Celga 2 Agalip

282

description

Material didáctico deseñado por AGALIP para a Xunta de Galicia. Máis info en www.agalip.es ou en http://www.xunta.es/linguagalega/celga_2

Transcript of Celga 2 Agalip

Page 1: Celga 2 Agalip
Page 2: Celga 2 Agalip

C623-2008

Page 3: Celga 2 Agalip

01

Page 4: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos

Obxectivos desta unidade:

Como pedir ou dar información persoal

Como describir persoas

Como expresar gustos e sentimentos

Como valorar persoas

Coñecemento do código

Adxectivos e substantivos relacionados co físico e co carácter

Verbo GUSTAR e outros que funcionan igual

Frases interrogativas con onde, por que, que, quen...

Frases interrogativas indirectas

Colocación dos pronomes persoais átonos

O condicional: algúns usos

Acentuación nas interrogativas

Page 5: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

Ligamos na clase1. Rosa e Angélica buscan novas amizades, deixaron os seus datos nunha

páxina web, matriculáronse nun novo curso... Nas fi chas perdeuse informa-

ción, pero a conversa pódeche axudar a completalas.

Page 6: Celga 2 Agalip

04

2. Enche a túa fi cha persoal e despois comenta cos teus compañeiros e compañeiras as seguintes cuestións: cres que ligarán? Quen

che cae mellor a ti? Con quen te levarías ben e por que?

“Eu levaríame ben con Rosa porque a min tamén me gustan os animais”.

“Pois a min non me cae ben porque é moi desordenada“.

Agora ti:

Eu levaríame ben con __________________________ porque ________________________________

Creo que a Rosa lle gusta _________________________ porque _______________________________

Eu...

Gramática e LéxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

Fórmase co infi nitivo máis as terminacións ía / ías / ía /

iamos / iades / ían

ANDAR VARRER PARTIR

andaría varrería partiría

andarías varrerías partirías

andaría varrería partiría

andariamos varreriamos partiriamos

andariades varreriades partiriades

andarían varrerían partirían

(eu) levaríame

(ti) levaríaste

(el, ela, vostede) levaríase

(nós) levariámonos*

(vós) levariádesvos

(eles, elas, vostedes) levaríanse

*Pérdese o –s da forma verbal ao

ir seguido do pronome da mesma

persoa.

FACER

faría

farías

faría

fariamos

fariades

farían

OLLO!

POSPRETÉRITO

Page 7: Celga 2 Agalip

05

GÚSTAME + INFINITIVO (gústame tocar a gaita)

SUBSTANTIVO EN SINGULAR (gústalle a cociña italiana)

GÚSTANME+ SUBSTANTIVO EN PLURAL (gústanche os deportes de risco)

(a min) GÚSTAME

(a ti) GÚSTACHE

(a el, ela, vostede) GÚSTALLE

(a nós) GÚSTANOS

(a vós) GÚSTAVOS

(a eles, elas, vostedes) GÚSTALLES

Verbos frecuentes que funcionan como

GUSTAR e que levan os mesmos pronomes:

Caer ben/mal

Encantar

Emocionar

Molestar

Preocupar moito/pouco

Interesar moito/nada

Poñer nervioso/triste

Dar risa/medo/pena

VERBO GUSTAR

1. Escribe varias frases usando un elemento de cada columna.

A min

A vós

A Luís e a Pedro

A ti

A Ramón

A Rosa e a min

cae mal

dan medo

gustan

interesa

preocupa

divirte

che

nos

vos

lles

lle

me

as películas de terror

ir de compras

o terrorismo

a informática

Pedro

as viaxes

1. _______________________________________________________

2. _______________________________________________________

3. _______________________________________________________

4. _______________________________________________________

5. _______________________________________________________

6. _______________________________________________________

7. _______________________________________________________

8. _______________________________________________________

Page 8: Celga 2 Agalip

06

2. Coñecémonos.Vas coñecer os teus compañeiros e compañeiras de curso, para iso vaslles facer algunhas preguntas. No cuestionario aparece

unha nova forma verbal, o presente de subxuntivo, podes consultar o cadro para axudarte.

falar - fale ler - lea

poder - poida preferir - prefi ra

gustar - guste ser - sexa

tocar - toque ter - teña

casar - case celebrar - celebre

PRESENTE DE SUBXUNTIVO

-AR -ER -IR

cante beba viva

cantes bebas vivas

cante beba viva

cantemos bebamos vivamos

cantedes bebades vivades

canten beban vivan

A

Rosa, Angélica e Xaime están no teu curso de galego. Xa sabes algo deles, agora debes atopar outras persoas da clase que

cumpran estes requisitos. Cantas máis persoas atopes, mellor. Non lle podes facer máis de 4 preguntas á mesma persoa.

Nos cadros tes exemplos, fíxate nas partículas interrogativas. Cando atopes a persoa que cumpra os requisitos correspon-

dentes, escribe o seu nome na columna da dereita.

Busco alguén que... Nome do teu compañeiro ou da túa compañeira

Presentarse e presentar a outros

1. celebre o aniversario o mesmo mes ca min

2. non sexa galego/a Angélica, Xaime

3. teña un irmán Rosa

4. fale máis de dous idiomas

5. case nos próximos seis meses

6. teña fi llos/as

7. lea dous libros cada mes

8. sexa seguidor/a do Deportivo da Coruña

9. sexa vexetariano/a

10. non lle guste o marisco

11. viva no centro da cidade

Page 9: Celga 2 Agalip

07

12. prefi ra a cervexa ao viño

13. toque algún instrumento musical Xaime

14.cante unha canción en galego

15. a súa cor preferida sexa a azul

16. lle guste a música galega

17. poida contar un chiste en galego

18. lle guste o cine Rosa, Angélica, Xaime

19. teña unha tatuaxe

20. saiba arranxar un electrodoméstico

Busco alguén que... Nome do teu compañeiro ou da túa compañeira

Xaime

Rosa, Angélica, Xaime

Preséntalle ao resto do grupo as persoas que atopaches.B

COMO te chamas?

CANTOS idiomas falas?

ONDE vives?

QUE tipo de cine che gusta?

CAL é a túa cor preferida?

INTERROGATIVAS DIRECTAS

Gustaríame saber ONDE vives

Quería saber CANDO é o teu aniversario

Queriamos saber SE tes fi llos

Quería saber SE vas casar axiña

INTERROGATIVAS INDIRECTAS

“Esta é ..., é galego/a e ten catro irmáns, que se chaman...”.

Page 10: Celga 2 Agalip

08

3. Pasámoslles a transcrición da audición da actividade introdutoria. Marca os pronomes persoais e di onde están situados con

respecto ao verbo e por que.

Posposto ao verbo

Nas frases afi rmativas•

Chámome Rosa.

COLOCACIÓN DO PRONOME PERSOAL ÁTONO NA FRASE

Anteposto ao verbo

Nas frases negativas•

Non me gusta o fútbol.

Nas frases interrogativas•

Como te chamas?

Nas frases exclamativas•

Quen me dera!

Nas frases dependentes doutras, introducidas por conxuncións que, porque, •

como, xa que...

Non me cae ben porque non lle gustan os deportes.

4. Estes pronomes perdéronse. Axúdalles a atopar o seu sitio.

A Sara .................... molesta ................... a xente que fuma.

A meus pais .................... dá ................... medo viaxar en avión.

A min ................... gusta ................... a xente alegre.

Á miña veciña e a min ................... encanta ..................... a paella.

A Xoán non .................... cae ................... ben María.

A Luís e a ti .................... gusta ................... o teatro.

lles

me

nos

vos

llelle

Page 11: Celga 2 Agalip

09

5. Buscamos os desaparecidos.É inverno. Perdéronse os pais de Fernando. Angélica está desesperada, xa que é ela quen se encarga de coidalos. Rosa, que

tamén os coñece, pídevos que lle botedes unha man para atopalos.

Pedídelles a Angélica e a Rosa información sobre os desaparecidos:

Dúas das alumnas poderán facer de Angélica e Rosa, poñeranse de acordo primeiro para saber como son os desaparecidos.

A

Como se chama a señora que desapareceu? Cantos anos ten?

Canto mide/pesa? Como leva o pelo?

Ten sinais na cara? O señor, leva bigote?

Como vai vestido? ...

Estas fi chas co vocabulario poden ser útiles:

Corpo: guapo/a, feo/a ,delgado/a, fraco/a, gordo/a,

forte, esvelto/a, rexo/a, alto/a, baixo/a, barrigudo/a,

corpulento.

Cor da pel: moreno/a, pálido/a, branco/a de pel.

Cor do pelo: moreno/a, louro/a, roxo/a, negro, castaño claro,

castaño escuro, cincento, tinguido, brillante.

Forma e tipo de pelo: abundante, mesto, raro ,liso, crecho,

ondulado, longo, curto, solto, recollido, enguedellado, cola

de cabalo, moño, trenza, perruca, raia ao lado, raia ao medio,

calvo/a, entradas, bigote, barba, perilla, sen afeitar, patillas.

Cara: redonda, alongada.

Sinais na cara: olleiras, engurras, cicatriz, pencas, lunares,

manchas, verrugas.

Boca: grande, pequena, redonda, labios (carnosos,

estreitos, fi nos, grosos), con/sen dentes, con/sen

dentadura postiza.

Nariz: afi ado, aquilino, chato, ganchudo, grande, pequeno, recachado, recto, saínte, torto.Ollos: claros, escuros, azuis, verdes, castaños, grises, negros, grandes, pequenos, redondos, xuntos, separados, fundidos, saltóns, birollo, chosco.

Cellas: poboadas, fi nas, xuntas.Pernas: canchés, trenco, tolleito.Carácter: covarde, teimudo/a, riseiro/a, nervioso/a, alegre, triste, simpático/a, sociable, túzaro/a, falador,faladora, calado/a, valente, optimista, comprometido/a, progresista, conservador, conservadora.Roupa: abrigo, cazadora, zamarra, camisa, gravata, xersei, saia, vestido, pantalóns, chaqueta, chuvasqueiro, gabardina.Calzado: botas, zapatillas, zapatos, zocos.

Complementos: sombreiro, gorra, pucha, viseira, pano da cabeza, pano do pescozo, bufanda, gorro, bolso, mochila, caxato, luvas, lentes, paraugas.

Page 12: Celga 2 Agalip

10

Facede unha fi cha de cada un.B

Datos do/a desaparecido/a: .......................................................................................

.............

Idade: .....................................................

Peso: ......................................................

Estatura: ....................................................

Corpo: .......................................................................................

.......................................................

Cor da pel: ......................................................

Cor do pelo: ...................................................

Forma e tipo de pelo: .......................................................................................

.........................

Cara: .......................................................................................

..........................................................

Sinais: ....................................................................................

................

Boca: .......................................................................................

...............

Labios: .....................................................................................

..............

Nariz: .......................................................................................

..............

Ollos: .....................................................................................

.................

Cellas: .....................................................................................

................

Pernas: .....................................................................................

........................................................

Carácter: ......................................................................................

...................................................

Roupa: .......................................................................................

......................................................

Calzado: .......................................................................................

...................................................

Complementos: .....................................................................................

......................................

Facede un cartel para pegar polas rúas cos datos dos desaparecidos.C

Page 13: Celga 2 Agalip

11

Ortografía

Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas

e exclamativas directas:

Como te chamas? Cando é o teu aniversario?

Cantos fi llos tes? Que cedo chegastes!

Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando intro-

ducen interrogativas indirectas:

Pregúntalle onde vive. Pregúntalle cal prefi re.

Agás cando é preciso para evitar posibles anfi boloxías (palabras que poden ter

máis dun sentido):

Dille qué queres/dille que queres.

Xa sabes cánto lle custou/xa sabes canto lle custou.

REPARA na acentuación:

levaría

levarías

levarían

levariamos e non levaríamos

levariades e non levaríades

ACENTUACIÓN NAS INTERROGATIVAS DIRECTAS E INDIRECTAS

1. Fíxate cando usaches o pospretérito no exercicio 2 de “Ligamos na clase” e comproba que acentuaches ben.

2. Máis adiante, no exercicio 8, de “Entrevista a unha persoa famosa”

terás que usar o pospretérito outra vez. Ollo cos acentos!

Page 14: Celga 2 Agalip

12

Galego en acciónEntrevista unha persoa famosa1. Coñeces as persoas das fotografías?

2. Imos ler unha entrevista feita a unha destas persoas. Cal das fotografías pode ser a da persoa entrevistada? Discúteo cos teus

compañeiros e compañeiras.

Cristina PatoAntón Reixa Manuel Rivas

Page 15: Celga 2 Agalip

13

3. Pero un virus entrou no ordenador e borrou as preguntas, podes reconstruílas?

(Título) ________________________________________________ ENTREVISTA

Pregunta: _______________________________________________________________________Resposta: Nunca podes decidir sobre que vas escribir... A situación na que se escribe sempre marca a obra.P: _____________________________________________________________________________R: Para min resulta máis fácil escribir na aldea.P: _____________________________________________________________________________R: Non me interesa falar dun feito histórico, cando é como se produciu unha guerra. Non quero falar do amor como se fala nun anuncio publicitario, o que quero é encarnar eses sentimentos e concretalos.P: ___________________________________________________________________________R: Penso que é un dos labores máis bonitos que pode levar adiante a literatura, o de recuperar o sentido destas palabras, de darlles un sentido.P: ______________________________________________________________________R: Creo que todos os xornalistas somos escritores. O xornalismo ten moito en común coa literatura e temos moitos exemplos na literatura galega nos que estas dúas facetas están presentes: Curros Enríquez, Castelao, Álvaro Cunqueiro... son exemplos de harmonía e demestura.P: ______________________________________________________________R: A min gústame moitísimo o cine, é unha arte que está moi vencellada á literatura.Hai moitos casos en que detrás dunha película hai unha novela. Paréceme unhaaventura moi interesante. No caso do conto A lingua das bolboretas eu tiña unhamoi boa relación co director José Luis Cuerda e co guionista Rafael Azcona.P: _______________________________________________________R: Eu sempre publico primeiro en galego. A miña experiencia coastraducións foi moi positiva e alentadora. P: _____________________________________________________________________________R: Na actualidade, hai un aspecto novo e esperanzador que non existiu noutros momentos da literatura en Galicia: o público, un público que abraza a os seus escritores. Isto é moi importante para a cultura, sobre todo de cara a un futuro.P: _____________________________________________________________________________R: O obxectivo fi nal é crear, facer cousas novas, remover a terra para que nela poidan seguir medrando as letras galegas.

(Adaptación dunha entrevista en www.culturagalega.org 20/04/01)

Page 16: Celga 2 Agalip

14

4. Podes poñerlle título á entrevista?

5. Coñeces a persoa entrevistada e a súa obra?

6. Segundo o que di o entrevistado, escolle catro adxectivos que defi nan o seu carácter.

7. Angélica quere saber como son fi sicamente Antón Reixa e Cristina Pato, mira as fotos e descríbeos.

8. Das catro persoas famosas anteriores, con quen te levarías ben? Por que?

Con cal deles farías isto? Con cal non? Explica por que.

9. Faille as mesmas preguntas a un compañeiro. Cón-

talle despois ao resto da clase o que máis che chamou

a atención.

traballar

viaxar a unha illa deserta

ter un fi llo

ir ao cine

falar de política

ir a un concerto

facer unha película

casar

tocar o piano

traballar

Page 17: Celga 2 Agalip

15

Contido socioculturalOs maiores e a internet

Antes de ler o texto, comenta co teu compañeiro ou compañeira as seguintes cuestións:

- Que cres que debe ser o máis difícil para os maiores no uso da internet.

- Que temas cres que poden ser do seu interese na internet.

Cada vez son máis os nosos anciáns que se asoman ao mundo da internet

e á sociedade do coñecemento. Un ámbito que lles pode achegar moitas

máis vantaxes das que podemos pensar nun comezo.

Aos maiores interésalles a internet e o mundo relacionado coas tecnoloxías

da información e da comunicación (TIC), teñen unha gran capacidade de

aprendizaxe e moita gana de aprender todo o que se refi re ás novas tecno-

loxías. Participan en cursos de iniciación á informática, aprenden rápido a

manexar o ordenador, o rato, o teclado, así como os correos electrónicos

e a videoconferencia. Os maiores danlles un enfoque práctico a estes co-

ñecementos.

“O que máis buscan son webs sobre saúde, para consultar algúns problemas

que lles poden preocupar. Logo, en xeral, gústalles moito viaxar a través de

páxinas culturais, museos e cousas semellantes”, afi rma José Carlos Millán

Calenti, catedrático que dirixe o Grupo de Investigación en Xerontoloxía

da Universidade da Coruña e autor do libro Os maiores e internet. Outros

navegan por vicio, coma María Amelia López Soliño, autora de “amis95.

blogspot.com”, unha bitácora na que, grazas á transcrición que fai o seu neto, conta as súas lembranzas, afeccións e ideas; ou

Julio Mancebo Moreiras que, con 64 anos, mantén “A miña Baiuca”, unha bitácora onde vai facendo memoria, unha por unha,

de todas as casas da súa aldea.

Hai aínda un elevado descoñecemento das novas tecnoloxías e unha certa resistencia a empregar o ordenador por medo a

estragalo por parte dos maiores. Os usuarios da terceira idade necesitan ligazóns intuitivas e moi claras e prefi ren imaxes nidias

e de calidade.

A

>>

Page 18: Celga 2 Agalip

16

As TIC poden achegar toda unha serie de posibilidades que prometen mudar

moitos dos tópicos da terceira idade. Un dos empregos máis habituais dos

ordenadores para anciáns en residencias e centros semellantes son os pro-

gramas informáticos que permiten desenvolver a memoria e os refl exos. É

nesta liña onde se desenvolven os traballos do Grupo de Xerontoloxía rela-

cionados con estas tecnoloxías.

A última iniciativa deste grupo de investigación é a Telexerontoloxía. O

proxecto incide nas posibilidades que as TIC achegan para mellorar a calida-

de de vida da xente de idade e mais a asistencia aos anciáns. Algúns servizos

teñen como destinatarios fi nais os membros da terceira idade, pero a maior

parte do proxecto vai dirixido a aquelas persoas que os teñen ao seu cargo.

Localización de usuarios, teleconsultas médicas, desenvolvemento de tera-

pias grupais a distancia... son algunhas das propostas.

É de prever, para un futuro próximo, unha maior implicación das persoas de

máis idade coas novas tecnoloxías. Nestes momentos, a xente nova non pode

vivir sen as novas tecnoloxías e emprégaas a diario, os maiores do futuro

serán esta xente nova e estarán moi afeitos ás novas tecnoloxías. E xa non vai ser estraño facer videoconferencias cos avós.

A inclusión dixital e o emprego das TIC para mellorar a calidade de vida é unha das propostas básicas que se inclúen no plan

E-europe 2010 da Unión Europea para difundir estas tecnoloxías.

(Adaptación de www.culturagalega.org Santiago. Redacción. 14/02/2007)

Agora, coa información que tes, escribe un anuncio para animar os maiores dun centro social do teu barrio ou vila a facer un

curso sobre internet.

B

Page 19: Celga 2 Agalip

17

RepasoQue che suxiren estas palabras?

Compara os teus resultados cos de varios compañeiros. Coincidides?

CARA PELO

CARÁCTER GUSTOS

Page 20: Celga 2 Agalip

18

PorfolioElaboramos un cuestionario para coñecer mellor os compañeiros e as compañeiras1. Decidimos, en grupo, cales son os temas máis importantes para coñecer a xente.

A min gustaríame saber que tipo de deportes practican os nosos compañeiros.

Pois eu creo que é mellor saber se hai máis xente solteira ou casada...

Eu preguntaríalles que comen.

2. Formulamos, individualmente, preguntas concretas.

3. Agora, en grupo, eliximos as mellores preguntas e facemos o cuestionario.

Eu creo que sería mellor escoller esta pregunta porque a min a outra paréceme moi agresiva.

Pois eu odio ese tipo de preguntas.

4. Completamos a fi cha de cuestionario.

5. Cada un faille a entrevista a outro compañeiro.

6. Presentámoslle o entrevistado ao resto da clase.

Page 21: Celga 2 Agalip

19

Que sei facer?

Dar e pedir información sobre persoas.

Describir a personalidade e o aspecto físico

dunha persoa.

Falar de sentimentos e relacións persoais.

Usar os verbos refl exivos e pronominais para

falar de sentimentos e relacións persoais.

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis

complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 22: Celga 2 Agalip

20

Transcrición do audio1. Actividade introdutoria.

ROSA: Ola Angélica! Como che vai?

ANGÉLICA: Ben, ti que tal?

ROSA: Non hai queixa, agora que empeza o curso espero coñecer xente nova, odio pasar o día limpando a casa, isto de tra-

ballar pola noite... E ti? Por fi n animácheste a vir!

ANGÉLICA: Si, a ver se así consigo entender mellor os velliños cos que traballo, encántame falar con eles, pero ás veces non

os entendo moi ben.

ROSA: Pois eu quero desconectar un pouco da vida familiar, ao meu irmán, a Pedro, só lle interesa o fútbol e navegar pola

internet. Pasa as tardes mirando os partidos na televisión.

ANGÉLICA: A min gústame o cine, podemos quedar unha tarde.

ROSA: De acordo. Aí vén Xaime, a ver que vos presento.

XAIME: Boas! Que cedo chegastes!

ROSA: Ola Xaime, esta é Angélica, é venezolana, pero xa leva un ano en Galicia, quere aprender ben o galego e tamén a tocar

a gaita.

XAIME: Moito gusto, eu nacín en Madrid, pero os meus pais son galegos e agora vivo aquí con eles.

ANGÉLICA: Encantada.

ROSA: Angélica coida os pais de Fernando.

XAIME: Que Fernando?

ROSA: O meu veciño, o moreno de pelo longo, que leva sempre unha cola de cabalo, o que ten dous cans, non sabes?

XAIME: Si, hai moito que non o vexo, desde que empecei co grupo afasteime un pouco, pero vexo que ti non lle quitas ollo.

ROSA: Xaime toca a gaita, pódete aprender.

XAIME: Si, normalmente érgome cedo para ensaiar, pero hoxe pegáronseme as sabas. Por certo, esta fi n de semana hai un

concerto de Cristina Pato, se queres vir...

ANGÉLICA: Quen me dera! Gustaríame moito. Non a coñezo, como é?

ROSA: Vaia, e eu que vos quería propoñer a última película de Antón Reixa.

ANGÉLICA: Quen é Antón Reixa?

Page 23: Celga 2 Agalip

01

Page 24: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos

Obxectivos desta unidade:

Falar de sensacións e difi cultades na aprendizaxe de linguas

Relatar experiencias na aprendizaxe de linguas

Como pedir e dar información sobre cursos de lingua

Como responder a cuestionarios sobre cursos de lingua

Coñecemento do código

Pretérito de indicativo

Resúltame fácil / difícil / cústame/ prefi ro +infi nitivo

Preguntas na clase

Deletrear

Ditongos

Page 25: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

1. A Escola Lingua con Lingua anímate a estudar galego con nós, mesmo se vives fóra de Galicia.

Vas escoitar unha audición onde se fala da aprendizaxe do galego. Intenta responder a algunha das preguntas que nela se fan.

2. Le a información dos Cursos de Verán da Escola Lingua con lingua, despois cubre a tarxeta de inscrición.

CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS PARA ESTRANXEIROS (1-24 XULLO 2008)ORGANIZA: ESCOLA LINGUA CON LINGUA

COLABORA: XUNTA DE GALICIA

Directora: Sabela Fortes Andrade

O territorio e os falantesO galego é a lingua propia de Galicia, un territorio situado ao NO da

Península Ibérica. O galego é falado nas catro provincias que compoñen

esta comunidade autónoma, así como por habitantes dos territorios

limítrofes das provincias de Asturias, León e Zamora. Dos case 3.000.000

de habitantes, hai máis de 2.000.000 que falan habitualmente o galego,

aos que cómpre engadir case 1.000.000 de emigrantes dispersos por toda

a Europa occidental, os EE.UU. e América do Sur, En Galicia tamén se fala o

español, que durante séculos foi a única lingua ofi cial do Estado español.

Na actualidade as dúas linguas son coñecidas pola inmensa maioría da

poboación galega, e o galego, lingua maioritaria, atópase nun proceso

bastante adiantado de normalización.

A situación legal da lingua galega- O galego é lingua propia de Galicia.

- O galego é lingua ofi cial na Comunidade Autónoma de Galicia,

xunto ao español.

- Os poderes públicos teñen o deber de favorecer o coñecemento e

utilización do galego.

- Todos os cidadáns galegos teñen o dereito de coñecer e de em-

pregar o galego en todos os ámbitos da vida pública.

- O ensino do galego e do español é obrigatorio en todos os

centros escolares.

Actividades do cursoO fi n primordial do Curso será dar ao estudante a oportunidade de famil-

iarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais

das clases teóricas e prácticas de lingua galega, están programadas lec-

cións sobre a literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como

excursións e visitas aos lugares de principal interese cultural e paisaxístico

de Galicia.

Niveis:

- Elemental, de iniciación á lingua galega. Para aqueles alumnos que

desexen introducirse no coñecemento desta lingua.

- Medio, destinado aos alumnos que xa cursaron o elemental, ou que

posúan un coñecemento básico do idioma. Poderáselles realizar un

test.

- Un curso superior de Filoloxía Galega.

Santiago de CompostelaSantiago de Compostela é a capital de Galicia, e atópase situado aproxi-

madamente no centro do seu territorio.

O monumento por antonomasia da cidade é a súa catedral. O Pórtico da

Gloria, a fachada das Praterías, a do Obradoiro, sobresaen dentro do conx-

unto, así como as prazas que a rodean.

A disposición medieval da poboación vella está aínda ben diferenciada da

zona moderna na que se produciu un crecemento da cidade.

Santiago ten comunicacións co resto de Galicia, tanto por estrada coma

por ferrocarril. As praias máis próximas atópanse a uns trinta minutos en

automóbil da cidade.

Page 26: Celga 2 Agalip

04

Viaxe e aloxamento

Santiago ten un aeroporto internacional, a dez quilómetros da cidade. Ten

enlaces ferroviarios diarios con Madrid, e coa fronteira francesa de lrún-

Hendaya. Desde Irún, e desde Madrid, hai ademais autobuses a Santiago.

Sen ningún compromiso, a secretaría dos Cursos facilita unha lista de

pensións e casas particulares a aqueles alumnos que a soliciten.

Inscrición e recepción

Poderanse inscribir todas as persoas que o desexen. Unicamente se esixe

ter cumpridos 18 anos, e que a fi cha e a cota de inscrición cheguen á

Secretaria dos Cursos antes do día 1 de maio.

O importe da matrícula é de 200 euros , e nel están incluídos o dereito a

clases, material didáctico, excursións, certifi cados, etc.

Deste importe, débese enviar en concepto de inscrición antes do 1 de maio

40 euros, á conta núm. IBAN ES96 0050 2686 92249432 0203 do Banco

Santander Central Hispano (Cód. SWIFT:BSCHESMMXXX), r. Calderería, 54,

Santiago de Compostela, facendo constar “Curso de galego” e o nome do

remitente. Os 160 euros restantes pagaranse ao presentarse na Secretaría

dos Cursos, en Santiago.

A recepción de alumnos farase na Secretaría do Curso. O seu enderezo é:

Secretaría de Cursos de Galego para estranxeiros

Escola Lingua con lingua

Praza Cervantes, 4

15703 Santiago de Compostela

(España)

TARXETA DE INSCRICIÓN

APELIDOS:

NOME:

DATA DE NACEMENTO:

NACIONALIDADE:

PASAPORTE (ou Documento de Identidade) Nº:

ENDEREZO:

NIVEL: ELEMENTAL MEDIO SUPERIOR

DATA:

Sinatura,

Esta tarxeta debe chegar antes do 1 de maio de 2008 a:

Secretaría de Cursos de Galego para estranxeiros

Escola Lingua con Lingua

Praza Cervantes, 4

E-15703 Santiago de Compostela

Para calquera información complementaria diríxanse a este mesmo ender-

ezo, ou ao teléfono 981 564 200.

Para chamadas de fóra de España débese marcar o: 34-981-564200.

E-mail: cursos.linguaconlingua@ escoladeveran.com

Fax: 34-981 -564201

FOTO

Page 27: Celga 2 Agalip

05

Gramática e LéxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

1. As túas experiencias nas clases de idiomasResponde a este cuestionario sobre as túas experiencias nas clases de idiomas:

1. Sinala o que máis che axudou (ou che axuda) a aprender nas túas clases de idiomas:

Falar e debater temas en parellas ou en grupos

Ler textos e responder a preguntas

Traducir textos

Escoitar unha gravación e responder a preguntas

Escoitar ao profesor

Escribir textos breves ou sinxelos (mensaxe, postais...)

Escribir textos máis complexos (redaccións, cartas...)

Facer exercicios gramaticais

Facer xogos coa gramática, o vocabulario, etc.

Practicar a pronunciación

Facer deberes e corrixilos

___________________________

___________________________

2. Sinala qué preferiches (ou prefi res) facer na clase (C) e qué fóra da clase (F):

( ) Ler

( ) Escribir

( ) Falar

( ) Escoitar gravacións

( ) Facer exercicios de gramática

( ) Facer exercicios de pronunciación

( ) Memorizar listas de vocabulario

( ) Aprender regras de gramática

( ) Buscar palabras novas no dicionario

( ) _____________________________

( ) _____________________________

A

Page 28: Celga 2 Agalip

06

3. Normalmente, como preferiches (ou prefi res) traballar na clase? (Sinala unha ou varias opcións).

Só/ soa

En parellas

En pequenos grupos

Co profesor

4. Como te sentiches (ou te sentes) cando, na clase, falabas a lingua que estudabas (falas a lingua que estudas)? (Sinala

unha ou varias opcións).

Bastante seguro/a de min mesmo/a

Un pouco incómodo/a

Como un/unha neno/a pequeno/a

Sentín/sinto un pouco de vergonza

Non sentín/sinto nada especial

5. Que foi (é), para ti, o máis fácil do galego e doutras linguas que estudaches (estudas)?

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

6. Que foi (é) o que máis che custou (custa) facer en galego? Sinálao.

Aprender a gramática

Pronunciar ben (o x ou nh)

Falar con fl uidez

Recordar o vocabulario

Comprender conversacións

Escribir correctamente

Ler textos complexos

_______________________________

________________________________

Page 29: Celga 2 Agalip

07

Compara as respostas coas de dous compañeiros.

Exemplos:

- A min non me gustou traballar só na clase, porque creo que

era importante falar galego e practicar.

- Xa, pero ás veces necesitamos traballar individualmente para

refl exionar e pensar ben as cousas.

- Si, e tamén para memorizar palabras, aprender regras gra-

maticais...

- A min resultoume fácil falar en galego.

- Pois a min o que máis me custou foi empezar a falar.

- Eu creo que escoitar audicións foi moi útil.

B

7. Que é o que máis che gustou das túas anteriores clases doutras linguas (ou desta)?

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

8. E o que menos?

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

Page 30: Celga 2 Agalip

08

Compara os resultados cos do teu compañeiro.

Exemplos:

- Eu busquei unha cidade con praia.

- Para min foi máis importante saber os prezos dos curso.

B

A2. Fixeches un curso de galego ou doutra lingua en Galicia ou fóra?

Que cousas valoraches especialmente do centro de estudo ao que decidiches ir? Sinálaas por orde de importancia.

O número de horas de cada curso e o horario

Os distintos niveis de galego que se impartían

A metodoloxía dos cursos

O número de alumnos por aula

A formación dos profesores

Os exames de nivel

A certifi cación que se obtiña a fi nal do curso

Os prezos dos cursos

As instalacións con que contaba a escola (biblioteca, sala de recursos...)

As actividades complementarias que ofertaba a escola (excursións, actividades culturais...)

Os certifi cados de calidade que ofertaba a escola

O tipo de aloxamento que ofertaba a escola

A oferta cultural e de ocio da cidade na que se atopaba a escola

A temperatura media da cidade onde estaba a escola

Outros .................................................

................................................................

................................................................

................................................................

................................................................

Page 31: Celga 2 Agalip

09

PRETÉRITO DE INDICATIVO DOS VERBOS REGULARES

ANDAR APRENDER ESCRIBIR

andei aprendín escribín

andaches aprendiches escribiches

andou aprendeu escribiu

andamos aprendemos escribimos

andastes aprendestes escribistes

andaron aprenderon escribiron

Lembra que o pretérito de andar

en galego é regular.

OLLO!

PRETÉRITO DE INDICATIVO DALGÚNS VERBOS IRREGULARES

DICIR ESTAR IR - SER LER PODER

dixen estiven fun lin puiden

dixeches estiveches fuches liches puideches

dixo estivo foi leu puido

dixemos estivemos fomos lemos puidemos

dixestes estivestes fostes lestes puidestes

dixeron estiveron foron leron puideron

QUERER TER TRAER VER VIR

quixen tiven trouxen vin Vin

quixeches tiveches trouxeches viches viñeches

quixo tivo trouxo viu veu

quixemos tivemos trouxemos vimos viñemos

quixestes tivestes trouxestes vistes viñestes

quixeron tiveron trouxeron viron viñeron

Page 32: Celga 2 Agalip

10

3. Completa usando verbos dos recadros en pretérito de indicativo.

ler

andar

serestudar

empezar

atopar

poder

ter

facer

vercomprar

ir

estarvolver

viaxar

a) - Onde ........................ o ano pasado?

- ...................... en Londres pero a mediados de ano .................. a Galicia.

b) ...................... en París algunha vez?

- Si, o ano pasado ..................... por toda Europa.

c) - .................. o último libro de Teresa Moure?

- Non, aínda non o ................. .

d) - Eu ................ todos os exercicios deste tema, creo que os de gramática ................... os máis difíciles.

e) A semana pasada .................. buscando información para facer un curso por Internet.

f) Fernando e mais eu ............................ matricularnos por teléfono.

g) ............... a nova serie da televisión galega?

– Non, onte .................. ao cine.

h) ........................... moitos problemas para localizar o profesor?

- Non, ................. o seu teléfono na guía do estudante.

4. Transforma o texto de Sempre en Galiza de Castelao pasando os verbos ao pretérito.

Algúns homes –galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie [...] Mais eu

dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai

superiores aos animais. Velaí vai a demostración: un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo

das Pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda

están no idioma universal.

Page 33: Celga 2 Agalip

11

5. Na clase usamos unha serie de expresións para comunicarnos e para falar da propia lingua.

Fíxate no caderno de Rosa:

Fai ti a túa propia fi cha coas expresións que necesites.

Na clase de galego

En que páxina está iso? En que exer-cicio/parágrafo/liña?Que quere dicir “axóuxere”?É correcto dicir “andei”?“Dicionario” escríbese cun “c” ou con

dous?Como dixeches, “parexa” ou “parella”?Vieiros escríbese con uve de “Vigo” ou

con be de “Burela”?Podes repetir, por favor? Non o en-

tendín ben.Iso paréceme moi importante.

Page 34: Celga 2 Agalip

12

Fonética

Dúas ou tres vogais xuntas forman ditongo ou tritongo, de forma que se pronuncian nunha soa sílaba.

exercicio (e-xer-ci-cio) queixo (quei-xo)

pouco (pou-co) familia (fa-mi-lia)

estudei (es-tu-dei) viaxe (via-xe)

partiu (par-tiu) escribiu (es-cri-biu)

andou (an-dou) adecuou (a-de-cuou)

Non se considera ditongo a unión de dúas vogais abertas.

aldea (al-dea) cheo (cheo)

Cando o acento recae na vogal pechada, rómpese o ditongo e prodúcese un hiato.

María (Ma-rí-a) país (pa-ís)

Cando temos iu ou ui, se é tónico o segundo prodúcese un hiato.

miúdo (mi-ú-do) xuízo (xu-í-zo)

viúvo (vi-ú-vo) ruído (ru-í-do)

DITONGOS, TRITONGOS E HIATOS

1. Lembras os enderezos das páxinas Web que escoitaches na Actividade Introdutoria (exercicio 1)? Dítallos ao teu compañeiro ou

á túa compañeira.

Exemplos:

- Cal era o enderezo da páxina de Vieiros?

- Creo que é hache te te pe dous puntos barra barra tres uves dobres...

Volve escoitar a audición para comprobar que son correctos.

2. Escoita e escribe as palabras que levan ditongo, despois márcao.

Page 35: Celga 2 Agalip

13

Galego en acción1. Le o seguinte texto e contesta as preguntas:

Cal cres que era a motivación da autora para estudar inglés?

Por que cres que esta persoa fracasou sempre que tentou aprender inglés?

Con algunha das linguas que estudaches pasouche algo parecido á autora do texto?

(...) O meu santo dáme polas mañás clase de inglés. A min, que fracasei en

todas as academias, tamén con profesores particulares. Tiven nativos (cada

un do seu lugar de nacemento): unha de Minesota, dous de Londres e unha

de Cuenca. Os estranxeiros quedaron moi contentos, ensineilles a manexar-

se perfectamente en castelán, concretamente aos dous ingleses, que eran

gais, ensineilles a xerga de ambiente para que gozasen ao máximo. A de

Minesota fi xo moi boas migas cos meus sogros, que estaban pasando unha

tempada na casa. Había tardes en que, como eu saía ás miñas cousas, ela

pasaba a hora de clase con eles e, tan ricamente, dábanlle de merendar e

ela dicía que ben se comía en España e os meus sogros que nunca imaxi-

naran que os estranxeiros podían ser tan boas persoas. Coa de Cuenca, a

esa non lle tiven que ensinar español, pero tiven que hospedala na miña

casa uns días porque a pobre quedou na rúa. Dábame pena que volvese a

Cuenca como unha fracasada.

