BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste...

64
Marta Dacosta Alonso BAIXO MIÑO

Transcript of BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste...

Page 1: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Marta Dacosta Alonso

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 3

Page 2: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Unha iniciativa da Asociación Galega de Escritores en Lingua Galega

Polas características técnicas de esta edición:© Polo texto: Marta Dacosta Alonso© Polas fotografías: Paco Vilabarros, Gore Vázquez, Alfredo López“Tokio”, Marta Dacosta e Wikipedia© Promocións Culturais Galegas, S.A. Impresión e acabamento: Norprint Artes Gráficas, S. A. 4780-583 Santo TirsoI.S.B.N.: 978-84-8341-330-2Depósito legal: VG 331-2009

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 2

Page 3: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

TTEERRRRAASS DDOO BBAAIIXXOO MMIIÑÑOO

VViiaaxxee ppoollaass tteerrrraass ddoo BBaaiixxoo MMiiññoo,, uunnhhaa lliiññaaqquuee uunnee ddoouuss ppoobbooss ee mmaannttéénn vviivvoo oo ppaattrrii--mmoonniioo ccoommúúnn,, ppoorr rriibbaa ddaass ddiiffeerreenncciiaass aaddmmii--nniissttrraattiivvaass,, uunn ccaammiiññoo ppoolloo qquuee mmiirraarr ccaarraa aaaattrrááss,, ccaarraa aa nnóóss mmeessmmooss,, eessee ppoobboo aannttiiggoo qquueeaattooppoouu nneessttee lluuggaarr eexxttrreemmoo oo sseeuu ppaarraaííssoo..

Marta Dacosta Alonso

“... alá na bretemosa foz do Miño, entre ro-chedos ríspidos e loiros areais por onde sealonga a saída do val ata o mar, fero e bruador.Alá viven os que á vez son labregos e pesca-dores, segundo os meses do ano ou as horasdo día, trocando os brazos do arado poloremo desas gamelas sardiñeiras de tan atrevi-dos abalares, e outras vegadas nas doces sin-

7

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 7

Page 4: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

graduras polo río, nos barcos pretos de empi-nada proa, nesas pesquerías á fisga, tresmallo,alcharife, nas arelantes procuras das sollas,sables e lampreas. Aí hai nova vida, por esabarra de saudades que cando está en cerrazónsabe o labrador que vai chover; esa foz que aosolpor cruzan en V as bandadas de patos emazaricos, bico ás brumas misteriosas doalén.”

Eliseo Alonso, Contos do Miño, 2001.

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 8

Page 5: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

O Baixo Miño é unha comarca situada ao surde Galiza, bañada polo río Miño que realiza afunción de ser a fronteira natural con Portu-gal. Unha fronteira que non é tal, como o de-mostra a continuidade lingüística que nospermite atopar nestas terras trazos fonéticos,léxicos e morfosintácticos, como o “teísmo”ou ausencia do pronome che, que se aseme-llan máis do portugués padrón ca do galegonormativo.

Seguen en pé as fortalezas que dan fe dunpasado de enfrontamentos. Estas fortalezasson a herdanza dun tempo en que se debe-ron fixar as fronteiras, diferenciados xa osestados de Portugal e España, e os ataquesportugueses ou españois levaron a que nune noutro lado comezasen edificarse estasfortificacións. Constrúense así no BaixoMiño as de Tui, Amorín, Goián e A Guarda,

9

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 9

Page 6: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

completándose esta liña co Mosteiro de Oia.As mesmas fortalezas que en épocas máis re-centes permitiron o paso do contrabando econ el o nacemento de toda unha literaturaoral que dá conta deste ir e vir polas calmasaugas do río, levando como equipaxe baca-llau, café, sal ou tabaco.

