Catalogo 2012 Galego

44
Contos de nunca acabar catálogo 2012 OQO editora

description

Catalogo 2012 Galego OQO editora

Transcript of Catalogo 2012 Galego

Page 1: Catalogo 2012 Galego

Contos de nunca acabar

catálogo 2012OQO editora

Page 2: Catalogo 2012 Galego
Page 3: Catalogo 2012 Galego

Roger Olmos

2

OQO editora aposta polo álbum ilustrado de produción propia, pola existencia dun espazo de creación

para autores e ilustradores de diferentes sensibilidades, por que cada libro sexa único, diferente…

Contos marabillosos, propostas de autores contemporáneos e lendas de distintas culturas –os misterios que encerran

resisten o paso do tempo– mestúranse para desenvolver a imaxinación e fomentar a reflexión e a creatividade a través de…

LIBROS non só para nenos, TAMÉN PARA NENOS!

Tamén dispoñible en:

ES: Español PT: Portugués

EN: Inglés EU: Éuscaro

FR: Francés IT: Italiano

BR: Portugués Brasil PL: Polaco

NL: Neerlandés

Recomendado para:

+ 2 anos + 4 anos+ 3 anos + 5 anos etc.

Colección nanOQOs+ 2 anos

páx. 03

Colección O3 - 7 anos

páx. 06

Colección Q8 - 12 anos

páx. 21

Colección OQart páx. 30

Colección FOQO+ 12 anos

páx. 26

páx. 28Colección Qontextos

páx. 33Colección Q son

Page 4: Catalogo 2012 Galego

Colección nanOQOsTenrura e fantasía para converter pequenos momentosen grandes aventuras cheas de emoción e sorpresas,para gozar dos primeiros pasos no camiño da literaturae para ler antes de ler.

+ 2 anoslibros de cartón

17x16 cm

Page 5: Catalogo 2012 Galego

André Letria

4

Caracois

35,00€ caixa7,00€ cada libro

Armando Quintero & André Letriacaixa con 5 títulos - setembro 2008

Cinco relatos breves, relacionados pero independentes, que expoñen temáticas próximas aos prelectores: a exploración do mundo, a contemplación da natureza, o descubrimento da amizade, entre misterios, sorpresas e sentimentos...

Atendendo á importancia que teñen os libros ilustrados para o desenvolvemento en idades temperás, esta colección ten especial coidado na selección dos contidos, na presentación das imaxes e na construción literaria..

Para ler, contar, falar...Seguro que quererán moitos máis!

ES | PT

EN | FR

ES | PT

EN | FR

Caracol e Caracola

7,00€

É que son feo, respondeulle Caracola Caracola cando, con ollos fermosose corniños brillantes, lle preguntou o motivo dos seus tristes suspiros. Pois a min non mo pareces,

Cos seus corniños ao sol, anda que andae fala que fala, descubriron xuntos en que consiste a amizade.

Page 6: Catalogo 2012 Galego

Que susto!

7,00€

Caracol e Caracola viven un paseo cheo de aventuras. A cadela Fifí confúndeos con dous bombóns e o gato Maruxo, cun par de bólas. Que susto!, coinciden cando saen airosos grazas a axudárense un ao outro.

Unha historia sobre pequenos perigos, que como tales non teñen maiores consecuencias que as de afianzar a amizade.

Navega, Caracol!

7,00€

Acababa de chover e o sol escondíase tras unha nube gris.Bonito día para navegar, concluíu Caracol.Decidido, bótase á auga sobre unha folla grande.Pecha os ollos e soña que navega por un río caudaloso, ata que o seu particular barco encalla. No entanto, nesta aventura coñecerá cinco novas razóns, verdes e cantaruxeiras, para acabar a andaina máis feliz.

Caracol e Formiga

7,00€

Caracol anda amodo e formiga faino moi rápido,o que non lles impide estaren sempre xuntos.Un día deciden irse bañar ao lago, unha excursión coa que coñecerán mellor a natureza e tamén a eles mesmos.

Unha lectura coa que o pequeno lector descubrirá un pouco máis sobre as características destes dous animais e como as limitacións que temos cada un para practicar certas actividades —neste caso bañarse— non son un impedimento para quitar partido da situación e gozar.

Caracol e Vermiño

7,00€

Caracol comía unha folla verde, enorme e saborosa. Vermiño comía outra igual, que resultou ser a mesma. Come por un lado e come polo outro, atopáronse, con cara de poucos amigos. Mentres discuten, a Pomba come por un lado e come polo outro…

Ás veces, os amigos discuten por cuestións sen importancia e, por tanto, nada teñen que temer as que si teñen valor: como é a amizade.

ES | PT

EN | FR

ES | PT

EN | FR

ES | PT

EN | FR

ES | PT

EN | FR

Page 7: Catalogo 2012 Galego

6

Colección OContos con raíces, historias con alas,diálogo sen límites entre autores de onte e de hoxe,e estéticas que nacen en calquera recanto do planeta para suscitar vivencias e emocións,e asegurar que unha amizade secretanos agarda entre as páxinas dun álbum.

3 - 7 anoscartoné

25x23 cm

Page 8: Catalogo 2012 Galego

A árbore tan pouco árboreMiguel A. Pérez Arteaga40 páxs. - xaneiro 2012

Hai selvas-illa, selvas-montaña e selvas-trampolín. En cada selva hai un lobo, un alce e un caribú. Pero nesta selva había unha árbore que non era como as outras: falaba. —Nunca vira unha árbore tan pouco árbore –dixo o lobo.

Neste álbum singular, Miguel A. Pérez Arteaga ilustra unha antiga fábula africana a partir de materiais reciclados: anacos de madeira, arames enferruxados, cartón..., cos que crea un ambiente poético e inspirador. Deste modo, busca educar e desenvolver a sensibilidade artística e creativa, e motivar os lectores a construír as súas propias historias a través de obxectos cotiáns.

ES

+ 3 anos

13,50€

ISBN 978-84-9871-365-7

9 788498 713657

Miguel A. Pérez Arteaga

Page 9: Catalogo 2012 Galego

8

Cocorico

12,90€

Marisa Núñez & Helga Bansch36 páxs. - xullo 2011 - Reedición

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito,o pitiño ofrécese a ir pola leña para acendero forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, esquece o trato e come o biscoito enteiro.

Adaptación libre dun conto tradicional birmano co que os máis pequenos aprenden a compartir, a cumprir as promesas e a escoitar os consellos.

ES | EU | PT | FR

IT | PL | NL

+ 3 anos

ISBN 978-84-9871-156-1

9 788498 711561

O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como PericoMercedes Carrión & Francesca Chessa40 páxs. - setembro 2011

Perico estaba nervioso porque ía ir á escola por primeira vez. Un por un, calzou os cen zapatos, puxo o chapeu e as lentes e saíu correndo; mais chegou tan tarde que xa marcharan todos... O primeiro día de colexio é sempre un momento importante para os máis pequenos; unha nova aventura na que se combina a expectación, o nerviosismo, as ilusións por descubrir tantas cousas novas... Nesta historia, Perico terá que buscar axuda para organizar o seu día a día e ser quen de chegar a tempo á escola. Só así poderá ser, como pretende, un cempés sabio.

ES

+ 3 anos

13,50€

ISBN 978-84-9871-327-5

9 788498 713275

TrocoRoberto Castro & Margherita Micheli36 páxs. - outubro 2011

Cada tarde, a ovella Catarinapreparaba unha cunca de chocolatee sentaba a ler na súa cadeira favorita.

Os contos remítennos a un lugar no que a fantasía é a protagonista. Para entrar nese mundo fantástico, non hai nada como unha cadeira especial nun recuncho acolledor.

Pero un día, a cadeira de Catalina rompeu e a ovella tivo unha idea: Troco! Cadeira por tallo, tallo por sofá, sofá por…

Un conto que esconde outro conto; unha divertida historia circular na que os personaxes interactúan en dous mundos fantásticos paralelos, ata chegar a un final feliz.

ES

+ 3 anos

ISBN 978-84-9871-359-6

9 788498 713596 12,90€

Un can e un gatoPaula Carbonell & Chené Gómez36 páxs. - novembro 2011

Un can e un gato coñecéronse.O gato dixo: Miau!O can dixo: Guau!Pero non se entenderon.Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar.

Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións.Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, secrecións glandulares, mudanzas de humor…

ES

+ 3 anos

12,90€

ISBN 978-84-9871-361-9

9 788498 713619

A vella na botellaRoberto Mezquita & Alejandro Galindo36 páxs. - novembro 2011

A vella na botella fala de como os desexos poden ser un acicate para cambiar e progresar; pero tamén nos interpela sobre o xeito de xestionalos e alerta das consecuencias da insatisfacción ante o material e da ambición desmesurada.

Con frecuencia queremos algo máis e sentímonos incapaces de valorar o que temos no momento presente. Por esta incapacidade, a vella goza brevemente dos anceios cumpridos e cae de novo na frustración e na queixa. Non importa cantos desexos se lle concedan: ela é incapaz de gozalos. Ao final, quedará atrapada nun deles.

ES

+ 3 anos

12,90€

ISBN 978-84-9871-363-3

9 788498 713633

Miguel A. Pérez Arteaga

Page 10: Catalogo 2012 Galego

Maxia!

12,90€

ES

+ 4 anos

Charo Pita & Madalena Matoso36 páxs. - maio 2011

De súpeto, o bebé botouse a chorar.Óscar arrolouno, colleuno no colo…pero non acougaba. Cantoulle unha nana, paseouno pola casa… Non serviu para nada!

Este conto lémbranos a maxia existentena posibilidade de aleitar, grazas á miradainocente e divertida dun neno. Deste xeito, tamén se incide na normalización da lactaciónque aparece contextualizada e normalizada como parte intrínseca da vida dos nenos,das súas familias e da sociedade.

O galo traganoces

12,90€

ES

+ 4 anos

Roberto Mezquita & Bernardo Carvalho36 páxs. - maio 2011

Un día, o galo e a galiña saíron da granxa, dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquí e petiscaron por alá, ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecía polas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa.

Esta versión dun conto tradicional narra o periplo desesperado da galiña para salvar o seu amado comellón. Nesta empresa colaborarán un granxeiro, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e un carballo!A pesar das dificultades, triunfará a boa vontade e solidariedade.

A min non me comas!

12,90€

Margarita del Mazo & Vitali Konstantinov36 páxs. - xuño 2011

Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta. Mirou cara alí, pero só viu unha sombra...Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun...MONSTRO!

Para superar os medos é preciso enfrontarse a eles, e iso é o que fai o protagonista deste conto. Despois dunha delirante sucesión de acontecementos na que o osiño, o can, o seu irmán e a súa tía non saen moi ben parados, Mateo é quen de encararse ao monstro e poñer a familia a salvo. Un álbum que combina o medo e o humor a partes iguais.

ES

+ 3 anos

ISBN 978-84-9871-323-7

9 788498 713237

A tartarugaque quería durmir

12,90€

Roberto Aliaga & Alessandra Cimatoribus36 páxs. - xaneiro 2008

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta.Son os seus amigos, que van chegando con agasallos para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizadeé importante e a tartaruga agradece as atencións, pero o único que quere é que a deixen tranquila.

Unha historia para entender o momento de durmir como algo agradable e completar o ritual de ir para a cama, cun conto.

ES | PT | EN | FR

IT | EU | PL

+ 3 anos

Os sete irmáns chinesesRodolfo Castro & André da Loba48 páxs. - xuño 2011

Ninguén os podía distinguir, porque eran todos iguais e, para non confundirse, súa nai chamáballes Li a todos. O máis vello era quen de tragar todo o mar; o segundo tiña un pescozo de ferro; o terceiro, pernas elásticas...

Esta orxinal adaptación do conto tradicional chinés amosa que só a través da cooperación se resolven os problemas. Así, todos os irmáns colaboran, cada quen coas súas habilidades, para que Li, o máis vello, se libre da inxusta condena a morte imposta polo emperador.

