Claudia 1ºb final tic tac

26

description

 

Transcript of Claudia 1ºb final tic tac

Page 1: Claudia 1ºb final tic tac
Page 2: Claudia 1ºb final tic tac

“O tempo pasa atravesándonos e leva sen tregua

pedaciños de nós”

Escollín esta cita do texto porque desde o meu punto

de vista transmite como co paso do tempo un vai

cambiando, non es o mesmo, vas deixando cousas

atrás e adquirindo outras novas.

“Sempre quixen ser como os demais querían

que fose, pero un nunca acerta”

Escollín esta cita do texto porque creo que

expresa que por moito que queiras ser como os

demais queren que sexas, nunca vas a estar á

altura, un non é perfecto. Cada persoa agarda

unha cousa diferente de ti.

“Se che sacan todo iso para fóra, todo o que leva

un gardado alá dentro, xa non che queda nada”

Escollín esta cita do texto porque me transmite que

todos precisamos dos sentimentos e dos nosos

propios pensamentos e opinións, se non temos iso,

é como se estivésemos baleiros, como se todo o

que nos caracterizaba e espertaba interese nos

demais non existise.

Page 3: Claudia 1ºb final tic tac

O gato ladrón (chora, chora)

“Polo que fixeches e porque cho digo eu”

Escollo esta cita porque creo que mostra como moitas

veces nos acusan de feitos cos que non tivemos que

ver, actúan de forma inxusta e autoritaria pois en

ningún momento explica o motivo.

En caendo a tarde

“Penso na xente que viaxa no avión camiño dalgún

lugar”

Escollo esta cita porque mostra como moitas veces

desexamos estar noutro lugar distinto do que nos

atopamos ou pensamos como será a vida doutras

persoas.

Isidro vello

“É doado que asomen as bágoas, tan

contadas na vellez, descompoñendo a

máscara de dignidade tan laboriosamente

labrada, e o peor é que sabes que son as

mesmas bágoas, que saben o mesmo, de

cando de neno acordabas de noite e non

había ninguén na casa”

Decántome por esta cita xa que creo que nos

ensina que por moito que pase o tempo, o

neno que todos temos dentro non marcha e

que cando choramos non deixamos de ser ese mesmo rapaz que está indefenso e cheo de

medo.

Page 4: Claudia 1ºb final tic tac

Ítaca disque

“Nunca é nada como era. Nunca. Nada”

Elixo esta cita porque mostra como as cousas cambian, de

un momento a outro sen que o esperes, deixan de ser o

que eran.

O mar/ o neno e o mar

“A eternidade da que falaba don Santiago había de ser coma o mar, ancha, que nunca

acababa. Coma o Infinito que dicía don

Pepe cando pintaba un oito deitado no

encerado e dicía que un número era para

sempre.”

Escollo esta cita do texto porque reflexa o

que sentimos cando miramos cara o mar

que semella eterno, infinito, que nunca

remata, e nos sentímonos pequenos ó seu

carón.

Os bistés do mundo

“Estaba cansa, e farta, daban ganas de marchar e

desaparecer”

Decántome por esta cita porque penso que mostra como a

rutina acaba fartándoche e facéndoche sentir que estas

atrapada.

Page 5: Claudia 1ºb final tic tac

O día máis feliz

“E no ceo estanche mirando todos os anxiños, que son loiros e van de branco, cunhas

aliñas de plumiñas brancas que van

sacudindo así, amodiño”

Paréceme axeitada esta cita porque

describe como visualizamos algo do que

non temos constancia. Ademais

adoitase a xeneralizar todo, habendo

excepcións que non seguen a norma.

Cidade de pecado (Historia sagrada)

“Levan o libro canda si collido con forza contra o

peito”

Considero que esta cita expresa a devoción, a forza

e o agarre cara un libro como se todo xirase arredor

del.

Exmo. Sr. Alcalde de Vilanova

“Só nun ambiente de afecto e

comprensión poderían ser solucionados os

seus problemas”

Esta cita reflexa como moitas veces as túas

condutas, actitudes e comportamentos

están relacionados co entorno no que te

atopas.

Page 6: Claudia 1ºb final tic tac

Nené apo

“Agora mamá non te quere. Ala, busca quen te

queira”

Nesta cita paréceme que o comportamento da nai

non é o mais adecuado pois intenta a través do

chantaxe que o rapaz diga o que ela quere.

