boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos...

9
boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL Boletín nº3: 3 de decembro 2019 ACTIVIDADES - Proxección de "Esquece Monelos". Fórum Metropolitano - Festival AnimAcción 2019. Fórum Metropolitano e CGAI - Ciclo "NEXOS. O son e a palabra". Fundación Luis Seoane - ReaLes. Visibilidade da realidade das mulleres lesbianas”. Fundación Luis Seoane: - Charla-taller sobre sexo seguro. Espazo Diverso - Día Internacional das Montañas. AMI, Asociación de Montañeros Independentes - “Double Header” de roller derby. Club deportivo As Brigantias - VII Travesía a nado benéfica "Dos Inocentes". Club de Regatas Salgado-Perillo - Axenda de concertos semanal na Coruña CURSOS - Talleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais. Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación CONCURSOS - XV Concurso de Carteis para anunciar Teatrofilia 2020. Asociación Cultural Papaventos - 2º Premio Laudamuco para textos teatrais 2020. Concello de Brión VARIOS - Unitour. Salón de Orientación Universitaria 2019. PALEXCO

Transcript of boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos...

Page 1: boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL Boletín nº3: 3 de decembro 2019

ACTIVIDADES - Proxección de "Esquece Monelos". Fórum Metropolitano - Festival AnimAcción 2019. Fórum Metropolitano e CGAI - Ciclo "NEXOS. O son e a palabra". Fundación Luis Seoane - “ReaLes. Visibilidade da realidade das mulleres lesbianas”. Fundación Luis Seoane: - Charla-taller sobre sexo seguro. Espazo Diverso - Día Internacional das Montañas. AMI, Asociación de Montañeros Independentes - “Double Header” de roller derby. Club deportivo As Brigantias - VII Travesía a nado benéfica "Dos Inocentes". Club de Regatas Salgado-Perillo - Axenda de concertos semanal na Coruña

CURSOS - Talleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais. Concellaría de Igualdade, Benestar Social e

Participación

CONCURSOS - XV Concurso de Carteis para anunciar Teatrofilia 2020. Asociación Cultural Papaventos - 2º Premio Laudamuco para textos teatrais 2020. Concello de Brión

VARIOS - Unitour. Salón de Orientación Universitaria 2019. PALEXCO

Page 2: boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Proxección de "Esquece Monelos"

A Asociación de Veciños Oza Gaiteira Os Castros proxecta no Fórum Metropolitano "Esquece Monelos" de Ángeles Huerta, un documental que foi galardoado con 3 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual: mellor documental, mellor fotografía e mellor montaxe

O documental válese da desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre como se perde a memoria dos lugares e das súas xentes. Un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida mesma de quen conta a historia. Un retrato colectivo que fala dos medos e inquedanzas que acompañan o avance inexorable do tempo. CANDO: 09/12/2019 HORARIO: 19.00 h PREZO: entrada gratuita ata completar a capacidade

LUGAR / INFORMACIÓN: Fórum Metropolitano C/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 correo-e: [email protected] www.facebook.com/ForumMetro www.coruna.gal/cultura

WEB: http://esquecemonelos.com

Festival AnimAcción 2019 A Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome organiza un ano máis o Festival de Curtametraxes de Animación "AnimAcción", un dos proxectos artísticos da entidade co que queren mostrar o potencial artístico de toda unha nova xeración de animadores.As curtametraxes que se proxectarán foron os seleccionados das/vos participantes no "Concurso de Curtametraxes AnimaAcción 2019": 15 artistas de animación procedentes de España, Bélxica, Arxentina, Francia, Portugal e Países Baixos. CANDO: do 12/12/2019 ao 14/12/2019 HORARIOS e LUGARES:

12 de decembro ás 20.00 h.: Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano (C/ Río Monelos, 1. 15006 - A Coruña)

13 de decembro ás Biblioteca Rego da Balsa de Carballo (R/ Bos Aires, s/n. 15100 - A Coruña)

14 de decembro ás 18.00 h.: CGAI (R/ Durán Loriga, 10. 15003 - A Coruña)

Os artistas animadores acudirán aos actos e despois das proxeccións abrirase unha charla entre artistas e público A curtametraxe gañadora desta 3º edición proclamarase cos votos dos espectadores

PREZO: entrada gratuíta ata completar capacidade MÁIS INFORMACION: Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome correo-e:[email protected] www.facebook.com/senanimodenome

Page 3: boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Ciclo "NEXOS. O son e a palabra"

A Fundación Luis Seoane organiza NEXOS, un ciclo de diálogos musicais ao redor das confluencias entre a música e a arte contemporáneas dirixido e coordinado polo compositor Hugo Gómez-Chao e a Asociación Cultural Aïs.

