CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

37
DOSSIER DE PRENSA CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS [ SAN MARTIÑO PINARIO CIDADE DA CULTURA DE GALICIA ]

Transcript of CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

Page 1: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

DOSSIER DE PRENSA

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS [ SAN MARTIÑO PINARIO – CIDADE DA CULTURA DE GALICIA ]

Page 2: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

DOSSIER DE PRENSA

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS [ 1 ] CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[1.1] CANDIDA HÖFER

[1.2] ESPAZOS PROPIOS

[ 2 ]

ESPAZOS: SAN MARTIÑO PINARIO

[ 3 ]

LUGARES: BIBLIOTECA DE GALICIA

[ 4 ]

IMAXES: PUBLICACIÓN

[ 5 ]

PROJECT-DATA

[ 6 ]

FICHA TÉCNICA

[ 7]

FOTO-CONTIDOS

Page 3: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 1 ] CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[1.1] CANDIDA HÖFER

[1.2] ESPAZOS PROPIOS

Page 4: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 1 ] CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Artista CANDIDA HÖFER

Título ESPAZOS PROPIOS

Un proxecto de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

Lugar Museo Diocesano Biblioteca de Galicia Publicación

Datas 29. 10. 2010 – 16. 01. 2011

Financiado con

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, presenta o proxecto da artista alemá CANDIDA HÖFER titulado ESPAZOS PROPIOS, unha «peregrinación fotográfica» a través dos espazos de intercambio cultural, de representación da literatura oral, dos arquivos e bibliotecas, que debuxan unha particular cartografía dunha das máis ancestrais redes de comunicación como é o Camiño de Santiago.

O froito dun coidadoso proceso de produción realizado no contexto do Ano Santo 2010, estrutúrase en tres exposicións simultáneas —«Espazos», «Lugares» e «Imaxes»—, que poderán ser visitadas respectivamente no Museo Diocesano de Santiago de Compostela do Mosteiro de San Martiño Pinario, a Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, e a Publicación.

[1.1] CANDIDA HÖFER

CANDIDA HÖFER (1944, EBERSWALDE, ALEMAÑA) estudou na Kunstakademie Düsseldorf, primeiro Cinema con Ole John, e despois Fotografía con Bernd Becher. A súa obra foi exposta en museos como Kunsthalle Basel, Kunsthalle Bern, Portikus (Frankfurt am Main), Hamburg Kunsthalle, ou máis recentemente no MARCO~Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Igualmente participou en mostras colectivas no MoMA~Museum of Modern Art (Nova York), Power Plant (Toronto), ou a Kunsthaus Bregenz, Museum Ludwig (Colonia). No 2002 a artista participou en Documenta 11, e no 2003 representou a Alemaña na Bienal de Venecia (xunto a Martin Kippenberger).

A obra de Candida Höfer enmárcase dentro dunha tradición de fotógrafos alemáns herdeiros directos da estética conceptual e as ensinanzas de Bernd e Hilla Becher, que readaptarán o proxecto orixinario da Nova Obxectividade para adoptar un singular xeito de enfrontarse ao mundo. Ao igual que aqueles alumnos

Page 5: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

da Kunstakedemie Düsseldorf —entre os que estaban Andreas Gursky, Axel Hütte, Thomas Ruff ou Thomas Struth—, comparte as inquedanzas e planeamentos conceptuais afíns: teimoso practicante da cámara de gran formato, adopta unha estética fría, unha mirada o máis neutral e impertérrita posible, para acabar construíndo imaxes planas tecnicamente impecables e cunha calidade de detalles que pon de manifesto a súa preocupación formal pola nudez e a pureza de rexistro.

Seguindo o método de traballo iniciado polos seus mestres, as súas fotografías amosan un interese case que etnográfico pola multiplicidade de formas de representación da cultura contemporánea, relacionándose dun xeito moi particular cos escenarios onde se desenvolve a sociedade e o coñecemento, principal obxecto da súa fotografía dende os anos oitenta. Así, dende hai máis de tres décadas está centrada na realización dun extenso corpo de imaxes sobre interiores de edificios, preferentemente de uso público ou semi-público. Son fotografías de arquivos, bibliotecas, museos, igrexas, palacios ou bancos, realizadas cando cesa toda actividade e están baleiros. O seu procedemento de traballo, que achega unha enorme continuidade ao longo do tempo, é dun gran rigor formal, tanto na composición como no tratamento da luz. A aparente austeridade das súas imaxes encerra unha complexa lectura da arquitectura en relación cos seus usos e funcións actuais, así coma unha reflexión sobre a historia da cultura á que están estreitamente ligados os espazos que fotografía.

A artista non emprega o retoque; os lugares amósanse tal e como son: con brevidade e precisión prodúcese a identificación do lugar representado, a súa función, a súa situación, a data de realización da fotografía. O resultado é a creación dunha atmosfera fotográfica acougada e sinxela, sen pretensións de mitificar ou agraviar o espazo, senón unicamente plasmar os lugares coa súa carga histórica, por pequena e particular que esta sexa, no momento contemporáneo.

Malia a súa aberta fascinación pola conduta humana, nas fotografías de Candida Höfer non hai rastro ningún dela. A artista retrata as salas baleiras, espazos que semellan preparados para comezar a acoller os seus ocupantes habituais, tomando sempre o punto de vista do hipotético espectador. A artista recoñeceu a súa intención de prender, por medio desta manobra «deshumanizadora», o carácter aurático e revelador dos lugares representados. Neste contexto, os obxectos parecen desapegarse maxicamente do seu espazo habitual, abandonando os lindes físicos da representación para amosar as pegadas depositadas polo tempo, deixando á súa vez ao descuberto a maneira de construír e adecuar un lugar polos individuos do noso tempo.

