Caderno que seagochatrasaue

32

Transcript of Caderno que seagochatrasaue

Page 1: Caderno que seagochatrasaue
Page 2: Caderno que seagochatrasaue

2

No marco da vixente crise e dos efectos queesta, combinadamente coas políticas impulsa-das desde o ámbito europeo para lle facerfronte, producen a nivel social e tamén territo-rial, o debate crítico arredor da propia UniónEuropea e do euro desenvólvese a partir fun-damentalmente de dúas teses contrapostas.

Dunha banda, baixo a focaxe do euro-peísmo oficial –subscrito entre outros polasocialdemocracia sistémica, que as máis dasveces partilla posición coa dereita neolibe-ral– redúcese o alcance do problema á co-rrelación de forzas entre o que serían ascorrentes de carácter progresista e o bloqueultraliberal, hoxe hexemónico a nivel conti-nental. De aí que a partir desa tese se insistana invocación abstracta de Europa como es-pazo de progreso, liberdade, solidariedade ebenestar. Unha proxección que enlaza coapercepción social de Europa xeraba en am-plas capas sociais por contraste, por exem-plo, coa ditadura fascista nacional-católicaimperante no Estado español desde o 1939.

Porén, a esquerda transformadora ou al-ternativa, sen negar que a hexemonía neoli-beral agrava os efectos, sitúa o problemaeuropeo no deseño mesmo do chamado pro-ceso de construción europea. Desde esa óp-tica, as políticas de axuste e duros recortesimpostas desde a Troika non só non represen-tan unha contradición coa folla de rota orixinalda UE, senón que responden precisamente aoseu deseño político desde o inicio.

Presentadas sucintamente ambas as dúasgrandes posicións, áchase que un breve per-corrido histórico, en chave crítica, das orixese desenvolvemento da construción europeada que nacerán a CEE, logo a UE e máistarde o euro, é o mellor método para discer-nir o fundamento que unha e/ou outrateñen. Aliás, este percorrido cronolóxicodebe servir tamén para dar resposta a trespreguntas chave: Por que e para que nacena UE e o euro? Quen promove e dirixe esteproceso? A quen beneficia?

Orixe e desenvolvemento doproceso de “construción europea”

As políticas de axuste e durosrecortes impostas desde a

Troika responden precisamenteao deseño político da UE.

Tratado de París do 18 de abril de 1951 polo que nace a Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro

Page 3: Caderno que seagochatrasaue

3

Cronoloxía crítica do proceso de construción europea

1920-1939

Os precursores ideolóxicos:

O diplomático e político francés AristideBriand e o aristócrata austro-francés Richardde Coudenhove-Kalergi son os principais va-ledores, nese período, da idea dunha federa-ción europea, no caso de Briand, e dunmovemento paneuropeo no que respecta aCoudenhove-Kalergi. Pesan na súa arela desuperar a división do continente, as terríbeisdestrucións e perdas humanas producidaspola Grande Guerra (a Primeira Guerra Mun-dial causara arredor de 20 millóns de mortose 22 millóns de feridos entre 1914 e 1918).

Os precursores capitalistas:

O 30 de setembro de 1926, constitúeseo Cártel do Aceiro, unha alianza dos gran-des industriais da metalurxia de Francia, Ale-maña, Bélxica, Luxemburgo e Sarre. Son osmesmos industriais que, entre bastidores, ali-mentan a caixa B das organizacións de ex-trema dereita en toda Europa, a comezarpolas de Alemaña e Francia.

1939-1945

O Gran Reich europeo:

O nazismo constrúe un inmenso imperioeuropeo, co III Reich alemán como centro

racista, expansionista e militarista, ao servizodos grandes industriais que o financiaron nosanos 30 para confrontar “o perigo xudeo-bolxevique” e o pulo revolucionario das loitasobreiras do continente. Europa saíu devas-tada dunha guerra na que morreron entre 55e 60 millóns de persoas.

1945-1957

A Europa americana:

En xullo do 1947, reúnese en París a“Conferencia dos 16 para a coordinación daaxuda americana á recuperación de Europa”.Entre as condicións dese préstamo de 13.000millóns de dólares, coñecido popularmentecomo Plan Marshall, estaba a expulsión dosministros comunistas nos gobernos de Eu-ropa beneficiarios do mesmo. Francia e Ho-landa usaron unha grande parte desesfondos para financiar as súas guerras colo-niais en Vietnam e Indonesia respectiva-mente. Europa devolverá con creces esesfondos aos Estados Unidos, que nesa xo-gada, penetran amplamente nos mercadoseuropeos, colocan os seus excedentes nunmomento de crise de sobreprodución da in-dustria norteamericana e aseguran a súa su-premacía militar coa constitución da OTANen 1949.

Robert Schuman, ministro de exterioresfrancés, presenta publicamente, o 9 de maiode 1950, o proxecto do que será finalmentea Comunidade Económica do Carbón e doAceiro. Un proxecto aprobado de urxenciapor un Consello de Ministros que só ten co-ñecemento da proposta ao chegar á reunión.A falta de transparencia e de democracia, eo poder absoluto dos tecnócratas marcarán aconstrución europea desde o comezo.

A falta de transparencia e de democracia, e o poder absoluto dos tecnócratas marcarán a construción europea desde o comezo.

Trincheira durante a PrimeiraGuerra Mundial (1914-1918)

Cartaz do Plan Marshall promovendoa "unidade de Europa".

Page 4: Caderno que seagochatrasaue

4

O Consello de Europa aproba o 8 de de-cembro de 1955 a definitiva bandeira de Eu-ropa. O seu deseñador, o artista alsacianoArsène Heitz, recoñecerá posteriormente ainspiración mariana do deseño: as 12 estre-las amarelas da coroa luminosa da Virxe e oazul do seu manto. Esa simboloxía marianaxa estaba representada nunha vidreira dacatedral de Estrasburgo e foi a fonte directade inspiración.

1957-1973

A Europa en crecemento:

En 1968, elimínanse totalmente as alfán-degas dentro da Comunidade Económica Eu-ropea. O Plan Mansholt (socialista holandés)establece a supresión de 5 millóns de hectá-reas de cultivos, a redución na metade da po-boación agrícola e a eliminación de 250.000vacas leiteiras.

1973-2013

Europa en crise:

Os alargamentos sucesivos da CEE(1973, 1981, 1986) son precedidos sempre

“de vagas de reconversións industriais eagrarias (siderurxia, construción naval,pesca, agricultura, etc.), tanto nos Estadosmembro como nos aspirantes.”

O 7 de febreiro de 1992, fírmase o Tra-tado de Maastricht, ou Tratado sobre a UniónEuropea. Este significa un paso fundamentalna desregulación e na financiarización daeconomía ao situar o novo horizonte dunhamoeda única para a UE. Consolida igual-mente as transferencias de soberanía desdeos Estados aos organismos e mecanismos daUE. Vía libre ao neoliberalismo, como dou-trina oficial.

O 1 de xaneiro do 2002, ponse en circu-lación o Euro, provocando unha suba encu-berta dos prezos e unha perda real de poderadquisitivo da poboación traballadora. O do-minio total do Banco Central Europeo sobreas políticas monetarias impide que os gober-nos podan usar a moeda para gañar compe-titividade de cara ao mercado exterior,favorecendo o empeoramento das condi-cións salariais e laborais.

O 1 de decembro de 2009, entra en vigoro Tratado de Lisboa, logo de sucesivos fraca-sos para facer aprobar o proxecto dunhaConstitución Europea (a vitoria popular donon nos referendos en Irlanda, Francia e Ho-landa retrasou a axenda do proceso, maisnon foi impedimento para que os gobernospasaran por alto “a vontade popular expre-sada polo sufraxio universal”). A democracianon é benvida na Unión Europea.

Os sucesivos alargamentos da CEE foron precedidos

por vagas de reconversiónsindustriais e agrarias.

A posta en circulación do Europrovoca unha suba encubertados prezos e unha perda real

de poder adquisitivo da poboación traballadora.

Sinatura dos Tratados de Roma o 25 de marzo de 1957.

A bandeira da UE está inspirada naimaxe da Virxe María.

Page 5: Caderno que seagochatrasaue

Arredor dun 70% das decisións de carácter legalque afectan á cidadanía dosEstados inseridos na UE sonadoptadas polas diferentesinstitucións da Unión.

5

Estímase que arredor dun 70% das deci-sións de carácter legal e normativo que afec-tan á cidadanía dos Estados inseridos na UEson adoptadas polas diferentes instituciónsda Unión. A normativa europea, naquelesasuntos de competencia exclusiva ou mesmonos de competencia compartida cos Estadosprevalece sobre a lexislación estatal.

Quen toma as decisións?

A UE articúlase en catro institucións principais:

�O Consello de Europa. Está integradopolos Xefes/as de Estado ou de Gobernodos países membro. Reúnese como mí-nimo cada seis meses. A pesar de non tercapacidade formal para a aprobación oumodificación de leis, é o organismo chavena medida en que é quen define aaxenda política da UE.

�O Parlamento Europeo. Integrado pordeputadas e deputados elixidos nos dife-rentes estados membro. Ten dúas sedes:Bruxelas e Estrasburgo.

�O Consello da Unión Europea. Nelestán representados os gobernos dos Es-tados membros. A súa presidencia é ro-tatoria.

�A Comisión Europea. Representa, defeito, o executivo da Unión Europea. Asúa composición é designada, de feito,polos Gobernos dos Estados membro.

En función da axenda fixada desde oConsello de Europa, o Parlamento Europeo,o Consello da UE e máis a Comisión son astres institucións que participan directamentena elaboración normativa ou lexislativa, to-mando as decisións través dun mecanismodenominado “procedemento lexislativo ordi-nario” (antes coñecido como “codecisión”),no que o Parlamento Europeo comparte a

capacidade de decisión coas outras dúas ins-titucións, agás naquelas que ten reservadodereito a veto.

Competencias

A Unión Europea pode lexislar e adoptaractos vinculantes con carácter exclusivo, porriba da soberanía dos Estados membro, en as-pectos como: a unión aduaneira, as normasde competencia no mercado interior, a polí-tica monetaria da zona euro, a conservaciónbiolóxica dentro da política pesqueira común,a política comercial común e a subscrición deacordos internacionais nestas materias.

Existen ademais outras competenciascompartidas, nas que os Estados poderánexercer a súa soberanía na medida en que aUE non exercera a súa competencia (isto é enaspectos non regulados a nivel comunitario),como son: política social (no referido aos tra-tados), a cohesión económica, social e terri-torial, a agricultura e a pesca, o medioambiente, a protección dos consumidores, otransporte, as redes transeuropeas, a ener-xía, o espazo de liberdade, seguridade e xus-tiza, asuntos comúns de saúde públicas.

A democracia negadaComo funciona realmente a UE?

Page 6: Caderno que seagochatrasaue

Amais das anteriores, a UE non impediráaos Estados exercer as súas competenciasen materia de investigación, desenvolve-mento tecnolóxico e o espazo, cooperaciónao desenvolvemento e axuda humanitaria.Con carácter especial a UE dispón de com-petencias tamén para apoiar, coordinar oucomplementar a acción dos Estados en ma-teria de protección da saúde, industria, cul-tura, turismo, ensino, formación profesional,xuventude, deporte, protección civil ou coo-peración administrativa.

Déficit democrático da UE

Malia que os seus defensores subliñan apretendida “vontade democrática” sob a que,na súa opinión, se edificou o proceso deconstrución europea, unha das principaiseivas das que adoece -desde a súa xénese- aestrutura institucional da Unión Europea é odenominado déficit democrático. Por tal en-tendemos a carencia de suficiente lexitimi-dade democrática das diferentes instituciónsque conforman a UE, na medida en que a ci-dadanía dos Estados membro non posúe ca-pacidade efectiva para incidir na lexislación eactividade dos organismos comunitarios,malia que as decisións adoptadas por estes,como xa se sinalou, ten un impacto degrande relevo nas súas vidas.

Académicos como Joseph Weiler, AndreasFøllesdal, Simon Hix, Fritz Scharpf ou JürgenHabermas, entre outros, teñen analizado demaneira pormenorizada as principais falen-cias en termos democráticos da instituciona-lidade europea, que se poden sintetizar encatro eixos:

�Non división de poderes na UE.

�Funcionamento pechado da Comisión Eu-ropea e do Banco Central Europeo.

�Elección e funcionamento da institucionali-dade comunitaria con parámetros moi dife-rentes aos que se aplican para as instituciónsdos Estados.