(...) De academias nin me fales. Nunha ocasión, nunha clase puxéronme de parella con Afonso, o torpe da clase. Fa-

ciamos representacións para desinhibirnos. Unha vez, Afonso e mais eu tiñamos que facer coma que iamos nunha

barca de remos e falar do tempo meteorolóxico. Pasamos todo o traxecto remando, sen falar. O profesor dixo que non

entenderamos o concepto do exercicio.

Elvira Lindo: El mundo es un pañuelo. Tinto de verano (II)

(Madrid, 2002, Aguilar, páx. 123 [texto adaptado])

cio

.) O(

Page 36: Celga 2 Agalip

14

Contido sociocultural1. Le estes titulares do xornal Vieiros.

28 de xuño de 2007

O 50% das materias en galego.

Apróbase o Decreto de promoción do ga-lego no ensinoO Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto que de-senvolve a Lei de normali-zación lingüística, polo cal o alumnado ten que rematar cada tramo educativo coa mesma competencia oral e es-crita en ambas as dúas linguas ofi ciais.

28 de xuño de 2007

Novo Decreto para o ensino.

Despois do consenso... a guerra lingüísticaAs críticas que esta semana lanzou un partido político contra a maior presenza do galego nas escolas poden abrir unha nova batalla política.

2 de xullo de 2007

Di que os nenos non poderán falar español cos mestres.

Un partido político afi rma que o de-creto do galego servirá para “impor ideoloxía” nas aulasO seu portavoz denuncia que a nova norma “ra-cha con 25 anos de consenso sobre o bilingüismo harmónico”.

2. Crea ti un titular de prensa sobre o ensino do galego.

Page 37: Celga 2 Agalip

15

3. O profesor reparte estas fi chas entre os alumnos:

A metade das materias no ensino en galego?Opinións adaptadas de La Voz de Galicia (2/07/2007).

Dá o mesmo que poñan o 50% có 100%.

Os profesores van seguir impartindo as

clases en castelán como fi xeron ata agora.

Pásanse a lei por onde poden e os nenos o

único que teñen en galego é o libro por se

ven a inspección. (Un docente)

É necesario poñer o galego ao mesmo nivel có castelán e para iso non pode ser só na escola ten que ser en todos os ámbitos. Teñen que ser os xornais, os medicamentos, as receitas, os manuais de instrucións… Os que din que de-fenden as dúas linguas, nunca os vin pedindo os informes médicos en galego… (Xoán)

Todos os habitantes de Finlandia, Noruega, etc. saben falar perfectamente inglés. Pero non se lles ocorre pensar en abandonar a súa lingua propia. O idioma de uso normal en todos os ámbitos é o propio do país, non o inglés (e non me parece que lles vaia tan mal así). Está ben saber inglés e castelán pero o idioma propio de Galicia é o galego (Xosé)

Temos complexos por expresarnos en galego. Alguén pa-rece que si. Cada quen acompléxase do que quere, uns por ser baixiños... E outros falan cas-telán, por que lles parece máis fi no? (Xosé)

O galego e o castelán son igual de ofi -ciais dende o punto de vista legal, pero o feito é que o galego sempre foi con-siderado unha lingua vulgar, familiar e de segunda categoría. Non podemos deixar que a nosa lingua se perda, así que temos que garantir que os nenos a aprendan e a empreguen, polo menos tanto coma o castelán (Xosé Antón)

Impartir a metade das materias en galego é im-

poñer, nembargante, impartilas todas en castelán

non é imposición!!!???????? O galego é parte da

nosa cultura e deberiamos mantela e respectala...

As linguas están para comunicarse, cantas máis se

falen mellor... O que non se debe facer e negarse

a usar unha... Eu cando estou con un castelán fal-

ante que non fala nin entende galego, falo castelán..

Oxalá puidese falar máis linguas... (Luís)

Se comparamos unha lingua cunha nai… Miña nai non é rica, pero é a miña nai e quérolle máis ca a ninguén no mundo. Ao lado hai outra señora, poderosa, rica.... En fi n, o caso é que non é a miña nai, que lle imos facer, a quén elixiriades? Está claro que á nai biolóxica. Pois ben, se non entendedes que a lingua é coma unha nai, se nunca nolo transmitiron, difi cilmente imos entender por qué debatemos isto agora. O único xeito de cambiar as tornas está na escola. Logo, que se ensine en Galego!!! (Xurxo)

Le a fi cha que che entregou o profesor. Estás de acordo co que di? Exponlle a túa postura ao resto da clase.

Exemplo:

- Claro que a lingua é coma unha nai, pero tamén os fi llos adoptados lles queren ás súas nais.

Page 38: Celga 2 Agalip

16

Repaso1. Completa usando verbos dos recadros en pretérito de indicativo.

estudar naceraprender (3) marchar

funcionar

ir

falarcomprar

............................ inglés no colexio pero non ........................ case nada. ........................... libros, cds e vídeos para estudar na casa

pero non ............................. . O ano pasado ................................ dous meses a Irlanda e alí .............................. moito.

......................... en Baracaldo, despois .......................... con meus pais a Barcelona. .......................... traballando nun hotel en París,

así que tamén .............................. un pouco de francés.

2. Escribe cinco razóns polas que che interesou (ou/e interesa) estudar galego.

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

Page 39: Celga 2 Agalip

17

Para conversar con amigos ou familiares

Para viaxar

Para ler xornais e revistas

Para ler documentos e textos profesionais

Para ler literatura

Para ver a TVG

Para navegar por páxinas de Internet en galego

Para escribir correos electrónicos, cartas e outros documentos no meu traballo

Para escribir a amigos

Para facer exames

Outros...

3. Para que usaches (usas ou vas usar) o galego? Marca unha ou varias respostas.

Page 40: Celga 2 Agalip

18

Porfolio1. Con cales destes estudantes te identifi cas máis? Marca o que teñas en común con eles.

2. Escribe ti un texto similar co teu perfi l, os teus desexos e necesidades.

3. Contéstalle a Laura Esteban cos datos que tes do folleto da Escola Lingua con Lingua (Actividade introdutoria, exercicio 2).

BuBuBuBuBuBuBuBuBuuBuBuscscscscscscscsssco o o o o o ooooo a a a a aaaa a aaa alalalalalalaalallllallalguguguguguguguguguguénénénénénénénénnénénnénn p p p p p p p pppparararararararararra aa aa aa aaa fafafafafafafafaffafafaacececececeececececeeeer r r r r rrr unununununununununn i i i i ii iiiiin-n-n-nn-n-n-n-nteteteteteteteteeeeet rcrcrcrcrcrcrccccr amamamamamamamammamaama bibibibibibibibibibb oo ooo o o o gagagagagagggagaggagalelelelelelelelelelllelelegogogogogogogogogoogog -i-i-i-i-iiiii-i-iingngngngngngngngngngglélélélélélélélélééés.s.s.s.s.sss.ss V V V V VVVVVVVVivivivivivvivivvíníníníníníníníínínínníín enenenenenenenennenn L L LL LLLLLLLLLLLononononnononnonnonndrdrdrdrdrdrdrdrdrdrddrdddd esesesesesessss p p p p pppppporororororororororrorrquququququqquququq e e e ee eeeeeee ososososoososossososos m m m mmm m mmmmeueueueueueueueueueeuuee s s s s s ss ssss papapapapapapaapapaapappaaisisisisisisisisisisss eemememememmemmeeemmigigigigiigigigigigi rararararaarararaararararararararraran n n n nnnnn nnnn alalalalalalalalalalí,í,í,í,í,íí,í,í p pp p pp pppppperererererererereree o o o o ooooo agagagagagagagaagaagagororororororoorororoo a a a a aaaa a vovovovovovovovovovovovoolvlvlvlvlvlvlvlvlvl e-e-e-e-ee-e-e-e-momomomomomomomomommos s s s s sss a a a a aaaaa GaGaGaGaGaGaGaGGaGGaalililililililililiciciciciciciciciiciia a a a a a a e e e e e e eee quququququququququuuq erererererrererero o o o o ooo fafafafafafafafafaaaalalalalalalalalalaaaaar r r rr r r rr memememememememmemeeellllllllllllllllllorororororororororrrr eseseseesesesesesee tataatatatataata l l ll l llll llinininininininininnninguguguguguguguguguggugg a aa a aa aaa mamamamamamamamamamammmm rararararararararaabibibibibibibibbb llllllllllllllllllosososoosososossososaa.a.a.a.a.aaa..

QuQuQuQuQuQuQuQuQuQuuQQuQuerererererrrerreerrre esesesesesessesee q q q qqq q q qqueueuueueueueueueeueeuu c c c c cc cchehehehehehehehehhhhe a a a aaa aaxuxuxuxuxuxuxuxxuux dedededededededeeededed c c c cc cc ccccccco o o o o oo oo ininininininininnninnnglglglgglglglglglgglllllg ésésésésésésésésssésé ?????????????ChChChChChChChChChChCChChCC ámámámámámámmámmmáámámamamamamamamamaammmme!e!e!e!e!e!e!e!e!JoJoJoJoJoJoJoJJooooohnhnhnhnhnhnhnhnhnhnhnnynynynynynynynyyynn . . . . . .. TeTeTeTeTeTTTeTeTTeTelélélélélélééléélééf.f.f.f.f.f.ff.ffff 9 9 9 9 9999 9 999818181818181811111 5 5 55 5 5 5 554242424242424242242226161616161616161611333333333

Asunto: clases de galegoData: 27/06/07De: [email protected]: [email protected]

Sra. Directora:Diríxome a vostede porque desexo matricularme nun curso de galego. Fun uns meses a clases deste idioma pero tiven que deixalo por motivos laborais. Estou especialmente interesada en cursos con tra-ballo gramatical e tradución. Agradecereille que me envíe toda a información sobre os cursos que imparten.

Atentamente,Laura Esteban Santomé

Page 41: Celga 2 Agalip

19

Que sei facer?

Falar de sensacións e difi cultades na aprendizaxe

das linguas.

Relatar experiencias na aprendizaxe das linguas.

Solicitar aclaracións ante difi cultade de com-

prensión.

Responder a cuestionarios sobre a experiencia

nas clases de lingua.

Pedir e dar información sobre cursos de galego.

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 42: Celga 2 Agalip

20

Transcrición do audio1. Actividade introdutoria: Ven aprender galego xa!

O galego é unha lingua románica, polo que se xa sabes algunha outra como castelán, catalán, italiano, portugués...terás moito

camiño andado: axiña, se pos ben o oído, serás quen de entender perfectamente o fundamental. En caso de dúbidas, pregunta

sen medo seguro que che axudarán amablemente. Son moitos os estudantes que levan pasado pola nosa Escola sen teren

problemas.

O galego pódeche abrir as portas de calquera outra das linguas románicas. Dámosche a oportunidade de aprender asemade

o castelán e o galego, e esta última, ademais, pode introducirte no portugués debido á súa similitude. Co galego podes ache-

garte a países e persoas que nin pensaras.

Se vives fóra de Galicia podes irte afacendo á nosa lingua!

• Escoitaches a Radio Galega? Podes facelo en Internet: http://www.crtvg.es

• Miraches a Televisión de Galicia vía satélite ou en Internet ? Faino en http://www.crtvg.es

• Liches prensa dixital en galego?, podes ler prensa dixital como o portal Vieiros http://www.vieiros.com

• Asistiches a algún curso de galego que se imparte no teu país? Pódeste informar en http://edu.xunta.es

• Fixeches algún curso virtual de galego? Podes seguir un en http://e-galego.cesga.es/

• Liches os clásicos universais en galego? Podes facelo en http://bivir.com

• Estudaches a literatura galega? Faino a través da Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es/

• Usaches algún vocabulario galego-inglés? Podes consultar un en http://galego.org.vocabulario.html

Se todo isto non te convence ou non é sufi ciente, ven facer un curso con nós:

• Matricúlate xa nos Cursos de lingua e cultura galega no verán, organizados pola nosa Escola Lingua con Lingua

de Santiago de Compostela: http://www.usc.es/gl/cursos/cur_galextran.jsp

2. Fonética.

lingua pais país Cesáreo ferreiro secretaria

secretaría viúva Cunqueiro prexuízo mariñeiro trouxo

puideron Rosalía historia Galicia noite Dieste

Page 43: Celga 2 Agalip

01

Page 44: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como propoñer, aceptar, rexeitar invitacións e propostas

Como desculparse por algo e reaccionar ante unha desculpa

Como expresar a necesidade ou o desexo de facer algo

Como expresar gustos, teimas

Como describir e valorar espectáculos, festas

Como repartir tarefas

Coñecemento do código

Adxectivos para valorar

Substantivos relacionados co lecer

Comidas e bebidas nas festas

Roupa de festa

Léxico do mundo do espectáculo: cine, tele

Recursos para propoñer, aceptar e rexeitar

Presentes irregulares e presentes con alternancia vocálica

Oracións subordinadas causais

Expresións de frecuencia

Vogais abertas e pechadas

Obxectivos

Page 45: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

1. Escoita estas conversas e responde estas preguntas:

- Que queren facer Luís e Paco o venres pola noite?

- Con quen queda Rosa o venres, a que hora e para que?

- Que fai Laura que non responde ao teléfono?

- Onde vai ir Laura a fi n de semana?

2. Escoita outra vez e completa na táboa as preguntas e respostas da conversa que manteñen Rosa e Luís.

SUXESTIÓNS

................................. para tomar uns viños?

Nós quedamos para ...................................?

A que ..............................?

Onde .............................?

Que tal .......................................?

RESPOSTAS

Vale, pero .....................................................

De .......................................

Paréceche ben ........................................

Pois ............................................

Moi ben ................................................

Page 46: Celga 2 Agalip

04

Gramática e LéxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

1. Os nosos famosos

Relaciona estes personaxes coas fotos. A que se dedican ou dedicaron?

1. Ana Kiro 4. Laxeiro 7. Luís Tosar

2. Afonso R. Castelao 5. Óscar Pereiro 8. Andrés do Barro

3. Morris 6. Mercedes Peón 9. Fernando Vázquez

Que sabes deles? A cal prefi res e por que? Escribe dúas frases para cada un e cóntallo ao resto da clase.

- Eu coñezo a Ana Kiro, é cantante, sigo todos os seus concertos. Gústame porque ten moi boa voz.

- E non dormes ao escoitala?

A

B

Page 47: Celga 2 Agalip

05

PRESENTES IRREGULARES

COÑECER SAÍR LER TRAER

coñezo saio leo traio

coñeces saes les traes

coñece sae le trae

coñecemos saímos lemos traemos

coñecedes saídes ledes traedes

coñecen saen len traen

PRESENTES CON ALTERNANCIA VOCÁLICA

SEGUIR DURMIR PREFERIR

sigo durmo prefi ro

segues dormes prefi res

segue dorme prefi re

seguimos durmimos preferimos

seguides durmides preferides

seguen dormen prefi ren

durmir (x2)

preferir

sentir (x2)

ver

facer

conseguir

lucir

conducir

a) Que .............................................. cando rematas un bo libro?

- ....................................... un baleiro moi grande.

b) .............................................. ben despois de ver unha película de terror.

– Si, ............................................. toda a noite e non me espertan nin os ronquidos do meu marido.

c) Que ............................................... despois de cear?

- Esta noite non ......................................., ................................................. a miña serie preferida na televisión.

d) ............................................. a Amenábar?

- En persoa non o ............................................ pero xa me gustaría, admiro moito o seu cine.

e) Pedro sempre .......................................... que lle fagan un desconto nas entradas para o teatro.

f) Esa artista no escenario ................................................ coma unha estrela.

g) Eu nunca ................................................ cando vou de viños, ..................................... deixar o coche na casa.

2. VerbosCompleta usando verbos dos seguintes recadros en presente de indicativo.

coñecer (x2) saír

Page 48: Celga 2 Agalip

06

3. Tempo de lecerOrdena estas actividades de lecer segundo as túas preferencias:

Lectura Cine Música Deporte Internet

Busca dous ou tres compañeiros que prefi ren a mesma actividade de ocio que ti marcaches en primeiro lugar. Con axuda das

seguintes preguntas, descubre máis cousas en común con eles sobre esa actividade.

Lectura

Que tipo de libros che gusta ler?

Cal é o teu escritor favorito?

Cal é a última novela ou o último libro que liches? Gustouche?

...

Música

Que tipo de música escoitas?

Onde adoitas escoitar música? Por que?

Cales son os teus cantantes ou grupos favoritos?

Cal é o último CD que compraches? Como é?

...

Cine

Que tipo de películas che gusta ver?

Prefi res o cine ou ver as películas na casa? Por que?

Cal é o teu director favorito? E o teu actor ou actriz preferido?

Cal é a última película que viches? Que che pareceu?

...

Deporte

A que deporte es afeccionado? Cales practicas?

Onde e con quen fas deporte?

Admiras ou segues a algún equipo ou deportista?

A

B

Page 49: Celga 2 Agalip

07

Cal é o último partido ou a última competición que viches?

...

Internet

Que clase de sitios web visitas cando navegas na internet?

Coñeces algún sitio especialmente recomendable?

Participas en chats con frecuencia? Tes algún bo amigo que coñeciches no chat?

Baixas programas da internet? Cales e para que?

...

Exemplos:

- Que tipo de libros che gusta ler?

- Gústame moito a novela negra, e a ti?

- Eu prefi ro a poesía. Cal é o teu escritor favorito?

- Vou á piscina porque nadar é moi bo para estar en forma.

- Pois eu prefi ro xogar ao fútbol, xa que non é tan aburrido coma un deporte individual.

Para preguntar a causa dunha acción, un suceso,..., usamos:

Por que?

Por que escoitas sempre música clásica?

Como?

Como non te animaches a vir ao concerto?

Para responder podemos usar:

porque, xa que, como

Vou nadar porque me relaxa

Quedou calada, xa que non soubo que responder

Como non me chamaches, marchei eu soa

é que (cando buscamos xustifi carnos)

É que non tiven tempo

EXPRESAR CAUSA E XUSTIFICARSE

Page 50: Celga 2 Agalip

08

Valorar e describir un espectáculo ou un

produto cultural

Viches O lapis do carpinteiro?

- Si, está moi ben.

- Si, gustoume moitísimo.

- Si, encantoume.

- Si, é unha marabilla

- Si, non me gustou porque é moi triste

Xéneros de cine, televisión

É unha comedia/É un drama

unha película (novela) romántica/histórica/policial

unha película

de acción

do oeste

de aventuras

de terror

de ciencia fi cción

Vocabulario relacionado con novelas, películas,

series

o título

o/a personaxe

o/a protagonista

o argumento

a sinopse

a trama/a acción

o director

o autor

Tipos de programas de televisión

un informativo

un documental

unha película

unha serie

unha telenovela

un concurso

un programa de deporte/de música/de entrevistas/de debate

un programa infantil

4. A miúdoCon que frecuencia fas estas cousas? Usa expresións de frecuencia como:

Sempre, todos os días, os sábados, a miúdo, ás veces, case nunca, xamais...

A

ir ao cine

ir ao fútbol

ir a un concerto

ir ao teatro

ir a exposicións de arte

ir a unha festa gastronómica

cociñar para os amigos

ir cear a un bo restaurante

viaxar en tren

nadar

ir á praia

pasear só polo monteir a unha festa gastronómica pasear só polo monte

Page 51: Celga 2 Agalip

09

xogar ás cartas

quedar con amigos

quedar só na casa a fi n de semana

visitar a familia

- Case nunca cociño para os amigos, prefi ro invitalos a un bo restaurante.

Cando fi xeches esas cousas por última vez? Valora a experiencia.

- A última vez que fi xen un cocido para os meus colegas foi un fracaso, os garavanzos quedaron duros, desde aquela

prefi ro quedar con eles de viños.

5. De festa rachadaIdes organizar unha festa para o resto da clase. Con tres compañeiros ou compañeiras decide o tipo de festa, o lugar, a data

e a hora.

- Que tal se facemos unha festa dos anos 70?

- Vale, e todos teñen que levar roupa desa época.

Escribide a invitación para os vosos compañeiros e poñédea no taboleiro para que se apunten os interesados.

B

A

B

Page 52: Celga 2 Agalip

10

Organizade a festa tendo en conta quen serán os asistentes. Distribuíde as tarefas entre os membros do equipo. Elaborade

tamén a lista da compra de cousas para a festa.

- Van vir dez persoas, así que temos que comprar bastante comida e bebida.

- Eu encárgome de ir ao supermercado, se vós facedes a lista da compra.

- Vale, necesitamos: botellas de viño, refrescos de laranxa e de limón...

- Quen trae a música dos anos 70?

C

Propoñer algo

Apetéceche...?

Queres...?

Que che parece se...?

Por que non...?

Que tal se...?

- Que che parece se quedamos mañá pola noite?

Aceptar unha invitación

Vale.

Si, como non.

Claro que si.

- Queres vir tomar uns viños?

- Si, como non.

Decoración

Copas Pratos de plástico

Uns globos Unhas candeas

Serpentinas

Roupa para festas

Unha máscara Unha chaqueta

Unha gravata Un traxe

Un vestido longo Uns zapatos de tacón

Rexeitar unha invitación

Síntoo, é que...

Non podo, porque teño que...

Gustaríame, pero...

- Gustaríame quedar contigo, pero hoxe teño que

rematar este artigo.

Repartir tarefas

Quen se ocupa de...?

Eu encárgome de...

É mellor se...

- Ti ocúpaste de enviar as invitacións.

Comidas e bebidas para unha festa

Unhas tapas de tortilla

Unhas patacas fritidas

Unha empanada de xoubas

Queixo e xamón

Unhas olivas

Uns refrescos

Unhas botellas de viño branco

Unha botella de cava

Unha torta de mazá

Uns pasteis

Page 53: Celga 2 Agalip

11

6. Benvidos á festa de AldeavellaEsta é a programación das festas na nosa vila.

Lédea e facede unha nota de prensa para enviar ao xornal e outra para enviar á radio.

Deseñade o cartel das festas do vosa vila ou cidade. Valen festas gastronómicas!

A

Sábado 14 de xullo

Pola mañá:

11.00 Pasacalle a cargo do grupo de gaitas Fol

con fol.

12.00 Apertura do recinto feiral e degustación

de chícharos... con arroz, con xurelos, con pa-

tacas...

Pola tarde:

19.30 Inauguración da área recreativa da praia

fl uvial.

20.00 Representación teatral na Casa da Cul-

tura do grupo de teatro Ándaslle con ela.

Pola noite:

22.00 Actuación do grupo musical Tocacon-

nosco.

Domingo 15 de xullo

Pola mañá:

11.00 Pasacalle a cargo da banda municipal de

Aldeavella Fervellasverzas.

12.00 Apertura do recinto feiral e degustación

de produtos típicos.

13.00 Pregón a cargo de Xosé Santomé.

Pola tarde:

19.00 Sesión de contacontos a cargo de Os

máis sabios de Aldeavella.

20.00 Actuación do grupo folk, do grupo de

cantareiras e do grupo de baile da asociación

cultural Aldeavella.

Pola noite:

22.00 Actuación da orquestra Ven bailar Car-

miña.

24.00 Sesión de fogos artifi ciais.

Festa dos chícharos en Aldeavella

B

Page 54: Celga 2 Agalip

12

Fonética2. Abertas e pechadas.

Escoita estas frases e marca o timbre das vogais dos verbos.

- Dormes ou non dormes no cine?

- Xulio non consegue nunca chegar a tempo a unha cita.

- Cando sae de esmorga sempre bebe cervexa.

- Segues xogando ao fútbol? –Non, agora xogo ás cartas.

FONÉTICA

SEGUIR DURMIR

sigo durmo

segues ɛ dormes ɔsegue ɛ dorme ɔseguimos durmimos

seguides durmides

seguen ɛ dormen ɔ

Page 55: Celga 2 Agalip

13

Galego en acción

Cine en galego1. Le estas fi chas.

Sempre Xonxa

Sinopse: Xonxa, Pancho e Birutas medran xun-

tos. Na adolescencia Birutas emigra a América

e por dez anos non dá noticias, ata que vol-

ve á aldea presumindo co seu fermoso traxe e

bo coche, pensando que Xonxa o agarda. Pero

Xonxa e Pancho casaron hai tres anos e teñen

unha fi lla. Birutas convence a Pancho para que

vaia a América mirarlle polos seus negocios.

Pancho confía nel e marchan xuntos, pero Bi-

rutas faino embarcar só, volve á aldea e viola a

Xonxa antes de marchar para América. Ao cabo

duns meses Pancho volve só e enfermo, despois

contará que Birutas o enganara e denunciara.

Pancho vaise recuperando e volve á vida nor-

mal. Birutas regresa á vila para morrer.

Xénero e duración: drama/114’

Dirección: Chano Piñeiro

Ano: 1988

Elenco: Uxía Blanco (Xonxa), Miguel Insua (Bi-

rutas), Xabier R. Lourido (Pancho), Roberto Cas-

teleiro (Caladiño), Roberto Vidal Bolaño (don

Xosé Luís, o mestre), Rodrigo Roel (don Camilo,

o cura).

Rosa dos ventos

Sinopse: o home de Rosa non volverá. Le-

vouno o mar. Ela busca consolo nos recor-

dos, pero descobre que non son abondo para

calmar o baleiro de tantos anos de soidade.

O mar é a clave na vida destas persoas, tan-

to para os que están, como para os que xa

non.

Xénero e duración: drama/18’

Dirección: Jairo Iglesias

Elenco: Miguel Borines, María Castro, Fer-

nando Morán.

Page 56: Celga 2 Agalip

14

A lingua das bolboretas

Sinopse: Moncho convive co seu irmán Andrés,

duns quince anos, mancebo de botica e apren-

diz de saxofonista; Ramón, o seu pai, xastre,

republicano moderado e tímido; e Rosa, muller

piadosa que axuda ao seu marido e coida dos

fi llos. Andrés, o maior, vai ser contratado por

unha charanga para que os acompañe polas

verbenas e romarías co seu saxo. Na de Santa

Marta de Lombás vai atopar un amor imposi-

ble que lle fará pasar, nunha noite de néboa e

maxia, de ser un aprendiz non demasiado efi -

caz do seu instrumento, a tocalo como o máis

virtuoso executante. Coa chegada da primave-

ra, Don Gregorio saca as clases ao campo. Pro-

meteralles a uns nenos ilusionados que, se lle

mandan a tempo un microscopio que lle pro-

meteran no Ministerio de Instrución Pública,

poderán ver as partículas máis pequenas ou os

diminutos órganos dos insectos como a lingua

das bolboretas. O microscopio chegará tarde.

Ninguén o utilizará. O día 18 de xullo de 1936

todo se rompe. Trunfa o levantamento militar.

Baseada en tres contos de “Que me queres

amor”, de Manuel Rivas.

Xénero e duración: drama/95’

Dirección: José Luís Cuerda

Ano: 1999

Elenco: Fernando Fernán Gómez, Manuel Lo-

zano, Uxía Blanco, Gonzalo Martín Uriarte,

Alexis de Los Santos.

O bosque animado

Sinopse: todos os días o Sr.

D’Abondo e o seu fi el criado

Rosendo atravesan a fraga

de Cecebre. Ás veces, o desconfi ado servente ex-

clama: “Parece que estivese animado o bosque

enteiro!”. Así é, xa que, cando os humanos se

afastan, a natureza transfórmase e amosa todo

o seu esplendor, mentres árbores e animais viven

en alegre e feliz harmonía. Non obstante, a man

do home, que todo o altera, traerá ao bosque a

desorde e a infi delidade. As toupas comezarán a

desaparecer, as árbores xa non cantarán, os gatos

revelaranse contra o home e as moscas dedica-

ranse a amolar máis do habitual. A toupa Fura-

croios, a gata Morriña, o rato Piorno e a árbore

Carballo, entre outros habitantes da fraga, xun-

taranse para solucionar os problemas e levar de

novo a harmonía ao... Bosque Animado.

Conta as aventuras dos habitantes dunha fraga

galega. Baséase na novela homónima de Wen-

ceslao Fernández Flórez.

Xénero e duración: animación 3 D/89’

Dirección: Manolo Gómez e Ángel de la Cruz

Producción: Dygra Films

Ano: 2001

Elenco: señores D’Abondo, Rosendo, Furacroios,

Morriña, Piorno, Carballo.

Page 57: Celga 2 Agalip

15

2. Viches estas películas? Se as viches, cal che gustou máis e por que?

Se non as viches, cal che gustaría ver e por que?

- Eu vin La lengua de las mariposas, en castelán, pero xa hai tempo e non me acordo moito, só do fi nal, así que non me

importaría volver vela en galego.

3. Despois da visualización da película (escollemos unha das catro, dependendo das respostas do alumnado), fai a crítica da obra

por escrito.

Contido sociocultural1. Le o texto e describe a foto.

A rapa das bestas de Sabucedo Rapa das bestas, unha tradición centenaria

A rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, enfronta, dende hai centos de anos, dúas forzas da natureza: home e

cabalo. Os cabalos salvaxes desta terra xúntanse para ser rapados polos aloitadores da aldea. Miles de visitantes son testemu-

ñas deste rito anual na primeira fi n de semana de xullo.

Traballo para os mozos da aldea, pero tamén para os visitan-

tes que acoden á cita. Os días dedícanse á rapa das bestas. Ás

noites aínda quedan forzas para gozar da comida, do viño e

da música.

Rapa das bestas, o monte

Cara ás sete da mañá empréndese a marcha; os veciños de

Sabucedo, acompañados de moitos visitantes que os axudarán

á baixa, soben aos montes. Os participantes poden deleitarse

cunha paisaxe chea de regatos, grandes penedos e sendeiros

onde pasar un bo día ao carón das bestas.

Page 58: Celga 2 Agalip

16

Localizada cada grea, rodéase, apertando o cerco, ata conseguir encamiñalas na dirección prevista, para logo conducilas ata

a valgada do Peón, onde se reúnen todas as greas. Despois de picar algo, e xa calmados os ánimos, retómase a marcha cara

a Sabucedo.

Rapa das bestas, o curro

O traballo no curro é o acto máis espectacular, pero tamén o máis perigoso.

É o xeito de realizalo o que diferenza a Rapa de Sabucedo do resto das feitas en toda Galicia, por non se utilizar máis armas có

propio corpo e a forza do aloitador, unha loita corpo a corpo. Unha forma de actuar que se herdou de xeración en xeración:

dous aloitadores van á cabeza e un ao rabo. Un salta enriba da besta e cabalga sobre ela. O que vaia ao rabo debe desequilibrar

o animal. A besta pode quedar de pé ou ser derribada dependendo da súa forza. Cando queda inmobilizada, córtanse as crinas,

que os cativos gardan. Este traballo apréndese desde novo, posto que son os rapaces quen inician o curro collendo os poldriños

para separalos. O rapaz pequeno iníciase simbolicamente na mocidade.

O que acontece no curro non é doado de transmitir, o aloitador busca a súa propia identidade e autoafi rmación. No curro só

se rapan os cabalos e as eguas do Santo, xa que o resto son particulares, e serán os seus donos os que o luns nos seus propios

acurramentos fagan as tarefas oportunas. Celébranse tres curros, o primeiro sábado de xullo arredor das 19:00 h, o domingo

ás 12:00 h e o luns sobre as 12:30 h.

Os aloitadores non son un grupo profesional ou contratado a soldo, así descártase calquera interese de tipo particular ou

persoal. Ata hai poucos anos, o papel da muller era secundario en canto ao curro se refi re. Hoxe son varias as mozas que se

atreven a aloitar. No ano 1936, por mor da Guerra Civil, foron as mulleres as que raparon as bestas nun potro coa axuda dos

rapaces o dos máis vellos. É algo que as avoas de Sabucedo contan aínda hoxe con moito orgullo. Se queredes entender a rapa

só existe unha maneira: ir a Sabucedo o día da festa!

(Documento adaptado de www.rapadasbestas.es)

Aloitador: loitador, mozo da aldea que rapa as bestas.

A Baixa: condución das bestas desde o monte ata o curro.

Grea: conxunto de gando, eguas e cabalos coas súas crías que se crían en liberdade.

Crina: conxunto de pelos longos e fortes que teñen algúns animais na parte superior do pescozo e no rabo, como o cabalo.

Acurramento: curro, lugar cercado onde se encerran os cabalos que viven en liberdade para lles cortar as crinas, marcar as crías etc.

esta!

Page 59: Celga 2 Agalip

17

2. Que che parece este tipo de festa?

3. Poden participar as mulleres na Rapa das Bestas de Sabucedo?

4. Participaches ti algunha vez? Como e por que?

5. Coñeces outros sitios onde se celebre a Rapa das Bestas?

Modelo Actividade Celga1. Saímos?

Escoita a Carme e a Antonio falando sobre a programación da televisión e responde as seguintes preguntas.

1) Hai algún concurso esta noite?

_____________________________________________________________________________________

2) A que hora se pode ver un documental?

_____________________________________________________________________________________

3) Por que non van poder ver a serie das viúvas?

_____________________________________________________________________________________

4) En que canle lle gusta a Antonio ver as noticias?

_____________________________________________________________________________________

5) Hai algunha película divertida esta noite?

_____________________________________________________________________________________

Page 60: Celga 2 Agalip

18

6) Cando é o partido de fútbol?

_____________________________________________________________________________________

2. As películas da nosa claseCales son as películas que máis che gustaron? Completa estas dúas fi chas coa información. Leas na clase, os teus compañeiros

terán que adiviñar de que película se trata.

- È unha comedia moi boa de Almodóvar. Conta a historia dunha parella de actores de dobraxe que rompen a súa relación.

A situación complícase cando chega á casa da moza unha amiga que foxe da policía...

- Mujeres al borde de un ataque de nervios!

Director: _______________________________________________________

Personaxes principais: ____________________________________________

_______________________________________________________________

Personaxes secundarios: __________________________________________

_______________________________________________________________

De que trata: ___________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

Director: _______________________________________________________

Personaxes principais: ____________________________________________

_______________________________________________________________

Personaxes secundarios: __________________________________________

_______________________________________________________________

De que trata: ___________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

Page 61: Celga 2 Agalip

19

Repaso1. Nestas conversas perdeuse información, intenta completalas cos termos dos cadros.

2. Despois comproba coa audición que son correctas.

3. En parellas intentade representar os diálogos, podedes cambiar o texto dando outras escusas.

Conversa entre Xesús e Clara.

XESÚS: _________________ chegas tan tarde?

CLARA: _________________ tiven que acompañar a Mercedes e a Arturo no meu co-

che.

XESÚS: ___________________________ non marcharon a pé co cerca que viven?

CLARA: Ela atopouse mal na festa, por iso a tiven que levar á casa.

XESÚS: E logo o mozo, non podía?

CLARA: ________________________ el bebera unhas copas de máis.

XESÚS: E non me podías chamar para avisar que chegabas tan tarde?

CLARA: _________________, tes razón, para a próxima chamarei.

A

É que porque como vale e por que

Page 62: Celga 2 Agalip

20

Conversa entre Lucía e Andrés.

LUCÍA: Andrés, __________________________ esta tarde?

ANDRÉS: _______________ ir ao cine?

LUCÍA: ____________________ algo diferente? Teño aquí a carteleira e hai cousas moi interesantes. Mira este espectáculo

de danza.

ANDRÉS: __________________ danza é?

LUCÍA: É ballet clásico.

ANDRÉS: Non, ___________ algo distinto, iso é moi _________________.

LUCÍA: ________________________ ao teatro.

ANDRÉS: ____________ comeza moi cedo e hoxe teño que quedar ata tarde na ofi cina.

LUCÍA: ____________ se imos ao concerto de Susana Seivane, é na praia e non empeza ata as 11?

ANDRÉS: Moito mellor, creo que poderá estar ben.

LUCÍA: Entón _________________ ás 10? Darás saído a esa hora?

ANDRÉS: A ver... Non, case mellor ás 10.30.

LUCÍA: Ben, darei unha volta antes.

ANDRÉS: ____________, paréceme ben

LUCÍA: ______________ pase recollerte ao traballo?

ANDRÉS: _______________.

LUCÍA: E aínda nos dá tempo a tomar algo antes.

ANDRÉS: Iso paréceme ________________!

LUCÍA: Entón ás 10 espérote abaixo.

ANDRÉS: Ai, acabo de lembrar que esta noite quedei cos do equipo para ver o partido na taberna, é a fi nal!

LUCÍA: Vaia, e para iso tesme media hora enredada facendo plans!

B

perfecto queres que estupendo vale e se facemos

preferiría é que quedamos que che parece que tipo de

apetéceche aburrido que podemos facer daquela podemos ir

Page 63: Celga 2 Agalip

21

Porfolio

De zoca en zoca e tiro porque me toca!1. Imos xogar falando de cousas relacionadas co lecer. Regras do xogo da zoca:

- Xogamos catro ou cinco persoas. Necesitamos o taboleiro, un dado e fi chas (ou moedas).

