Congreso Constituínte PCLN

44
FPG FRENTE POPULAR GALEGA Texto íntegro da Asemblea Constituínte do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), 25 de Xullo de 1986. ÍNDICE 1. Introducción. Significado do Congreso Constituinte do P.C.L.N 2. Necesidade da nosa constitución como Partido Comunista 3. A situación internacional 4. A situación no Estado Imperialista Español 5. A situación en Galiza 6. Crise económico-social e incoherencia política 7. Programa e estratexia eo partido 8. A actuación política e os obxectivos inmediatos 9. O frente nacionalista 10. Sindical 11. Agro 12. Mocidade 13. Muller 14. Lingua e cultura 15. Estatutos http://www.frentepopulargalega.org

description

Texto íntegro da Asemblea Constituínte do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), 25 de Xullo de 1986.

Transcript of Congreso Constituínte PCLN

Page 1: Congreso Constituínte PCLN

FPGFRENTE POPULAR GALEGA

Texto íntegro da Asemblea Constituínte do Partido Comunista deLiberación Nacional (PCLN), 25 de Xullo de 1986.

ÍNDICE

1. Introducción. Significado do Congreso Constituinte do P.C.L.N

2. Necesidade da nosa constitución como Partido Comunista

3. A situación internacional

4. A situación no Estado Imperialista Español

5. A situación en Galiza

6. Crise económico-social e incoherencia política

7. Programa e estratexia eo partido

8. A actuación política e os obxectivos inmediatos

9. O frente nacionalista

10. Sindical

11. Agro

12. Mocidade

13. Muller

14. Lingua e cultura

15. Estatutos

http://www.frentepopulargalega.org

Page 2: Congreso Constituínte PCLN

2

1. Significado do Congreso Constituinte doPartido Comunista de Liberación Nacional.

A celebración do Congreso Constituinte do P.C. L. N. na data histórica para onacionalismo do 25 de Xullo non foi un feito precipitado nin prematuro, foi aculminación de todo un proceso de enfrontamento entre dúas liñas políticas:unha que significa a negativa a ser integrados no sistema democrático-burgués eoutra nacida do entreguismo de determinados sectores do nacionalismo, camiñoque leva sen dúbida algunha á destrucción e á liquidación da resistencia contra oEIE (Estado Imperialista Español).

Este acto congresual non foi un ritual simbólico que unise a un grupo demilitantes baixo uns puntos mínimos, no 25 de Xullo e na Facultade deEconómicas de Santiago atopámonos os Comunistas galegos dispostos a loitarpola independencia nacional e o socialismo.

Sobra pois neste libro do Congreso a frase rimbombante para atraer a incautos,intentamos no noso acto constituinte trazar as liñas mestras dun proxecto quenos ocupará nos vindeiros anos da historia de loita da clase traballadora galegae do resto das clases populares. No nacemento do P.C.L.N. están postas asesperanzas na recuperación independentista e na necesidade de non dar treguaao inimigo.

Page 3: Congreso Constituínte PCLN

3

2. Un proxecto nacionalista, un partido clase!!!Necesidade da nosa constitución como partidocomunista.

Se desde 1975 o crecemento do nacionalismo foi espectacular, hoxe o retrocesoé un feito constatado, tanto desde o punto de vista organizativo como da perdade capacidade de resposta, pasando tamén pola perda de votos que tantopreocupa a un sector do mesmo. As razóns desta crise son internas e externas.

Internas:

a) O nacionalismo ten atravesado profundas crises, sen que ningunha delas teñaresolto o problema central.

b) Dentro do MN-PG, as crises foron resoltas pola dereita, foi xestándose aintención de liquidar o movemento anti-sistema (anticonstitucional ao cabo).Unha parte importante deste proxecto era/é a liquidación do Partido Comunistaque ata hai pouco viña exercendo como vangarda do MN-PG.

Externas:

a) As razóns fundamentais son o acoso a que o sistema nos ten sometido dentroda democracia burguesa cun obxectivo claro: ou deixarnos grupusculizados fórado xogo político ou integrarnos (grupusculizados tamén e prostrados sobre todo)dentro do sistema. O problema reside no feito de que o sistema non tencambiado de estratexia; o nacionalismo, pola contra, non deixou de darcontinuos bandazos ata ter optado pola integración a través da xura daConstitución.

b) O liquidacionismo, dentro do nacionalismo, non xurde de maneiraespontánea, existen uns antecedentes:

1. O papel da pequena-burguesía dentro do MN-PG foi decisivo naformación do actual MN-PG, a creación da UPG foi un fito importantena configuración do nacionalismo tal e como hoxe o coñecemos. Apartir de sectores culturistas da pequena burguesía naceron gruposradicalizados non conformes coa política revisionista do PC español.Estes sectores (tamén procedentes da pequena-burguesía) actuaríanna Universidade ou na emigración e formaron o corpo dirixente donacionalismo. As loitas obreiras de Vigo e Ferrol do ano 72, abriron osollos á pequena-burguesía: a Liberación Nacional só era posíbel se aclase obreira se comprometía con ela; as consecuencias para onacionalismo foron importantes pois aportaron a doutrina necesariacoa que había que dotar á RN-PG: o marxismo primeiro e logo omarxismo-leninismo.

E importante deixar claro que a pequena-burguesía que controlaba adirección do nacionalismo non puido, ou non quixo, atraer á claseobreira aos organismos de dirección. Este é un fenómeno que non éexclusivo do nacionalismo galego e non ten maior relieve se non foseporque existía ademais unha profunda desconfianza sobre a

Page 4: Congreso Constituínte PCLN

4

capacidade dirixente do proletariado galego que co tempo chegaría aser excluinte para sentar escola na actualidade.

O papel da pequena-burguesía dentro da RN-PG ten sido fundamentalnas vacilacións do nacionalismo nos momentos decisivos na nosahistoria. Tan pronto se histeriza e radicaliza por mimetismo ouimpotencia, como se apoltrona e desinfla por cansancio edesmoralización. Esta política de bandazos, que foi perigosa recenestreada a reforma, comeza a ser notoriamente liquidacionista. Nadapermanece intocábel: si para facer unha cabriola política nun bacheElectoral é preciso entregarse ao sistema e liquidar un Partido declase, faise sen a máis mínima contemplación.

2. A táctica de alianzas despois de 1975. A táctica de alianzas e asrelacións dentro do nacionalismo foron sempre curiosas; as alianzasdéronse pola dereita e as relacións por este lado foron semprecoidadosas e nada belixerantes; isto contrasta coa saña coa que setratou de liquidar calquera formación ou tendencia que se saíra polaesquerda. A alianza Electoralista co PSG é un exemplo claro dooportunismo de determinados sectores do nacionalismo. Diante dunhaquimera semellante non se dúbida en liquidar a AN-PG, para intentarfacer un frente meramente Electoral.

O fracaso da vía Electoral veu a introducir variantes importantesdentro do nacionalismo: a integración no sistema a través daincidencia Electoral; e esta estratexia repercutiu na capacidade deresposta do nacionalismo e na súa actividade nos distintos frentes.

3. O abandono da loita de masas. A loita de masas foi, despois de1975, a que dotou de estructura e de forza a todo o nacionalismo.Mesmo o medre Electoral estaba baseado na capacidade demobilización. A falla de seguimento da conflictividade nos distintossectores; o desgaste das sucesivas campañas Electorais e ocorrespondente efecto desmoralizador que os resultados producían namilitancia; a actitude “dereitosa” con que se concibían os diversosconflictos. Todas estas razóns contribuíron a que se fora perdendocapacidade de resposta ante as continuas agresións que sufría o nosopobo.

4. O culturalismo contra a axitación. Se o principio do nacionalismo foiun xerme culturalista, actualmente vese claramente a mesmatendencia, fenómeno que se pode explicar só na pretensión decomprometer a determinados sectores máis ilusionados pola idea doautonomismo. A política de buscar novos próceres para que xestionene dirixan o nacionalismo, en detrimento do papel da clase obreira e oresto das clases populares. Loxicamente esta política ten que danar acapacidade axitativa e de presencia do nacionalismo na rúa. Oexemplo máis claro é a desmesurada resposta que se lle pretende dara determinados feitos culturais en comparación coa cativa resposta ásagresións que sofre a clase obreira e as clases populares.

5. O Golpe de Estado do 23F. Este feito precipitou dentro donacionalismo os acontecementos. Os sectores máis vacilantescomezan a reformularse seriamente o camiño a seguir. Outros menos

Page 5: Congreso Constituínte PCLN

5

íntegros desertan (caso dos “contra” da CXTG); houbo tamén quen sepasou ao inimigo (auto-excluídos de Lugo no III Congreso da UPG). Decalquera maneira o espírito do que estes pretendían impregnouideoloxicamente aos sectores máis reaccionarios do nacionalismo. Ateoría da desaparición do partido de vangarda como dirixente doFrente; a formación dun Frente amplo onde poidan estar osautonomistas; facer un tipo de política positivista para ter algo queofrecer ao noso pobo, etc... O 23F produciu todos estes movementossó porque serviu de revulsivo; a verdadeira crise víñase xestando e osresultados Electorais ían facendo mella na pequena-burguesía.

6. O que propoñían os de Lugo non se efectivizou porque a base sociale sobre todo militante, do nacionalismo non estaba preparada.Nembargantes foise dando algún paso neste sentido. A liquidación daAN-PG nada máis aliarse co PSG, é un síntoma claro de que os auto-excluídos perderan, pero que a súa idea ía impregnandoideoloxicamente a estes sectores do nacionalismo. O segundo paso foia formación do BNG, proceso do cal o autonomismo fuxiu por medo aque se lle ocupase o seu terreo político. Outros sectores tamén fuxironpor exceso de ideoloxismo, pero en xeral ninguén cría na boa vontadede formación dun Frente Amplo; víase claramente como unhamontaxe Electoral ao que non se Lle ía dotar da mínimainfraestructura, locais, medios e, sobre todo, de actividade propia.

O conflicto que deu lugar á formación do noso Partido é sen dúbidaalgunha o feito da xura da Constitución no Parlamento Galego. Estefraude contra a base social do nacionalismo en xeral e contra amilitancia Comunista en particular, foi levado por fases planificadaspor quen non se atreveu nunca a plantexalo de maneira franca eaberta, para que puidera dar pé a unha discusión ampla. Deste xeitoplantéxase unha conferencia urxente para definir o problema da firmada papeleta antes das Eleccións, co obxecto de poder presentarse.Isto faise sen que tan sequera tivese saído o decreto que o esixira. Sóse trataba de preparar o terreo e pulsar o grao de contestación quetería semellante golpe de temón. A volta dun ano, e despois dofracaso Electoral relativo nas Eleccións Autonómicas, prepárase unimpacto prefabricado. Xa se propón directamente a xura daConstitución. A montaxe congresual con 15 días de antelación é o actomáis fraudulento e atrevido da pequena-burguesía reaccionaria dentroda UPG desde o seu nacemento. As ilegalidades son manifestas eadmitidas pola camarilla dirixente. Chégase a admitir a preferenciadunha crise no seo da UPG que a perda dos sectores máis dereitistasdo BNG. Nestas circunstancias a nosa ruptura foi inevitábel. Mantersedentro dun proxecto claro de liquidación do Partido Comunista e deachegamento ao autonomismo, sería participar de maneira implícitaneste proxecto.

Page 6: Congreso Constituínte PCLN

6

3. A situación internacional.

No transcurso dos últimos anos, e como consecuencia da crise económica queafecta ao sistema capitalista (unha das máis graves e duradeiras da súahistoria), asistimos a un maior endurecemento da política do imperialismo entodos os ámbitos, así como á profundización do endebedamento (e polo tanto dadependencia e da miseria) dos países subdesenvolvidos, aspecto que nomomento actual adquire unha dimensión realmente insoportábel para estes.

3.1. A crise na política interna do imperialismo

A crise económica pola que atravesa o capitalismo —que afecta tamén aosdemais ámbitos (ideolóxico, cultural, etc.)—, ao provocar un incrementodesorbitado do desemprego e empeorar as condicións de vida dos traballadores,agudizou as contradiccións obxectivas do sistema e fixo remodelar a este o seumodelo político.

O “reformismo”, imperante deica as últimas décadas de posguerra, cando ascondicións do desenvolvemento económico eran máis favorábeis e se facíanecesaria unha política de consenso (a través da que, con custos reducidos, sepretendía establecer a “paz social” e impedir que o descontento popularexcedera os marcos admisíbeis), deixou de ser útil na época actual de crise.Faise necesario agora, substituír a “paz social” polo “amedrentamento social”.Este modelo, elevado a rango de política de Estado nas potencias imperialistas,caracterízase e susténtase no temor dos traballadores ao despido, no fomentoda división castista e clasista destes, no hostigamento sistemático a sindicatos epartidos que cuestionan realmente o sistema, e na proxección do nacionalismoreaccionario e chauvinista.

