Campo da Feira de Arzúa

12
ESPAZOS NATURAIS E DE USO PÚBLICO DE ARZÚA Campo da feira de Arzúa Localización: Este espazo está situado en pleno centro urbán de Arzúa, ten por un lado o centro de saúde pola parte Este, polo outro lado cara o Oeste está situado o pabellón onde se enche de postos de venda de queixo cando se celebra á Feira do queixo que soe ser ó 1º fin de semana de marzo. Este campo da feira está delimitado por varias rúas todo redor, entre elas a do Padre Pardo que se comunica coa rúa principal (Rúa de Lugo) que cruza Arzúa dunha punta a outra. Utilización: Rúa do Padre Pardo C e n t r o d e s a ú d e P a b e l l ó n m u n i c i p a l R ú a c o n d i r e c c i ó n p r o h i b i d a c a r a e s t e s e n t i d o Outra rúa, tamén entrada de coches O u t r a r ú a c o n s a í d a E s c a l e i r a s E s c a l e i r a s

description

Situación actual do Campo da Feira

Transcript of Campo da Feira de Arzúa

Page 1: Campo da Feira de Arzúa

ESPAZOS NATURAIS E DE USO PÚBLICO DE ARZÚA

Campo da feira de Arzúa

Localización:

Este espazo está situado en pleno centro urbán de Arzúa, ten por un lado o centro de saúde pola parte Este, polo outro lado cara o Oeste está situado o pabellón onde se enche de postos de venda de queixo cando se celebra á Feira do queixo que soe ser ó 1º fin de semana de marzo. Este campo da feira está delimitado por varias rúas todo redor, entre elas a do Padre Pardo que se comunica coa rúa principal (Rúa de Lugo) que cruza Arzúa dunha punta a outra.

Utilización: Rúa do Padre Pardo

Centro d e saúde

Pabellón municip al

Rúa con direcció n prohib ida cara este sent ido

Outra rúa, tamén entrada de coches

Outra rú acon saí da Escaleira s

Escaleira s

Page 2: Campo da Feira de Arzúa

Utilización;

Actualmente este espazo utilízase como estacionamento de vehículos, aínda que non está marcado o estacionamento, esto ocorre os días que non hai feira xa que eses días ás zonas adicadas aos aparcadoiros son ocupadas polos diferentes postos de venda. Esta feira celébrase os días 8 e 22 de cada mes na que acuden diferentes persoas dos distintos lugares próximos a vila. A do día 8 remóntasese ao século XI, e a do día 22 data do século XVIII

sendo a do día 8 unha das máis importantes de España. Tamén cabe destacar á tradicional “Feira do Queixo de Arzúa”

que se celebra ó 1º fin de semana de marzo. O espazo está constituido por unha carballeira, tamén existe un

cuberto na parte sur que se utiliza como resgardo en caso de choiva. Parece ser que este cuberto con tellado de madeira é utilizado para degustalo pulpo á feira entre outras cousas.

Dimensións do espazo;

O campo da feira ten aproximadamente o redor duns 46 m.x 40 m, o que supón unha superficie total de 1.840 M2.

Page 3: Campo da Feira de Arzúa

Antes da poda

Page 4: Campo da Feira de Arzúa

Situación actual

Page 5: Campo da Feira de Arzúa

Hai varios factores para destacar a situación actual deste espazo, un deles é a drástica poda a que foron sometidos ós diferentes árbores quedando practicamente só co tronco. Outros factores a destacar son tales como as diferentes infraestructuras que compoñen este espazo é o seu estado de conservación.

A parte dos árbores que hai nesta plaza que son concretamente;14 exemplares, 12 son Quercus robur é 2 son Plátanus sp. Tamén hai outras cousas como son;

• - Farolas-3• - Bancos-2 que están situados o carón do muro xunto a acera• - Papeleiras-2• - Fontes-2

- Macetas metálicas grandes para plantas-2• - Pivotes de madeira que separan a zona de herba que vai entre a

fila de árbores, do asfalto que hai polo medio da plaza para circular é estacionar os vehículos, así como para os peóns.

Page 6: Campo da Feira de Arzúa
Page 7: Campo da Feira de Arzúa

Estado de algunha infraestructura

O estado en que se encontran alguns compoñentes deste espazo non é o máis axeitado xa que carecen de algo, ou ben o seu funcionamento non é o correcto.

Pódese poñer ou amosar algún exemplo; Ás fontes existentes carecen de auga é presentan óxido.

Page 8: Campo da Feira de Arzúa

O estado das escaleiras tamén merece especial mención, algunhas están rotas.

Tamén os pivotes de madeira están tirados ou rotos.

Page 9: Campo da Feira de Arzúa

Carencias visibles;

Tamén a parte do estado de algunhas cousas deste espazo, pódense destacar algunhas carencias como por exemplo a ausencia de varandillas no muro de pedra que rodea ó campo, xa que o perigo que supón sobre todo para os nenos pequenos, posto que o muro en algún punto ten o reor dun metro de altura.

A falta de rampas para minusválidos é outra das cousas que non presta este espazo, sobre todo pola parte sur onde o desnivel do

terreo é importante, aínda que na parte norte non farían falta porque o terreo está o mesmo nivel.

Page 10: Campo da Feira de Arzúa
Page 11: Campo da Feira de Arzúa
Page 12: Campo da Feira de Arzúa