ES

+ 3 anos

13,50€

ISBN 978-84-9871-242-1

9 788498 712421

LoboferozPatacrúa & Chené36 páxs. - xullo 2011 - Reedición

Era unha vez un lobo tan preguiceiro que,por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e,ao verse tan fraco, decidiu convertersenun lobo feroz…

Conto popular ruso para primeiros lectores,con argumento claro, frases acumulativas,diálogos repetitivos e linguaxe áxil e sinxelo. Historia con humor que recrea un universo fabuloso onde a astucia triunfa sobre a brutalidade, e onde o dereito a vida e a harmonía coa natureza acaba impoñéndose sobre a maldade.

ES | IT | PT

FR | PL | NL

+ 3 anos

12,90€

ISBN 978-84-9871-325-1

9 788498 713251

Page 11: Catalogo 2012 Galego

10As aventuras de Osiño

12,90€

ES

+ 3 anos

Helga Bansch36 páxs. - abril 2011

Aquel home chegaba no mellor momento,porque Osiño non tiña ningunhas ganas de quedar na súa cova todo o inverno. Osiño, moi contento, exclamou: Marcho na procura de aventuras!

Osiño emprende ilusionado esta aventura que é tamén unha metáfora da vida,como adoita suceder cos relatos de viaxes. Ao longo de todo un ano, o protagonista -e con el, o lector- coñecerá diferentes lugares, descubrirá e afianzará o seu potencial e particular talento, fará novos amigos e, ante todo, cumprirá o seu soño: coñecer o mar.

Pilú Pilú!

12,90€

ES

+ 3 anos

Susana Isern & Katharina Sieg36 páxs. - marzo 2011

O crocodilo abriu a súa boca, chea de cabeiros enormes e afiados, e a píldora comezou a voar…

Un álbum para espertar a curiosidade do lectore alimentar as súas ganas de saber para, deste xeito, descubrir que un nunca se pode fiar das aparencias. Unha historia que invita a crer nas boas inten-cións e a confiar nos demais.

A visita dos domingos

12,90€

ES

+ 3 anos

Matteo Gubellini36 páxs. - febreiro 2011

Mamá! Os monstros temos que asustar!

Os nenos senten atracción polos personaxes fantásticos e gozan créndose protagonistas de mundos imaxinarios. A imaxinación permítelles vivir outras realidades, moi diferentes ás súas.

Este conto salienta a implicación dos pais para potenciaren a imaxinación dos nenos,tan necesaria de pequenos como de adultos. Ademais, este monstro inspira simpatía, complicidade e afecto, polo que é un bo modelo para axudar a superar os medos e corroborarque as aparencias enganan.

Un conto cheo de lobos

13,50€

ES

+ 5 anos

Roberto Aliaga & Roger Olmos40 páxs. - novembro 2010

Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes,lobos ananos...

Orixinal universo onde os lobos de todos os contos conviven xuntos á espera de ser chamados para o seu próximo acontecemento literario.O percorrido dos lobos polas diferentes páxinasdo álbum na procura de comida require a complicidade e interacción do lector, que debe estar atento e cos seus cinco sentidos ben espertos saltando de páxina en páxina.

ISBN 978-84-9871-244-5

9 788498 712445

Tres han de ser

ES

+ 5 anos

12,90€

Darabuc & Fátima Afonso36 páxs. - xaneiro 2011

Un relato máxico, en clave de fábula, no que Sol, discute coa súa nai porque lle propón unha relación imposible segundo o criterio habitual.Os seus tres noivos percorrerán o mundo ata chegar á cidade das torres transparentes, onde se farán cos obxectos marabillosos que lle devolverán a vida a Sol. Con isto, a tristeza faise festa e a relación consolidase, por estraña que pareza.

Un conto da tradición oral para dialogar sobre o dereito a elixir e sobre como o amor se impón -ou debería facelo- sobre as discrepancias.

ISBN 978-84-9871-232-2

9 788498 712322

A Lúa ladroa

ES

+ 3 anos

Pablo Albo & Pierre Pratt28 páxs. - novembro 2010

Un día o meu chupete desapareceu. Miña nai díxome que o levara a Lúa.

Fantasía e imaxinación para tratar con tenrura e humor un reto complicado para os máis pequenos e os seus pais: deixar o chupete. Trátase dun paso difícil. Os pais deben sero seu maior estímulo neste obxectivo e lecturas coma esta poden axudar a conseguilo.

12,90€

Page 12: Catalogo 2012 Galego

12,90€

Coas mans baleiras

ES | IN | FR

PT | IT

+ 4 anos

Ana Tortosa & Cecilia Varela36 páxs. - maio 2010

Hoxe é o aniversario de Mario e convidou a Albaa merendar na súa casa. Xa é case a hora,pero Alba non sabe que regalarlle. Polo camiño, busca algo que lle poida gustar ao seu amigo…

Non sempre o máis fermoso é o máis difícil de atopar e tampouco é necesario buscalo moi lonxe. Esta historia preséntanos valores moi afastados dos que a sociedade de consumo nos trata de impor. Un libro sobre un agasallo imperecedoiro: a amizade.

ISBN 978-84-9871-236-0

9 788498 712360

A vella Lulula

13,50€

ES

+ 4 anos

Mar Pavón & Alessandra Cimatoribus48 páxs. - xuño 2010

Despois de almorzar, fregar a louza e cepillaro único dente que lle quedaba saíucoma un foguete cara á pía que había no patio da súa casa.Lulula decide lavar a roupa e colgala a secarno patio, a pesar do agoiro de tormenta.

A protagonista deste conto representaa esas mulleres de idade que non se renden e están cheas de enerxía. Divertido relato acumulativo no que a través do xogo e a adiviña se resolve que o importante non é oír,senón saber escoitar e sobre todo mirar.

ISBN 978-84-9871-250-6

9 788498 712506

13,50€

A caixa dos recordos

ES

+ 5 anos

Anna Castagnoli & Isabelle Arsenault40 páxs. - xullo 2010

Na caixa gardou unha estrela rota,tres pedras, un paxariño de la…Un día pegou a estrela na tapa,levou as pedras ao mar.Deixou o paxariño xunto á fiestra…

Con sensibilidade e optimismo, as palabrascóanse entre os recordos para explorarna poética dos obxectos.

ISBN 978-84-9871-076-2

9 788498 71076213,50€

Lucas e Oso

ES

+ 3 anos

José Campanari & Kristina Andres40 páxs. - xullo 2010

O pequeno Lucas planeaba atrapar o monstroda xerra de auga, que mollaba a súa camacada noite. Para iso, contaba coa axudado seu fiel e leal amigo Oso.

Este relato aborda con tacto, naturalidade e a dose de humor xusta procesos de maduración complicados para os máis pequenos: deixar de mexar na cama e o primeiro día de colexio. O protagonista é un neno valente, disposto a enfrontarse ao seu problema coa mellor arma da que dispoñen os pequenos: a imaxinación, aliada perfecta para evitar complexos ou traumas.

ISBN 978-84-9871-240-7

9 788498 712407

Andrés cabeza abaixo

ES

+ 5 anos

13,50€

Pablo Albo & Roger Olmos40 páxs. - setembro 2010

Este libro é unha matrioska de todas as temidase voraces feras dos contos tradicionais.A historia realiza este orixinal repaso a través do estómago de cada unha das criaturas fantásticas que, xeración tras xeración,atemorizaron os nenos de todas as épocasbaixo a ameaza de engulilos.

As ilustracións obrigan a non perderse nin un só detalle e posibilitan novas lecturas. O humor irreverente das imaxes encaixa coa lectura divertida que pretende este álbum.

ISBN 978-84-9871-234-6

9 788498 712346

As manoplas de Carapuchiña

12,90€

ES

+ 3 anos

Inés Almagro & Mikel Mardones36 páxs. - outubro 2010

Reinterpretación divertida e orixinal do clásicode Carapuchiña Vermella. Tanto o texto como as imaxes xogan cunha dobre complicidade: a do lector e a da protagonista. A ambos se lles presupón coñecedores do desenvolvemento da versión popular máis estendida.

Esta versión rompe o arquetipo físico dunha nena de trenzas loiras e cara doce que forma parte do imaxinario colectivo; e incorpora extravagantes e divertidos personaxes: un moucho, un porco...

Page 13: Catalogo 2012 Galego

12

Nariz de ouro

ES

+ 5 anos

13,50€

Raquel Saiz & Juliana Bollini40 páxs. - abril 2010

Os nenos do colexio burlábanse de Eduardiño polo tamaño familiar do seu nariz co que nunca se mollaba cando se duchaba. Para animalo, cando chegaba á súa casa a súa nai sempre lle lía o mesmo conto: O patiño feo, ata que un día marabillouse ao descubrir que tiña un nariz que servía para calquera cousa.

Aceptarnos como somos supón unha existencia máis plena e afianza unha construción saudable da personalidade. Este conto reivindica con humor o dereito a sermos imperfectos e felices.

ISBN 978-84-9871-228-5

9 788498 712285

Viches o león?

ES | IN | FR

PT | IT

+ 4 anos

13,50€

Armando Quintero & Géraldine Alibeu48 páxs. - maio 2010

Tráiolle unha carta que recende a herbae a flores frescas.

A través desta fórmula, cargada de lirismo,que a ra repite a cada un dos animais cos que se atopa, este álbum completa páxina a páxina unha especie de crebacabezas de criaturas da selva, cuxas respostas se converten en pequenas pistas.Colaxe plástica e narrativa que confirmacomo as demostracións de amor no esixen fazañas.

ISBN 978-84-9871-230-8

9 788498 71230813,50€

Ranilda

ES

+ 4 anos

Mar Pavón & Chloé Rémiat40 páxs. - abril 2010

Ranilda considerábase tan fea que non soportaba ver o seu reflexo na auga; o seu amigoo sapoconcho convenceuna, gastándolle unha broma, de que non era una ra: só recuperarás a túa forma humana se consegues que unha muller te bique!

A beleza está nos ollos de quen mira e nos mira; este álbum advírtenos de que, moitas veces,son os nosos ollos os únicos que insisten en afearnos.

ISBN 978-84-9871-248-3

9 788498 712483

Cando non atopasa túa casa

12,90€

ES | IN | FR

PT | IT

+ 5 anos

Paloma Sánchez & Joanna Concejo36 páxs. - marzo 2010

Ás veces pérdeste na noite. Por un bosquedescoñecido camiñas sen rumbo.

Este conto mergúllanos e nos fainos vivir en primeira persoa un temido lugar común: os terrores nocturnos. O perfecto dominio da linguaxe poética e fantástica reconduce e mitiga neste álbum o medo e o desconcerto que acompaña a este tipo de experiencias. O lector comparte co protagonista a desorientación e tamén a viaxe onírica de regreso á casa.

ISBN 978-84-9871-218-6

9 788498 712186

A voda do Galo Pinto

13,50€

ES | IN | FR

PT | IT | EU

+ 4 anos

Juan A. Belmontes & Natalie Pudalov40 páxs. - febreiro 2010

Non cases co galo, nena de prata! Ven comigo!Coidarei de ti, ensinareiche recunchos secretos,faremos máis longas as tardes…Pero, raposa, Galo Pinto quéreme,cántame e só me pide que o leve na cabezacando imos de paseo.

Triángulo amoroso con celos, penas, enganos, cobiza… Con estes ingredientes a emociónestá garantida. Entre enredo e enredo, este álbum invítanos a reflexionar sobre o feito de que o amor non se conxuga con recibir ou dominar, senón coa alegría de dar, quen así nolo amosan son os que de verdade nos queren.

ISBN 978-84-9871-222-3

9 788498 712223

O embigo de Xanecas

ES | IN | FR

PT | IT

+ 3 anos

12,90€

Ramón Aragüés & Francesca Chessa36 páxs. - marzo 2010

Un día á hora do baño, xurdiulle unha dúbida sobre o buraco da súa barriga. E a este pequeno, como debería de sucedernos a todos,non lle gusta deixar ningunha pregunta sen responder.

Os nenos atravesan a etapa dos porquéscando a curiosidade por todo o que lles rodease alía coa imperiosa necesidade de descubrilo por eles mesmos. Deste xeito, é como se produce a aprendizaxe e o proceso natural de ir crecendo.Un conto para desvelar con humor intelixenteo porqué da existencia.

