Cancioneiro de petrarca

16
FRANCESCO PETRARCA CANCIONEIRO NOVA TRADUCIÓN DE DARÍO XOHÁN CABANA EDICIÓNS DA CURUXA a nosa voz entenden número dous

Transcript of Cancioneiro de petrarca

Page 1: Cancioneiro de petrarca

FRANCESCO PETRARCA

C A N C I O N E I R O

NOVA TRADUCIÓN DE

DARÍO XOHÁN CABANA

EDICIÓNS DA CURUXAa nosa voz entenden

número dous

Page 2: Cancioneiro de petrarca

FRANCESCO PETRARCA

CANCIONEIROseguido das

RIMAS DISPERSAS

NOVA TRADUCIÓN DE

DARÍO XOHÁN CABANA

DA REAL ACADEMIA GALEGA

EDICIÓNS DA CURUXAa nosa voz entenden

número dous

Page 3: Cancioneiro de petrarca

VIDA DE FRANCESCO PETRARCA

En outubro do ano 1302 o notario Ser Pietro di Parenzo, casado con Electa Canigiani, foi condenado en Florencia á amputación dunha man baixo unha acusa-ción que non debeu ser máis ca un pretexto utilizado polos vencedores nas liortas civís. Polo si ou polo non, parece que Pietro xa se puxera fóra da súa cidade a raíz da tomada do poder polos güelfos negros –naquela conxuntura, por simplificar, unha especie de extremistas de dereita– a finais do ano anterior. Güelfo branco –os brancos eran coma quen di o partido democrático burgués–, amigo de Dante e dous anos máis novo ca el, Pietro di Parenzo pertencía a unha familia de xuristas afeccionados tamén ós estudos literarios. O avó paterno de Ser Petracco –que por este hipocorístico era coñecido o pai do noso poeta– foi probablemente un tal Ser Garzo, tamén notario coma o seu fillo Parenzo, autor dunha colección paremio-lóxica en vulgar e polo menos de catro das chamadas Laude di Cortona, que morreu antes de 1272 á fermosa idade de cento catro anos.

Ser Petracco e a súa muller refuxiáronse en Arezzo. Nesta cidade, daquela cabeza dun pequeno estado autónomo, naceu ó amencer do 20 de xullo do 1304 o primeiro fillo do matrimonio, que co tempo había de converter o patroními-co que lle correspondía na forma latinizante Petrarca, de máis lucida resonancia. Francesco naceu precisamente o día da derrota definitiva do partido branco no seu intento de entrar á forza en Florencia; Dante, que se opuxera a esta aventura, estaba tamén en Arezzo.

En 1305 Electa radicaríase con Francesco nunha propiedade familiar en Incisa, no Valdarno, a uns vinte quilómetros de Florencia cara a Arezzo, de onde a Petracco lle sería doado ir. Alí lles nacería outro fillo, Gherardo, no 1307. A pesar do exilio, non vemos sinais de apuros económicos: diñeiros aforrados, negocios presentes ou rendas das propiedades rústicas da familia debían garantir a súa vida.

No ano 1311, seguramente coa esperanza de que a vinda a Italia de Henrique VII de Luxemburgo favorecese o retorno dos exiliados a Florencia, Ser Petracco e a súa familia trasládanse a Pisa, que sería cuartel xeral do emperador na súa empresa de sometemento da península. Naquela cidade o neno Francesco vería por primeira e derradeira vez a Dante, que andaba no séquito imperial.

Perdida ou adiada esta esperanza, en 1312 a familia múdase a Aviñón, ou mellor dito a Carpentràs, «cidade pequena, capital de pequena provincia», do Comtat Ve-naissin, a vinte quilómetros de Avinhon, que daquela era residencia preferida do

Page 4: Cancioneiro de petrarca

10 F R A N C E S C O P E T R A R C A

papa, o gascón Bertran de Got, antes arcebispo de Bordeos, que reinaba co nome de Clemente V. O Comtat Venaissin era señorío papal dende 1274.1 Clemente V establecera a sé do papado en Aviñón había só tres anos, e o motivo da vinda de Ser Petracco sería o desexo de exercer o seu oficio e medrar ó carón da curia. Francesco empeza o seus estudos de gramática con Convenevole da Prato, toscano tamén. Con el estudaba o ligur Guido Sette, que sería un dos seus grandes amigos e chegaría a arcebispo de Xénova.

