Codigo Cero 70

24
AInternet quérenos Recursosenliña deculturagalega Revolución mochileira ARedealíaseco turismoaccesible Librosaun click Lectura+dixital+ +vacacións=vicioseguro Memoria Pixelada falamosdexogos equeseentenda Mapaspara nenosenenas ...conmapa www.codigocero.com revista de novas tecnolóxicas de Galicia_número 70_maio_xuño_2009_ Consellosparaunha navegaciónsegura

description

Numero de maio-xuño da revista de informacion tecnoloxica Codigo Cero.

Transcript of Codigo Cero 70

Page 1: Codigo Cero 70

A�Internetquérenos

Recursos�en�liña�de�cultura�galega�

Revoluciónmochileira

A�Rede�alíase�coturismo�accesible

Libros�a�un�click

Lectura�+�dixital�+�+vacacións�=�vicio�seguro

MemoriaPixelada

falamos�de�xogose�que�se�entenda

Mapas�paranenos�e�nenas

...con�mapa

www.codigocero.com

revista de novas tecnolóxicas de Galicia_número 70_maio_xuño_2009_

Consellos�para�unha�navegación�segura

Page 2: Codigo Cero 70
Page 3: Codigo Cero 70

A Rede colleunos estas semanas pasadas nun remuíño de impre-sións. Por unha banda, tivemos a festa das Letras e de Internet, opasado 17 de maio, e unha vez máis puidemos certificar que asegunda constitúe un bo xeito de promover as primeiras, e queestas son igualmente unha axeitada escusa para metérmonos naInternet, ben á procura de buscar información sobre os/as auto-res homenaxeados, ben para consultar as actividades que se pre-pararon para festexar o día, ben porque simplemente queremosdeixar pegada do que fomos e do que vimos sendo. Conclusión:semella que no panorama mundial hai poucas festas tan oportunascomo a dita coincidencia do 17 maio galego. En boa medida, e istotratamos de plasmalo nas páxinas interiores, ten un aquel de com-plementariedade que, premeditada ou non, fai pensar en temposidóneos para cada unha das partes. Coma se metésemos nunmesmo festexo a celebración do medio ambiente e a das nenas enenos dun país. E xa que falamos de cativada e de dixitais, sinalarque ese foi precisamente o tema que, xunto co da nosa cultura enliña, máis deu que falar na redacción de Código Cero os días pasa-dos. En boa medida, a dificultade non estaba na mensaxe, senón encómo facela chegar. Ou, para dicilo máis claramente: en cómo evi-tar facer xornalismo amarelo e alarmar aos lectores de xeito inne-cesario, recreándonos nos aspectos escuros dunha Internet quese é escura é porque os usuarios mesmos lle apagan a luz. Polotanto, a nosa idea é que a Internet, como instrumento, non é positi-va nin negativa para os máis pequenos: ao igual que a vida real, unescenario múltiple de portas nas que petar, a Rede será máis boaou mala dependendo de quen estea detrás de cada páxina, sección,blog ou ferramenta. Neste senso, e para facérmonos unha idea, sealgunha vez pensamos na vida coma nun gran taboleiro de xogoonde con máis ou menos velocidade imos caendo en casiñas, supe-rando retos e coñecemento personaxes, pois iso é aplicable igual-mente ó caso que nos ocupa: a gran plataforma dixital de comuni-cación. En definitiva, tendo en conta o moito que se falta nos últi-mos tempos dos perigos da Rede, a nosa idea foi non renunciar areflectilos, e deles informamos nestas páxinas, pero procurandoachegar un enfoque diferente. Onde outros medios din “Internetculpable”, xeralmente aqueles que ven nela a gran ameaza para osseus negocios, nós dicimos: tan culpable e tan inocente como pui-demos ser todas e todos antes da súa chegada. Turrando do fíodesta reflexión, e xa que dende esta revista nos comprometemosa achegar consellos a respecto, se cadra o mellor xeito de come-zar sexa deixando de tratar á Rede como se fose un deses filmesque reproducimos unha vez tras outra para que os cativos nos dei-xen tranquilos. A Rede é algo máis ca un filme, e os consellos quevalen para cando se sae da casa valen tamén para a Internet, pormoito que o acceso estea dentro das catro paredes do fogar. Paraque se entenda: o dixital tamén é, con novas formas e linguas, avida que nos agarda.

4

7

DIRECTOR_Xosé María Fernández [email protected]

SUBDIRECTORES_Marcus Ferná[email protected] [email protected]

REDACTORES-XEFES_Fernando [email protected] [email protected]

FOTOGRAFÍA_Adolfo Enríquez Calo · Joferpa

REDACCIÓN_Diego Rosales (Linux)Manolo Gago (Opinión)David Lombardía (Nova Economía)Raquel Noya (Reportaxes)Moncho Paz (Opinión)Modesto Pena (Redes)Víctor Salgado (Dereito)Sevi Martínez (Xogos)

COLABORADORES_Sevi Martínez, Marcus Fernández,Fernando Sarasqueta, Jorge Cebreiros,Rubén Rodríguez e Raquel Noya.

SUPERVISIÓN�LINGÜÍSTICA_María Xesús Vázquez

DESEÑO�GRÁFICO�e�maquetación_Grupo Código Cero ComunicaciónRaquel Noya _ [email protected] o [email protected]

IMPRIME_Celta Artes Gráficas, S.L.Rúa Colón , 30. VigoTel. 986 81 46 00 · Fax 986 81 46 38

EDITA_Grupo Código Cero ComunicaciónConxo de Arriba nº 49, 1º C15706 Santiago de CompostelaTel.-fax: 981 530 268http://[email protected]

CÓDIGO�CEROrevista�de�novas�tecnolóxicas�de�GaliciaNÚMERO�70_maio_xuño_2009_

Publicación periódica. Prezo 1 euro.Depósito Legal: C-2301/01I.S.S.N. (edición impresa): 1579-7546I.S.S.N. (edición dixital): 1579-7554

O “Grupo Código Cero S. L.” reserva para si mesmo tódolos dereitos comoautor colectivo desta publicación ó amparo dos artigos 8 e 32.1 da Lei dePropiedade Intelectual. Quedan expresamente prohibidas a reprodución, dis-tribución e a comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos destapublicación con fins comerciais, en calquera soporte ou por calquera mediotécnico sen a autorización da editorial.

NESTE�NÚMERO...

3staff

8

10

11

14

16

18

21

9

Mándanos as túas suxestións, opinións, páxinas recomendadas, blogs ou sitios persoais ao

correo electrónico: [email protected]. As páxinas seleccionadas recibirán de

balde, por correo, a nosa revista en papel durante seis meses.

NOVASRESUMO�DE�ACTUALIDADE�DE�E-COMERCIO�E�DE�FIRMAS��RELACIONADAS�COAS�NOVAS�TECNOLOXÍAS

REPORTAXESOS�INTERNAUTAS�PÓÑENSE�SERIOS�COA�PROTECCIÓNAOS�ANIMAIS�

A�REDE�FOI�A�GRAN�PROTAGONISTA�DA�CELEBRACIÓN�DODIA�DO�EMPRENDENDOR�EN�SANTIAGO

IINEO�TRASLÁDALLE�AO�GOBERNO�GALEGO�AS�SÚASPROPOSTAS�TECNOLÓXICAS�PARA�SUPERAR�A�CRISE

VIAXAR�SEN�DEIXARSE�UN�RIL�POLO�CAMIÑO:�CADA�VEZMÁIS�POSIBLE�GRAZAS�Á�REDE�

A�ASOCIACIÓN�GALEGA�AGESTIC�PROMOVE�O�USO�RESPONSABLE�DAS�TICS�ENTRE�OS�NENOS

ORGANIZACIÓNS,�EMPRESAS�E�INSTITUCIÓNS�A�PROLDUNHA�INTERNET�SEGURA

ESCOLMAMOS�RECURSOS�EN�LIÑA�PARA�COÑECÉRMENOSMELLOR�E�QUE�NOS�COÑEZAN�

DAMOS�CONTA�DAS�MÁIS�RECENTES�INICIATIVAS�LEVADASA�CABO�NA�INTERNET�PARA�PROPICIAR�O�SOÑO�DE�TODOLECTOR:�MAREAS�DE�LIBROS�DUN�RECANTO�A�OUTRO

MEMORIAPIXELADA:�A�ACTUALIDADE�DOS�VIDEOXOGOSCONTADA�DENDE�O�CERNE�DE�GALICIA

AS�FIRMAS�GALEGAS�VELNEO�E�R,�RECOÑECIDAS�COMOLUGARES�IDEAIS�PARA�TRATALLAR

ENTREVISTAMOS�A�XOSÉ�RIVERA,�DIRECTOR�DUN�SERVIZOGALEGO�DE�VENDA�E�EDICIÓN�DE�PLANTILLAS�WEB�ABAIXO�CUSTE:�PLANTILLASWEB.ORG

linux educativo O�MITO�DE�CTHULHU,�DE�DIEGO�ROSALES�GALIÑANES�

xOGOSOfrecemos�unha�escolma�das�novidades�máis�salientables�do�eido�das�consolas�

Lendo no parque, imaxe vista no caderno de Spinningknits en

Flickr

19

20

22

12

Page 4: Codigo Cero 70

4 escolma de novas_redacción

A�web�galega�Ghastas�Pista,�cumpredez�anos

Que galego ou galega (coñecedorou non do batifondo nocturno davila coruñesa de Santa Comba) nonten escoitado algunha vez a expre-sión “ghastas pista?” que usan moi-tos asíduos as discotecas xalleiraspara convidar a bailar ás mozas emozos do lugar? Pois ben, o éxitodesa expresión tan peculiar e des-critiva do acento da bisbarra doXallas (que naceu alá pola décadados noventa) foi tal, que GhastasPista? non tardou en chegar á Redee converterse nunha web centradaprincipalmente na música folk e tradicional da nosa terra, que hoxe mesmo cum-pre xa 10 anos.

A páxina, que ao longo desta década tamén nos achegou outros estilos alén damúsica popular galega, tiña como única condición que as cancións estiveran nanosa língua, algo que aínda hoxe segue a respectarminuciosamente.

Asemade, esta web, que nos últimos anosfoi ampliando os seus contidos con vídeos,listaxes de locais, programas de radio, luga-res onde asistir a clases ou eventos nos queos afeccionados a esta música podían dis-frutar dela en vivo e en directo, presentaagora información sobre novidades disco-gráficas editadas tanto dentro como fóra deGalicia, así como traballos históricos xa des-catalogados de enorme interese para osvisitantes.

A web tamén contén agora unha secciónaberta a tódolos internautas na que sepoden informar e debater sobre a actualida-de musical galega do momento e que ofreceun maior dinamismo e interacción entre osusuarios, que agora teñen a oportunidade decoñecer xente con similares gustos musicaise afeccións sen sair da aplicación.

Este portal, que naceu co obxectivo firme dedar a coñecer as novidades musicais do país, disponse a darun paso máis alá e converterse non só nun punto de infor-mación, senón tamén nun lugar de encontro entre os que levanxa abonda “pista ghastada” e os que debecen por comezar a“ghastala” ao son da música galega.

Microsoft�lanza�o�Office�Ultimate2007�cun�prezo�especial�para

estudantesMicrosoft, sabedor de que os e as estudantes de a pé que non teñen un

nivel adquisitivo óptimo para facerse con tódolos programas que precisande maneira legal, acoden as descargas ilegais para obter as distintas aplica-cións, decidiu dirixirse nun ton de humor a eles e co lema “Sal do rabaño, séa ovella negra”, anímaos a que adquiran unha licenza legal de Office Ultimate2007 por cun prezo de 52 euros, un 91 por cento máis barato do que se podeatopar no mercado.

Microsoft Office Ultimate 2007 ofrécelle aos estudantes un conxunto deferramentas que os axudará a elaborar documentos de gran calidade, orga-nizar notas de lecturas ou outro tipo de información, atopar de xeito rápidoo que buscan e colaborar con alumnos e profesores de distintos lugares domundo.

Trátase da versión máis completa do paquete ofimático da compañía, queinclúe Microsoft Office Word, Microsoft Excel, Microsoft Power Point,Microsoft Outlook, Microsoft Office Access, Microsoft Office Publisher,Office OneNote, Office Grove e Office InfoPath, todas elas aplicacións do2007, así como o paquete de idiomas Office e Windows Vista UltimateActualización con SP1 a 12 e a 56 euros respectivamente.

Por segundo ano consecutivo, o programa Student Hero deMicrosoft, convida ao colectivo de estudantes a ser dife-

rentes e deixar de adquirir os seus programas de manei-ra ilegal xa que á larga, aseguran, “pódelles custar moicaro”.

Os responsables da iniciativa aseguran, nembargantes,que adquirir unha lincenza legal implica “valores engadi-dos”, como o feito de acceder aos cursos en liña de Officeque se imparten na web de Microsoft ou o acceso debalde a unha inmensa cantidade de obxectos para pre-sentacións tales como debuxos, fotos, plantillas…

Para beneficiarse deste programa, tan só é preciso serestudante universitario, entrar na web habilitada para talfin e seguir os pasos para a adquisición da licenza.

O siste-ma com-p r o b a r áque oestudanteinteresa-

do estámatriculado na univer-

sidade e enviaralle onecesario para descargar

e instalar Microsoft OfficeUltimate 2007 no seu orde-nador.

O�dominio�.es acada�só�o�7�porcento�do�mercado�mundial�de

extensións

Segundo indica un estudo sobre vendas de dominios realizado pola plata-forma de comercio de extensións Sedo.com, no primeiro trimestre do ano, odominio español .es, “logrou tan só o 7 por cento das vendas no mercadomundial das direccións de Internet”, moi por detrás do de Alemaña, o .de, queacaparou o 60 por cento do total de compra-vendas de dominios no mundo.

O informe indica que no devandito periodo, as transferencias de dominiosmedraron en xeral un 6,5 por cento, cun total de 9.326 extensións vendidasen total.

Entre os dominios específicos do país, ademais do de Alemaña, un dosmáis negociados foi o do Reino Unido, o .co.uk, cun 13 por cento das vendastotais, seguido do europeo .ue, co 9 por cento do total de dominios adquiri-dos.

No tocante ás tarifas, o estudo asegura que o prezo medio da extensiónespañola caeu un 30,4 por cento, mentres que o da británica descendeu un42,1 por cento. Pola súa parte, o prezo do dominio europeo, o .eu, subiu un23,2 por cento de valor medio.

O prezo medio máis caro correspondeu ao dominio frances, de 2.654euros, seguido do español de 1.452 euros e o .ch de Suíza, de 1.219 euros. Odominio .de tivo un prezo medio de 906 euros.

Como era de agardar, o dominio máis forte, o .com, cunha cota de mercadodo 75 por cento do total, vendeuse por un prezo de 1.935 euros, seguido de.net, co 9 por cento do total e un prezo medio de 1.142 euros.

Os dominios .org e .net, cun 7 por cento cada un e un prezo de 842 e 570respectivamente, foron os seguintes na listaxe do máis fortes, seguidos moide lonxe do .biz co 2 por cento e un prezo de 536 euros.

O estudo indica asemade que nos últimos tres meses, o dominio máis caroque se vendeu foi o fly.com por 1,6 millóns de dólares (1,1 millóns de euros),seguido por body.com por 400.000 dólares (285.700 euros) e forums.compor 399.990 dólares.

Entre os españois, o dominio máis caro foi o mama.es, cun prezo de vendade 10.700 euros, seguido de dot.es de 7.572 euros e 123.es, que se vendeupor 7.500 euros.

Telefónica�e�Mapfre�desenvolven�unservizo�de�teleasistencia�para�persoas�maiores

A telefonía móbil e Internet son dous servi-zos que, a día de hoxe, se fixeron practica-mente indispensables para a sociedade naque nos tocou vivir e moitas veces ocupantanto tempo do noso lecer que optamos pordesconectalos para, dalgunha maneira, estar“conectados” coa vida real.

O segredo, como en todo, reside en aprovei-tar as vantaxes que ofrecen ambas ferra-mentas ao máximo e tratar de evitar o seuuso indiscriminadamente.

Un bo exemplo para comprobar as infinitasvantaxes que obtemos mediante o uso res-

ponsable do móbil e de Internet vén de ser presentado por Telefónica e MapfreVitae, que desenvolveron un servizo de teleasistencia móbil para persoas maio-res que lles permite ás familias coñecer en todo momento “como e onde se ato-pan” os seus anciáns ou aquelas persoas que non queiran perder de vista.

O novo servizo permite prestar asistencia aos maiores dentro e fóra dosdomicilios a través de telefonía móbil e de Internet mediante unha sinxela ferra-menta de comunicación e seguimento baseada nun sistema de localización AGPS(Assisted GPS) de terminais móbiles.

Para este proxecto, Telefónica desenvolveu unha web a través da cal as fami-lias poden localizar a ubicación concreta da persoa maior gracias ao sistema delocalización do seu teléfono móbil.

Asemade, a ferramenta permite enviarlle recordatorios ao seu terminal ouxestionar, modificar e incluir novos datos no mesmo cando sexa preciso.

Mapfre Quavitae, pola súa banda, aporta unha central telefónica que está ope-rativa as 24 horas do día para realizar o seguimento das persoas maiores, resol-ver emerxencias médicas e psicolóxicas e intervir ante calquera alarma, entreoutras cousas.

O proxecto piloto púxose en marcha en Madrid, e terá unha duración de catromeses; asemade, conta con 200 participantes, os cales, xa están a recibir for-mación e os equipos de telefonía necesarios.

Page 5: Codigo Cero 70

5escolma de novas_redacción

O�Goberno�habilita�unha�web�parabuscar�as�zonas�con�cobertura�debanda�larga

O Ministerio deIndustria, Turismo eComercio, vén de estrearunha aplicación web quelle permite aos usuarioscomprobar se existecobertura de banda larganun núcleo de poboaciónconcreto de toda a xeo-grafía española, incluídoo rural.

