Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13

24
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26672 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para estadías correspondentes a investigadores e tecnólogos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia, ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria. A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnoló- xico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capí- tulo II, crea o Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de decembro de 2010, aprobou o Plan galego de investigación, innovación e crecemento I2C (2011-2015). O Plan I2C recolle dentro do eixo estratéxico 1: Xestión do talento, a liña de actuación 1.1 de apoio á carreira investigadora, co fin de garantir os instrumentos de apoio ao desen- volvemento da carreira investigadora para dispor das capacidades necesarias para lograr os obxectivos marcados no plan. Entre as actuacións previstas está o fomento da mobili- dade internacional para mellorar a formación do persoal. Neste mesmo eixo estratéxico a liña de actuación 1.6 Programas de mobilidade, recolle, entre outras actuacións, o financiamento de estadías en grupos de investigación de pres- tixio recoñecido. En coherencia con estas previsións do I2C, con esta liña de axudas preténdese enrique- cer o capital humano dos centros tecnolóxicos e dos organismos públicos de investigación (OPI) con centros radicados en Galicia, mediante a concesión de axudas para que os seus investigadores e tecnólogos poidan realizar estadías en centros de investigación e innova- ción de fóra da Comunidade Autónoma co fin de aprender novas técnicas no seo dos gru- pos de destino, entrar en contacto cun ambiente de investigación ou innovación diferente e mellorar os seus contactos neste ámbito. CVE-DOG: hza4wra0-fru7-oqs1-kwy5-v1v85wq1bfs5

Transcript of Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26672

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para estadías correspondentes a investigadores e tecnólogos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia, ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnoló-xico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia.

Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capí-tulo II, crea o Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de decembro de 2010, aprobou o Plan galego de investigación, innovación e crecemento I2C (2011-2015).

O Plan I2C recolle dentro do eixo estratéxico 1: Xestión do talento, a liña de actuación 1.1 de apoio á carreira investigadora, co fin de garantir os instrumentos de apoio ao desen-volvemento da carreira investigadora para dispor das capacidades necesarias para lograr os obxectivos marcados no plan. Entre as actuacións previstas está o fomento da mobili-dade internacional para mellorar a formación do persoal.

Neste mesmo eixo estratéxico a liña de actuación 1.6 Programas de mobilidade, recolle, entre outras actuacións, o financiamento de estadías en grupos de investigación de pres-tixio recoñecido.

En coherencia con estas previsións do I2C, con esta liña de axudas preténdese enrique-cer o capital humano dos centros tecnolóxicos e dos organismos públicos de investigación (OPI) con centros radicados en Galicia, mediante a concesión de axudas para que os seus investigadores e tecnólogos poidan realizar estadías en centros de investigación e innova-ción de fóra da Comunidade Autónoma co fin de aprender novas técnicas no seo dos gru-pos de destino, entrar en contacto cun ambiente de investigación ou innovación diferente e mellorar os seus contactos neste ámbito.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26673

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Consecuentemente con todo o anterior e en exercicio das facultades que me confire o

artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de

Innovación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Apróbanse as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega

de Innovación para a realización de estadías fóra da Comunidade Autónoma de Galicia,

preferentemente no estranxeiro, dirixidas a investigadores e tecnólogos contratados en

centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación (OPI), que teñen centros de

I+D+i radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia (SUG), co fin de que

este persoal poida realizar actividades que melloren a súa formación así como entrar en

contacto con ambientes de investigación e innovación diferentes, mellorando os seus con-

tactos neste ámbito.

2. Así mesmo, convócanse estas axudas para o ano 2013 en réxime de publicidade,

obxectividade e concorrencia competitiva (código procedemento IN809A).

Artigo 2. Requisitos dos solicitantes e duración máxima da estadía

As bolsas poderán ser solicitadas por investigadores e tecnólogos con contrato en vi-

gor en centros tecnolóxicos de Galicia ou en organismos públicos de Investigación (OPI),

alleos ao SUG, que teñan centros radicados na Comunidade Autónoma nos cales desen-

volve a súa actividade o solicitante.

Cada persoa só poderá solicitar unha estadía de 1 a 6 meses de duración.

Artigo 3. Condicións de aproveitamento

1. As estadías para as que se solicite unha axuda ao abeiro da presente convocatoria

deberán iniciarse en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro do ano 2013 e finalizarse en

data igual ou anterior ao 20 de decembro do ano 2013.

