Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga...

20
Nº 22 Xuño 2008 Boletín Biblioteca A3P Contidos A auga: refráns 2 Expresións latinas referi- das a auga 3 Sobre a auga dixeron ... 4 As aves á beira dos ríos 5 Os lectores opinan 11 Os nosos creadores 15 Libros recomendados 17 Recanto de economía 19 O curruncho do enxeño 20 http://bibliotecaa3p.blogspot.com/ Beatriz González López– Bib. IES Río Cabe—2008 Os camiños, os matos montesíos, os garridos ensoños, os lindeiros, os cantos saudosos, os resíos, os cómaros, os pinos, os regueiros: as promesas, os trunfos, os desvíos, as doces esperanzas, os sendeiros; todo me dá suidades e triganzas, todo me trae punxentes memorandas. Eduardo Pondal

Transcript of Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga...

Page 1: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Nº 22 Xuño 2008

Boletín Biblioteca A3P

Contidos

A auga: refráns 2

Expresións latinas referi-das a auga

3

Sobre a auga dixeron ... 4

As aves á beira dos ríos 5

Os lectores opinan 11

Os nosos creadores 15

Libros recomendados 17

Recanto de economía 19

O curruncho do enxeño 20 http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

Beatriz González López– Bib. IES Río Cabe—2008

Os camiños, os matos montesíos,

os garridos ensoños, os lindeiros,

os cantos saudosos, os resíos,

os cómaros, os pinos, os regueiros:

as promesas, os trunfos, os desvíos,

as doces esperanzas, os sendeiros;

todo me dá suidades e triganzas,

todo me trae punxentes memorandas.

Eduardo Pondal

Page 2: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 2 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

Refráns

David Fernández de la Cruz Carlos Blanco Bellas Javier Varela Outeiro Alberto Vilariño Suárez

1º ESO En maio auga para o galo e para o cabalo.

Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente.

En xaneiro auga para o carneiro.

En febreiro auga para o mineiro.

En marzo auga para o garavanzo.

En abril augas mil.

Auga de por maio , pan para todo o ano.

Auga por san Xoán quita viño e non da pan.

Auga en agosto mel e mosto.

Setembro seca as fontes ou leva as pontes.

En outubro auga para a lumbre.

En novembro auga para sempre.

En decembro auga para o que semente.

A río revolto ganancia de pescadores.

De augas mansas deus nos libre.

Non chega o sangue ao río.

Nunca digas, desta auga non beberei

A auga como o rei e o viño como boi.

Non bebas augas que non vexas e non fir-mes cartas que non leas.

Algo terá a auga cando a bendicen.

A auga non enferma nin emboba a quen a beba.

De auga verquida ningunha recollida.

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

A AUGA

Page 3: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 3 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

Aqua profluens iure naturali communis est: A auga corrente, por dereito natural, é común a todos.

Aqua regia: Auga rexia (mezcla de ácido nítrico e clorhídrico).

Aquam dare: Dar a auga/conceder a pala-bra. (Tempo en Roma que se lle daba a un orador para o seu discurso,porque o tempo medíase coa clepsidra ou reloxio de auga).

Aquam perdere: Perder a auga. Empregar mal o tempo.(Dicíase dos oradores anterior-

mente mencionados, que desperdiciaban o seu tem-po).

Bibe aquam de cisterna tua et fluenta putei tui: Be-be a auga da túa cisterna e os raudales do teu pozo.( Imaxe bíblica que reco-menda honrar á esposa e non ir con prostitutas).

Alter remus aquas, alter tibi radat arenas: Que un

remo permaneza na auga e outro roce a ri-beira.(Modo para indicar que se debe ter discreción).

Aqua vitae: A auga da vida. Término da al-quimia para designar o alcol sen refinar e o mercurio. (Tamén é o whisky e o coñac).

Aquarium: Acuario (depósitos de auga on-de estaban animais vivos e vexetais acuáti-cos).

Borja López Santos

Rodrigo Pena Barbeito

Miguel Sánchez Gómez

1º Bacharelato

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

Mari aquam addere: agregar agua ao mar; úsase para indicar que algo é irracional, inú-til ou disparatado.

Portio agri videtur aqua viva: o manantial consideráse parte da finca; xuridicamente o manantial, que é a fonte de onde brota natu-ralmente a auga, neste caso é de carácter privado.

A puro fonte defluit aqua pura: De boa fon-te, boa auga corrente.

Ad mensuram aquam bibit, citra mensu-ram panem comedit: Apro-veita o farelo e desperdicia a fariña.

Aqua turbida piscosior est: Na auga turbia hai bon pes-car.

Aquae furtivae dulciores sunt, et panis absconditus suavis : As augas roubadas son máis doces, e o pan to-mado a escondidas é máis sabroso.

