COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE XUNTANZA ORDINARIA DE … · continua (asisten as aulas) e para os...

79
COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE XUNTANZA ORDINARIA DE 20 DE NOVEMBRO DE 2015 ACTA Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:30 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Julio Jorge Urbina (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Begoña López Portas, Miriam Martínez Pérez, José Luis Quintela Botana, Mónica Carmen Pérez Suárez e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Escusan a súa asistencia Juan José Nieto Montero, Manuel Segura Ortega, María Jesús Sande Mayo e Lourdes Mella Méndez. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día Primeiro. Aprobación do acta da sesión anterior. Estando a disposición de todos os membros o borrador do acta da sesión anterior, de 28 de setembro de 2015, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario. Segundo. Informes do Sr. Decano. Informa de que está presente na reunión a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo e que sería axeitado tamén a presenza da Sra. Vicedecana de Organización Académica, a pesares de que o Regulamento de réxime interno da Facultade dispón, no seu artigo 34, sobre a composición da Comisión de Docencia e Calidade que estará composta por “a) O decano ou decana, que a presidirá. b) O vicedecano ou vicedecana competente en materia de Asuntos Académicos e Calidade...”. Tendo en conta que a estrutura do equipo decanal recentemente elixido conta cunha Vicedecana de Organización Académica e unha Vicedecana de Organización Académica, o

Transcript of COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE XUNTANZA ORDINARIA DE … · continua (asisten as aulas) e para os...

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 20 DE NOVEMBRO DE 2015

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:30 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Julio Jorge Urbina (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Begoña López Portas, Miriam Martínez Pérez, José Luis Quintela Botana, Mónica Carmen Pérez Suárez e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Escusan a súa asistencia Juan José Nieto Montero, Manuel Segura Ortega, María Jesús Sande Mayo e Lourdes Mella Méndez. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día Primeiro. Aprobación do acta da sesión anterior. Estando a disposición de todos os membros o borrador do acta da sesión anterior, de 28 de setembro de 2015, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario. Segundo. Informes do Sr. Decano. Informa de que está presente na reunión a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo e que sería axeitado tamén a presenza da Sra. Vicedecana de Organización Académica, a pesares de que o Regulamento de réxime interno da Facultade dispón, no seu artigo 34, sobre a composición da Comisión de Docencia e Calidade que estará composta por “a) O decano ou decana, que a presidirá. b) O vicedecano ou vicedecana competente en materia de Asuntos Académicos e Calidade...”. Tendo en conta que a estrutura do equipo decanal recentemente elixido conta cunha Vicedecana de Organización Académica e unha Vicedecana de Organización Académica, o

máis procedente é que estean presentes ámbalas dúas nas reunións da Comisión de Docencia e Calidade. Informa da Convocatoria dos premios extraordinarios de doutoramento correspondentes aos cursos 2012-2013 e 2013-2014. En xaneiro proporase o Tribunal encargado de xulgalos. O prof. Vilaboy Lois opina que, no caso do Máster Universitario en Avogacía, hai que establecer diferenzas entre o impartido en Lugo e o impartido en Santiago, tendo en conta que as cualificacións obtidas polos maestrados dunha sede e outra son moi diferentes. Neste particular, José Luis Quintela Botana aclara que xa teñen rankings distintos. Asemade o Sr. Decano agarda que na próxima Xunta de Facultade se poida informar das convocatorias de premio extraordinario para as titulacións de grao e máster. Informa de que o período lectivo na Facultade remata o 16 de decembro de acordo co permiso concedido pola Secretaría Xeral de adiantar a data prevista no calendario académico xeral, co fin de que se poidan facer algúns exames antes do Nadal. Informa tamén de que algúns docentes se queixan de que boa parte do alumnado non asiste ultimamente ás aulas, o que fai pensar que se ten adiantado algún que outro exame fora da data oficial do mesmo. O Sr. Decano pide que non se leven a cabo polos docentes adiantos dese tipo, tendo en conta de que afectan o desenrolo normal das aulas dos compañeiros e compañeiras. Infoma, por último, de que estanse a elaborar os Informes de seguimento dos títulos de Grao en Dereito e Máster Universitario en Avogacía, polo que quedan pendentes de aprobación. Terceiro. Aprobación, se procede, dos informes de seguimento do Máster en Estudos Internacionais e do Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria Recibíronse informes de 2 dos Másteres adscritos ao centro. O prof. Julio Jorge Urbina (Coordinador do Máster en Estudos Internacionais) sinala que a Comisión Académica aprobou o Informe de seguimento do Máster en Estudos Internacionais logo de facer un exercicio de profunda reflexión sobre os índices e os contidos a aprobar. Apróbanse os dous informes por asentimento. Cuarto. Solicitudes de exención de docencia O Sr. Decano sinala que só en circunstancias excepcionais pódese eximir de docencia ao alumnado. Hai materias que teñen na súa programación docente a exixencia de asistir a un % das clases para poder superar a materia. Nas

materias nas que non se esixe este requisito a exención non ten consecuencias. O criterios para a concesión das exencións sería o seguinte: Naqueles casos nos que hai xustificación (razóns económicas, de saúde, laborais…) e o/ alumno/a solicita a exención para poucas materias: se lle concede. Nos casos nos que son moitas materias: non se concede. José Luis Quintela Botana expón a súa preocupación no sentido de que a Xunta de Facultade concede as exencións, pero que hai que plantexarse se a concesión beneficia ou perxudica ao alumnado, dado que o grado de exixencia para este alumnado en ocasións é maior que para o resto. O Sr. Decano explica que hai materias nas que a propia programación docente dispón dous sistemas distintos: para o alumnado que se avalía por avaliación continua (asisten as aulas) e para os que non. A exención de docencia ten utilidade para as materias que dispoñen unha puntuación para as clases interactivas, de maneira que o exame teórico non puntúa o 100% da nota final. O Sr. Decano propón como solución para paliar a situación de posible inseguridade, o de exixir que na programación docente conste cómo se avaliará ao alumnado ao que se lle teña concedida a exención, co fin de que o alumnado coñeza o sistema previamente e teña garantías ex ante. Neste sentido, a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, propón que se ofreza ao PDI suxerencia de redación, isto é, un sistema estándar. O prof. Vilaboy Lois apunta que o tema das exencións é un tema histórico e complexo de arranxar. Entende que sería bo reflexionar sobre se a Facultade de Dereito pensa converterse nunha Facultade con docencia a distancia. Declara tamén que ven observando un baixón na asistencia ás aulas nas últimas semanas, polo que se pregunta se o motivo será a que o alumnado está a preparar un exame. Logo deste debate, o Sr. Decano procede a enumerar aos alumnos e alumnas solicitantes da exención, expoñendo brevemente as razóns que alegan para que se lles conceda. En aplicación dos criterios anteriores a Comisión informa sobre as solicitudes de: -Mónica Alba Piñeiro: Concédeselle a exención. -Marta Muñiz Torrado: Concédeselle a exención. -Borja Torné Bobó: Concédeselle exención. -Bruno Bernardo Castelo Vargas: Non se lle concede a exención. -Diego Nine Vidal: Non se lle concede a exención. -Lucía Otero Montaos: Concédeselle a exención. -Noelia Castro Vázquez: Concédeselle a exención. -María Galende Rodríguez: Concédeselle a exención.

-Lorena Villanustre Torres: Non se lle concede a exención. -Lara Salgado Santos: Concédeselle a exención. -Braix Castro Dias: Concédeselle a exención. -Margarita Eloisa Sánchez Uscamaita: Non se lle concede a exención. -Leticia Bello Torres: Non se lle concede a exención. -David Bernárdez Palmón: Non se lle concede a exención. -Iria Palacios Fernández: Concédeselle a exención. Quinto. Rogos e preguntas Non hai.

A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase aprobar os informes de seguimento do Máster en Estudos Internacionais e do Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

2. Acórdase propoñer a concesión da exención de docencia ós seguintes alumnos/as:

Mónica Alba Piñeiro Marta Muñiz Torrado Borja Torné Bobó Lucía Otero Montaos Noelia Castro Vázquez María Galende Rodríguez Lara Salgado Santos Braix Castro Dias Iria Palacios Fernández

3. Acórdase propoñer a denegación da exención de docencia ós seguintes alumnos/as:

Bruno Bernardo Castelo Vargas Diego Nine Vidal Lorena Villanustre Torres Margarita Eloisa Sánchez Uscamaita Leticia Bello Torres David Bernárdez Palmón

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 19 DE XANEIRO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:30 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Julio Jorge Urbina (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Juan José Nieto Montero (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria) Begoña López Portas, Lourdes Mella Méndez, María Jesús Sande Mayo, José Luis Quintela Botana, Mónica Carmen Pérez Suárez e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Escusa a súa asistencia Manuel Segura Ortega. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día Primeiro. Aprobación do acta da sesión anterior. Estando a disposición de todos os membros o borrador do acta da sesión anterior, de 20 de Novembro de 2015, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario. Segundo. Informes do Sr. Decano. Informa de que está presente na reunión a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo e que sería axeitado tamén a presenza da Sra. Vicedecana de Organización Académica, a pesares de que o Regulamento de réxime interno da Facultade dispón, no seu artigo 34, sobre a composición da Comisión de Docencia e Calidade que estará composta por “a) O decano ou decana, que a presidirá. b) O vicedecano ou vicedecana competente en materia de Asuntos Académicos e Calidade...”. Tendo en conta que a estrutura do equipo decanal recentemente elixido conta cunha Vicedecana de Organización Académica e unha Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, o

2

máis procedente é que estean presentes ámbalas dúas nas reunións da Comisión de Docencia e Calidade. Terceiro. Aprobación, se procede, dos Informes de renovación da acreditación dos títulos de Grao en Dereito e Máster en Avogacía. O Sr. Decano cédelles a palabra á Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo e ao Sr. Coordinador do Máster en Avogacía, Lotario Vilaboy Lois, agradecéndolles a ámbolos dous o traballo levado a cabo. Intervén en primeiro lugar, Lotario Vilaboy Lois quen transmite o parecer da Comisión Académica do Máster de Avogacía no sentido de que os problemas máis graves que aprecian son, por una banda, a falta de apoio administrativo e, pola outra, a pouca coordinación entre o profesorado, sobre todo entre o profesorado académico e práctico profesional. Con todo, entende que o Máster en Avogacía continúa a ser unha titulación con futuro. Intervén a continuación Marta Otero Crespo indicando que se remitiu o Informe de renovación da acreditación no día de onte aos señores/as membros da Comisión de Docencia e Calidade para que puideran facer as observacións que estimen procedentes. Desexa que conste en acta o seu agradecemento a Pilar Martínez, responsable de calidade da Universidade de Santiago de Compostela, pola súa axuda no proceso de elaboración do informe. Deixa constancia tamén de que como non hai accións de mellora para o curso 2014-2015, incorporáronse ao informe as do ano 2016. Sometidos á votación apróbanse ámbolos dous informes por asentimento. Cuarto. Revisión e aprobación, se procede, do Plan de Melloras do Centro/Accións de Mellora do Grao en Dereito e dos Másteres que se imparten na facultade. A Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas informa de que tivo unha reunión previa cos Sres. Coordinadores dos Másteres da Facultade co fin de que aportasen as súas propostas de mellora. Informa tamén de que a USC conta cunha táboa de accións de mellora cuxa financiación se estima máis probable. A profa. Mella Méndez pregunta qué tipo de accións se teñen en conta como melloras, ao que a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas resposta que o Plan de melloras da Universidade recolle varios puntos a ter en conta: material informático para a docencia; Material informático para préstamo; Infraestruturas docentes; Infraestruturas (conexións eléctricas); Material para a docencia; Actividades formativas para o alumnado; Actividades formativas para o profesorado; Promoción; Enquisas propias... Tamén da conta a Sra. Vicedecana de que o equipo decanal pensa crear un grupo de traballo formado polos Sres. Coordinadores dos Másteres oficiais que se imparten na Facultade e ela mesma. Os Sres. Coordinadores dos Másteres presentes amosan a súa vontade de colaborar no mesmo.

3

Quinto. Asuntos de trámite. O Sr. Decano expón que o equipo decanal está a traballar na elaboración dunha normativa que regule as exencións de docencia. Elaborarase un borrador de normativo que logo será enviado aos Membros da Comisión para que poidan facer as suxestións e observacións que estimen oportunas de cara á mellora do mesmo. O prof. Jorge Urbina entende que a discusión que tivo lugar na última Xunta de Facultade sobre este punto foi en certa medida artificiosa. Está de acordo en que haxa unha normativa pero entende que esta debe ser mínima porque normativas moi detalladas poden danar ao alumnado. Tamén suxire que se poida delegar a decisión sobre as exencións na Comisión Permanente co fin de axilizar a súa resolución. A Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas entende que se debe establecer un prazo de 10 ou 15 días dende o peche do prazo de matrícula para poder pedir a exención, ao que o Prof. Jorge Urbina obxecta que no momento presente o alumnado pode matricularse ata o mes de decembro. Mónica Pérez Suárez opina que esta situación na que o alumnado dispón dun prazo moi laxo de matrícula está a extinguir, dado que afecta só ao alumnado que aínda queda de Licenciatura, mentres que o alumnado de Grao conta cun prazo moito máis curto para matricularse. O Sr. Decano intervén para manifestar que comparte a idea de que a normativa debe ser mínima pero que é imprescindible. É necesario que o profesorado sexa consciente que cal é o alumnado que ten exención de docencia e cales son as consecuencias de contar coa mesma. O réxime de avaliación non pode se lo mesmo se hai exención que se non a hai. O Sr. Decano informa de que xa está establecido o calendario de presentación dos Traballos de Fin de Grao (en adiante TFG) do mes de febreiro: Depósito dos traballos: 10-15 Informe dos Titores: 10-19 Defensa: 22-26. Sobre este particular intervén o Prof. Urbina propoñendo que se inste aos/ás titores/ras dos traballos a que sexan máis concretos na elaboración dos seus informes. Á mesma recomendación únese o Prof. Vilaboy Lois engadindo que no informe ten que constar tamén o encargo que o titor/ra lle fixo ao alumno para poder comprobar si se cumpriu ou non. A Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas expón que hai que pensar na posibilidade do estabelecemento dun cronograma das actividades previas á defensa dos TFG para que tanto o alumnado como o profesorado se adapten ao mesmo. O prof. Nieto Montero entende que se deberían poñer certas restricións para a matrícula no TFG; por exemplo, non permitir a matrícula cando o alumnado ten moitas materias non superadas.

