CLUB DE LECTURA

10
O CADERNO AZUL O segundo libro que lemos no club de lectura titulase ``O caderno azul’’. O libro trata dunha nena chamada Anxélica que vive co seu avó en Vigo, ten unha irmá chamada Marta que vive con seus país na Coruña. A Anxélica , que era unha nena moi inqueda gustáballe moito o deporte. Un día xogando o balonmán rompeu a cadeira, e como non podía facer deporte comenzou a ler e a escribir poemas. Seu avó, o ver a súa neta preferida disfrutar coa lectura e a escritura regaloulle un caderno coas tapas azuis. Entón Anxélica comenzou a escribir no caderno azul, sobre os seus amigos, os seus pensamentos, desexos e andanzas. O seu mellor amigo chamábase Xurxo , e por el, tiña unha inimiga declarada, chamada Rita, xa que a Rita gustáballe el. Rita tiña celos de Anxélica por ser tan amiga de Xurxo. Pero, Rita e Anxélica foron facéndose amigas. A familia de Anxélica dábase conta que non se recuperaba senón que iba empeorando día a día, polo que tiveron que levala a Barcelona a facerlle unhas probas. O resultado destas probas foron desconsoladoras pois Anxélica tiña SIDA, collerá o virús nunha transfusión de sangue que lle fixeran. Pouco a pouco, foi facéndose a idea da súa enfermidade e do seu tratamento pero esperaba que os seus familiares e amigos non a tratasen como unha apestada porque non podería soportalo aínda que no fondo sabe que conta con todos eles. ESTRUCTURA O libro esta escrito dun xeito diferente aos que eu lin. Cóntase unha soa historia pero cada personaxe conta nun capítulo a súa forma de ver a historia.

description

Comentarios sobre libros de lectura

Transcript of CLUB DE LECTURA

O CADERNO AZUL

O segundo libro que lemos no club de lectura titulase ``O caderno azul’’. O libro trata dunha nena chamada Anxélica que vive co seu avó en Vigo, ten unha irmá chamada Marta que vive con seus país na Coruña. A Anxélica , que era unha nena moi inqueda gustáballe moito o deporte. Un día xogando o balonmán rompeu a cadeira, e como non podía facer deporte comenzou a ler e a escribir poemas. Seu avó, o ver a súa neta preferida disfrutar coa lectura e a escritura regaloulle un caderno coas tapas azuis. Entón Anxélica comenzou a escribir no caderno azul, sobre os seus amigos, os seus pensamentos, desexos e andanzas. O seu mellor amigo chamábase Xurxo , e por el, tiña unha inimiga declarada, chamada Rita, xa que a Rita gustáballe el. Rita tiña celos de Anxélica por ser tan amiga de Xurxo. Pero, Rita e Anxélica foron facéndose amigas. A familia de Anxélica dábase conta que non se recuperaba senón que iba empeorando día a día, polo que tiveron que levala a Barcelona a facerlle unhas probas. O resultado destas probas foron desconsoladoras pois Anxélica tiña SIDA, collerá o virús nunha transfusión de sangue que lle fixeran. Pouco a pouco, foi facéndose a idea da súa enfermidade e do seu tratamento pero esperaba que os seus familiares e amigos non a tratasen como unha apestada porque non podería soportalo aínda que no fondo sabe que conta con todos eles.

ESTRUCTURA

O libro esta escrito dun xeito diferente aos que eu lin. Cóntase unha soa historia pero cada personaxe conta nun capítulo a súa forma de ver a historia.

AUTORA

A autora deste libro chámase An Alfaya. Naceu en Vigo, no 1964; estudiou na escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía e Detective privado na Universidade Complutense de Madrid. Foi Co-fundadora do Teatro Avento de Vigo. Ten diversos premios e accésits do teatro infantil e para adultos. Entre os premios destacamos o Premio Merlín por “Sireno, Sireno!”, o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil por “A sombra descalza” e o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil por “ Illa Soidade”.

RELACIÓNS PERSOAIS

Neste libro atopamos relacións de moitos tipos: o avó e a neta, Xurxo e Anxélica, Rita e Anxélica, Marta e a súa irmá e Xurxo cos seus pais.

POEMAS

Como xa dixemos no resumen, Anxélica comenzou a escribir poemas. Buscaba a inspiración en calquer cousa, como, por exemplo, nos ollos do seu avó, no seu cuarto, nas flores ou as formiguiñas. Algúns escribíaos para os seus amigos e outros só porque lle inspiraba algún sentimento nese momento.

