Codigo Cero 71

24
Nós,en140 caracteres Todooquesepode dicirdoTwitter Novidades sobreaTDT AXuntainformados plansdeacendido dixital Firefox3.5 ácarreira Engalego,libreecun motormellorado Tecnoloxía senescadas Santiago:portade entradada accesibilidade Filmesdecontado www.codigocero.com revista de novas tecnolóxicas de Galicia_ número 71, xuño-xullo 2009 Citacoaudiovisualmiúdo nosTelecentros

description

Numero de veran da revista de novas tecnoloxicas de Galicia, na que dedícase unha especial atencion ao certame Curtas na Rede.

Transcript of Codigo Cero 71

Page 1: Codigo Cero 71

Nós,�en�140caracteresTodo�o�que�se�podedicir�do�Twitter

Novidadessobre�a�TDTA�Xunta�informa�dosplans�de�acendidodixital

Firefox�3.5á�carreiraEn�galego,�libre�e�cunmotor�mellorado

Tecnoloxíasen�escadasSantiago:�porta�deentrada�da�accesibilidade

Filmes�de�contado

www.codigocero.com

revista de novas tecnolóxicas de Galicia_ número 71, xuño−xullo 2009

Cita�co�audiovisual�miúdonos�Telecentros

Page 2: Codigo Cero 71
Page 3: Codigo Cero 71

Chega o verán e as cousas non cambian moito no que respectaaos usuarios actuais da Rede: quen estaba nela, seguirá estando.A situación si que está suxeita a variacións para os non internau-tas. Quen máis, quen menos, ten días de vacacións, e o interese porlevar as cousas ben atadas vai medrando dun ano para outro.Consecuencia: non queda outra alternativa que conectarnos, quei-rámolo ou non, ben sexa para ver cara a onde tirar, que medio detransporte escoller ou onde aloxármonos no punto de destino. Ditodoutro xeito: cada estación do ano presenta un motivo (polo menos)para acceder á Internet, e o verán ten o seu: evitar que a viaxe polaque levamos agardando todo o ano acabe por ser máis insoporta-ble có tempo que dedicamos a traballar, o resto do ano. Nestesenso, na Rede non se fai nada semellante a un milagre, pero polomenos serve de depositario de experiencias persoais previas: nela,para ben ou para mal, sempre hai alguén disposto a rompernos acabeza co relato das vacacións, e esta é a típica cousa que bota-mos de menos cando non a temos. E nos intres previos dunha viaxepropia, agradécese. Ou mesmo xa metidos en faena, dándolle vol-tas a un mapa á procura dun hotel que non aparece.

Con todo, as cousas non se poden facer de xeito atolondrado.Introducirse na Rede é un pouco coma aprender a conducir: sen unguía, podes esnafrar o rato contra a pantalla. Iso si: o que seaprende, non se esquece. Métodos para conectarse en boa compa-ñía hai moitos, e nesta revista non pasa un mes sen que deamosconta dalgún. Por exemplo: se estamos no rural galego, é moi acon-sellable facelo pola vía da Rede de Dinamización da Sociedade daInformación, un tecido de aulas pertencente á Xunta que centraunha boa parte do seu labor en introducir nos segredos da eradixital ás nosas veciñas e veciños do ámbito non urbano (principal-mente). Pola contra, se andamos máis ben por vilas ou cidades,temos ao alcance da man a Rede de Telecentros, espazos quetamén pertencen á Xunta e que estes días están máis activos canunca dando conta das vantaxes da Internet no eido da creaciónaudiovisual (entre outros). Máis polo miúdo, e tal como informamosnas páxinas que seguen, o que se achega son as pezas gañadorasdas edicións pasadas de Curtas na Rede (www.curtasnarede.es),un concurso arestora en activo que consiste en animar ás/ósdirectoras/os novas/os a poñerse mans á obra, dirixindo e mon-tando, para logo dar a coñecer os froitos resultantes na web docertame. Nela, poderán ser vistos por toda a comunidade internau-ta, sometidos a votos e logo con opción a premio incluída.

Amais da Rede inevitable (esa na que hai que meterse por forza,coma na auga se o que queremos é pescar) e xeitos de poñernosen sintonía con ela, neste novo número da nosa revista informare-mos polo miúdo dunha cuestión que nos afecta a todas e todos porigual e da que non podemos fuxir aínda que queiramos: a TelevisiónDixital Terrestre. Para quen queira saber o que lle toca nos vindei-ros meses en materia de TDT, que vaia abrindo a revista, que haiinformación como dar unha conferencia.

4

7

DIRECTOR_Xosé María Fernández [email protected]

SUBDIRECTORES_Marcus Ferná[email protected] [email protected]

REDACTORES-XEFES_Fernando [email protected] [email protected]

FOTOGRAFÍA_Adolfo Enríquez Calo · Joferpa

REDACCIÓN_Manolo Gago (Opinión)David Lombardía (Nova Economía)Raquel Noya (Reportaxes)Moncho Paz (Opinión)Modesto Pena (Redes)Víctor Salgado (Dereito)Sevi Martínez (Xogos)Marcus Fernández (Reportaxes)

COLABORADORES_Sevi Martínez, Marcus Fernández,Fernando Sarasqueta, Jorge Cebreiros,e Raquel Noya.

SUPERVISIÓN�LINGÜÍSTICA_María Xesús Vázquez

DESEÑO�GRÁFICO�e�maquetación_Grupo Código Cero ComunicaciónRaquel Noya _ [email protected] o [email protected]

IMPRIME_Celta Artes Gráficas, S.L.Rúa Colón , 30. VigoTel. 986 81 46 00 · Fax 986 81 46 38

EDITA_Grupo Código Cero ComunicaciónConxo de Arriba nº 49, 1º C15706 Santiago de CompostelaTel.-fax: 981 530 268http://[email protected]

CÓDIGO�CEROrevista�de�novas�tecnolóxicas�de�GaliciaNÚMERO�71_xuño_xullo_2009_

Publicación periódica. Prezo 1 euro.Depósito Legal: C-2301/01I.S.S.N. (edición impresa): 1579-7546I.S.S.N. (edición dixital): 1579-7554

O “Grupo Código Cero S. L.” reserva para si mesmo tódolos dereitos comoautor colectivo desta publicación ó amparo dos artigos 8 e 32.1 da Lei dePropiedade Intelectual. Quedan expresamente prohibidas a reprodución, dis-tribución e a comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos destapublicación con fins comerciais, en calquera soporte ou por calquera mediotécnico sen a autorización da editorial.

NESTE�NÚMERO...

3staff

8

10

11

14

15

19

9

Mándanos as túas suxestións, opinións, páxinas recomendadas, blogs ou sitios persoais aocorreo electrónico: [email protected]. As páxinas seleccionadas recibirán debalde, por correo, a nosa revista en papel durante seis meses.

18

20

21

12

NOVASRESUMO�DE�ACTUALIDADE�DE�E-COMERCIO�E�DE�EMPRESAS�RELACIONADAS�COAS�NOVAS�TECNOLOXÍAS

REPORTAXESMÉTODOS�E�RECURSOS�PARA�PROTEXERNOS�A�NÓSMENOS�DAS�MENSAXES�DE�PUBLICIDADE�SMS��

A�UNIVERSIDADE�DE�VIGO�REFORZA�A�SÚA�LIÑAINVESTIGADORA-TIC�A�PROL�DOS�NOSOS�MAIORES

TODO�O�QUE�PRECISABAMOS�SABER�SOBRE�TWITTER�ENINGUÉN�TIVO�A�PACIENCIA�DE�RESPONDER

AS�TRES�UNIVERSIDADES�GALEGAS�PÓÑENSE�MÁISDIXITAIS�CA�NUNCA�COA�CHEGADA�DO�VERÁN

CINEMA�EN�CUESTIÓNS�DE�MINUTOS:�CURTAS�NA�REDEVAISE�DE�ITINERARIO�POLA�NOSA�TERRA

O�CERTAME�CURTAS�NA�REDE�2009�PONSE�A�DISPOSICIÓN�DAS/OS�DIRECTORAS/ES�PARA�DAR�A�COÑECER�PERANTE�A�COMUNIDADE�INTERNAUTA�OS�SEUSTRABALLOS,�CON�PREMIOS�DE�POR�MEDIO

EGANET�E�A�SECRETARÍA�XERAL�DE�MODERNIZACIÓN�FANFINCAPÉ�NO�PAPEL�DAS�TIC�COMO�REMEDIO�CONTRA�ACRISE

A�SECRETARÍA�XERAL�DE�MEDIOS�INFORMA�DOS�SEUSPLANS�A�CURTO,�MEDIO�E�LONGO�PRAZO�EN�MATERIA�DEACENDIDO�DIXITAL�(TDT)�PARA�AS�GALEGAS�E�GALEGOS

A�REDE�DE�DINAMIZACIÓN�DA�SOCIEDADE�DAINFORMACIÓN�SUPERA�AS�40.000�INSCRICIÓNS

MANCOMÚN�E�A�COMUNIDADE�DE�USUARIOS�DE�SOFTWARE�LIBRE�PRESENTAN�A�VERSIÓN�EN�GALEGO�DONAVEGADOR�LIBRE�FIREFOX�3.5

AGESTIC�E�A�FUNDACIÓN�TECNOLOXÍA�SOCIAL�DAN�CONTAEN�SANTIAGO�DE�FERRAMENTAS�DIXITAIS�PARA�MELLORARA�CALIDADE�DE�VIDA�DAS�PERSOAS�CON�DIVERSIDADEFUNCIONAL

xOGOSAs�consolas�de�videoxogos�apostan�polo�movemento

Escolmamos�o�máis�salientable�dos�días�recentes�enmateria�de�novidades�da�consola

22

Nación Wi-Fi, co Golden Gate ao fondo, visto no sitio de Doglingtonno Flickr

Page 4: Codigo Cero 71

4 escolma de novas_redacción

Ineo�e�as�empresas�TIC�galegas�estudaron�na�Coruña�os�camiños�dainnovación��

A asociación empre-sarial Ineo(www.ineo.org) celebrouo pasado 29 de xuño naCoruña un encontro conrepresentantes do sec-tor TIC galego co obxec-tivo de salientar unhavez máis a importanciade asumir cada díacomo unha nova oportu-nidade de innovar. Ditodoutro xeito: como unhamaneira de ir cara aonde ningunha empresaantes puído ou quixo

achegarse e sen que esta estratexia decreza a vontade de cooperación. Este foipolo tanto un dos grandes eixes da xuntanza: a innovación como factor impres-cindible de competitividade para facer fronteaos retos que impoñen a crise e o mercadoglobalizado. Segundo informa Ineo, tamén setirou partido da oportunidade para facer unrepaso polos instrumentos, axudas e apoiosque están a día de hoxe a disposición dasempresas galegas no camiño de desenvolvero seu potencial de coñecemento.

Presentando a xornada e dando a benvidaaos asistentes estiveron o presidente deIneo, Jorge Cebreiros, e a secretaria xeral daConfederación de Empresarios de A Coruña,Marina Graña.

Os responsables de facer as presenta-cións foron os representantes dasPlataformas e Centros Tecnolóxicos tanto anivel nacional como a nivel autonómico.

Carlos A. Iglesias, membro doe ComitéXestor da Plataforma INES, dou conta decomo funciona hoxe en día esta plataformanacional, cales son os obxectivos cos que tra-ballan e cales os principais proxectos que están a desenvol-ver nestes momentos. Para falar do ámbito autonómico naxornada estiveron Rosa Méndez e Maria Tenorio, membrosda secretaría técnica da plataforma Vindeira e Miguel A.Regueiro, director comercial de GRADIANT.

Lucia Gregorio, directora da División de Innovación de ECONET, foi a encarga-da de ofrecer información completa sobre as axudas que existen para asempresa en materia de innovación a nivel rexional, nacional e europeo.

Unha vez rematadas as exposicións, as citas de asesoramento individuais cosrelatores da xornada permitíronlles aos asistentes obter información de intere-se particular sobre as cuestións propostas nas exposicións..

A organización desta xornada por parte de Ineo contou coa financiación doIGAPE e da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

O�futuro�dos�contidos�audiovisuais�interactivos,�desvelado�en�Compostela

O foroN o v o sMedios eC o n t i d o sAudiovisuais( N o v o M e d09), queachegou ácapital gale-ga a exper-tos e res-ponsbles dosp r o g r a m a smáis innova-dores enm a t e r i aaudiov isual

chegados dende tódolos recunchos do país, rematou o pasadovenres deixando un bo sabor de boca nos asistentes.

As xornadas, que foron organizadas por AGAPI (aAsociación Galega de Produtoras Independentes), desen-volvéronse con éxito na Facultade de Ciencias daComunicación da USC e nelas, os directivos de contidos deempresas coma Interacción, Bren Entertainment,Continental Games, Televisión de Galicia, YouTube, FoxChannels, Vértice 360º, Enxebre Entertainment, Antena 3,Orange, Vodka Capital e TV3, entre outras, e instituciónscoma a Impulsa TDT, a Entidade de Xestión de Dereitosdos Produtores (EGEDA) e o Instituto de Crédito Oficial(ICO) intentaron adiantar a evolución do sector audiovisualperante cambios tan importantes coma a televisión dixitalou o novo marco legal.

O programa, que se centrou principalmente en cincoaspectos: a televisión dixital (TDT), o novo marco reguladordo sector audiovisual, os contidos multiplataforma, a ani-mación dixital e os videoxogos e a rendibilidade do nego-cio audiovisual, permitiu que os máis de sesenta asisten-

tes pudieran consultar as súas dúbidas ao respecto cos res-ponsables das devanditas firmas.Na última xornada, a do venres 10 de xullo, celebráronse dúas mesas

sobre a animación dixital e os videoxogos e sobre o negocio audiovisual.Na primeira das conversas analizouse a importancia da animación dixitaldentro do sector do audiovisual galego e a relación entre o cine e os video-xogos. As xornadas remataron cunha mesa sobre negocios audiovisuais naque houbo representantes das diferentes liñas de financiamento coas queconta o audiovisual.

La�Voz�estrea�o�seu�propiomoblog na�Rede���

O xornal galego La Voz de Galicia, nun intento por facer que o verán che-gue dunha vez por todas á nosa Terra (este ano semella que se resiste máisque nunca) e nos contaxie co bo humor que sempre o caracteriza, vén de dar-lle aos seus empregados a oportunidade de sair a cubrir as principais fes-tas, romerías, tradicións e ofertas turísticas estivais do noso país para darconta delas a través de Internet e divertirse á vez que traballan.

Isto, que en principio podería parecer algo habitual e non unha novidade daque dar conta en Código Cero, ten de especial relevancia que a informaciónque recollan os xornalistas de La Voz, será subida á Rede a través dunmoblog, un servizo de publicación similar ao weblog que consiste en escribire actualizar as bitácoras por medio de equipos móbiles (PDAs, Hadhelds outeléfonos móbiles) dende practicamente calquera momento e lugar.

Xa que logo, durante os meses de xullo e agosto, varios xornalistas destemedio percorrerán Galicia cun móbil na man e “moito enxeño na cabeza” para,segundo afirman os seus responsables, “inmortalizar eses momentos ines-quecibles da época de verán e retratar a todos os seus protagonistas” paradeixar constancia dos mesmos en Veranomovil, a devandita ferramenta.

Este moblog, que inclúe as seccións de Música, Festas, Vida de Verán eCancións do Verán, un apartado no que se atopan as melodías que máisestán a soar nos chiringuitos esta tempada, tamén permite a participacióndos lectores a través da sección, As túas vacacións nun post, na que os con-vida a compartir as súas experiencias vacacionais a través das súas propiasentradas.

Galite�prepara�unha�nova�edición�daPartyFoz�para�este�verán

Unha vez máis, e por quintoano consecutivo, o GrupoAsociado pola Libre Informacióne Tecnoloxía, Galite, en colabora-ción co Concello de Foz, vai cele-brar a PartyFoz, a xuntanzainformática da vila lucense quereunirá durante tres días aosafeccionados á descarga e com-partición de contidos en liña eaos videoxogos, chegados detodos os recunchos do país.