[1.2] ESPAZOS PROPIOS

No contexto deste Ano Santo, e tras un coidadoso proceso de produción co seu colaborador e director de produción de tantos anos —o tamén fotógrafo Ralph Müller—, no que a artista visitou e fotografou algúns dos lugares da xeografía galega máis emblemáticos de salvagarda e representación da

Page 6: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

cultura que circula polas distintas vías de peregrinación que levan a Santiago de Compostela, preséntase agora o proxecto ESPAZOS PROPIOS, un novo corpo de imaxes que non fan máis que enmarcar o carácter transnacional dunha das máis antigas redes de comunicación e transmisión cultural, o Camiño de Santiago, e que se presentan en tres distintas mostras —«Espazos», «Lugares» e «Imaxes»—, cada unha coas súas respectivas sedes: Museo Diocesano de Santiago de Compostela do Mosteiro de San Martiño Pinario, Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, e a Publicación —ou a exposición sobre papel—. Un proxecto co que sen dúbida Candida Höfer pecha o ciclo do seu traballo: do espazo á fotografía, á imaxe e de novo ao espazo.

Para Candida Höfer a imaxe en si non marca o final do proceso. Despois de sacar o espazo do seu contexto respecto a outros espazos, afastándoo do edificio ao cal pertencía orixinariamente, o último paso esixe unha reintegración e un retorno ao tema da representación, e que no caso da alemá pode ter dúas vertentes.

Por unha banda, esta representación pode ser espacial: é o momento no que o espazo no que se amosan as imaxes de espazos adquire importancia, cando as perspectivas que amplifican o espazo se revelan, cando a luz que baña as imaxes ou a secuencia da súa disposición en salas e paredes se amosan sen pudor ningún; no que aqueles que teñan por profesión precisamente crear espazos —os arquitectos— deben volver a implicarse. Isto explica por que Höfer intenta integralos na presentación do seu traballo e por que, e máis particularmente, fomentou unha xa tan duradeira relación con Kuehn Malvezzi Architects.

Con eles volveu traballar nesta ocasión para o «espazo» do Museo Diocesano, e no «lugar» da Biblioteca de Galicia. Fundado en Berlín en 2001 polos arquitectos Simona Malvezzi, Wilfried Kuehn e Johannes Kuehn, Kuehn Malvezzi Architects, ademais de edificios para clientes públicos e privados, tamén deixaron arquitectura para un gran número de exposicións. Deseñaron os espazos expositivos para a Documenta 11 de Kassel (2002), a ampliación do Hamburger Bahnhof~Museum für Gegenwart para a Friedrich Christian Flick Collection (2004), e a Julia Stoschek Collection de Düsseldorf (2007). Na actualidade están a transformar o edificio barroco Unteres Belvedere (Baixo Belvedere) de Viena nunha sede para exposicións de arte contemporánea, e deseñando a ampliación do Museum Berggruen de Berlín, así como novas presentacións de varias coleccións históricas, como o Liebieghaus Frankfurt, o Herzog Anton Ulrich-Museum de Braunschweig, o Kunstsammlung Nordrhein-Westfalen, e o Kunstgewerbemuseum de Berlín. A súa obra exhibiuse a nivel internacional tanto en exposicións individuais como colectivas, entre elas o pavillón alemán da 10ª edición da Bienal de Arquitectura de Venecia en 2006.

Por outra banda, a representación pode poñerse en relación coa súa calidade gráfica, é entón cando aparece a publicación, onde a materialidade do papel, o tamaño e a secuencia intentan responder ás «imaxes» que contén. É o momento onde o espazo en branco do papel se converte no espazo expositivo onde actuar, onde o libro se amosa como o espazo onde actúa esta segunda vía de representación.

Page 7: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 2 ]

ESPAZOS: SAN MARTIÑO PINARIO

Page 8: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 2 ]

Espazos: San Martiño Pinario

Lugar Museo Diocesano

Salas Tullas Fernando de Casas Claustro Alto

Datas 29. 10. 2010 – 16. 01. 2011

Horarios Martes — Domingo [ 10:00 – 14:00 | 16:00 – 21:00 ]

Organizado con

Patrocina

Organizada co Arcebispado de Santiago de Compostela e o Seminario Maior, e patrocinada por Movistar, a mostra que alberga o Museo Diocesano de Santiago de Compostela no Mosteiro de San Martiño Pinario, ten como eixo fundamental o «espazo» que compón unha ruta como é a do Camiño de Santiago, e en concreto aquela que debuxan os santuarios que salvagardan a cultura que por ela circula.

Unha ruta universal como o Camiño de Santiago achega sempre unha aproximación plural de temas e axentes implicados; é un valor engadido, un proceso de aprendizaxe recíproca e un pretexto inmellorable de entendemento mutuo. Non é unicamente un espazo físico de transporte, senón o espazo de intercambio: posúe unha dinámica —comercial, filosófica ou relixiosa— que pode xerar ou favorecer a transferencia de mercadorías, de coñecementos e, en última instancia, de significados simbólicos particulares para o que a emprega ou percorre. O encontro, o diálogo, os intercambios culturais, económicos, a transferencia de ideas e de coñecementos, fan dela un concepto aberto e inclusivo.

