Ciclo de música Intérpretes SONS NO Fernando Abreu ... · Cancionero musical de Galicia (1942)....

2
Ciclo de música XII EDICIÓN SONS NO AR-CO 2019 Venres 5 de xullo Omar Percussion Group (OPG) Venres 19 de xullo Caramuxo 22 horas CARAMUXO O cuarteto Caramuxo gañou o Concurso Folk Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e grazas a iso gravou o seu primeiro traballo discográ- fico, Tiruriru (Falcatruada, 2008). A partir de aí comezou unha traxectoria centrada no coñecemento e na evolución do legado da tradición oral en Galicia, pasando tamén da formación inicial á actual en septeto. Para o seu último traballo Caramuxo tivo a sorte de recibir os apuntamentos para a tese de doutoramento O legado musical de Casto Sampedro Folgar: o canto galego de tradición oral, do seu bo amigo Xavier Groba, cos que descubriu unha gran cantidade de melodías inéditas froito das recollidas realizadas por Casto Sampedro e os seus colaboradores a finais do século XIX e principios do XX, melodías que non foran incluídas na selección publica- da por Filgueira Valverde no Cancionero musical de Galicia (1942). Con este tesouro nas súas mans Caramuxo comezou a xogar coas melodías que lle resultaban máis suxestivas e a crear temas onde envorcar todas as súas influencias e gustos musicais, nun proceso de creación colectiva onde cada quen achegou o mellor de si. Este proceso non foi diferente do realizado no seu anterior traballo, pero si que procurou novos camiños musicais coa intención de ofrecer variedade sen renun- Intérpretes Fernando Abreu (clarinete) Felipe Agell (clarinete) Óscar Prieto (clarinete) Xoán Carlos Vázquez (clarinete) Marcos Padrón (acordeón) Patricia Cela (percusión) Xulia Feixóo (percusión) José Antonio Vilas (técnico de son) 19 DE XULLO Repertorio tradicional arranxado por Caramuxo Apertura A min Na vendima Alalá do val Muiñeira nova con retranca Mazurka de Laroá Equerquellequer O demo O crime Arrieiros somos Punto, volta e revolta Muiñeira ribeirana PROGRAMA ciar aos seus principios de elegancia e bo humor, con referencias a músicas e ritmos recoñecibles. Caramuxo presenta neste concerto o repertorio do seu Arrieiros somos, que inclúe vellas melodías esquecidas que permaneceron máis dun século durmidas na partitura e que reviven actualizadas para seren gozadas, bailadas e sentidas novamente. Para iso utiliza as súas mellores armas: percusión xunto con clarinetes e acordeón, instru- mentos que foron nun tempo habituais na música popular galega, logo menosprezados ata case remataren abandonados e que na actualidade reviven con forza na música do país. Depósito Legal: PO 388-2019

Transcript of Ciclo de música Intérpretes SONS NO Fernando Abreu ... · Cancionero musical de Galicia (1942)....

Page 1: Ciclo de música Intérpretes SONS NO Fernando Abreu ... · Cancionero musical de Galicia (1942). Con este tesouro nas súas mans Caramuxo comezou a xogar coas melodías que lle resultaban

Ciclo de música

XII EDICIÓN

SONS NO AR-CO

2019

Venres 5 de xulloOmar Percussion Group

(OPG)

Venres 19 de xulloCaramuxo

22 horas

CARAMUXO

O cuarteto Caramuxo gañou o Concurso Folk Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e grazas a iso gravou o seu primeiro traballo discográ-fico, Tiruriru (Falcatruada, 2008). A partir de aí comezou unha traxectoria centrada no coñecemento e na evolución do legado da tradición oral en Galicia, pasando tamén da formación inicial á actual en septeto. Para o seu último traballo Caramuxo tivo a sorte de recibir os apuntamentos para a tese de doutoramento O legado musical de Casto Sampedro Folgar: o canto galego de tradición oral, do seu bo amigo Xavier Groba, cos que descubriu unha gran cantidade de melodías inéditas froito das recollidas realizadas

por Casto Sampedro e os seus colaboradores a finais do século XIX e principios do XX, melodías que non foran incluídas na selección publica-da por Filgueira Valverde no Cancionero musical de Galicia (1942). Con este tesouro nas súas mans Caramuxo comezou a xogar coas melodías que lle resultaban máis suxestivas e a crear temas onde envorcar todas as súas influencias e gustos musicais, nun proceso de creación colectiva onde cada quen achegou o mellor de si. Este proceso non foi diferente do realizado no seu anterior traballo, pero si que procurou novos camiños musicais coa intención de ofrecer variedade sen renun-

Intérpretes

Fernando Abreu (clarinete)

Felipe Agell (clarinete)

Óscar Prieto (clarinete)

Xoán Carlos Vázquez (clarinete)

Marcos Padrón (acordeón)

Patricia Cela (percusión)

Xulia Feixóo (percusión)

José Antonio Vilas (técnico de son)

19 DE XULLO

Repertorio tradicional arranxado por Caramuxo

Apertura

A min

Na vendima

Alalá do val

Muiñeira nova con retranca

Mazurka de Laroá

Equerquellequer

O demo

O crime

Arrieiros somos

Punto, volta e revolta

Muiñeira ribeirana

PROGRAMA

ciar aos seus principios de elegancia e bo humor, con referencias a músicas e ritmos recoñecibles.Caramuxo presenta neste concerto o repertorio do seu Arrieiros somos, que inclúe vellas melodías esquecidas que permaneceron máis dun século durmidas na partitura e que reviven actualizadas para seren

gozadas, bailadas e sentidas novamente. Para iso utiliza as súas mellores armas: percusión xunto con clarinetes e acordeón, instru-mentos que foron nun tempo habituais na música popular galega, logo menosprezados ata case remataren abandonados e que na actualidade reviven con forza na música do país.