- Cada participante tira o dado e move á casa correspondente. Terá que falar uns trinta segundos sobre o tema que aparece

na cela ou cumprir a instrución que se pide.

- Cando un que cae na zoca ten que pasar unha quenda sen xogar.

A túamúsica

preferida.

Un deporte que practicas.

Un programa de TV que detestas.

O teu actorpreferido.

Vivín unhaaventura...

Un país que che interese.

Canta unha canción.

Un tipo demúsica quenon chegusta nada.

Comidacaseira ou

comidarápida.

Como chegustadivertirte.

Onde pasaches as últimas vacacións?

Recomendaun libro.

Chatear ou falar por teléfono?

Recomenda un restaurante.

O último libro que liches.

O programa da TV que máische gusta.

Invita uncompañeiroa ir aofútbol.

Recomenda unha película.

Cine ou teatro.

Unhafestatípica.

Unha película inesquecible. Invita un

compañeirocontigo á praia.

O teudomingo

ideal.

A túa actrizpreferida.

Page 64: Celga 2 Agalip

22

Que sei facer?

Propoñer, aceptar, rexeitar invitacións e propos-

tas

Expresar gustos, teimas

Expresar necesidade ou desexo de facer algo

Describir e valorar espectáculos

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 65: Celga 2 Agalip

23

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria.

[Conversa telefónica entre Rosa e Luís]

ROSA: Ola Luís, que tal?

LUÍS: Ben, por fi n hoxe é venres!

ROSA: Quedamos entón para tomar uns viños?

LUÍS: Vale, pero ten que ser pola tarde porque ás dez xa quedei con Paco para ir ao cine. Queres acompañarnos?

ROSA: Pois non sei, porque medio quedara con Laura para ir ao teatro e non sei se xa comprou as entradas. Chámoa e

dígocho. Que ides ver?

LUÍS: Botan Rosa dos ventos no Principal, unha curtametraxe galega que acaban de estrear esta semana, a ver se conse-

guimos entradas. Dixéronme que era moi boa.

ROSA: Pois non sei se Laura se animará, éche tan rara!

LUÍS: Se di que si, chámame axiña e vexo se podo conseguir entradas para os catro.

ROSA: Vale, vale, a ver onde a atopo a estas horas.

LUÍS: De momento nós quedamos para os viños, ou?

ROSA: De acordo.

LUÍS: A que hora?

ROSA: Paréceche ben ás oito?

LUÍS: Perfecto.

ROSA: Onde nos vemos?

LUÍS: Pois ti dirás.

ROSA: Que tal diante do Gaivotiña?, que poñen unhas tapas de lamber os dedos.

LUÍS: Moi ben, alí estarei, co larpeiro que eu son...

[Conversa telefónica entre Rosa e Laura]

ROSA: Que fas?, levo media hora chamando e non colles o teléfono!

LAURA: Durmo!!!! Que me espera unha fi n de semana de traballo.

ROSA: E logo?

LAURA: Esqueciches que é a festa en Aldeavella, é a festa de máis sona da comarca, pero a min vaime tocar cazolear.

ROSA: Perdoa, non me acordaba. Pero é mañá, non?

LAURA: Si, pero como non durma hoxe, mañá non vou poder.

Page 66: Celga 2 Agalip

24

ROSA: E non compraches as entradas para o teatro?

LAURA: Ai, aínda non! Que cabeza a miña!

ROSA: Pois se prefi res ir ao cine chamo a Luís e dígolle...

2. Modelo actividade Celga

Saímos?

ANTONIO: Queres que vaiamos ao cine?

CARME: Esta tarde non me apetece saír. Que che parece se quedamos na casa vendo a tele?

ANTONIO: Non sei, porque a programación non me parece nada interesante.

CARME: A que hora poñen ese concurso tan divertido?

ANTONIO: Cifras e Letras? Moi cedo. Ás catro da tarde. Eu prefi ro ver un bo documental.

CARME: Mira, hai un sobre as Rías Baixas ás seis da tarde. E esta noite podemos ver o capítulo seguinte da serie das

viúvas.

ANTONIO: Xa non a poñen. Quitárona hai quince días. Esta noite a única posibilidade é ver as noticias da 2, e despois botan

unha comedia na TVG.

CARME: Cal?

ANTONIO: Esta casa é unha ruína. Debe ser divertida

CARME: Non prefi res ver o partido esta noite?

ANTONIO: Hoxe non hai partido. É mañá, por iso pensaba que sería mellor saír cear fóra.

3. Repaso

[Conversa entre Xesús e Clara]

XESÚS: Como chegas tan tarde?

CLARA: Porque tiven que acompañar a Mercedes e a Arturo no meu coche.

XESÚS: E por que non marcharon a pé co cerca que viven?

CLARA: Ela atopouse mal na festa, por iso a tiven que levar á casa.

XESÚS: E logo o mozo, non podía?

CLARA: É que el bebera unhas copas de máis.

XESÚS: E non me podías chamar para avisar que chegabas tan tarde?

CLARA: Vale, tes razón, para a próxima chamarei.

Page 67: Celga 2 Agalip

25

[Conversa entre Lucía e Andrés]

LUCÍA: Andrés, que podemos facer esta tarde?

ANDRÉS: Apetéceche ir ao cine?

LUCÍA: E se facemos algo diferente? Teño aquí a carteleira e hai cousas moi interesantes. Mira este espectáculo de danza.

ANDRÉS: Que tipo de danza é?

LUCÍA: É ballet clásico.

ANDRÉS: Non, preferiría algo distinto, iso é moi aburrido.

LUCÍA: Daquela podemos ir ao teatro.

ANDRÉS: É que comeza moi cedo e hoxe teño que quedar ata tarde na ofi cina.

LUCÍA: Que che parece se imos ao concerto de Susana Seivane, é na praia e non empeza ata as 11?

ANDRÉS: Moito mellor, creo que poderá estar ben.

LUCÍA: Entón quedamos ás 10? Darás saído a esa hora?

ANDRÉS: A ver... Non, case mellor ás 10.30.

LUCÍA: Ben, darei unha volta antes.

ANDRÉS: Vale, paréceme ben.

LUCÍA: Queres que pase recollerte ao traballo?

ANDRÉS: Perfecto.

LUCÍA: E aínda nos dá tempo a tomar algo antes.

ANDRÉS: Iso paréceme estupendo!

LUCÍA: Entón ás 10 espérote abaixo.

ANDRÉS: Ai, acabo de lembrar que esta noite quedei cos do equipo para ver o partido na taberna, é a fi nal!

LUCÍA: Vaia, e para iso tesme media hora enredada facendo plans!

Page 68: Celga 2 Agalip

01

Page 69: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como describir lugares

Como relatar viaxes

Como falar de comidas e bebidas

Como desenvolverse nun restaurante, hotel...

Como pedir un servizo de forma educada

Coñecemento do código

Perífrases verbais

Presente de subxuntivo

Oracións de relativo

Léxico do turismo e das viaxes

Léxico de comidas e bebidas

Entoación afi rmativa e interrogativa

Obxectivos

Page 70: Celga 2 Agalip

Vas oír unha conversa entre dous mozos nun aeroporto. Escoita o que din. Fíxate que aparecen estruturas verbais novas, es capaz

de cubrir os ocos?

EDUARDO: Non, non te preocupes, e ti, levas

______________________ moito tempo?

BEATRIZ: Estiven ___________________ pero despois

penseino mellor e agardeite.

EDUARDO: Vaia, vexo que segues ___________________

coma sempre.

BEATRIZ: Se traes fame ou sede podemos

__________________ algo antes de coller o coche.

EDUARDO: Non, non, sigo ______________________

dieta, así que non me convén comer moito, senón cando

volva...

BEATRIZ: Acabas de _____________________ e xa estás

______________________ de volver!

BEATRIZ: E non se che fi xo longa a viaxe?

EDUARDO: Non, estiven _________________ e despois

estivemos _________________ un par de películas e co-

mendo, ata durmín un pouco.

BEATRIZ: Pois logo _____________________ indo, que na

casa estante ___________________ coma auga de maio.

EDUARDO: Imos, non terás un cigarro?

BEATRIZ: Pero ti...

EDUARDO: Si, xa sei, deixei de ________________, pero

en Bos Aires, ____________________ o vicio.

03

Actividade introdutoria

Page 71: Celga 2 Agalip

04

Gramática e LéxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

1. En parellas, lede a transcrición da “Actividade introdutoria”, está ao fi nal da unidade. Fixádevos nas perífrases e intentade com-

pletar os cadros.

levar

estar

seguir

ir

seguir

acabar

ir

estar

deixar

ter

seguir

acabar

ir

estar

deixar

ter

VERBO PRINCIPAL

para

PREPOSICIÓN/ CONXUNCIÓN

marchar

INFINITIVO, XERUN-DIO OU PARTICIPIO

estar para marchar

EXEMPLO

PERÍFRASES (1)

Unha perífrase é unha combinación de dous verbos, un en forma persoal e o outro en forma non persoal

(infi nitivo, xerundio ou participio), ás veces unidos por unha preposición ou por unha conxunción. O ver-

bo principal toma un novo signifi cado.

Perífrases temporais

Indican futuridade:

IR+INF Foi buscar o seu amigo ao aeroporto.

* Ollo! En galego sen preposición A.

Page 72: Celga 2 Agalip

05

PERÍFRASES (2)

Perífrases modais

a) Indican obriga:

HABER+QUE+INF. Hai que poñer o cinto ao subir ao coche.

TER+QUE/DE+INF. Temos que ir con xeito.

DEBER+(DE)+INF. Debes ir unha hora antes de que saia o voo.

b) Indican probabilidade:

PODER+INF. Crin que poderías ser máis valente.

Perífrases imperfectivas

a) Expresan unha acción non realizada, pero que estivo a piques de chegar ao seu termo. O verbo

auxiliar aparece sempre en pasado.

ESTAR A/PARA+INFINITIVO Estiven para marchar.

b) Acción en desenvolvemento:

ESTAR +XER. ou A+INF. Están esperando por ti ou Están a esperar por ti.

LEVAR+ XER ou A+INF. Levo esperando unha hora ou Levo a esperar unha hora.

SEGUIR+ XER ou A+INF. Segues xogando ou Segues a xogar.

Perífrases perfectivas

Indica que a acción xa rematou:

ACABAR/REMATAR DE+INF. Acabas de chegar e xa pensas en volver.

Perífrases reiterativas

Indican unha acción repetida:

VOLVER+INF. Non volverei falar do asunto. * Ollo! Non leva preposición A.

TER+PARTICIPIO Mira que cho teño repetido!

Perífrases terminativas

Indican a acción no seu remate:

ACABAR POR+INF. Acabou por perdoarlle.

Page 73: Celga 2 Agalip

06

2. Que barullo!Escribe polo menos seis frases usando un elemento de cada columna.

Laura segue casar ás gargalladas

As alumnas deixou de dicirlle a cabalo

María e Antón acabou por rir mañá

Xulia botáronse a esperando a verdade

Os rapaces van montar por ti

Luís están xogando ao tenis

1. ____________________________________________________________________

2. ____________________________________________________________________

3. ____________________________________________________________________

4. ____________________________________________________________________

5. ____________________________________________________________________

6. ____________________________________________________________________

Podes construír outras seis frases que conteñan perífrases. Lembra os exemplos anteriores.

1. ____________________________________________________________________

2. ____________________________________________________________________

3. ____________________________________________________________________

4. ____________________________________________________________________

5. ____________________________________________________________________

6. ____________________________________________________________________

Lembra que na Unidade 1 falamos da colocación do pronome persoal átono. Fíxate agora na

colocación do pronome nas perífrases:

Heino de facer = Hei de facelo = Hei de o facer

Non o hei de facer.

COLOCACIÓN DO PRONOME

A

B

Page 74: Celga 2 Agalip

07

3. Completa o texto coas palabras do recadro.

Se imos facer unha _____________ en _________________ temos que ir ao ________________ polo menos

dúas horas antes de que saia o noso _______________.

O primeiro que temos que facer é facturar a nosa ______________ para que nos dean a tarxeta de ______________.

Despois temos que pasar polo control de _________________.

Na zona do __________________ na que só poden estar os ____________________ hai moitas tendas libres de

impostos nas que podemos facer compras.

Se o noso ______________ non ten _________________, poderemos embarcar á hora prevista.

Cando esteamos no avión teremos que buscar os nosos _________________ e colocar a ________________ de

man no maleteiro. Un sinal indicará o momento no que temos que abrochar os _______________ de seguridade.

Axiña, o avión _________________ e o ________________ daralles a benvida a todos os ________________.

4. Vacacións pola internet.

aeroporto (2) voo(2) equipaxe(2) avión pasaportes

atraso asentos viaxe embarque

cintos pasaxeiros (2) despegará piloto

PRESENTE DE SUBXUNTIVO

-AR -ER -IR IRREGULARES

cante beba viva haber - haxa

cantes bebas vivas ser - sexa

cante beba viva estar - estea

cantemos bebamos vivamos ter - teña

cantedes bebades vivades ir - vaia

canten beban vivan poder - poida

poñer - poña

Page 75: Celga 2 Agalip

08

Para pasar a fi n de ano, desexo alugar unha

casiña:

que teña tres cuartos.

que (dispoñer ) ___________ de calefacción.

que (estar) ____________ preto de Pedrafi ta.

que (ter) _____________ bos accesos.

que non (custar) ______________ máis de

___________.

que _________________.

Para pasar a semana do 15 de agosto, busco un

apartamento:

que estea en primeira liña da praia.

que dispoña de aire acondicionado.

que (ter) _____________ dous cuartos.

que a zona (ser) _____________ tranquila.

que se (poder) _____________ aparcar cerca.

que se (permitir) ____________ o pago con

tarxeta.

que non (custar) _____________ máis de 600

euros.

que __________________.

Para pasar a Semana Santa, quero alugar unha casa:

que teña catro cuartos.

que (dispoñer) _______________ de bicicletas.

que (haber) _______________ río preto.

que se (poder) _________________ cociñar.

que (estar) _________________ ben comunicada co aeroporto de Vigo.

que non (custar) __________________ máis de 1.000 euros.

que ________________________.

Lembra que o anteceidente (neste caso, casa e apartamento)

é descoñecido, por iso usamos o presente de subxuntivo:

Vivo nunha casa que ten un cuarto de baño.

Busco unha casa que teña dous cuartos de baño.

Escribes un anuncio na internet, que lle pides ao propietario?

Page 76: Celga 2 Agalip

9

5. Durmir fóraEn parellas, interpretade os seguintes textos.

a) Por teléfono:

RECEP.: Hotel Albarín. Bos días, aténdeo Silvia, dígame?

CLIENTE: Ola, bos días. Sería posible reservar un cuarto para esta fi n de semana?, por favor.

RECEP.: Si, como non. Individual ou dobre?

CLIENTE: Individual, por favor.

RECEP.: Para cantas noites?

CLIENTE: Para venres e sábado.

RECEP.: Con baño ou con ducha?

CLIENTE: Con baño. Canto custa?

RECEP.: 70 euros, incluído o almorzo

CLIENTE: E podo pagar con tarxeta de crédito?

RECEP.: Si, por suposto. Podería dicirme o seu nome?

CLIENTE: Si, claro, Adrián García.

RECEP.: Moi ben, reservámoslle o cuarto ata as 8, se chega máis

tarde, por favor, chámenos.

CLIENTE: Vale, moitas grazas, non se preocupe.

b) Na recepción dun albergue:

CLIENTE: Ola, boas tardes!

RECEP.: Boas tardes. En que podo axudalo?

CLIENTE: Mira, poderías deixarnos algunhas mantas máis para

o noso cuarto? Parece que vai ir frío pola noite.

RECEP.: Claro que si, cantas necesitades?

CLIENTE: Un par, unha para cada cama.

RECEP.: Agora mesmo.

CLIENTE: Graciñas. Ata logo!

RECEP.: Ata logo!

A

Page 77: Celga 2 Agalip

10

Practicade en parellas, segundo os exemplos anteriores, interpretando un o papel de cliente e outro o de recepcionista.

a) Por teléfono:

Tipo de cuarto: dobre, individual, con cama supletoria, de matrimonio.

Duración da estancia: unha noite, dúas noites, unha semana, catro ou cinco días.

Esixencias especiais: con baño e teléfono, interior, con vistas á praia, almorzo na habitación.

b) Na recepción dun albergue:

- Faltan toallas.

- Hai unha lámpada fundida.

- Queres que te esperten ás 6.

- O aire acondicionado está a tope e tes frío.

Escribide un fax e/ou un correo electrónico solicitando un cuarto nun hotel para pasar unha fi n de semana coa vosa parella.

B

Pedir un servizo de forma adecuada

Formal

Importaríalle...? Respostas

Sería posible...? Si, como non.

Sería tan amable de...? Si, agora mesmo.

Por suposto.

Informal Claro que si.

Importaríache...? Síntoo, pero...

Poderías...?

C

Page 78: Celga 2 Agalip

11

6. De ceaEscoita e completa a grella.

FLORA ROBERTO ANTONIO

BEBIDA

PRIMEIRO

SEGUNDO

SOBREMESA

7. Imos xantarEsta era a carta do restaurante que tiñan os vosos compañeiros Flora, Antonio e Roberto. Agora mirádea vós, en grupos de

catro, elixide os vosos menús, tendo en conta que:

- un está seguindo un réxime baixo en calorías.

- un só leva 30 euros.

- un é vexetariano.

- un é un lambón.

Entremeses e ensaladasXamón ......................................... 7,00 €Chourizo do país ......................... 5,00 €Empanada de bacallau ............... 5,20 €Empanada de xoubas .................. 5,00 €Ensalada caseira (leituga,tomate, cebola) ............................ 3,50 €Ensalada mariñeira (leituga,tomate, cangrexo, gambas) .......... 4,00 €Ensalada Come Castaña (leituga,tomate, millo, castañas) .............. 4,00 €Croquetas da avoa ...................... 4,00 €

Caldos, sopas e arrocesCaldo galego................................. 4,00 €Caldo de castañas......................... 4,50 €Sopa de pescado............................ 3,50 €Sopa de marisco............................ 4,30 €Arroz con lumbrigante............... 30,00 € (2 persoas)

.: MESÓN COME CASTAÑA :.

A

Page 79: Celga 2 Agalip

12

Verduras, revoltos e tortillasFeixóns guisados ......................... 3,80 €Chícharos con xamón ................... 4,40 €Revolto de cogomelos .................. 4,50 €Revolto de algas .......................... 5,00 €Revolto de grelos ......................... 4,50 €Revolto de espárragos ................. 4,80 €Tortilla de patacas ...................... 4,00 €Tortilla da casa (pementos,chourizo, chícharos e queixo) ....... 5,50 €

Mariscos e peixesLagostinos á prancha ................ 10,00 €Vieiras ao forno .......................... 5,00 €(a unidade)

Mexillóns á mariñeira ................. 6,00 €Berberechos ao vapor ................... 4,20 €Luras á prancha .......................... 4,80 €Polbo á feira ................................ 8,50 €Polbo Casa Castaña .................. 10,00 €Troitas do Ulla ............................ 6,20 €Pescada cocida ............................ 8,00 €Peixe sapo en salsa mariñeira ..... 10,00 €

.: MESÓN COME CASTAÑA :.

CarnesRaxo con pementos ..................... 4,50 €Zorza con patacas ...................... 4,30 €Polo ao loureiro .......................... 6,40 €Chourizos ao viño ....................... 6,00 €Solombo á grella ........................ 10,80 €Rabo de touro ............................. 8,50 €Año asado ................................. 11,20 €Coello ao ourego .......................... 7,90 €

SobremesasFroita do tempo .......................... 3,00 €Flan caseiro ................................ 3,20 €Torta de queixo e amorodos ........ 3,30 €Torta de Santiago ....................... 3,60 €Torta de castañas ....................... 3,70 €Filloas ........................................ 3,70 €Queixo ........................................ 3,00 €

.: MESÓN COME CASTAÑA :.

Page 80: Celga 2 Agalip

Despois de elixir os menús, pedídellos ao camareiro, que será un de vós.

Camareiro: - Que desexa tomar?

-Para empezar, ensalada Come Castaña e, despois, un revolto de grelos.

Compañeira: -Pero ti non eras vexetariano?

- Si, pero os ovos podo tomalos!

13

BebidasAlbariño Tentempé .................... 10,00 €Ribeiro Verde .............................. 6,00 €Cervexa ....................................... 2,00 €Refresco ...................................... 2,00 €Auga ........................................... 2,00 €Licor café ................................... 2,00 €Licor de abelá ............................ 2,00 €Queimada .................................. 10,00 € (4 persoas)

.: MESÓN COME CASTAÑA :.

B

Page 81: Celga 2 Agalip

14

Fonética

ENTOACIÓN INTERROGATIVA

Podemos distinguir dous tipos de entoación interrogativa:

a) Preguntas absolutas. Teñen un fi nal ascendente. Nalgunhas zonas (ría de Vigo) esta entoación

presenta unha forte elevación.

Imos cear?

Queres acompañarnos?

b) Preguntas pronominais. Teñen un fi nal descendente. Empezan cun pronome interrogativo.

Cando te vas?

Onde está o hotel?

1. Escoita e sinala a opción correcta.

1. Queres viño?

Queres viño.

2. Foi longa a viaxe?

Foi longa a viaxe.

3. Queres vir cear?

Queres vir cear.

4. Gústache viaxar só?

Gústache viaxar só.

5. Podo pagar con tarxeta?

Podo pagar con tarxeta.

Page 82: Celga 2 Agalip

15

Galego en acción

De viaxe1. Na revista Viaxa con nosoutros publicouse este cuestionario. Queres saber que tipo de viaxeiro es? Marca a opción coa que máis

te identifi cas.

1. Cando vou de viaxe,a) nunca sei que levar, ponme moi nervioso preparar as maletasb) gústame levar un pouco de todo, polo que poida pasarc) odio ter que facer as maletas; levo só o necesario

2. Sempre levo...a) un pixama e un paraugasb) unha guía e unha cámara de fotosc) un saco de durmir e un caderno

3. Cando estou de vacacións,a) sufro se non vexo todo o que hai nun lugarb) interésanme os monumentos e os museos, pero non necesito velo todoc) o que máis me divirte é pasear polas rúas e ver como vive a xente

4. Cando vou de vacacións,a) odio os lugares onde chove e vai fríob) intento viaxar cando vai bo tempoc) non me importa o clima

5. Respecto á comida:a) son un pouco delicado para comer e só como os pratos que coñezob) intento comer os pratos do lugar, pero non como cousas rarasc) encántame probar pratos novos do sitio onde estou

6. Durante as vacacións,a) non desconecto, sempre estou pensando no que terei que facer á voltab) ás veces acórdome do traballo, pero non moitoc) moléstame pensar no traballo, esquézome de todo

7. Prefi ro viaxar...a) con todo organizado por unha axencia e cun guía turísticob) co voo e hotel reservadoc) pola miña conta e sen reservas

8. Normalmente viaxo...a) coa familiab) coa parellac) só ou con amigos

9. Compro...a) demasiado e volvo á casa cun montón de cousas que non precisob) regalos, encántame comprar recordos típicos dos sitios aos que viaxoc) algo que non vou atopar no meu país ou cidade

10. Se me interesa unha viaxea) o prezo non me importab) intento aforrar durante o ano para as vacaciónsc) planifi co as vacacións en función do orzamento

Resultados >>

Como che gusta viaxar?

Page 83: Celga 2 Agalip

16

2. Le as solucións. Identifícaste cos resultados do test?

3. Comenta os resultados do cuestionario con dous compañeiros. Con quen tes máis cousas en común á hora de viaxar?

- Eu nunca sei que meter na maleta.

- Pois eu meto demasiada roupa.

- Eu viaxo con moi pouca roupa.

Maioría de respostas A: Seguro que viaxas para relaxarte e descansar?

Lembra que as vacacións tamén serven para desconectar!

Maioría de respostas B: Es bo viaxeiro. Dáslle moita importancia á

comodidade, pero adáptaste a todo tipo de situacións.

Maioría de respostas C: Comes o mundo! Es un auténtico viaxeiro que

goza de todas as novas experiencias. Coidado coa aventura.

Resultados

Page 84: Celga 2 Agalip

17

Contido sociocultural1. Le o texto.

Eu escríboche para comunicarche a morte de teu irmán, pero tamén porque necesito desafogarme [...] Aforrarei relatarche

as penalidades que tivemos que sufrir ata chegar ás afastadas costas de Marrocos [...] xa non debiamos estar moi lonxe da

costa cando a barca envorcou [...] O día que abandonei Málaga todo me asustaba [...] O primeiro día viaxei ata Madrid [...]

logrei apañar un [autobús] a Burgos [...] non sei se a canseira ou a miña obsesión por ocultarme fi xo que me enganase de

liña, de xeito que, unhas horas despois, aparecín en León [...] foi alí onde coñecín a Jean Pierre [...] que estivera vivindo no

Senegal, era un francés de Concarneau que viña camiñando desde Francia. Esa foi a primeira vez que oín falar do Camiño

de Santiago [...] Jean Pierre non tardou nada en me preguntar se era unha inmigrante ilegal. Logo díxome que o Camiño de

Santiago era o lugar máis seguro para que unha clandestina preñada coma min se agachase ata o inminente momento do

parto [...] as miñas roupas senegalesas permitíronme ocultar o embarazo con facilidade [...] E a través daquel camiño des-

cubrín tamén a terra onde agora vivo, Galicia, un lugar que aínda me parece estraño, poboado de fantasmas. As engurras

do camiño intérnanse en Galicia, coma unha néboa [...] en canto se pisa, calquera persoa se decata de que esta terra, hostil

aos emigrantes coma o resto de Europa, se desangra lentamente. O máis doloroso deste camiño que te vai introducindo

nas súas entrañas é a ausencia de nenos. Ninguén berra, ninguén enreda, ninguén corrica, ninguén brinca entre os canas-

tros das casas [...] Agora vivo aquí, nesta terra ferida, sen nenos, onde precisamente vin traer un cativo. O meu fi llo naceu,

xa en terras galegas, no Camiño de Santiago. El veu ao mundo nunha vila alta e venteada [...] á que chaman Portomarín.

Adaptación de Ilegal, Cartas de amor de Fran Alonso, Xerais, 2006

2. Fixeches o Camiño de Santiago?

3. Atopácheste con peregrinos coma a protagonista da carta?

4. Como describe a protagonista o Camiño de Santiago? Estás de acordo con ela?

5. Cres que a protagonista quedará a vivir en Galicia?

Page 85: Celga 2 Agalip

18

De aventuraO teu compañeiro quere ir de viaxe, pero non sabe a onde. Recoméndalle un destino tendo en conta as viaxes que xa fi xo e o que

máis lle gustou e o que menos.

Pregunta e completa a fi cha.

- Cal é o lugar máis ____________________ que visitaches?

- Que é o que máis che gustou?

- Onde te aloxaches?

- O lugar máis ____________________ que visitei foi ________________________.

A

Modelo Actividade CELGA

Países visitados: ..................................................................................................................................................

O máis bonito: ...............................................................................O máis emocionante: ....................................................................O máis interesante: .......................................................................O máis divertido: ...........................................................................O máis aburrido: ...........................................................................

O máis caro: ..................................................................................O país onde comiches mellor:..........................................................Tipo de aloxamento preferido:..........................................................Medio de transporte preferido: ..........................................................Actividades favoritas: ..................................................................................................................................................................................................................................................

Page 86: Celga 2 Agalip

19

Cal destas viaxes lle recomendarías ao teu compañeiro? Por que?B

ItaliaBenvido ao país da arte, onde a

historia e a cultura ofrecen a súa

cara máis acolledora. Primeira para-

da: Pisa (Torre e Catedral). De alí

en autobús a Florencia (Catedral

e cidade da arte), Roma e Vaticano

(visitas á Capela Sistina, Coliseo,

Praza de España e Panteon), Ve-

necia (visita en barca polos canais

e a pé pola cidade). Aloxamento en

albergues.

BrasilDescubra a beleza incomparable de Río de Xaneiro, a modernidade de Brasilia, o ritmo e a xente de Sal-vador e as espectaculares praias de Fortaleza nunha viaxe inesquecible de 12 días. Aloxamento en hoteis de luxo e desprazamentos en avión (pri-meira clase).

Page 87: Celga 2 Agalip

20

BélxicaO corazón do continente,

onde se unen a tradición

flamenga co porvir euro-

peo.Visitas a Bruxas,

Gante e Bruxelas. Unha

paisaxe para saborear coa

vista e co gusto: as mello-

res cervexas e os ch

ocola-

tes máis saborosos.

Cuba

Coñece a maxia desta illa, a

súa xente acolledora, a súa

música, a súa paisaxe. Dez

días entre A Habana e Santia-

go. Aloxamento en casas par-

ticulares.

Transporte local.

Eu recomendaríache ___________________ porque ________________________________________________.

Page 88: Celga 2 Agalip

21

Repaso1. Marchaches de vacacións e o teu compañeiro de piso aínda queda uns días, pero é moi despistado. Déixalle unha nota para que

non haxa sorpresas á volta.

2. Queres comprar un coche. Que lle pides?

- Que teña potencia.

- Que sexa cómodo.

- Que (custar) ______________________________.

- Que (ir) ______________________________.

- Que (estar) ______________________________.

- Que non (perder) ______________________________.

- Que (dispoñer de) ______________________________.

- ____________________________________________________.

- ____________________________________________________.

Manolo, acaban de chamarme e teño que marchar correndo. Por favor, lembra:

- Hai que pagar o alugamento.- Tes que cerrar o gas.- Tes que .........................................................................- Tes que .........................................................................- Debes regar as plantas.- Debes de .....................................................................- Hai que ........................................................................

Venme ver cando queiras! Bicos, Aurora

Page 89: Celga 2 Agalip

22

Porfolio

Imos cociñar1. Filloas.

Ingredientes para catro persoas:

6 ovos

medio quilo de fariña

un litro de leite

un litro de caldo de polo

un anaco de touciño

sal

Preparación:

Aquí tes a receita das fi lloas, pero está desordenada, intenta ordenala e descubrir como se cociña.

a) Untar cun anaquiño de touciño unha tixola.

b) Ir incorporando a fariña ata que se mesture todo ben.

c) Cando calle e se doure un pouco, darlle a volta para que se doure polo outro lado.

d) Deixar repousar.

e) Esparexerlle un pouco azucre por riba (tamén se lle pode botar mel, canela...).

f) Poñer na tixola a mestura para que cubra o fondo.

g) Bater nun recipiente grande os ovos co leite e o caldo, engadir un pouquiño sal.

h) Repetir ata que se remate o preparado.

Page 90: Celga 2 Agalip

23

2. Responde.

Cal é a túa receita preferida?

__________________________________________________________________________________________

Que ingredientes leva?

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

Como se fai?

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________

Despois de escribila, explícallela aos teus compañeiros.

A

B

Page 91: Celga 2 Agalip

24

Que sei facer?

Describir lugares

Relatar viaxes

Falar de comidas e bebidas

Desenvolverme en hoteis e restaurantes

Usar perífrases verbais

Usar o presente de subxuntivo nas relativas

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 92: Celga 2 Agalip

25

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria.

BEATRIZ: Ola! Benvido!

EDUARDO: Ola, xa estou aquí!

BEATRIZ: Que tal? Que tal a viaxe?

EDUARDO: Ben, moi ben.

BEATRIZ: Estarás canso?

EDUARDO: Non, non te preocupes, e ti, levas esperando moito tempo?

BEATRIZ: Estiven para marchar, pero despois penseino mellor e agardeite.

EDUARDO: Vaia, vexo que segues a xogar coma sempre.

BEATRIZ: Se traes fame ou sede podemos ir tomar algo antes de coller o coche.

EDUARDO: Non, non, sigo facendo dieta, así que non me convén comer moito, senón cando volva...

BEATRIZ: Acabas de chegar e xa estás falando de volver!

EDUARDO: Era unha broma, muller.

BEATRIZ: E non se che fi xo longa a viaxe?

EDUARDO: Non, estiven lendo e despois estivemos vendo un par de películas e comendo, ata durmín un pouco.

BEATRIZ: Pois logo imos indo, que na casa estante esperando cos brazos abertos.

EDUARDO: Imos, non terás un cigarro?

BEATRIZ: Pero ti...

EDUARDO: Si, deixei de fumar, pero en Bos Aires, volvín coller o vicio

BEATRIZ: Sería a soidade!

EDUARDO: Sería.

BEATRIZ: Veña, imos, aínda temos que pasar polo caixeiro...

Page 93: Celga 2 Agalip

26

2. Gramática e léxico.

De cea.

Camareira: Ola, boas noites, que van tomar?

Flora: A ver, decidistes xa?

Roberto: Eu quero caldo galego de primeiro e año asado de segundo.

Flora: E ti, Antonio?

Antonio: A min tráiame sopa de marisco de primeiro e...

Camareira: Síntoo moito, pero terminóusenos a sopa de marisco. Se quere temos sopa de peixe, caldo de castañas...

Antonio: Non, entón non tomo sopa. Tráiame unha ensalada caseira e peixe sapo.

Camareira: E para vostede, señora?

Flora: Pode dicirme que leva a ensalada Come Castaña?

Camareira: Pois lévalle leituga, tomate, millo e castañas.

Flora: Entón tráiame esa ensalada e, de segundo..., coello ao ourego.

Camareira: Moi ben. Que van tomar para beber?

Antonio: Vós preferides tinto coa carne, non?

Flora: Si, si, mellor.

Antonio: Entón tráianos unha botella de viño tinto e unha copa de branco. Tamén unha botella de auga sen gas, por fa-

vor.

*****************

Camareira: Desexan algo de sobremesa?

Flora: Eu quero fi lloas se poden ser con mel.

Camareira: Por suposto, señora, e os señores?

Roberto: Pois eu vou tomar torta de castañas.

Antonio: Que hai de froita?

Camareira: Temos cereixas, laranxas, pexegos, amorodos e ameixas.

Antonio: Ben, entón tráiame cereixas, por favor.

Page 94: Celga 2 Agalip

01

Page 95: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como preguntar e responder sobre o estado físico e anímico

Como demandar aclaracións ou repeticións ante difi cultades de comprensión

Como explicar síntomas dunha enfermidade

Como falar do coidado corporal

Como dar consellos e facer recomendacións

Coñecemento do código

Imperativo afi rmativo e negativo

Perífrases verbais

Léxico sobre estados de saúde

Léxico sobre as partes do corpo

Léxico de enfermidades

Léxico relacionado co coidado corporal

A acentuación

Obxectivos

Page 96: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

1. Unha persoa chama a un centro de saúde. Escoita a audición e contesta estas preguntas:

Para que chama por teléfono a paciente?

Que debe levar a paciente ao centro de saúde?

A que hora lle deron cita?

Onde está a sala das análises?

En que condicións debe ir a paciente ao centro de saúde?

Page 97: Celga 2 Agalip

04

Gramática e léxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

IMPERATIVO

Afi rmativo

-AR -ER -IR

(TI) traballa come abre

(VÓS) traballade comede abride

(VOSTEDE) traballe coma abra

(VOSTEDES) traballen coman abran

Negativo

-AR -ER -IR

(TI) non traballes non comas non abras

(VÓS) non traballedes non comades non abrades

(VOSTEDE) non traballe non coma non abra

(VOSTEDES) non traballen non coman non abran

IRREGULARES

Afi rmativo

TI VOS VOSTEDE

+ - + + -

poñer pon non poñas poñede poña non poña

vir ven non veñas vide veña non veña

ter ten non teñas tede teña non teña

saír sae non saias saíde saia non saia

dicir di non digas dicide diga non diga

facer fai non fagas facede faga non faga

ir vai non vaias ide vaia non vaia

ser sé non sexas sede sexa non sexa

Lembra que no IM-

PERATIVO, para as formas de

cortesía (VOSTEDE, VOSTEDES)

e as formas negativas usamos

o presente de subxuntivo.

Page 98: Celga 2 Agalip

05

1. De consellos.

Dálles consellos aos teus compañeiros que che din... (un con imperativo afi rmativo e outro con imperativo negativo). Primeiro

escríbeos e despois díllelos.

- Estou engordando moito e iso que case non como nada.

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

- A miña veciña pon a televisión altísima pola noite!

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

- Dóeme moito a gorxa, pero con este traballo que teño non podo estar calada.

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

- Canso moito ao subir escaleiras.

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

- O meu fi llo non che me come nada ben.

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

En parellas. O teu compañeiro escolle un dos seguintes temas e ti aconsellaralo para que consiga o seu propósito en cada un

destes casos. Podes usar os imperativos ou as perífrases.

Para empezar ben o día, tes que poñer o espertador sempre

á mesma hora, canta na ducha, toma un bo almorzo, non leas

o xornal mentres almorzas...

Para empezar ben o día

Para non mollarse cando chove

Para aforrar

Para ser un bo deportista

Para conseguir o amor da vida

Para ser bo estudante de galego

Para ser feliz

Para conseguir o amor da vida

Para ser bo estudante de galego

Para ser feliz

A

B

Lembra as perífrases que indican obriga que

vimos na unidade 4:

HABER+QUE+INF

Hai que poñer o cinto ao subir ao coche.