1ª sesión o sábado 7 de decembro, coa participación dos poetas Carlos Catena Cózar, Alba Cid, Claudia González Caparrós e Yolanda Castaño, como moderadora, e o violinista Florian Vlashi, a violonchelista Ruslana Prokopenko e a soprano Clara Jelihovschi Panas que interpretarán, en estrea, tres obras dos compositores Federico Mosquera Martínez, Xesús Xosé Iglesias González e Hugo Gómez-Chao Porta

CANDO: 1ª sesión o 7 de decembro de 2019

HORARIO: 20.00 h.

PREZO: entrada gratuíta ata completar capacidade

LUGAR / INFORMACIÓN: Fundación Luis Seoane San Francisco, 27 (15001 - A Coruña) Tel.: 981 216 015 correo-e: [email protected] Web: https://fundacionluisseoane.gal

ReaLes. Visibilidade da realidade das mulleres lesbianas

A Asociación “Les-Coruña” presentou en novembro o ciclo ReaLes sobre a visibilidade das mulleres lesbianas e o próximo 14 de decembro celebra a última actividade do programa, pero a exposición itinerante “Piedras. Mulleres sen armarios” aínda se poderá visitar do 10 ao 16 de decembro na Praza de Lugo.

CANDO: 14 de decembro

HORARIO e LUGAR:

ás 20.00 h. na Fundación Luis Seoane: proxección do documental "Lesbofobia" e debate posterior con Inés Tarradellas, directora do documental, e Montse Pineda, coordinadora de Creación Positiva

ás 23:00 h. na Sala Mardigras: concerto de "Las Antonias"

PREZO: gratuíto

MÁIS INFORMACIÓN: Asociación Les Coruña Correo-e: [email protected] www.facebook.com/LesCoruna/

Charla-taller sobre sexo seguro

O Espazo Municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero, Espazo Diverso, organiza a charla-obradoiro sobre sexo seguro “Sexo Seguro, todo o que quixeches saber e que nunca preguntaches”.

As persoas que teñan algún tipo de necesidade específica para poder participar na actividade, contacta co Espazo Diverso cun mínimo de 48h antes do evento.

CANDO: 05/12/2019

HORARIO: ás 18.00h.

PREZO: acceso gratuito

LUGAR / INFORMACIÓN: Espazo Diverso CC. Cidade Vella. R/ Veeduría, 2 (15001- A Coruña) Tlf.. 981 189 889 / 981 189 885 [email protected] Web: www.coruna.gal/igualdade

Page 4: boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Día Internacional das Montañas

A Asociación de Montañeros Independientes (AMI) celebra o próximo 11 de decembro o Día Internacional das Montañas organizando unha ruta pola Torre de Hércules e o seu parque escultórico destinada a público de todas as idades

CANDO: 11/12/2019

HORARIO: saída ás 10.00 h.

LUGAR: saída da Casa dos Peixes e chegada á Praza de María Pita

REQUISITOS:

actividade aberta para todas as idades

incrición previa enviando correo-e a [email protected]

PREZO: gratuito

MÁIS INFORMACIÓN: Asociación de Montañeros Independientes (AMI) Rúa Padre Sarmiento, 8 baixo (15005 - A Coruña) correo-e: [email protected] www.facebook.com/amimontanismo

“Double Header” de roller derby O Club deportivo As Brigantias Roller Derby A Coruña organiza no Pavillón de Monte Alto dous encontros consecutivos (“Double Header”) do deporte de contacto orixinario de EEUU, o roller derby

CANDO: 14/12/2019

HORARIO

17.00 h. As Brigantias Roller Derby A Coruña VS. Black Thuders Derby Dames Madrid

19.00 h La Güestia Roller Derby Asturies VS. As Brigantias Roller Derby A Coruña

LUGAR: Pavillón de Monte Alto R/ Alcalde Sanjurjo, 4A (15002- A Coruña)