4

Intervén a Profa. Mella Méndez amosando o seu malestar pola excesiva carga que representa a titorización para moitos profesores e profesoras. Se, como ela cre, se trata dunha actividade que é docencia, e se se quere facer con rigor, debería contar no POD en moita maior medida. Tamén entende que deberían asumir a titoría de máis TFG os profesores e profesoras cunha labor investigadora menos intensa. Tampouco está de acordo co sistema de avaliación dos traballos; ao seu parecer son os titores os que deberían poñer a nota. Mónica Pérez Suárez aclara que o Departamento é o responsable da distribución dos TFG entre os seus membros. O Prof. Jorge Urbina, na súa función de Director do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado, explica que o que fai el é ir polas Áreas de Coñecemento preguntando cómo van repartir os TFG o logo o Departamento acorda o reparto en función do que lle transmiten ás Áreas. Intervén o Sr. Decano para dicir que está plenamente de acordo coa observación de que a carga docente que se computa para a titorización de TFG é ridícula. Ademais, faise unha estimación en función dos traballos titorizados no ano anterior e logo modíficase o POD. Por outra banda, parece que a USC ten a pretensión de que os TFG e Traballos fin de Máster (TFM) de maior excelencia se publiquen no repositorio da USC. Hai algunha Facultade (como Medicina) que plantexou reticencias a esta pretensión por si eses traballos non se poden logo engadir a un traballo de investigación posterior. Sexto. Rogos e preguntas Non hai. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 14:15 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

5

ACORDOS ADOPTADOS: 1. Acórdase aprobar os Informes de renovación da acreditación dos títulos de Grao en Dereito e Máster en Avogacía. 2. Acórdase aprobar o Plan de Melloras do Centro/Accións de Mellora do Grao en Dereito e dos Másteres que se imparten na facultade. 3. Acórdase a aprobación do calendario de presentación dos Traballos de Fin de Grao do mes de febreiro de 2016: Depósito dos traballos: 10-15 Informe dos Titores: 10-19 Defensa: 22-26.

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 11 DE FEBREIRO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 11:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Juan José Nieto Montero (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria), Manuel Segura Ortega, Begoña López Portas, María Jesús Sande Mayo, Da Cunha Naveira, Pablo, Oroso Queijo, Carmen, José Luis Quintela Botana, Mónica Carmen Pérez Suárez e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asisten e escusaron previamente a súa inasistencia, os/as Profs/as. Dres/as. Jorge Urbina, Vilaboy Lois e Mella Méndez.

Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 19 de xaneiro de 2016. Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 19 de xaneiro de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano. Non hai.

3. Aprobación, se procede, da Memoria de Calidade do centro (2014-2015).

A Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, informa de que a Memoria remitiuse o día anterior aos Señores e Señoras membros da Comisión. A aprobación da mesma é un requisito imprescindible para acceder ás axudas económicas á mellora da calidade docente, que ten que aprobar o Consello de Goberno. A Memoria segue o formulario da USC. Como anexo á mesma incorpóranse os Informes de seguimento dos Másteres que se imparten na

2

Facultade así como o do Grao en Dereito. Incluirase tamén un enlace na pax. Web do centro. A Sra. Vicedecana quere que conste en acta o seu agradecemento ao Prof. Nieto Montero, Coordinador do Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria. Sen suscitarse obxección algunha, apróbase a Memoria por asentimento.

4. Asuntos de trámite. O Sr. Decano cédelle a palabra a quen redacta este acta. Como asunto de trámite hai unha solicitude de exención de docencia presentada por dona Fátima Veiga Ledo, alumna de Licenciatura en Dereito, para a materia Dereito Internacional Privado, única que lle resta para rematar os seus estudos. Alega causas económicas e persoais. Sen suscitarse obxección algunha, apróbase a concesión da exención por asentimento.

5. Rogos e preguntas. O Sr. Da Cunha Naveira pregunta se se vai a establecer un sistema específico para resolver as solicitudes de exención de docencia. O Sr. Decano resposta que, polo que respecta a este curso se irán resolvendo as que vaian presentándose. Informa de que o equipo decanal está a traballar na elaboración dunha normativa desta materia, que estableza uns prazos non absolutos, porque sempre poden xurdir circunstancias sobrevidas que xustifiquen unha nova concesión. Agardamos que no curso que ven estea lista esta normativa. No mesmo sentido valorarase se se trata dunha materia que se poida delegar nesta Comisión de Docencia e Calidade.

6. Rogos e preguntas

Non hai. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 11:45 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

3

ACORDOS ADOPTADOS: 1. Acórdase aprobar a Memoria de Calidade do centro (2014-2015). 2. Acórdase propoñer a concesión a exención de docencia á Sra. Alumna

dona Fátima Veiga Ledo.

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 29 DE MARZO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 11:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Ana Gude Fernández (Vicedecana de Organización Académica), Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Juan José Nieto Montero (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria), Manuel Segura Ortega, Begoña López Portas, Lourdes Mella Méndez, Ana Rodríguez Álvarez, Pablo Da Cunha Naveira, Mauro Gómez Lamela, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 11 de febreiro de 2016. Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 11 de febreiro de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano. Non hai.

3. Número máximo de traballos de fin de Grao da titulación de Graduado en Dereito por área de coñecemento para o curso 2016-2017.

O Decano aclara que esta Comisión ten que facer unha proposta dos Traballos de fin de Grao (en adiante TFG) por Área de coñecemento tendo en conta, por unha banda, o número de alumnos que, probablemente, matricularanse nos TFG o próximo curso académico e, por outra, a capacidade docente de cada Área de coñecemento. A distribución concreta dos TFGs é competencia dos

2

Departamentos. Pode ser que, finalmente, o número de traballos necesario sexa menor, co cal, os alumnos que elixen en primeiro lugar terían maior oferta. A proposta que se fai é a seguinte: DEPARTAMENTO DE DEREITO PÚBLICO E TEORÍA DO ESTADO: ÁREA DE DEREITO CONSTITUCIONAL: 21 ÁREA DE DEREITO ADMINISTRATIVO: 25 ÁREA DE DEREITO INTERNACIONAL PÚBLICO: 21 DEPARTAMENTO DE DEREITO PÚBLICO ESPECIAL: ÁREA DE DEREITO FINANCEIRO E TRIBUTARIO: 15 ÁREA DE DEREITO PENAL: 16 ÁREA DE DEREITO PROCESUAL: 21 ÁREA DE FILOSOFÍA DO DEREITO: 9 ÁREA DE HISTORIA DO DEREITO E DAS INSTITUCIÓNS: 6 DEPARTAMENTO DE DEREITO COMÚN: ÁREA DE DEREITO CIVIL: 37 ÁREA DE DEREITO INTERNACIONAL PRIVADO: 9 ÁREA DE DEREITO ROMANO: 12 ÁREA DE DEREITO ECLESIÁSTICO: 6 DEPARTAMENTO DE DEREITO MERCANTIL E DO TRABALLO: ÁREA DE DEREITO DO TRABALLO E DA SEGURIDADE SOCIAL: 15 ÁREA DE DEREITO MERCANTIL: 11 DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA APLICADA: ÁREA DE ECONOMÍA APLICADA: 9 DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN: ÁREA COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL E PUBLICIDADE: 6

O Prof. Vilaboy Lois entende que, con independencia do reparto concreto, hai que reclamar da Universidade un maior recoñecemento en horas de POD por dirección de TFG, punto no que coinciden tanto o Sr. Decano como a Profa. Mella Méndez quen afirma sentirse desbordada pola cantidade de TFG que ten que titorizar, tanto na Facultade de Dereito como na de Relacións Laborais e Recursos Humanos. O Prof. Nieto Montero, no mesmo senso, entende que o centro ten que pensar en reformar a estrutura do TFG.

3

O Prof. Vilaboy engade que, por outra banda, sería adecuado que a Universidade impartira cursos ao alumnado sobre cuestións básicas como a forma de citar, a procura de bibliografía e, sobre isto, o alumno Gómez Lamela aclara que a Universidade oferta varios cursos, tanto na Biblioteca Concepción Arenal, polo que respecta a aprendizaxe de procura de bibliografía, como os impartidos polo Servizo de Normalización Lingüística.

4. Aprobación, se procede, do Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Dereito (versión 3.0).

O Sr. Decano cédelle o uso da palabra á Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, que expón que tivo varias reunión cos Sres. Coordinadores dos Másteres coa fin de consensuar o contido do Manual, logo do cal enviouse á Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC. Con data 17 de marzo dita Área emite Informe no que determina que o Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Dereito é coherente coas determinacións do SGIC marco da USC. Recomenda, nembargante, integrar nas Comisións do Títulos de Máster ao/á responsable de Calidade do Centro, de cara á correcta implantación e desenvolvemento do SGIC. O Prof. Vilaboy Lois, Coordinador do Máster en Avogacía entende que a incorporación da responsable de Calidade á Comisión Académica do Máster que el coordina, desequilibra a composición da mesma pero que, en todo caso, haberá que estudialo. Por asentimento, acórdase elevar á Xunta de Facultade a proposta de aprobación do Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Dereito (versión 3.0). O Prof. Nieto Montero desexa que conste en acta o agradecemento á Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, polo seu esforzo na elaboración do Manual.

5. Asuntos de trámite.

Non hai 6. Rogos e preguntas.

A Profa. Mella Méndez reitera a necesidade de que a Facultade adoite algunha medida para evitar situacións como nas que ela di atoparse, totalmente desbordada pola dedicación á titorización de TFG e Traballos de fin de Máster. A Sra. Vicedecana de Organización Docente, Ana Gude Fernández entende que debería haber un número máximo de TFG e TFM por profesor/ra en global, e non por Centro. Noutra orde de cousas, o Sr. Decano agradece aos membros desta Comisión a súa participación nas distintas reunións celebradas co gaio da visita da Comisión da ACSUG, os días 8 e 9 deste mes de marzo. Aclara que no informe oral presentado pola mesma, que non ten por qué ter correspondencia co Informe escrito que aínda non chegou, a Comisión da ACSUG fixo fincapé nalgunhas cuestión mellorables,

4

tanto no Grao en Dereito como no Máster en Avogacía, como poden ser a coordinación entre materias, ou entre o profesorado que imparte unha soa materia; a excesiva carga nalgúns semestres (como pode ser o primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Dereito); a baixa participación do alumnado nas enquisas de satisfacción coa docencia, etc. En calquera caso, deixa constancia do seu agradecemento a tódolos participantes nesas reunións.

E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 11:40 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase aprobar o número máximo de traballos de fin de Grao da titulación de Graduado en Dereito por área de coñecemento para o curso 2016-2017, que sería:

DEPARTAMENTO DE DEREITO PÚBLICO E TEORÍA DO ESTADO: ÁREA DE DEREITO CONSTITUCIONAL: 21 ÁREA DE DEREITO ADMINISTRATIVO: 25 ÁREA DE DEREITO INTERNACIONAL PÚBLICO: 21 DEPARTAMENTO DE DEREITO PÚBLICO ESPECIAL: ÁREA DE DEREITO FINANCEIRO E TRIBUTARIO: 15 ÁREA DE DEREITO PENAL: 16 ÁREA DE DEREITO PROCESUAL: 21 ÁREA DE FILOSOFÍA DO DEREITO: 9 ÁREA DE HISTORIA DO DEREITO E DAS INSTITUCIÓNS: 6 DEPARTAMENTO DE DEREITO COMÚN: ÁREA DE DEREITO CIVIL: 37

5

ÁREA DE DEREITO INTERNACIONAL PRIVADO: 9 ÁREA DE DEREITO ROMANO: 12 ÁREA DE DEREITO ECLESIÁSTICO: 6 DEPARTAMENTO DE DEREITO MERCANTIL E DO TRABALLO: ÁREA DE DEREITO DO TRABALLO E DA SEGURIDADE SOCIAL: 15 ÁREA DE DEREITO MERCANTIL: 11 DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA APLICADA: ÁREA DE ECONOMÍA APLICADA: 9 DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN: ÁREA COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL E PUBLICIDADE: 6

2. Acórdase elevar á Xunta de Facultade a proposta de aprobación do Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Dereito (versión 3.0).

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 29 DE ABRIL DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Ana Gude Fernández (Vicedecana de Organización Académica), Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Julio Jorge Urbina (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Manuel Segura Ortega, Begoña López Portas, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Sergio Rodríguez Vázquez, José Mario Vidal González, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asiste e escusou previamente a súa inasistencia Pablo da Cunha Naveira. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 29 de marzo de 2016.

Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 29 de marzo de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano.

Informa o Sr. Decano de que nos próximos días se lles enviará un correo electrónico aos Departamentos co fin de que se pronuncien sobre si manteñen as mesmas liñas de investigación para os Traballos de fin de Grao ou propoñen algún cambio. En todo caso, se os Departamentos non se pronuncian entenderase que manteñen as liñas anteriores.

3. Fixación do calendario de presentación dos Traballos de Fin de Grao en Dereito nas oportunidades de Xuño-Xullo e Setembro. Como en cursos anteriores, propóñense dúas quendas para xuño-xullo e unha quenda única para setembro. Xuño-xullo: Primeira quenda: Depósito dos traballos: 13 ao 17 de xuño. Informes dos titores: 13 ao 23 de xuño. Defensa: 27 de xuño ao 1 de xullo. Segunda quenda: Depósito dos traballos: 4 ao 8 de xullo. Informes dos titores: 4 ao 15 de xullo. Defensa: 18 ao 22 de xullo.

2

Setembro: Quenda única: Depósito dos traballos: 5 ao 9 de setembro. Informes dos titores: 5 ao 11 de setembro. Defensa: 15 ao 22 de setembro. Sometida a proposta a votación aprobase por asentimento dos Sres./Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

4. Solicitude de exención de docencia.

O solicitante, Isaac Báñez Contreras, con D.N.I. 29787834M, solicita, con data 20 de abril, a exención de docencia para a materia “Técnicas de expresión oral e escrita aplicadas ao Dereito”, materia deste segundo cuadrimestre de primeiro curso. Alega o solicitante que ten a súa residencia a 166 km. de Santiago de Compostela, que contaba con acadar un posto de traballo en Santiago pero que non o acadou, atopándose en situación de desemprego que acredita. O Sr. Decano entende que a Comisión debe propoñer a denegación da solicitude, ao non cumprir esta os requisitos da normativa propia da Facultade de Dereito aprobada pola Xunta de Facultade o 29 de marzo deste mesmo ano, e que, no punto 2 do art. 1 dispón: “Non se considerarán causas xustificativas da exención de docencia aquelas condicións previas á matricula, e que non supoñan unha situación de excepcionalidade, ou de dificultade imprevista, tales como a distancia dende o lugar de residencia ou a existencia dunha actividade laboral previa”. Xa que logo, ao non existir neste caso unha situación de excepcionalidade ou de dificultade imprevista, cumpre denegar a solicitude. Intervén o Prof. Jorge Urbina advertindo que unha solicitude tan tardía pode facerse en fraude de lei, porque o alumno, ao ver que non poderá cumprir coa asistencia, solicita a exención a posteriori. A Comisión propón, por asentimento, denegar a solicitude de exención.

5. Asuntos de trámite.

Non hai.

6. Rogos e preguntas.

Non hai.

