Capas fluidas da terra agrupamento

62
AS CAPAS FLUIDAS DA AS CAPAS FLUIDAS DA TERRA TERRA Profesor: Adán Gonçalves

description

Nocións básicas sobre atmosfera e hidrosfera. Nivel Agrupamento de 1º ESO.

Transcript of Capas fluidas da terra agrupamento

Page 1: Capas fluidas da terra agrupamento

AS CAPAS FLUIDAS DA AS CAPAS FLUIDAS DA TERRATERRA

Profesor: Adán Gonçalves

Page 2: Capas fluidas da terra agrupamento

CAPAS DA TERRA

A Terra

Xeosfera Atmosfera Hidrosfera Biosfera

Capas fluidas

Page 3: Capas fluidas da terra agrupamento

1. 1. A ATMOSFERA ENVÓLVENOSA ATMOSFERA ENVÓLVENOS

A atmosfera é a capa máis externa da Terra, por ser a

máis lixeira.

É fundamental para a vida, xa que contén gases

necesarios (O2, CO2,, N2...) para os seres vivos e protexe

das radiacións solares.

A atmosfera é unha mestura de gases que rodea a terra

ata uns 1000 Km.

Faise máis tenue coa altitude ata confundirse co espazo

exterior.

Page 4: Capas fluidas da terra agrupamento

1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPOA ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO

1. Hai uns 4000 m.a. o planeta tiña unha gran actividade volcánica gran actividade volcánica e

atopábase a altas temperaturas en superficie.

Estas erupcións foron as responsables da formación da atmosfera

primitiva con gases como o COCO22, óxidos de xofre ou de nitróxeno, óxidos de xofre ou de nitróxeno,

vapor de auga, argón e metanovapor de auga, argón e metano.

Page 5: Capas fluidas da terra agrupamento

1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO

2. Co paso do tempo o planeta foise arrefriando, permitindo a condensación

(paso de gas a líquido) do vapor de auga da atmosfera .

Esta auga, xa líquida, precipitou dando lugar as primeiras choivas.

Discurríu pola superficie terrestre formando os primeiros mares, ríos…

Page 6: Capas fluidas da terra agrupamento

1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO

3. As sales características dos medios mariños foron arrastradas por

estas primeiras choivas dende a superficie cara o mar.

4. Nun principio a atmosfera non posuía osíxeno.

A aparición da vida tamén provocou cambios: as algas e os vexetais

capturaban o CO2 na fotosíntese e desprendían O2 cara a atmosfera,

permitindo a aparición deste gas na mesma.

Page 7: Capas fluidas da terra agrupamento

1.2. COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA1.2. COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA

A atmosfera contén un 78% de nitróxeno, un 21% de osíxeno.

0 1 % restante fórmano o argón (0,9%), o dióxido de carbono (0,03%)

e outros gases.

Posúe tamén vapor de auga procedente da evaporación da auga de

mar e da transpiración dos seres vivos.

Por último, ten contaminantes orixinados de xeito natural ou polas

actividades humanas.

Page 8: Capas fluidas da terra agrupamento

2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)

Cando estudamos a atmosfera dende a superficie ata a altitude onde se

confunde co espazo exterior, observamos diferenzas na súa composición

e na súa temperatura.

Por iso establécense varias capas separadas por zonas de transición.

As zonas de transición denomínanse co nome da capa anterior (a que

queda por baixo da zona considerada) rematado en -pausa.

Así, p.e. a zona de transición entre a troposfera (inferior) e a

estratosfera (superior) é a tropopausa.

A continuación veremos as distintas capas de abaixo cara arriba:

Page 9: Capas fluidas da terra agrupamento

2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)

Troposfera: Comeza na superficie terrestre e chega ata os 12 Km de

altura en media.

Na superficie temos en media uns 15ºC e diminúe coa altitude ata uns

-70ºC a 12 Km de altura.

Esta capa concentra a maior parte dos gases: osíxeno, nitróxeno, díóxido

de carbono, vapor de auga...

Nela prodúcense tódolos fenómenos meteorolóxicos.

A uns 500 m de altitude atópase a denominada “capa sucia” onde se

atopan a maior parte dos contaminantes atmosféricos.

Page 10: Capas fluidas da terra agrupamento

Estratosfera: A capa que esta sobre a troposfera. O aire xa é escaso

e a temperatura aumenta lentamente coa altura ata chegar a uns 4ºC no

límite superior.