Aquam e pumice postulare :Querer tirar auga da pedra.

Aquas cineri infundere: Á casa queimada, acudir con auga.

Aqua et panis est vita canis: Auga e pan son a vida do can (indica unha vida de po-breza).

Aqua fortis: Auga forte (é o ácido nitrico).

Expresións latinas referidas a auga

Page 4: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 4 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

Toma consello no viño, pero decide despois coa auga.

Benjamín Franklin

Cando bebas auga, lembra a fonte.

Proverbio chinés

Estou baixo a auga e os latidos do meu corazón producen círculos na superfi-cie.

Milan Kundera

Vento do leste,auga como a peste. Refrán río platense Cada quen quere levar a auga ao seu muíño A auga asume todas as formas sen por iso perder a súa pureza .

Anónimo.

Nada hai tan brando coma a auga. Pero nada hai que a supere contra o duro. Lao Tsé Algo terá a auga cando a bendicen . Orixe xeográfico México

A palabra auga non molla.

Alan Watt

SOBRE A AUGA DIXERON ...

Citas famosas 1º ESO B

A auga desgasta a pedra.

Libro de Job, XIV

A auga é o vehículo da natureza.

Leonardo da Vinci

Pódese levar un cabalo a auga,pero non obrigalo a beber.

Atribuído a John Maynard Keynes

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

Ángel Miranda

3º ESO B

Page 5: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

Páxina 5

Javier Varela Outeiro

Alberto Vilariño Suárez

David Fernández de la Cruz

Carlos Blanco Bellas

1º ESO

PIMPÍN COMÚN

Este paxaro atopámolo practicamente en calque-ra lugar de Galicia: fra-gas, xardíns, soutos, te-rras de cultivo, etc.

Realmente é moi esvelto e conta cunha co-loración marabillosa.

É do tamaño dun pardal.

A femia é distinta do macho, é máis parda.

PETO REAL

É un paxaro abondoso en Galicia. O seu hábitat son os bosques incluíndo os bosques de ribeira ou fluviais.

Cría en buracos de árbores, en principio pinos e bidueiros, pero tamén utiliza ou-tros.

Non é doado de observar, pero si de escoi-tar cando fai o niño.

TORDO GALEGO

É un paxaro abondoso en Galicia.

O seu hábitat son as lago-as e cursos fluviais no verán. No inverno en zonas de arboleda. Aliméntase de caracois que escacha co pico. Tamén de froitos como o capudre, etc.

MERLO

O merlo é moi abondo-so en Galicia.

Alegra moito os campos onde habita, xa que ten un canto variado e agradable. É doado distinguir a un merlo dun corvo, o merlo ten o peteiro distinto, é máis estilizado, máis pequeno e canta mara-billosamente.

PAPUXA MONTEXA

É un paxaro abondoso en Galicia. É pequeno. É moi esquivo e difícil de ver, máis doado de

oír.

Ten un rabo moi longo e a cabeza un pouco alborotada.

Frecuenta moito as xesteiras, toxeiras e quei-rogais.

Ten uns ollos que resaltan moito.

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

AS AVES Á BEIRA DOS RÍOS

Page 6: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 6 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

RULA

Esta é unha ave que practicamente visita Galicia dende abril ata

setembro, dende 1980 está en diminución, no sei as causas.

Habita en monte baixo, arbustos e mesmo bosques para aniñar.

PARDAL COMÚN

O pardal é unha ave abondosa en Galicia.

Probablemente sexa a ave máis coñecida en Galicia. ¿ Quen non viu un pardal na súa vida?.

É doado atopalo na cidade, no campo, nas zonas de cultivo, parques e xardíns.

Nas zonas montañosas é máis difícil velo.

ESTORNIÑO NEGRO

Famoso en Galicia xa que está moi espallado por toda ela.

É doado atopalo no cam-po, nas zonas de cultivo, parques e xardíns, por suposto tamén nas cidades. Nas zonas montañosas é máis difícil velo.

Famoso o seu voo en grupo que semella un ballet, compoñen figuras espectaculares, ver algunhas nesta mesma ficha.

BUBELA

Esta é unha ave que se deixa ver moito en Gali-

cia, sobre todo na Galicia sur. É moi doada de identificar xa que ten unha coloración moi característica, ás moi anchas, un peteiro como un día sen pan e unha crista rechamante, eréctil, como se po-de ver na fotografía.

Por riba ten un voo tamén moi característico, xa que é moi baixo e cun batido moi irregu-lar das ás. Parece unha bolboreta.

XÍLGARO

Esta é unha ave abon-dosa en Ourense preto dos ríos. Aliméntase

preferentemente con sementes de bidueiros e ameneiros.