PartyFoz terá lugar os días 14,15 e 16 de agosto e nesta edicióncontará cunha nova infraestrutura de Rede coa que obter conexión na área localde 1 Xigabit por segundo e poder así, “expremer todas as posibilidades de xogoen rede, compartición de datos…”

As persoas interesadas en participar neste maratón informático deberán for-malizar a súa inscrición en liña, e poderán facelo a partir do vindeiro mércores15 de xullo.

Para esta quinta edición do encontro prevese un aforo de cen persoas, quepoderán participar en actividades tales como torneos de Counter Strike, GuitarHero, Stepmanía, Pro Evolution Soccer… ou asistir a charlas e relatorios de temá-tica moi variada que vai dende o Deseño con Inkscape ata o Proxecto CCRadiopasando polo Proxecto Galinux.

En relación a este último relatorio, Mancomún colaborará coa iniciativa ache-gando para todos os asistentes exemplares deste sistema operativo libre e engalego, desenvolvido polos seus integrantes e colaboradores.

Page 5: Codigo Cero 71

5escolma de novas_redacción

Televes�edita�unha�completa�guíapara�adaptármonos�ao�apagón�analóxico

Televes, a compañía galegaque máis está a facer en prolda chegada da TDT ao nosopaís, mirando porque esta sedea o mellor posible e procu-rando que o apagón analóxiconon colla a ningún veciño senterse adaptado antes, vén depor en marcha a webElapagonanalogico.net, na quetrata os aspectos técnicos doproceso de transición á televi-sión dixital para axudar aostécnicos e instaladores profe-sinais no seu labor de adapta-ción de terminais.

Esta acción, que non é a única

que a compañía ten levado a cabo en torno aeste sector, (lembremos que a TDT represen-ta o 80 por cento do volume de negocio dafirma galega) súmase á edición da guía Doapagamento analóxico ao arranque dixital, daque Televes distribuíu 15.000 exemplaresentre os profesionais encargados de adaptaras antenas colectivas para a óptima recep-ción da TDT.

A posta en marcha da web e a produción edistribución da guía forman parte da políticade soporte técnico e formativo aos instalado-res profesionais, un aspecto da súa relaciónco cliente ao que Televes sempre dedicouespecial coidado.

A compañía con sede en Santiago deCompostela apoiouse na súa ampla redecomercial para facer chegar o documento osinstaladores de todas as comunidades autóno-mas españolas, e púxoo a disposición dos mesmos na devan-dita páxina web, onde poden consultalo e descargalo de baldesen ningún tipo de requerimento.

A guía Do apagamento analóxico ao arranque dixital é un docu-mento de 40 páxinas no que se ofrece información sobre os prin-cipais parámetros do proceso de transición á TDT, e sobre as condicións técni-cas e o equipamento necesario para adaptar as instalacións, tanto individuaiscoma colectivas, facendo fincapé na importancia de coidar todos os elementosque forman parte da instalación para garantir a calidade do servizo.

O folleto inclúe, asemade, ampla información sobre os equipos de Televes paraa captación, distribución e medida do sinal da televisión dixital terrestre.

Santiago�acolleu�unha�xornada�depromoción�das�novas�tecnoloxías

entre�as�empresas

A Sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago acolleu opasado 26 de xuño unha xornada dirixida a dar a coñecer as grandes vanta-xes das novas tecnoloxías da información (TIC) nun eido convulso economica-mente coma o que estamos a vivir. No encontro, que serviu para dar conta doque teñen as TIC de potencial futuro perante os modelos produtivos que ori-xinaron a crise mundial (modelos opostos ás TIC na súa maioría), sinalouse aosector das novas tecnoloxías como un dos chamados a achegar o meirande

abano de solucións. De feito, os organizadores do encontro nondubidaron á hora de presentar ao tecido TIC galego como o

xerador do combustible polo que estaban a agardar osrestantes sectores, tanto para incrementar produtividadee competitividade como para ampliar as posibilidades decooperación coas compañías do seu eido.

Durante a xuntanza tamén se presentou a Guía deSolucións TIC de Ineo, unha escolma de recursos que cons-titúe unha ferramenta básica de axuda e asesoramento ásempresas, con independencia do sector ao que pertenzan.

Máis polo miúdo, trátase dunha guía que contribúe adiagnosticar as necesidades propias dunha firma e acoñecer as razóns, as vantaxes e as solucións tecnolóxi-cas que lles permitan ser máis eficaces e competitivas nomercado.

A xornada estivo dirixida aos empresarios de todos ossectores produtivos do noso país e, a través das diferen-tes presentacións, puideron comprobar cales son as opor-tunidades e vantaxes que lles ofrecen as novas tecnoloxí-as para poder mellorar a súa rendibilidade nun intre difí-

cil dende o punto de vista produtivo como o que se está a vivirarestora.No acto, amais da guía en papel, presentouse a Ferramenta on-line de

Autodiagnóstico TIC , recurso web que axuda ás empresas a diagnosticaras súas necesidades en materia de TIC que está aloxada na plataforma web

de Ineo (www.ineo.org) e á que pode acceder calquera usuario mediante auten-tificación.

Tanto a guía en papel como a ferramenta inclúen un directorio das empre-sas ligadas a Ineo no que se especifican os produtos e servizos que ofrececada unha e como poden funcionar a modo de asesores tecnolóxicos en fun-ción dunhas necesidades específicas.

Durante a presentación do devandito material fíxose tamén un repaso polasaxudas que teñen as empresas ao alcance da man en materia de moderniza-ción tecnolóxica e de implantación das novas tecnoloxías da información naspequenas e medianas empresas dos distintos sectores. Axudas que financiaros procesos de implantación nas empresas de calquera sector.

Ademais de darlle un exemplar a cada un dos asistentes á xornada, a Guíade Solucións TIC en papel distribuíuse a través das Confederacións deEmpresarios das catro provincias galegas e a través das principias asocia-cións empresariais así como nos colexios profesionais, cámaras de comercio,etc.

A organización desta xornada por parte de Ineo, contou co financiamento doInstituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e da Consellería de Economíae Industria da Xunta de Galicia.

Igalia�convoca�a�terceira�edición�doseu�concurso�de�proxectos�en�software�libre

Igalia, a empresa galega de desenvolvemento de software libre con sede naCoruña, vén de convocar a terceira edición do seu Premio ao Mellor Proxecto Finde Carreira con Software Libre, que como nas edicións anteriores, recoñece aomellor PFC desenvolvido con aplicacións abertas presentado nalgunha escola oufacultade de Galicia durante o pasado ano académico.

Con esta iniciativa, a entidade busca fomentar o achegamento e coñecementodos universitarios galegos sobre o software libre e promover o emprego de cali-dade baseado nas tecnoloxías da información e a comunicación, a través dunconcurso único na nosa comunidade que conta coa colaboración de Mancomún.

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre vai habilitar a Forxa paraa inscrición e publicación de todos os proxectos participantes, permitindo queestes estean accesibles á análise e estudo de calquera persoa interesada.

A inscrición, que deberá formalizarse antes do vindeiro día 30 de outubro naweb de Igalia, poderá realizala calquera estudante dalgunha das tres universida-des galegas que teña defendido ou vaia defender o seu Proxecto Fin de Carreira,cunha nota mínima dun 5.0., nalgunha das convocatorias do ano académico2008/2009.

Asemade, entre outros requisitos, o proxecto deberá rexistrarse na Foxa deMancomún, no tópico creado ex profeso para o premio.

O proxecto gañador, que será dado a coñecer durante a terceira semana denovembro no salón de actos da Escola Superior de Enxeñaría Informática daUniversidade de Vigo, será premiado con 1.000 euros, podendo decidir o xuradoa concesión dun accésit de 500 euros.Este ano, o xurado estará composto polocoordinador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Xesús M.Benítez Baleato, á cabeza, así como por dúas persoas máis da empresa Igalia erepresentantes das tres universidades galegas.

Na pasada edición resultou gañador, o proxecto Ferramentas de análises deredes, de Miguel Álvarez Úbeda, un alumno da UDC que foi valorado pola súa inte-gración previa no proxecto gvSIG como extensión non oficial.

Page 6: Codigo Cero 71

6 escolma de novas_redacción

Empresarios�da�madeira�e�as�enerxí-as�renovables�deron�conta�en�Vigoda�oferta�TIC�galega

A Zona Franca de Vigo serviu deescenario a finais de xuño a unencontro empresarial dirixido aprocurar os camiños que máis nosafasten da focha produtiva queafecta, con máis ou menos dife-renzas, a case todos os sectores.Máis polo miúdo, o encontro nonsó se encamiñou a localizar asferramentas que máis podenreforzar o tecido produtivo galego,proceso feito de antemán (haicase unanimidade en que osrecursos chamados a tal fin sonos do coñecemento), senón a loca-lizar as mellores canles para usa-las.

Na xuntanza participaron

fomentando o dialógo activo os represen-tantes dos clústers e as plataformas tecno-lóxicas de tres dos eidos produtivos estra-téxicos no noso país: a madeira, a acuicultu-ra e as enerxías renovables.

A idea, convocando unha boa parte damaquinaria económica galega, foi buscarmaior colaboración entre a devandita sec-ción e a que se dedica a actividades ligadasdo dixital. Neste senso, quedou claro que anecesidade de apoio vén dende ámbalas par-tes: os tres sectores produtivos, ao igual queo resto do tecido empresarial galego, preci-san das TIC para reforzarse perante a crise,e as empresas TIC precisan das outras paramedrar e dar saída aos seus produtos.

Asemade, buscáronse na xornada (organi-zada pola asociación Ineo na súa sede de Vigo)métodos para fortalecer ás compañías galegas do eido dixi-tal no complicado proceso de entrada ao mercado globaliza-do. Neste senso, fíxose especial fincapé en reforzar a súacapacidade de interlocución, de aí a presenza de compañías alle-as ao seu eido de acción.

Deste xeito, os socios de Ineo, aos que estaba dirixida a xornada, puideroncoñecer aos posibles cooperantes en proxectos de mellora da produtividade através da implantación das TIC nos procesos de produción, comercialización,administración e dirección.

Unha vez finalizadas as exposicións, os participantes tiveron a oportunidadede manter reunións individuais cos relatores para ampliar coñecementos e obterasesoramento ao respecto de cuestións de interese particular para cadaempresa.

A organización desta xornada de Ineo contou coa financiamento do InstitutoGalego de Promoción Económica (IGAPE) e da Consellería de Economía e Industriada Xunta de Galicia.

Os�profesionais�do�audiovisualgalego�poderán�solicitar�bolsas

para�formarse�fóraO Consorcio

Audiovisual deGalicia, no marco doseu Plan dePromoción e axudasaos profesionaisgalegos, vén de con-vocar a sétima edi-ción das súas bolsaspara a ampliación eperfeccionamentode estudos no eidoaudiovisual, que dis-tribuirá 30.000euros entre os pro-fesionais do sectorpara que accedan a

cursosespecializados impartidos en centros de formación de reco-

ñecido prestixio.Estas axudas, segundo veñen de anunciar os seus res-

ponsables, “son esenciais para o Consorcio Audiovisual deGalicia xa que o obxectivo é fomentar a formación, co finde favorecer o desenvolvemento e a consolidación dosprofesionais do sector audiovisual galego”. A isto hai quesumarlle o grande interese e as numerosas solicitudesque orixinaron as anteriores convocatorias e os positivosresultados obtidos polos beneficiarios, que levou a que aentidade incrementase a contía das bolsas, de 18.000euros (o importe doado no 2003) aos 30.000 actuais, quepermiten cubrir, ademais do importe da matrícula, outrosgastos relacionados co desprazamento e a estancia dosbolseiros nas cidades onde se realizan as actividadespolas que lle foron concedidas as bolsas.

As actividades formativas, que se poden realizar encentros do resto de España ou estranxeiros, deberán terlugar entre setembro de 2008 e xuño de 2010 (ambos

meses incluídos) e non poderán tratarse de cursos en liña. Tampouco se poden beneficiar destas axudas aquelas perso-

as que realizan cursos destinados á obtención dunha licenciatura,diplomatura ou título de doutoramento nin os que teñan intención de rea-

lizalos en Galicia.A selección dos beneficiarios realízase, segundo vén de anunciar o

Consorcio, a través dunha Comisión “que presta especial interese a aquelasactividades que pola súa novidade ou interese estratéxico repercuten máispositivamente no conxunto do audiovisual galego”. A Comisión valora, asema-de, a traxectoria académica e/ou profesional do solicitante, o recoñecemen-to tanto no Estado como no estranxeiro do centro de estudos e a memoriana que cada solicitante xustifica a súa solicitude indicando os obxectivosprevistos coa realización do curso ou actividade formativa.

O anuncio da resolución pola que se convocan estas axudas publicaraseeste mes no Diario Oficial de Galicia.

Ata a presente convocatoria, as actividades máis beneficiadas nas ante-riores edicións foron as de interpretación, xestión, cámara, fotografía, pro-dución e dirección, edición, documental, guión, dirección escénica e son.

Grazas a estas axudas, os profesionais do audiovisual beneficiarios pui-deron formarse en destinos tan diversos como Alemaña, Cuba, Inglaterra,Madrid, Francia, Arxentina, India, Barcelona ou Estados Unidos, entre outros,onde se atopan centros de recoñecido prestixio tales como a New York FilmAcademy, o Estudio Internacional do Actor Juan Carlos Corazza, a FundaciónTVI Actors Studio, a London Film School, ou a Escola Internacional de Cine eTv de San Antonio de los Baños (Cuba)....

A�veciñanza�de�Pontevedra�poderá�pagar�os�tributos�do�ORAL

por�Internet���A Deputación de Pontevedra está a informar dun novo paso dado dentro

da institución provincial a prol de levar a un plano dixital os labores de comu-nicación e tramitación de xestións coa cidadanía. Desta volta, o pulo tecnoló-xico en cuestión foille dado ao ORAL (Organismo Autónomo de Recadación deArbitrios e Taxas Locais), de xeito que os pontevedreses e pontevedresasestarán a partir de setembro en disposición de pagar os tributos do devan-dito ente da Deputación a través de Internet.

O principal obxectivo desta aposta pola e-Administración é facilitarlle noposible os trámites á cidadanía, amais de cumprir cos regulamentos queobrigan ás institucións locais a dixitalizar e (polo tanto) universalizar os ser-vizos da devandita índole a partir do ano vindeiro.

A iniciativa foi presentada polo presidente da Deputación, Rafael Louzán,quen informou a maiores que o órgano provincial leva investidos case 15millóns de euros en modernizar as comunicacións e instalar redes WiMAXpara máis de medio centenar de concellos da provincia. Amais disto, engadiu,segue en marcha o proceso de dotar de tecnoloxías da comunicación a restoda administración pública.

As�Pontes�celebrará�a�súa�partyinformática�a�partir�do�día�30

Un ano máis a Asociación Informática Amigos das Pontes organiza na súa vilaun maratón informático que terá lugar entre os días 30 de xullo e 1 de agostono Lar de Endesa, que permitirá aos afeccionados á informática gozar de 3 díasde lecer compartido con outras persoas con gustos semellantes e cos que com-partir coñecementos e experiencias.

A Amigus Party Verán 2009 conta coa colaboración do Concello das Pontes, ogrupo de empresas de ENDESA, Mancomún, a Consellería de Innovación eIndustria, Nauta, No Ping e Nodo Dixital. Os interesados en asistir poderán ins-cribirse ata ás 12:00 horas do día anterior á celebración do encontro, o que llesdará unha praza para instalar o seu equipo informático nun posto no que con-tará cunha conexión á rede eléctrica e outra á rede de datos.