Unha das singularidades da comarca sonas distintas variantes lingüísticas que nela

Fortaleza de Tui

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 10

Page 7: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

podemos atopar, merecendo mención espe-cial o caso de Goián, que sobresae pola diton-gación do /é/: castialo, fiasta, canciala.Porque a comarca é suficientemente extensacomo para acoller diferentes variantes no seupercurso, e mesmo unha fala gremial: o cava-queiro, a fala dos tilleiros do Rosal que desdeestas terras viaxaban a traballar a Castela.

O Baixo Miño está composto polos conce-llos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda eOia. Historicamente estivo ligado ao Mostei-ro de Oia, que aforaba as terras de toda estacomarca e do Val Miñor, e formou parte daprovincia de Tui, con capital na vila do mes-mo nome. O relevo administrativo de Tuipode comprobarse aínda na vila, pois conser-va un fermoso casco histórico de rúas empe-dradas e estreitas e unha catedral fortaleza.

Esta comarca, xunto coa do Val Miñor, édas que conta co maior número de manifes-tación da arte prehistórica en Galiza: petró-glifos, mámoas e castros. Ademais docoñecido castro de Santa Tegra, na Guarda,ou do menos coñecido do Alto dos Cubos enTui, merecen especial mención os petrógli-fos do Monte Tetón en Tebra.

11

Marta Dacosta Alonso

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 11

Page 8: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Caracterízase tamén pola benignidade doseu clima que provoca, especialmente noconcello do Rosal, unha riqueza produtiva daterra que non só dá lugar a viños de calidade,senón que tamén produce froitas, vexetais eflores, polo que na nosa viaxe por esta co-marca veremos varias adegas e invernadoi-ros. A gastronomía é tamén xenerosa, asangulas, a lamprea, ou o sable ou zamborca,son algúns dos produtos do río; na Guardapoderemos degustar a lagosta, que conta confesta gastronómica, igual có peixe espada quese desembarca maioritariamente neste porto.Festa gastronómica ten tamén a rosca dexema, propia da Guarda, ou a rosca de ro-xóns, do Tamuxe e da parroquia de Pías, noRosal.

O Baixo Miño conta con dous espazosprotexidos, a serra da Groba e a serra do Ar-gallo, dous espazos esgrevios en que aínda éposíbel ver gando salvaxe, o mesmo gandoque logo será reunido nos curros ou rapas dasbestas, e co parque natural do Aloia. Trátase,por tanto, dunha comarca con importantesvalores naturais e paisaxísticos.

BAIXO MIÑO

12

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 12

Page 9: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Iniciemos, pois, o noso percorrido na capi-tal da provincia que foi, beireando en primei-ro lugar as ribeiras do Miño. O nome doMiño debe proceder de minio, e polo tantotería que ver coa presenza deste elemento nassúas augas. Segundo Eladio Rodríguez esteera tamén o nome dun deus adorado polosromanos, un deus que se representaría conpeixes ao redor da cabeza, tal e como se ato-pou nun mosaico dunha casa de Lugo.

O río canta en silencio ao noso paso, é unrío de nome colorado e metálico, que bautizaa rede con que se pesca o sable, un dos seusfroitos máis saborosos. Na súa ribeira goza-remos da mansedume das augas e, cando nosacheguemos á súa fin, da fermosura das súasillas, as mesmas que cantou Manuel María no“Poema das illas”, no seu libro O Miño canlede luz e néboa.

Ínsuas maiores e menores: decoradeso río...

Inconmovibles:recibides o agarimo da auga:...Caldelas de Tui e a Bohega...!

13

Marta Dacosta Alonso

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 13

Page 10: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Ouh Illa dos Amores en Goián:¿onde os soños ousados e felicesque levamos a arder no corazón?

BAIXO MIÑO

oab ix

mParque natural do Aloia

o

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 14

Page 11: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

TTUUII

“En Tui escoita-me o rio onde nasce a Muller Mariñacal sexa o seu nome.

Chuva miúda de primavera atravesa a visión, construi a cidade, é o teu nome.

A lua mingua, ilumina a Catedral no vixesimo-cuarto dia,

garda imaxes procesionais nos seus ollos vacios.

Pintamos en azuis de seda o sosego das casas onde nasce o limoeiro.”