En 1316, obedecendo a idea paterna, Francesco inicia os seus estudos de de-reito na universidade de Montpelhèr. Segundo parece, seu pai reprocháballe que perdese o tempo en estudos literarios; pero non debía ser moi severo, pois tamén lle pagaba libros non estritamente xurídicos, entre eles as Etimoloxías de Isídoro e un códice misceláneo de Virxilio que foi unha das xoias preferidas da súa biblioteca e que aínda se conserva na Ambrosiana de Milán.

En 1318 ou 1319 morre súa mai ós 38 anos de idade, e Francesco adícalle unha elexía latina doutros tantos hexámetros, que é o seu primeiro poema conservado.

En 1320 vai pra Boloña con seu irmán Gherardo e con Guido Sette, pra comple-tar os estudos de leis, aínda que sen dúbida gastou máis tempo noutras cousas que lle pareceron máis importantes ou gustosas; e daquela Boloña era un importante centro da poesía italiana en lingua vulgar. Con interrupcións –entre elas unha viaxe polo norte de Italia no 1321, con estadías en Rimini e Venecia–, bota alí seis anos e fai moitas amizades, entre elas a do aristócrata romano Giacomo Colonna, futuro bispo e seu primeiro «señor». En 1326 morre seu pai; Francesco abandona os estudos, deixa Boloña e volve co irmán pra Aviñón. Era papa e señor da cidade o caorsino Jacme Duèsa, un avaro simoníaco que reinaba co nome de Xoán XXII e que aínda sendo vigairo de Cristo na Terra probablemente non cría nel.

Nestes anos, o noso poeta confesa ter levado unha vida frívola e elegante, na que o seu aspecto físico o debeu favorecer. «De novo –di na súa epístola Á posteridade– tiven un corpo non de grandes forzas, pero que chegou a ter moita destreza. Non me chufo dunha beleza extraordinaria, pero si tal que nos meus máis verdes anos podía gustar: fun de cor viva entre o branco e o moreno;2 tiven os ollos vivaces e por longo tempo de vista agudísima, que despois dos sesenta anos me traizoou inesperadamente, obrigándome a recorrer con repugnancia ó auxilio de lentes».

O día 6 de abril de 1327, na igrexa de Santa Clara de Aviñón, ve por primeira vez a Laura. A substancia histórica desta muller, que segundo o seu amador per-

1. O Condado de Venasque era a parte sur da Marca de Provenza, e polo tanto formara parte do principado dos condes de Tolosa. Durante as guerras de destrución de Occitania que levaron a cabo o rei de Francia e o papa de Roma co pretexto dunha cruzada contra os herexes cátaros, o conde Raimundo VII viuse obrigado en 1229 a cederlle o Comtat Venaissin –que non incluía a cidade de Avinhon– ó papado, pero a nova soberanía non se fixo efectiva ata 1274, cando o principado de Tolosa xa fora absorbido polos Capetos de París.

2. Segundo o Boccaccio: «Statura quidem procerus, forma venustus, facie rotunda atque decorus, quamvis colore etsi non candidus, non tamen fuit obscurus, sed quadam decenti viro fuscositate permixtus». Cando en 1873 se examinaron os seus restos óseos calculóuselle unha altura de 1,83 m.

Page 5: Cancioneiro de petrarca

11L I M I A R

tencía a unha familia antiga e nobre, non se sabe con certeza. Tense identificado cunha Laura de Nòvas, casada cun tal Uc ou Hugo de Sada. Esta hipótese non deixa de seducir a imaxinación, pois así a recatada Laura do Petrarca sería de-vanceira do perverso marqués de Sade, que por certo se chufaba de tan literaria estirpe, reivindicada por un seu tío cura, Jean-François de Sade, nunhas Mémoires pour la vie de François Pétrarque publicadas en 1764. O que é indubidable, en calquera caso, é que a muller chamada Laura existiu realmente, e que Francesco Petrarca a amou con toda a súa alma, ou coa maior parte dela –aínda que o corpo tivera outras leis–, durante toda a súa vida.