A ferramenta, que dis-pón a información nunmapa de España divididopor provincias, ofrece,asemade, informaciónsobre a tecnoloxíaempregada e o operador ou operadores encarga-dos de prestar o servizo nas zonas cubertaspor programas de axudas subvencionadospolo devandito organismo público.

Entre as actuacións que se poden localizara través do buscador, tamén se inclúen as doPrograma de Extensión de Banda Larga(PEBA), que levou conexión de alta velocidadeás zonas rurais e illadas da nosa xeografía,beneficiando a máis de 8 millóns de habitan-tes dende o pasado ano.

Segundo puidemos ler na web da Sociedadeda Información, un organismo que dende oMinisterio destacan como unha iniciativaautonómica que comparte obxectivo co PEBA,os mínimos de servizo esixidos para prestaro plan PEBA “foron dun largo de banda de 256kilobits por segundo de baixada e 128 de subi-da, “calidade de servizo semellante á ofertamaioritaria en España na data da convocato-ria do concurso”.

A�Rede�Dinamización�abre�horariode�verán�e�presenta�actividades

para�xuño

A Internet, paseniño ese o tempo lle deixa, vaicollendo ritmo de veráne adaptándose aosnovos horarios dosusuarios. Así se reflictenas novidades para omes de xuño da Rede deDinamización daSociedade daI n f o r m a c i ó n(dinamiza.sociedade-dainformacion.eu), ondese está a afrontar arealidade do dixital nastardes de verán, en segundo plano por mor do tempo libre e a praia, cun novohorario (de 8 a 15 horas até o 30 de setembro) e un programa de actividades

feito á medida. Por certo que destas semella haber un poucode todo, pero se cadra facendo fincapé en cuestións bási-

cas de manexo da Rede e dos equipamentos fundamen-tais dun computador. Nesta liña sitúanse por exemplo asque achega o centro de Riotorto, que no mes de xuño aco-llerá un obradoiro de iniciación á Rede, do 2 ao 11, de 12 a13.30 horas.

Outro curso, de procesador de textos, terá lugar do 15ao 26, e un obradoiro de uso do rato e do teclado ofrece-rase os días 29 e 30 de xuño de 10 a 12 horas. Asemade,o centro dará acubillo a unha charla sobre o bo uso deinternet. Será o día 1 ás 9 da mañá, e estará dirixido aosmáis cativos. A inscrición poderase efectuar até o díainmediatamente anterior ao comezo de cada actividade.

En Vilagarcía de Arousa, o mes de xuño iníciase cunobradoiro de iniciación a Internet, que terá lugar do 2 ao5 de xuño. Os días 8 e 9 presentarase a actividadeGooglear, procura de información na Internet. Do día 10 ao12 presentarase como crear unha conta de correo elec-trónico con Gmail.

Do 22 ao 26, no Centro de Dinamización de Vilagarcía habe-rá un obradoiro de procesador de textos Writer, mentres que do 29

de xuño ao 5 de xullo amosarase como instalar, configurar e coñecer osistema operativo Galinux e presentaranse outros semellantes, como

Trisquel. No concello de Porto do Son haberá unha charla e cinco obradoiros:

Procesador de textos (do 1 ao 12 de xuño en Porto do Son e en Portosín),mecanografía (do 15 ao 26 de xuño en Portosín e do 19 ao 30 en Porto do Son),e manexo da cámara dixital (do 15 ao 18 de xuño en Porto do Son). A charlasobre Galinux terá lugar o 29 de xuño no centro da capital municipal.

A�España�sitúase�á�cola�en�materiade�Wi-Fi�económico�nos�

aeroportos�

Semella que as cousas non están precisamente doadas para todas aque-las persoas que andan á procura de accesos sen fíos á Rede nos aeroportosespañois. Pola información que anda estes días pola Internet, a situación estámáis complicada que atopar un treito da nosa costa sen aplicación vindeirade cemento. A situación, lonxe de mudar, semella ter trazas de perpetuarse,e todo iso malia os estudos que certifican a desesperación do viaxeiro medioá busca dun hotspot, como por exemplo o que veñen de presentar HP eAmerican airlines encamiñado a amosar que seríamos quen de vender amerenda por un pouco de rede: segundo esta investigación, o 47% dos usua-rios dos aeroportos prefiren ter Wi-Fi á propia comida do emprazamento (o15%). Así as cousas, é a situación dos viaxeiros españois ou que recalan enEspaña mellor cós do resto? Non parece que así sexa, e así nolo recordaNorberto Rodríguez en Notishow: hoxe en día é máis doado ter unha conexiónde balde a Internet nun aeroporto de Ucraína ou Estonia ca nun español.

E todo isto, malia estar o país, supostamente, un pouco por diante en mate-ria de redes e afianzamento nas mesmas.

Por certo que listaxe non remata nos dous devanditos: segue con paísescomo Kuwait, Kosovo, Israel, República Checa, Canadá, Honduras, Exipto,Ecuador ou Austria, todos eles ofrecendo acceso sen fíos gratuítos nalgun-ha das súas terminais.

E logo tamén hai casos como o de Grecia, que no seu aeroporto de Atenaspon en xogo unha solución intermedia que, tendo en conta a táctica españolade cobrar ben por algo canto máis se precisa, case semella ciencia ficción: naterminal grega achegan acceso de balde durante os primeiros 45 minutos,sendo preciso abonar o prezo a partir de aí. Arestora, o normal é que ospasaxeiros que estean en tránsito por España teñan só unha posibilidade deestar en liña: a través de tarxetas prepago ou tirando partido da tarxeta decrédito por un prezo que ten de todo menos económico: vai dos 5 aos 15euros, por dez minutos ou unha hora.

O�primeiro�picosatélite�galegocomezará�a�fabricarse�en�outubrodeste�ano

O Cubesat Developers Workshop, unha cita anual de presentación de iniciativastecnolóxicas que organiza a universidade californiana de Calpoly, vén de dar aco-llida á presentación internacional do que vai ser o primeiro picosatélite galego (eprimeiro “cubesat” a nivel estatal), o Xatcobeo, que actualmente se atopa en fasede deseño para ser construído, previsiblemente, en outubro deste ano.

O proxecto deste picosatélite galego está a ser desenvolvido por estudantesdas escolas de Telecomunicacións, Enxeñaría Industrial e Informática daUniversidade de Vigo, co apoio da Xunta de Galicia e, segundo vén de explicar o seuprincipal responsable, Fernando Aguado, a fase de revisión crítica do mesmo estáprevista para o periodo maio-xuño, “de cara a poder fabricar e integrar o satéliteen outubro”.

Estes prazos sinalados por Aguado permitirán, segundo ten prevista a organi-zación, ter o satélite listo para o seu lanzamento en decembro de 2009, nembar-gantes, os investigadores prevén que esta data oficial “sufra un atraso de variosmeses” e que se lance no segundo ou terceiro trimestre de 2010.

Page 6: Codigo Cero 70

ineo�celebra�un�gran�encontro�denegocio�encamiñado�a�fomentar�acolaboración�entre�o�sector�TIC�eos�restantes�sectores�galegos

A asociación empresarial Ineo (www.ineo.org) organiza este 24 de xuño na súasede da Zona Franca (Vigo) unha xornada dirixida ás compañías galegas do sec-tor das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) na que os asistentespoderán coñecer cales son as necesidades doutros sectores produtivos galegosás que o sector TIC pode achegar solucións. O obxectivo principal do evento é queas empresas galegas do tecido dixital agrupadas dentro da asociación Ineo coñe-zan de primeira man en que poden axudar ás empresas doutros sectores e, aomesmo tempo, accedan a novas oportunidades de negocio.

Con este fin, está previsto que nesta xuntanza (que comezará arredor das 9.30horas) interveñan representantes dos clústers galegos da madeira, da acuicultu-ra e da enerxía así como os representantes das Plataformas TecnolóxicasGalegas de cada un destes sectores.

Os relatores trasladaranlles aos asistentes cal é a situación actual das empre-sas de cada sector, cales son os principais problemas cos que se atopan e calesas áreas nas que sería preciso realizar unha mellora tecnolóxica para aumentara produtividade das empresas. Informarán ademais dos proxectos de innovaciónque se están a desenvolver dentro de cada un dos sectores e das posibles liñasde colaboración que poden establecerse entre oeido tecnolóxico e o resto de eidos produtivos.

A actividade inclúe tamén unha explicación decales son as axudas e subvención vixentes diri-xidas á modernización tecnolóxica dos diferen-tes sectores e a forma na que as empresaspoden acollerse a elas para subvencionar pro-xectos neste eido.

Por outra banda, ademais das exposiciónsinformativas, está previsto que, haxa un espazono que os asistentes poidan entrevistarse indi-vidualmente cos relatores e obter asesoramen-to personalizado en torno a cuestións nas quepoidan ter especial interese.

Por certo que a actividade organizada polaasociación Ineo (a celebrar co epígrafe TIC toMarket) contará co apoio en cuestións de finan-ciamento do Instituto Galego de PromociónEconómica, a través da Consellería de Economíae Industria.

Ineo fai entrega dos diplomas do seu curso de dirección deempresas TIC

A asociación empresarial galega Ineo vén de facer entrega dosdiplomas para os directivos e mandos intermedios da entidade que participaronna segunda convocatoria do Curso Avanzado en Dirección de Empresas TIC cele-brado en Vigo e máis na Coruña e impartido pola Escola de Negocios deCaixanova. O evento en cuestión, celebrado hai uns días na segunda das cidades,contou coa colaboración da dita entidade financeira e as confederacións deempresarios da Coruña e Pontevedra, entes comprometidos co desenvolvemen-to do curso dende a orixe do mesmo. Segundo informa Ineo nun comunicado, oacto de entrega de acreditacións contou coa presenza de Jorge Cebreiros, pre-sidente da entidade, Eduardo García, director da escola do ente financeiro gale-go, e José Ardavín, vicepresidente da Confederación de Empresarios da Coruña.

Para Ineo, a celebración da segunda edición do curso que hoxe remata de xeitooficial constitúe unha proba máis do esforzo continuo das empresas galegasligadas ás novas tecnoloxías na mellora das súas capacidades e no medre dosseus niveis de produtividade no vieiro de competir nun mercado cada vez máisesixente. “Trátase de non deixar nunca de formarse e de interesarse por todo oque supoña unha mellora da experiencia do persoal”, comentou o presidente daasociación. Sinalar que tanto Caixanova como as confederacións empresariaisgalegas son entes colaboradores de Ineo con representación no ConselloConsultivo e que participan colaborando en varios dos proxectos que desenvolvenos eidos de mercado, cooperación e innovación.

6 escolma de novas_redacción

Greenpeace�lanza�na�web�unha�campaña�contra�as�axudas�para�acompra�de�coches

A Internet, coma un foro de debate e comentarios pero ao grande, segue afacer das súas en cuestión de mobilizacións contra todo tipo de medidas polí-ticas ou sociais. Entre as campañas de acción colectiva que máis ruído estána facer estes días na Rede atópase a que artella Greenpeace contra as axu-das que os Gobernos español e galego preparan para os cidadáns que mer-quen un coche. Estas iniciativas, que podemos ver criticadas de arriba a abai-xo no espazo específico de Greenpeace para a participación colectiva (cibe-ractuacongreenpeace.es), teñen unha característica que as diferenza deoutras de meirande consenso: sitúan un muro de desentendemento entre osque se benefician delas (quen fai, vende ou merca automóbiles) e os que nonse benefician (o resto da sociedade, que terá que aturar máis coches nasvías, máis fumes e contribuirá, con gasto público, a que medre o parque decochazos subvencionados).

En definitiva, a acción en liña de Greenpeace consiste en animar á comuni-dade internauta a escribirlles ao ministro de Industria e máis ao presidenteda Xunta para pedir que non gasten cartos públicos en mercar máis coches.

A mobilización ten un nome deses que fala sen axuda: Non pagues polocoche do veciño.

Segundo conta Vieiros, a idea da campaña é solicitar que toda axuda oumedida de apio se faga en referencia a vehículos que emitan menos de110gCO2/km e co obxectivo de contribuír a que a industria se adiante ás regu-lacións da Directiva Europea no eido da eficacia no emprego de combustíbeisdos turismos. Para a asociación ecoloxista que vén de pór en marcha a ini-ciativa as axudas ás vendas de vehículo non son rendibles dende o punto devista económico, son a metade de eficaces á hora de crear postos de traba-llo que os investimentos en transporte público e manteñen a dependencia docoche e das súas emisións

Investigadores�da�Universidade�deVigo�lanzan�unha�aplicación�2.0que�recomenda�programas�de�TV

Se hai algo noque nos poidaaxudar a tecno-loxía, e máisaquela que nosanima a partici-par na súa cons-trución, é encontribuír a quep e r d a m o smenos tempo en buscar aquilo que nos gusta. Coma a condena do zapping,pero en positivo. Isto que semella pouca cousa, non é tal: do que se trata,malia a frivolidade posta pola nosa parte, é de sentar as bases da informa-ción ben xestionada. Así, ponse de manifesto unha vez máis a vella máximade que máis vale unha boa maneira de chegar á información de valor, cáinformación mesma. Semellantes principios, pero aplicados á televisión(cunha carta de contidos que medra e que está a piques de saturarnos),tamén os podemos rastrexar na aplicación desenvolvida por un grupo deinvestigadores da Universidade de Vigo e da que informa conta estes días aPlataforma SINC, prestixiosa web especializada en divulgación e en ciencia.

Máis polo miúdo, trátase dunha ferramenta 2.0, de tipo partici-pativo, que filtraría a programación de centos de canles detelevisión para elaborar finalmente recomendacións dosprogramas que máis potencial teñen para interesarnossegundo sexan os nosos gustos, horarios e concellos (pre-viamente achegados ao sistema).

Estaríamos polo tanto ante unha nova rede social a enga-dir a outras moitas (Facebook, YouTube, Tuenti) pero cunhagran particularidade que a fai especialmente salientable: adiferenza doutras redes sociais, axúdanos a non estragartempo e esforzos de xeito inútil. Arestora, informa SINC, aferramenta xa está dispoñible para os estudantes e, tamén,para calquera internauta.

Por certo que tamén aparece detallada polo miúdo en IEEETransactions on Consumer Electronics. Entre as súas prin-cipais vantaxes, como dixemos, atópase a de contribuír apórlle fin á práctica do zapping. Ou, polo menos, limitalo atéonde se poida (cambiar dunha canle a outra sempre seráinevitable, pero polo menos que non sexa desesperante e

que o froito acadado pague a pena). A aplicación, desenvolvida para tirarlle o máximo partido á nova era da

televisión (con múltiples canles dispoñibles a través da televisión dixital epor fíos), foi posta en marcha polo Laboratorio de Televisión DixitalInteractiva (idtv.det.uvigo.es) pertencente ao Departamento de EnxeñeríaTelemática da Universidade de Vigo. O seu sitio web é queveo.tv, un espazoonde todo semella posto ao servizo de poñerlle orde á información en rela-ción co punto de vista particular do usuario. Segundo sinala a SINC unha dasresponsables do proxecto, Ana Belén Barragáns; o público está hoxe expos-to a unha sobrecarga informativa pola presenza de centos de alternativastelevisivas, polo que se fai máis preciso que nunca que haxa recursos enca-miñados á personalización, a mediar entre os produtos que se ofrecen e oreceptor co obxectivo de que polo camiño, na distancia, fique aquilo que noninteresa.

Page 7: Codigo Cero 70

7

A�Rede,�a�segunda�mellor�amiga�do�can�

A Rede segue a posicionarse, domellor xeito que pode (botando man dassúas posibilidades de comunicación,convocatoria e denuncia), do lado dosanimais abandonados en espera de aco-llida. Entre as iniciativas máis salienta-bles dos días pasados atópase sen dúbidaa dos responsables da web www.acoge-los.org, que logo de constatar unha vezmáis (e o proceso, mágoa, semella nonter fin) o medre nos refuxios e alberguesdo número de animais á procura dunfogar, veñen de pór en marcha a terceiraedición da campaña en liña Cómo podeun rato axudar a un can abandonado.

A iniciativa, lanzada en colaboraciónestreita con Internet Schrering-PloughAnimal Health (a través da súa marcaScalibor), vai dirixida, como o seu pro-pio nome indica, a achegar solidariedadeen liña cos animais a través dunha sim-ple sesión en Internet. A proposta, na quexa levan participado máis de 40.000internautas nas súas dúas edicións ante-riores, permitirá entre outras cousas adoazón de 3.000 colares antiparasitariosa un centenar de centros de acollida detoda España.

A través desta terceira convocatoria,informan os responsables da medida(que se prolongará até o vindeiro 30 dexuño), calquera albergue, refuxio ou cen-tro de acollida de todo o territorio espa-ñol poderá ser beneficiario da iniciativasolidaria.

Os internautas que concorran nelapoderán facer a súa doazón ao conxuntoou ben elixir o refuxio que desexen comodestino da súa achega. Polo que respectaá participación de Scalibor, dicir que oseu cometido consiste en ceder de xeitodesinteresado 3.000 colares da ditamarca para esta nova campaña, dispositi-vos que ceiban aos animais de doenzascomo a leishmaniose, unha enfermidadeparasitaria de risco mortal.

