boletin biblioteca

2
Non molestamos aos demais. (Se queremos falar podemos facelo con voz de biblioteca) Andamos amodiño. Coidamos todo o que hai: mobiliario, libros,ordenadores,bonecos ... Se responsable, devolve os materiais que tes en préstamo dentro do prazo, pensa que outras persoas poden querer usalos. No caso de non devolvelos, deberás repoñelos ou abonar o seu importe, para incorporalos de novo á Biblioteca. Podemos facer uso dos ordena- dores sempre con permiso do mestre de garda. A Biblioteca estará aberta no horario lectivo (1 sesión semanal cada grupo/clase co seu titor ou titora) e nos recreos. Nos recreos podes usar a Biblioteca para lectura e consulta. Tamén estará aberta todas as tardes de 4 a 5 e media agás os martes, sobre todo para o alumnado que non teña ordenador ou acceso a internet na casa. Debes presentar o teu carné de usuario/a para calquera préstamo ou devolución. Pide axuda cando non consigas atopar o libro que necesitas. Encargaranse dos préstamos o alumnado axudante da Biblioteca baixo a supervisión da/do encargada/o da Biblioteca. Prestaranse como máximo2 libros por un período non superior a 15 días. A recollida e devolución dos libros farase no recreo a través dos encargados/as. Ninguén poderá levar un novo libro, ata devolver o/os anterior/es. O préstamo quedará anotado no ordenador ZONA DE CONSULTA: dicionarios, enciclopedias, atlas, biografías … A Biblioteca conta con sete ordenadores con conexión a internet, que che permitirán atopar información sobre calquera tema. ZONA DE LITERATURA: Os libros de ficción, contos, poesías, teatro, cómics..., están ordenados por idades. ZONA DE LECTURA: Para poder gozar da lectura comodamente. ZONA DE TRABALLO : Mesa grande na que podes traballar en grupo ou individualmente. EXPOSITOR DE NOVIDADES: Últimas incorporacións. EXPOSITORES DE REVISTAS, COMICS E XORNAIS. ZONA DE AUDIOVISUAIS: Equipada con ordenadores, pantalla, canón e reprodutor de música, xunto aos andeis cos materiais audiovisuais (CDs, DVDs, CD-ROMs). Utiliza sempre os cascos. NORMAS DE USO PRÉSTAMOS Podes consultar o catálogo en Internet na páxina: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Portada.aspx Ou a través do blog da Biblioteca: http:://aventurasnabiblioteca.blogspot.com ESPAZOS HORARIO

description

normas,usuarios

Transcript of boletin biblioteca

Page 1: boletin biblioteca

Non molestamos aos demais. (Se queremos falar só podemos facelo con voz de biblioteca)

Andamos amodiño. Coidamos todo o que hai: mobiliario,

libros,ordenadores,bonecos ... Se responsable, devolve os

materiais que tes en préstamo dentro do prazo, pensa que outras persoas poden querer usalos. No caso de non devolvelos, deberás repoñelos ou abonar o seu importe, para incorporalos de novo á Biblioteca.

Podemos facer uso dos ordena-dores sempre con permiso do mestre de garda.

A Biblioteca estará aberta no horario lectivo (1 sesión semanal cada grupo/clase co seu titor ou titora) e nos recreos. Nos recreos podes usar a Biblioteca para lectura e consulta. Tamén estará aberta todas as tardes de 4 a 5 e media agás os martes, sobre todo para o alumnado que non teña ordenador ou acceso a internet na casa.

Debes presentar o teu carné de usuario/a para calquera préstamo ou devolución.

Pide axuda cando non consigas atopar o libro que necesitas.

Encargaranse dos préstamos o alumnado axudante da Biblioteca baixo a supervisión da/do encargada/o da Biblioteca.

Prestaranse como máximo2 libros por un período non superior a 15 días.

A recollida e devolución dos libros farase no recreo a través dos encargados/as.

Ninguén poderá levar un novo libro, ata devolver o/os anterior/es.

O préstamo quedará anotado no ordenador

ZONA DE CONSULTA: dicionarios, enciclopedias, atlas, biografías …

A Biblioteca conta con sete ordenadores con conexión a internet, que che permitirán atopar información sobre calquera tema. ZONA DE LITERATURA: Os libros de

ficción, contos, poesías, teatro, cómics..., están ordenados por idades.

ZONA DE LECTURA: Para poder gozar da lectura comodamente.

ZONA DE TRABALLO : Mesa grande na que podes traballar en grupo ou individualmente.

EXPOSITOR DE NOVIDADES: Últimas incorporacións.

EXPOSITORES DE REVISTAS, COMICS E XORNAIS.

ZONA DE AUDIOVISUAIS: Equipada con ordenadores, pantalla, canón e reprodutor de música, xunto aos andeis cos materiais audiovisuais (CDs, DVDs, CD-ROMs). Utiliza sempre os cascos.

NORMAS DE USO

PRÉSTAMOS

Podes consultar o catálogo en Internet na páxina: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Portada.aspx Ou a través do blog da Biblioteca: http:://aventurasnabiblioteca.blogspot.com

ESPAZOS

HORARIO

Page 2: boletin biblioteca

Para atopar os libros que buscas debes ter en conta a etiqueta (“tello”) que teñen colocada na parte inferior do lombo.

O nº da CDU, neste caso: LITERATURA-NARRATIVA 3 primeiras letras do apelido do autor en maiúsculas 3 primeiras letras do título en minúsculas

Os libros de literatura están ordenados por cores : Pre-lectores Primeiros lectores Lectores autónomos Lectores expertos Xuvenil-Adultos

Os libros clasifícanse polas materias das que tratan ( CDU ) A cada materia correspóndelle un número dende o 0 ata o 9

82-N LOB con

GUÍA DA BIBLIOTECA

2009-2010

CEIP San Isidro- NEDA

Vinde á Biblio

comigo !!!

Xa imos!!!