No verán andan pola costa comendo semen-tes de cardo. No inverno e primavera vense no interior.

POMBO TORCAZ

Esta pomba atópase en todo o territorio gale-go; é bastante común.

Cría ata 1500 m. de altitude e atópase onde hai prados alternando con terreos de cultivos intercalados.

Tamén se pode atopar en alamedas e xar-díns. Aliméntase de millo, sementes de gra-míneas, miñocas, caracois e insectos.

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

Page 7: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 7 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

PEGA Estas aves abondan moito ultimamente en Galicia. En tódolos lu-gares.

En Ourense, a beira do río, é moi abondosa. Comen de todo e hoxe non teñen depredadores. Tamén se ven moi-to nas cidades...perderon o medo...

CORVO

Estas aves abondan moito ultimamente en Galicia, en tódolos lu-gares, pero sobre todo

na montaña. Son ademais cada vez máis gran-des.

Por que será?. Realmente están desaparecen-do os seus depredadores.

As veces vense prados enteiros con ducias de corvos. Andan os saltóns...

CUCO

Poño esta ave xa que para min representa nos meses de marzo e abril o canto

que se escoita nos ríos de Ourense. O cuco escoitase moi lonxe... "cu - cu...cu-cu" dá gusto...O cuco é moi común. O cuco é un pa-xaro que pon o ovo en niño alleo, xeralmente de lavandeira, carrizo.

PERDIZ RUBIA A perdiz rubia é moi abon-dosa en Ourense, sobre todo pola zona de Casaio, Chandrexa de Queixa,

Manzaneda e Vilariño de Conso. Por suposto vai a menos...

Non é moi frecuente atopala, pero dende lo-go teño visto niñadas bastante miúdo sobre todo cruzando estradas dos lugares citadas.

A súa identificación é moi doada, non así o distinguir os machos das femias que case son iguais; ou os inmaturos dos pais.

Trátase dunha ave moi buscada e aprecia-da na caza menor. As de repoboación non van arriba e apenas sobreviven...

Os incendios, os abandonos de cultivos de centeo, as repoboacións de coníferas, a pre-sión da caza son algunhas das causas da súa diminución en Galicia.

PASPALLÁS

O paspallás foi moi co-mún en Galicia, pero

hoxe, está en completa desaparición. Apare-ce en abril e márchase en agosto cara África.

O seu canto característico é o paspallás de aí o seu nome.

Nidificante-sedentaria. Debera estar protexida

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

Page 8: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 8 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

A CURUXA

A curuxa non está preto dos ríos pero tampouco anda moi lonxe.

Gústalle, ultimamente en Galicia, habitar preto das escolas unitarias abandonadas, on-de fai o niño, e por suposto nos campanarios. A curuxa é cosmopolita e bastante abondosa en Galicia.

Non me gusta vela en moitos bares do noso país momificada. Estas aves noiteiras están mellor no bosque, vivas.

MOUCHO DE ORELLAS

O moucho de Orellas pódese atopar nas provincias de Ou-rense, no sur de Lugo ata o Caurel e na provincia de Pon-tevedra. Non é abondosa en Galicia. Vive en zonas bosco-sas.

Aliméntase de insectos e as veces pequenos paxaros e mamíferos.

Mide aproximadamente 20 cms. Ten ore-llas, pero os inmaturos carecen delas.

MALVÍS

É un paxaro abondoso en Ga-

licia, dende outubro ata marzo.

O seu hábitat son os campos abertos, pero tamén os cursos fluviais. Eu vin malvís no río Lonia en Mende, Ourense. Aliméntase de froitos e bagas, caracois, miñocas e insectos.

MOUCHO GALEGO

O moucho común pódese atopar en toda Galicia inda que cada vez é me-nos abondoso.

As causas hai que buscalas nos incendios, na contaminación, nos insecticidas, nos que mo-rren debaixo dun coche polas noites, na caza ( hai moitos cazadores que deberan quedar na casa, son auténticos terroristas) , nos rou-bos ou destrucción de niños, etc.

O caso é que cada día hai menos en Galicia e a situación é preocupante

GABIÁN

O Gabián pódese atopar en todo o territorio gale-go. Pero non é abondo-sa. Moitas non debe ha-ber xa que os corvos, para

quen é o seu manxar, favorito abundan moi-to. Tamén se alimenta de vertebrados.

Come paxaros do tamaño dunha pomba o un corvo.

Nidifica en árbores altos : carballos, castiñei-ros, piñeiros.

Realmente o gabián é unha réplica en pe-queno do azor.

Page 9: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 9 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

LAGARTEIRO PE-

NEIREIRO

O lagarteiro peneirei-ro é un falcón que abonda moito en Gali-

cia.