Polo que respecta ao xeito de facer asdoazóns, poderán realizarse a través daweb Acógelos de xeito rápido e sinxelo,de balde e cun só click do rato. Destamaneira, estaremos contribuíndo a axu-dar a reducir o número de cans abando-nados coa devandita doenza, favorecen-do deste xeito as súas futuras posibilida-des de adopción.

animais e rede_f. sarasqueta

Cada�vez�son�máis�e�de�meirande�alcance�as�iniciativas�postas�enmarcha�dende�Internet�no�camiño�de�mellorar�a�calidade�de�vida

dos�animais�

AAccooggee ll ooss .. oorrgg bbuussccaa aaxxuuddaa nnaa RReeddee ppaarraa ccaannss aabbaannddooaaddooss

O Refuxio de Animais de Bando enCompostela (www.refuxio.org) segueadiante coa súa procura de fogares res-ponsables para os seus internos e inter-nas, e faino en boa medida a través daInternet, renovando cada pouco as súasfichas en liña dos cans e gatos pendentesde adopción. Segundo sinalou recente-mente El Correo Gallego, o compromisoda comunidade internauta é máis precisoca nunca, tendo en conta a difícil situa-ción pola que pasan cada pouco unimportante número de animais (a come-zos de maio con doce deles en estadocase crítico, e unha boa cantidade apiques de estalo). De feito, o número deresidentes abandonados polas persoassupostamente responsables deles nonpara de medrar. Segundo datos achega-dos polo Refuxio e reflectidos polo ditoxornal compostelán, nos primeirosmeses de 2009 entraron no complexo deBande até 300 animais sen dono, unhacifra elevada de máis como para atopar-lles familia de acollida, por moito que se

empreguen arreo as novas ferramentasde comunicación.

Desa cifra, engádese, 127 acadaronfinalmente un fogar, resolvéndose amaiores os casos de outros 26 por esta-ren temporalmente extraviados. Contodo, apuntan os responsables doRefuxio, precísase a axuda de máisxente, principalmente para os casos máiscríticos, aqueles que non son quen deafacerse ás novas condicións do comple-xo por serlles imposible esquecer a súavida previa cos seus donos. As canlespara facerse cun destes animais (un totalde doce cans e cadelas a día de hoxe) sonas de sempre: chamando aos teléfonos981 575 957 e 646 492 835 ou escribín-dolle un correo electrónico aos responsa-bles do Refuxio a través da conta [email protected]. Como dixemos, aresidencia compostelá conta taméncunha completa páxina web dende a quese poden consultar as fichas e imaxesdos animais que precisan atopar acollida.

OO RReeffuuxx ii oo ddee BBaannddoo ffaa ii uunn cchhaammaammeennttoo nnaa RReeddee ppaarraaiimmppuu ll ssaarr aa aaddooppcc ii óónn

OOss oorrnn ii ttóó ll ooggooss ggaa ll eeggooss pprreesseennttaann uunn nnoott ii cc ii aarr ii oo eenn ll ii ññaa ssoobbrree ll ooccaa ll ii zzaacc ii óónnss ddee aavveess

A Rede vai consolidando paseniño a súa vertente de xanela ao medio natural e, aínda quenin este nin o seguinte fosen os seus cometidos primeiros, de espazo de traballo a prol dasúa protección. Deste xeito, e tamén asumindo a Internet como lugar de conexión entre unse outros activistas do medio, é como enfía a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) a súaexperiencia en liña, unha actividade que (por certo) vén de acadar un importante repunteos días pasados coa posta en marcha do Noticiario Ornitoxeográfico Galego, proposta decoñecemento natural apoiada na Rede e máis concretamente nos seus recursos de xeolo-calización (fontes de datos estreitamente ligados, nunha única tacada visual, ao lugar exac-to de onde parten). Esta ferramenta en cuestión, presentada recentemente en Compostelapolos autores, xorde co obxectivo de servir de axuda a todos os seareiros das aves edemais cidadáns interesados, colexios, institutos, universidades, bibliotecas e organismospúblicos e privados en xeral. O día da presentación xa incluía 14.000 entradas sobre localizacións de paxaros, todas elasachegadas por ornitólogos galegos profesionais ou afeccionados. Durante a posta en longo do Noticiario, que contou coa presenza do novo Conselleiro deMedio Ambiente, Agustín Hernández, fíxose fincapé nas súas características técnicas,labor que correu a cargo de Alejandro Lamas, de Sixtema (www.sixtema.es), empresaencargada do seu desenvolvemento. Segundo fixo saber Lamas, a ferramenta dixital permitirá a todos os usuarios subminis-trar as súas citas de avistamentos de paxaros dunha maneira automática. Estes avisosserán logo procesados e incorporados sen máis a un Sistema de Información Xeográfica(SIG) que fará posible visualizar a frecuencia de localizacións en espazos e datos concre-tos, ou mesmo por familias e especies. Por certo que o Noticiario está accesible para acomunidade internauta na propia web da Sociedade Galega de Ornitoloxía(www.sgosgo.org). Asemade, informaron os seus responsables, completaranse as súasachegas con diversos recursos estatísticos, gráficas e informes dirixidos todos eles afacilitar o camiño dos traballos de investigación colectivos sobre as especies de aves pre-

sentes na nosa xeografía. Estes detalles e máis o devanditos, sinalaron os membros daSociedade, colocan a este colectivo na vangarda española en materia de emprego das máisinnovadoras tecnoloxías ao servizo do coñecemento do medio. Por certo que o noticiarioestá baseado no Catálogo GIS de Sixtema, e fai uso de software libre, o que a xuízo deLamas “serviu para centrar os recursos en desenvolver novas funcionalidades, e non nopago de licencias de software”.

Page 8: Codigo Cero 70

8 día do emprendedor galego_f.s.

A�crise,�granoportunidade�

Segundo datos achegados pola organi-zación, o IGAPE e BIC Galicia (en cola-boración co Ministerio de Industria), acifra de público foi alén dos números doano pasado: conseguiuse que concorreranmáis de 2.000 persoas, das que arredor de400 eran estudantes á procura de novosretos empresariais ou con cadanseu reto apiques de coller corpo. Alén do incre-mento de participantes, no evento taménse puído rexistrar un máis que notoriomedre da presenza do tecnolóxico-dixi-tal: relatores procedentes de empresasdirectamente ligadas á cuestión (comoGoogle ou as firmas galegas Visual MS eBit Oceans) e conferenciantes de compa-ñías indirectamente vinculadas ás novasplataformas (practicamente, todas as res-tantes empresas). Asemade, houbo acce-sos á Rede, obradoiros sobre comoapoiarse na Internet para dar forma aunha empresa e encontros con especialis-tas en comunicación en liña dos que adoi-tan a encher auditorios físicos e virtuais.Por exemplo: o blogueiro e investigadorgalego Enrique Dans (www.enrique-dans.com) ou o empresario CarlosBarrabés, responsable de Barrabes.com,un dos exemplos máis salientables de

tenda virtual de éxito posta en marchadende un lugar afastado de calquera outrolugar: a localidade de Benasque noPirineo de Aragón.

Por certo que tanto Barrabés comounha boa parte das persoas reunidas noencontro, foranpúblico inscritoou conferen-ciantes, coinci-diron na nece-sidade de qui-tarlle ferro ácrise e combatela con aquilo que precisa-mente lle é contraria: o espírito empren-dedor.

Nesta vontade de activar o eido econó-mico e produtivo con “ideas e bos equi-pos” é onde se situou tamén o consellei-ro de Economía, Javier Guerra, quen esti-vo nas celebración do Día doEmprendedor para animar aos responsa-bles de compañías en activo a seguir ocamiño da innovación, e aos empresariosdo mañá a non dubidar sobre a comenen-cia ou non de botarse ao mercado. Nopunto de contribuír a ver posible o quepode aparentar imposible (competir nuneido cada vez máis competitivo) insistiu

Pedro Moneo, fundador de Opinno, redemundial especializada en favorecer oencontro e colaboración entre emprende-dores e investidores e que lle serviu deapoio para lanzar, logo da experienciaadquirida, a seguinte receita a proba de

fallos: se que-remos finan-ciamento, nadamellor que vol-ver o máisvisual posible arendibilidade.

Asemade, recomendou apostar polainternacionalización en termos diferentesao que se coñece como exportación deprodutos, xa que o talento e as ideas sonhoxe en día igual de importantes, oumáis, ca eses produtos. Contra a crise esalientando as oportunidades paradóxicasde negocio que esta achega tamén sesituou Antonella Broglia, colaboradorado think tank de Infonomía. Durante oseu relatorio, un dos máis celebrados detoda a xornada, quixo escorrentar a ideade que hai atrancos en materia de produ-ción que non se poden salvar. Todo éreinventable, dixo, até a crise, unha cir-cunstancia que tamén se expresa, aíndaque en ocasións non saibamos interpreta-la, e que neste intre, de acadarmos unhaboa sintonía,descubr i re-mos que nonestá a dicir oque pensaba-mos que estáa dicir: a súamensaxe real é que se fagan cousas entroques de desfacelas ou ficar na inactivi-dade.

A relatora falou neste punto dos empre-sarios sociais, que están a recoller com-portamentos de dous mundos que secrían contrapostos, a acción solidaria e aarela de beneficio, e que polo visto, insis-tiu, poden chegar a ser compatibles.

Ao seu xuízo, empresas comoCleanfish (habilitada por maiores de 60anos, promovendo a pesca artesanal, sus-tentable, e cunha facturación de 20millóns de dólares ao ano) ou ben DlightDesign (lanzada para comercializar unhalámpada con enerxía solar para paísesonde a enerxía tradicional non está aoalcance de toda a sociedade) son bosexemplos desta nova tendencia do

empresariado social.Proseguindo co compromiso anticrise,

Carlos Barrabés interveu na sesión plena-ria abríndolles novos camiños a todosaqueles empresarios que partindo dunhasituación aparentemente adversa (empra-zamentos afastados dos que se supoñenque son os grandes núcleos de producióne comunicación, falta de infraestrutura)queiran abrise paso nun mercado globalcada vez máis ligado á Rede, para ben oupara mal. Barrabés, que pasou á historiada Internet española por ser un dosempresarios que máis factores tiña na súacontra e que pola vía da Rede máis éxitoacadou (concretamente grazas aBarrabes.com, que ten a día de hoxe23.000 visitas ao día, e as tendas de alpi-nismo e esquí que esta páxina agrupa)quixo salientar a necesidade de entenderaté o último detalle o contexto económi-co de hoxe, un puro e constante cambio,para promover un negocio innovador.“As cousas mudan a gran velocidade”,engadiu, “e cada ano que pasa nos xoga-mos o futuro da empresa”. Neste contex-to, sobran empresarios no mercado glo-bal que movan fichan por nós: “Xa nonexiste a copia, existe o pensamentosimultáneo”, sinalou, en referencia ásmoitas posibilidades que temos de inven-

tar algo xainventando esen que nin-guén sexa cul-pable diso,sendo polotanto preciso

un meirande esforzo por chegar até ondeaínda non se chegou.

Para isto, dixo, o equipo humano é fun-damental, un equipo que estea en boa sin-tonía e, xunto coa figura do empresario,fique sempre ao tanto da información devalor que achegue a Rede. “Aí é ondenace a innovación: ninguén ve as cousasde outro xeito senón entende o contexto”,dixo. E proseguiu, botando luz sobre asúa propia maneira de levar un negocio:“O empresario de futuro é unha persoaque ten esa visión espacial. Cómpre ten-tar sempre saber onde estamos e ondequeremos estar. Este é o gran intre paraos emprendedores: a crise. Este é o intreno que de verdade se pode facer algonovo”.

Máis en www.diaemprendedor.com

Os�máis�de�2.000�participantes�noDía�do�Emprendedor�celebrado�en

Santiago�coincidiron�nosingredientes�básicos�para�saír�da

focha�produtiva:�ideas�novas,�uso�a�esgalla�da�Rede�e�equipos�

humanos�en�boa�sintonía

“O empresario de futuro é unha per-soa que ten esa visión espacial.Cómpre tentar sempre saber ondeestamos e onde queremos estar”..

Entre empresarios e futuros empresarios o Pazo de Congresos e Exposicións deSantiago rebordou real e virtualmente de participantes na xornada de celebracióndo Día de Emprendedor en Galicia (www.diaemprendedor.com) que se desenvolveuo pasado martes 19 de maio.

“Este é o gran intre para osemprendedores: a crise. Este é ointre no que de verdade se podefacer algo novo”.

Captura da web oficial do evento: www.diaemprendedor.com

Momento da recollida de acreditacións por parte dos asistentes

Page 9: Codigo Cero 70

9

Ineo�trasládalle

ao�novoGobernogalego�as�súas�

propostaspara�superar

a�crise�

Ineo, a Asociación Multisectorialde Novas Tecnoloxías daInformación e Comunicación, vénde trasladarlle ao novo equipo deGoberno da Xunta as propostas dosector dixital galego que representaa devandita entidade para a constru-ción e asentamento das bases para asuperación da crise. A toma de con-tacto cos novos representantes auto-nómicos, na que participaron repre-sentantes de todos os estratos donoso tecido económico, celebrouseen Santiago de Compostela nomarco dunha xuntanza que, polo seunome, explicouse a si mesma sennecesidade de máis argumentos: oGran Encontro Empresarial ante aCrise. No transcurso desta cita,organizada pola Confederación deEmpresarios de Galicia (CEG) coobxectivo de reconducir a activida-de produtiva do país malia a situa-ción xeral adversa, Ineo concorreuda man do seu presidente, JorgeCebreiros, quen non só lle puxo vozao sector que representa, o dasnovas tecnoloxías, senón que fixofincapé nas moitas claves que esteachega como solucións diametral-mente opostas ás actividades quemotivaron o parón económico mun-dial Dito doutro xeito: salientoucoñecemento e innovación, bens quepouco teñen que ver coa raizameprimeira da crise e vinculados a unprincipio fóra de toda dúbida: anecesidade de comunicármonos.

Tendo en conta isto, o sector dasnovas tecnoloxías é un sector queafecta a todos os demais, de xeitopositivo, ao posibilitalos para mello-rar o diálogo con socios e clientes, asúa imaxe e xestión e, tamén, a súaprodutividade. “As novas tecnoloxí-as da información”, subliñouCebreiros, “chegaron á nosa socie-dade para ficar e convertéronse amaiores nun eido económico especí-fico, estratexicamente rico en novosmodelos económicos e redes sociais,e incluíndo unha gran particulari-dade: a do seu marcado caráctertransversal”. Ademais de salientaresta condición das empresas do dixi-tal para mellorar, case de xeitoinevitable, a totalidade do contornoprodutivo no que se insiren,Cebreiros fixo fincapé na importan-cia que xogan as novas ferramentasda comunicación para o desenvolve-mento económico de calquera país,sen que o noso sexa unha excepción,e máis para unha xestión moito máisrendible dos recursos dispoñibles eunha meirande optimización dosprocesos postos en xogo.

Da mesma maneira, o presidentede Ineo quixo sinalar que se tratadun tecido moi dinámico e con gran-des potencialidades para xeraremprego. Neste intre, dixo, o sectorTIC galego é un sector forte abondo,consolidado e cunha imaxe demarca que representa o 6,7% doProduto Interior Bruto (PIB), estan-do a maiores en disposición de com-patibilizar o seu medre económicocoa creación de postos de traballo decalidade. “Trátase dun eido, o dixi-tal, que non está a contribuír á des-trución de emprego e que colabora,de xeito moi activo, co desenvolve-mento sostido de Galicia, xerandoun maior benestar, igualdade e cohe-sión social do territorio e da cidada-nía”, manifestou, facendo referenciadirecta aos datos sobre o estado dasnosas empresas TIC do informe Ineo2008 Análise dos factores de com-petitividade do sector TIC galego,publicado recentemente pola asocia-ción tecnolóxica.

Para Cebreiros, non hai dúbidaalgunha sobre un feito máis que visi-ble: o tecido dixital da nosa terrateno arestora todo ao seu favor,sendo, hoxe por hoxe, un dos secto-res con maior potencialidade á horade achegar beneficios a todos os res-tantes, amais de a si mesmo. Ao seuxuízo, as empresas TIC galegasestán xa capacitadas para avaliar eaxudar ás demais e detectar quemelloras poden realizar estas paraseren máis competitivas no seulabor diario, usando e adaptando asnovas ferramentas ás súas propiasnecesidades, vantaxes que, por se odevandito fose pouco, tamén podenser aplicadas en toda a súa integrida-de no ámbito das administraciónspúblicas.

“O sector TIC representa hoxeunha mostra de innovación conti-nua”, puntualizou, “e na nosa terraexisten arestora empresas de basetecnolóxica que son o reflexo docarácter creativo e emprendedordos galegos e que se teñen converti-do en referentes no resto do Estadoe, tamén, nos escenarios internacio-nais”.

Por certo que o acto organizadopola Confederación de Empresariosde Galicia co fin de darlle a coñecerao novo Goberno da Xunta os seusobxectivos e propostas para superaro actual parón económico no quedesenvolven a súa actividade cele-brouse recentemente enCompostela, no seu Palacio deCongresos e Exposicións, nun actoque (entre outras cousas) serviu paraelaborar un documento final coasdevanditas medidas achegadas,incluídas as da entidade Ineo, que selle fará chegar ás distintas adminis-tracións implicadas na marcha daeconomía. O obxectivo disto: queestas teñan o máis claro coñecemen-to do estado do tecido produtivogalego e das accións a tomar parafrear a súa caída. Ademais do sectorTIC, no encontro estiveron repre-sentados o resto dos eidos estratéxi-cos integrados na estrutura empresa-rial galega: Comercio, Téxtil emoda, Siderometalurxia,Construción e promoción inmobilia-ria, Produtos do mar, Turismo eHostalería, Agroalimentario e fores-tal, Loxística, transporte e distribu-ción e Formación e recursos huma-nos.

