Nº 33 abril 2012 en galego,.

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 33 abril de 2012 Viñeta de GONZALO en www.dioivo.eu

Transcript of Nº 33 abril 2012 en galego,.

Page 1: Nº 33 abril 2012  en galego,.

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 33 abril de 2012

Viñeta de GONZALO en www.dioivo.eu

Page 2: Nº 33 abril 2012  en galego,.

SEMENTEIRA

Sementar sementarei, loguiño de clarear,

en tanto no pobo medre un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro que fale na lingua nai

que suba nos pexegueiros a froita verde a roubar. Sementar sementarei,...

Un vello que de consellos un rostro de fume e pan

que conte contos aos nenos do cuco e do paspallás. Sementar sementarei,...

Un cantar de redención Un vello novo cantar

que toque a desolación nun limpo e claro alborexar.

Sementar sementarei,...

Logo, deixádeme morrer, entre dous regos, queimado,

cando veñan os solpores dos homes esfameados.

(L. Álvarez Pousa)

Imaxe tomada do Dicionario Xerais da Lingua , 4ª edición. Vigo, abril 1993.

Legón, eixada, aixada

Sacho, picaraña, raño

Fouces, fouciñas

Gadaña, corno, pedra, ferros

Forcada, forquita, galla, galleta

Cambela

Grade ou grada

Rastro

1. Rabiza; 2. Temón ou temoa; 3. Chavella; 4. Teiroga ou teiruga;5. Seita; 6. rostro;

7. Ameixelo ou amexelo; 8. Abeacas; 9. Rella

Arado

Angazos