Bases concurso de fotografía Noite Aberta de Boiro en Facebook

4
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “LUCES DE NOITE ABERTA” Gaña 1 bono gastronómico de Arousa Norte Quen pode participar? Os maiores de 14 anos Que hai que facer para participar? Simplemente tes que pasarte pola Oficina de Turismo entre ás 19:00 e ás 23:00 e subir ás fotos relacionadas coa NOITE ABERTA a Facebook co hashtag #ConcursoArousaNorte Hai que rexistrarse en algún sitio? Si. Na Oficina de Turismo tes que inscribirte para participar no concurso Cal é o período de duración do concurso? Desde ás 19:00 ata ás 24:00 horas do Sábado 16 de novembro poderás subir ás fotos. Desde ás 19:00 h do sábado 16 ata ás 23:00 horas do Domingo 17 de novembro poderás votar ás fotos. Como e cando coñeceremos ás puntuacións do ranking? Teremos un código QR nas pegatinas dos concursantes e nos trípticos da Noite Aberta onde poderemos ver o ranking a tempo real. O 17 de novembro ás 23:00 faremos o reconto final de votacións. Quen será o gañador? O participante que máis votos consiga. No caso de empate , realizarase un sorteo para elixir ganador. Como llo comunicamos aos gañadores? Publicámolo na web do concello, ao día seguinte de rematar o concurso e poñémonos en contacto persoalmente co gañador En que consiste o premio? O premio consiste nun Bono Gastronómico de Arousa Norte Que condicións ten a execución do bono? O gañador dispón de 4 días desde a comunicación do premio para aceptalo. A execución do premio se realizará sempre baixo reserva e antes do 31 de decembro de 2013 PARA MAIS INFORMACIÓN PODES CONTACTAR CON: OFICINA DE TURISMO DE BOIRO 981 84 26 54 OU CONSULTAR AS BASES ESTENDIDAS DO CONCURSO EN: www.boiroaberto.com www.facebook.com/arousanorte

description

#ConcursoArousaNorte

Transcript of Bases concurso de fotografía Noite Aberta de Boiro en Facebook

Page 1: Bases concurso de fotografía Noite Aberta de Boiro en Facebook

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “LUCES DE NOITE ABERTA”

Gaña 1 bono gastronómico de Arousa Norte

Quen pode participar?

Os maiores de 14 anos

Que hai que facer para participar?

Simplemente tes que pasarte pola Oficina de Turismo entre ás 19:00 e ás 23:00 e subir ás fotos

relacionadas coa NOITE ABERTA a Facebook co hashtag #ConcursoArousaNorte

Hai que rexistrarse en algún sitio?

Si. Na Oficina de Turismo tes que inscribirte para participar no concurso

Cal é o período de duración do concurso?

Desde ás 19:00 ata ás 24:00 horas do Sábado 16 de novembro poderás subir ás fotos.

Desde ás 19:00 h do sábado 16 ata ás 23:00 horas do Domingo 17 de novembro poderás votar ás fotos.

Como e cando coñeceremos ás puntuacións do ranking?

Teremos un código QR nas pegatinas dos concursantes e nos trípticos da Noite Aberta onde poderemos

ver o ranking a tempo real. O 17 de novembro ás 23:00 faremos o reconto final de votacións.

Quen será o gañador?

O participante que máis votos consiga. No caso de empate , realizarase un sorteo para elixir ganador.

Como llo comunicamos aos gañadores?

Publicámolo na web do concello, ao día seguinte de rematar o concurso e poñémonos en contacto

persoalmente co gañador

En que consiste o premio?

O premio consiste nun Bono Gastronómico de Arousa Norte

Que condicións ten a execución do bono?

O gañador dispón de 4 días desde a comunicación do premio para aceptalo. A execución do premio se

realizará sempre baixo reserva e antes do 31 de decembro de 2013

PARA MAIS INFORMACIÓN PODES CONTACTAR CON:

OFICINA DE TURISMO DE BOIRO 981 84 26 54

OU CONSULTAR AS BASES ESTENDIDAS DO CONCURSO EN:

www.boiroaberto.com

www.facebook.com/arousanorte

Page 2: Bases concurso de fotografía Noite Aberta de Boiro en Facebook

BASES ESTENDIDAS

Bases do concurso

Concello de Boiro en adiante (o promotor do concurso), pon en marcha un concurso fotográfico na

Noite Aberta do Sábado 16 de Novembro

Para participar, soamente tes que vir pola Oficina de Turismo e rexistrarte.