E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:25 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

3

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdasae aprobar o calendario de presentación dos Traballos de Fin de Grao en Dereito nas oportunidades de Xuño-Xullo e Setembro: Xuño-xullo: Primeira quenda: Depósito dos traballos: 13 ao 17 de xuño. Informes dos titores: 13 ao 23 de xuño. Defensa: 27 de xuño ao 1 de xullo. Segunda quenda: Depósito dos traballos: 4 ao 8 de xullo. Informes dos titores: 4 ao 15 de xullo. Defensa: 18 ao 22 de xullo. Setembro: Quenda única: Depósito dos traballos: 5 ao 9 de setembro. Informes dos titores: 5 ao 11 de setembro. Defensa: 15 ao 22 de setembro.

2. Acórdase propoñer a denegación da exención de docencia ó Sr. Alumno don Isaac Báñez Contreras.

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 6 DE XUÑO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Ana Gude Fernández (Vicedecana de Organización Académica), Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Julio Jorge Urbina (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Amelia González Méndez (Coordinadora do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Miguel Abel Souto, Begoña López Portas, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Mauro Gómez Lamela, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 29 de abril de 2016. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Ampliación do prazo de Depósito, do calendario de presentación dos Traballos

de Fin de Grao en Dereito nas oportunidades de Xuño-Xullo e Setembro(curso 2015-2016).

4. Creación do Grupo de Traballo para a elaboración do Plan Estratéxico do Centro.

5. Asuntos de trámite. 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 29 de abril de 2016. Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 29 de abril de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano.

Non hai.

2

3. Ampliación do prazo de Depósito, do calendario de presentación dos Traballos de Fin de Grao en Dereito nas oportunidades de Xuño-Xullo e Setembro (curso 2015-2016).

O Sr. Decano expón que o calendario inicialmente aprobado dispón que o prazo para o Depósito dos TFGs para a segunda quenda de xullo sexa entre os días 4 e o 8. Houbo alumnos que puxeron de manifesto no Decanato que o último exame da segunda oportunidade de xullo é o día 11, e que era posible que se dera a situación de que un alumno que fixera ese exame e o aprobase, xunto co resto das materias, non puidera presentar o TFG porque xa se esgotara o prazo de depósito. O Sr. Decano entende que isto suporía unha discriminación para estes alumnos e por esa razón propón a modificación do calendario de presentación dos TFG ampliándoo ata o 13 de xullo. Hai que ter en conta que esta medida conlevará unha maior dificultade na xestión administrativa da presentación dos TFGs. Neste sentido, se os alumnos agardan ata o último día, os titores/as só disporán de dous días para presentar os seus informes. Sometido o punto a votación, aprobase por asentimento dos Sres/as membros da Comisión de Docencia e Calidade. O Sr. Decano anuncia que esta modificación será publicitada por tódolos medios que garanten que chegue a coñecemento de todo o alumnado.

4. Creación do Grupo de Traballo para a elaboración do Plan Estratéxico do Centro.

O Sr. Decano explica que a Facultade de Dereito conta xa cun Plan de Melloras e que o seguinte compromiso que afronta a Área de Calidade é a aprobación dun Plan Estratéxico. Cumpre neste sentido crear unha Comisión que se ocupe de tal tarefa. O Sr. Decano propón que a Comisión estea formada por: -Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas. -Sra Vicedecana de Organización Docente. -Os Sres/as Coordinadores/as dos Másteres que se imparten na Facultade. -O Sr. Xestor do Centro. -Un representante do alumnado: nomease ao único alumno presente na xuntanza: Mauro Gómez Lamela. O Sr. Decano aclara que a aprobación do Plan Estratéxico da Facultade corresponde á Comisión de Calidade da USC, tralo correspondente acordo adoptado pola Xunta de Centro.

5. Asuntos de trámite. Non hai.

6. Rogos e preguntas.

Non hai.

3

E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:25 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase Ampliar o prazo de Depósito, do calendario de presentación dos Traballos de Fin de Grao en Dereito nas oportunidades de Xuño-Xullo e Setembro (curso 2015-2016). 2. Acórdase a creación do Grupo de Traballo para a elaboración do Plan Estratéxico do Centro: -Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas. -Sra Vicedecana de Organización Docente. -Os Sres/as Coordinadores/as dos Másteres que se imparten na Facultade. -O Sr. Xestor do Centro. -Un representante do alumnado: noméase ao único alumno presente na xuntanza: Mauro Gómez Lamela.

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 23 DE XUÑO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 11:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Ana Gude Fernández (Vicedecana de Organización Académica), Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas),Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Julio Jorge Urbina (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Begoña López Portas, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asisten e escusaron previamente a súa inasistencia, as Profas. Dras. González Méndez e Pérez Rivas. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 6 de xuño de 2016. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Aprobación, no seu caso, de mecanismos de coordinación docente para o

vindeiro curso 2016-2017, consonte ás suxestións formuladas pola Subcomisión Avaliadora da ACSUG.

4. Aprobación, no seu caso, do Plan de accións de Mellora, atendendo ás suxestións formuladas pola Subcomisión Avaliadora da ACSUG para a renovación da acreditación do Grao en Dereito e do Máster Universitario en Avogacía.

5. Asuntos de trámite. 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 6 de xuño de 2016.

Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 6 de xuño de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano. Non hai.

3. Aprobación, no seu caso, de mecanismos de coordinación docente para o vindeiro curso 2016-2017, consonte ás suxestións formuladas pola Subcomisión Avaliadora da ACSUG.

O Sr. Decano cédelle a palabra á Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo quen expón que a Subcomisión Avaliadora para a renovación da acreditación do Grao en Dereito detectou problemas de coordinación docente entre profesores dunha mesma materia e entre materias como a existencia de contidos replicados. Para solventar estes problemas proponse, como parte integrante do Plan de Melloras que esta Comisión de Docencia e Calidade, asuma as tarefas de supervisión e control do labor realizado polos coordinadores de materias e cursos. Neste sentido, hai que ter en conta que o nomeamento de coordinadores é unha competencia compartida entre os Departamentos (que nomeana os Coordinadores de materias) e a Dirección do Centro (que nomea aos Coordinadores de curso –un para cada semestre de cada curso-). Trátase de establecer un calendario de reunións con estes coordinadores coa fin de someter a control a coordinación. Engade a Sra. Vicedecana que o mesmo esquema se podería aplicar, se ao Prof. Vilaboy Lois parécelle ben, ao Máster en Avogacía. Intervén o Prof. Urbina dicindo que é da opinión de que unha mesma materia non pode ter programas diferentes en función do profesor/a que imparte a materia, pero tamén non se debería “sacralizar” a Memoria verificada, no sentido de que os seus contidos sexan intocables. A Profa. Otero Crespo cre que para a ACSUG a Memoria verificada é, efectivamente, algo estático, intocable. Intervén o Sr. Decano no sentido de que o informe da Subcomisión deixa ao Grao en Dereito en boa posición; si e certo que fan algunhas observacións sobre cuestións que deben considerarse menores. A Profa. Otero Crespo engade que a Subcomisión da ACSUG aprecia tamén algunhas incoherencias entre a información recollida na memoria do título, as guías docentes publicadas en Web e o que efectivamente sucede mas materias no que respecta especialmente a sistemas de avaliación e distribución horaria de actividades formativas. A Subcomisión pon un só exemplo de que isto suceda en concreto na materia Métodos de solución de conflitos e técnicas de negociación. Intervén a continuación o Prof. Vilaboy Lois, (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía) quen expón que a Subcomisión non apuntou ningún problema de coordinación polo que fai referencia ao Máster que el coordina. Si fixo a Subcomisión observacións en relación ao Profesorado externo á Universidade e polo que respecta ao tema da publicidade do Máster. Nembargantes si considera que teñen problemas de coordinación importantes; algúns en Santiago, pero sobre todo en Lugo. Estes problemas están relacionados, sobre todo, co feito de que unha mesma materia sexa impartida por varios/as profesores/as. Neste sentido, solicitouse ás Áreas que non nomeasen a máis dun profesor por materia, e houbo Áreas que si cumpriron e outras non, nomeadamente neste último caso atópanse ás Áreas de Dereito Procesual e Dereito Administrativo. En canto ao tema da coordinación, en Santiago elabóranse as fichas adaptadas á Memoria xunto co temarios da proba de acceso ao exercicio da avogacía. Hai que revisar que isto realmente se cumpra pero o prazo de que se dispón para esa revisión é demasiado curto. Intervén o Prof. Urbina aclarando que pódese eliminar a data da aprobación das guías, modificalas e logo voltar a introducir a data. Deste xeito terían máis tempo de cara a esa revisión.

O Prof. Vilaboy engade que non é moi proclive á creación dunha nova Comisión, tendo en conta que o Máster da Avogacía xa conta cunha Comisión de Coordinación, unha Comisión Académica e unha Comisión de Dirección. A Profa. Otero Crespo entende que non sería necesaria tal creación, que bastaría con que algúns dos membros desa ou desas Comisións desen conta ante esta Comisión de Docencia e Calidade do Centro. O Sr. Decano pregúntase se sería posible a creación dunha norma que impedise que unha materia fose impartida por máis dun profesor, tendo en conta que a presenza de varios profesores dificulta o sistema de avaliación. Ábrese un debate neste sentido e chégase a conclusión de que con simples recomendacións en tal sentido non é dabondo. Sometido o punto a votación, apróbase por asentimento dos Sres/as membros da Comisión de Docencia e Calidade.

4. Aprobación, no seu caso, do Plan de accións de Mellora, atendendo ás suxestións formuladas pola Subcomisión Avaliadora da ACSUG para a renovación da acreditación do Grao en Dereito e do Máster Universitario en Avogacía.

Apunta o Sr. Decano que entre as observacións feitas pola Subcomisión da ACSUG, unha das máis relevantes é a do baixo grado de participación do alumnado nas enquisas de satisfacción, perante o que é preciso adoptar medidas de acción directa como o de que os coordinadores de curso se encarguen de que o alumnado cubra as enquisas na aula en horario lectivo. Intervén a Profa. López Portas laiándose porque se tivera abandonado o sistema de enquisas anterior, que si garantía a participación do alumnado. Sometido o punto a votación, apróbase por asentimento dos Sres/as membros da Comisión de Docencia e Calidade.

5. Asuntos de trámite. Non hai.

6. Rogos e preguntas.

O Prof. Vilaboy Lois roga que, no futuro, se reitere aos Departamentos esa recomendación de que unha mesma materia non sexa impartida por máis dun profesor/a no mesmo grupo. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 11:45 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase a aprobación de mecanismos de coordinación docente para o vindeiro curso 2016-2017, consonte ás suxestións formuladas pola Subcomisión Avaliadora da ACSUG. 2. Acórdase a probación do Plan de accións de Mellora, atendendo ás suxestións formuladas pola Subcomisión Avaliadora da ACSUG para a renovación da acreditación do Grao en Dereito e do Máster Universitario en Avogacía. En concreto, acórdase que esta Comisión de Docencia e Calidade, asuma as tarefas de supervisión e control do labor realizado polos coordinadores de materias e cursos.

3. Acórdase que os coordinadores de curso se encarguen de que o alumnado cubra as enquisas na aula en horario lectivo, para conseguir un maior grao de participación.

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 8 DE SETEMBRO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo GuinarteCabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 12:30 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas),LotarioVilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Amelia González Méndez (Coordinadora do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Miguel Abel Souto, Begoña López Portas, LourdesMella Méndez, Ana Rodríguez Álvarez, José Mario Vidal González, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asiste e escusou previamente a súa inasistencia, o Sr. alumno Mauro Gómez Lamela. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 23 de xuño de 2016. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Aprobación, no seu caso, do calendario de exames da oportunidade

extraordinaria para os alumnos da Licenciatura en Dereito que cursan materias polo Grao.

4. Aprobación, no seu caso, da ampliación do prazo de presentación de informes dos titores dos TFGs depositados na quenda de setembro.

5. Aprobación, no seu caso, da proposta de nomeamento de Coordinadores de curso para o ano académico 2016-2017.

6. Asuntos de trámite. 7. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 23 de xuño de 2016.

Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, do 23 de xuño de 2016, sen suscitarse obxecciónalgunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Xunta de Facultade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano Informa en primeiro lugar o Sr. Decano de que o día 14 de setembrocelebraraseunhaxornada de benvida para o alumnado de primeiro curso. A

2

xornada ocupará toda a mañádese día e, polo tanto, suspéndense as aulas, en quenda de mañá e tarde. Solicita ao profesorado de primeiro curso que informe ao alumnado da celebración destaxornada. Informa tamén do relevo do Prof. Julio Jorge Urbina polo Prof. Rafael García Pérez como membrodesta Comisión, ao ter substituído este a aquel como Coordinador do Máster en EstudosInternacionais. Dálle a benvidaao Prof. García Pérez.

3. Aprobación, no seu caso, do calendario de exames da oportunidade extraordinaria para os alumnos da Licenciatura en Dereito que cursan materias polo Grao.

Apunta o Sr. Decano que, ata onde se sabe, esta é a última oportunidade que hai para cursar materias de Licenciatura en Dereito polo Grao en Dereito; parece que o Ministerio extingue a posibilidade de outorgar títulos de Licenciatura, e, polo tanto, é improbable que se deanmáis oportunidades a este alumnado. Fíxose un calendario inicial de exames que tivo que reformarse despois para incluírmáis materias das inicialmente previstas. Na maior parte das materias son poucos os/as alumnos/as a examinar. Á pregunta da Profa. Mella Méndez sobre a finalidade desta convocatoria, resposta o Xestor da Facultade, José Luis Quintela, explicando a diferenza entre o alumnado de Licenciatura en Dereito que cursa materias polo Grao en Dereito e o alumnado de Licenciatura que se examina por Licenciatura. Sometido o punto a votación, apróbase por asentimento dos sres./sras. Membros desta Comisión. O calendario de exames inclúese como anexo a este acta.

4. Aprobación, no seu caso, da ampliación do prazo de presentación de informes dos titores dos TFGs depositados na quenda de setembro.

O Sr. Decano indica que a proposta consiste en ampliar o prazo para a presentación de informes dos titores de TFG ata o día 13 de setembro. Se o prazo de depósito remata o día 12, parece lóxico ampliar un día máis o prazo de presentación de informes. Sometido o punto a votación, apróbase por asentimento dos Sres./Sras. Membros desta Comisión.