TER+QUE/DE+INF

Ten que ir en xaxún.

DEBER+(DE)+INF

Debes deixar de fumar.

LEMBRA

Page 99: Celga 2 Agalip

06

2. O corpo humano.

Sinala coa axuda do compañeiro as partes do corpo e os órganos internos nas imaxes:

3. Coñeces estas enfermidades?

Elixe unha que coñezas e describe os síntomas: que hai que facer e que non se debe facer. Os teus compañeiros teñen que

adiviñar cal é.

- Dóeche a cabeza e tes febre. Tes vexigas e proído. É contaxioso. Non te podes rascar.

- A varicela!

os ollos o nariz

a boca a cabeza

a fronte o queixelo

o pescozo o oído

a gorxa os ombreiros

o cóbado as costas

os cadrís o corazón

os riles o estómago

a barriga o brazo

a man os dedos

o van as cadeiras

a perna o xeonllo

o nocello o pé

anxinas

arrefriado

apendicite

asma

cancro

diabete

hepatite

varicela

sarampelo

calafrío cólico

desmaio escordadura

febre hemorraxia

inchazón lumbago

maniotas proído

sarabullo vómito

cambra cefalea

croque diarrea

ferida gran

indixestión tirizó

vexiga

Doenzas Síntomas Lesións ou trastornos

Page 100: Celga 2 Agalip

07

Fonética

1. Escoita as seguintes palabras e marca a sílaba acentuada no gráfi co. Observa que hai un cadrado para cada sílaba.

xarope alerxia termómetro

febre hospital doutor

análise insolación aspirina

2. Pronuncia as palabras do exercicio anterior prestándolle atención ao gráfi co.

3. Clasifi ca as palabras do exercicio 1 na seguinte táboa.

Na pronuncia destas palabras,

a forza de entoación está na

última sílaba, ao fi nal da pa-

labra.

AGUDAS ESDRÚXULASGRAVES

Na pronuncia destas palabras,

a forza de entoación está na

penúltima sílaba, a anterior á

última.

Na pronuncia destas palabras,

a forza de entoación está na

antepenúltima sílaba, a ante-

rior á penúltima.

Page 101: Celga 2 Agalip

Galego en acción

1. En parellas, un fai de médico/a e o outro de enfermo/a. Escollede unha das seguintes fi chas, contádelle ao médico o que vos pasa

ou pasou e el terá que darvos un consello. Lembrade os imperativos e as perífrases de obriga!

2. Representade o diálogo ante a clase.

- Doutor, non me atopo moi ben.

- Que lle pasa?

- Dóeme moito o estómago e estou mareado....

...

- Non tome graxas...

ter febre

estar acatarrado

tusir

ter dor de cabeza

ter dor de gorxa

ter dor de estómago

vomitar despois de comer

estar mareado

doer os cadrís

ter dor de barriga

ter problemas para facer pis

caer na estrada esta mañá

inchárselle un pé

doer moito ao movelo

gripe: tomar aspirinas/vitamina C/xarope para a

tose

febre: tomar antibióticos

indixestión: comer pouco durante uns días, non

tomar graxas, tomar macela despois das comidas

e non tomar alcohol

problemas do ril: beber moita auga, gardar re-

pouso (quedar un par de días na cama), tomar

analxésicos para a dor, facer unhas análises

traumatismo: poñer xeo sobre o pé, poñer unha

pomada analxésica, descanso co pé erguido, non

moverse nuns días

Enfermos Médicos

08

Page 102: Celga 2 Agalip

09

Contido sociocultural1. Antes de ler o texto fala co teu compañeiro:

- A que che soa “pé de león”?

- Coñeces algunha herba que sirva para curar?

2. Le o texto e contesta as preguntas:

Do Libro de mulleres de Hélène Jans

Herba chamada pé de león (Alchemilla xanthochlora)

A que chaman pé de león é unha herba, máis ca planta, de poderosas raíces, que so-

porta unha rosetiña de follas terrestres onde adoita resgardarse unha pinga de auga

de chuvia ou de rosada (...) Esa pinga ten propiedades máxicas: con non máis de

cinco pingas restitúese a fortaleza que debe repoñerse tras a perda dun ser querido.

Asemade, as persoas que beban desas pingas con regularidade serán vehementes,

decididas, seguras no dicir e no actuar, e tremendamente vigorosas (...) O pé de león

é unha planta boa e de efectos moi saudables(...) As follas do pé de león deben reco-

llerse cando vai bo tempo e secar á sombra (...) Fanse infusións con catro culleradas

por cada cunha de auga fervendo e, logo de deixala repousar un anaco, usarase

para aliviar as cambras ou para estimular os riles. Tamén as mulleres encinta deben

tomar ata tres cuncas ao día durante as catro semanas anteriores ao parto para así

facilitalo, que o pé de león amolece as carnes e faille algo de traballo ao tempo. E

como o extracto de pé de león, seco e moído, favorece a suor e os intercambios de

fl uxo, vou intentar usalo para os apáticos, os indecisos ou pouco vigorosos, doenzas estas que se dan con maior frecuencia nos

homes ca nas mulleres, porque aqueles non intercambian fl uxos con natura como estas fan cada mes (...) Para os apáticos pode

probarse a mesturar unha parte de roseira brava, dúas de hibisco, un petisco de casca de laranxa amarga relada, uns bagos de

sabugueiro e mais unha man de menta. A tal infusión debe tomarse con ganas, adozada con mel e procurarase aspirar o seu

aroma tanto coma o seu sabor, que por todos os sentidos nos veñen as ganas de amar a vida e de enfrontarmos a afl ición.

Adaptación de Herba moura de Teresa Moure, Xerais, 2005, páx. 20-21

Page 103: Celga 2 Agalip

10

Usaches algunha vez o pé de león? Para que se toma, segundo o texto anterior?

______________________________________________________________________________________

______________________________________________________________________________________

Usas outras herbas medicinais?

______________________________________________________________________________________

______________________________________________________________________________________

Coñeces outros remedios caseiros? Cales?

______________________________________________________________________________________

______________________________________________________________________________________

Que opinas da medicina tradicional?

______________________________________________________________________________________

______________________________________________________________________________________

3. Unha receita sobre algunha herba medicinal ou remedio caseiro.

Page 104: Celga 2 Agalip

11

Modelo actividade Celga

Ficha para o alumno A:

1. Pasas moitas horas diante do ordenador? Marca cunha cruz se tes ou tiveches algunha destas molestias:

Dor de cabeza Dor de costas Tremor nos dedos

Dor de pescozo Dor de ombreiros Molestias nos pulsos

Ollos irritados Dor nos brazos Tensión en xeral

2. Explícalle ao teu compañeiro as molestias que tes ou que tiveches. El recomendarache algúns exercicios.

3. O teu compañeiro dirache que molestias ten el. Explícalle cal é a postura ideal fronte ao ordenador e como

ten que sentar.

O monitor non pode estar a menos de 15 cm dos ollos.

A parte superior do monitor debe estar á altura dos ollos.

Mirar o monitor coa cabeza dereita e o queixelo cara a dentro.

Apoiar as costas na cadeira.

Ter as mans á altura do cóbado e manter os ombreiros relaxados.

Manter as cadeiras nun ángulo de 90 graos.

Dobrar os xeonllos nun ángulo de 90 graos.

Apoiar os pés no chan.

Saúde e ordenadores. Para traballar en parellas

Page 105: Celga 2 Agalip

12

Ficha para o alumno B:

1. Pasas moitas horas diante do ordenador? Marca cunha cruz se tes ou tiveches algunha destas molestias:

Dor de cabeza Dor de costas Tremor nos dedos

Dor de pescozo Dor de ombreiros Molestias nos pulsos

Ollos irritados Dor nos brazos Tensión en xeral

2. O teu compañeiro dirache que molestias ten ou tivo. Le estes textos e recoméndalle algún exercicio.

Ollos

- Pechar os ollos con forza e logo abrilos. Repetir varias veces

- Fixar uns segundos a vista nun obxecto que estea a poucos metros de distancia.

Pescozo

- Xirar a cabeza amodo cara a un lado e permanecer así uns segundos. Xirar a cabeza cara ao outro lado e manter. Repetir varias veces.

Ombreiros

- Levar os ombreiros cara a adiante facendo un movemento circular. Despois facer o mesmo movemento en sentido contrario.

Costas e van

-Coas mans sobre o van e os pés separados, levar as cadeiras lentamente cara a adiante e os ombreiros un pouco cara a atrás.Manterse nesa postura uns segundos.

Mans

- Estirar e separar ben os dedos durante uns segundos, despois

pechar o puño. Repetir varias veces.

- Xuntar as mans e subilas á altura do queixelo, cos dedos

estendidos e separados.

- Baixar as mans lentamente e separalas. Repetir varias veces.

3. Explícalle ao teu compañeiro as molestias que tes ou que tiveches. El recomendarache algúns exercicios.

Page 106: Celga 2 Agalip

13

Repaso1. Para protexerse da calor

Neste folleto para protexerse contra a calor faltan algúns verbos. Engádeos usando imperativos afi rmativos e negativos.

protexerse pedir consumir saír aumentar

beber evitar (x3) refrescarse ducharse

chamar esforzarse permanecer (x2) cubrir vestirse

______________ da calor!

- Non _____________ á rúa nas horas máis calorosas do día. _________________ facer deporte. Non se

______________ demasiado cando faga moita calor. Se ten que saír _______________ á sombra.

- ____________ a cabeza cun sombreiro ou cunha gorra e _____________ con roupa lixeira de cores claros.

- _______________ durante o maior tempo posible dentro da casa na parte máis fresca.

- ______________ frecuentemente durante o día ou _______________ con panos húmidos.

- _____________ bastante auga e con frecuencia aínda que non sinta sede.

- Non _______________ nada de alcohol. ________________ as bebidas con cafeína ou con moito azucre e

beber líquidos demasiado fríos.

- ______________ as comidas quentes, copiosas e de dixestión lenta. _______________ o consumo de

froitas e verduras.

- _____________ axuda a un parente ou a un veciño se se nota indisposto pola calor.

- Se non ten a ninguén preto, ______________ aos Servizos Sociais do seu Concello.

Protéxase

Page 107: Celga 2 Agalip

14

2. O doutor fala.

Escoita con atención o que di o doutor.

De que enfermidade está falando o doutor?

________________________________________________________________________________________

Cales son os seus síntomas?

________________________________________________________________________________________

É unha enfermidade grave?

________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________

Escoita outra vez a audición e escribe algúns consellos para combater

a enfermidade.

A

B

Page 108: Celga 2 Agalip

15

Porfolio

A

B

C

O fríoNos exercicios anteriores, tiñades varias recomendacións para previr os efectos da calor e a gripe. Elaborade agora un folleto con

recomendacións para previr os efectos do frío.

Facede unha lista co vocabulario que ides necesitar. Buscade imaxes para o voso folleto.

Describide o problema. Elaborade unha lista de recomendacións para combatelo ou evitalo.

Exemplos:

Use varias capas de roupa.

Protexa os oídos, cara, mans e os pés en tempo moi frío.

Pensade un slogan.

Presentádellelo oralmente aos vosos compañeiros.

Page 109: Celga 2 Agalip

16

Que sei facer?

Preguntar e responder sobre o estado físico e

anímico

Explicar síntomas dunha enfermidade

Falar do coidado corporal

Dar consellos e facer recomendacións

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 110: Celga 2 Agalip

17

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria.

RECEPCIONISTA: Centro de Saúde Pontiñas, dígame?

PACIENTE: Bos días, quería pedir cita para facer unhas análises.

RECEPCIONISTA: Moi ben, ten vostede o volante do seu médico de cabeceira?

PACIENTE: Si, si que o teño.

RECEPCIONISTA: Tome nota, por favor: o próximo luns ás 8:45, na sala 3 do primeiro andar.

PACIENTE: Onde está a sala 3?

RECEPCIONISTA: Entre pola porta lateral, suba á primeira planta e xire á esquerda, a sala 3 está ao fi nal do corredor.

PACIENTE: Moitas grazas.

RECEPCIONISTA: Non esqueza que antes da facer as análises ten que presentar o volante en recepción.

PACIENTE: Moi ben.

RECEPCIONISTA: Lembre tamén que ten que vir en xaxún.

PACIENTE: Perdón?

RECEPCIONISTA: Non coma nin beba nada antes de vir pincharse.

PACIENTE: Ah, si, graciñas.

RECEPCIONISTA: Dígame o seu nome, por favor.

PACIENTE: Sagrario López Martiño.

RECEPCIONISTA: Entón o luns ás 8:45 e traia o volante.

PACIENTE: Vale, moitas grazas

RECEPCIONISTA: Ata logo.

PACIENTE: Adeus.

Page 111: Celga 2 Agalip

18

2. Repaso.

Escoita o que di o doutor.

No programa de hoxe imos falar da gripe, dos seus síntomas, de como combatela e como previla.

A gripe é unha enfermidade respiratoria causada por un virus. Cando temos gripe temos febre, dor muscular

e dor de cabeza e unha sensación de debilidade e malestar xeral. Estes son os seus síntomas máis claros, aín-

da que ás veces tamén se manifesta con tose, esbirros, conxestión nasal e somnolencia. Non se trata dunha

enfermidade grave, pero si incómoda porque debemos estar varios días na cama, e é a causa máis importante

de baixa laboral.

Algunhas recomendacións para poder combatela. Cando sintas algún deses síntomas acude ao médico para

que realice o diagnóstico correcto e che proporcione o tratamento específi co. Só un médico pode determinar

que medicinas son as máis adecuadas para cada paciente. Automedicarse non é bo. Consume grandes can-

tidades de líquidos, como zumes, bebidas quentes e evita saír da casa. Que non te colla o frío! Se te sentes

canso, aproveita para durmir.

Page 112: Celga 2 Agalip

01

Page 113: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como describir obxectos e aparellos en relación coa súa utilidade e funcionamento

Como expresar opinións

Como relatar experiencias

Coñecemento do código

Léxico sobre obxectos de uso cotián

Léxico da tecnoloxía

Léxico de xogos e xoguetes

Copretérito

A comparación

Acentuación II

Obxectivos

Page 114: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

Escoita esta nena que fala cos seus avós.

Cal é a temática da conversa?

Coñeces os xogos ou xoguetes dos que se fala na audición?

Coñeces outros xogos tradicionais?

Con que xogabas de neno/a?

Page 115: Celga 2 Agalip

04

Gramática e léxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

COPRETÉRITO

O copretérito úsase para:

- Falar de hábitos e costumes no pasado.

De rapaz xogaba á billarda.

- Describir situacións no pasado: circunstancias referidas a un momento do pasado.

Cando era pequena e xogaba na praza, un día caín.

- Comparar o pasado co presente.

Antes fumaba, agora xa non fumo.

1. Que será unha cousiña, cousa.

Sabes algunha adiviña? Propónllela aos teus compañeiros a ver se atinan de que se trata.

Intenta crear algunha cun obxecto moderno. Os teus compañeiros terán que adiviñar que é.

Que será unha cousiña

cousa, cinco bois e a

chavella, e terra branca

e semente negra?

Que será unha cousiña,

cousa, meter o duro

dentro do brando, que

será aquilo que queda

colgando?

Anda e non ten patas,

come e non ten boca,

toda a comida lle

parece pouca.

Que será unha cousiña,

cousa, unha rea de “se-

ñoritas”, cando mexa

unha, mexan todas.

A

B

Os dedos, a pluma, o papel

e a tinta

Os pendentes

O muíño

As tellas

Page 116: Celga 2 Agalip

05

2. Inventos.

En parellas.

Alumno A.

Elixe cinco destes obxectos ou cousas e escribe unha frase que os describa e que refl icta como estes inventos cambiaron a

vida da xente. O teu compañeiro terá que adiviñar de que invento se trata.

- Pode ser de madeira, de aceiro, é alongado. Hai moitos anos a xente comía coas mans, agora usa este utensilio.

- O garfo.

________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________

FORMA

é alto/a

baixo/a

alongado/a

estreito/a

ancho/a

redondo/a

cadrado/a

Describir obxectosMATERIAL

é de tea

coiro

pel

plástico

madeira

ferro

aceiro

cristal

papel

USOS

serve para

úsase para

emprégase en

PROPIEDADES

pódese comer

dobrar

rachar

non se pode comer

dobrar

rachar

ordenador o lume papel tarxeta de crédito neveira

avión radio o garfo xabón as lentes

Page 117: Celga 2 Agalip

06

Alumno B.

Elixe cinco destes obxectos ou cousas e escribe unha frase que os describa e que refl icta como estes inventos cambiaron a

vida da xente. O teu compañeiro terá que adiviñar de que invento se trata.

- Ten rodas e consome abondo. Antes a maioría da xente movíase a pé ou a cabalo, agora chégase axiña a todas as

partes con el.

-O coche.

________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________

________________________________________________________________________________________

3. O mundo da informática.

Asocia estes termos cos debuxos:

1. impresora

2. teclado

3. cámara web

4. CD-rom

5. rato

6. disquete

7. alfombriña

8. táboa

9. lapis (pen drive)

10. monitor

internet bolígrafo teléfono diñeiro coche

televisión xornal o plástico a roda a cremalleira

Page 118: Celga 2 Agalip

07

O COMPARATIVO

A expresión comparativa fórmana dous elementos:

1. o primeiro: un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade

(tan, máis, menos).

2. o segundo: as partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.

- Comparativas de superioridade ou inferioridade: ca, que ou do que (se a segunda parte é un verbo)

traballa máis ca antes

é máis listo ca/que un allo

fala máis do que debe

- Comparativas de igualdade: como ou coma

estaba tan namorado coma min

é tan bo xogador como/coma o seu irmán

Úsase ca ou coma cando o segundo elemento da comparación é un pronome persoal (min, ti, el/ela, nós, vós, eles/

elas):

é máis alta ca min

é tan intelixente coma el

A partícula ca contrae co artigo:

o a os as

ca có cá cós cás

Agora estudo máis có ano pasado.

O avión é máis rápido có coche.

Cando ca vai seguido da preposición a non se fai contracción

Téñolle máis medo a el ca a ela.

Page 119: Celga 2 Agalip

08

COMPARATIVOS IRREGULARES

maior/meirande (grande)

menor (pequeno)

mellor (bo)

peor (malo)

superior (alto)

inferior (baixo)

4. Pasado e presente.

Con que frases te identifi cas? Coméntao cos teus compañeiros. Engade un par.

1. Antes traballaba menos ca agora.

2. De pequeno/a non me gustaba o peixe, agora tómoo tres veces á semana.

3. Antes tomaba café pola mañá, agora tomo té.

4. Hai anos lía o xornal en papel, agora léoo na internet.

5. Cando tiña quince anos non saía nunca polas noites, agora saio as fi ns de semana.

6. Antes erguíame ás oito da mañá, agora érgome antes.

7. De pequeno vivía no campo, agora vivo na cidade.

8. Cando era novo/a era máis tranquilo/a.

9. Antes fumaba e agora deixei o tabaco.

10. Antes xogaba ao tenis e agora xa non xogo.

11. ........................................................

12. ........................................................

- Antes era máis tranquilo ca agora.

- A min pásame o mesmo, agora estou máis nervioso ca antes, traballo demasiado.

Page 120: Celga 2 Agalip

09

En que ocasións recibías regalos cando eras pequeno? Que che regalaban? Que reciben agora os rapaces? Cando? Escribe cinco

frases.

- A min sempre me regalaban bonecas o día do meu santo. Non chegaba Papa Noel, eran os Reis Magos os que nos traían

regalos: unha bicicleta, un tren eléctrico...

___________________________________________________________________________________

___________________________________________________________________________________

___________________________________________________________________________________

___________________________________________________________________________________

___________________________________________________________________________________

5. A volta ao cole.

Lembras o primeiro día da “volta ao cole”? Escribe un texto de 20 liñas (unhas 200 palabras) no que expliques como te sentías.

Compárao coa volta ao traballo despois das vacacións.

Antes, cando era pequeno, o día da volta ao cole sentíame

__________________.

Estaba moi _______________ porque ______________

______________________.

Agora, cando volvo ao traballo despois das vacacións

_______________________.

Page 121: Celga 2 Agalip

10

Fonética

1. Escoita estas palabras e clasifícaas na táboa.

2. Pronuncia en voz alta as palabras da táboa.

3. Podes extraer algunha regra para a aparición do til? Relaciona a seguinte información:

a) Palabras agudas Levan til cando non rematan en –n, -s nin en vogal (móbil)

b) Palabras graves Levan til sempre (teléfono)

c) Palabras esdrúxulas Levan til cando rematan en –n, -s ou vogal (televisión)

teléfono

AGUDAS ESDRÚXULASGRAVES

móbil

rato

televisión

internet

Page 122: Celga 2 Agalip

11

Galego en acción

1. Mira estas imaxes.

20/06/1975 18/08/1998 25/03/2000

2. Comenta co teu compañeiro ou compañeira de que cres que se acorda Inés?

- Creo que se acorda de cando era pequena e xogaba no seu bambán, daquela tiña 6 anos e vivía cos seus pais e cos seus

avós na aldea, era unha nena moi feliz.

3. E ti? Tes algún recordo daqueles anos? Onde estabas? Que facías? Vivías mellor ca agora?

4. Escríbelle unha carta a un amigo da infancia ou xuventude (unhas 20 liñas) lembrando aqueles anos (os veráns, as festas, o

primeiro amor...).

Page 123: Celga 2 Agalip

12

Contido sociocultural1. Lede o seguinte texto.

Inventores

Un controlador de velocidade para automóbiles e unha cuberta auto-

mática de piscinas gañan o Premio Galicia Innovación Junior.

O lucense Efrén López Ferreiro, na categoría de 16 a 18 anos, e a com-

postelá Rosalía Gómez Lasheras, na de 12 a 15 anos, son os gañadores

da V Edición do Premio Galicia Innovación Junior, convocado pola Con-

sellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. O seu esforzo

premiarase con cámaras fotográfi cas, reprodutores dixitais de música

ou ordenadores portátiles.

O traballo polo que foi premiado Efrén López consiste nun “sistema

radiotransmisor de limitacións de velocidade viaria”. O sistema está

deseñado para todo tipo de condutores, sexan noveis, expertos ou profesionais, e está pensado para evitar distraccións ou

perda de atención ao volante.

O segundo premio recaeu en Almudena Novoa polo traballo titulado “CSI: cinto de seguridade intelixente”. O invento supón

unha mellora –a través dun sinal acústico- con respecto aos sistemas que se utilizan actualmente para llas lembrar aos usua-

rios dun coche que poñan o cinto.

Na categoría dos máis novos, gañou Rosalía Gómez cun sistema de cuberta automática para piscinas. Unha solución para

protexer da chuvia a auga de piscinas. Un sistema incorporado á piscina desprega unha cuberta sobre esta en canto detecta

que está chovendo.

O segundo premio foi parar a Pablo Loureiro que presentou o invento dun depósito para aproveitar a auga da chuvia en viven-

das unifamiliares. A proposta parte da idea de non desperdiciar a auga que cae no tellado, recolléndoa para despois utilizala

>>

Page 124: Celga 2 Agalip

13

en cisternas e sistemas de regadío.

Entre os gañadores dos accésits na categoría de 16 a 18 anos están, entre outros, Francisco Alonso cunha debulladora de es-

pigas e Efrén López cun sistema de antibloqueo para goteiros sanitarios.

Entre os gañadores dos accésits na categoría de 12 a 15 anos fi guran: Álvaro Rodríguez, cunha alarma antirroubo para mo-

chilas: sistema que avisa cando se abre a cremalleira dunha mochila mediante unha alarma sonora e un dispositivo vibrador.

E M.ª Goretti Balsa e Leticia Cortiñas co Pipaplus: sistema que incorpora ás bolsas de pipas un dispositivo que serve para botar

as cascas sen manchar o chan.

Adaptación de Galicia-Hoxe.com, 23/06/2007

2. Cal dos inventos do texto que acabas de ler che parece máis interesante? Por que?

3. Que premios recibirán os inventores?

4. Inventaches ti algo algunha vez?

5. Podes describirlles o teu invento aos teus compañeiros para que adiviñen de que se trata e para que serve?

6. Recibiches algún premio polo invento? Que?

7. Cal cres que foi o mellor invento da historia? Por que?

Page 125: Celga 2 Agalip

14

Modelo actividade CelgaA educación antes e agora. 1. Comenta co teu compañeiro.

a) Antes no ensino usábase máis a memoria ca agora?

b) Antes os estudantes razoaban máis ca agora?

c) Había máis participación antes nas clases?

d) Os profesores eran máis estritos antes?

e) Antes os alumnos respectaban máis os profesores e os compañeiros ca agora?

f) Que opinas das escolas mixtas? E das aulas interculturais?

2. Escoita estes profesores que falan sobre o ensino de antes e o de agora.

3. Que opinas ti? Paréceche que o ensino era mellor antes ca agora? Por que?

4. Escribe sobre a túa escola un texto dunhas 20 liñas:

tipo de escola

como eran os profesores

cal eran as materias preferidas

gustábache ir...

Page 126: Celga 2 Agalip

15

Repaso1. Escoita a Raquel e a Sara.

Que cousas cambiaron na vida de Raquel? Escríbeas.

Compara as respostas coas do teu compañeiro.

E na túa vida? Cambiaron moitas cousas? Escríbeo.

2. Pregúntalle ao teu compañeiro ou compañeira sobre a súa infancia. Podes usar as ideas do cadro.

- Cando eras pequeno, tiñas televisión na túa casa? Que programas vías?

A

B

C

programas/televisión

con quen/compartir cuarto

deportes/practicar

comidas/gustar

música/escoitar os pais

pai/ter coche

amigos/xogar na rúa

...

Page 127: Celga 2 Agalip

16

PorfolioÉ mellor ca1. Busca compañeiros que teñan os teus mesmos gustos (serie A ou B). Elixide varios termos ou elementos da mesma serie.

-Gústache máis o campo cá cidade?

2. Cada membro do grupo escribe polo menos unha frase defendendo o seu termo e comparándoo co outro da outra serie.

- Xogar cun papaventos polo campo ou pola praia é mellor ca pasar horas diante dunha videoconsola, porque é máis san

e divertido que estar toda a tarde sentado.

3. En cada grupo elíxense as mellores frases.

4. Posta en común co resto da clase.

A

campo

comida caseira

café

carne

familia tradicional

xogos populares: papaventos,

billarda,bambán...

B

cidade

pratos preparados

leite con cacao

vexetariano

novas relacións

novas tecnoloxías: internet,

vídeo xogos...

Page 128: Celga 2 Agalip

17

Que sei facer?

Describir obxectos e aparellos en relación coa

súa utilidade e funcionamento

Comparar

Expresar opinións

Relatar experiencias

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 129: Celga 2 Agalip

18

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria.

NENA: Avoa, e cando eras nena, a que xogabas?

AVOA: Ai, fi lliña, daquela non tiñamos tanto tempo coma agora, había que traballar moito.

NENA: Pero algún xoguete terías, ou?

AVOA: Si, faciamos bonecas coas espigas de millo e peiteabámolas. Tamén xogabamos cos outros rapaces á roda, ao arrin-

catenabos, e á raia pequena.

AVÓ: E nós xogabamos á pelota, aínda me lembro da primeira! Era de trapos, e que ben corría! Despois, un día, chegou o

padriño da feira cunha de goma, ata que bateu nun croio e furou. Tamén xogabamos á billarda e ao marco.

NENA: Á que?

AVÓ: Á billarda. Xogábase con dous paus, o que lanzara o pau pequeno máis lonxe gañaba.

NENA: E como se xogaba ao marco?

AVÓ: Pois era moi fácil, había que poñer unha pedra chantada no chan e íanselle tirando outras a unha distancia duns

cinco ou seis metros ata tirala.

NENA: Daquela non iades á discoteca. E as festas?

AVOA: Ai, as festas! Aquelas si que eran festas! A última era o San Miguel en Cibreiro.

AVÓ: Non, muller, aínda quedaba o San Lucas en Santa Cristina, e a que non atopara mozo naquela xa non o atopaba en

todo o ano. Había que esperar ata a Pascua en Vilasión.

AVOA: Tes razón. E as festas eran de día, ao escurecer xa se volvía para a casa, que non che había luz eléctrica. E non coma

agora que volvedes co día entrado. E levabamos os zapatos na man para non luxalos, que podía haber lama no camiño!

NENA: E nos pés?

AVOA: Uns zoquiños.

AVÓ: Pero pasar pasabámolo ben. Cando viña o tempo da esfolla xuntabámonos todos os veciños, unha noite na casa duns,

outra na doutros, non coma agora cada un na súa diante da televisión ou do ordenador.

AVOA: Si, e a fi ar. Xuntabámonos nunha corte ás noitiñas, as mulleres fi abamos, os homes contaban contos, un saía cunha

cántiga, outro botáballe outra a desafío e xa estaba armada a troula.

NENA: E cando descansabades?

AVOA: Os domingos, ese día non se podía fi ar nin tecer nin calcetar, que seica toleaban as ovellas.

NENA: E botades de menos aqueles tempos?

AVOA: E como non os imos botar! Eramos máis novos e tiñamos máis saúde ca agora, aínda que traballar tamén che había

Page 130: Celga 2 Agalip

19

que traballar máis e máis duro. Agora con tanta máquina xa non se traballa tanto coma antes.

AVÓ: Pero o peor foi despois, veu a guerra e moitos tivemos que marchar e as mulleres tiveron que encargarse da casa,

dos fi llos e da facenda.

AVOA: Si, niso é mellor non pensar.

2. Fonética e ortografía.

Escoita estas palabras e clasifícaas na táboa.

teléfono rede autobús

móbil xabón fácil

televisión ciclomotor impresora

rato vídeo lapis

internet carácter bolígrafo

tesoiras xornal inglés

culler imaxe téxtil

parábola avión ordenador

balón café educación

cámara electrónica cántiga

tixola xoguete mamá

3. Modelo actividade Celga.

A educación antes e agora.

PACO: Liches o artigo de onte do xornal sobre educación?

ANA: Si, pero non estou de acordo con todo o que dixeron. Eu creo que a educación que reciben os nosos fi llos hoxe é

mellor cá de antes. Antes só se usaba a memoria e os alumnos non aprendían a razoar.

PACO: Pero agora o gran problema é que os rapaces non poñen interese nos estudos e non respectan o profesor. Non pres-

tan atención nas clases e así non aprenden nada.

ANA: Eu creo que antes a relación cos profesores era moito peor. Os profesores eran moi estritos e non facilitaban a co-

municación co alumno. Ademais, estabamos separados rapaces e rapazas e iso non é bo para a vida onde todos estamos

xuntos.

PACO: Si, pero a atención na clase e o silencio eran moito maiores e iso facilitaba a aprendizaxe.

Page 131: Celga 2 Agalip

20

ANA: Eu non creo que iso fora aprender: non podías participar nin facer preguntas e moitos quedaban polo camiño.

PACO: Agora as escolas son mixtas, pero tamén se perden moitos alumnos, porque cando un alumno non pon interese polo

que está aprendendo non ten solución.

ANA: Eu creo que o importante é convencer o alumno de que ten que aprender para buscar un lugar na vida e facilitarlle o

traballo para seguir camiñando, pero se el non se esforza por estudar, o sistema non vai poder facer nada por el.

4. Regalo.

Escoita a Raquel e a Sara.

SARA: Raquel, véxote moi ben, que boa cara tes!

RAQUEL: Si, ultimamente cóidome moito máis.

SARA: Pois non sei que fas, pero estás estupenda.

RAQUEL: Non foi fácil, pero agora estou mellor. Xa non como nos restaurantes coma antes, agora só como na casa: peixe,

verduras, froita...

SARA: E non tomas carne?

RAQUEL: Si, pero cocida ou á prancha. Ademais antes fumaba e agora deixeino... E fago moito deporte, vou nadar tres

veces á semana.

SARA: E que tal no traballo?

RAQUEL: Moito mellor, aínda que traballo menos. Antes non saía da ofi cina, agora só estou o necesario.

SARA: E xa non levas traballo para a casa?

RAQUEL: Nin falar! Na casa aproveito para ler, déitome cedo e érgome de mellor humor. Antes durmía moi pouco...

Page 132: Celga 2 Agalip

01

Page 133: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como relatar accións e circunstancias pasadas

Como dar e pedir información sobre sucesos

Como informar de actividades no pasado consideradas no seu punto de partida

Como reaccionar ante un relato

Coñecemento do código

Léxico de sentimentos e estados de ánimo

Léxico relacionado co mundo laboral

Pretérito, copretérito e antepretérito de indicativo

Contraste entre pasados

Acento diacrítico

Obxectivos

Page 134: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

Angélica e Rosa son dúas amigas que xa vimos na unidade 1.

Angélica coida os pais de Fernando. Un día Angélica chama por teléfono moi preocupada e nerviosa á súa amiga Rosa. Minutos

máis tarde, as dúas amigas están na casa de Fernando.

Por que cres que Angélica chama a Rosa?

Que puido acontecer?

Pasaríalles algo aos pais de Fernando?

Despois de facer as túas hipóteses, escoita a audición e responde as preguntas.

Page 135: Celga 2 Agalip

04

Gramática e léxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

ANTEPRETÉRITO DE INDICATIVO

-AR -ER -IR

andara bebera vivira

andaras beberas viviras

andara bebera vivira

andaramos beberamos viviramos

andarades beberades vivirades

andaran beberan viviran

Lembra o pretérito de indicativo (unidade 2) e o copretérito (unidade 6).

CONTRASTE PRETÉRITO/COPRETÉRITO

O pretérito presenta a información como un acontecemento. Expresa unha acción desenvolvida no pasado.

Fun á tenda, comprei froita.

O copretérito ou imperfecto presenta a información como unha circunstancia que envolve outro acontecemento. Sinala

unha coincidencia temporal no pasado con respecto a un referente situado tamén no pasado.

Estaban os dous na casa, soou o teléfono e saíron axiña.

CONTRASTE COPRETÉRITO/ANTEPRETÉRITO

Co copretérito evocamos circunstancias simultáneas.

Saín por froita e eles estaban moi tranquilos.

Co antepretérito evocamos circunstancias anteriores. Serve para facer referencia a circunstancias e a accións pasadas,

anteriores a outro feito pasado.

Cando volvín xa desapareceran.

Page 136: Celga 2 Agalip

05

1. Completa a historia co tempo de pasado axeitado (pretérito, copretérito, antepretérito).

Cando ________________ á casa e _____________ a porta deime conta axiña, ___________________

todo revolto: os caixóns estaban fóra do seu sitio, non ________________ o xoieiro nin o meu ordenador

persoal, así que pensei que _______________ uns ladróns. _____________ a policía e non _____________

nin _______________ nada esperando a que apareceran. _________________ en quince minutos. Can-

do chegaron os axentes _________________ onde ________________ eu e se lle _______________

a alguén que ía estar fóra. Tamén quixeron saber se ______________ algún sospeitoso ao redor da casa.

_______________ a declaración e quedaron en avisarme se _______________ noticias e _______________

o roubado.

asinar tocar estar (2) chegar presentarse

recuperar atopar ver recoller

preguntarlle dicir entrar chamar abrir ter

Page 137: Celga 2 Agalip

06

2. Como cres que reaccionan estas persoas ante o relato? Completa os diálogos.

- Saín un momento facer a compra e cando volvín xa desapareceran!

- ___________________? Miraches ben na casa? Non estarán no xardín

ou na horta?

- Bos días, Fernando! Temos un problema!

- ________________? Que facedes as dúas aquí? Non tiñades que estar

estudando!

- Unha vez viaxando por Francia, unha amiga e mais eu equivocámonos

de tren e aparecemos noutra cidade.

- ___________________?

- Coñecín o meu noivo nun aeroporto.

- ________________! Eu tamén.

- Sabes que a Torre de Hércules foi candidata a ser declarada Patrimonio

da Humanidade pola Unesco?

- __________________. Pois eu non sabía nada.

Reaccionar ante un relato

Expresar interese

Que pasou?

Como foi?

Expresar incredulidade ou dúbida

De verdade?

En serio?

Expresar satisfacción ou felicidade

Que ben!

Que marabilla!

Expresar coincidencia

Que casualidade!

Expresar tristeza

Que pena!

Que mágoa!

Page 138: Celga 2 Agalip

07

3. Currículo, entrevista persoal e ofertas de traballo.

En parellas.

Escribe o teu currículo. Despois explícallo ao teu compañeiro.

- Nacín o _________________ de ____________ en _____________________________.

- Estudei ________________ de ___________ a ___________.

- Traballei en __________________ ata ___________.

- Un ano despois _______________.

- Hai un ano/un mes/unha semana ___________________.

...

A

CURRICULUM VITAEDatos persoais

Nome e apelidos:EnderezoData e lugar de nacementoEstado civilTeléfono:Correo electrónico:

FormaciónExperiencia profesionalIdiomasOutros

Page 139: Celga 2 Agalip

08

O teu compañeiro, entrevistador dunha axencia de traballo temporal, prepara por escrito a entrevista e faicha.

- En que ano rematou a carreira?

- Por que estudou...?

- Estivo algunha vez en...?

- Traballou en algo relacionado coa súa titulación?