�Debilidade do Parlamento Europeo, conbase en:

sEscasa participación electoral nos comi-cios dos que resulta elixida a Eurocámara.

sAusencia de contraposición real de op-cións, por mor dos reiterados acordos entreos dous grandes grupos (Partido PopularEuropeo e Partido Socialista Europeo)

sNon elección da Comisión Europea ninda súa Presidencia (só dereito a veto).

sIncapacidade para exercer o controlsobre a Comisión Europea e o Conselloda UE.

A participación cidadá é obxectivamenteindirecta e limitada apenas á elección cadacinco anos do Europarlamento. Unha institu-ción que lonxe de funcionar como “o maiorlexislador democrático do mundo”, como opresentan os analistas menos críticos, non tenos poderes nin capacidades propias dun Par-lamento, xa que non pode aprobar por si pro-pio a lexislación comunitaria (directivas,normas, regulamentos...) e precisa da ratifi-cación do Consello da UE, unha instituciónque non é resultado da elección directa porsufraxio. Asemade, o Parlamento non ten ca-pacidade para fiscalizar nin controlar a actua-ción da Comisión nin do Consello da UE, queen contraste contan con importantes poderes.

Mais, que efectos concretos ten o déficitdemocrático na cidadanía europea? A esterespecto o profesor de Ciencias Políticas daUniversidade Pompeu Fabra, Francesc Pau iVall, achegaba a súa resposta a esta impor-tante cuestión nun artigo publicado no diarioEl País (18/04/2013) intitulado ¿DemocraciaEuropea? no que afirmaba que “quen adoptaas decisións estratéxicas é o Consello Euro-peo, que está formado polos xefes de Estadoe de Goberno dos países membros e que nonse debe confundir co Consello da Unión Eu-ropea xa referido. O Consello Europeo elixiu,na práctica a José Manuel Durão Barroso pre-sidente da Comisión Europea e a MarioDraghi presidente do Banco Central Europeo,e influíron decisivamente na elección deChristine Lagarde como presidenta do FondoMonetario Internacional, todos baixo a su-pervisión de Angela Merkel, chanceler alemá.Estas persoas que nós non eliximos e que for-man o que se denomina a troika comunita-ria, deciden, desde a perspectiva económicao que deben facer países como España, Gre-cia, Italia ou Chipre“

6

A cidadanía dos Estados membro non posúe capacidade

efectiva para incidir na lexislación e actividades dos

organismos comunitarios.

A Eurocámara non ten os poderes nin capacidades

propias dun Parlamento. Nonpode aprobar por si propia a

lexislación comunitaria.

Page 7: Caderno que seagochatrasaue

O Capital pretende resolver as súas con-tradicións, agravadas pola presente crise sis-témica mais que son consubstanciais a estesistema fallido, a costa do maior empobre-cemento das clases populares que constitúena maioría social. A disputa de plusvalía, agu-dizada por un capitalismo senil que se resistea asumir o seu devalar –ilustrado polas enor-mes dificultades para a súa autorreproduciónen ritmos e cantidades suficientes– desenvól-vese coma sempre a través da enaxenación(privada) da riqueza xerada polo traballo.

A radicalización da loita de clases nomarco da vixente crise do capitalismo tenefectos moi evidentes en Europa, onde o vir-tual “Estado do benestar” ten sido literal-mente derribado por unha vaga de recortessen precedentes que afectan tanto a servi-zos públicos esenciais, como son o ensino oua sanidade, como tamén a dereitos sociais,cunha agresiva precarización das condiciónslaborais e o masivo empobrecemento de sa-larios e pensións, e mesmo do xa ultralimi-tado réxime de liberdades e dereitos civís.No cerne desta ofensiva sitúase a denomi-nada Troika.

Mais, a que chamamos Troika? O quehoxe se presenta como “Troika” é só unha

nova expresión para definir un vello suxeito,estruturalmente imperialista e supeditado aosintereses xeoestratéxicos dos EUA. Con Troikanos referimos a unha tríada institucional, eri-xida sen ningún visado democrático sob a ar-ticulación da sección para Europa do FondoMonetario Internacional canda dous dos prin-cipais órganos da Unión Europea: a ComisiónEuropea (o seu executivo) e o Banco CentralEuropeo (que representa de feito o seu brazo“armado” no ámbito financeiro-monetario).Esa Troika actúa sen reparos como verdadeirapunta de lanza dos intereses do gran capitalmonopolista contra os intereses da maioríasocial e os pobos que hoxe fican integradosno espazo UE. Unha ofensiva especialmentedura no caso daqueles Estados integrados nazona euro, polos efectos dunha política mo-netaria que profunda nos desequlibrios terri-toriais existentes no seo da Unión ao sesupeditar aos intereses das dúas principaispotencias: Alemaña e Francia.

É a Troika quen, actuando como outrora ofixeran as metrópoles dos vellos imperios colo-nias, impón durísimas condicións aos Estadosmembro a cambio de liñas de financiamento –que non son a fondo perdido– para os deno-minados programas de “rescate”, que enrealidade se limitan a apuntalar a solvencia,

Con Troika nos referimos a unha tríada institucional, erixida sen ningún visado democrático, sob a articulacióndo FMI, a Comisión Europea e o BCE.

7

A que chamamos Troika?

Herman Van Rompuy (Presidente do Consello Europeo), Christine Lagarde (Directora do Fondo Monetario Internacional) e José Manuel Durão Barroso (Presidente da Comisión Europea)

Page 8: Caderno que seagochatrasaue

asegurar o pagamento da débeda coa bancado centro do continente e salvar as contas deresultados do grande capital financeiro.

O deseño destes programas resultatamén na conversión en débeda pública,computábel a efectos de déficit dos Estados,o que era débeda privada con orixe no sis-tema de crédito interbancario (os préstamose capital circulante entre as propias entida-des financeiras e co BCE). Extremo que ficademostrado no caso do Estado español, xaque os 41.000 millóns de euros solicitadospolo Goberno de Mariano Rajoy para os in-xectar no sistema financeiro do Estado, foronrecibidos co aval do Estado como garantía.

Desta maneira e malia que existe o com-promiso formal de que as entidades financeirasque se serviron desa liña de crédito terán quedevolver os recursos que se lle transferiron,operacións de venda como a de NovaGalicia-Banco ao banco privado venezolano Banesco(que só pagará 1.003 millóns dos preto de10.000 millóns de axudas públicas e do fondode garantía de depósitos que se inxectaron nobanco galego), deixou en evidencia que non seproducirá tal reversión e que polo tanto o pro-grama de rescate será financiado a conta derecursos públicos, o que sumado ás restriciónsimpostas desde a UE ao Estado español provo-cará (a falta dunha reforma fiscal progresiva)que a vaga de recortes iniciada no gasto pú-blico continúe con carácter de permanencia (enon apenas conxunturalmente como se argu-menta oficialmente).

Engádese tamén o factor da denominada“condicionalidade” deses programas de res-cate. As liñas de axuda fornecidas polaTroika están condicionadas a duros planos deaxuste, que conculcando a vontade dospobos constitúen a maior regresión en ma-teria de dereitos sociais e laborais da nosa

historia recente. Así o ilustra o acontecido enGrecia (cun plano de recortes brutal e unempobrecemento xeneralizado da poboa-ción), en Italia, en Portugal, en Irlanda etamén no Estado español. Se ben neste últi-mos casos os rescates foron intervenciónsmáis matizadas, sobre todo no caso do Es-tado español pola dimensión (a nivel PIB) dasúa economía no conxunto da zona euro,que puña en risco a propia viabilidade damoeda única.

Laminación da democraciaformal

Constátase que a ofensiva do Capital nonrespecta nin os limites das democracias for-mais, e é cada día máis patente que o poderreal radica moi lonxe de Parlamento e Go-bernos. Deixa ao descuberto tamén que nomarco do capitalismo ningunha conquistasocial é permanente. Que todo, absoluta-mente todo, está en disputa, mesmo aquiloque foi logrado por décadas de loitas sociaise coa anuencia dunha correlación de forzasmáis favorábel, grazas a existencia doutrobloque histórico (antagónico ao imperialista)hoxe desaparecido.

É tamén a emerxencia da Troika, e o im-pulso desde esta instancia non-democráticados paquetes de recortes -logo executadoscon total complicidade polos gobernos esta-tais da dereita neoliberal e da socialdemo-cracia sistémica-, un síntoma evidente de queo desenvolvemento do capitalismo pasa polodebilitamento, cando non negación, da so-beranía nacional e popular dos pobos.

Todo o anterior verifica ademais que noncabe distinción conceptual entre o que cha-mamos Troika e o conxunto das instituciónsque vertebran a actual Unión Europea. Nonson algo diferente, senón denominacións di-ferentes para un mesmo suxeito. Non sepode distinguir, xa que logo, Troika da propiaUE. Tampouco existe unha desviación da UEdunha folla de rota que nunca tivo, a pesarde que existan actores políticos e sociais queinsistan en proxectala como garante de be-nestar, desenvolvemento social e das liber-dades. Precisamente o contrario. A ofensivaantipopular que capitanea a Troika axústaseplenamente ao deseño histórico, político,económico e tamén militar que a clase do-minante edificou en Europa tras a SegundaGuerra Mundial e que radicalizou tras a de-rrota da Unión Soviética a principios dos 90.

8

Non cabe distinción conceptual entre o que

chamamos Troika e o conxuntodas institucións que vertebran

a actual Unión Europea.

As liñas de axuda fornecidas pola Troika están condicionadas

a duros plans de axuste queconstitúen a maior regresión en

materia de dereitos sociais elaborais da historia recente.

Page 9: Caderno que seagochatrasaue

9

A globalización neoliberal dá folgos, comonunca antes, ao proceso de centralización (te-rritorial) e concentración (de clase) da riquezae do poder. Nese proceso xogan un papel fun-damental os Estados Unidos e a Unión Euro-pea, e na actualidade tamén os BRICS, quecuestionan a hexemonía dos primeiros maisnon o sistema económico e social dominante.Estes dous eixos do capitalismo aceleráronsecoa crise, xa que esta é un profundo axuste noreparto da riqueza producida, a costa das cla-ses populares e dos territorios dependentes,que se sustenta exclusivamente na lei do máisforte.

Esta tendencia xa existía previamente ácrise, mais esta intensificouna. Por exemplo,no aspecto social, destaca o relatorio sobresalarios 2012-2013 da OIT que a produtivi-dade media 1999-2011 nos estados “desen-volvidos” medrou o dobre que os salarios,especialmente na última década, incluíndo operíodo da crise. Saliéntase neste informeque: “A tendencia mundial resultou nun cam-bio na distribución do ingreso nacional, cunhamenor participación dos traballadores, men-tres que a participación do capital na rendaaumenta nunha maioría de países. Ata enChina, un país onde os salarios, a groso modo,triplicáronse durante a última década, o PIBaumentou a unha taxa maior que a masa sa-larial total; xa que logo, a participación do tra-ballo na renda diminuíu. A caída naparticipación do traballo débese ao avance

tecnolóxico, á globalización do comercio, á ex-pansión dos mercados financeiros e á declina-ción en densidade sindical, o cal erosionou opoder de negociación dos traballadores. A glo-balización financeira, en particular, podería terxogado neste aspecto un papel maior do quese pensaba anteriormente”. No extremooposto están as 1.645 persoas que, segundoa revista Forbes, teñen unha fortuna superioraos 1.000 millóns de dólares no ano 2014cun patrimonio total de 6,4 billóns de dóla-res; foron 219 máis que un ano antes.

Este medre da desigualdade tamén semanifesta cun aumento do poder económicoe político do centro na periferia. Concreta-mente, o investimento directo da Unión Eu-ropea na América Latina xa é a esta alturamoito maior que o dos Estados Unidos (a po-tencia hexemónica na zona dende a segundaGuerra Mundial). No período 2006-2010, oinvestimento da UE representou o 40% (uns30 mil millóns de dólares anuais) fronte ao28,2% de Estados Unidos e Canadá. En total,na rexión, o investimento acumulado era noano 2010 de máis de 500.000 millóns de dó-lares. O retorno dos beneficios aos países deorixe foi de promedio na América Latina,entre 2006 e 2011, de 92.000 millóns de dó-lares ano (tanto como a suma do PIB deEcuador e a República Dominicana). En moi-tos casos, como na Arxentina, Chile e Perú,practicamente contrarrestaron a entrada decapitais.