Page 7: Codigo Cero 71

7código de conduta para sms_r.noya

Blindaxeanti-sorteos

Nos últimos tempos, tan ligados áaparición de teléfonos móbiles cadavez máis modernos e con máis ferra-mentas ás que se accede vía Internet,veñen proliferando en gran medidaos servizos de contidos á carta a tra-vés deste medio, mediante os deno-minados SMS Premium, aos que sechega decote mediante a marcacióndun número curto e permiten tanto adescarga de contidos (xogos, vídeos,polítonos) coma a participación enconcursos, sorteos varios e progra-mas de radio e televisión. Asemade,tamén se estendeu o emprego nosmedios de comunicación de liñas905 para propiciar a participacióndo público en concursos, sorteos evotacións organizados por progra-mas de televisión, algo que, en moi-tos casos, chegou a xerar facturasdesorbitadas en moitas familias quenon tiñan demasiados medios parachegar ben a fin de mes.

Pero isto, lonxe de ir a máis comopoderiamos pensar nun primeiromomento, semella que vai chegar ásúa fin, xa que a Comisión deSupervisión dos Servizos deTarificación Adicional vén de apro-bar, recentemente, os Códigos deConduta dos servizos SMSPremium e liñas 905, cumprindo asícoa normativa reguladora dos derei-tos dos usuarios de telecomunica-cións, que prevé a submisión destesservizos, como servizos de tarifica-ción adicional, a Códigos deConduta.

Nesta Comisión están representa-dos, ademais da Administración doEstado, as asociacións de consumi-dores, os operadores de telecomuni-cacións e os emprestadores de servi-zos, os cales aceptaron con todas asda lei que o Código de Conduta dosservizos SMS Premium sexa deobrigado cumprimento para todas asempresas que acheguen tipo de ser-vizos.

O regulamento aprobado conténregulación arredor dos seguintesaspectos e na maneira que segue:

-A publicidade dos servizos.

Toda forma de publicidade deberáincluír o prezo do servizo, así comoa identificación do seu responsable.O Código garante o carácter "lexi-ble" da publicidade: a información

deberá figurar en carácteres estáti-cos e axeitados para a súa perfectavisualización.

-Mensaxes SMS informativaspara o usuario.

Cando un usuario solicite un des-tes servizos, o prestador estará obri-gado a enviarlle un SMS no queinforme do seu prezo e da identifica-ción da empresa responsable. Si setrata de servizos de prezo superior a1,20 euros (de subscrición ou paraadultos), esta mensaxe informativaserá previa á contratación, co que sóse o usuario o acepta expresamentepoderá prestarse o servizo.

-Normas para a especial protec-ción dos menores.

Establécense horarios específicospara a publicidade e o funcionamen-to de servizos dirixidos a menores.

Asemade, establécense uns hora-rios determinados en servizos dirixi-dos a adultos, en liña coa regulacióndos espazos televisivos.

Regúlanse tamén as publicaciónsnas que pode aparecer publicidadede ofertas e promocións para meno-res ou para adultos.

-Normas específicas para con-cursos.

Os concursos deberán contar coascorrespondentes bases depositadasante notario.

Se un voto ou unha participacióndun concursante se recibe fóra dehorario, só se lle poderá facturar oimporte dun SMS de texto, sen aparte de tarificación adicionalcorrespondente ao feito de votar.

Nos programas de televisión,mentres que se anuncie o númerotelefónico para participar, deberáfigurar na pantalla en todo intre oseu prezo ademais da identificacióndo prestador de servizo.

-Normas específicas para servi-zos de subscrición.

O Código regula a terminoloxíapara contratar e cancelar estes servi-zos.

A contratación realizarase sómediante a palabra ALTA, que nonpoderá usarse para outros servizos.

Para cancelar a subscrición abon-dará coa palabra BAIXA. Ademais,

estará prohibido que a empresa con-tinúe coa subscrición se recibiu esamensaxe.

Este Código entrará en vigor unhavez transcorridos catro meses dendea súa publicación no Boletín Oficialdo Estado (BOE).

Números 905

Por outra banda, esta Comisióntamén vén de regular a submisión aun Código de Conduta dos progra-mas que empregan números 905,mediante a modificación do Códigovixente na actualidade, referido áspromocións de voz que se prestan através dos prefixos 803, 806 e 807.

Dende agora, estes concursosveranse na obriga de cumprir coanormativa sobre publicidade doCódigo que, entre outras cousas,establece que deberá figurar sempre,e en carácteres estáticos, o prezo e oemprestador do servizo.

Ademais, nos concursos que con-sistan na participación do público através de chamadas a un número905 será obrigatorio que apareza unrótulo informativo sobre o númerode chamadas recibidas nos últimosdez minutos. Deste xeito, o usuarioestará informado sobre o número departicipantes e as súas posibilidadesde acceder ao programa en todomomento.

Finalmente, prohíbese a utiliza-ción de números con tarificaciónadicional (a través de calquera dosprefixos que se utilizan) para osdepartamentos de atención ao clien-te ou postvenda, vinculados á adqui-sición de bens ou servizos.

Este Código, pola súa banda,entrará en vigor tres meses despoisde que a Comisión do Mercado dasTelecomunicacións (CMT) asigneos novos números 905.

Incumprimento

O eventual incumprimento dasobrigas do devandito Código deConduta poderá denunciarse sem-pre. En caso de que se constate quehoubo incumprimento por parte doprestador do servizo, a este retirará-selle o número co que cometese ainfracción. A vixilancia do controldo cumprimento do Código corres-ponde á Comisión de Supervisión deServizos de Tarificación Adicional.

Un�novo�códigode�conduta�protexe�ao

consumidor�dosSMS�Premium e�as

liñas�906

Page 8: Codigo Cero 71

8 a uvigo cos maiorres_redacción

Por�fin�un�móbilque�axuda

De entre todas, hai unha quesemella ter un carácter de definiti-va: a facilidade que achegan para aposta en marcha de proxectos quesirvan para mellorar a súa calidadede vida. Así, o traballo que están adesenvolver dous grupos daUniversidade de Vigo (o grupo deTecnoloxía da Información, GTI,da EUET de Telecomunicións e ode Didáctica da ActividadeFísica, DE3, da Facultade deCiencias da Educación) ten algomáis que un compoñente claro deinnovación en si mesma: ten unaquel de normalización dixital paraa terceira idade que é o comple-mento ideal para o primeiro. É oseu altofalante, e a importancia doproxecto é dupla se tempos enconta a realidade galega: un paísmoi especialmente envellecido.

Máis polo miúdo, o traballo deámbolos dous grupos consiste enter desenvolvido un sistema decontrol da actividade física dosmaiores a través de elementos inte-lixentes. Segundo conta aUniversidade de Vigo, para o fun-cionamento do sistema cómpre ouso dun acelerómetro (dispositivopara informar das condicións dunexercicio concreto) e un teléfonomóbil como interface. Estes ele-mentos permitirán entre outrascousas comunicar en tempo realdatos sobre o programa de exerci-cios que un usuario leve a cabobaixo o control e supervisión dunprofesional.

A tenor das explicacións dos res-ponsables da iniciativa, o aceleró-metro estaría inserido no móbil,sendo o teléfono en cuestión aporta de entrada ao sistema (coa

vantaxe de que se trata dun trebellorelativamente ben aceptado entreos maiores) e, tamén, a peza queachega converxencia. En palabrasde Vicente Romo (na imaxe),director do grupo DE3, o teléfonoposibilitaría un control personali-zado de cómo cada usuario leva oseu programa. O adxectivo “inteli-xente” incluído na dita descricióndo desenvolvemento vén a contopola súa capacidade de corrixirerros e até de aprender. Así, aferramenta bota man de certascaracterísticas de funcionamentodo cerebro humano para adquirirexperiencia, sumala e logo empre-gar eses datos para avaliar de xeitomáis certeiro a un usuario.

Os equipos desenvolvedores dosistema, alén dos aspectos pura-mente técnicos, salientan en todointre a importancia social queachega para unha realidade queestá a moi poucos metros do seucentro de traballo: Galiza é un dos

países máis envellecidos domundo, cunha taxa do 20% demaiores de 65 anos, sendo a deEspaña do 17. A iniciativa, maliaestar aínda en período de probas,ten perfectamente definido cara aonde se dirixe: cara a dar respostasaos requirimentos sociais do nosopaís a través de tecnoloxías postasen marcha dende aquí, máis accesi-bles e adaptables.

Segundo conta a Universidadede Vigo, o sistema foi presentadocon éxito no CongresoInternacional de Málaga e máis nassegundas Xornadas deBiomedicina da Universidade.

Por certo que os equipos traba-llan arestora na súa mellora eminiaturización. Con todo, xahoubo froitos que recoller: segun-do conta Romo, “os sistemas máissofisticados do mercado teñen uncuste de 600 euros e nós consegui-mos facer un por 20 e que funcio-na mellor”.

A�Universidade�deVigo�desenvolveun�sistema�intelixente�decontrol�doexercicio�parapersoas�maiores

As novas tecnoloxías da información, aínda agora, son para unhaboa porcentaxe dos nosos maiores pouco máis que grandes desco-ñecidas. A clave para solucionar esta falta de sintonía está enpoñerlles diante das súas utilidades prácticas.

Vicente Romo, director do grupo DE3

As novas tecnoloxías da información poden levármonosá crise, pero tamén son, precisamente, as ferramentasque nos poden sacar dela. Como? Empregándoas desoporte, fondo e feitura para múltiples proxectos innova-dores baseados no coñecemento. A fin de contas, pensaren Rede social ou Sociedade do Coñecemento é pensararestora no futuro. O contrario que ocorre cun bo núme-ro de outros sectores produtivos. Proba desta vitalidadeé o importante papel que están a xogar os equipos deinnovación que na nosa terra traballan para impulsar otecido económico, sexa dende o público, o privado ou oacadémico. Para a Universidade de Vigo, a situaciónestá máis que clara: un dos departamentos que máiscoñecemento e recursos lle achega á nosa maquinariaprodutiva é o grupo de investigación de Tecnoloxías daInformación (enigma.det.uvigo.es:8080/gti/). O equipo, sen ir máis lonxe, foi o que acadou as mello-res cifras de facturación de toda a Universidade en con-tratos de I+D ao longo de 2008. Integrado por 20 inves-tigadores que desenvolven o seu labor dende a Escola

Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións,áchase neste intre en estreita colaboración co sectorempresarial, a través da área de enxeñería telemática,liderando dentro da institución académica a transferen-cia de innovación ao sector privado.

Á súa fronte atópase o catedrático Francisco JavierGonzález Castaño, e baixo a súa batuta conseguiu ser undos primeiros grupos do sistema universitario galego enacadar a máxima cualificación na convocatoria de con-solidación e estruturación de grupos da Xunta de Galiciae, neste ano en curso, foi elixido como un dos dousdepartamentos da Universidade de Vigo que participannas Unidades de Investigación Intensiva, iniciativa pro-movida pola Consellería de Innovación que xirará arre-dor da divulgación e máxima rendibilidade dos resulta-dos da investigación dos grupos dos centros públicosgalegos. Segundo engade a Universidade de Vigo nunha extensareportaxe (duvi.uvigo.es) sobre as accións e as liñas de

traballo do devandito equipo, entre os espazos temáticosde traballo atópanse os seguintes: redes e servizos tele-máticos como infraestruturas sen fíos, servizos móbiles,redes de altas prestacións ou hardware para comunica-cións e/ou intelixencia artificial. Por certo que nos seuslogros ten repercutido, amais do traballo constante eunha idea firme dos camiños a seguir, o feito de que osseus integrantes sexan profesores con intereses afíns quecomparten, tamén, unha completa experiencia no eidoda empresa.

Este factor favorece o emprego dunha linguaxe comúne, en consecuencia, séntanse as bases do seu principaléxito: a transferencia de investigación cara ao tecidoprodutivo.A día de hoxe, a súa actividade céntrase en colaborar coCESGA e máis a Universidade de Santiago no proxectointegrado BeinGrid, unha iniciativa vinculada ao cálcu-lo de tratamentos de radioterapia en computadoresremotos de alta rendibilidade.

O grupo TIC, líder en materia de colaboración coa empresaO grupo TIC, líder en materia de colaboración coa empresa

Page 9: Codigo Cero 71

9fenómeno twitter_marcus fernández

Twitter:�o�bo,�

se�breve…

A idea inicial desta plataforma era queos usuarios puideran contar o que están afacer en cada momento de xeito que osseus amigos (chamados followers ouseguidores) poidan ler tal información acada momento, e incluso responder ásanotacións creando un sistema de comu-nicación que nalgún caso semella á men-saxería instantánea, pese que segue arexerse por unha comunicación asíncro-na (coma un foro ou o correo electróni-co).

Pero o servizo de Twitter foi evolucio-nando, de xeito que cada grupo de usua-rios atopou distintas utilidades para estasolución tecnolóxica, polo que hai quenorienta o seu uso ao livestreaming (con-tar todo o que fai), outros optan por utili-zalo como un sistema de comunicaciónentre amigos, non falta quen o empregapara debater e nos últimos tempos está atomar moita relevancia o seu uso para oseguimento de eventos en directo ou paradar conta de acontecementos de máximaactualidade. Pasamos así dunha solucióntecnolóxica pensada para comunicaciónsbreves que chega a converterse nunhafonte informativa de primeira orde.

O ano de Twitter

Aínda que Twitter era unha ferramentaque utilizaba habitualmente un grupolimitado de usuarios amantes da tecnolo-xía, durante o presente ano viviuse unhaexplosión do servizo, en boa medida cre-

ada polos medios de comunicación tradi-cionais, que abríronse a esta plataforma,e que chegou ao seu apoxeo no momentono que o actor Ashton Kutcher retou ácanle de televisión CNN a unha carreirapor ver quen chegaba antes ao millón deseguidores en Twitter (gañando Kutcher)ao que a presentadora de televisiónOprah Winfrey respondeu creando o seuusuario neste servizo, e que na actualida-de xa supera os 1,8 millóns de seguido-res.

Pero estes fenómenos en Twitter nonacontecen só nos EE.UU., senón que enEspaña tamén puidemos ver algún queoutro pique, coma nun sketch do progra-ma de televisión de Muchachada Nui noque se comentaba que o gurú tecnolóxicoEnrique Dans tiña máis seguidores enTwitter que o personaxe ficticio EnjutoMojamuto, o que levou a centos deseguidores do programa a darse de alta

en Twitter para que o seu ídolo fose todoun referente na tuittesfera española.

No ámbito galego Twitter tampoucoestá parado, e aínda que existen alternati-vas galegas coma os Chíos de Chuza(http://chuza.org/chios) ou Lareta(http://lareta.net), o servizo norteameri-cano segue a ser o favorito para facermicroblogging, e incluso a editorialXerais quixo aproveitar esta plataformapara achegarse aos seus lectores, algoque tamén fixo La Voz de Galicia, queaproveita esta plataforma para mellorar adifusión dos seus contidos.

Pero o apoio masivo dos medios aTwitter non fai que mellore a súa rele-vancia, e hai situacións nos que a ferra-menta demostrou non dar a talla aínda,como nas pasadas eleccións autonómi-cas, cando foron os medios tradicionaiscon versión electrónica os que trunfaroná hora de informar, mentres que Twittersó serviu como unha canle máis paracomentar o que se podía ver pola televi-sión ou a web, pero sen chegar a dar pé ainformacións de peso, posiblemente por-

que Twitter aínda non acadou unha masacrítica de usuario tal que faga que o quese publica en tal plataforma resulteimportante.

Futuro prometedor

Hai 2 factores que garanten un bo futu-ro para Twitter e as plataformas demicroblogging en xeral:

- A preguiza: escribir 140 carác-teres dá pouco traballo, polo que os usua-rios que non teñen o tempo suficientepara alimentar un blog ou simplementenon queren dedicarlle tanto tempo, teñenno microblogging unha solución ideal. Ousuarios tamén prefire en moitas oca-sións consumir este tipo de informaciónrápida, non só por axilidade e frescura,senón tamén porque precisan de poucotempo e esforzo para o seu seguimento.

- A mobilidade: tanto a través deSMS como dunha conexión a Internetmóbil (actualmente a prezos bastanteatractivos, ao popularizarse distintas tari-fas planas de datos para o móbil) o segui-mento de Twitter en calquera momento édoado e aditivo, aínda que o máis intere-sante é que de usar Twitter dende o móbilpoden escribirse mensaxes dende casecalquera lugar, alzando como bandeira oaquí e agora.