3.2. A crise na política exterior do imperialismo, e o avance dosmovementos de liberación nacional.

En coherencia con este endurecemento da política interna, as pautas decomportamento do imperialismo a nivel internacional continúan a estar guiadaspolo obxectivo de facerse coa hexemonía mundial, polo temor a perder novaszonas de influencia, e polo interese de recuperar as que xa perdeu.

Así se explica que a carreira armamentística, o fortalecemento da súa alianzamilitar belicista, as ameazas, as intervencións, e as agresións, se converteran noeixo central da súa política exterior, como así o corroboran o proxecto da“guerra das galaxias”, a integración do Estado Español na OTAN, a invasión deGranada, o apoio financeiro e de todo tipo aos contrarrevolucionarios afgáns,nicaragüenses, angolanos, etc..., ou as recentes agresións a Libia.

Importante papel cumpre neste contexto a socialdemocracia. Como modelopretendidamente «reformista» do imperialismo, é utilizado por este para mellorcontrolar e dividir á clase obreira e ás clases populares con falsas promesas ecoa promoción do anticomunismo, así como no intento de poñer freo ao avancedo movemento de liberación nacional e do socialismo. Así o corroboran, noámbito internacional, o seu apoio implícito ou explícito (segundo as

Page 7: Congreso Constituínte PCLN

7

comenencias) á política belicista e agresora dos sectores máis reaccionarios, asúa participación directa na desestabilización de gobernos progresistas en África(Chad, Benin,...) ou Medio Oriente (Líbano), ou a súa clarificadora utilización enAmérica Latina como relevo das dictaduras para manter o sistema.

Débese destacar, non obstante, que a pesar desta endurecida e reaccionariapolítica, o imperialismo non conseguiu retrotraer ningún proceso progresista (seexceptuamos a pírrica “victoria” de Granada), e nembargantes, nas zonas da súainfluencia, continúanse a dar victorias dos procesos revolucionarios que,independentemente de que a posteriori logre reconducilas ou non en función dosseus intereses, non cabe dúbida que están poñendo en entredito e ocasionandoun desgaste evidente ás súas posicións, (Sudáfrica, Filipinas, Caledonia, etc.).Polo demais, xa é sabido que as graves contradiccións que o mesmo sistemaxera, crean condicións favorábeis para a consolidación e avance dosmovementos de liberación e das forzas progresistas.

3.2.1. Os Movementos de Liberación en Europa Occidental.

O carácter expansionista e dominante no que se asentou a creacióndos actuais estados en Europa Occidental no século XIX por parte daburguesía, creou, en grande medida, as condicións para o actualxurdimento das contradiccións nacionais no seu seo.

A esencia de clase do sistema capitalista, é dicir, a explotación, formaparte das mesmas raíces que xeran os actuais conflictos das naciónsoprimidas de Europa Occidental. Isto é así porque o capitalismomonopolista, para alcanzar os seus obxectivos expansionistas, acentúanon só a opresión social, senón tamén a nacional. De aí que as loitasde liberación nacional neste contexto (é dicir, no mesmo núcleo dosistema), teñan unha identificación total coa loita de clases, coa loitapolo remate da explotación.

Aínda que globalmente, pois, a loita de liberación dos pobos oprimidoseuropeos sexa común para todos, as diferencias da situación política,económica, social e cultural, do grado de dependencia en relación coestado imperialista dominante e de concienciación, organización eloita, fan que a situación dos mesmos varíe (de forma importante ásveces entre si).

Hai diferencias entre Euskadi, Galiza e Canarias polo tipo dedependencia, como tamén a hai entre Irlanda, Occitania e Bretañapolo tipo de conciencia e loita, por poñer algúns casos. Mais non haidúbida, de que todos eles están sometidos a un estado opresor queexplota aos seus pobos e que nega a súa identidade.

Os avances da loita dos pobos vasco e irlandés —aos que se podeconsiderar a vangarda da loita de liberación das nacións oprimidas daEuropa Occidental—, son a constatación práctica máis evidente de quea pesar da especial dureza da loita (polo contesto no que esta se dá, édicir, por ser no mesmo corazón do imperialismo), a liberación dospobos e o socialismo son inevitábeis.

Page 8: Congreso Constituínte PCLN

8

3.3. O endebedamento dos países do capitalismo subdesenvolvido.

As relacións económicas desiguais entre os países do mal chamado TerceiroMundo e as potencias imperialistas, así como a posición dependente que estessempre ocuparon e ocupan, no contesto da economía capitalista mundial,ampliaron deica hoxe a súa explotación neocolonial por parte do imperialismo,ao tempo que puxeron sempre nas mans deste unha importante panca depresión política sobre eles.

Non obstante, o grave endebedamento que sofren na actualidade estes paísesadquiriu tales dimensións que, ademais de agudizar tremendamente ascontradiccións sociais e políticas no seu seo, creou certas diferencias entre eles eas potencias imperialistas, sobre todo cos Estados Unidos.

Non se trata de que as burguesías periféricas cuestionen ao imperialismo (ninmoito menos), ou ao sistema capitalista (que lles concede o privilexio de exercero seu dominio e explotación sobre as masas populares). Pero o que parece claroé que, a nivel político isto provoca importantes diferencias entre ambos, quecontribúen a que aquel non atope todo o aval que desexaría para impor a súapolítica exterior bélica e intervencionista (oposición xeneralizada á agresiónianqui sobre Libia, ao apoio aos contra nicaragüenses, etc.). De ai que aspotencias imperialistas se vexan obrigadas a buscar saídas a esteendebedamento (en función loxicamente das súas intereses); resolución que sóten unha única alternativa xusta a corto prazo, como propuxo o PartidoComunista Cubano: Cancelación total da débeda e implantación dun novo ordeneconómico internacional no que se trate en pe de igualdade.

3.4. O avance dos países socialistas

A degradación ideolóxica e cultural que afecta ao sistema capitalista (fomento deaqueles aspectos máis baixos e denigrantes da condición humana:individualismo, violencia, racismo, autoritarismo, etc.) e tamén a propia criseeconómica, contrastan co avance dos países socialistas coa súa capacidadeautocrítica para superar as deficiencias e coa súa irrenunciábel e coherente loitaen defensa da paz mundial e de apoio aos movementos de liberación nacional.

No transcurso dos congresos dos partidos Comunistas que dirixen estes países,celebrados recentemente, puxéronse de manifesto ao mesmo nivel, os erros e oslogros do conquistado, o crecemento económico e estabilidade e afán desuperación do sistema socialista.

O deseño da política que se realizou para os próximos cinco anos e as previsiónsdeica o ano 2000 (promoción do desenrolo socioeconómico da sociedade,tecnificación da economía de acordo coas novas pautas impostas pola revolucióntécnico-científica, etc.), así como a radical depuración que se fixo, e secontinuará a facer, para desterrar o burocratismo e a corrupción dosmecanismos do estado, evidencian o avance e xusteza dun sistema, o socialista,no que a humanidade ve representadas as súas ambicións nun futuro mellor, noque o home deixe de explotar ao home, permitindo o seu desenrolo integral.

Page 9: Congreso Constituínte PCLN

9

4. A situación no Estado Imperialista Español.

Antes de facer unha análise da situación no EIE e nas nacións irmáns (Euskadi,Países Cataláns e Canarias) é preciso someter a reflexión a seguinte cuestión:

¿Está estabilizada hoxe a monarquía democrático-burguesa?

A falacia de consolidación naceu antes que o novo sistema. Os poderes fácticosdo fascismo xa o anunciaron antes de dála á luz: «todo está atado». E nonfalaban de memoria: por detrás das nacións do Estado e das clases traballadorasestaban conspirando xuntos fascistas, monárquicos, socialdemócratas e euro-comunistas, baixo o coidadoso control da oligarquía española.

Un sistema político consolídase e estabilízase só de dúas maneiras: ousuprimindo as forzas que están en contradicción (é o sistema de dictadura); oucando todas as forzas chegan a un pacto social: é o sistema de democraciaburguesa, o modelo que se persegue. Todas as forzas políticas españolaspactaron. O resultado foi a Constitución Española de 1978. Pero cabepreguntarse: ¿todas as forzas que estaban en contradicción co Sistemaaceptaron na teoría e na práctica a Constitución? E finalmente, ¿Cál era acontradicción principal antes e despois de 1978?

A resposta verdadeiramente rupturista veu dos respectivos Mov. de Lib. Na.Euskadi coa Alternativa KAS e Galiza coas Bases Constitucionais eposteriormente coa súa negativa práctica, que no só formal, ao marcoconstitucional. A maior proba da existencia desta contradicción irresolúbel foique se viren obrigados a criar o Estado das Autonomías, que non estabanxustificadas por necesidades descentralizadoras, senón para suprimir acontradicción ou no peor dos casos amortiguála.

Hoxe o único cambio apreciado neste esquema foi a desaparición da dictadurafascista e a imposición dunha Monarquía democrático-burguesa como sistema degoberno. Os procesos de descentralización quedaron constituídos sen que teñanamortiguado a contradicción principal no Estado: o poder nas respectivas«autonomías» foi tomado, ou ben polas burguesías nacionais en Euskadi eCatalunya, ou pola dereita en Galiza, ao non existir esta burguesía. Non houbo omáis mínimo indicio de que ningún sector social interesado na LiberaciónNacional tomase parcela algunha de poder. Nesta situación a conflictividade vaiseguir existindo cos mesmos prefoi que se viren obrigados a criar o Estado aposibilidade de eliminar as contradiccións existentes. En Galiza as agresións,agravadas pola entrada no MCE, tenden máis á conflictividade social que apotenciar a operatividade das institucións autonómicas.

A situación en todo o EIE tampouco é menos grave. A represión da dictadurafascista desenvolvíase de xeito inherente ao sistema, hoxe, da man do PSOE,non é menos virulenta. O respecto ás liberdades non ten avanzado nada; apermisividade existe na medida en que poda ser neutralizada no fundamental;os medios de Comunicación de masas, controlados pola oligarquía, manteñen enperpetuo estado de sitio á xuventude e aos sectores marxinados da sociedade. Acultura burguesa impregna toda a sociedade cunha cobertura institucional, ao

Page 10: Congreso Constituínte PCLN

10

tempo que se deteriora o ensino público, desprezase a cultura popular epromociónase a relixión. Os dereitos dos traballadores sofren, da man tamén doPSOE, un paulatino deterioro: flexibilización de plantillas, lei de pensións,privatización das empresas públicas, dereitos sindicais, etc... Os dereitospolíticos conquistados durante o fascismo pérdense de maneira continua pola LeiAntiterrorista, Lei en defensa da Constitución, da bandeira, a represión policial,dan a cobertura legal para afogar calquera resposta que se saia do marcoestablecido.

O mito da estabilización da monarquía democrático-burguesa cae pola base aoter asistido, nun escaso prazo de tempo, á desaparición da UCD, á implantacióndo bipartidismo Electoral que desaparece en menos de tres anos, e atopármonosactualmente coa dereita española en plena remodelación e crise, da que é difíciladiviñar o final e os golpes de temón que, tipo 23F, poden aparecer ata esemomento.

Compre facer unha especial mención á situación en Euskadi, onde a represióndáse con máis virulencias. Nestes momentos existen nas cadeas máis de 500presos políticos, a cifra máis grande de Europa en proporción ao número dehabitantes. E o único sitio onde a entrada na comisaria significa a tortura comosistema e a posibilidade de morrer como Arregui e Zabaltza. É o único sitio ondea policía, garda civil e exército están organizados para exercer o terrorismocontra refuxiados políticos. Se isto non chegara, a antiga Lei de Fugas dofascismo está volvendo a ser posta en práctica.

A defensa do Pobo Vasco é a resistencia organizada armada. O inimigo, candoreprime a calquera nivel, sabe que conta cunha resposta inmediata. Istopermítenos afirmar que a loita armada en Euskadi segue tendo o mesmo sentidoque tiña durante o fascismo; o nacionalismo, de ser trabado por espellismosconstitucionais e de mero parlamentarismo, correría o perigo de perder todas asconquistas logradas e base social conquistada.

Tamén é preciso analizar os intentos que se fan en Catalunya de iniciar dentrodas filas do independentismo a loita armada. Hoxe o nacionalismo catalánatópase nun calexón sen saída: a burguesía catalana monopolizando porexclusión a vía institucional; a pequena burguesa o campo cultural e oespañolismo euro-comunista a influencia sobre a clase obreira. Con estasituación calquera tentativa de romper o cerco é a menos má, se con iso críanbases para aglutinar a todo o independentismo e impedir operacións de dubidosocuño que a pequena-burguesía se pode inventar para integrar dentro do sistemaao independentismo.

O outro fenómeno a ter en conta é a evolución do movemento nacionalistacanario, onde o nacionalismo incipiente non soubo sobrevivir ao post-franquismo. A penetración do españolismo, as actividades liquidadoras internas,o desencanto da ineficacia do parlamentarismo que poida defender unha nacióncon tan grande nivel de colonización, a falla de plantexamentos estratéxicoscoherentes e estábeis, levaron ao nacionalismo a un calexón sen saída no queestá situado hoxe.