¿Que?

“Xa che digo que eu diso non entendo, non é o

meu”

Esta cita mostra unha frase moi empregada cando

nos fan unha pregunta sobre un tema do que non

sabemos nada ou non se nos da ben e incluso para

evadir responder.

Madrugar

“Qué sono. A claridade entra polos bordos

da persiana”

Nesta cita pódese ver plasmada a situación

coa que moitas veces espertamos. Con sono

e molestándonos a claridade que entra pola

fiestra do noso cuarto.

Page 7: Claudia 1ºb final tic tac

Mamá

“Sigo inmóbil cos ollos moi abertos

pensando estas cousas tristes, porque estou

triste e teño ganas de chorar e ademais

teño medo”

Considero que nesta cita móstrase como en

moitas situacións tendemos a esaxerar e ver

todo polo lado negativo, pensando que non

pode rematar ben e no caso do rapaz do

texto que súa nai non vai a comprender a circunstancia na que se atopa.

Conductor

“Atravesar cidades espertas ou

durmidas, badcitys, unhas veces

de día e outras veces de noite”

Escollo esta cita porque penso

que explica de forma clara as

situacións nas que se conduce,

nas que transitas as estradas.

SEGUNDO MISTERIO DOLOROSO

MEMORIA E SOÑO

“Os anos atacan a traizón”

Paréceme que esta cita pretende

transmitir que o tempo pasa e non te das

conta, os anos van pasando e ti non te

decatas.

Page 8: Claudia 1ºb final tic tac

Outra vez

“Uns viñan e outros ían,

sempre caras novas”

Considero que nesta cita

móstrase que a día de hoxe nos

lugares onde vivimos cada vez

fanse mais grandes e a xente

que hai non permanece

durante moito tempo, por iso o

de “sempre caras novas”, xa

non é coma antes que te

cruzabas cos veciños de toda a

vida, cos da vila.

Harmonía (Novela longa abreviada)

“Tiña unha fillos e, sen que te deas de

conta, xa tes netos. Cómo pasaba a vida”

Como en moitas das citas anteriores segue

a mostrarse o paso rápido do tempo, unha

non se decata.

Proe o dedo/ Esas cousas mellor non falalas

“Levaba a mente inundada de imaxes e non vía

apenas a estrada diante del”

Nesta cita amósase esa sensación na que pensando

nas túas cousas non te decatas do que ocorre ó teu

arredor, o que coloquialmente se coñece como

“estar no teu mundo”.

Page 9: Claudia 1ºb final tic tac

¿Qué te dijeyo?

“¿Qué te dijeyo, eh, qué te dije?”

Escollo esta cita porque reflexa como moitas

veces nos advirten de algo e non facemos

caso e ó final tiñan razón e acaban

botándonolo en cara.

Perderse (de vista)

“Seguimos a andar, máis dentro, e xa non

vemos nada diante nosa”

Esta cita amosa como a miúdo imos tan

centrados nos nosos pensamentos que

non nos damos conta do que pasa ó noso

arredor.

Memoria

“Qué feliz sería se unha mañá atopara no espello aquela cara de ollos verdes”

Decántome por esta cita porque reflexa o sentimento que temos cara nos mesmos, sempre

desexamos cousas que non temos, non nos sentimos a gusto con nos mesmos.

Page 10: Claudia 1ºb final tic tac

Un día de primavera un mariño

“O tempo pasaba traidor, sen avisar”

Non te das conta de que o tempo pasa e

despois as cousas non son como eran.

É un chiste

“Boh, non me fai gracia. Ademais, total xa o sabía”

Esta cita reflexa a actitude de querer ser sempre

protagonista, o centro de atención e como nos frustra que

outros non nos deixen selo ou nos superen.

O paso do tempo

“Era como un actor de cine”

Moitas veces cando unha persoa nos parece guapa, tendemos a

comparalo con un actor de cine, ou con un famoso.

Page 11: Claudia 1ºb final tic tac

Non é tempo de arrecender as palmeiras

“Os deuses do meu lar me protexan”

Escollo esta cita xa que mostra como cando nos atopamos en

situacións nas que non sabes cómo rematarán ou qué che

ocorrerá emprégase ese tipo de frases nas que citas aos

deuses para que che protexan.