Pódese confundir co gabián pero o seu voo é completamente distinto: este peneirase du-nha forma característica e dende logo ten un voo que non bate e planea o mesmo tempo. Merece a pena observalo. A forma de penei-rarse é moi característica e distintiva.

Vense algúns embalsamados nos bares gale-gos.

BUXATO

O buxato ou miñato po-démolo atopar en todo o territorio galego. Vense moito nos tendidos eléc-

tricos e por riba dos postes, esperando a súa oportunidade.

En febreiro ou marzo vese a parella xa forma-da, galeando. As postas son en abril.

PICAFOLLAS COMÚN

É un páxaro abondoso en Galicia.

O seu habitat son as lagoas e cursos fluviais.

Aliméntase de insectos, vermes, moluscos, etc.

Aniña no chan.

OURIOLO

Chámanlle o viaxei-ro, xa que ven de África a pasar aquí o

verán. É unha ave marabillosa. Dende lo-go, nas ribeiras onde eu pesco síntese moito. Dá gusto.

MARTIÑO PEIXEIRO

O Martiño Peixeiro, xun-to co merlo rueiro, é o

paxaro por excelencia dos ríos galegos.

Para eles, o que o río estea limpo é funda-mental e para min tamén. Por iso empeza a escasear en moitos ríos-cortello.

É todo un espectáculo poder contemplalo. É un perfecto mergullador.

A fotografía de Satarou Ishimori fai xustiza a este paxaro marabilloso, que se pode ato-par nos ríos galegos (de momento...).

FAISÁN

O faisán non é unha especie autóctona galega.

De feito os que hai trouxéronos de Asia e fre-cuentan os nosos montes co único obxetivo da caza.

Viven preto sempre de zonas de auga.

Page 10: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 10 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

PITA DE AUGA

É unha ave abondo-sa nos ríos de Gali-cia.

Habita nos ríos e en-coros con vexetación mesta. Tamén nas

marismas. Constrúe o niño moi preto da au-ga.

É doado observala coa súa niñada perco-rrendo o río e ensinando a súa prole. O asus-tarse, a prole escóndese preto da beira.

En Ourense, ultimamente, marzo - abril do 2000, vense varias niñadas no río Barbaña, é un bo síntoma, inda que falta moito para lim-par ben o río, ten máis de 30 lugares por on-de saen vertidos fecais asquerosos.

LAVANDEIRA BLAN-

CA

Áxil, titiriteira, é todo un espectáculo vela o redor das vacas ou no

río collendo mosquitos. Unha marabilla. É a elegancia feita paxaro. ¿ Quen non coñece este paxaro?. Dos poucos que camiña sin dar saltos, se quere...

Pode perfectamente pararse no aire si lle da a gana, totalmente queda.

LAVANCO

Os lavancos son abondosos en Galicia. En Ou-rense hai moitos,

tanto no río Miño como no Barbaña. Tamén se ven na Limia e noutros lugares.

De tódolos xeitos necesitan moita vexeta-ción para criar tranquilos. Non lle van ben os encoros xa que estes podrecen todo can-to hai. Van a menos por culpa das minicen-trais e encoros, tamén pola caza intensiva, e pola diminución de lugares bos.

LAVANDEIRA

REAL

Esta vese nos re-gatos de toda Gali-cia, pero preferen-

temente nos cursos altos.

A lavandeira real chámase en Portugal Alvé-ola cincenta, en Cataluña dinlle Cuereta to-rrentera e en Euskadi Buztanikara hori.

Page 11: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 11 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

MIGUEL-ANXO MURADO Miguel-Anxo Murado López naceu en Lugo o 2 de maio de 1965.

Estudou Xeografía e Histo-ria, especializándose en Arqueo-loxía. En 1983 gañou o premio Ca-fé Gijón de novela curta en caste-lán con Metamorfosis benezianas. En 1985 publicou o seu primeiro libro en galego, Bes-tiario dos descontentos e proseguiu o seu la-bor literario, da que destacamos Ruído. Rela-tos de guerra en 1995 (o que vou comentar). Tamén escribiu poesía, teatro e ensaio.

Foi guionista de series como Pratos combinados e Mareas vivas e de longametra-xes como "La ley de la frontera" e "Finisterre". Como xornalista foi director de Radio Círculo (Madrid) e correspondente de guerra nos Balcáns. Residiu durante varios anos en Oriente Medio, onde traballou para as Nacións Unidas e foi xefe de relacións ex-teriores do Ministerio de Medio Ambiente de Palestina e do Ministerio para Belén 2000.

Máis tarde foi correspondente en Xerusalén do diario El Mundo durante os tres primeiros anos da Intifada. Actualmente é articulista de La Voz de Galicia.

