade era frenética, perotamén outras nas que os teléfonos ficaban silenciosos. Nesesmomentos buscaba a Rosa, que sempre estaba disposta afalar con el de libros e de cine, tras descubriren casualmenteque compartían esas afeccións.

A maioría das súas viaxes eran rutineiras, para entregarsobres e paquetes a persoas que recibían as encargas con ollosindiferentes, pero agora sabería que o milagre podería produ-cirse en calquera momento. Tal como lle ocorrera coa entregado boletín de notas, confiaba en que o destino axiña lle puxesediante unha nova oportunidade de facer algunhas persoasmáis felices.

Unha mañá, nada máis entrar, Rosa comunicoulle quedebía achegarse a «All Delicatessen», unha tenda para padaisexquisitos situada na parte máis selecta da cidade, e recollerun paquete que tería que entregar no enderezo que alí lle indi-casen.

O paquete resultou ser unha espectacular cesta de Nadal,toda envolta cun papel de celofán1 prateado que, ademais deofrecer un brillo moi vistoso, transparentaba o suficiente paradeixar ver o seu contido. Mazapáns exclusivos, embutidos deli-ciosos, botellas de viño das marcas máis caras, caixas de froi-tas confeitadas, turróns de todas as clases, whisky de malte,bombóns selectos, dúas caixas de marrón glacé2, un tarroenorme de melocotóns en xarope… e un xamón enteiro, unespléndido pernil de porco ibérico, cun recendo tan intensoque conseguía traspasar a fronteira do celofán. […]

Adrián cargou a cesta na moto, amarrouna como puido eemprendeu a marcha. Mais nesta viaxe non ía contento, habíaalgo por dentro que o desacougaba. Cando pasaba á altura doporto decatouse da causa do seu malestar: aqueles alimentoseran o máis semellante a unha bomba de efecto retardado.

Agustín FERNÁNDEZ PAZ

O Raio Veloz, OUP España, S. A.1celofán: material plástico, transparente e flexible.2marrón glacé: doce de froitas secas cubertas de azucre batido.

Le o fragmento e responde as seguintes cuestións:

� Quen é o protagonista do texto?

� Cal é a súa profesión? Razoa a túa resposta.

� Como se encontra no seu traballo? Por que?

� Di se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as afirmacións.

A Adrián gustáballe falar de películas e cómics.

O rapaz gozaba coas entregas extraordinarias.

A historia desenvólvese no inverno.

Adrian recolleu a cesta nos arrabaldes da cidade.

Por que cres que a cesta lle parecía a Adrián «unhabomba de efecto retardado»? Razoa a túa resposta.

Quen narra esta historia? En que persoa o fai?

Localiza exemplos dos seguintes tipos de substantivos.

a) Dous substantivos propios.

b) Dous substantivos abstractos.

c) Tres substantivos concretos e contables.

d) Tres substantivos concretos e incontables.

Cal é o colectivo correspondente ao nome destaca-do en cor? Escribe outros tres colectivos máis.

Localiza os substantivos do segundo parágrafo eindica se son masculinos ou femininos.

Forma o plural de boletín. Hai máis palabras quesigan a mesma regra? En caso afirmativo, escríbeas.

Copia todos os substantivos do cuarto parágrafo eanalízaos segundo o exemplo.

Exemplo � paquete: masculino, singular, concreto, común,contable, individual. Artigo o.

Identifica no texto cando menos cinco casos distin-tos de contraccións de artigo e preposición.

Copia e completa o esquema. Toma os exemplosdo texto nos casos nos que sexa posible.

Clases de substantivos1. Abstractos. Exemplos:

2. Exemplos:

3. Comúns

3.1. Incontables. Exemplos:

3.2. Exemplos: cesta.

3.2.1. Individuais. Exemplos:

3.2.2. Exemplos:

4. : Exemplos:

T10

9

8

7

6

5

4

3

2

1

UNIDADE 350

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:43 Página 50

Page 14: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

A sílaba. Sílaba tónica e sílaba átonaAs palabras divídense en sílabas: ten-da, tra-ba-llo, se-me-llan-te.

Unha sílaba é cada un dos golpes de voz con que pronunciamos unha palabra.

Para que exista unha sílaba é obrigatoria a presenza dunha vogal, demaneira que unha vogal soa pode constituír unha sílaba (o-llo) e ata unhapalabra con significado: é (3.ª persoa do presente de indicativo do verbo ser).

Se pronuncias agora con coidado as palabras de dúas ou máis sílabas docadro, observarás que unha sílaba de cada unha delas se pronuncia con máisintensidade: por-to, xa-món, a-go-ra, ci-da-de, con-ti-do, es-plén-di-do…

A sílaba tónica é aquela que se pronuncia con maior forza de voz; as demaischámanse sílabas átonas.