ISBN 978-84-9871-226-1

9 788498 712261

Page 14: Catalogo 2012 Galego

A casa da miña avoa

12,90€

ES | IN | FR

PT | IT

+ 4 anos

Pep Bruno & Matteo Gubellini36 páxs. - outubro 2009

Sae da vila, colle o camiño que leva ao val profundo, entra no bosque escuro e busca unha casa solitaria rodeada por un valado… Se te atreves, claro!

Nesta historia recórrese ao suspense e á tensión narrativa para abordar a inquietante —aínda que finalmente divertida— xornada que vive o pequeno protagonista, nun día que cría predicible: comer torta e apagar as candeas no seu aniversario.Pinceladas humorísticas nunha maraña de claras referencias literarias e cinematográficas.

ISBN 978-84-9871-210-0

9 788498 71210012,90€

A princesa que bocexabaa todas horasCarmen Gil & Elena Odriozola36 páxs. - novembro 2009 - Reedición

ES | EU | FR | PT

IT | BR | PL | NL

+ 3 anos

ISBN 978-84-96573-02-4

9 788496 573024

2º PREMIO MELLORES ILUSTRACIÓNS 2006LIBRO INFANTIL E XUVENIL

MINISTERIO DE CULTURA

A princesa non facía máis que bocexar. O rei trataba en balde de contentar a súa filla con todo o que tiña ao seu alcance.

Nunha sociedade a miúdo ameazada polo consumo, cómpre non esquecer a importancia das relacións humanas e do xogo tradicional como actividades indispensables para establecer lazos afectivos.

12,90€

Os mil brancos dos esquimós

ES | IN | FR

PT | EU

+ 4 anos

Isabel Minhós Martins & Madalena Matoso36 páxs - novembro 2009

ISBN 978-84-9871-216-2

9 788498 712162

Os meus ollos só ven branco. E os esquimóstemos os ollos negros.

Ás veces para viaxar lonxe, o único que se precisa é un xesto. Como neste caso, en que sóhai que abrir esta pequena xoia. A travésdeste álbum, os máis pequenos comprobarán como as coordenadas xeográficas e culturais condicionan a nosa forma de ver o mundo.

3º PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

MELLOR EDITADO 2009 MINISTERIO DE CULTURA

MENCIÓNS VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2010LIBRO INFANTIL E ILUSTRACIÓN

Sopa de nada

ES | IN | FR

PT | IT

+ 4 anos

12,90€

Darabuc & Rashin Kheiriyeh36 páxs. - xaneiro 2010

María Raposa e Xan Gato son dous pícarosque un bo día chegan ás portas dun palaciopedindo comida. Alí vive o avaro de Xan Rataque non lles quere dar nada, e eles entón ofrécense a prepararlle unha sopa ben prodixiosa, sopa de nada.

Fábula coa que os rapaces aprenderán a importancia de compartir e de ser solidarios.E por riba, descubrirán que para superar situacións de necesidade e dificultades, moitas veces abonda cun pouco de enxeño e imaxinación.

ISBN 978-84-9871-224-7

9 788498 712247

A princesa do CaurelPatacrúa & Javier Solchaga36 páxs. - febreiro 2010 - Reedición

E isto que é? Este é o gato que pillou a pegaque roubou o anel da princesa do Caurel…E isto que é?

Conto acumulativo clásico, mais cun desenlacee cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga… Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.

12,90€

ES | PT | EN

FR | IT

+ 4 anos

Mención WHITE RAVEN 2007

ISBN 978-84-96573-52-9

9 788496 57352913,50€

A bruxa regañadentesTina Meroto & Maurizio A. C. Quarello48 páxs. - febreiro 2010 - Reedición

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso,onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…

Conto de medo da tradición turco-rusa que conclúe cun final positivo que transmite a idea de que é posible superar os obstáculos.

ES | PT | EN

FR | IT

+ 4 anos

ISBN 978-84-9871-257-5

9 788498 712575

Page 15: Catalogo 2012 Galego

14

Picurruchos

13,50€

Mar Pavón & João Vaz de Carvalho40 páxs. - setembro 2009

Mamá Pimpona quere alimentar os seus famentos pimponciños, pero por nada do mundo recorrería a aqueles saborosos…

Galería de personaxes surrealistas que nos atrapan desde o primeiro intre: mamá Pimpona, pimponciños e picurruchos. Divertida e orixinal historia sobre o absurdo de certas prohibiciónsdesde unha perspectiva fantasiosa que convida ao sorriso. Unha historia onde o humor está presente de principio a fin.

ES | EU | PT

EN | FR

+ 4 anos

ISBN 978-84-9871-163-9

9 788498 711639

A figueira de Pelostortos

13,50€

ES

+ 4 anos

Ana G.ª Castellano & Mikel Mardones40 páxs. - outubro 2009

Antes me leven as almas en penaque darvos un figo da miña figueira!

Hai que ter tino co que se promete ás toas,sobre todo, se o que merecemosé un bo escarmento, tal e como lle ocorreao avaro protagonista deste terroríficoe divertido conto.Adaptación dun relato tradicional español,do que existen diferentes versións, con imaxesde grande forza plástica e colorista que recreanun ambiente naturalista.

ISBN 978-84-9871-208-7

9 788498 712087

Fiz, o coleccionistade medos

13,50€

Fina Casalderrey & Teresa Lima40 páxs. - outubro 2009

Fiz non era coma os outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo!

Neste álbum, a coñecida escritora galega fainos unha invitación para que nos riamos de nós mesmos. A ilustradora portuguesa pon a disposición da historia a súa suave paleta cromática e oníricas ilustracións.

ES | PT | EN

FR | IT | EU

+ 4 anos

ISBN 978-84-9871-206-3

9 788498 712063

MENCIÓN DEL JURADO DEL PREMIO NACIONALDE ILUSTRACIÓN DE PORTUGAL 2011

A máscara do león

ES | IN

FR | PT

+ 3 anos

13,50€

ISBN 978-84-9871-159-2

9 788498 711592

Margarita del Mazo & Paloma Valdivia48 páxs. - xullo 2009

Unha noite, Papá León foi visitar o picapaue encargoulle unha máscara lixeira como unha pluma, fría como o odio e vermella como a ira.

O paso á idade adulta do chamado a ser reida sabana é usado neste álbum como un argumento contra clixés e convencionalismos. A historia cuestiona as vidas rexidas polo que os demais esperan dun. Neste sentido, alerta sobre a enorme infelicidade que provoca a dificultade de ser un mesmo, algo tan simple e tan complicado á vez.

A sopa queima

12,90€

ISBN 978-84-9871-161-5

9 788498 711615

Pablo Albo & André Letria36 páxs. - xullo 2009

Pois sopra, filla, sopra.

No día a día, os máis pequenos teñen que facer fronte a retos que a eles lles parecen insuperables, aínda cando para os adultos só se trate de cousas sen importancia; neste caso, a sopa a unha temperatura imposible.Superar eses retos forma parte dun natural proceso de aprendizaxe e de crecemento,onde a imaxinación se converte no máis valioso recurso do que dispón un neno.ES | PT

EN | FR

+ 3 anos

A guerra dos Números

13,50€

ISBN 978-84-9871-154-7

9 788498 711547

Juan Darién48 páxs. - xuño 2009

UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.

Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos á loucura das guerras orixinadaspor mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza. ES | EU | EN

FR | PT | IT

+ 5 anos CJ 1st PICTURE BOOK AWARDSPREMIO DE ILUSTRACIÓN 2008DIPLOMA VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2009 CATEGORÍA DE LIBRO INFANTIL

Page 16: Catalogo 2012 Galego

A pota que trota

12,90€

ISBN 978-84-96788-95-4

9 788496 788954

Patacrúa & Kristina Andres36 páxs. - febreiro 2009

Un rei ambicioso e ruín que pasa as horascontando as súas riquezas; un home e unha muller máis pobres que as arañas; unha aldea de labregos enganados polo monarca; e unha potaque vai dun sitio a outro apañando e repartindoentre os máis desfavorecidos o que, en xustiza,lles corresponde.

Estes son os ingredientes desta divertida historia tradicional danesa, escrita probablemente coa idea de entreter e consolar a todos os que só dispuñan da fantasía para conxurar o destino.Formalmente o texto preséntase como homenaxe implícita a Daniel Castelao, gran defensor da xustiza social.

ES | PT | EN

FR | IT

+ 4 anos

Paco Trolas

12,90€

ISBN 978-84-9871-144-8

9 788498 711448

Roberto Aliaga & Simona Mulazzani36 páxs. - marzo 2009

O ratiño protagonista desta historia percibee expresa a realidade coma un xogo fantásticoao servizo dun fin preciso: fala de lobos,raposos e gatos que están na súa imaxinación.

Pero a fantasía ten un carácter efémero e non chega a materialidade da percepción.Por iso, Paco, igual que os lectores, terá que distinguir entre fantasía e realidade no momento oportuno, xusto no momento de pechar o conto. Frases curtas e emocionais ao alcance dos pequenos axudaranlles a se identificar con Paco, cos seus medos, e cos seus xogos, nunha palabra, coa súa fantasía.

ES | PT | EN

FR | IT

+ 3 anos

Mosquito

12,90€

ISBN 978-84-9871-078-6

9 788498 710786

Margarita del Mazo & Roger Olmos36 páxs. - marzo 2009

Un mosquito ofrécelle a súa axuda a un anciánque quere descubrir cal é a carne máis saborosa, e liberarse así dunha terrible serpe que o quere papar. A cambio, o vello dálle unha dentadura de ferro para que ningunha vítima se lle resista, pero o agudo insecto utilizaraa para satisfacer a súa voracidade desmedida…

En clave humorística, con este conto tradicional chinés, de carácter etiolóxico, descubriremosque o mosquito ten un grito de guerra: o seu zunido, e tamén cal é a razón de que ás serpes coman ratos e as andoriñas sexan amigas do home.

ES | PT

EN | FR

+ 4 anos

Velliñas

13,50€

ISBN 978-84-9871-150-9

9 788498 711509

Charo Pita & Fátima Afonso48 páxs. - maio 2009

Antea e Filipa son dúas velliñas humildesque comparten todo, aínda que o seu todosexa case nada: sopa de auga de luns a sábado e un fideo a medias os domingos. Pero son felices ao contar coa súa maior riqueza: o afecto dunha pola outra.

Esta historia amosa que somos capaces de facer cousas que parecen imposibles polas persoas que queremos, e que paga a pena chegar a vellos, pero moi vellos, para gozarcanda elas dos grandes praceres —un gran banquete— e dos pequenos —unha faba diminuta.

ES | EU | PT

EN | FR | IT

+ 4 anos

Pulga e Xigante

ES

+ 5 anos

13,50€

ISBN 978-84-9871-147-9

9 788498 711479

Serenella Quarello & Maurizio A. C. Quarello48 páxs. - abril 2009

Cansada de facer todos os días o mesmo, Pulga decide coñecer mundo. Na súa viaxe cruzará desertos, bosques, montañas, chairas inmensas… fuxirá de perigos terribles e vivirá aventuras emocionantes. Ese mesmo día, e á mesma hora, o Xigante que estaba tan tranquilo, de súpeto, comeza a sentir un proído nos pés,logo nas pernas, nas costas… Entón, á súa nai parécelle ver… unha pulga?

Ademais do divertimento, esta obra favoreceque nos decatemos de que pode haber varias miradas e interpretacións dunha mesma realidade.

Cantas pingas na cidade!

12,90€

ISBN 978-84-9871-152-3

9 788498 711523

Eva Montanari36 páxs. - maio 2009

ES | PT

EN | FR

+ 5 anos

Despois dun longo sono, espertan e sentencuriosidade polo que hai abaixo na cidade. Lánzanse desde as nubes, comezan a caer:unha, dúas, tres…

Mimetizados coa cidade, viven personaxes peculiares. Son a alma da rúa.Unha oportunidade de achegamento aos números: contando, asociando…

2º PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

MELLOR EDITADO 2009 MINISTERIO DE CULTURA

DIPLOMA VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2009 CATEGORÍA DE LIBRO INFANTIL

Page 17: Catalogo 2012 Galego

16A grande viaxeAnna Castagnoli & Gabriel Pacheco40 páxs. - xaneiro 2009

13,50€

ES | EU | PT

EN | FR | IT

+ 5 anosPREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO 2009

A viaxe sucede na memoria, no recordo, é o percorrido imaxinario no que nos embarcamos, arrolados por esa música que se oculta baixo as nosas camas. O protagonista deste álbum sucará mares, atravesará países en guerra, rescatará animais en situación de perigo… e regresará como un heroe.