Entre as ideas achegadas pola asociación galega inclúese unha promoción de todo o que teña que vercoa produción dixital e a innovación, hoxe por hoxecombustible de todos os demais sectores.

reportaxe ineo_redacción

RReeuunn ii óónn ccoo nnoovvoo dd ii rreecc ttoorr xxeerraa ll ddee IINNTTEECCOO

A asociación Ineo, en calidade de vicepresidenta da Confederación Nacional de Empresas TIC (CONETIC) e xunto cos res-tantes membros desta entidade, reuniuse co novo director xeral do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación(INTECO), Víctor Izquierdo. O gran obxectivo da xuntanza, celebrada recentemente en León, foi dupla: por unha banda, darcomezo ás primeiras tomas de contacto co director xeral entrante e, pola outra, renovar os acordos establecidos xaantes do nomeamento entre CONETIC e INTECO (acordos que, entre outras cousas, permitiron unha ampla cooperaciónentre o Instituto e a Asociación galega en materia de promoción empresarial e divulgación tecnolóxica). Asemade, a reunión serviu tamén para revisar posibles áreas de colaboración entre ambas entidades e propoñer asbases para desenvolver as futuras colaboracións que deben realizarse ao abeiro do convenio asinado no seu día.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicaciónsde Galicia (COETG) e Ineo organizaron este 14 de maiounha conferencia coloquio baixo o seguinte título:Tendencias de Futuro no Desenvolvemento da BandaAncha. O evento, no que puideron participar calquerapersoa interesada sempre en cando formalizaran areserva antes do 11 de maio, celebrarouse a partir das13 horas no salón de actos da Zona Franca de Vigo(Área Portuaria de Bouzas) e contou coa presenza(entre outros) de Miguel Merino Gil, vicedecano doCOETG, Jorge Cebreiros, presidente de Ineo, e EnriqueGómez, director de Planificación Estratéxica deVodafone España. Por certo que para facer as reservas, a organizacióninforma de dous números de teléfono dispoñibles: 981919 300 e 986 465 234.

XXoorrnnaaddaa ccoo ll ooqquu ii oo ssoobbrree bbaannddaa ll aarrggaaeenn VV ii ggoo

www.ineo.org

Page 10: Codigo Cero 70

Espíritomochileiro

Neste senso, xa se están a ver osprimeiros sinais de cousas que teñenque caer polo seu propio peso: oestrago de recursos que provoca osistema enerxético mundial ou ben aproliferación urbanística, na actuali-dade relativamente necesaria perode consecuencias terribles a medio elongo. Neste panorama, cómpre nonestrañarse se paseniño se desvelaese compoñente de ilusionismo queten o comercio con intanxibles men-tres colle forza o tradicional troco deobxectos e habilidades. Nesta liña éonde se sitúa xa unha parte da Rede,

collendo corpo en medidas comobancos de tempo, actividades libresde compravenda ou mesmo inter-cambio de bens a título persoal. Oturismo, neste senso, non é unhaexcepción. Os demandantes de via-xes andan á procura de alternativasaos paquetes organizados a partir deintrincados engadidos de taxas evisitas guiadas por rutas que seme-llan escenarios: o que se busca agoraé cambiar por un tempo unha vidapor outra. De aí o medre sufrido esteano no empréstamo recíproco decasas para residir ou de vehículosdiversos para viaxar, procesos quesen a concorrencia da Rede nonsería posible.

Segundo datos de Frontur, dos57,4 millóns de turistas estranxeirosque o ano pasado viaxaron a España,preto de 12,4 millóns, o 21%, aloxá-ronse en vivendas de balde, ou sexa,casas de amigos, familiares ou con-tactos en Internet. A cousa non parade medrar e mentres as restantesactividades turísticas tocan teito, aabordada pola vía alternativa é aúnica que se mantén e mesmo seincrementa. Especialmente a levadaa cabo a través das canles en liña cofin de intercambiar un domiciliodurante un tempo.Este troco, quenon é novo (xurdiu a mediados doséculo XX no centro e norte deEuropa, operando grazas a catálogose revistas), está a recibir arestora unimportante pulo grazas a outro pulo:o do que vén de ser obxecto a propiacomunicación pola vía de Internet.Hoxe en día, segundo se nos contaen Hosteltur.com, hai múltiplesrecursos na Rede onde nos podemosapuntar a esta nova modalidade deviaxar e facer turismo. Por exemplo:a web de Intervac(www.intervac.com), unha organi-zación experimentada neste tipoconcreto de actividades que abran-gue un total de 50 países e que tenpreto de 11.500 usuarios-propieta-rios de todo o mundo. O único quese lles pide é o pago dunha contíaanual de 145 euros co fin de situar oseu anuncio e estar en disposición de

acceder á base de datos da organiza-ción. A cousa non para aí: segundoestudos de Infonomía achegados porAlfons Cornellá e reflectidos poladita web Hosteltur.com, estanse asentar as bases do que ben se pode-ría chamar Turismo P2P, unha acti-vidade vinculada ao lecer que, comoo seu propio nome indica, prima olibre intercambio de recursos e acti-vidades sobre o beneficio a todacosta de terceiros e intermediarios.De aí o éxito de webs comowww.tripadvisor.es, comunidadeinternacional en liña onde os inter-nautas promoven o fluxo de coñece-mento arredor de produtos e servi-zos vinculados ao turismo. Ditodoutro xeito: do que se trata é dequitar o estritamente corporativo doprimeiro plano (a opinión dunhaempresa sobre si mesma, xeralmen-te moi pouco fiable) para poñer noseu lugar algo como unha versión docorporativo pasado polo filtro dousuario ou cliente. Desta maneira,sairán gañando dous elos da cadea:os internautas, que terán ao seualcance o máis semellante a unhavaloración de confianza, feita por uncolectivo en liña en maior ou menormedida independente, e máis asempresas que fagan ben o seu laboren todos os eidos. Mellor imposible.

De feito, tan grande é o potencialde Tripadvisor e da base de datos deopinións dos seus membros, sobretodo como gran peneira virtual ondevan ter máis éxito turístico asempresas que máis o merecen (e istovaise saber), que lle están saíndo aoseu arredor todo tipo de pretenden-tes corporativos á procura de acor-dos e alianzas. É o caso da axenciaLogitravel.com, que vén de asinarun acordo coa comunidade en liñapara que esta inclúa na web da ditafirma as valoracións dos seus usua-rios sobre máis de 40.000 hoteis detodo o mundo, valoracións quehaberá que engadir ás máis de33.000 coas que xa contabaLogitravel. Resultado: redúcense asposibilidades de mercar un malpaquete turístico.

Din os especialistas máis independentes que a crise económica non étal, e que o proceso xa estaba aí dende hai tempo, ou ben que é unreaxuste, unha tarefa xeral de reequilibrio no que todo o que tenvalor real vai ficar radicalmente afastado do que non o ten: algo asícomo unha experiencia global de separación do gran da palla.

10 turismo p2p_fernando sarasqueta

A�Rede�senta�asbases�dunha�nova

experiencia�viaxeiramáis�libre�e�barata:

o�turismo�P2P

O panorama dos espazos web das empresas de venda de viaxes están neste intre no que ben sepodería chamar un punto de inflexión. O motivo: as normas que protexen aos consumidores, que,finalmente, semellan ser cada vez máis normas e, cada vez, máis protectoras cos consumidores.Segundo sinalou os días pasados a web Hosteltur.com facendo referencia á nota acadada nestesenso polas firmas españolas, a Unión Europea vén de situar na súa listaxe branca aos espazosen liña de Iberia e máis de Spanair, deixando para a clasificación de tonalidade gris os de AirEuropea e máis Vueling. As valoracións, feitas sobre a base de 447 páxinas web de aeroliñas euro-peas estudadas, inclúen a Iberia e Spanair na lista-xe das 16 compañías da UE que máis están a cum-prir coas normas de confianza, respecto ao consu-midor e máis accesibilidade que imprime aComisión, listaxe formada polas devanditas e porAir Malta, Blue1, bmi, bmibaby, Estonian Air, Finnair,Malmö Aviation, SAS, Sata Air Açores, SataInternational, TAP, Tarom, TUIfly e Virgin Atlantic.Polo que respecta á listaxe negra, aquelana que se inclúen os casos imposibles deendereitar a curto ou medio prazo (conmoi escasos esforzos achegados porcumprir coa regulación ou levar a caboeste punto en breve), estaría compostapolas páxinas web de Aeroflot, Air Baltic,MyAir, Northwest, Olympic Airlines, RoyalAir Maroc Marruecos, Turkish Airlines eWingjet. Por último, o estudo da ComisiónEuropea habilitou unha vez máis unhazona de transición que supostamente dáacubillo a aquelas firmas que se atopanen trámites de mellorar no posible assúas achegas en liña, e nun prazo o máiscurto posible: a listaxe gris. Amais das devanditas máis arriba, nesta listaxe hai algunha que outraempresa que dá servizo nos aeroportos galegos, como por exemplo Ryanair ou Air Europa. Asemade, atopamos a Easy Jet, Blinter Canarias, Alitalia, Brussels Airlines, Delta Air Lines,Lufthansa ou Swiss, entre outras.

AAss wweebbss ddee AA ii rr EEuurrooppaa ee VVuuee ll ii nngg ,, nnaa ll ii ss ttaaxxee ggrr ii ss ddaaUUnn iióónn EEuurrooppeeaa

Na imaxe, mochileiro visto por Guatman en terras de Málaga.

Page 11: Codigo Cero 70

11seguridade na rede_redacción

A Alameda de Santiago foi entre osdías 7, 8 e 9 de maio un fervedoiro dexente nova por dous motivos diferencia-dos aínda que abondo compatibles: a pro-moción do galego (a través do programaCorrelingua, presente nesas xornadas enCompostela, no que participaron unscinco mil rapaces e rapazas) e a promo-ción da Rede responsable para a mocida-de (que correu a cargo do proxectoBrújula, un programa de difusión itine-rante da Asociación Galega de Empresasde Tecnoloxías da Información, AGES-TIC). A segunda das actividades, que áque nos ocupa pola súa temática, contoutanto para o caso de Compostela comopara o resto da nosa xeografía cun impor-tante despregue de recursos, humanos etécnicos: un autobús con todo tipo dematerial multimedia e tecnolóxico deinformación, monitores e guías especiali-zados en lecer dixital e -dando a coñecerpolo miúdo as características básicas deBrújula- unha boa parte do equipo res-ponsable de AGESTIC. Brújula, queforma parte da liña estratéxica do PlanAvanza do Ministerio de Industria, ache-garase ao longo da última semana demaio ás vilas de Monforte (24 e 25), OBarco (26 e 27), Ourense (do 28 ao 30) eVerín (31 de maio e 1 de abril).

Podemos ver máis información sobre oitinerario en agestic.org/proyectos/bruju-la.

A posta en longo da iniciativa enCompostela non puído ser polo tantomáis concorrida, sendo isto precisamen-te, o poder de convocatoria, un dos seusprincipais obxectivos. De feito, explicouna presentación o presidente da entidade,José María López Bourio, do que se trataé de chegar á meirande cantidade rapazase rapaces para facerlles chegar unhamensaxe: está ben navegar pola Rede,pero con sentido común e responsabilida-de. Ao seu xuízo, a comunidade de inter-nautas galegos vai camiño de chegar acertas cotas de madurez, e isto vén dadoen boa medida pola elevada porcentaxede mozas e mozos que acceden á Rede eamosan ter un cada vez máis elevadocoñecemento do que visitan e manexan.Porén, unha vez adquiridas as habilida-des de tipo tecnolóxico, cómpre traballarnas referentes aos contidos, e é aí preci-samente onde a situación corre risco deperder pé. Segundo datos achegados porBourio, o 54% dos nenos e mozos deentre 8 e 13 anos e os seus pais de

Santiago descoñecen o uso da Rede encondicións de seguridade. Polo tanto, énese punto onde actúa Brújula, unha pro-posta de madurez para unha comunidadeinternauta, a galega, que xa se vai poñen-do paseniño na Rede pero que precisatamén de consellos sobre como facelo.Neste senso, o nome (Compás, en gale-go) non resulta casual: o autobús infor-mativo está concibido como un barco conrumbo firme para un escenario, o daSociedade do Coñecemento, que malia assúas vantaxes pode dar acubillo (coma avida mesma) a algunha que outra situa-ción fóra de control. Por exemplo: roubode datos persoais ou de cartos, suplanta-ción de identidade, etc.

A iniciativa, polo tanto, non se dirixesó aos nenos, nenas e mocidade en xeral,senón tamén aos pais e aos titores, queson os responsables directos dos primei-ros e os que teñen que saber cómo actuarcando se lles notifica unha irregularidadena Internet. En favor de Brújula (proxec-to impecablemente concibido que seríaaínda mellor de incluír máis presenza dogalego, e isto é unha chamada de aten-ción ao Ministerio de Industria), xoganunha serie de factores, como por exem-plo a propia experiencia de AGESTIC enlabores de divulgación das vantaxes daRede por todo o noso territorio e, agoracon este novo itinerario, recadando todotipo de datos sobre as cuestións que máispreocupan ás nais e aos pais da cativadagalega en referencia ao emprego daInternet e a seguridade que esta achegaou deixa de achegar.

O acto de presentación de Compostela,que como dixemos desenvolveuse a péde Alameda, incluíu unha visita guiadapara os medios polo interior do autobúsde Brújula, un vehículo perfectamenteadaptado para dar conta, pola vía dosrecursos multimedia de lecer, dos máisimportantes consellos para unha navega-ción segura. Amais dos equipos alí dis-postos, o bus dá acubillo a profesionaisque lles informan aos rapaces das máisaxeitadas maneiras de evitar os principaisperigos da Internet. Por exemplo: vixian-do sempre que as webs que visitamos eque piden información persoal teñan osímbolo do pecho botado.

Durante a posta en longo da iniciativaen Compostela, os seus responsablestamén fixeron fincapé nunha circunstan-cia salientable sobre a súa feitura: foideseñada, desenvolvida e posta en mar-cha por mans galegas. Esta circunstancia,informou Bourio, só pode ser interpreta-da como unha mostra do amplo potencialda nosa industria dixital e vinculada aotecnolóxico, un sector que dá acubillo a15.000 postos de traballo e que se valepor si mesma para chegar ás máis altascotas da innovación. Por certo que entreos recursos desenvolvidos polas empre-sas de AGESTIC espertou especial inte-rese a proposta multimedia de Cristóbal,personaxe virtual que centra o groso dosseus labores en guiar aos rapaces polosmáis idóneos e seguros xeitos de enten-der e facer uso da Rede. Este material enconcreto, desenvolvido para nenas enenos de 12 anos, resume en boa medida

o espírito de colaboración do proxectoBrújula, unha iniciativa que xuntou aprogramadores e pedagogos nun obxecti-vo común.

Por último, sinalar que a iniciativa

conta tamén co apoio de Confapa (aConfederación de Asociacións de Pais deCentros Públicos de Galicia), aFundación Caixa Galicia e a firma deseguridade en liña Panda Security.

Nais,�pais�e�titores�amosan�a�súa�preocupación�sobre�un�asuntoque�consideran�positivo�para�os�cativos,�a�súa�presenza�naInternet,�pero�que�coma�calquera�viaxe�fóra�dos�límites�do

fogar�ten�os�seus�perigos

A�Rede�non�é�unha�canguro!

Internet, en cuestión de relacións humanas, non é nada do outro mundo. As van-taxes son outras: máis de forma que de contido. O resto, incluído case todo o boe o malo que nos poida acontecer con outros internautas, estaba máis que inven-tado antes de chegar o dixital. Isto vén a conto para situar no seu sitio un novoestudo sobre seguridade en liña (nortonlibeliving.com) que, de non mediar unpunto de vista amplo sobre o que se nos conta, podería dar a entender (unha vezmáis) que a Rede é un niño de delincuentes á procura de vítimas. E probable-mente así sexa, pero o mesmo ocorre coa vida off line. O informe en cuestión, que vén da man da compañía Norton, encamíñase apoñernos sobre aviso das condicións de liberdade en que unha boa parte da cati-vada vive en liña ou das moitas circunstancias en que os maiores nos vemos diri-xidos (por vontade propia ou non) a webs pouco recomendables en materia deseguridade. A mensaxe non é nova, e resulta importante que nos animen aofomento da Rede responsable, pero córrese o risco de non ver alén e identificaro dixital con todo o peor da sociedade. Con todo, o informe achega sentidocomún: deixar aos nenos sós, sexa na Rede ou en calquera outro escenario ouplataforma, ten un aquel de exercicio de irresponsabilidade. Na nova achega de Norton, entre outras cousas, cóntasenos que os nenos e nenaspasan en liña o dobre de tempo do que pensan os seus pais, e que só arredor do25% da rapazada admite aos seus proxenitores como contactos das redes sociaisdas que fai uso. Pola contra, subminístranse datos máis alentadores, como por exemplo que o90% dos pais conectados a Internet recoñece hoxe en día a súa parte de respon-sabilidade á hora de protexer aos rapaces, e, neste senso, estase a constatar máisdiálogo sobre o tema (un 20% máis có ano pasado). Sexa como sexa, e maliaeste avance no coñecemento dos segredos das canles dixitais, semella que ateima por caer en certas webs de pouca confianza se mantén: así o fai o preto dametade dos enquisados por Norton, aínda escasamente afeitos a protexer os seusdatos persoais con copias de seguridade e máis a empregar contrasinais (arredorda metade non o fan). Logo pasa o que pasa: preto dun terzo das persoas que par-ticiparon na confección do estudo afirmaron ter recibido algún tipo de ataqueinformático. O estudo ten aínda máis datos que poñen de manifesto certo atolondramento enliña amosado por parte dunha boa parte dos internautas adultos: dous de cada 10usuarios de todo o mundo non empregan ningún tipo de software de seguridade(o que non deixa de sorprender se temos en conta que arredor dun terzo dosenquisados no informe ten sufrido problemas cos seus discos duros, perdas dedatos irremprazables ou incursións de piratas informáticos tentando penetrar nomiolo dos seus equipos).

