Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos

7
Comprensión dun texto expositivo. Actividade cooperativa 1. Organizamos o alumnado en parellas. A cada unha darémoslle un texto expositivo breve, co mesmo tema en todos pero con aplicacións específicas. Aquí propoñemos seis variacións, pero podería chegar con catro ou cinco. Solicítaselles que, en 15 minutos como máximo, centren as ideas expostas resolvendo distintas actividades. 2. Recóllense as fotocopias e reorganízase o alumnado de xeito que conformen grupos de expertos, con catro, cinco ou, máximo, seis integrantes de parellas distintas. Coas anotacións realizadas antes, explicaranlles aos/ás compañeiros/as o contido do seu texto e comporán conxuntamente un diagrama (esquema visual, mapa de ideas...) con toda a información fundamental de todos os textos, xa que son complementarios. O diagrama realizarase nun único folio, que permita identificar o alumnado, e será clave para poñer unha nota grupal.

description

Proposta de actividade cooperativa.

Transcript of Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos

Page 1: Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos

Comprensión dun texto expositivo. Actividade cooperativa

1. Organizamos o alumnado en parellas. A cada unha darémoslle un texto expositivo breve, co mesmo tema en todos pero con aplicacións específicas. Aquí propoñemos seis variacións, pero podería chegar con catro ou cinco. Solicítaselles que, en 15 minutos como máximo, centren as ideas expostas resolvendo distintas actividades.

2. Recóllense as fotocopias e reorganízase o alumnado de xeito que conformen grupos de expertos, con catro, cinco ou, máximo, seis integrantes de parellas distintas. Coas anotacións realizadas antes, explicaranlles aos/ás compañeiros/as o contido do seu texto e comporán conxuntamente un diagrama (esquema visual, mapa de ideas...) con toda a información fundamental de todos os textos, xa que son complementarios. O diagrama realizarase nun único folio, que permita identificar o alumnado, e será clave para poñer unha nota grupal.

Page 2: Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos

O Grafeno

O grafeno é unha variedade do carbono, con forma de teselado hexagonal plano (como un panal de abellas). Esta lámina de carbono ten só un átomo de grosor. Posúe moitas propiedades que non se atoparan antes en ningún outro material, de xeito que ten fascinados aos científicos e á industria. En todo caso, a pesar das súas prometedoras aplicacións, aínda está en fase de desenvolvemento.

Foi sintetizado por primeira vez en 2004 e deuse a coñecer ao gran público en 2010, cando os seus descubridores, os investigadores de orixe rusa Andre Geim e Konstantin Novoselov, recibiron o Premio Nobel de Física. Estes xa apuntaran que as aplicacións potenciais do grafeno son tantas que nin sequera eran capaces de enumeralas.

Obtense do grafito, o mesmo que se extrae das minas de carbón e que se usa para fabricar lapis ou freos de coches, polo que se trata dunha materia prima moi abundante na natureza. Ademais, xa se conseguiu tamén producir grafeno artificialmente a partir do óxido de carbono. Mais, o principal obstáculo na actualidade é que aínda non é posíbel fabricalo a gran escala.

Algúns datos

Mide 0.30 nanometros de grosor (só o átomo de hidróxeno é máis pequeno).

A estrutura hexagonal faino o material máis forte do mundo.

Un centímetro cúbico de aerografeno pesa 0.17mg (7 veces menos có aire)

No campo da electrónica, un grupo de investigadores da Universidade de Mánchester estiman que o papel electrónico enrolábel podería estar dispoñíbel en 2015, aínda que só como prototipo. As primeiras pantallas táctiles de grafeno verán a luz nun prazo que vai dos tres aos cinco anos.

Pero ese será só o primeiro paso. De feito, o grafeno abrirá toda unha nova era de «dispositivos flexíbeis». Unha revolución tecnolóxica comparábel á que supuxo o paso dos transistores aos circuítos electrónicos. En algo máis de unha década, os dispositivos electrónicos xa non serán ríxidos, como sucede cos actuais, e poderán cambiar de forma e de funcións segundo as necesidades de cada momento.