5. Aprobación, no seu caso, da proposta de nomeamento de Coordinadores de curso para o ano académico 2016-2017.

O Sr. Decano da conta de que o nomeamento dos Coordinadores de Curso é competencia del mesmo, pero entende aconsellable que esta Comisión poida opinar ao respecto. Seguindo os criterios de rotación de profesores, a proposta sería a seguinte:

Primeiro curso. Primeiro cuadrimestre: Marta Otero Crespo (CIVIL) Primeiro curso. Segundo cuadrimestre: José Julio Fernández Rodríguez (CONSTITUCIONAL) Segundo curso. Primeiro cuadrimestre: Antonio Carlos Pereira Menaut (CONSTITUCIONAL) Segundo curso. Segundo cuadrimestre: Alba Nogueira López (ADMINISTRATIVO) Terceiro curso. Primeiro cuadrimestre: Mar Maroño Gargallo (MERCANTIL) Terceiro curso. Segundo cuadrimestre:

3

AngelRebolledo Varela (CIVIL) Cuarto curso. Primeiro cuadrimestre: LuisMíguez Macho (ADMINISTRATIVO) Cuarto curso. Segundo cuadrimestre: Sonia Esperanza Rodríguez Boente (FILOSOFÍA Dº)

Sometido o punto a votación, apróbase por asentimento dos Sres./Sras. Membros desta Comisión. O Sr. Decano anuncia que ao longo do mes de outubro haberá unha reunión con eles co fin de mellorar a coordinación entre materias, e entre profesores dunha mesma materia, cando son varios os que a imparten. Hai que ter en conta que esta é unha das cuestións que suxeriu a Comisión da ACSUG. Vinculado a isto trataremos tamén de que os Coordinadores de curso sexan unha figura clave para acadar que a participación do alumnado nos procesos de avaliación do profesorado sexa máis elevada que a actual. Intervén a Prfa. González Méndez sinalando que ela presentou unha queixa ante a Universidade no sentido de que, tendo en conta a baixa participación do alumnado, os resultados das enquisas non se podían considerar representativos. Intervén a Profa. López Portas para salientar que ela mesma falou con persoal responsable dos sistemas de avaliación queixándose da escasa participación do alumnado. A resposta do persoal da USC foi que facendo unha comparativa nacional a USC está por riba da media no que se refire ao grao de participación do alumnado nestas enquisas. Intervén o Sr. Decano afirmando que esa escasa participación conduce a que os resultados das enquisas teñan escaso ou nulo valor. Precisamente, entre as accións de mellora que propuxo este equipo decanal, estaba a de poñer a un bolseiro/a a facer as enquisas nas aulas de xeito presencial. Lamentablemente, a USC non considerou subvencionable esta proposta. De tódolos xeitos intentarase arbitrar algún mecanismo que incentive a participación do alumnado. 6. Asuntos de trámite. Nos últimos días xurdiu un problema co alumnado do Dobre Itinerario entre Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos, en concreto para o alumnado que agora cursa segundo. Como cursan ao mesmo tempo materias de distintos cursos, hai unha incompatibilidade entre Dereito Internacional Público e Fundamentos Históricos do Dereito, os mércores. A solución pasa por atrasar a aula de Dereito Internacional Público unha hora, impartíndose no novo horario de 13:00 a 14:00 horas. Sometido o cambio de horario a votación apróbase por asentimento dos Sres./Sras. Membros desta Comisión. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:15 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

4

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase a aprobación do calendario de exames da oportunidade extraordinaria para os alumnos da Licenciatura en Dereito que cursan materias polo Grao.

2. Acórdase a aprobación da ampliación do prazo de presentación de informes dos titores dos TFGs depositados na quenda de setembro.

3. Acórdase a aprobación da proposta de nomeamento de Coordinadores de curso para o ano académico 2016-2017: Primeiro curso. Primeiro cuadrimestre: Marta Otero Crespo (CIVIL) Primeiro curso. Segundo cuadrimestre: José Julio Fernández Rodríguez (CONSTITUCIONAL) Segundo curso. Primeiro cuadrimestre: Antonio Carlos Pereira Menaut (CONSTITUCIONAL) Segundo curso. Segundo cuadrimestre: Alba Nogueira López (ADMINISTRATIVO) Terceiro curso. Primeiro cuadrimestre: Mar Maroño Gargallo (MERCANTIL) Terceiro curso. Segundo cuadrimestre: AngelRebolledo Varela (CIVIL) Cuarto curso. Primeiro cuadrimestre: LuisMíguez Macho (ADMINISTRATIVO) Cuarto curso. Segundo cuadrimestre: Sonia Esperanza Rodríguez Boente (FILOSOFÍA Dº)

4. Acórdase atrasar a aula de Dereito Internacional Público unha hora, impartíndose no novo horario de 13:00 a 14:00 horas, para dar solución a un problema co alumnado do Dobre Itinerario entre Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos, en concreto para o alumnado que agora cursa segundo. Como cursan ao mesmo tempo materias de distintos cursos, hai unha incompatibilidade entre Dereito Internacional Público e Fundamentos Históricos do Dereito, os mércores.

5

OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE EXAME PARA OS ALUMNOS DA LICENCIATURA EN DEREITO QUE CURSAN MATERIAS POLO GRAO G3161102 Dereito Romano:

Introdución Histórica e Procesual-Dereitos Reais

13/09/2016 10.00 horas AULA 1

G3161104 Fundamentos Históricos do Dereito

14/09/2016 12.00 horas Seminario Historia do Dereito

G3161105 Teoría do Dereito 21/09/2016 11.00 horas Área Filosofía do Dereito

G3161107 Dereito Romano: Sucesión Hereditaria e Obrigacións

13/09/2016 12.00 horas AULA 1

G3161121 Introdución ao Dereito Civil e Dereito da Persoa

20/09/2016 11.00 horas AULA 15

G3161221 Dereito Penal-Parte Xeral 16/09/2016 12.00 horas Área Dereito Penal

G3161223 Dereito de Obrigacións e Responsabilidade Civil

16/09/2016 12.30 horas Área Dereito Civil

G3161224 Dereito Internacional Público

16/09/2016 12.00 horas AULA 4

G3161321 Dereito de Familia 15/09/2016 13.00 horas AULA 6 G3161324 Dereito Mercantil I 21/09/2016 9.00 horas Área Dereito

Mercantil G3161325 Dereito Penal, parte

especial-Delitos contra a Persoa e contra o Patrimonio

14/09/2016 12.00 horas AULA 6

G3161327 Dereito de Sucesións 21/09/2016 13.00 horas AULA 4 G3161328 Dereito Mercantil II 19/09/2016 16.00 horas AULA 15 G3161329 Dereito Penal, parte

especial-Delitos contra a Orde Socieconómica e contra a Comunidade

22/09/2016 12.00 horas AULA 4

G3161330 Dereito Procesual Penal 23/09/2016 12.00 horas AULA 4 G3161421 Dereito Internacional

Privado 19/09/2016 10.00 horas AULA 1

G3161423 Dereito Procesual Civil I 20/09/2016 9.00 horas AULA 6 G3161425 Dereito Procesual Civil II 12/09/2016 11.00 horas SALÓN DE

ACTOS

6

CUARTO CURSO-EXAMES OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN

Código MATERIA DO 3 AO 9 DE NOVEMBRO DE 2015

611401 Dereito Administrativo II Día: 3 18.00 horas SA

611402 Dereito Administrativo III Día: 6 16.00 horas SA

611403 Dereito Civil V-Familia e Sucesións

Día: 4 12.00 horas SA

611404 Dereito Eclesiástico do Estado Día: 5 18.00 horas Aula 7

611405 Dereito Financeiro e Tributario III

Día: 4 18.00 horas SA

611406 Dereito Internacional Privado Día: 3 12.00 horas SA

611407 Dereito Mercantil III Día: 6 9.00 horas SA

611408 Dereito Procesual II Día: 5 12.00 horas Aula 1

611411 Dereito Civil de Galicia Día: 9 12.00 horas SA

NOTA: PARA PODER PRESENTARSE A ESTES EXAMES É NECESARIO TERSE PRESENTADO Á CONVOCATORIA DE SETEMBRO E TER SUSPENDIDO.

7

OPTATIVAS-EXAMES OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN

Código MATERIA DO 3 AO 9 DE NOVEMBRO DE 2015

611421 Dereito Tributario Internacional

Día: 3 16.00 horas Aula 6

611431 Dereito de Cooperativas Día: 6 12.00 horas Aula 7

611432 Procedemento de Solución de Conflictos Laborais

Día: 4 9.00 horas Aula 7

611433 Réxime Fiscal da Empresa Día: 3 9.00 horas Aula 7

611441 Dereito Rexistral Día: 5 9.00 horas Aula 7

611442 Matrimonio e Réximes Económico-Matrimoniais

Día: 6 18.00 horas Aula 7

611451 Dereito Financeiro Autonómico e Local

Día: 5 16.00 horas Aula 7

611452 Dereito Orzamentario Día: 9 9.00 horas Aula 7

NOTA: PARA PODER PRESENTARSE A ESTES EXAMES É NECESARIO TERSE PRESENTADO Á CONVOCATORIA DE SETEMBRO E TER SUSPENDIDO.

8

QUIINTO CURSO-EXAMES OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN

Código MATERIA DO 3 AO 9 DE NOVEMBRO DE 2015

611501 Filosofía do Dereito Día: 4 16.00 horas SA

OPTATIVAS-EXAMES OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN

Código MATERIA DO 3 AO 9 DE NOVEMBRO DE 2015

611521 Dereito Matrimonial Canónico e Concordado

Día: 3 16.00 horas Aula 15

611522 Historia da Ciencia Xurídica Día: 6 12.00 horas Aula 6

611531 Banca, Bolsa e Seguros Día: 9 16.00 horas Aula 7

611532 Comercio Internacional Día: 3 9.00 horas Aula 6

611533 Intervención Administrativa na Economía

Día: 5 12.00 horas Aula 7

611534 Propiedade Intelectual, Industrial e Dereito da Competencia

Día: 6 18.00 horas Aula 6

9

611541 Dereito Agroalimentario Día: 9 18.00 horas Aula 8

611542 Dereito Privado Comparado Día: 4 9.00 horas Aula 6

NOTA: PARA PODER PRESENTARSE A ESTES EXAMES É NECESARIO TERSE PRESENTADO Á CONVOCATORIA DE SETEMBRO E TER SUSPENDIDO.

OPTATIVAS-EXAMES OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN

Código MATERIA DO 3 AO 9 DE NOVEMBRO DE 2015

611543 Dereito Procesual Especial e Comunitario

Día: 3 18.00 horas Aula 7

611544 Espazo Xudicial Europeo Día: 6 16.00 horas Aula 7

611551 Dereito Local Día: 4 12.00 horas Aula 7

611553 Urbanismo e Medio Ambiente Día: 3 12.00 horas Aula 7

NOTA: PARA PODER PRESENTARSE A ESTES EXAMES É NECESARIO TERSE PRESENTADO Á CONVOCATORIA DE SETEMBRO E TER SUSPENDIDO.

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 30 DE SETEMBRO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo GuinarteCabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), LotarioVilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Miguel Abel Souto, Begoña López Portas, Mauro Gómez Lamela e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asiste e escusou previamente a súa inasistencia, a Prfa. Mella Méndez. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 8 de setembro de 2016. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. 4. Renovación de membros do Grupo de Traballo para a elaboración do Plan

Estratéxico do Centro, por cambio na coordinación do Máster en Estudos Internacionais e do Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

5. Cambio de titor/a de TFG. 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 8 de setembro de 2016.

Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, do 23 de xuño de 2016, sen suscitarse obxecciónalgunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Xunta de Facultade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano. O Sr. Decano lembra, en primeiro lugar, que na xuntanzadesta Comisión do pasado 6 de xuñoacordouse a creación dun grupo de traballo encargado da elaboración do Plan Estratéxico do Centro. Ese grupo de traballo estaría presidido pola Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, e del formarían parte a Sra. Vicedecana de Organización Docente, Ana Gude Fernández e os Sres./Sras Coordinadores/as dos diferentes Másteres que se imparten na Facultade. O Sr. Decano informa taméndo procedemento e resultado de asignación das Matrículas de Honra dos TFGs do curso 2015-2016. O sistema que se vai seguir será o mesmo que o de anos anteriores, pero anuncia xa que ten a intención de que no futuro se abra un

2

debate sobre esta cuestión. Este ano pódense conceder ata 13 Matrículas de Honra, tendo en conta o número de matriculados e, xa que logo, concederanseás 13 mellorescualificacións de TFG. Nelas están representadas case tódalas Áreas de coñecemento. O Sr. Decano entende que se trata dunha cuestión que merece unha reflexión e debate, tendo en conta que se trata dunha materia xulgada por tribunais distintos e uns poden ser moitomáis benévolos caoutros. Entende que a nota do TFG debería someterse a algún tipo de corrector como pode ser a nota media do/a alumno/a. Intervén o Prof. Abel Souto para dicir que a ponderación coa nota media do expediente do alumnado parécelleunha boa idea. O Sr. Decano apunta que outro criterio podería ser o de establecer unhacota por Área de Coñecemento pero pensa que podería ter máis inconvenientes. Intervén a Profa. López Portas apuntando que coa previsible reforma do Regulamento dos TFGs se poderíaresolver este problema, pensando, sobre todo, no establecemento futuro dun Tribunal único. O Sr. Decano aclara que a idea dun Tribunal único non está contemplada na proposta de reforma do equipo Decanal, tendo en conta que temos moito alumnado. Polo tanto, no Curso académico 2015-2016, o alumnado con Matrícula de Honra no TFG, incluíndo a nota acadada no TFG, é o seguinte:

Miguélez González, Nerea J. 10.00 Pardo Arza, Sara 10.00 Quintiá Pastrana, Andrei 10.00 Pena Fraiz, María 9.60 Lorenzo Santoro, Paloma 10.00 Pazos Sierra, Adrián 10.00 Escobar Rivas, Alberto 10.00 López Corral, Emma 10.00 Alegre Domínguez, Laura 10.00 Cid Ferreiro, Lorena 10.00 López Zurita, Elisa Madelón 10.00 CunhaNaveira, Pablo da 10.00 Miguéns Acosta, María 10.00

3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. O Sr. Decano da conta das solicitudes presentadas e propón resolvelas, en aplicación da normativa aprobada pola Xunta de Facultade na súa sesión ordinaria do 29 de marzo de 2016, no seguinte sentido: Conceder a exención de docencia para aoseguinte alumnado: Rocío Gómez Gavieiro Laura Fondevila Mato Denegar a exención de docencia aoseguinte alumnado: Rocío Quinteiro Villanueva María Puga Moure Noemí Fiaño Leal Alba Martínez Varela Leticia Bello Torres Eva Vázquez Villar

3

Rocío Hermo Calvo Noelia María Caamaño Rodríguez Carmen Uzquiano Sánchez Sandra Núñez Grobas Lara Salgado Santos Sometida a proposta a votación, aprobase por asentimento dos Sres./SrasMembros da Comisión.

4. Renovación de membros do Grupo de Traballo para a elaboración do Plan Estratéxico do Centro, por cambio na coordinación do Máster en EstudosInternacionais e do Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

Tendo en conta que o Grupo de Traballo para a elaboración do Plan Estratéxico do Centro está formado, entre outrosmembros, polos/as Coordinadores/as dos Másteres que se imparten na Faculte e que mudou o Coordinador en dousdestes, cumpre renovar a estos dousmembros. Xa que logo, formarán parte do mesmoRafael García Pérez (novo Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais) e Amelia González Méndez (nova Coordinadora do Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria).

5. Cambio de titor/a de TFG. O Sr. Decano expón que a solicitude de cambio de titora foi presentada polo alumno Ismael Martínez Álvarez, que suspendeu o TFG na quenda de setembro. Entende o Sr. Decano que parece razoable concederlle ao alumnado nestas circunstancias a posibilidade de cambiar de titor/a. Sometido o punto a votación, aprobase por asentimento dos Sres./Sras. Membros da Comisión.