No resto do EIE a situación non pode ser máis desoladora. A oligarquía, despoisdo 23F, liquidou os últimos restos de resistencia ao Sistema; o parlamentarismoé a única canle participativa en política; A marxe queda o ecoloxismo, opacifismo, a loita feminista, etc... Só desta maneira pode explicarse o efecto que

Page 11: Congreso Constituínte PCLN

11

a chegada do PSOE ao Goberno produciu, co fracaso dos euro-comunistas naescena política e sindical; e mesmo a reducción ao “gueto” testemuñal decalquera forza discordante co Sistema. Pero tamén é preciso deixar claro que asolución para non quedar reducido ao testemuñalismo non é integrarse noSistema. Esta integración, polo demais, non é unha vacina contra o mesmo.

5. A situación en Galiza

Hoxe a nosa nación pasa por unha etapa de profunda crise. Externamente vesecomo un reducto da dereita do fascismo, onde o españolismo ten unprotagonismo fundamental. Esta imaxe internamente vese doutra maneira, peroo certo é que hoxe o nacionalismo está estancado e, en certa medida, é incapazde contrarrestar a imaxe externa que se ten de Galiza.

A clase obreira galega, xunto cos labregos e mariñeiros, é quen está sufrindomáis directamente as agresións do Cap. Mon. e asiste con desesperación eimpotencia á destrucción dos poucos postos de traballo que hai na nosa terra; équen sofre as consecuencias máis directas do paro, os salarios de fame e aemigración.

A loita do sector naval puxo en evidencia que só unha alternativa nacionalista ede clase é capaz de defender os intereses da clase obreira galega, e demostrou,coas tres folgas xerais, a súa capacidade solidaria. Pero tamén puxo demanifesto a feble representatividade da clase obreira dentro do nacionalismo;nós demos as alternativas, a dirección levárona autonomistas e españolistas;tamén quedou clara a nosa incapacidade para interesar a esta clase obreira nosnosos proxectos, ao menos, organizativos.

Hoxe máis que nunca é fundamental reclamar o papel de vangarda que llecorresponde ao proletariado galego no movemento nacionalista, cuestión estaque non pode plantexarse demagoxicamente ou con paternalismo, senónsimplemente superando as concepcións pequeno-burguesas sobre a RN-PG,artellando a nosa actuación nas coordenadas nas que hoxe se move o nosoproletariado, tanto no sindicalismo nacionalista como no Frente.

Sempre se negou o complexo electoralista, negación que non é exclusivo do MN-PG, senón que todas as forzas políticas negan o seu electoralismo. Opragmatismo sempre se impón nunha democracia burguesa. No noso caso édobremente perigoso porque o éxito da nosa loita nunca pode vir pola vía

Page 12: Congreso Constituínte PCLN

12

Electoral: primeiro, porque non ternos o “reclamo” suficiente para chegar ainteresar á maioría absoluta da poboación; segundo, porque a farsa Electoralestá inventada para que isto non sexa posíbel; e terceiro, porque no caso deconseguir esa maioría Electoral non teriamos marco legal axeitado paraproclamar a independencia de Galiza.

As Eleccións autonómicas puxeron de manifesto que a nosa opción comoreclamo Electoral, non é competitiva nas actuais coordenadas. Con presupostoselectoralistas xogamos en desvantaxe con quen poden facer demagoxianacionalista e que, na práctica, avalan a autonomía, a Monarquía parlamentariae o que sexa preciso. Este feito non é recoñecido oficialmente no seo do medio,pero extraoficialmente ninguén defende o contrario. Esta dobre vida política é aque produce desmoralización na nosa militancia, descontento na nosa basesocial e rexeitamento no simple votante.

De continuar esta dinámica podería producirse unha desmobilización progresivae irreversíbel. E importante subliñar neste senso, que o electoralismo non é omáis importante para o nacionalismo. Que os votos, en última instancia, teránque proceder dos sectores máis radicalizados da nosa sociedade por ter levado aloita máis dura e máis consecuente, acorde coas agresións que sofren. Os nososvotos non poden proceder dun galimatías que ninguén asume, nin dedesenterramento de personalismos decadentes.

Quen hoxe pensa que a autonomía está consolidándose, cun partido formado porfascistas de onte (o caso de CP) e cunha xestión que máis semella unha grandeDeputación e cun mimetismo de “marketing” con respecto a Euskadi eCatalunya; quen así razoe politicamente, antepón os desexos aos feitosconcretos; non se pode afirmar isto seriamente e logo dicir que a autonomía éunha farsa; débese facer profesión de fe futura do autonomismo e ir camiñandopouco a pouco cara ás súas fontes.

A situación criada pola entrada no MCE e na OTAN senta as bases para abrirnovos frentes de mobilización, ao atraernos novos sectores afectados. Odeterioro do agro, mar, industria e aínda comercio vai ser máis evidente.

Os efectos da reconversión naval comezan a deixarse sentir. Isto tamén críaunha situación de conflictividade no seo da clase traballadora que ternos queprever. Temos á necesidade de reforzar a alternativa sindical nacionalista frenteao sindicalismo español que serviu e vai servir de intermediario nesta crise.

Page 13: Congreso Constituínte PCLN

13

6. Crise económico-social e incoherenciapolítica.

A grave crise económica que afecta ao sistema capitalista na actualidade, incidedunha forma moito máis dura e estragadora en Galiza, pola súa situación desubdesenrrolo historicamente terceiromundista. Non obstante, profundízase aquíaínda máis, por ser, o noso país unha das zonas máis afectadas pola integracióndo Estado Español na CEE e na OTAN e, como consecuencia, polo proceso de“racionalización” económica que os monopolios europeos impuxeron á oligarquíaespañola como condición indispensábel para aceptala nas súas organizaciónspolíticas, económicas e militares.

Deste xeito, sectores que deica hai pouco formaban a estructura básica da nosaeconomía, foron, ou serán, seriamente danados uns (agro, pesca...), outotalmente destruídos outros (construcción naval), coas graves consecuencias detipo económico e social que disto se derivan.

No transcurso dos dez últimos anos, asistimos, pois, a unha modificación radicale agresiva da economía galega; a súa destrucción sistemática e sen paliativosprovoca un panorama autenticamente desolador. Así:

a) Na industria foron desaparecendo sectores productivos que entraron en criseou que se eliminaron en función dos intereses da oligarquía española, que antesse mencionaban. E o caso, por exemplo, da construcción, do téxtil ou daconstrucción naval. Deste xeito, innumerábeis empresas que absorbían unhaparte moi importante dos asalariados galegos, e que eran consideradas, enmoitas ocasións, como a base da nosa industria, foron pechandosistematicamente ou están ao borde do peche (Regojo, Astano, Ascón, GenSa,Bazán, etc...); o mesmo que ocorreu coa pequena e mediana empresa(Fundialsa, Unión Cradytor, Intelsa...).

b) No sector do agro, a crise económica que o afectou sempre (deica o extremode que esta xa se convertera nunha triste tradición), adquire agora uns niveistan impresionantes que todo induce a pensar que a destrucción absoluta destesector, tal e como hoxe está configurado, é xa, no momento actual, irreversíbel.A política do poder español acelera este proceso de exterminio: incrementodesorbitado e discriminatorio dos impostos (censo, cota empresarial...) e doprezo dos medios de producción (abonos, pensos, etc.), queima dos montes,desinterese total pola comercialización da nosa producción agraria, liquidaciónde subsectores productivos importantes (leite, forestal, etc.).

c) No sector pesqueiro a crise ven dada, fundamentalmente, como consecuenciada integración da oligarquía española na CEE. O desmantelamento da flota queopera en augas comunitarias, ao tempo que se importa peixe fresco procedentedo Mercado Común; a continua desatención pola pesca do litoral; a ausenciadunha política correcta en materia de industrialización das materias primas, asícomo da modernización da flota e a privatización monopolista de zonascomunais de marisqueo son, entre outras, as razóns e os feitos que explican aruína actual deste sector, en tempos privilexiados no contexto da economíagalega.

Page 14: Congreso Constituínte PCLN

14

Son pois os obreiros, labregos e mariñeiros, así como outros (pequena-burguesía), os obxectivamente interesados en apoiar ao nacionalismo popular een formar a súa base social. Porque só este lles ofrece, teoricamente, a únicaalternativa correcta a medio prazo (Plan Galego de Emprego, Plan Galego dePolítica Agraria e Pesqueira) e a longo prazo (autodeterminación) para a soluciónradical e plena da súa problemática.

A incoherencia política.

En que este apoio non se produza na actualidade, en que pareza incomprensíbela paulatina perda de peso político do mesmo entre as clases populares, despoisdeste panorama de crise e desolación que afecta ao noso país; inflúen diversas einter-relacionadas causas. As fundamentais habería que buscalas na falla dunharesposta axeitada e práctica por parte do nacionalismo popular á agresióncontinua e sistemática que se exerce sobre o noso pobo, así como na ausenciadunha política clarificadora e diferenciada, a través da cal se fixera resaltar acontradicción existente entre as falsas expectativas sen futuro, xeradas polosistema colonial, e a realidade sen futuro de Galiza; entre a modernización queeste oferta, e a involución sistemática e o subdesenrrolo, que se aceleran nonoso país.

Page 15: Congreso Constituínte PCLN

15

7. Galiza Nación colonizada: validez e vixenciada teoría de Galiza-Colonia no contextoeconómico e social do Estado ImperialistaEspañol

A loita de clases en Galiza

A opresión colonial de Galiza iniciase coa aparición do Estado moderno e asuperación do feudalismo. Esta opresión perfeccionase cando se aplica o sistemade producción capitalista. A dependencia do imperialismo obriga a Galiza acumprir a función de suministradora de forza de traballo, enerxía, materiasprimas e capital ao servicio dos intereses da burguesía española e doimperialismo mundial.

Esta dependencia de intereses alleos impide que haxa unha explotación racionaldos nosos recursos, polo que a industrialización dirixise a establecer industriasde enclave, de alto custe enerxético e grande poder contaminante, sencontrapartidas en industrias transformadoras das materias primas producidas:Alumina, Celulosas, etc. Por outra banda este tipo de industrias xera poucospostos de trabalo, polo que o mal endémico da emigración segue vixente.

Nos últimos tempos o EIE, para defender os intereses dos monopolioscapitalistas, impuxo en Galiza a destrucción do sector naval como contrapartidapara a súa integración na CEE, levando ao paro e á desesperación a milleiros detraballadores galegos. A chamada reconversión é a mostra máis palpábel daprepotencia colonialista do EIE en Galiza nos últimos tempos.

Por outra banda, a expropiación que se lle fai a Galiza de forza de traballo polavía da emigración, así como da maior parte da enerxía producida, e do capitalxerado polo aforro galego e as remesas dos emigrantes, inviabilizan odesenvolvemento económico do país, xa que estes recursos son invertidosneutras zonas segundos os intereses da burguesía imperialista.

A burguesía en Galiza ten asumido o papel de compradora ou intermediaria;cumpre o papel de grupo exportador: vende materias primas, productos enprimeira fase de elaboración e colabora no desartellamento e esnaquizamentoeconómico do país, realizado coa implantación de industrias de enclave einstalación das multinacionais.

Pódese dicir que non hai clase burguesa autóctona que se comporte como talgrupo social, senón que é burguesía intermediaria que actúa como apéndice daburguesía monopolista española.

A pequena burguesía constitúe un numeroso grupo de poboación formado porpequenos propietarios, comerciantes, profesionais libres, etc. Na actualidadeeste grupo, ideoloxicamente colabora co sistema aínda que os seus interesesobxectivos serían mellor defendidos dende posicións antiimperialistas.

Por definición, o proletariado é a clase social obxectivamente interesada naconstrucción do socialismo. As características máis importantes do proletariadogalego son:

Page 16: Congreso Constituínte PCLN

16

o Concentrado e focalizado na zona costeira, como producto dunhaindustrialización colonialista e dependente, constitúe o grupo máisnumeroso, tendo sido o branco preferente do salvaxe proceso dereconversión.

o Na Galiza interior o proletariado está distribuído en pequenas e medianasempresas, nas que é obxecto de superexplotación, cunhas condicións detraballo e salario miserábeis.

o Dentro do proletariado galego ten un grande peso numérico o sector deservicios (administración, banca, comercio, transporte, hostaleira, etc.).

o A lacra do paro está a medrar continuamente en Galiza. Esta situación defalta de oferta de postos de traballo, está a producir un auxe descomunalda economía somerxida e do subemprego.

o Outra característica que afecta a grande parte da clase traballadoragalega é o simbiotismo, é dicir, o compartir o traballo na empresa conoutras actividades que supoñen ingresos complementarios ao salariosobre todo no agro.