Por exemplo, o teléfono móbil do futuro próximo podería ser unha especie de lámina transparente e flexíbel, de forma que poidamos levala no peto ou despregala varias veces ata que teña o tamaño da pantalla dun computador.

[Fonte: http://grafeno.com/]

Actividades (en parella e en, máximo, 15 m.). Nome dos compoñentes: ...........................................

1. Despois dunha lectura atenta, escribide no lateral de cada un dos tres primeiros parágrafos a palabra que mellor recolla o seu contido: historia, fabricación, descrición.

2. Subliñade as ideas máis importantes de cada parágrafo.

3. Compoñede, cada un/unha no seu caderno, unha malla ao estilo da do grafeno (cuns 8-12 hexágonos feitos a man); logo escribide nos ocos diferentes propiedades, segundo o texto, deste innovador material.

4. Escribide debaixo da malla as aplicacións prácticas que presenta o texto e unídeas, con liñas, con algunha(s) das propiedades anteriores.

Page 3: Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos

O Grafeno

O grafeno é unha variedade do carbono, con forma de teselado hexagonal plano (como un panal de abellas). Esta lámina de carbono ten só un átomo de grosor. Posúe moitas propiedades que non se atoparan antes en ningún outro material, de xeito que ten fascinados aos científicos e á industria. En todo caso, a pesar das súas prometedoras aplicacións, aínda está en fase de desenvolvemento.

Foi sintetizado por primeira vez en 2004 e deuse a coñecer ao gran público en 2010, cando os seus descubridores, os investigadores de orixe rusa Andre Geim e Konstantin Novoselov, recibiron o Premio Nobel de Física. Estes xa apuntaran que as aplicacións potenciais do grafeno son tantas que nin sequera eran capaces de enumeralas.

Obtense do grafito, o mesmo que se extrae das minas de carbón e que se usa para fabricar lapis ou freos de coches, polo que se trata dunha materia prima moi abundante na natureza. Ademais, xa se conseguiu tamén producir grafeno artificialmente a partir do óxido de carbono. Mais, o principal obstáculo na actualidade é que aínda non é posíbel fabricalo a gran escala.

Algúns datos

Mide 0.30 nanometros de grosor (só o átomo de hidróxeno é máis pequeno).

A estrutura hexagonal faino o material máis forte do mundo.

Un centímetro cúbico de aerografeno pesa 0.17mg (7 veces menos có aire)

No campo da electrónica, por exemplo, unha batería de silicio recuberto de grafeno podería durar semanas sen necesidade de recarga, grazas a unha nova tecnoloxía de almacenamento descuberta por un grupo de investigadores da Universidade de Vanderbilt (Tennesse). Esa tecnoloxía baséase en células fotovoltaicas que producen enerxía sen necesidade de sol, almacenan a electricidade en forma de ións que se achan no grafeno e non en modo de reaccións químicas, como as baterías de litio empregadas ata agora.

Este supercondensador está formado por silicio recuberto de grafeno, en cuxa superficie porosa quedan atrapados os ións que almacenan a electricidade. O equipo está traballando agora en conseguir realizar a impregnación a temperaturas baixas, o que conseguiron en parte, xa que reduciron nun 50% a temperatura requirida para o recubrimento.

A aplicación práctica máis relevante para esta tecnoloxía, polo momento, é a de conseguir unha batería para teléfonos móbiles que dure semanas sen necesidade de ser recargada, cargándose ademais en cuestión de segundos e permitindo multiplicar considerablemente o número de recargas posíbeis sen que a batería perda as súas propiedades.

[Fonte: http://grafeno.com/]

Actividades (en parella e en, máximo, 15 m.). Nome dos compoñentes: ...........................................

1. Despois dunha lectura atenta, escribide no lateral de cada un dos tres primeiros parágrafos a palabra que mellor recolla o seu contido: historia, fabricación, descrición.