CC ii ttáámmoonnooss eenn SSaanntt ii aaggoo ccoo vveehh íí ccuu ll oo--gguu ííaa ppaarraa uunnhhaa nnaavveeggaacc iióónn sseegguurraa :: oo bbuuss ddee Brújula

NNoorr ttoonn aaddvv ii rr ttee :: aa rraappaazzaaddaa ppaassaa nnaa RReeddee mmáá ii ss ddaa mmeettaaddeeddoo tteemmppoo ddoo qquuee ssee ppeennssaa

Page 12: Codigo Cero 70

12 seguridade na rede_redacción

Atención:rapazada

en�liña

Red.es (órgano do Ministerio deIndustria) vén de mover ficha aprol de limitar até onde sexa posi-ble as posibilidades que teñen ares-tora os nenos e nenas de accederaos contidos máis perigosos deInternet. Neste proxecto de protec-ción ao menor no emprego dasnovas tecnoloxías, a entidade nontraballará soa: farao coas princi-pais operadoras de telefonía eacceso á Web do territorio estatal.Ou sexa: Telefónica, Vodafone,Ono, Telecable, Yoigo, Orange eJazztel. Para Red.es, o acordo conestas compañías supón un compro-miso firme para establecer un pro-tocolo de actuación e pór a disposi-ción de pais e titores a informacióne recursos precisos para asegurarun acceso sen perigo á Rede porparte dos menores de idades e evi-tar, deste xeito, que cheguen a“contidos inapropiados” para eles.

O convenio en cuestión, dado acoñecer hai uns días durante aapertura da mostra Súbete ao trende Internet (na Praza de Felipe IIde Madrid), sitúase como a ditaexposición dentro do marco deactividades preparadas para con-memorar o Día de Internet, o pasa-do domingo 17 de maio.

O alicerce do acordo, que depouco serviría se non contase coaparticipación das operadoras, éfavorecer o diálogo total entre astres partes implicadas: administra-cións, empresas provedoras derede e usuarios (pais, titores enenos). Máis concretamente, do

que se trata é de facer posible queos responsables das rapazas e rapa-ces estean en conexión directa coasoperadoras para que estas llesfagan chegar toda a informaciónprecisa sobre as ferramentas dispo-ñibles para o filtrado e restricióndo acceso a determinados contidose servizos non desexados.

E todo isto a través da que axuízo de Red.es é a canle de comu-nicación máis directa que teñen aoalcance da man: a das propias fac-turas. Deste xeito, sinala a entidadedo Ministerio de Industria nuncomunicado, incorporarán nelasrecomendacións, consellos, guíasde comportamento e datos sobre(entre outras) estas ferramentas:

• Sistemas de control parental(salientando as garantías queachegan no acceso aos menores aInternet).

• Aplicacións e contidos especí-ficos para a nenez dispoñibles através de Internet.

• O decálogo de chaval.es, ondese dá conta sobre sitios web espe-cíficos para os nenos e nenas.

• Os labores realizados polaaxencia de Calidade de Internetentre as que destaca o seloConfianza Online (confianzaon-line.es).

Damos�conta�nestaspáxinas�das�máis

recentes�iniciativaspostas�en�marcha�naRede�para�protexeraos�máis�cativos�dascasa�en�materia�de

navegación�

Imaxe tomada no acordo asinado por Red.es coas principais operadoras

FFaaccttuurraass ccoonn gguu ííaass ,, ccoonnssee ll ll ooss ee ppaassooss aa sseegguu ii rr

Conta unha vella lenda que na rexión Tibetana deDanba, os pais construían unhas torres de vixilanciapara protexer as almas dos seus fillos dos malos espí-ritos ata que estes eran maiores de idade e podíanvalerse por si mesmos.

Estas torres, que aínda existen na actualidade (defeito son un gran atractivo turístico), veñen de“reconstruírse” agora na Rede para cumprir de novoa súa función inicial: protexer aos menores dos peri-gos que os asexan, máis desta volta e adaptándose aosnovos tempos, trátase de “espíritos virtuais” que habi-tan en Internet. Segundo indican na web oficial

(www.danba.es) desta nova ferramenta, unha de cadacatro páxinas web que se visitan no mundo “son por-nográficas” e as segundas máis visitadas polas nenas“son páxinas de anorexia e bulimia”.

Danba é un servizo que lle permite aos pais e fami-liares dos nenos e nenas que navegan pola Rede, con-trolar os sitios nos que se meten e vetar a súa entradase así o ven conveniente.

O servizo, que se contrata por un prezo de 60 eurosao ano, informa puntualmente e coa urxencia requiri-da polos clientes cada vez que os cativos e as cativasda casa accedan a unha páxina non recomendada oucon contidos perxudiciais para a súa integridade físicaou moral.

Asemade, a ferramenta envíalle aos seus clientes uncorreo electrónico detallando a navegación realizadano ordenador familiar e permítelle acceder ás súascontas sempre que queiran para ver con detalle ossitios visitados en todo momento.

Os responsables da ferramenta ofrecen máis infor-mación sobre a contratación do servizo a través daligazón danba.es/descargas/danba_manual_de_uso.pdf

e inclúen, na web oficial, diversas seccións con infor-mación de profesionais que aconsellan como enfocaros distintos problemas producidos por un uso indebi-do de Internet por parte dos e das menores.

DDaannbbaa ,, ffeerrrraammeennttaa ppaarraa ccoo iiddaarr ddooss ppeeqquueennooss

Page 13: Codigo Cero 70

13seguridade na rede_redacción

Dende hai un tempo para aquí,non pasa un só día sen que debamosfalar de Facebook, unha das redessociais con máis seareiros no nosopaís e en todo o mundo, que xa vénde superar a franxa dos 200 millónsde usuarios; cifra que non fai máisque amosar o éxito vertixinoso queteñen este tipo de aplicacións enxeral, e o Facebook en particular,entre os internautas. Pois ben,segundo vén de demostrar un estudorealizado por un equipo de especia-listas da Universidade do estado deOhio e que foi presentado en SanDiego, no congreso anual daAsociación Americana deInvestigación sobre Educación, “osestudantes que usan Facebook sacanpeores notas que os que non o fan”.

A investigación indica que as cua-lificacións dos membros desta redesocial empeoraron a partir do seu usoe revela que as notas dos estudantes son peores que asdos que non son membros de ningunha aplicación webdeste estilo.

O estudo amosa que isto débese ao tempo que os estu-dantes dedican a esta ferramenta en liña, que as máis dasveces, é tempo “roubado” do estudo, o que se traducenunha baixa nas súas cualificacións.

Para a investigación, cuxo obxectivo era buscar o

impacto desta rede social nos resultados académicos,entrevistouse a 219 estudantes, o 65 por cento dos calesadmitiron acudir ao sitio tódolos días e revisalo variasveces para ver se teñen mensaxes novas.

Asemade, os usuarios da devandita rede social tendena baixar as súas cualificacións promedio, coa desvanta-xe engadida de que o 79 por cento deles non cre que otempo de uso teña un impacto negativo nas notas.

Imaxe tomada da galería fotográfica de Anna Briggs, na web de fotografías en

liña Flickr: http://www.flickr.com/photos/anna-b/3218868484/

FFaacceebbooookk pprreexxuudd ii ccaa aass nnoottaass ddooss eessttuuddaanntteess

Moitas veces, o feito de pensar que as cousas podenser mellores do que son, pode axudar a cambialas, porénpara facer do noso planeta un espazo mellor (que nin-guén dubida que é necesario), precisamos da axuda detodos, incluídos os mais pequenos, que a fin de contasson os adultos do futuro e os que terán a tixola polomango á hora de repar-tir os recursos da natu-reza con xustiza.

Posiblemente poristo, a ONG de desen-volvemento, Intervida,vén de presentar hoxeunha nova páxina webinfantil que vai dirixida especialmente aos nenos enenas de entre seis e once anos para “potenciar o seuespírito crítico e axudarlles a entender as desigualda-des do mundo”.

A web SOL (sol.intervida.org), que así se fai chamar,preséntase a modo de xogo, cunha interface moi diver-tida para os máis cativos da casa, e ten como obxectivo,espertar a curiosidade dos e das menores “cara ao coñe-cemento de realidades distintas ás súas”, facendo que se

habitúen a adoptar posturas de reflexión e diálogo“como vía para a resolución de conflitos”.

Con esta iniciativa, o departamento de Educaciónpara o Desenvolvemento (EPD) da organización, pre-tende conseguir, mediante un enfoque lúdico, que os

cativos e as cativas“sexan quen de anali-zar o seu contorno econstruír unha actitudecrítica e responsablecara a sociedade”. Épor isto que, os seusresponsables directos,remodelaron a web

para presentala de xeito máis dinámico, atractivo e conmaior riqueza de contidos para que a súa navegaciónsexa moito máis que un xogo.

O portal SOL, que forma parte dun proxecto de maiorenvergadura que inclúe unha revista en liña e outraimpresa, permítelle aos seus usuarios (por cativos quesexan) navegar polas distintas seccións da web, talescomo xogos, bibliotecas ou obradoiros, para ir descu-brindo por si mesmos cal é a situación do mundo actual.

UUnnhhaa wweebb ppaarraa qquuee aa ccaatt ii vvaaddaa tteeññaa eesspp íí rr ii ttoo ccrr íí tt ii ccoo

TTee ll eeffóónn ii ccaa ,, UUNN IICCEEFF ee SSaavveetthhee CChh ii ll ddrreenn ,, aa pprroo ll ddaa

pprrootteecccc ii óónn eenn ll ii ññaa

Perante os perigos que ten a Rede dos que aler-tan cada día organizacións e usuarios de a pé, caseé inevitable que nos fagamos a seguinte pregunta:é unha irresponsabilidade que deixemos que ascativas e os cativos estean na Internet? Non serámáis axeitado que se lles prohiba? A resposta aestas preguntas, neste caso, ben pode ter feitura denova pregunta: lles pecharíamos a porta da casaaos nosos fillos para así evitar que corran perigona rúa? Alén de todo iso, semella que o que valepara un escenario (a vida) vale tamén para o outro(a Rede): fai falla axuda pola nosa parte, ben sexaa través de guías e consellos, ou con normas aseguir. A maiores, son cada vez máis as organiza-cións, entidades públicas e empresas que botanunha man neste sentido. Como por exemploTelefónica, que se vén de sumar á iniciativa ChildOnline Protection posta en marcha pola UniónInternacional de Telecomunicacións(www.itu.int) hai uns cantos meses coa finalidadede promover o emprego seguro das novas canlesde comunicación entre nenos e mozos.

A proposta á que se adhire a operadora españo-la (a través desta plataforma compartindo expe-riencias con organizacións como UNICEF ouSave the Children, amais de outras 16 entidades),centra unha boa parte das súas accións en poñer-lles nome e etiquetas a todos aqueles espazos,ferramentas ou usuarios da Rede que poidanrepresentar perigo para os internautas máis novos.

Amais deste compoñente máis teórico, ChildOnline Protection traballa en aplicacións e servi-zos en liña para pórlles freo a estes contidos emáis en programas de sensibilización e concien-ciación (como por exemplo a Guía para Nenos,que se vai presentar durante o transcurso dunhaconferencia sobre seguridade en Internet a desen-volver en Xapón entre os días 2 e 3 de xuño).

Para a operadora española, cómpre deixar cla-ras as vantaxes nos eidos comunicativo e educa-cional que subministran as redes, pero tampoucose pode deixar de lado que, como a vida, aInternet precisa de consellos para comezar a des-envolverse nela: “Internet dá unhas posibilidadesilimitadas en moitos aspectos, pero tamén é unhaplataforma para que persoas con fins deshones-tos poidan acometer delitos cara ao colectivomáis vulnerable da sociedade, os nenos”, subliñaa empresa nun comunicado

Page 14: Codigo Cero 70

14 letras galegas e rede_redacción

Campaña en liña +Internet +galego +futuroCampaña en liña +Internet +galego +futuro

Autoligazónspara�sabermos

de�nós

Entre os espazos galegos en liña que máis se están acentrar estes días nas temáticas da cultura galega (co 17de maio aínda recente) atópase un vello coñecido: a webda campaña +Internet +galego +futuro (www.maisinter-netmaisgalego.org). O espazo en cuestión, mantido polaConsellería de Economía e Industria, foi posto en mar-cha (hai agora uns anos) cos mesmos obxectivos cá fes-tividade do Día Mundial de Internet e dasTelecomunicacións, o 17 de maio, pero cun engadidoextra que aos galegos nos toca de preto: a celebración namesma xornada do Día das Letras Galegas. Dito doutroxeito, a web celebra a chegada da Rede ás nosas vidas e,tamén, que esta chegase xusto cando máis precisabamosdela: nestes tempos en que a nosa lingua máis pide quea coidemos cun pouco de porvir e tecnoloxía. Nestesenso, o xogo de palabras que é a suma de conceptos doseu nome (+Internet +galego +futuro) ben pode ser rein-terpretado coma tres resultados intercambiables:Internet+galego= futuro

Internet+futuro=galego ou Futuro+galego=internet. Esta vontade de mesturar un concepto con outro até

que non saibamos até onde chega un e onde comeza o

seguinte é o espírito que reflicte a web, estes días dandoconta polo miúdo da traxectoria vital e das contribuciónsliterarias, xornalísticas e investigadoras de RamónPiñeiro, autor homenaxeado na pasada xornada do 17 demaio e, como tal, eixe vertebrador de case todo canto seconta estes días na páxina: tanto das actividades a pór enmarcha dende os departamentos dos que depende o

espazo en liña como dende outras institucións, entida-des, organizacións ou colectivos.

Entre as novidades que incorpora este ano o espazo enliña inclúese o sorteo diario de sete memorias USB, dis-positivos aos que poderemos acceder achegando o nosonome e apelidos, correo electrónico e número de teléfo-no.

Porén, o miolo da web foi estes días a informaciónvinculada a Ramón Piñeiro e a nosa cultura en xeral, bensexan actividades concretas a pór en marcha, datos bio-gráficos sobre o autor ou novidades ligadas ao 17 demaio (en concreto) e a presenza da nosa cultura nosespazos dixitais (en xeral) procedentes dos novosmedios de comunicación que pon en xogo a Internet.Neste senso, os responsables da web concíbena de xeitoaberto e participativo: non só animan a acceder a ela atodos os internautas que procuren datos sobre a nosa lin-gua e as tecnoloxías ao noso alcance, senón que a súaarela é a de que tomen partido nas distintas actividadesprogramadas. A idea é esta: “Contribuírmos todos xun-tos a unha realidade na que o galego se use tanto naInternet coma en calquera situación social, cultural ouempresarial”, sinálase na páxina web.

Damos�conta�dalgunhas�das�iniciativasrecentes�de�reivindicación�da�nosacultura�que�máis�vínculos�directos

tiveron�coa�Rede�e�outras�cuestiónstecnolóxicas�

O homenaxe do Día das Letras Galegas 2009 recaeuen Ramón Piñeiro López (Láncara-Lugo, 1915 -Santiago de Compostela, 1990), intelectual, políticogalego e unha das figuras históricas do galeguismo doséculo XX. Ramón Piñeiro foi un dos fundadores e pri-meiros directores da editorial Galaxia e da revista Grial.Ramón Piñeiro participou activamente na fundación daeditorial Galaxia, en 1950, e comezou a publicar librosen galego sobre asuntos relacionados con Galicia.Dirixiu a editorial ata 1966, e alí foi onde publicou La

saudade, ensayos (1953). Concibía a saudade coma unsentimento sen obxecto e sen relación ningunha co pen-samento ou a vontade, que fora xa caracterizado pordiversos escritores galegos baixo a forma de instinto devida, de morte, coma un sentimento que cumpría supe-rar. Outros exemplos das súa obra son: Olladas no futu-ro. Galaxia (1974), Lembrando a Castelao (1975),Filosofía da saudade (1984), Fermín Penzol (2001), Damiña acordanza ( 2002), Galicia ( 2002) e A linguaxe eas linguas (2008).

O homenaxeado desta ediciónO homenaxeado desta edición

Ramón Piñeiro e a súa obra segue no punto de mira do labor de divulgación do Consello daCultura Galega (CCG), entidade que, por certo, o propio autor homenaxeado no pasado Díadas Letras 2009 tivo a oportunidade de presidir durante os derradeiros anos da súa vida.Dase a casualidade de que esta nova proposta do CCG en materia de promoción do lega-do de Piñeiro volve establecer ao autor de Láncara en sintonía cos espazos dixitais, enparte porque arestora apenas se concibe o labor cultural sen o apoio das novas canlestecnolóxicas e, tamén, porque na nosa terra deuse recentemente unha máis que intere-sante coincidencia de festexos: o Día das Letras e o Día da Internet (ambos o día 17). Máispolo miúdo, a achega do Consello consiste, precisamente, nun labor intensivo de dixitaliza-ción. A este proceso será sometido o epistolario de Ramón Piñeiro depositado naFundación Penzol, en Vigo, e integrado por máis de mil cartas. A nova, dada a coñecer durante a posta en longo do cartafol e CD Ramón Otero Pedrayo,mestre da cultura galega (editado polo CCG como homenaxe a quen foi o seu primeiro pre-sidente, Ramón Piñeiro), ten especial importancia para a cultura galega, non só porque osdocumentos que abrangue esta iniciativa resumen e sintetizan unha boa parte do pensa-mento do autor homenaxeado, senón porque achegan luz sobre os tempos nos que foronescritos e as súas circunstancias históricas. Asemade, asenta o camiño para vindeiros

proxectos de recuperación do noso patrimonio pola vía das tecnoloxías. Polo que respec-ta ao cartafol editado pola institución, dicir que vai dirixido a favorecer o coñecemento desete artigos e ensaios de Ramón Piñeiro sobre diferentes facetas da obra de RamónOtero Pedrayo: lembranzas persoais, consideracións sobre a Xeración Nós, a oratoria, asignificación oteriana na cultura galega ou a súa especial relación con Santiago deCompostela. “Os textos falan tamén da relación moi próxima que tiveron ambos os dous aolongo do tempo”, salientou Ramón Villares, presidente do CCG, durante a presentación domaterial na sede da institución en Compostela.Polo que respecta ao CD que incorpora a publicación, dicir que se inclúe nel a gravación daconferencia Otero Pedrayo na cultura galega pronunciada por Piñeiro en Ourense en 1976,ano da morte Patriarca das Letras Galegas.Ramón Villares fixo fincapé en que as iniciativas presentadas constitúen só unha miúdaparte das actividades que a dita institución dedicará a Ramón Piñeiro durante este ano.Salientou as vindeiras xornadas Recepcións de Heidegger en Galicia a celebrar no CCG osdías 3 e 4 de xuño e a participación activa da institución no congreso que sobre a figurae a obra de Ramón Piñeiro se celebrará no último trimestre deste ano.

