Centro de astrobioloxía (csic inta)

16
CENTRO DE ASTROBIOLOXÍA (CSIC-INTA) Sara Castro Ferreiro Fátima Lago Romero Fátima Fernández Feijoo 1º BACH A

Transcript of Centro de astrobioloxía (csic inta)

Page 1: Centro de astrobioloxía (csic inta)

CENTRO DE ASTROBIOLOXÍA (CSIC-INTA)

Sara Castro Ferreiro

Fátima Lago Romero

Fátima Fernández Feijoo

1º BACH A

Page 2: Centro de astrobioloxía (csic inta)

• O 11 de marzo do 2014 os alumnos de primeiro de

bacharelato A, xunto con dous profesores, visitaron o

Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA) de Madrid, que se

trata, na actualidade, da maior institución pública

dedicada á investigación en España e a terceira en

Europa.

Page 3: Centro de astrobioloxía (csic inta)

• O CAB está ubicado no campus do INTA en Torrejón de Ardoz, a 20 Km ó nordeste de Madrid.

• Consta dun edificio principal e dous anexos, un laboratorio de ecoloxía molecular e un observatorio astronómico cun telescopio robótico.

Page 4: Centro de astrobioloxía (csic inta)

• Adicionalmente, o CAB dispón de tres telescopios robóticos

situados no Observatorio Astronómico Hispano-Alemán de Calar

Alto (Almería) na Estación de Seguimento de Satélites de Espazo

Profundo, en Cebreros (Ávila) e no campus de INTA, en Torrejón de

Ardoz (Madrid).

Almería

Madrid Ávila

Page 5: Centro de astrobioloxía (csic inta)

• Unha das misións fundamentais do CSIC é aportar solucións científicas ás demandas que a sociedade formula, como as solucións científicas que poden darse para a mellora da calidade de vida dos cidadáns mediante un traballo de investigación que destaque polos seus aspectos innovadores e estratéxicos.

Page 6: Centro de astrobioloxía (csic inta)

• Este centro articula a súa investigación, grazas ó traballo de cerca de 15.000 persoas, en torno a oito áreas científico-técnicas que cobren a maior parte do coñecemento humano:

– Humanidades e Ciencias Sociais.

– Bioloxía e Biomedicina.

– Recursos Naturais.

– Ciencias Agrarias.

– Ciencia e Tecnoloxías Físicas.

– Ciencia e Tecnoloxía de Materiais.

– Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos.

– Ciencia e Tecnoloxías Químicas.

Page 7: Centro de astrobioloxía (csic inta)

• As súas funcións principais, entre moitas outras, son:– Realizar investigación científica e tecnolóxica.

– Formar investigadores.

– Fomentar a cultura científica na sociedade.

– Colaborar coas universidades nas actividades de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico e na ensinanza de postgrado.

– Informar, asistir e asesorar en materia de ciencia e tecnoloxía a entidades públicas e privadas.

– Formar expertos en xestión da ciencia e a tecnoloxía.

– Colaborar na actualización de coñecementos en ciencia e tecnoloxía do profesorado de ensinanzas non universitarias.

Page 8: Centro de astrobioloxía (csic inta)

• As principais liñas de investigación que seguen son:

– Ambientes extremos como hábitats de interese astrobiolóxico:

• -Determinar as características e parámetros físico- químicos de distintos ambientes extremos.

• -Analizar a diversidade biolóxica que habita neles.

• -Estudar os límites da vida para determinar a súa posible existencia e caracterizala.

– Atmosferas planetarias:

• -A súa orixe e evolución e como afectan á capacidade de albergar vida.

• -O impacto da aparición da vida nas atmosferas planetarias e cómo este impacto pode ser detectado.

Page 9: Centro de astrobioloxía (csic inta)

– Desenvolvemento de instrumentación espacial:

• - O alto nivel de esixencia dos programas espaciais require de instrumentación probada e fiable.