A peregrinación, o tránsito ou a viaxe, son o fío máxico que a enliña e a pon en movemento para rematar descubríndoa coma ente orgánico, vivo, que amosa por un lado como poden vehicular valores de paz e solidariedade e por outro —e ao tempo—, ser portadoras de novas fórmulas de desenvolvemento no intento de presentar os aspectos positivos de eventos históricos de non moi feliz desenlace. Rutas relixiosas, comerciais, militares ou deportivas que describen intres na historia, unhas veces como espazo de intercambio e outras veces de agresión, pero que, ao seren abordadas en común como un proxecto de cooperación transnacional, facilitan o compromiso de aceptar unha historia en común.

A ruta debe saber narrar o encontro coa diversidade, co cambio; saber amosar os

Page 9: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

graos de troco e a complexidade cultural desas colisións ou citas. Debe dar conta de por canto tempo existiu, da frecuencia de uso, da súa capacidade de transferir tecnoloxías ou a sabedoría de producir existencias en común entre confesións, linguas e tradicións dispares. E para isto, a ruta xera uns santuarios ancestrais, uns lugares eternos e infinitos de posibilidades, universos achegados ao cambio, refuxios que constatan e salvagardan a historia, lugares onde repousan as mensaxes, escritos ou orais, que reconstrúen o pasado e proxectan o futuro cara a territorios incertos, células do corpo activo que, e en definitiva, é a ruta en xeral, e o Camiño de Santiago en particular: son os arquivos e bibliotecas en xeral, e aqueles outros, públicos ou semi-publicos, e que vinculados aos primeiros, dan refuxio, transmiten e promoven o intercambio da cultura que irremediablemente se

xera e acaba por «peregrinar».

Para iso Candida Höfer «retratou» algúns destes nodos ou paradas de posta como foron a Biblioteca da Casa Consulado da Coruña; as de mosteiros como o de Poio, Samos, Oseira ou os Franciscanos de Santiago de Compostela; as de institutos de ensinanza secundaria como o de Celanova ou o «Otero Pedrayo» de Ourense; a de centros universitarios como a Biblioteca América ou a Facultade de Xeografía e Historia; as de outros centros como a Biblioteca e Centro de Documentación do MARCO~Museo de Arte Contemporánea de Vigo; espazos de representación pública de coñecemento e cultura coma o Circulo das Artes de Lugo ou o Centro Cultural Caixanova; ou, e con especial relevancia, a Biblioteca e Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela como cénit do «espazo» da ruta, e a Cidade da Cultura, que sen a aglomeración que implica o paso do tempo, non é senón, un novo camiño aberto polo que circulará e se espallará a nosa cultura.

Obras anteriores —e xa emblemáticas— da fotógrafa alemá aparecen tamén representadas.

IES Otero Pedrayo Ourense I 2010

Catedral de Santiago de Compostela II 2010

Page 10: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Así, Bibliothèque nacional de France XIII 1998, Biblioteca Joanina Universidade de Coimbra IV 2006, Biblioteca Angelica Roma II 2003, Biblioteca Xeral Histórica Universidade de Salamanca III 1998, ou, e a máis recente, Arquivo Xeral de Indias Sevilla V 2010, dan boa conta do carácter internacional do Camiño de Santiago contextualizándoo máis alá das nosas fronteiras.

En definitiva, coa representación do proxecto Espazos Propios no Museo Diocesano de Santiago de Compostela, ou o que demos en chamar «Espazos», Candida Höfer realizou con 43 obras un novo caderno de bitácora que debuxa a circulación indeleble das partículas de cultura que obraron as distintas vías que conforman o Camiño de Santiago: arquivos e bibliotecas por onde deambula, viaxa, e —en última instancia— peregrina a historia plural dunha ruta —ou rutas—, sutís recunchos de intercambios de identidade e alimento do avance e o desenvolvemento; escenarios de representación pública dos discursos cimentados na sabedoría adquirida na viaxe a través dunha fonte tan inesgotable como pode ser a tamaña rede ancestral que asolaga a nosa xeografía; encrucilladas onde as musas que a definen, fanse —ou faranse— visibles.

Cidade da Cultura de Galicia II 2010

Page 11: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 3 ]

LUGARES: BIBLIOTECA DE GALICIA

Page 12: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 3 ]

Lugares: Biblioteca de Galicia

Lugar Cidade da Cultura de Galicia

Salas Biblioteca de Galicia

Datas 29. 10. 2010 – 16. 01. 2011

Horarios Previa reserva de praza www.cidadedacultura.es

Organizado con

No marco temporal dun ano no que se celebra non só o Ano Santo Xacobeo 2010, senón o Ano do Libro e a Lectura en Galicia, a Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura abre as súas portas acollendo unha coidadosa selección do proxecto Espazos propios da artista Candida Höfer. Patrocinada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, a mostra albergada pola nova biblioteca vertébrase nesta ocasión a partir do concepto de «lugar» e facendo referencia ao «espazo específico» que é e a aqueles que alí poderán verse: a biblioteca e o libro.

Neste Xacobeo 2010 e Ano do Libro e a Lectura en Galicia, a Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura abre as súas portas cunha selección de obras do proxecto de Candida Höfer ESPAZOS PROPIOS que se estruturan a partir do concepto de «lugar»: un termo definido univocamente pola maioría de dicionarios como «espazo ocupado ou que pode ser ocupado por un corpo que define a súa función», e que para este caso concreto se refire a un «lugar» como é a «biblioteca que é ocupada por libros».

Este novo «lugar» está chamado a ser a cabeceira do sistema de bibliotecas galegas. Como a «Biblioteca de Babel» da nosa comunidade, a súa misión é a de reunir, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia e toda a produción impresa, sonora, audiovisual ou informática relacionada co mesmo. Á súa vez, representará o sistema bibliotecario galego en España e ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do ámbito bibliotecario.