AA oobbrraa eepp ii ss ttoo ll aarr ddee RRaammóónn PP iiññee ii rroo sseerráá ssoommeett ii ddaa aa uunn pprroocceessoo ddee dd ii xx ii ttaa ll ii zzaacc ii óónn

Lendo no parque, imaxe vista no caderno de Spinningknits en Flickr

Page 15: Codigo Cero 70

15letras galegas e rede_redacción

Paixón�polavideoconferencia

As�dúas�iniciativas�galegas�de�espazospúblicos�en�liña�presentaron�completosprogramas�de�actividades�tecnolóxico-

-culturais�para�o�mes�de�maio

A celebración da nosa cultura non é cousa duns pou-cos. Acáelle mellor, coma toda cousa que esixe comuni-cación (e a cultura esíxea) á participación colectiva. Ecanto máis colectiva mellor. Neste senso, calquera teci-do de emprazamentos sociais espallados por unha xeo-grafía concreta (abertos para toda a cidadanía e estreita-mente ligados entre si) presenta por forza un amplopotencial para festividades de toda índole vinculadas aocoñecemento. Así o entenden os responsables da Redede Dinamización da Sociedade da Información (dinami-za.sociedadedainformacion.eu), que, tocándolle a estatan de preto a festividade do 17 de maio (Día das LetrasGalegas, Día de Internet, Día das Telecomunicacións),mobilizaron todos os recursos dispoñibles para unhafesta colectiva de amplo alcance. Dito doutro xeito:unha iniciativa que se apoiase nunhas posibilidades deconvocatoria e promoción multiplicadas, as duns cen-tros físicos presentes arestora en 70 dos nosos concellos,conectados entre si e entre si co mundo enteiro.

O programa de actividades, aínda en activo, resultou-

se ser amplo, tanto como é a propia Rede. Estas foronalgunhas das iniciativas:

• En Boborás celébrase arestora As Letr@s Galeg@sna Rede, unha iniciativa que aspira a fomentar o uso danosa lingua no ámbito das novas tecnoloxías, coñeceralgo máis sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro efomentar a participación da poboación. O programa des-envólvese do 4 ao 29 de maio.

• No centro de Castrelo de Miño abriuse un blog que,ademais de fomentar o uso da lingua na Rede e a parti-cipación cidadá, pretende recompilar palabras e ditos xaesquecidos. A bitácora púxose en marcha o 8 de maio eseguirá a recoller contidos até o 31 de maio, cando seelixirá a palabra ou dito máis orixinal.

• En Caldelas ideouse a iniciativa Adiviña Cal-del@s!!, un concurso coa participación de cinco asocia-cións da comarca por grupos de seis a sete persoas.Nunha primeira parte, cada grupo coñecerá o funciona-mento dos buscadores de Internet e da mensaxeiría ins-tantánea, para despois conectárense, no segundo día, co

Centro Comarcal Terra de Caldelas e adiviñar determi-nados aspectos de Galicia mediante preguntas que só sepoidan responder cun si ou cun non. O grupo que acerteen menos tempo gañará un lote de artigos da Rede deDinamización. Será do 12 ao 29 de maio.

• A proposta do Centro de Dinamización de Poio chá-mase Enréd@-t muller. Trátase dun obradoiro dirixido amulleres en risco de desvantaxe social por careceren decoñecementos informáticos. Ás asistentes entregaráse-lles a guía Que pode facer internet por min e como. Cadadía do obradoiro traballarase un tema diferente dasfichas que se inclúen na guía. O obxectivo é acadar aigualdade de xénero na Sociedade da Información.

• En Sada púxose en marcha 2.0 en internet, unha pro-posta dirixida a crear, compartir e xerar contido na rede.Cada persoa usuaria do centro de dinamización colabo-rará cunha achega persoal relacionada coas LetrasGalegas. As colaboracións subiranse ao blog da aula deSada. Tamén se desenvolverán obradoiros para fomentara participación.

Centros da Rede de Dinamización de toda a nosa xeografía sumáronse á festa das LetrasCentros da Rede de Dinamización de toda a nosa xeografía sumáronse á festa das Letras

Malia que practicamente todo o que leva desenvolvido a Rede de Dinamización dende a súaposta en funcionamento (hai agora dous anos) foi dirixido a conmemorar o binomioInternet+cultura galega, cada mes de maio os centros deste tecido tecnolóxico espalladopola nosa terra collen folgos para conmemorar a dupla festividade do 17 (Día das LetrasGalegas e Día de Internet) e insistir na cuestión: se estar en Internet nos favorece, nóstamén lle debemos dar a Internet a boa parte que lle corresponde de galeguidade. Nestecamiño é onde se insire a terceira edición do Concurso de iniciativas convocado pola Redede centros galegos. A idea básica, unha vez máis, é a de animar aos dinamizadores inte-grantes da iniciativa a presentar proxectos conmemorativos da dita festa nalgunha des-

tas categorías: empresa, muller, maiores, persoas con discapacidade, asociación, poboa-ción en xeral, e software libre.Segundo informou hai días a Rede e se fixo eco o Centro Mancomún, na categoría de soft-ware libre hai unha iniciativa presentada pola dinamizadora do Centro de Pontevedra cotítulo Papiroflexia. O obxectivo é a promoción de diferentes formas de lecer na mocidadea través da aprendizaxe do software libre...Nesta actividade propónselle aos participantes que, durante o mes que dura a actividade,creen unha videomontaxe con figuras de papiroflexia empregando para iso distintasferramentas libres.

CCoonnccuurrssoo ddee II nn ii cc ii aa tt ii vvaass

A Rede de Telecentros, cas nenas e nenos de Primaria e SecundariaA Rede de Telecentros, cas nenas e nenos de Primaria e Secundaria

Convertidas hoxe en algo máis que espazos públicosde acceso á Rede, en boa medida grazas a aquilo queflúe na Rede, a cultura, as dúas redes galegas de promo-ción e emprego de Internet tomaron os días pasadosposicións arredor dun feito que directamente lles toca depreto, o Día de Internet, e outro que o fai de xeito indi-recto pero non por iso menos importante para elas, o Díadas Letras Galegas. Precisamente esta dupla festividadedo 17 de maio foi o miolo das actividades que presentoudías antes a Rede de Telecentros de Comunicación (tele-centros.comunicacion.xunta.es) de Presidencia, máispolo miúdo do seu programa As Letras na Rede. Esta

iniciativa, como o seu propio nome indica, dirixiuse acelebrar a máis que significativa confluencia de factoresdo día 17 de maio (cultura galega plus Sociedade daInformación) nunha parte representativa dos empraza-mentos integrantes da Rede: Melide, O Barco deValdeorras, Verín, Marín, A Cañiza, Redondela, Lalín,Viveiro, A Fonsagrada, Guitiriz, Abegondo, Vimianzo,Lugo, A Estrada, Oroso e Santiago.

Segundo informa a Dirección Xeral de ComunicaciónAudiovisual (o departamento responsable da Rede, inte-grado á súa vez en Presidencia), unha boa parte do pro-grama xirou arredor de autores como Rosalía de Castroou Álvarez Blázquez, amais do homenaxeado este anona festa das Letras, Ramón Piñeiro. A idea foi mobilizarcoas actividades a cativos/as e adolescentes do xeitomáis directo posible: convertendo a máis que inevitableprocura de información sobre o autor e investigador fes-texado nesta convocatoria do 17 no pretexto máis opor-tuno para estar na Rede e tirar o máximo proveito dela edas canles que achega. Cada nena/o e moza/o convoca-do tivo, grazas a esta iniciativa, a oportunidade de entrarde cheo no emprego responsable e útil das novas tecno-loxías e, máis polo miúdo, das súas posibilidades decomunicación. Así, unha das accións fundamentaisincluídas consistiu en favorecer que interactuasen entreeles a través de videoconferencia dende os Telecentrosde Comunicación (TC) das devanditas localidades.

Asemade, informan os responsables da Rede, houboespazo para pequenas representacións teatrais de crea-ción propia como a compañía Luz de Estrelas da EscolaMunicipal de Teatro de Lalín, ou para un proxecto dungrupo de anciáns de Marín, recuperando cancións e con-tos da súa nenez encamiñados a seren compartidos cosnenos de Primaria de Verín.

O programa de actividades, inserido á súa vez nomarco de Comunícate (estratexia da propia Rede deTelecentros para favorecer o uso de videoconferenciadende 16 puntos diferentes da nosa xeografía), apoiouseen boa medida nun uso e vertente cultural da Internet ou,indo máis alá, nun escenario onde xa non se entenda ocoñecemento sen a Rede. Con este fin e co de promoveras posibilidades de diálogo que subministran novasferramentas, fíxose fincapé nos beneficios da videconfe-rencia, “un dos grandes recursos que ofrecen estasaulas de uso público”, informa a devandita DirecciónXeral. E prosegue, facendo referencia directa aComunícate: “A través da campaña búscase que osTelecentros se incorporen como alternativa cotiá naaxenda de tempo de lecer da cidadanía e que se consti-túan en focos dinamizadores de acceso ás tecnoloxías,co fin de crear unha comunidade virtual que fomente aautoxeración de actividades por parte dos usuarios”. Osvídeos e un resumo das actividades pódense ver aínda nacomunidade da Rede de Telecentros de Comunicación:telecentros.comunicacion.xunta.es.

Page 16: Codigo Cero 70

16 libros e rede_raquel noya

O�vicio�da�lectura…�tamén�na�Rede

Hoxe en día, a Rede está a vivir unmomento máis que axeitado para as ven-das de todo tipo de produtos; isto débese,sobre todo, ao descenso dos prezos quese deron neste medio respecto das tendasfísicas, e tamén á comodidade que supóno feito de mercar dende a casa podendoantes comparar prezos e vantaxes queofrecen os distribuidores a golpe de rato. Porén, se algún produto destaca entre osdemais por aproveitar ao máximo as van-taxes de Internet para mellorar as súasvendas, ese é o libro.Os libros, malia ter os seus competidoresmáis directos nos blogs persoais e naspáxinas especializadas, atopan enInternet un “mercado de ocasión” senigual, e son moitas as iniciativas das quepodemos dar conta nestas páxinas parademostrar este boom.Segundo apunta o estudo realizado conmotivo do Día Internacional do Libro eSant Jordi (que tivo lugar o pasado mesde abril), o 31 por cento dos españois

internautas ten mercado un libro porInternet nalgunha ocasión, de xeito que avenda de libros en liña medrou seis pun-tos con respecto ao pasado ano, cando aporcentaxe era do 25 por cento.Por outra banda, a venda de segunda manrepresenta hoxe unha da maiores cotasdo incipiente mercado de compravendade libros por Internet, xa que ata un 11por cento dos internautas vendeu oucomprou nalgunha ocasión a través destemedio.En canto aos sexos, as mulleres comprane venden máis libros pola Rede que oshomes e as idades dos e das internautasmáis activos neste senso atópanse entreos 25 e os 34 anos.O cofundador e presidente dePriceMinister, Pierre Konsciusko-Morizet, asegura que as razóns do éxitodo mercado de libros por Internet dében-se a que este medio permite ofrecer “pre-zos moi competitivos” e que “estes nonvarían moito dunha tenda a outra”.

Unha vez máis, a iniciativa levada a cabo por unha empresa privada lévanos aconfirmar as nosas sospeitas de que o futuro pode estar na Rede. Todas as enti-dades, as públicas e as privadas (e case sen excepcións), están comezando aabrirse camiño en Internet para non ficar obsoletas e poder ofrecer os seus pro-dutos e servizos nas mesmas condicións de igualdade có das súas competido-ras (e se o fan pondo prezos máis competitivos que os da tenda física, os inter-nautas non podemos máis que aledarnos de que a Rede sexa un dos mediosescollidos por estas empresas para vender os seus produtos).Desta volta, a editorial Planeta DeAgostini Profesional e Formación, do GrupoPlaneta, vén de sumarse a este tipo de iniciativas abrindo unha tenda en liñaque funciona como o primeiro outlet de libros en Internet, onde pon a disposi-ción de todos os internautas preto de 300 títulos a un prezo único de 5 euroscada un.Os libros pertencen aos selos editoriais Deusto, Gestión 2000 e CEAC e assúas temáticas céntranse nas finanzas, na contabilidade, no marketing, nasrelacións públicas e na economía, así como nas áreas de comunicación, educa-ción e psicoloxía.Os responsables da tenda en liña aseguran que se trata dunha “iniciativa inno-vadora no mercado editorial”, que lle vai permitir a Planeta sacarlle partidoaos libros sobrantes, que adoitan ser destruídos ou vendidos ás canles especia-lizadas en saldos editoriais.Os lectores e lectoras, asemade, son outra das partes que máis se van benefi-ciar desta decisión xa que teñen un acceso “case universal” a títulos especia-lizados por un prezo nunca antes imaxinado para os mesmos.

Planeta abre o primeiro outlet de libros na RedePlaneta abre o primeiro outlet de libros na Rede

Se un estudo pode vir máis a conto e ter máis relación máis directa co tema principal ao queestamos a dedicar o máis recente número de Código Cero, o Día das Letras Galegas e Día deInternet, celebrado neste mes de maio, ese é o elaborado polo portal de compravendaPriceMinister.es, que vén de revelar que un de cada tres internautas do noso país adquiriualgún libro a través de Internet nalgunha ocasión.

Damos�conta�das�últimas�iniciativasa�prol�do�tránsito�doslibros�cara�as�nosasmans�que�se�levaron�acabo�en�Internet��

Page 17: Codigo Cero 70

17libros e rede_raquel noya

A Organización das Nacións Unidaspara a Educación, a Ciencia e a Cultura(UNESCO), nunha aposta sen igual porfacer de Internet unha ferramenta para aconservación do patrimonio cultural daHumanidade, vén de por en marcha a súaBiblioteca Dixital Mundial, unha inicia-tiva que, entre outras cousas, ten comofinalidade incrementar a calidade e adiversidade dos contidos culturais naRede, e o que é máis importante, debalde.

O proxecto parte do pasado 2007,cando a UNESCO e máis a Biblioteca doCongreso dos Estados Unidos asinaronun acordo para a creación dunhaBiblioteca Dixital Mundial a través daque dixitalizar materiais excepcionais eraros procedentes de bibliotecas e insti-tucións culturais do mundo enteiro, paraseren difundidos de balde por Internet.

Agora a iniciativa vén de arrancar e osdocumentos dixitalizados inclúenmanuscritos, mapas, libros, partiturasmusicais, gravacións sonoras, filmes,gravados, fotografías, películas…

A ferramenta funciona nas seis linguasoficiais das Nacións Unidas: árabe, chi-nés, español, francés, inglés e ruso, asícomo tamén en portugués, e conta cunsistema de navegación e procura porlugar, data, tema e institución participan-te.

A idea de crear a BDM foi do directorda Biblioteca do Congreso de EstadosUnidos, James Billington, quen está con-vencido de que, ademais de fomentar odiálogo intercultural e o entendementointernacional, esta ferramenta “vai incre-mentar o volume de contidos de altacalidade dispoñibles de balde na Rede”.

Entre os grandes retos a afrontar, figu-ra tamén o de facilitarlles aos países endesenvolvemento equipos para a dixita-lización de materiais de arquivos ebibliotecas, de xeito que todas as naciónse rexións poidan participar e ter repre-sentación na Biblioteca Dixital Mundial.

Esta web, que como é evidente so poráa disposición dos internautas os docu-mentos de dominio público para evitarconflitos que puideran xurdir en relaciónaos dereitos de autor, dispón de 11millóns de ítemes dixitalizados, queestán a disposición dos usuarios e usua-rias dende hoxe.

A UNESCO, aínda que xa convidou arepresentantes das bibliotecas nacionaisde África, Asia, América, Europa eOriente Medio, só ten sumadas á súa ini-ciativa a Biblioteca de Brasil, aAlejandrina e a Nacional de Exipto, asícomo as Bibliotecas Nacional e Estatalde Rusia e a Dixital Iberoamericana eCaribeña, postas en marcha hai anospola propia UNESCO.

