CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · Verificouse a aprobación en prazo do orzamento, liquidación e...

55
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN SELECTIVA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA EXERCICIOS 2000-2001

Transcript of CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · Verificouse a aprobación en prazo do orzamento, liquidación e...

CONSELLO DE CONTAS

DE GALICIA

INFORME DE FISCALIZACIÓN

SELECTIVA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

EXERCICIOS 2000-2001

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_______________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia

ÍNDICE

Páxina

1. INTRODUCCIÓN .......................................................................................................................... 1 1.1. Obxectivos e alcance ............................................................................................................. 1 1.2. Normativa reguladora............................................................................................................. 1 1.3. Orzamento, liquidación e conta xeral (exercicio 2001) .......................................................... 3

2. ASPECTOS XERAIS.................................................................................................................... 5 2.1. Indicadores............................................................................................................................. 5 2.2. Análise orzamentaria e contable............................................................................................ 6

3. CADRO DE PERSOAL, RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ............................................................................................................ 9 3.1. Cadro de persoal e Relación de Postos de Traballo ........................................................... 10 3.2. Oferta de emprego público dos exercicios 2000 e 2001...................................................... 11

4. PERSOAL Ó SERVICIO DA ENTIDADE LOCAL ..................................................................... 13 4.1. Persoal eventual................................................................................................................... 13 4.2. Persoal funcionario............................................................................................................... 13 4.3. Persoal laboral ..................................................................................................................... 15 4.4. Anticipos, gratificacións, productividade e indemnización por razón de servicio ................ 17 4.5. Incidencias tributarias e de Seguridade Social .................................................................... 19

5. CARGOS ELECTOS .................................................................................................................. 21 5.1. Retribucións.......................................................................................................................... 21 5.2. Indemnizacións dos cargos electos ..................................................................................... 22

6. PROCEDEMENTOS SELECTIVOS........................................................................................... 25 6.1. Funcionarios......................................................................................................................... 25 6.2. Persoal Laboral Temporal .................................................................................................... 27

7. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS.................................................................................. 31 7.1. Conclusións.......................................................................................................................... 31 7.2. Recomendacións.................................................................................................................. 32

ANEXOS ........................................................................................................................................... 35 ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLA DEPUTACIÓN .................................................................. 39 RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS............................................................................................................ 47

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_______________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 1

1. INTRODUCCIÓN

1.1. Obxectivos e alcance

De conformidade co establecido na Lei 6/1985, de 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno desta Institución, en sesión celebrada ó 16 de decembro de 2002, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2003, a fiscalización da área de gastos de persoal correspondente os exercicios 2000 e 2001 da Deputación Provincial de A Coruña.

Os obxectivos de fiscalización consistiron en:

– Verificar que os gastos de persoal corresponden a persoal ó servicio da Entidade e que foron correctamente contabilizados.

– Analiza-la correcta tramitación da oferta de emprego público e o cumprimento dos principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade nos procesos selectivos realizados pola Deputación.

– Comprobar que as retribucións, indemnizacións por razón de servicio e demais gastos en materia de persoal axustáronse a normativa de aplicación.

O período temporal estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.

1.2. Normativa reguladora

A normativa reguladora das materias obxecto de fiscalización, inclúese fundamentalmente nas seguintes disposicións:

– Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a reforma da Función Pública (LMRFP).

– Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

– Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 2

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

– Lei 40/1998, do 9 de decembro, do Imposto sobre a renda das persoas físicas.

– Lei 13/2000, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o exercicio 2001 (LPXE).

– Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

– Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia (LFPG).

– Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

– Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

– Real Decreto Lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral Orzamentaria (TRLXO).

– Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios da Administración Local.

– Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

– Real Decreto 1174/1987, do 18 de setembro, de Réxime Xurídico dos Funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional (RXFHN).

– Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 3

– Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos para axusta-lo procedemento de selección de funcionarios da Administración Local.

– Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración do Estado.

– Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada.

– Real Decreto-Lei 2608/1929, do 16 de decembro de 1929, anticipo sobre haber líquido dunha ou dúas mensualidades.

– Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estructura dos orzamentos das Entidades Locais.

– Instrucción de Contabilidade para a Administración Local (ICAL), aprobada por Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990.

1.3. Orzamento, liquidación e conta xeral (exercicio 2001)

O orzamento inicial da Deputación para o exercicio 2001 ascendeu a 22.560.161.892 pesetas. Os estados de gastos e ingresos da liquidación do orzamento inclúense como Anexo 1. O remanente de tesourería para gastos xerais aprobado foi de 17.321.439.715 pesetas. O resultado orzamentario axustado aprobouse con superávit de 9.220.492.044 pesetas.

Verificouse a aprobación en prazo do orzamento, liquidación e conta xeral do exercicio 2001. A remisión da liquidación do orzamento a Administración do Estado e a Comunidade Autónoma, así como a rendición da Conta Xeral ó Consello de Contas efectuase dentro do prazo legalmente establecido.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 4

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 5

2. ASPECTOS XERAIS

2.1. Indicadores

Coa finalidade de proporcionar unha información resumida da situación do persoal da Deputación, preséntanse os seguintes ratios e indicadores correspondentes ó exercicio 2001.

a) Gasto de persoal: 3.853.571.791 pesetas, equivalente a 3.478 pesetas/habitante. No exercicio 2000 o gasto de persoal situouse en 3.334 pesetas/habitante, 51 puntos por debaixo da media española e 16 da media galega.

b) Índice de persoal funcionario e laboral fixo por mil habitantes: 0,58.

c) Cualificación profesional: os postos de traballo de funcionarios que requiren titulación universitaria representan o 33%. A porcentaxe para o persoal laboral fixo situouse no 6%.

d) Grao de equipamento tecnolóxico: resúmese no seguinte cadro.

Ano 2001(*) Ordenadores Acceso a Internet

Funcionarios 400 216

Laborais 45 30

Traballadores 445 246

(*) Usuarios de oficinas xerais.

e) Taxa de absentismo laboral: o número de xornadas laborais non realizadas polo persoal e relacionadas cos permiso-licencias contemplados nos artigos 68 e 70 da Lei 4/1988, de 26 de maio, da función pública de Galicia, preséntase no seguinte cadro:

Ano 2001 Permiso/Licencias

Embarazo e maternidade 112 días

Enfermidade Non se dispón de información agregada

Nacemento fillo, enfermidade grave ou morte de familiar Non se facilitou

Asuntos persoais sen xustificación 5.760 días

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 6

f) Número de folgas no ano 2001: folga do día 15 de xuño de 2001, na que participaron 53 persoas.

g) Control horario: existe control horario mecánico no que fichan os traballadores das oficinas do Palacio Provincial a entrada e saída.

h) Organización administrativa: O Palacio Provincial dispón de instalacións adecuadas para a prestación de servicios administrativos. Durante o exercicio 2001 existían 7 postos de traballo de funcionarios con habilitación de carácter nacional ocupados por funcionarios da categoría superior desta escala.

2.2. Análise orzamentaria e contable

As magnitudes correspondentes a créditos iniciais do estado de gastos dos exercicios 2000 e 2001 exprésanse no cadro seguinte. Os créditos consignados no capítulo I “Gastos de persoal” representan, sobre o importe total do orzamento, unha porcentaxe do 18,09% no exercicio 2000 e un 17,81% no 2001. O incremento do capítulo I no orzamento do exercicio 2001 con respecto ó 2000 é do 3,7%.