Repara en que nalgunhas das palabras anteriores a sílaba tónica se marcaortograficamente por medio do acento gráfico.

O R T O G R A F Í A

Separa en sílabas as seguintes palabras.

� mar � camión � rato � calor

� terremoto � can � aínda � cereixa

� marmeleiro � lucecú � gamela � amor

� randeeira � amieiro � solución � casa

� antónimo � bálsamo � dor � amora

� pexego � chuvia � apócema � rubí

Clasifica as palabras da actividade 1 polo seu númerode sílabas nun cadro como o de arriba.

Rodea agora a sílaba tónica das palabras do exercicio 2e clasifícaas segundo a súa posición.

Copia as palabras que teñan ditongo da actividade 1.

A oración do recadro utiliza só monosílabos. Fai omesmo utilizando palabras bisílabas.

Repara no exemplo e escribe palabras a partir da síla-ba tónica doutros termos. Nos vocábulos resultantes,subliña a nova sílaba tónica.

Exemplo: ca-mi-ño � mi-nei-ro / a-mi-go / mí-ti-co

a) raposo b) entrasen c) bolboreta d) xarope

Agrupa as sílabas das casas para formares tres pala-bras trisílabas e colócaas onde corresponda.

CON

CON

CON

� Escoita o texto do ditado e cópiao no teu caderno.

Localiza no texto do ditado estas clases de palabras.

a) Monosílabas constituídas só por unha vogal.

b) Monosílabas con dúas consoantes e unha vogal.

c) Bisílabas nas que haxa un ditongo.

d) Trisílabas nas que haxa un ditongo.

e) Polisílabas (indica o número de sílabas e cales son).

8

9

7

O mar ve a luz do sol.

6

5

4

3

2

1

Actividades

UNIDADE 3 51

CLASES DE PALABRAS POLO NÚMERO DE SÍLABAS

Monosílabas Están constituídas por unha soa sílaba: só, de.

Bisílabas Están constituídas por dúas sílabas: por-to, xa-món.

Trisílabas Están constituídas por tres sílabas: a-go-ra, ci-da-de, con-ti-do.

Polisílabas Están constituídas por catro ou máis sílabas: es-plén-di-do, ac-ti-vi-da-de.

Última sílaba Penúltima sílaba Antepenúltima sílaba

SAL CLA TRO EN PI VE

L e m b r a

Cando dúas vogais se pronuncianna mesma sílaba, prodúcese unditongo:

cor-dei-ro ou-tro via-xe

ca-sual froi-ta par-tiu

a-de-mais leu-co-ci-to

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:43 Página 51

Page 15: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

UNIDADE 352

Desenvolvemento de competencias básicas

Busca no dicionario as seguintes palabras.

a) galla b) privado c) farfallar d) rosmadeira

Responde as seguintes cuestións sobre o relato:

� Que accidente sufriu Silvano? A onde lo levaron?

� Que consecuencia tivo para o rapaz este episodio?

� Quen aclarou finalmente o que lle pasaba?

Indica se as afirmacións son verdadeiras (V) oufalsas (F). Copia as frases que che permiten responder.

Silvano era un rapaz obediente e prudente. �

O rapaz sabía como facer que seus pais o perdoasen. �

Os médicos creían que Silvano era estranxeiro. �

Silvano queríalle moito á súa avoa Elvira. �

3

2

1 T

A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira. Nonfai falta dicir que o rapaz era o mesmo demo, porque non sóninguén lle mandara subir, senón que o tiñan ben avisadode que non se lle ocorrera tal cousa. O caso é que a póla naque Silvano estaba dacabalo esgazou pola galla e aló foio rapaz levado pola forza da gravidade (que caer do curutodunha cerdeira é sempre accidente de gravidade). E…pataplaf! Petou no chan cun peto xordo e seco. Alí ficouprivado e inmóbil, sen dar a pé nin a pata.

—Ai, meu Silvaniño querido, que te mataches! —dicíaa nai—. Volve en ti queridiño que che perdoo tamén estatrasnada!

A nai dicía isto porque coñecía ben o seu fillo, sabía queSilvano era algo teatreiro, e facíase moi sentido con calqueracousa ata que escoitaba que lle perdoaban a trasnada.

Como a boa da muller seguía a dar uns berros que fendíanas pedras, logo chegou o pai e algúns veciños, que meterona Silvano nun automóbil e arrearon para o hospital.

Os pais tiveron que agardar na sala de espera, candochamaron por eles para lles dar información sobre o estadodo rapaz. Acompañáronos ao cuarto onde estaba Silvanocoa cabeza vendada. Dixéronlles que non lle falasen moitoporque aínda estaba conmocionado do golpe, polo que nonpuideron ceibarlle a rosmadeira que levaban preparada.

Silvano abriu un pouco os ollos e falou baixiño:

—uosap em euq ogol e

Os pais olláronse entre si sen comprender nada. Despoisviraron cara á enfermeira que os acompañara.