A finais desta década Petrarca recibe as catro ordes menores, comprome-téndose así ó celibato, aínda que nunca chegaría a asumir o sacerdocio. En rea-lidade, a súa entrada na carreira eclesiástica é simplemente unha maneira de arranxar a vida: con ela ponse en situación de recibir, grazas ós seus protectores e á súa propia valía, os lucrativos beneficios que lle permitirán vivir comoda-mente entregado ós seus estudos. Obra importante destes anos é a súa edición crítica e anotada das tres décadas que se conservan enteiras do Ab urbe condita de Tito Livio, considerada como un fito transcendental nos estudos de filoloxía latina.

Na primavera do 1330 acompaña o seu amigo e señor Giacomo Colonna, xa feito bispo, á tomada de posesión da sé de Lombez ou Lombèrs, na Gascuña; alí pasa o verán, e en outono entra como capelán de familia ó servizo do cardeal Giovanni, irmán de Giacomo; en realidade como unha especie de portavoz e pro-pagandista da casa dos Colonna. Estes podentes prelados eran mozos aínda, só tres ou catro anos máis vellos có propio Petrarca, e a súa vocación relixiosa debía ser aínda menor cá do poeta.

En 1333, Petrarca fai unha longa viaxe polo norte de Europa; visita demorada-mente París, Gante, Liexa, Aquisgrán, Colonia. Viaxa en certo modo por conta do cardeal Giovanni, a quen escribe fermosas cartas coas súas impresión; empéñase moi especialmente na procura de códices dos clásicos latinos, e en Liexa descobre dous discursos de Cicerón, un deles o Pro Archia, que tivo grande influencia nel. Esta sería a súa primeira gran descuberta nunha busca de libros clásicos que durou toda a vida. Este ano Dionigi de Borgo San Sepolcro, notable teólogo e filólogo, faille un agasallo que dende aquela levará sempre sobre si: unha copia minúscula das Confesións de S. Agostiño.

O 25 de xaneiro de 1335 élle concedida unha coenxía na sé de Lombèrs por Bieito XII, o foisenco Jacme Fornièr, antigo inquisidor, iniciador da construción do suntuoso pazo dos papas de Aviñón, que aínda fora electo o mes anterior pró setial de San Pedro. Vinte anos máis tarde, co ril ben cuberto xa por outros man-tos, o noso poeta cederíalle este beneficio ó seu queridísimo amigo Ludwig van Kempen, flamengo de nación, cariñosamente alcumado Sócrates, a quen coñeceu como cantor na capela do cardeal Colonna; nunha pasaxe do Triumphus Cupidinis fala con extremada tenrura deste Sócrates e do romano Lelio ou Lello di Pietro

Page 6: Cancioneiro de petrarca

12 F R A N C E S C O P E T R A R C A

Stefano Tosetti, despois de laiar a morte prematura doutro amigo íntimo, Tommaso Caloiro ou Caloria, compañeiro de estudos en Boloña, finado en 1340:

E, poi conven che ’l mio dolor distingua, volsimi a’ nostri, e vidi ’l bon Tomasso, ch’ornò Bologna, ed or Messina impingua.O fugace dolcezza! o viver lasso! chi mi ti tolsi sì tosto dinanzi, senza ’l qual non sapea movere un passo?Dove se’ or, che meco eri pur dianzi? Ben è ’l viver mortal, che sì n’agrada, sogno d’infermi e fola di romanzi!Poco era fuor de la comune strada quando Socrate e Lelio vidi in prima: con lor più lunga via conven ch’io vada.O qual coppia d’amici, che né ’n rima poria, né ’n prosa ornar assai, né ’n versi, se, come dee, vertù nuda si stima.Con questi duo cercai monti diversi, andando tutti tre sempre ad un giogo; a questi le mie piaghe tutte apersi.Da costor non mi pò tempo né luogo divider mai, sì come io spero e bramo, infino al cener del funereo rogo.Con costor colsi ’l glorioso ramo onde forse anzi tempo ornai le tempie in memoria di quella ch’io tanto amo.