6. Rogos e preguntas. Non hai. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:45 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

4

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase: Propoñer a concesión da exención de docencia para o seguinte alumnado: Rocío Gómez Gavieiro Laura Fondevila Mato Propoñer a denegación da exención de docencia para o seguinte alumnado: Rocío Quinteiro Villanueva María Puga Moure Noemí Fiaño Leal Alba Martínez Varela Leticia Bello Torres Eva Vázquez Villar Rocío Hermo Calvo Noelia María Caamaño Rodríguez Carmen Uzquiano Sánchez Sandra Núñez Grobas Lara Salgado Santos

2. Acórdase a renovación de membros do Grupo de Traballo para a elaboración do Plan Estratéxico do Centro, por cambio na coordinación do Máster en Estudos Internacionais e do Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

3. Acórdase o cambio de titor/a de TFG do Sr. Alumno alumno Ismael

Martínez Álvarez.

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 14 DE OUTUBRO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Miguel Abel Souto, Begoña López Portas, Lourdes Mella Méndez, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Mauro Gómez Lamela, e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asiste e escusou previamente a súa inasistencia, a Profa. Amelia González Méndez. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 30 de setembro de 2016. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. 4. Informe sobre a xuntanza de coordinación Xeral do 13 de outubro de 2016. 5. Nomeamento das Comisións encargadas de atender as cuestión relacionadas coa

materia TFM nos Másteres adscritos á Facultade. 6. Aprobación, no seu caso, da calendario para a realización dos TFM do Máster en

Estudos Internacionais. 7. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 30 de setembro de 2016.

Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, do 30 de setembro de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Xunta de Facultade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano Informa o Sr. Decano de que este mesmo día 14 foron remitidos por parte do Sr. Vicerreitor de Oferta Docente a resolución denegatoria da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, sobre a implantación do Grao en Criminoloxía e do Máster Oficial en Mediación no curso 2017-2018. A resolución é moi breve e invoca

2

argumentos telegráficos como que o Máster en Mediación non ten un enfoque profesionalizante e, no que respecta ao Grao en Criminoloxía, a Secretaría Xeral de Universidades entende que suporía un incremento das necesidades orzamentarias do sistema de Universidades e porén un desequilibrio na orientación dos campus. O Sr. Decano aclara que non só a Facultade de Dereito recibiu resposta negativa ás súas solicitudes, senón que outras propostas de graos e másteres recibiron tamén unha resposta negativa. A Facultade conseguirá información adicional sobre estas decisións e, en todo caso, hai que seguir traballando para acadar estas titulacións. 3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. O Sr. Decano da conta das solicitudes presentadas e propón que esta Comisión informe, en aplicación da normativa aprobada pola Xunta de Facultade na súa sesión ordinaria do 29 de marzo de 2016, no seguinte sentido: Informar en contra de conceder a exención de docencia para o seguinte alumnado: Laura Tomé Cernadas Antonio Mario Fernández Brizuela Borja Torné Bobo Astrid Seijas Salinas Informar a favor de conceder a exención de docencia para o seguinte alumnado: Vicente Alejandro Bretal Seráns Sometida a proposta a votación, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres./Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade.

4. Informe sobre a xuntanza de coordinación Xeral do 13 de outubro de 2016.

O Sr. Decano informa de que o día 13 de outubro celebrouse unha xuntanza, convocada pola Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, con tódolos coordinadores de curso do Grao en Dereito. Á mesma acudiron tódolos coordinadores agás un. Nesa xuntanza explicouse que no informe provisional para a renovación da credencial no título de Grao en Dereito, unha das deficiencias que se fixo notar por parte da ACSUG, foi a falta de coordinación entre materias ou entre os docentes que imparten a mesma materia. Nalgúns casos non coincide o sistema de avaliación que aparece na Guía docente co que se fai na realidade. Entende o Sr. Decano que un dos efectos positivos destas avaliacións é o de estimularnos á mellora continua. Así, con fin de mellorar os mecanismos de coordinación, nesa xuntanza cos coordinadores chegouse a estas conclusións:

1. Os coordinadores, en virtude do seu nomeamento por parte da Comisión de Docencia e Calidade, son as autoridades competentes para a coordinación do curso (no semestre correspondente). 2. En virtude desta autoridade, procederán a convocar antes da finalización do presente mes de outubro aos profesores que imparten materias no presente semestre para informalos dos acordos acadados na reunión xeral de coordinación e das medidas que se derivan destes (de obrigado cumprimento).

3

3. Destas reunións derivaranse uns informes que serán recollidos pola Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, quen dará conta dos mesmos perante a Comisión de Docencia e Calidade. 5. Ademais, os coordinadores de cada semestre deberán estar a dispor do alumnado, publicitando a súa condición de tales e instando ao alumnado a que lle transmitan calquera incidencia que se presente no curso do semestre.

Á vista destas conclusións, o Sr. Decano propón que esta Comisión as asuma como propias. Intervén o Prof. Abel Souto, quen entende que ao seu ver, deberíase rebaixar o ton das mensaxes, posto que o termo “autoridade” parécelle demasiado forte neste contexto. Resposta o Sr. Decano no sentido de que cando falamos neste contexto de autoridade, a referencia é a “auctoritas” máis que a autoridade con sentido de poder. Pregunta a Profa. Mella Méndez de qué normativa procede a figura dos coordinadores/as de curso. Resposta o Sr. Decano dicindo que aparece na Memoria do título. Continúa a Profa. Mella expresando que, ó seu parecer, habería que ter coidado coas persoas que se nomean como coordinadores/as porque pode haber profesores maiores que non se sinta cómodos sendo coordinados por profesorado novo. Intervén quen redacta esta acta para aclarar que a persoa na que quizais está pensando a Profa. Mella como unha das que poden non sentirse cómodas, é el mesmo coordinador de primeiro cuadrimestre de segundo curso. Por outra banda, é frecuente que os docentes declinen a invitación de ser coordinadores de curso. O Sr. Decano explica que o sistema de nomeamento de coordinadores baséase en comprobar quen/quenes non foron nomeados nos últimos cursos para proceder a nomealos. Engade que quizais sería adecuada, e estudiarase, o establecemento dun sistema máis formalizado de nomeamento de coordinadores. Intervén a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas para explicar que a figura de Coordinador/a es escasamente recoñecible e que a ACSUG recomendou atribuírlle máis autoridade porque, sen esta, a figura non é efectiva na práctica. A labor de coordinación é moi importante, sobre todo en cuestións como poden ser as clases interactivas. A ACSUG comprobou, porque así llelo transmitiu o alumnado, que ao concentrarse tódalas interactivas nunha mesma semana, e ter unha carga de traballo desmesurada en algunha das materias, o alumnado se vía incapaz de dar resposta a toda esta carga. Por outra banda, esta medida da mellora da coordinación foi aprobada xa por esta Comisión, como medida de obrigado cumprimento. Sometida a proposta de asumir as conclusións da Reunión de coordinadores/as como propias desta Comisión a votación, sen presentarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres./ ras membros desta Comisión de Docencia e Calidade.

5. Nomeamento das Comisións encargadas de atender as cuestión relacionadas coa materia TFM nos Másteres adscritos á Facultade. Expón o Sr. Decano que o Sr. Coordinador do Máster en Estudos Internacionais, Rafael García Pérez fíxonos chegar unha serie de consideracións sobre cómo afecta o novo Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos TFG en TFM na Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016, aos TFM do Máster que el coordinada. En concreto, preocúpalle a aplicación do art. 3.1. dese Regulamento, de acordo co cal, “Cada centro deberá designar un/ha coordinador/a de TFG e TFM único por titulación, e unha comisión encargada de atender ás cuestións

4

propias do desenvolvemento das materias “Traballo de fin de Grao” e “Traballo de fin de Máster” única por titulación, segundo determine o centro”. O Sr. Decano propón que sexa a Comisión Académica de cada un dos Másteres as que asuman as competencias que teñan que ver cos TFM. Sometida a proposta a votación, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres./Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade. Intervén o Prof. García Pérez para preguntar se a delegación ten efectos para un curso académico ou se é permanente. Resposta o Sr. Decano dicindo que a delegación é permanente e que, polo tanto, non ten prazo de caducidade.

6. Aprobación, no seu caso, da calendario para a realización dos TFM do Máster en Estudos Internacionais. O Sr. Decano da conta do calendario proposto polo Coordinador do Máster, Rafael García Pérez para sometelo a votación da Comisión: 9 de Febreiro de 2017: Data límite para a entrega dos traballos que vaian ser lidos en febreiro. 16 e 17 de febreiro de 2017: Convocatoria dos Tribunais para a exposición dos traballos. 6 de xullo de 2017: Data límite para a entrega dos traballos que vaian ser lidos en xullo. 12, 13 e 14 de xullo de 2017: Data límite para a entrega dos traballos que vaian ser lidos en setembro. 13, 14 e 15 de setembro: Convocatoria dos tribunais para a exposición dos traballos. Sometida a proposta a votación, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres./Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade.

7. Rogos e preguntas. A Profa. Mella Méndez pregunta se se vai a reformar o Regulamento de TFG da Facultade. Resposta o Sr. Decano dicindo que o equipo decanal xa está a traballar na redacción do borrador do regulamento con obxectivo de levalo á próxima Xunta de Facultade. A reforma fundamental céntrase no sistema de avaliación. A idea é establecer un sistema de avaliación alternativo ao actual no que o alumnado sexa avaliado directamente polo titor/a ata unha determinada nota. Se desexa acadar maior cualificación debería defender o seu traballo perante un tribunal. Da conta o Sr. Decano de que a Universidade ten certa reticencia a que o traballo sexa avaliado directamente polo titor, o cal pode explicarse no caso de que o traballo sexa de 18 créditos, pero non ten xustificación no caso do Grao en Dereito, no que o TFG é de 6 créditos. A Profa. López Portas pregunta se a reforma sería xa aplicable no presente curso académico. Resposta o Sr. Decano en sentido afirmativo, posto que trátase dunha reforma favorable ao alumnado. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:50 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

5

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase: Propoñer a denegación da exención de docencia para o seguinte alumnado: Laura Tomé Cernadas Antonio Mario Fernández Brizuela Borja Torné Bobo Astrid Seijas Salinas Propoñer a concesión da exención de docencia para o seguinte alumnado: Vicente Alejandro Bretal Seráns.

2. Acórdase que os coordinadores/as de curso, en virtude do seu nomeamento por parte da Comisión de Docencia e Calidade, sexan as autoridades competentes para a coordinación do curso (no semestre correspondente).

3. Acórdasae que, en virtude desta autoridade, os coordinadores/as de curso procederán a convocar antes da finalización do presente mes de outubro aos profesores que imparten materias no presente semestre para informalos dos acordos acadados na reunión xeral de coordinación e das medidas que se derivan destes (de obrigado cumprimento).

4. Acórdase que, destas reunións derivaranse uns informes que serán recollidos pola Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, quen dará conta dos mesmos perante a Comisión de Docencia e Calidade.

5. Acórdase que os coordinadores de cada semestre deberán estar a dispor do alumnado, publicitando a súa condición de tales e instando ao alumnado a que lle transmitan calquera incidencia que se presente no curso do semestre.

6. Acórdase que sexa a Comisión Académica de cada un dos Másteres que se

imparten na Facultade as que asuman as competencias que teñan que ver cos TFM.

7. Acórdasae a aprobación do calendario para a realización dos TFM do Máster en Estudos Internacionais.

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 11 DE NOVEMBRO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 12:30 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Miguel Abel Souto, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Mauro Gómez Lamela, e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asisten e escusaron previamente a súa inasistencia, as Profas. Begoña López Portas e Lourdes Mella Méndez e o Prof. Vilaboy Lois. Atópanse en situación de baixa a Sra. Vicedecana de Organización Académica, Ana Gude Fernández e José Luis Quintela Botana. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 14 de outubro de 2016. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. 4. Accións de mellora para o curso 2016/2017. Proposta provisional. 5. Informe sobre a proposta provisional reforma do regulamento de TFG da

Facultade. 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 14 de outubro de 2016. Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, do 14 de outubro de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Xunta de Facultade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano. O Sr. Decano da conta do contido do escrito do Prof. Segura Ortega, dirixido á súa persoa como Presidente da Comisión de Docencia e Calidade, no que expón “que de sus conversaciones con los alumnos de primer curso del grado en Derecho (Grupos B y C) ha llegado al convencimiento de que la inmensa mayoría preferiría que las clases expositivas fueran de una hora. También hay muchos profesores que son partidarios de un cambio que mejoraría la calidad y los resultados de la docencia. Por todo ello,

2

solicita que la Comisión de Docencia de la Facultad se pronuncie sobre esta propuesta que implicaría la modificación de los horarios actuales para el próximo cuatrimestre. Respecto de las clases interactivas no se propone ninguna modificación”. O Sr. Decano entende que a petición do Prof. Segura de modificar os horarios para o segundo cuadrimestre non se pode atender porque os mesmos están aprobados xa dende o mes de maio pasado y publicitados para o presente curso. Por outra banda, engade o Sr. Decano, antes da elaboración e aprobación dos horarios para o presente curso académico abriuse por parte do equipo Decanal un intenso debate na Facultade, mantendo reunións co PDI e o alumnado sobre a estrutura dos horarios e, no curso do mesmo expúxose e rexeitouse esta posibilidade de voltar ás aulas de 1 hora. O Sr. Decano manifesta que entende que a excesiva duración das aulas é un problema que sofren en maior medida o persoal docente de primeiro curso dado que o alumnado non está acostumado a recibir aulas de hora e media pero entende que non debe ser un debate que haxa que abrir todos os anos. Polo que respecta ao seu alumnado, non aprecia que lle sexa difícil seguir as aulas de hora e media. Intervén o Prof. Abel Souto para deixar constancia de que lle parece moi acertada a argumentación do Sr. Decano. Intervén o Sr. alumno Mauro Gómez Lamela, afirmando que ao seu ver, para o alumnado sería moito mellor que as aulas durasen unha hora. Lembra que nese debate ao que fixo referencia o Sr. Decano unha das posibilidades que se suxeriu, de organización viable, foi á de dúas horas da mesma materia seguidas, cun cuarto de hora no medio de descanso. A el esta posibilidade parecíalle acertada pero tamén apunta que o alumnado rexeitouna porque temían que na práctica o profesorado dese hora e media seguida para rematar media hora antes. Intervén o Prof. García Pérez expoñendo a situación da Facultade na que imparte aulas, Ciencias Políticas na que implantouse o sistema de aulas dunha hora e o alumnado tampouco está a gusto co mesmo. Na práctica entende que é pouco funcional posto que a sensación do profesorado é que se aproveita peor o tempo. Intervén a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo que da conta de que consultou ao Grupo de primeiro no que ela imparte aulas, o Grupo C e o resultado foi que verían con bos ollos unha terceira vía que consistiría en aulas de 45 minutos, cun descanso no medio de 15 minutos e, a continuación, outros 45 minutos. O Sr. Decano entende que na súa opinión as aulas non se farían tan densas para o alumnado se os docentes potenciaramos a interacción. Trátase dun debate que de seguro prolongarase no tempo ata chegar a un consenso, si este é posible.