O concurso consiste en subir unha foto en facebook co hashtag #ConcursoNoiteAberta e conseguir o

maior número posible de “me gustas”. Será unha foto orixinal.

A foto que máis votos leve recibirá un Bono gastronómico para 2 persoas (valorado en 50€) a canxear

antes do 31 de decembro de 2013.

BASE 1ª: OBXECTO

Turismo de Boiro convoca un concurso de fotografía para maiores de 14 anos, co gallo de dinamizar a Noite Aberta.

Con este concurso preténdese premiar as fotografías orixinais máis votadas

BASE 2ª: O PREMIO

Existe un único premio que consiste nun Bono Gastronómico para dúas persoas.

O premio poderase canxear antes do 31 de decembro.

O GANADOR será O que consiga máis votos ( maior nº de “me gustas”). En caso de empate asignarase o premio por sorteo.

Os votos serán visibles por tódolos participantes da páxina en todo momento. Poderemos ver as fotos subidas en tempo real no código QR que os fotógrafos levarán nunha pegatina ou nos folletos da Noite Aberta.

BASE 3ª: OS PARTICIPANTES E VOTANTES

Existen dúas figuras neste concurso: o PARTICIPANTE e o VOTANTE.

O PARTICIPANTE, persoa física, maior de 14 anos.

A participación no presente concurso presupón:

A aceptación íntegra de tódalas cláusulas contidas nestas bases.

A autorización, por parte do autor, para publicar as fotos na nosa páxina web, indicando o seu nome e apelidos, e localidade de residencia.

A autorización para incluír os datos persoais do concursante nunha Base de Datos, propiedade de Concello de Boiro, para futuras comunicacións. Non obstante, os interesados poderán, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, oposición e no seu caso, cancelación, previstos na L.O. 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de carácter persoal, mediante comunicación escrita.

O VOTANTE é a figura clave para o devenir do concurso porque son os seus votos os que se medirán para proclamar ao vencedor do concurso. Pode votar a tantas fotos como queira pero soamente pode facelo unha vez por foto.

Page 3: Bases concurso de fotografía Noite Aberta de Boiro en Facebook

BASE 4ª: DURACIÓN E MEDICIÓNS

Os participantes poderán subir as súas fotos a #ConcursoNoiteAberta dende ás 19:00 ás 00:00 do sábado 16 de novembro. Calquera foto subida a partir desta hora quedará fora de concurso.

O participante que suba as súas fotos máis tarde ten a mesma data límite indicada como fin. Polo tanto, o participante que máis tarde suba a súa foto, terá menos tempo físico para recibir os seus votos.

As medicións dos votos do concurso para proclamar o ganador iniciaranse o día 17 de noviembro ás 23:00 horas.

Ao longo do día 18 de Noviembro comunicaremos o ganador na nosa páxina web www.boiro.org e persoalmente.

O promotor do concurso reservase o dereito a suspender, aprazar ou cancelar o concurso, en calquera momento anterior a súa finalización, sempre que existan causas que así o xustifiquen. Tamén poderá ampliar o prazo si o considera oportuno, ou modificar as bases si así o considera oportuno, e non afecta a aspectos fundamentais das mesmas. Asemade, o promotor reservase o dereito de evitar que sobre este concurso se establezan sistemas de especulación ou de negocios, ou unha participación fraudulenta. A tal fin, poderá exercitar as accións legais que estime oportunas.

O dereito de reclamar o premio caducará o día 15 de decembrp de 2013 , data tope para disfrutar el premio, non podendo ser reclamado posteriormente a esa data.

BASE 5ª: MECÁNICA DO CONCURSO

3.1.- Limitante de participación: O PARTICIPANTE deberá ser maior de 14 anos.

3.2.- Requisitos de rexistro: para rexistrarse no concurso como PARTICIPANTE, este deberá inscribirse na Oficina de Turismo, sita en Praza de Galicia. A no aceptación deste rexistro implica directamente a non participación no concurso.