Cos anos cae pelos

“Cómo pasaban os anos, cómo se notaba”

Esta cita como moitas outras do texto segue a reflexar o paso

do tempo, que o vas notando tanto polos cambios físicos

como os persoais, a medida que pasa o tempo un vai

aprendendo cousas da vida.

Crime e castigo

“Algo fixeches, ou non traerías esa cara”

Decántome por esta cita porque mostra claramente

como a nosa cara e traizoeira, sen que nos queiramos

reflexa moitas cousas, e cando facemos algo pode

notarse nela.

Page 12: Claudia 1ºb final tic tac

Memoria

“Para que pouco vale un vello”

Nesta cita vese como moita xente considera ós maiores

unha carga, que pensan que só serven para dar traballos.

Ai, Pereira

“Figúrate todos os fillos casados e colocados e eu aquí

soa”

Esta cita reflexa ese sentimento de baleiro que unha nai

sente cando os seus fillos fan a súa vida e xa non están

con ela, o que se coñece co nome do Síndrome do Niño

Baleiro.

A miña man chama pola memoria

“Pouca ou moita é a vida que teño”

Nesta cita móstrase como non sabemos canto

tempo nos queda de vida.

Filosofía

“Non estará verdadeiramente no que se fala, no que se ve e no que se oe o camiño da

sabedoría”

Esta cita ó meu parecer ensina que non nos

podemos fiar sempre do que se di, do que oes ou

ves, como di o texto, debemos dubidar dos

sentidos porque non sempre vai a ser verdade

todo o que vexamos, digamos ou escoitemos.

Page 13: Claudia 1ºb final tic tac

Peto no cristal e berro

“Hai a vaga impresión de estar en África,

probablemente polos negros, a calor dos coches

vellos e poeirentos”

Esta cita reflexa que relacionamos a África ca

pobreza, coas altas temperaturas, e pola cor dos seus

habitantes

Facer caca por ela

“Quixera poderlle valer, evitarlle a dor e non pode”

Nesta cita móstrase a impotencia que sentimos cando

vemos sufrir a unha persoa que queremos e non

podemos facer nada por axudala.

TERCEIRO MISTERIO DOLOROSO

A TIRANÍA DO A.D.N.

“Moitas veces penso no que sería eu se chegase a

marchar e andase polo mundo”

Esta cita mostra iso que facemos en moitas ocasións,

pensar que sería de nós, se cambiásemos a nosa vida, se

deixásemos todo o que temos e probásemos cousas novas.

Page 14: Claudia 1ºb final tic tac

Foto

“Facémonos vellas”

Esta cita segue amosando o paso do tempo, todos nos imos

facendo maiores.

Aaah

“Mmm”

Vén a mostrar o son que facemos cando nos gusta

algo.

Amor verdadeiro

“El daría a súa vida por ela”

Decántome por esta cita porque reflicte

o cariño, o amor que se sente por unha

persoa, que che fai pensar e saber que

darías todo por ela.

Boneca

“Cada un é un mundo”

Esta cita quere mostrar que cada persoa é distinta. Non somos

iguais, cada un ten as súas cousas que as diferencian dos

demais.

Míreme

“Eu quería que me mirase, doutora”

Penso que nesta cita se reflicte esa frase que moita

xente emprega cando vai á consulta do médico a que

a examine.

Page 15: Claudia 1ºb final tic tac

Botánica mortuoria

“A observación da natureza proporciona o

verdadeiro coñecemento”

Nesta cita quérese expresar que o coñecemento

do mundo no que vivimos podemos obtelo da

natureza, de todo o que nos rodea.

Arscisoria

“É que a min o profesor tenme manía”

Esta cita mostra a típica frase do estudante

que culpa ó mestre dos seus problemas

escolares acusándoo de terlle manía.

A Ilíada para nenos

“Cu vexo, cu quero”

Decántome por esta cita pois moitas veces o que lle vemos ós

demais querémolo para nós e desexamos conseguilo.

Dermatoloxía

“El móvese algo sobre un pe e sobre o outro”

Escollo esta cita porque reficte como moitas veces

cando estamos nerviosos por algo tendemos a

non estar quietos e cando estamos de pe

balanceámonos cos pes cara os lados.

Page 16: Claudia 1ºb final tic tac

Mysex

“A vida é implacable”

Penso que esta cita ven a reflectir que a vida non pode diminuír a súa intensidade, que avanza

e non podemos detela, remata cando ten que rematar.

