coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudos ... · Trazantes de Tenorio (Pontevedra),...

3
As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño. Elena recordaba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podían permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As cantigas de Elena. O propósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parte a produción, os arranxos musicais e as composicións, que pretenden transmitir a esencia do canto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.

Transcript of coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudos ... · Trazantes de Tenorio (Pontevedra),...

Page 1: coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudos ... · Trazantes de Tenorio (Pontevedra), directora de pandeireta para adultos na Asociación Cultural Folclórica Trompos ós

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena recordaba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podían permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As cantigas de Elena.

O propósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parte a produción, os arranxos musicais e as composicións, que pretenden transmitir a esencia do canto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.

Page 2: coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudos ... · Trazantes de Tenorio (Pontevedra), directora de pandeireta para adultos na Asociación Cultural Folclórica Trompos ós

Tamén participa neste proxecto o enxeñeiro de son dos prestixiosos PKO Studios (Boadilla del Monte), o tres veces gañador dos Latín Grammys, Caco Refojo, irmán de Pipo Alvariño. Para realzar estas melodías e o acompañamento instrumental, Pipo e Caco entenderon que a gravación debería realizarse ao vivo aproveitando a excelente calidade de son que só PKO Studios pode ofrecer, e así transmitir o carácter das cancións do xeito mais fiel posible.

PIPO ALVARIÑO Licenciado en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo, Pipo é o produtor do proxecto. O encargado de vertebrar os arranxos e as composicións orixinais coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudos musicais no Conservatorio de Pontevedra e dende moi novo comeza a tocar a guitarra en diversas agrupacións e grupos musicais. Compoñente da banda de folk Pepe Vaamonde Grupo dende o ano 2002 como guitarrista e arranxista. Actualmente compaxina esta labor de intérprete, arranxista, produtor e compositor coa docencia.

MARÍA VIDAL Licenciada en Xeografía e Historia pola USC e Graduada en Historia da Arte pola UNED, María e a alma do proxecto, unha das mellores interpretes de música tradicional galega e a cantante favorita de Elena. No ano 1992 comeza a dirixir diversas agrupacións folclóricas e actualmente é directora do grupo de

Page 3: coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudos ... · Trazantes de Tenorio (Pontevedra), directora de pandeireta para adultos na Asociación Cultural Folclórica Trompos ós

pandeireta Seixebra de Moraña (Pontevedra), do grupo de pandereteiras Riscadela de San Xoán de Calo (Teo, A Coruña), do grupo de Pandereteiras dos Trazantes de Tenorio (Pontevedra), directora de pandeireta para adultos na Asociación Cultural Folclórica Trompos ós Pes de Marín e directora do grupo de pandereteiras Trébede. Tamén forma parte do grupo de música tradicional Vilarachos ademais de impartir numerosos obradoiros de canto e pandeireta. Colaborou en varios traballos discográficos de grupos como Pepe Vaamonde Grupo, Ardentía, Rumbadeira ou Trompos ós Pes.

MIRYAM GONZÁLEZ Profesora de acordeón polo Conservatorio Superior de Barcelona e mestra na especialidade de Música pola Universidade de Oviedo, Miryam é o contrapunto perfecto das melodías tradicionais de Elena. Comeza a tocar o acordeón aos sete anos na Escuela Municipal de Música de El Franco (Asturias), escola que acabará dirixindo. Impartiu docencia en varios conservatorios e escolas de Música. Na actualidade compaxina a súa faceta de acordeonista coa de mestra de educación musical.

CONTACTO: TELF: 0034 696943293 MAIL: [email protected] WEB: ASCANTIGASDEELENA.COM