Entre os 15 e os 30 Km hai unha gran cantidade de ozono. Por iso esta

zona denomínase capa de ozono, e é moi importante para os seres vivos.

2. 2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)

Page 11: Capas fluidas da terra agrupamento

2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)

Mesosfera: Situada encima da estratosfera . Contén moi pouco aire e

a temperatura vai descendendo coa altitude ata os -80 ºC.

Cando pequenos meteoritos atravesan esta capa dan lugar ás estrelas

fugaces debido o rozamento co aire que eleva a súa temperatura

liberando luz e calor.

Page 12: Capas fluidas da terra agrupamento

2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)

TermosferaTermosfera:: Sobre a mesosfera.

A temperatura aumenta coa altitude ata os 2000 ºC. Esencial nas

comunicacións, pois nela rebotan as ondas de radio e tv. Tamén nela

prodúcense as auroras boreais e austrais.

ExosferaExosfera:: É a última capa, a que está a maior altitude. Case non existe

aire e a continuación está o espazo interplanetario.

Page 13: Capas fluidas da terra agrupamento

Actividade:

Sabes que son as auroras boreais e austrais?

Pescuda información sobre estes fenómenos e comentámolo

o próximo día.

Page 14: Capas fluidas da terra agrupamento
Page 15: Capas fluidas da terra agrupamento

Cuestións:

1. Despois desta explicación, serías quen de deducir a que

altura atopamos a estratopausa?

2. Por que pensas que se na troposfera a temperatura

diminúe coa altitude, na estratosfera prodúcese un aumento

deste parámetro?

2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)

Ficha I Reforzo

Page 16: Capas fluidas da terra agrupamento

3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA

A atmosfera é imprescindible para os seres vivos fundamentalmente

por posuír dous gases: o osíxeno osíxeno ((respiraciónrespiración)) e o dióxido de carbono

(fotosíntese).

É responsable do mantemento da temperatura en superficie (efecto

invernadoiro natural).

É o lugar onde se producen os fenómenos meteorolóxicos.

É tamén o noso escudo protector fronte as radiacións solares e os

meteoritos.

Page 17: Capas fluidas da terra agrupamento

3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA

3.1. 3.1. O Osíxeno é vidaO Osíxeno é vidaÉ esencial para a vida, xa que a maioría dos organismos utilízano para

respirar.

A respiración permítenos obter enerxía dos alimentos.

Moitas bacterias e outros organismos non precisan o osíxeno para

obter enerxía p.e. Os fermentos do pan, do viño ou da cervexa.

Page 18: Capas fluidas da terra agrupamento

3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA

3.2. 3.2. A atmosfera é un filtro protectorA atmosfera é un filtro protectorParte do osíxeno da atmosfera atópase na estratosfera en forma de ozono

(O3).

Este ozono como sabedes protéxenos da radiación ultravioleta (uv)

procedente do Sol, evitando os seus efectos letais sobre o noso material

xenético.

Ademais en capas máis altas outros gases protéxenos de radiacións solares

prexudiciais de alta enerxía como os raios X.

Page 19: Capas fluidas da terra agrupamento

3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA

3.3 3.3 A atmosfera protéxenos dos meteoritosA atmosfera protéxenos dos meteoritos

Ao noso planeta chegan moitos pequenos fragmentos rochosos atraídos

pola gravidade que ao atravesar a atmosfera a gran velocidade, como xa

comentamos, desintégranse.

Só os meteoritos maiores poden chegar a superficie da Terra, pero son

moi pouco frecuentes.

Page 20: Capas fluidas da terra agrupamento

3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA

3.4. O dióxido de carbono3.4. O dióxido de carbono

O CO2 ten dúas funcións importantes para os seres vivos:

Intervén na fotosíntesefotosíntese: os vexetais utilizan este proceso para

fabricar o seu alimento. Para elo, toman dióxido de carbono da atmosfera

e expulsan osíxeno.

Os vexetais tamén respiran (consomen osíxeno), pero a fotosíntese libera

máis O2 do que consome a respiración.

É o responsable do efecto invernadoiro naturalnatural. Este efecto permite

que a temperatura en superficie sexa axeitada para a vida. En media uns

15ºC, en lugar dos -18ºC que tería se non existise.