Créditos Iniciais Índice % Créditos Iniciais Índice

% CAP. DESCRICIÓN 2000 2001

1 Gastos de persoal 3.873.487.000 18 4.018.765.267 18

2 G. en bens ctes. e servicios 3.799.793.084 18 3.275.948.844 14

3 Gastos financeiros 619.815.278 3 955.918.445 4

4 Transferencias correntes 2.600.493.000 12 2.181.718.713 10

6 Investimentos reais 3.776.989.196 17 5.539.781.883 25

7 Transferencias de capital 5.703.736.557 27 5.276.812.915 23

8 Activos financeiros 106.000.000 1 106.000.000 1

9 Pasivos financeiros 927.085.885 4 1.205.215.825 5

TOTAL 21.407.400.000 100 22.560.161.892 100

A estructura do capítulo I do orzamento de Gastos, a nivel de artigo, do exercicio 2001 é a seguinte:

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 7

Artigo Créditos iniciais

Modificacións Créditos

definitivos Obrigas

recoñecidas Pagos

ordenados Pagos

líquidos Ordes Pdtes.

10. Altos cargos 60.605.448 -16.000.000 44.605.448 40.586.757 40.586.757 40.586.757 0

11. Persoal gabinetes 132.063.194 0 132.063.194 129.143.528 129.143.528 129.143.528 0

12. Persoal funcionario 1.724.797.513 -56.034.361 1.668.763.152 1.606.701.238 1.606.701.238 1.606.701.238 0

13. Persoal laboral 866.628.922 30.426.809 897.055.731 855.014.516 855.014.516 855.014.516 0

14. Outro persoal 0 0 0 0 0 0 0

15. Incentivo rendmto. 292.769.190 17.577.552 310.346.742 290.529.075 290.529.075 290.529.075 0

16. Cotas sociais 941.901.000 75.506.315 1.017.407.315 931.596.677 931.596.677 931.596.677 0

TOTAIS 4.018.765.267 51.476.315 4.070.241.582 3.853.571.791 3.853.571.791 3.853.571.791 0

– Os créditos definitivos do capítulo I representan o 9,7% e 19,9% dos créditos definitivos e das obrigas recoñecidas totais, respectivamente. O grao de execución do capítulo I (OR/CD) foi do 94,7%.

– Non se detectaron diferencias significativas nos traballos de conciliación entre contabilidade financeira e orzamentaria.

Con obxecto de verificar o cumprimento dos límites establecidos no artigo 7 do RD 861/1986, realízase, tomando como base os créditos iniciais incluídos no orzamento, o seguinte cálculo:

Descrición Importe Porcentaxe Límite artigo 7

do RD 861/1986

Masa retributiva global (excluído persoal laboral) 2.099.741.703

Retribucións básicas (-) 916.328.687

Complemento de destino (-) 379.967.461

Axudas familiares (-) 92.175.000

Total 711.270.555

Complemento específico 428.501.365 60,24 75%

Productividade 238.769.190 33,57 30%

Gratificacións 44.000.000 6,19 10%

A cantidade asignada ó complemento de productividade supera o límite establecido no artigo 7.2,b) do RD 861/1986.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 8

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 9

3. CADRO DE PERSOAL, RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

O persoal ó servicio da Corporación durante os exercicios 2000 e 2001 reflíctese no cadro seguinte:

Exercicio 2000 Exercicio 2001

Descrición Persoal no cadro de

persoal (prazas)

Persoal que figura en nómina a 31/decembro

Persoal no cadro de persoal

(prazas)

Persoal que figura en nómina a 31/decembro

Cargos electos con dedicación exclusiva 5 5

Persoal eventual de confianza 25 23 27 27

Persoal funcionario 514 479 513 484

Persoal laboral fixo 164 158 162 158

Persoal laboral temporal 83 84

Persoal laboral convenios subvencionados 38 38

TOTAL 703 786 702 796

Existen ademais 26 deputados provinciais sen dedicación exclusiva, polo que o total de efectivos no mes de decembro de 2000 ascende a 812 (786+26) e no mes de decembro de 2001 a 822 (796+26). Incrementouse nun 1,27% o persoal que cobra nóminas a finais de 2001 respecto a finais de 2000.

O persoal laboral temporal que figura en nómina a 31 de decembro do exercicio 2000 supón o 15,3% do total. Esta situación repítese no exercicio 2001. Constatouse a existencia de numerosos contratos de obra ou servicio ata fin de servicio que se manteñen en sucesivos anos, o que evidencia a non eventualidade dos mesmos, propia dos contratos laborais temporais. Este feito, aconsella a reestructuración do cadro de persoal cubrindo eses postos de traballo mediante funcionarios ou persoal laboral fixo, a través dos pertinentes procesos selectivos que garantan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 10

3.1. Cadro de persoal e Relación de Postos de Traballo

Exercicio 2000

O Cadro de persoal deste exercicio, apróbase polo Pleno da Corporación ó 3 de decembro de 1999 con motivo da aprobación do orzamento, e comprende tódolos postos de traballo reservados a funcionarios, persoal laboral e eventual, de acordo có establecido nos artigos 90.1 da LRBRL e 126.1 do TRRL. Publícase o día 27 de xaneiro de 2000 no BOP xunto coa aprobación definitiva do orzamento. O número de prazas no cadro de persoal ascende a 703, e no mesmo non se reflicten as vacantes. No cadro de persoal aprobado inclúense postos de traballo e prazas, cando deben figurar estas últimas exclusivamente. Posteriormente prodúcense as seguintes modificacións no cadro de persoal:

– A creación de tres prazas de funcionario para dotar o servicio de riscos laborais: técnico en prevención de riscos laborais, médico especialista en medicina de traballo e ATS/DUE de empresa.

– Creación dunha praza de funcionario de auxiliar de administración xeral, por amortización doutra no cadro de persoal laboral.

– Transfórmase a praza de mozo de servicio axudante de cadro de laboral na de oficial operario de servicios.

O trámite seguido para a modificación é o mesmo que o esixido para a aprobación do orzamento: aprobación inicial (26/05/00), apertura do prazo de exposición pública para reclamacións, que se producen e se desestiman. Finalmente apróbase polo Pleno da Corporación ó 28 de xullo de 2000 e publícase no BOP ó 23 de agosto de 2000. Este acordo recórrese novamente en reposición e desestímase.

A Deputación confeccionou a relación de postos de traballo prevista nos artigos 90.2 da LRBRL e 126.4 do TRRL1.

1 Parágrafo modificado como consecuencia das alegacións presentadas pola Deputación.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 11

Entre a documentación facilitada non consta a comunicación ó Estado e a Comunidade Autónoma da modificación producida no cadro de persoal, incumprindo o disposto no artigo 126.3 e 127 do TRRL.

Exercicio 2001

A plantilla deste exercicio, denominada cadro de persoal, apróbase polo Pleno da Corporación ó 29 de novembro de 2000 con motivo da aprobación do orzamento, comprende tódolos postos de traballo reservados a funcionarios, persoal laboral e eventual, de acordo co establecido nos artigos 90.1 da LRBRL e 126.1 do TRRL. Publícase o día 25 de xaneiro de 2001 no BOP xunto coa aprobación definitiva do orzamento. Ó número de prazas no cadro de persoal ascende a 702 e na mesma non se reflicten as vacantes. No cadro de persoal aprobado inclúense postos de traballo e prazas, cando deben figurar estas últimas exclusivamente.

A Deputación confeccionou a relación de postos de traballo prevista nos artigos 90.2 da LRBRL e 126.4 do TRRL2.

3.2. Oferta de emprego público dos exercicios 2000 e 2001

Exercicios 2000-2001

A oferta de emprego público do exercicio 2000 apróbase por Resolución da Presidencia do 6 de outubro de 2000, unha vez superado ó prazo dun mes previsto no artigo 128 do TRRL dende a aprobación do orzamento (31/12/1999). Publícase no BOP ó 21 de outubro de 2000 e no BOE ó 10 de novembro de 2000. Por Resolución de Presidencia do 2 de abril de 2001 apróbanse as bases que rexerán a convocatoria das prazas incluídas na oferta e se publican no BOP de 20 de abril de 2001. Ó 2 de maio de 2001 convócanse as probas selectivas por Resolución de Presidencia3.