Dep

ósito

Leg

al: P

O 3

88-2

019

Page 2: Ciclo de música Intérpretes SONS NO Fernando Abreu ... · Cancionero musical de Galicia (1942). Con este tesouro nas súas mans Caramuxo comezou a xogar coas melodías que lle resultaban

Calquera que se achegue a Pontevedra á tardiña dun día de verán ben sabe que non hai como gozar da Boa Vila perdéndose na cidade vella, camiñar polo seu dédalo de pedra sen máis présa que a de chegar a ningures e parar, se acaso, aquí e acolá, para admirar xanelas e balconadas ou a simple e inimitable luz do luscofusco reflectida no chan do granito patinado.

Sons no Ar-co é unha aposta por completar a paisaxe dunha parte tan querida da cidade como é o contorno do Museo de Pontevedra, ache-gándolles a todas as persoas que gozan do lugar e da hora os sons de tradicións, ás

Ciclo de música

SONS NO AR-CO

2019Praza da Leña, 22:00 h

OMAR PERCUSSION GROUP (OPG)

Omar Percussion Group (OPG) naceu en 2004 orientado á produ-ción de espectáculos nos que a música e a escena se funden, creando un son moi particular con especial interese na música étnica e multicultural. Na longa década da súa traxectoria OPG consolidouse como un referente no mundo da percusión: foi premiado en 2006 e 2007 polo INJUVE como mellor grupo español na categoría de Otras Músicas, realizando xiras e gravando 2 CD; participou en festivais coma ETNOSUR (Xaén) ou o Festival Internacional de Fregenal de la Sierra (Badaxoz); actuou nas programacións do Círculo de BB. AA. (Madrid), no Palacio Euskalduna (Bilbao), no Auditorio Caixanova (Pontevedra) ou no Taipei Internatio-nal Percussion Conversation (Taiwan), entre outros.

Inspirándose nas obras de composi-tores coma Iannis Xenakis, Nigel

Westakle ou o virtuoso N. J. Zivkovic, OPG produciu espectáculos coma Percussion Circle, Un viaje a través de las culturas, VIDA (4 elementos de la Tierra) e Ecos del mundo tribal (monográfico de música africana con danza) e colabora con compa-ñías como Pablo Méndez-España e o Cirque des Sens-Arabia Saudita.

OPG reúne artistas de recoñecida traxectoria no mundo da percusión con novas promesas coma Óscar Justo; Joaquín Sanchís é suboficial percusionista na Escola Naval Militar de Marín e Cristian Rodríguez traballa como freelance e percusio-nista de Wyoming y los Insolventes; e Jorge C. Pérez, director de OPG, é catedrático no CSMVigo, xefe de proxecto de Erasmus+: Youth in Action e recentemente convidado como profesor no Italy Percusive Arts Society, un dos espazos máis influentes no mundo da percusión a nivel europeo.

Intérpretes:

Jorge Pérez, Cristian RodríguezJoaquín Sanchís Oscar Justo

5 DE XULLONebojsa Jovan ZivkovicTrío per Uno III (9 daikos)

Nigel WestakleOmphalo Centric Lecture (cuarteto de marimbas)

Ali N’dyae RoseDía da Independencia do Senegal (tradicional senegalés)

Iñaki MartínDuende (tres caixóns e dúas canas rocieiras)

PopularLamba (tradicional de Burkina Faso)

Amsterdam Percussion GroupPercussion Cercle

Chick KoreaSpain (marimba, vibráfono e percusións)

Nebojsa Jovan ZivkovicTrío per Uno I (6 bongós, 1daiko e 6 ópera gongs)

Omar Percussion GroupCyclus wave (hang drum, udu, marimba e vibráfono)

Mamady KeïtaDibon (tradicional malinké)

Jorge César Pérez MestreBak (combo sabarés)

Ali N’dyae RoseMama Söko (arranxos de Jorge C. Pérez)

veces máis exóticas e outras máis próximas, desde estilos diferentes e sempre cunha alta calidade musical e escénica.

Con esta iniciativa, que xa forma parte da oferta cultural do verán pontevedrés, o Museo de Pontevedra continúa a saír dos espazos pechados que tradicionalmente son o seu campo de actuación. Así mesmo, desde unha idea museística máis flexible e cobizosa, contribúe a enrique-cer ese espazo tamén da cultura que é a rúa e a praza pública. Un ano máis esa é a pretensión deste ciclo, e este é o regalo do Museo para facela posible. Que o gocen!

PROGRAMA