RUÍDO. RELATOS DE GUERRA Este libro está composto por varios contos baseados na guerra de Croacia de 1991. Ao principio de cada conto aparece unha introdución de feitos reais contando un acontecemento persoal desa guerra, á que lle segue unha historia inventada polo autor e relacionada con ese feito real. Os relatos, co-mo di o autor na súa introdución, non son unha crónica, senón que nos amosan o aspec-to filosófico e ético das persoas, facendo que a caracterización de “bos” e “malos” sexa relativa segundo o punto dende onde se

OS LECTORES OPINAN

mire.

O libro ten un ton desconcertan-te: hai pensamentos e situacións dos personaxes que cambian radicalmente e mesmo personaxes que, parecendo inocentes, son os culpables. Pero baixo todas as historias permanecen dous sentimentos: o temor á morte, e a esperanza de poder sobrevivir. En

moitos casos, tamén, o sentimento de culpa-bilidade, por tódolos horribles feitos que se producen nas guerras, e que se mostran nes-te libro.

Gustoume bastante este libro, é rápido e fácil de ler, ademais de entretido. Ten un ton moi pesimista, inevitable polos feitos que conta. Ás veces pode chegar a ser escabroso de máis, pero seguramente esta guerra foi moito peor do que imaxinamos, cada persoa que a viviu tivo que ver e sentir moitísimo su-frimento, algo que os que non o vivimos non o poderemos entender nunca.

Creo que o libro nos intenta amosar, máis que a dor física, a psicolóxica dos per-sonaxes en todo momento. Como cando non teñen máis opción que deixar que maten a algúns para salvar a outros, ou incluso come-ter eles mesmos un asasinato. Aínda que non houbera outra opción, o sentimento de culpa-bilidade os persegue.

Os contos máis optimistas e esperanza-dores, son os que parecen menos realistas. Como o dos oito mozos que escapan milagro-samente dos inimigos ou o último, coa espe-ranza no carrete de fotos. O máis curioso é que é dos pequenos detalles de onde sacan ese sentimento que querer sobrevivir e se-guir adiante.

LUCÍA CID TOVAR

1º Bac. A

Page 12: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 12 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

En xeral é un libro ameno e sinxelo de ler, pero non por iso menos profundo, xa que nos fai reflexionar so-bre a frialdade coa que soe-mos enfocar situacións coma as que nel aparecen, e noutra cousa máis importante: o feito de que, moitas veces incons-cientemente, non nos decate-mos de que polo feito de que nós vivamos ben, hai xente que morre por cousas así to-do arredor do mundo. E é que se dá unha coincidencia bastante curiosa: no momento en que moitas das cousas que lemos neste libro ocorreron cando a maioría de nós (e refírome con nós á xente da miña promo-ción) estabamos a nacer miles de quilóme-tros máis ao oeste.

Ademais disto, algo que eu resaltaría é a presenza da prensa na meirande parte das historia, feito comprensible xa que o au-tor foi correspondente nese mesmo conflito, e a situación na que vemos que se atopa, moitas veces levando as de perder, aínda que outras suceda o contrario.

En resumo, foi unha obra que me gustou moito, que recomendaría a todo o mundo que dubide entre lela ou non e que, como xa dixen antes, me fixo reflexionar sobre asun-tos nos que moitas veces nin sequera penso.

SARA IGLESIAS RIVAS

1º Bac. C

Trátase dun libro que fala sobre as guerras da antiga Iugoslavia en diver-sos relatos nos que o lector pode coñe-cer perfectamente a realidade desta guerra, na que non só falecen os propios soldados que están involucrados nela, senón que tamén se mostran as mortes de todos aqueles civís, de certo modo, alleos á guerra. Persoalmente gustoume moito e o relato que, quizá, mostra en maior medida as dificultades da poboa-ción é “Os Chatarreiros”, no que se amosa como dous chatarreiros loitan por sacar proveito de todo aquel metal que a

guerra deixara, rematando coa morte de ambos os dous por este motivo e a morte dun axudante dun deles. O relato que máis me impactou foi “Fogo amigo”, no que se relata o erróneo ataque dun exército aos seus propios compañeiros

DANIEL GARABATO MÍGUEZ

1º Bac. B

EL HOBBIT

.J.R.R. Tolkien

Recomiendo este libro porque es divertido y entreteni-do y además engancha hasta el final. Trata sobre las aventuras de un hobbit, una criatura de un mundo fantástico, en la que pasa de ser un rico se-dentario a un valeroso saqueador, atrevén-dose incluso a robarle a un dragón.

Sus compañeros de aventuras, unos enanos, al principio no le tienen en muy alta estima, pero cuando el hobbit Bilbo les salva el pe-llejo unas cuantas veces, acaban queriéndo-le como a un hermano.