Galiza segue a ser un país agrícola no que predominan os pequenos propietariosque practican unha economía de mera subsistencia. Fortemente agredidos polosmonopolios e unha política fiscal allea a nosa realidade, o capitalismo colonialimpide que poidan determinar os prezos dos seus productos. Actualmente ascativas pensións, xunto coa práctica da economía de autoconsumo destaspequenas explotacións familiares, permiten sobrevivir aos nosos labregos.

Estamos asistindo nas últimas décadas a unha incipiente industrialización doagro galego e á penetración directa dos monopolios (comercialización do leite,cooperativas montadas dende a estructura caciquil, invernadoiros, etc.).

Os mariñeiros non asalariados, mantéñense a base de faenas cotiáns demarisqueo e pesca de litoral. (Consideramos ao resto dos mariñeiros como partedo proletariado galego).

Os traballadores autónomos forman un grupo social cada vez máis numerosodebido a situación de secular colonización que padece Galiza; a súa situaciónagrávase paulatinamente debido á maior introducción do capitalismoimperialista.

A correlación de forzas

Os intereses das clases populares galegas chocan abertamente con interese doEIE en perpetuar a dominación colonial do noso país. Esta dominación realízasea nivel político a través dos partidos españois que actúan en Galiza e que vandende a dereita feixista ao eurocomunismo, pasando pola dereita clásica e asocialdemócrata. Do mesmo xeito, os partidos galegos que aceptan o marcoxurídico do EIE son un mero apéndice do sistema para frear o avance da loita deliberación nacional e social.

Polo tanto, no proceso de loita de clases en Galiza, a contradicción españolismo-nacionalismo aparece como a contradicción principal neste momento histórico.

Page 17: Congreso Constituínte PCLN

17

Como producto da necesidade que ten o pobo galego de autoorganizarse pararomper a opresión colonial, aparecen as diferentes organizacións políticas e demasas do nacionalismo.

Así, no enfrentamento que este sostén contra a citada opresión, van xurdindo oFrente Patriótico interclasista, o sindicato da clase obreira, o sindicato labrego, eas organización estudiantís, da mocidade e da muller, que aparecen, na súamaioría, no transcurso dos últimos dez anos.

A INTG é unha das organizacións de masas xurdidas da necesidade que ten opobo galego de dotarse de ferramentas de combate propias. Por tanto é aexpresión organizativa da clase obreira galega no aspecto sindical, constituíndoo primeiro escalón na toma de conciencia dos traballadores dunha Galiza Ceibe eSocialista.

O traballo desenrolado pola INTG ten alcanzado un nivel aceptable, sendo unhaferramenta moi valiosa do nacionalismo frente ao españolismo.

As centrais sindicais españolas CCOO, UGT, representan a nivel sindical omesmo que os partidos españois a nivel político. A súa actuación prácticaconcrétase nun reformismo sindical, reflectido na política de pactos sociais através da cal castran os impulsos combativos do proletariado.

Estratexia

O imperialismo é o xeito de explotación capitalista aplicado en Galiza. Aburguesía española vehiculiza a súa opresión a través do EIE, formidablemaquinaria asimilista e esmagadora dos intereses do pobo galego e da súaconciencia nacional. O proletariado galego, dirixido pola súa vangardaorganizada no noso partido, ten que ir a romper o dominio do EIE como un dospasos cara o socialismo.

A independencia nacional significa o remate da explotación do capitalimperialista e dos seus aliados en Galiza, e significa polo tanto a única vía cara arevolución socialista.

Dada a actual situación política, cun proletariado refreado na súa loita por unspartidos reformistas colaboradores do imperialismo español, o labor do P.C.L.N.para dirixir a clase obreira galega contra o seu inimigo principal, pasa nestesmomentos polo combate ideolóxico que desenmascare diante do pobo aosaxentes da burguesía española e así mesmo a aqueles partidos de raíz galega,que cegados por figurar na corte virreinal da autonomía, están no proceso detraizoar as clases populares galegas. A independencia nacional, convertese asínun obxectivo a longo prazo, mais tamén, como único xeito de rematar coimperialismo.

A solución estatal que na Galiza se dea no futuro non se pode prever hoxe, poisdescoñecemos cál será a situación internacional nese momento; pero no caso deque a revolución teña triunfado noutras zonas próximas, a independencianacional de Galiza garantirá a libre decisión do pobo de se constituír en estadoindependente, asociado, federado ou confederado.

A revolución proletaria nunha Galiza oprimida colonialmente, ten como pasoprevio ao socialismo, a consecución da liberación nacional. A Comunidade de

Page 18: Congreso Constituínte PCLN

18

intereses do proletariado galego co resto das clases populares, establecerasepolo feito de ser explotados por un inimigo común, o imperialismo español. ARevolución Nacional Popular Galega sería así a primeira etapa da revoluciónsocialista en Galiza.

O traballo político das organizacións anti-imperialistas provocou un lixeiroaumento da conciencia nacional no noso pobo. Isto levou ao imperialismoespañol na actual etapa democrática-burguesa, a un cambio da tácticaempregada na época feixista, para asimilar esta incipiente toma de conciencia eperpetuar así o seu dominio. Recolleu no seu marco xurídico:

Constitución, Estatuto, unha descentralización administrativa sen competenciasreais, e ademais vixiada polas institucións de tipo virreinal que conserva oestado dentro da Comunidade Autónoma: Delegación do Goberno, GobernadoresCivís, etc.

O establecemento do réxime autonómico refreou a toma de conciencia nacionalno pobo galego, e desviouno do obxectivo de liberación nacional. Do mesmoxeito, certos sectores nacionalistas auto-descalificáronse polo seu interese enxogar no marco constitucional-estatutario, actuación que aumentou odesconcerto do pobo galego que está a punto de quedarse sen unha referenciaque lle indique o camiño correcto a seguir. O P.C.L.N. asume o reto histórico demanter a vía de liberación nacional como saída da explotación imperialista, poloque temos que seguir no enfrontamento total contra a Constitución Española e oseu fillo, o Estatuto de Autonomía.

A autoorganización das clases populares é a única garantía de que se vaia aoproceso de liberación nacional. Todo o que non estea determinado polo nosoesforzo, con total independencia ideolóxica, política e organizativa, en función daloita polos nosos obxectivos de independencia nacional como paso necesariopara a construcción do socialismo en Galiza, non traerá máis que dependenciaou neocolonialismo.

Por máis que se declaren socialistas ou comunistas, os partidos españois soncontrarrevolucionarios, xa que colaboran na opresión colonial de Galiza.

Por outra banda, as organizacións políticas que, actuando só en Galiza, aceptano marco xurídico do EIE, Constitución e Estatuto, son semellantes aosespañolistas, xa que negan a vía da liberación nacional e constitúen un maiorperigo ao enganar aleivosamente ao pobo galego.

A posición do Partido Comunista de Liberación Nacional nas diferentes escadasorganizativas: Frente, Sindicato, Organización de loita ecolóxica, veciñal,estudiantil, etc., ten que ser nidia e intransixente contra as posiciónsclaudicantes que se están a dar dentro do campo nacionalista.

Unha vez triunfante a RN-PG o noso partido defende a aplicación das seguintesBases Constitucionais para organizar e construír un novo país:

As medidas político-administrativas mínimas serán: Declaración daindependencia nacional e constitución dun Goberno Galego. Disolución da actualorganización territorial e da estructura administrativa do EIE en Galiza,sustituindoa por outra axeitada á realidade galega. Construcción das instituciónsdemocrático-populares, entre elas a Asemblea Nacional Lexislativa. Concesión detodas as liberdades democráticas ao pobo galego e garantía do seu exercicio.Creación das forzas armadas revolucionarias, como garantía para impedir a

Page 19: Congreso Constituínte PCLN

19

contrarrevolución; elas sairán do brazo armado que ao noso pobo lle comprepara a RNP.

As medidas de tipo económico teñen que ir a conseguir a liquidación dosmonopolios, para saír do colonialismo. As principais serán: Creación dunorganismo que dirixa e planifique a economía galega. As primeiras medidasdeste organismo serán: Nacionalización de todos os sectores económicosconsiderados estratéxicos, banca, enerxía, minería, transporte, construcciónnaval, pesca. Creación de empresas nacionais nestes sectores, así como unhaque se encargue da comercialización de todos os productos. Respecto ápropiedade privada cando non implique relacións sociais de explotación.Nacionalización do chan urbano. Mentres non se chegue a un réxime depropiedade socialista, artellarase un sistema tributario tendente á mobilizacióndo excedente económico en proveito da sociedade.

Reforma agraria a través das seguintes medidas: Nacionalización das empresascapitalistas, converténdose en granxas do estado ou empresas agrariassocialistas. Respecto ás pequenas explotacións de tipo familiar, estimulando asúa conversión en cooperativas. Instalación de industrias de transformación dosproductos do campo. Creación dunha empresa nacional para a comercializacióndos productos agrarios.

As medidas mínimas de tipo social serán: Dereito e deber de traballar; salariossegundo as necesidades do traballador; non discriminación por razón de sexo;reducción da xornada de traballo deica a consecución do pleno emprego;estatalización da sanidade para facela verdadeiramente pública e gratuíta;establecemento dun réxime de pensións de xubilación que se dirixa a marcar oimporte das pensións segundo as necesidades dos pensionistas.

As medidas mínimas de tipo cultural-educativo serán: O idioma galego será ooficial e exclusivo do estado democrático-popular. O ensino farase todo engalego, será estatal e axustarase aos principios de gratuidade, obrigatoriedadedeica aos 18 anos, laicidade e coeducación de sexos; estará adaptado árealidade do país, tanto nas modalidades de organización como nos contidosmateriais. Haberá participación popular na planificación educativa; de inmediatoprestarase apoio oficial ás clases populares a través de campañas dealfabetización, dinamización cultural, etc.

No plano da política internacional, o estado democrático-popular galegopracticará unha política de paz e cooperación cos pobos de todo o mundo,baseada no antiimperialismo. Polo tanto, manterá relacións privilexiadas cospaíses socialistas e con aqueles pobos que se encontran en loita pola súaliberación nacional, en aplicación da doutrina do internacionalismo proletario.

Para que o estado democrático-popular sexa viábel, o pobo galego, dirixido polasúa vangarda organizada no Partido Comunista de Liberación Nacional,instaurará a Dictadura do Proletariado contra a minoría burguesa e os seuscolaboradores.

A maquinaria represiva de estado imperialista ten que ser destruída esubstituída por un estado ao servicio do pobo. Esta organización estatal nova énecesaria porque o pobo ten que impoñerse pola forza, e garantir con ela que aminoría burguesa non poida retomar o poder no período no que as clasespopulares van creando as condicións que farán desaparecer a burguesía comoclase social.

Page 20: Congreso Constituínte PCLN

20

8. A actuación política e os obxectivosinmediatos.

É evidente que o sistema dispón de múltiples e diversos mecanismos paraconseguir a integración da sociedade no seu modelo. Por iso, a preocupaciónfundamental do nacionalismo popular galega —que pretende modificar talsistema— debe de estar centrada naquel que evite tal integración.

Reducir a súa práctica política unicamente á participación electoral einstitucional, convertendo ás organizacións de masas en meros apéndices destapolítica, e fuxindo da radicalización que a realidade de Galiza impón, é o erro noque caeu aquel nos últimos anos e no que se mantén na actualidade. Erro queconduce, irremediablemente, á integración, e polo tanto a que o noso pobo nonse diferencie dos demais do sistema, entre os que nos atopamos en inferioridadede condicións e de posibilidades. Erro no que hai que buscar, polo tanto, a causada confusión que ten aquel sobre nós (entre o que dicimos e o que facemos), e,como consecuencia, da perda progresiva de credibilidade e apoio populares queafecta ao nacionalismo na época actual.

1. labor fundamental do noso Partido no momento presente debe estardirixida sobre todo cara o intento de modificar este erro. Para isto,paralelamente á súa presencia entre o pobo —e, en especial, entre a claseobreira—, como vangarda da loita de liberación nacional e polo socialismo,o noso Partido orientará a súa actuación política cara a:

2. 0 fortalecemento do Frente de Liberación Nacional, promovendo o seucarácter anticonstitucional, o seu anti-imperialismo, e a superación da súapráctica contradictoria actual, meramente electoralista.

3. A potenciación das organizacións de masas nacionalistas, como as CC.LL.;sobre todo da INTG, por ser a primeira ferramenta organizativa da claseobreira galega.

4. A promoción do traballo político entre a mocidade e a súa auto-organización, como cuestións vitais.

5. respecto por todos os métodos de loita, sen excepcións cando esteanrigorosamente relacionados coa loita e mobilización populares.

6. estreitamento de relacións solidarias cos movementos progresistas eantiimperialistas de todo o mundo, así como co movemento Comunistainternacional. No ámbito de Estado Español estas relacións centraransefundamentalmente coas organizacións dirixentes da loita de liberación dopobo vasco, e dicir, con Herri Batasuna e, por afinidade ideolóxica, copartido HASI.