Como metáfora da vida, a viaxe lévanos a descubrir o mundo e a tomar partido en circunstancias difíciles, pero a natureza da viaxe mesma é o espazo da imaxinación.

O último canto

13,50€

Pablo Albo & Miguel A. Díez40 páxs. - febreiro 2009

Todas as mañás, o galo de Filiberto e Sacramento subía ao campanario e cantaba: Oh sole mío…!Así foi durante moitos anos, tantos que parecía que sempre sería igual. Pero o capón pouco a pouco chegou a vello e unha noite fechou os ollos…

A morte é un concepto difícil de comprender.O último canto enfronta este tema como proceso natural da vida e con todas as etapas que o caracterizan (dó, a aceptación, e finalmente, ecordo…).

ES | PT | EN

FR | IT

+ 5 anos

MENCIÓN WHITE RAVEN 2010

CrocoRoberto Aliaga & Minako Chiba36 páxs. - xaneiro 2009

Croco tiña fame, pero mamá tiña que vixiaro niño. Alí había un ovo e no ovo… un irmán. Croco marchou disposto a cazar só, pero aínda era algo pequeno e non estaba acostumado a buscar a merenda.

Unha historia sinxela, narrada con musicalidadee recreada en ilustracións tenras e coloristas,que incide en que o nacemento dun irmán é algo fermoso que supón máis vantaxes que inconvenientes.Por iso, calquera temor a que xere un conflito queda totalmente diluído cando o pequeno entende que non precisa rivalizar polo afecto.

12,90€

ES | PT | EN

FR | IT

+ 3 anos

Ernesto Bo día

13,50€

José Campanari & João Vaz de Carvalho40 páxs. - outubro 2008

Aquel domingo, Ernesto estaba convidadoa merendar na casa da súa noiva. A citaera ás seis, nin un minuto antes, nin un minuto despois. Ernesto saíu da casa nunha tarde soleada, mentres Henriqueta, a irmá, a nai,o pai e a avoa preparaban a merenda.Levantouse unha brisa, caeron unhas pingas, choveu e ventou… mentres a familia da noiva, desacougada, non deixaba de mirar o reloxo porque Ernesto non daba chegado.

Unha divertida historia na que o protagonista seguindo a máxima do avó —ao mal tempoboa cara—, non perde o ánimo nin nos momentos máis críticos.

ES | EU | PT

EN | FR

+ 5 anos

Buscando o Norte

13,50€

Paula Carbonell & Cecilia Afonso Esteves40 páxs. - agosto 2008

O vagalume xoga a ser estrela fugaz, a limacha pide un desexo… e entón comeza a viaxe cara ao país dos pexegueiros, detrás da estrela polar e na compaña das distintas fases da lúa.

A viaxe, e non o destino final é o que fará que os protagonistas desta historia se enriquezan, maduren e descubran novos mundos, dentroe fóra deles mesmos. Un conto para vermosa través dos ollos máis pequenos, sobre a herba, entre as pingas de orballo.ES | PT

EN | FR

+ 5 anos

Os sete cabritosTareixa Alonso & Teresa Lima40 páxs. - novembro 2008

Había unha vez sete cabritos que vivían felices nunha cabana do bosque coa súa mamá;pero preto de alí roldaba un lobo feroz…

Conto tradicional amplamente difundidoe popularizado a partir da versión do clásicode Grimm. Trátase, xa que logo, de todo un referente dentro dos relatos infantís que vén para alimentar a imaxinación dos pequenos lectores e achega calidade ao panoramada literatura infantil actual.

13,50€

ES | PT | EN

FR | IT

+ 3 anosMENCIÓN DO XURADO DO PREMIO NACIONALDE ILUSTRACIÓN DE PORTUGAL 2010

Page 18: Catalogo 2012 Galego

Un segredo do bosque

13,50€

ES | EU | EN

FR | PT

+ 5 anos

Javier Sobrino & Elena Odriozola40 páxs. - abril 2008

Desde que o coñeceu, Esquío non o podía quitarda cabeza. Cando pensaba nel, escurecíasellea vista, íaselle a voz, o estómago poñíasellecomo unha pedra, e é que… Esquío estaba namorada! O seu segredo percorreu todos os recunchos do bosque. Moitos opinaban que era unha tolaría, pero cando chegou o outono…

Unha entrañable e asombrosa historia de amorna que as diferenzas non resultan un impedimento.

Chuzos de punta

12,90€

Raquel Saiz & Maja Celija36 páxs. - abril 2008

O señor Manolo ergueuse como todos os días; lavou a cara, vestiuse… e ao saír á rúa…caeulle unha princesa na cabeza! E é que hai días en que as leis da natureza non funcionan: hai días en que o amor cae do ceo.

Lirismo, ironía e normalidade absoluta, para revisar, con grande sentido do humor, o tópico da princesa dos contos tradicionais que coñece a un príncipe e se namora del para toda a vida.

ES | PT

EN | FR

+ 5 anos

Os tres porquiños

12,90€

Raquel Méndez & Helga Bansch36 páxs. - maio 2008

O porquiño máis novo non tiña moitas ganasde traballar e fixo, para resgardarse, unha casade palla. O mediano traballou máis e fíxoa de madeira, pero, o máis vello tivo que traballar moito para construír unha casa de ladrillo. E cando chegou o lobo e soprou e soprou…

Fiel á versión tradicional e discurso visual de gran dinamismo, baseado en imaxes sinxelase divertidas que se combinan nun álbum intemporal para entender que as cousas cambian, as persoas evolucionan e o crecemento (combinado con esforzo, intelixencia e planificación racional) ten moitas vantaxes.

ES | PT | EN | FR

IT | EU | PL

+ 3 anos

Quen levou a Lúa?

12,90€

Kipá, o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos grandes; unha noite de lúa chea escapa á montaña e aspira tan forte que a lúase desprende do ceo…

Nesta divertida historia sobre a aprendizaxee descubrimentos da vida, suxírese que a sabedoría se adquire cos anos, e polo tanto, hai que tirar proveito de cada unha das etapas.Unha historia sinxela para que comprendamos dunha forma intuitiva, onde se acha a esencia das cousas.

Mario Catelli & Madalena Matoso36 páxs. - xullo 2008

ES | PT | EN

FR | IT

+ 4 anosDIPLOMA VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2008 CATEGORÍA DE LIBRO INFANTIL

E que podo facer eu?

13,50€

José Campanari & Jesús Cisneros40 páxs. - maio 2008

O señor Xe le as noticias do xornal e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer eu? Un díaatopa unha resposta; outro día, outra;e outra máis…

Este álbum lémbranos que hai que ver máis alá de nós mesmos, e esforzarse un pouco máisen axudar a quen o necesita. Son moitasas cousas que, case sen nos decatar,podemos facer. É suficiente con abrir os ollose aprender a mirar.

ES | PT

EN | FR

+ 5 anos

Macario Dromedario

13,50€

Rachel Chaundler & Bernardo Carvalho40 páxs. - xullo 2008

O pequeno dromedario, farto dos comportamentos abusivos dos seus irmáns, non é quen de lles facer fronte, e chora sen parar.É por iso tamén que a súa xiba cada vez tornamáis insignificante. Pero cando as cousas comecen a se poñer difíciles e xurdan os problemas… Macario demostrará quen é o máis forte.

Nos primeiros anos da infancia, a complexidadedas emocións pode facerlles sentir aos máis pequenos que non atopan as palabras para se expresar, e aparece entón o pranto, case sempre ante situacións de medo, angustia, frustración, confusión, necesidade…

ES | PT

EN | FR

+ 3 anos

Page 19: Catalogo 2012 Galego

18Pétala

ES

+ 3 anos

Pep Bruno & Luciano Lozano36 páxs. - marzo 2008

Un día Pétala vai regar as plantas e descobreque non hai auga. Disposta a coñecer o motivo, voa ata as nubes e atopa un tremendo dragónque se apoderou da casa da chuvia…

Álbum moi visual que ao fío da acción e desde unha perspectiva fantástica, trata transversalmente o problema da escaseza de auga, un recurso esencial para a vida e a conservación do medio. Fomenta a conciencia medioambiental e reflexionar sobre a necesidade de coidar o planeta.

12,90€

A noite das mudanzas

ES

+ 4 anos

Pep Bruno & Lucie Müllerová40 páxs. - marzo 2008

Granxeiro Leiro daba voltas e máis voltas na cama, pero non podía durmir: esquecera tomar o seu vaso de leite! Ergueuse coa idea de ir muxir a vaca, pero aquela era a noite das mudanzas e, cando chegou á corte, atopou…

Con este álbum, os nenos achéganse aos animais da granxa dunha maneira distinta e divertida. Cunha proposta de texto sinxela, mais lúdica e imaxinativa, o álbum apóiase na complicidade da imaxe e na súa intensidade narrativa para provocar nos lectores a curiosidade, a sorpresa e, finalmente, o sorriso. Un libro para que adiviñen o que vai pasar, para que recorden o que hai detrás de cada páxina.

13,50€

A incríbel historiada nenapaxaro e o galopín

ES | PT | EN

FR | IT

+ 5 anos

Anna Castagnoli & Susanne Janssen48 páxs. - febreiro 2008

Aquel neno pasaba as horas subido nunha grande árbore. A nai berráballe desde a ventá: es un galopín! E así, un día tras outro, todos os días, de todos os meses do ano, ata que o neno acabou por esquecer o seu verdadeiro nome. Mais un día estraño de maio, o galopín atopou na copa da árbore un pequeno ovo de paxaro…

Un libro sen idade, que achega material para a reflexión sobre a importancia do afecto e axuda a ver detalles que poden pasar inadvertidos, pese a que en realidade conforman a personalidade dun individuo. 13,50€

Un gato na árbore

ES | PT | EN

FR | IT

+ 4 anos

Pablo Albo & Géraldine Alibeu40 páxs. - febreiro 2008

Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan á beira da árbore soben coa intención de axudalo; pero a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non soporta tanto peso…

Un conto con moito humor que emprega os recursos esenciais da oralidade. Ofrece posibilidades para a dramatización e a experimentación co feito literario.

13,50€

OllobruscoDarabuc & Maurizio A. C. Quarello36 páxs. - xaneiro 2008

Un rato, movido pola curiosidade e o desexode ser feliz, sae a correr mundo, xunto con dous compañeiros de aventuras, un can e un elefante, que tamén queren coñecer máis cousas que as de cada día.Despois de percorreren varias paisaxes máxicas e cruzaren o océano das estrelas, topan o ciclope Ollobrusco e, nun exceso de inxenuidade… Elefante e Can acaban no bandullo do monstro. Porén, a astucia do rato salvaraos.

Ao final todos aprenden algo: uns a seren cautos e outros, a non usaren a violencia.

12,90€

ES | PT | EN

FR | IT

+ 4 anos

Petra

13,50€

Helga Bansch40 páxs. - novembro 2007

A gordura é fermosura!, dicíalle a súa nai, pero a Petra non lle gustaba a imaxe que lle devolvía o espello. Ela quería ser alta, esvelta e elegante, e sería capaz de remover ceo e terra para conseguir un físico diferente.A elefanta que aínda conserva a esperanza de atopar unha solución ao que considera un problema comeza unha viaxe que propiciará un encontro moi especial.

Unha visión optimista no sentido de aprender que a autenticidade será o camiño de satisfacción, e que os demais nos aceptarán tal como somos.

ES | PT | EN

FR | IT

+ 4 anos

Page 20: Catalogo 2012 Galego

O soño do osiño rosaRoberto Aliaga & Helga Bansch40 páxs. - xullo 2007

O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondodo río… Pero con ningunha das cousasque lle trouxeron, conseguiron que deixasede chorar… Con que soña un osiño rosa?

