Boletín decembro
-
Upload
nopuvi-puvi -
Category
Documents
-
view
246 -
download
5
description
Transcript of Boletín decembro
.
OS CLUBS DE LECTURA:”LIBROS DE PETO” NOVIDADES
X&Q
DECEMBRO 2010 Boletín nº 9
BIBLIOTECA IES Ponteceso
Cambio Climático .-José Manuel Vázquez Varela Monasterios y con-
ventos de la Península Ibérica. .– Francisco Rodríguez Iglesias.
Depresión ou felicidade?.– Mi-reia Orgilés Amorós The Hound of the
Baskervilles.– Arthur Conan Doyle O pintor do Sombreiro de malvas.- Marcs Calveiro. El último hermano.– Natacha Appa-nah.
Eu de maior quero ser.– Rosa Aneiros Deep Trouble .– Lesley Thompson
E MOITOS MÁIS… !!!!
CULTURA : BREVES O “TRIVIAL” GALEGO: “Arume Xogal”, o novo xogo de mesa, preséntase como unha proposta dirixida á mocidade para unha aprendizaxe divertida da lingua, da cultura e da historia de Galicia. CERTAME DE POESÍA ERÓTICA: A escritora ceense María Lado gaña o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas na súa quinta edición, coa obra que recibe o título de “Amantes”. “RIÑA DE GATOS”: Título que dá nome á novela de Eduardo Mendoza, galardoada no mes de Outubro co Premio Planeta. A historia desenvólvese no Ma‐drid de 1936, xusto antes do comezo da guerra civíl. A ETERNA CANDIDATA: Ana María Matute recibe, enormemente emocionada, a nova do Premio de literatura Miguel de Cervantes 2010, a distinción máis prestixiosa das letras hispanas, en recoñece‐mento a toda a súa traxectoria como escritora. GRANDES PERDAS DO CINE ESPAÑOL: Nada mellor que mencionar “Bienvenido, Mr. Marshall”, “Calabuch” ou “Plácido”, películas que uniron a dous grandes do cine español e que sempre servirán para lembrar e rendir homenaxe conxuntamente ao actor Manuel Alexandre e ao director Luis García Berlanga, ambos finados neste outono despois dunha intensa vida dedicada a súa gran paixón. O 26 de Novembro faleceu FERNÁNDEZ DEL RIEGO, que desde a 2ª República traballou a prol da nosa cultura: Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos, fundación da Galaxia, director de Grial e da RAG, ensaio e crítica literaria.... Fóisenos con 97 anos un dos grandes, unha peza fundamental do que somos.
Sandwich Cultural
Os clubs de lectura do noso instituto iniciaron un ano máis a súa andaina. A primeira cita tivo lugar o 15 de outubro na biblioteca, coma sempre acompañados dun apetitoso chocolate. Este ano apuntáronse preto de 40 alumnos. Os alumnos do primeiro ciclo da ESO decidiron chamarse Os esquíos lectores, e nestre trimestre leron "O cocho de carreiras Rudi Fuciños", de Uwe Timm.Por outra banda os de segundo ciclo da ESO, que se fan chamar O Gato Lambón, leron neste trimestre "Mecanocristo da segunda orixe", de Manuel Pedrolo. E por último, os Lectores do Acuario, por aquilo de se reuniren no laboratorio de Ciencias, está formado por alumnos de Bacharelato que leron "O señor Ibrahim e as flores do Corán", de Eric‐Emmanuel Shmitt e "A miña planta de laranxa‐lima" de José Mauro de Vasconcelos. O obxectivo destes clubs non é tan só fomentaren a lectura entre o alumnado, senón tamén brindárennos a posiblidade de compartirmos as nosas lecturas favoritas, comentarmos cal é o noso estilo literario preferido, o escritor ou escritora que máis nos gusta...
Anímate e ven!!!