2. Non se poderá realizar suspensión ningunha das estadías.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26674

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 4. Contía das axudas

O importe da axuda comprenderá:

1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de acci-dentes, cunha asignación de 400 euros para estadías en España, Portugal e Andorra, 600 euros para estadías no resto de Europa e de 1.000 euros para estadías no resto do mundo.

2. Unha asignación mensual bruta de:

– Un máximo de 1.200 euros, se a incorporación se produce en España, Portugal ou Andorra.

– Un máximo de 1.500 euros, se a incorporación se produce no resto de países de Eu-ropa, África ou América (excluído Estados Unidos e Canadá).

– Un máximo de 1.900 euros, se a incorporación se produce en Estados Unidos, Cana-dá, Asia ou Oceanía.

En todo caso respectaranse as condicións da Orde TIN/72965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, durante o período de progra-mación 2007-2013, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

Artigo 5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formu-lario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a pre-sentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por cal-quera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das ad-ministracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou na páxina da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.es.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26675

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando cal-quera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

No caso de que algún dos documentos que ten que presentar o/a solicitante, de forma electrónica, superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órga-no responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada pro-cedemento.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cóm-puto, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Artigo 6. Documentación

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberán presentarse os seguintes do-cumentos:

a) Anexo I. Solicitude. No anexo I inclúense as seguintes declaracións responsables:

1) Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26676

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2) Declaración opcional comprometéndose a utilizar a lingua galega en todas as re-lacións que o interesado, como consecuencia desde procedemento, manteña coa Administración autonómica (artigo 20.2.l. da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-cións de Galicia).

3) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias pre-vistas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4) Declaración de non encontrarse incurso en ningunha das prohibicións para a ob-tención da axuda recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5) Declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obri-gas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

6) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-cións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

7) Declaración de que son veraces os datos que se consignan na solicitude relati-vos á conta bancaria en que se efectuará o pagamento das axudas, así como que a persoa solicitante é o seu titular, de conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.

b) Anexo II. A declaración responsable do solicitante de todas as solicitudes efectuadas e concedidas para o mesmo fin por outras administracións ou entes públicos ou privados.

c) Anexo III. Informe de conformidade e certificación de vinculación do/a solicitante (orixinal ou copia compulsada), emitido polo director do centro de investigación a que es-tea vinculado o solicitante.

d) Anexo IV. Autorización da representación.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26677

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

e) Carta de invitación (orixinal ou copia compulsada) do centro onde se vai desenvolver o traballo, debidamente asinada polo responsable deste, na cal deberá constar o seguinte contido:

1) As datas de inicio e fin da estadía: desde (dd/mm/aaaa) ata (dd/mm/aaaa).

2) Deberá acreditarse a autenticidade da carta de invitación con:

– Papel oficial, e

– Selo do centro de realización da estadía.

Polo responsable do centro entenderase o director do centro, director de departamento ou director do grupo en que se integrará o solicitante destas axudas. En calquera caso, a sinatura deberá acompañarse da identificación da persoa que asina a carta de invitación así como do cargo que ocupa.

f) Plan de traballo en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, en que se faga constar:

– Calendario.

– Programa das actividades que se van realizar.

O plan de traballo deberá estar asinado polo interesado, e ter unha extensión de entre 2 e 4 páxinas.

g) Currículo asinado polo solicitante. Indicarase en cada unha das alíneas do modelo oficial de currículo, que figura no enderezo http://gain.xunta.es. No caso de presentación electrónica xuntarase copia dixitalizada (escaneada). A Axencia Galega de Innovación re-serva para si o dereito á consulta, comprobación ou posterior requirimento dos orixinais.

h) Certificación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Co-munidade Autónoma que poderá ser substituída pola declaración responsable do anexo I.

Os anexos I, II, III e IV estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es e na páxina da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.es.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26678

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente ao formulario principal, a persoa interesada deberá achegar o código do procedemento, órgano respon-sable, número de expediente e número ou código único de rexistro.

Artigo 7. Información aos/ás interesados/as

1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código indicado no número 2 do artigo 1 destas bases, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega de Innovación, presencialmente ou a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Axencia Galega de Innovación: http://gain.xunta.es

b) No seguinte teléfono da Axencia Galega de Innovación: 981 54 10 75.

c) No enderezo electrónico: [email protected]

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo https://sede.xunta.es.