3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. O Sr. Decano da conta das solicitudes presentadas e propón que esta Comisión informe, en aplicación da normativa aprobada pola Xunta de Facultade na súa sesión ordinaria do 29 de marzo de 2016, no seguinte sentido:

Informar a favor de conceder a exención de docencia para o seguinte alumnado: Jennifer Regueiro Rodríguez Ángela Lago Romero

Sometida a proposta a votación, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres./Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade.

4. Accións de mellora para o curso 2016/2017. Proposta provisional.

3

O Sr. Decano cédelle a palabra á Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, quen expón que, de acordo co calendario de traballo, os coordinadores dos distintos Másteres que se imparten na Facultade e ela mesma como Vicedecana de Calidade e Infraestruturas teñen que solicitar as acción de mellora para as respectivas titulacións. Estas accións de mellora logo formarán parte do Informe de seguimento do título. Adianta xa a Sra. Vicedecana que, dada a carga de traballo que sofren os membros do grupo de traballo encargado da tarefa, hai unha acción de mellora que non se vai a cumprir de xeito inmediato. Trátase da proposta do Plan Estratéxico do Centro. De tódolos xeitos, sería positivo que o mesmo se puidese elaborar con data límite o mes de marzo do ano que ven, co fin de que computase como mérito na solicitude de concesión de axudas ás accións de mellora. Intervén o Sr. Decano dando conta de que o curso pasado a Facultade de Dereito recibiu axudas á accións de mellora que non se consideraban tan esenciais e nembargante no se recibiron axudas para outras accións de mellora que si se consideraban esenciais, como as de contratación de persoal para a elaboración das enquisas do alumnado sobre a docencia recibida. Explica tamén o Sr. Decano que os criterios de reparto destas axudas se elaboran polo Vicerreitorado logo de consensualas cos Decanos. O ano pasado houbo certa insatisfacción dos Centros co reparto efectuado porque o Vicerreitorado decidiu financiar completamente as acción de mellora con independencia da súa contía. Supón que este ano voltarase a debater sobre os criterios de reparto. Intervén a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, para aclarar que agora se presenta unha proposta provisional e que está a disposición dos Sres. Coordinadores dos Másteres para aclarar calquera dúbida que puidesen ter en relación con este tema. Intervén o Sr. Alumno Mauro Gómez Lamela dando conta das deficiencias que, ao seu ver, presenta a Sala de Lectura da Facultade e preguntando se se deberían solicitar axudas á súa mellora como acción no marco do que se está a falar. Resposta o Sr. Decano que está previsto que na vindeira semana se instalen máis enchufes nesa sala

5. Informe sobre a proposta provisional de reforma do regulamento de TFG da Facultade.

Expón o Sr. Decano que a reforma que agora se propón é obrigado pola necesidade de adaptar a normativa da Facultade á nova normativa universitaria, aprobada polo Consello de Goberno de 10 de marzo deste ano e, ademais a proposta acolle a posibilidade que establece esa normativa para aqueles Centros cunha elevada ratio de alumnos por profesor, de recoller outro tipo de avaliación alternativa ou complementaria á do tribunal. Para acollerse a esta posibilidade é preciso contar co informe favorable da Vicerreitoría con competencias en titulacións. Neste sentido, a proposta inclúe a posibilidade de que o alumnado sexa avaliado, á súa elección, ben polo titor/a, pudendo neste caso obter unha cualificación máxima de 8,0 (notable), ou ben por un tribunal (neste caso sen limitación de cualificación). A idea é presentar a proposta aos distintos grupos de interese co fin de que poidan facer as suxestións que consideren. Xa se ten feito algunha mellora da proposta grazas as observacións da Profa. López Portas. A reforma, no caso de ser aprobada en Xunta de Facultade, entraría en vigor xa para o presente curso académico, porque se entende que, dado que se trata dunha norma de procedemento, e supón un beneficio para o alumnado, é posible a súa aplicación retroactiva.

4

Intervén o Prof. García Pérez, lamentándose de non ter tido tempo para ler con atención a proposta pero que entende que se desestima a proposta, que se mencionou nalgunha xuntanza anterior desta Comisión, de ter en conta o expediente do alumnado na cualificación do traballo de fin de Grao. Alédase disto. Pregunta ademais se o informe do titor/a é vinculante. Resposta o Sr. Decano que non: é preceptivo pero non vinculante e que temos que convencernos de que o traballo é do alumnado, non do titor/a. Apunta o Prof. García Pérez que, a pesares de que a defensa é pública, normalmente non hai público. Acórdase informar favorablemente sobre a proposta provisional de reforma do regulamento de TFG da Facultade

6. Rogos e preguntas.

Non hai. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:15 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase propoñer a concesión da exención de docencia para o seguinte alumnado: Jennifer Regueiro Rodríguez Ángela Lago Romero

2. Acórdase a aprobación da proposta provisional das Accións de mellora para o curso 2016/2017.

3. Acórdase informar favorablemente sobre a proposta provisional de reforma do regulamento de TFG da Facultade

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 5 DE DECEMBRO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 12:30 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), José Manuel Iglesias Casais (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Miguel Abel Souto (Director do Dpto. de Dereito Público Especial e da Empresa), Lourdes Mella Méndez, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Mauro Gómez Lamela e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asiste e escusou previamente a súa inasistencia, a Profa. Doutora Begoña López Portas.

Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 11 de novembro de 2016. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. 4. Proposta de modificación do horario do exame da materia Dereito de

Obrigas e Contratos, grupo C, impartida polo Prof. Javier Lete Achirica. 5. Proposta de modificación de data de exames das materias Dereito do

Traballo I e Idioma Estranxeiro Técnico Xurídico II (Lingua Inglesa) 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 11 de novembro de

2016. Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 11 de novembro de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2

2. Informes do Sr. Decano.

Informa, en primeiro lugar, o Sr. Decano de que levarase á vindeira Xunta de Facultade a modificación do Regulamento dos TFGs da Facultade co gaio de adaptalo ao novo Regulamento da Universidade (aprobada polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016), e para introducir como novo sistema de avaliación, e complementario ao actual ante un tribunal, a avaliación polo titor/a, cun límite de cualificación de 8,0 (Notable). Para acollerse a esta posibilidade foi preciso solicitar informe favorable do Sr. Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa que o emitiu con data 29 de novembro. Xa que logo, o alumnado poderá optar pola avaliación do seu titor/a (cun límite na cualificación de 8) ou pola avaliación perante un tribunal (neste caso de 0 a 10). O vindeiro mércores 7 de decembro enviarase o borrador de reforma a tódolos membros da Xunta de Facultade para que poidan facer as observacións ao mesmo que consideren oportunas. Está previsto que a Xunta de Facultade sexa o 21 de decembro. O luns desa semana convocaremos unha nova Comisión de Docencia e Calidade para dar conta das suxestións presentadas, se foxe preciso. Hai que ter en conta que a reforma aplicarase este mesmo curso académico porque supón unha vantaxe para o alumnado ao engadir un sistema de cualificación novo. Informa, en segundo lugar, o Sr. Decano de que ampliouse o prazo para a gravación das accións de mellora programadas para o curso 2016/2017, ata o 23 de xaneiro de 2017, así como para o envío de autoinformes de seguimento/renovación da credencial, ata o 31 de xaneiro de 2017. Intervén o Prof. García Pérez para preguntar se eses autoinformes, correspondentes aos Másteres e o Grao en Dereito faranse conxuntamente. Resposta a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, dicindo que eses autoinformes deben ser aprobados polas Comisións Académicas dos Másteres e logo levados á Comisión de Docencia e Calidade.

3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. O Sr. Decano da conta de dúas solicitudes. A primeira do Sr. Alumno David Bernárdez Palmón, que alega un contrato de traballo posterior á súa matrícula na USC e, a segunda, do Sr. Alumno José Ignacio Zas Sande, quen constituíu unha sociedade de compravenda de camións no mes de agosto do ano 2016, pensando que podería compatibilizar esta actividade cos seus estudos, pero que, de xeito imprevisto para el, o éxito da mesma esíxelle unha dedicación case exclusiva. Nos dous casos o Sr. Decano propón a concesión das exencións. Sometido o punto a votación, sen suscitarse obxección algunha, apróbase a proposta por asentimento dos Sres. Sras membros da Comisión de Docencia e Calidade.

4. Proposta de modificación do horario do exame da materia Dereito de Obrigas e Contratos, grupo C, impartida polo Prof. Javier Lete Achirica.

3

Informa o Sr. Decano de que esta materia avalía a través dun exame oral e, tendo en conta que 20 de xaneiro é un venres e o luns seguinte é o patrono da Facultade, proponse cambiar a hora de comezo do exame, das 16:00 h. inicialmente establecidas, ás 9:00 h. O mesmo proponse para a data de exame desta materia na segunda oportunidade: o 20 de xuño, das 16:00 h. inicialmente establecidas, ás 9:00 h. Sometida a proposta a proposta a votación, sen suscitarse obxección algunha, aprobase por asentimento dos Sres. Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade.

5. Proposta de modificación de data de exames das materias Dereito

do Traballo I e Idioma Estranxeiro Técnico Xurídico II (Lingua Inglesa) Explica o Sr. Decano que neste caso a necesidade de modificación débese a que o día inicialmente previsto da data de exame, é festivo local (Ascensión). O Sr. Decano propón adiantar os exames destas materias ó día anterior, é dicir, ao 24 de maio. Sometida a proposta a proposta a votación, sen suscitarse obxección algunha, aprobase por asentimento dos Sres. Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade.

7. Rogos e preguntas. Non hai.

E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:10 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

ACORDOS ADOPTADOS: 1. Acórdase propoñer a concesión da exención de docencia para o seguinte alumnado: David Bernárdez Palmón José Ignacio Zas Sande

4

2. Acórdase aprobar a modificación do horario do exame da materia Dereito de Obrigas e Contratos, grupo C, impartida polo Prof. Javier Lete Achirica. 3. Acórdase aprobar a modificación de data de exames das materias Dereito do Traballo I e Idioma Estranxeiro Técnico Xurídico II (Lingua Inglesa)

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 20 DE DECEMBRO DE 2016

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 12:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Miguel Abel Souto (Director do Dpto. de Dereito Público Especial e da Empresa), Begoña López Portas, Lourdes Mella Méndez, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Mauro Gómez Lamela e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asiste e escusou previamente a súa inasistencia, o Prof. José Manuel Iglesias Casais (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria).

Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 5 de decembro de 2016. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. 4. Aprobación, no seu caso, da proposta de guía docente da materia G3161428

- Traballo Fin de Grao. 5. Asuntos de trámite 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 5 de decembro de 2016.

Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 5 de decembro de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario

2

2. Informes do Sr. Decano. O Sr. Decano concédelle a palabra a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, para que informe sobre o proceso de xustificación das Accións de Mellora correspondentes ó curso 2015-2016. Explica a Sra. Vicedecana que a xustificación desas Accións lévase a cabo a través de tres fontes documentais:

1. Memoria de Calidade do Centro (constan na AASX) 2. Informe de renovación de acreditación do Grao en Dereito 3. Informe final de renovación da acreditación do Grao en Dereito (de 29 de xuño de 2016), no que se inclúen acción de mellora de obrigado cumprimento e outras que son necesarias para dar resposta ás recomendacións feitas pola ACSUG.

(Estes documentos están disponibles no enlace: http://www.usc.es/gl/centros/dereito/sgic.html)

A Sra. Vicedecana informa da necesidade de elaborar un informe e reflexionar sobre o grao de execución das accións de mellora. De seguido o Sr. Decano informa de que na próxima Xunta de Facultade está previsto renovar a composición das Comisións delegadas da mesma e, entre elas, esta Comisión de Docencia e Calidade. É posible que isto afecte á composición do Grupo de Traballo para a elaboración do Plan Estratéxico. Informa tamén o Sr. Decano de que chegaron ó Decanato queixas ou inquedanzas dalgúns profesores polo feito de que se estean a realizar exames cuadrimestrais anticipados, fora, polo tanto, do calendario oficial de exames. É preciso lembrar ós/as Sres./as profesores/as a prohibición de facer este tipo de probas tendo en conta a distorsión que ocasionan na docencia dos compañeiros/as. Intervén o Sr. Alumno Gómez Lamela para manifestar que a solución sería adiantar os exames para antes do Nadal para que non estean tan concentrados. Di que ten 6 exames en 12 días. Por outra banda entende que a distorsión da docencia dun profesor por non ter un día de aulas non é tan grave. O Sr. Decano manifesta entender a posición do alumnado que, en boa lóxica, busca o seu propio beneficio e, en todo caso, pensa que a responsabilidade é do profesorado que adiante os exames por non acudir a outro tipo de medidas non distorsionantes, como poden ser a solicitude da modificación do calendario de exames.

3. Informe sobre solicitudes de exención de docencia. Hai unha única solicitude, de María Nazaret Graña Toyos, quen alega como xustificación para a súa solicitude que reside en Ourense e presenta un certificado de empadroamento que acredita a súa residencia dende 1996. Non hai circunstancia sobrevida e, polo tanto, o Sr. Decano entende que esta Comisión debe propoñer a denegación da exención. Apróbase a proposta do Sr. Decano por asentimento dos Sres./as membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

3

4. Aprobación, no seu caso, da proposta de guía docente da materia G3161428 - Traballo Fin de Grao.

Expón o Sr. Decano que este punto está condicionado á aprobación na Xunta de Facultade de mañá 21 de decembro da reforma do Regulamento de TFG da Facultade que modifica o sistema de avaliación, incluíndo un sistema alternativo ó de avaliación ante Tribunal que sería a avaliación directa polo titor/a ata un 8.00, a elección do alumnado. Hai que ter en conta que no suposto de que avalíe o titor/a tamén é necesaria a defensa pública do traballo porque así o interpreta a Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa. Intervén o Prof. García Pérez para dicir que acaba de coñecer que os seus compañeiros da Área de Dereito Internacional Público presentaron unha enmenda ó borrador de Regulamento no que se refire á regulación deste sistema de avaliación alternativo e, en concreto, sobre a necesidade de que teña que haber defensa pública perante o titor/a, e informa de que chegaron ó acordo de que, se se mantén o mesmo, votarán en contra da aprobación do Regulamento. O Sr. Decano expón que se elevou unha consulta á Vicerreitoría sobre este punto e a resposta foi tallante: é necesaria a defensa pública do traballo en todo caso. Hai que ter en conta que todos os centros que teñen reformado os seus Regulamentos incorporan esta exisencia. Parte da avaliación depende da exposición pública. Certo que esta exposición pode plantexar dúbidas sobre a garantía de publicidade. Poderíamos pensar que se podería adaptar a esta caso a normativa sobre realización de probas orais pero, en opinión do Sr. Decano, non sería exactamente o mesmo porque nos exames orais non existen outros elementos de valoración e no caso dos TFGs si. Intervén a Profa. Mella Méndez para dicir que este sistema de avaliación alternativa polo titor/a vai facilitar tamén que estes non se sintan “examinados” polos seus compañeiros/as. O Sr. Decano manifesta neste sentido de que é necesario que o profesorado interiorice que o TFG é un traballo do alumno/a non do titor/a. Sometida a proposta de guía docente da materia G3161428 - Traballo Fin de Grao a votación é aprobada polo voto favorable de todos os Sres./as membros da Comisión de Docencia e Calidade, agás o Prof. García Pérez, que se abstén, reuníndose o quórum necesario.