OUTONO PONDALIANO
O outono é tempo de cogumelos, de cabazas, da vendima, de castañas, de longas noites de choiva, vento e frío pero este outono foi, sen dúbida, máis que nada, pondaliano. Este ano acadamos que o Simposio Pondaliano, un curso formativo que dende hai anos, concretamente vai pola súa XIV edi‐ción, no fora exclusiva do profesorado, e mais, conseguimos que vós, alumnos do IES Ponteceso, tivésedes en primicia un encontro literario con cada un dos persoeiros e figuras destacadas da cultu‐ra galega que cada martes do mes de novembro se achegaron a sede da Fundación Eduardo Pondal. O alumnado de 1º de Bacharelato foi o que inaugurou estes encontros pondalianos con Manuel Ferreiro, profesor universitario e principal estudoso do bardo pontecesán. El tentou achegarnos máis á personalidade do poeta e á súa obra, iso si, partindo das orixinais e , por que non dicilo, ás veces sorprendes preguntas que os nosos alumnos e alumnas lle propuxeron. O alumnado de 3º de ESO seguiu a senda marcada e atopáronse con Séchu Sende quen lles falou moitos dos prexuízos lingüísticos que nos rodean a cotío e lles mostrou a súa habilidade na hipnose para suxestionar en calquera persoa a capacidade para falar, por exemplo, lingua galega. O 23 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato descubriron, co profesor e escritor Anxo Angueira, unha nova Rosalía, moi distante de tópicos como “a meiguiña”, “a rula”, “a nai”,“a chorona”; a declamación, o recitar acertado de Anxo Angueira mostrounos unha Rosalía combativa, revolucionaria e feminista. Finalmente, no último dos encontros literarios, o escritor e tradutor Darío Xohan Cabana amosou aos alumnos e alumnas de 4º ESO a temática común que podemos atopar na poesía de Pondal e na de Uxío Novoneyra. Esperamos que para todo o alumnado que asistiu, que adicou unha pequena parte do seu tempo libre a estes encontros literarios de outono na Fundación Eduardo Pondal, atopase experiencias enriquecedoras e produtivas...e que queiran repetir en próximas edicións!!! Grazas a todos e todas os que participastes.
Anxo Angueira Manuel Ferreiro Sechu Sende Darío Xohán Cabana
Appanah, Nathacha, El último hermano, Edito‐rial Alfaguara, 2010; En 1940, Raj era só un ne‐no, pero agora, no ocaso da súa vida, os recor‐dos da súa infancia atropélanse nos seus soños: a vexetación, os cheirumes e arrecendos da illa tropical de Mauricio, o gran amor maternal, as malleiras ás que os sometía o seu pai pero, so‐bre todo, a sensación de perda que nel deixou a desaparición dos seus dous queridos irmáns, Anil e Vinod, como consecuencia dunha virulen‐ta riada. A súa dor vese mitigada pola inespera‐
da aparición de David, o último irmán, un neno xudeu gravemente enfermo e orfo que formaba parte dos 1500 xudeus que no ano 1940 atracaron no Atlantic en Port Louis, expulsados de Palestina e deportados á illa de Mauricio, naquel momento colonia británica, no cárcere de Beau‐Bessin. Con David, Raj volverá a rir e a xogar pero tamén descubrirá unha crúa realidade na que está presente a guerra, a enfermidade e a crueldade do mundo adulto.A autora da novela recupera así a historia case esquecida e vergoñenta da reclu‐sión, moi similar a un campo de concentración, no que estes xudeus permaneceron, e onde moitos morreron, ata ben acabada a 2ª
Guerra Mundial.
CRÍTICAS LITERARIAS
CINE NO INSTITUTO
Páxina 2 X&Q MÚSICA
Seda de Alessandro Baricco narra a historia de Hervé Joncour, un mozo francés do século de‐zanove afincado na vila de Lavilledieu que dedi‐ca o seu tempo ao negocio da seda: posúe, como case todos os moradores do pobo, un criadeiro de vermes. O personaxe ve transco‐rrer a súa vida dun xeito contemplativo e tran‐quilo, sen que a inquedanza existencial afogue
a pracenteira harmonía da súa relación con Hélène, a súa dona. Pero todo este cadro equilibrado vai verse rachado cando unha agresiva epidemia asole os criadeiros europeos e Hervé sexa designado para emprender unha longa viaxe ao Xapón, á procura de ovos sans. O encontro coa máxima autoridade do exótico lugar, Hara Kei, e sobre todo o feitizo da misteriosa rapaza que o acompaña sempre, farán que o protagonista non teña máis remedio que fuxir da súa cápsula de pasividade e mergullarse definitivamente nos vaivéns vitais. Dende ese momento, a viaxe anual á afastada illa convertera‐se no feito inescusable que mantén a Hervé con vida. Seda é a historia dun amor imposible contada nun estilo sinxelo e directo que fai que o lector tamén se namore da misteriosa rapaza e do mundo exótico que é o Xapón.
