CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha...

36
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE CUNTIS EXERCICIOS 2002-2003

Transcript of CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha...

Page 1: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE CUNTIS

EXERCICIOS 2002-2003

Page 2: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.
Page 3: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 1

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN....................................................................................................................... 1 I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE.............................................................................................1 I.2. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................2 I.3. NORMATIVA REGULADORA..........................................................................................2 I.4. TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ...........................................................................................4

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO................................................................................... 5 II.1. ASPECTOS SOCIOECONÓMICOS ................................................................................5 II.2. COMPOSICIÓN DA CORPORACIÓN .............................................................................5

III. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL ................................................................ 6 III.1. ORZAMENTO ..................................................................................................................6 III.2. LIQUIDACIÓN ..................................................................................................................6 III.3. CONTA XERAL ................................................................................................................8

IV. CONTABILIDADE, CONTROL INTERNO E XESTIÓN ORZAMENTARIA .......................... 9 IV.1. CONTABILIDADE ............................................................................................................9 IV.2. CONTROL INTERNO.......................................................................................................9 IV.3. XESTIÓN ORZAMENTARIA..........................................................................................10

IV.3.1. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS........................................ 10 IV.3.2. XESTIÓN TRIBUTARIA........................................................................................... 11 IV.3.3. TRANSFERENCIAS RECIBIDAS............................................................................ 12 IV.3.4. SUBVENCIÓNS OUTORGADAS............................................................................ 14 IV.3.5. ENDEBEDAMENTO ................................................................................................ 15 IV.3.6. PERSOAL................................................................................................................ 15 IV.3.7. OUTRAS CONTINXENCIAS ................................................................................... 18

V. MAGNITUDES DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO, EXERCICIO 2003......................... 19 V.1. RESULTADO ORZAMENTARIO ...................................................................................19 V.2. AFORRO NETO .............................................................................................................19 V.3. SALDO NON FINANCEIRO...........................................................................................20 V.4. REMANENTE DE TESOURERÍA ..................................................................................21

VI. CONCLUSIÓNS ................................................................................................................... 24 VII. RECOMENDACIÓNS........................................................................................................... 25

ANEXO I: XUSTIFICACIÓN DO ALCALDE ............................................................................29 ANEXO II: XUSTIFICACIÓN DA ACTUAL ALCALDESA .......................................................32

Page 4: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.
Page 5: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

__________________________________________________________________________________________________________ 1

I. INTRODUCIÓN

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 15 de decembro de 2004, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2005, a realización dunha fiscalización selectiva das contas dos exercicios 2002 e 2003 do Concello de Cuntis.

Os obxectivos contidos no programa de fiscalización consistiron en:

− Analizar as causas que expliquen o incumprimento da obriga de render contas ao Consello de Contas de Galicia.

− Avaliar as posibles incidencias que afecten á correcta actuación da actividade económico-financeira, orzamentaria e contable do Concello.

− Avaliar a razoabilidade e consistencia das seguintes magnitudes do exercicio 2003:

• Resultado orzamentario e resultado axustado.

• Aforro neto.

• Saldo non financeiro.

• Remanente de tesourería.

• Recoñecementos extraxudiciais de crédito.

• Débeda viva.

Os obxectivos específicos desenvolvidos en cada área obxecto de análise consistiron en:

− Verificar se a xestión económico-financeira e orzamentaria se realiza de conformidade coa normativa de aplicación.

− Comprobar a fiabilidade dos rexistros contables, verificando o cumprimento dos principios e normas de contabilidade establecidos na ICAL.

− Analizar os procedementos e as medidas de control interno aplicados pola entidade en orde a garantir unha adecuada xestión económico-orzamentaria.

O período temporal da fiscalización estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.

Page 6: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 2

I.2. LIMITACIÓNS O Concello prestou a colaboración necesaria para que os traballos de campo finalizasen no prazo establecido polo Consello de Contas de Galicia. Porén, as comprobacións realizadas víronse condicionadas polas seguintes limitacións:

− As contas xerais dos exercicios 2001 a 2003 non foron aprobadas polo Pleno.

− Os libros de contabilidade non foron encadernados e dilixenciados nos termos establecidos na regra 61.2 da ICAL. Este incumprimento determina que non está garantida a inalterabilidade da información facilitada mediante listados informáticos.

− O Concello non realiza un control dos gastos con financiamento afectado, polo que non se verificou a adecuación dos axustes realizados no resultado orzamentario e remanente aprobados.

− O Concello non dispón dun inventario de bens completo e actualizado.

− No expediente do orzamento de 1999, prorrogado ata os exercicios 2002 e 2003, non constan as Bases de execución.

− A falta dalgunha resposta de entidades bancarias, supuxo unha limitación a efectos de contrastar a información facilitada polo Concello.

I.3. NORMATIVA REGULADORA A normativa reguladora da materia obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

− Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública (LMRFP).

− Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

− Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

− Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

− Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

− Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

− Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia (LFPG).

− Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

Page 7: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 3

− Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

− Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

− Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

− Real Decreto Lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral Orzamentaria (TRLXO).

− Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das entidades locais.

− Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios de Administración Local.

− Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (ROF).

− Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

− Real Decreto 1328/1997, do 1 de agosto, polo que se regula a cooperación económica do estado dos investimentos das Entidades Locais.

− Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

− Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

− Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

− Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

− Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos orzamentos das Entidades Locais.

− Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

Page 8: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 4

I.4. TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

En cumprimento do disposto no artigo 58.a) do Regulamento de Réxime interior do Consello de Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas foron remitidas á Alcaldesa mediante Proxecto de Informe de Fiscalización (escrito número 927 do 18 de novembro de 2005), concedéndoselle un prazo de 15 días hábiles para que presentara as alegacións, documentación e xustificantes que estimara oportunos. Transcorrido o dito prazo o Concello non formula alegacións.

Page 9: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 5

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. ASPECTOS SOCIOECONÓMICOS O municipio de Cuntis (Pontevedra), ten unha extensión de 79,8 Km2 e unha poboación de dereito de 5.491 habitantes en 2003. No período 1991-2004 o municipio perdeu 637 habitantes, o que representa unha redución do 10,5% nestes anos. As cifras do cadro adxunto, mostran un municipio con taxa de envellecemento superior á galega, con poboación principalmente ocupada nos sectores de servizos, construción e industria e cunha taxa de paro do 10,4% en 2001. A súa renda dispoñible per cápita en 2002 inclúese no tramo 8.100-9.000 euros, segundo o Anuario Económico de España, 2004, publicado por La Caixa. A renda dispoñible per cápita galega estímase en 9.505,00 euros en 2002, equivalente ao 86% da renda media española.

Indicadores socioeconómicos

1. Poboación (2003) 5.491 100,00 Menores 16 anos 622 11,30 Entre 16 e 64 anos 3.502 63,80 Máis de 64 anos 1.367 24,90

2. Ocupados (2001) 2.171 100,00 S. Primario 239 11,00 Construción 518 23,90 Industria 468 21,50 Servizos 946 43,60

3. Nº desempregados /Taxa de paro (2001) 252 10,40 4. Renda dispoñible/Hab. (2002) 8.100-9.000 euros

Fontes: INE, IGE e Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona.