Unha historia coa que aprendemos que ser solidarios require poñerse no lugar dos outros e comprendelos. Cómpre algo máis que boas intencións para axudarmos a alguén.

13,50€

ES | PT | EN

FR | IT | BR

+ 3 anos

Titiritesa

13,50€

Xerardo Quintiá & Maurizio A. C. Quarello48 páxs. - setembro 2007

Titiritesa vive no reino de Trasantonte. A súa nai, Mandolina, soña con ver a filla ben casada e tenta educala como unha cortesá refinada. Pero a filla non comparte as aspiracións da súa nai, a raíña, e rexeita esa vida convencional que lle queren impoñer.Ante a inminente chegada dunha institutriz, Titiritesa decide fuxir do palacio para vivir fantásticas e divertidas aventuras: como coñecer outra princesa de labios doces…

Nesta historia festéxase o amor sen prexuízos, namentres que coa sensibilidade necesaria se lle expón o tema aos lectores infantís e se contribúe á súa educación afectiva.

ES | PT

EN | FR

+ 5 anos

O día en que a mamáse lle puxo cara de teteira

12,90€

Raquel Saiz & João Vaz de Carvalho36 páxs. - setembro 2007

ES | PT

EN | FR

+ 5 anos DIPLOMA VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2007 CATEGORÍA DE ILUSTRACIÓN

A mamá de Marquiños estaba tan anoxada que empezou a botar fume pola boca coma se fose un dragón. Ao momento, o seu nariz converteuse nun biquelo; e a súa orella esquerda, nunha asa. Un pouco despois Marquiños recollía do chan unha teteira que se parecía moito a súa nai.

Un conto para transmitirmos o pracer pola lectura.

As pousadeiras do rei

12,90€

Raquel Saiz & Evelyn Daviddi36 páxs. - outubro 2007

O rei dispoñíase a almorzar, como todos os días, no seu comedor real; e, ao sentar no trono… cravou un alfinete no cu! Ai! Ai! Ai! queixábase, suplicando axuda. Pero ninguén se atrevía a tocarlle as pousadeiras ao rei.

Desmitificando os costumes e os hábitos do palacio, Raquel Saiz constrúe un texto áxil, sinxelo e divertido, moi apropiado para os máis pequenos. Con enxeño e gran sentido do humor, amósanos a cara máis absurda duns nobres que por mor do seu rango, non son capaces de resolver un asunto tan sinxelo.

ES | PT | EN

FR | IT

+ 4 anos

O oso e o corvo

13,50€

Monika Klose & André da Loba48 páxs. - outubro 2007

O oso quería voar e o corvo quería ser forte como un oso. Como conseguilo? A solución parecía sinxela: só tiña que trocar as ás polos brazos e… a voar!… ou non?

Divertida historia sobre soños, lealdades e acordos incumpridos, cunha mensaxe clara:en cada un de nós hai cousas de valor, só cómpre mirar no noso interior, valorar as nosas capacidades e nunca deixar de soñar.

ES | PT

EN | FR

+ 4 anos PREMIO VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2008CATEGORÍA DE ILUSTRACIÓN

Tres osos

12,90€

Marisa Núñez & Minako Chiba36 páxs. - novembro 2007

Nunha cabana do bosque vivían tres osos.Un día os osos saíron dar un paseoantes de almorzaren; entón Riciños de Ouro atopou a casa baleira e entrou…

A partir do conto tradicional, o narrador engade unha serie de comentarios sobre hábitos, virtudes e bos costumes que inciden en valores como a responsabilidade, a autonomíae o bo uso da liberdade.

ES | PT | EN

FR | IT

+ 3 anos

Page 21: Catalogo 2012 Galego

20Tres desexosEva Mejuto & Gabriel Pacheco36 páxs. - xuño 2007

Soñar en noites de lúa, trae fortuna. Podedes pedir tres desexos, dicía o misterioso papel que se coou pola cheminea, cando os velliños estaban a asar un anaco de pan. Dentadurasde ouro, traxes elegantes, un palacio de diamantes… Que difícil escoller…! Entón a velliña cavilou que cun chourizo metido no pan, pensaría mellor.E, de repente… zas!, velaí un chourizo.Acababa de malgastar o seu primeiro desexo!

Este conto, adaptado da tradición oral ortuguesa, fálanos do poder dos soños, da sorte que parecee desaparece, caprichosa diante de nós, e de que mentres teñamos afecto e soños por cumprir, seremos felices.

12,90€

ES | PT | EN

FR | IT | NL

+ 4 anos

Paco PapánPatacrúa & Evelyn Daviddi40 páxs. - abril 2007

Paco Papán empéñase en atopar un traballoá súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casaduns labregos, o mércores na taberna…Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseveranza e optimismoveranse por fin recompensados.

Esta versión do conto tradicional europeo incorpora un ritmo áxil e orixinal marcado polos sete días da semana, que indican o discorrer do tempo e o peche do ciclo en que se completaa independencia do protagonista.13,50€

ES | PT

EN | FR

+ 4 anos

RitaRachel Chaundler & Bernardo Carvalho36 páxs. - maio 2007

O bosque tropical está cheo de perigos,pero Rita, a bolboreta, é moi atrevida e non ten medo a nada. Un día achégase aos elefantes que chapuzan na auga e vese atrapada nunha situación que non domina. Rita pide auxilio, pero ninguén a pode axudar. Finalmente, a situación resólvese grazas á colaboración dun personaxe inesperado…

Argumento sinxelo e tenro, que toca temascomo a importancia da prudencia, o valor da amizade, ou a solidariedade.Temas que mesmo poden entrar en contradición,velaí a dificultade de calquera proceso de aprendizaxe.12,90€

ES | PT | EN

FR | IT

+ 3 anos

Libro de contar

13,50€

Pep Bruno & Mariona Cabassa40 páxs. - marzo 2007

Hai moitas formas de contar. Pódense contaras nubes deitado na herba, pódense contaras formigas que saen do formigueiro sentado xunto a un amigo, pódense contar as papoulas do campo mentres paseas… ou pódese contar un conto ao tempo que se contan os personaxes que o van facendo… Pero, ao chegar ao número doce, sae a lúa, todos temos que ir durmir,e empeza a conta atrás!

Unha historia pensada para ser lida e narrada en voz alta, que se vai construíndo conforme entran e saen os personaxes, con múltiples posibilidades e máis dunha lectura.

ES | EN | PT

FR | IT

+ 4 anos

Mariluz Avestruz

12,90€

Rachel Chaundler & Bernardo Carvalho36 páxs. - febreiro 2007

Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola.Pola noite, para non esmagala, dorme coa cabeza enterrada e coa cola ao aire. Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e decátase de que non pode mover a cabeza. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, e tira, e tira… pero a cabeza está atrancada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda.

Con reminiscencias daquel antigo conto de Alexei Tolstoy, fica claro que o poder para mudar as cousas se logra mediante o traballo en equipo.

ES | EN | PT

FR | IT

+ 3 anos

13,50€

Sígueme!(UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO)

José Campanari & Roger Olmos48 páxs. - xaneiro 2007

Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namórase dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para estaren xuntos quédalles un longo camiño por percorrer.

O autor, con gran sentido do humor, crea un personaxe entrañable, capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza,na procura do amor verdadeiro.Que non ten nada de raro!

ES | EN | PT

FR | IT

+ 4 anos

Page 22: Catalogo 2012 Galego

Sal e Azucre

ES

+ 5 anos

Iván Prieto36 páxs. - xullo 2006

Nunha casiña de sal, ao pé da montaña, vivían unha velliña, toda toda de sal, e un velliño,todo todo de azucre. Uns días queríanse moitoe outros non paraban de discutir…

Conto popular grego cunha suxestiva proposta plástica. Coa metáfora da sal e do azucre de fondo, constrúese esta historia que recrea de modo simbólico sentimentos e ambientes difíciles de captar: as diferenzas de carácter, as dificultades na relación de parella, a dolor da separación, a comprensión, a necesidade de afecto...

12,90€

Bebé Bigotes

12,90€

Patacrúa & Alessandra Cimatoribus36 páxs. - xullo 2006

Unha vella moi vella e un vello moi vello desexaban ter un bebé, pero non tiñan nin ideade como facelo. Despois de moitos intentos,de experimentaren diversas fórmulas e mesmode pediren a colaboración de reis e de cegoñas, a velliña tivo unha idea…

Con agudo sentido do humor, esta versión libre dun conto tradicional mongol, urde unha trama chea de delicados detalles, a partir dun dos grandes misterios da vida: de onde veñen os nenos?, ao tempo que desenvolve o tema da idade e da procreación.

ES | EN | PT

FR | IT

+ 5 anos

Corre corre, cabaciña

12,90€

Eva Mejuto & André Letria36 páxs. - setembro 2006

De camiño ao casamento da neta, unha velliña atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

Cun ritmo áxil e co lenga lenga case un trabalinguas—, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral.

ES | FR | PT | EN

IT | PL | NL

+ 3 anos

As dentaduras de Paco Palma

13,50€

Mercedes Pérez Sabbi & Renata Gallio48 páxs. - novembro 2007

O carteiro Paco Palma tiña un problema: non podía comer e pensar ao mesmo tempo, por iso usaba dúas dentaduras; unha branca para pensar e outra laranxa para comer.Pero un día Paco Palma esqueceuse da merenda e, cos dentes laranxas na boca, botouse a durmir debaixo dunha árbore.

Argumento sinxelo e un final en que fantasía e realidade se mesturan. As imaxes salientan o espírito humorístico do texto e, sen abandonaren un ton cordial e divertido, compleméntano con escenas cómicas moi eficaces.

ES

+ 5 anos

A viaxe das bolboretas

13,50€

Paula Carbonelll & Chené48 páxs. - outubro 2006

Don Vermiño propuxérase percorrer os cinco metros que separaban a laranxeira do limoeiro.De camiño, unha pulga, unha formiga, unha xoaniña, unha tesoiriña e un grilo deciden acompañalo. Mais, ao chegar ao seu destino, Don Vermiño segue só, e aparece unha temible avespa…

O emprego de estruturas acumulativas e repetición de sucesos facilitan a memorizacióndo texto. Usando esta fórmula tan eficaz para primeiros lectores, a autora desenvolve esta tenra historia de colaboración e agradecemento. As ilustracións, simpáticas e expresivas, foxen do clixé sobre o insectos.

ES | EN | PT

FR | IT

+ 3 anos

O papón

13,50€

Pablo Albo & Maurizio A. C. Quarello48 páxs. - novembro 2006

A avoa decide prepararlles ás súas tres netasunha sorpresa na bodega: pan con mel (esquecera que ese era precisamente o xantar preferido do Papón). As netas, unha por unha, baixan polas escadas escuras, frías e misteriosas; empurran a porta e…

O Papón é un dos comenenos máis popularesen toda a xeografía do Estado español, e por este motivo presenta características diferentes segundo a zona. Nesta versión axústase en boa medida á tradicional, aínda que o autor trata o asunto con moito máis sentido do humor e decídese por un desenlace amable e divertido.

ES | EN | PT

FR | IT

+ 4 anos

Page 23: Catalogo 2012 Galego

22ChocolataMarisa Núñez & Helga Bansch36 páxs. - xuño 2006

Chocolata toma o seu baño diario na lagoa.Un día escoita que na cidade hai unha casade baños, e sae de viaxe coa intención de probala. Para non parecer tan salvaxe, merca un chándale unhas zapatillas deportivas con luces.Xa está lista para coñecer a vida na cidade.

Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valordo que temos preto.

12,90€

ES | IT | PT | EN | FR

BR | PL | NL

+ 3 anosPREMIO INTERNACIONALLITERATURA INFANTIL 2007 FUNDACIÓN ESPACE ENFANTS

Bóla de manteiga

13,50€

Ana Presunto & Iván Suárez48 páxs. - maio 2006

Era unha vez un neno comellón, que pasaba o día a xogar. Un día petou na porta da súa casaunha bruxa cun saco, que viña coa intenciónde levalo… Hai algo máis terrible?O pequeno, con astucia e intelixencia, logrará fuxir do perigo. Pola contra, a perversa bruxa acabará burlada e enganada, vítima do seu propio castigo.