O pouco que se sabe do prototipo dafutura web é, segundo puidemos ler noxornal Ecodiario, que se caracterizarápor incluír un motor de procuras en múl-tiples linguas, que conterá varias posibi-lidades de recuperación e visualizaciónde materiais, amais de cronoloxías emapas, e incluso presentacións exhausti-vas efectuadas por universitarios e espe-cialistas en conservación.

www.unesco.org

A UNESCO estrea a súa Biblioteca DixitalA UNESCO estrea a súa Biblioteca DixitalMundial con 11 millóns de entradasMundial con 11 millóns de entradas

Se, tal e como vimos de comprobar, a Rede é un excelente medio para a venda de todotipo de produtos no que están a cobrar un papel salientable os libros impresos en papel,que non fará Internet polos libros dixitais?Os grandes grupos de prensa norteamericanos xa comezaron a ollar con esperanza caraás pantallas de tinta electrónica, o que inevitablemente fai que nos cuestionemos seestamos perante a prensa do futuro ou se non é máis que unha chamada de atencióndun sector tremendamente afectado pola crise. Sexa o que sexa, e esteamos ou non a falar dos libros do futuro que deixen caer noesquecemento aos libros de papel, o caso é que o portal de venda de libros Amazon vénde presentar o seu novo lector de libros electrónicos, o Kindle DX, unha versión do popu-lar Kindle que conta cunha pantalla máis grande que as dos seus predecesores e queestá pensado para ler tanto prensa como todo tipo de libros.A diferenza das pantallas de ordenador, que poden facer a lectura moi cansa ao emitirluz, as da maioría dos lectores de libros electrónicos ofrecen unha aparencia similar áde papel e un consumo de enerxía mínimo, que permite unha gran autonomía de lecturasen recargas.O aparello incorpora unha conexión de banda larga permanente que permite descargaros diarios aos que o usuario está aboado e os libros que adquira en Amazon, cunha cone-xión permanente e sen cotas durante toda a vida útil do aparello.Nembargantes, o feito de que o aparato leve incorporada a conexión sen fíos de bandalarga gratuíta (tamén Wi-Fi) implica que, polo de agora, só se vaia vender nos EstadosUnidos. En total, nos 3,3 xigabytes do aparello collen uns 1.500 libros, toda unha biblioteca quecolle na palma da nosa man e que Amazon calcula vender cun prezo inicial de 489 dóla-res, uns 369 euros. A pantalla do Kindle DX pode xirar de maneira horizontal e ofrece unha aparencia real depapel cando se lee, incluso á luz do sol sen reflexos. En definitiva, trátase dun trebello único que, ao igual que sucedeu cos teléfonos móbilesnos seus inicios, estará só ao alcance duns poucos para, posteriormente, convertersenun dispositivo imprescindible no día a día dos afeccionados á lectura.

NNoovvaa vveerrss iióónn ddoo ll eeccttoorr ee ll eeccttrróónn ii ccoo KK iinndd llee ppaarraa pprreennssaa

Hai agora aproximadamente un ano,nacía Bubok, un sistema de autopubli-cación e venda de libros que permitíaque calquera usuario cargase as súaspropias creacións en formato PDF paraobter unha copia impresa e poder ven-dela posteriormente a través da plata-forma, cumprindo así o soño de moitospoetas, novelistas e afeccionados aescribir que desexaban ver as súasobras nas librarías de todo o mundo.Agora, a Biblioteca Nacional vén dedecatarse das amplas vantaxes queofrece esta ferramenta e acaba de asi-nar un convenio de colaboración conBubok para a publicación e venda dassúas obras incluídas na BibliotecaDixital Hispánica.Cunha media de edición de 500 librosmensuais, entre eles un bo número denovelas, Bubok tamén se ocupa detodo tipo de obras, dende libros de

autoaxuda ata receitas de cociña, revis-tas ou temarios de oposicións, entreoutras temáticas.Agora, coa sinatura deste convenio coaBiblioteca Nacional, os usuarios daBiblioteca Dixital Hispánica poderánobter, de xeito doado, os exemplaresimpresos ou en formato electrónicoque desexen do devandito fondobibliográfico. Bubok, que vén de redeseñar a súaweb, leva publicados uns 8.600 librospor este método, permitiu a descargade outros 35.000 e vendeu uns 27.000libros en papel; unhas cifras que, deseguir así, multiplicaranse grazas aacordos tan singulares como o asinadocoa Biblioteca Nacional, unha iniciati-va que lle aforrará á entidade moitosmillóns de euros na creación e posta enmarcha dunha ferramenta semellantepropia.

A Biblioteca Nacional aproveita Bubok paraA Biblioteca Nacional aproveita Bubok parapublicar os seus fondospublicar os seus fondos

Page 18: Codigo Cero 70

18 memoria pixelada_marcus fernández

MemoriaPixelada:a�actualidade

dos�videoxogos�contada�dende�

o�cerne�de�GaliciaNa Internet é doado atopar moita infor-mación sobre videoxogos, pois por algoson a industria do lecer doméstico quemáis cartos move, pero curiosamente,aínda que varios dos espazos de referen-cia sexan de factura galega (coma Vandalou PixFans), a nova lingua está casetotalmente ausente nesta temática, o quelevou a un mozo de preto de Vila deCruces a emprender un novo blogue,Memoria Pixelada(memoriapixelada.blogspot.com), dendeo que recolle moitas das novas diariasdeste mundo que lle apaixona.Nós falamos con este blogueiro dende orural galego, Juan Skaltum Salgado, quennos permitiu coñecer algo máis da súapersoa:- ¿Poderías contarnos de onde vén atúa afección aos videoxogos?Podo dicir sen ningún tipo de medo, quemedrei cun pad na man. Dende que meagasallaron a NES, quedei totalmenteimantado por este mundo, e de isto xafará uns catorce ou quince anos, así quepodo presumir de pertencer a unha xera-ción de xogadores que viu evolucionar demaneira constante esta cultura. E con estaevolución non me estou referindo a pro-gresión na calidade dos videoxogos (quemoito habería que discutir), estoumereferindo ao enorme salto tecnolóxicoque supoñía cada cambio de xeración. - E vendo a túa longa experiencia comaxogador, ¿poderías facer unha escollados títulos dos que máis gustaches?Sería complexo elixir simplemente unpar de xogos despois de tantos anosxogando, así que vou citar os que máisme marcaron: - Banjo Tooie: sen dúbida o mellor plata-formas que existe , na miña opinión porenriba do grande Mario. É complexo des-cribilo, xa que o tiña case todo, dende unsgráficos impresionantes, duración lonxe-va, enormísima variedade de situacións,un apartado sonoro impresionante,misións secundarias do máis entretidas…

Imprescindíbel. - Primal: Un dos xogos que pasou senfacer moito ruído aos inicios daPlayStation 2, pero que dende logo posu-ía un desenrolo e un argumento dos máisentretidos. Por algún estraño motivoengatusoume. - ICO: unha historia tan entrañábel, pre-ciosa e máxica converteuse nun claroreferente do que pode ser un xogo impre-sionante. - Gears of War: hai un par de anos nin-guén pensaba que unha consola puidesemover uns gráficos tan impresionantes.Ofrenético estilo que o define, o carácteradulto xunto unha xogabilidade innova-dora, foron os responsábeis de introducireste título no podio dos mellores. Foi overdadeiro inicio desta nova xeración.Non quero deixar de mencionar outrostítulos como Zelda: Ocarina of Time,Super Mario Bros 3,Metal Gear Solid 3,God of War e tanto outros que axudarona elevar a calidade nas consolas. - Vexo que tanto lle das a videoconsolasde Nintendo coma se Sony. ¿Tes predi-lección por algunha plataforma enconcreto?Non son moi de mirar qué consola tenmáis opcións, nin cal lee máis formatos,simplemente me fixo nos seus videoxo-gos e hai que mencionar que nesta xera-ción a batalla sobre consolas está moitomáis igualada que na xeración anterior.Así e todo, supoño que me decantaríapola Xbox 360 polo feito de ser máis ren-dible, ademais hoxe por hoxe penso quecontén o mellor catálogo de todo o elen-co de videoconsolas desta terceira xera-ción. - Pero para informarte de todo o tocan-te ao sector, supoño que terás que tirarde moitas fontes na web.No meu blogue teño un enlace directocos medios que sigo a diario. MondoPíxel e HADOUKEN liderado por JohnTones, conteñen textos e artigos do máisinteresante que se pode atopar, aínda que

non se centra moito nas últimas novida-des. Para este fin, bótolle unha ollada aAnaitgames, cada vez máis obxectivapáxina (cousa difícil de atopar) ouGamesajare e Akihabarablues, taménmedios bastante entretidos e fiábeis. - ¿Cal foi o motivo que che levou aescribir un blogue sobre videoxogos?¿O seu nome ten algún significadoespecial?Sempre me quixen dedicar a algo relacio-nado cos videoxogos,como redactor nal-gunha revista ou páxina, pero como vexoque se vai a converter nun soño frustrado,pois vin no blogue unha forma de enga-nar as miñas propias ideas.E con relación ao nome, foi moi sinxelo,simplemente me abondou con pensar nosmellores momentos que pasei ao longoda miña existencia, e coincidía que encase todos eses bos momentos, atopába-me xunto a unha videoconsola. - ¿Que foi o que levou a que escolleseso galego coma lingua para escribir oteu blog?Despois de tentar buscar blogues e páxi-nas en galego dedicadas exclusivamentea este mundo e quedar frustrada a miñabusca, polo número tan limitado atopado,pensei que sería o momento de quealguén se puxera a facelo, porque estouseguro de que existirá unha minoría, edentro desa minoría unha elite, que lleagradará ver todas as noticias neste idio-ma tan castigado. É ben triste, que napropia Galiza e os propios galegos non sepreocupen nin sequera polo seu propioidioma, pola súa propia fala, é ben tristeque prefiran ver as novas noutra escritaque non sexa a nosa.Con isto son consciente de que me saca-rá moitos lectores o propio feito de queescriba no meu galego, pero creo que épreciso botarlle unha man a esta lingua, eprefiro aportar o meu graíño de area, aquedar indiferente ante esta situación. - ¿Poderías comentarnos cal é a túavisión da situación do sector dos video-xogos na nosa comunidade autónoma?¿Percibes algún tipo de fenda dixitalno lecer electrónico?Parece ser que Galiza é unha das comuni-dades autónomas que máis videoxogosconsome, así que penso que neste aparta-do non estamos tan mal. Ademais daexistencia de xuntanzas dedicadas á elec-trónica como Xuventude Galiza Net, faique se apoie de forma indirecta á situa-ción dos videoxogos.Con referencia á segunda pregunta,penso que para os consumidores, a prin-cipal fenda que podo atopar é a enormecalidade de títulos ruíns que sacan aomercado. Do único que se preocupan ascompañías é de sacar o máximo númeroposíbel de videoxogos no ano, sen preo-cuparse de ningún dos seus apartados.Tamén é certo, que para os creadores, aprincipal fenda que atopan é a piratería,pero é un tema que se lle dá máis impor-tancia da que verdadeiramente ten. O sec-tor dos videoxogos é un dos que máis

beneficio ofrece, así que non sei porquetanto problema, ademais, para rematarcoa piratería deberían ceder un poucotanto creadores como consumidores, enon creo que estean dispostos ningún dosdous bandos. - ¿Cómo valoras a actividade galega nosector con páxinas web comaVandal.net ou Botafumeiro e podcastcoma El Complejo Lambda?Honestamente, destes tres exemplos quemencionas, ningunha se pode considerarverdadeiramente galega, xa que non con-teñen ningún característica que nos repre-sente. Actividade galega neste tema é moilimitada, de feito moi pouquiñas páxinasatopas relacionadas con este sector. - E sobre o fenómeno dos podcast devideoxogos, ¿paréceche normal o cre-cemento esaxerado do fenómeno nosúltimos anos? ¿Segues algún destesmedios?Parece que a xente busca informaciónnoutros lugares a parte de páxinas, asíque atoparon nos podcast un formacómoda de enterarse das novas. Perocomo en todos os medios, hai que termoito tino, xa que a obxectividade hoxeen día é bastante difícil de atopar e conisto veñen os publirreportaxes.Por iso prefiro ler blogues, xa que nor-malmente nestes, non teñen problemaningún en dicir se un xogo é unha bazo-fia ou pola contra vale a pena.Tamén é certo que non hai mellor críticaque a nosa propia. - Os videoxogos están a perder forzanos quioscos e pasan a vivirse conmoita forma na Internet, a través deportais temáticos, blogs e mesmo pod-casts, pero ¿cómo explicas que tal éxitonon se traslade á televisión?Algún programa na televisión houbo,como One on One, pero parece ser queaos espectadores non lle interesaban estesprogramas, e por un lado é normal, xaque a calidade destes tampouco era nin-gunha esaxeración ademais de emitilosnunha hora bastante indesexada.Hoxe en día, existen moi poucos progra-mas dedicados aos videoxogos, pero nonme chaman demasiado a atención. - Para rematar, ¿qué esperas do teublogue? ¿Algunha idea de cara aofuturo?Nunca se pode esperar nada para que afrustración sexa menor, pero gustaríameque o meu blogue se convertese nunpequeno referente neste mundo dos vide-oxogos. De feito, tento ser o máis obxec-tivo posíbel con todas as miñas críticas,por suposto que as miñas opinións taménestarán plasmadas, as cales lle gustarán auns e desgustarán a outros, pero estoudisposto a ler calquera tipo de comenta-rio.Nun futuro gustaríame incluír un aparta-do de cine, que ben sabemos que o cine eos videoxogos están bastante ligados,aínda que iso sería no caso de que o meublogue tivese credibilidade nos lectores.

Skaltum botando unha partida ao Guitar Hero

Page 19: Codigo Cero 70

19Great Place to Work_redacción

Segundo conta no blog corporativo Alfonso Gutiérrez, director xeral de Velneo, a empresaque agora vén de ser recoñida por Great Place to Work xurdiu como adoitan a xurdir amaior parte dos proxectos, sen grandes diferenzas con outros moitos que si que fican nocamiño, pero se cadra cunha particularidade que poderíamos denominar a peza clave do

asunto: os amigos que sexuntaron na mesa paradebatir cara onde íantirar no eido do corpora-tivo querían, ante todo,pasalo ben. Finalmente,Visual MS constitúese o 9de abril de 1999 sengrandes alardes (os paisda iniciativa compartíanpiso e, sobre todo, moitotempo: 24 horas de convi-vencia diaria) e cun aga-sallo que xa lles viña casepor obriga: o bo ambiente,a xuízo de Gutiérrez, non

opcional, senón necesario para poder vivir. A idea do principio, a de facer todo o posiblepor conservar ese clima, foi milagrosamente mantida até o día de hoxe, e o recoñecemen-to recibido os días pasados non é máis que unha proba de que o mantemento e conserva-ción dese ambiente fíxose de maneira axeitada, e todo iso malia as constantes incorpora-cións de persoal, o medre inevitable de recursos físicos e tecnolóxicos de todo tipo e ochimpo a un mercado internacional que semella calquera cousa agás un xardín de repou-so.“O que nos fai diferentes e únicos” comenta Gutiérrez no espazo blog.velneo.es, “é a xenteque cre, que sente e que confía no noso xeito de facer”. E prosegue, falando do segredodo éxito e poñéndolle nome: “Cada membro do noso equipo achega un aspecto único, valio-so e insubstituíbel a este soño común, cada un deles fai coa súa aportación que isto sexaposible, e isto cómpre non esquezelo nunca”. Neste senso, tamén tivo palabras para defi-nir a reacción xerada no seo da empresa perante a nova da inclusión na listaxe de GreatPlace to Work: “Este recoñecemento cóllenos de sorpresa, xa que este era o primeiro anoque nos avaliaban dende esta fundación americana”. Por certo que para quen queira achegarse aos 10 anos de traxetoria da empresa galegae albiscar visualmente por onde hai que comezar para poñer a pedra dun ambiente labo-ral de primeira, sinalar que a empresa vén de habilitar en Flickr un álbum de fotos colec-tivo sobre as diferentes etapas do camiño percorrido. Podemos velo aquí:www.flickr.com/photos/visualms/sets/.

AAnntteecceeddeenntteess dduunn ééxx ii ttoo ee cc ll aavveess aa sseegguu ii rr

Premios�para�a�nosa�terra�enmateira�de�bo�clima�laboral�

Por certo que, para que quede claro quenon semella unha cousa amañada conaquelas firmas que máis potencial teríande imprimir variacións sobre os postosque ocupan, a clasificación está elabora-da a partir das testemuñas directas dospropios empregados de cada empresa etamén a partir da avaliación de diversomaterial entregado polas propias entida-des consultadas. Porén, o que máis desta-ca no proceso de elección é o incremen-to da satisfacción dos empregados, queeste ano conta 5 puntos máis respecto deoutras edicións. Neste senso, a compañía máis valoradapolos propios seus propios traballadoresresultou ser a páxina web Softonic.com,que foi escollida como a mellor firmapara traballar na categoría de 100 a 250traballadores.Os enquisados destacaron da empresa a“proximidade cos xefes, o sentimento deequipo, o orgullo pola firma e o compa-ñeirismo existente”.No tocante ás demais categorías, asempresas que encabezan a listaxe dosmellores sitios para desenvolver traballos

son as seguintes: Microsoft Ibérica (entre500 e 1.000 traballadores), Cisco (de 250a 500 empregados), e Grupo Visual MS(do que forma parte a galega de softwareVelneo, con sede no Porriño, e na moda-lidade de 50 a 100 empregados).Por certo que o equipo do Grupo VisualMS – Velneo salienta nesta clasificaciónpor ser, en referencia á idade dos traba-lladores, a firma máis nova de todas asempresas que concorren no devanditoranking. Asemade, cómpre sinalar que éesta a primeira vez na que se presenta.Para elaborar a listaxe, o instituto reali-zou un total de 177.923 enquisas a uns34.552 traballadores e preguntoulles,entre outras cousas, acerca da satisfac-ción coa súa retribución, se se sentíanvalorados, se o seu xefe era xusto e pró-ximo e se estaban motivados e orgullososde traballar na empresa.Como curiosidade, este ano aumentouconsiderablemente o número de empre-sas con capital maioritariamente españolque se meteu na escolma final das 50mellores para traballar. Deste xeito, se en2007 había sete empresas deste tipo na

listaxe, este ano a cifra triplicouse ataacadar as 21 empresas.A galega R, que entra na categoría de

entre 100 e 250 empregados, tamén figu-ra na listaxe como unha das melloresempresas para traballar de toda España.