En abril de 1336 sobe ó Monte Ventor con seu irmán Gherardo, fazaña que con-tará máis tarde nunha das súas epístolas Familiares. Durante esta mesma primavera fai amizade en Aviñón con Simone Martini, o gran pintor sienés. En decembro sae pra Roma, onde será hóspede da poderosa familia Colonna; non volverá a Provenza ata xullo do ano seguinte. Deixaba muller preñada.

Á volta merca unha propiedade en Vauclusa, á beira do Sòrga e a uns vinte e dous quilómetros –quince millas, quindecim passuum milibus– de Aviñón. O ordi-nario do lugar, o bispo de Cavalhon Filipe de Cabassola, que logo chegaría a máis altos destinos, será outro dos seus grandes amigos. No verán deste ano de 1337 nácelle o seu primeiro fillo natural, Giovanni. Non se sabe quen era a nai; quen tan-to falou de si mesmo non se dignou deixar noticia dela en ningures. Petrarca quixo ser bon pai con Giovanni; criouno e educouno, lexitimouno en 1349, e en 1352 pen-sou arranxarlle a vida conseguíndolle unha coenxía en Verona. Pero o rapaz tiña bastante mala cabeza, e deulle moitos desgustos.

Page 7: Cancioneiro de petrarca

34 F R A N C E S C O P E T R A R C A

I

Voi ch’ascoltate in rime sparse il suonodi quei sospiri ond’io nudriva ’l corein sul mio primo giovenile errore,quand’era in parte altr’uom da quel ch’i’ sono,

del vario stile in ch’io piango e ragiono,fra le vane speranze e ’l van dolore,ove sia chi per prova intenda amorespero trovar pietà, non che perdono.

Ma ben veggio or sì come al popol tuttofavola fui gran tempo, onde soventedi me mesdesmo meco mi vergogno;

e del mio vaneggiar vergogna è ’l frutto,e ’l pentersi, e ’l conoscer chiaramenteche quanto piace al mondo è breve sogno.

II

Per fare una leggiadra sua vendettae punire in un dì ben mille offese,celatamente Amor l’arco riprese,come uom ch’a nocer luogo e tempo aspetta.

Era la mia virtute al cor ristrettaper far ivi e negli occhi sue difese,quando ’l colpo mortal là giù disceseove solea spuntarsi ogni saetta.

Però turbata nel primiero assaltonon ebbe tanto né vigor né spazioche potesse al bisogno prender l’arme,

overo al poggio faticoso ed altoritrarmi accortamente da lo straziodel quale oggi vorrebbe e non pò aitarme.

4

8

11

14

4

8

11

14

Page 8: Cancioneiro de petrarca

35C A N C I O N E I R O

I

Ti que hoxe en rimas soltas oes o sondo suspirar con que eu nutría o córno meu primeiro xuvenil error,cando era en parte outro home do que son,

pró vario estilo meu, pranto e razónentre as vas esperanzas e a va dor,onde haxa quen por proba entenda amorpiedade espero achar, non xa perdón.

Mais agora ben vexo como á xentedei que falar ben tempo, do que adoitode min mesmo comigo me avergoño;

e do meu devanar vergoña é o froito,e o arrepentirse vendo claramenteque canto prace ó mundo é breve soño.

II

Querendo unha xentil vinganza obtere mil ofensas castigar nun día,furtivamente o arco Amor collíacoma quen busca emposta pra bater.

O meu vigor, querendo defenderollos e cór, no cór se me choíacando o golpe mortal a onde soíafanarse toda frecha foi caer.

Así turbado no primeiro asalto,non tivo forza nin espazo tantoque ante o perigo se puidese armar,

ou ben no outeiro fatigoso e altosagazmente afastarme do quebrantono que hoxe non me pode xa axudar.

4

8

11

14

4

8

11

14

Page 9: Cancioneiro de petrarca

36 F R A N C E S C O P E T R A R C A

III

Era il giorno ch’al sol si scoloraroper la pietà del suo fattore i rai,quando i’ fui preso, e non me ne guardai,che i be’ vostr’occhi, donna, mi legaro.