PREZO: gratuito

MÁIS INFORMACIÓN: As Brigantias Roller Derby A Coruña Correo-e: [email protected] www.facebook.com/As.Brigantias.Roller.Derby/

VII Travesía a nado benéfica "Dos Inocentes"

O Club de Regatas Salgado-Perillo organiza para o 28 de decembro, día dos Inocentes, unha travesía a nado benéfica no que todo o recaudado donarase integramente á ONG Solidariedade Galega. A distancia total serán 1900 m. nas categorías absoluta masculina, absoluta femenina, ou equipo mixto

CANDO: 28/12/2019

INSCRIPCIÓNS: ata o 25/12/2019 en https://championchipnorte.com

HORARIO: ás 11:30 h (*entrega de chips e gorros: de 10:15 a 11:00 h. no do Club de Regatas Perillo)

LUGAR: saída e chegada: Praia de Santa Cristina (Oleiros)

REQUISITOS:

A idade mínima para participar será de 18 anos.

Inscrición e sinatura dun "compromiso de seguridade"

PREZO: donativo de 6 €

MÁIS INFORMACIÓN: Club de Regatas Salgado-Perillo Avenida das Américas 33 (Santa Cristina). Perillo - Oleiros correo-e: [email protected] WEB: https://championchipnorte.com

Page 5: boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Axenda de concertos na Coruña

Programación de concertos desta semana nas salas de concentos e outros espazos da cidade Centro Ágora. Lugar da Gramela, 17 (15010-A Coruña) http://www.coruna.gal/agora sábado 7 ás 19.00 h.: XUNTANZA DE ACORDEONISTAS NADAL 2019. Entradas: gratis mércores 11 ás 17.00 h.: RECITAL DE PANXOLIÑAS. Entradas: gratis

Coliseum. R/ Francisco Pérez Carballo 2 (15008 - A Coruña) www.coruna.gal/cultura xoves 5 ás 22.000 h.: MAREA. Entradas: de 25€ a 29€

Playa Club. Plataforma de Riazor s/n (15011 - A Coruña) http://playaclub.club/programacion xoves 5 ás 22.30 h.: LE SUIT BAND. Entradas: 9€/12€

Sala Mardi Gras. Travesía da Torre, 8 (15002-A Coruña) www.facebook.com/salamardigras xoves 5 ás 23.00 h.: EXIT. Entradas: gratis venres 6 ás 22.00 h.: 25º aniversario Rock Bravú, RASTREROS + BANDA XANGAI. Entradas: 8€/10€ sábado 7 ás 22.00 h.: J. TEIXI BAND + DAVID EL CUERDAS & K´LANADRAKERS. Entradas: 10€/12€

Bâbâ Bar. R/ Pérez Cepeda, 23 (15004 - A Coruña) www.facebook.com/baba.bar.7 xoves 5 a las 22.00 h.: DELITO JAZZ. Entradas: 5€ venres 6 a las 22.00 h.: FADO. Entradas: 6€ sábado 7 a las 22.00 h.: ANDREA & THE BLACK CATS. Entradas: 8€ mércores 11 a las 21.00 h.: RUPATRUPA. Entradas: sen determinar

Sala Garufa Club. R/ Riazor, 5 (15004-A Coruña) www.facebook.com/SalaGarufaClub xoves 5 ás 22.30 h.: ALMAS DE CÁNTARO. Entradas: 7€ venres 6 ás 22.00 h.: CHEKAN + MACHETA + TACODJAKI. Entradas: 8€/10€ sábado 7 ás 23.00 h.: SAOCO. Entradas: 8€ domingo 8 ás 21:00 h.: FÉLIX SLIM. Entradas: 8€

Jazz Filloa. R/ Cega, s/n (15003 – A Coruña) www.facebook.com/Filloa-Jazz-Club mércores 4, pases ás 22.00 e 23.00 h: PAUL ALVAREZ PROJECT. Entrada: 8€ mércores 11, pases ás 22.00 e 23.00 h: MARCOS PIN TRÍO. Entrada: 8€

Sala Pelícano. Avda. do Porto, 3 (15003 – A Coruña) https://salapelicano.com xoves 5 ás 23.30 h.: GIGI D’AGOSTINO. Entradas: desde 20€

Page 6: boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix BOLSAS

Bolsas iEduex 2020. Ano Escolar en USA

iEduex, axencia especializada en Educación Internacional, pon en marcha a 4ª edición do Programa de Bolsas parciais iEduex USA 2020, co obxectivo de axudar a novos estudantes interesados en cursar un Ano Escolar nos Estados Unidos nun High School Público. INSCRICIÓNS: ata o 15/05/2020 a través do no formulario de inscrición dispoñible na web https://ieduex.com/programa-becas, achegando un certificado ou boletín das notas do curso 2018/2019 emitido polo centro escolar a través da páxina

REQUISITOS:

Ter polo menos 14 anos e medio e máximo 18 anos e medio antes do comezo do programa escolar nos EEUU

Non terán rematado os estudos de secundaria.