Page 21: Congreso Constituínte PCLN

21

9. O frente nacionalista

9. a) A nosa actuación de Partido no Bloque Nacionalista Galego.

A liberación nacional e social de Galicia pasa, segundo o definido no nosoprograma político, por artellar un Frente Patriótico que recolla a unidade dasclases populares interesadas na independencia da nosa terra.

Por esta razón, debemos prestar toda a atención e apoio político necesario aoBNG, expresión actual do frente patriótico.

A configuración do noso frente patriótico como unha alternativa pluralista ondeconverxen sectores e organizacións nacionalistas de distinta orixe e concepciónideolóxica, obriga ao Partido a ter en conta este factor de cara a garantir que oeixo de unión de todas as forzas que compoñen e BNG sexa un programa deacción político-organizativa que unifique a todos os nacionalistas galegos. Osproblemas, por diferencias políticas xurdidas no seo de PG, orixinou que aquelasse reflectiran en certa medida no propia BNG; en especial en organismos dedirección. Por iso compre sentar as bases para conseguir un respecto mutuo dasdiversas correntes que hoxe coexisten no Frente, pero deixando que isto nondebe confundirse con ningunha renuncia pola nosa banda frente calquerarebaixamento sistemático dos nosos principios políticos. En todo caso, convénesforzarse por manter a unidade máis ampla do nacionalismo e distinguir benentre o que son deferencias puntuais de criterios e discrepancias políticasestratéxicas. En definitiva, a nesa posición política no Frente será afortalar ocombate contra as posicións propias do seudonacionalismo, hoxe alentado polopropio sistema, e continuar a loita polo programa político de soberanía nacionale popular.

Como alternativa de traballo político no Bloque cómpre deixar definidos osseguintes obxectivos:

1. Continuar afortalando politicamente o BNG en base á súa importancia porconseguir a liberación nacional e social de Galicia, tendo como referenciafundamental efectivizar ao programa político de Frente Patriótico.

2. Asumir practicamente o programa do frente patriótico con todas asconsecuencias, sen ningún tipo de exclusións de métodos de actuación eorganizacións políticas que loiten na dirección de conseguir os obxectivosdo BNG. Neste sentido, cómpre deixar aberto o frente a calqueraorganización disposta a aceptar o noso proxecto frentista.

3. Ser os promotores e dinamizadores das alternativas movilizadorasacordadas pola organización frentista de cara ao potenciamentorevolucionario do Frente Patriótico.

4. No terreo político e organizativo compre potenciar que a definición daactuación do BNG pase por procesos de discusión constantes, abertos eamplos que procure que as resolucións políticas sexan elaboradas etornadas o máis democraticamente posíbel.

5. Garantir o funcionamento asembleario, estendendo ao máximo como xeitoorganizativo, potenciando a importancia das Asembleas Locais eComarcais como maior garantía de participación e democracia. Neste

Page 22: Congreso Constituínte PCLN

22

senso, a política local a todos os niveis (sindical, institucional, etc.) debeser asumida pola propia organización local sen deixamentos sectoriais oudoutro nivel de ningún tipo.

9. b) A política institucional.

O eixo que veu marcando a política institucional do nacionalismo popular estivodefinido, no seu memento, polo acordo do Movemento Nacionalista Galego denon acatar a Constitución Española. Esta decisión tomábase polas seguintesrazóns:

1. Porque o acatamento do marco constitucional significaba ter quesometerse aos principios recollidos nel, é dicir, a Monarquía Franquista, a“sagrada unidad de la patria”, ao sistema de explotación capitalista, anegación do dereito de autodeterminación, en definitiva todo canto nega onoso programa político nacionalista.

2. Porque se valoraba que se nos sometiamos ao devandito acatamentoeliminabamos un factor moi importante de resistencia frente ao Réximeque iniciaba así un proceso global contra o noso proxecto e que poderíachegar mesmo ata a nosa legalización práctica.

3. Porque, ademais doutras razóns, a Autonomía xa naquel intre contaba cunserio deterioro que evidenciaba que esta institución non representabaningún paso adiante, senón unha camisa de forza para enfeudar aonacionalismo galego nun calexón sen saída que ademais coa nosapresencia, pola vía do acatamento á Constitución, víñamos a lexitimargravemente.

O alcance e significado da institución autonómica quedou en manifesto cando nintan sequera se respectaba a soberanía popular expresada nas eleccións,impedindo así a presencia institucional do nacionalismo. Por iso, coa negativa aoacatamento da Constitución española conseguíanse dous obxectivos:

1. Demostrar o carácter fascista do marco constitucional e autonómico e ainutilidade da nosa presencia nunha institución que nin tan sequera nateoría respectaba a loita pola Soberanía Nacional.

2. Pasar a un primeiro plano o combate contra o sistema centrado nunenfrentamento aberto contra o marco político imposto frente aos interesesnacionais e populares galegos: a Constitución española, que é a expresiónda reforma política preparada polo franquismo.

E se ben a nosa posición non tivo o respaldo social necesario para afrontar congarantías de éxito a corto prazo, este enfrontamento político en defensa do nosoprograma, tamén é certo que nos permitiu marcar unha clara liña divisoriafrente ao españolismo reformista de toda clase. O panorama político do nosoPaís clarificábase. Por unha banda aliñábanse todos os constitucionalistas,partidarios de apelar e/ou xogar dentro da reforma política franquista, e doutrao movemento nacionalista galego partidario de manter unha política rupturista aprol de conseguir a autodeterminación e o socialismo. Ao rebaixar os mesmos

Page 23: Congreso Constituínte PCLN

23

presupostos políticos a raíz dos resultados electorais, séntanse as bases paraintegrarse no marco constitucional, sen ningunha contrapartida real para oM.N.G.

Esta decisión foi tomada sen que, con antelación dabondo, se afrontase undebate serio que permitise, no seu caso, un cambio de postura baseándose enrazóns fundamentadas e non por causas puramente coxunturais.

Esta resolución precipitada provocou en importantes sectores que seguen o nosoprograma político institucional, unha falta de credibilidade política e puxo demanifesto unha incoherencia e grave contradicción que non foi só froito dosresultados electorais, senón tamén dun xiro na nosa política estratéxica que veumotivado en parte por querer competirlle ao PSG-EG un espacio electoral einstitucional pola vía de rebaixar os nosos principios políticos sen querer ter enconta que non depende tanto diso como de crearse unha imaxe moderada e deter unha práctica política abertamente populista e reformista, papel que hoxeestá reservado ao nacionalismo descafeinado, tendo por tanto o nacionalismo eo seudonacionalismo espacios e obxectivos completamente opostos, por ser oBNG unha opción política a prol da liberación nacional e social de Galiza e por sero PSG-EG un apéndice da socialdemocracia española que tenta consolidar omarco autonómico e o estado das autonomías. Neste contexto, a nosaorganización debe ter como obxectivo o evitar que desde instancias do FrentePatriótico se afonde no alonxamento de prantexamentos rupturistas, impedindoque se sigan a dar casos de funcionamento de Concellos nacionalistas ao marxedas directrices do BNG ou que no propio Frente se dean actuacións irregularesque non respecten o noso programa.

En consecuencia, propóñense as seguintes resolucións políticas:

1. Rexeitar a participación no eido institucional a cambio de ceder encuestións de principios políticos estratéxicos.

2. Relativizar a importancia da loita institucional deixando claro que este éun aspecto máis, por importante que sexa, dentro da loita do noso Partidopor conseguir unha Galiza ceibe e socialista.

3. Manter como eixo da nosa actuación institucional a loita por combater aConstitución e máis o Estatuto de Autonomía, como símbolos da negacióndo dereito do pobo galego á súa autodeterminación.

4. En consonancia co apontado, a formación de listas electorais debe virdeterminadas pola garantía de que as persoas que as formen, respondana unha liña de defensa do noso programa político e non montar listas-tinglados electorais (a máis listas máis votos) que unicamente significan odescrédito e debilitamento, tanto político como organizativo.

5. Concorrer aos próximos procesos electorais pero deixando claro que oobxectivo é a defensa e clarificación do noso programa e o potenciamentodo Frente Patriótico, pero nunca o rebaixamento dos nosos principiospolíticos.

6. Respecto da presencia institucional, en caso de ser goberno municipal, porsuposto como de ser oposición, a nosa liña de oposición pasa por amosara nosa capacidade político-administrativa pero tamén por manter uncuestionamento constante das propias institucións como algo alleo econtrario ás intereses do pobo galego.

Page 24: Congreso Constituínte PCLN

24

10. Ponencia sindical. Balance dos últimosanos e características da situación actual.

1. O rotundo fracaso da política seguida de Unidade do Sindicalismo Nacionalistaquedou manifestada coa expulsión e escisión dun sector da INTG, composto porEG, EX-CSUT e expulsados da UPG no ano 81, producíndose unha rupturapolítica definitiva entre dous proxectos sindicais contradictorios. Este procesodemostrou a imposibilidade de convivencia dentro da mesma organización dealternativas políticas e sindicais que estean enfrentadas en cuestións tanfundamentais como a ruptura co aceptamento do Estado Español e o sistemademocrático-burgués, a Constitución Española e os Estatutos de Autonomía.Estas cuestións condicionan totalmente a práctica sindical, non só respecto depuntos referenciais, senón tamén na política de alianzas e no traballo diario.

É incompatíbel a coexistencia entre un proxecto rupturista de LiberaciónNacional e un proxecto reformista e autonomista.

2. A maior capacidade de dirección e iniciativa dos comunistas galegos a travésda INTG sobre o movemento obreiro galego, como quedou demostrado nasloitas contra o desmantelamento industrial, as tres folgas xerais do ano 84, amultitude de loitas sectoriais e de empresa, e o erguemento do movemento deparados...

3. A capacidade de asimilación do proletariado galego da violencia cando seexerce ao carón da loita de masas.

4. A loita contra a reconversión naval, que aínda non rematou totalmente,fracasou na última etapa, de Decembro do 84 a Marzo dc 85, xa que non seradicalizou cando xa os traballadores estaban diante das “bolsas de paro, e istotanto pola nosa cativa incidencia nas factorías e o boicot de autonomistas eespañolistas, como pola nosa indecisión de contestar nós sos o pase aosofendos”.

5. Existe un forte deterioro dc nivel de vida dos traballadores, caracterizado poloforte paro que segue a medrar, e unhas cada vez peores condicións para os queteñen traballo, con eventualidade, baixos salarios, exceso de xornada e unhagrande represión no seo das empresas. Todo isto favorecido por unha lexislación“liberal” do PSOE.

Xunto isto, unha corrupción cada vez maior que impide poder recorrer aosaspectos legais menos lesivos para os traballadores.

6. A negociación colectiva é cada vez máis burocratizada e afastada dostraballadores, o cal implica menos conflictividade social e que o Pacto Social nonestea sendo contestado coa forza necesaria.

Page 25: Congreso Constituínte PCLN

25

7. Comprobamos a ineficacia das institucións tripartitas, tanto a nivel estatalcomo provincial, con moi pobres resultados, incluso a nivel de xestión. A únicautilidade real de ter a presencia institucional está nos ingresos financeiros.Cáseque non temos avanzado ren cara á consecución de organismos galegos.

8. Explicitamente apoiamos ao BNG nos procesos electorais desde a INTG decara a conquerir unha maior identificación entre o movemento sindical e omovemento político xeral do Nacionalismo Popular.

9. No último ano teñen aparecido no seo da INTG algunhas contradiccións encanto a política de alianzas co españolismo e pseudonacionalismo.

Criterios de actuación

1. Fortalecemento da INTG a todos os niveis, sendo conscientes do papel deferramenta para a Liberación Nacional que ten que cumprir.

Nunha situación colonial como a galega, o papel do sindicalismo de clase éobxectivamente revolucionario, porque os obxectivos a conseguir soninasimilábeis polo Estado e a loita sindical convertese en loita políticanecesariamente. Por iso dicimos que a INTG é xa parte do Movemento Galego deLiberación Nacional, e non limitamos o papel da INTG ao estreito marcoreivindicativo laboral.

2. A INTG cada vez máis ten que ter a iniciativa e dirección do proceso de loitado proletariado galego. Nos últimos anos conseguimos este papel na dirección daconflictividade obreira e foron escasas as loitas non levadas por nós. Podemosasentar moito máis aínda a nosa capacidade para xerar e conducir as loitas emobilizacións. A pasividade e impotencia de españolismo sindical está ancoradocada vez máis na dependencia dos cumios madrileños e nun burocratismodexenerante.

Isto obríganos a facer na maioría das ocasións nós sos as convocatoriasmovilizadoras como único xeito de as poder realizar e de que as nosasalternativas e mensaxes cheguen sen confusións aos traballadores, podendo asítamén rentabilizalo. O Plan Galego de Emprego e o Marco Galego de RelaciónsLaborais son as alternativas, as alternativas globais de carácter sindical queimpregnarán a nosa actuación.