A SIDA

A raíz deste libro “ O Caderno Azul” no noso Club de Lectura falamos da enfermidade da SIDA. Esta enfermidade afecta os seres humanos, e contáxiase, non por tocarnos ou bicarnos, senón pola transmisión de fluidos coma o semen, secrecións vaxinais ou leite materna. O día Mundial da Loita contra a SIDA celébrase o 1 de decembro. Os científicos puxéronlle a este virus VIH. A SIDA descubreuse o 15 de xuño de 1981.

OPINIÓN PERSOAL

A min pareceume un libro moi sentimental e algo triste pola enfermidade da protagonista pero con moito amor e moita esperanza para as persoas que sofren a SIDA. Cos comentarios que fixemos no Club de Lectura aprendín que a SIDA é unha enfermidade moi dura pero tan importante como os medicamentos, para facela máis levadeira, e que non te deixen só e afastado, e sentirse querido e arroupado pola túa familia e os teus amigos.

CARLA MIRANDA COSTA

Club de lectura 5º curso

Neste mes de Novembro, no “Club de lectura 5º curso” comezamos a ler o libro titulado O

caderno azul, escrito por An Alfaya e ilustrado por Ricardo Pérez Rilo.

A autora deste libro naceu en Vigo no ano 1964 e estudou na Escola de Formación de

Profesorado desta mesma cidade a carreira de Criminoloxía. Tamén se formou como detective

privado na Universidade Complutense de Madrid. Os seus libros van destinados a todos os

públicos.

Escribiu numerosas obras, algunhas delas son as seguintes:

Caderno azul

¡Sireno , Sireno!

Os seres con raíces na cara

A encontadora

A buguina namorada

Recibíu varios premios:

¡Sireno, Sireno! Premio Merlín (1997)

A sombra descalza Premio Lazarillo

Illa soidade Premio Fundación caixa Galicia de Literatura xuvenil (2007)

Este libro en concreto está estruturado dun xeito pouco habitual xa que os personaxes relátannos

outras historias secundarias, que se desvían do tema principal e fan que o libro sexa máis

interesante.

O caderno azul trata dunha rapaza chamada Anxélica que, un día nun partido de balonmán

lesionou a cadeira e non puido practicar deporte que era o seu maior entretemento.

Como estaba na cama aburrida e desgustada comezou a collerlle gusto á lectura e tamén á

escritura, cousas que antes consideraba case unha obriga. Empezou a escribir día tras día os seus

sentimentos no caderno de tapas azuis que lle regalara o seu avó David,co que tiña moi boa

relación. Anxélica recibía visitas dos seus amigos: Xurxo, Xavier e Rita.

O avó David comezábase a preocupar porque a rapaza ía empeorando día a día. Entón foi facer

unhas probas ó hospital, onde lle detectaron a enfermidade do Sida, a cal lle trasmitiran cando foi

operada da cadeira. Os médicos mandarona ir á cidade de Barcelona a buscar un tratamento

apropiado.

Cando os seus amigos se decataron puxéronse moi tristes, pero aínda con esperanza, decidiron

facerlle una festa de benvida para cando regresase da súa viaxe a Barcelona.

A raíz deste libro aprendemos cousas novas sobre a enfermidade do Sida, agora sabemos que

afecta ó sistema inmunitario, debilitándoo e danándoo progresivamente. Unha vez que unha

persoa se infecta polo VIH é posible que non sea consciente disto, xa que os síntomas non teñen

unha manifestación clara tras contraer o virus.

Podemos diferenciar distintas fases polas que pasa dito virus, en función dos síntomas que

presentan os pacientes:

Infección primaria: Nesta fase pode que non existan síntomas, ou ben, presentar o

síndrome retroviral agudo.

- Fase 1: Comeza a danar o sistema inmunitario.

- Fase 2: Febre, perda de peso, infeccións en vías respiratorias…

- Fase 3: Febre severa, Tuberculose pulmonar etc. Nesta fase algunhas persoas teñen

Sida.

- Fase 4: Todas as persoas infectadas teñen Sida.

Podemos establecer que as formas de contaxio máis habituais xiran entorno a tres variables:

Sangue: Contén a concentración máis alta do VIH

Fluidos: (Semen e secreccións vaxinais)

Leite materna.

Con motivo do día Mundial da vacina contra o sida e recentes avances científicos nesta materia,

estanse xerando expectativas moi optimistas ó incrementar a loita contra o virus e erradicalo.

Por último quero comentar unha serie de relacións afectuosas presentes no libro. Por exemplo as

amizades entre Anxélica e Rita que, ó principio non conxeniaban, pero Rita foise achegando a

Anxélica porque viu que ela era una boa persoa. Outro caso é o de Xurxo e Marta que se

coñeceron nunha biblioteca e, a pesar de que Xurxo é dous anos menor,conxeniaron moi ben.