II.2. COMPOSICIÓN DA CORPORACIÓN A Corporación Municipal resultante dos procesos electorais celebrados durante o período fiscalizado, presenta a seguinte composición:

Grupos políticos Mandato 1999-2003 Mandato 2003-2007 PSdG-PSOE 6 7 PP 4 4

BNG 2 1 ADC (*) 1 1

(*) Agrupación Dependentes de Cuntis.

Page 10: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 6

III. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL

III.1. ORZAMENTO Durante o período 2000 a 2003 non foi aprobado o orzamento correspondente a ningún dos catro exercicios, polo que sempre estivo en vigor o orzamento de 1999 prorrogado sucesivamente. O orzamento do exercicio 2002 foi aprobado inicialmente en sesión do Pleno da Corporación o 10 de maio de 2002, publicándose no BOP o 16 de maio, sen que chegara a ser aprobado definitivamente e polo tanto a aplicarse.

A publicación da aprobación definitiva do orzamento de 1999 produciuse o 23 de febreiro do mesmo ano. No expediente de aprobación non constan as Bases de execución do mesmo, polo que tampouco se dispuxo de Bases para os exercicios fiscalizados de 2002 e 2003, o que supón unha limitación na actuación fiscalizadora e o incumprimento do preceptuado no artigo 146.1 da LRFL.

O orzamento de 2004 foi aprobado en sesión extraordinaria do Pleno da Corporación o 6 de abril de 2004.

En consecuencia, no período 2000 a 2003 incumpríronse reiteradamente os artigos 145 e 149 e seguintes da LRFL. Esta ausencia de orzamento anual afecta á súa función programadora, á execución de investimentos, subvencións e, en xeral, ao conxunto da actividade económico-financeira da Entidade.

III.2. LIQUIDACIÓN Nos exercicios 2000 a 2003 incumpríronse tamén as seguintes disposicións recollidas nos artigos 172 e seguintes da LRFL (confección da liquidación antes do 1 de marzo), incidencias que se reflicten no seguinte cadro:

EXERCICIO APROBACIÓN INCIDENCIAS

2000 No consta Incumprimento prazo (artigo 172 LRFL) Incumprimento de remisión á Administración estatal (artigo 174.5 LRFL)

2001 08/04/2003 Incumprimento prazo (artigo 172 LRFL) Incumprimento de remisión á Administración estatal e autonómica (artigo 174.5 LRFL)

2002 13/08/2003 Incumprimento prazo (artigo 172 LRFL) Incumprimento de remisión á Administración estatal (artigo 174.5 LRFL)

2003 07/12/2004 Incumprimento prazo (artigo 172 LRFL) Remisión á Administración estatal e autonómica fóra de prazo (artigo 174.5 LRFL)

A información orzamentaria agregada de dereitos e obrigas que figura na liquidación dos exercicios 2002 e 2003, preséntase no cadro seguinte:

Page 11: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 7

2002 2003 2002 2003

Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións. Así, mentres as transferencias recibidas nos exercicios 2002 e 2003, supoñen, respectivamente, o 59% e 76% do total dos dereitos recoñecidos netos, os tributos propios representaron, respectivamente, o 22% e 23%. En 2002, os tributos propios do Concello de Cuntis equivalen a 85,50 euros por habitante, o que supón o 48,7% da presión fiscal media dos municipios galegos deste tramo poboacional e o 21,9% da presión fiscal media dos municipios españois de poboación similar. A renda dispoñible per cápita deste municipio oscila entre o 74% e 82% da cifra media española.

INGRESOS MUNICIPAIS 2002-2003 (dereitos recoñecidos netos)

CONCEPTO 2002 % 2003 %

Tributos 476.519,61 22 417.942,63 23

Imp. directos 347.115,79 16 303.198,11 17 Imp. Indirectos - - 47.496,95 2 Taxas e outros ingresos 129.403,82 6 67.247,57 4

Transferencias 1.282.607,97 59 1.354.735,22 76

Correntes 979.056,23 45 786.024,47 44 Capital 303.551,74 14 568.710,75 32

Pasivos financeiros 387.230,54 18 - -

Outros dereitos 18.242,44 1 19.160,88 1

TOTAL 2.164.600,50 100 1.791.838,73 100

GASTOS MUNICIPALES 2002-2003 (obrigas recoñecidas netas)

CONCEPTO 2002 % 2003 %

Consumo público 1.104.463,81 63 1.023.632,86 51

Persoal 612.814,57 35 587.894,89 29

Bs. corrtes e servizos 491.649,24 28 435.737,97 22

Transferencias 100.561,36 6 93.234,9 5

Correntes 74.964,03 4 86.617,74 4

Capital 25.597,30 2 6.617,16 1

Carga financeira 25.433,02 1 86.337,63 4

Investimentos reais 518.697,04 30 815.461,84 40

TOTAL 1.749.155,23 100 2.018.622,23 100

22 23

59

76

0

10

20

30

40

50

60

70

80

1 2Tributos propios Transferencias

51

30

40

63

0

10

20

30

40

50

60

70

1 2Consumo público Investimentos reais

Page 12: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 8

En canto aos gastos realizados, o consumo público e as investimentos equivalen ao 93% das obrigacións totais no ano 2002, e ao 91% en 2003.

III.3. CONTA XERAL A Conta Xeral do exercicio 2000 foi aprobada, con ditame desfavorable da Comisión Especial Revisora de Contas, en sesión do Pleno do 10 de maio de 2002 e remitida ao Consello de Contas o 24 de xuño do citado exercicio.

Non foron sometidas a trámite de aprobación nin remitidas ao Consello de Contas as Contas Xerais de 1998 e 1999 nin as correspondentes a 2001 e 2002.

A Conta Xeral do exercicio 2003 foi remitida ao Consello de Contas sen o expediente de aprobación, o 21 de decembro de 2004, atopándose aínda pendente do dito trámite á data de realización da fiscalización (setembro 2005).

En contestación ao requirimento formulado polo Consello de Contas o 12 de novembro de 2003, relativo á rendición das contas do exercicio 2002, o Alcalde-Presidente do Concello, no seu informe de 30 de xaneiro de 2004, que se adxunta como anexo I no Informe, atribúe a falta de rendición á inestable situación política que impediu a coordinación dos diversos departamentos do Concello, agravada pola falta de continuidade e interinidade dalgúns postos de traballo que avala con cadanseu informe da Intervención e da Secretaría.

A actual Alcaldesa-Presidenta da Corporación (que accedeu á Alcaldía en xuño de 2005), en informe do 8 de setembro de 2005, que se adxunta como anexo II ao presente Informe, considera como motivos determinantes da non rendición a falta de continuidade no exercicio das funcións de intervención por parte de funcionarios de carreira, a deficiente asignación de funcións a cada posto de traballo, a falta de recursos económicos para dotar prazas de xestión, así como as deficiencias do arquivo e os problemas da aplicación informática.