2 Parágrafo modificado como consecuencia das alegacións presentadas pola Deputación. 3 Parágrafo modificado no trámite de alegacións.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 12

A oferta de emprego público do exercicio 2001 apróbase por Resolución da Presidencia do 28 de maio de 2001, unha vez superado o prazo dun mes previsto no artigo 128 do TRRL dende a aprobación do orzamento (29/11/2000). Publícase no BOP o 16 de xuño de 2001 e no BOE o 24 de xullo de 2001. As bases que rexerán a convocatoria das prazas incluídas na oferta e se publican no BOP do 14 de agosto de 2002 (corrección de erros publicada no BOP do 25 de outubro de 2002). Ó 15 de xaneiro de 2003 convócanse as probas selectivas por Resolución de Presidencia.4

4 Parágrafo modificado no trámite de alegacións.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 13

4. PERSOAL Ó SERVICIO DA ENTIDADE LOCAL

Neste apartado faise unha mostraxe dos expedientes do persoal ó servicio da Deputación, para analizar a forma de acceso ó posto de traballo, as retribucións que por tódolos conceptos se percibiron nos exercicios 2000 e 2001, así como a correcta detracción das cantidades correspondentes a Seguridade Social e IRPF.

O persoal que figura ó servicio da Corporación durante o exercicio 2001

reflíctese no cadro da páxina 9.

4.1. Persoal eventual

De acordo co artigo 104 da LRBRL, a determinación do número, características e retribucións do persoal eventual, corresponde ó Pleno da Corporación ó comezo do seu mandato. Estas determinacións so poderán modificarse con motivo da aprobación dos orzamentos anuais.

O Pleno aprobou 25 postos de persoal eventual en sesión do 10 de setembro de 1999. Coa aprobación do orzamento do exercicio 2001 ampliouse o número de eventuais que realizan funcións de confianza e asesoramento a 27.

Analizáronse 5 expedientes nos que consta a publicación no BOP do nomeamento, réxime de retribucións e dedicación. Verificouse a correcta percepción de retribucións de acordo coa asimilación a postos de funcionarios acordada polo Pleno. Como resultado do traballo efectuado non se detectaron incidencias significativas.

4.2. Persoal funcionario

Seleccionouse unha mostraxe de funcionarios que están en nómina a 31 de decembro de 2000 e a 31 de decembro de 2001, en función dos distintos grupos de clasificación e de acordo coas retribucións dos mesmos.

Verificouse que os conceptos retributivos percibidos polos funcionarios analizados axústanse ó disposto nos artigos 1 do RD 861/1986 e 23 da Lei 30/1984.

Os importes retidos á conta da liquidación do IRPF adáptanse a normativa establecida na materia. As cotizacións sociais detraídas das nóminas correspóndense tamén coas cantidades que proceden.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 14

Analizáronse as retribucións do persoal funcionario co obxecto de comprobar o disposto nos artigos 21, 23 e 27 da LPXE para o exercicio 2001, que sinalan un incremento retributivo do 2%. O traballo realizouse sobre as retribucións totais percibidas durante o exercicio 2001 por 18 funcionarios. Como resultado, verificouse que o incremento medio foi dun 7,15% respecto ás do ano 2000. Analizadas individualmente estas retribucións, púidose comprobar que existen incrementos retributivos superiores ó 2% na antigüidade, xustificados polo cumprimento de trienios. O complemento específico, experimenta un incremento medio do 6,77% que é superior o previsto no artigo 27 da LPXE para o exercicio 2001. Este incremento débese á consolidación (dentro deste complemento) da paga de productividade para a mellora e rendemento dos servicios públicos, abonada en aplicación de acordo Administración-Sindicatos do 24 de setembro de 1999. Así mesmo, comprobouse que por acordo plenario do 29 de novembro de 2000, clasificouse, como de especial dedicación, o posto de traballo de periodista, incrementando o específico un 160% no exercicio 2001 respecto ó exercicio 2000, sen que se teña efectuado con carácter previo, a valoración do posto de traballo esixida no artigo 4.2 do RD 861/1986. En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 21.4 da LPXE este acordo devén inaplicable.

Da mostraxe anterior e coa finalidade de coñecer a forma de acceso a función pública, seleccionáronse cinco expedientes persoais: traductor de galego, xefe de sección de recursos propios do servicio de xestión tributaria, programador de aplicacións, auxiliar administrativo e subalterno. Desta análise extraéronse as seguintes conclusións:

– O sistema de acceso á función pública foi o de oposición.

– Nos expedientes persoais non consta a formalización de recoñecementos de trienios nin a consolidación do grado persoal.

– En dous dos expedientes seleccionados figura a concesión dunha semana adicional de vacacións por ter prestado dez anos de servicios ininterrompidos na Deputación. Este premio, que se contempla no artigo 15 do Acordo Negociado das condicións de traballo do persoal funcionario da Deputación, é contrario ó disposto no artigo 69.1 da LFPG sobre vacacións.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 15

4.3. Persoal laboral

Seleccionouse unha mostraxe de persoal laboral fixo e temporal que está en nómina a 31 de decembro de 2000 e a 31 de decembro de 2001 e baseándonos na mesma analizáronse as retribucións percibidas polos mesmos.

O Convenio colectivo co persoal laboral da Deputación asínase no exercicio 1995. Efectúanse diversas modificacións do mesmo, sendo a máis importante a acordada en sesión plenaria do 28 de maio de 1999, parcialmente anulada por Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de maio de 2002, no relativo ó aproveitamento, por unha soa vez, dunha semana adicional de vacacións por cada dez años de servicios prestados ininterrompidamente, así como na percepción do 100% das retribucións totais, dende o primeiro día ata o final da situación, en supostos de incapacidade temporal e de maternidade. Este Convenio é plenamente aplicable nos exercicios 2000 e 2001.

Para a mostraxe seleccionada do persoal laboral fixo constatouse que as retribucións que percibiron o longo dos exercicios 2000 e 2001, se axustan as disposicións do Convenio. En canto ó persoal laboral temporal ó servicio da Corporación verificouse que non perciben retribucións distintas ás establecidas no Convenio e ás pactadas nos contratos asinados.

Non se detectaron incidencias significativas nas detraccións para cumprir coas obrigas coa Seguridade Social e nas retencións do IRPF.

Analizouse o incremento retributivo experimentado por unha mostraxe do persoal laboral da Corporación co obxecto de comprobar o respecto ó disposto nos artigos 21 e 24 da LPXE para o exercicio 2001, que sinalan un incremento retributivo do 2%. Analizáronse as retribucións totais de 10 traballadores e constatouse un incremento medio das mesmas dun 4% no exercicio 2001 respecto as do 2000. Se ben o artigo 24 da LXOE establece un crecemento global do 2% para a masa salarial do persoal laboral, a análise efectuada sobre a mostraxe permítenos concluír que ese incremento global prodúcese por enrriba desa porcentaxe. Analizado individualmente cada concepto retributivo observouse que o “plus de convenio” se incrementa por enrriba do 3%, como consecuencia da consolidación dentro deste complemento da paga de productividade para a mellora e rendemento dos servicios públicos abonada en aplicación do acordo Administración-Sindicatos do 24 de setembro de

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 16

1999, polo tanto este incremento non incumpre o disposto na LOXE para o exercicio 2001.

Seleccionáronse 7 expedientes de persoal laboral fixo e 5 de persoal laboral temporal, que se achegan como Anexo 2, examinando a súa situación laboral e contractual coa Deputación. Da análise dos mesmos extraéronse as seguintes incidencias:

Persoal laboral fixo

En tres dos sete expedientes analizados non aparece ningún documento relativo a superación dun proceso selectivo con carácter previo a adquisición da condición de persoal laboral fixo, que garanta o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade desenvolvidos nos artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 do TRRL e que deben presidir a selección do persoal ó servicio da Corporación.