Ter unha nota media mínima de 6 no curso 2018/2019

Non ter gozado anteriormente dun programa con visado de intercambio J1 nos EEUU

Cumprimentar o formulario de inscrición das bolsas achegando a documentación requerida durante o período de inscrición da convocatoria

DOTACIÓN: en función desta nota media aplicarase a seguinte escala de bolsa ou desconto no programa:

a) Bolsa completa: 3.000 € para notas medias superior a 8 b) Bolsa parcial: 2.000 € para notas medias de 7 a 7,9 c) Bolsa parcial: 1.500 € para notas medias de 6 a 6,9 MÁIS INFORMACIÓN: iEduex, International Education Exchange C/ Felipe IV, 3-3ºI. (28014- Madrid) Tel. 91 297 99 02 correo-e: [email protected] web: www.ieduex.com

*DOCUMENTO: Bases Bolsas iEduex USA 2020. pdf

Page 7: boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix CURSOS

Talleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais

Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres que complementan a programación de Nadal 2019 da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación. Ademais de talleres infantís e familiares, impartiranse os seguintes talleres para persoas a partir de 16 anos: - Elaboración do álbum de Nadal: scrapbooking - Elaboración de adornos do Nadal - Elaboración de velas do Nadal

CANDO e ONDE:

Taller de álbum de Nadal: scrapbooking

16/12/2019 no CCM San Diego: inscricións desde o 9 de decembro

17/12/2019 no CCM Eirís: inscricións desde o 10 de decembro (+18 anos)

17/12/2019 no CCM Pescadores: inscricións desde o 9 de decembro

19/12/2019 no CCM Cidade Vella: inscricións desde o 9 de decembro (+18 anos)

20/12/2019 no CCM Novoboandanza: inscricións desde o 12 de decembro

23/12/2019 no CCM Labañou: inscricións desde o 9 de decembro

Taller de elaboración de adornos do Nadal

16/12/2019 no CCM Feans: inscricións desde o 9 de decembro

17/12/2019 no CCM Artesáns: inscricións desde o 9 de decembro

17/12/2019 no CCM Sagrada Familia: inscricións desde o 9 de decembro

18/12/2019 no CCM A Silva: inscricións desde o 9 de decembro

Taller de elaboración de velas do Nadal

17/12/2019 no CCM Monelos: inscricións desde o 9 de decembro

17/12/2019 no CCM Os Rosales: inscricións desde o 9 de decembro

18/12/2019 no CCM Monte Alto: inscricións desde o 9 de decembro (+18 anos)

19/12/2019 no CCM Castrillón: inscricións desde o 4 de decembro

INSCRICIÓN: en cada Centro Cívico a partir das datas indicadas para cada un (as prazas asignaranse por orde de inscrición)

REQUISITOS: cumprir a idade indicada para cada taller (16 anos ou 18 anos)

PREZO: gratuito

MÁIS INFORMACIÓN Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Rede de Centros Cívicos Municipais Tel. de información cidadá: 010 Web: www.coruna.gal/serviciossociales

Page 8: boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix CONCURSOS

XV Concurso de Carteis para anunciar Teatrofilia 2020 A Asociación Cultural Papaventos convoca o XV Concurso de Carteis para seleccionar a imaxe que representará a XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra - Teatrofilia 2020, que se celebrará entre os meses de marzo e abril de 2020.

INSCRICIÓNS: ata o 09/01/2020

REQUISITOS:

Poderán presentarse todas as persoas que o desexen, agás os membros da A.C Papaventos e familiares directos. Cada participante poderá presentar un máximo de 2 obras.

Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema. O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm). A técnica será libre (pictórica, fotográfica, informática, etc.).

Os/as creadores/as dos carteis serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.