- El Rock y su historia de Andrea Bergamini.
Libro perfecto para un primeiro contacto coa historia da música popular urbana, den‐de o seu comezo oficial co rock'n'roll, na metade dos anos 50, ata estilos máis novos coma o rap ou o grunge, entre outros. A través de fotografías e fermosas ilustracións percorreremos diferentes décadas do século XX e poderemos coñecer algúns dos grupos e cancións máis re‐
presentativos de cada época.
‐Aplicacións musicais da internet indispensables no noso ordenador:
Sinxelamente, é unha aplicación marabillosa que nos permite ter acceso a un amplísimo abano de músicas cando estamos na rede, dun xeito totalmente legal. Temos que abrir unha conta e descargar un programa no noso ordenador. Nesta ligazón que vos deixamos, explícase con todo detalle os pasos a seguir: http://www.javiermonteagudo.es/2010/11/abrir‐y‐utilizar‐una‐cuenta‐de‐spotify/
. O director Gerardo Olivares leva ao cine a histo‐ria real de Marcos Rodríguez (Juan José Ballesta), un rapaz que pasou parte da súa infancia e ado‐lescencia convivindo con lobos nun lugar de Sierra Morena, poucos anos despois da guerra civil. A idade de sete anos Marcos foi vendido polo seu pai a un terratenente, dono das terras onde traballaban. O “señor” entregouno a un pastor que vivía na soidade da serra para que lle
axudase co rabaño. Con el aprendeu a coidar dos animais, buscar comida, a cazar e a curar as feridas de forma natural. Ao pouco tempo morreu o pastor e Marcos viviu cos lobos de forma salva‐xe.Na película o director mostra o seu amor pola natureza.De claro corte naturalista. Destaca a fotografía, a beleza das imaxes e a ban‐da sonora de Klaus Bedett. Bótase en falta a reflexión filosófica so‐bre a natureza humana. Podedes ir a vela, está na carteleira.
O mexicano Alejandro González cóntanos a histo‐ria de Uxbal (Javier Bardem), un home desespera‐do, pai de dous fillos ao seu cargo e unha ex espo‐sa problemática que padece un trastorno bipolar. O protagonista malvive no barrio barcelonés do Raval onde “trapichea” coas mafias chinas explo‐tando a inmigrantes ilegais. Ao protagonista lle diagnostican un cáncer terminal. Só lle quedan
uns poucos meses de vida. Este feito supón un xiro na vida de Uxbal. A película relata a evolución espiritual do protagonista que terá que enfrontarse á morte.Reflexión sobre a morte e a vida que, parado‐xalmente, cobra sentido ca percepción do final. Cine de denuncia social onde o director reflexiona sobre a pobreza, a marxinación, e a inmigración ilegal. Soberbio traballo de Javier Bardem.
Libros na nosa biblio :
FALEMOS DE… ANTROPOLOXÍA
Páxina 3 Boletín nº 9
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
O pasado 4 de novembro celebrouse o Día da Ciencia en Galego. No noso centro, os departamentos de Normalización, Tecnoloxía, Matemáticas e Ciencias Naturais decidimos conmemoralo cunha serie de actividades dirixidas a todo o alumnado e profesorado:
A conquista do espazo. Unha historia da exploración do Sistema Solar.
Un exemplo de software en galego: O programa Stellarium,.
Como fabricar un planisferio estelar.
A maxia dos números: O número áureo e a sucesión de
Fibonacci.
Inventores galegos.
Convocatoria do II Premio de Investigación Científica "Ángel Carracedo".
Videoconferencia dende o CERN (laboratorio europeo de física de partículas) ou organización europea para a Investigación Nuclear.
Tamén estaba prevista unha actividade de observación do ceo nocturno, que non puido ser levada a cabo por mor das pésimas
condicións atmosféricas.