- Cal dos traballos anteriores lle gustou máis/menos? Por que?

- Viuse nalgunha situación desagradable no traballo? Como saíu dela?

...

Están dispoñibles estas ofertas de traballo.

Cales son adecuadas para o teu compañeiro ou compañeira? Proponlle algunha.

B

C

Coidador/a de nenos para A EstradaPara traballar no coidado de dous nenos a xornada parcial, pola tarde, en horario de

16:30 a 19:30 horas, de luns a xoves. Nece-saria experiencia no posto.

Chamar polas tardes ao 986 544321

Asesor/a comercial para ViveiroRealizará tarefas administrativas e comerciais nunha inmobiliaria. Ne-cesario carné de conducir e vehículo propio, coñecementos a nivel alto de galego e de informática. Entre 23 e

40 anos. Contactar:www.emprego.com. Oferta

nº 964155

Axudante/a de cociña para A Coruña

Realizará tarefas de limpeza e lavado de pratos, ademais

de recoller a cociña dun restaurante. Ofrecen día libre os luns, ademais de martes e mércores pola noite. Entre 20 e 50 anos. Xornada completa

en quenda partida. Para contactar:www.em-

prego.com. Oferta nº 964366Profesor/a de contabilidade para Vilagarcía

Impartirá un curso de contabilidade informatizada, dentro dun programa de formación continua para traballadores. Necesaria experiencia como docente

ademais de coñecementos de Contaplus. Horario de 15:30 a 16:30 horas.

Para contactar: www.emprego.com. Oferta nº 999888

En Lalín precísase axente de enquisasRealizará enquisas domiciliarias por todo o concello. Necesaria titulación mínima de Bacha-relato, permiso de conducir tipo B e vehículo propio para desprazarse ao lugar de traballo.

Contactar chamando ao 986 342122

Condutor/a de autobúsEmpresa dedicada ao transporte de viaxeiros

por estrada precisa condutor/a para liñas regulares pola provincia da Coruña. Valórase experiencia. Imprescindible carné de condu-

cir D. Incorporación inmediata. Para contactar: www.emprego.com. Oferta

nº 989098

Operario/a de granxa vacún para Meira

Realizará o coidado e atención dunha granxa, levando a cabo

tarefas de mantemento das instalacións e o coidado dos animais. Ofrecen contrato de tres meses con posibilidades

de pasar a indefi nido. Xornada completa con dous días libres á semana. Entre 18 e 50 anos.

Contactar no 982 334455

Page 140: Celga 2 Agalip

09

- Pode vostede traballar como/de ......... porque ......

Cambiade os papeis, entrevistador e entrevistado.

4. Mundo laboral.

Le o seguinte texto.

Bo ambiente no traballo

No mundo empresarial actual, cada vez máis competitivo, un equipo motivado é esencial para obter bos resultados.

Moitas son as técnicas que utilizan os directivos para manter un bo am-

biente de traballo nunha empresa: contar cunha boa política retributiva;

isto é, ofrecer un salario xusto, que a nómina sexa un incentivo para atraer

os bos candidatos, tratar ben ao persoal ou fomentar as súas iniciativas.

A efi cacia da empresa é outro punto decisivo, os provedores agradecen

que os seus distribuidores, e viceversa, teñan a documentación e a conta-

bilidade en orde: facturas claras ou albarás correctos facilítanlle ao cliente

a rapidez nas xestións comerciais.

Hai empresas que non valoran os esforzos dos seus traballadores. Implan-

tan unha fl exibilidade de horarios á medida do xefe. Outras insisten en

practicar unha política de portas pechadas; é dicir, os cargos directivos

manteñen as distancias e impiden a comunicación.

Motivar os empregados e facelos sentir a gusto na empresa refl ectirase nunha mellor e maior calidade do traballo producido.

D

A

Page 141: Celga 2 Agalip

10

Estas palabras están relacionadas co mundo da empresa. Algunhas refírense a persoas ou entidades e outras a documentos

escritos. Agrúpaas.

Persoas ou entidades Documentos

_______________________________ _______________________________

_______________________________ _______________________________

_______________________________ _______________________________

_______________________________ _______________________________

_______________________________ _______________________________

_______________________________ _______________________________

Aquí tes as defi nicións dalgunhas das palabras anteriores. A que palabras se refi ren?

a) É o papel ofi cial que recibe o traballador cando lle pagan o soldo:

b) É un documento que lle entrega un traballador a unha empresa cando está enfermo:

c) É unha empresa que lles vende e comercializa produtos a outras empresas:

d) É un documento que indica o importe que hai que pagar por un produto ou servizo:

e) É unha empresa ou persoa que lle subministra produtos a unha empresa:

B

factura traballador candidato nómina entrevistador

recibo provedor contrato cliente albará distribuidor

C

Page 142: Celga 2 Agalip

11

Fonética

O ACENTO DIACRÍTICO (1)

Utilízase para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita, pero que se diferencian porque

a vogal tónica ten distinto timbre ou porque unha palabra é tónica e a outra átona (póla/pola, dá/da).

Pónselle sempre acento gráfi co á palabra que ten vogal aberta ou á que é tónica. Así:

á (a + a artigo; subst.) a (artigo; pron.; prep.)

ás (a + as artigo; subst.) as (artigo; pron.)

bóla (‘esfera’) bola (peza de pan)

cá (ca + a) ca (conx.)

cás (ca + as) cas (prep.)

chá (‘plana’) cha (che + a)

chás (‘planas’) chas (che + as)

có (ca + o) co (con + o)

cós (ca + os; subst.) cos (con + os)

cómpre (‘é mester’) compre (‘merque’)

cómpren (‘son mester’) compren (‘merquen’)

dá (pres. e imp. de dar) da (de + a)

dás (pres. de dar) das (de + as)

dó (‘compaixón’) do (de + o)

é (pres. de ser) e (conx.)

fóra (adv.) fora (antepret. de ser e ir)

má (‘ruín’) ma (me + a)

más (‘ruíns’) mas (me + as)

máis (adv. e pron.) mais (conx.)

nó (subst.) no (en + o)

nós (pron. tónico; pl. de nó) nos (pron. átono; en + os)

ó (a + o) o (artigo; pron.)

Page 143: Celga 2 Agalip

12

O ACENTO DIACRÍTICO (2)

ós (a + os) os (artigo; pron.)

óso (do corpo) oso (animal)

pé (parte do corpo) pe (letra)

póla (‘rama’) pola (‘galiña’; por + a)

pór (‘poñer’) por (prep.)

présa (‘apuro’) presa (‘prendida’; ‘presada’)

sé (‘sede eclesiástica’; imp. de ser) se (conx.; pron.)

só (adv. e adx.) so (prep.)

té (‘infusión’) te (pron.; letra)

vén (pres. de vir) ven (pres. de ver; imp. de vir)

vés (pres. de vir) ves (pres. de ver)

vós (pron. tónico) vos (pron. átono)

Escoita e acentúa.

Page 144: Celga 2 Agalip

13

Galego en acción

Faltan da súa casaCando desapareceron a señora Carme e o señor Eduardo, Angélica chamou a súa amiga Rosa. As dúas mozas foron xuntas avisar a

Fernando, o fi llo dos velliños que coidaba Angélica. El chamou os familiares e despois a policía. Horas máis tarde, a policía iniciou

as súas investigacións, sabendo que os señores Fontes xa desapareceran outras veces, naquelas ocasións, atopáranos ao cabo de

pouco tempo. A primeira hipótese que barallou a policía foi a de que se desorientaran, xa que ambos tiñas problemas de falta de

memoria. Descartaron así un secuestro ou unha fuga voluntaria. Enviaron axentes á casa dos desaparecidos e estes tomáronlles

declaración aos seus familiares e á persoa que os coidaba.

1. Cales cres que foron as preguntas que o inspector de policía lle fi xo a Angélica?

Escribe posibles preguntas da policía e respostas da coidadora.

2. Despois, co teu compañeiro ou compañeira, representa oralmente o interrogatorio.

- Cando foi a última vez que viu os señores Fontes?

- Onde estaba vostede no momento da desaparición?

3. Como cres que rematou a historia? Formula as túas hipóteses.

- Os señores Fontes estaban na estación de autobuses comprando uns billetes para Fonsagrada, a súa aldea natal.

- Atopáronos inconscientes no cemiterio.

- Volveron á casa despois de dous días, sans e salvos, sen saber onde estiveran.

- Nunca máis se soubo deles...

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________

4. Inventa outro fi nal por escrito (unhas 20 liñas), despois coméntao co resto da clase e veremos quen é máis orixinal.

Page 145: Celga 2 Agalip

14

Contido socioculturalEmpresarios famososEn parellas. Un alumno ten o texto A e o compañeiro ou compañeira o texto B.

TEXTO A

Le o texto, cóntalle ao teu compañeiro de quen fala, pero sen darlle o nome; o teu compañeiro farache preguntas para descu-

bride que personaxe se trata. Practicade os pasados. Non podes usar palabras claves como Zara, Inditex...

Amancio Ortega, Inditex

Amancio Ortega, o fundador e presidente do imperio téxtil Zara, é un dos ho-

mes máis ricos de España e a oitava persoa máis rica do mundo.

A fi rma Zara naceu en 1963 coa apertura da súa primeira fábrica e en 1975

inaugurou a primeira tenda na Coruña. Na actualidade, está nas principais áreas

comerciais das cidades máis importantes de Europa, América e Asia.

Amancio Ortega naceu en León en 1936 e chegou á Coruña de neno. Empezou a traballar de rapaz. Aos 14 anos, entrou como

repartidor nunha camisería e despois contratárono nunha mercería. Alí adquiriu coñecementos básicos sobre tecidos e xur-

diron ideas para o seu primeiro negocio: batas. Fabricounas cos menos custos, distribuíunas e vendeunas directamente. Esta

idea foi a orixe de Zara. En 1985, creouse o grupo Inditex para acoller as distintas empresas da confección e a distribución que

posúe. Ademais do negocio téxtil, Ortega diversifi cou a súa iniciativa empresarial cara a outros sectores industriais, como o

inmobiliario, o fi nanceiro, os concesionarios de automóbiles ou a xestión de fondos de investimento.

Tivo un único fi llo varón, Marcos, que naceu cunha grave discapacidade e o empresario, xunto coa súa muller daquela, promo-

veron a creación da Fundación Paideia, unha institución de integración de discapacitados. Separouse en 1986 e despois volveu

casar coa que foi a súa secretaria durante anos. Con esta tivo unha fi lla, Marta, que se perfi la como sucesora á fronte do grupo

empresarial. No ano 2001, creou a Fundación Amancio Ortega, institución privada sen fi n de lucro que promove actividades

no campo da cultura, a investigación, a educación e a ciencia.

Texto adaptado de http://www.elmundo.es/magazine/m30/textos/zara1.html e http://es.wikipedia.org/wiki/Amancio_Ortega

ciencia

Page 146: Celga 2 Agalip

15

TEXTO B

Le o texto, cóntalle ao teu compañeiro de quen fala, pero sen darlle o nome; o teu compañeiro farache preguntas para descu-

brir de que personaxe se trata. Practicade os pasados. Non podes usar palabras claves como chef, xefe de cociña...

Toñi Vicente, Restauradora

Toñi Vicente, primeira chef galega en gañar unha estrela Michelín, milita na alta res-

tauración.

Naceu en Tomiño, Pontevedra, no ano 53. Toñi Vicente cociñou para Felipe González,

François Mitterrand, Margaret Thatcher… Recibiu, entre outros galardóns, o premio na-

cional á mellor xefa de cociña.

- Empezou vostede a familiarizarse coa cociña na súa infancia?

- Pois si. Eu nacín nunha familia de cociñeiros, os meus pais xa tiñan restaurante. A miña nai criouse nunha abadía, que era

onde realmente se facía unha cociña elaborada e culta. Os monxes eran os únicos que viaxaban e había transmisión de coñe-

cementos.

- Así que de pequena enredaba entre

os pucheiros.

- Non sei se me deixaban enredar moi-

to. Pero eu penso que iso vai creando un

pouso.

- Despois de súa nai, que outros mes-

tres tivo?

- Cando me emancipei e montei restauran-

te en Vigo, sentín o tremendo peso da res-

ponsabilidade. É algo que case te afunde.

Eu tiña unha base, pero decatábame de que

necesitaba ver outras cociñas. Viaxei moito,

informeime moito… Busquei, por dicilo dal-

gunha maneira, o meu soporte.

Page 147: Celga 2 Agalip

16

- E sabía o que estaba buscando? Sabía cara a onde ía?

- Si, eu penso que si. Eu parto dunha cociña moi moi tradicional, pero necesitaba experimentar unha evolución. Penso que

sempre tiven moi claro o que quería. Os comezos foron difíciles, porque en Galicia a cociña é o que máis lentamente evolu-

ciona. Hai 20 anos, a xente rexeitaba as miñas ensaladas “marinadas”. Despois de todo, isto é un negocio e tes que gañar cartos.

Pero eu tíñao tan claro que sabía que ese era o camiño e que tiña que triunfar.

- O que vostede buscaba non existía en Galicia?

- Non. A miña nai coidaba moito as cousas, presentábaas moi ben. Eu recordo que nos meus comezos facía unhas nécoras

recheas, unha receita tradicional que xa facía miña nai, e chamábanme “cociñeira afrancesada”.

- Arrastrou sempre esa etiqueta: afrancesada?

- Penso que agora xa non, pero si nos principios. No momento en que presentabas algo cun pouco de coidado, xa parecía que

non tiña que ver coa nosa terra. E eu penso que iso non é verdade. En Galicia o que máis dano lle fi xo á cociña é a boa materia

prima que temos.

Texto adaptado de galiciagastronomica.com

Le o texto, cóntalle ao teu compañeiro de quen fala, pero sen darlle o nome; o teu compañeiro farache preguntas para descubrir

de que personaxe se trata. Practicade os pasados. Non podes usar palabras claves como Zara, Inditex...

Onde naceu?

Tivo fi llos?

Recibiu algún premio?

...

mo

Page 148: Celga 2 Agalip

17

Modelo actividade CelgaVaia susto!

Que problemas se poden presentar nunha estación de autobuses ou de tren? E nun aeroporto?

Roubáronche ou perdiches algunha vez o DNI ou o pasaporte? E un billete de avión?

Seguro que tes unha anécdota interesante, cóntallela aos teus compañeiros.

Escoita o que lles pasou a Xoán e a Andrés.

Responde:

Xoán e Andrés chegaron a tempo ao aeroporto?

Que fi xeron antes de facturar?

Que lle pasou a Andrés?

Cando se decatou Xoán do que lle acontecera a Andrés?

A

B

C

D

Page 149: Celga 2 Agalip

18

RepasoSucesosEn grupos de catro:

1. Pensade unha noticia de actualidade que ocorrera na vosa vila ou cidade ou no mundo e que

todos poidan coñecer.

2. Escribide a historia e dade algún dato falso.

3. Lede a noticia en voz alta.

4. O resto da clase ten que adiviñar onde está o erro.

Ofi cios e profesións1. Na sección de “Ofertas de traballo” do exercicio 3 de gramática e léxico aparecen algúns nomes de ofi cios e profesións. Pensade

outros.

2. Un alumno di un nome dun ofi cio ou profesión e o compañeiro do lado ten que dicir outro relacionado co anterior. Se pasan

máis de cinco segundos sen contestar, comeza outro alumno con outro nome ou verbo e pode cambiar de temática.

- Agricultor, campesiño, gandeiro...

- Construír, edifi car, pintar...

3. Reparade nos ofi cios e profesións que acabades de mencionar ou nos vosos reais. Que teñen de bo? e de malo?, por que?

O bo de ser profesor é que coñeces moita xente interesante e o malo é que non te fas millonario.

O mellor de ser... é que... e o peor é que...

As vantaxes de ser xefe de... son que... e os inconvenientes son que...

Page 150: Celga 2 Agalip

19

PorfolioLembras?

Un día feliz

Un día especial na túa nenez

Un día de boa sorte

Un día de mala sorte

Namorácheste por primeira

vez

Un día que decidiches algo

importante

A última vez que pasaches

moita vergonza

A última vez que pasaches

moito medo

Cando foi?Que pasou?

Ondeestabas?

Quetempo ía?

Con quenestabas?

Lembras comoías vestido/a?

O 30 de agos-to: casei

Daquela eu vi-vía en Roma

Ía moi bo tempo

Co meu marido e os invitados

Levaba o vestido noiva

Page 151: Celga 2 Agalip

20

Que sei facer?

Relatar accións e circunstancias pasadas

Dar e pedir información sobre sucesos pasados

Informar de actividades no pasado consideradas

no seu punto de partida

Reaccionar ante un relato

Usar os distintos tempos verbais en pasado

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 152: Celga 2 Agalip

21

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria.

Angélica e Rosa falan por teléfono.

ANGÉLICA: Rosa, estou desesperada, non atopo a señora Carme nin o señor Eduardo. Saín un momento facer a compra e

cando volvín xa desapareceran!

ROSA: En serio? Miraches ben na casa? Non estarán no xardín ou na horta?

ANGÉLICA: Revisei todo, ata mirei nos armarios e debaixo da cama.

ROSA: E sabes se levaron algo con eles?

ANGÉLICA: Creo que non, non noto que falte nada.

ROSA: Pois haberá que chamar a policía.

ANGÉLICA: Eu pensaba avisar o fi llo antes, podes acompañarme á súa casa?, prefi ro dicirllo en persoa a avisalo por telé-

fono.

ROSA: Claro, en dous minutos estou aí e imos.

ANGÉLICA: Graciñas, agárdote.

Angélica e Rosa van á casa de Fernado.

ANGÉLICA: Bos días, Fernando! Temos un problema!

FERNANDO: Que pasou? Que facedes as dúas aquí? Non tiñades que estar estudando!

ANGÉLICA: Non sei onde están teus pais! Saín un momento e cando volvín á casa, non había ninguén.

ROSA: Non viñeron aquí, verdade?

FERNANDO: Non, meu Deus, xa é a terceira vez que desaparecen.

ANGÉLICA: Eu só os deixei dez minutos mentres saín por froita e eles estaban moi tranquilos vendo a televisión.

ROSA: Tranquilos, seguro que están na alameda ou na igrexa.

ANGÉLICA: Onde foran das outras veces que escaparon?

FERNANDO: Unha vez apareceron na casa de miña prima Sabela, outra estaban na igrexa.

ROSA: Non vos preocupedes, non andarán moi lonxe.

FERNANDO: Será mellor avisar a policía canto antes, e vou chamar tamén os meus primos por se están alí. Angélica ti vai

para a casa por se volven.

Page 153: Celga 2 Agalip

22

ROSA: Eu podo ir mirar á igrexa e pasar pola alameda a ver se están alí.

FERNANDO: Vale, moitas grazas. Vou chamar...

2. Fonética e ortografía.

Escoita e acentúa.

Gústame máis o café có té.

Tropezou nunha póla da cerdeira e caeu de fociños.

Baixou do autobús con tanta présa que rompeu un óso do pé dereito.

Vés ou non vés con nós ao fútbol?, despois lévote eu á túa casa.

Non dá pé con bóla, e iso que llo expliquei ben aí fóra.

Cómpre que compres dúas bolas e un quilo de fariña.

É máis alto ca ti e menos cá súa irmá.

Sempre che enviaba unha cesta por Nadal, pero desde que se foi para a Terra Chá non cha volveu mandar.

A vós quen vos invitou a esta festa?

Pedinche que me fi xeses a compra e non ma fi xeches. Es ben má!

3. Modelo actividade Celga.

Vaia susto!

Chegamos ao aeroporto con tempo, colleramos o primeiro tren da mañá para non ter problemas. Así que como aínda non

estaban abertos os mostradores para facturar, fomos á cafetería tomar algo. Unha hora máis tarde, o meu amigo facturou

a maleta e á porta do control da policía despedinme del. Esperei aínda un cacho, ata que vin pola pantalla que os viaxeiros

do voo I0752 estaban embarcando. Collín o tren de volta e regresei á casa lembrando aqueles días xuntos.

E el case queda en terra!

Só ao día seguinte souben o que ocorrera realmente.

Perdera o billete de camiño á porta de embarque, tivera que dar media volta e buscar por todo o aeroporto ata o mostrador

de facturación, pero ninguén atopara nada. Desesperado intentou convencer as azafatas do seu caso, pero non o deixaban

entrar no avión. Cando só faltaba un minuto para o despegue, chegou unha azafata co billete. Por fi n puido volver á casa

Page 154: Celga 2 Agalip

23

sen problema; iso si, cun bo susto no corpo.

E eu tan tranquilo de camiño á casa.

Page 155: Celga 2 Agalip

01

Page 156: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como solicitar información sobre servizos

Como protestar e reclamar por un servizo

Como presentar unha queixa ou unha reclamación

Coñecemento do código

Os pronomes persoais átonos

Léxico de establecementos, produtos e servizos

A telefonía

A vivenda

Acentuación (repaso)

Obxectivos

Page 157: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

Problemas coa tecnoloxíaEscoita a audición e contesta as preguntas.

Por que chama o cliente?

Está o produto en garantía?

Que debe facer o cliente co produto?

Como avisarán o cliente e cando?

Tiveches ti que reclamar por algún produto?

Cóntallo ao teu compañeiro e despois intentade representar unha reclamación telefónica ante a clase.

Page 158: Celga 2 Agalip

04

Gramática e léxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

1. Le o seguinte texto co teu compañeiro. Podedes representar xuntos este diálogo.

No texto aparecen varios pronomes átonos de terceira persoa e combinacións deles. Marcádeos.

- Onte tiven que chamar a Atención ao Cliente.

- E logo que che pasou?

- O MP3 xa non funciona, compréillelo aos rapaces da tenda da esquina hai un par de meses, dixéronme que era

dunha boa marca e vendéronmo a bo prezo, pero agora vou devolvérllelo.

- E non terá amaño?

- En Atención ao Cliente dixéronme que llo enviase ao servizo técnico para que o mirasen.

- Pois será o mellor.

- Non sei, eu prefería que mo cambiasen por outro novo.

- Ti verás o que fas, pero se che recomendaron enviárllelo primeiro aos do Servizo Técnico para ver de reparalo,

eu faríalles caso.

- Non sei, xa estou un pouco farto destes aparellos. O ano pasado foi a cámara de vídeo, regaláranola miña irmá

pola voda e durou ben pouco, primeiro mandámosllela para que a amañasen, ao pouco devolvéronnola reparada,

pero aos dous meses tiven que pedir que nola cambiasen.

- Vaia, parece que non tes moita sorte coa tecnoloxía!

- Non mo lembres!

PRONOMES ÁTONOS

ACUSATIVO

DATIVO O A OS AS

ME mo ma mos mas

CHE cho cha chos chas

LLE llo lla llos llas

NOS nolo nola nolos nolas

VOS volo vola volos volas

LLES llelo llela llelos llelas

Page 159: Celga 2 Agalip

05

2. O teu compañeiro é un pedichón, pero hoxe non se atopa moi ben e pídeche que lle botes unha man. Contéstalle por escrito.

Repara no cadro dos pronomes e non te esquezas deles!

- Podes pasarme o libro?

- Si, agora cho paso.

- Podes facerme unhas fotocopias?

- Si, agora mesmo...

Podes levarlle o coche á miña irmá?

- _____________________________________________

Podes enviarme estas cartas?

- _____________________________________________

Podes reservarnos unha mesa para min e a miña moza para esta noite?

- _____________________________________________

Podes subirme o pan?

- _____________________________________________

Podes levarlles estas invitacións a Xoán e a Pepa?

- _____________________________________________

3. Completa os seguintes anuncios cos pronomes persoais de terceira persoa que falten. Ollo coas combinacións!

Compre a nosa roupa pola internet. Nós enviarémos________ en menos de 48 horas. Vostede próbaa e ten outras 48 horas

para devolvér_______. Na nosa tenda virtual atopará todas as marcas, estilos e os prezos máis baixos do mercado.

Aquí tes o televisor dos teus soños. Píde_____ aos Reis Magos este ano. Traeran______ xunto cunha mesa xiratoria gratis!

Os teus fi llos poderán estudar connosco sen moverse! O profesor, levámos______ á casa! Os libros, entregámos______ de

balde xunto cun agasallo!

Pase as vacacións da súa vida á nosa beira! Confíe no noso bo facer. Á volta agradecerá______!

Page 160: Celga 2 Agalip

06

4. Xestións no banco.

En parellas:

Lede o seguinte texto. Un fará de cliente e outro de empregado do banco.

EMPREGADO: Bos días. Que desexa?

CLIENTE: Bos días. Quería facer unha transferencia bancaria.

EMPREGADO: Pódeme deixar o seu DNI, por favor?

CLIENTE: Si, tome.

EMPREGADO: A nome de quen desexa facela?

CLIENTE: MOSAMO LUGO, SA.

EMPREGADO: Ten os datos bancarios onde quere facer o ingreso?

CLIENTE: Si. É o 0184 1248 110020198000

EMPREGADO: Por que importe?

CLIENTE: 20.000 euros.

EMPREGADO: Moi ben. Sabe que isto ten unha comisión de 35 euros.

CLIENTE: Tanto! Non, non sabía.

EMPREGADO: Si, sentímolo pero é un custo proporcional ao importe.

CLIENTE: Vaia, pois para outra terei que pagar en efectivo!

EMPREGADO: Que desexa que poñamos en concepto?

CLIENTE: Compra de coche Matrícula 666DWSZ.

EMPREGADO: Asine aquí, por favor.

CLIENTE: Aí ten.

EMPREGADO: Tome o seu recibo e moitas grazas.

CLIENTE: De nada e bos días.

EMPREGADO: Bos días.

A

Page 161: Celga 2 Agalip

07

Practica co teu compañeiro seguindo o modelo anterior. Aquí tedes algunha situación, podedes imaxinarvos outras:

- Protestas porque che cobraron unha elevada comisión por un servizo.

- Desexas retirar unha suma importante de diñeiro en efectivo, pero no banco póñenche problemas.

- O empregado do banco quere convencerte para que asegures o coche na súa compañía de seguros, pero paréceche bas-

tante caro.

- O empregado quere que contrates unha nova tarxeta de crédito.

B

Para pedir información

Gustaríame recibir información sobre.

Estou interesado en... e quería información sobre.

Para presentar unha reclamación ou queixa

Quería presentar unha reclamación por...

Escribo para lamentar o meu descontento por...

Page 162: Celga 2 Agalip

08

FonéticaEn parellas1.

Alumno A: lelle todas estas palabras ao teu compañeiro. Insiste na sílaba tónica (acentuada).

Alumno B: todas estas palabras se escriben con til. Escoita atentamente o teu compañeiro e coloca os tiles.

comuns gustalles raiña oir

rio ali latin comodo

paixon sua tonico algun

caracter ainda grafi co difi cil

mobil

alí latín algún comúns móbil gústalles

carácter raíña aínda súa difícil

gráfi co cómodo oír tónico río paixón

Page 163: Celga 2 Agalip

09

2.

Alumno B: lelle todas estas palabras ao teu compañeiro. Insiste na sílaba tónica (acentuada).

Alumno A: todas estas palabras se escriben con til. Escoita atentamente o teu compañeiro e coloca os tiles.

autobus castelan xuizo saia

irman ria arbore iniciacion

facemolo duas tonico acentuo

maza facil leon cadris

saude

mazá irmán árbore cadrís tónico castelán

león saía acentúo dúas autobús

xuízo saúde ría iniciación fácil facémolo

Page 164: Celga 2 Agalip

10

Galego en acciónAtención ao Cliente1.

Le esta carta.

Antón Varela

Rúa do Paseo, 22, 1.º A

34011 Xinzo de Limia

Dpto. de Comunicación TELEFONIÑO

Avda. Bos Aires 13

34000 Ourense

Xinzo de Limia, 8 de novembro de 2007

Estimados señores:

Diríxome a vostedes para expresarlles o meu descontento polo novo servizo de atención telefó-

nica ao cliente.

Hai varios anos que utilizo os servizos telefónicos de información de TELEFONIÑO. Antes chama-

ba ao número 100 e, despois de esperar un momento, falaba directamente cun empregado da

compañía que me atendía amablemente e resolvía as miñas consultas. Por desgraza, agora teño

que falar cun contestador automático que me obriga a seguir unhas instrucións interminables

e que moitas veces non me ofrece a solución que preciso. Xa non existen operadores na súa

compañía?

Comprendo que hai que adaptarse ás novas tecnoloxías, pero a min o servizo totalmente auto-

matizado non me gusta nin responde ás miñas necesidades. Como cliente, desexo manifestarlles

a miña queixa por este servizo.

Espero que solucionen este problema. Do contrario, terei que cambiar de compañía.

Atentamente,

Antón Varela

A

Page 165: Celga 2 Agalip

11

Estás de acordo co cliente? Pasouche algo parecido?

Que medidas cres que debe tomar a compañía para non perder os clientes?

2. Contéstalle a Antón (unhas 200 palabras) e intenta ofrecerlle unha solución adecuada.

TELEFONIÑO

Avda. Bos Aires 13

34000 Ourense

Antón Varela

Rúa do Paseo, 22, 1.º A

34011 Xinzo de Limia

Ourense, 15 de novembro de 2007

Distinguido Sr. Varela:

Recibimos a súa carta e lamentamos moito...

Pedímoslle desculpas polas molestias ocasionadas e desexamos poder seguir téndoo

como cliente durante moito tempo.

Un cordial saúdo.

Ana Pascual

Xefa do Departamento de Comunicación

B

Page 166: Celga 2 Agalip

12

Contido socioculturalLe o texto.

Alugar piso

... O Antón, malia ao seu traballo e o seu coche alucinante, segue vivindo cos pais. Non é sorprendente, claro, é difícil conseguir

unha casa con piscina, así, nos primeiros de traballar (...).

Ao principio, cando comecei a buscar o piso, dicíame que era para ter algo de “intimidade” (a palabra máxica) con Antón. Pero

curiosamente non lle dixen nada. Nin a el nin a miña mai. A ninguén. Nin unha palabra da miña busca. Decidino en silencio,

como a das almorrás. Collín o xornal e fi xen uns cálculos. Decidín que o tomaría con calma. Buscaría un piso onde máis me

gustase, onda o parque, lonxe da casa dos meus pais, lonxe tamén da de Antón (...).

Vexo un anuncio interesante no xornal de hoxe, que estou revisando antes de comezar a tarde na calma da miña mesa. Collo

o teléfono e cometo a infracción máis habitual da poboación activa: utilizar o traballo para resolver asuntos persoais.

- Boas, chamaba polo anuncio do piso de alugueiro.

- Si, dígame, quere pasar a velo?

- Gustaríame, si. Cando podería ser?

- Ten tempo hoxe pola tarde?

- Podería entre as sete e as oito.

- Estupendo, daquela vémonos ás sete na entrada. Sabe onde é a rúa?

- Si, grazas.

Procuro non facerme ilusións. Cos pisos pasa sempre igual. Unha pensa, ai, é accesible, está na zona que me gusta... e logo

descobre que é un cortello que cae a cachos, ou que non ten lavadora ou cousas desas. En fi n, xa veremos (...).

- Subimos ao piso?

- Claro!

(...) É un oitavo. O piso da última planta. Acendemos a luz das escaleiras. A muller, Rosa, fedella nas chaves. Primeiro a fecha-

dura de enriba e logo a de embaixo.

Page 167: Celga 2 Agalip

13

- Seguro que ten todo un algo de po, pero non se preocupe que se lle interesa mando limpalo.

- Tranquila.

E nesas ábrese a porta. E a luz da tarde dáme na cara. Hai unha ventá enorme na sala de estar. Oio que Rosa me indica que a

cociña está á miña esquerda, é pequeniña pero moi ben aproveitada, coa súa lavadora, a neveira e a cociña eléctrica co seu

forno. Na sala de estar, ademais da ventá, que me fascina, hai un sofá e un moble con estantes. Paso pola porta que deixa atrás

a sala de estar, para entrar ao cuarto e vexo entón algo que me encanta. Ademais da cama e dunha mesa, hai un mexedor. Un

mexedor! (...).

- O mexedor é un aparello vello; se non o quere pódemo subir ao faiado –dime Rosa. Está de broma?

- Non!, para nada. Paréceme estupendo (...) acabo de imaxinarme sentada nel [no mexedor] calcetando. E esa simple idea

xa me deu a medida diso que chaman fogar. Dáme igual que o resto estea pelado e que as ventás non sexan dobres e

vaia entrar ruído da rúa. Dáme igual que a cociña sexa pequena e a lavadora vella.

Ademais, no cuarto hai tamén unha terraza (...).

- Cando podería entrar?

Só quedan un par de asuntos prácticos que resolver.

Adaptado de María Reimóndez, O club da calceta, Edicións Xerais de Galicia, 2006, pp. 110-111, 117-118

Alugaches piso algunha vez por teléfono? E por Internet?

Prefi res alugar a través de axencia inmobiliaria? Por que?

Atopaches cousas innecesarias ou faltaban cousas imprescindibles nalgún piso que alugaches?

Tiveches algún problema co contrato de alugamento ou co propietario do piso? Como os resolviches?

Tes algún piso para alugar? Como cres que será máis fácil?, poñendo o anuncio na internet ou a través de coñecidos?

Page 168: Celga 2 Agalip

14

Modelo actividade CelgaNon é ouro todo o que reloce

Le a nota que che deixou o teu compañeiro de piso. Apetéceche acompañalo?A

Xabier, boas novas!Queres vir comigo esquiar en no-vembro? Invítanos a empresa Viaxe Connosco. É xenial! Unha f n de semana para rachar coa rutina! Le a carta e dime. Simón

i

Page 169: Celga 2 Agalip

15

Agora le a carta que a empresa Viaxe Connosco lle enviou a Simón e despois contesta as preguntas.

a) Cres que o teu compañeiro interpretou ben a carta? Por que?

b) Cres que na viaxe que vos propoñen teredes tempo para esquiar e gozar da neve? Por que?

B

Viaxe ConnoscoVacacións en Multipropiedade

Cantón Grande, 115003 A Coruña

Estimado amigo:

Temos o gusto de comunicarlle que foi seleccionado pola empresa Viaxe Connosco Vacacións en Mul-tipropiedade para pasar unha fi n de semana en Baqueira-Beret nos apartamentos da empresa coñecidos co nome de BrancaNeve.A viaxe é para vostede e para outra persoa que elixa como acompañante. Inclúe aloxamento en réxime de media pensión. A saída realizarase desde A Coruña o venres 16 de novembro deste ano ás 20.00 horas e o regreso está previsto para o domingo 18, con chegada a Alvedro ás 23.00 horas.A viaxe e o aloxamento son totalmente gratuítos. Non ten que pagar nada. É unha xentileza da empresa Viaxe Connosco Vacacións en Multipropiedade, que quere invitar a persoas como vostede a coñecer os produtos e servizos da nosa empresa. Para o mesmo, organizáronse reunións nos apartamentos Branca-Neve para a tarde do sábado e a mañá do domingo.*Esperamos a confi rmación da súa asistencia que pode facer chamando directamente ao teléfono 902 677889, e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.

María CortiñasDirectora de Vendas

* As reunións son de asistencia obrigatoria. De non acudir a elas, o cliente correrá cos gastos da viaxe.

Page 170: Celga 2 Agalip

16

Le a seguinte información.

Ofrecer viaxes gratis, facer regalos de libros, de vaixelas, de aparellos para perder peso... son

estratexias publicitarias de moitas empresas de vacacións en multipropiedade. Ollo! Non é ouro

todo o que reloce!

Se recibe vostede unha carta ou unha chamada telefónica na que se lle avisa de que lle correspondeu un rega-

lo inesperado, en principio, desconfíe, xa que se pode tratar dunha estafa. Moitas empresas de apartamentos

en multipropiedade usan esta estratexia para captar clientes. Fanlle o regalo que anuncian, pero a cambio terá

que asistir a reunións interminables sobre os seus produtos. No caso das viaxes, invitarano a pasar unha fi n

de semana cos gastos pagados, pero terá que pasar horas e horas escoitando encantadores comerciais que

intentarán convencelo de que a solución aos seus problemas está en que compre un apartamento en réxime

de multipropiedade; isto é, que o compre con outras persoas que non coñece e que a cambio terá o dereito

de utilizar o apartamento uns días determinados ao ano. Aconsellámoslle que só acepte eses regalos no caso

de que realmente estea interesado nos produtos que ofrece a empresa. Do contrario, a viaxe pode resultar un

pesadelo.

Escríbelle unha mensaxe ao teu amigo:

Explícalle o contido da carta que recibiu e o que teriades que facer en Baqueira-Beret no caso de irdes.

Fállalle da estratexia publicitaria que está utilizando a empresa que lle enviou a carta, ten en conta o texto que acabas de

ler.

Simón, ir contigo a Baqueira-Beret sería marabilloso, pero creo que liches moi rápido a carta... En realidade, nela inví-

tante a ir pero...

C

D

Page 171: Celga 2 Agalip

17

Repaso1. Completa cos pronomes persoais. Non esquezas as contraccións.

- Que son todos eses regalos?

- Este é un reloxo, comprei_______ a Pepe, leva moito tempo agardando por el.

- Dentro desta caixa hai un teléfono, regálo_____ á miña sogra para que nos chame cando queira.