O equipo de Velneo celebrando os seus dez anos de actividade

As�galegas�VisualMS-Velneo�e�R,�entre

as�mellores�empresaspara�traballar�do�paíssegundo�a�instituciónnorteamericana�Great

Place�to�Work�

A institución norteamericana Great Place to Work (www.greatplacetowork.es), que dende1984 elabora cada ano a Best Work Places, unha listaxe que dá conta das 50 mellores empre-sas para traballar no mundo, vén de facer público recentemente o seu ranking español decompañías-paraíso, que na categoría de máis de 1.000 empregados (a máxima que rexistra)está encabezado por Wolters Kluwer España, á que seguen respectivamente VodafoneEspaña e Lilly.

Page 20: Codigo Cero 70

O�MITO�DE�CTHULHU�

A realidade non sempre é o que pare-ce. E, ás veces, non debe selo. Un dosprincipios básicos cando un escribe fic-ción é que debe crearse unha atmosferade inquietude partindo dos obxectoscotiáns. O medo vén de que o coñecidonon se comporte de xeito habitual.

Un dos mestres do conto de terror é H.P. Lovecraft. Un xenio solitario e excén-trico que a través do Círculo deLovecraft compuxo os mitos deCthulhu; en gran parte, lévedo para oconto naturista de terror moderno. Sequeremos ver a supervivencia destesmitos, cómpre que vexamos a películade Hellboy. Claro que se temos en contao éxito dos vampiros desvampirizadosde S. Meyer, estaremos a retroceder aoRomanticismo máis pueril.

O tema é que o pasado día 29 de abril,Richard Stallman estivo en Santiagopara falar de Que é o software libre? Oobxecto de Richard, ademais de promo-ver a cultura do software libre, foi vir aapoiar a distribución de GNU/Linux,Trisquel, da que é padriño. Stallman,como Lovecraft, é un xenio excéntrico.Se aquel parará á historia da literatura,este fará o propio na da cultura de masas

contemporánea. Inventou o copyleft emáis o tetrálogo das liberdades.Comezamos a explicación por estas últi-mas. As liberdades son:

• Executar un programa informáti-co como o usuario desexe.

• Estudar o código fonte e mudalo.• Axudar ao próximo distribuíndo

copias exactas.• Contribuír á comunidade repar-

tindo copias modificadas por ti.

A primeira das liberdades é a básica.O usuario debe estar en disposición defacer o uso que precise do softwareposto que é el quen ten o problema.

A segunda liberdade é a máis relacio-nada coa informática. Para poder adap-tar os programas ás túas necesidadesprecisas dúas cousas: ter o código deprograma e saber programar. A primeiraé sinxela en termos de programaciónaberta –non así no software privativo,que dá compilado o programa sen per-mitir o acceso ao código -, a segunda é aarela do que escribe. Se cadra algún díao noso sistema educativo estea baseadono coñecemento e non na retención esté-ril dos datos.

A terceira liberdade e a cuarta son asque converten a Richard en algo máis caun simple programador, é un filósofo. Éa parte social e solidaria da súa mensa-xe. Con razón D. Lessing lle chama asína introdución ao seu libro Softwarelibre para unha sociedade libre. Richardtranscende o simple eido da informática

para darlle a esta nova forma de coñece-mento baseada en máquinas un compo-ñente ético.

O coñecemento debe ser libre porqueé a única maneira de crear unha socieda-de autenticamente democrática, e se asociedade é democrática, colaborar enigualdade é inevitable.

1. Sobre deuses arquetípicos e primordiais

20 linux educativo_diego rosales

Por Diego Rosales Galiñanes

Seguindo coa presentación de Lovecraft, podemosdicir –facéndolle caso ao seu San Pablo, AugustDerleth- que os deus Primordiais son os bos e os arque-típicos, os malos. Aquí o importante é que “primordial”tamén refire a súa aparición temporal. Richard é dosanos 70, hacker do mítico laboratorio de IntelixenciaArtificial do Instituto Tecnolóxico de Massachussets; eLinus Torvalds é un estudante finés que nos anos 90desenvolveu unha peza –fundamental, iso si-, o kernelou núcleo dun sistema operativo que, ao comezo, outraironía, non foi libre. Porén, hoxe todo este sistema reci-be o nome arquetípico de Linux -Linus/Unix. A partepolo todo.

É de recibo que o creador do resto do sistema, o GNU–GNU is not Unix-, se alporice. O 99% do traballo édel, e é o outro quen se leva o mérito. E se só fose isto,pois aínda. Pero o deus Arquetípico, o malvado, faibrincadeiras cos esforzos dos deuses bos e rise dos seusadoradores. Richard di ao respecto: “El –Torvalds- bur-louse publicamente dos dereitos dos usuarios”. Estáclaro: Linux es Cthulhu. A gran besta ponzoñenta quehabita no máis fondo.

E a falta de amuleto da estrela de cinco puntos que seafasta, unicamente temos as bandeiras que representanas catro liberdades GNU. A contenda pode ser longa,pero, sendo teimudos, venceremos.

2. Linus Torvalds

Diego Rosales con Richard Stallman en Santiago de Compostela

Page 21: Codigo Cero 70

21

“Non�hai�un�sector�concreto�que�prescinda�da�Rede,�pero�si�un�empresario�concreto:o�acomodado�conservador”

A Rede, definitivamente, non seríaaquilo que pediríamos se estivésemos nomar, un pouco perdidos, e visemos pasarun barco. Ditou doutro xeito: non é unsalvavidas para ningunha empresa, e haimoitas que non precisan de Internet, perosi que pode ser, para algunhas outras, avoz que estaban a agardar ante a seguin-te pregunta: podo mellorar a imaxe, acarteira de clientes e as comunicacións?Segundo conta Xosé Rivera, director dagalega plantillasweb.org, as novas tecno-loxías, empregadas con cabeciña, teñenfeito moito por unha chea de compañías,polo que de boas a primeiras ninguéndebería crerse merecedor dun trato dife-rente (negativo). Neste senso, o primeiroque debe ter en conta un empresario éfacer coa Rede o mesmo que adoita afacer con calquera recurso que se lle pondiante: investigar. Se o proceso vainolevando paseniño cara a unha perspectivade medre, entón mellor non dubidalo:cómpre que se lance á Rede e abandonedunha vez por todas as fileiras dun colec-tivo que por desgraza semella que abon-da moito por estas terras, o que a xuízode Rivera é o dos “empresarios acomo-dados conservadores”.

Para eles e, sobre todo, para os que nonqueren nin por asomo que lles poñan aetiqueta, plantillasweb.org ten unha seriede propostas: Para comezar: que tal unhaweb a moi bo prezo e ao alcance de todosos petos? Ou ben lowcost, “como diríanos estranxeiros”, puntualiza Riveradende a súa web, especializada en vendae edición de plantillas.

Máis información sobre as ofertas pos-tas en xogo en plantillasweb.org

-Podemos dicir que hoxe en día haidemanda real na nosa terra de servizosde creación de webs para as empresas?Se é así, por que se tardou tanto enchegar a este punto? A comunicaciónen liña xa non se ve como algo do quese pode prescindir?

-Si, hai demanda, en realidade é unmercado moi importante. Nos primeirosanos estivo rexido pola confusión donovo medio e do xurdimento de moitasempresas con distintas filosofías de tra-ballo, agora o empresario sabe o quequere e o que precisa ou finalmentecomeza a confiar nos profesionais concredenciais.

Certamente non é unha ferramentaimprescindible para todas as empresaspero si de gran axuda ou fundamentalpara a maioría, o principal e que o propioempresario debe saber e debe investigaren que o pode beneficiar, pois el mesmoé o responsable do benestar da empresa;debe facerse as seguintes preguntas:

-Pódeme axudar a chegar a xunto máisclientes?

-Pode mellor a imaxe da miña empre-sa, dos meus produtos, do meu proxecto?

-Pode axilizar a comunicación, aforrar-me trámites?

-A miña web pode ser un comercialincansable sempre dispoñible?

Para a maior parte dos que emprende-mos un proxecto empresarial as respostasson positivas.

-Hai no noso país algún sector queestea a rexeitar a comunicación quesubministra a Internet malia precisaloespecialmente? Credes que, por exem-plo, é necesario hoxe en día que todorestaurante teña a súa páxina web par-ticular, con datos e novas sobre as acti-vidades e as ofertas postos en xogo?

-Non hai un sector en particular, si haiun empresario en particular: o acomoda-do conservador. A vida empresarial éunha experiencia retroactiva na que sem-pre debemos estar atentos as flutuaciónsdo mercado, as innovacións, aos cam-bios; todo isto é unha responsabilidadedo empresario. Sen embargo, son palpa-bles en Galicia moitos casos de empresasque acadan un benestar nos primeirosanos e deciden seguir cara adiante conese comportamento protocolario para oresto da súa existencia, somos emprende-dores pouco ambiciosos.

No caso do restaurante, é un valorengadido máis, a súa rendibilidade sabe-riámola cun estudo dos seus clientespotenciais.

-Que equipo de traballo se precisapara facerlle fronte á demanda cunpaquete de servizos como o que vósofrecedes? Canto sodes e dende ondetraballades? A que tipo de profesionaisdades acubillo?

-Para cubrir con solvencia o traballoweb precísanse tanto deseñadores comoprogramadores ademais de unha persoaque coordine e dirixa a ese equipo; e eseé o noso caso: en www.plantillasweb.orgsomos 2 deseñadores, 1 programadores,1 editor de vídeo e 1 director.

As nosas oficinas están en San Lázaro;Santiago, a carón do Pazo de Congresos,é un estudo de deseño que calquera podevisitar.

-A quen vos dirixides principalmen-te? A empresas dun determinado sec-

tor ou pertencentes a todo o noso teci-do económico? A empresas de peso ouás de máis reducido tamaño?

-A proposta que facemos con este pro-xecto está dirixida a empresas de todotipo de sectores e en canto ao tamañosobre todo as pemes, xa que se trata deunha proposta innovadora: webs a baixocuste (lowcost como dirían os estranxei-ros ), aforrámonos o proceso máis confli-tivo: a creatividade, xa que o cliente elixeentre miles de predeseños e vendemos unproduto cerrado, o cliente sabe o que estámercando, elixe o que merca.

-Que ofrecedes vós que non estea xano mercado con outro nome?

-O noso proxecto en si, existen empre-sas que fan webs, existen empresas quevenden plantillas, pero ninguén se atre-veu a facer un produto pechado de ventae edición de plantillas. Quizais non lleviron a rendibilidade que nos lle atopa-mos, é un produto no que tanto o clientecomo nos saímos gañando.

-Tendo en conta que dende a vosafirma achegades modelos de plantillaspara desenvolver páxinas web, non secorre o risco de que a dunha empresadeterminada remate por asemellarse aoutra?

-Se o fixeramos a mantenta e sen sen-satez sería posible, pero tende en contaque dispoñemos de vaias ducias de milesde plantillas, incluso antes da edición ecostumización. Nós mesmos asesoraría-mos ao cliente para que distinguirse dou-tras empresas. Tamén debemos ter enconta que moitas casas, coches, etc fansecuns mesmos materiais ou compoñentesé finalmente son produtos totalmentediferentes, a cuestión e que sexan funcio-nais e bonitos simplemente.

-Amais de poñerlle faciana a unhacompañía na Sociedade daInformación, que máis lles ofreces ásempresas?

-Os nosos clientes obterán ademais dasúa propia web os arquivos bases parapodela modificar no futuro, e mesmousalos como base da súa imaxe paraoutros proxectos é dicir que serán total-mente independentes de nós. Do mesmoxeito o seu propio dominio estará ao seunome para que eles mesmos o poidanxestionar se así o desexan.

-Por facérmonos unha idea e entran-do no terreo dos prezos, canto lle cus-taría a unha firma que contactase con-vosco manter un sitio en liña na Rede,propio de seu, con todo o que iso impli-ca no eido das vantaxes e dos recursosconcretos?

-600 €O cliente elixiría a súa plantilla e o seu

dominio, indicaríanos a información quequere ofrecer a semana seguinte tería asúa web funcionando.

-En que linguas traballades? Dadesservizos en galego?

-Galego, español e inglés-Facedes webs para empresas de

xeito exclusivo ou tamén a nivel departiculares?

-Tamén temos clientes particulares, osblogs de deseño e as galerías fotográfi-cas personalizadas teñen un gran poten-cial.

Máis información en:

www.plantillasweb.org

plantillasweb.org_redacción

Falamos�con�Xosé�Rivera,�director�dun�servizogalego�especializado�en�venda�e�edición�de�plantillas�para�espazos�comerciais�en�liña�debaixo�custe:�plantillasweb.org

Page 22: Codigo Cero 70

Activision e Bizarre Creations están a traballar nun novo videoxogopara Xbox 360, PlayStation 3 e PC que chegará no outono e que pre-tende revolucionar o xénero das carreiras de automóbiles. Blur será untítulo realmente trepidante no que contaríamos con 20 coches nun cir-cuíto e que sorprende por contar cuns gráficos fotorrealistas; osxogadores poderán realizar ataques ofensivos e defensivos mentresloitan por liderar as carreiras, que se desenvolverán por circuítos reaisque van dende Los Ángeles e San Francisco ata as rúas de Hackney(Reino Unido) ou as estradas de Barcelona.

Sobra dicir que o xogo tamén contará con modos multixogador enequipos, de xeito que poderán competir ata 20 participantes en liña eincluso 4 xogadores na mesma consola (mediante pantalla partida).

GUITAR HERO 5 INCLUIRÁ NOVOSMODOS DE XOGO

A franquía de Guitar Hero quere continuar a liderar as vendas e non quedar atrásen innovación, polo que xa anuncian detalles para o Guitar Hero 5 que chegará noverán para Xbox 360, PlayStation 3, PS2 e Wii, e que por primeira vez permitirá cam-biar a composición dos grupos que formemos cos nosos amigos, non só no tocanteá súa aparencia, senón tamén na selección de instrumentos que utilicen, de xeito queserá posible facer case calquera combinación de guitarras, baixos baterías e can-tantes. Será así posible contar cunha formación con 3 guitarras e un cantante, con2 baterías e un baixo… o que pode parecer unha tolería, pero permitirá que a xentegoce ao tocar sempre que queira o seu instrumento favorito.

Guitar Hero 5 contará con 2 novos modos de xogo: Party Play (no que os xogado-res poden cambiar de modo de xogo, dificultade e canción dun xeito moito máis rápi-do que os actuais) e Rock Fest (que presente distintos modos de enfrontamentocara a cara tanto en liña coma en modo local).

O xogo tamén carecerá de temas desbloqueables, de xeito que dende o primeiromomento poderemos interpretar calquera tema en Partida Rápida, o que agradece-rán os usuarios que teñan máis títulos da saga, e que non se verán forzados a rema-tar un xogo máis para poder gozar dos seus temas preferidos.

No tocante ao repertorio, están confirmados os temas Sympathy for the Devil dosRolling Stones,All Along TehWatchtower deBob Dylan, BlueOrchid dos WhiteStripes, No OneTo Depend On deSantana, RunninDown a Dreamde Tom Petty,Ring of Fire deJohnny Cash eSex on Fire deKings of Leon.

BLUR CHEGARÁ NO OUTONO PARA REVOLUCIONARO XÉNERO DE CARREIRAS

22 xogos_ESCOLMA DA WEB DE CÓDIGO

A WII CONTARÁ CUN XOGO DEPILATES NO VERÁN

A modelo e actriz cubano-española Daisy Fuentes é coñecida nos EE.UU. polassúas intervencións coma presentadora na MTV e por anunciar vídeos de Pilatesna televisión, o que aproveitan dende SEGA para lanzar un novo xogo para Wii,Daisy Fuentes Pilates, que fará uso da táboa de equilibrio da consola deNintendo, seguindo os pasos do Wii Fit, pero cambiando o ioga polo Pilates.

O xogo busca acadar unha experiencia máis completa que cos adestramentosen guiados por gravacións en DVD, xa que emprega os controis da Wii para moni-torizar os movementos e conseguir unha resposta instantánea, asegurando queos movementos dos usuarios sexan os axeitados para que rendan o máximodurante as súas sesións de Pilates.

Daisy Fuentes presta a imaxe ao xogo e tamén pon a voz a este produto, des-tacando o feito de que permite elixir entre español e inglés, algo pouco habitualen produtos lanzados nos EE.UU., país no que Daisy Fuentes Pilates verá a luz novindeiro verán, descoñecéndose polo momento se chegará a Europa.

A finais dos anos 80 nos ordenadores persoais arrasaba Dinamic e osseus xogos, sendo un dos máis representativos o Navy Moves (que viña atomar o relevo do aínda máis popular Army Moves), e agora FX Interactiveestá a traballar nun remake para PC, que xa vai na versión 3.2 (que inclúemelloras como unha tenda de armas onde os xogadores poden mercar obxec-tos para mellorar as súas habilidades de combate) e que acumula xa 50.000betatesters e un millón de partidas xogadas, polo que a compañía lanzaMuerte en el océano, un episodio inspirado na primeira fase do título orixinalque agora cumpre 20 anos.

A versión de proba deste xogo está a explorar distintas fórmulas para ren-dibilizar o seu desenvolvemento, de xeito que as primeiras partidas a unhasfases inspiradas no vello Army Moves aparecerán patrocinadas por publici-dade de xogos de FX Interactiva (veremos un anuncio por cada vida perdida),mentres que para continuar a xogar será preciso facer micro-pagamentos, oque lembra aos tempos dos salóns recreativos, nos que había que metermoedas para seguir xogando. Estará por ver se esta fórmula chega a impor-se, ou se pola contra a adquisición do xogo coma un produto completo perma-nece inmutable.

A VERSIÓN DE PROBA DO NAVY MOVES SUMA 50.000USUARIOS E SUPERA O MILLÓN DE PARTIDAS

Page 23: Codigo Cero 70
Page 24: Codigo Cero 70