Conto de medo tradicional noruegués, onde atoparemos moitos dos elementos dos relatos populares europeos, como as repeticións típicas dos textos infantís e o ritmo trepidante da acción.

ES

+ 4 anos

O segredo do Rei Curro

13,50€

Patacrúa & Magicomora48 páxs. - marzo 2006

O Rei Curro tiña orellas de burro, e o único que o sabía era o seu barbeiro. Incapaz de gardar silencio, decidiu cavar un burato e ocultar o seu segredo baixo terra. Co tempo, no lugar naceu un canaval, e un día, un comediante que pasaba por alí, cortou unha cana para facer una frauta. Ao tocala, do instrumento saíu, como por arte de maxia, unha melodía que dicía:O rei Curro ten orellas de burro!

Este conto está inspirado no mito do rei Midas e xoga de modo humorístico cun personaxe que non acepta a súa eiva.

ES | PT

+ 4 anos

Pedra, pau e palla

13,50€

Ana Presunto & Josep Rodés48 páxs. - marzo 2006

Un leñador ten tres fillas. Cada vez que o leñador vai ao bosque, deixa un rastro para que elas o atopen sen problemas. Deste xeito, as tres cativas cando lle levan a comida ao seu pai, van por un carreiro sinalado con pedras, paus e pallas. Mentres, un oso trama un plan para raptalas, e cando volven para á casa, as tres caen na trampa e seguen unha pista equivocada que as leva cara a súa cova.

Clásico da tradición rusa que nos amosa que os erros teñen solución, só é necesario imaxinación e astucia para superalos.

ES | PT

FR | IT

+ 3 anos

Míster Corvo

13,50€

Luisa Morandeira & Maurizio A. C. Quarello40 páxs. - febreiro 2006

Un pastor gaña a gratitude dun vello corvo,cando lle arrinca unha espiña da prata.Tras este xesto, a ave, axudarao a conseguir os seus soños, a través dunha serie de trocos, que a partir da espiña serán a liña condutora da narración. Pola espiña, unha candea; pola candea, unha vaca; pola vaca, unha moza; pola moza… UNHA FRAUTA!

Adaptación dun conto orixinal turco, a partir do esquema de fórmula común, que aparece en Europa.

ES | PT

FR | IT

+ 4 anos

A cabra bobaPep Bruno & Roger Olmos36 páxs. - xaneiro 2006

Despois de buscar e buscar por toda a aldea,Miguel atopou a súa cabra subida no tellado. Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?, preguntábase Miguel.

Unha historia ideal para contar aos máis pequenos antes de ir durmir.Un conto co texto imprescindible, apoiado con ilustracións dinámicas e caricaturescas que destilan detalles cómicos e información estimulante para a imaxinación.

ES | EN | PT

FR | IT

+ 4 anos

12,90€

Page 24: Catalogo 2012 Galego

Rato Tom foi visitar a súa amiga Tomasa. Alegría na celebración! Veña viño, veña touciñoe máis viño… e Rato Tom caeu redondodo bidón. Ai que desgraza!, berrou Tomasa. Vestiuse de loito e pechou a casa; e contoullea súa pena á cociñeira; e a cociñeira á ola;e a ola á fonte… Ata o ceo entristeceu coa nova, mais ao final, algo insólito aconteceu… e todos recuperaron a alegría.

Inspirado nun conto tradicional brasileiro,esta versión esta chea de humor e agudeza.

Marisa Núñez & Alessandra Cimatoribus36 páxs. - xullo 2005

12,90€

ES | PT

FR | IT

+ 3 anos

Rato Tom e rata TomasaManda narices!

13,50€

Paco Liván & Iván Prieto48 páxs. - xullo 2005

Tres irmás reciben en herdanza unha ola e unha culler. Ao remexeren, aparecen tres obxectos con poderes máxicos. A máis pequena pretende usar o seu para coñecer o famoso príncipe de Tomboso. Como ademais de aposto, resulta ser un home ruín, narcisista e vaidoso, con trampas e enganos, consegue humillar a rapaza e apodérase do legado das tres.Mais fronte á adversidade, as cativas botan man do seu enxeño para darlle ao príncipeun bo escarmento.

Esta historia de ritmo sintético e eficaz, xurde da combinación dunha variante quebequesa con outras versións alemás.

ES | FR | PT

EN | IT

+ 5 anos

Verlioka

13,50€

Patacrúa & Magicomora48 páxs. - setembro 2005

O terrible xigante Verlioka raptoulle as netasao labrego e quixo esmagar a súa muller. Entón, o avó decidiu ir na súa procura para axustarlleas contas. Polo camiño atopou unha oca sen cola, un can mil razas e un burro rabón; e todos xuntos foron darlle o seu merecido ao xigante.

A estrutura da historia correspóndese co esquema do conto marabilloso ruso, estudado por Vladimir Propp. Verlioka é un exercicio de estilo, rexido por normas e regras arquetípicas; e toma emprestados, aspectos da tradición oral.

ES

+ 4 anos

13,50€

Palabra de crocodiloIván Suárez48 páxs. - setembro 2005

Como o vello crocodilo quería chegar ao río, e Bamako precisaba cruzar á outra beira, ambos decidiron axudarse mutuamente.Pero cando o crocodilo estaba na auga, entráronlle unhas ganas irresistibles de comer o neno.

Das moitas versións que circulan polo mundo, Iván Suárez escolle como base o conto recompilado en Burkina Faso. Esta historia lémbranos que os humanos tamén se equivocan e convidanos a implicarnos desde a infanciana protección do planeta.

ES

+ 4 anos

A cousa que máis doe do mundo

12,90€

Paco Liván & Roger Olmos36 páxs. - outubro 2005

A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. A mentira é a cousa que máis doe do mundo, di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta do palacio, un pastel moi especial que vai provocar a cólera do rei.

Edificante e divertida historia da tradición oralda Costa de Marfil.ES | EN | PT

FR | IT

+ 5 anosPREMI LLIBRETER 2006MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO

Mención WHITE RAVEN 2006

O sultán e os ratosJoan de Boer & Txell Darné36 páxs. - novembro 2005

Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña cuartos cheos de queixos, procedentes de todas as partes; pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron que buscar unha solución. Para botaros ratos, mandaron traer gatos; para botar os gatos, traer cans; para botar os cans, traer leóns; para botar os leóns, traer elefantes; para botar os elefantes, traer ratos… e así ata nunca acabar.

Este conto, de orixe árabe, encadea unha serie de sucesos que van complicando cada vez máis a historia deica ao final, en que tornamos ao punto de partida.

ES | EN | PT

FR | IT

+ 4 anos

12,90€

Page 25: Catalogo 2012 Galego

24

Colección QLibros que sempre teñen algo que dicir,para satisfacer as arelas dos lectores inquedos, críticos,buscadores incansables, predispostos ao xogo,capaces de gozaren tamén esteticamente,e abertos á hora de elixiren o seu propio camiño na literatura.

8 - 12 anoscartoné

15x20 e 22x28 cm

Page 26: Catalogo 2012 Galego

Jack e a MorteTim Bowley & Natalie Pudalov32 páxs. - xaneiro 2012

Jack atópase coa Morte e, ao intuír que vai buscar a súa nai, que está doente, trama un plan para librarse dela. Con incrible astucia, é quen de atrapar o sinistro personaxe nun bote; pero as consecuencias do acto serán imprevisibles…

Nesta versión do conto tradicional británico enfatízase a idea de presentar a morte non como inimiga da vida, senón como a outra cara dunha mesma moeda: unha non existiría sen a outra. As ilustracións recrean fermosas metáforas visuais e imaxes con cores que contrastan o temporal e o inmortal para acadar un efecto dramático e darlle carácter poético ao ciclo da vida.

ES

+ 8 anos

14,50€

ISBN 978-84-9871-367-1

9 788498 713671

Natalie Pudalov

Page 27: Catalogo 2012 Galego

26

O trenSilvia Santirosi & Chiara Carrer48 páxs. - xaneiro 2011

Como podo dicirche que as persoas que amamos morren, nos deixan e se van?

Este conto aborda dun modo delicado no texto e nas imaxes un tema que tamén o é: a morte de alguén que queremos. Nesta historia a pequena protagonista debe facer fronte á terrible perda da súa nai. Disme que non podes comprender, laméntase o pai, quen recorre a un relato para axudala a entender un feito tan doloroso como natural.Este álbum incide en que os nenos, igual que os adultos, necesitan tempo para asimilar una perda que senten profundamente.

ES

+ 8 anos

14,90€

ZimboArturo Abad & Joanna Concejo32 páxs. - abril 2011

Pero as aflixidas pupilas de Zimbo mirárono desde a profundidade do escenario e o Monicrequeiro lembrou que para ser feliz, o máis difícil é descubrir que é o que desexas.

Hai lazos que deben romperse para que outros, como o afecto, non se rompan nunca. Esta historia emotiva no texto e as ilustracións, non oculta o duro que resulta deixar marchar as persoas que un quere: E a cada corda que cortaba, o Monicrequeiro notaba como se rompían os fíos que tensaban a súa alma pero ao pequeno protagonista esperáballe ao outro lado do mundo, a liberdade… coa que tanto soñara.

ES

+ 8 anos

14,50€

A nai do heroeR. Malo - F. J. Mateos & Marjorie Pourchet40 páxs. - marzo 2011

O novo rexente herdou un reino inmenso, con ducados, marquesados, territorios de ultramar… Herdou tamén unha débeda de cen mil moedas de ouro cun perigoso cabaleiro da fronteira: o cabaleiro Negro.

A historia dun rei en dificultades non é nova, tampouco que o monarca decida recorrer a un habilidoso espadachín para acabar cos seus problemas. Con todo, esta historia pouco ten de conto tradicional: nin o é no ton, nin na linguaxe, nin tampouco no desenvolvemento da trama.Un álbum que rende unha divertida e xusta homenaxe a todas as nais.

ES

+ 8 anos

14,90€

A sesta dos EnormesPep Bruno & Natalie Pudalov56 páxs. - febreiro 2011

Entón Pai dixo: Nenos, a durmir a sesta. Grande, Mediano e Pequeno deitáronse nas toallas. Pequeno dixo: Non podemos durmir se non nos contas un conto.

Os pequenos sempre rlacazanean á hora de durmir.Ante estas situacións, recorrer a un conto é o mellor aliado. Pero non a todos atrapa a mesma historia e faise necesario adecuar a historia ao interese de cada un: Por que hai olas no mar? ou por que as nubes teñen formas?Un conto cheo de contos e de fantasía, ingrediente sempre imprescindible. E iso sábeo Pai e todosos pais do mundo.

ES

+ 8 anos

15,50€

Marisela e o roxoGeovanys F. García & André Letria40 páxs. - setembro 2011

…esperaba que o seu príncipe, que non era azul senón rubio, a rescatase.

Fina ironía e humor intelixente para reinterpretarmos personaxes, elementos e morais de contos clásicos. Unha historia chea de invitacións a redescubrir as posibilidades de lecturas renovadas de Ranpunzel, Brancaneves, A Bela Dormente, Romeo e Xulieta e dos dragóns que, aínda que nunca entenderon os humanos en ningunha das súas linguas, si coñecen a linguaxe universal do amor.ES

+ 8 anos

14,90€

ISBN 978-84-9871-238-4

9 788498 712384

O ano en que os pitos perderon a cabezaGeovanys F. García & André Letria40 páxs. - setembro 2011

Todo o mundo sabe que non se pode alimentar os animais con mazarocas fulminadas por raio de lúa na noite de defuntos. Pero Bernaldo, cando ninguén o vía, botóullelas aos pitos que ían para o matadoiro. A partir de entón, aconteceron na vila cousas moi estrañas...

O humor é a ferramenta máis útil para vencer o medo e sacarlles ferro aos temas difíciles, como a morte. Esta historia, delirante e irreverente, burla toda convención sobre a vida e o mundo do alén para mergullarnos nunha gargallada de inicio a fin. Unha surrealista aventura de zombis protagonizada pola comunidade avícola do lugar.