- Estas son unhas chaquetas, comprei______ aos xemelos, a ver se lles serven.

- Alí teño uns doces, levarei_________ a meus pais que son moi larpeiros.

- Aquí hai unhas botellas de viño, regalarei_________ a meus tíos, que son grandes bebedores.

- E este paquete é para ti, se queres xa ________ dou agora.

2. Que che suxiren estas palabras?

ALUGUER CLIENTE

PRODUTO ESTAFA

Page 172: Celga 2 Agalip

18

Porfolio1. Xunto co teu compañeiro, vas presentar unha reclamación ao Instituto Galego de Consumo. Escollede un dos seguintes motivos

ou imaxinade outro:

Atraso na entrega dun produto que comprastes pola internet.

Está ocupado o cuarto do hotel que tiñades reservado.

Cobráronvos unha consumición a un prezo maior do que aparece na carta.

Entras nun edifi cio público e caes porque o chan está acabado de fregar e non estaba sinalizado.

O bar de abaixo da túa casa non está insonorizado e non respecta o horario municipal de peche.

A túa compañía de seguros denégache a cobertura dun sinistro porque alega que está fóra das garantías da póliza.

Perdéronvos as maletas na estación de ferrocarril.

Outros…

Lede ben as instrucións para cubrir a folla de reclamación.A

Page 173: Celga 2 Agalip

19

Cubride a folla de reclamación.B

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Innovación e Industria

FOLLA DE RECLAMACIÓN

Antes de cubrir a folla, lea atentamente as instrucións do reverso

1. ...................................................................................................................................................................................................................

(Lugar dos feitos, día e hora)

2. ...................................................................................................................................................................................................................

(RECLAMANTE) (DNI/Pasaporte )

Enderezo

........................................................................................................................................................................................................

(Rúa/praza/Código postal ) (Teléfono)

........................................................................................................................................................................................................

(Localidade) (Provincia)

3. RECLAMACIÓN

........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

4. ....................................................................................................................................................................................................................

(Xustifi cantes)

Page 174: Celga 2 Agalip

20

5. Pedimento:

........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

.........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................

(Nome do establecemento)

........................................................................................................................................................................................................

(Rúa/praza) (Localidade) (Provincia)

ALEGACIÓNS: ............................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................................

En _________________________, o __________ de _______________ de _________.

(sinatura)

1. Folla branca orixinal: para ser enviada ao Servizo Provincial de Consumo polo reclamante.

2. Folla verde: para o reclamante.

3. Folla amarela: para o reclamado.

Page 175: Celga 2 Agalip

21

INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR A FOLLA DE RECLAMACIÓN

Servizo Provincial de Consumo de Lugo

Rolda da Muralla, 222 - 27000

Telf.: 982 220033

1.- Lugar dos feitos, día e hora

Indicar a data na que se orixinou o problema, sinalando hora, día, mes e ano. Tamén se deberá indicar o

lugar dos feitos reclamados (establecemento comercial, domicilio particular de tratarse dun servizo a do-

micilio etc.).

2. RECLAMANTE

Deberase indicar o nome completo do reclamante, incluíndo os dous primeiros apelidos, número do DNI

ou pasaporte e o enderezo onde poder recibir calquera comunicación (importante cubrir todos os datos do

impreso e indicar o país de non ser este España).

3. RECLAMACIÓN

Precisar o máis claramente posible o feito sucedido, especifi cando se se tratou dunha falla de entrega do

produto, falla de presentación do servizo solicitado, atraso na prestación ou entrega.

4. XUSTIFICANTES

Xunto coa folla de reclamación, é necesario achegar cantos xustifi cantes, facturas, xustifi cantes, orza-

mento, contratos, ofertas publicitarias etc., poida ter, para unha mellor determinación dos feitos e poder

precisar responsabilidades.

5. PEDIMENTO

Indicarase claramente o que se pretende obter coa reclamación (reparación do produto ou do servizo, de-

volución de todo/parte do prezo aboado, anulación/rescisión do contrato, execución da garantía etc.).

Advertencia: de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e a súa normativa de

desenvolvemento, advírteselle ao solicitante da existencia dun fi cheiro automatizado e infórmaselle da posibilidade de exercitar os

dereitos de acceso, rectifi cación, cancelación e oposición; e é responsable do fi cheiro o Instituto Galego de Consumo.

Page 176: Celga 2 Agalip

22

Que sei facer?

Solicitar información sobre servizos

Protestar e reclamar por un servizo

Presentar unha queixa ou unha reclamación

Usar pronomes persoais de terceira persoa

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 177: Celga 2 Agalip

23

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria.

- Servizo de Atención ao Cliente, dígame?

- Bos días, quería presentar unha reclamación.

- Si, dígame, de que se trata?

- Un MP3 que funciona mal.

- Cal é o problema?

- Que aos dez minutos de telo aceso, apágase só.

- O produto está en garantía? Canto tempo hai que o comprou?

- Si, está en garantía, compreino hai dous meses.

- Desde cando presenta este problema?

- Desde hai quince días máis ou menos.

- Comprouno nun centro autorizado?

- Si, si.

- Pois ten que envialo ao Servizo Técnico. Ten o enderezo?

- Si, téñoo aquí.

- Conserva a embalaxe orixinal?

- Pois..., si, si que a teño.

- Entón envíe o aparato dentro da embalaxe e engada os seus datos persoais, enderezo e teléfono de contacto.

- Moi ben.

- Nunha semana poñeranse en contacto telefónico con vostede.

- Moitas grazas.

- Grazas por contactar co noso servizo.

Page 178: Celga 2 Agalip

01

Page 179: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como falar do futuro e facer hipóteses

Como expresar opinións sobre acontecementos futuros

Coñecemento do código

O futuro

Formas hipotéticas

Subordinadas temporais

A publicidade

b/v; s/x

Obxectivos

Page 180: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

Conversa entre dous amigos.1. Antes da audición:

Nestes últimos tempos, o móbil parece un produto imprescindible.

E ti, tes un ou varios?

Úsalo con moita frecuencia?

Canto che custan as chamadas por minuto?

Paréceche o kit para o coche algo útil?

2. Escoita a conversa de Xesús e Pilar.

3. Despois da audición, pregúntalle ao teu compañeiro/a:

Como defi nen o produto do que falan?

A Xesús parécelle caro ou barato ese produto?

Que vantaxes ten compralo axiña?

Page 181: Celga 2 Agalip

04

Gramática e léxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

FUTURO DE INDICATIVO

-AR -ER -IR

andarei beberei vivirei

andarás beberás vivirás

andará beberá vivirá

andaremos beberemos viviremos

andaredes beberedes viviredes

andarán beberán vivirán

OLLO!

Repara en que, en varias

persoas, futuro e ante-

pretérito se diferéncian

só polo acento:

andará/andara

andarán/andaran

PARA EXPRESAR FUTURO

Usamos o futuro para facer referencia a accións futuras sen marcar a súa relación co momento presente:

Mañá choverá e baixarán as temperaturas.

Usamos a perífrase IR+infi nitivo cando a acción se presenta como unha intención, proxecto ou previsión:

O ano que vén voume matricular en Dereito.

Usamos o presente de indicativo:

Cando falamos de algo cíclico:

Este mes o 13 é martes.

Para sinalar que se trata dunha decisión ou dun compromiso:

Deberías ir a un ximnasio.

Mañá mesmo empezo un curso.

Para asegurar ou prometer algo:

Pódeme facer unha fotocopia?

Agora mesmo lla fago.

Page 182: Celga 2 Agalip

05

1. Imaxina que te elixiron alcalde da túa vila ou cidade. Que medidas tomarías? Elixe entre estas ou outras e escríbelles unha de-

claración aos teus cidadáns:

- baixar os impostos municipais

- baixar os prezos do transporte

- construír vivendas baratas e concederlle axudas á xuventude

- construír máis hospitais

- construír máis garderías

- prohibir o tráfi co de coches polo centro da cidade ou vila

- crear carrís para bicicletas

- animar a vida cultural da vila ou da cidade

- ofrecer máis actividades para mozos e anciáns

- mellorar o sistema de reciclaxe do lixo

- plantar máis árbores e ampliar as zonas verdes

- pechar as industrias contaminantes

- construír...

- pechar...

- prohibir...

- mellorar...

- OUTRAS

Queridos cidadáns e cidadás:

Quero agradecervos por terme elixido alcalde. Hoxe empeza unha nova época para todos. Durante os próxi-

mos catro anos, baixarei os impostos municipais...

...

Page 183: Celga 2 Agalip

06

2. Que cousas cres que cambiarán dentro de dez anos? Completa as frases usando os seguintes verbos:

- ___________________ as sucursais e as ofi cinas bancarias.

- As tarxetas de crédito ___________________ case por completo ao diñeiro en efectivo.

- As enerxías alternativas ____________________ completamente as enerxías tradicionais.

- _________________ a outras galaxias.

- ________________ os libros en soporte de papel.

- A publicidade do tabaco _________________ prohibida en todo o mundo.

- Os seres humanos _________________ máis a natureza.

- _________________ todas as enfermidades.

- As empresas multinacionais __________________ os seus traballadores a realizar exercicios de relaxación, antes de

empezar a xornada laboral.

- A clonación humana ____________________ permitida na maioría dos países.

- Só __________________ produtos modifi cados xeneticamente.

- Os coches __________________ con gasolina de alcohol e/ou con enerxía solar.

- __________________ o número de accidentes de tráfi co.

viaxar obrigar curarse substituír(2) respectar

funcionar existir descender estar(2) desaparecer (2)

Desaparecerán

Page 184: Celga 2 Agalip

07

PARA FORMULAR HIPÓTESES

Usamos o futuro para manifestar a probabilidade no presente:

Sabela terá 18 anos.

Que farán estes mozos á porta da cervexería?

Estarán esperando para entrar.

Usamos o pospretérito para indicar a probabilidade ou aproximación con relación ao pasado:

Cando a coñecín andaría polos 50 anos.

Outras maneiras de formular hipóteses probables ou posibles, referidas ao presente, pasado ou futuro:

Quizais + indicativo / subxuntivo

Quizais chove esta tarde. (+ probable)

Quizais chova mañá. (- probable)

Ao mellor + indicativo

Ao mellor vou esta tarde ao cine.

Seguro que + indicativo

Seguro que mañá chove.

Igual + indicativo

Igual chove mañá.

Supoño que + indicativo (algo parécenos moi probable, pero non temos probas)

Supoño que mañá vai chover.

Espero que + subxuntivo (desexamos que suceda un acontecemento futuro)

Espero que constrúan un novo hospital.

Para descartar unha hipótese:

Non creo que + subxuntivo

Non creo que gañe as eleccións.

Page 185: Celga 2 Agalip

08

3. Formulade hipóteses pensando nestas situacións, aquí tedes algunha proposta, inventade outras.

a) Sara díxoche que ía estar toda a tarde na casa, levas media hora intentando chamala pero non responde.

Teléfono mal colgado. Está na ducha.

Está durmindo. ...

- Que lle pasará a Sara, que levo media hora chamando e non contesta?

- Terá mal colgado o teléfono.

- Ao mellor está na ducha.

- Estará durmindo e non oirá o teléfono.

b) Son as 10.30 e o bus das 10 aínda non pasou.

Houbo un accidente no centro e hai atasco. Pinchou unha roda.

Quedou sen gasolina. ...

c) O teu xefe, moi formal e responsable, aínda non chegou á ofi cina e xa son as dez.

Está enfermo. Quedou durmido.

Perdeu o autobús. ...

d) Ides ver unha película na casa do teu amigo, pero o vídeo non funciona.

A cinta está estragada. O vídeo non está enchufado.

O vídeo está avariado. ...

e) Atopas un amigo pola rúa, saúdalo pero el non responde ao saúdo.

Non te ve. Está enfadado contigo.

Vai cavilando nas súas cousas. ...

f) Chegas á clase de galego á hora, pero non hai ninguén.

É unha broma. É festa local.

Hai folga. ...

Page 186: Celga 2 Agalip

09

4. Comenta co teu compañeiro as opinións sobre os temas do exercicio 2.

Estades de acordo? Por que?

- Quizais no futuro desaparezan as ofi cinas bancarias.

- Eu non creo que desaparezan as sucursais nin as ofi cinas bancarias, porque...

Que outras cousas cres que cambiarán no futuro?

A fame... O clima...

O paro... A desigualdade de xénero...

A natalidade... Os nacionalismos...

5.

Entrevista o teu compañeiro sobre como imaxina o seu futuro. Para responder, podedes usar distintos graos de seguridade con

quizais, ao mellor, igual, supoño que, espero que, creo que, non creo que...

Casar / non casar.

Ter fi llos / non ter fi llos.

Vivir no mesmo país / vivir en países diferentes.

Vivir no campo / vivir na aldea.

Traballar na empresa pública / non traballar na empresa pública.

Aprender outras linguas / non aprender outras linguas.

Ser famoso / non ser famoso.

Ser millonario / non ser millonario.

Atopar o amor da súa vida / non atopar o amor da súa vida.

Chegar a cen anos / non chegar a cen anos.

- Casarás algún día?

- Non, non creo que case nunca.

Se a resposta que che dá o teu compañeiro é positiva, pídelle

que che diga cando fará esas cousas.

- Casarás algún día?

- Si, casarei cando remate a carreira.

A

B

A

B CANDO + subxuntivo úsase para referirse a unha

acción futura, relacionada con outra acción ou estado

futuros:

Cando remate a clase, iremos tomar algo.

Page 187: Celga 2 Agalip

10

Cres que o teu compañeiro é optimista? Coméntao co resto da clase.

6. Campaña de tráfi co.Escoita estes mozos que falan da última campaña para previr accidentes de tráfi co.

Comenta co teu compañeiro ou compañeira se estás de acordo con Lucía ou con Marcos.

Cres que as campañas de prevención de accidentes de tráfi co deben ser agresivas? Por que?

Cres que se debe usar o humor para chegar mellor ao público?

Que opinas sobre as imaxes de accidentes reais?

En grupos de catro, intentade crear unha campaña para previr os accidentes de tráfi co. Pensade:

Título ou slogan.

Información que ides dar e ideas para convencer os condutores.

Soporte: anuncio de prensa, un folleto, unha carta comercial, unha cuña de radio, un anuncio de televisión, un banner.

Presentádelle a campaña ao resto da clase. Cal vos convenceu máis?

C

A

B

C

D

Page 188: Celga 2 Agalip

11

Ortografía1. Estas palabras perderon as consoantes b ou v, intenta atopalas, despois compara as respostas co teu compañeiro.

__oda automó__il __erza a__ogado

gra__ata __aleiro __asoira bol__oreta

__arrer mó__il gra__ar pol__o

__ermello ri__eira Xa__ier Este__o

gara__anzo a__ó cara__ chu__asco

tre__o mara__illa

2. Estas outras palabras perderon as consoantes s ou x, intenta atopalas, despois compara as respostas co teu compañeiro.

e__trañar __a__tre e__tender e__pléndido

e__pontaneo e__tran__eiro e__plendor e__i__ente

e__actitude e__premer

Page 189: Celga 2 Agalip

12

Galego en acción1. Le este anuncio. Cales dos seguintes adxectivos se poderían utilizar para facer máis atractivo o produto que se anuncia?

2. Pensa en obxectos que hai nos distintos cuartos da túa casa que poderías vender:

Cociña: neveira...

Baño:

Comedor:

Dormitorio:

Garaxe:

Rocho:

práctico/a cómodo/a barato/a bonito/a completo/a rápido/a

económico/a efi caz manexable novo/a usado/a

Bicicleta de montañaVer foto

Vendo bicicleta de montaña Mondraker.

Ano 2005. Cor negra.

Cambio Shimano deore, pedais automáticos, cornos no guiador.

Suspensión traseira regulable.

Freos acabados de cambiar, zapatas novas.

Moi cómoda e lixeira.

Perfecto estado, case nova, moi pouco usada.

Achego folla con fi cha técnica.

Prezo: 250 euros (nova custa máis do dobre).

Pago contra reembolso ao recibir o produto.

Para contacto: Miguel, 608442211.

Page 190: Celga 2 Agalip

13

3. Pensa agora en catro características para defi nir ese obxecto da túa casa que che gustaría vender.

4. Escribe un anuncio para vender ese obxecto en Internet. Segue estes consellos:

Elixe un bo título para o anuncio.

Fai unha descrición clara e atractiva.

Indica o prezo.

Indica como queres recibir o pago.

___________________________Ver foto

______________________________________________________________

______________________________________________________________

______________________________________________________________

______________________________________________________________

______________________________________________________________

____________________________________________________________.

______________________________________________________________

____________________________________________________________.

Prezo: _________________________________.

Page 191: Celga 2 Agalip

14

Contido sociocultural1. Le o conto da leiteira.

O conto da leiteira

Unha leiteira ía camiñando feliz cara á feira cunha ola de leite na cabeza. A medida que se ía achegando á vila, a súa dita

aumentaba. Por que? Porque a leiteira camiñaba acompañada polos seus pensamentos e na súa mente imaxinaba un fermoso

futuro.

“Si –pensaba-. Cando chegue á feira atoparei axiña comprador para este riquísimo leite. E ha de pagarmo a bo prezo, que ben

o vale. En canto me paguen, alí mesmo comprarei unha cesta de ovos. Levareina á casa e, desa cesta de ovos, lograrei sacar,

aí pola primavera, un cento de pitos polo menos, volverei á feira e, cando os venda, comprarei un porquiño. Si, un porquiño

pequeno e ben feito. Xa me encargarei eu de cebalo ben con landras e castañas! Medrará e engordará axiña. E cando medre,

levareino á feira. Ese bo porco ben valerá uns cartiños. En canto me paguen, comprarei unha vaca. Unha vaca... e un becerro!

Ai, que gusto ver o becerriño brincando na miña corte!”.

E ao imaxinar isto, botou unha gargallada, ao tempo que daba un brinco.

Ai, canta penuria seguiu á súa ledicia! Ao botar o brinco, caeulle da cabeza

a ola e escachou en mil anacos. A pobre leiteira mirou afl ixida como a terra

tragaba o leite. Xa non habería pitiños, nin porco, nin vaca, nin becerro.

Todas as súas ilusións perdéranse para sempre, xunto coa ola escachada e o

leite derramado polo camiño.

Texto adaptado da fábula de J. M. Samaniego.

2. Coñecías o conto? Pasouche algunha vez algo parecido?

miño.

Page 192: Celga 2 Agalip

15

3. Fortunato é un mozo licenciado en medicina, moi soñador e moi optimista. Hoxe preséntase a unha entrevista de traballo. In-

tenta continuar a súa historia co teu compañeiro.

Entrevistaranme e seguro que me darán o traballo. Cando empece a traballar, verán que son un gran médico. Subi-

ranme o soldo axiña e nomearanme xefe... Cando me nomeen xefe... Cando... Cando...

4. Lédelle as historias ao resto da clase.

Page 193: Celga 2 Agalip

16

Modelo actividade CelgaPlanifi cas o teu futuro? 1. Completa e responde este cuestionario.

2. Despois faillo ao teu compañeiro.

3. Comparade os resultados. Quen planifi ca máis o seu futuro?

4. Dependendo dos resultados acadados, escribe un breve texto sobre a personalidade do teu compañeiro. El terá que facer o

mesmo sobre a túa.

Tes previsto algún cambio na túa vida nas próximas semanas ou nos próximos meses?

a) Non teño nin idea, quizais...

b) Non, non quero facer plans.

c) Si, a semana que vén vou...

Quedarás na cidade en verán?

a) Quen sabe, xa decidirei cando...

b) Si, cando falte menos tempo...

c) Non, irei á praia coma todos os anos.

Irás ao ximnasio este mes?

a) Non sei, igual...

b) Non, non vou nunca.

c) Si, mañá mesmo...

Page 194: Celga 2 Agalip

17

Irás ver o Celta-Racing de Ferrol o domingo?

a) Quen sabe, cando...

b) Si, decidireino cando...

c) Non, non, eu non son de fútbol.

Sairás de viños o venres pola noite?

a) Vai ti saber!, supoño que...

b) Cando...

c) Si, si, xa quedei cos colegas.

Que poñerás mañá para ir ao traballo?

a) Quen sabe, quizais...

b) Cando vexa que día vai...

c) O primeiro que saque do armario.

Farás outro curso de galego?

a) Non che sei, ao mellor...

b) Cando remate este curso...

c) Si, quero acadar todos os niveis.

Maioría de respostas:

A - Creo que non es unha persoa...

B - Es...

C - O que tes que facer é...

Page 195: Celga 2 Agalip

18

Repaso1. Que farán os científi cos en Valencia? Se queres sabelo, enche os ocos cos verbos en futuro.

Os científi cos da ONU elaboran en Valencia unha folla de ruta contra o cambio climático

12 de novembro de 2007

Valencia ________________ a capital mundial do clima durante

esta semana. Un transcendental cumio do Panel Intergoberna-

mental do Cambio Climático (IPCC) da ONU ______________

desde hoxe cerca de 3.000 folios de informes científi cos

producidos desde 2001. ________________ en só 30 folios

antes do sábado, e o documento ____________________ na

folla de ruta para loitar a escala global contra o quentamento.

Máis de 600 representantes gobernamentais de 130 paí-

ses, apoiados polos científi cos designados por cada país,

_______________ un documento destinado especifi camente

aos gobernantes de todo o mundo, que ________________

as liñas mestras da mellor forma de actuar fronte ao cambio climático. Por primeira vez, un secretario xeral da ONU

_________________ á presentación do documento.

O resumo que se _______________ en Valencia __________________ un peso fundamental nas negociacións do Cumio do

Clima que comeza en Bali do 2 ao 14 de decembro. Alí está previsto acordar as bases da fase seguinte do actual Protocolo de

Quioto a partir de 2012.

De acordo cos tres documentos de síntese aprobados polo IPCC ao longo de 2007 sobre os tres aspectos básicos da ciencia cli-

mática –a base científi ca física; impactos, adaptación e vulnerabilidade e mitigación do cambio climático–, «o cambio climático é

aprobar estar(2) debater pasar converter conter

ser(2) deber sintetizar elaborar ter asistir

Vale

Page 196: Celga 2 Agalip

19

inequívoco», o quentamento «é irreversible» e situarase nun abano de subidas de entre 1,8oC e 6,4oC ao longo deste século.

Pese a que o fenómeno está en plena expansión e é irrefreable, o IPCC considera que se pode actuar para que a subida do termó-

metro non supere os 2oC. Para iso, habería que ir substituíndo os combustibles fósiles por enerxías renovables. Estes cambios

enerxéticos suporían custos do 0,1% do PIB mundial ata 2030.

Os cinco días de sesións _________________ a porta pechada no Museo das Ciencias Príncipe Felipe de Valencia. Os relatores

__________________ ir aprobando un tras outro e, por unanimidade, os parágrafos do borrador xa preparado. Cada liña e cada

palabra _____________________ por unha gran pantalla da sala Arquerías antes de que se lles dea o visto bo dos 130 países

presentes, entre eles EE UU, China, Rusia, UE, Xapón e os países emerxentes.

España conta con dous autores no IV Informe, que __________________ presentes nas sesións desta semana: José Manuel

Moreno, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Castilla-La Mancha, que coordinou o capítulo oito, relativo a Europa; e

María José Sanz, do Centro de Estudos Ambientais de Valencia, como autora líder do capítulo nove, dedicado a bosques.

Na delegación española __________________, a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, o secretario xeral do Cambio

Climático, Arturo Gonzalo Aizpiri, a directora xeral do Cambio Climático, Teresa Ribera e a directora da Ofi cina de Cambio

Climático, Concepción Martínez.

Texto adaptado de http://www.noticias-ciencia.com/.

2. Que opinas ti sobre o cambio climático?

Canto e como cres que poderá afectarnos o cambio climático no futuro?

Se queres saber máis, visita: http://www.greenfacts.org/es/cambio-climatico.

Page 197: Celga 2 Agalip

20

Porfolio1. En grupos.

Deseñade un anuncio publicitario sobre un produto de tecnoloxía para un programa radiofónico.

- Nome e slogan.

- Información que dará o anuncio:

Servizos que ofrecerá.

Formas de pago e facilidades.

Posibles descontos (mozos, terceira idade, socios...).

- Forma do anuncio: entrevista, historieta, voz en off...

- Ideas para convencer os radiooíntes.

Representade os anuncios. Cal é o mellor?

A

B

Page 198: Celga 2 Agalip

21

Que sei facer?

Falar do futuro e facer hipóteses

Expresar opinións sobre acontecementos futuros

Situar unha acción no futuro usando “cando +

subxuntivo”

Presentar unha campaña publicitaria

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 199: Celga 2 Agalip

22

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria. Conversa de Xesús e Pilar.

XESÚS: Vaia, Pilar, xa vexo que tes un móbil novo...

PILAR: Si, é o meu novo móbil 999.

XESÚS: Gústame moito o deseño. E para que precisas ese lapis?

PILAR: É un dispositivo apuntador, para que poidas debuxar sobre fotos sacadas coa cámara. O último en telefonía móbil!

XESÚS: Xa vexo, xa. E con ese lapis podes modifi car as fotos, engadirlles debuxos ou texto ás imaxes que sacas co telé-

fono?

PILAR: Por suposto. E ademais podes conectar o teu teléfono móbil á televisión para ver as fotos.

XESÚS: Non lle falta nada de nada...

PILAR: Pois iso non é todo. Inclúe melodías polifónicas de 40 tons. Escoita.

XESÚS: Custaríache un ollo da cara! Eses modelos tan modernos son moi caros...

PILAR: Pois non creas. Era unha oferta de lanzamento, creo que aínda non rematou. Só por 99 euros!

XESÚS: Pensei que era máis caro!

PILAR: E ademais, se compras o móbil este mes, poderás facer chamadas nacionais por un céntimo o minuto.

XESÚS: Non o podo crer! Estás segura que non se trata dunha estafa?

PILAR: Si, así dicía no contrato que asinei.

XESÚS: Pois co meu móbil pago vinte céntimos o minuto...

PILAR: Veña, anímate, que aínda hai máis. Se compras nos próximos dez días, regálanche os auriculares, unha bolsa de

transporte e o kit universal para o automóbil. Ei, Xesús, onde vas con tanta présa?

XESÚS: Non quero quedar sen o novo móbil 999! Abur!

PILAR: Pero non iamos tomar algo xuntos? Se sei non che conto nada ata mañá.

2. Gramática e léxico. Uns mozos falan da última campaña para previr accidentes de tráfi co.

LUCÍA: Viches a última campaña de Tráfi co sobre os accidentes na estrada?

MARCOS: Refíreste á da distancia de seguridade?

LUCÍA: Si, a esa. Eu creo que as imaxes son demasiado agresivas... Non che parece? É todo un pouco esaxerado.

Page 200: Celga 2 Agalip

23

MARCOS: Pois eu creo que non. A xente non fai caso de nada se non ve imaxes crúas e reais.

LUCÍA: Eu penso que hai outras maneiras máis suaves para tratar o tema.

MARCOS: Si? Dime?

LUCÍA: Non che sei, algo máis divertido, con humor, vin unha campaña en Internet moi boa e sen chisca de sangue.

MARCOS: Eu creo que con iso non se pode xogar, é moi serio.

LUCÍA: Xa sei que é un tema moi serio e tamén que son imaxes reais, pero véxoas moi fortes.

MARCOS: Pois para iso as poñen... Para que a xente reaccione... No anuncio vese ben claro que, por non manter a distancia

de seguridade, se provoca un accidente en cadea.

LUCÍA: Si, claro, vese... pero é horrible...

MARCOS: Pois máis horrible é a morte ou quedar nunha cadeira de rodas.

Page 201: Celga 2 Agalip

01

Page 202: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como pedir consellos e recomendacións

Como ofrecer consellos e recomendacións

Analizar comportamentos e situacións

Expresar condicións

Expresar desexo e esperanza

Coñecemento do código

Persoais con subxuntivo

Subordinadas condicionais

Expresións para aconsellar, recomendar

Recoñecemento de sons consonánticos h/; c/cc

Relacións humanas

As rebaixas

Obxectivos

Page 203: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

1. Escoita esta conversa entre dous mozos.

2. Que consellos lle dá María a Lucas?

Cres que Lucas sairá con María? En que condicións?

3. E ti? Sairías con Lucas se...

Page 204: Celga 2 Agalip

04

Gramática e léxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

PRETÉRITO IMPERFECTO DE SUBXUNTIVO

-AR -ER -IR

andase bebese vivise

andases bebeses vivises

andase bebese vivise

andásemos bebésemos vivísemos

andásedes bebésedes vivísedes

andasen bebesen vivisen

OLLO!

O pretérito imper-

fecto de subxunti-

vo indica unha acción

irreal –dependente dun

referente pasado, pre-

sente ou futuro- que se

produce simultánea ou

posteriormente á outra.

EXPRESAR CONDICIÓNS

Para expresar condicións que nos parecen posibles no presente e/ou no futuro usamos:

Oración condicional Principal

Se + Presente de indicativo Presente de indicativo / Futuro / Imperativo

Se teño tempo, vou contigo ao cine.

Se chove, quedarei na casa.

Se estás mal, non saias.

Para expresar condicións que nos parecen irreais ou improbables no presente e/ou no futuro usamos:

Oración condicional Principal

Se + Imperfecto de subxuntivo Condicional / Imperativo

Se tivese máis tempo, aprendería a tocar a gaita.

Se non chegases ás catro, chámame.

Page 205: Celga 2 Agalip

05

1. En que circunstancias farías estas cousas?

Tirarte vestido a unha piscina.

Tiraríame coa roupa posta a unha piscina se vise que alguén está afogando.

Ir vivir ao estranxeiro.

Subir enriba dunha mesa.

Chamar á Policía ou á Garda Civil.

Gastar todos os aforros.

Rapar a cabeza.

Saír correndo da escola.

2. Que farías se...?

Pregúntalle ao teu compañeiro e que el che pregunte a ti.

- Que farías se perdeses a tarxeta de crédito?

- Chamaría inmediatamente ao banco para que a anulasen.

Tócache o Gordo da lotería de Nadal.

Atópaste nun restaurante e, á hora de pagar, ves que non levas cartos.

Estás no estranxeiro e róubanche o bolso con todos os documentos.

Atópaste só nunha illa deserta.

Paseando pola rúa atopas o teu actor/actriz favorito/a.

Es un personaxe moi famoso.

Atopas no tren un maletín con cen mil euros.

No aeroporto de París dáste de conta de que perdiches o billete de volta.

Gobernas o mundo por un día.

Falas galego perfectamente.

Page 206: Celga 2 Agalip

06

EXPRESAR DESEXO E ESPERANZA

Para expresar desexo ou esperanza acostumamos

a usar:

Espero que + presente de subxuntivo

Espero que teñas sorte.

Gustaríame que + pretérito de subxuntivo

Gustaríame que non foses tan tímido.

Oxalá + presente de subxuntivo (exprésase

un desexo que ten probabilidade de realizarse)

Oxalá mañá gañe o Deportivo!

Oxalá + pretérito de subxuntivo (exprésase

un desexo que ten poucas ou ningunha posibili-

dade de realizarse)

Oxalá hoxe fose domingo!

OLLO!

Usamos a construción con infi nitivo cando temos

o mesmo suxeito real:

Gustaríame visitar a miña avoa.

A min eu

Usamos a construción con pretérito de subxun-

tivo cando temos suxeitos reais diferentes:

Gustaríame que ti visitases a miña avoa.

A min ti

3. Que che gustaría pedir se tiveses unha variña máxica? Expresa desexos xerais e persoais. Coméntaos cos teus compañeiros

O mundo

Gustaríame que rematase a fame no mundo.

Este verán espero que os meus pais me deixen ir a África de cooperante humanitario. Oxalá poida ir!

A casa A cidade

A saúde O traballo

A sociedade O futuro

Os transportes A familia

O diñeiro As vacacións

Page 207: Celga 2 Agalip

07

4.

Que consellos che parecen máis apropiados para unha primeira cita real despois dun coñecemento virtual?

1. É importante que sexas ti mesmo/a, non te disfraces.

2. É aconsellable que vaias limpo/a, aseado/a e sexas puntual.

3. É mellor que non fales do pasado.

4. É útil falar de asuntos persoais, pero con delicadeza.

5. Non é necesario que lle contes todo sobre as túas citas anteriores.

6. É recomendable que quededes nun sitio público e coñecido, nun terreo de ninguén.

7. É mellor non dicirlle que che gusta, espera a que outra persoa fale primeiro.

CONSELLOS E VALORACIÓNS

Usamos a construción con infi nitivo cando o consello que damos é xeral e non o

diriximos a ninguén en particular:

Adxectivo Infi nitivo

É necesario estudar moito para aprobar.

Paréceme importante chegar cedo a clase.

Usamos a construción QUE + subxuntivo cando nos referimos a un suxeito con-

creto:

Adxectivo Que + Subxuntivo

É necesario que estudes moito para aprobar o curso.

Paréceme importante que chegues cedo a clase.

A

Page 208: Celga 2 Agalip

08

En parellas, escollede un destes temas e escribide algúns consellos prácticos:

Consellos para saír dunha depresión.

Consellos para levarse ben cos veciños.

Consellos para ter éxito nunha entrevista de traballo.

Consellos para atopar mozo/a.

Consellos para comprar unha casa e non arruinarse.

Consellos para sacar á primeira o carné de conducir.

Consellos para ser feliz nunha relación de parella.

Consellos para manter un bo ambiente na clase.

Lédelle algúns consellos ao resto da clase, entre todos elixiredes os mellores.

B

C

Page 209: Celga 2 Agalip

09

Ortografía1. Algunhas destas palabras perderon a consoante h- Pónllela ás que a precisen, despois compara as respostas co teu compañeiro.

__ome __inchar __ermida ___ombro

__irmá __armonía __orfo ve__ículo

__orta __óso __erba __ovo

___aver __ola pro__ibir __umidade

__aí

2. Estas outras palabras perderon as consoantes –c- ou –cc-, intenta atopalas e despois compara as respostas co teu compa-

ñeiro.

calefa__ión xurisdi__ión di__ionario confe__ión

infe__ión produ__ión corre__ión contradi__ión

condu__ión rea__ión tradu__ión inxe__ión

cole__ión destru__ión contra___ión distra__ión

reprodu__ión

Page 210: Celga 2 Agalip

10

Galego en acciónO noso consultorio responde1. Que fas cando tes un problema?

- Chamo a un amigo.

- Non llo digo a ninguén.

- Escribo a unha revista.

- Cóntollelo a meus pais, á miña parella.

- Falo co meu avó.

...

2. Escoita as mensaxes que se gardaron no contestador automático do noso consultorio e responde:

a) Como se sente o mozo da primeira mensaxe?

Que consellos lle podes dar?

b) Por que se enfadou a muller da segunda mensaxe?

Por que non quere cortar a relación?

Que farías ti no seu caso?

3. E ti? Tiveches dúbidas en canto aos estudos ou ás relacións persoais?

Cal foi o mellor consello que che deron?

Page 211: Celga 2 Agalip

11

Contido sociocultural1. Le este texto sobre a avoa blogueira.

A avoa blogueira de Muxía gaña o BOB á mellor bitácora en español

‘Aos meus 95’

María Amelia, a avoa blogueira de Muxía, é a gañadora deste ano do premio

BOB á mellor bitácora en español. Aos seus 95 anos, é unha das blogueiras

máis anciás do mundo, e a bitácora dende a que amosa as súas lembranzas

e a súa visión do mundo conquistou este ano un dos premios internacio-

nais de blogues da Deutsche Welle.

A bitácora da avoa de Muxía foi seleccionada por un xurado de entre unha

lista con dez candidatos que foran votados previamente polos internautas.

O xurado destacou do blogue “o impulso que supón para outras persoas

maiores para entrar neste medio de comunicación”.

O blogue de María Amelia botou a andar o pasado 23 de decembro, o mesmo día que cumpría 95 anos. Segundo relata na

bitácora, “o meu neto como é cutre regaloume un blogue”. Dende daquela, a avoa dita e o neto teclea e o ritmo de actualiza-

ción é constante, igual que o ritmo ao que medran os seguidores desta avoa da blogosfera. Despois de saír como a blogueira

máis anciá en numerosos medios de comunicación, a popularidade desta muxiá foi en ascenso e a súa bitácora bate marcas

de comentarios e visitas dende todos os recantos do mundo.

Texto adaptado de http://www.xeracion.com (19/11/2007)

.

ndomu

Page 212: Celga 2 Agalip

12

2. Le tamén este fragmento do blogue de María Amelia.

O que se sabe con este Internet, o que se aprende (...) Para que queredes poñer cousas feas tendo cousas tan bonitas. E non

tacos, insultos... Que gañades con insultar? (...) A min gústame Internet e eu esas palabras non as vexo. Nin as quero ver. Pero

podedes aprender moitas cousas. Fíxate, eu agora coñecín nacións que non pisara na miña vida. E xa sei como viven, que po-

lítica teñen, que relixión, que idioma falan...

E despois, se queredes saber onde están os países, poñedes os mapas todos, que eu, ás veces, escríbenme e quero saber que país

é, e anda, un mapa. E así vaise instruíndo un. Si, podedes aprender moito.

