CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e...

13
Boletín 3 PontevedRAID 2014 www.aromon.es 1 CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 Raid de Aventura en Pontevedra: 13 e 14 Setembro de 2014 4ª Proba da X Liga Galega de Raids de Aventura 4ª proba L.E.R.A. 4ª Prova da Taça de Portugal de Corridas de Aventura

Transcript of CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e...

Page 1: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 1

CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS

DE AVENTURA 2014

Raid de Aventura en Pontevedra: 13 e 14 Setembro de 2014

4ª Proba da X Liga Galega de Raids de Aventura – 4ª proba L.E.R.A. –

4ª Prova da Taça de Portugal de Corridas de Aventura

Page 2: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 2

ORGANIZAN:

PATROCINAN:

COLABORAN:

Page 3: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 3

CHEGADA ó CHAN DURO e SAÍDA da PROBA.

125 km dende Ourense (1h25´).

120 km dende A Coruña (1h20´)

50 km dende Santiago (50´)

40 km dende Vigo (40´)

Dende a autopista AP-9 collémola saída 119, saímos pola AG-41 dirección

Pontevedra pola estrada C-531, axiña collemos desvío a esquerda, cruzando por riba da

autoestrada e a N-550, hacia PO-224 dirección Encoro do Pontillón de Castro, enlace

http://goo.gl/maps/jKNf5, lugar de Chan Duro – Recepción e duchas, nas Instalacións de

Piragüismo (gps: 42.495572, - 8.616521), abertas durante o sábado e pernocta para a

etapa do domingo.

Para máis información de aloxamentos preto de Pontevedra podedes visitalas

seguintes ligazóns: www.concellopontevedra.es/ e www.visit-pontevedra.com/

Haberá servizo de almorzo desde ás 7:00 no Pontillón de Castro o sábado e o

domingo, non incluído no prezo de inscrición.

Page 4: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 4

PROGRAMACIÓN da PROBA.

Martes 9 setembro

ás 22:00 h Peche da inscrición

Mércores 10 setembro

Publicación EQUIPOS inscritos

Xoves 11 setembro

ás 12:30 h Presentación do V PontevedRAID en rolda de prensa no

CONCELLO de PONTEVEDRA - rúa Michelena 30

Venres 12 setembro

21:00 a 24:00 h

Chan duro, recepción, entrega de documentación e pulseiras de

seguridade no Pontillón de Castro

Sábado 13 setembro

8:00 a 9:00 h Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade

no Pontillón de Castro

9:15 h Reunión técnica cos equipos

10:00 h SAÍDA en MASA no Pontillón de Castro

21:00 h Hora de Peche de META ETAPA 1

22:00 h SAÍDA en MASA ETAPA 2 (nocturna)

Domingo 14 setembro

1:00 h PECHE de META ETAPA 2 (nocturna)

9:00 h SAÍDA en MASA ETAPA 3

12:30 h PECHE de META

14:00 h Entrega de Trofeos e comida de despedida do V PontevedRAID no

MULTIUSOS da XUNQUEIRA

TROFEOS.

Terán trofeo os 3 primeiros clasificados de cada categoría Élite, Aventura Mixta e

Aventura Masculina.

Page 5: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 5

Para o ranking galego o equipo puntuará como mixto sempre que a muller corra 5

ou mais seccións do raid.

RAID de ESTRATEXIA.

O Raid terá 3 ETAPAS, e 9 seccións de diferente duración e diferentes disciplinas

deportivas: Orientación, Carreira, BTT, Kaiak, Escalada, Rápel e Natación. Haberá

DISTINTAS zonas de TRANSICIÓN, por tratarse dun Raid liñal (Saída-T1 + T2 + T3 + T4 e T5 +

Meta etapa 1-Saída e Meta etapa 2 + Saída etapa 3 + T8-META), estas zonas de

transición estarán sinalizadas debidamente na estrada, a maiores dos mapas de

asistencia que se entregarán coa documentación e colgados na web www.aromon.es o

día da proba. NECESARIO COMPOÑENTE – ASISTENCIA PARA TÓDOLOS EQUIPOS.