Distintos móbiles coma o iPhone ou oNokia 5800 XpressMusic fan moi doadoo acceder a Twitter dende calquera lugar,polo que un simple servizo para mensa-xes curtas podería chegar moi lonxe.

Ashton Kutcher gañou á CNN na carreira por superar o millón de seguidores enTwitter

En 2006 unha pequena compañía de San Francisco creou un servizo chamado Twitter, quefixo nacer o fenómeno do microblogging, que consiste na publicación de mensaxes en ordecronolóxica inversa como xa fan os blogs, pero limitando a súa lonxitude a 140 caracteres,para que os textos poidan transmitirse a través de SMS (método de tuittear moi popular enEE.UU).

La Voz de Galicia estreouse en Twitterhai poucas semanas

Twitter gaña moito atractivo ao poderaccederse ao servizo dende o móbi

Edicións Xerais saltou a Twitter para achegarse aos seus lectoresEnrique Dans e Enjuto Mojamuto botaron unha carreira por ver quen tiña máis seguido-res en Twitter

Page 10: Codigo Cero 71

10 campus dixital na usc_redacción

A UDC edita unha revista con fei-tura de blog para difundir o coñe-cemento

As redes xa non só lle dan fondo áspublicacións tradicionais, é que tamén lledan feitura. Este foi precisamente oobxectivo dos responsables da revistaU+S que vén de editar a Universidade daCoruña a través da Vicerreitoría deCultura: falar de cuestións vinculadas áinnovación e con formato de innovación.A revista, que xorde co obxectivo de ser-vir como ferramenta de achegamentoentre a entidade académica e o contornosocial e empresarial da Coruña e Ferrol,ten un compoñente de divulgación doslogros científicos do noso tecido investi-gador. Isto, con todas as dificultades queaté o de agora obstaculizaban o camiño(certa desconexión e falta de diálogoentre a sociedade en xeral e a comunida-de científica), pretenden levalo a cabo osresponsables da publicación a través doaproveitamento de canles que xa son deuso popular. Así, non é casualidade que arevista teña aspecto de blog, tanto parafacilitar o seu manexo como para facermáis doadaa súa lectu-ra.

S e g u n d oinforma aUDC, o tra-ballo enc u e s t i ó n ,que se presentou a comezos deste mes dexullo, ofrece un abano do labor que sedesenvolve nos campus, nun tempo noque a Universidade non só aposta poladocencia de calidade, senón tamén polainvestigación e a transferencia tecnolóxi-ca e de coñecemento, bases do que benpodería ser a solución máis firme para os

problemas económicos e produtivos quevive arestora o mundo.

Dito doutro xeito: a cabeceira nace convocación de ser unha ferramenta paraincrementar a competitividade dasempresas da contorna, sexan do sectorque sexan.

Nun eido máis concreto, dicir que U+Sé un proxecto posto en marcha en colabo-ración co Consello Social daUniversidade, órgano encargado de visi-bilizar o contacto coa sociedade. Gráficae conceptualmente, sosteñen os seus res-ponsables, a publicación quere sumarcampus e sociedade, encaixando perfec-tamente na visión e nos obxectivos doConsello Social.

A UDC ten proxectado distribuír estesdías 2.000 exemplares en papel ecolóxi-co entre institucións e empresas da áreametropolitana das cidades de Coruña eFerrol e, en forma de newsletter, aosmembros da comunidade universitariacoruñesa.

A Universidade de Vigo publicacontidos docentes multimedia através de iTunes U

A Universidade de Vigo(www.uvigo.es) vén de converterse naprimeira institución académica deEspaña en integrarse en iTunes U con2.000 horas de audio e vídeo que estánasí accesibles dende calquera parte domundo dende PC, Mac, PDA, iPod ouiPhone. Este almacén de contidos inclúeconferencias, clases, debates, entrevistase eventos relacionados coa universidade,

que xa esta-ban accesi-bles a travésda web (a tra-vés deUvigo-TV),pero que aoincorporarse

a iTunes facilítase o seu acceso, así comoa xestión dos contidos que o usuario des-exe visualizar e/ou conservar.

O vicerreitor de RelaciónsInstitucionais da Universidade de Vigo,Iván Area, asegura que “iTunes U é unhaimportantísima ferramenta cara á inter-nacionalización da Universidade de Vigo

a través dos seus contidos docentes”; aoque o vicerreitor de Novas Tecnoloxías eCalidade, Anxo Sánchez, engade que «aentrada da Universidade de Vigo na pres-tixiosa iTunes U é a culminación dun tra-ballo de varios anos e moitas persoas,

motivado por un espírito de innovación eunha visión das novas tecnoloxías comoinstrumento imprescindible no apoio ádocencia e á investigación, moi en sinto-nía coa visión de Apple, que ten apostadofirmemente pola diseminación do coñe-cemento».

Os vídeos incluídos nesta nova plata-forma está catalogados por idioma (gale-go, español e inglés) como por secciónsou por centros de ensino que producisenos contidos, e o seu acceso é doado a tra-vés de iTunes (deimos3.apple.com),tanto na súa versión de escritorio paraordenadores persoais coma nas versiónsportátiles dispoñibles para iPhone e iPodTouch, facilitando o acceso a este catálo-go audiovisual educativo e informativodende case calquera lugar.

A ETSE acolle as xornadas decontrol e robótica sobre softwarelibre

A Universidade de Santiago semellater na axenda un verán máis que comple-to en materia de eventos de divulgación einvestigación arredor das novas tecnolo-xías dixitais. Mentres aínda dá que falaro pasado congreso internacional de

EUNIS sobre Sociedade doCoñecemento (celebrado en xuño), oprograma de promoción TIC da USC xaten, por así dicilo, máis recursos na ban-dexa de saída. Entre eles cóntanse asXornadas de control automático e robóti-ca con ferramentas Open Source 2009(www.usc.es/cultura/uveran16_09.htm)que se celebran entre o 14 e o 17 de xullona Escola Técnica Superior de Enxeñería(ETSE). A nova edición destes encontros,dirixidos por Tomás Fernández Pena eXulio López, vai dirixida a achegar unhaporta de entrada ao control automático eaos rudimentos básicos da robótica conmicroprocesadores.

As xornadas, nas que se presentarán,probarán e desenvolverán ferramentas elicenzas cen por cen libres, inclúen noseu programa, entre outras cousas, a pre-sentación das funcionalidades do hard-ware libre Arduino ou dos recursos deprogramación necesarias e dispoñiblesen GNU/Linux.

Todo isto, como dixemos, facendo fin-capé nas vantaxes que o código abertoten para os sistemas de control que per-miten automatizar gran cantidade de pro-cesos industriais e robóticos. A fin decontas, sinalan os organizadores, todo oque se faga mediante deseños libres estáao alcance do eido académico ou empre-sarial coma unha fonte permanente decoñecemento, base de calquera progreso.

Na imaxe, unha aproximación aosobradoiros celebrados o ano pasado nomesmo escenario.

As�tres�universidades�galegas�manteñen�durante�este�verán�unalto�nivel�de�actividade�no�que�a�promoción�das�novas�

tecnoloxías�e�da�ensinanza�en�liña�se�refire

Campus�dixital�á�vista

Imaxe da anterior edición de XCARFOS, celebrados na USC

A USC presenta unha axenda cheade actividades para este verán, dasque destacan as relacionadas coasnovas tecnoloxías dixitais e as TIC

O noso colaborador e amigo NachoArmesto, dando contidos dixitais no servi-zo da Uvigo

Informar das cousas que acontecen hoxe no eido internacional do softwarelibre, que pecha fileiras agora co apoio dunha chea de empresas e de admi-nistracións, é un dos obxectivos do curso da Universidade de Santiago cha-mado A Revolución do Software Libre (www.usc.es/osl/osrevolution), adesenvolver na Facultade de Historia e con Tomás Fernández Pena en labo-res de director. A actividade formativa, que vai do 20 ao 24 de xullo, busca avaliar a “fon-dura e o dramatismo” duns feitos que comezaron globalmente en 1983 eque afectaron (e iso podémolo ver todos os días) ao comportamento mesmode usuarios, empresas, gobernos e institucións variadas. Feitos que os orga-nizadores do curso denominan A Revolución do Software Libre. A actividade, que incluirá conferencias impartidas por referentes profesio-nais e filosóficos das múltiples areas implicadas, está proxectada para unpúblico xeralista, “en boa medida coa vontade de amosar o xeito en que osoftware libre afecta a toda a sociedade”, sinala a organización. Con todo,a actividade non se pecha nin moito menos á participación da liña máisexperimentada da comunidade de usuarios da programación aberta. O curso, a desenvolver na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia,inscríbese no marco dos Cursos de Verán(www.usc.es/cultura/uveran09.htm) da USC promovidos pola Vicerreitoríade Cultura da Universidade de Santiago de Compostela

A revolución do software libre, a exame a partir do día 20 en Compostela

Page 11: Codigo Cero 71

Cinema�en�cuestión�de�minutosA�Secretaría�Xeral�de�Medios�e�a�Casa�da�Xuventude�animan�ácomunidade�internauta�galega�a�participar�na�cuarta�edición

do�certame�Curtas�na�Rede�(www.curtasnarede.es)

11especial curtas na rede_redacción

Se dicimos que os medios, económicos e tecnolóxicos, garanten unha boa historiaestaremos a obviar o que noutras artes se coñece como ingredientes. A historia docine, tal e como a coñecemos, é unha pequena liña de creatividade ao descuberto:hai tantos filmes que nunca chegaron a selo que xa ía sendo hora de que se puxe-ran en xogo máis claquetas, pantallas, premios e, o que é máis importante, máisespectadores. Dito doutro xeito: o que xa case non facía falla, a día de hoxe, eraningredientes. Entre as iniciativas postas en marcha nos últimos anos no camiño detirar proveito deste potencial (filmes e filmes en fase de proxecto ou na bandexa desaída de cada quen), hai un elemento que case sempre se repite: a Rede. Esta plata-forma, tan cuestionada por uns, semella darse aos poucos: hai que ir véndolle asvantaxes. No caso de Curtas na Rede, certame galego que proba a facer a mesturaperfecta entre Internet e audiovisual, funciona case como un xogo onde cada espec-tador tamén pode ser cineasta, cada internauta espectador e cada director-especta-dor normalizador das novas tecnoloxías e do audiovisual. A cousa, xa de por sicomplicada, aínda se enlea máis se temos en conta que o concurso ponse rodas. Esteverán, sen ir máis lonxe, haberá proxeccións das obras gañadoras nas anteriores edi-cións de Curtas na Rede nun bo número de vilas galegas. Isto significa, entre outrascousas, que os organizadores (a Secretaría Xeral de Medios e o Casa da Xuventudede Galicia) asumen este intre do certame coma o momento decisivo para sacalototalmente da Rede: un pouco como dixitalizándonos.

OO pprr iinncc iippaa ll :: ooss iinnggrreeddiieenntteess TTooddoo//aa dd ii rreecc ttoorr //aa .. .. .. éé uunnhhaa ppeerrssooaaA razón de ser de Curtas na Rede é a crenza de que en todas as persoas hai un amplopotencial de creatividade audiovisual. Abonda con desmentir a idea xeneralizada deque é imposible ser cineasta sen grandes medios para descubrir o tarro das esencias.Curtas na Rede asume que o tarro descóbrese na Internet mellor que en calqueraoutro sitio, coa vantaxe de que logo os descubrimentos e procedementos se podenestender á vida real. O concurso apóiase noutra crenza, complementaria da anterior: quen pense que sonprecisas moitas horas para contar unha historia ou para amosar talento, trabúcase deprincipio a fin. Cinco minutos, o tempo máximo que propón o concurso, teñen tantaimportancia, ou ningunha, coma dúas horas. A organización teno claro: “Para amo-sar ese espírito abonda co talento que pode contar unha peza curta, de non máisde cinco minutos”. Por certo que o límite de cinco minutos ten as súas vantaxespara un eido de visionado como o que se propón a través da Rede: favorece a acce-sibilidade, acurta a distancia entre o espectador e o filme e garante maior dinamis-mo. Cinco minutos, a fin de contas, pode ser o tempo que separa cada unha das acti-vidades ás que nos dedicamos na nosa vida. Cómpre pensar niso: Curtas na Redecomo proposta de lecer para o ritmo de vida moderno, tan axitado el.

Este ano hai certas novidades con respecto a edicións anteriores. A idea é facelo todoun pouco máis vivo, suprimir límites. De aí que Curtas na Rede se mova por Galizaadiante e de aí que para nesta convocatoria se teñan eliminado as clasificacións temá-ticas para as obras achegadas, substituíndoas por unha distribución do material porxéneros que a xuízo dos organizadores contribúe máis a garantir a liberdade creativa.“Os xéneros”, din na páxina web de Curtas na Rede, “son os elementos argumentaisou claves recoñecibles que comparten un grupo de películas”. Até aquí todo máis oumenos claro.

Para esta ocasión, os xéneros propostos como canles para facilitar a distribución domaterial e máis o achegamento do público son estes que citamos de seguido: Ficción,Documental, Experimental e Animación. Se alguén non entendeu que os obxectivospasan por deixalo/a ao seu aire, creando, que olle en fite o que na web se conta: “Ti eso autor ou autora e, polo tanto, a túa liberdade creativa é a que manda neste concur-so. Nós non poñemos límites á túa imaxinación, así que tampouco os poñas ti”.Conclusión: o director/a que trate de contentar ao xurado cun punto de vista e cunhatemática teoricamente afín, mal comeza.

LLiibbeerrddaaddee ccrreeaatt iivvaa

NNoonn pprrooffeess iioonnaallCurtas na Rede non se orienta a profesionais do audiovisual. O obxectivo, como sedixo ao principio, é garantir polo medio das ferramentas de Internet, accesibles e deemprego común para a mocidade, que o novo talento amateur, de contar cunhasaída, acabe por tela. O concurso constitúe o achegamento multitudinario dun chan-zo ben concreto: o primeiro da carreira audiovisual. De aí que se trate de potenciar,especialmente, a arela creativa da xuventude (maiores de 15 anos). Neste senso, nonse requiren grandes coñecementos teorico-prácticos sobre a arte de facer películas;a organización pretende ordenar todos os elementos ao seu alcance para que secumpra, tan ben como en calquera outro certame, a máxima de que o importante éparticipar. E para iso, nada mellor que ter un libreto máis ou menos rematado (ouben deixándollo todo á inspiración do intre), unha cámara dixital e poñerse a gra-var. “Respecto á pericia técnica”, dise na web, “só precisamos a que cada persoateña, ben por ela ou polo equipo de monte para levar a cabo o seu proxecto”. Eengádese: “Somos conscientes de que os proxectos que nos poidan chegar están fei-tos con poucos recursos, pero cheos de moita imaxinación e ilusión”.

Page 12: Codigo Cero 71

12 especial curtas na rede_redacción

Cápsulas. Son algo así como os breves non de todo bre-ves. Talento en miúdos anacos, para desenvolver, pre-sentar e gozar nun viravira, pero non por iso menosgrandes. As obras que perante esta porta se presente nonpoderán ir alén dos tres minutos. O tema é libre e en cáp-sulas pode caber de todo: dende falsos tráileres a vídeosmusicais, pasando por teletendas oníricas, falsos docu-mentais ou exercicios de dobraxe en clave de humor.

Bitácoras de rodaxe. Este formato significa un apro-veitamento máis amplo das moitas posibilidades xurdi-das da mestura audiovisual+rede. Ou sexa: baséase nasondas en liña que unha obra fílmica provoca no estanquede Internet cando cae directamente nel. Desta maneira,Curtas na Rede achégalles aos participantes espazosblog para que fagan deles os seus particulares cadernosde rodaxe ou presentación. “A idea fundamental dasbitácoras”, sinalan os organizadores, “é crear unhacomunidade educativa e cooperante entre todas e todosvós”.