Detectáronse tamén reclasificacións de postos de traballo, con cambio de categoría, mediante Resolución de Presidencia, sen que se teña realizado ningún proceso selectivo previamente, incumprindo de novo o disposto nos artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 do TRRL.

Persoal laboral temporal

En tres dos cinco expedientes analizados detectáronse as seguintes incidencias:

– Asínanse os ditos contratos eventuais para atender as circunstancias da producción con cada traballador sen que medie ningún proceso selectivo, amparándose exclusivamente na experiencia de servicios previos. Este feito recóllese no número 5.1 de Normas sobre Contratación Laboral Temporal que figura na Disposición Adicional Quinta no Convenio colectivo, de acordo co cal se poderá contratar a persoal que estivese cubrindo vacantes de postos similares con anterioridade. Este procedemento vulnera o disposto nos artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 do TRRL, no relativo a selección de persoal laboral ó servicio da Corporación, de acordo cos cales a selección de todo o persoal debese efectuar con respecto ós principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 17

– Unha vez finalizados os contratos eventuais para atender circunstancias da producción, os traballadores asinan coa Corporación contratos de obra ou servicio determinado ata fin de servicio, que se manteñen ó longo do tempo (este feito ocorre nun expediente máis).

– Por Resolución de Presidencia do 4 de febreiro de 2002, noméaselles funcionarios interinos (esto feito ocorre nun expediente máis), sen que medie ningún proceso selectivo, incumprindo o disposto na Disposición Adicional Primeira do RD 896/1991. Este nomeamento prodúcese no marco do proceso de consolidación de emprego temporal, de acordo co cal os traballadores con contratos de obra ou servicio determinado, que desempeñen funcións con carácter permanente na Institución, son nomeados funcionarios interinos e posteriormente incluídos nun proceso selectivo para adquisición da condición de funcionarios de carreira, feito que para os expedientes analizados se produce o 28 de outubro de 2003. Este proceso afecta a 27 traballadores que se encontran en idéntica situación á dos traballadores analizados. O feito de regularizar unha situación anómala (contratos de obra ou servicio que non responden a necesidades temporais senón permanentes), constitúe un aspecto positivo, pero o procedemento víciase no momento no que se lles nomea funcionarios interinos sen que medie ningún proceso selectivo.

4.4. Anticipos, gratificacións, productividade e indemnización por razón de servicio

Anticipos

Realizouse unha análise dos anticipos reintegrables pagados no ano 2001 a persoal funcionario da Deputación. Como resultado das probas realizadas detectáronse as seguintes incidencias:

O artigo 26 do Acordo negociado de condicións de traballo do persoal funcionario, establece que se poderán conceder anticipos ó persoal por importe máximo de catro mensualidades, non podendo superar a cantidade de 750.000 pesetas a reintegrar nun máximo de corenta meses.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 18

A normativa vixente contida no Real Decreto Lei 2608/1929, do 16 de decembro, establece que a contía dos anticipos reintegrables será do importe dunha ou dúas pagas do seu haber líquido, cando se necesiten para atender necesidades urxentes (artigo 1) e non comprenderá retribucións complemen- tarias (artigo 2). O reintegro, sen interese, débese producir nos seguintes 10 meses cando se trate dunha paga, ou de catorce cando se trate de dúas mensualidades.

Polo anterior, o acordo regulador incumpre as normas contidas na lexislación aplicable respecto ó importe máximo e prazo de devolución dos anticipos. Neste sentido, a Intervención Xeral informou desfavorablemente este réxime de anticipos mediante notas de reparos de data 11 de xaneiro de 1990, 3 de outubro de 1990, e seguintes.

Gratificacións

Analizouse unha mostraxe das obriga recoñecidas netas rexistradas no subconcepto 151.00 durante o exercicio 2001 por importe de 12.559.462 pesetas, o que supón ó 26,25% do total.

Non se detectaron incidencias na xustificación dos servicios extraordinarios que dan lugar a percepción das gratificacións analizadas.

Productividade

Analizouse unha mostraxe das obrigas recoñecidas netas rexistradas no subconcepto 150.00 durante o exercicio 2001 por importe de 169.115.040 pesetas, o que supón o 72,40% do total.

Constatouse a existencia do reparto de productividade por tres conceptos

distintos:

– A denominada “productividade base”, que se distribúe en importes fixos e con carácter mensual en función dos distintos complementos de destino. Esta retribución acórdase en sesión plenaria do 24 de xullo de 1992 e actualízase anualmente en función do incremento retributivo previsto na LOXE.

– Para o exercicio 2001 establécese, por Resolución de Presidencia de 25 de xaneiro, a denominada “productividade adicional fixa”, unha cantidade anual e devengo mensual que perciben un determinado

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 19

número de traballadores, en función das especiais circunstancias do seu posto de traballo. Esta retribución xa estaba prevista no acordo plenario de 1992 e anualmente determínase a súa distribución por Resolución de Presidencia.

– Finalmente distribúense determinadas cantidades, concedidas por Resolución de Presidencia, en función dos obxectivos cumpridos nos distintos servicios.

O reparto da “productividade base” e da “productividade adicional fixa” contradí o disposto nos artigos 23 da Lei 30/1984 e 5 do RD 861/1986, de acordo cos cales os criterios para o reparto da productividade serán o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeña o seu traballo. Ten, polo tanto, esta retribución un carácter subxectivo ou individual que implica a valoración diferenciada do traballo de cada funcionario, feito que non se produce na Deputación ó asignar cantidades fixas.

Indemnización por razón de servicio

Seleccionouse unha mostraxe de 5 perceptores de dietas (subconcepto 230.01) e gastos de locomoción (231.01) do exercicio 2001 e de 2 que asistiron a tribunais de oposición (subconcepto 233.01). Como resultado do traballo efectuado non se detectaron incidencias significativas.

4.5. Incidencias tributarias e de Seguridade Social

Circularizouse á Axencia Tributaria e á Tesourería Xeral da Seguridade Social, os efectos de verificar as obrigas de índole fiscal e social.

A Axencia Tributaria informou que non existen débedas pendentes de cobro en voluntaria nin executiva. Tampouco consta a existencia de actas incoadas polo IRPF nos exercicios 2000 e 2001. Segundo informa a Tesourería Xeral, a Deputación non ten pendente de ingreso ningunha reclamación por débedas xa vencidas coa Seguridade Social polos códigos de conta de cotización principais e secundarios a seu nome.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 20

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 21

5. CARGOS ELECTOS

A Corporación constitúese en sesión plenaria do 19 agosto de 1999, tralas eleccións municipais de 13 de xuño do mesmo ano, con 31 deputados. En acordo plenario do 10 de setembro de 1999 atribúese dedicación exclusiva ó Presidente da Corporación, ó vicepresidente terceiro, a un deputado do equipo de goberno e dous da oposición. Así mesmo, nesta sesión plenaria determínase ó número de vicepresidentes (catro), os membros da Comisión de Goberno (Presidente e dez deputados), así como a creación e composición das comisións informativas permanentes e os presidentes das mesmas.