Tempo non mi parea da far riparocontra colpi d’Amor: però m’andaisecur, senza sospetto; onde i miei guainel commune dolor s’incominciaro.

Trovommi Amor del tutto disarmato,ed aperta la via per gli occhi al core,che di lagrime son fatti uscio e varco.

Però al mio parer non li fu onoreferir me de saetta in quello stato,a voi armata non mostrar pur l’arco.

IV

Quel ch’infinita providenzia ed artemostrò nel suo mirabil magistero,che criò questo e quell’altro emispero,e mansueto più Giove che Marte,

vegnendo in terra a ’lluminar le cartech’avean molt’anni già celato il vero,tolse Giovanni da la rete e Piero,e nel regno del ciel fece lor parte.

Di sé nascendo a Roma non fé grazia,a Giudea sì, tanto sovr’ogni statoumiltate essaltar sempre gli piacque;

ed or di picciol borgo un sol n’ha dato,tal che natura e ’l luogo si ringraziaonde sì bella donna al mondo nacque.

4

8

11

14

4

8

11

14

Page 10: Cancioneiro de petrarca

37C A N C I O N E I R O

III

Era o día que ó sol se lle apagaronos raios seus por dó do seu Feitor,cando eu fun preso sen saberme opor,que os vosos belos ollos me ligaron.

Tempos a xeito non me semellaronpra erguer defensas contra accións de Amor,e sen receo andaba: así na dorcomún os meus queixumes empezaron.

Achoume Amor de todo desarmado,e ata o cór polos ollos paso aberto,que agora son prás lágrimas portada.

Mais non lle fixo moito honor por certoferirme a min de frecha en tal estado,e nin mostrarvos o arco a vós armada.

IV

O que infinita providencia e artena admirable mestría demostrou,que este hemisferio e mais aquel creou,e máis benigno Xúpiter ca Marte,

vindo á terra aclarar de parte a parteo libro que a verdade antes velou,da rede a Pedro e mais a Xoán quitoue no reino do ceo lles fixo parte.

De si, nacendo, non lle quixo dara graza a Roma, e fíxolla a Xudea,tanto a humildade levantar lle prougo;

e hoxe tal sol nos deu en pouca aldeaque se louva a natura e o lugaronde tan bela dona ó mundo trougo.

4

8

11

14

4

8

11

14

Page 11: Cancioneiro de petrarca

222 F R A N C E S C O P E T R A R C A

e più certezza averne fora il peggio.Spirto beato, qualese’ quando altrui fai tale?

O poverella mia, come se’ rozza!Credo che tel conoschi:rimanti in questi boschi.

CXXVI

Chiare, fresche e dolci acqueove le belle membrapose colei che sola a me par donna; gentil ramo ove piacque(con sospir mi rimembra)a lei di fare al bel fianco colonna; erba e fior che la gonnaleggiadra ricoverseco l’angelico seno;aere sacro serenoove Amor co’ begli occhi il cor m’aperse:date udienza insiemea le dolenti mie parole estreme.

S’egli è pur mio destino,e ’l cielo in ciò s’adopra,ch’Amor quest’occhi lagrimando chiuda, qualche grazia il meschinocorpo fra voi ricoprae torni l’alma al proprio albergo ignuda. La morte fia men crudase questa spene portoa quel dubbioso passo,che lo spirito lassonon poria mai in più riposato portoné in più tranquilla fossafuggir la carne travagliata e l’ossa.

Tempo verrà ancor forsech’a l’usato soggiornotorni la fera bella e mansueta,

78

81

6

13

19

26

Page 12: Cancioneiro de petrarca

223C A N C I O N E I R O

e saber máis sería pró meu mal.Alma santa, que es ticando os máis fas así?

Ouh miña pobre, es ben desaxeitada!Será ben que te afagase quedes nestas fragas.

CXXVI

Fresca e doce auga claraonde os seus belos membrospuxo a que é pra min dona e namais ca ela; xentil ramo que usara(suspiro cos relembros)como columna prá figura bela; herba e flor que a gonelagraciosa recubriue o seo anxelical;ar sagrado e xangalonde Amor cos seus ollos me feriu:todos prestade ouvidosós meus extremos ditos doloridos.