ATENCIÓN AOS DESPRAZAMENTOS DAS ASISTENCIAS, SERÁN DE APROXIMADAMENTE 30

MIN.

O tempo máximo para rematar o raid será de 17 horas e media.

Destacamos que se trata dun Raid de estratexia. Co gallo de potencialo lado

aventureiro dos Raids, deseñamos dándolle mais importancia á estratexia dos equipos,

ademais da esixencia física xa implícita. Isto ven significar que os equipos que compitan

terán que tomar decisións en canto ás balizas que teñen que rexeitar tendo en conta as

puntuacións que éstas posúan para cumprir os tempos de corte xa que completalo Raid

enteiro estará o alcance de poucos equipos, pero é posible ¿Será éste o primeiro no que

se consiga?

O raid disputarase en modalidade score, segundo se especifique no libro de ruta.

NORMAS e REGULAMENTO.

As normas que rexerán o V PontevedRAID son as recollidas no regulamento de

Raids da Federación Española De Orientación (FEDO), -

http://www.fedo.org/raids/docs12/normativa12/ReglamentoRaid2011definitivo.pdf

http://www.fedo.org/raids/docs12/normativa12/ADVENTURE%20RACING%20RULES_FINAL_15-7-11.pdf (ENG), tendo

en conta os cambios nesta normativa para a actual LERA 2014, -

http://www.fedo.org/raids/docs14/normativa14/Cambios-LERA-2014.pdf

Page 6: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 6

e as normas específicas do Campeonato Ibérico de Raids 2014, -

http://www.fedo.org/raids/docs14/normativa14/NormasLERA2014.pdf

Será obrigado firmalo Apéndice I do Regulamento FEDO, Declaración coas

Condicións de participación na LERA que se entregará no momento da acreditación de

equipos na recepción da proba (poderedes atopalo ó final deste boletín).

A acreditación dos participantes farase mediante documento acreditativo ou

licenza de Raid en vigor. Para iso, deberán acudir á recepción tódolos compoñentes do

equipo xuntos.

SISTEMA SPORT IDENT (S.I.)

Utilizarémolo sistema S.I. para o control de paso por baliza polo que cada

PARTICIPANTE terá que levar unha pinza electrónica SI- card modelos 6 (fora de venda),

10 ou 11 (non SI AIR), caso de non indicalo número de pinza na inscrición, asignarase

unha de aluguer a recoller na recepción (custo aluguer 6€), non admitindo

modificacións despois do peche da inscrición.

Os participantes que traian pinza S.I. propia (o modelo está escrito nela), terán que

presentarse na recepción sen gomas de suxeición para facilitalo precintado da mesma

ao pulso, mediante unha pulseira de seguridade. Caso de ruptura da pulseira en

carreira, haina que repoñer informando a organización, no menor tempo posible.

MATERIAL OBRIGADO

Material Obrigado por Equipo sempre en carreira

1 Asubío por compoñente e coñecelo Código Morse de SOS (...---...)

1 Manta térmica por compoñente (sg)

1 Teléfono móbil por equipo co nº PIN (caso de telo) pegado por fora e en

bolsa estanca, que non se poderá utilizar máis que en caso de emerxencia, o

seu uso suporá a descalificación da proba.

GPS por equipo para seguimento a tempo real en www.tracktherace.com

Page 7: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 7

Material Obrigado por disciplina

Natación.- Levar un traxe de neopreno homologado posto por compoñente

(sg).

BTT.- Bicicleta e casco (sg) por compoñente e cámara de reposto.

Kaiak.- Facilitado pola organización: chaleco salvavidas por compoñente (sg),

pala e kaiak.

Escalada.- Arnés, pés de gato e mosquetón de seguro, para o compoñente

que escale (1 por equipo élite).