2. Así mesmo, para cuestións xerais deste ou doutro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

Artigo 8. Financiamento e concorrencia

Para a concesión destas axudas destinarase un máximo de 950.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.A3.561A.480.0 dos orzamentos para o ano 2013 da Axencia Galega de Innovación.

As axudas concedidas poderán ser financiadas polo FSE, no eixo 3 e tema prioritario 74 do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80 %.

Por isto, os beneficiarios destas axudas deberán cumprir as normas recollidas no Re-gulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1748/1999; as normas de

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26679

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Artigo 9. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante. Polo tanto, o modelo de solicitude inclúe unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións opor-tunas que acrediten a veracidade dos datos ou documentos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para rea-lizar esta operación, estará obrigada a entregar copia compulsada do DNI.

3. De acordo co establecido no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a obriga de presentar a certificación que acredita o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Ad-ministración pública da Comunidade Autónoma poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Ad-ministración pública da Comunidade Autónoma.

4. As solicitudes das persoas interesadas acompañarán os documentos e as informa-cións determinados no artigo 6, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da administración actuante; neste caso a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procede-mento a que corresponda.

No suposto de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente po-derá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formula-ción da proposta de resolución.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26680

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

5. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de

boas prácticas na Administración pública galega, a Axencia Galega de Innovación publica-

rá na súa páxina web a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo

que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario

dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións

previstas nas leis.

6. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do

27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións

da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e

publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como

ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legal-

mente establecidos.

7. A Axencia Galega de Innovación velará polos datos de carácter persoal, que serán

obxecto de tratamento, e para estes efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro

que cumprirá as exixencias da Lei 15/1999, de protección de datos, adoptándose tanto as

medidas de seguridade técnicas como administrativas.

A finalidade da recollida dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do

expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, de transparencia

e de boas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros, no entanto, a Axencia Galega de

Innovación revelaralles ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera

outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e

sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao

caso. Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación,

rectificación e oposición por escrito e achegando identificación suficiente.

8. As solicitudes que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de

beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comi-

sión, do 8 de decembro.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26681

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 10. Instrución do procedemento e tramitación

A instrución do procedemento corresponde á Axencia Galega de Innovación.

1. As unidades da Axencia comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos

establecidos nesta convocatoria.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases regulado-

ras, requirirase mediante anuncio na páxina web da Axencia Galega de Innovación

(http://www.gain.xunta.es) para que:

a) Os interesados e interesadas poidan emendar os erros e falta de documentos indi-

cados, ante a Axencia Galega de Innovación, achegando, de ser o caso, a documentación

necesaria no prazo de 10 días hábiles.

b) Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase

consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse o solicitante para que

achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios

para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes admi-

nistrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á

comisión de valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normati-

va de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria ou que esta non cumpra

os requisitos establecidos, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a

proposta de resolución de non-admisión, en que se indicarán as causas desta.

6. Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa

alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación

da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de

xuño, de subvencións de Galicia.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26682

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 11. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitu-

des de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 12 e emitirá un informe no cal se

concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta. A comisión de

valoración poderá contar co asesoramento de expertos externos.

2. A comisión de valoración estará composta polos seguintes membros (todos eles con

voz e voto):

a) Presidente: o/a director/a da área de financiamento da Axencia Galega de Innovación

ou persoa en quen delegue.

b) Secretario: un funcionario ou funcionaria da Axencia Galega de Innovación.

c) Vogais: tres persoas designadas polo director da Axencia Galega de Innovación.

3. No informe que elabore a comisión de valoración figurarán, de xeito individualizado,

os solicitantes propostos para obter a subvención e a puntuación obtida. Así mesmo, indi-

carase o importe da subvención para cada un deles sen superar o crédito dispoñible.

Artigo 12. Avaliación e selección das solicitudes

A avaliación das solicitudes faraa a comisión de valoración indicada no artigo 11 desta

convocatoria. A comisión deberá valorar os seguintes criterios no currículo e o plan de tra-

ballo.

Criterio Puntuación máxima

Actividades desenvolvidas polo solicitante durante a vixencia do contrato.Valorarase:a) Comunicacións a congresos internacionais: máximo 5 puntos.b) Comunicacións a congresos nacionais: máximo 3 puntos.c) Dirección teses doutoramento: máximo 4 puntos.d) Estadías fóra da Comunidade Autónoma: ata 3 puntos por cada 4 meses de estadías.e) Cursos realizados: máximo 1 punto.f) Docencia impartida: máximo 1 punto.g) Premios: máximo 1 punto.h) Outros: máximo 3 puntos.