A UE e a globalización neoliberal:a Europa do capital

Joaquín Almunia, Vicepresidente eComisario Europeo de Competencia

Page 10: Caderno que seagochatrasaue

10

O negocio da globalización

Se analizamos o investimento mundialvemos a importancia da Unión Europea noproceso da globalización neoliberal. Os in-vestimentos da UE no exterior foron, no pe-ríodo 2006-2010, por rexións, os seguintes:31,1% nos Estados Unidos; 24,6% noutrospaíses de Europa; 5,9% en África; 12,6% enestados en vías de desenvolvemento de Asia;6,1% en América Latina; e o 19,7% noutrosestados. Neste período, os países da UE in-vestiron un 57,2% do total da exportación decapitais noutros estados da propia Unión(fonte: Cepal). Por investimento directo noexterior, no ano 2009, o primeiro é EstadosUnidos, con 3.259.000 millóns de dólares,seguido de Francia 1.759.000 millóns, ReinoUnido 1.643.000 millóns, Alemaña1.403.000 millóns e Países Baixos 866.100millóns. O Estado español figura en novenolugar, por diante de China e Italia, con633.300 millóns. No caso do investimentodirecto exterior recibido, están primeiro osEstados Unidos, e despois Francia, Alemañae Reino Unido. E o Estado español no sétimolugar con 663.100 millóns de dólares de in-vestimento foráneo. Como se pode ollar, nocaso do estado español, unha cifra moi equi-librada en relación coa entrada de capital ex-terior (fonte: CIA).

As corporacións transnacionais utilizan asgrandes potencias para impoñer os seus in-

tereses, mentres procuran a maior autono-mía dos mercados “estatais” para manterunha maior autonomía. Un exemplo témolonas grandes empresas españolas. Nos noveprimeiros meses de 2012, Telefónica, Iber-drola, Santander e BBVA obtiveron dous ter-cios dos seus lucros fóra do Estado español,especialmente en Brasil, México e Chile, naAmérica Latina, e despois na Europa. Outrasmultinacionais, que cotizan no IBEX, comoEndesa, obtiña fóra un 43,7%, e Gas Naturalun 42,7%. No caso de Zara, para o primeirosemestre fiscal, os beneficios exteriores re-presentaban o 77,1%. Nas construtoras, asporcentaxes son aínda maiores, xa que ACSconseguiu un 82% da súa facturación fóra,Abengoa un 71%, etc. (Expansión, 20-11-2012).

O auxe do investimento exterior, co re-torno de importantes beneficios ao pais deorixe, está acompañado por un medre do co-mercio exterior, en boa medida entre as pro-pias corporacións e as súas filiais. A UE,segundo datos de 2011, importaba máis doque exportaba, cun desequilibrio duns 200mil millóns de euros por ano. Se analizamospor países, no relativo ao comercio exteriorda UE, Alemaña, Irlanda e os Países Baixostiñan un saldo moi positivo, mentres que oReino Unido, Francia, o Estado español, Italia,Grecia e Portugal, destacaban por todo ocontrario. Amosando como lle afecta negati-vamente o valor do euro e as normas arance-larias en vigor. Os Estados Unidos mantiñan

As corporacións transnacionais utilizan as grandes potencias

para impoñer os seus intereses.

Reunión do G8.

Page 11: Caderno que seagochatrasaue

un déficit moi forte coa UE, mentres Rusia,China e Noruega eran os que conseguían osmellores resultados. Son cifras que xustifican ointerese de Estados Unidos por mudar as nor-mas, e por que Alemaña só olla vantaxes nofuturo TLC entre a UE e USA.

Ofensiva imperialista

A expansión exterior das potencias impe-rialistas vese moi favorecida pola eliminacióndas moedas “nacionais”, dos aranceis, xuntocoa financiarización da economía, e agora osTLCs, que dan pulo ao proceso de globaliza-ción neoliberal, en beneficio das grandes em-presas (e fortunas), que son as únicas capacesde competir a ese nivel. Dáse así folgos aomesmo tempo á especulación, á economíadelituosa en todas as súas variábeis e á co-rrupción. A globalización debilita a capaci-dade de presión das clases populares e polotanto a democracia e os mecanismos de con-trol institucional dos pobos. As grandes em-presas, que son as que marcan as accións dosgobernos burgueses (nesta correlación de for-zas), xa non dependen do mercado internopara colocar os seus produtos, xa que contancun vizoso mercado internacional, polo quepoden dislocar a produción alí onde custemenos, ou reducir os salarios locais (polaexistencia dunha man de obra de reservamundial), para así optimizar os lucros.

En relación ao papel do capitalismodinos Adrián Sotelo Valencia: “O capitalismonorteamericano, europeo e global, está che-gando a un estadio do proceso histórico daacumulación de capital e da división interna-cional do traballo onde produce menos valor,

plusvalor e, polo tanto, tende a castigar astaxas de lucro e elevar o déficit financeiro dosEstados os que, como se olla na Unión Euro-pea, tamén intentan paliar recurrindo a unhamaior explotación do traballo mediante au-mentos desmedidos do tempo de traballo sencompensación salarial, maior intensificacióndo traballo e un cúmulo de medidas de aus-teridade e da redución do consumo da pobo-ación” (Los rumbos de trabajo; EditoraMiguel Ángel Porrúa; México)

En calquera caso, o papel da Unión Euro-pea no escenario mundial non é máis que unreflexo lóxico da correlación de forzas e dasúa evolución. Un proceso no que as clasesdominantes fóronse fortalecendo en detri-mento do movemento popular, do move-mento obreiro, e das forzas de esquerda.Non é casual que a UE sexa o centro dos re-cortes sociais e democráticos, que se están afacer mesmo naqueles estados menos afec-tados pola crise e máis poderosos (como Ale-maña e Francia), e que nalgúns casos alenteas posturas máis militaristas e intervencionis-tas. Ademais, todo indica que son cambiosestratéxicos, e que no futuro haberá novasmedidas regresivas.

Este axuste entre clases e entre territoriosabrangue ademais, da cuestión económica elaboral, todos os ámbitos da vida humana,dende o social até o militar, dende a culturaaté a ecoloxía, dende a igualdade de xéneroaté a democracia. En poucas palabras: nin-gún país, actividade, e ningunha clase socialfica á marxe desta confrontación. Polo tanto,é unha contradición que só se pode resolverno ámbito político, cunha mudanza na corre-lación de forzas e un cambio sistémico. E istoé fundamental especialmente para a periferiado sistema, tanto social como territorial.

A globalización debilita a capacidade de presión das clases populares e, polo tanto, a democracia e os mecanismos de control institucional dos pobos.

Non é casual que a UE sexa ocentro dos recortes sociais e democráticos, que se están afacer mesmo naqueles estadosmenos afectados pola crise.

11

Milicias fascistas do denominadoeuromaidan na Ucraína.

Page 12: Caderno que seagochatrasaue

A Unión Europea está asociada a un proxecto decontrol do mundo baseado

no inmenso poder militar dos Estados Unidos.

12

O avance da globalización neoliberal, ousexa, do capitalismo na súa etapa senil(como o caracteriza graficamente SamirAmin), non é mais ca unha nova forma deimperialismo, tal como se reflicte na álxidadisputa polo reparto das áreas de influenciaentre os Estados Unidos e os seus aliados daUnión Europea, Xapón, Corea do Sur, Ca-nadá, Australia, etc. e as potencias emerxen-tes, os chamados BRICS (Brasil, Rusia, India,China e Sudáfrica). Entre estas últimas haique salientar a China e a Rusia, polos seusrecursos e poder militar; por esta razón con-céntranse nelas os ataques do vello imperia-lismo (Estados Unidos e aliados). Tampoucofican á marxe do conflito coas potencias he-xemónicas, aqueles países que queren man-ter a súa soberanía, como Siria, Irán, efundamentalmente os que integran a ALBA.Neste último caso, quérese evitar o exercicioda soberanía por estas nacións e liquidar aconstrución dun modelo económico e socialalternativo, favorábel ás clases populares ede respecto aos dereitos nacionais dos pe-quenos países.

Mais, o preocupante, e moi importantepara a análise da situación actual no mundo,é o papel da Unión Europea. Un bloque po-lítico económico onde as contradicións van amáis, a medida que o capitalismo se desen-volve. Todos os datos amosan que a UEaposta por un sistema que aumenta arreo asdesigualdades sociais e entre territorios, noque desaparecen linguas e culturas, medra aespeculación, a economía delituosa, a co-rrupción e a inseguridade cidadá. Non se dásolución a problemas da humanidade que

ademais se agudizan co tempo, como o eco-lóxico, demográfico, o esgotamento de recur-sos enerxéticos e materias primas, e adesaparición de especies vexetais e animais.A resposta a estas eivas e atrancos é cada vezmenos integradora, e máis excluínte e agre-siva coas clases subordinadas e os paísesmáis débiles e/ou dependentes. De aí que amilitarización dos conflitos, o recurso á vio-lencia sistémica, a supresión de dereitos de-mocráticos básicos, a espionaxe global e uncontrol férreo dos medios de comunicaciónde masas, vaise convertendo na resposta nor-malizada dun sistema só funcional aos gran-des poderes económicos. Nesta etapa ocapitalismo é un sistema destrutivo que trabacalquera solución acorde coas necesidadesda humanidade.

O aliñamento atlantista

En calquera dirección que ollemos, todoreflicte que a Unión Europea está asociada aun proxecto de control do mundo baseado noinmenso poder militar dos Estados Unidos. Omilitarismo é o que lle permite a Washingtonaxer con total impunidade, dando carta de le-galidade á forza económica, á agresión e áocupación, esmagando as regras internacio-nais vixentes, construídas con tanto sangue esacrificio. Tamén utiliza a espionaxe para rou-bar no exterior patentes e pescudar na vidade dirixentes políticos e sociais. E de ser ne-cesario, invade os países co obxecto de seapropiar os seus recursos ou utilizalos comobases xeo-estratéxicas. Véxase que no refe-rente á espionaxe, malia afectar a grandesempresas europeas e presidentes/as de go-bernos aliados de Washington, para alén dal-gunha protesta, para saír do paso diante dasociedade, pasou axiña a ser unha anécdota.Isto amosa dous aspectos da asociación entreos Estados Unidos e a Unión Europea: quepara as clases dominantes europeas estaalianza é fundamental, e que se dá nunha re-lación de subordinación.

En relación co papel da Unión Europea noescenario internacional, afirma Samir Amin(http://marxismocritico.com /2013/05/24/

O papel xeo-estratéxico da UEcomo polo imperialista

A UE aposta por un sistema que aumenta as desigualdades

sociais e entre territorios, noque desaparecen linguas

e culturas, medra a especulación, a economía

delituosa, a corrupción e a inseguridade cidadá.

Page 13: Caderno que seagochatrasaue

Todos os países da UE, coinciden nunha fronte comúnno exterior, así como no obxectivo da desregulación laboral, da privatización e da utilización do Estado para favorecer os intereses dasgrandes empresas.

13

la-implosion-del-sistema-europeo/): “A causada aparición deste imperialismo colectivo é anecesidade de enfrontar unidos o desafío dospobos e estados periféricos de Asia, África eAmérica Latina, desexosos de fuxir da súasubordinación. O segmento imperia lista eu-ropeo en cuestión involucra só a Europa occi-dental, cuxos estados na época modernaforon sempre imperialistas, posuisen ou noncolonias, xa que teñen e sempre tiveron unhaparticipación na renda imperialista. Pola con-tra, os países de Europa do Leste non teñenacceso á mesma, xa que carecen de multina-cionais propias. Tragáronse a ilusión de queteñen dereito a ela só polo seu europeísmo. Al-gunha vez serán capaces de desfacerse desailusión? O imperialismo, ao se ter convertidoen colectivo e permanecendo así no futuro,comparte en relación ao Sur unha políticacomún –a da tríada–: unha política de agre-sión permanente contra os pobos e os Estadosque se atreven a poñer en cuestión o seu sis-tema de globalización. Este imperialismo co-lectivo ten un líder militar, e unha potenciahexemónica: Estados Unidos. Enténdase, pois,que nen a Unión Europea nen os seus estadosteñen unha política exterior. Os feitos demos-tran que non hai máis que unha soa realidade:a aliñamento detrás do que Washington de-cida (talvez de acordo con Londres). Vistodesde o Sur, Europa non é máis que o aliadoincondicional de Estados Unidos.”

Hai quen fronte á evidencia imperialistada Unión Europea afirma que mesmo así, trá-tase dun capitalismo máis humano, alterna-tivo ao anglo-saxón, mais a práctica amosaque ten na potencia norteamericana o seureferente económico e social (a visita deRajoy a Obama para conseguir o seu respaldo

nos axustes que está a facer é clarificadora).Evidentemente iso non quere dicir que nonexistan diverxencias, mesmo confrontaciónde intereses, mais no fundamental formanun bloque común, tanto para frear o multila-teralismo (especialmente o ascenso de Chinae Rusia), como para agredir as nacións máisdébiles que pretendan desenvolver políticassoberanas e un modelo económico e socialalternativo (os casos de Siria, Venezuela eCuba son de manual).