Rápel.- Arnés, casco (sirve BTT), cinta cosida de 120 cm, 2 mosquetóns de

seguro e descensor, para tódolos compoñente en carreira élite.

PROBAS DE CORDAS (escalada + rápel).- EN ÉLITE É OBRIGADO TRAER O

MATERIAL. OS EQUIPOS AVENTURA QUE NON TEÑAN O MATERIAL

PROPORCIONARALLO A ORGANIZACIÓN.

Posta de sol ás 20:28.- Obrigatorio dispositivos de alta visibilidade por

compoñente (sg) a partir de dita hora e para a etapa 2 NOCTURNA: prendas

reflectores, frontal e luz traseira (BTT).

SEGUEMENTO EN TEMPO REAL CON

Contaremos co seguimento en tempo real vía web, en www.tracktherace.com.

O dispositivo GPS terá que ser portado en todo momento por un compoñente do

equipo que estea en carreira (en caso de Aventura será obrigación do equipo que

sempre estea en carreira).

Para asegurala duración da batería e poder seguir todo o evento, lembrarase aos

equipos que despois da etapa 2 apaguen o dispositivo, e o volvan acender antes da

saída en masa do domingo.

Page 8: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 8

SECCIÓNS, DISCIPLINAS e VALOR dos PUNTOS de CONTROL

SECCIÓNS nº PCs PUNTOS Distancia Desnivel + Mellor tempo

SAÍDA en MASA - 10:00 horas

S1 – Natación/ Carreira 5 8 1,1 km 1m 0h15 min

S2 – BTT/

O-BTT

17

22

24

33

40,6 km

19,2 km

1110 m

455 m

2h25min

1h05min

Peche de S2 - 14:00 h

Hora de CORTE - 14:30 h

Hora de APERTURA Kaiak (S3) - 13:30 h

S3 - Kaiak 6 18 10 km 1 m 1h30min

Peche de S3 - 16:00 h

Hora de CORTE - 16:30 h

DESCARGA TARXETAS SPORTIDENT. Clasificación provisional da ETAPA 1.

Hora de APERTURA BTT (S4) - 15:00 h

S4 - BTT 10 20 23 km 1130 m 2h

S5 – O-Pé individual 21 31 4,6 km 240 m 0h45min

S6 - BTT 12 19 24 km 770 m 1h45min

Peche de META ETAPA 1 - 21:00 h

DESCARGA TARXETAS SPORTIDENT. Clasificación da ETAPA 1.

SAÍDA en MASA ETAPA 2 – 22:00 h

S7 – O-Pé nocturna/

Escalada

25

1

35

3

8,1 km

15 m

270 m

15 m

2h

0h15min

Peche de ESCALADA - 00:30 h

Peche de META ETAPA 2 - 01:00 h

DESCARGA TARXETAS SPORTIDENT. Clasificación provisional do Raid.

SAÍDA en MASA ETAPA 3 – 09:00 h

S8 – BTT/

Rápel

19

1

28

4

39,5 km

900 m

2h

0h15min

S9 – O-Pé urbana 18 19 5,2 km 35 m 0h45 min

Peche de META ETAPA 3 e RAID - 12:30 h

DESCARGA TARXETAS SPORTIDENT. Clasificación provisional do Raid.

TOTAIS 157 PCs 242 ptos 175,3 km 4927 m 15 h 00min

Page 9: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 9

Sección 1- Natación e carreira. Modalidade score. Mapa de memoria, escala

1:5.000. En categoría Élite nadan os 3 compoñentes, en categoría Aventura nadan

os dous en carreira. Non se permitirá o uso de aletas.

Sección 2- BTT + O-BTT. Modalidade score. Mapa escala1:20.000 para a BTT. Na

O-BTT o mapa será a escala 1:15.000. Hai un peche de sección ás 14:00 horas (hora

de corte 14:30)

Sección 3- Kaiak. Hora de APERTURA da SECCIÓN ás 13:30 h. Modalidade score.

