construímos futuros coa xuventude en risco · mocidade en risco de exclusión. ... Universidade de...

16
construímos futuros coa xuventude en risco memoria 2016

Transcript of construímos futuros coa xuventude en risco · mocidade en risco de exclusión. ... Universidade de...

construímos futuroscoa xuventude en risco

memoria 2016

Somos unha organización non lucrativa que tra-balla para a incorporación social plena das per-soas en situación vulnerable.

Desde 2001 levamos completado máis de vinte proxectos de acción social e hoxe somos especia-listas na atención e o apoio á independencia da mocidade en risco de exclusión.

Cremos no empoderamento de cada persoa coa que traballamos: ela é a protagonista do seu pro-pio proxecto de vida. Nós acompañámola nese camiño de cambio cara á autonomía persoal e cara a unha vida plena, libre e activa.

Desde 2014 somos entidade A L I A para a xu-ventude e a inclusión social.

ValoresEmpoderamentoParticipaciónAprendizaxeTraballo en redeTransparencia

Áreas de traballoIntervenciónIncidenciaFormaciónInvestigación

Quen somos

Programa Mentor 2008-2015

Intervención

Investigación

Incidencia

Formación

O camiño áindependenciaCada ano, centos de nenos, nenas e adolescentes galegos caen nunha situación de desamparo. Para protexelos, a Administración Pública asume a súa tutela e dálles a protección que precisan mentres van facéndose maiores. Cando se achegan aos 18 anos, estes mozos e mozas deben prepararse para voaren sós. A emancipación é un salto sen rede para a maioría deles, xa que non teñen familia ou carecen do seu apoio.

O Programa Mentor existe para acompañar a mocidade tutelada e ex tutelada entre os 16 e os 21 anos. Se é preciso, mesmo ata os 25. É unha iniciativa do Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia que nós, Igaxes3, desenvolvemos desde 2005.

Todo en Mentor está dirixido ao empoderamento de cada participante. Nas nosas vivendas tutela-das ou RAIs (Recursos de Apoio á Inserción), as rapazas e rapaces aprenden as habilidades que calquera persoa adulta precisa no día a día. E van deseñando, co apoio dos nosos equipos educati-vos, a folla de ruta do seu proxecto de vida.

Ao tempo, da man dos nosos equipos técnicos de inserción laboral, eles e elas seguen formán-dose ata se converteren en candidatos cualifica-dos para o mundo profesional. Un emprego sóli-do é unha garantía esencial de estabilidade para a súa vida futura.

Programa Mentor

En 2016 atendemos a 309 mozos e 225 mozas no Programa Mentor e lográronse 227 insercións laborais, das que 110 foron mulleres e 117, homes.

As pontes caraao empregoPara lograren a grande meta da inserción laboral, as persoas mozas que carecen de apoio familiar necesitan prepararse. Pero nós podemos facer algo máis. O Programa Incorpora é unha iniciativa de Obra Social “la Caixa” para a inserción socio laboral de persoas en risco de exclusión. Desde 2011 somos a entidade coordinadora do grupo Incorpora Galicia, do que forman parte outras sete organizacións sociais.

Tecendo lazos con empresas e asociacións em-presariais galegas creamos oportunidades de emprego para as persoas coas que traballamos. Ao tempo, o empresariado ten en Incorpora unha opción de confianza para poñer en marcha unha iniciativa de responsabilidade social.

En 2016, o grupo Incorpora Galicia atendeu a 2.416 persoas (1.250 mulleres e 1.166 homes),

A nosa liña de RSE non remata no Incorpora. O Programa Artesa é un proxecto de voluntariado corporativo no que persoas do mundo da empre-sa exercen como mentoras laborais dun grupo de mozas e mozos tutelados. E fano nas propias instalacións da súa compañía.

En 2016 participaron 17 empresas galegas, do que se beneficiaron 58 mozos e 51 mozas parti-cipantes do programa Mentor.