1. Cumprimentación de tódolos datos que se lle solicitan na inscrición como PARTICIPANTE e estes deberán ser veraces. Contrastaranse co DNI, que se solicitará obrigatoriamente no caso do GANADOR. O promotor reservase o dereito a solicitar DNI como comprobación aleatoria da veracidade dos datos dos participantes.

2. Soamente entrarán en concurso aqueles que participen a través da páxina de Facebook anteriormente mencionada, e que previamente se teñan rexistrado. Non se aceptarán propostas recibidas por e-mail nin de ningún outro modo que non sexa o anteriormente especificado.

3.2.- REQUISITOS das FOTOGRAFIASa concurso:

1. O tema das fotografías é LUCES DE NOITE ABERTA 2. As fotografías deben ser orixinais, non editadas con ordenador de xeito que altere

significativamente o resultado e o seu tamaño máximo non debe superar, en ningún caso, os 4MB.

3. Os concursantes poderán dar título á foto, e preferiblemente, ademais dunha pequena descrición. Esta información será visible para tódolos votantes e debe servir para axudar a quen vote a foto.

4. Quedarán fora de concurso todas aquelas fotografías que puideran atentar contra o bo gusto, as que intenten facer publicidade (explícita y/o encuberta), o non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases. Se lle comunicará previamente ao PARTICIPANTE dándolle a opción de subir unha nova foto.

5. Quedarán fora de concurso aqueles que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases.

3.3.- Límites e Autorizacións. 1. Cada participante poderá enviar un máximo dunha fotografía. Si se envían máis

fotografías, estas non serán publicadas (soamente se publicará a primeira en chegar).

Page 4: Bases concurso de fotografía Noite Aberta de Boiro en Facebook

2. O nome dos ganador publicarase o luns, 18 de novembro na web www.boiro.org (ver base 4ª)

3.4.- Entrega de premios. 1. O premio será entregado ao ganador previa comprobación de cumprimento

dos requisitos para concursar (rexistro na Oficina de Turismo+DNI para comprobar identidade).

2. O PROMOTOR notificará ao ganador o modo de recoller o seu premio, persoalmente.

3. Si o premiado fose menor de idade o estivese incapacitado, será necesario o consentimento dos seus pais ou titores para a aceptación do premio.

3.5.- Recollida de Premio: O prazo para contactar para confirmar a asignación do premio é de 4 días a partir do día da publicación na nosa páxina web. Si en 4 días non conseguimos contactar có premiado, o premio trasladarase ao segundo concursante que máis votos teña conseguido. O dereito a canxear o premio caducará o día 30 de decembro do 2013, data tope para disfrutalo, non podendo ser reclamado posteriormente a esa data.

BASE 6ª: CESIÓN DE DEREITOS

A aceptación do premio presupón a cesión gratuíta a favor do PROMOTOR, do dereito de reprodución da fotografía por parte do autor; dereito dos que fará uso Concello de Boiro conforme á normativa vixente na materia. Ao igual que as fotos que xurdan da entrega do premio.

BASE 7ª: REPERCUSIÓN FISCAL

Os premios non están suxeitos a retención ou ingreso a conta, xa que de conformidade co Real Decreto 1576/2006, de 22 de Decembro, (art. 73.3f), excepciónanse de retención os premios cuxa base de retención non exceda de 300 euros. *Si por calquera circunstancia a normativa vixente a este concurso cambiara ou se interpretara de forma diferente o PROMOTOR non se fai cargo dos impostos ou imposicións aplicables ao premio.

Política de Privacidade

A recollida de datos persoais dos usuarios deste sitio web realizarase coa única finalidade de mellorar a prestación dos servizos con Concello de Boiro.

Concello de Boiro garanta a confidencialidade no tratamento dos datos de carácter persoal que se recaban, así como a implementación das medidas, tanto de orden técnico como organizativo, que garanten a súa seguridade.

Estes datos incorporaranse aos correspondentes ficheiros informatizados de Concello de Boiro e en ningún caso serán utilizados para fins comerciais ou se entregarán a terceiras partes, dacordo coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Calquera usuario pode en calquera momento exercer o dereito a acceder, rectificar e, no seu caso, cancelar os seus datos de carácter persoal subministrados a Concello de Boiro.