Cambados historia da conserva

34
Hiistoria da conserva CAMBADOS

Transcript of Cambados historia da conserva

Page 1: Cambados historia da conserva

Hiistoria da conservaCAMBADOS

Page 2: Cambados historia da conserva

A industria conserveira de peixe e de marisco e a súa predecesora, a salgadura, tiveron na vila de Cambados unha gran relevancia.Durante boa parte do S XX a actividade económica da vila estivo en gran medida en función da industria conserveira dado o poder dinamizador desta e a abundante man de obra que empregaba, a lo menos nos primeiros tempos.

Page 3: Cambados historia da conserva

O Catastro do Marqués de Ensenada recolle no século XVII a existencia de escabecheiros en Fefiñans.

Page 4: Cambados historia da conserva

1891 Aniceto Vidal Gayoso, procurador, en nome de Cándido Carreró Mascato, veciño de San Vicente de O Grove, pide permiso no Concello para construir casa e fábrica de salgazón na rúa de San Gregorio con fronte á ribeira do mar. Os seus produtos comercializábanse baixo o nome de “La Pastora”. Consta que no ano 1901 traballaban nela de 12 a 16 mulleres e de 4 a 5 homes.Foi durante tempo a única fábrica de conservas de Cambados ata que un incendio destruíu as súas instalacións en 1905. Pechou definitivamente en 1907 acuciada pola creba económica.

Page 5: Cambados historia da conserva
Page 6: Cambados historia da conserva

En 1934, Amador Mouriño Villaverde, presidente da Sociedade Cultural, constrúe unha fábrica de conservas na rúa do Muelle (actual Avenida de Galicia). Posteriormente, en 1964, pasará ás mans de Silverio Galbán baixo o nome de Conservas Galbán que conservará aínda cando sexa logo comprada por Conservas Otero.

Page 7: Cambados historia da conserva

En 1934 móntase a empresa Perán (de Peña e Pereira) na marxe do Umia pertencente a Ribadumia. Existe hoxe como Conservas Alfageme.

Page 8: Cambados historia da conserva

En 1935, Montero Rivas establece unha fábrica tamén na rúa do Muelle, a carón de conservas Galbán. Nace baixo o nome de “La Cambadesa” que despois cambiou polo de Conservas Alasá .

Page 9: Cambados historia da conserva
Page 10: Cambados historia da conserva

1936: José Peña Oubiña solicita licencia para construir unha vivenda no Brexo, onde tamén instala unha fábrica de conservas.

Page 11: Cambados historia da conserva

1941 nace Conservas Daporta , na beira do Umia e da ponte da Barca, nas aforas do casco urbano. Este emplazamento continúa manténdoo na actualidade.

Page 12: Cambados historia da conserva

Conservas Daporta

Page 13: Cambados historia da conserva
Page 14: Cambados historia da conserva

1943, de novo José Peña Oubiña solicita licencia para construir unha fábrica de conservas no Borrón. Estivo funcionando ata 1995, ano no que pechou.

Page 15: Cambados historia da conserva
Page 16: Cambados historia da conserva
Page 17: Cambados historia da conserva

Conservas Peña (á esquerda) e Otero (á dereita).

Page 18: Cambados historia da conserva

Recentemente instalouse no no polígono industrial do Salnés, no veciño concello de Ribadumia Conservas Ramón Peña, ó cargo dun neto do pioneiro José Peña, adicada a conservas de calidade.

Page 19: Cambados historia da conserva

Despois de ser comprada polo grupo industrial de Fernández Tapias en 1993 Conservas Peña pasou, en 2005, a Inversiones Louredo, sociedade formada por empresarios galegos.

A fábrica de Cambados pechou en 1996.

Page 20: Cambados historia da conserva

1945: Helena Otero Santorum, casada con Serafín Otero Suárez, pide permiso para ampliar a fábrica de conservas Otero (da cal non temos constancia da súa creación) sita na Alameda de San Tomé.

Page 21: Cambados historia da conserva
Page 22: Cambados historia da conserva
Page 23: Cambados historia da conserva
Page 24: Cambados historia da conserva

Traballadoras de Conservas Otero

Page 25: Cambados historia da conserva

Conservas Otero

Page 26: Cambados historia da conserva

Conservas Otero pasou a formar parte dun grupo chamado Alimentos Arosa no ano 2001, que ten as súas novas instalacións no polígono de Sete Pías, na parroquia de Oubiña deste concello dende 2005. Pechou en 2012.

Page 27: Cambados historia da conserva

Alimentos Arosa

Page 28: Cambados historia da conserva
Page 29: Cambados historia da conserva

O areal do Serrido era un importante fornecedor de moluscos para as conservas.

Page 30: Cambados historia da conserva

Unha campaña de berberecho do Serrido nos tempos en que era libre e o marisco abundante

Page 31: Cambados historia da conserva

Cocedeir de atún en Castrelo

Page 32: Cambados historia da conserva

Conservas Carson, en Castrelo. PechoU en 2011.

Page 33: Cambados historia da conserva

A fábrica Alfageme, situada en Ribadumia, daba emprego a un importante número de persoas de Cambados. Despois de diversos problemas pechou definitivamente en 2013.

Page 34: Cambados historia da conserva

ADELA LEIRO LOIS, Mª JESÚS GARCÍA PIÑEIRO