Se el é meu certo fado,e o manda o ceo, que Amorpeche estes ollos tristes coa man súa, o meu corpo cansadocubra o voso favor,e volva a ialma ó propio albergue núa. Non será a morte crúase levo esta esperanzaó perigoso paso,porque o espírito lasonon pode en porto de maior bonanzanin máis tranquila fosadeixar osamia e carne fatigosa.

Quizá inda chegue a horaque no sitio adoitadoa fera bela e dócil volva estar,

78

81

6

13

19

26

Page 13: Cancioneiro de petrarca

224 F R A N C E S C O P E T R A R C A

e là ’v’ella mi scorsenel benedetto giornovolga la vista disiosa e lieta cercandomi; ed, o pieta!,già terra infra le pietrevedendo, Amor l’inspiriin guisa che sospirisì dolcemente che mercé m’impetre,e faccia forza al cieloasciugandosi gli occhi col bel velo.

Da’ be’ rami scendea,dolce ne la memoria,una pioggia di fior sovra ’l suo grembo, ed ella si sedeaumile in tanta gloria,coverta già de l’amoroso nembo. Qual fior cadea sul lembo,qual su le trecce bionde,ch’oro forbito e perleeran quel dì a vederle;qual si posava in terra e qual su l’onde,qual con un vago erroregirando parea dir «Qui regna Amore».

Quante volte diss’ioallor pien di spavento«Costei per fermo nacque in paradiso». Così carco d’oblioil divin portamentoe ’l volto e le parole e ’l dolce riso m’aveano, e sì divisoda l’imagine vera,ch’i’ dicea sospirando«Qui come venn’io o quando?»,credendo esser in ciel, non là dov’era.Da indi in qua mi piacequest’erba sì ch’altrove non ho pace.

Se tu avessi ornamenti quant’hai voglia,poresti arditamenteuscir del bosco e gir infra la gente.

32

39

45

52

58

65

68

Page 14: Cancioneiro de petrarca

225C A N C I O N E I R O

e onde me vira outrorao día benfadado,me busque ansiosa co seu ledo ollar; e, ouh piedade!, ó mirarque eu pó entre as pedras sontalvez Amor a inspirede modo que suspiremoi docemente e pida o meu perdón,e faga forza ó ceosecando os ollos co seu lindo veo.

A belida enramada,cousa doce á memoria,sobre do colo flores lle chovía, e ela estaba sentadahumilde en tanta gloria,baixo o amoroso nimbo que a cubría. Cal flor na orla caía,cal sobre as trenzas blondas,que eran ouro brunidode pérolas garnido;cal pousaba na terra, cal nas ondas,cal cun gracioso errorxirando murmuraba «Aquí está Amor».

Canto teño xemidoco temor que me enchía«Certo que esta naceu no paraíso». Tan cargado de olvidoo falar e a fasquíae o divino ademán e o doce riso me tiñan, e o meu sisotan fóra do que ollaba,que eu dicía laiando«Como viñen, ou cando?»,coidando estar no ceo, non onde estaba.Tanto esta herba me prougoque desde aquela allur xa non acougo.

Se ti estás tan ornada como queres,podes ousadamentesaír das fragas pra ires canda a xente.

32

39

45

52

58

65

68

Page 15: Cancioneiro de petrarca

611N O T A S

Os Proverbia super natura feminarun glosan am-plamente: «Quando la istate viene e lo lovo se muda, / e perde lo so pelo, quest’è causa saipuda, / mai lo veço reten e ’l malfar no refu-da, / e çà per carne cota non lasarà la cruda.» Outros prefiren citar un dito de Vespasiano re-collido por Suetonio: «vulpem pilum mutare, non mores». Pró caso en que estamos, tanto nos ten Xan coma Pericán.8. Do corpo material, cárcere da alma, veo que lle impide a visión verdadeira.12-14. É dicir, xa fóra do amor sensual e libre dos seus desexos, só coa doce contemplación.