5.1. Retribucións

En acordo plenario do 10 de setembro de 1999 determínase o réxime de retribucións dos cargos electos con dedicación exclusiva, co seguinte detalle:

Cargo retribucións Importe exercicio 2001

Presidente As fixadas para os Conselleiros nos orzamentos xerais da CA de Galicia

10.107.960

Vicepresidente As fixadas no orzamento da Corporación para o Secretario

9.832.556

Deputados do grupo de goberno

As fixadas no orzamento da Corporación para o Interventor Adxunto

9.297.744

Deputados doutros grupos As fixadas no orzamento da Corporación para un xefe de sección, grupo A, nivel 24 con dedicación exclusiva

6.349.664

Portavoces As fixadas no orzamento da Corporación para un xefe de sección, grupo A, nivel 24 con dedicación exclusiva

6.349.664

TOTAL 41.937.588

De acordo coa base número 46 de execución do orzamento para o exercicio 2001, as retribucións dos membros da Corporación axustaranse ó disposto no Regulamento Orgánico da Deputación e no acordo plenario do 10 de setembro de 1999. O incremento retributivo experimentado durante o exercicio 2001 foi, en tres dos cinco membros con dedicación exclusiva, lixeiramente superior ó 2%. Comprobouse que nos exercicios fiscalizados as retribucións percibidas polos membros da Corporación con dedicación exclusiva axústanse no disposto no acordo do Pleno.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 22

Do cruce da información obtida do libro maior da conta 6100 “Altos Cargos” coas obrigas recoñecidas imputadas no artigo 10 que figuran na liquidación do orzamento do exercicio 2001, non se detectou ningunha incidencia.

Entre a información facilitada pola Deputación non consta a que xustifique o cumprimento do requisito de publicación no BOP e no taboleiro de anuncios das retribucións dos cargos con dedicación exclusiva, así como as indemnizacións e asistencias, tal e como dispón o artigo 75.5 da LRBRL modificado pola Lei 14/2000, do 29 de decembro.

5.2. Indemnizacións dos cargos electos

As indemnizacións percibidas polos membros corporativos rexístranse no concepto 233 “Outras indemnizacións” de acordo co disposto na Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 setembro de 1989.

As indemnizacións por asistencias a órganos colexiados establécense polo Pleno en sesión do 10 de setembro de 1999. Resúmense no seguinte cadro

Órgano colexiado Acordo plenario Importe exercicio 2000

Importe exercicio 2001

Sesións do Pleno (agás portavoces) 86.641 88.374 90.141

Sesións do Pleno (portavoces) 140.791 143.607 146.479

Sesións de Comisións de Goberno 54.150 55.233 56.337

Sesións de Comisións Informativas 54.150 55.233 56.337

De acordo co disposto na mencionada sesión plenaria, a asistencia ás sesións formalmente convocadas dos órganos colexiados da lugar a percepción dos gastos de locomoción dende a localidade de residencia dos Deputados. Así mesmo, a asistencia a órganos rectores, mesas de contratación, comisións de traballo e tribunais de valoración retribúense de acordo coas cantidades dispostas no anexo 4º, categoría primeira, do RD 236/1988, do 4 de marzo.

Analizáronse as cantidades percibidas por asistencias a órganos colexiados, correspondentes os pagos efectuados durante o exercicio 2001. Non se detectaron incidencias significativas. Tampouco se encontraron incidencias na percepción de asistencias por formar parte de mesas de contratación durante o exercicio 2001.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 23

Na base número 46.2 de execución do orzamento para o exercicio 2001, determínase que as dietas dos membros da Corporación serán as sinaladas para os funcionarios do grupo 1 no RD 236/1988 e nas normas posteriores de actualización. Analizouse unha mostra das obrigas recoñecidas durante o exercicio 2001 no subconcepto 230.00 “dietas cargos electos” por importe de 551.907 pesetas o que supón un 51,3% do total, sen que se detectaran incidencias significativas. Polo que respecta os gastos de desprazamento recollidos no subconcepto 231.00 analizouse unha mostra de 5.034.192 pesetas que supón un total do 85% das obrigas recoñecidas durante o exercicio 2001. Non se detectaron incidencias significativas na análise efectuada.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 24

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 25

6. PROCEDEMENTOS SELECTIVOS

As ofertas de emprego público dos exercicios 2000 e 2001, publicadas

respectivamente no BOE o 10 de novembro de 2000 e o 24 de xullo de 2001,

ofertan un total de 22 prazas, das cales foron convocadas 20, de acordo co

seguinte detalle:

Seleccionouse unha mostraxe dos procesos selectivos correspondentes á oferta de emprego público do ano 2000 (os derivados da oferta de 2001 non finalizaron), con obxecto de analizar as bases da convocatoria, así como o desenvolvemento do proceso selectivo. Así mesmo, analízanse varias altas de persoal laboral temporal que non son obxecto de inclusión na oferta de emprego público. As prazas analizadas foron as seguintes:

Descrición da praza Prazas convocadas Categoría

Oferta de emprego público

Analista 1 Funcionario 2000

Médico especialista en medicina do traballo 1 Funcionario 2000

Técnico de xestión económico-financeira 1 Funcionario 2000

Profesor de ESO 2 Laboral Temporal Non procede

Auxiliar Administrativo 2 Laboral Temporal Non procede

Técnico superior de informática 1 Laboral Temporal Non procede

Administrativo 1 Laboral Temporal Non procede

Arquitecto superior 2 Laboral Temporal Non procede

Arqueólogo 1 Laboral Temporal Non procede

Arquitecto técnico 1 Laboral Temporal Non procede

Tamén é obxecto da análise a provisión dun posto de traballo por concurso de méritos dos catro convocados no exercicio 2000.

6.1. Funcionarios

Analista

O sistema selectivo elixido pola Deputación nesta praza é o de concurso-oposición. Non se motiva a elección deste sistema para o acceso a función

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 26

pública, que se deberá realizar con carácter xeral a través de oposición, de acordo co artigo 2 do RD 896/1991.

As bases da convocatoria aprobáronse por Resolución de Presidencia o 2 de abril de 2001 e publicáronse no BOP do día 20 de abril dese ano. Non consta no expediente a publicación no DOG que establece o artigo 6.1 do RD 896/1991.

Médico especialista en medicina do traballo

O sistema de acceso a función pública previsto tamén é o de concurso-oposición. Non consta no expediente motivación da elección deste sistema pola natureza da praza ou polas funcións a realizar. Segundo o disposto no artigo 2 do RD 896/1991, o acceso a función pública local deberíase realizar con carácter xeral a través de oposición.

Con data do 2 de abril de 2001 aprobáronse por Resolución de Presidencia as bases da convocatoria desta praza. Publicáronse no BOP do día 20 de abril de 2001. Non consta no expediente a publicación no DOG que determina o apartado 1 do artigo 6 do RD 896/1991.

Técnico de xestión económico-financeira

O sistema selectivo elixido é o de concurso-oposición, pero non se motiva no expediente a elección deste sistema. De acordo co artigo 2 do RD 896/1991, o ingreso na función pública local realizarase con carácter xeral a través de oposición.

Non consta no expediente a publicación no DOG das bases da convocatoria, como esixe o artigo 6.1 do RD 896/1991. Verificouse que foron aprobadas o día 2 de abril de 2001 por Resolución de Presidencia e publicadas no BOP do día 20 de abril de 2001.

Convocatoria de provisión de postos de traballo por concurso de méritos

Por Resolución da Presidencia de data 28 de novembro de 2000, aprobouse a convocatoria para a provisión polo sistema de concurso de méritos de catro postos de traballo vacantes na Deputación. Analizouse o posto de subxefe do parque móbil sen que se detectasen incidencias significativas na súa provisión.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 27

6.2. Persoal Laboral Temporal

Profesor de ESO (2 prazas)

Contrátaselles directamente da relación puntuada que a tal efecto elabora a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tal como establece a Disposición Adicional Primeira do Regulamento Regulador da Selección do Persoal Laboral Temporal da Deputación aprobada o 31 de agosto de 1998.

Os contratos asinados son de obra ou servicio determinado e a súa duración ata fin de servicio. A data de efectuar a fiscalización (decembro, 2003) os traballadores seguen prestando servicios no mesmo posto de traballo, polo que baixo a modalidade contractual utilizada parece encubrirse unha contratación indefinida, prohibida polo artigo 9.3 da Lei 4/1988 da Función Pública de Galicia, para este tipo de contratos temporais.