Tampouco hai unha actitude diverxente,para alén de matices, entre a UE e os EstadosUnidos en relación á globalización neoliberale como tratar os bloques alternativos como aALBA, e moito menos en relación ao modeloeconómico e social polo que se debe apostar.Todos os países da UE, coinciden nunha frontecomún no exterior, así como no obxectivo dadesregulación laboral, da privatización e dautilización do Estado para favorecer os intere-ses das grandes empresas. E escenifícansecada vez menos as contradicións, para tirarvantaxes na mesa de negociación a favor dosgrupos de poder europeos.

É a UE unha potencia imperialista?

Gloria Teresita Almaguer, analista doCentro de Estudos Europeos de Cuba, debu-llaba nun artigo o papel da Unión Europeano contexto internacional, e preguntábase seera ou non unha potencia imperialista, dandoos seguintes argumentos (http://www.rebe-lion.org/noticia.php?id=174993):

Page 14: Caderno que seagochatrasaue

14

“– Como interpretar senón, que fose preci-samente na década dos 70, cando a Unión Eu-ropea decidiu institucionalizar a gran escalaas súas relacións coas súas ex colonias en todoo mundo, creando para iso o Grupo África,Caribe, Pacífico? Lémbrese que daquela, oplaneta enfrontábase a unha aguda crise, consignificativos impactos a escala global e enconsecuencia nos propios Estados do bloque,¿non foi esta acción unha manobra estratéxicapara asegurar posicións?

– Como comprender cabalmente que fosexustamente na década dos 90 cando a UniónEuropea iniciou un maior achegamento áAmérica Latina, se non se toman en conside-ración as extraordinarias transformacións quedesde finais dos 80 viñan producíndose na xe-opolítica mundial, e a necesidade dun reposi-cionamento estratéxico dos grandes poderesimperiais?

– Como explicar que no 2006 a UE botase aandar unha moi agresiva “Estratexia de Com-petitividade” baseada nunha moi discutíbel everdadeiramente falaz liberdade comercial contodos os seus “socios”, se non se analiza a si-tuación interna do bloque e a urxente necesi-dade de elevar os niveis de crecemento eemprego para evitar o agora moi evidente des-contento social dos seus poboadores? De facelodesde esta perspectiva, resulta evidente que nonse trata máis que dunha estratexia imperialistade reposicionamento.

– Como entender con toda claridade a ur-xencia da UE por impulsar os “Acordos de Aso-ciación Económica”, enténdase Tratados deLibre Comercio con todas as rexións, subrexións

e nacións específicas do “Sur xeopolítico” senon se soubese da ameaza que supón para osseus intereses imperiais a, ate dagora, des-feita da Rolda de negociacións multilateraisde Doha?

– Como explicar o “Plan de Actuación daUnión Europea en prol da seguridade e a so-lidariedade no sector da enerxía”, aprobadoen novembro do 2008 no contexto da “Se-gunda Revisión Estratéxica” do devandito sec-tor, que proxecta o estabelecemento de fortesvínculos cos principais Estados e rexións pro-dutoras ou coas maiores reservas enerxéticasde todo o mundo, se non se parte da vulnera-bilidade que nesta esfera presenta o bloque?

– Como interpretar o papel de acompaña-mento da Unión Europea a EE.UU. na súa es-calada de agresións no norte de África e noMedio Oriente, o seu incentivo á desestabili-zación nas eufemisticamente chamadas “pri-maveras árabes”, o seu papel na horrenda einxustificada agresión a Libia, as súas san-cións a Irán, a súa nefasta actuación contraSiria? Son casuais estes actos ou respondenaos intentos de recolonizar e manter a domi-nación sobre os valiosos e case incalculábeisrecursos naturais estratéxicos destas rexións?

– Como xustificar o silencio do liderado dobloque, enténdase Consello, Comisión e Par-lamento Europeo, así como a Alta Represen-tante para a Política Exterior, CatherineAshton, ante a ofensiva agresión de varios Es-tados membros ao Presidente Evo Morais? Su-cedería o mesmo de se tratar de BarackObama? Non son acaso, accións propiasdunha vocación imperial dos devanditos Esta-dos contra un dos países máis saqueados naépoca colonial, e contra o primeiro presidenteindíxena dunha América Latina que hoxe seresiste cada vez máis a ser tratada como patiotraseiro de ningún Imperio trasnoitado?

– É Imperialista a UE? Seguramente nin oseu propio liderado se atreve a dubidalo, eaínda que moito se empeñe en agochalo, sonmoi poucos aos que pode confundir...”

Polo tanto, tendo en consideración o ca-rácter imperialista da Unión Europea e assúas consecuencias, tanto no exterior comono interior, e todo indica que esta será a ten-dencia dominante no futuro, é fundamentalpara o pobo galego responder correctamentealgunha pregunta. É posíbel, con estas regrasde xogo neoliberais e as que se irán acumu-lando, evitar que as nacións periféricas (espe-cialmente as que carecen de estado propio)sigan perdendo peso económico, poder polí-tico, e identidade cultural e lingüística?

Page 15: Caderno que seagochatrasaue

15

Que é o euro?

O "euro" é a moeda única adoptada polaUnión Económica e Monetaria (UEM) que seemprega na chamada eurozona. A mesmaestá integrada fundamentalmente por paísesda Unión Europea máis tamén por outrosque non fan parte desta. O euro fica regu-lado polo Sistema Europeo de Bancos Cen-trais (SEBC), baixo dirección do BancoCentral Europeo (BCE), con sede en Ale-maña, que é a instancia facultada para fixara política monetaria común.

Dos 28 Estados que integran actualmentea UE, só 18 renunciaron á sua moeda pro-pia para converxer no euro. Son Alemaña,Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslove-nia, o Estado español, Estonia, Finlandia,Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lu-xemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.Canda estes, engádense outros seis Estados,non integrados na UE, como son Andorra,Mónaco, San Mariño, Cidade do Vaticano,Montenegro e Kosovo. En total son 24 os Es-tados do continente europeo no que o euroé a moeda corrente.

Está previsto que outros 7 territorios poi-dan adoptar no futuro a moeda única: Litua-nia (despois de 2015), Polonia, Romanía eBulgaria (despois de 2016); República Checa(despois de 2017); Hungría (despois de 2020)e Suecia (sen data). Dinamarca e Reino Unidoteñen cláusulas de exclusión, polo que nonprevén adoptar o euro.

Como e para que nace amoeda única?

Se ben o acordo polo euro estabeleceuseno Tratado de Maastritcht 1992, subscritopor doce países (entre eles o Estado español),o proxecto de moeda única na CEE ten a súaorixe na década dos anos 70. O 15 de de-cembro de 1995 os Estados que daquela fa-cían parte da UE acordan definitivamente acreación da moeda común baixo a denomi-nación "euro".

ECU (European Currency Unit) foi o nomeque adoptou o sistema de conversión entreas moedas que se acabarían por unificar no

euro. O 1 de xaneiro de 1999 entra en vigor,mais unicamente a efectos de anotación etransferencias. Será o primeiro día do ano2002 cando se poña en circulación efectivacoa emisión de billetes e moedas, cos que sesubstitúen as anteriores moedas estatais.Nesa altura o euro cambiábase por 0,90 dó-lares norteaméricanos. En apenas 6 meses oeuro sobrepasaría a paridade co dólar, diná-mica que se mantén no tempo. O seu má-ximo histórico foi en xullo de 2008 cando uneuro atinxía equivalencia por importe de 1,59dólares.

A posta en marcha da moeda única co-rrespóndese coa terceira fase coa que cul-mina a Unión Económica e Monetaria, querepresenta a integración de varios Estadospara promover a liberdade de circulación demercadorías, servizos, persoas e capitais.

Mais, no concreto para que nace amoeda única? Para dar resposta a esta cues-tión o economista portugués, Pedro Car-valho, apunta que se deben ter presentesdúas cuestións fundamentais: " Primeiro, queo Euro e a União Económica Monetária nãosão instrumentos neutros, são instrumentosde classe, enquadrados no processo de classeque constitui a União Europeia ao serviço dogrande capital e das grandes potências eu-ropeias. É necessário lembrar que este pro-cesso teve sempre o apoio activo das grandesconfederações patronais europeias represen-tadas na UNICE e na ERT (mesa redonda dosindustriais europeus), Segundo que o Euro ea União Económica e Monetária não sãouma necessidade económica objectiva, massim uma decisão política no contexto da in-tegração [capitalista] no quadro da UniãoEuropeia"1.

Profundando a respecto dos obxectivos quepersigue a posta en circulación do euro, Car-valho acrecenta que esta nova moeda "visaprincipalmente [sacralizando o objectivo daestabilidade dos preços] promover a modera-ção salarial, reduzir [conter o crescimento]dos salários reais e garantir a transferênciados ganhos de produtividade para o patronato[é bom lembrar que o crescimento dos saláriosreais médios na zona Euro passou de 1,2% nadécada de 1990, para 0,4% desde 2000, tendoa produtividade do trabalho sido superior, o queimplicou uma redução de 8,4% nos custos uni-tários do trabalho reais], engrossando os seus

A moeda única: orixe e crise actual

1 CARVALHO, Pedro. " Reflexões sobre o Euro e seu impacto para Portugal"; ODiario.info. 23/11/2006

O Euro e a União EconómicaMonetária não são instrumentosneutros, são instrumentos declasse, enquadrados no processo de classe que constituia UE ao serviço do grande capital" opina Pedro Carvlho.

Felipe González asinando oTratado de Maastritcht.

Page 16: Caderno que seagochatrasaue

lucros [é bom lembrar que o peso dos lucrosna repartição do rendimento na União Euro-peia atingiu o seu máximo nos últimos 25anos]"2.

Desta maneira para o autor "o Euro serveos interesses do grande capital - das grandesempresas multinacionais europeias -" ao "re-duzir os seus custos de internalização e inter-nacionalização dos mercados" e permitir"uma maior unificação do mercado interno,garantido às grandes empresas multinacio-nais um acesso mais fácil [e com menorescustos] aos mercados nacionais de cada Es-tado-membro"3.

O papel do euro na crise

Os efectos que está a producir a actualcrise sistémica, quer en termos económicosquer en termos sociais, teñen contribuído aabrir e estender socialmente o debate a res-pecto do papel que xoga o euro e mesmosobre a conveniencia de abandonar a moedaúnica. Para o economista Jacques Sapir " a po-lítica económica conducida pola UE desde2009 (e en realidade mesmo desde o 2000na zona euro) é causa do fraco crecementoeuropeo e da súbida astronómica do desem-prego na Grecia, no Estado español, en Por-tugal, e tamén en Italia e Francia"4. Unhaopinión partillada tamén por Maurice Decai-llot quen asegura que "a acentuación brutalpolo euro da concorrencia na Europa mer-cantil [na Europa dos capitais] aumentou for-temente en cada país os desequlibrios sociaise, de modo cada vez máis visíbel, cavou fososentre os diferentes países"5.

Asemade, a reacción das institucións co-munitarias, da chamada Troika, fronte estarealidade en troca de a resolver tería agra-vado. Así o denuncian os economistas CostasLapavitsas e Heiner Flassbeck, para quen asmedidas de "axuste simétrico" (recortes sala-riais e deflación nos países debedores e sencambios en Alemaña) que se están a imple-mentar na UEM "parten da asunción de queAlemaña, o principal país acredor, aplicou aspolíticas axeitadas e de que os países debe-dores o fixeron todo mal"6.

Isto estaría a agudizar as contradiciónscentro-periferia que para Pedro Carvalho sonintrínsecas ao propio proceso de construcióneuropea e nomeadamente á posta en mar-cha do euro. "Uma política monetária únicanão pode dar resposta às necessidades dife-renciadas de 12 [13 com a adesão à zonaEuro da Eslovénia em 2007] economias dife-rentes, com níveis diferenciados de desenvol-vimento económico e social, com estruturasprodutivas diferentes, com opções políticas eculturas administrativas diferentes, porqueestas implicam respostas de política econó-mica e monetária diferenciadas. Quanto maispara 25 economias [27, com a Bulgária e aRoménia, em 2007], onde o alargamento daUE, se traduziu no crescimento das dispari-dades económicas, sociais e regionais. Estapolítica única irá sempre responder às neces-sidades das grandes potências"7 asegura.