—Aínda está conmocionado e non se lle entende ben oque di. Mañá pola mañá xa estará ben de todo.

—siám olecaf ovlov non euq añíamam emaódrep orepnexif euq ies non —volveu farfallar o rapaz.

Para o outro día o rapaz recibiunos xa moi ledo.

—adan iof non, neb uotse ax

Daquela entrou un médico que preguntou:

—Son vostedes os pais?

—Somos.

—Xa vexo que entenden ben —falou o médico—, o quequere dicir que son vostedes de aquí e non falan nese idio-ma raro no que fala o seu fillo.

Xa ían tres días daquel xeito raro de falar de Silvano, candolevaron a velo á súa avoa Elvira. Cando Silvano viu chegara súa avoa pola porta púxose moi contento e comezou afalarlle daquela forma estraña.

—rev seseñiv em euq ed uotse otnetnoc euq añiova ia.

—E logo non había vir, meu rei?

Todos entraron a modiño e escoitaron o que falaban avella e o rapaz. A ela entendíana, pero a el non. O besbelloque se sentía detrás fíxolle virar a cabeza á vella para verque había por tras dela. Ollounos a todos.

—Pero vostedes non saben o que lle pasa ao meu neto?—preguntou. Pois para tanto tempo como botaron estu-dando e para estaren aquí, saben pouco.

—Meu santiño, estes non se decatan de que polo golpeche quedou un desfalar.

—Un desfalar? —preguntou un dos médicos.

—O desfalar é cando dun golpe se che revira a fala.Xabier P. DOCAMPO

Historias para calquera lugar, Xerais (Adaptación)

Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:43 Página 52

Page 16: CONTIDOS DA UNIDADE - OUPE · Can tór bery que convocase a todos os señores e cabalei- ... á introdución, ... dunha tola e esmagou o pedal do freo temendo que se lle botase ao

UNIDADE 3 53

En que consistía o «desfalar» do rapaz? Copiacorrectamente os seus diálogos.

Resume en cinco ou seis liñas o argumento dahistoria de Silvano.

Silvano caeu da cerdeira «levado pola forza dagravidade». Que é «a gravidade»? Explícao coas túaspalabras e selecciona a viñeta ou viñetas que repre-sentan este fenómeno.

Que outro significado ten a palabra gravidade?Consulta o dicionario se o precisas.

Cal das seguintes opcións aclara mellor o sentidodo texto entre parénteses do primeiro parágrafo?

a) Refírese ao concepto físico.

b) Refírese ao outro significado de gravidade.

c) Xoga co dobre sentido de gravidade.

d) Limítase a sumar os significados de a) e b).

SOPA DE LETRAS. Un cerdeiral é un «conxunto decerdeiras». Localiza seis substantivos que designenoutros grupos e completa as casas coa súa clase.

Estes substantivos son:

Inventa un desenlace para a historia de Silvano.Que remedio utilizará a avoa para volverlle a «fala»?10

9

8

T7

T6

T5

4

Ordena os seguintes feitos segundo acontecen no texto da páxina anterior.

� A avoa Elvira visita a Silvano, ao que entende. � A avoa explica a causa do problema do seu neto.

� Silvano sobe a unha árbore cuxa póla esgaza. � Silvano esperta falando de xeito estraño.

A historia da caída e o desfalar de Silvano está contada…

a) Por Silvano, en primeira persoa. c) Por un narrador en terceira persoa.

b) Pola avoa de Silvano, tamén en primeira persoa. d) Por un médico do hospital, en terceira persoa.

Copia a información do seguinte recadro e complétaa no teu caderno.

Localiza no texto as seguintes clases de substantivos.

a) Dous propios. b) Tres comúns contables. c) Tres incontables. d) Tres abstractos.

Copia todos os substantivos dos dous primeiros parágrafos do texto e indica o seu xénero, o seu númeroe a súa clase. Recoñece neses mesmos parágrafos os artigos e, se as houbese, as contraccións.

Separa en sílabas as seguintes palabras e clasifícaas polo seu número. Se identificas ditongos, sinálaos.

a) cerdeira b) acompañáronos c) rosmadeira d) pais e) chegar f) queridiño g) desfalar h) neto

Elabora dous mapas conceptuais —un da parte de Comunicación e outro da de Funcionamento dalingua— nos que reflictas os principais contidos da unidade.

T7

6

5

4

3

2

1

Avaliación de coñecementos

O texto de Xabier P. Docampo é narrativo porque conta unha serie de que lles suceden a uns( , a nai, o , os e a ) nun e nun determinados.

L A R I E C A MO F R E I X A LB D F M Q R Z NT E I X I D O GC A D E M A L AU X Ñ P O T D SL A X N A R A LP I Ñ E I R A L

4S1LLLA_2011.03 27/1/11 18:43 Página 53