Page 21: Capas fluidas da terra agrupamento

3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA

FOTOSÍNTESEFOTOSÍNTESE

Page 22: Capas fluidas da terra agrupamento

EFECTO INVERNADOIROEFECTO INVERNADOIRO

Page 23: Capas fluidas da terra agrupamento

Como se produce o efecto invernadoiro?Como se produce o efecto invernadoiro?

1.- Durante o día1.- Durante o díaa radiación solar a radiación solar atravesa atravesa a atmosfera e quenta a atmosfera e quenta a superficiea superficie

2.- O terreo quente devolve 2.- O terreo quente devolve parte da calor absorbida parte da calor absorbida (radiación Infravermella)(radiación Infravermella)

3.- Os gases da troposfera3.- Os gases da troposfera(CO(CO22 e vapor de auga entre e vapor de auga entre outros), outros), absorben as radiaciónsabsorben as radiaciónsInfravermellas e elevan Infravermellas e elevan a temperatura do airea temperatura do aire

Ficha II

Page 24: Capas fluidas da terra agrupamento

4. 4. CONTAMINACIÓN DA ATMOSFERACONTAMINACIÓN DA ATMOSFERA

A contaminación atmosférica contaminación atmosférica é a presenza de substancias na atmosfera

que prexudican ó medio natural e os seres vivos.

Segundo a orixe dos contaminantes podemos clasificalos en: Contaminantes naturaisContaminantes naturais

Son producidos de xeito natural como as erupcións volcánicas, os incendios

non provovados ou os gases de orixe animal. Contaminantes de orixe humanoContaminantes de orixe humano

Son orixinados polas actividades humanas, principalmente o uso dos

combustibles fósilescombustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural), os incendiosincendios

provocados e as actividades industriais actividades industriais.

Page 25: Capas fluidas da terra agrupamento

4. 4. CONTAMINACIÓN DA ATMOSFERACONTAMINACIÓN DA ATMOSFERA

4.1. Tipos de contaminantes:4.1. Tipos de contaminantes:Os que máis nos afectan son: Os gasesgases como o monóxido de carbono, o dióxido de carbono, e os

óxidos de nitróxeno e xofre procedentes do uso dos combustibles

fósiles (os vehículos e as industrias térmicas principalmente). Tamén

son moi contaminantes e danan a capa de ozono, os CFC

(clorofluorocarbonados) dos frigoríficos, dos aerosois ou dos aparatos

de aire acondicionado. As partículas en suspensiónpartículas en suspensión que son cinzas e fumes procedentes das

combustións, e das néboas industriais que emiten as actividades de

moitas industrias como a siderurxia, as químicas ou as refinerías.

Page 26: Capas fluidas da terra agrupamento
Page 27: Capas fluidas da terra agrupamento
Page 28: Capas fluidas da terra agrupamento

4. 4. CONTAMINACIÓN DA ATMOSFERACONTAMINACIÓN DA ATMOSFERA

4.2.4.2.Efectos dos contaminantesEfectos dos contaminantes

Os máis importantes son: A destrucción da capa de ozonodestrucción da capa de ozono. Os principais responsables, como

acabamos de ver, son os CFC. O diminuír esta capa aumenta a radiación uv

que provoca un aumento de alerxias e cancro e unha diminución das algas e

plancto. Aumento do efecto invernadoiroAumento do efecto invernadoiro, como xa dixemos este efecto é

beneficioso, pero as actividades humanas (uso de combustibles fósiles)

está a aumentar os gases de efecto invernadoiro (sobre todo CO2 e a

provocar un aumento na temperatura media do planeta. A chuvia ácidachuvia ácida, os óxidos de nitróxeno e xofre, coa humidade da

atmosfera forman ácidos que ao caer coa chuvia, destrúen a vexetación e

acidifican solos e augas.

Page 29: Capas fluidas da terra agrupamento

Destrucción capa de ozonoDestrucción capa de ozono

Chuvia ácidaChuvia ácida

Page 30: Capas fluidas da terra agrupamento
Page 31: Capas fluidas da terra agrupamento

Efecto invernadoiro artificial;Aumento do COEfecto invernadoiro artificial;Aumento do CO22

Page 32: Capas fluidas da terra agrupamento

4. 4. CONTAMINACIÓN DA ATMOSFERACONTAMINACIÓN DA ATMOSFERA

4.3. 4.3. Medidas para reducir os contaminantesMedidas para reducir os contaminantes

Entre outras poden ser: Reducir o uso de combustibles fósiles e apostar polas enerxías

renovables. Substituír os CFC por outros gases non contaminantes e obrigar ao uso

de filtros nas emisións. Promover a reforestación para que sexa absorbido o exceso de dióxido

de carbono.