Micromovies. Quen non saiba que é unha micromovie,dicirlle que é moi probable que vise algunha no seumóbil ou a través da conta de correo en liña, malia non

saber que se trataba dun filme miúdo desta índole. A ideada organización é contribuír a quitar dos nosos miolos amala imaxe que este tipo de obras foi gañando, sen pre-tendelo, ao longo dos últimos anos por mor dun usoincorrecto do formato. Falamos da morea de curtas de

mal gusto u ofensivas coas persoas que ao seu pesarrematan por protagonizalas. O mellor xeito de ir poñén-dolle fin: darlle ao móbil-cámara carta de lei como ins-trumento oficial de rodaxe para un certame onde se pre-mia o talento e o respecto pola xente. A idea dos organi-zadores de Curtas na Rede é que poucos instrumentosestán arestora tan mal encamiñados ou desaproveitadoscomo a cámara no teléfono de cada quen.

Ao seu favor, teñen o factor acompañamento constante:vai con nós a todas partes e, por iso, todo o que nosrodea é susceptible de ser gravado, sempre e cando,insistimos, se garden unhas normas básicas de respecto. O reto desta categoría é crear unha peza empregando dexeito exclusivo o devandito aparello, de xénero e temá-tica libre, que non vaia alén dos 30 segundos de dura-ción. Algo así como unha historia nun intre: o máissemellante ao máis difícil aínda do quefacer fílmico.Para Curtas na Rede, trátase dun formato que pola súadificultade achega unha serie de características propiasque noutras propostas non se atopan. Por exemplo: afrescura e espontaneidade que subministra o feito de nonpoder contar co labor de postprodución.

Entre os filmes que se dan a coñecer estes días no blogde Curtas na Rede atopamos unha produción encamiña-da (en palabras dos seus creadores) a rachar con todo oque deu de si a ultimamente empantanada producióncinematográfica española. Falamos e El cosmonauta(www.elcosmonauta.es), unhalongametraxe que, senselo, pois aínda é unproxecto, xacase dátanto quef a l a r

coma se o fora. Enleadas aparte, e segundo se nos contano dito blog, trátase dun filme de ciencia ficción deprincipio até o fin. Ou sexa: non só é innovador o seumiolo temático, senón tamén o seu método de financia-mento. A fórmula adoptada para cubrir as devanditasnecesidades é a seguinte: a estratexia do crowd-fun-ding. O termo en cuestión non di nada así meramente

exposto, pero a cousa cambia se miramos pola Webexemplos desta práctica de sufragamento e a

quen pertencen os casos máis salientables:ás ONGs de toda a vida e, hoxe sobre

todo, a todos aqueles proxectos cultu-rais, sociais ou empresariais que, a

mantenta ou non, procuran unhavía de apoio alternativa ao das

entidades bancarias. Conclusión: do que se trata éde presentármonos en Internet,a través dunha web ou unblog, e buscar financiamentoa cambio de participar nosbeneficios. Por esta vía épor onde se moven os res-

ponsables de ElCosmonauta: na de con-

verter á comunidadeinternauta en produtora. E todo por unha contri-

bución mínima de douseuros. Entre outras cou-sas, estes cartos daran-lles aos financiadores

dereito a deixar pegadanos títulos de crédito, acontar cun número único

para participar no sorte dotraxe de cosmonauta auténtico

que se usará na rodaxe e a recibir un wel-

come pack (material variado de promoción). Por certoque os responsables da longametraxe tamén querenrecoñecer amplamente a quen se sinta en meirande dis-posición de achegar máis apoios: achegando unha cifraque vaia alén dos 1.000 euros estaremos converténdo-nos en investidoras ou investidores, o que nos dá derei-to a un contrato de sociedade de participación para asíter oportunidade de recibir a nosa parte de beneficiosque xere a película.

O proxecto, que é todo Creative Commons (poderémo-lo copiar, distribuír e remesturar sempre e cando reco-ñezamos a autoría), está a ser posible grazas a RiotCinema Collective. A película estará dirixida porNicolás Alcalá e o seu argumento xirará arredor duncosmonauta ruso a piques de selo, Stan, quen afronta asúa primeira viaxe ao espazo (a primeira experienciadirecta de Rusia coa Lúa) con dous grandes pensamen-tos na cabeza: a viaxe en si mesma (todo un acontece-mento) e Yulia, a muller do director da misión, actualamante de Stan. E segue: “Dous días despois de despe-gar a nave perde toda comunicación. Durante setemeses o seu amigo Andrei o busca desesperadamente,pero sen resultado algún. Un día a nave volve á Terrapero sen rastro do cosmonauta. O misterio comezacando nunha serie de retransmisións Stan fala dende unlugar descoñecido. Di haber volto á Terra, só que estaestá baleira...”

FFoorrmmaattooss

EEll CCoossmmoonnaauuttaa :: uunn pprrooxxeeccttoo ddee ff ii llmmee qquuee bbuussccaa ccoonnvveerrtteerr ooss iinntteerrnnaauuttaass eenn pprroodduuttoorreess

No referente aos premios, este ano cóntase con 33.000 euros a repartirentre as diferentes categorías, un total de 26. Na edición 2009 inclúese unnovo galardón que pretende recoñecer a mellor montaxe. Dentro do apar-tado de curtametraxes establécense tres premios por cada categoría: unprimeiro dotado con 1.500 euros, un segundo de 1.000 euros e un terceirodotado con 500 euros. A categoría de animación mantén as contías de3.000 euros para o primeiro galardoado, 1.000 para o segundo e 500 parao terceiro. Entre as novidades, preténdese que o concurso sexa máis libre que nuncapara o cal se eliminaron os temas das anteriores edicións. Así, nesta oca-sión optouse por afondar nos xéneros cinematográficos, deixando unhatotal liberdade temática aos participantes. Deste xeito, as curtametraxes, acategoría estrela deste concurso, poden encadrarse en calquera dos catroxéneros, que son: ficción, documental, experimental e animación.

PPrreemmiioossPara quen estea pensando en que a vida, coma asCurtas, é breve de máis como para ir a un certa-me cunha única película debaixo do brazo, dicir-lle que este ano a cousa semella estar do seu lado:non hai número límite en canto ao número depezas a presentar. Polo que respecta ás linguasesixidas, serán o galego, o castelán e o portugués,permitíndose a participación de outros idiomassempre e cando os filmes estean subtitulados nasditas linguas. Outro requirimento que se pide éque a peza presentada fose producida ou benestreada este ano. “No caso de que isto non secumpra”, sinalan, “a obra causará baixa auto-mática no concurso”.

SSeenn ll íímmii ttee ddee oobbrraass

Captura de 21 días, de Óscar Otero

Micromovie Aprendendo, de Damorgia

A película, ciencia ficción decomezo a fin, estará dirixidapor Nicolás Alcalá e o seuargumento xirará arredordun cosmonauta ruso, Stan.

Page 13: Codigo Cero 71

13especial curtas na rede_redacción

Curtas na Rede 2009 achega a posibilidade de explorar a fondo os xéneros. Para dici-lo máis concretamente: os internautas-directores poderán presentar un filme que nonvaia alén dos cinco minutos de duración, que non responda a ningunha imposicióntemática diferente da proposta en orixe polo autor e que se cinga a un dos xénerosestablecidos pola organización. Este son: curtametraxes de ficción, experimentais,documentais e de animación. As cápsulas, traballos dunha duración non superior aos3 minutos, serán o formato que acollerá as expresións audiovisuais non contempla-das nas curtametraxes. Tamén poderán participar na modalidade de micromovies.Para participar nesta sección, os traballos deberán ser realizados coa cámara do telé-fono móbil e non poderán exceder os 30 segundos de duración e de temática e xéne-ro libre.

O concurso Curtas na Rede está aafianzar a súa vertente móbil: non sóse trata de que poidamos ver as pezaspresentadas a través de Internet, éque nos saen tamén ao paso se visita-mos os Telecentros de Comunicaciónque a Secretaría de Medios, organi-zadora do certame, ten espalladospola nosa xeografía. Malia non estarpechado ao cen por cen o programade todo o verán, si que podemos iradiantado certas localizacións ondehaberá cine miúdo e, a pesar de nonser profesional, sobradamente esti-mulante. Por certo que o que se vaipoder ver son as obras gañadoras nastres últimas convocatorias de Curtasna Rede. Así, os xoves 2 e 9 de xullo,A tarde máis curta (así se chama estainiciativa móbil previa á resoluciónda convocatoria 2009) chegará aosTelecentros de Verín, Betanzos eChantada. Os días 16, 23 e 30, a ini-ciativa recalará nos espazos de acce-so de Sarria, O Barco, Catoira eVedra. Nas xornadas do 16, o 23 e o28, farao en Oroso.

O horario, nun principio (pode habervariacións por celebrase outras acti-vidades ou por dar acubillo á maior

cantidade de público posible), é oseguinte: ás 20 horas darán comezoas proxeccións en todos os

Telecentros devanditos e nas xorna-das sinaladas. A Tarde máis curta é unha iniciativainserida dentro da campañaComunícate, dirixida pola SecretaríaXeral cara a unha máis ampla pro-moción da dita rede de accesos. Porcerto que as persoas interesadas enparticipar nesta edición en curso deCurtas na Rede, 2009, disporán detodo tipo de facilidades no tecido deTelecentros, non só nos intres dedi-cados ás proxeccións. Polo que respecta á natureza mesmadestes enclaves de conexión á Rede,dicir que se trata de espazos que dis-poñen de material informática, equi-po de videoconferencia, materialaudiovisual, pantallas de proxeccióne de plasma, así como outros siste-mas de control que permiten recreardiferentes escenarios (actividadesformativas, encontros, videoconfe-rencias, presentacións audiovisuais)dependendo das necesidades técni-cas do evento que se queira levar acabo.

AAss ppeezzaass ggaaññaaddoorraass eenn ccoonnvvooccaattoorr iiaass pprreevv iiaass ,, ddee rruuttaa

BBaasseess ddoo cceerrttaammee

Proxección dos filmes galardoados nas edicións anteriores de Curtas na Rede, enAbegondo

O concurso está organizado pola Xunta de Galicia a través da secretaría xeral deComunicación, da dirección xeral de Comunicación Audiovisual e do Consello daXuventude de Galicia. Conta tamén coa colaboración de secretaría xeral deEmigración, da secretaría xeral de Política Lingüística, da dirección xeral de SaúdePública, da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural, de AGADIC (AxenciaGalega de Industrias Culturais), da Deputación da Coruña, do Consejo de la Juventudde España, da Fundación Caixa Galicia, da Compañía R. Cable e TelecomunicaciónsGalicia S.A, de GADISA, do programa “Onda Curta” da TVG, contando tamén coaparticipación do Eixo Atlántico e da Fundação da Juventude.

OOrrggaanniizzaaddoorreess ee ccoo llaabboorraaddoorreess

Curtas na Rede comezou o 14 de febreiro de 2009 e remata o 29 de outubro de 2009.O prazo para a presentación das pezas ficará aberto até o xoves 10 de setembro. Ocertame vai dirixido a todas as persoas, a partir dos 15 anos de idade en adiante, inte-resadas no mundo da creación audiovisual e multimedia. Non poderán participar o persoal empregado das entidades organizadoras, colabora-doras e patrocinadoras, nin os seus familiares directos; nin poderán presentarse o per-soal empregado nin os familiares directos de calquera empresa que participe baixocontrato na promoción ou na xestión técnica do concurso.

CCaannttoo dduurraa ee aa qquueenn vvaa iiddiirr iixx iiddoo??

Curtas na Rede comezou o 14 de febreiro de 2009 e remata o 29 de outubro de 2009.O prazo para a presentación das pezas ficará aberto até o xoves 10 de setembro. Ocertame vai dirixido a todas as persoas, a partir dos 15 anos de idade en adiante, inte-resadas no mundo da creación audiovisual e multimedia. Non poderán participar o persoal empregado das entidades organizadoras, colabora-doras e patrocinadoras, nin os seus familiares directos; nin poderán presentarse o per-soal empregado nin os familiares directos de calquera empresa que participe baixocontrato na promoción ou na xestión técnica do concurso.

IInnssccrr ii cc iióónn ccoommoo vvoottaannttee eepprroocceessoo ddee vvoottaacc iióónn

A Secretaría Xeral de Comunicación do anterior equipo de goberno galego, a travésda Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e o Consello da Xuventude deGalicia presentaron no pasado mes de febreiro a cuarta edición de Curtas na Rede,que pretende consolidarse como “unha aposta decidida pola creatividade audiovi-sual”, segundo destacaron Manuel José Fernández Iglesias, ex director deComunicación Audiovisual, e Mª Dolores Rodríguez Amoroso, presidenta doConsello da Xuventude de Galicia. Na súa intervención, Fernández Iglesias salientou que o concurso vai dirixido a “pro-mover a creatividade que está fóra da industria audiovisual”. Por iso, explicou,“animo a todo o mundo a participar para que todas as creacións se convertan enreferencia non só para o mundo da curtametraxe, senón tamén para esa industriaaudiovisual que pode ter en todos os concursantes a canteira desa Galicia que seproxectará nas pantallas do cine ou no monitor do ordenador”. O concurso está diri-xido á xente que, non estando dentro da industria audiovisual, sen moitos mediospero con moita imaxinación e creatividade, teñen unha boa cantidade de cousas quecontar e contarnos, destacou Dolores Rodríguez.

PPrreesseennttaacc iióónn eenn ff eebbrree ii rroo

O mundo de Curtas na Rede, visto dende o ceo

Page 14: Codigo Cero 71

EGANET�e�aSecretaríaXeral�deModernizaciónsalientan�opapel�das�TICcomo�tecnoloxíaanticrise�

No encontro, que tamén serviupara avaliar a realidade do sectorempresarial galego vinculado ásnovas tecnoloxías (TICs), parti-ciparon Beatriz Legerén, LuzCastro e María Xosé Jamardo,presidenta, vicepresidenta e máiscoordinadora de EGANET.Segundo informa a asociación,as representantes desta entidadee a secretaria xeral coincidironen salientar a importancia donoso tecido produtivo tecnolóxi-co para uns tempos como os quevivimos, nos que aínda non sealbisca un remate definitivo dacrise económica que afectadirecta ou indirectamente a todosos ámbitos.

Para Mar Pereira e o equipo deEGANET, se hai sectores dendeos que se poden extraer recursospara activar a economía galega,entre eles está o das TIC contodo dereito, perfectamentecapacitado hoxe en día parafavorecer o medre da rendibili-dade e da competitividade anivel global do resto dos secto-res.

Con todo, sinalaron, hai unhaserie de materias pendentes. Porexemplo: potenciar a colabora-ción entre asociacións e institu-cións para garantir que os pro-xectos promovidos pola Xuntacheguen ao meirande númeroposible de empresas. As dúasresponsables coincidiron igual-mente en valorar o que ao seuxuízo foi “un acerto da novaXunta”: unificar as competenciasen materia TIC nun departamen-to só.

Por outra banda, tamén houboreflexións sobre as maneirasmáis axeitadas de loitar contra afenda dixital, unha circunstanciaque afecta á nosa terra por mor(principalmente) doutras fendasprevias que non fan máis que

acrecentar o problema: as queafastan económica, demográficae socialmente os espazos urba-nos dos rurais. Para Legerén,esta actividade concreta a prol dainclusión no dixital de todas asgalegas e galegos ten que pasarpor forza por unha ampliación darede de telecomunicacións emáis por un achegamento á cida-danía co fin de que a demanda deTICs sexa acorde á oferta. E pro-seguiu: “A maior coñecementomaior posibilidade de mellora emaior desenvolvemento e com-petitividade, tanto das novas tec-noloxías coma dos distintos sec-tores produtivos galegos”.

A Xunta presenta a súaprimeira medida urxenteen materia TIC: o planpara dixitalizar a xustiza

A secretaria xeral deModernización e InnovaciónTecnolóxica, Mar Pereira, vén depresentar o Plan TIC de MedidasUrxentes do Goberno galego,aprobado xa polo Consello daXunta, mediante o que se esta-blece o deseño e desenvolve-mento dun programa de dixitali-zación da Xustiza. Este progra-ma (integrado á súa vez no ditoPlan TIC) conta cun orzamentode 2,1 millóns de euros. Durantea súa presentación, que contoutamén coa presenza activa dodirector xeral de Xustiza (JuanJosé Martín), a secretaria xeralexplicou a natureza deste feixede medidas urxentes. Trátase,subliñou, dun primeiro capítulode programas a pór en marcha dexeito case inmediato e comoestratexia previa ao que está porvir: a planificación estratéxicaxeral da Xunta en materia denovas tecnoloxías da informa-ción. O plan de medidas urxentes

terá un período de vixenciadende maio de 2009 até decem-bro de 2010, e o seu orzamentototal é de 8,3 millóns de eurospara estes dous anos.