Con Artesa, as dúas partes gañan: mentres a em-presa amplía o seu compromiso social, os rapaces comezan a ver o mundo do traballo como algo familiar. Así poden prepararse para o primeiro emprego con máis seguridade e confianza.

Voluntariado para as empresas

Gracias ao noso traballo, Igaxes3 forma parte da ‘Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven 2013-2016’, plan do Goberno de España para reducir o desemprego entre a mocidade.

Dentro do Programa Artesa contamos co apoio de ADER Recursos Humanos, cuxos profesionais técnicos das catro provincias exercen como mentoras e mentores laborais da mocidade tutelada do noso Programa Mentor.

facilitando a inserción laboral de 315 mulleres e 248 homes grazas á adhesión de 372 empresas das catro provincias.

Co programa de Inserción Socio-Laboral para persoas sen Fogar, financiado polo Fondo So-cial Europeo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, traballamos xunto a persoas que padecen unha situación de exclusión severa e por iso afrontan dificultades especiais para ac-ceder a un posto de traballo. No ano 2016 aten-demos a 17 persoas no programa.

Asesoramos ás persoas en situación de risco ou exclusión e a mozos e mozas ex tutelados para que sexan conscientes das súas competencias e habilidades e poidan tamén melloralas a través do Punto de Encontro de Orientación Socio Laboral, un programa apoiado pola Deputación da Coruña no que participaron 88 persoas e se lograron un 20% de insercións laborais en 2016.

Desde os contidos audiovisuais e multimedia queremos divulgar a realidade diaria da mocida-de en situación vulnerable e acabar cos prexuízos sociais que padece. Para iso, co financiamento pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (Iniciativa de Emprego Xuvenil), incorpora-mos durante 7 meses a unha profesional ao noso departamento de comunicación.

Para os mozos e mozas en risco de exclusión so-cial, a inserción laboral é un desafío que é preci-so superar para construír unha vida futura libre e estable. Mediante o Programa Construíndo Futuros, realizado co apoio de Bankia, elas e eles poden mellorar o seu nivel formativo e con-tar con apoio nos procesos de busca, selección e mantemento de emprego.

A promoción do éxito escolarTres de cada catro mozas e mozos dos que acompañamos no Programa Mentor abandonaron os estudos prematuramente. Á hora de procuraren traballo, todos deben afrontar as dificultades asociadas á súa falta de formación. A nosa experiencia dinos que o abandono prematuro da escola é a antesala da exclusión social. Equivale a pechar moitas das portas dunha vida digna e independente.

Desde o Programa Aleida para a promoción do éxito escolar traballamos dentro e fóra das aulas cunha meta principal: que aqueles mozos e mo-zas que perderon a motivación, ou que padecen algún conflito na escola, volvan encontrar razóns para seguiren formándose. Ben no ensino regra-do, ou ben en programas alternativos de forma-ción profesional.

Facémolo a través de obradoiros preventivos que fortalecen as competencias persoais dos alumnos e permiten identificar, co apoio dos De-partamentos de Orientación e/ou Equipos Direc-tivos dos centros, os casos que precisen un apoio psicosocial. Nestes casos valémonos de titorías individualizadas ou mediación, ou ben dun pro-grama de intervención familiar para traballar as competencias familiares.

Durante o horario non lectivo, desenvolvemos o programa de Didáctica Matemática para que, mediante actividades atractivas que poden apli-car fóra do centro, cambien a súa percepción sobre a materia. E tamén nos valemos da nosa Escola da Vida, dedicado a aqueles mozos e mozas con problemas especiais de adaptación ao mundo escolar.

En 2016 contamos co apoio do Concello de San-tiago de Compostela a través da súa Concelle-ría de Igualdade, os concellos de Poio e Oroso e Obra Social “la Caixa”.

Programa Aleida

Programa didáctica matemática

Durante o curso 2015-2016 traballamos con 909 alumnas e 1.048 alumnos en 13 centros de ESO e Bacharelato de Santiago de Compostela e Ames. No noso servizo de Competencia Familiar participaron 10 familias. No programa de Didáctica Matemática traballamos con 12 mozos e 3 mozas.

