BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE...

12
BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS NEGOCIOS DO CONCELLO DE PONTEAREAS AFECTADOS POLA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA POLO COVID-19 Artigo 1. Obxeto e finalidade O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, diante das consecuencias derivadas da crisis provocada polo COVID-19, e minimizar a grave situación social e económica á que se enfrontan os negocios con domicilio social e fiscal en Ponteareas e que resultaron afectados, total o parcialmente na súa actividade pola declaración do estado de alarma polo COVID-19. Como consecuencia do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (En diante Real Decreto 463/2020) produciuse o cese da actividade dun gran número de negocios no concello de Ponteareas e outros, aínda que abertos, viron minguada en gran parte a súa actividade Estas circunstancias excepcionais xustifican o interese público, social, económico e humanitario que dificultan a convocatoria de axudas en réxime de concorrencia e xustifican a concesión en réxime de concesión directa, e cun procedemento de tramitación de urxencia, que permita reducir os prazos fixados para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Ademais, as actuacións, teñen o carácter de máxima urxencia. Razón pola que en aplicación do apartado 4 da disposición adicional cuarta do R.D.463/2020, a suspensión de prazos non se aplicará neste procedemento. O obxectivo é protexer o interese xeral dos cidadáns de Ponteareas, prestando apoio inmediato ás persoas autónomas e empresas citadas para minimizar o inevitable dano económico causado pola crisis sanitaria do COVID-19 na economía local e asegurar que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, a reactivación da economía do noso concello. Artigo 2. Normativa aplicable Esta convocatoria rexerase, con carácter xeral, polo disposto nas bases reguladoras, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante LXS) e o seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, de 21 de xullo (en diante RLXS) e nas Bases de execución do Orzamento Municipal para o exercicio 2020 e, ademais, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento 1 de 12 Cod. Validación: 6XHZN2MJJFZ7QZ7FX79XFKXK2 | Corrección: https://ponteareas.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 12

Transcript of BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE...

Page 1: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS NEGOCIOS DO CONCELLO DE PONTEAREAS AFECTADOS POLA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA POLO COVID-19

Artigo 1. Obxeto e finalidade

O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, diante das consecuencias derivadas da crisis provocada polo COVID-19, e minimizar a grave situación social e económica á que se enfrontan os negocios con domicilio social e fiscal en Ponteareas e que resultaron afectados, total o parcialmente na súa actividade pola declaración do estado de alarma polo COVID-19.

Como consecuencia do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (En diante Real Decreto 463/2020) produciuse o cese da actividade dun gran número de negocios no concello de Ponteareas e outros, aínda que abertos, viron minguada en gran parte a súa actividade

Estas circunstancias excepcionais xustifican o interese público, social, económico e humanitario que dificultan a convocatoria de axudas en réxime de concorrencia e xustifican a concesión en réxime de concesión directa, e cun procedemento de tramitación de urxencia, que permita reducir os prazos fixados para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Ademais, as actuacións, teñen o carácter de máxima urxencia. Razón pola que en aplicación do apartado 4 da disposición adicional cuarta do R.D.463/2020, a suspensión de prazos non se aplicará neste procedemento.

O obxectivo é protexer o interese xeral dos cidadáns de Ponteareas, prestando apoio inmediato ás persoas autónomas e empresas citadas para minimizar o inevitable dano económico causado pola crisis sanitaria do COVID-19 na economía local e asegurar que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, a reactivación da economía do noso concello.

Artigo 2. Normativa aplicable

Esta convocatoria rexerase, con carácter xeral, polo disposto nas bases reguladoras, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante LXS) e o seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, de 21 de xullo (en diante RLXS) e nas Bases de execución do Orzamento Municipal para o exercicio 2020 e, ademais, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento

1 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

1 a

12

Page 2: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

Administrativo Común das Administracións Públicas e calquera outra disposición normativa que pola súa natureza poida ser aplicable.

Estas subvencións concederanse de forma directa, en aplicación do previsto no artigo 22. apartado 2.c da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, por concorrer razóns de interese público, económico, social e humanitario, en virtude das circunstancias provocadas pola crise sanitaria do COVID-19 e a declaración do estado de alarma nas persoas traballadoras autónomas, comerciantes e pequenas empresas que conforman unha parte fundamental da economía de Ponteareas, así como o apartado VIII da Base 45 das Bases de Execución do Orzamento municipal para 2020.