5. Asuntos de trámite.

Expón o Sr. Decano que trae como asunto de trámite a aprobación do calendario de presentación dos traballos de fin de Grao para a quenda de febreiro: -Depósito dos traballos: 6 ao 13 de febreiro -Informes dos Titores: 6-15 de febreiro -Defenda: 16-23 de febreiro

4

Sometido o calendario a votación é aprobado por asentimento de todos os Sres./as membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario. 6. Rogos e preguntas A Profa. Mella Méndez manifesta, en relación coa renovación dos membros desta Comisión, que ela pon a disposición o seu posto para que poida participar a xente máis nova pero, se é necesario que continúe tamén ponse a disposición do Sr. Decano. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 12:45 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace

ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase propoñer a denegación da concesión de docencia solicitada pola Sra. Alumna dona María Nazaret Graña Toyos.

2. Acórdase a aprobación da proposta de guía docente da materia G3161428 - Traballo Fin de Grao.

3. Apróbase o calendario de presentación dos traballos de fin de Grao para a quenda de febreiro de 2017:

-Depósito dos traballos: 6 ao 13 de febreiro -Informes dos Titores: 6-15 de febreiro -Defenda: 16-23 de febreiro

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 31 DE XANEIRO DE 2017

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano Prof. Dr. D. Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 12:30 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Marta Otero Crespo (Vicedecana de Calidade e Infraestruturas), Ana Gude Fernández (Vicedecana de Organización Académica), Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster Universitario en Avogacía), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Xosé Manuel Iglesias Casais (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria), Yolanda Maneiro Vázquez, Manuel Segura Ortega, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Mauro Gómez Lamela e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 20 de decembro de 2016. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Análise e reflexión relativo ó Grao en Dereito sobre os seguintes aspectos:

ó perfil real de ingreso/egreso; ás enquisas de satisfacción; ás enquisas da avaliación da docencia e ós resultados do título.

4. Aprobación, se procede, dos informes de seguimento das titulacións do Grao en Dereito, Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria, Máster en Avogacía e Máster en Estudos Internacionais.

5. Asuntos de trámite. 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 20 de decembro de 2016. Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 20 de decembro de 2016, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2

2. Informes do Sr. Decano. O Sr. Decano cédelle a palabra á Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, dona Marta Otero Crespo, quen informa da Xuntanza ordinaria do Grupo de traballo do Plan estratéxico da Facultade de Dereito, celebrada o 19 de xaneiro de 2017. Os acordos adoptados nesa xuntanza foron os seguintes: 1. A estrutura do Grupo de traballo será: Marta Otero Crespo Presidente José Manuel Iglesias Casais Secretario Lotario Vilaboy Lois Vogal José Luis Quintela Botana Vogal Rafael García Pérez Vogal Ana Mª Gude Fernández Vogal Mauro Gómez Lamela Vogal 2. Establecemento do cronograma de traballo: Tendo en conta o documento "Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC", o grupo de traballo acordou dar inicio á Fase 1 de Análise da situación, comprometéndose os asistentes a sinalar cales son na súa opinión as debilidades, as ameazas, as fortalezas e oportunidades do centro (análise DAFO), a fin de coñecer a situación real na que se atopa o centro. Tales fortalezas e debilidades detectadas poranse en común na vindeira reunión a celebrar no prazo dun mes. Tamén se comezará a Fase 2, na que se definirá a misión, a visión e os valores do centro. O prazo de execución das tarefas é de dous meses. A Sra. Vicedecana informa tamén da necesidade de documentar todo a partires de agora na aplicación informática AASX, obriga que incumbe tanto ós Sres. Coordinadores dos Másteres como a ela mesma, así como á Sra. Vicedecana de Organización Académica, como á Sra. Secretaria da Facultade de Dereito.

3. Análise e reflexión relativo ó Grao en Dereito sobre os seguintes aspectos: ó perfil real de ingreso/egreso; ás enquisas de satisfacción; ás enquisas da avaliación da docencia e ós resultados do título.

O Sr. Decano cédelle de novo a palabra á Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas dona Marta Otero Crespo, quen introduce os temas sobre ós que é preciso reflexionar nesta xuntanza. Así, con carácter xeral, e á vista dos distintos indicadores e evidencias facilitados do curso 2015/2016, obxecto de seguimento, evidénciase o que agora se indica: Polo que se refire ao Criterio 1. Organización e desenvolvemento, o plan de estudos se está a desenvolver conforme á memoria verificada. O noso perfil de

3

ingreso é moi bo (Informe E3), o noso plan de estudos desenvólvese conforme a oferta prevista e se teñen posto en marcha os mecanismos de coordinación docente reforzados, sinalado este como punto débil pola ACSUG no seu Informe de renovación da credencial (Vid Accións de mellora do curso 2015/2016 e do actual 2016/2017). Polo que se refire ao Criterio 3, estase a mellorar na implantación e despregue do Sistema de Garantía Interno de Calidade no centro. Neste sentido, unha boa mostra é a execución de Accións de Mellora no curso 2015/2016 (elaboración e aprobación da Memoria de Calidade do centro e do Manual Simplificado do SGIC, dispoñibles na web do centro http://www.usc.es/gl/centros/dereito/sgic.html), pero aínda queda percorrido por diante, por exemplo, no que se refire á elaboración do Plan estratéxico (en execución dende xaneiro de 2017), así como ás contribucións que dende os distintos grupos de interese se poidan facer para mellorar de xeito continuo o título (por exemplo, a través da labor de Comité consultivo do Grao en Dereito, constituído en setembro de 2016). Trala análise dos indicadores e evidencias facilitados sobre a titulación de Grao en Dereito e secundariamente, Dobre itinerario en Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos, e das oportunas reflexións, acórdase por parte dos Sres. E Sras. Membros desta Comisión de Docencia e Calidade, e por unanimidade emitir os informes correspondentes sobre o perfil de ingreso/ egreso, enquisas de satisfacción, enquisas de avaliación da docencia e dos resultados do título. Intervén o Prof. García Pérez para expresar os parabéns á Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, polo seu traballo e esforzo. Tales informes incorpóranse como Anexos a esta acta e ao Informe de seguimento 2015/2016.

4. Aprobación, se procede, dos informes de seguimento das titulacións do Grao en Dereito, Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria, Máster en Avogacía e Máster en Estudos Internacionais.

Os tres informes estiveron a disposición dos Sres. e Sras. membros desta Comisión. Sometida a votación a aprobación dos respectivos informes, sen suscitarse obxección algunha, apróbanse por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario. A Sra Vicedecana de Calidade e Infraestruturas expresa o seu agradecemento ós Sres Coordinadores dos Másteres en Avogacía, Estudos Internacionais e Fiscalidade Internacional e Comunitaria

5. Asuntos de trámite. A Sra. Secretaria da conta dunha solicitude de exención de docencia dunha alumna que afirma ter un contrato de traballo posterior á matrícula pero que aínda non xustificou tal circunstancia. A Sra. Secretaria propón que a Comisión propoña

4

a aprobación da Exención condicionada a que a Sra. alumna xustifique documentalmente a súa petición. Sometida a proposta a votación, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

6. Rogos ou preguntas. O Prof. García Pérez traslada unha pregunta e preocupación por parte do alumnado do Máster en Estudos Internacionais sobre o número de prazas e os criterios de selección das persoas que desexan cursar o Doutoramento. A Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas informa de que son 15 prazas e a Profa. Rodríguez Álvarez apunta que non se descarta reducir no futuro este número de prazas no caso de que non se vaian defendendo teses. Engade o Sr. Decano que o escaso número de prazas xustifícase polo reducido número de alumnos/as que acadan finalmente o título de Doutor/a. A concepción baséase en que se se reduce o número de prazas a tasa de éxito será maior, argumento este bastante discutible. O Prof. García Pérez expón que se está a producir unha fuxida do alumnado do Máster para facer o Doutoramento na Facultade de Políticas, onde ofertan 25 prazas. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 14:00 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace ACORDOS ADOPTADOS:

1. Acórdase a aprobación dos informes de seguimento das titulacións do Grao en Dereito, Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria, Máster en Avogacía e Máster en Estudos Internacionais.

2. Á vista dunha solicitude de exención de docencia presentada, pero non

xustificada documentalmente, apróbase propoñer a súa concesión condicionada ó feito de que a Sra. alumna xustifique documentalmente a súa petición.

5

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 31 DE XANEIRO DE 2017

ACTA

Baixo a presidencia da Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, dona Marta Otero Crespo, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Ana Gude Fernández (Vicedecana de Organización Académica), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Xosé Manuel Iglesias Casais (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria), Yolanda Maneiro Vázquez, Miguel Arenas Meza, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Mauro Gómez Lamela, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asiste e escusou previamente a súa inasistencia, o Prof. Manuel Segura Ortega. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 31 de xaneiro de 2017. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Creación do Grupo de Traballo para a elaboración da Memoria de

Calidade do Centro. 4. Informe sobre realización do Título Propio en Mediación. 5. Asuntos de trámite. 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 31 de xaneiro de

2017. Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 31 de xaneiro de 2017, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario

2

2. Informes do Sr. Decano. Informa a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, en primeiro lugar, de que foi modificada a data límite de aprobación polos centros da Memoria de Calidade, establecéndose ata o día 7 de marzo. En segundo lugar, a Sra. Vicedecana cédelle a palabra o Sr. Xestor do Centro, don José Luis Quintela Botana para que explique as incidencias que se teñen producido en relación coa xestión das Actas de TFG e TFM, quen expón que, por unha banda, hai problemas relacionados cos servizos informáticos sobre o particular, porque parece que o programa informático non se adapta á normativa de TFGs e TFMs da USC e, por outra banda, hai problemas cuxa solución depende de Secretaría Xeral, de que teñen que ver coa cuestión de cal ou cales son órganos competentes para a aportación dos datos (Decano/a ou ben Coordinadores/as dos Másteres…) á propia Secretaría Xeral. O caso é que as solucións teñen que ser homoxéneas para tódalas titulacións que se imparten na Facultade, polo que o Sr. Decano vaise reunir nos vindeiros días cos Coordinadores dos Másteres para unificar os criterios. Intervén o Prof. García Pérez para manifestar que, como Coordinador do Máster en Estudos Internacionais, a semana anterior fora moi estresante precisamente pola situación de confusión á que fixo referencia o Sr. Quintela. Agora que xa están os problemas en vías de solución, síntese máis tranquilo.

3. Creación do Grupo de Traballo para a elaboración da Memoria de Calidade do Centro.

A Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas propón que este Grupo de Traballo estea formado por: -Vicedecana de Calidade e Infraestruturas -Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster en Avogacía) -Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais) -Xosé Manuel Iglesias Casais (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria) Sometida a proposta a votación, apróbase por asentimento dos Sres. e Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

4. Informe sobre realización do Título Propio en Mediación. Expón a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas que este informe solicítase tódolos anos e é necesario para que se poida celebrar o Máster propio en Mediación. Sometido o punto a votación, infórmase favorablemente sobre a realización do Máster Propio en Mediación, por asentimento dos Sres. e Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

3

5. Asuntos de trámite. Non hai.

6. Rogos e preguntas.

Non hai. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:40 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace ACORDOS ADOPTADOS: 1. Acórdase a creación do Grupo de Traballo para a elaboración da Memoria de Calidade do Centro, formado por: -Vicedecana de Calidade e Infraestruturas -Lotario Vilaboy Lois (Coordinador do Máster en Avogacía) -Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais) -Xosé Manuel Iglesias Casais (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria)

2. Acórdase emitir informa favorable sobre realización do Título Propio en Mediación.

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 3 DE MARZO DE 2017

ACTA

Baixo a presidencia da Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, dona Marta Otero Crespo, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:30 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Ana Gude Fernández (Vicedecana de Organización Académica), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Manuel Segura Ortega, Miguel Arenas Meza, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Mauro Gómez Lamela, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asisten e escusaron previamente a súa inasistencia, a Profa. Yolanda Maneiro Vázquez e o Prof. Rafael García Pérez. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 13 de febreiro de 2017. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Solicitudes de exención de docencia. 4. Aprobación, se procede, da Memoria de Calidade do Centro (2015-2016). 5. Asuntos de trámite. 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 13 de febreiro de 2017.

Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 13 de febreiro de 2017, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario

2

2. Informes do Sr. Decano. En primeiro lugar, a Sra Vicedecana de Calidade e Infraestruturas escusa ó Sr. Decano pola súa ausencia, debida a que está na xuntanza do Consello de Goberno da que é membro pola quenda de Decanos. Informa a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas de que se están a levar a cabo as xuntanzas de coordinación nos diferentes cursos, tanto as que están destinadas a analizar a experiencia do primeiro semestre como as que proxectan o segundo semestre. As conclusións que se deriven das mesmas se traerán, para o seu análise e reflexión, a esta Comisión. Por outra banda, informa da xuntanza do grupo de traballo para a elaboración da Memoria de Calidade do Centro.

3. Solicitudes de exención de docencia. Hai dúas solicitudes. Unha de dona Daniela Ceballos Vignone e outra de don Yago Miguéns Suárez. Proponse a denegación da exención en ámbolos dous casos, tendo en conta que non achegan documentación xustificativa axeitada da causa que alegan e que non acreditan que dita causa sexa anterior á matrícula. Sometida a proposta a votación, apróbase por asentimento dos Sres. e Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

4. Aprobación, se procede, da Memoria de Calidade do Centro (2015-

2016). A Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, expón que a Memoria se remitiu ós membros desta Comisión coa debida antelación para que puideran facer as observacións sobre a mesma que estimaran oportunas. Intervén o profesor Arenas Meza para preguntar a razón de que o nomeamento de coordinadores de curso sexa por semestre e non por curso académico, sobre todo tendo en conta que para os complementos autonómicos só se teñen en conta as función de coordinación que se levan a cabo nun curso académico. Intervén o profesor Segura Ortega aclarando que para acadar os devanditos complementos a ACSUG valora a función por semestre. Intervén a Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas salientando que no curso 2015-2016 pódese situar o punto de inflexión polo que respecta a accións de calidade mellora dos procedementos na Facultade de Dereito. Sometida a Memoria de Calidade do Centro correspondente ó curso 2015-2016 a votación, apróbase por asentimento dos Sres. e Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

5. Asuntos de trámite. Non hai.

6. Rogos e preguntas.

3

Non hai. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 14:05 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace ACORDOS ADOPTADOS: 1. Acórdase propoñer a denegación da exención de docencia solicitada polos seguintes alumnos: Dona Daniela Ceballos Vignone. Don Yago Miguéns Suárez. 2. Acórdase a aprobación da Memoria de Calidade do Centro (2015-2016).