E todo isto nunha era na que a explosión de Internet parece desprazar o papel das bibliotecas e centros de documentación a un plano secundario, posto que a información xa non se atopa unicamente neses antigos centros do saber, senón que masivamente vai invadindo a rede. Unha era na que a cuestión sobre a necesidade dun intermediario —biblioteca ou centro de documentación— para acceder a unha información que se poida localizar directamente na rede, está á orde do día.

A exposición de Candida Höfer Espazos propios nun «lugar» como a Biblioteca de

Page 13: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Galicia, fomenta ante todo a disipación de tamaño debate e promulga unha terceira vía estruturada na coexistencia e complementariedade. É que hoxe en día un «espazo» como a World Wide Web non pode ser entendida sen os solemnes «lugares» das bibliotecas e os libros.

Temos que pensar por exemplo coma en 1941 Konrad Zuse inventou a Z3, a primeira máquina programable do mundo. Quedaban aínda varios anos para a invención das computadoras de válvulas e unhas cantas décadas para o desenvolvemento do hipertexto, o fío máxico que enliña a tea da Internet. Durante aquel ano e lonxe da contenda que axitaba Europa e boa parte do resto do mundo, Jorge Luis Borges escribía en Bos Aires o seu relato «El jardín de senderos que se bifurcan», e que a comunidade científica menciona, xunto con outro relato, «La Biblioteca de Babel», como o precursor da literatura hipertextual. Os enlaces ―borgianos‖ conforman na literatura un avance multilineal, pero organizado ao redor das formas filosóficas tradicionais do argumento lineal; é que o pensamento científico é irremediablemente lineal, e cada un de nós ten un día a día de zapping mental, de pensamentos hipertextuais.

Dise que Borges facía «literaruta» ou unha ruta guiada de literaturas. Parte da súa complexidade debémosllela atribuír aos seus hiperenlaces narrativos, produto dunha enorme bagaxe literaria cultivada dende a súa infancia e dunha imaxinación única de universos interrelacionados.

Theodor Nelson foi quen acuñou a expresión «hipertexto» en 1981. Referíase a unha escritura non secuencial, a un texto que bifurca, que permite que o lector elixa e que pode ser lido mellor nunha pantalla interactiva. De acordo coa noción popular, trátase dunha serie de bloques de texto conectados entre si por nexos, que forman diferentes itinerarios para o usuario. Con Internet esta noción volveuse vulgar e o «hipertexto» pasou a ser cada enlace que hoxe escollemos na nosa pantalla e que case sempre nos conduce a rutas de navegación descoñecidas e a contidos non lineais en relación ao texto inicial. Isto converte ao internauta en protagonista e autor da súa propia narración deixando de ser só espectador, dándolles un novo significado aos contidos.

Efectivamente «La Biblioteca de Babel», é quizais a obra máis significativa do universo ―borgiano‖. O arxentino estaba a narrar unha construción semellante á que hoxe conforma Internet. Como un deseñador do futuro, un astrólogo ou un mago chino, Borges pensou na Internet; porque a súa Biblioteca é o destino final da Internet e xa

Centro Cultural Caixanova Vigo II 2010

Page 14: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

case o seu presente, só que a pensou hai xa case 70 anos. Aínda que cando finou en 1986 nunca soubera da existencia dunha rede mundial de ordenadores interconectados entre si, Borges tivo a esta rede na súa mente en toda a súa literatura fantástica… el, que no seu Poema de los dones —do que curiosamente hai agora, en 2010, 60 anos da súa publicación—, «[…] figuraba el Paraíso / bajo la especie de una biblioteca».

As obras de Candida Höfer seleccionadas para este «lugar», a Biblioteca de Galicia, non fan senón acentuar esta complementariedade entre a Biblioteca e Internet. Efectivamente, antes da Internet, existiu «O Universo (que outros chaman Biblioteca)» (Real Abadía Benedectina San Xiao e Santa Basilisa de Samos I 2010), un «xardín de sendeiros que se bifurcaban» (Monasterio San Martín Pinario Santiago de Compostela I 2010), escenarios da palabra escrita (Catedral de Santiago de Compostela VI 2010, Abadía Cisterciense Santa María a Real de Oseira II 2010), da palabra oral de Pitágoras ou Platón (Centro Cultural Caixanova Vigo II 2010)… É dicir, unha ruta con infinitas vías, unha rede chea de hipertextos, un libro que contén todos os libros, ou, e en definitiva, un «lugar» —a biblioteca— coma o antecedente dun máis contemporáneo «espazo» coma é Internet, e como consecuencia de outro máis ancestral como é o Camiño de Santiago. Candida Höfer desprega na exposición de Espazos propios na Cidade da Cultura de Galicia, unha versión da «literaruta» onde as palabras son agora imaxes, e o «espazo» se converte nun «lugar», a Biblioteca. E como ao espectador lle corresponde que camiño tomar, dende a mostra convídaselle a elixir unha e que dende Galicia corresponde reivindicar:

Real Abadía Benedectina San Xiao e Santa Basilisa de Samos I 2010

Catedral de Santiago de Compostela VI 2010

Page 15: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

aquela que un día irmandou inquebrantablemente Galicia con Hispanoamérica, especialmente, con Bos Aires (Colexio Nacional de Bos Aires I 2006) e Brasil (Real Gabinete Português de Leitura Rio de Janeiro IV 2005).