Artigo 3. Financiamento e contía

O importe destinado a esta convocatoria é de 50.000,00 euros, cantidade que poderá ampliarse sen requirir unha nova convocatoria no caso de esgotar todo o crédito destinado á convocatoria e quedando solicitudes sen atender, e realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 24100-470000 incluída no orzamento do Concello de Ponteareas para o exercicio 2020.

A axuda consistirá nunha cantidade única coa que se apoia o compromiso de manter a actividade económica e o emprego.

1. Concederase unha cantidade fixa de 500 € para as persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que se viu afectada polo peche de establecementos disposto no Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, que modifica o artigo 10 do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.

2. Concederase unha contía fixa de 300 € a aqueles autónomos do sector do comercio, hostalería, servizos, cultura ou venda ambulante que non se viran afectados polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo, sempre e cando sufriran unha redución da súa facturación durante o mes seguinte a declaración do estado de alarma superior ao 40%, con relación á media do último ano natural, 2019.

Cando un autónomo non leve de alta os 12 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade. Esta redución de facturación deberase xustificar ca presentación da documentación requirida e que se estime oportuna por parte do Concello.

Artigo 4. Beneficiarios

As persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que resultou afectada polo peche de establecementos previsto polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, que modifica o artigo 10 do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, declarando o

2 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

2 a

12

Page 3: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria provocada polo COVID-19.

Tamén poderán beneficiarse aquelas persoas físicas ou xurídicas que pola actividade que desenvolven sufriran unha redución da súa facturación durante o mes seguinte á declaración do estado de alarma superior ao 40%, con relación á media efectuada no semestre natural anterior á declaración de estado de alarma.

Concederase unha única axuda por persoa física ou xurídica solicitante.

4.1. Requisitos

1. Deben ser persoas físicas ou xurídicas co seu domicilio social e fiscal no Concello de Ponteareas, e estar de alta coa actividade o 1 de marzo de 2020.

2. A presentación da solicitude de axuda por parte do representante da actividade irá acompañada dunha declaración xurada de acordo co ANEXO II destas bases e na que se faga constar que é titular dunha actividade que se atopa pechada como consecuencia da declaración do estado de alarma, que cumpre os requisitos esixidos nestas bases para solicitar a axuda e que se compromete a manter a actividade económica e as persoas contratadas, se as houbese, no momento do peche, durante os 4 meses seguintes ao levantamento da declaración do estado de alarma que permita a apertura da actividade.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarios; os autónomos que ademais traballen por conta allea, nen as persoas ou entidades nas que concorra algunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei xeral de subvencións 38/2003, do 17 de novembro (estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Facenda estatal, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, nen co concello de Ponteareas. Requisito que debe cumprirse dende a data de presentación da solicitude ata a data de pago da subvención, no seu caso).

Artigo 5. Prazo e presentación de solicitudes

1. A información para a obtención das axudas reguladas nesta convocatoria estará a disposición na web do concello de Ponteareas e na sede electrónica

2. As solicitudes realizaranse no modelo que se achega a esta convocatoria (anexo I). A presentación da solicitude será feita pola persoa física ou polo representante legal da persoa xurídica titular do negocio, preferentemente por

3 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

3 a

12

Page 4: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

medios telemáticos a través da sede electrónica do Concello de Ponteareas ou por calquera dos medios indicados. no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e ata 30 días naturais despois de rematado o estado de alarma, extracto que remitirá a Base de Datos Nacional de Subvencións que o Concello remitirá a tal organismo. As solicitudes irán dirixidas ao Alcalde.

3. A presentación da solicitude de subvención fóra do prazo fixado, e a falta de presentación da documentación esixida nestas bases, serán causas de inadmisión.

Á solicitude irá acompañada dos seguintes documentos:

1) Acreditación da personalidade do solicitante mediante fotocopia do DNI vixente, ben do empresario autónomo ou do representante no caso dunha persoa xurídica, nese caso presentarase o CIF, os actos de constitución e a documentación acreditativa. da representación que ostenta.

2) En caso de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica debe nomearse un representante apoderado, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación ou comunidade de bens.