Na actualidade, a rendición de contas regúlase nos artigos 212 e 223 do TRLRFL, nos artigos 25 a 28 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, no artigo 48 do seu Regulamento de Réxime interior e no artigo 42.3 da Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

Page 13: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 9

IV. CONTABILIDADE, CONTROL INTERNO E XESTIÓN ORZAMENTARIA

IV.1. CONTABILIDADE O Concello ten implantada a Instrución de Contabilidade para Administración Local (ICAL), aprobada pola Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 17 de xullo de 1990. Os libros obrigatorios (principais e auxiliares) dos anos obxecto de fiscalización, non están impresos en soporte papel.

Porén, proporcionáronse os maiores de contabilidade orzamentaria e financeira, sen encadernar e foliar, solicitados no transcurso da fiscalización. Libros, nos que non consta dilixencia acreditativa da súa natureza e número de folios asinada polo Interventor, incumprindo o disposto na regra 61 da ICAL.

Verificouse que, en xeral e ata o mes de novembro de 2003, acumuláronse nun só acto administrativo (Decreto de Alcaldía), tódalas fases de execución do orzamento de gastos (autorización, disposición, recoñecemento da obriga e pagamento), incumprindo as prescricións establecidas no artigo 67 do RD 500/1990.

A través da realización de probas substantivas, comprobouse a coherencia interna da información contable rexistrada nos estados, libros e documentos de contabilidade solicitados, aínda que se detectaron as debilidades que figuran como incidencias nos distintos epígrafes deste informe, e non se dotaron as amortizacións e provisións esixidas na ICAL.

IV.2. CONTROL INTERNO O exercicio da función interventora estivo condicionada polo incumprimento do establecido na regra 65 da ICAL, relativo ao rexistro diario de operacións e actos de contido económico-patrimonial e, tamén, pola non utilización do módulo de gastos con financiamento afectado previsto na regra 376 da ICAL. Estas limitacións impiden apreciar o grao de execución do orzamento e o cumprimento do establecido no RD 500/1990 e na LRFL, respecto das fases de xestión do gasto, do principio de especialidade cualitativa e cuantitativa e da afectación de ingresos á súa finalidade, como advirte o interventor en informe do 20 de novembro de 2003, en relación ao requirimento do Consello de Contas de Galicia sobre a falta de rendición da Conta Xeral de 2002.

Durante os anos 2002 e 2003 formuláronse reparos de legalidade sobre determinados aspectos da actividade económico-financeira municipal, derivados das limitacións anteriores, que se sintetizan na falta de crédito adecuado e suficiente, omisión do

Page 14: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 10

procedemento establecido para o pagamento de facturas, e concesión de subvencións sen requisitos esenciais na súa tramitación. Tódolos reparos suspensivos foron resoltos por decretos do Alcalde cando, de conformidade co preceptuado no artigo 198.2.a) da LRFL, é competencia do Pleno a resolución das discrepancias que se baseen en insuficiencia ou inadecuación de crédito.

IV.3. XESTIÓN ORZAMENTARIA Neste epígrafe detállanse as deficiencias e irregularidades detectadas con carácter xeral, así como debilidades e incumprimentos nas diferentes áreas examinadas e que se concretan no seguinte:

− No expediente do orzamento de 1999, prorrogado para os dous exercicios fiscalizados, non constan as Bases de execución previstas no último parágrafo do artigo 146.1 da LRFL, nas que figuren a adaptación de disposicións xerais en materia orzamentaria á organización e circunstancias da propia Entidade, así como aquelas outras necesarias para a súa adecuada xestión.

− Non se dispón, no período fiscalizado, dun inventario de bens completo e actualizado, polo que se incumpre o disposto no artigo 86 do TRRL e 17 e seguintes concordantes do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado polo RD 1372/1986, do 13 de xuño.

− Non existe un control dos gastos con financiamento afectado. Este feito supón o incumprimento das regras 376 a 381 da ICAL, sobre a incorporación do seguimento destes gastos á contabilidade municipal. Ademais dunha limitación ás comprobacións realizadas, provoca que o axuste das desviacións de financiamento a realizar no resultado orzamentario, previsto na regra 347 da ICAL, así como o importe rexistrado no estado de remanente de tesourería por gastos con financiamento afectado, establecido na regra 353 da ICAL, non reflicten adecuadamente a realidade económico-financeira da Entidade.

A continuación descríbense as incidencias máis significativas detectadas nas áreas analizadas.

IV.3.1. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS O Pleno do Concello aprobou, segundo certificado do secretario, un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 1.864,37 euros no ano 2002. No ano 2003, aprobouse outro expediente desta natureza (número 1/2003) de importe indeterminado, e outros cinco que totalizaron 72.707,61 euros. Durante 2004, a suma de obrigas recoñecidas a través desta figura ascendeu a 34.226,86 euros.

Page 15: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 11

Na maioría dos casos trátase de facturacións por subministracións, reparación de maquinaria, iluminado público, etc. sen dotación orzamentaria, aínda que existen tamén gastos de materiais e custos laborais incluídos en certificacións de obra que non seguiron o procedemento establecido. Os expedientes tramitáronse con existencia de Providencia de Alcaldía, informe de Intervención e Secretaría, así como ditame da Comisión de planificación económica e acordo plenario.

No obstante, o Concello utiliza de forma reiterada (non con carácter excepcional) o recoñecemento extraxudicial de créditos, que supón unha situación irregular (artigo 154.4 da LRFL) e a quebra do principio de especialidade (temporal, cualitativa e cuantitativa) recollido nos artigos 144 e 153 da LRFL, ao realizar gastos sen crédito nin procedemento e confirmalos e imputalos ao exercicio seguinte.

Os gastos aprobados en 2002 e 2003, foron contabilizados como obrigas recoñecidas neses exercicios. Pero o importe correspondente ao recoñecemento de 2004, por 34.226,86 euros, afecta ao cálculo teórico do resultado orzamentario e remanente de tesourería de 2003, ó imputar ao exercicio en que se aproba polo Pleno (2004) gastos que corresponden ao anterior e que, de respectar a normativa de execución do gasto, deberían figurar entre as obrigas recoñecidas do ano 2003.

Ademais, verificouse a existencia doutros gastos sen consignación orzamentaria que, como se indica no epígrafe V.4 Remanente de tesourería, deste informe, afectan ao cálculo teórico do remanente de 2003.

IV.3.2. XESTIÓN TRIBUTARIA A xestión, liquidación, inspección e recadación (en período voluntario e executivo) dos tributos municipais delegouse, agás determinadas taxas, na Deputación de Pontevedra, por acordo do Pleno do 30 de outubro de 1992.