Máis polo miúdo, e segundoinformou Mar Pereira, o planprevé decisións inminentes para“evitar impactos en proxectos esistemas arestora en marcha,ademais de actuacións orienta-das a mellorar a eficacia nogasto tecnolóxico, na liña deinducir un aforro efectivo nostecidos de tecnoloxías da infor-mación da Xunta e que grazas ásTIC se poida mellorar o controldo gasto noutros ámbitos daadministración autonómica”.

Entre os piares do plan, enga-diu a secretaria xeral, amais dodevandito da xustiza no dixitalinclúense os seguintes: acadarunha administración máis próxi-ma da cidadanía pola vía dasnovas tecnoloxías, lograr mei-rande colaboración entre as insti-tucións e as galegas e galegosaos que representan e poñer enmarcha oficinas virtuais para odesempeño da función públicacun sistema de información depersoal.

Estes son, en palabras de MarPereira, os ámbitos de actuacióndo seu Plan TIC:

• A consolidación de procesosde posta en marcha de sistemasde información.

• A seguridade.• A estabilidade continuidade

dos servizos actuais.• A mellora organizativa no

servizo TIC en relación cosusuarios.

• A dinamización e o usoaxeitado de sistemas de infor-mación.

A secretaria xeral de Modernización e InnovaciónTecnolóxica, Mar Pereira, reunise este xoves 16 coadirectiva da asociación empresarial EGANET co finde preparar futuras colaboracións en materia depulo ás novas ferramentas dixitais en todos oseidos sociais e económicos do país.

14 convenio eganet e xunta_redacción

Imaxe do encontro de Eganet coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. De esquerda adereita, Mar Pereira, Beatriz Legerén, Mª Luz Castro e Mª Xosé Jamardo

Page 15: Codigo Cero 71

15

“Iremos�día�a�día,�vila�a�vila,�

na�conquista�dun�necesario�e�urxenteavance�tecnolóxico”

A finais do pasado mes de xuño, o aca-bado de nomear secretario xeral deMedios da Xunta de Galicia, AlfonsoCabaleiro Durán, anunciaba cunha satis-facción que non podía ocultar na súafaciana que o Goberno da Xunta, logo devarios anos do que cualificou de “incer-tidume”, está a traballar arreo na elabora-ción dun plan galego de comunicación eacendido dixital que se presentará nasvindeiras semanas en todo o país.

Segundo avanzou o secretario xeral nasúa comparecencia na ComisiónPrimeira, Institucional, deAdministración Xeral, Xustiza e Interiordo Parlamento galego, será un plan “rea-lista para a transición dixital coa máxi-ma colaboración cos concellos, buscan-do chegar ao máximo posible de cobertu-ra dixital nos prazos máis curtos detempo e na procura de que non haxa des-igualdades dixitais por razóns xeográfi-cas”.

A Xunta, que quere involucrar a todasas forzas políticas e sociais, asegura queprocurará un esforzo informativo, conce-llo a concello e porta a porta, “para queningún galego”, afirmou Cabaleiro,“poida sentirse discriminado nun aspec-to tan importante que marcará o futurotecnolóxico de Galicia e a vida diaria e olecer dos nosos cidadáns”.

A situación herdada: sen planificación e sen fondos

Na súa comparecencia, o secretarioxeral de Medios fixo un repaso polaactual situación do despregamento daTe lev i s iónD i x i t a lT e r r e s t r e(TDT), aherdada doa n t e r i o rG o b e r n oautonómico.Así, expli-cou que o Goberno central aprobou ensetembro de 2007 o Plan Nacional deTransición á TDT que establece a sinatu-ra de convenios marco de colaboracióncoas comunidades autónomas para o des-pregamento da TDT en tres fases diferen-ciadas e nas que o Estado e as autonomí-as se comprometen a financiar, a partescase iguais, este proxecto. Actualmente

só está asinado o convenio marco para aprimeira das fases, e están pendentesaínda de rubricar os convenios corres-pondentes ás fases II e III.

A este respecto, o secretario de Mediossinalou que, á súa chegada ao Goberno,atopouse “coa sorpresa de que oGoberno anterior non tiña reservadoseses fondos propios que condicionaban oemprego do crédito achegado poloMinisterio para a primeira fase”. Perotamén, engadiu, que o anterior Executivonon preveu na elaboración dos orzamen-tos do ano 2009 os fondos corresponden-tes á Comunidade Autónoma, necesariospara acometer a fase II e III da implanta-ción da TDT (un total de 8,7 millóns deeuros dos que o Goberno galego deberíaachegar o 50%).

Gasto de 98 millóns de eurosnoutros conceptos

“Seguirían as sorpresas”, engadiuAlfonso Cabaleiro explicando que taménhoubo un gasto de fondos previstos noPlan Avanza noutros conceptos. O secre-tario xeral detallou que o 10 de outubrode 2008 asinouse a primeira addenda aoconvenio marco de colaboración entre oMinisterio de Industria e a comunidadegalega para o desenvolvemento do pro-grama de infraestruturas de telecomuni-cación. Unha addenda cuxo obxectivoera financiar a dotación de infraestruturasnecesarias para completar a cobertura e oservizo de televisión e as redes de teleco-municación para ofertar servizos debanda ancha en zonas onde se constatase

que non che-gan as ofertasde empresasde cabo ouADSL pornon ser rendi-bles econo-micamente.Estas actua-

cións estaban financiadas con 98 millónsde euros que o Estado achegara a xeito depréstamo a tipo de interese do 0%, adevolver en 12 anos, destinando 93millóns de euros á banda ampla e 5millóns de euros directamente á exten-sión da TDT.

“Cando iniciamos os trámites corres-pondentes ante a Dirección Xeral de

Orzamentos para xerar os 5 millóns deeuros da TDT”, afirmou Cabaleiro,“dísenos que o diñeiro dese préstamo foigastado na súa totalidade no ano 2008noutros con-ceptos nonsó os 5m i l l ó n scorrespon-dentes áTDT, senóntamén os 93restantes quetiña que xes-tionar aConsellería de Industria”. E continúa:“É dicir, o préstamo chegou en virtudedun convenio que se publicou o 18 dedecembro e, polo visto, gastouse nadamáis chegar, incumprindo manifestamen-te o convenio que determinaba as actua-cións concretas para as que tiña que des-tinar ese préstamo do Ministerio, actua-ción que, por outra parte, hai que xusti-ficar antes do 31 de decembro de 2010”,sinalou ao respecto.

Cabaleiro conclúe que, en referencia áTDT, o Goberno anterior tivo unha “fallaabsoluta de previsión e de planificaciónorzamentaria, así como para asumir unpapel de execución co Estado en prazosreais que o fixeran posible”, concluíu.

Reorganizar o traballo paraun plan executivo

Logo de recoñecer que “non foi doadosaber como estaba a situación da TDT” ede “entender o que pasaba cos orzamen-tos, que levou un tempo de consultas coaConsellería de Facenda, ata que se foronaclarando as cousas”, Alfonso Cabaleiroasegurou que nestes intres finalmente xa“fomos quen de reorganizar o traballo ede poñer as directrices para un plan exe-cutivo que nos permita levar adiante, conéxito, a transición á TDT”.

Deste xeito, reiterou que xa se inicia-ron os trámites administrativos e orza-mentarios para desbloquear os cartos epara iniciar a xeración de crédito.Asemade, a Secretaría Xeral de Mediosdeu comezo aos trámites para procurarfórmulas, por suposto pola vía do ende-bedamento da facenda pública, para dis-poñer de cartos (os 5 millóns de euros

que asegura que se gastaron o ano pasadopara tapar buracos noutras cousas), ecumprir cos compromisos co Estado.

De igual xeito, a Xunta comezou ainformar aosconcellos dasáreas técnicasde OurenseLeste e deSantiago, una un, dasituación daTDT expre-sando o seucompromiso

co despregamento da televisión dixital norural. Dentro duns días iniciaranse ascampañas informativas para os concellosincluídos nas fases II e III.

Cabaleiro informou, asemade, que xaestán feitos os borradores dos pregospara a contratación do subministro e ins-talación dos microemisores da Fase I,Ourense-Leste e Santiago e que nesteintre se traballa nos borradores dos pre-gos das Fases II e III. Ademais, en cola-boración co Ministerio de Industria, odiálogo e os esforzos encamíñanse cara opeche dun borrador de anexo aoConvenio Marco, para as Fases II e III;así como tamén a Oficina Técnica daTDT, un servizo de axuda técnica aosconcellos, que o secretario xeral afirmaque estaba paralizado dende o mes defebreiro e que volverá a funcionar paradar acollida a calquera veciño e veciñainteresado nestas infraestruturas.

Por último, Cabaleiro abondou en quetamén se iniciaron as licitacións para acontratación da planificación, estudostécnicos, proxectos técnicos, certifica-cións e enxeñería dos microemisoresdixitais que se van instalar en Ourense-Leste e Santiago, por importes de 50.000e 150.000 euros; que xa están informadose en tramitación para a súa licitación ospregos para a posta en marcha de 19 cen-tros reemisores do múltiplex autonómi-co, os máis importantes dos 60 que que-dan por instalar, por importe de 604.300euros; e que se está a traballar nun plande despregamento en base a un proxectoexecutivo, completo, para que nos próxi-mos meses teñamos a máxima coberturaposible e o total desenvolvemento daTDT en Galicia.

situación actual da TDT_Redacción

Alfonso�Cabaleiro,�secretarioxeral�de�Medios�da�Xunta,�dá�contado�que�será�o�seu�plan�galego�de

comunicación�e�acendido�dixital�no�país

“Será un plan realista para a tran-sición dixital coa máxima colabora-ción cos concellos, buscando chegarao máximo posible de coberturadixital”

“Xa están feitos, entre outras cou-sas, os borradores dos pregospara a contratación de subministra-ción e instalación dos microemiso-res da Fase I, correspondente aOurense-Leste e Santiago”.

Page 16: Codigo Cero 71

A�TDT�no�puntode�mira�

E é que no tocante ás novas tecno-loxías, e en concreto, á TDT, moitosveciños e veciñas quéixanse de nonentender nada do que está a pasarcoa chegada desta plataforma aosseus concellos.

Dende Industria aseguran quepara levar a cabo o apagamento ana-lóxico é preciso cumprir unhas con-dicións de cobertura e penetraciónda TDT que nos casos galegos nonparecen acadarse, polo que prefirenser prudentes e aprazar a nova fasede despregue da Televisión DixitalTerrestre en Galicia. Así se fixo,entre outros, nos concellos de Bolo,Castrelo do Val, Cualedro, AGudiña, Larouco, Laza, Manzaneda,A Mezquita, Monterrei, Oímbra,Riós, A Veiga, Verín, Viana do Bolo,Vilardevós e Vilariño de Conso, nazona de Ourense Leste, e na zona deCompostela en Ames, Arzúa, A

Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión,Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría,Fisterra, Frades, Lousame,Mazaricos, Melide, Mesía, Muros,Muxía, Negreira, Noia, Ordes,Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Portodo Son, Rois, Santa Comba,Santiago de Compostela, Santiso,Sobrado, Teo, Toques, Tordoia,Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra eVilasantar, onde, a día de hoxe,aínda poden ver a televisión como oviñan facendo decote.

A que si semella ser unha datafirme é a do 3 de abril de 2010,cando se producirá finalmente oapagamento analóxico a nivel nacio-nal.

Pero... estamos preparados paraiso? Aínda que a cousa non pintamoi ben, (lembremos que o índicede penetración da TDT en Galicia émoi inferior ó da media nacional), a

Secretaría Xeral de Medios quereenviar unha mensaxe de confianzasobre o tema. De feito, a TDT seme-lla un dos seus grandes retos tecno-lóxicos e, aínda que leva dous mesestraballando, esta entidade públicavén de anunciar a súa intención de“dar a máxima cobertura, coamáxima igualdade xeográfica, e comaior realismo posible nas dataspara que a nova dixitalización tele-visiva sexa unha realidade próxi-ma”.

Plan Nacional de Transición aTDT; a situación en Galicia

No pasado ano 2007 aprobouse noConsello de Ministros o PlanNacional de Transición á TDT, esta-blecendo o marco de actuación parao cese ordenado e progresivo dasemisións con tecnoloxía analóxica ea súa total substitución por emisiónsbaseadas en tecnoloxía dixital.

No caso de Galicia, o PlanTécnico Nacional de Transición áTDT abrangue tódolos concellosgalegos, distribuídos en seis ÁreasTécnicas, asociada, cada unha delas,aos centros principais de televisión:Santiago, Ares (Coruña), Páramo(Lugo), Meda (Ourense), Domaio(Pontevedra) e Ourense-Este (límitecon Zamora), que se executarán entres fases, segundo a área á que per-tencen e a data na que se fixa o apa-gamento.

(Ver mapa e cadro das áreas técni-cas de Galicia).

Esta publicación do Plan Nacionalde Transición á TDT ten dúas conse-cuencias importantes para Galicia:

1.- O Estado recoñece a importan-cia dos microemisores analóxicosinstalados pola Xunta e osConcellos, as que denomina OutrosCentros.

2.- Fíxanse uns obxectivos decobertura para a TDT, iguais aos queteñen do sinal de televisión en ana-lóxico, o 98%, superando con moitoos obxectivos iniciais do PlanTécnico Nacional da Televisión

Ultimamente, sobre todo dende que se anunciou o aprazamentoda desconexión do sinal analóxico en 700 dos 1.286 concellos nosque estaba previsto para finais do pasado mes de xuño, as verbas“apagamento analóxico” e “televisión dixital”, están máis presen-tes nas conversas diarias dos galegos e galegas case que ningúnoutro tema, a excepción do tempo, que, como vén sendo habitual,nunca chove a gusto de todos.

16 situación actual da TDT_Redacción

O�departamento�daXunta�encargado�doafianzamento�danova�tecnoloxía�dáconta�do�que�fixonesta�área�dende�asúa�creación�haidous�meses

Mapa das Áreas Técnicas de Galicia

Page 17: Codigo Cero 71

17situación actual da TDT_Redacción

Dixital Terrestre, que era dun 91%. Asadministracións públicas deberán finan-ciar o despregamento de rede necesariapara igualar a cobertura analóxica, eábrese a vía para que o Estado contribúaao despregamento da rede para a cobertu-ra rural. Por fin o Goberno recoñece,desde o punto de vista televisivo, a exis-tencia do rural, da dispersión poboacio-nal e fala de facer convenios marco confinanciamento mixto estatal-autonómico

. Para dar cobertura aos múltiplex esta-

tais Abertis Telecom ten dúas redes: unhapara Televisión Española e outra para acobertura das televisións privadas nacio-nais. A día de hoxe, Abertis ten previstoacender 116 centros para a rede deTelevisión Española e 76 para a rede dasprivadas. Con isto pensa acadar a cober-tura do 96% da poboación no caso deTelevisión Española e do 91% no casodas privadas.

No caso do Múltiplex Autonómico,que soporta os sinais de difusión da tele-visión pública TVG, as infraestruturasfóronse realizando con cargo aos orza-mentos xerais da CCAA de Galicia, xes-tionados pola Dirección Xeral deComunicación e Audiovisual e aSecretaría Xeral de Comunicación.Segundo datos achegados pola SecretaríaXeral de Medios que dirixe arestoraAlfonso Cabaleiro, en 2005 a coberturaera do 85% e na actualidade é do 93% dapoboación autonómica. A día de hoxe,engade, ficarían sen servizo de TDTunhas 200.000 persoas en 7.000 entida-des de poboación en Galicia.