E vós, neniños de 13, 14, 15, 18, 22, estádesme escribindo, que vos conte, que vos conte... se tedes Internet, Internet fálavos

de todo. Mira, na miña vellez, non sabedes as cousas que eu aprendín de Internet... E iso que hoxe estou esgotada porque foi

moito (...) Moitas entrevistas e, claro, a min non me gusta dicir que non (...) Tamén me ofrecían unhas cousas para gañar eu.

Iso que signifi ca? Non. Eu non me puxen nisto de Internet para gañar. Para ter amigos e falar, tres ou catro ou cinco ou seis.

Pero agora son miles e miles...

Texto adaptado de http://amis95.blogspot.com/ (21/11/2007)

3. Que consellos dá a autora do blogue nesta páxina?

Daríaslle algún consello a María Amelia, por gañar o premio BOB.

Que farías ti se gañases un premio?

Escribiches en Internet algunha vez para aconsellar a alguén?

O q

s e mil

Page 213: Celga 2 Agalip

13

Modelo actividade Celga1. Antes de ler o texto, pensa que fas ti nestas ocasións e pregúntalle ao teu compañeiro:

a) Que fas cando a principios de mes tes diñeiro de sobra?

b) Que fas se che tocan uns cartiños na lotería?

c) Que fas cando estás deprimido?

d) Que fas se paseas por unha zona comercial e levas contigo a tarxeta de crédito?

2. Le o texto.

Mesma calidade a menor prezo

Rebaixas

Convén planifi car ben as compras e saber cando chegou o momento de deixar de mercar. Resulta difícil resistirse ás rebaixas,

especialmente nunhas datas nas que todo son reclamos para caer na tentación da compra, pero hai que evitar un consumo

descontrolado e sen planifi car para que o peto non se resinta. As rebaixas, ben aproveitadas, pódennos servir tamén para ad-

quirir, con importantes descontos, produtos que doutro xeito resultan inalcanzables. Para evitar desfeitas, convén planifi car

ben as compras e saber cando chegou o momento de deixar de mercar.

Planifi que a compra

• Faga unha lista dos artigos que realmente precisa e fi xe a cantidade máxima que quere gastar. Teña en conta as ne-

cesidades do seu fogar (enxoval, electrodomésticos...), as persoais e as familiares (roupa, calzado, complementos...). Evitará

gastar máis da conta e adquirir cousas que axiña deixará de usar.

• Non se deixe levar polas présas. O apuro e os empurróns dos primeiros días das rebaixas pódeno levar a mercar de xeito

impulsivo. Compare prezos en varios establecementos.

• Lembre que as rebaixas non poden ter unha duración inferior aos quince días nin superior aos dous meses e

que os produtos que se ofertan en rebaixas deben estar durante un mes, como mínimo, expostos nas tendas. Desconfíe dos

establecementos que cambian os artigos dos seus escaparates para as rebaixas.

Page 214: Celga 2 Agalip

14

Igual produto e garantías

• As rebaixas deben contar coas mesmas garantías e coas mesmas políticas para cambios e devolucións –sempre e

cando non se usase o produto- cós artigos adquiridos antes deste período.

• Os produtos rebaixados deben ofrecer igual calidade a menor prezo. Deben ser artigos de tempada e en perfectas

condicións. Rexeite os artigos que non indiquen as debidas condicións sanitarias, os que se atopan en mal estado ou os que

incumpran as medidas de seguridade.

• É obrigatorio que nas etiquetas apareza o dobre prezo (o antigo e o rebaixado) ou ben a porcentaxe de rebaixa

(adóitase aplicar un desconto mínimo do 20% sobre o prezo de tempada alta e, xeralmente, o desconto aumenta progre-

sivamente).

• Asegúrese de que a etiquetaxe é correcta e lexible en galego, castelán ou outra lingua ofi cial do Estado. No caso da

roupa, a etiqueta debe incluír instrucións sobre como lavala e pasarlle o ferro e informar dos materiais de confección e dos

datos da empresa fabricante (co país de manufactura).

Devolucións, arranxos, tarxetas...

• Se un establecemento admite devolucións durante toda a tempada, tamén deberá facelo en época de rebaixas. De non

ser así, deberá advertilo explicitamente (mediante letreiros, por exemplo).

• No caso de amaños de pezas (acurtar a perneira ou as mangas, estreitar a cintura...) acontece o mesmo. Se son gratuítos

durante a tempada pero se cobran en época de rebaixas, o establecemento tamén o deberá advertir.

• Os establecementos que admiten o pagamento con tarxetas de crédito durante o resto do ano están obrigados a

admitilos tamén en época de rebaixas, sen recarga sobre o prezo.

Mesmos dereitos

• Garde sempre o tícket da compra. A súa presentación é imprescindible á hora de efectuar calquera cambio ou devo-

lución.

• Se merca un electrodoméstico, esixa que lle dean o mesmo período de garantía que ten o artigo co seu prezo normal.

Comprobe que toda a documentación está selada e en regra.

• En rebaixas, os consumidores temos os mesmos dereitos ca en calquera outro momento. Se cre que algún comercio

non respectou os seus dereitos como consumidor, esixa a folla de reclamacións e intente resolver o problema de xeito ami-

gable. Tamén se pode dirixir á Ofi cina Municipal de Información ao Consumidor, ao Servizo de Consumo da súa comunidade

autónoma ou a calquera asociación de consumidores.

Texto adaptado de http://revista.consumer.es/web/ga/

Page 215: Celga 2 Agalip

15

3. En parellas.

Pregúntalle ao teu compañeiro:

a) No texto aconséllanche ir ás rebaixas os primeiros días e a correr?

b) Canto pode durar o período de rebaixas?

c) Que pasa cos produtos de tempadas pasadas?

d) Podes cambiar ou devolver un produto rebaixado? Que necesitas presentar no establecemento?

b) Que debe aparecer nas etiquetas dos produtos rebaixados?

d) Que podes facer en período de rebaixas se comprases un produto defectuoso?

Agora respóndelle ao teu compañeiro:

a) Segundo o texto, por que pode ser benefi cioso comprar nas rebaixas?

b) Que se aconsella ante as aglomeracións?

c) Pódenche arranxar unha peza de roupa en época de rebaixas?

d) Con que formas de pago podes contar durante as rebaixas?

e) Se comprases un produto en época de rebaixas, que garantías terías?

4. O teu compañeiro de piso chega á casa moi contento por comprar un traxe nas rebaixas e ti descobres que ten un defecto. Entre

os dous, decidides facer unha reclamación por escrito. (Lembra que na unidade 8 tes un modelo de folla de reclamación). Tamén

podedes empregar como argumentos os datos que aparecen no texto que acabades de ler.

A

B

Page 216: Celga 2 Agalip

16

Repaso1. Que lles desexas ou aconsellas a...

Ana é moi tímida e fala pouco coa xente.

Gustaríame que Ana fose máis extravertida e que falase un pouco máis.

Laura ve moito a tele e está pouco cos seus amigos.

_________________________________________________________________.

Xoán é un egoísta e non pensa nada nos demais.

_________________________________________________________________.

Sabela caeu polas escaleiras e rompeu unha perna.

_________________________________________________________________.

Os teus pais teñen poucos días de vacacións e non poden ir á praia.

_________________________________________________________________.

Carme espertou esta mañá con dor de moas.

_________________________________________________________________.

O teu marido traballa moito e volve moi tarde á casa.

_________________________________________________________________.

Ricardo é moi preguiceiro, non estuda case nada.

_________________________________________________________________.

A María roubáronlle o bolso no autobús esta mañá.

_________________________________________________________________.

Page 217: Celga 2 Agalip

17

2.

Completa cos verbos no tempo axeitado e faille as preguntas ao teu compañeiro e toma nota das súas respostas. Invertede os

papeis.

Que farías se...

a) ______________ (gañar) 50 millóns de euros na lotería?

b) ______________ (ter) que cambiar de profesión?

c) ______________ a relación coa túa parella (ir) ______________ mal?

d) ______________ (ter) moito tempo libre?

e) ______________ (ser) presidente dunha gran multinacional?

f) ______________ (suspender) un exame moi importante?

g) ______________ (perder) o traballo e ______________ (quedar) sen diñeiro?

Como cres que é o teu compañeiro?

Daríaslle algún consello?

E el que opina de ti?

A

B

Page 218: Celga 2 Agalip

18

Porfolio1. Le estes textos e sinala en cada un deles os catro consellos que che parecen máis importantes.

2. Compara as túas opinións coas do teu compañeiro/a e elixide os mellores consellos de cada texto.

Eu creo que é moi importante que o xefe respecte os seus empregados...

3. En grupos, escribide un manual para unha destas relacións:

profesor / alumno perfecto

noivo/a perfecto/a ou marido perfecto / muller perfecta

fi llo/a perfecto/a / pais perfectos

Manual do traballador perfecto

Coida o teu aspecto e o do teu posto de tra-1.

ballo.

Sé puntual.2.

Aproveita ao máximo o tempo no traballo.3.

Distingue entre a crítica razoada e ser nega-4.

tivo por sistema.

Toma iniciativas, pero pide axuda cando a 5.

necesites.

Mantén bo ambiente de traballo tanto no 6.

persoal coma no profesional.

Coida o material de traballo.7.

Non sexas arribista.8.

Preocúpate pola túa formación.9.

Non lle fagas a pelota ao xefe.10.

Manual do xefe perfecto

Dirixe o traballo con fi rmeza, pero non a 1.

berros.

Respecta os teus empregados.2.

Lembra que as reprimendas son contrapro-3.

ducentes.

Non te apropies do éxito dos teus subordi-4.

nados.

Transmite os teus coñecementos.5.

Respecta a vida privada e a intimidade dos 6.

que traballan contigo.

Fai que os teus empregados se sintan como 7.

parte dun equipo.

Non perdas os nervios.8.

Eloxia en público e corrixe en privado.9.

Non esquezas a cesta de Nadal.10.

Page 219: Celga 2 Agalip

19

Que sei facer?

Pedir e ofrecer consellos e recomendacións

Analizar comportamentos e situacións

Expresar condicións

Expresar desexo e esperanza

Usar o pretérito de subxuntivo

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 220: Celga 2 Agalip

20

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria. Conversa entre dous mozos.

LUCAS: Se chama Raquel, dille que non estou.

MARÍA: E logo, que che pasou con ela?

LUCAS: Nada, pero hoxe non quero falar.

MARÍA: E se chamase Luísa?

LUCAS: Non creo que chame pero, se chamase Luísa, falaría encantado con ela.

MARÍA: Ah, que pillabán, para unhas estás e para outras non!

LUCAS: Eu teño os meus motivos.

MARÍA: Pois se queres un consello, é mellor que esteas para todas ou para ningunha, non vaia ser que te collan nunha

mentira.

LUCAS: Non estou hoxe para moitos consellos.

MARÍA: Pois é necesario que medres un pouco, que xa non es ningún neno.

LUCAS: Xa sei, xa sei, tes razón.

MARÍA: E gustaríame que saíses algunha vez con Raquel, é boa moza e a min cáeme moi ben.

LUCAS: Pensareino, pero hoxe se chama, mellor dille que aínda non cheguei.

MARÍA: Vale, ríndome.

LUCAS: Se non me chamase ningunha, sairía contigo...

MARÍA: Ja, ja, ja...

2. Galego en acción. Mensaxes que se gardaron no contestador automático do consultorio.

Non sei que estudar. Cando era neno soñaba con ser arquitecto, imaxinaba a miña cidade con edifi cios novos, centros

modernos... Deime conta de que era moi creativo, así que decidín estudar arquitectura. Pero agora teño as miñas dúbidas,

cando vexo un médico penso en estudar medicina e outras veces dáme gana de estudar informática porque me interesan

os ordenadores. Necesito un consello. Moitas grazas.

Page 221: Celga 2 Agalip

21

Hai un mes enfadeime co meu mozo porque me parecía moi egoísta. Deixei de chamalo e non respondo ás súas chamadas.

Hai uns días chamoume el para quedar e tomar algo e eu díxenlle que non podía ir ese día e púxenlle unha escusa. O caso é

que non sei que facer porque é unha persoa á que eu quería moito, pero non se preocupaba moito polos meus problemas.

Non estou segura de querer continuar esa relación. Por outro lado, dáme pena cortar unha relación de tantos anos. Que

fago?

Page 222: Celga 2 Agalip

01

Page 223: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como referir informacións, propostas e peticións formuladas por outras persoas

Como escribir cartas e mensaxes

Coñecemento do código

Construción do estilo indirecto

Fórmulas de correspondencia

Cartas e correos electrónicos

Maiúsculas e minúsculas

Obxectivos

Page 224: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

Ricardo e Paula son compañeiros de piso. Cando chega Ricardo á casa, Paula dálle unha mensaxe e algúns consellos.

Escoita e responde:

Por que está Uxía enfadada?

Deixoulle algún recado Uxía a Paula?

Sabe Paula o prezo do curso de natación?

Quen pode informar a Ricardo sobre o prezo do curso?

Irá Paula ao curso de natación?

E ti? Perdiches algunha oportunidade por non escoitar unha mensaxe a tempo?

Page 225: Celga 2 Agalip

04

Gramática e léxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

ESTILO INDIRECTO

Úsase para referir ou contar frases pronunciadas por alguén.

Se se transmite unha información, úsase QUE+indicativo:

Paula: Non podo ir á piscina.

Paula di que non pode ir á piscina.

Se se transmite unha orde, consello ou petición, úsase QUE+subxuntivo:

Uxía: Vai axiña informarte sobre os cursos!

Uxía di que vaias axiña informarte sobre os cursos.

Se o verbo introdutor está en pretérito imperfecto ou indefi nido, a oración de estilo indirecto leva o verbo

en pretérito imperfecto de subxuntivo:

Pedro: Anda amodo.

Pedro díxolle que andase amodo.

Se se transmite unha pregunta úsase o indicativo (introducido por se, que, onde, cando, por que,

canto...):

Raquel: Gústache ler?

Onde compraches eses libros?

Raquel preguntoume se me gustaba ler.

Preguntoume onde comprara estes libros.

Page 226: Celga 2 Agalip

05

1. Recados.

Os empregados da túa ofi cina saen tomar café, quedas ti, que es o/a secretario/a, para responder ao teléfono.

Escoita e transmítelles os recados que recibiches.

Recado para Carlos Taboada

Chamou a súa mai

Dixo que a chamase antes da tarde que é moi urxente

Recado para ___________________________________________________

Chamou ______________________________________________________

Dixo que ______________________________________________________

Recado para ___________________________________________________

Chamou ______________________________________________________

Dixo que ______________________________________________________

Recado para ___________________________________________________

Chamou ______________________________________________________

Dixo que ______________________________________________________

Recado para ___________________________________________________

Chamou ______________________________________________________

Dixo que ______________________________________________________

Page 227: Celga 2 Agalip

06

A

B

Importaríalle non aparcar o seu coche tan pegado ao meu?

Teño serios problemas para poder entrar no meu! Grazas

Papá: Vou á cama e mamá di que che pregunte a ti. Podo durmir mañá na casa de Ana?

Xela

Rafa:Non queda comida para o

gato!

Deixei a miña parte do

diñeiro para o alugamento

no salón.

Vémonos o domingo.

Xoán

Xabier, sube ao despacho

do director e lévalle os

últimos informes.

É urxente.

Gloria

2. Notas.

Le estas mensaxes.

Cal cres que é a situación e o propósito de cada unha delas?

Escolle dúas das mensaxes anteriores e cóntalle ao teu compañeiro o contido destas. El terá que facer o mesmo coas dúas

restantes.

Page 228: Celga 2 Agalip

07

Redacta notas cos seguintes datos:

Sara lémbralle ao seu marido Rafael que non se esqueza de sacar diñeiro do banco para pagar o alugamento, 1.

porque o caseiro pasa cobrar ás 8 da tarde.

O presidente da comunidade de veciños convócaos a unha reunión urxente porque houbo unha rotura nos 2.

radiadores das últimas plantas e cómpre revisar con urxencia todos os pisos. Terán que deixarlles as chaves aos

porteiros.

Precisas con urxencia un libro que lle prestaches ao teu compañeiro de piso, ao que non podes ver durante toda 3.

a semana por horarios de traballo.

3. Cartas.

C

CARTA PERSOAL

I. Encabezamento:

Lugar e data.

Saúdo.

II. Contido ou corpo:

Mensaxe que se quere transmitir, asunto da carta.

III. Pé ou fi nal:

Despedida.

Sinatura (sempre á man).

P.D. (posdata) ou nota para engadir algo tras a sinatura.

Page 229: Celga 2 Agalip

08

Marca na seguinte carta persoal os puntos desta.A

Bos Aires, 7 de decembro de 2007

Querida avoa:

Escríboche desde Bos Aires a onde cheguei hai unha semana.

A viaxe foi boa, aínda que un pouco longa. No aeroporto estábanme esperando Sara e Manuel. É unha

cidade preciosa, tiñan razón os tíos cando falaban dela. Onte estiven ceando no Centro Gallego e

a acollida foi fantástica.

Aquí estamos gozando dun verán caloroso pero lévase ben, non pases ti moito frío aí e cóidate moito.

Un biquiño moi moi grande da túa neta,

Carme

P.D. Se ves a Rosa dille que me escriba.

Estilo familiar, para amigos

e coñecidos

FÓRMULAS NA CORRESPONDENCIA

ENCABEZAMENTO

Querido Pepe:Querido/a amigo/a:Ola María!Benquerido/a amigo/a:

BicosUnha forte apertaRecordos a...Sempre teu/túa

Estilo cordial, para coñeci-

dos ou descoñecidos

Estimado colega:Apreciado/a amigo/a:Respectable señor/a:

Cos mellores desexosUn cordial saúdoAfectuosamenteSaúdos a...

Estilo distante, para

descoñecidos

Distinguido cliente:Moi señor meu:

Saúdao atentamenteSen outro particularQueda ao seu dispor

DESPEDIDA

Page 230: Celga 2 Agalip

09

Le esta carta.

Imaxina que es Tareixa. Pasou unha semana e Xabier non te chamou.

Escríbelle unha carta ao inspector Soutullo:

Coida a forma: presentación, motivo da carta, despedida.

Solicita información que precises: cita para atoparvos, recado do teu irmán...

B

Querida Tareixa:

Desculpa que só che escriba unhas liñas apresuradas e non unha carta máis extensa, como segura-

mente agardarías. Hache estrañar que non che conte nada das miñas andainas durante as últimas

semanas, pero corre máis présa o que che quero dicir. Ben sabes que es a única persoa do mundo na que

podo confiar enteiramente; por iso recorro a ti agora, para facerche dúas peticións [...]

A primeira petición é que, por nada do mundo, abras o sobre que acompaña esta nota [...]

A miña segunda petición vaiche estrañar, pero ben sabes que non cha faría se non o considerase ne-

cesario. Se ves que, unha semana despois de recibires esta carta, eu aínda non me puxen en contacto

telefónico contigo, escríbelle ao inspector Soutullo á Comisaría Central de Vigo. Cóntalle que es a

miña irmá e entrégalle o sobre que che mando [...] Pídoche que non abras o sobre, pero non che podo

impedir que, se chegas a verte obrigada a entregarllo a Soutullo, ti tamén coñezas o seu contido.

[...] Quizais daquela entendas por que, nestas horas finais, a angustia e o medo volven percorrer

incesantemente todo o meu corpo.

Adeus, querida irmá. Recibe a aperta máis forte do mundo, e oxalá non sexa a derradeira que nos

deamos.

Xabier

Texto adaptado de Agustín Fernández, Cartas de inverno, Edicións Xerais, 2007, pp. 13-16

Page 231: Celga 2 Agalip

10

CARTA COMERCIAL

I. Encabezamento:

1. Nome e enderezo do remitente

(na parte superior esquerda, ou impreso no papel, na cabeceira)

2. Nome e enderezo do destinatario

(na parte superior dereita)

3. Lugar e data

(se vai impreso na cabeceira non hai que repetilo)

4. Asunto ou referencia

5. Fórmula de cortesía

II. Contido ou corpo:

Exposición do asunto, xestións que se van realizar...

III. Pé ou fi nal:

Despedida.

Sinatura (sempre á man e con selo da empresa).

P.D. (postdata) ou nota para engadir algo tras a sinatura.

Page 232: Celga 2 Agalip

11

IMPRENTA ESCRIBEMÁIS

Preguntoiro 223

15075 Santiago de Compostela

Tel.: 981 30035662

PAPELERÍA TINTEIRO

Paseo Marítimo, 50

36600 Cambados

Pontevedra

Referencia: NLR/CA

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2007

Distinguidos clientes:

O motivo da nosa carta é lembrarlles que ata a data de hoxe non fi xeron efectivo o pago

da factura n.º 444, que tiña que efectuarse por transferencia bancaria. Estamos seguros de

que este atraso se debe a un erro involuntario do seu Departamento de Contabilidade.

Esperamos que ingresen o importe o antes posible. Non dubiden en poñerse en contacto

con nós para calquera cuestión. Se cando reciban esta carta xa efectuaron o pago, rogá-

moslles que non a teñan en consideración.

Quedamos á espera das súas noticias.

Atentamente,

Miguel Vilariño

Xerente

Nome e enderezo do remitente.

Nome e enderezo do destinatario.

Lugar e data.

Asunto ou referencia.

Fórmula de cortesía.

Despedida.

Sinatura e cargo.

Contido ou corpo.

Page 233: Celga 2 Agalip

12

O teu fi llo estivo trebellando no ordenador. Intenta recompoñer a carta comercial que ti escribiras antes.C

MODAS Á ÚLTIMA

Praza de España, 10

27500 Lugo

Tel.: 982 1003322

Estimada señora Aguirre:

Rogamos especifi quen todo o que se refi re aos prazos de entrega e formas de pago.

Sr. Francisca Aguirre

DESEÑO GRÁFICO, S.A.

Avda. da Burgas, 100

29005 Ourense

Asunto: petición de catálogo, prezos e condicións

Agradeceríalle que nos enviase, coa maior brevidade posible, un catálogo detallado coa lista de pre-

zos dos seus servizos de deseño gráfi co. Temos a intención de renovar o noso material de papelería,

destinado á correspondencia cos nosos clientes e estamos estudando a posibilidade de encargarlles a

realización dun novo logotipo.

Xefa de Marketing

Pilar Reboiro

Esperando as súas noticias, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente.

Lugo, 3 de decembro de 2007

Page 234: Celga 2 Agalip

13

4. Mensaxes de móbil.

Le as seguintes normas para mensaxes de teléfono móbil:

Normas básicas de mensaxes de móbil

Non hai artigos

Non hai tiles

A sílaba es- de inicio de palabra é s-

A conxunción que é q

Envíalle estas mensaxes codifi cadas ao teu compañeiro, el terá que descifralas e responderche.

Stou n1 reunión d trbllo. Nn vou cear. Bmons dspos n bar d abaix? Manuel

Akb d atrrar. Bxote en 15 mn. Susana

Pdrias cmprar pan q sqcin e nn hai?

Entendiches ti as súas respostas?

A

B

C

Page 235: Celga 2 Agalip

14

A

5. Correos electrónicos.

Le as seguintes informacións sobre o documental Fronteiras.

O festival de cinema Cineuropa de Santiago de Compostela, que este ano

celebra a súa XXI edición, incluirá Fronteiras, de Rubén Pardiñas, na súa pro-

gramación. Do 6 de novembro ao 3 de decembro, poderás ver en Santiago

case cen películas: os principais premios e fi lmes dos diferentes festivais in-

ternacionais celebrados ao longo desta tempada. A proxección de Fronteiras

terá lugar o martes 27 de novembro ás 20:00 horas, no auditorio da Aula

Sociocultural Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde, 18) Prezo: 3 euros.

Texto adaptado de http://fronteiras.blog.com/

Page 236: Celga 2 Agalip

15

O documental, escrito e dirixido por Rubén Pardiñas, trata sobre as fronteiras sociolingüísticas de Galicia no

Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. Aparecen declaracións de políticos, de

escritores e fi lólogos.

O fi lme inclúe entrevistas aos habitantes de vilas e aldeas como Vilafranca do Bierzo (León), Ibias (Asturias) ou

Castro Laboreiro (Portugal).

A cuestión central que Fronteiras presenta é que aínda que as fronteiras administrativas xa están fi xadas e

poucos as discuten, os límites culturais son difusos e están no centro do debate, tanto para os intelectuais

como para a xente que vive entre dúas terras.

Texto adaptado de http://cineuropa.compostelacultura.org/

Escríbelle un correo electrónico ao teu compañeiro invitándoo a ver o documental contigo. Lembra as fórmulas na correspon-

dencia que vimos antes.

O teu compañeiro enviarache outro correo electrónico ou un sms coa resposta.

B

C

Page 237: Celga 2 Agalip

16

Ortografía

MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

Escríbese inicial maiúscula nos seguintes casos:

a) Ao comezo do escrito, despois de punto e seguido, de punto e á parte e doutros signos (admiración,

interrogación e puntos suspensivos) cando equivalen a punto.

b) Nos nomes propios e alcumes: Lucía, Monterroso, o Milfollas.

O artigo inicial dos nomes das localidades escríbese con maiúscula: A Coruña.

Pero os das rexións non: a Mancha.

c) Nas formas abreviadas de tratamento: Dra., Dr., D.ª, Vde.

d) Na primeira palabra dos títulos de obras literarias e artísticas: Follas novas. Os títulos das publicacións

periódicas: A Nosa Terra, Galicia Hoxe.

e) En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras enti-

dades formalmente constituídas: Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega.

As siglas escríbense normalmente en caracteres maiúsculos: ONU, DOG.

OLLO! As maiúsculas tamén levan acento gráfi co.

Escríbese con minúscula:

a) Os nomes dos meses, as estacións do ano, os días da semana: marzo, primavera, sábado.

b) Os xentilicios: cidade coruñesa.

c) As medidas, completas ou abreviadas: 5 metros, 5 m.

d) Os tratamentos cando non van escritos con abreviaturas: señor, don, ilustrísimo señor.

Page 238: Celga 2 Agalip

17

persoal da consellería de cultura fomentará a protección do camiño de santiago

o camiño de santiago é un dos principais bens do patrimonio cultural gale-

go. para garantir a súa conservación e protección, A consellería de cultura e

Deporte organizará charlas para mellorar o coñecemento das súas Normas de

protección naqueles concellos polos que pasa o camiño de santiago francés.

o director xeral de patrimonio cultural, felipe arias, Presentou hoxe na casa

de cultura de sarria o programa destas xornadas xunto coa subdirectora de

protección da cidade e camiños de santiago, teresa nieto; E o alcalde da vila e

presidente da mancomunidade de municipios galegos do camiño francés, claudio garrido [...].

as charlas van ser impartidas por arquitectas da dirección xeral de patrimonio cultural nos concellos de sarria, samos, monte-

rroso, paradela, portomarín, melide, palas De rei, pedrafi ta, arzúa, triacastela e o pino.

Texto adaptado de http://www.galicia-hoxe.com - 28/11/2007

.

pino.

Entrou un virus no ordenador e confundíronse maiúsculas e minúsculas. Intenta solucionar o problema.

Page 239: Celga 2 Agalip

18

Galego en acciónCarta formal1. Imaxina que es un guía turístico e que tes que levar un grupo de turistas visitar o Museo do Pobo Galego.

Antes de ir, escríbelle unha carta ou correo electrónico ao museo para organizar a visita dun grupo de 15 persoas

a) Solicita información sobre:

Horarios

Prezo para grupos e posibles descontos

Aparcadoiro cerca do museo

Exposicións

Uso de cámaras de foto e vídeo

b) Organiza a carta

Presentación

Explica cal é o motivo da carta

Solicita a información que necesitas (horarios, prezo...)

Despedida

Page 240: Celga 2 Agalip

19

Contido socioculturalA correspondencia na literaturaNa literatura aparecen refl ectidas as formas de correspondencia, pasamos das cartas manuscritas ao uso das novas tecnoloxías.

Lede este texto, fi xádevos cando foi escrito.

Leliño, amigo:

Aínda que xa hai tres anos que te fuches, penso que debes lembrarte de min. Ou non? Cavila un chisco; remexe na

chola. Son Toño de Loureiro, o Peilao. Xa caíches? (Ese alcume de Peilao, séntame coma un baloco, pero dígocho para

que te decates axiña de quen son).

Pois é. O Balbino xa sabes que anda a servir dende que lle arreou un croiazo ao Manolito. É un rapaz caviloso e de

poucas falas. Hai algúns días veu á casa. Eu atopeino na beira do río e estivemos un anaco dándolle ao peteiro. Fa-

loume de ti. Díxome que vos escribides e amosoume dúas cartas túas, por certo moi paveras niso que dis do entroido

toleirón do Brasil.

Dende que me atopei co Balbino ándame a proer unha idea no miolo. A idea de que ti e mais eu nos escribamos

tamén. Balbino deume o teu enderezo e aquí estou coa primeira carta.

Anda, non recúes. Escríbeme. Eu fareino seguido, contándoche un feito de cousas de por aquí.

Apertas,

Toño.

Texto adaptado de Xosé Neira Vilas, Cartas a Lelo, Ed. Castro, 1978 (3ª ed.), p. 9-10 (1ª ed. 1971)

Page 241: Celga 2 Agalip

20

Que prefi res ti á hora de escribirlle a alguén? Pregúntalle ao teu compañeiro e comentádeo co resto da clase.

En que ocasións escribes unha carta á man?

Cando mandas un correo electrónico? E un sms?

Deixas mensaxes á man?

Chateas?

Page 242: Celga 2 Agalip

21

Modelo actividade CelgaLingua de amor1. En internet atopaches unha declaración e información sobre o concurso Lingua de amor, pero houbo un erro informático e só

tes a metade da información.

Le a información que aparece na páxina web e fíxate nas bases do concurso.

ALUMNO A

A

Lingua de amor

PresentaciónConcurso de mensaxes na rede: Declaracións de amor en galego. O amor na túa lingua.

Con motivo do Día das Letras Galegas e o Día Internacional da Internet, presentámosvos este concurso que interrelaciona as novas tecnoloxías e a lingua galega.

Pretendemos vincular as mozas e mozos de Galicia co seu idioma e incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para as actividades de lecer e momentos de diversión, o galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, facer amigos e, por que non?, tamén para formar parellas!

Un dos obxectivos do concurso é conquistar novos ámbitos de uso para o galego: internet, o correo electrónico ou os chats son espazos de comunicación nos que os mozos e mozas empregan o castelán como lingua habitual. Pretendemos con este concurso dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos.

Outro obxectivo é relacionar o galego coas formas de diversión xuvenil e potenciar os seus valores como unha lingua próxima, útil e moderna. A normalización da lingua galega en moitas ocasións céntrase en contextos institucionais que non chegan á mocidade dun xeito atractivo.

BasesO concurso Lingua de amor consiste na elaboración dunha mensaxe que conteña unha declaración de amor en lingua 1. galega.Este concurso organízao o Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.2. Poderán participar todos os mozos e mozas de entre 14 e 34 anos.3. Todas as declaracións de amor que se envíen deberán estar escritas en lingua galega.4. A temática das mensaxes será amorosa e poderán estar escritas en prosa ou en verso.5.

Page 243: Celga 2 Agalip

22

ALUMNO B

Texto adaptado de http://www.cxg.org/linguadeamor

Intenta co teu compañeiro obter toda a información necesaria sobre o concurso. Facédevos as preguntas necesarias.

En que consiste o concurso? Quen organiza o concurso?

Quen pode participar? Como deben ser as mensaxes?

Cantas mensaxes podo enviar? Cando é a data límite?

Que premios hai?

Terase en conta o grao de elaboración e a orixinalidade. Todas as declaracións deberán ser inéditas.6. A extensión máxima da mensaxe é de 500 caracteres, incluídos os espazos en branco. As mensaxes que excedan 7. esta extensión quedarán fóra do concurso.As declaracións de amor que participen neste concurso deberán redactarse, xunto cos datos persoais dos concursan-8. tes, no formulario que aparece na seguinte páxina.Establecerase un máximo de dúas mensaxes por concursante.9. A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008. As mensaxes que se reciban despois deste día 10. non entrarán no concurso.O xurado do concurso estará composto polo presidente do CXG, a secretaria do Consello da Cultura Galega, dous 11. representantes de empresas colaboradoras e o técnico do Servizo de Normalización Lingüística.Os resultados faranse públicos o 19 de maio de 2008 na web do Consello www.cxg.org. Contactarase cos gañadores 12. a través do teléfono.Haberá unha entrega de premios o sábado 24 de maio de 2008 ás 18:00 na sede do Consello da Cultura Galega.13. Os premios serán os seguintes:14.

1.º Videocámara Mini DV Simisung VPD333 + lote de libros en galego2.º Cámara Sonio PSDCN999 + lote de libros en galego3.º MP4 Green:Sens 1888 + lote de libros en galego

Todos os/as participantes recibirán un agasallo por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística.15. A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.16. A organización resérvase o dereito de modifi car e interpretar as normas deste concurso, sempre e cando sexa nece-17. sario para o seu bo desenvolvemento.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Consello da Xuventude de Galicia.Colaboran: Consello da Cultura Galega, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, TekhnoWeb Electrodomés-ticos, Librería Lemosmáis.

B

Page 244: Celga 2 Agalip

23

2. Entre os dous intentade crear unha mensaxe para participar no concurso. Aquí tedes a gañadora do ano pasado.

Por seres ti

Polos zumes de laranxa e pomelo que me fas cada mañá. Por

deixarme que poña a Morrissey 26 horas ao día. Por non te rires da

miña manía de poñer sempre o mesmo calcetín no mesmo pé. Por

aturar as miñas arroutadas cun sorriso. Polos bicos que curan a

resaca. Por seres o que máis me gusta de min. Porque non cho dixen

no seu momento. Quérote.

Rebeca Silva, Gañadora do 1.º premio, 2007

Lingua de amor

Nome:

Apelidos:

Idade:

DNI:

Enderezo:

CP:

Concello:

Correo electrónico:

Móbil:

Declaración de amor:

Page 245: Celga 2 Agalip

1. En parellas. Aquí tedes algunhas mensaxes de móbil.

Alumno A. Escolle dúas mensaxes para enviarlle ao teu compañeiro, el terá que reescribilas e responderche.

Alumno B. Escolle outras dúas mensaxes para enviarlle ao teu compañeiro, a el correspóndelle descifralas e responderche.

2. Co teu compañeiro, inventade novas mensaxes, enviádeas e respondédeas.

3. Onte falaches con estas persoas. Cóntalle ao teu compañeiro que che dixeron.

Onte vin a Olalla, díxome que fose o domingo á súa nova casa, que fan unha festa.

24

Repaso

Qdams sta tarde pro cine?

Onde te mets? Contsta. Bks

Xq nn qdams maña ?

Spero k chegars ben. Xq nn chams? Coidte.

OLALLA: “Tes algo que facer mañá domingo? Pepe e mais eu imos facer unha festa para celebrar que cambiamos de casa, non faltes!”.

CARME: “Apunteime a un curso de Pilates e estou encantada“.

Sra. ROSA: “Como lle vai a Marta? Segue saíndo con Gabriel?”.

GONZALO: “Devólveme o libro de matemáticas, necesítoo para rematar o traballo esta fi n de semana“.

Page 246: Celga 2 Agalip

25

PorfolioEs un adicto a internet?1. É o teu compañeiro un adicto a internet?

Faille preguntas e toma nota das súas respostas.

1. Desde cando usas internet?

Uso internet desde que...

2. Cantas horas ao día estás conectado a internet?

________________________________________________________

3. Conéctaste pola mañá, pola tarde ou pola noite?

________________________________________________________

4. Desde cando usas o correo electrónico?

________________________________________________________

5. Compras por internet? Desde cando?

________________________________________________________

6. Canto tempo hai que chateas?

________________________________________________________

7. Con que frecuencia les o periódico en internet?

________________________________________________________

Page 247: Celga 2 Agalip

26

2. Tendo en conta as respostas do teu compañeiro, cal destes provedores de internet lle recomendas? Por que?

Eu recoméndoche que contrates...

3. Cóntalle ao resto da clase a relación do teu compañeiro con internet e que provedor lle recomendaches.

O meu compañeiro díxome que usaba internet desde primeiro de bacharelato.

Eu recomendeille que contratase...

Galillú

A tarifa plana básica inclúe a co-

nexión gratuíta polas noites e du-

rante as fi ns de semana a un prezo

de 20 euros ao mes.

Liña1000

Ofrece unha tarifa plana con co-

nexión gratuíta polas noites. Póde-

se acceder desde calquera teléfono.

Prezo ao mes 15 euros.

3RRROfrece un paquete sen restricións horarias por 30 euros ao mes, e 50 euros ao mes por alta do servizo e instalación. Inclúe caixas de correo e 20 megas para páxinas persoais.

Page 248: Celga 2 Agalip

27

Que sei facer?

Referir informacións, propostas e peticións for-

muladas por outras persoas

Escribir cartas, notas e mensaxes

Escribir mensaxes de correo electrónico e de

móbil

Usar maiúsculas e minúsculas

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 249: Celga 2 Agalip

28

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria. Ricardo chega á casa e Paula dálle unha mensaxe e algúns consellos.

RICARDO: Ola, Paula.