ES

+ 8 anos

14,90€

ISBN 978-84-9871-329-9

9 788498 713299

Page 28: Catalogo 2012 Galego

A illa dos cangrexos violinistasXavier Queipo & Jesús Cisneros40 páxs. - setembro 2009

Moi pretende saber máis sobre os tímidos habitantes da súa illa e non cederá no seu empeñoata conseguilo.

Sempre hai cousas novas que aprender.O que cómpre son ganas. Logo, un pode aprenderpor si mesmo… ou dos que saben máis, coma os avós, que gardan auténticos tesouros de sabedoría á espera de que os descubramos. Un fermoso álbum que nace da ansia de coñecemento, moi viva sempre nos nenos, e que nunca deberían deixar morrer tampouco os adultos.

ES | FR

PT | IT

+ 8 anos

ISBN 978-84-9871-165-3

9 788498 711653 14,90€

O cazador e a baleaPaloma Sánchez & Iban Barrenetxea40 páxs. - febreiro 2010

Unha balea solitaria que percorre o mar buscando a súa manda. Un cazador que a persegue sen descanso e non parará ata darlle alcance.Cando se atopan, descobren que teñen en común máis do que imaxinaban. Dous protagonistas, e como escenario o inmenso e misterioso océano.

Epopea moderna sobre a loita dun home contra as forzas da natureza, pero a obra ofrece ademais outro nivel de lectura máis intimista.Porque esta tamén é unha historia que fala de soidades.

ISBN 978-84-9871-220-9

9 788498 712209

ES | FR | PT

IT | EU

+ 8 anos

14,90€

O baúl dos ladrónsL. Frank Baum & Iván Prieto56 páxs. - abril 2009

Marta subiu xogar ao faiado e atopou un baúl que o seu tío Walter mandara desde Italia moito antes de nacer ela. Marta devecía por abrir aquel misterioso baúl…

Os nenos son curiosos de seu, pero non debemos mirar con malos ollos esta característica, grazas a ela, descobren o mundo que os rodea, relaciónanse cos demais… en definitiva, crecen e desenvolven a súa personalidade. Un álbum con escenas divertidas, comentarios sabios e unha boa dose de suspense.

ES

+ 8 anos

ISBN 978-84-9871-080-9

9 788498 710809 15,50€

O corazón do xastreTxabi Arnal & Cecilia Varela40 páxs. - novembro 2009

Cal é o son do corazón? E por que latexa? Tras unha vida cosendo, sentíase baleiro.Necesitaba cambiar de aires, sentir que baixo o seu peito aquel músculo facía pon-pon. Nunca é tarde para ir na procura de algo que encha e lle dea sentido á nosa vida.

Un álbum máxico que se abre cun xastre dentro da súa particular gaiola, pero que se pecha dunha forma moi distinta: cun paxaro que voa ceibe.

ES | FR

PT | IT

+ 8 anos

ISBN 978-84-9871-212-4

9 788498 712124 14,90€

Taller de corazónsArturo Abad & Gabriel Pacheco32 páxs. - xuño 2010

Cando chega a noite e o silencio dos soñadores inunda a cidade, do taller de corazóns xorden misteriosos sons, porque… Matías ten un segredo.

Este álbum recrea unha artesanía marabillosa na que non se arranxan zapatos, nin paraugas, nin se restauran mobles ou se zurcen descosidos pantalóns. Matías, o protagonista, repara —co mesmo mimo e coidado que pon todo artesán— corazóns danados. Un protagonista adorable para unha historia conmovedora e tenra sobre a xenerosidade sen límites do amor.

ES | FR | PT

IT | EU

+ 8 anos

ISBN 978-84-9871-246-9

9 788498 712469 14,50€

Se os gatos levasen botasgobernarían as rasRaquel Saiz & Rashin Kheiriyeh 48 páxs. - outubro 2010

Eh! Eh! Amodiño...! Nin todos os gatos levan botas nin todas as bruxas son malvadas nin todos os príncipes se converten en ras. Iso sonche contos!

Este é un libro sobre gatos condenados a calzarse, viúvas afeccionadas á moda, amantes dos animais, avalanchas de ratos, frautistas retirados, albaneis de servizo, estraños aparellos que sosteñen a lúa, bruxas nun mal día, revoltas populares, reis, raíñas, princesas... que conta a incrible (pero certa) historia de como as ras acabaron gobernando o mundo.

ES

+ 8 anos

14,90€

Page 29: Catalogo 2012 Galego

28

Camiños sen nomeAnna Castagnoli32 páxs. - xuño 2007

Non todos os camiños teñen nome.Pero con orellas de morcego ou con orellas submarinas e con palabras de colibrí, podemos oír e cantar a poesía das pequenas cousas que nos rodean.

Discurso harmónico de gran calidade plástica e literaria, cunha atmosfera misteriosa e engaiolante que nos convida a que nos fixemos nos pequenos detalles. Alén diso, para os nenos, a percepción temperá da lírica sempre resulta de moita utilidade para reforzar o seu proceso de maduración intelectual.

ES

+ 8 anos

12,90€

A boneca e a castañeiraRoberto Aliaga & Maja Celija48 páxs. - novembro 2008

Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e unha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. Polo Nadal, a avoa monta o posto fronte á tenda de xoguetes e, entre o ir e vir da xente que merca regalos, non pode deixar de mirar a boneca de porcelana do escaparate.

Nunha época onde nos vemos desbordados pola publicidade e os nenos piden como agasallo o que ven nos anuncios, esquecemos que o valor dun xoguete está na súa capacidade para facernos soñar, máis que no seu valor económico.

ES

+ 8 anos

12,90€

SoidadesNeus Moscada & Chiara Fatti40 páxs. - maio 2008

A protagonista desta historia fala en primeira persoa e, ao tempo que nos fai partícipes das súas percepcións, cóntanos os seus sentimentos. Por momentos, comprendémolos e somos cómplicesda súa intimidade, da sensación de liberdade que a invade ao estar soa e poder facer cousas coma falar coas libélulas, contarlle segredos a lúa, escoitar a música do silencio…

Un conto inzado de metáforas e sinestesias, tanto no texto como nas imaxes, coas que profundaremos nos sentimentos e nas sensacións. Para un público sen idade.

ES

+ 8 anos

12,90€

ZalgumLuisa Morandeira & Bernardo Carvalho80 páxs. - xullo 2007

A fermosa Zalgum adoitaba bañarse na fonte onde seu irmán lle daba de beber ao cabalo. Un día, o irmán viu brillar na auga un pelo longo e vermello, e prometeu casar coa dona daquel cabelo.

Revisión dun conto tradicional bérber sobre amores prohibidos. Unha historia con máis dun significado e con máis dun destinatario. Sedución, seres terribles, animais que falan, unha muller que se rebela contra o destino… En definitiva, ingredientes para os pequenos lectores que gustan do marabilloso.

ES

+ 8 anos

13,90€

O soño de XeláAlexandre Honrado & Marta Torrão96 páxs. - agosto 2008

Non creo que se medre por ler un libro, fungaba Miguel. Pois eu, cada vez que entro nun, saio diferente. Un levoume a coñecer unha illa habitada por un náufrago; outro á lúa, montado nunha bala de canón, dixo o avó. Colle ese que está aí e ábreo pola última páxina.

O libro e a lectura representan unha ponte entre os soños e a realidade. No mundo da ficción todo é posible, e o protagonista vai descubrir o pracer da creatividade e da imaxinación, xunto coa afectividade.

ES

PT

+ 10 anos

13,90€

ES

+ 9 anos

Hop-FrogE. Allan Poe & Alberto Vázquez64 páxs. - marzo 2008

Como ao rei lle gustaban as bromas pesadas, pensou en burlarse do seu bufón, e fíxolle beber viño, a pesar de que sabía que o volvía tolo. A Hop-Frog empezáronlle a brillar os ollos e a renxer os dentes… foi entón, cando maquinou un plan para se vingar de todas as aldraxes recibidas.

Terrible historia de dor e vinganza que denuncia as burlas e desprezos que os poderosos lles dedicaban aos máis débiles.

13,50€

Page 30: Catalogo 2012 Galego

O cabaleiro PepinoCarmen Gil & Anna Castagnoli64 páxs. - febreiro 2007

Pepino pensa que converténdose en valente cabaleiro será digno do amor da princesa Rigoberta. Logo de moitas andainas e aventuras nas que vai sacando de apuros a quen atopa polo camiño, Pepino chega ao castelo cunha pinta estrafalaria e pouco cabaleirosa; non consegue trofeos de guerra, pero a súa bondade e xenerosidade terán felices consecuencias.

Cunha clara vontade de resaltar a importancia dos verdadeiros valores humanos, o protagonista desta historia é un personaxe divertido e tenro con aptitudes para gañar o afecto.

ES

+ 8 anos

13,50€

Tres irmás ladroasTxabi Arnal & Elena Odriozola64 páxs. - xaneiro 2007

Non coñecían outro oficio que o de roubar.Oculta, a máis vella, escondía todo o roubado e vivía coma unha miserenta; Lucía, a mediana, cos seus ladroízos vivía coma unha artista de cine; Xusta, a máis nova, só se apropiaba do necesario para vivir. Mais as tres tiñan unha obsesión…

Divertida historia na que o humor e a ironía teñen un especial protagonismo á hora de facernos comprender que nin o ouro nin as xoias luxosas serven para aplacar os delirios de grandeza. Só o afecto e a tenrura fan brillar de verdade os corazóns.

ES

PT

+ 8 anos

13,50€

Rato SolteiroPaco Liván & Marta Torrão48 páxs. - setembro 2006

Rato solteiro era leñador. Un día, unha rapaza convidouno a comer e desafiouno a unha carreira: se me pillas, caso contigo. Cando estaba a piques de atrapala, a rapaza tirouse ao río e o rato foi detrás. No fondo do río,nun mundo marabilloso agochábase a Raíña das Augas e unha, dúas, tres… quen sabe cantas princesas fermosas, todas iguais! Como ía recoñecer o noivo, a súa prometida?

Historia de amor e humor baseada nun conto popular africano.

ES

PT

+ 8 anos

12,90€

Ovos durosMarisa Núñez & Teresa Lima64 páxs. - marzo 2007

A filla do carboeiro era coñecida pola súa intelixencia. O príncipe, atraído polo seu enxeño, rétaa a un xogo que acabará por marcar o destino das súas vidas…

A partir dunha versión oral do Magreb, a orixinalidade do conto está no desafío intelectual que propón: un xogo de preguntas e repostasque require capacidade para desenvolver tarefas imposibles con enxeño e astucia, ata conseguir abrandar o corazón dun ser inxusto e caprichoso.

ES

PT+ 8 anos

13,50€ Mención WHITE RAVEN 2008

Gaspar, o pastor de lebresPaco Liván & Lucie Müllerová64 páxs. - abril 2007

Gaspar, un labrego humilde e atrevido,pretende conquistar unha princesa que, ante a insistencia do seu pai e farta de ter que se mostrar agradable con lingoreteiros e interesados, establece unha dura condición para os seus pretendentes: guiar as súas cincuenta lebres deica o bosque e traelas de regreso ao cabo de tres días.

Este divertido conto, xoia da tradición oral danesa, denuncia as actitudes clasistas sen renunciar por iso aos momentos grotescos e ás situacións cómicas.

ES

+ 8 anos

13,50€

MukWilhelm Hauff & João Caetano64 páxs. - maio 2007

Muk era un homiño pequeno e desgraciado que non medía máis de medio metro e tiña un cabezón enorme. Á morte de seu pai, decide saír de viaxe na procura de fortuna.No seu percorrido coñecerá personaxes singulares e a punto estará de perder a esperanza ante as dificultades. Pero, con valentía e enxeño, acabará superando todos os atrancos que lle saen ao paso.

Relato fantástico europeo que satiriza vicios e defectos, ao tempo que reivindica o respecto polos demais.

ES

+ 9 anos

13,50€

Page 31: Catalogo 2012 Galego

30

O cuarto prohibidoItziar Ezquieta48 páxs. - xullo 2005

Quen se atreve a esnaquizar a miña casae me esperta do meu sono?, berrou o xigante cheo de carraxe polo burato da árbore,cando lle caeu enriba a machada do leñador.