25

Artigos xa publicados en revistas de carácter científico-tecnolóxico, patentes, libros ou capítulos de libro. Por cada achega ata un máximo de 5 puntos.Na valoración das publicacións, sempre que sexa posible, a comisión terá en conta o índice de impacto e o percentil en que se atopa a revista en que se publicou o artigo.

25

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26683

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Criterio Puntuación máxima

Capacidade do solicitante para liderar grupos de investigación, medida a partir do financiamento obtido en convocatorias públicas competitivas. Valorarese:a) Contratos de investigación en que figure como responsable directo: máximo 25 puntos/contrato.b) Contratos de investigación en que forme parte do grupo que executa o contrato: máximo 10 puntos/contrato.c) Proxectos de investigación como investigador principal:

- Proxectos internacionais: máximo 20 puntos/proxecto.- Proxectos nacionais: máximo 10 puntos/proxecto.- Outros proxectos: máximo 5 puntos/proxecto.

d) Proxectos de investigación como membro de equipo: máximo 4 puntos/proxecto.

40

Plan de traballo que o solicitante propón realizar durante o período da estadía. 10

Os candidatos serán ordenados por orde decrecente de puntuación. A comisión proporá a concesión das axudas seguindo a dita orde ata esgotar o crédito dispoñible. En caso de empate a comisión daralle prioridade a aqueles solicitantes que se comprometan a utilizar a lingua galega en todas as relacións que o interesado, como consecuencia deste proce-demento, manteña coa Administración autonómica (artigo 20.2.l da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

A comisión poderá elaborar, seguindo o mesmo criterio, unha lista de suplentes para os efectos de posibles renuncias.

Artigo 13. Audiencia

1. Instruído o procedemento e inmediatamente antes de redactar a proposta de re-solución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren perti-nentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 14. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevaralle a proposta de resolución e o informe emitido pola comisión de valoración ao director da Axencia Ga-lega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, o beneficiario, así como a subvención concedida ou, se é caso, a causa de denegación. En ningún caso o importe das subvencións concedidas

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26684

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

poderá superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento establecido nestas bases reguladoras.

No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

2. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convoca-toria será de 5 meses, contados desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no DOG, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) desta lei, a notificación individual de concesión da axuda substituirase pola publicación no DOG e na páxina web http://gain.xunta.es, con indicación da data da convocatoria, do be-neficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 15. Réxime de recursos

Contra a resolución ditada ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os inte-resados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subven-ción e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26685

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. Unha vez ditada a resolución de concesión, o beneficiario poderá solicitar a modifi-cación do seu contido, de concorrer as circunstancias previstas para tales efectos nestas bases reguladoras.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo director da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente ex-pediente que deberá recoller os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o novo Regulamento autonómico que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, para que poida operar a modificación.

Artigo 17. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, unha vez notificada, os solicitantes disporán dun prazo de dez días para a aceptación da axuda, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada, e desde ese momento adquirirán a condición de beneficiarios.

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na web http://gain.xunta.es así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí-dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, a Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de no-vembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Xustificación e pagamento da bolsa

1. Os beneficiarios das bolsas están obrigados a:

a) Comunicar a data de incorporación ao centro de destino mediante certificado de incorporación –orixinal–, segundo modelo normalizado que estará á disposición dos intere-sados na páxina web http://gain.xunta.es.

O informe deberá conter as seguintes características:

1º. A data exacta de inicio (dd/mm/aaaa),

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26686

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2º. Deberá acreditarse a orixe do informe coa utilización de:

– Papel oficial, e

– Selo do centro.

O certificado, debidamente asinado polo responsable do centro de destino, será remiti-do á Axencia Galega de Innovación, no prazo máximo de 15 días desde a data de incorpo-ración ou xunto coa aceptación da bolsa.

Unha vez incorporados ao centro de destino deberán atoparse, en todo momento, en condicións de xustificar o seu labor asiduo no centro.

b) Presentar no prazo máximo de 20 días naturais desde a finalización da estadía, a seguinte documentación sobre o traballo realizado:

1º. Memoria do traballo realizado asinada polo beneficiario da axuda e cunha exten-sión entre 2 e 4 páxinas.

2º. Unha copia dos traballos publicados.