Respecto ás taxas, cuxa xestión realiza directamente o Concello, non se efectuou recadación en vía de constrinximento, incumprindo o disposto nos artigos 126 e seguintes da LXT, o que pode orixinar responsabilidades de acordo co disposto no artigo 141 do TRLXO e 38 da LOTC.

Realizouse unha análise de dous tributos que xestiona a Deputación a efectos de determinar a representatividade dos saldos pendentes de cobro a fin de exercicio: o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), e a taxa por Entrada de Vehículos.

No exercicio 2003, a recadación do IVTM tíñase delegado na Deputación. O Concello rexistrou dereitos de acordo co Documento número 2 de Principios Contables Públicos, da Intervención Xeral da Administración do Estado, onde se establece que o recoñecemento dos dereitos correspondentes a tributos cuxa recadación se realice por

Page 16: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 12

outra entidade, débese axustar ao efectivamente recadado (criterio de caixa). Porén, verificouse que o Maior de conceptos facilitado presenta dereitos pendentes de recadar por importe de 89,61 euros que, previos os trámites oportunos, deberá anular o Concello. Trátase da devolución dun recibo, rexistrado o 5 de xuño de 2003, asento número 2186, que a aplicación informática arrastra como dereito recoñecido indebidamente.

En relación á taxa por entrada de vehículos, figuran dereitos recoñecidos en contabilidade por importe de 297,51 euros. Cantidade que se recadou integramente, polo que non existen dereitos pendentes de cobro a fin de exercicio. Verificouse que estes dereitos corresponden a recibos recadados en vía executiva procedentes dos anos 1997 a 2000. Non consta que se remitira á Deputación para o seu cobro o padrón de 2003.

IV.3.3. TRANSFERENCIAS RECIBIDAS Analizouse a contabilización da transferencia do Estado e do Fondo de Cooperación Local. Tamén se analizaron os expedientes dunha subvención corrente e outra de capital, así como o dun convenio de colaboración.

Transferencia do Estado

Ó Concello correspondéronlle 665.195,19 euros como transferencia do Estado do ano 2002. No ano 2003, a participación ascendeu a 686.168,00 euros. A contabilización de tódalas entregas a conta do ano 2002 destes dereitos, así como a liquidación definitiva do ano anterior rexistráronse no subconcepto 42000. Polo tanto, o recoñecemento do dereito da entrega a conta do mes de decembro neste exercicio (que se debería rexistrar no ano 2003), supón un incumprimento do disposto no artigo 144.a) da LRFL. No exercicio 2003, rexistráronse correctamente os dereitos en contabilidade.

Fondo de Cooperación Local

A participación do Concello neste Fondo ascendeu no ano 2002 a 106.647,54 euros e no 2003 a 122.930,87 euros. Dende o ano 2002 débese contabilizar no capítulo 4 do estado de ingresos por ter consideración de transferencia incondicionada, permitíndose, por tanto, financiar calquera actividade municipal. O Concello rexistrou no subconcepto 45500 unha parte deste Fondo e o resto, incorrectamente, no subconcepto 75500.

Subvencións correntes

Analizouse a subvención programa de educación familiar, por importe de 6.290,07 euros, concedida ao abeiro da Orde do 7 de marzo de 2003, pola que se convocan e aproban as bases que regulan axudas para este programa.

Consta o asento do recoñecemento do dereito e do ingreso recibido, polo importe de 5.032,06 euros (80% da subvención), na contabilidade do exercicio 2003. Pero non se rexistrou contablemente, a data de finalización dos traballos de campo desta

Page 17: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 13

fiscalización (setembro, 2005), o importe correspondente ao 20% restante (1.258,01 euros), ingresado o 27 de maio de 2004 e que, polo tanto, debería figurar contabilizado ese día, debido ao atraso no rexistro contable existente.

Esta situación irregular foi informada reiteradamente polo interventor en informes de data 4 de abril, 18 de maio, 28 de maio, 1 de xullo, 21 de setembro e 9 de decembro de 2004, sinalando os problemas para cumprir coas funcións previstas no RD 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional e no artigo 204 do actualmente vixente TRLRFL. Os motivos, entre outros, débense ao traspaso de información á nova aplicación informática que paralizou a contabilización de rexistros contables dos exercicios 2003 e 2004, durante máis de tres meses, e que figuran como unha das causas xustificativas de non rendición no escrito da alcaldesa que figura como anexo I deste Informe.

Subvencións de capital

A subvención de capital analizada consiste nunha achega de 10.000,00 euros, da Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo ao Programa de Acción Municipal 2003, para financiamento dos traballos de reparación de motobomba.

Contablemente, tramitouse expediente de modificación do orzamento (número 54/2003), por xeración de créditos, de acordo co disposto no artigo 43.1.a) do RD 500/1990. Verificouse o rexistro do compromiso concertado na aplicación 76111 PAM 2003: reparación Motobomba, así como retención de crédito na partida 223.62301 Programa Acción Municipal, 2003: reparación Motobomba polo importe da subvención. Non existen, polo tanto, desviacións de financiamento. No ano 2004, o Concello aprobou o expediente 9/2004, de incorporación de remanentes de crédito, correspondente a este gasto con financiamento afectado por 10.000,00 euros.

A adxudicación, realizouse a través de contrato menor, de conformidade co establecido nos artigos 56 e 176 do TRLCAP, polo importe de 11.991,01 euros, cantidade lixeiramente superior á subvención recibida (exceso de 1.991,01 euros). Segundo consta no expediente facilitado, existiu crédito adecuado e suficiente na aplicación 04-223.62301, do orzamento de 2004 (en vigor dende o 15 de maio dese ano) para financiamento desta diferenza.

Non consta, á data desta fiscalización (setembro, 2005), o rexistro en contabilidade do ingreso desta subvención.

Convenios

Analizouse o expediente do convenio-marco de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a FEGAMP, para regular a distribución dos

Page 18: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 14

custos de funcionamento do centro público municipal Aurelio M. Rey García, formalizado o día 10 de marzo de 2003, polo importe de 31.355,00 euros.

O contido das cláusulas establecidas no convenio, especifica os requisitos previstos nos artigos 199 da LALG e 6 da LRJAP e PAC. Pero non se acompaña dunha memoria na que consten os antecedentes, razóns de oportunidade e obxectivos perseguidos coa súa formulación, que esixe o apartado h) do artigo 199 da LALG.

Este convenio non foi publicado, incumprindo o previsto no artigo 8 da LRJAP e PAC de aplicación supletoria ás administracións locais. Neste sentido debería ser obxecto de publicación no DOG e no BOP.

Non se detectaron incidencias relevantes na xustificación de gastos certificados polo Concello e remitidos á Consellería o 27 de novembro de 2003. O rexistro do recoñecemento do dereito realizouse, correctamente, no exercicio 2004, cando se recibiu o ingreso da subvención (asento 392/1 de data 04/02/04).

IV.3.4. SUBVENCIÓNS OUTORGADAS Respecto aos procedementos para a concesión de subvencións verificouse que non se aprobaron bases, non se regulou a obriga de que os perceptores destas transferencias estivesen ao corrente de obrigas fiscais co Concello, o prazo para a súa xustificación e forma de realizalo.