CXXIIIÉ soneto de despedida, talvez escrito cando o Petrarca saíu de Aviñón, o día 15 de febreiro do 1341, pra ser coroado en Roma. E o poeta ve no rostro de Laura, cuberto por unha amo-rosa néboa, o pesar pola súa partida.5. As almas no ceo enténdense sen falar, con variacións do seu fulgor.

CXXIV4. Na outra riba do Aqueronte, e quere dicir que lles ten envexa ós que xa están mortos.11. No medio do camiño desta vida: así empe-za Dante a súa Comedia, querendo dicir que ten 35 anos.12. O cristal é fráxil, o diamante é símbolo de solidez.

CXXV6. Amor espertaría incluso no corazón de Lau-ra, onde certamente dorme, non opera.25-26. A min dóeme o pranto; e a outrén –a Laura– dóelle que diga mal os meus laios, que non os exprese sabiamente.34. Por un pensamento que fai lembranza de Laura.38. A axuda que lle prestaban nas súas penas os doces sons das antigas rimas.79. Diríxese á canción.

CXXVIEsta canción, irmá da anterior, é pra nós a máis bela do Petrarca; nela séntese coma en ningures unha poderosa sensualidade que, aín-da sublimándose con piadosos pensamentos de morte, impregna as estanzas coa obsesiva saudade de felices horas de amor na ribeira do Sòrga. Todos nosoutros sabemos, ou debia-

mos saber, dalgunha pradela así á beira doutro río que nos cadre máis cerca.3. O común adverbio namais soe ser excluído dos dicionarios modernos, coa escusa de que é unha redución de nada máis, e polo tanto un castelanismo ou un vulgarismo, sexa isto o que for. Pero esa orixe espuria dista moito de estar probada, e o máis fácil é que sexa unha disimilación de nomais<non máis, como pare-ce garantir o portugués nomais, xa desusado, cuxa primeira vogal denuncia unha formación antiquísima, cando o primitivo non común aín-da non pasara a não, nin sequera a nam. Cóm-pre advertir que a forma nomais, que eu non lembro ter ouvido, é tamén aboada pró galego por Leiras Pulpeiro e polo propio Pintos.56. Olvido é aquí o esquecemento das cousas do mundo que lle impón a doce contempla-ción da amada.68. Repárese que o envío é simétrico e oposto ó da canción anterior.

CXXVII1. A cantar de Laura, que nesta canción rela-ciona cos estados do tempo e da natureza.5. Amor, que dita dentro. «Sonche un que can-do / me inspira Amor, anoto, e os ditados / que el dita dentro vou significando», responde Dante no Purgatorio a Bonagiunta Orbicciani da Lucca, e é unha definición ou divisa clásica do Dolce Stil Novo.7-10. Obsérvese que a sintaxe do orixinal é tan torturada coma a da tradución, ou máis. Entén-dase «pero aínda así, direi como encontro es-crita a historia do meu tormento pola propia man de Amor no medio do meu corazón».20. É dicir, cando chega a primavera.23-25. No solsticio do verán, cando o sol vai máis alto, paréceme que Laura é semellante ó lume de amor nun corazón nobre.26-28. No outono, cando o día se fai máis cur-to porque o sol recúa e volve a unha posición equinoccial, imaxino a Laura na madurez, con-siderada como idade perfecta.49. Entre o branco da cara e o dourado da ca-beleira están, xaora, os ollos.50. «O amoroso maxín que habita dentro», en LXXI, 91-2; «o piadoso maxín que ninguén viu», en CXXIII, 7: o amor que Laura sente se-cretamente por el. Son versos discutidos, pero a nós parécenos que non poden significar outra cousa.

Page 16: Cancioneiro de petrarca

612 F R A N C E S C O P E T R A R C A

58. É dicir, planeta –e pensará en Venus como estrela da mañá, estreliña do luceiro– por oposición ás estrelas fixas.63. O día que a coñecín.65. Mollados, porque o día que a coñeceu os ollos de Laura chorarían de piedade pola Paixón de Cristo.83. Cita case literalmente o primeiro verso do soneto XC.90. Ficando en si: quedando íntegra aínda que reparta a súa luz. É louvanza no fondo case blasfema, pois segundo se aprende na Divina Comedia só Deus pode difundir o seu esplen-dor sen perder nada del.