Page 16: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 4 ]

IMAXES: PUBLICACIÓN

Page 17: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 4 ]

Imaxes: Publicación

Lugar Publicación

Publica Schirmer/Mosel

Edita S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

Edicións 3 [ Castelán – Galego – Inglés ]

Ensaios Herbert Burkert Luisa Castro Enrique Vila-Matas

Deseño www.veryvery.de

Tamaño 28.5 x 30 cm

Páxinas 208 pp

Publicado pola editorial alemá Schirmer/Mosel, editor habitual dos fotógrafos da coñecida como a «Escola de Düsseldorf», como Axel Hüte ou Thomas Struth, e con monografías no seu catálogo doutros tantos como Richard Avedon ou Jeff Wall, CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS é a «exposición sobre papel» que se supón terceira vértebra —«imaxes»— do proxecto Espazos propios. Acompañadas da pluma de HERBERT BURKERT, LUISA CASTRO ou ENRIQUE VILA-MATAS, despréganse agora, e na súa totalidade, as «imaxes» froito da produción da artista alemá en Galicia, e póñense en contexto coa súa produción anterior: páxina por páxina quedan revelados sobre o papel os nodos bibliófilos do Camiño de Santiago. A obra de Candida Höfer non debe de ser nunca entendida sen o seu conseguinte retorno ao «espazo» e/ou «lugar» onde a imaxe é representada. Como vimos, un modo de facelo é sobre o espazo arquitectónico; e outro é sobre o papel, no espazo en branco do libro. Sen dúbida, os libros de fotografía foron e son unha peza de comunicación, un vehículo que permite construír un discurso, unha historia, a través das súas imaxes. Serven para que unha obra perdure no tempo, e a través dun cada vez máis coidadoso proceso de edición e deseño, non serven só para realzar o valor das súas imaxes, senón que se converteron en obxectos de culto e alto valor estético. Para contextualizar a presente publicación ou «exposición sobre papel» teriamos que mencionar os antecedentes de tal fenómeno editorial, que, e este caso concreto, bebe de dúas históricas alianzas: aquela entre Fotografía e Literatura, e aqueloutra entre Fotografía e Arquitectura. En relación á primeira —Fotografía e Literatura— dicir que os anos cincuenta, sesenta e setenta do século XX foron unha etapa gloriosa do fotoperiodismo, anos de reinado para Vogue ou Harpers Bazaar. Logo chegaron os libros de fotografía, cun valor que se reforzaba coa colaboración entre fotógrafos e escritores. Así xurdiron espléndidas alianzas como as de Richard Avedon con Truman Capote, Robert Frank e Jaek Kerouac, ou Bernard Plossu e Denis Roche.

Page 18: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

A partir deles as imaxes liberáronse para pousarse nas paredes dos museos como pezas artísticas. Pero antes, efectivamente memorables foron estas colaboracións que produciron libros memorables como Les Américains, publicado en 1958 con imaxes de Robert Frank (Zúrich, 1924) e prólogo de Jack Kerouac, e que resumía os dous anos de viaxe, os 43 Estados e as 80.000 instantáneas que Frank tomou de Estados Unidos. Na década dos sesenta, máis concretamente en 1964, publicouse Izas, Rabizas y Colipoterras, con textos de Camilo José Cela e imaxes de Joan Colom (Barcelona, 1921) dentro da mítica colección Palabra e Imagen, da editorial Lumen. Colom, amateur e autodidacta, captou a esencia do barrio chino de Barcelona tomando as instantáneas dende a cintura e coa cámara agochada na man. Xa nos setenta publícanse tres dos grandes libros de fotografía: Le voyage mexicain, de Bernard Plossu; Worlds in a Small Room, de Irving Penn, e Gypsies, de Josef Koudelka. Entón a fotografía xa estaba nas portas dos museos en parte grazas á ousadía de Richard Avedon (Nova York, 1923–San Antonio, 2004), que en 1959 publicara Observations con textos de Truman Capote. Hoxe en día, e centrados xa na nosa protagonista, non debemos deixar de mencionar publicacións de culto na última década como Libreries (Thames & Hudson Ltd, 2005) que Candida Höffer realizou con Umberto Eco, ou Candida Höfer in Portugal (Schirmer/Mosel, 2007) con prólogo do recentemente desaparecido José Saramago. Por outra parte, nas últimas décadas existiu unha clara tendencia por desvincular a Fotografía de Arquitectura da súa función documental, e elevar a súa capacidade de comunicar a un rexistro máis afastado do espazo arquitectónico e máis preto do puramente visual e das emocións. Neste aspecto poderiamos falar extensamente das grandes

«[…] Co seguinte paso xorde unha nova tensión. A primeira impresión da fotografía aparece no laboratorio, a miúdo moito tempo despois de feita a toma, e comeza o traballo de converter a foto nunha imaxe. A impresión inicial libera a memoria condensada no momento do disparo e ceiba todas as capas que o espazo ofrecía no momento da fotografía: os tonos da luz, a hora do día, a calidez e a frialdade, mesmo o olor e os sons, xordos ou estridentes. Todos estes recordos que a copia libera atópanse daquela co silencio bidimensional da imaxe que ten diante e revela as suas propias reivindicacións, xustaposicións xeométricas e relacións entre superficies planas e cores, liñas e debuxos. O proceso de traballo que ten lugar a continuación non ten por obxectivo representar —nin representa—o espazo no momento de ser fotografado, senón que máis ben é unha conciliación entre o recordo da esencia dese lugar e as esixencias do papel imprimido. Por esta razón, as persoas familiarizadas cun espazo da súa vida cotiá teñen a cotío dificultades para recoñecelo na imaxe creada por Candida Höfer. […]»