Tampouco existiu convocatoria pública que garante os principios básicos de publicidade, obxectividade e concorrencia, recollidos no artigo 81.6 do TRLXO, así como no 294.1 da LALG, que ademais inclúe o de igualdade.

Analizouse o expediente da subvención concedida en 2003 á Agrupación municipal de música e baile tradicional de Cuntis, polo importe de 1.585,32 euros, detectándose as seguintes incidencias:

− O Decreto do Alcalde, do 27 de marzo de 2003, outorgando a subvención non está motivado, en contra do disposto no artigo 54.1.f) da LRJAP e PAC.

− Non se proporcionou documentación que acredite a inscrición desta agrupación no Rexistro municipal de asociacións e no Rexistro de asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, requisitos esixidos no artigo 236 do ROF.

− Non consta a acreditación de estar ao corrente de obrigas tributarias co Concello, requisito establecido no artigo 170.2 da LRFL.

− Os xustificantes que figuran na documentación achegada son fotocopias sen compulsar de recibís, asinados polo profesor de música tradicional que prestou o servizo e polo representante da agrupación. Estes recibís non respectan os requisitos formais que deben reunir as facturas. O Concello, debería solicitar a correcta acreditación

Page 19: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 15

documental destes gastos. En caso contrario, esixir o reintegro da subvención, en cumprimento do disposto no artigo 81.9 do TRLXO.

IV.3.5. ENDEBEDAMENTO Como resultado do traballo realizado na área de endebedamento financeiro constatouse o seguinte:

− Durante os exercicios 2002 e 2003, non se formalizaron operacións de endebedamento a curto e longo prazo.

− O balance non reflicte a situación real do endebedamento da Entidade. Así, figuran os seguintes saldos acredores erróneos nas contas do subgrupo 16 que, previo os trámites correspondentes, deberanse anular:

Conta Descrición Saldo debedor Saldo acredor

16015 Apertura contas patrimoniais exercicio 2003 601,01 16016 Apertura contas patrimoniais exercicio 2003 601,01

Totais 0 1.202,02

− O endebedamento financeiro acumulado procede de dous préstamos formalizados no ano 2000 co Banco de Crédito Local (grupo BBVA). Un, polo importe de 468.428,91 euros, formalizado o 21 de agosto e con vencemento no ano 2012. O outro, por 203.730,55 euros, formalizado o día 17 de novembro e vencemento tamén en 2012.

− Non se analizou o cumprimento dos requisitos legais da formalización destas operacións de crédito, xa que a única documentación que consta no expediente é o acordo do Pleno adxudicando estes contratos; información fiscal, a efectos de renda e patrimonio, remitida polo banco adxudicatario; e sendas memorias, sen asinar polo Alcalde, de proposta de modificación do orzamento, por créditos extraordinarios, para realizar investimentos que se financian coa concertación destes préstamos.

− O volume do capital vivo a 31/12/2003, certificado polo Concello e o calculado polo Consello de Contas de Galicia de acordo cos datos obtidos nos expedientes facilitados, é de 593.232,82 euros.

IV.3.6. PERSOAL O capítulo I do estado de gastos da liquidación do orzamento de 2003, presenta obrigas recoñecidas por importe de 587.894,89 euros. En termos porcentuais representa o 52% dos gastos correntes e o 29% dos gastos totais contabilizados.

Persoal funcionario

Como resultado das revisións efectuadas detectáronse as seguintes ausencias de documentación que, de acordo coa normativa aplicable, debería ter elaborado o Concello:

Page 20: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 16

− Non existe Rexistro de Persoal, previsto no artigo 13 LMRFP e esixido no artigo 90.3 da LRBRL.

− O Concello non elaborou a relación de postos de traballo que establece o artigo 16 da LMRFP, 90.2 do LRBRL e 126.4 do TRRL.

− Os expedientes de persoal non inclúen tódolos documentos administrativos inherentes ás relacións da Entidade cos seus funcionarios. Non constan, entre outros, formalización de recoñecemento de trienios, consolidación de grao persoal, número de rexistro de persoal, fotocopia de títulos académicos e situación familiar a efectos de cuantificar a correspondente retención do IRPF.

En canto á forma de acceso á función pública, analizouse o único proceso selectivo de persoal propio da Corporación realizado durante o período fiscalizado (praza de policía municipal), sen que se detectasen incidencias significativas.

Respecto ás dietas e indemnizacións, observouse que durante os meses de xaneiro a xuño de 2002, a persoa que actuou como interventor acumulado percibiu, ademais das súas retribucións, dietas por importe de 183,91 euros cada mes. A percepción de dietas incumpre o disposto no artigo 8.2 do RD 861/1986, de 25 de abril, de réxime de retribucións de funcionarios de Administración Local.

Persoal contratado e laboral

Da análise da relación de persoal contratado e laboral dos exercicios 2002 e 2003, facilitada por técnicos municipais, verificouse o seguinte:

− O Concello formalizou un contrato de traballo de duración determinada cun arquitecto, para a realización de proxectos de obras de saneamento e urbanismo, cuxa duración esténdese dende o día 8 de xaneiro de 2002 ata fin de obra.

Na actualidade (setembro, 2005) continúa vixente, polo que, na práctica, se está convertendo en contrato indefinido. Incúmprese o disposto no artigo 4 do RD 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, xa que se utiliza esta modalidade contractual para cubrir necesidades de persoal de carácter permanente cuxa provisión débese realizar mediante os procedementos legalmente previstos.

Non consta, no expediente, garantía do cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade, desenvolvidos nos artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 do TRRL, que deben rexer a selección de todo o persoal ao servizo da Entidade local.

Ademais do anterior, o Concello utilizou a persoal do Programa Labora (que persigue a inserción laboral de mozos desempregados a través de contratos dun ano de duración), para o desempeño de funcións do negociado de nóminas no ano 2003. Comprobouse, a

Page 21: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 17

través de partes de variación de nóminas, que estas funcións foron realizadas por este persoal no ano 2004 e, actualmente (setembro, 2005), continúase con esta práctica. Por conseguinte, vulnérase o establecido no artigo 235.2,a) da LALG reiteradamente, ao desempeñar actividades dirixidas a satisfacer necesidades periódicas e permanentes por persoal laboral.

Cargos electos

Certificouse que ningún membro da Corporación exerceu cargos con dedicación parcial ou exclusiva nos anos 2002 e 2003. No obstante, os cargos electos percibiron asignacións por asistencia a órganos colexiados do Concello.

Neste sentido, a limitación sinalada en epígrafes anteriores, respecto da carencia de Bases de execución do orzamento, unido á inexistencia de acordos sobre o importe que corresponde aos membros da Corporación por asistencia a órganos colexiados, non permitiu determinar se as cantidades percibidas polos concelleiros son as establecidas polo Pleno.