3. Precisamos urxentemente fortalecer organizativamente a INTG conquerindo aparticipación dos traballadores, atraendo aos elementos de vangarda da claseobreira e dotándonos de estructuras sindicais sectoriais e zonais que realmentenos permitan acometer o traballo sindical dun xeito revolucionario, combatendoos erros burocratistas de traballo que fan descansar as tarefas nos liberados.

Page 26: Congreso Constituínte PCLN

26

4. Respecto das relacións coas demais centrais sindicais, debemos ser moiclaros, pois non nos interesan en absoluto ambigüedades; somos unhaalternativa cunha traxectoria histórica moi definida, erguémonos e asentámonosen contradicción e combate co españolismo e debemos seguir mantendo adiferenciación dos nosos sinais de identidade, servindo de polo referencial eorganizativo para a clase obreira galega.

A nosa política sindical pasa por erguer nós a mobilización da clase obreiragalega, por introducirnos e asentarnos nas empresas, e non por chegar aacordos superestructurais co españolismo que provocarían a desaparición danosa mensaxe, impedirían a radicalización e de onde non extraeriamos ningúnbeneficio. A única maneira de avanzar é a través da loita e a confrontación cogoberno e a patronal; non son coñecidas outras formas de facerse respectar.

Polo tanto, para chegar a acordos con outras centrais sindicais é necesario quesexan estrictamente coxunturais, por cuestións moi concretas e puntuais (ex.negociación colectiva) e que politicamente nos interese, porque levamos ainiciativa e procuremos un maior movemento de masas para loitar e impulsar oMarco Nacional de Loita.

O pseudonacionalismo ten para nós a mesma consideración política e sindicalque o españolismo a todos os niveis.

5. Potenciamento das Asembleas de Parados, das vocalías da Muller e daMocidade por sectores específicos xeneradores de mobilización social en procurade elementos activistas para a organización da Intersindical.

6. Conseguir o maior número de delegados sindicais posíbeis, sendo conscientesdas dificultades de conquerir os 1.500 delegados esixidos pola Lei de LiberdadeSindical para ter a consideración de “Sindicato máis representativo”.

Enfocar a campaña Electoral con criterios políticos e organizativos de cara aincrementar a afiliación, asentarnos e penetrar nas empresas, espallar a nosaalternativa sindical e sobre de todo, involucrar na campaña ao maior número decompañeiros.

Relativizar a importancia da presencia institucional na medida en que só nosreporta algún diñeiro, certa imaxe de implantación e certas prerrogativasadministrativas. Ningunha destas cuestións é vital para o mantemento e medreda INTG. Neste senso, rexeitamos a posibilidade de chegar a acordos con outrascentrais sindicais co obxecto de ter presencia institucional.

7. Como partido os nosos obxectivos son conseguir os propios obxectivos daINTG, dentro de eido sindical. Os nosos esforzos están centrados na realizacióndun correcto traballo de masas e de participar activamente nas ¡citas,procurando o seu correcto enfoque. Respecto doutras forzas políticas actuantesna INTG, evitaremos a conflictividade por cargos, áreas de poder ou liberados. Anecesaria loita ideolóxica e de alternativas que levemos adiante faraseabertamente co obxectivo de convencer das nosas posicións.

Page 27: Congreso Constituínte PCLN

27

A INTG é un dos meirandes logros do Nacionalismo Galego, e representa unproxecto vital para a clase obreira e para a liberación nacional; polo tanto, paraos Comunistas faise imprescindíbel a convivencia cos demais compañeiros,organizados ou non, e temos que saber conducir o proceso conxuntamente, senesquivar a confrontación de ideas e alternativas, sen deixar de levar adiante asloitas, pero evitando enfrentamentos destructivos.

O grande reto que ten a INTG é a realización práctica dun sindicalismocombativo, cunhas coordenadas nacionalistas e con cada vez maior influencia naclase obreira. A isto temos que adicar os nosos esforzos, xa que as batallaspolíticas gáñanse na práctica, organizando e dirixindo as masas.

Page 28: Congreso Constituínte PCLN

28

11. Agro

Dende a súa creación, as CC.LL., sempre se destacaron pola súa combatividadee enfrontamento frontal ao sistema, e boa proba disto é unha loita que aíndahoxe, ten unha asunción real polos labregos galegos como é a da CotaEmpresarial, loita dunhas claras connotacións antiimperialistas e dunha fondapresión ao sistema, pois non pagar a cota maniféstase como desobediencia civilao poder establecido. Este tipo de loitas pola súa conflictividade, xeraron naDirección das CC.LL. unha necesidade de enfrontar outro tipo de traballoencamiñado a buscar saídas formais á problemática no agro, á vez que setentaba potenciar determinado tipo de cuestións que xeraran un sindicalismo deprestacións e servicios. Esta última tese é a que hoxe impera maioritariamenteno seo das CC.LL., agora ben: a situación actual no agro galego, pódeseconsiderar catastrófica, polo que a integración na CEE está supoñendo para osnosos labregos.

A política agraria do Goberno Español, ten un único e definido obxectivo conrespecto ao agro galego: preparar e adecuar a situación social, as estructurasproductivas, e os canles de comercialización, a penetración monopolista que xase está a dar nestes momentos no noso agro, penetración para a que énecesaria a destrucción das nosas explotacións e a práctica desaparición doslabregos galegos.

Toda esta política agresiva ten varios canles de vehiculización entre os quedestacaremos pola súa importancia os seguintes:

Agresións colonialistas. Continuamente se está a agredir ao noso pobo cunhapolítica claramente colonialista, que nestes intres se está a agravar fondamente.Os encoros que se proxectan realizar ou se están realizando son clara mostradesta agresiva política de espoliación.

Prezos productos. Os prezos dos productos fundamentais do agro galego sontotalmente “irrisorios”, e non resisten o máis mínimo cálculo, non só derendibilidade económica, senón de garantir minimamente a supervivencia dosproductores.

Presión fiscal. A presión fiscal sobor dos labregos, é de unha intensidade tal, queimposibilita que moitos deles lle poidan facer frente. Como exemplos pódensepoñer o que pagan os labregos pola S.S. (censo), que fai que moitos non poidanter acceso a un dereito fundamental como é o da asistencia sanitaria, ou o deseguir mantendo a inxusta cota empresarial agraria da seguridade social(COSSA).

Diante desta situación, prantéxasenos ao noso entender unha soa alternativa,que é o reforzamento e potenciación a todos os niveis da única ferramentaautoorganizada que teñen os labregos galegos: as CC.LL.

Agora ben, o sindicalismo que temos que desenrolar no agro, non pode pasar enningún intre pola colaboración cun sistema que ten o comportamento antesmencionado, e só caben ante as agresións que están a sufrir os labregos galegosrespostas o máis duras e agresivas posíbeis, tendo en conta que as respostas noagro son directamente proporcionais á axitación social que se faga. Só llequedan pois ás CC.LL. a axitación para conquerir a maior mobilización e presión

Page 29: Congreso Constituínte PCLN

29

social posíbeis, e o camiño da radicalización nos conflictos como resposta ásagresións que o capital monopolista e colonialista exercen sobre do noso agro.

A conclusión que o P.C.L.N., quita desta análise, é que un sector destascaracterísticas que pode e ten que xeran unha forte conflictividade motivadapolo ingreso na CEE, é necesario reforzalo con todas as nosas forzas e traballararreo para que, posturas claudicantes, non tomen corpo na única ferramenta detraballo que posúen os labregos galegos.

12. Problemática actual da mocidade

O problema nacional e social, e a opresión por parte do Estado colonizador danosa Patria, lévanos a unha situación crítica tanto económica como socialmente,tendo como primeiro punto referencial a supeditación e dependencia de Galiza.O imperialismo español é quen subciona todas a nosas riquezas, o grande capitalé quen rouba todos os nosos recursos para manter unha sociedade represiva ecolonial: a sociedade capitalista española.

A mocidade é un dos sectores que máis sofre o acoso do imperialismo. Boaproba diso é o tremendo paro xuvenil, símbolo da crise do actual sistema; oensino antigalego e antipopular potenciado polo españolismo máis abafante; amarxinación, as sustancias psicotnópicas, o alcohol e a delincuencia comoalternativas ofrecidas pola burguesía opresora; o servicio militar como arma deconcienciación ”patrioteira”; a política sexual arcaizante como símbolo demoralidade burguesa inmobilistas...

Tamén a ideoloxía pequenoburguesa conseguiuse introducir na sociedade,gracias ás modas impostas polas multinacionais (discográficas, diversións,vestimentas, etc.) e que os mozos aceptan como un falso progresismo.

Outra praxe burguesa, a selección do mellor preparado, de que teña vocación delíder, implica marxinación para os restantes sectores xuvenís, case sempre os daclase máis baixa.

A instalación no ensino dos valores dominantes: individualismo, concorrencia,insolidariedade. Hai que fundir aos demais e ser máis listo para así ter máisposibilidades.

A situación dos/as nosos/as mozos/as labregos/as ancorados na dependenciafamiliar e nas terras dos seus pais. Ou a solución da emigración, pola opresiónfiscal, xa que con dúas, tres ou catro leiras non pode vivir unha familia. Ou abusca dun posto de traballo no paraíso, é dicir, na cidade. Ou aguantar eintroducirse no círculo pechado da mesma xente, dos mesmos lugares, etc.

Page 30: Congreso Constituínte PCLN

30

A represión exercida sobre as mozas:

Man de obra barata pola súa condición de muller, o sexo para reproducir e afamilia, a supeditación ao home como únicas metas impostas pola sociedadepara as mozas galegas. A lei de aborto como recorte das liberdades máissimples.

Para rematar, a grave crise económica e social que sofre o capitalismo déixasesentir sobre todo nas camadas máis novos da poboación.

A alternativa das oficinas de emprego, os traballos máis pesados cos soldos máisbaixos, as condicións infrahumanas, a realización de traballos clandestinos, amarxinación e a supeditación ao amo, etc. Son as solucións da mocidade hoxeen día. En resume a situación dos/as mozos/as pasa pola represión económica,política e social. Sen características idénticas entre os distintos sectores o paro,a alfabetización, a imposíbel independencia familiar, a marxinación, oindividualismo, a concorrencia,...

Non é unha situación moi optimista, pero onde nós non podemos caer e en que“xa non hai solución”. Como Partido de clase temos a responsabilidade históricade loitar, combater, organizar e mobilizar a todos os mozos para dar unharesposta contundente ás agresións que hoxe en día estamos a sufrir.

Somos nós, o Partido, a vangarda da clase obreira, a punta da lanza paraconquerir a independencia, a quen temos que dirixir as organizacións de masas:

E.R.GA., Secretaria da Mocidade, Grupos Xuvenís do B.N.G., para dar unharesposta con cada organización a cada un dos problemas dos distintos sectoresda mocidade.

Debemos estar en todos os conflictos, apoialos por mínimos que sexan, debemosdarlle a todos eles a mesma importancia. Só gañaremos combatendo ao EstadoImperialista Español cun traballo político de concienciación e mobilización.

A mocidade no partido

Cómpre dar unha resposta ao proceso de formalización e consolidación a todosos niveis, da alternativa política que representa o Partido no procesorevolucionario de loita pola independencia e o Socialismo.

O Partido non pode esquecer o espacio político da mocidade e tenlle que darunha alternativa propia, comunista e patriótica, pois o potencial de Partido e darevolución atópase na xente nova.

A mocidade comunista é a reserva e e auxilian ao Partido. A súa tarefa é a depreparar os cadros para asegurar canto menos, a continuidade da organizaciónComunista.

Entón o papel da organización das Mocidades é o de formar comunistas, xa quelogo o Partido recibirá en grande parte o que sexan capaz de facer asmocidades. As mocidades teñen que ser unha organización dos/as rapaces/asobreiros, labregos, mariñeiros e estudiantes, que nunca poidan perder o seuespírito de clase, é dicir, proletario, comunista.

Page 31: Congreso Constituínte PCLN

31

Organización.

A mocidade do Partido ten que ser unha organización de clases (nunca demasas) onde os militantes vanse formar combativa e ideoloxicamente comocomunistas revolucionarios galegos: só a loita organizada educa a claseexplotada, descóbrelle a magnitude da súa forza e amplía os seus horizontes.Porque á mocidade correpóndelle aprender o comunismo para ser relevo doPartido, pero sen traballo, sen loita, o coñecemento libresco do Comunismoadquirido nos folletos e obras Comunistas, non ten ningún valor, porque nonfaría máis que continuar o antigo divorcio entre a teoría e a práctica.