3º. Informe (orixinal ou copia compulsada) asinado polo director do centro de destino sobre o traballo realizado, con indicación expresa do tempo de permanencia no cen-tro, indicando datas de inicio e finalización (dd/mm/aaaa).

A orixe do informe deberá acreditarse coa utilización de:

– Papel oficial, e

– Selo do centro.

4º. Declaración responsable das axudas, tanto solicitadas como concedidas, para este fin (anexo II).

2. Os cambios de centro de destino nas estadías solicitadas serán só admisibles antes da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, e por circunstancias excepcionais que así o aconsellen, tras o informe favorable, en todo caso, dos dous centros afectados, e autorización expresa da Axencia Galega de Innovación.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26687

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

3. En calquera momento a Axencia Galega de Innovación, poderá reclamar:

– Informe do centro receptor sobre o labor realizado polo beneficiario da axuda.

– Xustificantes acreditativos da realización da viaxe (carta de embarque, billete de tren, pasaporte etc.).

4. As bolsas pagaranse mensualmente, quedando pendente a última mensualidade ata a xustificación final da estadía. Poderase realizar o pagamento total da estadía nunha soa vez, se o bolseiro acredita a realización total desta ou un pagamento parcial acumulado que se corresponda coa parte proporcional da estadía realizada.

5. De non determinarse outra data na resolución final de adxudicación, a axuda institu-cional pagarase xunto co primeiro pagamento.

6. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo sen ter presentado a xustificación perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobra-mento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Compatibilidade das axudas

A axuda é incompatible con calquera outra destinada á mesma finalidade. Non obstante, se a axuda non financia a duración total da estadía, será compatible con outra/s, unicamen-te polo período non financiado.

Artigo 20. Publicación dos resultados obtidos

Os resultados obtidos durante o período de aproveitamento da bolsa serán propiedade dos seus autores, que, no caso de facelos públicos, deberán facer constar a axuda recibida da Xunta de Galicia e o seu cofinanciamento con fondos do FSE, e terán que enviarlle á Axencia Galega de Innovación un exemplar da publicación.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26688

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 21. Incidencias

As renuncias que se produzan poderán ser obxecto de substitución pola Axencia Galega de Innovación de acordo coa lista de reserva, se a houber sempre que se produzan con data límite do 30 de setembro.

A Axencia Galega de Innovación resolverá todas as dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

Artigo 22. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de sub-vencións de Galicia, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regu-lamento de desenvolvemento, así como daquelas outras específicas que se indiquen nos correspondentes anexos desta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do disposto nesta convocatoria quedan obrigados a:

1. Cumprir cos obxectivos da axuda que se lle conceda, así como cos compromi-sos asumidos e acreditar a realización da actividade subvencionada. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento, e/ou, se é o caso, procederase ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e aos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para isto, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no título V do Decreto 11/2009.

Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

2. Facilitar toda información que lles sexa requirida pola Axencia Galega de Innovación, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26689

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

3. Someterse ás actuacións de supervisión e control dos órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, do Fondo Social Europeo, da unidade adminis-tradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, para realizar as comprobacións e verificacións que se consideren precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicar a Axencia Galega de Innovación, no momento en que se sexan be-neficiarios, calquera axuda concedida para o mesmo fin, así como o seu importe e duración.

5. Os beneficiarios deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo.

6. Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financia-mento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto no Regula-mento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvol-vemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión.

Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das interven-cións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013 que pode consultarse na páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se apro-ba o Regulamento da Lei 9/2007, no Marco comunitario sobre axudas estatais de inves-tigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, do 30 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26690

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Disposición adicional primeira

As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos de-riven da súa aplicación poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición adicional segunda. Tramitación

A revisión dos expedientes desta convocatoria poderá ser realizada pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, de acordo co establecido na encomenda de xestión para o ano 2013 realizada pola Axencia Galega de Innovación á dita entidade.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2013

Manuel Varela Rey Director da Axencia Galega de Innovación

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26691

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I

PROCEDEMENTO

BOLSAS PARA ESTADÍAS FORA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

IN809ADOCUMENTO

SOLICITUDE

DATOS DA PERSOA SOLICITANTENOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito),

NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

DATOS BANCARIOS

Declaro baixo a miña responsabilidade que son certos os datos consignados relativos á conta bancaria indicada.