Ademais do anterior, non consta o cumprimento do establecido no artigo 75.5 da LRBRL, que esixe publicar no Boletín Oficial da Provincia e taboleiro de anuncios da Entidade, os acordos plenarios referidos, entre outros, a indemnizacións e asistencias dos cargos electos.

Respecto á percepción destas asignacións, o Alcalde ditou providencia de data 25 de febreiro de 2004, con obxecto de proceder ao recoñecemento de obrigas por asistencia a sesións municipais do ano 2003. O interventor, en informe dese mesmo día, formula reparo suspensivo de acordo co disposto no artigo 197.2.c) da LRFL, por omisións de requisitos esenciais na tramitación do expediente. En concreto, pola ausencia do texto articulado das Bases de execución aprobadas no orzamento de 1999, prorrogado para 2003; por inexistencia de acordos que acrediten a contía que corresponde a cada asistencia e pola imposibilidade de establecer o saldo de crédito dispoñible no nivel de vinculación xurídica da partida de imputación correspondente.

Por Resolución de Alcaldía, desta mesma data, deixouse sen efectos o carácter suspensivo do reparo do interventor. Aprobouse, con cargo ao exercicio 2003, o recoñecemento da obriga e ordenouse o pagamento de 6.389,53 euros (por asistencia de concelleiros a sesións dese ano). A imputación ao orzamento de 2003 destes gastos realizouse incorrectamente, xa que ao finalizar o exercicio, os créditos para gastos non afectados ao cumprimento de obrigas xa recoñecidas quedarán anulados de pleno dereito, segundo o establecido no artigo 156 da LRFL.

Así mesmo, de non existir regulación específica, nas Bases de execución do orzamento prorrogado, determinando o importe que deben percibir os membros da Corporación,

Page 22: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 18

estes gastos terían a consideración de nulos de pleno dereito e a súa percepción podería dar lugar á esixencia das responsabilidades procedentes.

Respecto ás indemnizacións, o artigo 75.4 da LRBRL determina que os membros das Corporacións locais serán indemnizados por gastos efectivos ocasionados no exercicio de seu cargo, segundo as normas de aplicación xeral nas Administracións Públicas e as que en desenvolvemento das mesmas aprobe o pleno corporativo. Non consta acordo expreso sobre o importe de indemnizacións que deben percibir os cargos electos. Porén, verificouse o cobro de dietas e indemnización por locomoción nos anos 2002 e 2003. O importe destes gastos, segundo consta en informe facilitado no transcurso dos traballos de campo da fiscalización, ascendeu no ano 2002 a 1.128,15 euros e foi integramente por gastos de transporte realizados polo Alcalde. No ano 2003, as contías foron 483,40 de locomoción e 366.02 de manutención, tamén correspondentes a viaxes do Alcalde.

Como resultado do traballo realizado comprobouse que o Alcalde percibiu as contías previstas para o grupo I no RD 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razón do servizo, sen que conste acordo. Tampouco consta xustificación acreditativa do gasto realizado nos mandamentos analizados. Tan só figuran listados denominados facturas por gastos de locomoción e dietas, a nome do Alcalde, onde se especifica data, destino, motivo do viaxe e matrícula do vehículo cos quilómetros recorridos no caso de locomoción, e importe da dieta a percibir en gastos de manutención, documentación insuficiente para acreditar o cumprimento do sinalado no artigo 75.4 da LRBRL. Estes feitos poderían dar lugar ás responsabilidades conseguintes.

IV.3.7. OUTRAS CONTINXENCIAS O Concello certificou a existencia dos seguintes procedementos xudiciais pendentes de resolución:

− Recurso contencioso-administrativo número 0200040472000, contra o acordo do Alcalde de retirar da orde do día do Pleno extraordinario, do 17 de novembro de 1999, o punto recursos de reposición do PP do SAU 2 (polígono industrial).

− Recurso contencioso-administrativo número 0200043472000, contra desestimación presunta do recurso de reposición interposto pola Comunidade de montes de Meira, contra o acordo do 28 de maio de 1999 do Concello de Cuntis, polo que se deu aprobación definitiva ao Plan parcial do SAU 2 (polígono industrial).

− Procedemento abreviado 38/2003, contra a validez da transacción xudicial alcanzada no seu día en xuízo de menor contía 68/1993 con Marcial Campos (Termas de Cuntis, SL.).

Page 23: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 19

V. MAGNITUDES DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO, EXERCICIO 2003 O Concello aprobou a liquidación do orzamento de 2003 o día 7 de decembro de 2004. Observáronse erros materiais no cálculo do resultado orzamentario axustado e remanente de tesourería para gastos xerais, polo que, en virtude do previsto no artigo 105 da LRJAP e PAC, sobre rectificación de oficio de erros materiais, de feito e aritméticos que conteñan actos ditados pola Administración, acordouse modificar os datos contidos na liquidación. Unha vez practicadas as rectificacións oportunas, o 17 de decembro de 2004, por Decreto de Alcaldía, aprobouse a liquidación de 2003.

Con posterioridade, o día 6 de maio de 2005, acordouse, por Resolución de Alcaldía, rectificar o cálculo do remanente de tesourería da liquidación do orzamento de 2003 en 6 euros, debido a un erro material no cálculo do remanente afectado a gastos con financiamento afectado por este importe.

V.1. RESULTADO ORZAMENTARIO Segundo consta na liquidación, os dereitos recoñecidos netos do exercicio ascenderon a 1.791.838,73 euros. As obrigas recoñecidas netas foron 2.018.622,23 euros. Polo tanto, aprobouse un resultado orzamentario con déficit de 226.783,50 euros. O resultado orzamentario axustado, consecuencia das desviacións de financiamento, foi tamén negativo por importe de 57.438,83 euros.

O interventor no seu informe de data 17 de decembro de 2004, sobre a liquidación do orzamento do exercicio 2003, sinala que se reflicten no resultado orzamentario desviacións positivas e negativas de financiamento de 42 proxectos de gastos con financiamento afectado. Pero non se rexistraron a totalidade de proxectos vixentes no exercicio por non dispor de información contable adecuada que correlacione gastos e ingresos afectados. A magnitude así obtida -sinala o interventor- non reflicte adecuadamente o impacto que teñen estas desviacións sobre o resultado orzamentario, con incumprimento do disposto na regra 347 da ICAL. Así mesmo, continúa o informe, as desviacións positivas ascenden a 70.442,72 euros, e como desviacións negativas figuran 239.787,39 euros. Non cabe realizar unha valoración destes datos, sinala literalmente o interventor, pola falta de calidade das magnitudes obtidas.

V.2. AFORRO NETO Sen prexuízo do establecido no artigo 54 da LRFL, neste epígrafe determinouse o aforro neto do exercicio, calculado como diferenza entre dereitos e obrigas recoñecidas netas

Page 24: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 20

por operacións correntes menos as obrigas recoñecidas de pasivos financeiros que figuran en contabilidade. O aforro neto foi positivo por importe de 26.539,75 euros.