Auxiliar administrativo do servicio de fiscalización

Contrátase directamente da lista elaborada ó efecto, de acordo co disposto no Regulamento Regulador da selección do persoal laboral temporal da Deputación. O contrato asinado o 16 de febreiro de 2000 é de interinidade, xa que substitúe a outra persoa con incapacidade temporal longa.

Auxiliar administrativo da Biblioteca provincial

Contrátase directamente da lista elaborada ó efecto, de acordo co disposto no Regulamento Regulador da selección do persoal laboral temporal da Deputación. O contrato asinado ó 19 de xullo de 2001 formalízase baixo a modalidade de eventual por circunstancias da producción e finaliza ó 9 de xaneiro de 2002. Xustifícase no expediente a urxencia na contratación temporal. Este traballador xa prestara servicios como funcionario interino durante os exercicios 1993, 1994 e 1995.

Técnico superior de informática

Contrátase directamente da lista elaborada ó efecto, de acordo co disposto no Regulamento Regulador da selección do persoal laboral temporal da Deputación. O 26 de xaneiro de 2001 asina un contrato de obra ou servicio determinado como técnico superior de informática e a súa duración é ata fin de servicio. Con carácter previo tiña prestado servicios na Deputación mediante un contrato en prácticas que se prorroga ata os límites establecidos no Estatuto dos Traballadores.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 28

Ó 4 de febreiro de 2002 é nomeado funcionario interino por Resolución de Presidencia, como Técnico superior de informática, no marco do proceso de consolidación de emprego temporal. O 28 de outubro de 2003, tras superar o oportuno proceso selectivo, é nomeado funcionario de carreira.

Administrativo do servicio de recadación

Contrátase ó 7 de febreiro de 2001 directamente da lista elaborada ó efecto, de acordo co disposto no Regulamento Regulador da selección de persoal laboral temporal da Deputación, cun contrato de interinidade para substituír a unha traballadora que causa baixa voluntariamente. A duración do contrato estenderase ata que a praza se cubra polo procedemento legalmente establecido ou ata a amortización da praza.

Arquitecto superior (dúas prazas)

Tras superar un proceso selectivo (dous supostos prácticos) cuxas bases de convocatoria se publicaron no BOP do 13 de abril de 2000, asinan os ditos contratos de obra ou servicio determinado o 30 de maio de 2000 e o 14 de xullo de 2000, para a realización das tarefas propias da categoría profesional de arquitecto ata a conclusión dos proxectos integrados no Proxecto 2000. A duración do contrato estenderase ata a finalización de servicio encomendado, que se prevé que ocorra ó 31 de maio de 2001. Á data de efectuar a fiscalización (decembro, 2003) estos traballadores ocupan o mesmo posto de traballo. Con carácter previo tiñan prestado servicios para a Deputación con contratos en prácticas como arquitectos superiores.

Arqueólogo

Convócanse probas selectivas (BOP do 29 de maio de 2000), para a contratación dun arqueólogo consistentes nun concurso de méritos, de acordo co baremo establecido no regulamento de selección do persoal laboral temporal. Asina un contrato de obra ou servicio determinado ó 28 de xullo de 2000. O obxecto do mesmo é a realización das tarefas propias da categoría profesional de arqueólogo, coas funcións de coordinación e seguimento de diversos proxectos. A duración do contrato, sen ser certa, estímase nun ano, ata o 30 de novembro de 2000. Á data de efectuar a fiscalización (decembro, 2003) o traballador continúa desempeñando funcións de arqueólogo na Deputación.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 29

Arquitecto técnico

Tras superar un proceso selectivo (dous supostos prácticos) cuxas bases de convocatoria se publicaron no BOP do 13 de abril de 2000, asina un contrato de obra ou servicio determinado o 30 de maio de 2000, para a realización das tarefas propias da categoría profesional de arquitecto técnico ata a conclusión dos proxectos integrados no Proxecto 2000. A duración do contrato, sen ser certa, estímase que se prolongue ata ó 31 de maio de 2001. Á data de efectua-la fiscalización (decembro, 2003) este traballador continua prestando servicios na Deputación como arquitecto técnico. Con carácter previo, tiña prestado servicios para a Deputación cun contrato en prácticas como arquitecto técnico.

Incidencias detectadas na análise dos expedientes:

– A modalidade de contrato laboral utilizada en varios dos expedientes analizados é a de obra ou servicio determinado con duración ata fin de servicio. Na totalidade dos expedientes, o traballador continúa prestando servicios no mesmo posto de traballo a data de efectuar a fiscalización (decembro, 2003), polo que parece evidente a non eventualidade do mesmo, requisito indispensable para optar pola modalidade de contrato de obra ou servicio previsto no artigo 15.1 do Estatuto dos Traballadores e no RD 2720/1998 que o desenvolve. Polo tanto, na práctica o contrato vertese en indefinido mediante a utilización desta modalidade. O artigo 9.3 da Lei 4/1988 da Función Pública de Galicia prohibe expresamente a conversión de contratos laborais temporais en indefinidos, feito que na práctica ocorre. Trátase de postos de traballo para o desenvolvemento de actividades de natureza permanente cuxa provisión débese realizar mediante persoal funcionario a través dos procedementos previstos legalmente, que garantan en todo caso os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade, que deben presidir a selección de todo ó persoal ó servicio da Corporación.

– Non se motiva suficientemente, na maioría dos expedientes, as razóns de urxencia ou necesidade que aconsellan a contratación do traballador con carácter temporal e non permanente, incumprindo o disposto no artigo 9.3 da Lei 4/1988 da Función Pública de Galicia.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 30

– O técnico superior de informática é nomeado funcionario interino por Resolución de Presidencia do 4 de febreiro de 2002, no marco do proceso de consolidación de emprego, incumprindo o disposto na Disposición Adicional Primeira do RD 896/1991, ó non garantir este procedemento ó respecto dos principios constitucionais de mérito e capacidade, nin realizarse convocatoria pública previa ó nomeamento.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 31

7. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS

7.1. Conclusións

Como consecuencia dos traballos de fiscalización tendentes a verificar o cumprimento da normativa vixente en materia de persoal, observáronse incumprimentos diversos, entre os que destacan os seguintes:

a) O sistema de acceso a función pública local nos expedientes analizados é o de concurso-oposición. Segundo o disposto no artigo 2 do RD 896/1991, o ingreso na función pública local realizarase con carácter xeral a través de oposición, agás para aqueles casos nos que pola natureza das prazas ou funcións a desenvolver sexa máis adecuado o concurso-oposición. Non se motiva no expediente a elección deste sistema.

b) Detectáronse contratacións de persoal laboral (fixo e temporal) sen que se acredite a realización de procesos selectivos con carácter previo as mesmas, que garantan ó cumprimento que os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade así como o de publicidade desenvoltos nos artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 do TRRL que deben presidir a selección de todo o persoal ó servicio da Corporación.

c) Por Resolución de Presidencia do 4 de febreiro de 2002, sen que se teña realizado con carácter previo un proceso selectivo que garanta os principios constitucionais de mérito e capacidade así como o de publicidade, noméanse funcionarios interinos a un colectivo de traballadores laborais temporais que mantiñan o longo do tempo contratos de obra ou servicio determinado desempeñando funcións de carácter permanente reservadas a funcionarios. Este feito supón vulnerar o disposto na Disposición Adicional Primeira do RD 896/1991.

d) A realización do proceso de consolidación de emprego temporal a que se refire o apartado anterior, trata de regularizar unha situación na que se desempeñan por traballadores laborais temporais funcións que dado o seu carácter permanente deben desempeñar funcionarios. A pesar da realización deste proceso, detectáronse a formalización de novos contratos de obra ou servicio durante os exercicios 2000 e 2001,