Cesáreo Sánchez Iglesias, O rumor do distante.

Entramos en Tui desde A Louriña, camiñan-do en sentido oeste. Ao pouco de entrar noconcello tomaremos un desvío á man esquerda

15

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 15

Page 12: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

para visitar o mmoonnuummeennttoo aaooss MMáárrttiirreess ddeeSSoobbrreeddoo, que está sinalizado ao inicio destedesvío. O monumento está a uns dous quiló-metros do cruce, ao pé do monte. Este mo-numento foi erguido para rememorar amatanza dos labregos que tivo lugar en 1922,nese mesmo lugar, no contexto das mobiliza-cións pola abolición do réxime foral. Foiunha loita que se desenvolveu entre 1917 e

BAIXO MIÑO

Escultura de Xoán Oliveira

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 16

Page 13: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

1923 e que rematoupor dar os seus froitos.Neste monumento,todos os anos, o día 28de novembro, a dataen que aconteceron osfeitos, as comunidadesde montes veñen cele-brando un acto reivin-dicativo da memoriados labregos asasinados.

Volvemos á estrada principal para tomar odesvío a Guillarei, outra vez á esquerda, e di-rixirnos a CCaallddeellaass ddee TTuuii. Nesta parroquiacon tan ilustrativo nome, houbo baños ter-mais polo menos desde o século XVII, cons-truíndose o hotel-balneario en 1889 eacadando o seu máximo esplendor antes de1936. As persoas que a visiten poderán facerunha paradiña para gozar deste descanso.Nesta zona, na parroquia de PPaarraammooss, ten asúa casa e obradoiro o escultor Silverio Ri-vas.

Desde a estrada principal, despois de saírdo cruce para Guillarei, atoparemos en direc-ción oeste un novo cruce á esquerda que nos

17

Monumento aos mártires de Sobredo

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 17

Page 14: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

leva até o núcleo da parroquia de RReebboorrddáánnss,onde é recomendábel a visitar igrexa de SanBartolomé de Rebordáns, no lugar de Outei-ro, construída sobre unha antiga necrópoleromana na época sueva e que, na alta IdadeMedia, chegou ser mosteiro. Aquí estivo a séepiscopal até o seu traslado definitivo á cate-dral-fortaleza en 1170. Ao visitala debemospararnos a reparar tamén no cruceiro queestá situado no seu acceso, construído en1770.

BAIXO MIÑO

Catedral de Tui

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 18

Page 15: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

F i n a l m e n t echegamos ao nú-cleo urbano deTui, ao chegar áescultura dos ca-balos da autoríado escultor tu-dense Xoán Oliveira, desviarémonos á es-querda para baixar pola alameda, ao final dacal atoparemos o mmoonnuummeennttoo ááss vvííttiimmaass ddooffrraannqquuiissmmoo, obra de Silverio Rivas promo-vida pola Comisión pola memoria históricado Baixo Miño. Tamén aquí esta entidadevén realizando actos en memoria das víti-mas da guerra civil, na vila que foi un doslugares en que a represión actuou con máisdureza.

Estamos en TTuuii, a que foi capital da pro-vincia do mesmo nome. Chegaba a provin-cia de Tui ao nacemento da ría de Vigo e noséculo XVIII tiña a maior densidade de po-boación de Galicia; nela celebráranse asxuntas do Reino de Galicia en 1664. Tui foidesde os primeiros anos da romanizaciónun importante centro militar e sé episcopaldesde o século V, en época sueva. De feito

19

Monumento ás vítimas do franquismo

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 19

Page 16: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

tiña a categoría de capital do reino de Rekia-mundo (458-463), e a parroquia de Pazos deReis debe o seu nome a que nela estaba situa-do o pazo de Monterreal, do rei godo Witiza.Por este mesmo motivo foi obxecto de sa-queos ao longo do tempo (árabes, norman-dos, portugueses) e foi restaurada polo rei D.García e Dona Urraca.