A fotografía como peregrinación? —Algunhas obsrvacións sobre a arte de Candida Höfer

HERBERT BURKERT

«[…] Ese era un dos obxectivos das primeiras bibliotecas públicas inglesas: trasladar o debido aos seus debedores, levar unha contabilidade do espírito. Máis que de democratizar a ganancia tratábase de repartir a débeda, de facernos saber aos cidadáns do presente que somos depositarios dun tesouro que debe rescatarse e transmitirse aos demais, non ocultarse. É o triunfo da cultura, o puro acto de saldar as contas, de mostrar os nosos feitos, os nosos pensamentos. Unha biblioteca non é, xa que logo, o lugar que se nos ofrece, onde atopamos o que nos falta, o que non temos, non é ese lugar onde se nos espeta o que non sabemos; pola contra, é o espazo que nos reclama, que nos fai conscientes de que somos nós os depositarios do tesouro. […]»

As contas do espírito LUISA CASTRO

Page 19: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

alianzas entre arquitecto e fotógrafo como aquelas que existiu entre Le Corbusier e Lucien Hervé, Richard Neutra e Julius Shulman, ou Saana (Kazuyo Sejima + Ryue Nishizawa) e Walter Niedermayr. Non obstante, gustaríanos fixar a atención naquela que retrata a propia arquitectura á marxe de autorías, e que ten a súa orixe na escola do matrimonio Becher. Rigorosos seguidores da Nova Obxectividade e en especial da fotografía en branco e negro do gran fotógrafo alemán da mesma época Albert Renger-Patz, Bernd e

Hilla Becher (1931–2007, 1934) ocupan un lugar destacado da historia da fotografía contemporánea dende que en 1959 —e pouco despois de coñecérense como estudantes na Düsseldorfer Kunstakademie, comezasen a traballar xuntos fotografando e documentando de xeito sistemático as distintas tipoloxías industriais —silos, altos fornos, torres industriais ou tanques de auga— das rexións mineiras do Segerkland e o Ruhr. Durante máis de medio século estiveron achegados a este minucioso rexistro, retratando, analizando e comparando as grandes construcións da arquitectura industrial dos séculos XIX e XX tanto de Europa coma dos Estados Unidos, recuperando a beleza singular dunhas arquitecturas aparentemente afastadas da creación artística pero cuns valores plásticos únicos e indiscutibles. Dende 1976 comezarían a impartir ensinanza na mesma escola que os vira medrar. Dende alí lograron influenciar a unha xeración de artistas contemporáneos que foron adquirindo renome internacional con proxectos en principio sen intención artística ningunha, pero que nunha análise máis minuciosa revelan o seu sutil refinamento artístico a través dos códigos clásicos da percepción poñendo de manifesto a abraiante complexidade do método fotográfico. E de todos eles o que se dou en chamar o «quinteto de Düsseldorf»: Andreas Grusky, Axel Hütte, Thomas Ruff, Thomas Struth e Candida Höffer. Curiosamente, esa orixe converteuse na marca de estilo que asociou para sempre a mestres e alumnos, xusto cando se comezaba a cuestionar a dominante tradición do Kunstwollen —ou vontade de forma—, que planeará á historia da arte como unha sucesión de estilos. E máis alá de que calquera dos cinco renovaron o enfoque dos seus mestres ao aplicar as novas posibilidades que lles brindaba a técnica fotográfica a visións máis contemporáneas, o rigoroso método documental herdado dos Becher continuou vertebrando cada unha das súas respectivas obras.

«17

Riverrum. É dicir, continúo transitando polo meu cuarto mentres trato de descubrir que é un lector perdido e deixo que do asunto de viaxar polo curso do tempo se encargue a miña linguaxe nocturna. Hai un intre, mentres seguía mentalmente o conde (de Maistre) no momento mesmo de liquidar a súa vida de clausura e lanzarse á Via Po de Turín, pareceume ver que o meu encerro orixinou prodixios e parece querer conectarme tamén co universo enteiro. É coma se a biblioteca de 21 libros que dende Madrid trasladei ata este cuarto turinés fose o meu modesto, pero suficiente, Aleph. Acabo de contar eses libros para asegurarme de que non son 32, número que me devolve o recordo dunha hora que para min resulta obsesiva e, sobre todo, perigosa (as 3.20). De ter transportado ata aquí, sen decatarme, unha biblioteca de 32 libros, agora andaría inquedo pensando que estaba ante unha especie de broma pesada do destino. Pero son 21, cifra alada que multiplicada por dous dá o 42, o número de días que permaneceu pechado no seu cuarto, aquí en Turín, o Conde de Maistre. Son 21 libros, algúns deles aínda non lidos. E creo que constitúen —incluíndo nisto os non lidos— o núcleo duro da miña biblioteca voante. […]»

A biblioteca mínima de Turín ENRIQUE VILA-MATAS

Page 20: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

É aquí onde de novo volvemos ao que aquí nos trouxo: unha alumna avantaxada dos Becher, Candida Höfer, mostra agora «espazos» achegados á cultura, cun particular enfoque en tipoloxías ou «lugares» como os arquivos e bibliotecas, e finalmente devólvenos nas «imaxes» que asolagan esta publicación: Candida Höfer. Espazos propios.