PEDRO BARREDA LÓPEZ

2º ESO C

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

OS LECTORES OPINAN

Page 13: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Este libro me encantó ya que es un li-bro interesante en todos los aspectos. Es di-vertido. Trata sobre un chico normal, cuyos padres se van a Guinea Ecuatorial. Sus pa-dres cayeron con su helicóptero en medio de la selva y los hicieron prisioneros. Y el niño decide ir a salvarlos.

Allí conoce a otro muchacho, más o menos de su edad. Éste ha perdido a sus pa-dres porque los mató un hombre malvado que tiene secuestrados también a sus padres. Juntos consiguen hacer lo que se proponen: uno, salvar a sus padres y el otro salvar a su pueblo.

Es interesante ver como dos niños de diferentes razas y colores llegan a entender-se. Nico, el niño blanco, se tiene que ir acos-tumbrando a las condiciones de la selva.

Yo recomiendo este libro a todos, ya que cuando lo leas, nunca vas a saber lo que pa-sará después.

ÁNGELES MÍGUEZ CHAS

1º ESO A

MATILDA

Roald Dahl

Recomiendo este libro porque es muy divertido y entretenido. Nos enseña que los niños pequeños debemos ir al colegio porque, aunque en casa nos enseñen a leer y escribir, necesitamos los conocimientos de los profesores e, incluso, de nuestros compa-ñeros.

ROCÍO PÉREZ GARCÍA

1º ESO A

Páxina 13 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

UN AMIGO EN LA SEL-VA

Alfredo Gómez Cerdá

A mí me gustó mu-cho este libro. Pienso que cualquier persona de cualquier edad podr-ía disfrutar lo mismo que yo.

Te enseña muchas cosas: como sobre-vivir en la selva, qué hacer en determinadas ocasiones…pero lo más importante que nun-ca se debe tirar la toalla por muy difícil que pueda parecer algo. En algunas ocasiones no se consigue nada después de un gran esfuer-zo. Pero quedarás tranquilo contigo mismo por haberlo intentado. En otras ocasiones, vale la pena y consigues hacer algo por no haberte rendido y haberte esforzado.

MAR CASTIELLA BAÑALES

1º ESO A

Recomiendo este libro por varias razo-nes: nos demuestra el amor de los hijos hacia sus padres, el valor de la amistad y hasta dónde se puede llegar con ella. Nos enseña a respetar otras creencias y nos muestra lo egoísta y discriminador que puede llegar a ser el ser humano.

En mi opinión, es un libro precioso y muy instructivo que nos enseña las enormes diferencias que puede haber entre dos per-sonas de la misma edad, sólo por vivir en di-ferentes lugares.

ADRIANA AGILDA MÍGUEZ

1º ESO A

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

OS LECTORES OPINAN

Page 14: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 14 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

LA GRAN GILLY HOP-KINS Katherine Paterson

A mí este libro me gustó porque se cuentan los pensamientos, ideas y reacciones de nuestra huérfana protagonista que va pasando de familia en fa-milia. Una familia la rechaza, otra no la puede mantener. Y terminan haciéndole mucho da-ño. Ella creía que si ninguna familia la acogía, acabarían devolviéndosela a su madre, que es lo que ella quería. Pero acabó cambiando de opinión cuando le correspondió vivir con una mujer muy silenciosa, un niño con pro-blemas y un anciano que iba todas las noches a cenar a su casa. Les empezó a coger cariño y por fin se convenció de nadie la iba a cam-biar de aquel sitio.

Pero un día llegó la abuela, cosa que va a volver a cambiar la vida de la gran Gilly Hopkins.

NEREA LÓPEZ MANZANERO

1º ESO A

Recomiendo este libro porque es muy entretenido. Trata de una niña que se llama Gilly. Una niña rebelde de 11 años que, tras ser abandonada por su madre, va pasando por varias familias de acogida hasta que llega a la casa de la señorita Trotter, donde la tra-tan con mucho cariño y Gilly encuentra un hogar. Después su abuela viene a buscarla y se la llevan pero ella se arrepiente de haber-le mandado la carta en que se lo pedía. Al fi-nal, no se sabe si se queda con su familia o se va con la señorita Trotter.

MELINA SÁNCHEZ PENA

1º ESO B

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

Matilda es el personaje que más me gustó de este libro porque, a pesar de que sus padres no la apoyan, consigue salir ade-lante.

Os recomiendo este libro que me gustó mucho, aunque no sea de aventuras ni de miedo pero es muy bonito ver como una niña pequeña consigue salir adelante a pesar de todos los obstáculos que se le presentan. Sus padres pasan de todo, incluso de Matilda. Los miércoles tiene que hacerse la comida porque ellos no están en casa. Su madre va a jugar al bingo y su padre va a trabajar.