TITULAR DA CONTA NÚMERO DA CONTA BANCARIA (20 DÍXITOS)

DATOS ACADÉMICOSTITULACIÓN ACADÉMICA DATA DA LECTURA DA TESE

SITUACIÓN PROFESIONAL ACTUALORGANISMO

CENTRO

DATOS DA BOLSA QUE SOLICITACENTRO DE DESTINO LOCALIDADE PAÍS

DATA DE INICIO DA ESTADÍA (dia/mes/ano) DATA FINALIZACIÓN DA ESTADÍA (dia/mes/ano) DURACIÓN DA ESTADÍA (meses)

TÍTULO DO PROXECTO QUE SE VAI DESENVOLVER

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26692

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I (continuación)

DECLARACIÓNS RESPONSABLESQue todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Comprométese a utilizar a lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

Non estar incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Non atoparse incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da axuda recollida no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

DOCUMENTACIÓN QUE O SOLICITANTE PRESENTA OU DECLARA ESTAR EN PODER DA CONSELLERÍA

PRESENTADO CÓD. PROC. EXPTE. ANO

Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

Carta de invitación do centro onde se vai desenvolver o traballo.

Plan de traballo.

Currículo.

Certificación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma que poderá ser substituída pola declaración responsable deste anexo.

Autorizo a Axencia Galega de Innovación, de conformidade co artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012, pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, á consulta da documentación indicada anteriormente. Así mesmo, declaro que a devandita documentación se mantén vixente na actualidade e que non transcorreron máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponden.

Autorizo a Axencia Galega de Innovación, para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

SI NON

Autorizo a Axencia Galega de Innovación, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade do solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Axencia Galega de Innovación publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar como responsable do ficheiro.

LEXISLACIÓN APLICABLEResolución do 18 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para estadías correspondentes a investigadores e tecnólogos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia, ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Axencia Galega de Innovación

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26693

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO II

DECLARACIÓNS RESPONSABLES

DATOS DA PERSOA SOLICITANTENOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN,NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DECLARAQue non solicitou e non se lle concederon axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, autonómicos, estatais, da Unión Europea ou de organismos Internacionais

Que solicitou e se lle concederon (ou se está pendente de resolución de concesión), axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, autonómicos, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, como se indica a continuación:

Denominación do organismo, sociedade ou entidade pública ou privada á cal foi solicitada a axuda

Data de solicitude

Data de concesión (1) Importe

(1) No caso de estar pendente a resolución dalgunha solicitude, indicarase PENDENTE nesta columna. No caso de solicitudes denegadas farase constar como DENEGADA.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26694

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO III

INFORME DE CONFORMIDADE E CERTIFICACIÓN DE VINCULACIÓN DO CENTRO DE INVESTIGACIÓN A QUE ESTÁ VINCULADA A PERSOA

SOLICITANTE DE AXUDAS PARA ESTADÍAS DE INVESTIGACIÓN EN CENTROS DE FÓRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

ENTIDADERAZÓN SOCIAL NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN,NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

FAI CONSTAR QUE

D./Dna.      

con NIF      , asinante dunha solicitude de bolsa para estadías de investigación fóra de Galicia convocada por Resolución da

Axencia Galega de Innovación do 18 de xuño de 2013 (DOG ___, do __ de _________ de ____):

1. Conta coa autorización pertinente para levar a cabo a estadía de investigación que a seguir se describe:

NOME DO CENTRO DE DESTINO ORGANISMO

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO

LOCALIDADE PAÍS

DATA DE ACORDO DO ÓRGANO CORRESPONDENTE DATA DE INICIO DA ESTADÍA DATA DE FINALIZACIÓN

2. Mantén con este organismo/institución, en servizo activo e xornada completa, a vinculación que a seguir se describe: (indicar datas de

inicio e fin, de ser o caso).

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5

DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26695

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO IV

AUTORIZACIÓN DE REPRESENTACIÓN

DATOS DA PERSOA SOLICITANTENOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

AUTORIZO A:NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Para que exerza a miña representación ante a Xunta de Galicia para a tramitación do procedemento:

CÓDIGO DESCRICIÓN

Mediante a sinatura do presente documento, a persoa solicitante concede a súa representación para a tramitación do procedemento sinalado e a persoa autorizada acepta a súa representación, respondendo ambas da autenticidade da sinatura.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE

Lugar e data

, de de

SINATURA DA PERSOA AUTORIZADA

CV

E-D

OG

: hza

4wra

0-fru

7-oq

s1-k

wy5

-v1v

85w

q1bf

s5