Man morta

“Primeiro empezar a sentir coma un proidiño, un nadiña”

Penso que esta cita mostra como comezamos a ter unha doenza que nos causa moi pouca dor

pero que vai medrando co paso do tempo.

Desexo (de puta)

“Quérote de máis, non te había querer tanto”

Esta cita reflicte o sentimento de amor e cariño a

unha persoa.

Page 17: Claudia 1ºb final tic tac

CUARTO MISTERIO DOLOROSO

USURA E ESTRENXO, ASEPSIA E

ESTERILIDADE

“Ninguén é inmune ós anos”

Esta cita ven a dicir que por todos nós pasan os anos,

non hai ninguén que poida evitalo, todos nos

facemos maiores.

Espera aí

“Aí che vou, aí che vou”

Nesta cita amósase a situación na que se xoga cos

rapaces pequenos e facemos o amago de querer

“pillalos” o que os leva a saír correndo.

Os artistas

“Os seus ollos rebordan enerxía”

Escollo esta cita porque reflicte o estado de

ánimo das persoas a través da expresión dos

ollos.

Máquina

“Así son as cousas, que nunca, ou case nunca,

son como deberan”

Decántome por esa cita porque penso que

mostra claramente como amiúdo as cousas non

son como tiñan ou debían ser.

Page 18: Claudia 1ºb final tic tac

Paraplexía

“Quén me dera poder facer iso que estás facendo ti”

Escollo esta cita xa que amosa que hai persoas que polas súas

limitacións non poden realizar certas actividades.

No grao exacto

“Como todos os días”

Nesta cita vese reflectida a rutina, todo aquilo que se fai

sempre.

Círculos

“O sol xa se puxera, pouco máis que sombras era

o que se vía”

Nesta cita amósase ese momento do día no que o

sol se pon e o único que se ve son as sombras de

todo o que se atopa no exterior, tanto árbores,

coma obxectos, coma persoas,...

Bricolaxe/Mecánica popular

“Sentes como se xa non fose a túa casa”

Esta cita mostra que simples cambios poden

facerche sentir que non estás na túa casa e cando

o cambio é maior aínda o sentes máis.

Page 19: Claudia 1ºb final tic tac

Por qué

“Por qué non poderiamos ser como

quixeramos”

Escollo esta cita xa que amosa que non todos

son como quixeran, moitas veces unha persoa

desexaría ser doutra forma e non pode, non

todos están a gusto consigo mesmos.

O lugar do crime

“Tornamos á infancia”

Penso que esta cita ven a mostrar que todos en determinados

momentos volvemos ó pasado, a rememorar a infancia ou mesmo

no presente vivimos experiencias que nos recordan ás vividas na

nosa nenez.

Volve coa carne/ Labor de fillo

“Algúns nacen para ter sorte”

Decántome por esta cita porque penso que é

unha frase que todos nalgún momento

pensamos, pois moitas veces sexa por cuestión

de sorte ou non, hai xente que consegue

determinadas cousas que nos non e sempre

pensamos que “algúns nacen para ter sorte”.

Page 20: Claudia 1ºb final tic tac

Pudor/Non sabe un para qué abre a boca

“Os cabaleiros debemos ter sempre presente, iso que se di

comunmente «gardar o tipo»”

Nesta cita móstrase esa posición de home duro e de

autocontrol que intentan amosar os homes, que non queren

parecer débiles ante nada, só aparentar.

Morriña

“Miles e miles de fans brincan e moven os brazos”

Esta cita amosa esa imaxe dun concerto de música onde todos os seguidores do grupo os

animan cantando as súas cancións, movéndose ó ritmo da música, gritando, movendo os

brazos...

Ruídos na casa

“Xa lle faltaban as forzas cos anos”

Escollo esta cita porque reflicte como co paso dos anos se van

perdendo as forzas e moitas das facultades que se tiñan de máis novo.

Page 21: Claudia 1ºb final tic tac

Querida modelo

“Aí, aí. A ver, mira para aquí”

Esta cita mostra unha das típicas frases que calquera

persoa que vaia a tomar unha foto lle di á persoa ou

persoas que quere fotografar para que mire á cámara.