Descrición Importe

a) Dereitos recoñecidos (capítulos 1 a 5) 1.223.127,98

b) Obrigas recoñecidas (capítulos 1, 2, 3 e 4) 1.129.372,31

AFORRO BRUTO (a – b) 93.755,67

c) Obrigas recoñecidas ( capítulo 9) 67.215,92

AFORRO NETO (a – b – c) 26.539,75

O aforro neto, así entendido, presenta a capacidade da Entidade para acometer investimentos sen acudir o financiamento alleo.

V.3. SALDO NON FINANCEIRO Como se observa no seguinte cadro, o aforro bruto xerado no exercicio máis os ingresos de capital foron insuficientes para financiar os investimentos do período polo importe que figura no saldo non financeiro. Ademais, xerouse unha necesidade de endebedamento de 226.783,50 euros.

Aforro bruto, saldo non financeiro e necesidade de endebedamento do exercicio 2003

1. Ingresos correntes 1.223.127,98

2. Gastos correntes 1.129.372,31

3. Aforro bruto (1-2) 93.755,67

3. Aforro bruto 93.755,67

4. Ingresos de capital 568.710,75

5. Gastos de capital 822.034,00

6. Saldo non financeiro (3+4-5) -159.567,58

6. Saldo non financeiro -159.567,58

7. Saldo activos financeiros 0,00

8. Saldo pasivos financeiros -67.215,92

9. Necesidade de endebedamento (6+7-8) -226.783,50

O déficit non financeiro revela a imposibilidade de financiar o esforzo de investimento da Entidade con aforro corrente e ingresos de capital. A necesidade de endebedamento xurde por escaseza de recursos para financiar o conxunto de gastos de capital e as amortizacións de préstamos vixentes a fin de exercicio. Este feito debería obrigar ao Concello á realización dun plan de saneamento financeiro.

Page 25: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 21

V.4. REMANENTE DE TESOURERÍA O estado de remanente de tesourería aprobado o 6 de maio de 2005, presenta a seguinte información:

ESTADO DE REMANENTE DE TESOURERÍA IMPORTES 1. (+) DEBEDORES PENDENTES DE COBRO EN FIN DE EXERCICIO 69.677,53

De Orzamento de ingresos. Orzamento Corrente 74.542,88 De Orzamentos de ingresos. Orzamentos pechados 415.893,08 Doutras operacións non orzamentarias 9.086,78 Saldos de dubidoso cobro (-) 402.062,80 Ingresos realizados pendentes de aplicación (-) 27.782,41

2. (-) ACREDORES PENDENTES DE PAGO EN FIN DE EXERCICIO 806.285,51 De Orzamento de gastos. Orzamento corrente 565.229,48 De Orzamento de gastos. Orzamentos pechados 187.809,48 Doutras operacións non orzamentarias 53.246,99 Pagos realizados pendentes de aplicación definitiva (-) 0,00

3. (+) FONDOS LÍQUIDOS EN TESOURERÍA EN FIN DO EXERCICIO 744.102,42 REMANENTE DE TESOURERÍA TOTAL 7.494,44 4. REMAN. DE TESOURERÍA AFECTADO A GASTOS CON FINAN. AFECTADO 385.846,21 5. REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS (1-2+3-4) -378.352,21

Os resultados da análise sobre a composición dos conceptos máis relevantes, en termos cuantitativos, que integran o remanente de tesourería detállanse a continuación:

1. Debedores pendentes de cobro

A fin de exercicio, os dereitos recoñecidos pendentes de cobro por operacións orzamentarias, rexistrados nos distintos estados contables, ascenderon a 490.435,96 euros. Corresponderon a exercicio corrente 74.542,88 euros e a pechados 415.893,08 euros.

Verificouse a coherencia interna destas cifras coa información que presenta o balance de situación e a liquidación orzamentaria.

a) Dotación de saldos de dubidoso cobro

O estado de remanente de tesourería presenta saldos de difícil recadación por importe de 402.062,80 euros, pero non se rexistraron como provisións no balance de situación. Esta dotación de dubidoso cobro representa o 97% dos dereitos pendentes de exercicios pechados, por conseguinte, extremouse o cumprimento do principio de prudencia valorativa.

2. Acredores pendentes de pago

As obrigas recoñecidas pendentes de pagamento a fin de exercicio por operacións orzamentarias ascenderon, segundo o estado de remanente de tesourería, a 753.038,96 euros, das que 565.229,48 euros corresponderon a exercicio corrente e 187.809,48 euros a orzamentos pechados.

Page 26: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 22

Porén, o saldo de acredores de exercicio corrente rexistrado no estado de remanente (565.229,48 euros) non coincide exactamente co reflectido na liquidación (565.229,04 euros), aínda que a diferenza non é significativa (0,44 euros).

a) De orzamento corrente

Respecto á fiabilidade deste saldo, comprobouse que se debería incrementar, ao menos, en 34.226,86 euros, debido a gastos do ano 2003 imputados ao exercicio 2004 como se indicou no epígrafe IV.3.1. Recoñecemento extraxudicial de créditos.

Pero ademais, o interventor, en informe á liquidación do orzamento de 2003, sinala que os datos proporcionados polo sistema de información contable revelan a existencia de gastos realizados sen consignación orzamentaria por importe de 263.112,25 euros, dos cales 36.278,15 euros proceden do exercicio 2002 e 226.834,10 euros de 2003 (cantidade na que se inclúe o importe do recoñecemento extraxudicial de créditos aprobado en 2004).

En consecuencia, a efectos de ter un mellor coñecemento da realidade económico-financeira da Entidade, deberían figurar no remanente de tesourería as obrigas de gastos de 2002 e 2003, pendentes de contabilizar a 31 de decembro de 2003, polo importe de 263.112,25 euros. Por conseguinte, e dado que o remanente de tesourería para gastos xerais aprobado polo Concello se cuantificou en –378.352,21 euros, de considerar estes gastos, o déficit cifraríase en –641.464,46 euros.

De todas formas, a imputación de gastos de exercicios anteriores, a orzamentos doutros exercicios, supón unha distorsión da previsión do artigo 157.1 da LRFL, que esixe que con cargo aos créditos do estado de gastos, só poranse contraer obrigas derivadas de prestacións ou gastos que se realicen no ano natural do propio exercicio orzamentario. Así mesmo, o Concello podería incorrer nas responsabilidades a que fai referencia o artigo 154.5 da LRFL.

b) De orzamentos pechados

En canto ao saldo de acredores de orzamentos pechados, figuran pendentes de pago, na liquidación, as seguintes obrigas recoñecidas:

Exercicio Obrig. pdtes. orde de pago a 31/12/2003

Ordes de pago pdtes. a 31/12/2003

Total obrig. pdtes. de pago

1994 0,01 0,00 0,01 1995 174,38 0,00 174,38 1997 19.562,94 2.524,25 22.087,19 1998 519,46 0,00 519,46 1999 3.570,86 0,00 3.570,86 2000 12.594,17 0,00 12.594,17 2001 141.686,23 1.900,87 143.587,10 2002 4.571,22 705,09 5.276,31

TOTAL 182.679,27 5.130,21 187.809,48

Page 27: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 23

O importe dos saldos que teñen máis de cinco anos de antigüidade (período de prescrición) ascende a 22.261,58 euros. A efectos de determinar a esixibilidade destas débedas con acredores, o Concello deberá proceder a súa análise para, no seu caso e previo oportuno expediente, depuralas.