Un conto arrepiante, tomado da tradición popular castelá, que nos traslada a un mundo misterioso e desconcertante. A pesar da aparente crueldade da historia, os lectores entenderánde maneira intuitiva o carácter simbólicodesta narración na que a sabedoría triunfasobre o mal.

ES

+ 8 anos

12,90€

O astrólogo e a feiticeiraWashington Irving & Paula Aneiros64 páxs. - abril 2006

Grazas ao talismán construído polo sabio astrólogo, o rei Aben Habuz puido manter lonxe os inimigos; pero un día apareceu no seu reino unha fermosa moza…

Revisión dun texto orixinal dos Contos da Alhambra no que o autor amosa o seu lado máis romántico e combina o seu talento de creador literario con elementos tirados de lendas e contos.As ilustracións reproducen instantes da obra en clave abstracta para favorecer nos máis novos lecturas plásticas innovadoras.

ES

+ 8 anos

13,50€

Marizul, que soña que soña que soña…Bernardino Rivadavia & Maurizio A. C. Quarello80 páxs. - xuño 2006

Nun reino afastado do mundo, o rei pídelle axuda ao mago da corte porque non pode durmir.Trifón ofrécelle un amorodo encantado, pero por un descoido, Marizul, a sobriña do mago, come a froita máxica destinada a curar o insomnio do monarca e cae nun profundo sono…

Territorios fantásticos, pero poboados de imaxese obxectos cotiáns que trazan unha ambigua fronteira entre realidade e fantasía. As ilustraciónsestán cheas de referencias a pintores como Alberto Durero, Francisco Goya, George Grosz, Edgard Hopper, Pedro Bruegel o vello,…

ES

+ 9 anos

13,90€

ValentinoLuisa Morandeira & Renata Gallio64 páxs. - outubro 2005

Un rei poderoso, amante da caza e das armas, agarda impaciente o momento en que o seu fillo ocupe o trono; pero Valentino, un príncipe bondadoso e intelixente, ve o mundo doutro xeito. O mozo non se adapta ás expectativas do pai, nin aos estereotipos do heroe: é inimigo da caza, rexeita as armas e a idea da guerra faino tremer.

Divertido exercicio contra a violencia a partir da tradición oral etíope. Ademais, grazas ás situacións cheas de humor e por veces absurdas, penétrase na psicoloxía do protagonista, que conmove e fai reflexionar sobre os valores do corazón.

ES

+ 8 anos

13,50€

Can de cristalL. Frank Baum & Pedro Millán64 páxs. - xaneiro 2006

Un mago, na procura de illamento e tranquilidade, encárgalle a un soprador de vidro un can de cristal que manteña afastados os veciños. A cambio da peza, el ofrécelle un elixir que sanda calquera doenza.

Versión dun clásico do autor do Mago de Oz na que aparece un interesante retrato dunha sociedade chea de prexuízos e convencionalismos. Un relato con alicerces na propia vida, que provoca preguntas e trata de evidenciar, dun modo sutil, a inutilidade do culto á riqueza.

ES

+ 8 anos

13,50€

Celestino TarambainasMarisa Núñez & Mariona Cabassa64 páxs. - xullo 2005

Celestino vive nun alpendre ao pé do río, fai castelos de xeo, abraza as árbores e dorme baixo as estrelas. A súa única compañía é Rosamunda, pequena coma unha libélula e case transparente. Pero un día, Celestino está de mal humor e Rosamunda desaparece…

Esta historia achéganos a visión da realidadedesde unha perspectiva fantástica, desde os ollos dun home incomprendido e solitario.

ES

+ 8 anos 3º PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENILMELLOR EDITADO 2006MINISTERIO DE CULTURA

13,50€

Page 32: Catalogo 2012 Galego

Natalie Pudalov

Page 33: Catalogo 2012 Galego

32

Colección FOQODeixamos falar os libros.Literatura valente, realista e comprometida.Unha ventá á aventura de coñecer o outro.

+ 12 anoscartoné

16x24 cm

Page 34: Catalogo 2012 Galego

Itzia

r E

zqui

eta

Cobertor de estrelas

No labirinto da cidade, un neno debe coidar dos maiores, escorrentar os fantasmas, procurar comida… Confía en que a maxiada palabra cambie as cousas,e en que a noite non sexa tan fría.

Este álbum trata de maneira literaria,os problemas dos nenos abandonadosnas rúas brasileiras. Un libro escritodesde a óptica dun menino da rúaque quere aprender a escribir.Grazas a esta ilusión, o pequeno recobraas esperanzas de saír da pobrezae da violencia nas que se atopa inmerso.

Lectura obrigada, tanto pola súa beleza estética e literaria como polo testemuño social porque mentres existan desigualdades sociais, e mentres haxa ignorancia e miseria na terra, libros como este non serán inútiles.

Ricardo Lísias & Itziar Ezquieta145 páxs. - novembro 2005

ES

+ 12 anos

18,50€

Page 35: Catalogo 2012 Galego

34

Colección QontextosMiseria, pobreza, guerra, inxustiza, marxinación:palabras e imaxes que nos achegan a outras realidades…Desde unha perspectiva solidaria,pretendemos contribuír á educación en valorese convidar á colaboración para mellorarmos as condicións da poboación infantil máis desfavorecida.

cartoné24x30 cm

Page 36: Catalogo 2012 Galego

Á sombra dos anacardios

Fume

20,50€

20,50€

20,50€ES

ES

Antón Fortes & Simona Mulazzani40 páxs - setembro 2010

Ten flores verdes, ás veces amarelas,e unhas froitas vermellas que se comen.Sempre lle pregunto cando me vou a curar,para non ir máis ao hospital. As follas abaneanco vento... parecen dicir: Axiña… axiña…!

En pleno entroido de Bissau, distínguese a vida dos nenos guineanos cos traballos, e os díasde escola e hospital, e envolvéndoo todo,o drama da SIDA.

Pero hai un refuxio para os xogos, os segredose a esperanza… Á sombra dos anacardiosmedra a vida.

Antón Fortes & Joanna Concejo40 páxs. - novembro 2008

Soño cun dragón verde de lingua negraque me quere papar. As casastamén son verdes, como a herbado noso xardín con bambán,onde antes xogabamos ao balón papá e eu. Bótoo moito de menos.Mamá dime que pronto nos imos reunir

Nunha das máis infernais realidades do século XX —os campos de concentración nazis—, inocencia, cariño e solidariedade son capaces de acender unha luz de esperanza no futuro…

Parte dos dereitos deste librocederanse á ONGD CREARTwww.creart.org.es

Este libro é parte do proxectoda ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZsobre a SIDA na infancia en Guinea Bissauwww.acpp.com

ES | PT | EN

FR | BR | PL

ISBN 978-84-9871-214-8

9 788498 712148

Mención WHITE RAVEN 2009Hassan Amekan

Caixa de cartónTxabi Arnal & Hassan Amekan40 páxs - febreiro 2010

Mamá gastou todos os seus aforros.Comprou un billete para unha embarcaciónque nos debía levar a unha terraonde as nenas non dormen en caixasnin as mamás choran.

A tenrura con que se abordaa dobre traxedia de milleiros de inmigrantesque tras arriscaren as súas vidas,atopan rexeitamento e intoleranciano país de acollida, non matiza a amargurada inxustiza que supón loitarpor unha existencia digna.

Parte dos dereitos deste librocederanse á ONGD CREARTwww.creart.org.es

Mención WHITE RAVEN 2011

Seleccionado entre OS MELLORES LIBROSPARA NENOS E XOVES polo BANCO DO LIBRO DE VENEZUELA

Mención WHITE RAVEN 2009

DIPLOMA VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2009 CATEGORÍA DE ILUSTRACIÓN

Page 37: Catalogo 2012 Galego

36

Colección oQartAchegámonos ao artista, á súa forma de expresión, á súa particular interpretación da realidade…Empurramos a porta dese espazo máxico e irrenunciable do mundo da arte,con propostas suxestivas, enigmáticas e abertas a novas interpretacións:palabras e imaxes para saborear a calquera idade e cos cinco sentidos.

cartoné25x35 cm

Page 38: Catalogo 2012 Galego

Caderno de animalista

18,50€

As señoritas de Avignon reconvertidasen mandrís; a sex-symbol Mae West (Dalí), en león; as bailarinas de Degas,en flamengos sometidos a duros ensaios para acadar a fama… Un paseopola pintura do último século,revisitada con humor e ironía,desde unha perspectiva singular:o reino animal.

Ensinar a mirar, espertar curiosidadepor unhas obras xeniais, vangardase individualidades relevantes da arte,en diálogo coa ficción literariaé o que nos propón este Cadernono que protagonistas insólitos, inspirados en obras emblemáticas dos dous últimos séculos, son quen de provocar sensacións e significados novos.

2º PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

MELLOR EDITADO 2008MINISTERIO DE CULTURA

Antón Fortes & Maurizio A. C. Quarello48 páxs. - outubro 2008

ES | PT | EN | FR | IT

Mau

rizio

A. C

. Qua

rello

Page 39: Catalogo 2012 Galego

Svj

etla

n Ju

nako

vic

38

18,50€

Gran libro dos retratos de animaisSvjetlan Junakovic48 páxs. - outubro 2006

A fermosa Armiño decidiu encargar un retratoen 1484 ao mellor pintor de Florenciae probablemente do mundo…Pola súa banda, un pingüín de orixe aristocráticacomprácese en ser retratado, mentres ostentao seu poder, como un orgulloso animal renacentista.

Compartir o gusto pola pinturacos máis cativos, abrir xanelas cara á arte,romper as barreiras e propiciarque os máis pequenos ollen un retrato clásico…son algúns dos obxectivos que persegue este libro para lectores de calquera idade.

MENCIÓN DE HONRA BOLOGNA RAGAZZI AWARD 2008

PREMIO ANDERSEN - IL MONDO DELL’INFANZIA 2008

1º PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2007MINISTERIO DE CULTURA

DIPLOMA VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2007 CATEGORÍA DE ILUSTRACIÓN

ES | PT | EN | FR | IT | BR

Page 40: Catalogo 2012 Galego

Colección Q sonSon, silencio…Detrás das imaxes vive unha historia:a palabra vibra,a súa voz faise música.

cartoné 13x19 cm

Page 41: Catalogo 2012 Galego

Iván Prieto

40

Estas cancións aloumiñan os oídos,pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertase ninguén se sente estranxeiro. Alí vivenunha nena azul e mais un grilo que,para escapar do aburrimento,inventan mil pasatempos.

Un mosaico de textos, cancións e debuxos conforman este volume no que o coñecido compositor Magín Blanco se encargade encaixar todas as pezas. Mais o músico ourensán non está só, nesta aventura acompáñano as carismáticas e persoalísimas voces de Uxía Senlle, Fred Martins, Guadi Galego, Ugía Pedreira… e ata un coro de nenos. Eles poñen a música, e Iván Prieto, as imaxes.

A nena e o griloMagín Blanco & Iván PrietoCoa colaboración de Uxía, Ugia Pedreira,Guadi Galego, Fred Martins…64 páxs. - xaneiro 2010

libro + CD

20,00€

20,00€

Percorrer o mundo contando e cantadobossa nova cunha hipopótama presumidae sirtaki cuns velliños que un día se queren moito e outro non paran de discutir. Mentres,o tango permite bailar ben pretiñoa un elefante gris con lunares moradose unha formiga negra con cintura de avespa.

En total, unha restra de melodíaspara trece contos que conforman a escolma realizada entre os relatos publicadosde distintas culturas do planeta,nas que é imposible non afondar guiadospola rica e saltarica voz de Almudena Janeiro.

Os distintos graos de dificultade favorecena atención, a discriminación auditivae a memoria en diferentes idades.

Contos en cantosAlmudena Janeiro40 páxs. - setembro 2008

CD música+ DVD karaoke

Page 42: Catalogo 2012 Galego

Distribución

Alemaña 72 36162 PontevedraT 986 109 270 F 986 109 [email protected] www.OQO.es

OQO distribuidora

Page 43: Catalogo 2012 Galego

42

Page 44: Catalogo 2012 Galego

OQO editoraAlemaña 72 36162 PONTEVEDRAT 986 109 270 F 986 109 356www.OQO.es [email protected]