– Evolución molecular:

• - caracterizar experimental e teoricamente os procesos de emerxencia das funcións bioquímicas en condicións prebióticas e da evolución e adaptación de poboacións moleculares moi heteroxéneas.

– Formación e evolución de galaxias:

• - Para comprender cómo se orixinou a vida é preciso estudar a evolución do universo a gran escala, dende o seu nacemento ata a formación dos sistemas planetarios.

Page 10: Centro de astrobioloxía (csic inta)

– Formación e evolución estelar:

• - Entender cómo se forman as estrelas e cómo evolucionan.

– Xeoloxía planetaria:

• -Estudo da composición e a estrutura dos obxectos planetarios do

Universo e dos procesos e axentes que fan que estes evolucionen

ó longo do tempo.

Page 11: Centro de astrobioloxía (csic inta)

• Ademáis, este centro conta cunha réplica de “Curiosity”,

un astromóbil de exploración marciana dirixida pola

NASA, o cal se atopa en Marte, enviándonos imaxes á

Terra.

Page 12: Centro de astrobioloxía (csic inta)

• Neste centro de astrobioloxía, Juan Ángel, presentounos

a vida mediante unhas catro cuestións:

– Que é a vida? É difícil responder a esta pregunta con

exactitude, posto que “vida” é un concepto moi amplo. Aínda

así, intentáronolo explicar da mellor forma posible. A

vida, cientificamente, poderíase dicir que é a capacidade de

administrar os recursos internos dun ser vivo de modo que este

se adapte ós cambios producidos no seu medio, sen que haxa

un cambio brusco entre ambos.

Page 13: Centro de astrobioloxía (csic inta)

– Onde se orixina a vida? Esta si que é unha preguntaverdadeiramente complicada, posto que aínda hoxe en día nonse sabe con exactitude a súa resposta, pero o certo é que haidúas teorías que son as máis aceptadas a nivel mundial. Porunha banda está a panspermia, que é a teoría que nos propónque a vida pode ter a súa orixe en calquera parte do universo,sen ter que proceder precisamente da Terra, provindo así doexterior e chegando ó noso planeta, seguramente, na chegadade meteoritos, onde viñan incrustados os primeiros seres vivos.Por outra banda está a teoría de que a vida se orixinou aquí, nonoso planeta. Esta basease en que fai 4000 millóns de anos, aTerra era unha bola incandescente que estaba nun caoscontinuo provocado polas constates erupcións volcánicas ebombardeo de meteoritos e raios cósmicos, o que facía quehoubese unhas condicións idóneas para que se puidese orixinarasí a vida.

Page 14: Centro de astrobioloxía (csic inta)

– Houbo, hai ou haberá vida nalgún outro lugar? Isto,

evidentemente, é algo que se descoñece por completo, pero o

certo é que crese que si, que puido chegar a haber vida nalgún

outro planeta, como é o caso de Marte, posto que se observaron

varios indicios que nos levan a pensar que nalgún momento

houbo auga nese planeta e, polo tanto, vida. Malia isto, o certo é

que para que na Terra se orixinase a vida, tivéronse que dar

unha serie de casualidades, casualidades nada sinxelas. Pero

nunca se sabe, quizá nalgún outro lugar do universo pasou algo

semellante.

Page 15: Centro de astrobioloxía (csic inta)

– Afecta a evolución do universo á vida? É evidente que a

evolución do universo afectou, afecta e afectará á vida, posto

que se non se chegasen a dar diversos cambios nel, a nosa

existencia sería imposible. Podemos dicir que nós vivimos

grazas a el, grazas ó Sistema Solar, grazas ó Sol!

Page 16: Centro de astrobioloxía (csic inta)

CENTRO DE ASTROBIOLOXÍA (CSIC-INTA)

Sara Castro Ferreiro

Fátima Lago Romero

Fátima Fernández Feijoo

1º BACH A