Ortofoto. Palean 2 compoñentes. Hai un peche de sección ás 16:00 horas (hora de

corte 16:30). DESCARGA DE TARXETAS.

Sección 4- BTT. Hora de APERTURA da SECCIÓN ás 15:00 h. Modalidade score

Mapa escala1:20.000. ¡OLLO, PASOS OBRIGADOS!

Sección 5- O-Pé individual. Modalidade score. Mapa escala1:10.000. Os

compoñentes – asistencia de Aventura poderán saír a realizar esta sección de O-

Pé, os puntos que acaden sumarán para o total do equipo. No mapa haberá un

total de 20 puntos de control, teranse que repartir entre os compoñentes, non

podendo visitar dous compoñentes un mesmo control.

Sección 6- BTT. Modalidade score. Mapa escala 1:20.000. Despois desta sección

hai un peche ás 21:00. ¡OLLO, PASOS OBRIGADOS! A posta de sol está prevista

para ás 20:28, a partir desa hora será obrigatorio levar dispositivos de alta

visibilidade en BTT, xa que se transita por estradas (luces frontal branca e traseira

vermella e chaleco reflector). DESCARGA DE TARXETAS.

Sección 7- O-Pé nocturna e escalada. SAIDA EN MASA ÁS 22:00. Modalidade

score. Mapa 1:10.000. Na escalada o tempo será neutralizado para todos unha vez

equipados si tiveran que esperar vía libre, é unha proba de bonificación en tempo.

Consiste nunha escalada en TOP, onde escalará un compoñente por equipo unha

única vía con distintos graos de dificultade: o IV bonifica 1 punto, o IV+ 2 puntos e

o V bonifica 3 puntos. Haberá 4 vías equipadas. Obrígase ó uso de reflectores e

frontal.

Page 10: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 10

Sección 8- BTT e rápel. Modalidade score. Mapa escala 1:20.000. O rápel será

neutralizado para todos unha vez equipados e si tiveran que esperar, rapelan

tódolos compoñentes do equipo. Unha liña de Élite vai a auga.

Sección 9- O-Pé urbana. Modalidade score. Mapa escala 1:7.500

Saída: EN MASA, categoría ÉLITE 3 nadadores – Categoría AVENTURA 2 nadadores.

Sport Ident: Tódolos compoñentes do equipo teñen a obriga de pasar por tódolos PCs

que visiten (haberá controis físicos nalgunhas balizas, non se permite picar ao equipo que

non se presente completo a dito control). É responsabilidade do equipo limpar e

comprobala pinza electrónica antes da saída e tras cada descarga de datos.

DESCARGARANSE as pinzas só nas transicións indicadas. Ao final de cada sección

picarase unha baliza Transición (T-). Ao final de cada etapa picarase unha baliza FINAL.

O corredor de Aventura que descansa na última sección antes da descarga, non pica

na baliza FINAL de ETAPA nin META do Raid, só descarga datos co resto do equipo

despois de que os 2 compañeiros piquen a baliza FINAL de ETAPA (ou META) do raid(final

da última sección de etapa).

Dorsais: Cada equipo terá 2 dorsais por corredor (mochila ou camiseta e bici).

Pasos obrigados e estradas prohibidas: Hai varios pasos obrigados (incluso PC

obrigados) e estradas prohibidas ¡¡ATENCIÓN!! Haberá persoal visible tomando nota do

paso dos equipos, os que non pasen por eles perderán tódolos puntos da sección

correspondente.

PECHE de SECCIÓN.- Significa que tódalas balizas picadas na sección antes de dita hora

serán validas, aínda que non se chegara ao final da sección, sempre que o final da

sección sexa picado antes da Hora de Corte. A neutralización aumenta a hora de fin de

ETAPA, non de sección.

HORA de CORTE.- Sobrepasar este horario, significa perder tódalas balizas picadas na

sección anterior e non saír a sección seguinte. A neutralización aumenta a hora de fin de

etapa, non de sección.