3. Fondos líquidos en tesourería

A cifra que figura como fondos líquidos no remanente (744.102,42 euros) coincide co saldo das contas do subgrupo 57 do balance de situación e coa segunda parte do estado de tesourería.

Recibiuse resposta de confirmación de saldos do Banco Gallego e Caixanova, dúas das cinco entidades ás que se remitiu carta de circularización. Por este motivo, a composición de saldos verificouse por medio de certificacións bancarias facilitadas no transcurso da fiscalización.

4. Gastos con financiamento afectado

Non se analizou a composición do importe rexistrado no remanente por non dispor de información fiable que permita determinar a totalidade de proxectos de gastos con financiamento afectado, como se indica no epígrafe V.1 Resultado orzamentario, deste Informe.

5. Remanente de tesourería negativo aprobado

A liquidación de 2003 aprobouse con remanente de tesourería negativo por importe de –378.352,21 euros. De terse en conta os defectos de cuantificación reseñados no epígrafe 2. Acredores pendentes de pago, de orzamento corrente, o déficit incrementaríase, cando menos, en 263.112,25 euros e, en consecuencia, o déficit cifraríase en –641.464,46 euros.

O remanente de tesourería para gastos xerais aprobouse con déficit. Esta situación esixiría a adopción dalgunha das medidas previstas no artigo 193 do TRLRFL. Neste sentido, o Concello optou pola aprobación do Orzamento de 2004 con superávit. Pero verificouse que o superávit inicialmente previsto é, tan só, de 6.493,63 euros. Incumpríndose o disposto no apartado 3 do artigo 193 do TRLRFL, ao aprobar o orzamento do exercicio seguinte con superávit de contía inferior ao déficit.

Page 28: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 24

VI. CONCLUSIÓNS − A última Conta Xeral aprobada polo Concello é a do exercicio 2000 que foi aprobada, con ditame desfavorable da Comisión Especial Revisora de contas, o 10 de maio de 2002 e remitida ao Consello de Contas o 24 de xuño do citado exercicio (NR 860). Non foron sometidas a trámite de aprobación nin remitidas ao Consello de Contas as Contas Xerais de 1998 e 1999 nin as correspondentes a 2001 e 2002. A Conta Xeral do 2003 atópase pendente de aprobación á data de realización da fiscalización.

− A inestabilidade política da Corporación alegada polo Alcalde que exercía como contadante no período fiscalizado, podería explicar a ausencia de rendición conxuntural dun determinado exercicio, pero non xustifica por si soa a situación de non rendición ao longo do tempo. As demais causas alegadas tanto polo Alcalde que exercía durante o período fiscalizado, como pola actual Alcaldesa (dende xuño de 2005) non xustifican a reiterada non rendición das contas por canto se ignoran os problemas, deficiencias e debilidades verificadas na fiscalización.

− A prórroga dos orzamentos e aprobación tardía das liquidacións dos exercicios 2000 a 2003, supón a vulneración reiterada do cumprimento do prazo establecido na normativa reguladora das Facendas Locais.

− O Concello non realizou os trámites de recadación en vía de constrinximento, incumprindo o disposto nos artigos 126 e seguintes da LXT que, segundo o disposto no artigo 141 do TRLXO e 38 da LOTC, podería orixinar responsabilidades.

− No expediente analizado de subvencións outorgadas, incumpriuse a obriga de achegar xustificación dos fondos percibidos. En caso de non xustificar os mesmos, no período de alegacións, o Concello deberá solicitar o reintegro.

− O Concello non dispón de Rexistro de persoal, relación de postos de traballo e os expedientes persoais non están completos e actualizados.

− Incumpríronse os principios de devengo e anualidade orzamentaria ao non contabilizar no exercicio correspondente gastos realizados no mesmo. Non se dotaron amortizacións por depreciación de elementos de inmobilizado e non se rexistraron provisións por dubidoso cobro no balance.

− O resultado orzamentario e o remanente de tesourería aprobados foron negativos no exercicio 2003.

Page 29: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 25

VII. RECOMENDACIÓNS − O Concello de Cuntis deberá arbitrar con urxencia as medidas necesarias para o correcto cumprimento da obriga de render os estados e contas da Entidade que lle impón o artigo 193 da LRFL (artigo 212 do actualmente vixente TRLRFL). No caso contrario, o Consello de Contas de Galicia adoptará as medidas que estime máis oportunas para a súa efectiva e inmediata corrección.

− Tamén debe elaborar, tramitar e aprobar os seus orzamentos no prazo legalmente establecido, con obxecto de que constitúa un adecuado instrumento de planificación, control e execución da actividade económica municipal.

− Recoméndase ao Concello de Cuntis que solicite á Deputación Provincial, en virtude do disposto nos artigos 36.1.b) da LRBRL e 30.6.a) e b) do TRRL, a asistencia administrativa e o asesoramento xurídico, económico e técnico que considere preciso para corrixir estas deficiencias e incumprimentos básicos.

− A Entidade municipal debe conceder tódalas subvencións, agás as nominativas e aquelas que non podan ser obxecto de concorrencia, respectando os principios establecidos nos artigos 81.6 do TRLXO e 294.1 da LALG, mediante convocatoria pública, así como motivar os acordos de concesión, de conformidade co disposto no artigo 54.1.f) da LRXAP e PAC. Deberá tamén esixir aos beneficiarios que xustifiquen os fondos recibidos ou, no seu defecto, iniciar o procedemento de reintegro da subvención.

− Na xestión de persoal, débese establecer un Rexistro de persoal, elaborar a Relación de Postos de Traballo e completar e actualizar os expedientes persoais de cada traballador.

− Deberanse adoptar tamén as medidas necesarias para que o balance presente a situación real da actividade económico-financeira da Entidade, así como as medidas correctoras cando o remanente de tesourería é negativo.

Page 30: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 26

Page 31: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 27

ANEXOS

Page 32: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 28

Page 33: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 29

ANEXO I: XUSTIFICACIÓN DO ALCALDE

Page 34: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 30

Page 35: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 31

Page 36: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · dos catro exercicios, ... Estes datos poñen de manifesto unha reducida fiscalidade e unha forte dependencia municipal respecto doutras Administracións.

Proxecto de Informe de fiscalización do Concello de Cuntis. Exercicios 2002-2003

Consello de Contas

de Galicia

_____________________________________________________________________________________ 32

ANEXO II: XUSTIFICACIÓN DA ACTUAL ALCALDESA