Á procurade referentesTodas as persoas temos un referente. Alguén que nos guiou, que nos acompañou nos momentos difíciles ou que soubo darnos o consello que orientou as nosas vidas. É habitual que esa persoa sexa algún membro da nosa familia. Porén, as mozas e mozos tutelados carecen de apoio familiar e precisan contar co seu propio referente adulto.

O Proxecto Referentes é a nosa proposta de volun-tariado. Queremos contar con persoas dispostas a converterse en referente dun mozo ou moza tute-lado para escoitar, aconsellar, aprender, divertirse, consolarse ou coñecer unha realidade distinta.

Ao remate de 2016 contabamos con 36 volunta-rias e 11 voluntarios e iniciáronse 22 relacións de mentoría con 8 mozos e 14 mozas. Conversando durante un café, facendo unha saída ao campo ou asistindo á última estrea de teatro, referente e re-ferido comparten preocupacións e ilusións mentres van construíndo unha relación de amizade.

Quen mellor que unha persoa ex tutelada para contarlles á mozas e mozos como é a experien-cia da emancipación? Nesta iniciativa, o papel de referentes correspóndelles aos propios ex partici-pantes no Programa Mentor. Rapaces e rapazas xa adultos que pasaron polas nosas vivendas de autonomía e hoxe voan sós.

En encontros periódicos nas vivendas, o grupo de residentes aprende das experiencias das súas compañeiras e compañeiros maiores, que supe-raron dificultades similares.

Proxecto Referentes

A mentoría entre iguais

En 2016 realizamos 44 actividades nas que participaron 80 mozas e 78 mozos.

Un dos nosos valores é a aprendizaxe. Unha das nosas máximas, a calidade na intervención. Por iso investigamos, compartimos o que aprende-mos e formamos especialistas no traballo con mozas e mozos en dificultade.

Xunto á Universidade de Santiago de Compos-tela, somos organizadores do Máster en In-tervención e Emancipación de Mozos/as en Conflito Social, que no curso 2016-2017 des-envolve a súa sexta edición.

A mellorapermanente

Somos parte da Red Jóvenes e Inclusión, na que participan cinco universidades (UNED, Illes Balears, USC, UdC, Girona) e as entidades sociais Fundació Natzaret (Baleares), Fundación Trébol (Galicia), Fundación ISOS e Opción 3 (Madrid) e Servei Solidari (Cataluña).

Dende esta rede realizamos entre 2014 e 2015 o proxecto de investigación titulado “Análise e mellora dos procesos de intervención para a emancipación da mocidade en dificultade”. Este proxecto foi seleccionado para formar parte do Programa de Ciudadanía Activa, financiado polo Mecanismo Financeiro do Espazo Económi-co Europeo (EEA Grants) e operado pola Plata-forma de ONG de Acción Social.

Esta investigación deu froito en 2016 á publi-cación titulada Jóvenes que construyen futuros: de la exclusión a la inclusión social, editada pola Universidade de Santiago de Compostela e pre-sentada na sede central de INJUVE en Madrid o 20 de outubro de 2016.

www.joveneseinclusion.org

Publicacións

Nel participou máis dun cento de profesionais do sector público, ONG e universidades e contou con expertos internacionais nas áreas de educa-ción, o emprego, os movementos sociais e a co-municación.

Un grupo de mozos e mozas ex participantes en programas de apoio á independencia expresaron a necesidade de ampliar o apoio á mocidade tu-telada e ex tutelada ata os 25 anos, una das con-clusións centrais da investigación que realizamos desde a rede e que presentamos nesta cita.

Ballester, L.; Caride, J.A.; Melendro, M.; Montserrat, C. Jóvenes que construyen futuros. De la exclusión a la inclusión social. Santiago de Compostela: Servizo de Publi-cacións e Intercambio científi-co Campus Vida USC, 2016.