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 21 DE MARZO DE 2017

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano, Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 12:30 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Ana Gude Fernández (Vicedecana de Organización Académica), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), Manuel Segura Ortega, Miguel Arenas Meza, Natalia Pérez Rivas, Ana Rodríguez Álvarez, Mauro Gómez Lamela, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asisten e escusaron previamente a súa inasistencia, a profa. Gude Fernández e o prof. Fernández Rodríguez. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día: ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 3 de marzo de 2017. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Informe sobre proposta de PDA. 4. Proposta de criterios de distribución de TFGs entre as distintas Áreas de

coñecemento. 5. Asuntos de trámite. 6. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 3 de marzo de 2017. Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 3de marzo de 2017, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2. Informes do Sr. Decano.

2

O Sr. Decano da conta de que nos puntos 3 e 4 da orde do día presentará informes singularizados das cuestións que hai que debater e, no seu caso, aprobar, polo que non haimáis informes que dar.

3. Informe sobre proposta de PDA. O Sr. Decano da conta de que a proposta inicial de PDA da Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa presenta cambios substanciais con respecto a cursos académicos pasados. En concreto, para primeiro e cuarto cursos propón 3 grupos expositivos e 6 interactivos; e, para segundo e terceiro cursos 2 expositivos e 6 interactivos.

O Sr. Decano informa das conversas co SXOPRA e da reunión que se vai ter con representantes do mesmo ó día seguinte (22 de marzo).

A razón da proposta da Vicerreitoría ten que ver co número de alumnos/as en segundo e terceiro cursos e a aplicación da normativa para a elaboración do PDA aprobada no Consello de Goberno de 3 de marzo. En concreto, esta normativa dispón que os grupos expositivos de Grao fórmanse con 80 alumnos pero que, para formar un novo grupo é preciso acadar os 100 alumnos/as. Hai que ter en conta que o alumnado repetidor só computa un 20%.

Tendo e conta esta normativa os grupos de 3º e 4º cursos, no caso dalgunhas materias de xeito evidente, e no caso doutraslixeiramente, non acadan o número preciso para formar o terceiro grupo expositivo.

Tamén é preciso ter en conta que o próximo curso, debido á reestruturación do Dobre Grao en Dereito e RelaciónsLaborais e Recursos Humanos e, en concreto, á aplicación do réxime transitorio, haberá grupos que terán 20 alumnos/as máis que os previstos inicialmente.

En todo caso, aclara o Sr. Decano, o que se aprobe en esta Xunta só é unha proposta en resposta á que fixo a Vicerreitoría. Logo abrirase un proceso de negociación. Hai que lembrar que se a Facultade desexa aprobar os 3 grupos a Vicerreitoría non se oporía, pero non recoñecería o esforzo como carga docente das Áreas.

Cumpre tamén reflexionar sobre cales son as causas do descenso do número de alumnos/as. A Facultade leva moitos anos ofertando 180 prazas de novo ingreso. Ata o de agora había alumnos/as de Licenciatura que cursaban materias polo Grao. Agoraxa non. Por outra banda, está claro, apunta o Sr. Decano, que haiunha tasa de abandono crecente.

3

Intervén o Sr. Alumno Gómez Lamela para preguntar se os criterios de elaboración do PDA aprobados en Consello de Goberno son novedosos.

O Sr. Decano resposta que non. Pero agora se ve o efecto que ten a medio/corto prazo limitar o número de prazas de novo ingreso.

Pregunta o Sr. Alumno Gómez Lamela se a limitación a 2 grupos sería só para algunhas materias ou para todas.

Resposta o Sr. Decano dicindo que a limitación debe ser para as materias de todo o curso posto que, de non facelo así, a organización dos horarios sería caótica.

Intervén o prof. García Pérez para preguntar se habería algún problema en elevar o número de prazas de novo ingreso.

O Sr. Decano resposta que a Xunta de Galicia é remisa a aumentar o número de prazas ofertadas. A memoria do Grao en Dereito fala de 240 alumnos. No pasado iniciouse a tramitación para modificar o número de alumnos pero finalmente non se levou a cabo. Ademais, no acordo entre os Reitores das tres Universidades galegas e a Consellería de Educación asinadoontedisponse que só se poderá aumentar o número de prazasdunha titulación rebaixando as prazasdoutra titulación. É certo que hai Graos que non cobren o número de prazas ofertado e poderiamosaproveitalas nos.

O prof. Arenas Meza entende que no futuro o problema tamén se vaia a producir en cuarto curso.

O Sr. Decano engade que a situación produce o efecto perverso de que as materias cun número elevado de suspensos e, polo tanto, a tasa de éxito baixa, non teñen problemas para ter tres grupos e, en cambio, as materias cunha tasa de éxito alta acaban tendo 2 grupos.

Intervén o prof. Segura Ortega. Entende que os profesores e profesoras que teñen que pronunciarse son os afectados polaproposta. Se non dan os números a redución é razoable.

Intervén o Sr. Alumno Gómez Lamela apuntando que a redución de grupos afectaría tamén á dotación de prazas de profesorado, o que é ratificado polo Sr. Decano.

4

4. Proposta de criterios de distribución de TFGs entre as distintas Áreas

de coñecemento. O Sr. Decano procede á lectura do artigo 9 de Regulamento de TFG da Facultade. O Sr. Decano lémbralles ós presentes que na última Xunta de Facultade anunciou que se ía intentar facer unha distribución máis xusta ou equitativa dos TFG entre as Áreas de coñecemento. A proposta que se presenta é moi moderada: 2 TFGs por profesor para Áreas cunha carga docente por riba do 80%. 3 TFGs por profesor para áreas entre 61 e 80% de carga docente e 4 TFGspor profesor en áreas cunha carga docente de ata 60%. En total, ofertaranse 221 TFGs que cubriran, agardamos, a demanda. Neste primeiro reparto non se teñen en conta outros factores de corrección como poden ser a titorización de TFMs ou titorización de TFGs noutras titulacións porque estes datos non os temos, polo que se propón ter en conta estes factores para sucesivas eleccións de TFG. Intervén o prof. Segura Ortega amosando o seu acordo con estes criterios de reparto. A continuación, a profa. Maneiro Vázquez pregunta se se teñen en conta os TFGs aínda non defendidos de anos anteriores. O Sr. Decano resposta que non e engade que quizais no futuro habería que reflexionar sobre a conveniencia de manter a este alumnado co mesmo/a Titor/a aínda que non defendera o seu TFG no período de dous cursos académicos, tendo en conta que, se ten que volver a elixir Titor/a e tema, todo o que fixo co anterior pérdese. Pregunta o Prof. Arenas Meza por qué non se teñen en conta os TFMs que se están a dirixir agora no primeiro reparto. O Sr. Decano resposta que non son datos que teña a Facultade de primeira man e, xa que logo, considera máis oportuno telo en conta para sucesivas eleccións. O prof. García Pérez subliña que noutros centros, como poden ser Ciencias Políticas os profesores que poden dirixir TFGs son moi poucos e isto produce que cada profesor/a teña que dirixir moitos. A profa. Maneiro Vázquez engade que o mesmo acontece na Facultade de Relacións Laborais e Recursos Humanos. Sometida a proposta a votación, apróbase por asentimento dos Sres./as membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

5. Asuntos de trámite.

Non hai.

6. Rogos e preguntas Non hai.

5

E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:25 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace ACORDOS ADOPTADOS: 1. Acórdase aprobar os criterios de distribución de TFGs entre as distintas Áreas de coñecemento: 2 TFGs por profesor para Áreas cunha carga docente por riba do 80%. 3 TFGs por profesor para áreas entre 61 e 80% de carga docente e 4 TFGs por profesor en áreas cunha carga docente de ata 60%. En total, ofertaranse 221 TFGs.

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 27 DE ABRIL DE 2017

ACTA

Baixo a presidencia do Sr. Decano, Gumersindo Guinarte Cabada, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 13:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Ana Gude Fernández (Vicedecana de Organización Académica), Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), José Manuel Iglesias Casais (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria), Manuel Segura Ortega, Miguel Arenas Meza, Lamela, Elena Pérez Mariño, Gabriel Landín Casablanca, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asisten e escusaron previamente a súa inasistencia, as profas. Marta Otero Crespo, Yolanda Maneiro Vázquez, Natalia Pérez Rivas e Ana Rodríguez Álvarez; tamén escusou a súa inasistencia a Sra. Alumna Ana Fernández Justo. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 21 de marzo de 2017. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Fixación do calendario de presentación dos Traballos de Fin de Grao en

Dereito nas oportunidades de Xuño-Xullo e Setembro. 4. Asuntos de trámite. 5. Rogos e preguntas. 6.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 21 de marzo de 2017. Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 21 de marzo de 2017, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2

2. Informes do Sr. Decano.

O Sr. Decano informa que a Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa aceptou a proposta da Xunta de Facultade de Dereito no sentido de que se manteñan 3 grupos de docencia expositiva para segundo e terceiro cursos. Informa tamén de que á vindeira Xunta de Facultade levarase a proposta de horarios de cursos e calendario de exames. En relación con esta cuestión, esta semana celebrouse unha xuntanza con representantes do alumnado para a determinación de criterios e distribución de materias.

3. Fixación do calendario de presentación dos Traballos de Fin de Grao

en Dereito nas oportunidades de Xuño-Xullo e Setembro. O Sr. Decano expón que o calendario académico xeral da Universidade condiciona as datas de defensa de TFGs e TFMs. O calendario que se propón, que xa foi remitido ós membros desta Comisión, é o seguinte:

XUÑO-XULLO:

1ª QUENDA: Depósito dos Traballos: 19 ao 26 xuño; Informes dos Titores: 19 ao 28 xuño; Defensa: 29 de xuño ao 7 xullo

2ª QUENDA: Depósito dos Traballos: 5 ao 13 xullo; Informes dos Titores: 5 ao 14 xullo; Defensa: 17 ao 21 xullo

SETEMBRO: QUENDA ÚNICA: Depósito dos Traballos: 26 ao 31 xullo; Informes dos Titores: 26 de xullo ao 8 setembro; Defensa: 11 ao 15 setembro

O prof. Segura Ortega pregunta se os TFG que segan a modalidade de avaliación polo titor se someten tamén ás mesmas datas. O Sr. Decano resposta que así é. O prof. García Pérez introduce o debate sobre a interpretación da normativa de depósito de defensa de TFGs e TFMs porque el interpreta que o informe do titor é imprescindible para poder depositar o traballo. O Sr. Decano explica que sobre esta cuestión hai informacións contraditorias. Ó parecer, a aplicación informática que se está a implantar elaborouse a partires da normativa da Universidade de Vigo que si establece o informa do titor como vinculante para permitir ou non o depósito. A USC no establece tal condición: o informe do titor/a é preceptivo pero non vinculante, polo que temos que entender que esta parte da aplicación non é aplicable á USC. O Sr. Alumno Mauro Gómez Lamela pregunta cando o alumno/a ten que decidir ser avaliado polo titor ou por tribunal. O Sr. Decano resposta que o alumno/a o decide no momento de depositar o traballo.

3

Sometida a proposta a votación, apróbase por asentimento dos Sres./as membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

4. Asuntos de trámite. Non hai.

5. Rogos e preguntas. Non hai. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 13:40 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace ACORDOS ADOPTADOS: 1. Acórdase a aprobación do calendario de presentación dos Traballos de Fin de Grao en Dereito nas oportunidades de Xuño-Xullo e Setembro:

XUÑO-XULLO:

1ª QUENDA: Depósito dos Traballos: 19 ao 26 xuño; Informes dos Titores: 19 ao 28 xuño; Defensa: 29 de xuño ao 7 xullo

2ª QUENDA: Depósito dos Traballos: 5 ao 13 xullo; Informes dos Titores: 5 ao 14 xullo; Defensa: 17 ao 21 xullo

SETEMBRO: QUENDA ÚNICA: Depósito dos Traballos: 26 ao 31 xullo; Informes dos Titores: 26 de xullo ao 8 setembro; Defensa: 11 ao 15 setembro

4

1

COMISIÓN DE DOCENCIA E CALIDADE

XUNTANZA ORDINARIA DE 5 DE XUÑO DE 2017

ACTA

Baixo a presidencia da Sra. Vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero Crespo, na Sala de Profesores do Decanato da Facultade de Dereito, sendo as 10:00 horas, procédese á xuntanza ordinaria da Comisión de Docencia e Calidade da Xunta de Facultade, asistindo os seguintes membros que de seguido se indican: Rafael García Pérez (Coordinador do Máster Universitario en Estudos Internacionais), José Manuel Iglesias Casais (Coordinador do Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria), Yolanda Maneiro Vázquez, José Luis Quintela Botana e eu mesma, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, como Secretaria. Non asisten e escusaron previamente a súa inasistencia, a profa. Natalia Pérez Rivas, a Sra. Alumna Elena Pérez Mariño e o Sr. Alumno Gabriel Landín Casablanca. Iniciado o acto, procedeuse a tratar os seguintes puntos, todos eles incluídos na orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 27 de abril de 2017. 2. Informes do Sr. Decano. 3. Solicitudes de exención de docencia. 4. Asuntos de trámite. 5. Rogos e preguntas.

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión do 27 de abril de 2017.

Estando a disposición de todos os membros o borrador da acta da sesión anterior, de 27 de abril de 2017, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres/as. Membros da Comisión de Docencia e Calidade, reuníndose o quórum necesario.

2

2. Informes do Sr. Decano. Informa a Sra. Vicedecana de que se resolveu xa a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de acción de mellora da docencia 2017. Á Facultade de Dereito concedéronselle, en total, 2.250 €.

3. Solicitudes de exención de docencia.

A Sra. Secretaria da conta das solicitudes presentadas e propón que esta Comisión informe, en aplicación da normativa aprobada pola Xunta de Facultade na súa sesión ordinaria do 29 de marzo de 2016, no seguinte sentido: Informar a favor de conceder a exención de docencia para o seguinte alumnado: Andrea Ventosinos Folla Berta Irene Do Campo Gacio Sometida a proposta a votación, sen suscitarse obxección algunha, apróbase por asentimento dos Sres./Sras. Membros da Comisión de Docencia e Calidade.

4. Asuntos de trámite. Non hai.

5. Rogos e preguntas. Non hai

E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 10:20 horas, levantouse a sesión, de todo o cal, co Visto e Prace do Sr. Decano, como Secretaria, dou fe. A Secretaria da Facultade O Decano, visto e prace ACORDOS ADOPTADOS: 1. Acórdase propoñer a concesión da exención de docencia para o seguinte alumnado:

Andrea Ventosinos Folla Berta Irene Do Campo Gacio