Moi envidiable resulta a relación entre Anxélica e o seu avó que mantiñan unha relación un tanto

especial.

Finalizaremos decindo que a clase de 5º recoméndalle a todos/as que lean, disfruten e ó mesmo

tempo aprendan con este libro, cargado de emocións, con momentos tristes e alegres. Ademáis

vanvos gustar moito os poemas de Anxélica escritos no caderno azul. Esperamos que disfrutedes

da lectura!

Durante o mes de novembro, na clase de 5º lemos un libro

titulado “O caderno azul” escrito por una escritora moi famosa An

Alfaya. A estrutura do libro chamounos moito a atención a todos

porque está baseado como o que pensa e fai cada un dos

personaxes.

O conto trataba dunha nena chamada Anxélica a que lle

gustaban moito os deportes. Un día, xogando ao balonmán, rompeu

as cadeiras, e tivérona que operar, dende aí comezaba una nova

etapa na súa vida.

O seu avó mentres estaba paralítica das pernas regalaralle

un caderno de cor azul no que ela escribía todo o que facía e

pensaba.

Anxélica, era moi boa persoa, e todos a apreciaban moito,

excepto unha nena chamada Rita que lle tiña envexa. Un día a

Anxélica ocorréuselle a idea de que se fixera un taller de xogos de

mesa, dende aí Anxélica e Rita fixéronse amigas.

Pasaba o tempo e anxélica non recuperaba, entón decidiron

facerlle unhas probas, cando chegaron os resultados ao hospital

todos se deron de conta do que de veras pasaba, Anxélica tiña a

enfermidade do sida.

E así foi como acabou, a verdade é que foi un final bastante

triste e inesperado.

A raíz deste libro, no noso club de lectura, aprendemos moitas

cousas sobre a enfermidade do sida, que se transmite polo sangue e

por relacións sexuais sen prever, e non ten cura.

Tamén falamos das relacións persoais do libro, hai relacións

de amizade como a de Anxélica e Rita (ao final), a de Xavier e Xurxo

que a pesar de que tiveron uns cantos piques eran os mellores

amigos. Tamén hai relacións familiares, como a de Anxélica e o avó

David, que é fermosa porque nunca berran un co outro, Xurxo,

como moita xente, tivo que pasar por unha etapa moi difícil, xa que

seus país se separaran, Anxélica e súa irmá Marta tiñan unha

relación moi normal, como a de calquera entre irmáns. E por último

as relacións do amor como a de Marta e Xurxo que viviron entre eles

a maxia do primeiro bico nos beizos, ou tamén está Rita e Ramón

que se coñeceron nunha biblioteca e ao final acabaron sendo

mozos.

Este libro ten escritos poemas moi bonitos, eu destacaría un

que fala do avó David, que é o avó de Anxélica, está escrito coma un

texto literario porque fala dos ollos, pero o que realmente quere

expresar é que o avó David é moi boa persoa e que nunca engana.

Para min este libro foi xenial. Encantoume!

Lorena 5º

CLUB DE LECTURA

“O CADERNO AZUL”

O caderno azul, é un libro para nenos escrito por An Alfaya e trata sobre o

tema do SIDA na infancia.

No club informámonos sobre esta enfermidade que se desenvolve como

consecuencia da destrución progresiva do sistema inmunitario (das defensas do

organismo), producida por un virus descuberto en 1983 e denominado Virus da

Inmunodeficiencia Humana (VIH). Defínena algunha destas afeccións: certas

infeccións, procesos tumorais, estados de desnutrición severa ou unha afectación

importante da inmunidade.

A palabra SIDA provén das iniciais de Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida,

que consiste na incapacidade do sistema inmunitario para facer fronte ás infeccións

e outros procesos patolóxicos. A SIDA non é consecuencia dun trastorno hereditario,

senón resultado da exposición a unha infección polo VIH, que facilita o

desenvolvemento de novas infeccións oportunistas, tumores e outros procesos

Tamén aprendemos que as tres vías principais de transmisión son: a parenteral

(transfusións de sangue, intercambio de xiringas entre drogadictos, intercambio de

agullas intramusculares), a sexual (ben sexa homosexual masculina ou

heterosexual) e a materno-filial (transplacentaria, antes do nacemento, no

momento do parto ou pola lactación despois).

O Caderno azul é un libro que trata dunha nena de once anos que lle gustaba moito

o deporte, un día xogando ao balonmán tivo unha lesión e os médicos dixéronlle á

Anxélica, que así se chamaba a nena, que tiña que estar semanas en repouso, pero

o avó deuse conta de que en vez de mellorar poñíase peor. Levouna a facerlle unha

análise e os médicos descubriron que tiña o SIDA e que se contaxiara cando lle

fixeran unha transfusión de sangue.