2. Subliñade as ideas máis importantes de cada parágrafo.

3. Compoñede, cada un/unha no seu caderno, unha malla ao estilo da do grafeno (cuns 8-12 hexágonos feitos a man); logo escribide nos ocos diferentes propiedades, segundo o texto, deste innovador material.

4. Escribide debaixo da malla as aplicacións prácticas que presenta o texto e unídeas, con liñas, con algunha(s) das propiedades anteriores.

Page 4: Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos

O Grafeno

O grafeno é unha variedade do carbono, con forma de teselado hexagonal plano (como un panal de abellas). Esta lámina de carbono ten só un átomo de grosor. Posúe moitas propiedades que non se atoparan antes en ningún outro material, de xeito que ten fascinados aos científicos e á industria. En todo caso, a pesar das súas prometedoras aplicacións, aínda está en fase de desenvolvemento.

Foi sintetizado por primeira vez en 2004 e deuse a coñecer ao gran público en 2010, cando os seus descubridores, os investigadores de orixe rusa Andre Geim e Konstantin Novoselov, recibiron o Premio Nobel de Física. Estes xa apuntaran que as aplicacións potenciais do grafeno son tantas que nin sequera eran capaces de enumeralas.

Obtense do grafito, o mesmo que se extrae das minas de carbón e que se usa para fabricar lapis ou freos de coches, polo que se trata dunha materia prima moi abundante na natureza. Ademais, xa se conseguiu tamén producir grafeno artificialmente a partir do óxido de carbono. Mais, o principal obstáculo na actualidade é que aínda non é posíbel fabricalo a gran escala.

Algúns datos

Mide 0.30 nanometros de grosor (só o átomo de hidróxeno é máis pequeno).

A estrutura hexagonal faino o material máis forte do mundo.

Un centímetro cúbico de aerografeno pesa 0.17mg (7 veces menos có aire)

No campo da oftalmoloxía, os investigadores da Universidade de Michigan abriron novas posibilidades na industria das lentes de contacto. Desenvolveron un sensor innovador que permite a creación de lentes con visión nocturna. Permitiralle ao usuario unha imaxe clara da radiación ultravioleta, así como da luz infravermella visíbel.

A tecnoloxía de visión nocturna usada actualmente por militares e policías require de refrixeración para a súa eficiencia. En cambio, o tamaño atómico do grafeno permítelle enfriarse a si mesmo usando unhas poucas capas do material. Ademais, o grafeno ten un comportamento moi especial ao ser golpeado pola luz, posibilitando a detección da luz infravermella a través da visíbel.

Daquela, todos os seres humanos poderán facer un uso normal da detección térmica. E todas as cámaras de seguridade pasivas e activas beneficiaranse coa implementación desta visión nocturna.

[Fonte: http://grafeno.com/]

Actividades (en parella e en, máximo, 15 m.). Nome dos compoñentes: ...........................................

1. Despois dunha lectura atenta, escribide no lateral de cada un dos tres primeiros parágrafos a palabra que mellor recolla o seu contido: historia, fabricación, descrición.

2. Subliñade as ideas máis importantes de cada parágrafo.

3. Compoñede, cada un/unha no seu caderno, unha malla ao estilo da do grafeno (cuns 8-12 hexágonos feitos a man); logo escribide nos ocos diferentes propiedades, segundo o texto, deste innovador material.

4. Escribide debaixo da malla as aplicacións prácticas que presenta o texto e unídeas, con liñas, con algunha(s) das propiedades anteriores.

Page 5: Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos

O Grafeno

O grafeno é unha variedade do carbono, con forma de teselado hexagonal plano (como un panal de abellas). Esta lámina de carbono ten só un átomo de grosor. Posúe moitas propiedades que non se atoparan antes en ningún outro material, de xeito que ten fascinados aos científicos e á industria. En todo caso, a pesar das súas prometedoras aplicacións, aínda está en fase de desenvolvemento.