PAULA: Que hai, Ricardo. Oes, hai media hora que te chamou Uxía...

RICARDO: Perdoa, que dixeches?

PAULA: Que hai media hora que te chamou Uxía, estaba bastante enfadada. Di que non sabe para que queres o móbil se

nunca o tes aceso.

RICARDO: Ten razón, pero esta vez non o tiña apagado, é que se me acabara a batería.

PAULA: Si, pero creo que non é a primeira vez que che pasa, non?

RICARDO: Veña, non empeces ti tamén. Que? Deixouche algún recado para min?

PAULA: Si, díxome que aínda quedaban algunhas prazas libres para o curso de natación e que, se queres matricularte, que

pases esta tarde sen falta pola piscina.

RICARDO: Moi ben, graciñas. E díxoche canto custaba o curso?

PAULA: Si, dixo, pero había distintos prezos segundo os horarios e os niveis e non me lembro moi ben.

RICARDO: Vale, graciñas, intentarei falar con ela canto antes.

PAULA: Ah! Díxome tamén que se non conseguías localizala que chamases a Fernando que tamén se vai apuntar e que te

podería informar ben de todo.

RICARDO: De acordo, chamareino agora. E a ti, non che apetece nadar un pouco?

PAULA: Ganas non me faltan, pero neste momento non podo, teño que rematar un traballo antes de fi n de ano e non me

sobra un minuto.

RICARDO: Pois un pouco de deporte faríache o traballo menos pesado.

PAULA: Si, tamén Uxía intentou convencerme para que me apuntase, pero...

Page 250: Celga 2 Agalip

29

2. Gramática e léxico. Recados.

Diálogo 1

MULLER: Ola, bos días. Pódeme poñer con Carlos Taboada, por favor?

SECRETARIO/A: Non está. Saíu un momento. Quere deixarlle algún recado?

MULLER: Si. Mire, son a súa mai. Dígalle que me chame antes da tarde, que é moi urxente.

SECRETARIO/A: Moi ben, de acordo. Adeus.

MULLER: Adeus, moitas grazas.

Diálogo 2

HOME: Bos días. Podería falar coa señora Patao, por favor?

SECRETARIO/A: Si, de parte de quen, por favor?

HOME: Son Xabier Suárez, da Axencia GALIPES.

SECRETARIO/A: Pois mire, hai un momentiño que saíu. Quere deixarlle algún recado?

HOME: Non, non importa. Dígalle só que chamei e que o intentarei máis tarde.

SECRETARIO/A: Moi ben, xa llo digo en canto chegue.

HOME: Moitas grazas e bos días.

Diálogo 3

MOZO: Ola. Quería falar con Froilán Santos, por favor.

SECRETARIO/A: Pois xusto acaba de saír. Volverá dentro dun momento.

MOZO: E podo deixarlle un recado?

SECRETARIO/A: Por suposto! Dime.

MOZO: Que chamou Andrés para dicirlle que vaia el buscar a moto, que eu non podo.

SECRETARIO/A: Moi ben. Algo máis?

MOZO: Non, é todo. Graciñas.

Diálogo 4

MULLER: Ola, bos días. Podería falar co señor Codesido?

SECRETARIO/A: Neste momento non está. De parte de quen?

MULLER: De Pilar Santomé, da Imprenta. E tardará moito en volver?

SECRETARIO/A: Non, non creo que tarde máis de dez minutos. Quere que lle diga algo?

MULLER: Pois si, por favor, dígalle que o chamei e que me chame canto antes á ofi cina.

Page 251: Celga 2 Agalip

30

SECRETARIO/A: Moi ben. Déixeme o seu número de teléfono, por favor?

MULLER: Debería telo, pero doullo por se acaso. Tome nota: 981 4443300.

Diálogo 5

HOME: Ola, son Antón.

SECRETARIO/A: Ola, que tal?

HOME: Ben, ben, e ti?

SECRETARIO/A: Non me queixo. Dime.

HOME: Dislle á miña muller que se poña, por favor?

SECRETARIO/A: É que acaba de saír tomar un café cos outros.

HOME: Ah, vale. Entón dille que non se esqueza de pasar esta tarde pola gardería, que eu non podo.

SECRETARIO/A: Moi ben. Direillo, non te preocupes.

Page 252: Celga 2 Agalip

01

Page 253: Celga 2 Agalip

02

Obxectivos desta unidade:

Como dar e pedir información con distintos graos de seguridade

Como discutir información

Como transmitir desexos

Como expresar solidariedade

Coñecemento do código

SE refl exividade, impersonalidade, involuntariedade

A voz pasiva

Postais e tarxetas

Fórmulas para pedir e dar información

Signos de puntuación

Xeografía

Tradicións e costumes

Obxectivos

Page 254: Celga 2 Agalip

03

Actividade introdutoria

1. Imaxina que vas cambiar de traballo e que tes que dar un discurso de despedida. Que dirías e que omitirías nesa situación?

Coméntao co teu compañeiro ou coa túa compañeira.

1. Desexarlles boa sorte aos teus compañeiros. 7. Xustifi car por que abandonas o traballo.

2. Expresar alegría polo novo traballo. 8. Contar un chiste.

3. Lembrar unha anécdota. 9. Animar os teus compañeiros a buscar outro traballo.

4. Desculparte polos posibles erros cometidos. 10. Agradecer o regalo que recibiches dos compañeiros.

5. Agradecer a presenza dos teus colegas. 11. Criticar unha persoa do traballo.

6. Agradecer o bo trato recibido no traballo.

2. Angélica, a quen coñeciches na primeira unidade, vai deixar o seu traballo e a cidade. Está celebrando a despedida cos compa-

ñeiros do curso. Escóitaa e marca que cousas da lista anterior fai no seu discurso e en que orde as di.

Page 255: Celga 2 Agalip

04

Gramática e léxicoPrácticas guiadasPrácticas guiadas

REFLEXIVIDADE DALGÚNS VERBOS

O pronome refl exivo funciona como complemento directo e, cando este complemento xa vai expreso, non

se poden usar os verbos refl exivamente:

Lava as mans/Lávase (pero non Lávase as mans)

Queimou un dedo/Queimouse

1. Adoitan ser refl exivos verbos que indican vida interior ou movemento: erguerse, inclinarse, encollerse,

deitarse, lembrarse, queixarse.

Érguese ás 8 todos os días. (Pero Ergue a cesta á cabeza sen problemas)

Lembrouse do meu aniversario.

2. Os verbos que indican cambio de estado adoitan non ser refl exivos: baixar, caer, marchar, calar, casar,

morrer, espertar, parar, quedar, subir.

Caeu na fonte.

Subiu á cerdeira.

3. Algúns verbos implican un matiz determinado se se conxugan co pronome refl exivo:

Estarse: permanecer.

Estate quieta e non te movas mentres eu non volva!

Quedarse: perder o sentido, morrer.

Deu un suspiro e quedóuselle nos brazos.

4. Verbos que cambian o signifi cado: afogar/afogarse; parecer/parecerse.

Parece parvo./Parécese moito á súa mai.

5. Verbos que só se poden construír coa forma refl exiva: atreverse, dignarse, suicidarse, arrepentirse, in-

mutarse.

Non se dignou a mirarme.

Nin se inmutou cando soubo a noticia.

Page 256: Celga 2 Agalip

05

1. Elimina a forma verbal que non sexa correcta.

1. Subiu/subiuse á pereira e caeuse/caeu desde o alto.

2. Lavouse/lavou a cabeza esta mañá.

3. Antonio ergue/érguese tarde todos os domingos.

4. Sempre lembra/se lembra de ti.

5. Afogáronse/afogaron dous mariñeiros no naufraxio do martes pasado.

6. Ana casa/cásase o 30 de agosto.

7. Arrepentiuse/arrepentiu do que dixera.

8. Afeitouse/afeitou a barba para saír.

9. Caeulle/caéuselle o libro das mans.

10. Ese rapaz atreve/atrévese a calquera cousa.

VERBOS QUE EXPRESAN UNHA TRANSFORMACIÓN: POÑERSE, VOLVERSE, FACERSE

Usamos:

- Poñerse para expresar cambios espontáneos e non permanentes no estado de ánimo.

Púxose moi triste ao saber que suspendera o exame.

- Volverse para expresar cambios de carácter, personalidade e comportamento.

Desde que o roubaron volveuse moi desconfi ado.

- Facerse para expresar evolución persoal, profesional ou social.

Fíxose rico da noite para a mañá.

Page 257: Celga 2 Agalip

06

2. Poñerse, volverse ou facerse?

Estas persoas sufriron diversos cambios. Para descubrilos, terás que completar as frases cos verbos axeitados.

Antonio __________________ tolo cando perdeu o traballo.

Xoán __________________ moi gordo ao deixar de fumar.

Sara desde que cumpriu 18 anos __________________ insoportable.

Despois da experiencia do Prestige, Carme __________________ máis solidaria.

María estaba moi triste porque rompera co mozo, pero onte volveuna chamar e __________________ moi contenta.

Cristina era moi sociable, pero desde que cambiou de traballo __________________ moi antipática.

Despois da súa viaxe á Ribeira Sacra, __________________ un experto en viños.

Page 258: Celga 2 Agalip

07

SE IMPERSOAIS

Procesos que ocorren sen intervención das persoas:

Danse clases de latín e grego.

Na aldea vívese ben e cómese san.

SE INVOLUNTARIEDADE

Procesos que lle ocorren a alguén sen a súa vontade:

Estragóuseme o ordenador.

Queimóuseme a pota que tiña ao lume.

OLLO!

En galego non son correctos: *caéu-

seme ao chan e *rompéuseme.

A PASIVA

Voz pasiva

Fórmase co verbo ser e o participio, que aparece co mesmo xénero e número có suxeito pasivo.

Úsase especialmente nos textos periodísticos e históricos.

Estrutura activa

Os veciños viron o atracador na rúa do Franco.

O director presentou o informe.

Estrutura pasiva

O atracador foi visto polos veciños na rúa do Franco.

O informe foi presentado polo director.

Pasiva con SE

A pasiva impersoal ou pasiva refl exa é a construción máis frecuente. O verbo está en terceira

persoa de singular ou plural, concertando co suxeito paciente e o axente non se expresa:

Aínda non se identifi caron todos os corpos.

Véndese piso.

Prémese un botón.

Page 259: Celga 2 Agalip

08

3. Le o seguinte artigo. Perdéronse algunhas formas en pasiva. Intenta recuperalas, os verbos son:

escoller considerar elixir recoñecer(2)

Premios da Edición 2007

Made in Galiza, mellor libro do ano

A obra de Sechu Sende, editada por Galaxia, recibiu o premio ao mellor libro do ano. O único que

queda é o amor (Xerais), de Agustín Fernández Paz, ________________ mellor libro infantil e

xuvenil, mentres que Anxos Sumai ________________ como a mellor autora do 2007.

A Noite da Edición, organizada na Coruña pola Asociación Galega de Editores, elixiu as obras máis

destacadas do 2007 no país. Sempre en Galiza (Galaxia), de Sechu Sende, ________________

como mellor libro do ano (Premio Ánxel Casal), superando os outros dous candidatos, De provincia a nación. Historia do

galeguismo político, de Xusto Beramendi, e Para que serve a Historia de Galicia?, de José Carlos Bermejo Barrera.

En canto ao Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil, o gañador foi O único que queda é o amor de Agustín

Fernández Paz, fi cando como fi nalistas Minimaladas de Carlos López e Xela volveuse vampira! de Fina Casalderrey. Pola

súa banda, Anxos Sumai ________________ como a mellor autora do ano, que obtivo máis votos ca Agustín Fernández

Paz, Pepe Carreiro e Suso de Toro.

Premios á tradución, á ilustración e á promoción editorial

Xavier Senín gañou o Premio Lois Tobío ao mellor libro traducido, con A Odisea, editado por Rodeira. Mentres, Baía Edi-

cións fíxose co premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado por Guía de mamíferos de Galicia, ilustrado por Carlos

Silvar. Finalmente, o Salón do Libro de Pontevedra ________________ o labor de promoción editorial máis sobresaliente

2007, por diante do programa da Radio Galega As Quimbambas, do suplemento literario de Tempos Novos “Pretexta” e

da sección de Cultura do Galicia Hoxe.

A Noite da Edición, na que estiveron presentes diversas autoridades, serviu tamén para homenaxear, na epígafre de “Edi-

ción histórica” os editores de A Nosa Terra, La Voz de Galicia e Alvarellos Editora.

Texto adaptado de http://www.vieiros.com/ - 14/12/2007

Page 260: Celga 2 Agalip

09

COMPARTIR ALEGRÍA E TRISTEZA, SOLIDARIEDADE

Para transmitir desexos de felicidade, usamos fórmulas como:

Moitas felicidades! Feliz aniversario!

Que pases un bo día! Deséxovos toda a felicidade!

Bo Nadal! Feliz ano!

En hora boa polo teu traballo! Parabéns!

Para expresar solidariedade a outra persoa con motivo dun suceso triste, usamos:

Síntoo moito. Acompáñote/o no sentimento.

Permítame transmitirlle o meu máis sincero pesar.

Lamento...

Para desexar unha pronta recuperación:

Espero que te recuperes pronto! Que te mellores axiña!

Para brindar:

Por María!

Saúde!

Para agradecer:

Moitas grazas. Moi agradecido.

Non tiñas por que comprar nada.

Para desculparse por algo:

Quero desculparme contigo por... Sinto moito que...

Perdón!

Para despedir a alguén:

Que che vaia moi ben no teu novo traballo! Botarémoste de menos!

Para invitar a alguén:

Queres vir á miña festa de aniversario?

Page 261: Celga 2 Agalip

10

4. Que lles dirías a estas persoas nestas circunstancias?

_________________________________________________________1.

_________________________________________________________

_________________________________________________________2.

_________________________________________________________

_________________________________________________________3.

_________________________________________________________

_________________________________________________________4.

_________________________________________________________

_________________________________________________________5.

_________________________________________________________

Page 262: Celga 2 Agalip

11

5. Escribe un texto de felicitación ou solidariedade para cada unha destas tarxetas:

Page 263: Celga 2 Agalip

12

PEDIR E DAR INFORMACIÓN (1)

1. Para pedir información usamos:

- Preguntas sen partícula interrogativa: Sabe/s se...?

Sabes se Chantada está na provincia de Lugo?

- Preguntas con partícula interrogativa: Sabes cal/cando/quen/que/como...?

Sabes onde está Chantada?

- Preguntas con partícula interrogativa e preposición: Sabes de onde...?, Sabes desde can-

do...?

Sabes de onde saen os catamaráns?

2. Para lembrar usamos:

- Fórmulas como: Lembras...?, Acórdaste de...?

Lembras a páxina de turismo?

3. Graos de seguridade:

- Cal é...?, Eu diría que..., Debe de ser...

Que viño se produce nesta comarca?

Debe de ser...

- Estás seguro/a?

Non estou moi seguro/a.

Si, segurísimo/a.

- Para pedir confi rmación: Verdade?, Non si?

Nesa zona hai moitas adegas, verdade/non si?

Si, creo que si..

Page 264: Celga 2 Agalip

13

6. Viaxe de fi n de curso á Ribeira SacraPreparamos a viaxe.

Dividimos a clase en grupos. Cada grupo programará a súa viaxe.

a) Pregúntalles aos compañeiros do teu grupo se saben algo da zona.

Lembra e usa as fórmulas para pedir e dar información.

- Sabes que mosteiros hai por esta zona?

- Creo que alí está o Mosteiro de San Pedro de Rocas, que é o máis antigo e orixinal

de Galicia.

- Estás seguro?

PEDIR E DAR INFORMACIÓN (2)

4. Para mostrar desacordo usamos:

Chantada está na provincia de Ourense.

Non, Chantada, non.

Non, que va, está en Lugo.

En Ourense?, non creo.

- Para insistir

Que si, que si.

Que non, que non, que estás trabucado.

Dígoche que...

5. Descubrir os propios erros:

Chantada está en Lugo.

Si, si, é certo.

Non me acordaba. Tes razón.

Ah, si, eu cría que...

A

Page 265: Celga 2 Agalip

14

b) Busca o resto da información que precises en enciclopedias, libros de turismo, en internet ou pregúntalle ao profesor.

- Sabes onde buscar información en internet?

- Podes mirar en http://www.turgalicia.es/

- Ou mellor vai a http://www.ribeirasacra.org/

Para planifi car ben a viaxe serache útil seguir este esquema:

Como chegar e desprazarvos?

Horario de catamaráns, apertura de mosteiros...

Que tempo fará?

Onde aloxarse?

Turismo rural, hoteis e pensións...

Onde comer?

Restaurantes, adegas...

Que ver?

Lugares de interese e patrimonio: Canóns do Sil, mosteiros...

Natureza: fauna e fl ora.

Que comprar?

Artesanía e produtos típicos.

Page 266: Celga 2 Agalip

15

O plan de cada grupo.

Cada grupo explícalle ao resto da clase a súa viaxe particular. O cadro pode servir de axuda.

B

O noso plan é ir a ____________________________________________________

saír o día __________________ e volver o día __________________

Levaremos paraugas, abrigo, __________________________________________

Queremos aloxarnos en _____________________________________________

pasar un día/x días en ______________________________________

Preferimos visitar/estar en ___________________________________________

xantar en _______________________________________________

Aproveitaremos para comprar ________________________________________________

porque a nós gústanos/interésanos moito __________________________________________

Page 267: Celga 2 Agalip

16

Ortografía

SIGNOS DE PUNTUACIÓN (1)

1. O punto. Indica a fi n das oracións. Hai tres tipos:

Punto e seguido: separa as oracións dun parágrafo.

Punto e á parte: separa os parágrafos dun texto.

Punto e fi nal: sinala o remate dun texto.

Ponse punto ao fi nal das abreviaturas, omítese nas siglas e nos símbolos:

Sr., D., m (metro), DOG

2. Os signos de interrogación. Escríbense ao fi nal dun enunciado que expresa unha pregunta:

Como te chamas?

3. Os signos de exclamación. Escríbense ao fi nal de enunciados que expresan alegría, enfado, sorpresa:

Vaia medo!

* Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades, os signos de interrogación e exclamación ta-

mén se poden usar no inicio dos enunciados.

4. Os puntos suspensivos. Indican o fi nal dun enunciado que queda incompleto:

Día de todo...

Poden indicar dúbida, temor ou sorpresa: Eu... non sei que facer.

5. A coma indica unha pausa interna. Úsase para:

- separar os elementos dunha enumeración:

Merquei libros, discos e revistas.

- sinalar a omisión dunha forma verbal:

Anxo é electricista; Xesús, carpinteiro.

- separar o vocativo do resto da frase:

Dime, Ana, que che parece?

Page 268: Celga 2 Agalip

17

SIGNOS DE PUNTUACIÓN (2)

- separar as expresións tipo: é dicir, isto é, en fi n, polo tanto, ademais...:

Se fas o que che pido, é dicir, que volvas axiña, déixote saír.

- marcar incisos ou aclaracións:

O 25 de xullo, Día da Patria, é festivo.

6. O punto e coma. Separa os membros dunha enumeración, cando algún deles xa contén comas:

Pensou que non ía dar feito un traballo tan longo, tan complicado; pero ao fi nal conseguiuno.

7. Os dous puntos. Poden indicar unha pausa interna e úsanse:

- diante dunha enumeración explicativa:

Cando empece a ferver, engade: patacas, fabas, chourizos...

- tras a fórmula de saúdo das cartas:

Benquerido amigo:

- despois de fórmulas tipo: expón, solicita... nos documentos administrativos.

Poden indicar unha cita, úsanse para reproducir as palabras de alguén:

O xefe dixo: xa podemos empezar.

OLLO! Tras os dous puntos e, á parte, úsase inicial maiúscula:

Querida Rosa:

Aproveito a carta para...

A Xunta de Galicia DISPÓN:

Que na data de hoxe...

8. As comiñas. Indican unha cita. Encerran as palabras literais dunha persoa.

“A Galicia de hoxe é herdeira do voso traballo”, salientou o presidente.

9. A raia. Introduce as palabras das persoas que interveñen nun diálogo ou separa as anotacións que inter-

cala o narrador, tamén se usa para marcar incisos ou aclaracións._Bos días, María _ dixo Sabela.

Ramón _o curmán de David_ é futbolista.

Page 269: Celga 2 Agalip

18

SIGNOS DE PUNTUACIÓN (3)

10. A paréntese. Marca incisos ou aclaracións.

O INE (Instituto Nacional de Estatística) está analizando os datos.

11. O guión. Marca a división de palabras.

- Divide as palabras en fi nal de liña.

OLLO!

Non se poden separar as vogais en ditongo: quei-/xo, lin-/gua

Non se poden dividir os grupos consonánticos: pro-/blema, ins-/titución

Non se poden dividir os dígrafos (nh, qu, rr, lle, ch): ningu-/nha, ma-/chado

Non se debe deixar unha vogal soa ao fi nal ou ao principio de liña: oí-/do

- Separa palabras (dicionario alemán-galego), sílabas (a-ca-dé-mi-co), números (1990-2000)

- Separa a segunda forma do artigo.

Page 270: Celga 2 Agalip

19

1. No seguinte artigo lerás unha entrevista a Marisa Núñez. Faltan moitos signos de puntuación: puntos, comas, puntos e comas,

signos de interrogación, comiñas, parénteses... Xunto co teu compañeiro, intenta localizar todos os que cres que deben estar.

PREMIO INTERNACIONAL DE LITERATURA INFANTIL

Marisa Núñez Cos nenos non te enganas se lles gusta un conto sábelo

A autora converteuse o domingo na primeira autora da Península en

gañar o Premio Internacional de Literatura Infantil da Fundación ‘Es-

pace Enfants’, co libro Chocolata.

Chocolata toma o seu baño diario na lagoa un día escoita que na

cidade hai unha casa de baños e sae de viaxe coa intención de pro-

bala e quen é Chocolata Chocolata é unha hipopótama á que lle gusta

enlamarse. Marisa Núñez converteuse o domingo na primeira autora

da Península en gañar o Premio Internacional do Libro Infantil Espace

Enfants co seu libro Chocolata ilustrado pola austríaca Helga Bansch e

publicado pola editorial galega Oqo en galego castelán catalán inglés

francés e portugués nacida en Sarria, Marisa leva vinte anos traballando como mestra de educación infantil esta mañá

recibiu no colexio moitísimas felicitacións de antigos alumnos agora algo máis grandiños e de seus pais.

Vieiros: Sorprendida polo premio Sabías que o teu libro competía ou foi cousa da editorial

Marisa Núñez: Comunicáronme que gañara uns días antes de facelo público pero si no momento fi quei bastante sor-

prendida. Sobre todo polo que dis porque nin sabía que a editorial presentara o libro. Creo que foi o ano pasado en Bolonia,

que os membros da organización do premio foron por cada stand pedíndolles aos editores que presentaran as obras

Pero a noticia é moi importante, non A primeira vez que un libro escrito na Península gaña o premio

Si é a primeira vez e é moi importante porque isto permitiranos estar aínda máis presentes a nivel internacional, nas feiras

do sector. E estou moi contenta tamén polo carácter do premio por quen o outorga a Fondation Espace Enfants

Cantos anos teñen os teus alumnos

Son mestra de infantil dou todo o ciclo entre 3 e 5 anos.

Page 271: Celga 2 Agalip

20

O feito de darlles clase aos meniños infl úe moito no que escribes

Cos nenos non te enganas se lles gusta un conto gústalles e sábelo e se non lles gusta tamén o sabes. Con eles sabes se

un conto funciona

Quen é Chocolata?

É unha hipopótama en realidade iso sábese pola ilustracións, os personaxes no texto teñen perfís humanos que se está a

bañar na súa lagoa e escoita que hai unha casa de baños na cidade. Como lle gusta moito a auga e enlamarse de aí o de

Chocolata vai e coñece a urbe. Merca moitas cousas e ao volver á casa desfaise de todo o que mercou decatándose do que

de verdade é importante e desprendéndose do que non necesita

Chocolata está traducido a oito linguas. A literatura infantil é universal

Os contos teñen que ser universais si despois os nenos aprópianse e fanos seus aprendendo deles sobre o mundo sobre a

interculturalidade

A que cres que se debe o éxito que colleita a literatura infantil galega en todo o mundo

Agora hai máis ambición literaria e estase facendo un esforzo por editar álbums de calidade e por traballar con xente moi

boa xente de todo o mundo. Cando iso se consegue facer un libro de calidade o éxito está asegurado.

Pensas abandonar o ensino nalgún momento?

Creo que non como moito nalgún momento tomarei un descansiño é importante non perder nunca de vista o receptor e

recuperar a mirada da infancia aos nenos pódeselles falar de calquera de que calquera tema só hai que coñecer o códi-

go.

Texto adaptado de http://www.vieiros.com - 19/11/2007

Page 272: Celga 2 Agalip

21

Galego en acciónUn concurso sobre cultura galega1. Trata de responder estas preguntas.

Compara e discute as respostas co teu compañeiro ou coa túa compañeira.

1. Tres escritores:

2. Dous cantantes:

3. Un pintor:

4. Unha gaiteira:

5. Un político:

6. Un prato típico:

7. Un museo:

8. O título dunha novela:

9. Unha película de animación:

10. Un viño:

11. Unha editorial:

12. Un cociñeiro famoso:

13. Un programa cultural da radio ou da televisión galega:

14. Quen é Tamar Novas? Un escritor ou un actor?:

15. Quen dirixiu Hotel Tívoli?:

16. Cal é o símbolo dos peregrinos?:

17. Un lugar onde se celebre a rapa das bestas:

18. Un portal de internet onde poidas ler as noticias sobre Galicia e o mundo:

19. Foi a Torre de Hércules declarada patrimonio da Humanidade pola Unesco?:

20. Agustín Fernández Paz é un gaiteiro ou un escritor?:

21. Quen preside actualmente o Goberno galego?:

22. Cal é o prefi xo telefónico para chamar a Ourense?:

23. En que parte de Galicia está Muxía?:

Page 273: Celga 2 Agalip

22

Que se sabe de Galicia?2. Traballamos en grupos e preparamos o noso concurso:

Cada grupo elabora un novo cuestionario (10 preguntas) para os outros equipos. Pódese preguntar sobre xeografía, econo-

mía, arte e cultura, personaxes famosos, costumes, lingua...

Entrégaselle unha copia do cuestionario coas solucións ao profesor.

Danse 10 minutos para buscar as solucións.

Un representante de cada grupo le as preguntas e dá as respostas.

O profesor di se son correctas ou non. Se un grupo non sabe algunha resposta, poden responder os outros grupos.

Gaña o grupo que acerte máis preguntas.

Page 274: Celga 2 Agalip

23

Contido socioculturalA matanza do porco1. Le os seguintes textos.

A MATANZA DO PORCO

A matanza é unha manifestación cultural e social representativa dun modo

de vida. A matanza e a vendima son, hoxe, as únicas actividades comunita-

rias que quedan para relacionar a familiares, veciños próximos e amigos.

A través da matanza refórzanse os lazos de solidariedade e axuda, hai tempo

para traballar, brincar, conversar, rexoubar e comer, mágoa que o despo-

boamento rural e a aparición da chamada comida rápida están a acabar con

este ritual.

A matanza é a fi n da etapa de cría e ceba do porco e o comezo dunhas reservas das que vai botar man o campesiño

para a súa alimentación ao longo do ano. O proceso iníciase coa cría do animal que se leva a cabo fundamentalmen-

te nas granxas durante os tres primeiros meses de vida e logo cébase na casa ou mércase xa cebado cando acada

arredor dos 100 quilos de peso. O inicio das matanzas vén marcado polo San Martiño, festividade que se celebra o 11

de novembro e que foi recollido no refraneiro popular da seguinte maneira: a todo porco lle chega o seu San Mar-

tiño, que á parte de fi xar a época da matanza ten unha segunda intención. Hoxe o refrán utilízase só coa segunda

intención, pois o cambio climático atrasou as matanzas ata a época de xeadas e frío que se produce mediado o mes

de decembro[...].

O cría de porcos experimentou nos últimos 30 anos grandes transformacións. Xeneralizouse a explotación en granxas

e abandonouse a cría nas casas. Introducíronse novas razas para mellorar a rendibilidade no crecemento e na pro-

dutividade que fi xeron desaparecer practicamente a raza autóctona do porco celta. Abandonouse a alimentación

por verzas, landras, castañas, millo e, a partir do Real decreto 20/02/95, prohibiuse a matanza tradicional para evitar

o sufrimento do animal.

Benxamín

Texto adaptado de http://boards5.melodysoft.com/ - 7/12/2007

Page 275: Celga 2 Agalip

24

Parécelle ben que se prohiba a matanza tradicional de porcos en Galicia?

A lei 32/2007 para o coidado dos animais entrou en vigor o sábado 8 de decembro, cando media Galicia celebra unha

liturxia que sofre os embates da modernidade, pero que aínda conserva un notable arraigamento cultural: a matanza

do porco. Un dos preceptos que establece esta lei é a obrigatoriedade do atordamento previo no sacrifi cio dos ani-

mais de produción, algo que xa era preceptivo, pero que, por vez primeira, conta cunha norma de rango sufi ciente

como para tipifi car claramente as infraccións e establecer un réxime sancionador. A consecuencia é que sacrifi car un

porco sen aparvalo previamente suporá unha infracción leve da lei e poderá ser sancionado con multas de ata 600

euros. Parécelle ben que se prohiba a matanza tradicional de porcos en Galicia?

Paréceme terrible que se siga matando o porco de forma tradicional, facendo do sangue e da dor unha festa

que celebrar. Debería evitarse o sufrimento que este pobre animal padece. Lidia

Eu entendo que nos guste o porco, pero de aí a que se lle faga sufrir dun xeito tan inhumano... somos máis

animais que os propios animais! Ztara

A matanza do porco, como calquera outra, paréceme unha crueldade innecesaria, máis aínda se non se

aparva o animal previamente e se diso se fai espectáculo. Cristina

Textos adaptados de http://www.lavozdegalicia.es 2/12/2007

Ninguén pensa no sufrimento dos touros na praza... desde logo que é moito peor e máis agónica, non credes? Eu

síntoo polo porco, pero gústame comer as frebas, os callos, a costela, o cocido e poder reunirme cos meus veciños

unha vez ao ano para compartir unha ata de chourizos e en moitas vilas é a festa que queda, é a festa que hai.

Marisa

Texto adaptado de http://boards5.melodysoft.com/ - 9/12/2007

Page 276: Celga 2 Agalip

25

Que opinas sobre a matanza tradicional dos porcos en Galicia? Pregúntalles aos teus compañeiros.

Estades de acordo coas opinións anteriores? Que vos parece a mensaxe de Marisa?

Festas tradicionais2. Os magostos, o Entroido, os maios ou os reis aínda se celebran en moitas partes de Galicia, pero outras festas, coma o fi adeiro,

perdéronse.

Participades neste tipo de celebracións? Como?

Comentádeo na clase.

Page 277: Celga 2 Agalip

26

Modelo actividade Celga1. Le estes dous textos sobre o ensino.

O Informe PISA sitúa o ensino galego entre os seis mellores do Estado

A Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) realiza periodicamente un informe (o PISA) que

mide a capacidade dos estudantes de 15 anos para enfrontarse á vida cotiá. Un documento que goza de gran prestixio e

cuxos últimos resultados foron avanzados na revista Maxisterio. O informe evidencia que o sistema educativo español non

mellora (está de 26 na listaxe mundial) e que dentro do Estado hai grandes diferenzas. Entre as comunidades mellor situadas

está Castela e León, a Rioxa e Aragón. Galicia obtén 505 puntos, o que a sitúa sexta en España, por diante do nivel dos suecos

e dos daneses. Malia que descende dous postos no conxunto estatal, consegue catro puntos máis ca no informe anterior.

Texto adaptado de http://www.culturagalega.org - 29/11/2007

Page 278: Celga 2 Agalip

27

2. Como cres que está o ensino galego hoxe?

Cres que era mellor hai anos, na túa nenez, xuventude?

Cres que se pode mellorar? Como?

Que consellos lles darías aos políticos, aos profesores, aos pais e aos alumnos en xeral?

3. Redacta un informe sobre o ensino no curso de galego que estás a piques de rematar.

Participación dun estudante no chat do portal de ensino Magisnet o día que se publicou o Informe Pisa 2007

Estimados lectores: Son un estudante cubano que estuda en España. Cando cheguei a este país as miñas expectativas na

orde educativa eran grandes, por moitas razóns que non vou mencionar. Sorpresa me causou, ao interactuar coa comunida-

de estudantil e docente, o baixo rigor, o baixo nivel de análise dos estudantes, os cales parecen amanuenses empedernidos

copiando o que di o profesor na aula, sen deterse a levantar a cabeza nin a emitir un criterio a favor ou en contra dos

expostos na aula polo profesor. Sorprendeume, e dígoo con todo o respecto do mundo, a falta de iniciativa académica dos

alumnos, que asisten á universidade para aprobar, non para aprender ou, mellor dito, para crear competencias para o futuro

profesional. No meu país, sumido nun control estatal total, ensináronme a estudar, a esforzarme para poder obter os meus

obxectivos, os que me propuxen ao entrar na universidade. Creo que ningún país serio que se respecte pode soportar a im-

plantación de leis en cada lexislatura, é unha tolería que terá consecuencias evidentes. Non esquezamos que a secundaria

básica é un nivel importante e decisivo para poder soster os niveis superiores de ensino. Saúdos.

Mateo López (Salamanca) 29/11/2007

Texto adaptado da mensaxe publicada polo autor en http://www.magisnet.com

Page 279: Celga 2 Agalip

1. A voltas cos SE.

Marca os SE que atopes nas seguintes frases. Son marca de refl exividade, impersonalidade, da pasiva...? Coméntao co teu com-

pañeiro.

_Perdoe, pode repetir, non se oe ben._Prohíbese o uso de cámara fotográfi ca._Bórdanse sabas de liño á man._O detido suicidouse._Mércase e véndese ouro._Alúganse coches._Arrepentiuse do que fi xera._Impártense clases de piano._Avarióuselle a cámara de vídeo._Que se sabe de Galicia polo mundo?_As castañas vendéronse moi ben na última feira.

2. O baúl dos recordos.

Ao longo destas unidades falamos de...

Lembras por que destacan estes galegos famosos? Fai as asociacións necesarias e comenta o que lembres deles co teu compa-

ñeiro ou coa túa compañeira

Toñi Vicente Jairo Iglesias Castelao Fran Alonso

restauradora Sempre en Galiza Rosa dos ventos

Herba moura Sempre Xonxa Cartas de amor Óscar Pereiro

Luís Tosar Chano Piñeiro gaiteira Teresa Moure

actor ciclismo Manuel Rivas

Cristina Pato Que me queres amor

28

Repaso

Page 280: Celga 2 Agalip

29

PorfolioO discurso do último día da clase1. En parellas ou en pequenos grupos, tedes que preparar un pequeno discurso de despedida para lerlles aos vosos compañeiros.

Antes, preparade un borrador. Podedes incluír:

- Opinión sobre o curso.

- Anécdotas que lembrades.

- Difi cultades.

- Progresos durante o curso.

- Bos desexos.

- Agradecementos.

- Desculpas.

- Outros.

2. Cada parella diríxese ao grupo e le o seu discurso. A clase decide cal foi o:

1. Máis divertido.

2. Máis simpático.

3. Máis orixinal.

4. Máis triste.

5. Máis optimista.

6. Máis emotivo.

Page 281: Celga 2 Agalip

30

Que sei facer?

Dar e pedir información con distintos graos de

seguridade

Discutir información

Usar o SE como marca de refl exividade, imper-

sonalidade, involuntariedade

Usar construcións pasivas

Escribir postais e tarxetas

Usar os signos de puntuación

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Que palabras desta unidade quero recordar?

Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?

Que actividade me foi de maior axuda?

Cal non me gustou? Por que?

Participei sufi cientemente na clase?

Que podo mellorar?

Page 282: Celga 2 Agalip

31

Transcrición do audio

1. Actividade introdutoria. Angélica vai deixar o seu traballo e a cidade, e está celebrando a despedida cos compañeiros do curso.

ANGÉLICA: Ben... moitas grazas por ter vido todos á cea, así podo despedirme de todos. Graciñas por este regalo

tan bonito, pero non tiñades que comprar nada. Con este teléfono estarei sempre localizable e asegúrovos que vos

chamarei. E... e, sobre todo, graciñas por todas as cousas tan bonitas que me dixestes...

A min tamén me dá pena marchar, pero..., xa sabedes, non podo estar moito tempo no mesmo sitio... De verdade que...

non sei como agradecervos a paciencia que tivestes comigo...

Lembrades o día que se perderon os señores, todos me botastes unha man, non o esquecerei nunca...

Quero pedirvos desculpas polas molestias que vos causei no curso, sobre todo ao principio, pola miña inexperiencia.

Pero, grazas a vós e á vosa comprensión, aprendín moitas, moitas cousas.

Gustaríame que todos tivésedes un recordo de min tan bo coma o que eu teño de vós e, por suposto, encantaríame

que me viñésedes facer algunha visita...

Ben, o dito, grazas por todo... Que teñades todos moita sorte!

COMPAÑEIROS: Saúde! Por ti! Sorte! Moita sorte!