O Partido debe prestar á mocidade a maior colaboración posíbel nos seusesforzos por se organizar; neste senso, unha vez rematado o CongresoConstituinte faranse entre todos os esforzos necesarios para levar a cabo acreación das Mocidades do Partido, partindo das seguintes liñas xerais:

a) Creación das células de estudio, traballo e axitación especificas da mocidade.

b) Creación dun Organismo ou Comisión da Mocidade que se encargue de:

o Coordinar a acción entre as distintas células da mocidade e evitar aincoherencia entre as distintas zonas da nación.

o Preparar con toda a militancia moza, o Congreso Constituinte dasMocidades unha vez que sexa posíbel e se cren as condicións para levalo acabo para establecer a propia alternativa no ensino, no agro, noasociacionismo, no paro, na problemática delincuencia-droga, no deporte,na ecoloxía, no frente, nas institucións, na mili, no sindicato, na liberaciónda muller, elaborar os estatutos e programa...

o Supervisar a disciplina a todos os niveis, impedindo sobre todo oabandono e a falla de compromiso.

c) Tense que formar a organización da mocidade con xente tanto contactadacomo allea a nós, integrándoa na dinámica progresivamente. Isto conseguirasecoa relación persoal e discusión política, e a invitación a participación nosnumerosos actos políticos (sexan culturais ou reivindicativos): estes sonpotenciadores dunha concienciación e politización que a bo seguro rematará cuncompromiso de loita e traballo.

d) Formación dun corpo social a nivel da mocidade non militante aí onde sexaposíbel. Para estes fins sería un bo estimulo o ofrecer nós mesmos alternativasao ocio dirixidas desde o Poder.

Traballo nas organizacións de masas

ENSINO: E.R.GA.A escola, todos os centros de ensino, están impregnados do espírito burgués eespañolízante e non perseguen outro fin que o de proporcionar lacaios serviciaise obreiros mañosos ao capitalismo colonizador.

Page 32: Congreso Constituínte PCLN

32

A función do ensino, a que recebe o estudiantado galego, está determinado polasituación colonial que está a sufrir a nosa nación e sendo a oligarquíamonopolista do Estado Imperialista Español a que mantén ao noso pobo nestasituación, é misión do seu ensino, vencellado estreitamente cos seus propiosintereses, a destrucción da conciencia nacional galega para despois poderreproducir a ideoloxía dominante españolista, ao impor un ensino antigalego eanti-popular; unha boa proba diso é o espectacular aumento do españolismo nosúltimos anos (cando os Centros de Ensino acostumaban a ser pontosrevolucionarios avanzados) e o achegamento dunha boa parte dos estudiantesao autonomismo galeguista, periodístico e parlamentario doutras organizaciónsque queren dar unha imaxe de “progres” e contestatarias e que non teñen outramisión que a de arrastrar cara ao sistema a quen fale galego, critique aosgrandes partidos ou teña unha mínima conciencia nacional popular.

E entón moi importante o traballo entre os estudiantes para desenvolver unhaintelectualidade revolucionaria sólida, indispensábel para o avance social. Osestudiantes non poden renunciar á labor de axitación política calesquera quesexan as circunstancias, porque este labor nunca se perde en baleiro por poucoque se faga, se se fai ben e sen desmoralización.

Hai que retomar a loita combativa e reivindicativa dos estudiantes, fuxindo dadinámica que actualmente se acha mergullada E.R.GA., dedicada caseexclusivamente á política electoralista e cultural.

Isto concretarase en:

o Loitar pola solución dos problemas que máis directamente afectan aosestudiantes.

o Refutar os temas que sobarden o esquema de loita: por un ensinonacional, científico, popular e democrático.

o Asumir o programa que a longo prazo ten prantexado E.R.GA., eactualizar o programa a curto e medio prazo, dándolle unha perspectivarealmente revolucionaria.

o Non permitir a concentración de actividades no Ensino Superior (no únicoque se traballa con certa asiduidade) e esixir que os responsábeis dossectores pertenzan a eses mesmos sectores.

o Recuperar a personalidade de E.R.GA., actualmente diluída nos CAF, o quefai esquecer as reivindicacións estudiantís máis directas, nacionais erevolucionarias, criar “politiquillos” e afastar E.R.GA. dos seusprantexamentos orixinais, acadando contidos alleos, direitizantes eespañolistas; a unidade de acción non debe ir máis alá de cando existaunha unidade real de convicción en canto á necesidade de determinadasaccións.

Consideramos as organizacións de masas como unha ferramenta indispensábelpara o noso proxecto de Revolución Nacional Popular, mantendo aindependencia de organizacións ou partidos políticos e o funcionamentoasembleario e democrático, é dicir, emanado da base; poren opoñeremo-nos acalquera intento de liquidar as mesmas.

Page 33: Congreso Constituínte PCLN

33

SECRETARIA DA MOCIDADE DA INTGA xuventude constitúe hoxe en día unha parte case insignificante das forzasproductivas do noso país pola azoute do paro, e unha das camadas da sociedademáis danada pola crise do capitalismo. Razón máis que suficiente para traballarde forma seria e organizada na Consolidación das Secretarias da Mocidade daINTG, sendo os propios mozos os que dean as solucións aos seus propiosproblemas laborais.

De todos xeitos, temos que ter nós en conta, que a participación e organizaciónda xuventude no Movemento Sindical encontra todos os obstáculos e aíndadificultades específicas. Entre estas hai que destacar:

o seu primeiro contacto co mundo do traballo.

o A política de agravamento do desemprego e das formas de explotaciónarbitraria dos/as mozos/as.

o A falla de vontade do Goberno Central para responder de forma concretaás reivindicacións e solicitudes da mocidade.

o A vontade do gran capital en manter un continxente sen perspectivas(mediante sustancias psicotrópicas, alcohol, pasotismo, individualismo...)facilmente maniobrável a cambio de ofertas de interese inmediatista.

A isto podemos engadir a realidade da mocidade traballadora:

o Subdesempregados:

• contratos parciais,

• aprendizaxe,

• relevo,

• sen asegurar, etc.

o Superexplotados.

Por todo isto é fundamental empezar o traballo serio e organizado na Secretaríada Mocidade dándolle resposta a todo tipo de marxinación ou super-explotaciónsno eido laboral dos/as mozos/as.

GRUPOS XUVENÍS DO BNGO funcionamento dun tempo para acá dos grupos xuvenís do BNG e aexperiencia positiva en zonas importantes da nosa nación, fai que estaorganización sexa xunto con E.R.GA. e a Secretaria da Mocidade un núcleo máisde traballo para acercarnos á xuventude e concienciala.

O traballo a levar a cabo nestes grupos xuvenís non debe reducirse aomeramente electoral. Deben ser dous os obxectivos de traballo político quedeben levar adiante:

Page 34: Congreso Constituínte PCLN

34

1. A introducción do nacionalismo na xuventude e a necesidade deorganización.

2. traballo concreto a levar:

o Actividades de tipo cultural, ecolóxicas, de tempo libre, comocontestación á marxinación da vida social e cultural.

o Actividades contra o servicio militar, facendo campañas polo dereito daobxección de conciencia e da obxección de conciencia política.

o Actividades de defensa do uso do noso idioma.

o Actividades sobre o tema sexual: aborto, métodos anti-conceptivos,etc.

o Actividades frente á discriminación das mozas como resposta áopresión da muller.

o Actividades deportivas e musicais.

o Actividades encamiñadas a espallar entre a mocidade a conciencianacionalista e independentista.

Page 35: Congreso Constituínte PCLN

35

13. Organización da muller

13.1. Análise da opresión. Características da opresión da muller engaliza. Autoorganizaclón.

Características da opresión

A opresión da muller como tal sector da sociedade maniféstase desde oestablecemento da división sexual do traballo, deixando á muller o papelreproductor como única tarefa. A partires do concepto muller = nai =reproductora do Sistema, a concepción da muller como obxecto (ser) sexualreproductor vai adquirindo unhas connotacións ideolóxicas que determinan o seupapel de oprimida ao longo da historia da Humanidade.

Nas distintas épocas da historia a muller xogou un papel reproductor daideoloxía dominante e é o Capitalismo, baixo a ideoloxía burguesa-cristiana,quen reforza o papel da familia patriarcal como célula básica da sociedade coreparto de roles:

a) Home = cabeza de familia (económico e ideolóxico) repetidor do Sistema nonúcleo básico.

b) Muller = relegada ás funcións domésticas e reproductoras (seguindo asconsignas introducidas polo home no núcleo familiar).

O papel do home como instrumento utilizado polo Sistema e, en último extremocomo beneficiado desta opresión, fai del un inimigo na práctica da nosaliberación e un colaborador do Sistema Capitalista Patriarcal.

Na fase monopolista do Sistema (Imperialismo) o mesmo necesita utilizar aforza de traballo da muller corno man de obra barata (exemplo: situación desuperproducción ou en conflictos bélicos ocupando o lugar do home).

Características da opresión da muller en Galiza

Tendo en conta que a economía galega estaba baseada no sector primario e queeste sector precisa dun número limitado de postos de traballo, provócase unhaemigración de man de obra masculina fóra dos nosos límites xeográficos, tendoque facer a muller as ocupacións deixadas polo home, sen esquecer o seu papelreproductor biolóxico e ideolóxico (falacia de considerar esta situación comomatriarcado).

Prodúcese unha incorporación tardía da muller ao sector industrial (ao longo doséculo XX), caracterizándose por:

a) Incorporación en sectores con necesidades de moita man de obra por estaren principio pouco mecanizados (conserva, téxtil, fábrica de tabacos).

b) Incorporación ao sector servicios (comercio, administración).

Page 36: Congreso Constituínte PCLN

36

Na situación actual de crise do Capitalismo a incorporación ao procesoproductivo ten as seguintes características:

o Reducción do traballo feminino: dando prioridade ao home á hora daoferta do mesmo.

o Consideración do traballo da muller como unha contribución económicacomplementaria á economía familiar, provocando así a existencia do“traballo somerxido”.

Autoorganización

En base ás anteriores características é fundamental a organización do grupocomo tal para resolver a súa opresión, ligándoa á loita de clase e á loita deliberación nacional (Feminismo Nacionalista).

O nacemento do movemento feminista en Galiza é unha copia da situación queestaba a dar no Estado Español nos anos setenta, manifestándose a súaorientación política ligada claramente ás directrices das sucursais dos partidosespañois nese país, o cal caracterízao polo seu carácter antinacionalista e porunha falla de análise e alternativas para a problemática concreta da mullergalega.

Pódese falar dun movemento netamente urbano, con connotacións elitistas,afastado por tanto das mulleres das clases populares.

A pesares do tempo transcorrido, estas organizacións non foron capaces deasumir as características propias da nosa opresión, invalidándoas por tanto comoportavoces do movemento feminista nacionalista.

Nembargantes temos que dicir que esas organizacións tiveron de positivo ocuestionamento das estructuras dos partidos e sindicatos actuantes, servindo derevulsivo ideolóxico.

13.2. Asunción como partido comunista da causa revolucionaria daloita de liberación da muller.

A incomprensión histórica da problemática da muller por parte dos PartidosComunistas, fixo que a loita pelos dereitas mínimos da muller (exemplo: o voto)fose liderada por mulleres da burguesía e deu lugar a equívocos e erres sobre aimportancia da loita pola liberación da muller, que na actualidade se mantén,acusándoa de burguesa, elitista e antipopular.

O carácter revolucionario da loita pola liberación da muller parte docuestionamento de base da “Familia Patriarcal”, fundamento do SistemaCapitalista é base da estructura opresiva do sistema, polo tanto a loita que asmulleres estamos a levar pola nosa liberación, pola nosa incorporación ao mundodo traballo, ao mundo social e intelectual é unha loita de enfrontamento radicalco sistema capitalista, en canto que cuestiona o papel que el nos asigna como

Page 37: Congreso Constituínte PCLN

37

base de creación e mantemento da súa estructura familiar; esta é polo tantounha loita revolucionaria no máis amplo senso da verba.

Baseándonos nisto, e noso Partido como Comunista e Revolucionario e ao frenteas mulleres que nel militamos, temos que ser a vangarda das mulleres do nosopobo na loita contra da nosa opresión.

O Partido combaterá as actitudes machistas dentro e fóra del.

O Partido comprométese a avanzar no estudio e comprensión da problemáticada muller; neste senso poñeranse as bases organizativas precisas para garantirque este se poida levar a cabo.

13.3. A nosa táctica e traballo concreto.

Mulleres Nacionalistas Galegas:

A consolidación e posta en marcha dunha organización feminista nacionalista étarefa fundamental para as mulleres conscientes da importancia da loita pelanosa liberación. Hoxe o movemento feminista actuante non recolle os problemasdas mulleres do pobo galego, sendo como xa dixemos netamente urbano eelitista.

É por isto polo que xa hai tempo mulleres militantes do BNG puxémonos atraballar na idea de facer unha Organización de Feministas Nacionalistas comoorganización autónoma do BNG e na que tiveran cabida todas aquelas mulleresinteresadas na loita de liberación das mulleres galegas desde unha perspectivanacionalista e popular, e que ao mesmo tempo sirva para achegar ao nosoproxecto político a estas mulleres. A pesares dos atrancos mesmamenteinternos, o proxecto segue en pé e seguimos coa idea de ter o CongresoConstituinte a remates do ano.