QUINTO MISTERIO DOLOROSO

O LABOR DO SACAÚNTOS

“Cando te das conta xa tocou a campá”

Escollo esta cita porque mostra que a miúdo cando queres

facer algo xa pode ser demasiado tarde, xa pasou a túa

oportunidade.

O meu nome (Chepito)

“Que me ha gustar moito viaxar e ver todos eses edificios”

Nesta cita reflíctese o interese

viaxeiro, por coñecer e visitar

os distintos lugares.

Page 22: Claudia 1ºb final tic tac

Coidado (coas epifanías)

“Hai que ter coidado. Hai que ter moito coidado”

Esta ven dicir que nesta vida non todo é como aparenta ou como

pensamos, por iso hai que andarse con ollo.

Miña nai, miña naiciña

“¿E por qué non había chorar? Claro que si, se tiña ganas

choraba”

Nesta cita móstrase que todos debemos expresar os

sentimentos, non deberiamos gardar todo, pois si che

apetece rir, ris, e se che apetece chorar non deberías

deixar de facelo.

Velaí o difícil

“Na práctica da dificultade está o

camiño da superación”

Esta cita intenta amosar que un non

vai a superarse a si mesmo facendo

cousas simples, cando se supera de

verdade é alcanzando as cousas que

non cría posibles, cando non se

rende.

Non me pegues

“Non me pegues”

Nesta frase podemos ver reflectido o rogo para que a persoa

deixe de agredir, pide compaixón.

Page 23: Claudia 1ºb final tic tac

Traga (amor)

“Hasmo dar a min anque non queiras”

Nesta frase móstrase egoísmo ao querer todo para un mesmo

sen que importe o que pensen os demais.

Mater morta/ É como

“Ninguén nunca tivo unha nai como a miña nai”

Esta cita amosa o cariño dun fillo cara a súa nai, pois non vas querer a

ninguén tanto como a túa nai e como di o dito “nai non hai máis que

unha”.

Mimos

“Tan confortable sentirse querido”

Esta cita reflicte a confortabilidade que se sente cando

che demostran cariño e te sentes rodeado de xente que

che quere, pois non se sente o mesmo cando un se topa

só.

Winterreise

“A paisaxe do inverno”

Esta cita fainos ver unha imaxe, a imaxe da estación

invernal, cando chega o frío e a choiva e fóra das

casas todo está cuberto de neve ou xeado.

Page 24: Claudia 1ºb final tic tac

De esguello/Estaba aí

“E agora se movía os ollos a modo torcéndoos de esguello ó máximo podería velo”

Esta cita mostra o movemento sutil que facemos ó mirar de esguello, cando queremos ver algo

pero de forma disimulada.

Non hai coma o futbito

“A tristura non dura”

Decántome por esta cita porque reflicte que o

sentimento de tristeza non é para sempre, nalgún

momento vai a rematar e vai a dar paso á felicidade, ou

polo menos a un pouco máis de alegría, “nunca choveu

que non escampara”.

A fertilidade da morte

“Unha capa branca de xeada zarrapicou o meu cabelo”

Esta cita mostra o paso do tempo, a aparición das canas que

provoca que o cabelo se volva de cor branco.

Fala Fala

“Nota as palabras como gabean pola gorxa”

Esta cita recolle dunha forma peculiar a forma na

que nos comunicamos por medio das palabras,

cómo falamos, notando que soben pola gorxa ata

que saen pola boca formando sons.

Page 25: Claudia 1ºb final tic tac

Meu irmán

“Probablemente podíao ter axudado”

Esta cita mostra o arrepentimento que moitas veces

sentimos ó non facer algunha cousa que máis adiante

nos acaba pesando na conciencia.

(Breve resumo do teatro universal)

“Cando colle medo non lle saen as palabras”

Nesta cita reflíctese a paralización fronte ó medo. Todos

nalgún momento debido ó medo nos paralizamos e

chegamos incluso a quedar sen dicir palabra.

“Quedoume aquel lugar dentro”

Esta cita mostra o sentimento que temos

cara a un lugar que tivo un significado

especial nalgún momento da nosa vida.

“Que vai ser del o día que eu falte”

Esta cita reflicte o pensamento de cando

unha persoa vaia a faltar, cando remate a

súa vida, que será dos demais, da xente que

a rodea, que lles pasará.

Page 26: Claudia 1ºb final tic tac

SUSO DE TORO