Ex.2 e 3 pax. 142. Ficha III

Page 33: Capas fluidas da terra agrupamento

A HIDROSFERAA HIDROSFERA

Page 34: Capas fluidas da terra agrupamento

1. 1. A AUGA: UNHA SUBSTANCIA ASOMBROSAA AUGA: UNHA SUBSTANCIA ASOMBROSA A auga é unha substancia moi común na Terra e no resto do

Universo

Na Terra, a auga pode encontrarse nos tres estados: sólido, tres estados: sólido,

líquido e gasosolíquido e gasoso.

A Hidrosfera Hidrosfera é a capa da

Terra constituída por

todas as augas que nela se

atopan, tanto continentais

como oceánicas.

Page 35: Capas fluidas da terra agrupamento

1. 1. A AUGA: UNHA SUBSTANCIA ASOMBROSAA AUGA: UNHA SUBSTANCIA ASOMBROSA

A auga é unha substancia composta por osíxeno (O) e hidróxeno composta por osíxeno (O) e hidróxeno

(H)(H) cuxa fórmula química é H2O.

A auga pura pasa a estado gasoso a 100ºC e solidifícase gasoso a 100ºC e solidifícase

(conxélase) a 0ªC.(conxélase) a 0ªC. En xeral, a maioría das substancias ocupan menos volume en estado

sólido que en estado líquido, dicimos que son máis densas en estado

sólido. Pero, na auga sucede o revés e por iso o xeo flota na auga,

permitíndo a vida nos lugares máis fríos do planeta.

Propiedades da augaPropiedades da auga

Page 36: Capas fluidas da terra agrupamento

A auga ao solidificarse aumenta de Volume

Diminúe a súa densidade

O xeo flota na auga líquida

Page 37: Capas fluidas da terra agrupamento

1. 1. A AUGA: UNHA SUBSTANCIA ASOMBROSAA AUGA: UNHA SUBSTANCIA ASOMBROSA

Propiedades da augaPropiedades da auga

A auga quéntase e enfríase moi lentamente, e dicir, costa moito

variar a súa temperatura e por iso é un estupendo regulador da estupendo regulador da

temperaturatemperatura. Esta propiedade permítenos controlar a nosa

temperatura corporal e tamén é responsable das temperaturas máis

suaves nas zonas costeiras en relación co interior. A auga é o mellor disolvente é o mellor disolvente. Esto permite que a nosa sangue (90%

de auga) transporte os nutrientes por todo o corpo.

Page 38: Capas fluidas da terra agrupamento

2. 2. DISTRIBUCIÓN DA AUGADISTRIBUCIÓN DA AUGA

Como xa faláchedes desto en Sociais, só temos que lembrar:

Page 39: Capas fluidas da terra agrupamento

2. 2. DISTRIBUCIÓN DA AUGADISTRIBUCIÓN DA AUGA

Esta especial distribución determina a súa disponibilidade e debe concienciarnos dunha xestión responsable da auga.

Page 40: Capas fluidas da terra agrupamento

3. 3. O CICLO DA AUGAO CICLO DA AUGA

Recibe este nome o conxunto de procesos cíclicos mediante os cales a auga pasa da atmosfera a superficie terrestre e desta de novo a atmosfera. O vapor de augavapor de auga da atmosfera condénsasecondénsase e orixina as nubesnubes que precipitanprecipitan sobre os océanos e continentes a auga en forma de chuvia ou en forma de chuvia ou neve.neve. Parte Parte da auga precipitada non chega a superficie porque se evaporaevapora ou e transpiradae transpirada polas plantas que a devolven de novo a atmosfera. Outra parteOutra parte discorre pola superficie terrestre (escorrentíaescorrentía) dende os ríos ata os mares e océanos ou infíltraseou infíltrase no solo acumulándose en forma de augas subterráneasaugas subterráneas.

