Circular 2010 11

3
C.E.I.P “VICENTE RISCO” e-mail: [email protected] Rúa Santander nº 10 C.P.: 36207 Tf: 986.37.83.04. e Fax: 986- 25.08.29 Htp://centros.edu.xunta.es/ceipvicenterisco CIRCULAR DE PRINCIPIO DE CURSO 2010-11 Benvidos/as: Comunícolles as normas que rexirán durante este curso para acadar o mellor desenvolvemento das actividades escolares. A hora de entrada ó Centro é ás 9 horas. O alumnado fará filas, nos patios cubertos e será acompañado ata as clases polo profesorado correspondente; se chove o lugar será diante das portas de entrada. A hora de saída é ás 14:00 horas Se algún alumno ou alumna se retrasase, terán que esperar ata o cambio de clase . As faltas de asistencia ou puntualidade serán reflectidas no expediente. Se algún alumno/a necesitase saír do Centro durante a xornada escolar deberá ser recollido/a por unha persoa responsable, deixando ó titor/a ou na secretaría a autorización asinada polas persoas debidamente acreditadas. Está prohibido entrar con animais e fumar no recinto escolar. O horario de secretaría é de 9 a 9: 50 h O horario de atención á pais/nais/titores é os martes, de Outubro a Maio, de 17:15 e 17:45 h. previa cita. A Orientadora do centro atenderá previa cita no horario convido. O boletín informativo de cualificacións seralle entregado ó alumnado antes das vacacións de Nadal, o 31 de marzo e ó final de Xuño co resultado da avaliación final.

Transcript of Circular 2010 11

Page 1: Circular 2010 11

C.E.I.P “VICENTE RISCO”e-mail: [email protected]

Rúa Santander nº 10 C.P.: 36207Tf: 986.37.83.04. e Fax: 986- 25.08.29

Htp://centros.edu.xunta.es/ceipvicenterisco

CIRCULAR DE PRINCIPIO DE CURSO 2010-11

Benvidos/as:

Comunícolles as normas que rexirán durante este curso para acadar o mellor

desenvolvemento das actividades escolares.

A hora de entrada ó Centro é ás 9 horas. O alumnado fará filas, nos patios

cubertos e será acompañado ata as clases polo profesorado correspondente; se chove

o lugar será diante das portas de entrada. A hora de saída é ás 14:00 horas

Se algún alumno ou alumna se retrasase, terán que esperar ata o cambio de

clase. As faltas de asistencia ou puntualidade serán reflectidas no expediente. Se

algún alumno/a necesitase saír do Centro durante a xornada escolar deberá ser

recollido/a por unha persoa responsable, deixando ó titor/a ou na secretaría a

autorización asinada polas persoas debidamente acreditadas.

Está prohibido entrar con animais e fumar no recinto escolar.

O horario de secretaría é de 9 a 9: 50 h

O horario de atención á pais/nais/titores é os martes, de Outubro a Maio, de

17:15 e 17:45 h. previa cita.

A Orientadora do centro atenderá previa cita no horario convido.

O boletín informativo de cualificacións seralle entregado ó alumnado antes das

vacacións de Nadal, o 31 de marzo e ó final de Xuño co resultado da avaliación final.

Page 2: Circular 2010 11

C.E.I.P “VICENTE RISCO”e-mail: [email protected]

Rúa Santander nº 10 C.P.: 36207Tf: 986.37.83.04. e Fax: 986- 25.08.29

Htp://centros.edu.xunta.es/ceipvicenterisco

En caso de accidente ou indisposición dun alumno ou alumna, sempre que non

se sospeite dun caso de urxencia, indicaráselle ás familias que pasen a recollelo. En

caso de requerir unha atención médica urxente sería desprazado en ambulancia,

acompañado polo titor/a, profesor/a ou monitor/a; no caso de ter lugar nas

actividades extraescolares, ó centro médico correspondente, ó tempo que se lle

informa á familia.

Os números de teléfonos e calquera cambio de sáude que requira atención

especial, debe ser actualizado

O alumnado que asista ás actividades extraescolares das tardes deberá acudir

no horario previsto, e deberán ser puntuais para non correr riscos innecesarios na rúa.

O servicio de bliblioteca é de 4:15 a 5:15 tódolos días agás os martes. Os pais/

nais son os responsables das entradas e saídas deste servicio.

O servicio de comedor é de 14:00 a 16:00.

Funcionará o servizo de acollemento de 7:30 a 9, experimentalmente durante o

primer trimestre.

As actividades extraescolares, xestionadas polo A.N.P.A. dependerán da

demanda. Tódalas actividades e servizos requiren o cumprimento das normas

establecidas e no caso de incumprimento repetitivo será excluido das actividades.

Vigo 22 de setembro de 2010

A directora

……………………………………………………………………………………………………………………………

Enterado pai/ani/titor do alumno

……………………………………………………………………………

Page 3: Circular 2010 11

C.E.I.P “VICENTE RISCO”e-mail: [email protected]

Rúa Santander nº 10 C.P.: 36207Tf: 986.37.83.04. e Fax: 986- 25.08.29

Htp://centros.edu.xunta.es/ceipvicenteriscoMatriculado en …………………………………………………………………………………………………….