Segundo os proxectos de difusión deRetegal para alcanzar a cobertura do 96%da poboación autonómica, contempladanos obxectivos do PTNTDT, será necesa-rio poñer en servizo 60 novos centros dedifusión, antes de abril de 2010.

O papel despregado até o de agora

O primeiro que tiveron que facer osresponsables da nova Secretaría foi, sina-lan, “entender o que acontecía cos orza-mentos achegados polo Goberno centralao anterior goberno da Xunta”; iso levouun tempo de consultas coa Consellería deFacenda, ata “que se foron aclarando ascousas”. Ao longo dese tempo, engaden,puideron organizar o traballo e poñer asdirectrices para levar a cabo un plan exe-cutivo que lle permita á Xunta levaradiante, con éxito, a transición á TDT.

Logo, a entidade que dirixe AlfonsoCabaleiro iniciou os trámites administra-tivos e orzamentos para “desbloquear oscartos” e proceder á xeración de crédito,e asemade, abriu vías para buscar fórmu-las (a través do endebedamento da facen-da pública) coas que dispoñer de diñeiro,os 5 millóns de euros que se investironpara, sinalan, “tapar buracos noutrascousas, para o Plan Avanza e cumprircos compromisos co Estado”.

Na actualidade, a Secretaría Xeral deComunicación tamén comezou a infor-mar aos concellos, das Áreas Técnicas deOurense-Leste e Santiago, da situaciónda TDT así como a manifestar o compro-miso da Xunta no despregamento daTDT no rural; compromiso, segundo afir-man, “necesario para que os concellos etodos os veciños e veciñas afectados reci-ban o apoio da Xunta de Galicia”.

Por outra banda, este organismo asegu-ra ter feitos os borradores dos pregospara a contratación do subministro e ins-talación dos microemisores da Fase I,Ourense-Leste e Santiago, e xa está a tra-ballar nos borradores dos pregos dasFases II e III.

En colaboración co Ministerio deIndustria, a entidade está a traballar nunborrador e xa iniciou as licitacións para acontratación da planificación, estudos

técnicos, replantellos, proxectos técni-cos, certificacións e enxeñería dos micro-emisores dixitais que se van instalar enOurense-Leste e Santiago, por importesde 50.000 € e 150.000 €.

Asemade, xa están informados e en tra-mitación para a súa licitación os pregospara a posta en marcha de 19 centros ree-misores do múltiplex autonómico, os

máis importantes dos 60 que quedan porinstalar, por importe de 604.300 €-

En resumidas contas, a Xunta está atraballar nun plano de despregamento enbase a un proxecto executivo completo,para que nos próximos meses tódolosgalegos e galegas, “teñan a máximacobertura posible e o total desenvolve-mento da TDT no noso país”.

Mediante o Real Decreto Lei 1/2009, establécese, por outra banda, a obrigados operadores de servizos de Televisión Dixital Terrestre (TDT) de ámbitoestatal de poñer conxuntamente as súas canles a disposición de, ao menos,un mesmo distribuidor de servizos por satélite ou dun mesmo operador derede de satélites, co obxectivo de permitir o acceso a ditas canles aos cida-dáns que residan en zonas nas que, unha vez concluída a transición á TDT, nonvaia existir cobertura do servizo de TDT de ámbito estatal. Deste modo, ase-gúrase que todos os cidadáns poidan acceder ás canles TDT e contribúese aotránsito á TDT.Os principais países do noso contorno entenderon que a plataforma satelitalse configura como a solución técnico-económica máis axeitada para cubrir aszonas de territorio sen posibilidade de acceder ás canles TDT por vía terres-tre, que en España supoñen, aproximadamente, o 1,5 por 100 da poboación.Esta poboación sitúase en zonas dispersas e illadas, nas que non é viable eco-nomicamente proporcionar cobertura do servizo da TDT mediante emisoresterrestres de televisión. No caso de Galicia a proxección de cobertura que se alcanzará permite facerestimacións da poboación que poderá acollerse ao servizo de TDT por satéli-te, unhas 50.000 persoas, o que suporá uns 18.000 fogares.O custo aproximado unitario da instalación é de 300 €, o que suporá unhainversión de 5.400.000 € en sistemas de recepción. Está previsto que se poi-dan outorgar subvencións para esta cobertura.

CCOOBBEERRTTUURRAA PPOORR SSAATTÉÉLL II TTEE ;; CCoobbeerr ttuurraa ccoommpp lleemmeennttaarr ii aa ddoo sseerrvv ii zzoo ddee TTDDTT

Microemisores rurais de televisión analóxica

Cadro�das�Áreas�Técnicas�de�galicia

Imaxe, Desconnexió, tomada do caderno de Jordi Chueca en Flickr

Page 18: Codigo Cero 71

18 rede de dinamización_raquel noya

A�Rede�deDinamización

supera�as�40.000�inscricións

A�iniciativa�para�levar�as�

vantaxes�da�Internetao�noso�rural�

organizou�no�mes�dexuño�183�obradoiros

Xa nas últimas catro semanas, aRede rexistrou 11.303 usos diariosdas instalacións da Rede, nas que seimpartiron 183 obradoiros e aos queasistiron máis de 1.000 usuarios.

Asemade, no mes de xuño, cubrí-ronse preto de 1.700 horas con cur-sos, así como coa posta en marcha,en numerosos Centros deDinamización, da Memoria dosOficios, que segue executándoseactualmente en moitos deles.

En resumidas contas, a actividadeda Rede de Dinamización, lonxe dedescender co paso do tempo, nonfixo máis que subir como a escumae os datos así o reflicten: dende asúa posta en funcionamento, osobradoiros levados a cabo foron4.908, nos que se formou a 31.865persoas durante 40.670 horas forma-tivas. Asemade, o número de inicia-tivas foi igualmente moi elevado, aorexistrarse máis de 350, todas elascun alto grao de participación queelevou a cifra total a 14.352 persoas.

Como mostra de que a actividadedeste organismo segue a pleno ren-demento, non hai máis que dar contados cursos e obradoiros que cadacentro vai levar a cabo neste mes dexullo para formar ás persoas asisten-tes nalgunha faceta das novas tecno-

loxías. Porén, os máis de 50 centrosde dinamización que a Rede tenespallados por todo o país, van levara cabo preto de 200 novos obradoi-ros ao longo deste mes de xullo.

185 novos obradoiros pro-gramados para xullo

Pese a que son moitas as persoasque no mes de xullo aproveitan paracoller vacacións e desconectarsetotalmente de Internet e de todo oque require estar en contacto coasnovas tecnoloxías, tamén hai outrosector da poboación galega que tiraproveito do seu tempo libre parafamiliarizarse máis con este tipo deferramentas e poñerse ao día en todoo relacionado coas TIC.

Os dinamizadores e dinamizado-ras do noso país, sabedores de que oseu labor é fundamental para ainclusión na Sociedade daInformación dos galegos e galegascon menos facilidades para facelopor si mesmos, teñen proxectadospara este mes de xullo, un total de185 novos obradoiros, algúns doscales xa están en marcha e outrosmoitos irán dando comezo nesta enas vindeiras semanas.

A variedade temática é a principalcaracterística da programación quese vai desenvolver nesta tempada deverán en tódolos Centros deDinamización da xeografía galega;temática tan variada, se cabe, comoo tipo de público que se achegará acada un dos locais da Rede para for-marse nalgunha materia concretadas TIC, que soen ser dende nenos e

nenas de entre 5 e 12 anos, ata per-soas maiores de máis de 65 anos,pasando por persoas adultas convariadas ocupacións e adolescentesque buscan nas ferramentas tecnoló-xicas unha utilidade axeitada aosseus quefaceres diarios.

Da morea de cursos e obradoirosque a Rede de Dinamización tenprogramados para desenvolver aolongo deste mes de xullo, cabe des-tacar algunha actividade comoManexo do móbil, que se desenvol-verá en Allariz, Videoxogos, enVilar de Santos, Trámites coa admi-nistración pública, no CentroComarcal Terra de Lemos, Álbumde fotos en Internet: Flickr, Picasa...,en Teo, Debuxo por ordenador, enVilasantar, Telefonía por Internet, enValga, Iniciación á Informática:Linux, en Moaña, Manexo básico dacámara dixital, na Asociación deEmpresarias da Coruña ouMecanografía en Poio.

Asemade, as charlas e coloquiosque os/as dinamizadores galegosprogramaron para desenvolver nes-tes meses de verán, son do máisdiverso e actual polo que resultaránde interese para calquera persoa cunmínimo de curiosidade por afianzar-se na Sociedade da Información.Así, no Concello de Allariz, osalumnos e alumnas que se acheguenao seu Centro de Dinamización,terán a oportunidade de introducirseno que son as redes sociais enInternet, un tema moi de moda, quenon deixará impasibles aos asisten-tes.

Por outra banda, en Castrelo deMiño falarase da seguridade naRede, mentres que en Riotortoinformarase sobre o manexo doSIXPAC.

Os veciños e veciñas do Vicedoaprenderán a usar a banca electróni-ca, mentres que os de Lugo, veráncomo instalar Galinux. En Cerceda,os e as asistentes que non decidanpasar o día no parque acuático,poderán achegarse ata o seu Centrode Dinamización e adquirir infor-mación sobre como solicitar unhacita médica por Internet, e enMondoñedo e Sada, os relatoresaconsellarán ás persoas asistentespara a adquisición dun ordenadorpersoal axeitado.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información vén de dar conta dosusuarios e usuarias (dinamiza.sociedadedainformacion.eu) que, dende a súacreación en xaneiro de 2007, pasaron polos seus centros de toda Galicia, e acifra rexistrada a finais do pasado mes de xuño non puido ser máis satisfac-toria: o total de persoas inscritas neste tempo foi de 40.670.

Ao longo deste mesde xullo levaranse acabo preto de 200novos obradoiros deformación en TIC.

Page 19: Codigo Cero 71

19firefox en galego_redacción

Firefox�3.5déixasequerer

A versión 3.5 final do Firefox xa éunha realidade. A nova achega donavegador, que por certo xa pode-mos descargar en galego na webgl.www.mozilla.com/gl (grazas aostraballos da comunidade de desen-volvedores galegos de softwarelibre coordinados polo CentroMancomún), non semella constituírunha máis ou menos simple mellorade certos elementos dispoñibles naanterior versión: o obxectivo da fun-dación Mozilla e os desenvolvedo-res libres era ir alén diso. De aí quefinalmente se optase por nomeala coengadido de 3.5, en troques do ini-cialmente proposto de 3.1, en boamedida debido á meirande amplitu-de que finalmente tiveron os cam-bios aplicados.

O novo Firefox, que xa está dispo-ñible dende o martes 30 de xuñopara a súa descarga oficial, é segun-do apuntan os seus responsables omáis rápido dos desenvolvidos até ode agora, o que se debe principal-mente ás melloras aplicadas sobre omotor. En palabras de Mozilla, anova achega é dúas veces máis rápi-da có Firefox 2, e dez veces máisveloz có Firefox 2. Isto significa,entre outras cousas, que se conse-guirá un uso máis áxil de ferramen-tas e servizos como as redes sociais,o correo electrónico ou determina-das páxinas de amplo fondo e conti-do. Segundo manifesta o CentroMancomún, cómpre destacar aincorporación da compatibilidadecon HTML 5, o novo estándar paraas páxinas web, mellora que posibi-

lita “reproducir audio e vídeo deforma nativa”. De igual xeito, traba-llouse a prol da privacidade (conampliación de recursos para prote-xer os nosos datos e ronsel das nosasnavegacións) ou o tratamento damemoria (a nova versión empregamenos capacidade do computador).

Para as/os usuarias/os que queiranmáis información, dicirlles queMozilla vén de habilitar oWorldwide Real-Time FirefoxDownloads (downloadstats.mozi-lla.com), un espazo onde é posiblepercibir en tempo real o número dedescargas do novo Firefox diferen-ciadas por país e por segundo.

Informar ademais que nova entre-ga do navegador web de Mozillainclúe un modo de navegación pri-vada (permite facer esquecer unhapáxina web ao seu historial) e faiuso dos estándares web para a xeo-localización.

Podemos ver un vídeo expositivodas novas particularidades do nave-gador no seguinte vídeo habilitadoen YouTube:www.youtube.com/watch?v=k5Zbc-Rg6e8.

Éxito de descargas

O Firefox 3.5, dispoñible en gale-go dende o seu lanzamento mesmo(o martes 30 de xuño), vai cara aadiante coma un tren sen freos.Segundo se apuntaba na Rede dousdías despois do intre en que se poñíaa disposición da comunidade inter-nauta mundial, o novo navegador deMozilla xa ía alén dos 5 millóns emedio de descargas, e cunha cota deuso en vivo de arredor do 2,5% (emedrando). Este máis que salienta-ble respaldo á nova achega da ferra-menta aberta, que inclúe mellorasimportantes no seu motor e no trata-mento da memoria (emprega menoscapacidade do computador) véndado en boa medida pola alta valo-ración que os usuarios da Rede lledan ao seu sistema de plugins eextensións e á alta rendibilidade queincorpora en materia de rapidez.

Por certo que da cifra contabiliza-da dúas xornadas despois do lanza-mento, máis de 5 millóns de baixa-das, uns 150.000 clicks foron efec-tuados dentro do territorio estatal.

O papel da comunidade galegade software libre e Mancomún

O Centro de Referencia eServizos de Software Libre deGaliza, Mancomún, vén de manifes-tar a súa satisfacción polo papel des-pregado pola comunidade galega dedeseñadores e usuarios de softwarelibre (comunidade que coordina odito Centro) na posta ao día da tra-dución (listas.mancomun.org/mail-man/listinfo/mozilla) á nosa linguade todos os aplicativos máis popula-res da suite Mozilla, que, por certo,están dispoñibles para a súa descar-ga oficial co seu respectivo lanza-mento. Entre as ferramentas e pro-gramas, prosegue Mancomún,amais do navegador Firefox 3.5(éxito de descargas dende o intremesmo en que se poñía a libre dis-posición da comunidade internauta,o martes 30 de xuño), o xestor decorreo electrónico, Thunderbird; oadministrador de axenda Sunbird eo contorno que os integra a todosnunha única interface, oSeamonkey. Por certo que para oCentro galego tamén ten especialimportancia o feito de que se teñaintegrado para esta ocasión a tradu-ción do aplicativo para o seu empre-go en dispositivos móbiles, Fennec.

Para rematar, e facendo especialreferencia aos atrancos postos hai unano polo propio presidente daFundación Mozilla (que chegou adubidar en público da capacidadedos programadores libres galegos áhora de realizar a tradución doFirefox), Mancomún aproveita aoportunidade para salientar o bofacer do equipo que coordina no tra-ballo de adaptación á nosa linguadesta nova achega do navegador e oseu contorno. Neste senso, engade oCentro, nos óptimos resultados dostraballos despregados tamén tivo asúa ración de responsabilidade ofeito de que se tratase dunha colabo-ración aberta, de aí que o proceso deesforzo colectivo siga aberto napáxina de tradución do web.

Sinalar que os aplicativos deMozilla en galego están a ser empre-gados arestora por multitude de per-soas, tanto no eido persoal coma noempresarial e na Administraciónpública.

Xa�está�dispoñible�onovo�navegador�daFundación�Mozilla,

incluíndo�a�descargaen�galego

Captura de pantalla de Mozilla Download Stats

Page 20: Codigo Cero 71

20 agestic pola diversidade_redacción

Obxectivo:tecnoloxía

sen�barreiras

A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías deInformación e Comunicación (www.agestic.org) cele-brou recentemente en Santiago unha xornada encamiña-da a atopar recursos contra a fenda dixital que afecta áspersoas con diversidade funcional ou que pertencen asectores sociais con risco de exclusión. O encontro, des-envolvido no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia(Consellería de Traballo), serviu tamén para ir máis aláda simple localización do problema: o que se pretendía,en última instancia, é que o problema desapareza e osdevanditos colectivos fagan o uso máis pleno das novasferramentas de todos os usos posibles. Obxectivo: quese sirvan delas para mellorar a súa calidade de vida.