3) Resolución/certificación de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

4) Documento bancario ou similar que acredite o número e a titularidade da conta en onde efectuar o ingreso da subvención. Aceptarase a presentación de calquera documento (recibo, copia da conta de aforro, etc.) que posibilite a identificación do número de conta e o seu titular.

5) Nos casos nos que non houbo peche do establecemento, segundo o disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo, pero que sufriron unha redución da súa facturación durante o mes seguinte á declaración do estado de alarma superior ao 40%, con relación á media efectuada no último ano natural, 2019. Deberase acreditar tal circunstancia mediante a aportación da información contable que o xustifique. Para esta xustificación poderá presentar algunha das seguintes documentacións contables:

Declaración anual do IVE

Copia do libro de rexistro de facturas emitidas e recibidas

O libro diario de ingresos e gastos

O libro rexistro de ventas e ingresos

O libro de compras e gastos.

4 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

4 a

12

Page 5: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

Cando o solicitante non este obrigado a levar os libros que acreditan o volume da súa actividade, deberá acreditar a redución de cando menos o 40% esixida por calquera medio de proba admitido en dereito.

No caso de que o solicitante actúe con representante, deberase aportar documento que acredite o correspondente poder.

6) Declaración xurada. Anexo II.7) Autorización asinada para que o Concello poida obter os xustificantes oportunos de que o beneficiario está ao corrente de pago nas súas obrigas coa Seguridade Social, Axencia Tributaria do Estado, Axencia Tributaria de Galicia e Concello.-

Artigo 6. Instrución e procedemento

A concesión da subvención regulada nesta convocatoria, realizarase conforme co establecido nos artigos 22.2 y 28 de la LXS.

O procedemento para a concesión desta axuda iniciarase, unha vez aberto o prazo de presentación de solicitudes.

O Alcalde designará aos empregados responsables do procedemento de tramitación e resolución de concesión da axuda.

Se a solicitude non cumpre os requisitos establecidos na presente norma reguladora da convocatoria, o órgano competente requirirá ao interesado para que o solucione no prazo máximo e improrrogable de 5 días, indicándolle que se non o fai, terase por desistido da súa solicitude.

Unha vez avaliadas as solicitudes, o alcalde formulará semanalmente propostas de resolución provisional debidamente motivada, que será notificada aos interesados mediante publicación no taboleiro web e anuncios do Concello de Ponteareas, concedendo un prazo de 5 días para presentar alegacións.

Despois de examinar as alegacións, de ser o caso, unha vez aprobada a proposta de resolución definitiva, o órgano competente resolverá o procedemento. A resolución, ademais de conter o solicitante ou relación de solicitantes aos que se concede a subvención, fará constar, no seu caso, expresamente, a desestimación das solicitudes que non cumpran os requisitos.

5 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

5 a

12

Page 6: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

A valoración das solicitudes de subvención presentadas, unha vez comprobado que as mesmas reúnen todos os requisitos establecidos na convocatoria, realizarase mediante informe que se elevará ao órgano competente. A resolución de concesión e/ou denegación das axudas corresponderá a Alcalde-Presidente, eximíndose a obriga de incorporar a proposta de convenio a asinar prevista no apartado VIII da Base de Execución 45, dada a premura na tramitación destas subvencións (artigo 21.1.m da Lei 7/1985).

A resolución das axudas efectuarase por orde de entrada das solicitudes que reúnan todos os requisitos para poder ser valoradas ata esgotarse o crédito orzamentario destinado a esta convocatoria de axudas. No caso de que haxa que corrixir algunha solicitude, considerarase a estes efectos a data na que a solicitude este completa e sexa posible a súa valoración.

O prazo máximo de resolución e notificación será de tres meses a contar do seguinte á finalización do prazo de presentación das solicitudes.

O vencemento do prazo máximo sen terse notificado a resolución lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de subvención.