PECHE de META será ás 12:30 h do domingo (PRORROGABLE se o equipo ten

neutralización na ETAPA 3). Os EQUIPOS que excedan 1 segundo ou máis dita hora,

PERDERÁN a PUNTUACIÓN das BALIZAS da ULTIMA SECCIÓN.

Page 11: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 11

NEUTRALIZACIÓNS.- Aumentan as horas de fora de control de etapa, é dicir, os peches

de meta de ETAPA 1, 2 e 3 do equipo, non varía en ningún caso as horas de apertura, os

peches de sección nin horas de corte. Segundo o art. 144.1 do Regulamento FEDO, é

responsabilidade dos equipos “coñecer e ter controlado en todo momento o seu tempo efectivo de

carreira (preguntando ó controlador sobre cada neutralización, utilizando seus propios cronómetros, etc.)”

INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS.

www.aromon.es

Entrar na web, descargar formulario de inscrición e seguilas instrucións.

CUSTO da INSCRICIÓN:

100 € por equipo participante ata o 31 de Agosto.

130 € por equipo participante ata o 9 de setembro.

Os participantes que teñan licenza de Raid expedida pola FEDO terán que

reflexalo seu número no formulario de inscrición, caso de non indicalo no intre da

inscrición tramitaráselle por defecto unha licenza de raid de fin de semana: cobrando o

custo de 12 €, non se admiten modificacións posteriores.

Os participantes que teñan pinza Sport Ident terán que indicalo seu número no

formulario de inscrición. Caso de non reflexalo no intre da inscrición asignaráselle por

defecto unha de aluguer: cobrando o custo de 6 €, non se admiten modificacións

posteriores.

Unha vez cuberto o formulario de inscrición, e feito o ingreso da cota

correspondente, incluíndo cota do equipo + licenzas de día + aluguer de pinzas S.I.,

enviar e-mail co arquivo axunto a [email protected] . Confirmarémola inscrición

cando recibámolo xustificante de ingreso en conta.

Prazas ata 60 equipos, a partir de aquí abriremos listaxe de espera.

PECHE INSCRICIÓNS o martes día 9 de setembro ás 22:00 h.

Máis Información do Raid:

http://www.fegado.es

Page 12: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 12

ORGANIZACIÓN.

Director de carreira: Manolo Beloso

Director técnico: Ángel A. Serto

Xuíz Controlador FEDO: Francisco Gómez Cobas

Técnicos SportIdent: Adri, Ali, Fran e Mónica

Coordinador de seguridade náutica: Jovino González

Coordinador seguridade viaria: Javi Alvelo

Trazadores: Beloso, Serto, Gonzalo, Fariña e Manu Varela

Transicións: Jovino, Josico e Ana Crespo

Nas cordas e a súa seguridade: Uxío, Jose Juan, Carla, Lalo, Dani, Rubén e Ricardo

Gráficos e deseños: Carlos RGB, Adri e Ali

Permisos, montaxes e transicións: Javi Alvelo, Moncho e Javi Fernández

AROMONS no campo (e o que faga falla): Rosado, Tania, Omar, Toucido, Joaquín,

More, Txof, Alex, Saba, Roberto, Juan Gutierrez, Noel, Carmiña, Esther, David Pérez,

Alberto Pérez, David Araujo, Antonio Domínguez e algún máis.

A organización reservase o dereito a suspender a proba por causas alleas a mesma.

AGARDÁMOSVOS en PONTEVEDRA!!!

Page 13: CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014 … · Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade no Pontillón de Castro 9:15 h Reunión técnica cos equipos 10:00

Boletín 3

PontevedRAID 2014

www.aromon.es 13

Apéndice I. Declaración coas Condicións de participación na LERA.

Compromiso coa Organización

Coñecemos e aceptamos integramente o Regulamento do Raid de Aventura da Federación Española de

Orientación, as Normas de LERA da Tempada 2014 e o Regulamento Particular do V PontevedRAID.