Page 21: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 5 ]

PROJECT-DATA

Page 22: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Project-Data

TAB LUGARES FOTOGRAFIADOS

Nº 19

A Coruña 10

Lugo 2

Ourense 3

Pontevedra 4

Cidade da Cultura de Galicia

Catedral de Santiago de Compostela

USC~Universidade de Santiago de Compostela: Biblioteca América

USC~Universidade de Santiago de Compostela: Biblioteca Lago

USC~Universidade de Santiago de Compostela: Facultade de Xeografía e Historia

Convento San Francisco de Val de Dios de Santiago de Compostela

Parlamento de Galicia

Mosteiro San Martiño Pinario

Real Academia Galega de Belas Artes «Nosa Señora do Rosario»

Biblioteca do Consulado

Mosteiro San Xoán de Poio

Biblioteca Pública de Vigo

Centro Cultural Caixanova

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

I.E.S. Otero Pedrayo

I.E.S. Celanova

Abadía Cisterciense de Santa María A Real de Oseira

Real Abadía Beneditina San Xiao e Santa Basilisa de Samos

Círculo das Artes de Lugo

Page 23: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

TAB LISTA DE OBRAS EN EXPOSICIÓN

LUGAR San Martiño Pinario

Nº 43

Tullas 25

Fernando de Casas 5

Claustro Alto 13

TULLAS

MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo I 2010

C-Print

120 x 93 cm

Monasterio de San Juan de Poio II 2010

C-Print

52 x 52 cm

Abadía Cisterciense Santa María la Real de Oseira V 2010

C-Print

52 x 52 cm

Abadía Cisterciense Santa María la Real de Oseira IV 2010

C-Print

54 x 52 cm

Catedral de Santiago de Compostela VIII 2010

C-Print

54 x 52 cm

Catedral de Santiago de Compostela VII 2010

C-Print

52 x 52 cm

Catedral de Santiago de Compostela IX 2010

C-Print

56 x 52 cm

Círculo de las Artes de Lugo V 2010

C-Print

63 x 68 cm

Real Adabía Benedictina San Xiao e Santa Basilisa de Samos II 2010

C-Print

63 x 81 cm

Page 24: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Facultade de Xeografía e Historia Universidade de Santiago de Compostela I

2010

C-Print

63 x 81 cm

Catedral de Santiago de Compostela IV 2010

C-Print

63 x 63 cm

Círculo de las Artes de Lugo VI 2010

C-Print

63 x 63 cm

New York Public Library I 1992

C-Print

44 x 38 cm

British Library London IV 1994

C-Print

46 x 38 cm

Circolo Degli Artisti Torino II 199

C-Print

63 x 63 cm

Museo Geominero Madrid I 2003

C-Print

63 x 65 cm

Real Academia Española Madrid III 2000

C-Print

70 x 63 cm

Real Sitio de San Lorenzo de El Escorial XI 2000

C-Print

63 x 63 cm

Archivo General de Indias Sevilla V 2010

C-Print

63 x 70 cm

Biblioteca General Histórica Universidad de Salamanca III 1998

C-Print

38 x 49 cm

Bibliothèque nationale de France XIII 1998

C-Print

63 x 74 cm

Page 25: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Biblioteca Joanina Universidade de Coimbra IV 2006

C-Print

63 x 71 cm

Biblioteca de Menéndez Pelayo Santander I 2004

C-Print

75 x 63 cm

Biblioteca Angelica Roma II 2003

C-Print

75 x 63 cm

Stiftsbibliothek St. Gallen II 2001

C-Print

72 x 63 cm

Centro Cultural Caixanova Vigo I 2010

C-Print

144 x 329 cm

FERNANDO DE CASAS

Cidade da Cultura de Galicia I 2010

C-Print

155 x 200 cm

Cidade da Cultura de Galicia II 2010

C-Print

88 x 117 cm

Cidade da Cultura de Galicia III 2010

C-Print

88 x 120 cm

Cidade da Cultura de Galicia IV 2010

C-Print

88 x 117 cm

Cidade da Cultura de Galicia V 2010

C-Print

88 x 117 cm

CLAUSTRO ALTO

Biblioteca de la Casa Consulado A Coruña I 2010

C-Print

205 x 275 cm

Abadía Cisterciense Santa María la Real de Oseira I 2010

C-Print

205 x 247 cm

Page 26: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

IES Otero Pedrayo Ourense I 2010

C-Print

205 x 290 cm

IES Celanova I 2010

C-Print

205 x 270 cm

IES Otero Pedrayo Ourense II 2010

C-Print

205 x 269cm

Biblioteca Pública de Vigo II 2010

C-Print

205 x 215 cm

Biblioteca América Universidade de Santiago de Compostela I 2010

C-Print

205 x 289 cm

Facultade de Xeografía e Historia Universidade de Santiago de Compostela III

2010

C-Print

205 x 283 cm

Catedral de Santiago de Compostela II 2010

C-Print

205 x 267 cm

Catedral de Santiago de Compostela I 2010

C-Print

205 x 243 cm

Catedral de Santiago de Compostela V 2010

C-Print

205 x 255 cm

Catedral de Santiago de Compostela III 2010

C-Print

205 x 260 cm

Convento de San Francisco de Val de Dios Santiago de Compostela I 2010

C-Print

205 x 270 cm

Page 27: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

TAB LISTA DE OBRAS EN EXPOSICIÓN

LUGAR Cidade da Cultura de Galicia

Nº 40

Salas 8

Vitrina I 16

Vitrina II 16

SALAS

Monasterio San Martín Pinario Santiago de Compostela I 2010

C-Print

205 x 266 cm

Real Adabía Benedictina San Xiao e Santa Basilisa de Samos I 2010

C-Print

205 x 256 cm

Catedral de Santiago de Compostela VI 2010

C-Print

205 x 287 cm

Abadía Cisterciense Santa María la Real de Oseira II 2010

C-Print

205 x 265 cm

Archivo General de Indias Sevilla I 2010

C-Print

205 x 254 cm

Centro Cultural Caixanova Vigo II 2010

C-Print

205 x 300 cm

2005

C-Print

205 x 244 cm

Colegio Nacional de Buenos Aires I 2006

C-Print

205 x 252 cm

VITRINA I

Teatro San Martín Buenos Aires I 2006

Page 28: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Facultad de Derecho Universidad de Buenos Aires I 2006