Matilda en el colegio no está muy bien, aunque tiene una profesora muy buena, pero también una directora muy mala, que le lla-man la Tronsbull que era campeona de lanza-miento de martillo y odiaba a los niños.

Os recomiendo este libro porque tam-bién enseña el valor de la amistad.

DANIEL CASAL DUBRA

1º ESO A

Me parece un libro que cuenta una his-toria dramática, a la vez que bonita. En este libro aprendes a valorar lo que tienes y lo po-co que tienen otras personas. También te das cuenta de que cuando uno dice que no le gustan sus padres, está equivocado ya que hay padres mucho peores que cometen erro-res imperdonables como en el caso de Matil-da dejarla sola en casa con 4, 5 ó 6 años o de-cirle que tiene que hacerse la comida. “Hay padres mucho peores que los nuestros” es una de las cosas que me quedaron más claras de este libro.

XABIER BOUZAS TEIXEIRA

1º ESO A

OS LECTORES OPINAN

Page 15: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 15 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

OS NOSOS CREADORES

Debuxo a carboncillo Sara Iglesias Rivas

Page 16: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

OS NOSOS CREADORES

Páxina 16 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

Borja Sabio Sar. 1º ESO B

Silvia España Riveiro

1º ESO A

Melina Sánchez Pena 1º ESO B

Denisse Babío Doval 1º ESO A

Esteban Iglesias Rivas

1º ESO B

Ángeles Míguez Chas

1º ESO A

Page 17: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

El NATURALISTA VIAJE-RO….. VOL. 1 “LOBO”, EL REY Jiro Taniguchi/Yoshiharu Imaizumi

Old Lobo, o “el rey” —como le llamaban los mexicanos—, era el gigantesco líder de una manada de lobos grises muy peculiar que durante años arrasó las praderas de Currum-paw. Era muy conocido por todos los pasto-res y vaqueros, y, cada vez que aparecía jun-to a sus leales compañeros, sembraba el te-rror entre los rebaños mientras sus dueños se sumían en el odio y la desesperación.

O SEÑOR LUGRÍS E A NEGRA SOMBRA Luis Rei Núñez,

En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construín-do unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contem-poránea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.

Páxina 17 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

BOY

Roald Dalh

Aunque a simple vista lo parezca, este libro no es una autobiografía de Roald Dahl. El mismo autor hace hincapié en este hecho en las primeras páginas del libro. Dice que el obje-tivo de este libro simplemente es ofrecer al lector una serie de aventuras y sucesos que le ocurrieron a lo largo de la vida, desde re-cién nacido hasta ser una persona adulta, y que luego le servirían para inspirarse en las numerosas novelas que ha escrito.

A PANTASMA DE CANTERVILLE

Oscar Wide

A Pantasma de Canter-

ville, obra adaptada ao cine en varias ocasións, é unha das máis lidas de Oscar Wil-de. Narra a historia dunha pantasma que ve como o seu poder sobre os vivos esfú-mase cando se instala na súa casa unha fami-lia de norteamericanos nada supersticiosos. No fondo a novela formula unha crítica á so-ciedade inglesa do século XIX, constrinxida por crenzas moi antigas, e tamén á sociedade norteamericana, que é nova e -segundo o au-tor- non cre en gran cousa, agás no éxito e nos cartos.

LIBROS RECOMENDADOS

Yolanda Viqueira 1º ESO B

Page 18: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

LIBROS RECOMENDADOS

Páxina 18 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

piloto marchou un día sen avisar, deixando atrás nove misteriosos baúis e un ronsel de moitas horas de conversas co rapaz.

ANTES DE HIROSHIMA. De Marie Curie a la bom-ba atómica.

Preston, Diana

Si el conocimiento es siempre poder, en el ámbito de la física aún lo es más. Produce vértigo el abismo que separa la apasionante aventura del sa-ber que emprendieron pioneros como Ma-rie Curie, movidos por el deseo de desen-trañar los secretos del mundo material para mejorarlo, y el uso que se acabó dando a sus descubrimientos, un uso que podía des-truir al mundo mismo.

O CLUB DA CALCETA

María Reimóndez

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davi-na, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lecto-res partícipes da súa historia desde un mul-tiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

LA SOMBRA DEL ÁGUILA

Arturo Pérez Reverte

La sombra del águila narra una historia basada en un hecho real: durante la campaña de Rusia de 1812, en un combate adverso pa-ra las tropas napoleónicas, un batallón de antiguos prisioneros españoles, enrolados a la fuerza en el ejército francés, in-tenta desertar, pasándose a los rusos. Inter-pretando erróneamente el movimiento, el em-perador lo toma por un acto de heroísmo y or-dena en su auxilio una carga de caballería que tendrá imprevisibles consecuencias.