Foi sintetizado por primeira vez en 2004 e deuse a coñecer ao gran público en 2010, cando os seus descubridores, os investigadores de orixe rusa Andre Geim e Konstantin Novoselov, recibiron o Premio Nobel de Física. Estes xa apuntaran que as aplicacións potenciais do grafeno son tantas que nin sequera eran capaces de enumeralas.

Obtense do grafito, o mesmo que se extrae das minas de carbón e que se usa para fabricar lapis ou freos de coches, polo que se trata dunha materia prima moi abundante na natureza. Ademais, xa se conseguiu tamén producir grafeno artificialmente a partir do óxido de carbono. Mais, o principal obstáculo na actualidade é que aínda non é posíbel fabricalo a gran escala.

Algúns datos

Mide 0.30 nanometros de grosor (só o átomo de hidróxeno é máis pequeno).

A estrutura hexagonal faino o material máis forte do mundo.

Un centímetro cúbico de aerografeno pesa 0.17mg (7 veces menos có aire)

No campo da subministración de auga, o grafeno podería ter a solución ao problema de acceso á auga potábel, un dos problemas máis graves da humanidade. Na actualidade, uns 1.000 millóns de persoas enfróntanse a diario á escaseza da mesma. Ademais, estímase que entre 10 e 20 millóns de persoas morren ao ano no mundo pola transmisión de axentes patóxenos a través da auga.

Os científicos conseguiron crear estruturas tridimensionais con láminas de grafeno que permiten a absorción de axentes contaminantes eficientemente, e unha vez absorbidos os axentes patóxenos posibilita a extracción de maneira sinxela e reciclábel. Este deseño futurista baséase nun material superporoso de gran superficie que elimina os ións metálicos pesados e os contaminantes orgánicos solúbeis na auga. Ten unha capacidade de absorción altamente selectiva de aceite e petróleo, polo que tamén pode ser usado para a limpeza do mar.

Esta nova forma low-cost de tratar a auga pode ser a clave para que o noso planeta siga sendo azul e para dar acceso á auga a millóns de persoas.

[Fonte: http://grafeno.com/]

Actividades (en parella e en, máximo, 15 m.). Nome dos compoñentes: ...........................................

1. Despois dunha lectura atenta, escribide no lateral de cada un dos tres primeiros parágrafos a palabra que mellor recolla o seu contido: historia, fabricación, descrición.

2. Subliñade as ideas máis importantes de cada parágrafo.

3. Compoñede, cada un/unha no seu caderno, unha malla ao estilo da do grafeno (cuns 8-12 hexágonos feitos a man); logo escribide nos ocos diferentes propiedades, segundo o texto, deste innovador material.

4. Escribide debaixo da malla as aplicacións prácticas que presenta o texto e unídeas, con liñas, con algunha(s) das propiedades anteriores.

Page 6: Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos

O Grafeno

O grafeno é unha variedade do carbono, con forma de teselado hexagonal plano (como un panal de abellas). Esta lámina de carbono ten só un átomo de grosor. Posúe moitas propiedades que non se atoparan antes en ningún outro material, de xeito que ten fascinados aos científicos e á industria. En todo caso, a pesar das súas prometedoras aplicacións, aínda está en fase de desenvolvemento.

Foi sintetizado por primeira vez en 2004 e deuse a coñecer ao gran público en 2010, cando os seus descubridores, os investigadores de orixe rusa Andre Geim e Konstantin Novoselov, recibiron o Premio Nobel de Física. Estes xa apuntaran que as aplicacións potenciais do grafeno son tantas que nin sequera eran capaces de enumeralas.

Obtense do grafito, o mesmo que se extrae das minas de carbón e que se usa para fabricar lapis ou freos de coches, polo que se trata dunha materia prima moi abundante na natureza. Ademais, xa se conseguiu tamén producir grafeno artificialmente a partir do óxido de carbono. Mais, o principal obstáculo na actualidade é que aínda non é posíbel fabricalo a gran escala.

Algúns datos

Mide 0.30 nanometros de grosor (só o átomo de hidróxeno é máis pequeno).

A estrutura hexagonal faino o material máis forte do mundo.