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 32

que se manteñen ó longo do tempo, o que evidencia a súa non eventualidade, requisito indispensable para acudir a esta modalidade contractual de acordo co artigo 15 do Estatuto dos Traballadores desenvolto no RD 2720/1998. Pola súa duración temporal estes contrato convértense na práctica en auténticos contratos indefinidos, prohibidos expresamente polo artigo 9.3 da Lei 4/1988.

e) Non se motiva suficientemente no expediente, as razóns de urxencia que aconsellan a contratación temporal de traballadores tal e como esixe o artigo 9.3 da Lei 4/1988.

f) No Acordo Negociado das condicións de traballo do persoal funcionario, establécese a concesión dunha semana adicional de vacacións por ter prestado dez anos de servicios ininterrompidos na Deputación, que é contrario o disposto no artigo 69.1 LFPG sobre vacacións. Ademais, incumpre as normas contidas na lexislación aplicable respecto ó importe máximo e prazo de devolución dos anticipos.

g) Constatouse a percepción de complementos de productividade en contías fixas e carácter periódico. Incúmprese o disposto nos artigos 23 da Lei 30/1984 e 5 do RD 861/1986, de acordo cos cales os criterios para o reparto da productividade serán o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa coa que o funcionario desenvolve o seu traballo.

h) Non se da cumprimento ó requisito de publicación no BOP das retribucións dos cargos electos con dedicación exclusiva, así como as indemnizacións e asistencias, tal como dispón o artigo 75.5 da LRBRL modificado pola Lei 14/2000, do 29 de decembro.

i) A oferta de emprego público de ámbolos dous exercicios apróbase fóra do prazo establecido no artigo 128 do TRRL.

7.2. Recomendacións

En función das incidencias detectadas, a Deputación deberá considerar as seguintes recomendacións:

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 33

a) Seleccionar a todo o persoal ó servicio da Corporación dando cumprimento os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade, a través dos oportunos procesos selectivos.

b) Utilizarase a oposición como sistema preferente de acceso a función pública, debendo xustificar no acordo de convocatoria os motivos que aconsellen acudir a sistemas excepcionais (concurso-oposición ou concurso).

c) Regularizar a situación contractual dos traballadores laborais temporais con contrato de obra ou servicio determinado, cubrindo os postos de traballo cuxas actividades sexan de carácter permanente, con persoal funcionario ou no seu caso laboral fixo, a través dos oportunos procesos selectivos.

d) A Corporación deberá aprobar no prazo dun mes, dende a aprobación do orzamento, a oferta de emprego público.

ANEXOS

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 37

ANEXO 1

Estado de gastos

Capítulo Créditos iniciais Modifica-

cións Créditos

definitivos Obrigas

recoñecidas Grao

execución Pagos ordenados Pagos realizados P.R/O.R. %

1. Gastos persoal 4.018.765.267 51.476.315 4.070.241.582 3.853.571.791 94,7 3.853.571.791 3.853.571.791 100

2. Gastos bens e servicios 3.275.948.844 1.512.273.999 4.788.222.843 3.214.234.438 67,1 3.205.744.060 3.176.838.302 98,8

3. Gastos financeiros 955.918.445 300.000 956.218.445 656.613.527 68,7 545.499.926 545.499.926 83

4. Transferencias correntes 2.181.718.713 1.022.085.405 3.203.804.118 1.330.237.364 41,5 1.324.352.638 1.323.664.638 99,5

6. Investimentos reais 5.539.781.883 8.736.226.801 14.276.008.684 4.756.341.431 33,3 4.751.563.301 4.655.941.415 97,9

7. Transferencias de capital 5.276.812.915 7.923.479.876 13.200.292.791 5.472.963.211 41,4 5.464.872.732 5.464.473.351 99,8

8. Activos financeiros 106.000.000 15.290.000 121.290.000 118.727.661 97,9 118.727.661 118.727.661 100

9. Pasivos financeiros 1.205.215.825 0 1.205.215.825 1.028.387.175 85,3 784.414.949 784.414.949 76,3

TOTAL 22.560.161.892 19.261.132.396 41.821.294.288 20.431.076.598 48,8 20.048.747.058 19.923.132.033 97,5

Estado de ingresos

Capítulo Previsión inicial Modificacións Previsión definitiva Dereitos

recoñecidos Grao

execución Recadación Grao recadación Dereitos pendentes

1. Impostos directos 1.013.000.000 0 1.013.000.000 1.225.889.652 121 1.059.667.735 86,4 166.221.917

2. Impostos indirectos 0 0 0 0 0 0

3. Taxas e outros ingresos 1.053.640.000 0 1.053.640.000 1.133.537.170 107,6 1.003.079.171 88,5 130.457.999

4. Transferencias correntes 16.353.850.000 295.671.967 16.649.521.967 16.735.761.197 100,5 15.460.773.179 92,4 1.274.988.018

5. Ingresos patrimoniais 865.000.000 0 865.000.000 1.172.252.992 135,5 1.172.252.992 100 0

6. Alienación invest. reais 1.000.000 0 1.000.000 0 0 0 0

7. Transferencias de capital 1.678.671.892 3.100.647.951 4.779.319.843 1.386.710.072 29 1.351.900.863 97,5 34.809.209

8. Activos financeiros 90.000.000 13.962.614.974 14.052.614.974 108.050.074 1 108.050.074 100 0

9. Pasivos financeiros 1.505.000.000 1.902.197.504 3.407.197.504 1.316.201.398 38,6 1.316.201.398 100 0

TOTAL 22.560.161.892 19.261.132.396 41.821.294.288 23.078.402.555 55,1 21.471.925.412 93 1.606.477.143

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

_____________________________________________________________________________ Consello de Contas de Galicia 38

ANEXO 2

A mostraxe de expedientes de persoal laboral fixo e persoal laboral temporal, analizados no epígrafe 4 do informe é a seguinte:

Posto de traballo Categoría

Oficial 2ª de Recadación PLF

Oficial maior de Recadación PLF

Auxiliar Administrativo de promoción económica PLF

Auxiliar Administrativo de Biblioteca PLF

Oficial operario de servicios PLF

Profesora de Danza PLF

Deseñador Gráfico PLF

Técnico de Arquivo e Biblioteca PLT

Auxiliar Administrativo de Administración Xeral PLT

Auxiliar Administrativo de Intervención PLT

Técnico de xestión do servicio de asistencia de municipios

PLT

Programador de aplicacións PLT

ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLA DEPUTACIÓN E RÉPLICA ÁS MESMAS

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 47

RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento do Consello de

Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas foron remitidas ó

Presidente da Deputación de A Coruña en escrito de 9 de febreiro de 2004,

concedéndolle un prazo ata o 5 de marzo de 2004 para que presentara as

alegacións, documentación e xustificantes que estimara oportunos.

O 5 de marzo de 2004 presentáronse as alegacións que se achegan ó presente

informe. En relación ó contido e con independencia das aclaracións e

puntualizacións que en cada caso figuran na réplica, é necesario sinalar con

carácter xeral o seguinte:

a) Se como consecuencia das alegacións se modificara total ou

parcialmente o contido do informe, esta modificación sinalarase en

nota a pé de páxina.

b) Excepto en casos concretos que así o requiran, o Consello de Contas

non valorará as alegacións que:

• Confirman deficiencias ou irregularidades sinaladas no

anteproxecto de informe.

• Ofrecen criterios ou opinións sen soporte documental ou

normativo.

• Non rebaten o contido do anteproxecto de informe,

proporcionando tan só explicacións ou xustificacións da

actividade municipal.