Palacio Municipal Buenos Aires I 2006

Centro Naval Buenos Aires II 2006

Círculo Militar Buenos Aires II 2006

Colegio Nacional de Buenos Aires III 2006

Palacio del Congreso Nacional Buenos Aires II 2006

Antigua Biblioteca Nacional Buenos Aires IV 2006

Teatro Colón Buenos Aires II 2006

Teatro Colón Buenos Aires III 2006

Centro Naval Buenos Aires I 2006

Antigua Biblioteca Nacional Buenos Aires II 2006

Consejo Deliberante Buenos Aires I 2006

Page 29: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Biblioteca Nacional Buenos Aires I 2006

Biblioteca Nacional Buenos Aires IV 2006

Antigua Biblioteca Nacional Buenos Aires VI 2006

VITRINA II

Igreja São Francisco de Assis Salvador Bahia II 2005

Portal da Misericórdia Salvador de Bahia I 2005

Igreja Ordem Terceira Secular de São Francisco da Bahia Salvador Bahia I 2005

Academia Brasileira de Letras Rio de Janeiro II 2005

Theatro Municipal Rio de Janeiro I 2005

Palácio Rio Branco Salvador Bahia I 2005

Igreja Ordem Terceira Secular de São Francisco da Bahia Salvador Bahia I 2005

Museu Nacional Rio de Janeiro II 2005

Theatro Municipal Rio de Janeiro III 2005

Page 30: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Biblioteca Nacional Rio de Janeiro V 2005

Gabinete Português de Leitura Salvador Bahia I 2005

Biblioteca Nacional Rio de Janeiro III 2005

Biblioteca Nacional Rio de Janeiro III 2005

Biblioteca Nacional Rio de Janeiro I 2005

Academia Brasileira de Letras Rio de Janeiro I 2005

Igreja Ordem Terceira de São Francisco da Penitência Rio de Janeiro I 2005

Page 31: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 6 ]

FICHA TÉCNICA

Page 32: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Ficha Técnica

UN PROXECTO DE

CANDIDA HÖFER CON

Dirección de Proxecto

A&M

Coordinación

Amanda del Monte

Joako Ezpeleta

Dirección de Produción

Ralph Müller

Impresión

Kurt Danzer

Jürgen Halfar

Alexandra Orlowski

Mike Reusch

Enmarcado e Loxística

Klaus Kremer

Klaus Wagner

Supervisión de Imaxes

Anne Ganteführer-Trier

Seguros

AXA Art

Transporte

ORDAX

Arquitectura

KUEHN MALVEZZI

Montaxe

Arte Celta

Editorial

Schirmer/Mosel

Ensaios

Herbert Burkert

Luisa Castro

Enrique Vila-Matas

Traducións

Fernando Pazó

Josephine Watson

Concepto Gráfico e Maquetación

www.veryvery.de

Marketing Gloria Sallent

Aplicacións Gráficas trespuntos

Prensa Silvia Cossío

Carmen Millares

Contidos online Fernando Caula

Ivar Rekve

Page 33: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[ 7]

FOTO-CONTIDOS

Page 34: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Foto-Contidos

CANDIDA HÖFER

[img # CH_portrait]

Candida Höfer

Foto: Ralph Müller

ESPAZOS PROPIOS

Espazos

[img # CH_0001]

Abadía Cisterciense Santa María la

Real de Oseira I 2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0002]

Catedral de Santiago de Compostela I

2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0003]

Catedral de Santiago de Compostela II

2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0004]

Centro Cultural Caixanova Vigo I

2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0005]

Cidade da Cultura de Galicia II 2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0006]

IES Otero Pedrayo Ourense I 2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0007]

IES Otero Pedrayo Ourense II 2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0008]

MARCO Museo de Arte

Contemporánea de Vigo I 2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0009]

Biblioteca Angelica Roma II 2003

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

Page 35: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

[img # CH_0010]

Biblioteca Joanina Universidade de

Coimbra IV 2006

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0011]

Bibliothêque nationale de France Paris

XIII 1998

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0012]

Stiftsbibliothek St. Gallen II 2001

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

Lugares

[img # CH_0013]

Abadía Cisterciense de Santa María la

Real de Oseira II 2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0014]

Centro Cultural Caixanova Vigo II

2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

[img # CH_0015]

Monasterio San Martín Pinario

Santiago de Compostela I 2010

© Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn

2010

Imaxes

[img # CH_book_cover_esp]

Candida Höfer. Espacios propios

© Schirmer/Mosel & S.A. de Xestión do

Plan Xacobeo, 2010

Page 36: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS

Máis información: Prensa e RRPP Xacobeo 2010

SILVIA COSSÍO [email protected] [email protected] CARMEN MILLARES [email protected]

Teléfono: +34 981 558 584

candidahofer.xacobeo.es

Page 37: CANDIDA HÖFER. ESPAZOS PROPIOS SAN MARTIÑO PINARIO …

candidahofer.xacobeo.es