Unha proposta-resposta colectiva ás necesidades emerxentes e/ou urxentes de centos de miles de adolescentes e mozos e mozas que reivindican as oportunidades e dereitos que se proclaman en nome da igualdade, liberdade, a xustiza, a par-ticipación, a emancipación e a inclusión social. Investigación financiada polo Programa Cidada-nía Activa do Espazo Económico Europeo (EEA Grants, 2009-2014), co apoio da Plataforma de ONG de Acción Social e o Goberno de España. No proxecto participaron as Universidades de Girona, Illes Balears, Nacional de Educación a Distancia e Santiago de Compostela, cos responsables e pro-fesionais da Fundació Nazaret, a Fundació Servei Solidari per a la Inclusió Social, a Cooperativa de Iniciativa Social Opción3 e IGAXES3.

II Encontro Internacional Xuventude e Inclusión

O 29 de febreiro de 2016 celebrouse en Palma de Mallorca o segundo evento internacional or-ganizado por Red Jóvenes e Inclusión, baixo o título “Emancipación e Xuventude en risco”.

A inclusión social é una misión compartida e, para levala a cabo, construímos alianzas. Hoxe mante-mos alianzas coa Unión Europea, que é a nosa prin-cipal financiadora; coa Xunta de Galicia, coa que traballamos desde hai máis de 10 anos; con outras administracións, empresas e agrupacións empresa-riais; e tamén con outras organizacións sociais.

Formamos parte activa de redes como FICE (Federación Internacional de Comunidades Edu-cativas), a rede europea SEIREM, Red Araña ou a Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN Galicia), en-tre outras.

Ademais, somos a entidade fundadora da Aso-ciación de Entidades Jóvenes e Inclusión, que aglutina organización sociais de atención á infan-cia e a xuventude en Andalucía (Inserta Andalu-cía), Aragón (Fundación para la Atención Integral del Menor - FAIM), Baleares (Fundació Natzaret), Castela e León (ASECAL), Castela-A Mancha (Aso-ciación Vasija), Cataluña (Asociación Educativa Íta-ca de L’Hospitalet), Comunidade de Madrid (Op-ción 3) e Galicia.

Xunta Directiva

Presidente: Luís Barreiro Carballal.Secretario: Xosé Cuns Traba.Tesoureira: Nieves Lagares Díez.Vogais: Carlos Cortés León, Lorena Añón Loureiro, Lluís Ballester Brage, Nuno Matías Ferreira, Sonia García Vázquez, Santiago Míguez Caridad, Fundación Meniños (Xosé Manuel Villanueva Prieto, vicepresidente).Director: Carlos Rosón Varela.

Unha misióncompartida

Creamos e mantemos alianzas con empresas, administracións e entidades sociais para fortalecer a nosa “misión compartida”.

Total ingresos 1.923.139,04 €Financiamento público 1.785.857,70 €

Financiamento privado 137.281,34 €

Auditado por Juan Capellá Auditores (S-1784)

Distribución de ingresos 2016

Programas Europeos (85,03%)Consellería de Política Social (6,48%)Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (0,16%)Diputacións provinciais (0,60%)Administración local (0,59%)Fundación Bancaria La Caixa (5,81%)Bankia (0,08%)Fepa (0,28%)Fundación Cocina Económica (0,71%)Fundación Universidad Empresa Illes Balears (0,12%)Outros ingresos (0,14%)

Tipoloxía de gastos 2016

Inserción laboral (29,80%)Apoio en vivendas tuteladas/asistidas (56,15%)Axudas (formación e emprego) (1,52%)Promoción do éxito escolar en institutos (3,41%)Formación do persoal (4,33%)Axudas a outros colectivos vulnerables (2,69%)Traballo en rede e creación de alianzas (2,09%)

IGAXES3Rúa da Muíña, 2415707 Santiago de Compostela981 561 169 [email protected]

colabora!