Saír do euro?Até cinco premios nobel de economía va-

loran para os países do Sur de Europa a hi-pótese de abandonar a moeda única comounha decisión que sería positiva para o com-bate da crise. Un deles, Paul Krugman, mós-trase certo de que se está a achegar "unmomento da verdade no que se terá queproducir un grande cambio na política dazona euro ou planificar unha ruptura damoeda única". Krugman sostén que o Estadoespañol estaría en mellor situación "de nonter adoptado o euro". O sociólogo VicençNavarro insírese no crecente grupo de ex-pertos con posicións claramente cuestiona-doras do euro, e advoga porque se "abra undebate no Estado español sobre o mérito oudemérito de saír do euro"8.

Desde Portugal, para Octavio Teixeira"hoje é uma evidência que a União Monetá-ria fracassou (como não poderia deixar deser) e se transformou num instrumento de re-gressão económica e social, que a zona Euroreduz o poder de compra dos trabalhadores,restringe os seus direitos sociais, promove aintensificação do trabalho e o desemprego,degrada os serviços públicos e condena paí-ses, como Portugal, à miséria"9.

16

2 Ibidem3 Ibidem4 SAPIR, Jacques. "Saír do euro"; Terra e Tempo. 27/04/20145 DECAILLOT, Maurice. "Sair do euro, para sair do capitalismo"; Resistir.info. 13/08/20136 LAPAVITSAS, Costas et FLASSBECK, Heiner. "A crise sistémica do euro, as verdadeiras causas e as terapias efectivas"; Revista Terra e Tempo, xullo 2012 - xuño 2014.7 CARVALHO, Pedro. " Reflexões sobre o Euro e seu impacto para Portugal"; ODiario.info. 23/11/20068 NAVARRO, Vincenç. "Saír do euro"; Avantar. 05/11/20139TEIXEIRA, Octavio. " A permanência no Euro não é um desastre irreversível"; ODiario.info. 01/03/2013

Para Maurice Decaillot "aacentuación brutal polo euro

da concorrencia na Europamercantil aumentou

fortemente en cada país osdesequlibrios sociais e, de

modo cada vez máis visíbel,cavou fosos entre os

diferentes países"

Consello Europeo celebrado enMadrid en 1995.

Page 17: Caderno que seagochatrasaue

A opacidade sobre a negociación do TLC entre aUE e os EEUU contrasta coacampaña mediática para xerar un ambiente favorábelao acordo.

17

Hai case que un ano, en xuño de 2013,aproveitando a reunión do G-8 en LoughErne (Irlanda do Norte), os Estados Unidos ea Unión Europea anunciaron oficialmente asnegociacións dun Tratado de Libre Comercio(TLC). Esperan que o chamado AcordoTransatlántico sobre Comercio e Investi-mento (Transatlantic Trade and InvestmentPartnership) estea concluído nesta primaverae plenamente vixente no ano 2015. O pri-meiro que chama a atención é que as reu-nións e temas a debate sexan practicamenteun segredo. Segundo a activista SusanneSchuster: "As negociacións son segredas paraimpedir aos pobos descubrir o que verdadei-ramente está en xogo. Por outro lado, 600"conselleiros" oficiais das grandes empresasdispoñen dun acceso privilexiado a estas ne-gociacións para forxar o seu punto de vista".

A opacidade sobre a negociación desteTLC contrasta coa pingueira de noticias eanálises para xerar un ambiente favorábel aeste acordo comercial, nos que se sacraliza olibre mercado. Tal é o caso do estudo da Fun-dación alemá Bertelsmann no que se aseguraque o TLC axudará a criar entre 277.000 emáis dun millón de postos de traballo nos Es-tados Unidos, e varios centos de milleiros naUnión Europea. Para o Estado español augu-ran que se xerarán entre 36.000 e 143.000empregos. Non din en que sectores, pasandopor alto que, para que se cumpran estas pre-visións débense substituír na UE e nos USAimportacións de terceiros países, esquecendo

que este tipo de acordos tamén existen conoutros estados. Algúns medios falan da ex-portación de automóbiles substituíndo impor-tacións de México. Mais, non semella unobxectivo tan doado cando non o logrou porexemplo este TLC con respecto a Corea doSur, unha potencia no sector.

As consecuencias do TLC

Sobre o TLC transatlántico dinos VicençNavarro, tomando como referencia o NAFTA(entre Estados Unidos, México e Canadá):“destruíronse empregos tanto nos EE.UU.como en México (...) favoreceu empresas moigrandes, moi influíntes de Washington e da ci-dade de México. Porén danou as clases popu-lares (...) Tal experiencia repetiuse en todos oscasos de TLCs (...) O TLC prohibirá os mono-polios dos servizos públicos, como a sanidade(...) todo iso co fin da “necesaria” competitivi-dade e libre comercio”. Hai valoracións quedestacan que este TLC non se pode considerarun acordo comercial máis, xa que condicio-nará a economía e os investimentos, a culturae a sociedade de todos os Estados da UE. Isoé o que afirma Raoul Marc Jennar, nunha va-loración sobre o documento base da negocia-ción: “Contrariamente ao que contan osvendedores de fume de todas partes, no TLCtrátase moi pouco de comercio. Hai moito deelección de sociedade, de estilos de vida, depreferencias colectivas que son produto do

Un TLC entre EE.UU. e a UE paramáis neoliberalismo

Page 18: Caderno que seagochatrasaue

Os intercambios comerciaisentre Galiza e os Estados

Unidos non son significativos,e representan entre o 2 e o

5% do total de cada ano.

O TLC trasatlántico é o últimopaso para que a UE se integre

definitivamente na área de control de Washington.

18

combate que houbo nos nosos países, aolongo dos dous últimos séculos, nos ámbitospolíticos, sociais, sanitarios e ecolóxicos”.

Daniel Vaz de Carvalho analizando asconsecuencias deste acordo (o Tratado deLivre Comercio EUA-UE: a grande galopada,Resistir.info) realiza a seguinte apreciación:“Se um país recusar produtos alimentares dosEUA com aditivos, hormonas, originários deOGM poderá ser penalizado: estará a pôr en-traves ao "comércio livre". Democracia, crité-rios de saúde e regulamentação alimentarque cada Estado deveria poder definir se-gundo critérios próprios conforme a decisãodos seus cidadãos –assim se construiu e cons-trói o progresso – serão não apenas conside-rados nulos, mas poderão obrigar a pagarindemnizações como lucros que determinadasempresas alegarão ter deixado de receber (...)Um Estado pode ser acusado e processadopor lhe pôr entraves ao "livre comércio" ou ainvestimentos, designadamente por normasde controlo sanitário, de qualidade, de biodi-versidade, ecológicas. A resolução de qual-quer litígio não é entregue a Tribunaissoberanos nacionais, mas fica a cargo de umorganismo dito regulador ou regulamentar(...)um tribunal dominado por uma pequenaclique de advogados de negócios poderá lan-çar o anátema sobre Estados ou instânciasque infrinjam as disposições do acordo”. Dis-tintos analistas fan mención a casos nos que,sustentándose nestes TLCs, en caso de litixio,varias corporacións xa demandaron a paísescomo Uruguai e Australia, ou a un Estadocomo Quebec, no Canadá, esixíndolle com-pensacións multimillonarias.

No referente ao noso país, os intercam-bios comerciais da Galiza cos Estados Unidosnon son hoxe significativos (representan só o

2-5% do total segundo o ano), porén comoaconteceu noutros acordos semellantes ocrecemento posterior pode ser exponencial(véxase o caso de México e Colombia e assúas consecuencias). Asemade, non se podeignorar que dos últimos trece anos, oitoteñen un saldo negativo para o noso país, eque os USA son unha gran potencia agrícolae gandeira (moi subsidiada), detentan o mo-nopolio das sementes (Monsanto), e son osmaiores exportadores do mundo. Estes sonsectores estratéxicos para Galiza, no ámbitoeconómico e do emprego, mais tamén en as-pectos de tanta transcendencia como o cul-tural e identitario. Sería moi inocente pensarque, con novas supresións de aranceis e amodificación das normativas internas no re-lativo ás esixencias de calidade e as draco-nianas garantías aos investidores, todo vaiseguir coma hoxe.

O TLC transatlántico é o último paso paraque a UE se integre definitivamente na áreade control de Washington; aínda que haitempo que falar da existencia dun proxectoeuropeo é pura fantasía. Non é casual quemalia a espionaxe masiva dos Estados Unidosaos seus aliados na OTAN, para alén dalgúnanoxo nos medios, co obxectivo de aparentardignidade, esta grave inxerencia non tiveseningunha consecuencia práctica. As compli-cidades son cada vez máis evidentes, e comoexemplos temos o papel da UE en Libia, Siria,a retención do avión do presidente Evo Mo-rales, o golpe de Estado en Ucraína, e o queacontece con Venezuela, etc.

A gran burguesía europea ten moitos in-tereses comúns coa norteamericana, depre-dando e sometendo a terceiros países econfrontando coas potencias dos BRICS, gra-zas á hexemonía militar do Pentágono. Paraas potencias dominantes, os TLCs, a globali-zación, axudan a eliminar competidores. Isonon quere dicir que cada Estado deste impe-rialismo atlantista, desta alianza neoliberal,non intente conseguir unha posición máisvantaxosa e que lle afecten negativamentealgunhas medidas.

Agora ben, o que beneficia aos grandesgrupos económicos e fortunas, de ambaspartes do Atlántico, demostrouse desvanta-xoso para as clases populares (como se com-proba nos propios Estados Unidos) e abafaaos países máis débiles, ou que carecen desoberanía, como Galiza. Pensemos nas con-secuencias da plena integración económica danosa nación no mercado do Estado español eda Unión Europea, e teñamos a seguridade deque é máis do mesmo, multiplicado. Non écomo para ignoralo.

Page 19: Caderno que seagochatrasaue

O desenvolvemento do proceso de cons-trución europea, así como a súa regulaciónnormativa a través de diferentes tratados edun proxecto constitucional fracasado, estivomarcado por unha permanente tensión a res-pecto da capacidade de decisión. Cal foi oimpacto na soberanía exercida polos Estadosda súa pertenza á UE? O catedrático de De-reito Constitucional da Universidade deOviedo, Benito Aláez, responde que “tras acreación da Unión Europea non cabe dúbidade que a soberanía dos Estados membros, nonxa política senón principalmente xurídica, vesedeterminantemente afectada polo proceso deintegración Europea até cotas nun principiopouco imaxinábeis”1. O mesmo autor aseguraque “tanto o dogma da soberanía popular (...)como o contido do principio democráticopoden verse afectados cando o ordenamentoxurídico abre as súas portas á creación nor-mativa desde órganos e conforme a procede-mentos que o mesmo non creou (...).”2

A propia arquitectura política, institucio-nal, xurídica e económica da UE, ou o que éo mesmo o deseño da propia Unión nesestermos, colida co exercicio pleno e efectivoda soberanía polos propios Estados. Unha di-námica agravada no marco da vixente crise,como exemplifica o feito de que de 2008 a2010 o Estado español aumentase o seu en-debedamento por volta de 122.000 millónsde euros para costear a débeda, atendendocriterios marcados pola Troika. Ou a reformaexpréss da Constitución española, pactadapor PP e PSOE, para atribuíren prioridadeabsoluta ao pagamento da débeda e dosseus xuros. Prelación que motivou e motivaas sucesivas vagas de recortes en materia dedereitos sociais e servizos públicos esenciais.

No caso europeo engádese a singulari-dade de que os efectos limitantes sobre a so-beranía, antes enunciados, proveñen dunha

instancia, a Unión Europea, que non é ninunha organización internacional nin un Es-tado. En opinión da profesora da Universi-dade do País Vasco, Jasone AstolaMadariaga, achámonos perante “un procesode formación dunha nova estrutura xurídicopolítica”3, que ten a capacidade de “crear de-reito obrigatorio para os seus membros”4.Unha instancia que non se pode definir comofederal, por mor da “inexistencia dun pactosocial ao respecto, como consecuencia, deque non existe un pobo europeo, debido áfalta de homoxeneidade entre os europeos.”5

O deseño da UE colida co exercicio efectivo da soberaníapolos propios Estados.

19

Soberanía nacional e populardentro da UE?