1. Alegacións estimadas

a) Inclusión das funcións do posto de traballo na RPT

En canto ás Relacións de Postos de traballo, aprobadas pola Deputación cumpren escrupulosamente ás normas dictadas pola Admón. do Estado para a confección e publicación destas, en especial a Resolución conxunta das

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 48

Secretarías de Estado de Facenda e Administracións Públicas, do 20/01/1989, de aplicación supletoria na admón. Local ... Na tal normativa non se inclúen as funcións do posto, así como tampouco no modelo, nin tampouco no disposto no art. 16 da Lei 30/1984 ...

Acéptase a alegación presentada, modificándose o penúltimo parágrafo da

páxina 8 do Anteproxecto do informe e o segundo parágrafo da páxina 9 do

mencionado Anteproxecto.

2. Alegacións non estimadas

a) Inclusión das vacantes na Plantilla

Polo que se refire ós Cadros de Persoal e ás Relacións de Postos de Traballo dos anos 2000 e 2001, cumpren todas elas estrictamente o disposto na normativa vixente. Nas primeiras figuran todas e cada unha das plazas reservadas as funcionarios, laborais e eventuais, segundo o disposto no art. 90 da Lei 7/1985 e no art. 126 do RD Lexistalivo 781/1986, sen que a normativa vixente esixa en ningún caso a distinción entre prazas ocupadas e vacantes ....

No Anteproxecto de informe non se afirma que a non inclusión das prazas

vacantes en plantilla supoña algún incumprimento normativo, simplemente

mencionase esta non inclusión, que non sendo obrigatoria legalmente, se

considera información relevante.

b) Integración por sucesión de empresas de persoal da Central de

Compras.

En segundo lugar, e en canto ós tres expedientes a que fai referencia o dito anteproxecto, sinalar que se trata de persoal que foi integrado no Cadro de Persoal da Deputación, por “sucesión de empresas”, segundo o disposto no art. 44 do Estatuto dos Traballadores, procedente dun organismo autónomo da propia Deputación (Central de Compras) ó se produci-la súa extinción e asunción do servicio por xestión directa, persoal que, en calquera caso, superou o proceso selectivo correspondente para o seu acceso ó tal organismo autónomo; ou de persoal procedente das zonas recaudatorias, que a súa extinción, tamén pola asunción directa pola Deputación do tal servizo, tamén se integrou no Cadro de pesoal, e ademais, neste

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 49

caso, o tal persoal procedía xa todo el da admón. pública, ben Estatal ( funcionarios de Facenda ou Seguridade Social) ou ben da admón.Local (funcionarios de Deputacións), por disposición legal.

A LRBRL no seu artigo 91.2 establece que a seleción do persoal ó servicio da

Corporación debe realizarse de acordo coa oferta de emprego público,

mediante convocatoria pública e a través do sistema de concurso, oposición

ou concurso-oposición libre nos que se garante en todo caso, os principios

constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

O mandato establecido no mencionado artigo non exceptúa os supostos de

sucesión de empresa. Así mesmo, dende o punto de vista laboral, o caso

analizado non constitúe un suposto de sucesión de empresa de acordo co

disposto en diversas sentencias do Tribunal Supremo, entre as que destaca a

de 3 de outubro de 1998, ratificada pola de 19 de marzo de 2002, de acordo

coas cales deben darse dous requisitos esenciais para que se produza a

sucesión de empresa: o cambio de titularidade da empresa ou un elemento

significativo da mesma e que se produza unha cesión de elementos

patrimoniais que constitúan unha unidade de produción. No caso que nos

ocupa podería admitirse o cumprimento do primeiro requisito, pero non así do

segundo, dado que a Corporación tan só asume os dereitos e obrigas dos

traballadores da antiga Central de compras e a prestación distos servicios

carece de todo elemento patrimonial que l soporte, requisito esencial para que

se produza “sucesión de empresa”, de acordo coa xurisprudencia citada. En

canto ó suposto dos funcionarios integrados das zonas de recadación non

pode tratarse de ningún dos expedientes analizados no anteproxecto, por

canto neste se mencionaba o feito de que se converteron en persoal laboral

fixo a tres persoas sen que medie proceso selectivo e non tería sentido

converter en persoal laboral fixo a funcionarios.

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 50

c) Vixencia Normas sobre Contratación Laboral temporal do Convenio

Colectivo.

En cuarto lugar, e polo que respecta á referencia que o repetido anteproxecto fai ó num. 5.1. de Normas sobre Contratación Laboral Temporal do Convenio Colectivo, sinalar que están todas elas derogadas polo Regulamento regulador da selección do Persoal Funcionario Interino e Laboral Temporal desta Deputación (BOP num.214, do 17/09/1998), no que se estableceu o proceso selectivo común para a formación de listaxes, similar o vixente tanto na admón. do Estado, como na admón. Autonómica de Galicia; polo que tampouco se incumple, en ningún caso, norma ninguna, senón que, pola contra, se adopta o proceso selectivo á normativa vixente en tódalas Admóns. Públicas. Véxase ó respecto o establecido para a admón. do Estado na Orde do Ministerio para as Admóns. Públicas núm. 1461/2002, do 6 de xuño, así como a normativa actualmente vixente para a Comunidade Autónoma de Galicia.

Os contratos celebrados ó amparo do punto 5.1 de Normas de Contratación

Laboral do Convenio Colectivo a que se refire o Anteproxecto son anteriores ó

exercicio 1998, polo que nese momento no estaban derrogadas as

mencionadas Normas. Mantense pois, a incidencia mencionada no

Anteproxecto.

d) Nomeamento de funcionarios interinos no marco dun proceso de

consolidación de emprego

Polo que se refiere ó pase de traballadores laborais temporais con contratos de obra ou servizo determinado, a funcionarios interinos, no marco do proceso de consolidación de emprego temporal, é un procedemento habitual tanto na Admón. do Estado, como na Admón. Autonómica Galega, e, en calquera caso, o persoal afectado superou en tódolos casos o proceso selectivo correspondente para o seu acceso ó contrato de obra ou servizo inicial, polo que tampouco se incumpre norma legal ninguna....

No marco dun proceso de consolidación emprego temporal similar ó efectuado

noutras Administracións, ó amparo dunha norma legal, a Corporación podería

recoñecer, en todo caso, a relación temporal dos que desempeñan prazas que

se convertan en fixas, como unha relación laboral temporal de interinidade

Informe de Fiscalización Selectiva da Deputación Provincial de A Coruña. Exercicios 2000-2001

Consello de Contas de Galicia 51

(non fixo de plantilla) en tanto non se cobren as prazas polo procedemento

legalmente establecido, tal como sinalan diversas Sentencias do Tribunal

Supremo, entre as que se encontra a do 20 de xaneiro de 1998. A conversión

en funcionarios interinos require, como se establece na Disposición Adicional

Primeira do RD 896/1991, previa convocatoria pública e respecto en todo caso

dos principios de mérito e capacidade, requisitos que non se cumpren cun

nomeamento por Resolución de Presidencia sen que medie ningún proceso

selectivo.

e) Apartado 6, procedementos selectivos

En canto ó procedemento selectivo para cubri-las prazas de Analista, Médico Especialista en medicina do traballo ou Diplomado en medicina de empresa e Técnico de Xestión económico-financeira, establecido por concurso-oposición (...), trátase de prazas que requiren unha especial cualificación polas funcións asignadas ós postos, (...), polo que se optou polo tal sistema ó consideralo o máis axeitado, precisamente, en función desa especial cualificación, e unha vez pactado na Mesa de Negociación correspondente; polo que se considera suficientemente motivada a dita elección do sistema de concurso-oposición ó longo do propio expediente de convocatoria.

Nos expedientes analizados, non consta documentación motivando a eleción

deste sistema de acceso á función pública, polo que se mantén a incidencia

mencionada no Anteproxecto.