As mulleres de Partido temos que ser as que pulemos con forza para que MNGsexa unha realidade inmediata, loitar contra das posturas que tentan atrasar onoso proxecto e facer que MNG sexa a organización das feministas galegas. Polotanto, todas as mulleres do Partido deben estar integradas, neste intre, en MNG.

Secretaría da muller da INTG:

A pesares do dispar traballo que se está a levar nas Secretarías do Sindicato nasdiferentes zonas, o que está claro é a pouca participación de mulleres nosindicato e a necesidade de dar resposta a aquelas situacións discriminatoriasque está a sufrir a muller no mundo laboral.

O traballo nas Secretarias da Muller é unha ferramenta fundamental paraachegar ao sindicato e polo tanto ao noso proxecto político a aquelas mulleresmáis conscientes da súa opresión de clase e de sexo.

O pouco traballo que levamos en certas zonas deu para ser conscientes daindefensión a todos os niveis das mulleres traballadoras, polo tanto omantemento e pulo das Secretarias (que nada ten que ver cun suposto

Page 38: Congreso Constituínte PCLN

38

enfrontamento de competencias con MNG, como se quer facer ver) coidamosque é unha das tarefas fundamentais das mulleres que estamos traballando nosindicato.

Outras organizacións

Coidamos que a formación de grupos de mulleres de base (exemplo: barrios,facultades,...) na medida en que sirvan para a toma de conciencia das mullerese a incorporación destas á loita global do noso pobo non debe ser rexeitada pornós, analizando as súas circunstancias concretas, pois poden supor unhaduplicidade de traballo inútil.

14. Ponencia: Lingua e Cultura.

A loita pola defensa e pola dignidade do idioma e da cultura nacional constituíuun dos eixes históricos do combate de nacionalismo galego.

Como se ten dito (ponencia 1.) o terreo cultural foi o reducto no que nos últimostempos se refuxiou o nacionalismo, mesmo con mobilizacións importantes pordeterminados feitos concretos. Mais a oposición á constante españolización foirecuando tanto a nivel de reivindicacións, como a nivel de plantexamenteodefendidos de sempre polo MN-PG. A práctica testimonial e culturalista marca adinámica de traballo neste eido. O rexeitamento do bilingüismo, como simpletruco colonialista, trocou nunha aceptación real de certos mínimos para o uso dogalego (incluso precisados no ámbito do Ensino). A reivindicación da propiahistoria e cultura tense abandonado en favor de eidos culturalistas pechados aos“sabios” sen vontade de concienciación e mobilización popular (en xeral a liña deactuación nos últimos anos das Agrupacións Culturais, ASPG... escolleu estecamiño). En resume, perdeuse o enfrentamento social en favor da dinámica dasescolas intelectualistas. (E de subliñar a creación da chamada “Mesa para aNormalización Lingüística”, cuio papel parece consistir nun rebaixamento dosmínimos en canto ao uso do idioma nacional, por decisión propia, —e allea ádialéctica social—, dos sectores que nela confluíron).

En consecuencia, acórdanse as seguintes resolucións:

o Utilización exclusiva do idioma nacional. Enfrontar o seu uso ao doespañol en todos os ámbitos, co obxectivo da concienciación popular, e

Page 39: Congreso Constituínte PCLN

39

non como mero formalismo pseudonacionalista. Cabe, xa que logo,denunciar o bilingüismo, e non aceptar ningún tipo de mínimos para o usodo galego, en calquera dos ámbitos sociais sen diferenciacións.

o Fuxir das liortas normativas sobre da lingua, levando o enfrentamento aoterreo da normalización do seu uso, sen deixar de denunciar a normativaimposta pola RAG-ILG en colaboración coas institucións coloniais, polo quesupón de illamento co tronco lingüístico galego-portugués. Pular nasrelacións coas nacións irmáns de lingua, en especial Portugal, rexeitandoas relacións de camarillas de intelectuais.

o Combater intransixentemente a constante españolización da sociedadegalega, levando os conflictos desde o seo do pobo. Afondar nocoñecemento popular da lingua e da historia propias, necesario para que opobo asuma a súa defensa.

o Denuncia e combate dos medios de comunicación españois.

o Defender a cultura popular, en todas as súas variantes, enfrontándoa ácultura elitista. Neste senso cómpre denunciar os intentos folclorizantes eculturalistas negadores da nosa identidade e do noso futuro liberado.

Page 40: Congreso Constituínte PCLN

40

15. Estatutos

CAPÍTULO 1. 0 PARTIDO COMUNISTA

Artigo 1. O Partido é a vangarda da clase obreira galega organizada e como talfai seus os principios do marxismo-leninismo e a loita de Liberación Nacionalpara a consecución dun Estado Galego independente e socialista, cos obxectivosde rematar coa colonización e a explotación das clases traballadoras mediante adictadura do proletariado.

Artigo 2. A única clase á que lle corresponde dirixir o proceso de LiberaciónNacional é a clase traballadora galega. O Partido apoiará e fomentará, partindodeste suposto, a existencia do Frente Nacionalista de todas as clases popularesno obxectivo común da loita pola independencia de Galiza.

Artigo 3. A clase obreira galega necesita dunha primeira ferramenta de traballoque ó Sindicalismo Nacionalista, alternativa hoxe representada pola INTG.

Artigo 4. O Partido ten asumida como especial tarefa a autoorganización nonoso pobo, de aí a nosa promoción e apoio as CC.LL., organización da mocidade,da muller e de todo tipo de colectivos e asociacións cidadáns de barrios,parroquias, etc.

Artigo 5. A militancia no Partido está por enriba de calquera afiliación, adhesiónou pertenencia a calquera organización de base ou profesional dos seusmilitantes.

CAPÍTULO II. OS MEMBROS DO PARTIDO, DEREITOS E DEBERES

Artigo 6. Poderán ser membros do Partido todos aqueles que acepten o seuPrograma e Estatutos e estean dispostos a loitar tanto individual comocolectivamente polos presupostos políticos do mesmo.

Artigo 7. Dereitos do militante do Partido:

a. A participar na actividade interna practicando a crítica e a autocrítica.Ningún membro poderá ser marxinado da vida interna e actividade doPartido.

Page 41: Congreso Constituínte PCLN

41

b. Recibir a prensa e utilizar locais e no seu caso a infraestructura doPartido.

c. A formación política e ideolóxica. Recibir información sobre as actividadese discusión interna do Partido.

d . A votar, elixir e ser elixido para calquera cargo dos organismos dedirección dentro do Partido.

e. A non marxinación dentro do Partido por motivos de sexo ou tipo desexualidade.

f. A solidariedade no caso de persecución polas súas actividades políticas.

Artigo 8. Deberes dos militantes do Partido:

a. A defensa pública do Partido, da súa unidade e capacidade de actuación.

b. A utilizar sempre o galego como lingua e defender a cultura da nosanación.

c. Observar unha práctica, tanto pública como privada, propia dun militantecomunista. Erradicar os vicios pequeno-burgueses do personalismo e dooportunismo. Non permanecer inerte no seu seo e aportar o traballonecesario para revitalizar o Partido.

d. Manter sempre en secreto as actividades de Partido e non declarar nuncaante as forzas represivas.

e. Ser solidario con todos os membros do Partido.

f. Asumir a disciplina interna, respectando o centralismo democrático,practicando sempre a crítica e a autocrítica e utilizando os canlesorgánicos para defender as súas teses.

g. Cotizar para o Partido.

Artigo 9. Sancións: En caso de incorrer nalgunha falta contra o Partido oucontra os seus membros, o militante sufrirá as seguintes sancións: a) crítica eadvertencia; b) censura con destitución do cargo e apartamento do Partido de 1a 3 meses; c) expulsión do Partido. A respecto destas sancións observaranse asseguintes normas: 1) Todas as sancións terán que ser decididas colexiadamentepolo Comité de Zona ou Local, previo informe da célula ou proposta dun membrodo CZ ou CL. 2) Nunca poderá ser decisión persoal de ningún militante oumembro dun Organismo de Dirección. 3) As sancións terán que ser postas encoñecemento do CC nun prazo máximo de un mes. 4) As sancións impostas a unmembro dun Organismo de Dirección terá que ser ademais decidida poloorganismo ao que pertence. 5) Estas sancións serán recusábeis ao CL, CZ, CC eCongreso do Partido sucesivamente.

Page 42: Congreso Constituínte PCLN

42

CAPITULO III. A ORGANIZACIÓN DO PARTIDO

Artigo 10. O Partido organizase en células e Organismos de Dirección Locais eZonais, así como Centrais, todos eles sometidos ao Congreso que é o máximoÓrgano do Partido.

Artigo 11. Organización Central. Entre Congreso e Congreso o organismoencargado de interpretar, dirixir e centralizar a táctica e a actividade do Partidoé o Comité Central. Este organismo será elixido polo Congreso cos criterios derepresentatividade local e sectorial. Reunirase como mínimo cada 3 meses. Sonfuncións do Comité Central:

a. Dirixir a política do Partido entre Congresos.

b . Decidir nos conflictos entre militantes e Organismos de Dirección. Tercoñecemento de todas as sancións aos militantes.

c. Planificar a participación ao inicio de campañas, sentando criterios edistribuíndo as responsabilidades,

d. Control sobre as finanzas do Partido.

e. Convocar o Congreso cunha antelación de 6 meses para o CongresoOrdinario e de 3 meses para o Extraordinario.

Artigo 12. Comité Executivo. Será elixido dentro do Comité Central con criteriosde representación zonal e sectorial. Terá a función de executar a política definidapolo CC; coordinar e centralizar as actividades nos distintos sectores e asdistintas zonas.

Artigo 13. Secretariado Político. Ostenta a representación de CC e por tanto doPartido. Terá a responsabilidade de elaborar o Voceiro, documentos internos,formación interna dos militantes e da preparación e convocatoria do ComitéCentral.

O Secretario Xeral será elixido polo CC e ratificado pelo Congreso do Partido.Será o portavoz e representante público do Partido.

Artigo 14. Existirán comisións sectoriais para tratar temas específicos de cadasector, non estando xustificada a súa periodicidade nin os membros que acompoñen coa única salvedade de ser membros natos os que estando no CCteñan traballo específico no sector.

Artigo 15. Comités de Zona e Comités Locais. Os C. Locais formaranse en cadalocalidade para analizar e executar as directrices do CC na mesma. Coa fin dascoordinacións de varias localidades poderanse formar Comités de Zona, frente aestes Comités estará un responsábel político e outra de organización.

Page 43: Congreso Constituínte PCLN

43

Artigo 16. As células. Son as encargadas de levar adiante a política do Partidocomo núcleo fundamental de base. Organizaranse por ramas de actividadeconcretas: sector, barrio, parroquias, etc. Non se contempla a simple afiliaciónao Partido se esta non está xustificada por unha actividade concreta. Ao frenteda mesma estará un responsábel integrado no Organismo de Direccióncorrespondente.

Artigo 17. Organización no Exterior. O CC encargarase directamente daorganización no Exterior, responsabilizándose da canalización da información, daformación e directrices de traballo fóra da Galiza.

Artigo 18. Congreso. Convocarase cada dous anos e cunha antelación de 6meses polo CC ou a petición da militancia. O Congreso estará suxeito ásseguintes normas xerais:

a. No caso de Congreso Ordinario as ponencias terán que ser elaboradas edistribuídas dous meses antes da súa celebración. No caso de CongresoExtraordinario terá que haber un documento previo para ser discutido polamilitancia sobre o tema a tratar en este Congreso.

b. CC dimite unha vez iniciado o Congreso.

c. Votarase unha mesa permanente do Congreso, as súas decisións seránasumidas pola militancia.

d. Se non houbese tempo para discutir determinadas ponéncias de especialinterese, suspenderase o Congreso ata que se poida continuar a mesmadiscusión.

e. Antes e despois do Congreso celebraranse Conferencias de Zona.

f. Todas as votación no Congreso serán a man alzada.

CAPITULO IV: INFRAESTRUCTURA E FINANZAS.

Artigo 19. Formarase unha Comisión de Infraestructura, encargada depropaganda e finanzas, dependente do CC.

Artigo 20. Prestarase especial atención á recollida de fondos das cotizacións,principal forma de financiamento do noso Partido.

Page 44: Congreso Constituínte PCLN

44

CAPITULO V: NOME, SÍMBOLOS, HIMNO E VOCEIROS.

Artigo 21. O nome do Partido será PARTIDO COMUNISTA DE LIBERACIÓNNACIONAL (P.C.L.N.). Os símbolos do Partido serán a bandeira galega, branca,cunha franxa de esquerda a dereita e cunha estrela de cinco puntas no centro,ademais da fouce e o martelo na bandeira roxa. O himno do Partido será ogalego e a Internacional. O voceiro chamarase “22 de Marzo” e terá unhaperiodicidade bimensual.

Galiza, 25 de xullo de 1986