Boletín nº1 de XSG-COMPOSTELA

4
Xuventudes Socialistas COMPO S TELA Iniciamos unha nova andaina en Xuventudes Socialistas de Compostela coa presentación deste boletín de noti- cias sobre as diversas actividades que organizamos. Un período de cambios internos e externos para adaptarnos ós novos tem- pos e tecnoloxías. Todo un proceso evolutivo que agora temos o pracer de presentarche neste pequeño boletín no que poderás coñecer de primeira man todo aquelo que fixemos ou organiza- mos así como a nosa colaboración e apoio ó candidato do PSdeG-PSOE ás eleccións municipais de Santiago: X. A. Sánchez Bugallo. AFÍLIATE!

description

Presentámosvos o primeiro boletín das Xuventudes Socialistas de Compostela.

Transcript of Boletín nº1 de XSG-COMPOSTELA

Page 1: Boletín nº1 de XSG-COMPOSTELA

Xuventudes Socialis

tas

COMPOSTELA

Iniciamos unha nova andaina en

Xuventudes Socialistas de Compostela

coa presentación deste boletín de noti-

cias sobre as diversas actividades que

organizamos.

Un período de cambios internos e

externos para adaptarnos ós novos tem-

pos e tecnoloxías. Todo un proceso

evolutivo que agora temos o pracer de

presentarche neste pequeño boletín no

que poderás coñecer de primeira man

todo aquelo que fixemos ou organiza-

mos así como a nosa colaboración e

apoio ó candidato do PSdeG-PSOE ás

eleccións municipais de Santiago: X. A.

Sánchez Bugallo.

AFÍLIATE!

Page 2: Boletín nº1 de XSG-COMPOSTELA

Festa benéfica a prol da “Cociña Económica”

O pasado día 5 de Maio cele-

bramos unha festa benéfica a prol da

Cociña Económica da nosa cidade. O

resultado foi bastante satisfactorio xa

que se implicou unha grande parte da

sociedade Compostela mediante do-

nativos para esta boa causa.

Durante varias xornadas diver-

sos afiliados de Xuventudes Socialis-

tas de Compostela percorremos as

rúas da cidade para presentarlles ós

cidadáns a proposta solidaria.

Xa o día 5 de Maio, cando o

reloxo marcou a medianoite, reuní-

monos todos no pub Deluxe onde

tivo lugar a festa benéfica. Por alí

pasaron persoas do máis variado xa

que acudiron membros da corpora-

ción municipal compostelá , xente

xoven, outra non tan xoven,…

O que realmente importaba ese

día era pasalo ben e ó mesmo tempo

colaborar co fin benéfico.

Unha festa que se prolongou ata altas

horas e que permitiu alcanzar unha bonita

cifra de donativos xa que non so se recauda-

ban fondos mediante a venda de entradas se-

nón que o propio local destinaba unha por-

centaxe do precio da consumición para o fin

benéfico. Na fotografía que cerra esta páxina

podedes ver o deseño que tiñan as entradas

que fixemos para o evento.

Page 3: Boletín nº1 de XSG-COMPOSTELA

Encontro xoven con Sánchez Bugallo

O candidato do PSdeG-PSOE á

alcaldía de Santiago de Compostela,

Xosé Sánchez Bugallo, tivo a amabili-

dade de acceder a unha solicitude das

Xuventudes Socialistas de Compostela

e reunirse ca mocidade para coñecer de

primeira mán as súas inquedanzas.

Un encontro que se caracterizou

pola cercanía e cordialidade entre am-

bas partes. Os alí presentes puidemos

coñecer as despostas a algunhas das no-

sas dúbidas así como asistir posterior-

mente á inauguración da sede electoral

que o candidato inaugurou horas des-

pois ante os medios de comunicación e

un amplo número de personalidades da

vida pública compostelá.

Xa estamos en YOUTUBE

Os tempos cambian e as tecno-

loxías e redes sociais son unha ferra-

menta case obrigatoria para a difusión e

información.

Nós non queríamos permanecer

alleos a esta nova forma de entender as

comunicacións e tras a entrada en redes

sociais como Twitter ou Facebook, ago-

ra estamos tamén en Youtube cun canal

propio onde poderedes visualizar as no-

sas creacións audiovisuais e comentalas

libremente.

Buscade xsgcompostela en youtu-

be e atoparedes a nosa propia canle.

Agardamos que sexa do voso agrado.

Page 4: Boletín nº1 de XSG-COMPOSTELA

Colaboramos na campaña electoral