1 ALÁEZ CORRAL, Benito. “Soberanía constitucional e integración europea”2 ALÁEZ CORRAL, Benito. “Soberanía constitucional e integración europea”3 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.204

4 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.205

5 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.224

Page 20: Caderno que seagochatrasaue

20

Primacía do dereito comunitario sobre a lexislación dos Estados

Que significa no concreto a soberanía?Para Astola Madariaga esta ten dúas mani-festacións, “unha interna, é dicir a capacidadede cada pobo de organizarse politicamentesen inxerencias exteriores; e outra externa, édicir, a posibilidade dun Estado organizado deiniciar e manter relacións diplomáticas e detoda orde con outros Estados e suxeitos inter-nacionais (...)”6

Neste senso a primacía do dereito comu-nitario fronte a propia lexislación dos Estados,así como a existencia dun marco competen-cial exclusivo para a UE (explicado breve-mente no apartado deste caderno referidoao funcionamento da Unión), é unha dasprincipais trabes do crecente proceso de ce-sión de soberanía cara as institucións euro-peas. A este respecto a tese sostida porautores como Ophüls, Catalano e Lagrange,é de que esta primacía supón a substitucióndos Dereitos estatais polo Dereito Comuni-tario. Unha substitución que fica verificadapola responsabilidade subsidiaria impostaaos estados na aplicación do Dereito Comu-nitario sendo susceptíbel de seren sanciona-dos por incumprimento do mesmo.

Cesión de soberanía

Malia existir discusión a respecto de se ocrecente traspaso competencial supón a re-nuncia do exercicio da soberanía, o certo éque como apunta Ignasi Meda “a globaliza-ción [neoliberal] obrigou os vellos Estados aceder unha parte das súas competencias anovas estruturas ‘supraestatais’”7

Unha cesión que lonxe de ficar culminadacontinúa en pleno desenvolvemento, alen-tada por unha ofensiva desde as instituciónscomunitarias que vai camiño de configurar aUE nunha caste de “SuperEstado” que,porén, carece de suxeito popular, de pobo.“A Comisión Europea será un día o Goberno eo Parlamento Europeo o lexislativo” para todoo territorio da Unión, afirmaba en novembrode 2013 a chanceler alemá, Angela Merkel.

De feito, a crise da débeda rexistrada endiferentes Estados da UE, entre eles o espa-ñol, así como a crise específica que padece amoeda única, están a marcar a pauta dunproceso de “integración” que resultará nunhamaior cesión de soberanía, nomeadamentede carácter económico. Así, á soberanía mo-netaria cedida ao adoptar o euro comomoeda, engadirase a cesión de maiorescotas de soberanía fiscal (a través dos proce-sos de armonización rumo a un sistema fiscalunificadado), orzamentaria (sometendo as

6 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación demo-crática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.202

7 MEDA, Ignasi. “El declive de la soberanía nacional”

Page 21: Caderno que seagochatrasaue

21

A transferencia de competencias, centralizándoasna Unión, supón unha dupla negación de soberanía naquelasnacións que carecen de Estadode seu –como Galiza– xa queven furtada a súa capacidadede decisión propia, tanto polosEstados nos que fican forzosamente encadradas, como por Bruxelas.

administracións públicas dos Estados ao con-trol de institucións supraestatais e coa impo-sición de parámetros económicos, como olímite do déficit e a débeda), e tamén en ma-teria de regulación, no que atinxe precisa-mente á fixación de normas nos mercadosregulados e cun indisimulado pretenso dunhamaior “liberalización” dos mesmos. O Presi-dente do Banco Central Europeo, MarioDraghi, confirmaba esta folla de ruta ao afir-mar en outubro de 2012 que “para restaurar aconfianza na eurozona, os países deben trans-ferir parte da súa soberanía a nivel europeo”.

A transferencia de competencias, centra-lizándoas na Unión, supón unha dupla ne-gación de soberanía naquelas nacións quecarecen arestora dun Estado de seu –comoGaliza– xa que ven furtada a súa capacidadede decisión propia tanto polos estados nosque fican forzosamente encadradas comopor Bruxelas. Amais a vixente realidade nosEstados xa constituídos motiva o cuestiona-mento a respecto da viabilidade –en termosde capacidade autogoberno efectivo– depropostas e procesos soberanistas en naciónssen Estado que aspiran a se culminar no seoda UE, mantendo a súa pertenza a esta.

Asemade, esta cesión non é neutra en re-lación á dialéctica da loita de clases, queconfronta os intereses do Capital dominante

e das clases traballadoras explotadas. O eco-loxista e autor do libro “Goberno Mundial”,Esteban Cabal afirma neste senso que nonse está a producir apenas unha cesión de so-beranía “cara a Alemaña”, como habitual-mente se simplifica, senón que asistimos a“un proceso no que todos os Estados, incluídaAlemaña, ceden soberanía ás corporacións[transnacionais, que son as que na súa opi-nión 'gobernan realmente o mundo' capita-lista] consolidando un modelo cada vez máisparecido ao dos EUA”. Un proxecto que Cabalinsire na denominada “Nova Orde Mundial”.

Falla de lexitimidade democrática

Para alén do máis, o proceso de integra-ción que inviabiliza o exercicio efectivo da so-beranía e que forza a súa cesión en beneficiodas institucións comunitarias, estase a des-envolver cunha practicamente nula lexitimi-dade democrática. Un proceso que paraManuel Fondevila “opera segundo o principiode ‘todo para o pobo, mesmo contra o pobo’8

radicalizando –por acción do neoliberalismo–a máxima montesquiana (“todo para o pobo,pero sen o pobo”).

8 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.236

Page 22: Caderno que seagochatrasaue

Unha falencia que novamente non cons-titúe unha disfunción, como sosteñen os de-fensores da UE, senón que obedece aodeseño político sob o que se desenvolve his-toricamente a construción europea.Tal ecomo sinala a profesora Jasone Astola, “a

distancia entre as institucións comunitarias eos pobos dos Estados que forman parte daUnión foi consubstancial ao propio proceso deintegración”9 . Feito que estaría motivado enque “podería ser que se o proceso de inte-gración tivera sido democrático o máis pro-bábel é que non comezase”. Unha realidadeque é cada vez máis percibida socialmente,como demostra o aumento en 10 puntos, atéo 75%, na desconfianza cara á UE na cida-danía do Estado español nos últimos seisanos, segundo recolle o eurobarómetro.

Datos equivalentes rexistráronse na en-quisa realizada en maio de 2013 polo thinktank europeísta “Foro Europa Ciudadana”.Os resultados recollían que o 72,5% das per-soas enquisadas relacionan a UE con buro-cracia, fronte apenas o 43,8% que o fai condemocracia. O 72% dos e das entrevistadasopinou que a grande cantidade de leis co-munitarias son unha traba para a creaciónde emprego e o desenvolvemento das em-presas e preto do 90% reclamaron un maiorpeso da cidadanía nas decisións políticas eeconómicas da Unión.

22

8 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.236

9 ASTOLA MADARIAGA, Jasone “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.209

Page 23: Caderno que seagochatrasaue

A incorporación á UE consolidou e acelerou a centralización e concentraciónda riqueza e do poder, en prexuízo das clases sociais e dos territorios máis débiles, e recreou o carácter periféricode Galiza.

O movemento nacional-populargalego definiu moi cedo con toda claridade o que representaba a Unión Europea.

23

Non se sostén botarlle toda a culpa áUnión Europea a respeito das eivas e atran-cos que padece Galiza. Mais, sendo o nosoun país costeiro e con tantas potencialidades,non ten xustificación que non supere o atrasosecular, e continúe a perder peso económicoe demográfico, e riqueza cultural, nas últimasdécadas. O proceso que orixinou o subde-senvolvemento é anterior e nace da conquistapolo Reino de Castela e da forzosa depen-dencia colonial. Mais, resulta evidente que aincorporación á UE consolidou e acelerou acentralización e concentración da riqueza edo poder, en prexuízo das clases sociais e dosterritorios máis débiles, e polo tanto recreouo carácter periférico de Galiza.

A histórica oposición do nacionalismo galego

Esta é unha conclusión evidente hoxepara calquera que realice unha mínima aná-lise critica dos feitos, e que xa fora asumidapolo movemento nacional-popular galego

(mnpg) cando encetou a negociación para aintegración entre o Goberno central e a Co-munidade Económica Europea. Unha valora-ción que se concretaba na consigna:“Mercado Común Europeo, Ruína do PoboGalego”. Non todas as forzas do naciona-lismo galego facían esta análise ao conside-raren que, sendo a UE constituída por“democracias avanzadas” permitirían unmaior grao de liberdade colectiva e individuale progreso social. As súas teses eran coinci-dentes coas da esquerda estatal, represen-tada maioritariamente polo PSOE e PCE.

O movemento nacional-popular galegodefiniu moi cedo con toda claridade o querepresentaba a Unión Europea, como se re-flicte no seguinte texto publicado no xornalTerra e Tempo, órgano da UPG, do 15 deagosto de 1977, cando afirma: “cando sefala de entrar na Europa comunitaria, estasea falar da entrada na Europa dos monopolios.É por isto que... a burguesía monopolista doEstado Español está interesada en entrar noMercado Común. A partir deste entramado po-lítico, estase conformando unha zona xeográ-fica no Estado Español, abranguendo ocuadrante nordeste da península, coa inclusión

O papel da Galiza na Unión Europea e na zona euro

Page 24: Caderno que seagochatrasaue

24

de Madrid, de características moi similares áEuropa desenvolvida que vai ser defendida epotenciada á hora do Ingreso no MercadoComún. O prezo desta operación política re-caerá, sen paliativo posíbel en zonas xeográfi-cas que pola súa estrutura económica e declase sexan marxinais e sen perspectivas pra ocapital monopolista español”

No Terra e Tempo do 15 de febreiro de1978 valorábase moi criticamente a posturaque tiña o PCE en relación coa UE: “baixo odisfrace eurocomunista, está a visión euro-céntrica do mundo. Na medida en que soñancon facer de Europa a terceira gran potencia,idealmente plantexada como unha alternativaantibloques, parécelles moi ben o MercadoComún, non cuestionando o seu carácter im-perialista, tanto respecto ao chamado TerceiroMundo como no tocante ás nacións asoballa-das de Europa Occidental”

Non a Maastritcht e á“Constitución” europea

As forzas maioritarias da esquerda estatalpuñan, cunha inocencia inaceptábel, a ActaÚnica como exemplo de cambio. Esta foi asi-nada en febreiro de 1986 e significou un

paso máis na chamada construción daUnión, transformando o MCE na Unión Eu-ropea. Esta terá novas competencias no re-lativo a: cohesión económica e social,investigación e desenvolvemento tecnolóxico,e medio ambiente. Eran enunciados moisentidos polos movementos populares, maisque serviron de envoltorio para unha novadose de concentración e centralización da ri-queza e do poder nos monopolios e paísesmáis poderosos. Non se mudaban as basesdo sistema, nin se democratizaba o repartodo poder, nin se cuestionaba a dependenciapolítico-militar de Washington. O Estado es-pañol e Portugal integráronse o 1 de xaneirode 1986 na Unión. A acta tería vixenciadende xullo de 1987 e pretendía unificar omercado interior antes de 1993, baixo as re-gras dos grupos hexemónicos.

Encol dos resultados deste novo acordo, aINTG realizaba a seguinte reflexión no seu vo-ceiro Eixo de outubro de 1992: “Galiza, comotodas as áreas menos desenvolvidas da CE su-friron desde a Acta Única un retroceso evidenteno económico, que se complementou con leismáis represivas no social (Lei de Seguridade Ci-dadán) e no laboral (proxecto de Lei de Folga,modificación da Lei de Desemprego, posíbelcambio no proceso de Eleccións Sindicais) quepretenden lles garanta unha redistribución tran-quila, e máis inxusta, da "torta".

Page 25: Caderno que seagochatrasaue

O peso do PIB galego no Estado español pasou do 5,59%en 1986 ao 5,36% en 2012.

O capital foráneo foise apropiando dunha gran partedo tecido empresarial galego.

25

O BNG valorou criticamente a Acta Únicae o Tratado de Maastricht na súa XIII Asem-blea Nacional, como reflicte o seguinte pa-ragrafo: “A Unión Europea xogou e xoga unconsiderábel papel como impulsora da globa-lización capitalista e non exerce como bloquealternativo ao imperialismo dos EUA senóntodo o contrario, sempre foi o seu aliado máisfiel. Especialmente coa instauración da ActaÚnica e do Tratado de Maastricht, a UE orien-touse pola creación dun espazo económicomáis homoxéneo en termos de variábeis mo-netario-financeiras. O seu obxectivo foi e éampliar os mercados, eliminar obstáculos aolibre comercio, permitir a liberdade absolutados movementos de capital e a supresión dasregulacións e intervencións dos Estados nassúas respectivas economías. Estas medidasforon esixidas polos sectores dominantes docapital europeo, nomeadamente pola patro-nal UNICE e en particular pola ERT (“Mesa Re-donda Europea de Industriais”). Está integradapolos dirixentes das 45 máis importantes trans-nacionais europeas, concentradas nomeada-mente nos Estados centrais da UE”.