O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa De conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, contra dita resolución poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o Alcalde deste concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a recepción da notificación, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, a contar a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, de acordo co Artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa

Artigo 7. Forma de pago

Coa resolución de concesión, adiantarase o 100% do importe concedido, liberando aos beneficiarios do establecemento de garantías. Dado que é unha subvención prepagable de acordo co disposto na base 45 das Bases de Execución do Orzamento e ante imposibildade de que a Xunta de Goberno adopte o acordo a que fai referencia o apartado V da indicada base, esta Alcaldía en aplicación do disposto no artigo 21.1.m) da Lei Reguladora das Bases de Récime Local adopta tal decisión e para elo xustifica a concesión destas subvencións a favor das persoas determinadas nestas bases en consideración á grave crise económica provocada pola pandemia do

6 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

6 a

12

Page 7: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

Covid-19, asegurando que se respeta a legalidade en materia de subvencións e que coa firma do anexo II se cumpre coa existencia de sinatura de compromiso de presentar xustificantes da subvención. Resulta claro que o motivo da subvención impide que sexa postpagable e expost e o prazo de xustificación poderá ir máis alá do 31-12-2020 en virtude da duración incerta do estado de alarma. Asimesmo coa autorización para solicitar se o beneficiario está ao corrente das súas obrigas garantese tamén o disposto no apartado V citado.

Artigo 8. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo do disposto no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 Novembro, as subvencións xerais, son obrigacións dos beneficiarios:

O mantemento da actividade económica e das persoas contratadas, de ser o caso, no momento do peche, durante os catro meses seguintes ao levantamento da declaración do estado de alarma que permita a apertura da actividade.

Así mesmo, e nos termos previstos no artigo 11.3 LXS, a agrupación ou comunidade de bens non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición a que fan referencia os artigos 39 e 65 LXS. Así mesmo, en caso de concesión da subvención, a resolución conterá as porcentaxes de participación das persoas integrantes na entidade beneficiaria, en función dos cales participarán nos dereitos e obrigas derivados do outorgamento da subvención, e no seu caso, do seu reintegro.

Artigo 9. Xustificación das axudas

No prazo máximo de 6 meses despois do levantamento do estado de alarma, as persoas beneficiarias da subvención terán que presentar por rexistro, copia e orixinal que será devolto posteriormente á súa comprobación, da seguinte documentación:

a) Informe actualizado sobre a vida laboral do solicitante emitido pola Seguridade Social onde quede acreditado que o negocio estaba dado de alta na data da declaración do estado de alarma, é dicir, o 14 de marzo e que estivo mantendo a súa actividade durante os 4 meses posteriores ao levantamento da declaración de estado de alarma.

b) No seu caso, acreditación do número de traballadores da empresa e que os mesmos continúan contratados durante os 4 meses posteriores ao levantamento da declaración do estado de alarma que permita a apertura da actividade. Para isto aportará a relación nominal de traballadores.

Artigo 10. Compatibilidade con outras subvencións

7 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

7 a

12

Page 8: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención, ingresos ou recurso para a mesma finalidade, procedentes de calquera administracións ou entidades públicas ou privadas, autonómicas, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. En ningún caso o importe da subvención unido ao de outras posibles axudas, para a mesma finalidade, poderá superar a minoración de ingresos da actividade como consecuencia da crise provocada polo coronavirus

Artigo 11. Reintegro da subvención

O reembolso total ou parcial da subvención será acordado polo órgano outorgante da mesma, respondendo sempre ao principio de proporcionalidade, e atendendo ás seguintes circunstancias:

a) Non mantemento da actividade e número de persoas contratadas na súa actividade durante os catro meses posteriores á presentación da declaración do estado de alarma que lle permita a apertura da súa actividade.

b) Incumprimento da obriga de xustificar.c) Resistencia, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro.d) Falsidade nos datos facilitados para acollerse á solicitude de axuda.

Artigo 12. Comprobación e control financeiro

As actuacións subvencionadas poden estar suxeitas a verificación e control financeiro en calquera fase da súa execución por parte do Concello. A persoa ou entidade beneficiaria debe facilitar o acceso ao lugar da acción e aportar canta documentación lle sexa requirida no exercicio destas actuacións.

O control financeiro terá como obxectivo verificar a correcta obtención dos fondos, o cumprimento das obrigas na aplicación dos fondos recibidos e a correcta xustificación da subvención.

Artigo 13. Responsabilidade e réxime sancionador

En todo caso, estarase ao disposto con carácter xeral polo Título IV da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións.

Disposición final única

Nos asuntos non previstos nestas bases rexirá o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, así como o disposto na Base 45 das Bases de Execución do Orzamento para 2020.-

8 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

8 a

12

Page 9: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

ANEXO I

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NA CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS NEGOCIOS DO CONCELLO DE PONTEAREAS AFECTADOS POLA DECLARACIÓN DO

ESTADO DE ALARMA POLO COVID-19

DATOS DO SOLICITANTE

DNI:

CIF:

NOME:

RAZÓN SOCIAL:

CNAE (Actividade en letra)

Nº CNAE

DOMICILIO LOCALIDADE C.P.