Un centímetro cúbico de aerografeno pesa 0.17mg (7 veces menos có aire)

No campo da industria automobilística, por exemplo, científicos da Escola de enxeñería de Viterbi USC (EE.UU), melloraron espectacularmente o rendemento de ánodos e cátodos para a súa futura implementación nas baterías de ión litio. Cun método de recubrimento de xofre con óxido de grafeno, aumentan a capacidade dos cátodos para más de mil ciclos de carga, superando por cinco (x5) a eficiencia dos materiais usados actualmente no mercado.

A asociación de xofre e de óxido de grafeno ofrece unha condutividade, resistencia mecánica e estabilidade química únicas que serán aproveitadas na produción industrial de baterías. O grafeno está a ser, daquela, transcendental para crear baterías supereficientes para os coches eléctricos, xusto nun momento no que os problemas de polución se acentúan nas grande urbes mundiais.

[Fonte: http://grafeno.com/]

Actividades (en parella e en, máximo, 15 m.). Nome dos compoñentes: ...........................................

1. Despois dunha lectura atenta, escribide no lateral de cada un dos tres primeiros parágrafos a palabra que mellor recolla o seu contido: historia, fabricación, descrición.

2. Subliñade as ideas máis importantes de cada parágrafo.

3. Compoñede, cada un/unha no seu caderno, unha malla ao estilo da do grafeno (cuns 8-12 hexágonos feitos a man); logo escribide nos ocos diferentes propiedades, segundo o texto, deste innovador material.

4. Escribide debaixo da malla as aplicacións prácticas que presenta o texto e unídeas, con liñas, con algunha(s) das propiedades anteriores.

Page 7: Comprensión dun texto expositivo: grupo de expertos

O Grafeno

O grafeno é unha variedade do carbono, con forma de teselado hexagonal plano (como un panal de abellas). Esta lámina de carbono ten só un átomo de grosor. Posúe moitas propiedades que non se atoparan antes en ningún outro material, de xeito que ten fascinados aos científicos e á industria. En todo caso, a pesar das súas prometedoras aplicacións, aínda está en fase de desenvolvemento.

Foi sintetizado por primeira vez en 2004 e deuse a coñecer ao gran público en 2010, cando os seus descubridores, os investigadores de orixe rusa Andre Geim e Konstantin Novoselov, recibiron o Premio Nobel de Física. Estes xa apuntaran que as aplicacións potenciais do grafeno son tantas que nin sequera eran capaces de enumeralas.

Obtense do grafito, o mesmo que se extrae das minas de carbón e que se usa para fabricar lapis ou freos de coches, polo que se trata dunha materia prima moi abundante na natureza. Ademais, xa se conseguiu tamén producir grafeno artificialmente a partir do óxido de carbono. Mais, o principal obstáculo na actualidade é que aínda non é posíbel fabricalo a gran escala.

Algúns datos

Mide 0.30 nanometros de grosor (só o átomo de hidróxeno é máis pequeno).

A estrutura hexagonal faino o material máis forte do mundo.

Un centímetro cúbico de aerografeno pesa 0.17mg (7 veces menos có aire)

No campo da medicina estanse a desenvolver múltiples aplicacións do grafeno. Así, por exemplo, grazas á súa biocompatibilidade, segundo os físicos da Universidade Técnica de Munich, os implantes de retina baseados en grafeno converten a luz incidente en impulsos eléctricos que se transmiten ao cerebro a través do nervio óptico, transformando o sinal en imaxes.

Así mesmo, científicos de varias universidades demostraron que o grafeno sobre caucho pode ser o material idóneo para a creación de músculos artificiais, dado que a estimulación eléctrica sobre este novo composto fai posíbel controlar a tensión e relaxación do mesmo, facendo del un músculo biónico eficiente.

Algunhas parálises serán nun futuro próximo reversíbeis, persoas cegas volverán a ver e o control celular que teremos sobre nós mesmos abrirá un novo campo na diagnose e tratamento de enfermidades.