Nigel Barley, antropólogo doutorado pola Universidade de Oxford, dedicou varios anos ao estudio dunha tribo descoñecida do Camerún “os Dowayo”. Como bo antropólogo realizou un traballo de campo no ano 1978 indo a vivir cos Dowayo. O resultado da súa aventura o recolle Barley neste marabilloso libro, unha monografía etnográfica pouco convencional na que o autor relata con ironía a súa experiencia. Barley chega ao poboado cargado de maletas, nelas leva a súa cultura; moi pronto descubre que en África o estraño é el. Os Dowayo o ven como un ser raro, cuns costumes absurdos. Rinse moito do antropólogo. É así co‐mo da comezo a súa viaxe, na que o protagonista aprende a distanciarse da cultura occidental para facilitar o encontro co “outro”, e así poder en‐
tender a súa cultura. Único camiño para a superación do etnocentrismo cultural. Vive nunha cho‐za de barro, come a súa comida, compórtase coma eles….
SAM
AÍN
201
0 MICRORRELATOS DE MEDO
MARIO VARGAS LLOSA PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2010
O último e flamante premio Nobel de literatura 2010 ,o hispano‐peruano Mario Vargas Llosa
( Arequipa, Perú 1936), ven de demostrar ao longo dos anos que é un prodixioso novelista a través
duns personaxes cribles e sólidos cun dominio da linguaxe extraordinario e unha técnica narrativa
moi depurada. Converteuse nun referente literario nos sesenta co chamado “boom” da literatura
hispanoamericana e traballou practicamente todos os xéneros literarios como a comedia, a novela
negra, a literatura erótica,a novela histórica e a crítica literaria; tamén publicou algún que outro
conto para nenos e pezas teatrais. Viviu unha infancia un tanto complicada, unha transhumancia
continuada debido a cuestións familiares, de estudos ou de traballo, evolucionou dunha postura de
esquerdas convencional á súa
actual convicción liberal, e
polo medio marabillounos con
libros como La ciudad y los
perros, La casa verde ou Con‐
versación en La Catedral, o único libro que el mesmo
salvaría da queima ( e que podedes atopar na nosa bi‐
blioteca) e outros títulos como Pantaleón y las visitado‐
ras , La fiesta del Chivo que foron adaptados ao cinema .
Trátase dun escritor de raíz ,crítico, con obras traducidas a
máis de 50 idiomas, que xa fora galardoado co Premio
Cervantes e que indiscutiblemente non deixa a ninguén
indiferente.
O espírito do Samaín está moi vivo no noso centro. Este ano organiza‐mos unha sesión de lecturas de microrrelatos de medo non aptas pa‐ra medorentos. Os diferentes participantes foron lendo e interpretan‐do as súas arrepiantes creacións literarias facéndonos pasar moito, moito medo aínda que nalgún intre botamos tamén algunhas gargalla‐das.
Estes foron os microrrelatos gañadores: 1º PREMIO
A man do medo Nunha noite fría de inverno, unha ra‐pariga duns vinte anos foise hospedar nun hotel situado ás aforas dun pe‐queno pobo chamado San Lázaro. A rapariga quedou coa habitación nº 121. A habitación era escura, cu‐nhas paredes de cor violeta e uns mobles vellos e medio comidos polas couzas. A rapaza colleu un xiz, fixo un triángulo no solo, acendeu unhas candeas, sentouse no centro e empe‐zou a berrar cunha voz de ultratumba: ‐ Mena casim carei, Mena casim carei, Mena casim carei. De súpeto o armario abriuse e del saíu unha man. O día seguinte cando a señora da lim‐peza abriu o cuarto, desaparecera to‐do: os mobles, o triángulo, a rapariga… Óscar Bouzas Rodríguez 3ºESO B
ACCÉSIT Era unha noite de tormenta. Un home estaba cuns nenos pe‐dindo caramelos e o home entra nunha casa. Abre a porta,
berra aterrorizado o... que é... unha pantasma, deus santo, socorroooooooo!! ‐Cala a boca, imbécil ‐ contesta a pantasma. ‐Non che teño medo – dixo o home. Entón a pantasma córtalle a man e aparece moito sangue. ‐Bueeeeno, agoooora si que che teño medo. Petan na porta, uns nenos que din “Truco ou Trato”, e a pantasma colle de repente e cerra a porta. O home asóma‐se pola ventá e ve un cemiterio, e ve
que as tumbas se le‐vantan, os esqueletes se moven e sae alguén con cornos, parece o deus do inferno. Vai o home e morreeee. Andrea Espasandín García 1º ESO B