O Tratado de Maastricht, asinado en fe-breiro de 1992, ademais de darlle compe-tencias á Unión Europea en materia deeducación, política social, formación profe-sional, mocidade, saúde pública, proteccióndos consumidores, redes transeuropeas, in-dustria, cooperación e desenvolvemento, efortaleceu as que esta tiña en materia eco-nómica e monetaria comúns. Así como a deregular a política exterior e de seguridade. Amaioría do nacionalismo galego pronun-ciouse contra este acordo que, nunha ediciónespecifica de 36 páxinas, a INTG-CIG carac-terizaba do seguinte xeito: “dificilmenteMaastricht pode ser positivo para economíagalega (…) é unha modificación global, poréncontinuista, do Tratado de Roma (…) A Europaque se está a construír practica unha políticaconservadora no económico e no social,segue sendo negadora dos dereitos nacionais,e acentúa a estratificación social e a des-igualdade entre nacións e rexións dentro decada estado, e entre os propios estados que aintegran”. Tanto a INTG como o BNG fixeroncampaña en contra no noso país, mentres queCC.OO. e EU inclinábanse por apoiar a re-forma “pra evitar o mercado a pau seco”, ePSG-EG decidíase por un si crítico, na mesmaliña que a Confederación Europea de Sindi-catos (CES)”.

O nacionalismo tamén se opuxo á pro-posta dunha Constitución Europea no ano2004 (aínda que unha das forzas internas,Esquerda Nacionalista, apostaba polo si crí-tico). Esta iniciativa terminou bloqueada pola

oposición social nos referendos realizados envarios países. Seguiulle o sucedáneo do Tra-tado de Lisboa, no ano 2006, que por lóxicasería rexeitado polo nacionalismo, xa que,como afirmou o deputado do BNG, FranciscoJorquera, no Congreso o día da votación “Oprocedemento seguido escapando do refe-rendo, en base a diversos pretextos, revela omedo ao sentido de voto dos cidadáns euro-peos. Saben que o contido do “Tratado de Lis-boa” é a copia da referida ConstituciónEuropea, á que mudaron o nome para tentarde enganar á poboación europea, o que re-presenta un auténtico fraude político. No queatinxe á arquitectura institucional, o Tratadode Lisboa reforza os poderes da Comisión (oexecutivo da UE) en detrimento do Parla-mento. O empobrecemento da democraciatamén é visíbel na Carta dos Dereitos Funda-mentais, máis restrinxida, aínda, que a esta-belecida no Tratado Constitucional”

Os efectos da entrada naUE para Galiza

Despois de repasar a postura do nacio-nalismo galego diante da UE, e dos sucesivostratados que lle foron outorgando máis com-petencias a Bruxelas, agudizando tamén ocarácter antidemocrático da Unión, cómprefacer algúns comentarios sobre cales foronos seus efectos sobre a sociedade galega. Omáis evidente, xa que resume todos os efec-tos sectoriais, é a evolución negativa da de-mografía na Galiza. Dende o ano 1986 até oano 2013 o noso país perdeu 78.532 habi-tantes mentres que o Estado español gañaba8.656.365; pasamos de representar o 7,39%da poboación do Estado a termos o 5,86%,co que isto implica a nivel social e político.Dúas tendencias totalmente contrarias quenon se poden obviar. Evidentemente, as cau-sas son económicas e políticas, xunto coafalta de emprego para absorber o excedenteagrario e que o existente, en boa medida,fose precario e mal pago. Un exemplo destaevolución regresiva é que no Estado españolno ano 1981, a diferenza de ingresos entre o20% máis baixo e o 20% máis alto era de5,89 veces e no ano 2011 de 7,5 veces; amáxima desigualdade da eurozona.

Se analizamos o peso do PIB galego nodo Estado español ollamos que dende o ano1986 até o 2012, pasou do 5,59% ao 5,36%;unha caída pequena, polo que medrou arenda por habitante a maior ritmo que a

Page 26: Caderno que seagochatrasaue

26

media. Mais esta tendencia positiva foi aconta de expulsar para a emigración a pobo-ación ocupada nos sectores menos produti-vos dende a óptica capitalista, especialmentedo agro, ou auto limitando o número de fillose fillas por familia, sen lles dar outra saída.Na década dos noventa do século pasado,en épocas de “auxe económico”, a emigra-ción nunca baixou das sete mil persoas, e aprincipios deste século, antes da crise,mesmo atinxiu as vinte mil persoas por ano.En resumo, a mellora de infraestruturas, e oavance tecnolóxico das últimas décadas, nonimplicou o desenvolvemento real, equili-brado, do conxunto do país, xa que se fixo acosta de sacrificar sectores económicos eaquelas áreas que non eran rendíbeis oufuncionais para os intereses dos grupos depoder dominantes.

Outro dos aspectos nos que se pode secomprobar este desenvolvemento depen-dente e irracional é na perda do control porparte do capital “galego” sobre a maior parteda actividade económica (banca, enerxía, ali-mentación, información, etc.), así como unhamenor diversidade na produción de bens eservizos, facendo a nosa economía menosautocentrada e sustentábel. Neste aspectocómpre salientar que o capital foráneo foiseapropiando dunha gran parte do tecido em-presarial galego. Estas corporacións teñenespecialmente a súa sede central en Madrid,así como en Barcelona e países da UE, e soncontados os casos nos que non é así (porexemplo no caso de NGB, Endesa ou Barre-ras). Dentro do capitalismo de alén dos Pire-neos destaca o francés (Citroën, Orange,Alcampo, Carrefour, etc).

O euro e a economía galega

Con relación ao euro resulta evidenteque non é unha moeda imparcial, xa que oseu valor depende dos intereses das clasesdominantes da Unión; un euro moi apre-ciado fronte ao dólar e outras moedas im-portantes favorece a uns sectores e países eprexudica a outros, no comercio con terceirospaíses. Por exemplo, afecta negativamente ánosa construción naval, a produción de con-servas de peixe, etc, sectores chave na eco-nomía galega. Unha parte importante docomercio exterior galego faise fóra da UE. Asimportacións fóra da zona euro foron de8.210 millóns no ano 2013 e as exportaciónsde 7.836 millóns de euros. Lembremos quese revalorizou en máis dun 30% dende o ini-cio da súa circulación como moeda, polo queo aumento da competitividade foi sobre todoconsecuencia dun empuxe das potencias epaíses emerxentes e da OCDE, e en menormedida da deflación interna, xa que as ex-portacións practicamente se mantiveron es-tancadas no período 2009-2013 coa zonaeuro. Un euro máis barato diminuiría as im-portacións, permitindo a súa substitución conprodutos locais e daría pulo ás exportacións.Fáltannos os datos do Estado español (co querealizamos un 50% das importacións-expor-tacións), xa que a última táboa input-outputé do ano 2008. En calquera caso, co resto dazona euro as importacións baixaron unchisco e as exportacións aumentaron un pou-quiño, evidenciando que a deflación socialnon dá os resultados que se predican pararecuperar a competitividade, máxime candoo resto dos estados da eurozona están afacer o mesmo.

Sen dúbida o euro é un dos mecanismosde control da economía dos países que inte-gran a Unión. Agora ben, non é o único.Tamén teñen un papel relevante os aranceispara a importación e exportación de bens eservizos, as prioridades orzamentarias decidi-das pola UE, e as axudas a uns sectores men-tres as cotas limitan a produción doutros. Poloque, sendo a saída do euro algo positivo, xaque sería o inicio dunha andaina, temos queser conscientes que non abondaría para des-envolver a economía nos países periféricos.Ademais, gañar o debate social sobre a saídada eurozona permite deixar patentes as con-tradicións de fondo, sempre que as incorpo-remos ao discurso. Nomeadamente, quetanto a globalización como o neoliberalismoson funcionais ao imperialismo nesta etapa dahumanidade, e que iso é o que representa aUnión Europea como proxecto.

Page 27: Caderno que seagochatrasaue

A expansión mundial do campo de ope-ración da OTAN tras a desaparición da su-posta “ameaza soviética”, deu lugar ao queanalicei como o xurdimento do imperialismocolectivo da tríada (Estados Unidos, Europa eXapón) (...) É unha transformación relativa-mente recente do sistema imperialista, queprevia e, tradicionalmente, se baseou noconflito entre as potencias imperialistas. Acausa da aparición deste imperialismo colec-tivo é a necesidade de enfrontar de xeitounido o desafío dos pobos e estados perifé-ricos de Asia, África e América Latina, ansio-sos por escapar da súa subordinación. Osegmento imperialista europeo involucra sóa Europa occidental, aqueles cuxos estadosda época moderna foron sempre imperialis-tas, tivesen ou non colonias, xa que teñen esempre han ter unha participación na rendaimperialista. Pola contra, os países de Europado Leste non teñen acceso á mesma xa quenon teñen monopolios xeneralizados nacio-nais propios. Tragáronse a ilusión, con todo,

de teren dereito a ela só pola súa “europei-dade”(...)

O imperialismo, ao converterse en colec-tivo (...) comparte en relación ao Sur unhapolítica común -a da tríada-: unha política deagresión permanente contra os pobos e osEstados que se atreven a poñer en cuestión oseu sistema especial de globalización. E o im-perialismo colectivo ten un líder militar, unhapotencia hexemónica: os Estados Unidos. En-téndese, pois, que nin a Unión Europea ninos seus estados teñen xa unha “política exte-rior”. Os feitos demostran que non hai máisque unha soa realidade: a aliñación detrásdo que Washington (talvez de acordo conLondres) decida. Visto desde o Sur, Europanon é máis que o aliado incondicional de Es-tados Unidos. E aínda que pode haber al-gunhas ilusións en América Latina –sendúbida porque a hexemonía se exerce bru-talmente polos Estados Unidos e non polosseus aliados Europeos subalternos– , nonocorre o mesmo en Asia e África.

Samir AminEconomista (Exipto)

Fragmento de “ A implosión do sistema europeo”, publicado en setembro de2012 en Monthly Review

27

Olladas críticas da UE e o euro Nun momento no que Europa fica nunha encrucillada de alcance histórico, apresente escolma pretende achegar unha breve serie de olladas perante o seupresente e sobre todo o seu futuro, en chave declaradamente crítica e por bocade persoeiros de indiscutíbel referencialidade, quer no plano económico, nopolítico ou no intelectual.

O papel xeoestratéxico de Europa

Tropas coloniais francesas en Vietnam (século XIX)

Page 28: Caderno que seagochatrasaue

Os eurófilos máis extasiados machúcanosen cesar: se non dispuxésemos do euro, din,as consecuencias da crise serían peores paramoitos países europeos. Divinizan un euro“forte e protector”. É a súa doutrina e defen-den fanaticamente. Pero o certo é que teríanque explicarlles aos gregos (e aos irlandeses,aos portugueses, aos españois, aos italianose a tantos outros cidadáns europeos abane-ados polos plans de axuste) que entendenpor “consecuencias peores”... De feito, estasconsecuencias son xa tan insoportábeis so-cialmente que, en varios países da eurozona,está subindo, e non sen argumentos, unharadical hostilidade cara á moeda única ecara á propia Unión Europea (UE).

Non lles falta razón a estes indignados.Porque o euro, moeda de 17 países e dos seus350 millóns de habitantes, é unha ferramentacun obxectivo: a consolidación dos dogmasneoliberais nos que se fundamenta a UE.Estes dogmas, que o Pacto de Estabilidade

(1997) ratifica e que o Banco Central Europeo(BCE) sanciona, son esencialmente tres: esta-bilidade dos prezos, equilibrio orzamentario eestímulo da competencia. Ningunha preocu-pación social, ningún propósito de reducir oparo, ningunha vontade de garantir o crece-mento, e obviamente ningún empeño en de-fender o Estado de benestar.

Co vórtice actual, os cidadáns van enten-dendo que tanto o corsé da Unión Europea,como o propio euro, foron dous engadospara facerlles entrar nunha trampa neolibe-ral da que non hai fácil saída. Áchanse agoraen mans dos mercados porque así o quixe-ron explicitamente os dirixentes políticos (deesquerda e dereita) que, desde hai tres de-cenios, edifican a Unión Europea. Eles orga-nizaron sistematicamente a impotencia dosEstados co fin de conceder cada vez máis es-pazo e maior marxe de manobra a mercadose especuladores.

