CienciasNaturais

16
CIENCIAS NATURAIS

description

As flores, descrición, familias, os pr que das palantas

Transcript of CienciasNaturais

Page 1: CienciasNaturais

CIENCIAS

NATURAIS

Page 2: CienciasNaturais

PARTES DA FLOR

Pistilo Estames

Pétalos

Sépalos

Cáliz

Page 3: CienciasNaturais
Page 4: CienciasNaturais

Os por que

das plantas

Page 5: CienciasNaturais

Por onde sae o osixeno das plantas? As follas das plantas son as encargadas de realizar a fotosíntese. Para iso precisan auga que lles chega da raíz, luz solar e dióxido de carbono que toman da atmosfera.

Despois de realizada a fotosíntese libérase osíxeno que sae á atmosfera.

Este intercambio de gases entre a folla e a atmosfera prodúcese nuns puntos moi concretos da epiderme foliar: os estomas. Vistos desde arriba os estomas constan de dúas células oclusivas en forma de ril que engloban un orificio chamado ostíolo. Arredor destas dúas células aparecen as células acompañantes.Se cortamos a folla transversalmente vemos que o orificio conduce a un espazo onde se recollen os gases producidos que deben ser eliminados. As células oclusivas poden abrir e cerrar o ostíolo para regular o intercambio gasoso.

Page 6: CienciasNaturais

Por que forman tanto pole os pineiros?

Cando chega a primavera moita xente sofre alerxia ao pole.

Un dos responsables desta incomodidade é o piñeiro debido á gran cantidade de pole que produce. Para

que os piñeiros se reproduzan fai falta que os grans de pole (elemento masculino) cheguen á parte feminina situada na mesma árbore ou nunha árbore veciña. Os grans de pole teñen que facer este percorrido sos e unicamente contan coa axuda do vento. Non é fácil que todo o pole chegue ao seu destino e pérdese moito polo camiño. Para asegurar que os órganos femininos

reciban pole, o piñeiro produce unha enorme cantidade de grans.

Page 7: CienciasNaturais

Por que medran tanto as palmeiras?

A pesar do que parece, as palmeiras no son árbores posto que pertencen ao grupo das ximnospermas. O seu crecemento é bastante diferente do das árbores: non se engrosan os seus troncos de maneira regular nin aumentan ao ancho.

As palmeiras medran a partir da apical. Por esta razon só se desenvolven cara arriba e non cara aos laterais. A vida da

palmeira depende da saúde da súa xema apical, se está danada ou se corta, a planta morre. As altas palmeiras desenvolven unha rede de raíces que se extenden como se fose un manto por baixo da superficie. Así conseguen sosterse.

Page 8: CienciasNaturais

Por que as plantas teñen follas tan diferentes?

As follas son os principais órganos fotosintéticos da planta. Son de cor verde pola presenza da clorofila, que é o pigmento que permite realizar a fotosíntese. Ademais as follas deben recibir a luz do sol e obter dióxido de carbono da atmosfera.

As plantas corren o perigo de perder demasiada auga polas follas. Por iso desenvolveron estrateixas distintas para protexerse fronte a este risco. Se viven en zonas áridas e calorosas adoitan reducir a superficie das follas e recubrilas de ceras e de pelos que reduzan a evaporación da auga. É o caso do romeu, dos piñeiros.

En cambio se viven lugares moi húmidos e protexidas dos raios do sol, as plantas desenvolven as follas máis brandas e cunha maior superficie, como sucede no caso da abelaira.

Page 9: CienciasNaturais

Como sobe a auga absorbida polas raices ata as follas?

A auga entra na raíz polos pelos absorbentes que teñen tecidos tan porosos que se impregnan facilmente de auga. Mais esta auga cargada de nutrientes ten que subir polo talo ata chegar ás follas e, ás veces, o camiño pode ser de varios metros. Un dos mecanismos que permiten este ascenso está relacionado coa perda de auga polas follas. O aire que circula arredor das follas evapora a auga a través dos estomas: é o que se denomina transpiración. Esta perda de auga xera un baleiro nos tecidos condutores que succiona a auga que se atopa máis abaixo. Mais con iso non basta. A estrutura das moléculas de auga fai que se manteñan sempre moi xuntas. Así que actúa a forza de succión cara arriba toda a columna de auga se depraza.

Page 10: CienciasNaturais

Grandes

familias de

plantas

Page 11: CienciasNaturais
Page 12: CienciasNaturais
Page 13: CienciasNaturais
Page 14: CienciasNaturais
Page 15: CienciasNaturais
Page 16: CienciasNaturais