CORDELÚA

Elia Barcelo

Feitizo e paixón son os elementos clave. A espada Cor-delúa é a chave para romper un maleficio. No século XI, unha dama nobre e un cabaleiro viven a súa historia de amor maldita, no século XXI outra parella loita por desfacer o sortilexio.

SARI, SOÑADOR DE MARES

Marcos S. Calveiro

Rematando o monzón, Sari em-barca na dorna Preciosa á procura do seu mestre e amigo Simbad o Mariño. O vello

Page 19: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 19 Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

O ALUMNO DE 1º BACHARELATO, CAR-LOS JAVIER GÓMEZ ROBLES, FINALIS-TA NO VI PREMIO GALICIA INNOVA-CIÓN JUNIOR

Este certame da Consellería de Innovación e Industria ten como obxectivo estimular o es-pírito creativo e a capacidade innovadora dos mozos e mozas. Entre as oito propostas seleccionadas de toda Galicia figura a do alumno Carlos Javier Gómez Robles, de-nominada “VAXEO”, consistente no deseño dun dispositivo que evita o contacto dos bei-zos e a boca cos cubos de xeo con que son servidas moitas bebidas. O público ao que vai dirixido son fundamentalmente os esta-

blecementos de hostalería e restauración onde se serven bebidas con xeo.

O proxecto “Vaxeo” de Carlos Javier Gó-mez Robles, obtivo un dos accésits na cate-goría de 16 a 18 anos e foi premiado cunha cámara de vídeo dixital. Acompañaron a Carlos Javier ao acto de entrega de premios os seus avós paternos e unha tía, os seus compañeiros de clase, San-tiago Vázquez Bello e Joel Elvin Reyes de la Rosa e o profesor de Economía, José A. Sán-chez García.

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

Os proxectos gañadores do 1º premio foron un atril cun sistema “pasapáxinas” e unha base múlti-ple para conexións eléctricas, de Javier Blanco Cordero, do IES Santa Irene de Vigo, na categoría de 12 a 15 anos, e Yhordy Domínguez Rivera, do IES Universidade Laboral de Ourense, na catego-ría de 16 a 18 anos, respectivamente. Estes dous alumnos recibiron como premio un ordenador portátil e unha cámara de vídeo dixital.

RECANTO DE ECONOMÍA

Page 20: Boletín Biblioteca A3PN 22... · En maio auga para o galo e para o cabalo. Cando o río soa, auga e pedras leva. A auga corrente, non mata a xente. En xaneiro auga para o carneiro.

Páxina 20

Boletín Biblioteca A3P http://centros.edu.xunta.es/esdavidbujan/biblioteca.htm

As solucións no próximo boletín

4º A lagarta estaba tranquilamente tomando o sol sobre o bloque de pe-dra, en A, pero ao oírnos chegar, co-rreu a agacharse en B.

Desde logo, non seguiu o camiño máis curto,

Poderías ti encontrar o camiño máis curto entre A e B e cal-cular a súa lonxitude?

O CURRUNCHO DO ENXEÑO

5º Sudoku (Borja Sabio 1º ESO B)

ACERTACHES ? SOLUCIÓNS BOLETÍN Nº 20

Podedes pre-

sentar as vosas

colaboracións,

nos recreos na

biblioteca.

¡Ata o próximo

boletín!

1º Adiviñas:

3º Atopa oito DEPORTES

(Melina Sánchez Pena 1º ESO B)

1º 2 º "CINCO POR CATRO VINTE, MÁIS UN, VINTE E DOUS" 5 x 4,20 + 1 = 22 3º 1ª Luísa 2ª Rosa 3ª Tina 4ª Carme 5ª Uxía . 4º Hoxe gañou 120 €

2º As oito filas de catro números suman o mesmo. Cal é o valor de a, b, c e d?

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/

5 7 12 19 31 50 81

A N E L P E R T I G O

L T G N A X S U J K B

B A L O N C E S T O A

A C I E L B A L O N L

L I C E T F E N F L O

O N T E N I S Z U E N

E S T A D O S A T O M

X D I S C O T M B T A

O B A D M I N T O N N

B A P L A T A N L U O

H T E B E O L I B R A

Que é, que é

Do tamaño dunha noz;

Que sube a costa

E non ten pes?

Teño copa

Non para tomar;

Teño as

Non para voar.

5 2 7 3 6

2 9 8

3 8 5 9

1 7 8 6

5 6 2 4

3 6 2 7

3 1 5 1 2

2 3 5

4 8 1 6 7