Entre outros participantes, a xornada contou coa cola-boración da secretaria xeral de Familia, Susana López,para quen a tecnoloxía non é só información, taménrepresenta inclusión. Ao seu xuízo, ten que conducir, porforza, cara a unha sociedade máis xusta e integrada queteña máis en conta ás persoas.

Ao longo do encontro, informa AGESTIC, tamén sepuído asistir á presentación de Iriscom(www.iriscom.org) na nosa terra, un dispositivo desen-volvido pola Fundación Tecnoloxía Social (fts.org.es)para as persoas con diversidade funcional que non poi-dan mover ningunha parte do seu corpo máis que osollos.

A ferramenta permítelles que por medio da acción dosiris, poidan manexar o rato e o computador e poidanchegar a comunicarse plenamente. Segundo sinala aorganización da xornada, en Galiza xa hai varios destesdispositivos nos fogares de varias persoas con este tipoconcreto de diversidade.

Na xuntanza celebrada en Compostela tamén fixo actode presenza o propio presidente de AGESTIC, JoséMaría López Bourio, quen anunciou que será el mesmoquen dirixa as actividades de afianzamento da FTS noeido galego, co obxectivo de incrementar a dispoñibili-dade de instrumentos doados de empregar polos devan-ditos colectivos sociais e contribuír así a incrementar asúa calidade de vida.

No encontro tamén participou arreo o investigadorEnrique Varela, quen aproveitou a oportunidade para dara coñecer o dispositivo Kapten, ferramenta tecnolóxicapara guiar ás persoas invidentes a través de tecnoloxíaGPS e mediante un sistema que non precisa de pantallas.O aparello, que funciona coa voz, respóndelle ao usua-rio cando este lle fala (co fin de emprazalo no vieiroaxeitado). A intención de AGESTIC e FTS e ir dándoo acoñecer ao longo dos vindeiros meses en diferentessituacións e emprazamentos, aínda que xa adiantaronque unha boa parte da promoción de Kapten irá ligadade maneira estreita ao Camiño de Santiago, feito que xa

se fixo notar días despois da xornada do Centro deNovas Tecnoloxías de Galicia coa visita a Compostelado cantante Serafín Zubiri (integrante de FTS) da quefalamos a continuación.

Serafín Zubiri, a prol do dixital como víade inclusión

Polo Camiño de Santiago semella chegar de todo:incluso mensaxes de inclusión social e de compromisona procura dunha Sociedade da Información que nosabranga a todas e todos. Estes, entre outros, foron osmotivos que impulsaron este ano ao cantante SerafínZubiri (membro da directiva da Fundación TecnoloxíaSocial) a percorrer o itinerario xacobeo, e así llelosexpresou o pasado martes 7 de xullo á gran cantidade demedios de comunicación que se reuniron na Praza doObradoiro con motivo da súa chegada. O artista inviden-te, que chegou en tamdem cunha chea de deportistaspatrocinados por AC Hoteis, tivo algo xenérico e algoespecífico que contarnos.

Por unha banda, fixo fincapé na importancia que teñenhoxe as novas tecnoloxías da información para favore-cer a integración plena na sociedade de todas as persoascon diversidade funcional, de aí a transcendencia debotar abaixo os posibles atrancos que afasten a estescolectivos do seu emprego (sobre todo, hardware e soft-ware axeitado para unha maioría que pode moverse outen capacidade de visión pero que deixa fóra a unhagrandísima minoría de colectivos con outras caracterís-ticas físicas ou psíquicas).

Por outra banda, aproveitou a oportunidade para dar acoñecer Kapten, dispositivo tecnolóxico desenvolvidona súa orixe para o groso da poboación pero que, dexeito paradoxal, achega importantes vantaxes para o díaa día das persoas cegas.

Este aparello, que funciona con voz e do mesmo xeito(con voz) lle responde ao usuario, ten amplas posibilida-

des de apoio e asistencia para as persoas invidentes. Nocaso de Zubiri e o seu percorrido acabado de rematar,serviulle entre outras cousas para poñelo ao tanto entodo intre da súa localización ao longo do Camiño, dasrutas a seguir, das características desas rutas (se tiñanmoito tráfico, se viñan curvas ou costas abaixo) dos pun-tos de interese turístico que estaba a piques de visitar oudos establecementos máis idóneos para comer ou bendescansar.

A visita do cantante e a súa intervención cos mediosfoi apoiada pola Fundación Tecnoloxía Social (da queZubiri é un dos seus principais valedores) e pola súa pla-taforma aliada en terras galegas, a Asociación Galega deEmpresas de Tecnoloxías da Información e aComunicación, AGESTIC. De feito, foi José MaríaLópez Bourio, presidente da dita entidade galega, quendirixiu unha boa parte das actividades a prol das redescen por cen accesibles desenvolvidas na Praza doObradoiro a raíz da visita do cantante.

Asemade, o acto contou coa presenza de AntonioCatalán, presidente de AC Hoteis, xunto a un completogrupo de empregados da compañía e integrantes daFundación ONCE, principalmente deportistas inviden-tes. A maiores, a chegada do artista navarro serviu taménpara sentar os alicerces de futuras colaboracións coaXunta, incluíndose na axenda de actos do día un com-pleto resumo das vantaxes da devandita tecnoloxía GPSdirixido á secretaria xeral de Familia, Susana López.

A idea, máis polo miúdo, é acadar apoios de abondopara poñer en marcha, dende FTS e AGESTIC, unhaperegrinación para o Ano Santo 2010 que moi dificil-mente deixará a alguén indiferente. Trátase do proxectode inclusión social e tecnolóxica O Camiño dosSatélites, unha especie de continuación ampliada daexperiencia de hoxe na que tomarán partido unhas cenpersoas invidentes percorrendo o itinerario xacobeo (enbicicleta e máis a pé) coa axuda do dispositivo.

Volvendo ao miolo deste, dicir que se trata dun nave-gador GPS sen pantalla e que tivo o seu xermolo enFrancia da man da empresa Kapsys, quen optou pola vozcomo método de comunicación co usuario polos moitosatrancos de regulamento que se lles están a pór no cami-ño aos aparellos con pantalla (principalmente porqueprovocan distraccións nos condutores).

Con todo, grazas a esta aposta polo sonoro, ofreceinteresantes vantaxes para as persoas invidentes. Kaptenresponde a sinxelos comandos de voz e devolve infor-mación a través dunha síntese de voz clara e comprensi-ble. Asemade, inclúe funcións de reprodutor de músicae mans libres para un teléfono móbil compatible conBluetooth. O produto está a ser comercializado enEspaña por Tenyus SocialWare.

AGESTIC�e�a�FTS�comprométesea�traballar�pola�plena�vidaen�liña�das�persoas�galegascon�diversidade�funcional�

Page 21: Codigo Cero 71

21interfaces de xogo_marcus f.

O mando da Wii inclúeunha detección de move-mento bastante rudi-mentaria, en boa medidapor culpa do aforro decustos, polo que dendeNintendo decidiron darlleaos usuarios da Wii oque lles prometeran haiun par de anos a travésdun accesorio para omando chamado WiiMotion Plus e que inclúeun xiroscopio, de xeito

que aparte de rexistrar o momento do mando, tamén percibe a súa posi-ción espacial, o que serve para reproducir movementos 1:1 cunha preci-sión moi superior, aínda que mellorable, pero que finalmente fará posi-ble xogos de loitas con espadas que funcionen coma auténticos simula-dores ou xogos de tenis nos que sexa posible golpear a bola de distin-tos xeitos.

Curiosamente, aínda queo Wii Motion Plus apareceupolo E3, en vez de ser unproduto para o futuro, xa édo presente, e nas tendasespañolas pode adquirirsesolto por 19,95 euros ouincluído con algúns dosxogos que o aproveitan,entre os que xa hai títulosde tenis e golf, e a finais dexullo teremos tamén nastendas o Wii Sports Resort,que é a nova entrega do WiiSports, pero aproveitandoas posibilidades do Wii Motion Plus, o que levou a converterse en todoun supervendas no Xapón.

Nintendo estaría así a reafirmarse na súa aposta polo control demovementos como feito diferenciador, que tanto parece gustar ao públi-co ocasional.

A pasada edición da feira norteamericana de videoxogos E3 confirmou que o mando da Wiirevolucionou o sector ao incorporar sensor de movemento, e así, todas as compañías traíannovidades a este respecto, chamando á renovación das interfaces de usuario, no que pare-cía unha reacción á desesperada, pero que podería servir para estandarizar novos xeitos decomunicarnos coa consola e cos equipos informáticos nun futuro non moi afastado.

SONY IMPROVISA UN NOVOSISTEMA DE CONTROL

A conferencia de Sony durante o E3 foi un tanto triste, porque presentouo PlayStation 3 Motion Controller (que finalmente terá o nome comercial deWand), pero non fixo unha demostración real, senón unha serie de probascontroladas, de xeito que non sabemos o estado real deste proxecto, que atodas luces consta dun mando moi semellante a un Wiimote con Wii MotionPlus, pero que se emprega en combinación cunha webcam, de xeito que éposible mesturar a detección de movementos coa realidade aumentada (napantalla o mando pode substituírse por unha raqueta, un bate, un látego oucalquera outro elemento da nosa elección, que se presentará virtualmentenas mans do usuario).

Sony asegura que este proxecto verá a luz na primavera de 2010, peroresulta difícil de precisar o que achegará nun principio, pois os kits de des-envolvemento de Wand están moi restrinxidos, de aí que non parece quevaiamos ver moitos xogos que aproveiten esta tecnoloxía durante 2010.

AS CONSOLAS DE VIDEOXOGOSAPOSTAN POLO MOVEMENTO

NINTENDO CONTINÚA A EVOLUCIONAR

MICROSOFT DESFAISE DO MANDO

Se a reacción de Sony aoéxito da Wii foi copiar a súa tec-noloxía descaradamente,Microsoft foi moito máis aló, esorprendeu a todos os presen-tes ao E3 coa tecnoloxía do euProxecto Natal, consistentenunha cámara de vídeo conmicrófono e detector de move-mentos, que permite librar aosusuarios do uso de mandos físi-cos para controlar certo tipo dexogos e interfaces de usuario

emulando a Tom Cruise en Minority Report, pois este sistema ten unha precisión talque é capaz de detectar incluso o movemento dos dedos, o que é útil tanto paraxogos coma os que se podían ver coa EyeToy da PlayStation (engadíndolle profundi-dade) como para moverse polos menús da Xbox 360.

Pero a detección de movementos sen mando non é o único que achega Natal, senónque tamén incorpora tecnoloxía de recoñecemento facial (diferenciando a variosxogadores á vez e incluso identificando aos usuarios da consola con só colocarsediante da mesma) e de recoñecemento de voz.

Polo momento esta tecnoloxía deberá atopar usos prácticos atractivos, pero o quetemos claro é que os prototipos levados ao E3 funcionan de verdade (xornalistas detodo o mundo puideron por a proba a detección de movemento). Queda agora nasmans dos desenvolvedores decidir o que atraerá ao público, xa que está claro quecertas demostracións que se fixeron, como manexar o volante dun coche coas mansno aire, pese a que funcione ben non resulta cómodo para longas partidas, pero siresulta evidente que para manexar a interface da consola ou un xogo de estratexiapode ter o seu aquel (especialmente se o combinamos co uso de ordes orais).

Por desgraza, para ver os froitos do Proxecto Natal deberemos agardar a 2010,cando supomos que Microsoft fará unha demostración dos futuros usos e xogospara esta tecnoloxía durante o E3, aínda que agardando ao outono para lanzar osprodutos finais (coa vista posta na campaña de Nadal).

Non son poucos os que pensan que se o invento de Microsoft sae ben, na vindeiraxeración de consolas de videoxogos todos os modelos contarán con posibilidades dexogo sen mandos pero, ¿trasladarase esta tendencia aos ordenadores persoais eaos reprodutores multimedia?O Sony Wand imita ao Wiimando co Wii Motion Plus

Page 22: Codigo Cero 71

Os usuarios da Xbox 360 xa poden adquirir por 800 puntos (9,6euros) o clásico xogo de loita King of Fighters ’98 Ultimate Match,que hai pouco máis de 10 anos trunfara en máquinas recreativas eagora volve con poucos cambios (ou sexa, sen mellorar os seus grá-ficos para adaptarse á alta definición) como tamén fixo Garou:Mark of the Wolves, aínda que baseándose na versión paraPlayStation 2, en vez de a orixinal de NeoGeo, o que se traduce encontar co dobre de xogadores, así como dun modo de xogo en liña.

Pero para moitos este lanzamento no Bazar de Xbox LIVE é insig-nificante se o comparamos á outra estrea do día, Worms 2:

Armageddon, un agardado título que continúa unha saga moi queridano PC á que se engade modo multixogador en liña e fóra de liña para4 xogadores, compatibilidade con ordes de voz, multitude de armas,novos modos de xogo e uns gráficos que neste caso si están adap-tados á alta definición.

O prezo deste xogo tamén é de 800 puntos (9,6 euros), e agoratócalle ao público decidir se os 10 anos que tardou en saír estasecuela pagou a pena.

De ambos títulos hai versión de demostración descargable debalde.

ESTREAN VERSIÓN FLASH DEBALDE DO STREET FIGHTER II CE

Se hai un xogo de loita en dúas dimensións realmente representativo doseu xénero, poucos dubidarán ao falar do Street Fighter II ChampionshipEdition de Capcom, que deu pé a moitos secuelas e remakes, e que posible-mente foi o título que abriu o camiño para sagas coma The King of Fighters.Pois agora non hai que buscar en bares de barrio ou conversións a consolasde videoxogos para lembrar este xogo, xa que co gallo do lanzamento deStreet Fighter IV para PC, Capcom e GameTap decidiron lanzar unha versiónFlash do clásico xogo, que conserva case todos os elementos do título orixi-nal e temos dispoñible enhttp://www.kongregate.com/games/GameTap/street-fighter-2-ce.

O xogo funciona cos cursores para controlar os movementos do noso loi-tador e os botóns S, D, F, X, C e V para lanzar puñazos e patadas, á vez quepódense empregar os míticos movementos en L para lanzar golpes especiais(coma o shoryuken ou o hadouken), resultando especialmente rechamanteque poidamos gozar de balde deste excelente xogo web coma reclamo paraa compra dun novo videoxogo (moi superior en todos os aspectos).

KING OF FIGHTERS E WORMS REXORDEN NAXBOX 360

MODERN WARFARE 2 IMPRESIONA COAS SÚAS EDI-CIÓNS PARA COLECCIONISTAS

Ante o éxito do Guitar Hero: Aerosmith e a expectación creada polo futuroGuitar Hero: Metallica, estaba claro que dende Harmonix tiñan que reaccio-nar cun Rock Band que tirase dalgunha banda de peso para facer fronte, e asúa aposta vai ser rotunda, pois optaron polo grupo máis coñecido deLiverpool, e finalmente o 9 de setembro veremos cómo se produce o lanza-mento mundial de The Beattles: Rock Band, xogo que estará dispoñible paraXbox 360, PlayStation 3 e Wii e xa conta con páxina web oficial (thebeatles-rockband.com).

Este título está a espertar moito interese, pois a música dos Beatles nonparece a máis atinada para un xogo no que destacan cancións cañeiras, poloque a súa experiencia de xogo podería agochar moitas sorpresas mentrespermite facer un percorrido pola historia da formación de John Lennon, PaulMcCartney, George Harrison e Ringo Starr.

Polo momento só se coñece o prezo do xogo nos EE.UU. (59,99 dólares)pero tamén sorprendeu o feito de que se poidan marcar unhas guitarras cundeseño especial (99,99 dólares) e incluso unha edición limitada do xogo queincluiría instrumentos (249,99 dólares). O deseño destes instrumentos (pre-sumiblemente guitarra, micrófono e batería) é todo un misterio, o que axudaa incrementar o hype deste título do que xa se falaba antes de que pecha-sen o acordo de colaboración entre Apple Corps, Harmonix e MTV Gamespara facelo realidade.

22 xogos, escolma da web_marcus f.

Page 23: Codigo Cero 71
Page 24: Codigo Cero 71