Ignacio RamonetDirector de Le Monde Diplomatique

en Español (Francia)

Fragmento de “Cambiar o sistema”, publicado en agosto de 2011 en

Le Monde Diplomatique

28

A trampa neoliberal

A Unión Europea (UE) adoptou nos últi-mos anos setenta e primeiros oitenta do sé-culo pasado a política económica neoliberalcomo deseño fundamental e exclusivo dasúa actuación no ámbito económico e social.Esta opción non se alterou desde entón.Malia que en bastantes ocasións a UE ha terque adoptar medidas contraditorias con taldeseño, a ortodoxia neoliberal mantense fe-rreamente en xeral, aínda que é selectiva-mente máis “comprensiva e pragmática”cando se enfronta a poderosos intereseseconómicos ou políticos.

Segundo as elites europeas, poderes eco-nómicos e dirixentes políticos e sociais, os ci-dadáns xa non poden contar cunha asistenciaestatal a longo prazo para remediar cambiossúbitos e imprevistos nas súas vidas, para sos-telos prodúcese un corte na súa vida de tra-ballo ou autorizalos a perseguir os seus

propios intereses non comerciais; ou simple-mente, non ter que aceptar calquera mal em-prego ofrecido no mercado de traballo.

Ademais, os cidadáns tampouco podencontar co pensións públicas, ou polo menosnon só con elas, e teñen que prepararse apagar un prezo pola educación e os servizossanitarios, convertidos agora en mercancías.En resumo, no poderoso capitalismo globaldo século XXI, non se pode esperar que osEstados, e aínda menos a Unión Europea,compensen polos problemas e trastornos inevi-tábeis nunha economía de mercado e as con-tradicións fundamentais dunha sociedadecapitalista. É evidente que é imprescindíbel des-envolver potentes loitas colectivas contra un sis-tema económico e social que baixo ningúnconcepto está disposto a permitir unha socie-dade xusta e harmónica para con os traballa-dores e as clases populares.

Retroceso social

Miren EtxezarretaEconomista (Catalunya)

Fragmento de “A evolución perversa dapolítica social da Unión Europea”

Page 29: Caderno que seagochatrasaue

O impacto das políticas de estímulo nocrecemento dos países que se mantiñan fórado euro (e integrados na UE) foi maior men-tres que a caída posterior, cando a austeri-dade deteriorou o clima xeral, foi menor, poischegaron ao segundo trimestre de 2013cunha taxa de crecemento positiva do 0,4%,e sen que apenas se rexistrase (salvo moi le-vemente en dous trimestres) unha taxa decrecemento negativa.

A conclusión á que chega John Weeks éclara: pertencer ao euro supuxo unha pena-lización en termos de crecemento económicoás economías que forman parte da uniónmonetaria de 1,5 puntos porcentuais na fasede expansión e de 1,1 puntos na de crise.

Aínda sabendo que hai que ter en contaoutros factores, o certo é, xa que logo, quepertencer ao euro demostrouse como unhacircunstancia que xera menor crecemento daactividade económica, mentres que perma-necer fóra está asociado a taxas máis eleva-das de crecemento das economías. Á luz dos

datos pode afirmarse, pois, que non son cer-tas as virtudes que se din que son indiscuti-bles e intrínsecas á pertenza á uniónmonetaria europea. Ben porque está moimal deseñada (por asimétrica e por favorecersó a algúns países), ben porque as políticasque se aplican son contraproducentes para aactividade e o emprego, o certo é que per-tencer a ela ten custos explícitos en termosde crecemento económico.

Xa que logo, é moi posíbel que fóra doeuro lle houbese ir mellor á economía espa-ñola no seu conxunto, aínda que non, desdelogo aos grandes grupos empresariais, in-mobiliarios, industriais e financeiros españoise estranxeiros que teñen monopolizado assúas vantaxes. Parece entón evidente que éobrigado poñer sobre a mesa este tipo dedatos e debater con rigor e pluralidade sobreonde nos convén máis estar porque as cou-sas non son tan evidentes como nos quixe-ron e nos queren facer crer.

Juan Torres LópezEconomista (Estado español)

Fragmento de “Mellor dentro ou fóra do euro?” publicado o 11 de setembro de 2013 no diario Público.

29

Nunha comunicación colocada no sitioweb do Partido de Esquerda do Parlamentoalemán, Oskar Lafontaine non deixa deapuntar o dedo á Alemaña por baixar osseus salarios para protexer as súas empresasexportadoras. Unha crítica que varios subs-criben, a punto da Bélxica ter feito queixaxunto da Comisión Europea acusando Berlínde “dumping social”, nunha alusión á vendade bens abaixo do custo de produción que éprohibida na UE.

Na Alemaña non existe unha política desalario mínimo e é posíbel aos traballadorescon salarios máis baixos non pagar impostosnin contribuír para a seguridade social ououtro sistema de pensións. Ou sexa, hai va-rias empresas que pagan aos seus funciona-rios tres a catro euros por hora. “Merkel vaidespertar do seu sono hipócrita cando, a su-frir por causa da política salarial alemá, os

países europeos uniren forzas para facer unpunto de viraxe na crise penalizando inevita-belmente as exportacións alemás”, avisa La-fontaine.

Por estas razóns, o espírito do euro foi mi-nado e non ten condicións para proseguir, di oex-ministro, porque non foi posíbel nos paísesdo euro ter unha política de salarios coordi-nada en función da produtividade. Por iso,debe ser retomado un sistema como aquelque foi precursor da unión monetaria, o Sis-tema Monetario Europeo, que permite facer“desvalorizacións e valorizacións controladas”das moedas nacionais, defende, o que esixiríaun control moi apertado sobre os fluxos de ca-pitais. Os países en situación máis débil cuxasmoedas serían necesariamente desvalorizadasterían, nun período de transición, de ser axu-dados polo Banco Central Europeo, por exem-plo, para evitar o colapso.

A moeda única en cuestión (I)

Pertencer ao euro penaliza o crecemento económico

A moeda única en cuestión (II)

Poñer fin ao euro para permitir a recuperación do Sur

Oskar LafontaineEx ministro federal de finanzas (Alemaña)

Referencia publicada o 6 de maio de2013 no xornal Público (Portugal).

Page 30: Caderno que seagochatrasaue

Octávio TeixeiraEx líder parlamentar do PCP

(Portugal)

Fragmento da entrevista publicada enwww.ionline.pt (1 de marzo 2014)

30

Aquilo que se designa crise da zona euronão é uma crise decorrente das dívidas sobe-ranas. É uma crise decorrente da heteroge-neidade dos países que formam a zona euro,que vieram ao longo dos anos a acumulardesvios cada vez maiores de uns países em re-lação aos outros. Em vez de ter passado aexistir aquilo que se prometia, que era a coe-são económica dos países, o que houve foiuma divergência. A moeda única foi aplicadaa países com estruturas económicas comple-tamente diferenciadas, com necessidades me-diatas e imediatas completamente diferentes,com níveis de produtividade diferenciadosuns dos outros, e que não podiam, objecti-vamente, sobreviver simultaneamente com amesma moeda. A moeda única foi um ga-rrote que se abateu sobre os países menosdesenvolvidos que estão na zona euro, por-que os impediu de crescerem mais rapida-mente que os outros países para atingirem aconvergência, ou a coesão económica.

Desde logo, dentro da zona euro, quandodesapareceu o risco cambial, isso favoreceu ospaíses que tinham especializações produtivasmais elevadas e mais sofisticadas e conduziu,

designadamente, a que a industrialização seconcentrasse nos países do centro, em parti-cular na Alemanha, assistindo-se à desindus-trialização dos países da periferia.

Fora da zona euro, e fora da União Euro-peia, a própria evolução da moeda única emtermos cambiais –aquilo que se pode designareuro forte ou euro caro– provocou uma perdade competitividade enorme nos países maisfrágeis, nos países do Sul. A nossa capacidadede exportação está assente fundamentalmenteem produtos em que há uma enorme conco-rrência em termos de preços (...)

E há outro aspecto que é pouco referido:aquele processo de deslocalização de empre-sas que começou em Portugal há uns anostambém foi desencadeado pelo euro caro. Háquem diga que é preciso arranjar condiçõespara que o euro desvalorize. Não é provávelpor duas razões: segundo estudos de váriasfontes internacionais, a chamada taxa deequilíbrio entre o euro e dólar, para a Ale-manha, é precisamente a de 1,30. E a Ale-manha é a economia central da UniãoEuropeia e isso tem de ser tida em conta.

A moeda única en cuestión (III)

O euro foi um garrote que se abateusobre os países menos desenvolvidos

Page 31: Caderno que seagochatrasaue

Vaz de Carvalho Enxeñeiro (Portugal)

Fragmento de “Reindustrializar…dizem eles” publicado en xaneiro de2014 en resistir.info

31

O que ocorreu en Europa é que os paísesperiféricos víronse obrigados a aplicar unhaausteridade extrema, pero isto non se com-pensou nos principais países, e de feito, osprincipais países tamén aplicaron medidasde austeridade, aínda que non tan duras. Poriso, a consecuencia xeral foi unha drásticacontracción fiscal en Europa –o saldo axus-tado ciclicamente é agora moito máis redu-cido do que o era antes da crise, malia quea demanda do sector privado segue sendomoi feble– sen que se contrarrestase cunhapolítica monetaria máis relaxada.

Aos lexisladores europeos semella sor-prenderlles que esta mestura de políticasprovoque unha recaída na recesión, maisnon teñen dereito a estar sorprendidos xaque é exactamente o que a macroeconomíabásica lles dixo que era de esperar. E isto, ásúa vez, indícanos que o euro é unha estru-

tura ata máis defectuosa do que a teoríaideal da zona monetaria podería vaticinar. Ateoría facía fincapé no problema dun sistemaúnico para todos fronte ás “crises asimétri-cas”, no que se supón que os países teñenque saír adiante por separado se están en re-cesión entrementres o resto da zona mone-taria vai vento en popa.

Pero resulta que nas épocas de debili-dade económica xeneralizada este problemaagrávase pola asimetría das presións ás quese enfrontan os países, nas que os países coneconomías que atravesan dificultades venseobrigados a endurecer a súa política, pero osque teñen economías con menos dificultadesnon senten a necesidade de relaxar a súa,polo que a política e a política económica ca-racterízanse en xeral por unha forte tenden-cia deflacionaria.

Rescates que destruem um país

Paul KrugmanEconomista (EUA)

Fragmento de “A política única non éboa para ninguén” publicado o 16 deabril de 2013 en The New York Times.

Receitas únicas nunha Europa asimétrica?

Em Portugal, como na generalidade dospaíses da UE, as estratégias do euro e da con-corrência "livre e não falseada", contribuíramdecisivamente para a desindustrialização eendividamento. Na realidade, só pode havercompetição de forma consistente entre eco-nomias equivalentes, caso contrário revisite-se a fábula da panela de barro e da panelade ferro. Os exemplos de países com moedasindexadas a países com produtividades muitomaiores, são conhecidos, sendo casos típicosa Argentina e o México.

Tirar os instrumentos de gestão do Estadopara equilibrar as finanças públicas, imporcritérios que conduzem à recessão ou estag-nação económica, crescente percentagem doPIB para pagar juros, deixando como mar-gem de manobra reduzir salários e presta-ções sociais, passou a considerar-se modelode virtude orçamental.

O capitalismo rentista tomou o lugar doinvestimento produtivo, aniquila a procura

agregada, esmaga as PEME. Quanto maismedidas de incentivos à "iniciativa privada" eprivatizações houve, mais o investimento sereduziu e o endividamento cresceu. A finançabloqueia o desenvolvimento, os capitais refu-giam-se na especulação ou em paraísos fis-cais, o BCE de forma inqualificável protegetudo isto como a sua prioridade.

O memorando da troika deve ser lidocomo "manual para a destruição de um país".Isto mesmo é confirmado pelo chefe da de-legação da troika, que desmente liminar-mente as tiradas panglossianas do governo eda sua propaganda, ao exigir que, qualquerque seja o governo, a austeridade (isto é, os"cortes") deve prosseguir por mais 10 ou 15anos. Se os deixarem, claro…

Um plano de desenvolvimento económicoe social implica o fim das orientações neoli-berais e da financeirização da economia,adotandose uma política antimonopolista,que representa o retorno ao que mais origi-nal havia no projeto do 25 de ABRIL de 1974.

Page 32: Caderno que seagochatrasaue