Os personaxes principais do libro son: Anxélica, que é a protagonista o seu

avó David que vive con ela en Vigo xa que seus pais están na Coruña por traballo;

Marta, é a súa irmá e intenta axudala en todo momento e Xurxo, Rita e Xavier que

son os seus mellores amigos.

Anxélica, mentres estivo convalecente, escribía bonitos poemas nun caderno de

tapas azuis que seu avó lle regalara. O libro cóntanos todo o que lle pasa á

protagonista durante a enfermidade: a amizade co seu avó, as súas

preocupacións, as relacións cos amigos e amigas, problemas dos seus

compañeiros,…

Cando a Anxélica lle diagnosticaron a enfermidade levárona a Barcelona para curala.

Cando regresa os seus amigos deciden facerlle unha festa de benvida .

Anxélica, mentras tivo que estar na cama, descubriu o gusto pola lectura e

recoñecía que os libros a axudaban a pasar mellor o tempo, tamén lle gustaba

moito escribir poemas no caderno e algúns dedicáballos a o seu avó e aos seus

amigos.

O libro divídese en catro partes que corresponden cas catro estacións do ano

e en cada unha delas as distintas personaxes (Anxélica, avó, Rita, Xurxo,…)nos van

contando todo o que senten.

É un libro para nenos moi fácil de ler e escrito dunha forma sinxela.

A min gustoume este libro porque fala dunha historia real que lle pasa a unha nena

da nosa idade e cómo sobrevive a unha enfermidade tan perigosa. Admiro a súa

valentía e as súas gañas de vivir e loitar pola súa vida. Tamén me gustou moito que

os seus compañeiros lle axudaran tanto e foran tan bos con ela.

Abraham González Pérez . 5º

Beatriz Otero Otero. 5º

Está historia trata dunha rapaza que se chama Anxélica á que lle gustan moito os

deportes. Un día xogando o balomano lesionouse. Tiveron que operala, e dixéronlle

que tiña que estar un tempo en repouso.

Ö cabo dun tempo o avó empezouse a preocupar porque Anxélica non melloraba.

Chamou os seus país e decidiron facerlle unhas probas, resultou que a rapaza collera o

sida por unha transfusión de sangue. Entonces Anxélica e os seus país viaxaron a

Barcelona para que a nena poidera recibir un bo tratamento.

Cando volveu, os seus amigos a sua irmá e o avó fixéronlle unha gran festa. Anxélica

púxose moi contenta co recibimento e só esperaba que non atrataran como unha

enferma, porque iso non podería soportalo.

An Alfaya, a autora do libro, naceu en Vigo no ano 1.964. Ten diversos premios e

accésits de teatro infantil e para adultos. Entre as súas obra destacamos: Sireno,

Sireno!,

A sombra descalza e Illa Soidade.

O Cardeno Azul está escrito dunha forma especial. Gústame a maneira en como o

fixerón, explican en cada caso a estación do ano en que están, cada personaxe conta

unha parte da historia en primeira persoa e sobre todo gústame os debuxos que hai en

branco e negro, como querendo expresar coa ausencia de color a falta de saúde de

Anxélica.

A protagonista colle a enfermidade do sida debido a unha transfusión de sangue que

lle fixeran cando se tivo que operar.

No Club da lectura informémonos de que a era do SIDA empezou o 5 de xunio de

1.981. Esta enfermidade descubriuse nos paciente pola aparición dunhas manchas de

cor rosáceo, logo notarón a súa aparación nos inmigrante, os usuarios de drogas

inxectables e nos receptores de transfusión sanguíneas.

Esta enfermidade transmitese polos fluidos corporais: sangue, semen, secrecións

vaxinais e leite materna. Para evitala recoméndase o uso de preservativo. O contaxio

por transfusión de sangue, como lle aconteceu a Anxélica naquel tempo, ahora resulta

case imposible grazas aos controis aos que se somete.

En 1.986 o virus foi chamado VIH. O descubrimento do virus permitiu o desenrolo dun

anticorpo. Gracias a disponibilidade dos tratamentos antirretrovirais, as persoas con

VIH poden lever unha vida normal. Os antirretrovirais están disponibles maiormente

nos países desarrollados, pero nos paises pobre moitas persoas non teñen acceso a

esos medicamentos.

Este libro gústoume moito porque foi un libro que nos enseñou moitas cousas, por

ejemplo que é o SIDA, e cousas referente a esta enfermidade. Recoméndovos que o

leades.

¡Seguro que vos gustará!