No cartel figurará rotulado: Teatrofilia - XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra. É obrigatorio empregar a tipografía "Alba" para a palabra Teatrofilia (pódese descargar en www.fontreactor.com)

Os traballos presentaranse na Casa do Concello de Vedra ou por correo postal á A.C. Papaventos

DOTACIÓN: - 250 € para o 1º premio - Cada participante obterá un bono para a vindeira edición de Teatrofilia

MÁIS INFORMACIÓN: Asociación Cultural Papaventos - Andaravía Teatro Rúa da Boca, 9 (15885 – Vedra, A Coruña) Tel.: 686 181 861 / 680 349 537 Correo-e: [email protected] Web: http://asociacionpapaventos.blogspot.com

*DOCUMENTO: Bases completas (234 KB)

2º Premio Laudamuco para textos teatrais 2020 Coa intención de estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega e contribuír ao recoñecemento de Vidal Bolaño, o Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca, o II Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2020.

INSCRICIÓNS: ata o 14/02/2020

REQUISITOS:

Autoras/es de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada, escrita en lingua galega. O tema e a extensión da obra será libre.

De cada obra presentaranse 5 copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Casa da Cultura de Brión. Deberase indicar no exterior do sobre "II Premio Laudamuco para Textos Teatrais, 2020". Nun sobre anexo pechado deberá figurar, no exterior, o lema e conter, no interior, os datos persoais da autora ou autor: nome, apelidos, DNI, enderezo postal, número de teléfono, correo-e e currículo do/a autor/a

DOTACIÓN: 7.000 € e edición da obra en Edicións Positivas

MÁIS INFORMACIÓN: Casa da Cultura de Brión Carballeira de Santa Minia, 5 (15865 – Brión) Tel.: 981 50 99 08 Correo-e: [email protected] Web: www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes

PUBLICACIÓN: BOP 19/11/2019

Page 9: boletín semanal de convocatorias ºboletín (1).pdfTalleres de Nadal nos Centros Cívicos Municipais Os centros cívicos municipais ofertaran desde o 15 de decembro diversos talleres

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix VARIOS

Unitour. Salón de Orientación Universitaria 2019

Círculo Formación organiza unha nova edición de UNITOUR en PALEXCO, onde as diferentes universidades ou escolas participantes informarán e orientarán acerca da súa oferta académica. CENTROS PARTICIPANTES: Blanquerna-URL Centro Superior de Hostelería de Galicia Centro Universitario de Artes TAI CESUGA - Centros de Estudios Superiores Universitarios de Galicia CUNEF ESADE - Business & Law School Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de Cataluña ESIC Business & Marketing School ESNE - Escuela Universitaria de Diseño, Innovación y Tecnología IE University IEB IED Barcelona IED Istituto Europeo di Design IESIDE - Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa ISDE GRADO S.L. LCI Barcelona, Escuela Superior Oficial de Diseño CANDO: 18 de decembro de 2019

HORARIO: de 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 horas

LUGAR: PALEXCO Peirao de Transatlánticos s/n. (15003 - A Coruña)

PREZO: acceso gratuito

REQUISITOS:

CENTROS EDUCATIVOS - CON CITA PREVIA: as/os orientadoras/es e profesoras/es que queiran asistir co seu alumnado e recibir unha atención máis personalizada poderán reservar cita previa por correo-e a [email protected] ou por teléfono no 955 98 45 78 ou 913 52 77 45

ESTUDANTES e FAMILIAS: poden asistir durante todo o día, sen necesidade de pedir cita, para informarse de todo o que desexen

MÁIS INFORMACIÓN: Círculo Formación Vía de las Dos Castillas, 13 28224 - Pozuelo de Alarcón (Madrid) Tel: 913 527 745 correo-e: [email protected] WEB: www.unitour.es

Les Roches Global Hospitality Management L´IDEM Barcelona Francia Saint Louis University Spain S.A. U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital UIC Barcelona Universidad Alfonso X El Sabio Universidad Complutense de Madrid Universidad de Deusto Universidad de Navarra Universidad Europea de Madrid Universidad Europea del Atlántico Universidad Europea Miguel de Cervantes Universidad Francisco de Vitoria Universidad Nebrija Universidad Pontificia Comillas ICAI-ICADE Universidad Pontificia de Salamanca Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Universitat Pompeu Fabra Barcelona