CXXVIIIDiríxese ós señores de Italia, exhortándoos a poñeren fin ás guerras intestinas e a expulsa-ren as tropas mercenarias, maiormente xer-manas, de que se servían. A finais do 1344, Petrarca estaba en Parma cando estoupou un repugnante conflito pola señoría da cidade en-tre os irmáns Correggio –divididos entre si–, os Visconti, os D’Este, os Gonzaga e outros aspirantes. En decembro, Parma foi asediada –nas mesnadas señoriais de dentro e de fóra había mercenarios estranxeiros– polos Gonza-ga e os Visconti. O 23 de febreiro do 1345, o noso poeta abandonou a cidade nunha fuga dramática na que mancou moito un brazo ó caer do cabalo nunha noite de treboada infer-nal. Isto relátao o mesmo Petrarca nunha das súas Familiares, datada dous días despois en Boloña, e escrita, contra o seu costume, pola man doutro: «Hinc tibi preter solitum alienis digitis ista perscribo», di contra o final. Crese xeralmente que esta excelente canción puido ser composta nos días daquel cerco, ou onde non durante a convalecencia da caída. Prá rela-ción do Petrarca cos Correggio, véxase tamén a canción XXVIII das rimas dispersas.6. Como espera Italia, figurada nos seus ríos máis ilustres. A forma Tibre é a do galego me-dieval, e xa a usou Curros n’O Divino Sainete.35. Así o deixou dito Plinio o Vello na súa His-toria Natural: «Alpes Italiæ pro muris adver-sus impetum barbarorum natura dedit». E en Cicerón hai algo bastante parecido: «Alpibus Italiam munierat antea natura non sine aliquo divino numine».45. Esta maneira de falar, «come si legge» no orixinal, é moi propia dunha época na que se

vivía con entusiasmo a recuperación da cultu-ra clásica. Petrarca refírese a unha gran vitoria que no ano 102 a. C. alcanzou Mario contra os teutóns en Aquæ Sextiæ, hoxe oficialmente Aix-en-Provence –Aics en occitano medieval, agora Ais, e tamén Ai en Frederic Mistral–. En Floro lese, se non lemos nós mal o seu latín: «Con tanto ardor se combateu, e tanta matan-za de inimigos houbo, que no ensanguentado río o vitorioso romano non bebeu máis auga ca sangue de bárbaros».67. Erguer o dedo era sinal de rendición en combate, cousa que os mercenarios farían a cada dous por tres, xa que ó fin e ó cabo só loitaban pola paga e non terían moita gana de morrer por ela.73. Porque se infaman a si mesmos vendéndose (verso 62); se tan pouco se estiman a si mes-mos, mal poden estimar os máis. É a interpre-tación tradicional, e a ela me ateño.86. Os pais do poeta non deberon ser enterra-dos en Italia, senón en Provenza, que foi onde morreron. Mais o Petrarca non fala de si mes-mo, senón que pon na mente dos señores os pensamentos patrióticos que segundo el deberían ter.118. Referencia probable a un verso de Teren-cio que o Petrarca cita a miúdo na súa obra la-tina: «veritas odium parit», a verdade fai nacer odio, no sentido de que nos aborrecemos con quen nos di verdades desagradables.

CXXIX21. O adxectivo amaro continúa o latín clásico amarus, mentres que o seu equivalente amargo require unha base *amaricus, se non é un dever-bal de amargar<*amaricare. Este comentario só está aquí porque nos modernos dicionarios ga-legos, ó revés do que sucede nos portugueses, a palabra amaro non está ou é desaconsellada. Pero o caso é que xa a usa Pintos, que non é pequena autoridade, e dende el moitos e moi bos autores, coma tal Pondal, Florencio Vaa-monde, Blanco-Amor ou Méndez Ferrín.24. Aínda que ti te consideres indigno, poida que sexas estimado e querido por Laura.44. Filla de Leda foi Helena de Troia, símbolo de beleza prós gregos antigos.57. A extensión dos seus danos é a distancia que o separa de Laura.66. A canción sería escrita no 1344, estando o noso poeta en Selvapiana, preto de Reggio