Somos conscientes que este tipo de competicións, ó desenrolarse no medio natural, en lugares de difícil con-

trol e acceso, leva implícito un risco adicional para os participantes. En virtude disto, asistimos a vontade e ini-

ciativa propias, sendo conscientes e asumindo os riscos e consecuencias inherentes á nosa participación nesta

proba.

Acudimos coa preparación que require a competición, gozamos de boa saúde xeral, sen padecer enfermi-

dade, defecto físico ou lesión que poda agravarse coa nosa participación. Si durante a proba, sufríramos al-

gún tipo de incidencia que puidese prexudicar gravemente a nosa saúde ou supoñer un alto risco para a no-

sa integridade física, poñerémolo en coñecemento da organización o antes posible.

Temos unha variedade suficiente de capacidades físicas, destrezas técnicas e recursos de supervivencia co-

mo para garantir a nosa propia seguridade nas distintas disciplinas e probas especiais deste evento, baixo as

condicións de autonomía nas que se desenrolan. Igualmente, dispomos do material deportivo e de segurida-

de esixido para as distintas modalidades en que interviremos; atópase en bo estado, está homologado e sa-

bemos utilizalo con propiedade.

Coñecemos e dominámolos protocolos de seguridade estipulados para cada disciplina na que vamos a inter-

vir, comprometéndonos a cumprilas normas de seguridade establecidas; así como, a manter un comporta-

mento responsable que non aumente excesivamente os riscos para a nosa integridade física.

Comprometémonos a seguilas pautas xerais de respecto ao medio ambiente que se relacionan.

Autorizamos á Federación Española de Orientación e, por extensión, á organización a utilizar calquera fotogra-

fía, filmación ou gravación que tomen sempre que estea exclusivamente relacionada coa nosa participación

neste evento.

Compromiso de Respecto ó Medio Ambiente

Utilizalo número mínimo de vehículos posible e aparcar en lugares autorizados.

Circular con prudencia por pistas e estradas abertas ao tráfico.

Circular amodo en presenza de persoas, animais ou outros vehículos.

Non producir alteracións nos procesos e o funcionamento natural dos ecosistemas.

Non deterioralos recursos bióticos, xeolóxicos, culturais ou, en xeral, da paisaxe.

Sortear ou evitalas zonas medioambiantalmente sensibles.

Evitala marcha polos ríos cando ésta poida facerse pola beira.

Nadar alí onde sexa posible para non removelos fondo dos canles.

Realizalas necesidades fisiolóxicas nos lugares axeitados ou, en todo caso, fóra da auga e lonxe de puntos de

paso ou reunión de persoas, nin en lugares rochosos.

Non utilizar xabóns nin deterxentes nas fontes ou nas canles con auga.

Non prender lume nin provocar situacións de risco de incendio.

Non utilizar ou instalar ningún tipo de estrutura ou elemento que deixe pegada permanente no medio.

Non verter nin abandonar obxectos ou residuos sólidos ou líquidos fóra dos lugares habilitados.

Retirar e trasladar tódolos elementos e residuos producidos nas zonas de asistencia, saída ou meta.

Non abandonar restos de materiais, envoltorios ou alimentos utilizados durante a competición.

Realizalo percorrido producindo o menor ruído posible.

Non perturbala tranquilidade do espazo ou á fauna doméstica ou salvaxe.

Respectalo mundo rural, os dereitos e costumes locais.

Deixalas cancelas, verxas, cadeas ou similares na mesma situación que se atoparon.

Non invadir propiedades privadas ou prohibidas ó longo do percorrido.

Limitalo uso de iluminación artificial e do son ás necesidades básicas de organización, progresión, seguridade

e emerxencia, especialmente no interior de espazos naturais protexidos.

NOME EQUIPO:

DNI. DNI. DNI.

COMPOÑENTE 1 COMPOÑENTE 2 COMPOÑENTE 3