Page 41: Capas fluidas da terra agrupamento

A auga dos océanosauga dos océanos está a evaporarseevaporarse constantemente e transfírese transfírese a atmosfera.a atmosfera. As augas subterráneasaugas subterráneas, cun tempo variable, rematan vertendovertendo os maresmares polo que esta auga tamén retorna a atmosferaretorna a atmosfera. Estes retornos a atmosfera supoñen o peche e novo inicio do ciclo da auga.

3. 3. O CICLO DA AUGAO CICLO DA AUGA

O motor deste movemento cíclico da auga é a enerxía do sol xunto coa gravidade.

Ex. 3* p. 154. Ficha Reforzo

Page 42: Capas fluidas da terra agrupamento

BiosferaLagosGlaciares

Page 43: Capas fluidas da terra agrupamento

4. 4. IMPORTANCIA DA AUGA PARA A VIDAIMPORTANCIA DA AUGA PARA A VIDA

Mantén a temperatura corporalMantén a temperatura corporal dos organismos pola súa capacidade reguladora.

É o transportador de todas as substanciastransportador de todas as substancias, tanto nutrientes como refugallos (ouriños e suor).

Disolve o osíxenoDisolve o osíxeno, capacidade esencial para os organismos mariños.

O xeo flota sobre a augaxeo flota sobre a auga líquida permitindo a vida por baixo del.

Pode ascender por condutos moi finos (capilaridade)(capilaridade) permitindo levar substancias dende as raíces ás follas nas plantas.

Ex. 1 p.157

Page 44: Capas fluidas da terra agrupamento

5. 5. USOS DA AUGAUSOS DA AUGA

Os usos poden ser:

Usos ConsuntivosUsos Consuntivos

Aqueles nos que consumimos a augaconsumimos a auga que utilizamos: os usos domésticos e urbanos (fogar e regado de xardíns), os agrícolas (auga de rega) e industriais cando se usa como materia prima (p.e.: auga de lavado).

Usos non ConsuntivosUsos non Consuntivos

Aqueles nos que non se consome a auganon se consome a auga que empregamos: usos recreativos (piscinas, deportes acuáticos...), usos industriais que non supoñen consumo como refrixerante e determinados usos enerxéticos como os dunha central hidroeléctrica.

Page 45: Capas fluidas da terra agrupamento

5. 5. USOS DA AUGAUSOS DA AUGA

Page 46: Capas fluidas da terra agrupamento

5. 5. USOS DA AUGAUSOS DA AUGA

Page 47: Capas fluidas da terra agrupamento

Satisfacer necesidades básicas : 5 litros por persoa e día (alimentación, hixiene, etc, ...).

Calidade de vida e boa saúde: 80 litros por persoa e día (lavar, limpar, eliminar residuos, ...).

Xerar riqueza: 3200 litros por persoa e día ( agricultura, industria, turismo, acuicultura, xeración enerxía, ... ).

Realizar actividades recreativas: Variable ( instalacións deportivas: piscinas, campos de fútbol, de golf, etc,... )

5. 5. USOS DA AUGAUSOS DA AUGA

Page 48: Capas fluidas da terra agrupamento

5. 5. USOS DA AUGAUSOS DA AUGA

Page 49: Capas fluidas da terra agrupamento

6. 6. CONTAMINACIÓN DAS AUGASCONTAMINACIÓN DAS AUGAS

A contaminación da augacontaminación da auga é calquera proceso que provoca a alteración alteración das propiedadesdas propiedades da mesma producindo un prexuízoprexuízo para o medio e/ou para a nosa saúde. Débese a vertedura de substancias que denominamos contaminantes.

Os contaminantes poden ser:

Augas residuais urbanasAugas residuais urbanas que conteñen residuos fecais, deterxentes e microorganismos que poden provocar infeccións.

Os fertilizantes fertilizantes procedentes da agricultura que se filtran no solo e poden inutilizar os acuíferos.

As actividades industriais descontroladasactividades industriais descontroladas que verten as augas contaminantes (substancias químicas, materiais de embalaxes...).

Os verquidosverquidos durante o transportetransporte por auga ( mareas negras e sentinadas de produtos derivados do petróleo son os máis graves).

Page 50: Capas fluidas da terra agrupamento

Augas residuaisAugas residuais uso domésticouso doméstico

Page 51: Capas fluidas da terra agrupamento

Augas residuais uso industrialAugas residuais uso industrial

Page 52: Capas fluidas da terra agrupamento

Outros vertidosOutros vertidos

Ex. 1 p. 158

Page 53: Capas fluidas da terra agrupamento

7. 7. XESTIÓN SOSTIBLE DA AUGAXESTIÓN SOSTIBLE DA AUGA

A auga doce é un recurso renovablerecurso renovable debido ao ciclo hidrolóxico, sempre sempre queque:

Non a contaminemosNon a contaminemos.