TELÉFONO e-mail Nº CONTA COTIZACIÓN S.S.

DATOS DO REPRESENTANTE LEGAL OU APODERADO

NOME A APELIDOS TELÉFONO e-mail

PERSOA DE CONTACTO PARA ACLARACIÓNS SOBRE A SOLICITUDE

NOME A APELIDOS TELÉFONO e-mail

9 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

9 a

12

Page 10: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

DATOS A EFECTOS DE NOTIFICACION (non cubrir se e o mesmo do solicitante)

DOMICILIO LOCALIDADE CP

DOCUMENTACION QUE ACOMPAÑA A ESTA SOLICITUDE

DNI do solicitante

CIF da entidade

Escritura de constitución da persoa xurídica, inscrita no correspondente Rexistro.

DNI do representante (no seu caso)

Poder do representate e da que presenta a solicitude no caso de non ser a mesma persoa.

Certificado de conta bancaria do solicitante

O abaixo asinante, presenta esta solicitude, perante o concello de Ponteareas, asumindo a totalidade da regulación aplicable á presente convocatoria con todas as obrigas que da mesma se deriven, o tempo que declara, a veracidade dos datos nela citados e autoriza ao concello de Ponteareas para consultar nas distintas administracións públicas a súa situación en relación a:

Estar ao corrento no pagamento das obrigas tributarias coa AEATEstar ao corrente no pagamento das obrigas tributarias coa ATRIGAEstar ao corrente no pagamento das obrigas sociais coa SEGURIDADE SOCIALEstar ao corrente no pagamento das obrigas tritutarias do ORAL e concello

No nome da entidade solicitante e como representante da mesma, acepto a subvención no caso de ser concedida e nos términos nos que se me conceda.

Ponteareas, ....... de .......................... de 20

(Sinatura do solicitante)

10 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

10 a

12

Page 11: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

ANEXO II

DECLARACION RESPONSABLE

D. / Dna.:

con DNI nº:

na súa condición de:

tendo solicitado ao Concello de Ponteareas participar na convocatoria de AXUDAS ECONÓMICAS AOS NEGOCIOS DO CONCELLO DE PONTEAREAS AFECTADOS POLA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA POLO COVID-19

DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE:

a) Que non teño pendente a xustificación ningunha subvención recibida do Concello de Ponteareas.

b).- Que nin a persoa física solicitante nin, no seu caso, os representantes legais da persoa xurídica solicitante, se atopan en ningún dos supostos de exclusión para a obtención de axudas públicas á que se refire o artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro Xeral de Subvencións.

c).- Que a persoa física ou xurídica solicitante atopase ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e frente á Seguridade Social, segundo o previsto nos artigos 18 e 19 do Regulamento de Subvencións, aprobado por Real Decreto 887/2006 de 21 de xullo.

d).- Que a persoa física ou xurídica solicitante está ao corrente no cumprimento das súas obrigas co Concello de Ponteareas.

e).- Que a persoa física ou xurídica solicitante está ao corrente no pago de obrigas por reintegro de subvencións nos términos do artigo 21 do citado Regulamento.

f).- Que a actividade que realizo viuse afectada polo disposto polo RD 465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo.

g).- Que me comprometo ao mantemento da actividade económica e das persoas contratadas, si as hubera, no momento de aplicación do estado de alarma decretado polo RD 463/2020, durante os 4 meses seguintes

Ponteareas, ....... de .......................... de 20

(Sinatura do declarante)

11 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

11 a

12

Page 12: BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE URXENCIA DE ...ponteareas.gal/xiralda/uploads/...directa-por-peche... · ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e

12 de 12

Cod

. Val

idac

ión:

6XH

ZN2M

JJFZ

7QZ7

FX79

XFKX

K2 |

Cor

recc

ión:

http

s://p

onte

area

s.se

dele

ctro

nica

.gal

/ D

ocum

ento

asi

nado

ele

ctro

nica

men

te d

esde

a p

lata

form

a xe

stio

na e

sPub

lico

| Páx

ina

12 a

12