Non consumamos máis da que pode rexenerarserexenerarse de xeito natural.

Por iso, igual que de cualquier outro recurso, debemos facer unha xestión xestión sostiblesostible que é aquela que cubre as nosas necesidades sen comprometer ás das xeraciíns vindeiras.

Para alcanzaralcanzar esta xestión sostiblexestión sostible:

Extracción racionalExtracción racional das reservas.

ReducciónReducción do consumo: aforro de auga.

DepuraciónDepuración da auga usada e reutilizaciónreutilización (limpeza de rúas e rega).

Boa distribucióndistribución: evitar as perdas en canalizacións, filtracións...

Page 54: Capas fluidas da terra agrupamento
Page 55: Capas fluidas da terra agrupamento

7. 7. XESTIÓN SOSTIBLE DA AUGAXESTIÓN SOSTIBLE DA AUGA

Potabilización e depuración da augaPotabilización e depuración da auga

A auga potable é aquela que:

Está libre de microorganismos patóxenos e contaminantes.

Non ten olor, nin sabor desagradable, nin presenta turbidez.

Contén unha pequena cantidade de sales minerais.

A potabilización son un conxunto de procesos que converten a auga da natureza en potable. (EPA: Estación potabilizadora).

A depuración é a extracción de contaminantes das augas residuais para que sexan axeitadas para retornar o medio natural. (EDAR: estación depuradora de augas residuais).

Ex. 1 e 2 p.160

Page 56: Capas fluidas da terra agrupamento
Page 57: Capas fluidas da terra agrupamento

Estación depuradora de augas Estación depuradora de augas residuais (EDAR)residuais (EDAR)

Page 58: Capas fluidas da terra agrupamento

E.D.A.R. ( ESTACIÓN DEPURACIÓN AUGAS E.D.A.R. ( ESTACIÓN DEPURACIÓN AUGAS RESIDUAIS )RESIDUAIS )

Page 59: Capas fluidas da terra agrupamento

GRAZAS POR ATENDERMEGRAZAS POR ATENDERME

Page 60: Capas fluidas da terra agrupamento
Page 61: Capas fluidas da terra agrupamento

BIBLIOGRAFÍA:- A.V. Presentación: “A Atmosfera”. Curso 2009-2010. Departamento de Ciencias Naturais do IES Ramón Otero Pedrayo. Ourense.- A.V. Presentación: “A Hidrosfera”. Curso 2009-2010. Departamento de Ciencias Naturais do IES Ramón Otero Pedrayo. Ourense.Ballester Illueca, J.Eduardo. 1995.“La atmósfera: estructura, composición y dinámica. La contaminación atmosférica. Métodos de determinación y corrección”. Temario oposiciones PES. Colegio Oficial de Biólogos.Madrid.- López, J. et al.2011.”Ciencias Naturais 1º ESO”. Proyecto “EL árbol del conocimiento”. McGraw-Hill Interamericana.- Zubiaurre Cortés, Sabino; Hernández Gómez, Jesús; Martínez Casillas, Jesús; Osuna Alcalaya, Mª del Carmen; Plaza Escribano, Concepción. “Ciencias da Natureza. 1º Educación Secundaria”. Grupo Anaya. 2011. Madrid.

Page 62: Capas fluidas da terra agrupamento

WEBGRAFÍA:www.astroyciencia.comwww.catedra-cereghetti1.idoneos.comwww.ciennatura.es  www.ecologismo.comwww.esu.edu www.dibujitosconhumor.blogspot.com www.grandesproblemasambientales-myr.blogspot.com  www.gcastro2010.wordpress.com www.haciendofotos.com  www.inteldig.comwww.kalipedia.comwww.lafisica-lafisica.blogspot.com  www.librosvivos.net www.mctpcpi2portaceli.blogspot.comwww.miniyo.tumblr.comwww.nasa.gov  www.omicrono.com  www.pucp.edu.pe  www.recursostic.educacion.es  www.rpp.com.pe www.ticylasciencias.blogspot.comwww.varia2s.blogspot.com