No ano 1170 a sé localízase definitiva-mente na actual catedral que nesa altura so-fre as modificacións necesarias para sertamén fortaleza, por mandato de FernandoII. A catedral foi construída entre os anos1120 e 1180, é de estilo románico e conténelementos de estilo gótico na fachada, sendoesta a primeira construción de estilo góticoda Península, datada en 1225.

Debemos visitar o AAllooiiaa, o maxestosomonte que durante moito tempo foi identifi-cado co Medulio, un Medulio desde o que osnosos pais vixiaban a chegada do Miño aomar e esculcaban en todas as direccións paraprevir en ataques inimigos. O Aloia é Parque

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 20

Page 17: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Natural desde 1978 e Sitio Natural de intere-se nacional desde 1935.

Unha das tradiciónsdesta contorna é subir ca-miñando en romaría o díade San Xián, o primeiro dexullo. Hai quen aínda lem-bra que moitas persoas le-vaban as tellas da casa nacabeza e andaban montearriba para pór remedio ácefalalxia. Un dos camiños procede de Gon-domar, con inicio en distintas parroquias epercorrendo as abas do Galiñeiro, que coAloia forma unha serra que marca un dos lí-mites do sur de Galiza. Quen faga este cami-ño poderá visitar a Pedra do Acordo, en Prado(Morgadáns, Gondomar). Trátase dunha co-lumna pentagonal de escasa altura cunhainscrición en cada cara; está oculta, entre amaleza e apartada do camiño, xusto onde sexuntan os concellos de Tui, Gondomar e OPorriño. Non é doada de atopar, a pesar dopequeno letreiro que nola indica, o que qui-zais teña posibilitado que siga a permanecerno mesmo lugar.

Marta Dacosta Alonso

21

Pedra do Acordo

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 21

Page 18: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

No Aloia atopamos a ermida de San Xián,templo románico reconstruído no ano1713, e diante do cal descende unha enormeescalinata que baixa até a fonte do santo.Desde aquí podemos subir ao miradoiro doEnxeñeiro Areses, para despois continuarcara ao construído sobre o castelo, un cúmu-lo de penedos que se eleva nesa zona domonte. Mentres estamos nestes miradoirosdeleitámonos coas vistas que desde aquí senos ofrecen, e cismamos cal foi o pasado dese

BAIXO MIÑO

Cama de San Xián

SaN XiáN

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 22

Page 19: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

lugar, se este sería realmente o Medulio, coque coincide no seu valor de atalaia (desde osseus miradoiros podemos divisar boa parte doCondado, toda a ribeira do Miño até a Guardae o concello de Gondomar e O Porriño). Porcerto que non moi lonxe está o enigmático esingular petróglifo de Auga da laxe (na aba doGaliñeiro), que mesmo parecese o lugar deadestramento daqueles bravos devanceiros.

Ao baixar do miradoiro poderemos admi-rar a extraordinaria ordenación das pedras,unha destas formacións foi bautizada polascrenzas populares como cama de S. Xián,onde non medra a herba, e a algunha delas selle atribúen determinadas propiedades cura-tivas. Tamén din as lendas que as eguas doAloia son fecundadas polo vento. Finalmen-te dirixirémonos cara á Gran Cruz, miradoi-ro desde onde poderemos contemplar o ríoMiño dende Tui até a Guarda.

Seguindo a estrada en dirección a Tui, diri-xirémonos ao Centro de interpretación da na-tureza emprazado na casa forestal deseñadapolo enxeñeiro Areses e construída en 1921.Nela poderemos recoller diversa informaciónsobre este parque natural, en concreto sobre

Marta Dacosta Alonso

23

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 23

Page 20: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

as especies botánicas que nel atopamos, ousobre as distintas rutas de sendeirismo quese poden realizar. A continuación veremosos restos da muralla ciclópea e pasearemospola senda botánica na que atopamos, polomenos, vinte especies vexetais diferentes,entre elas o abruñeiro, o capudre e o érbedo.

Para rematar a nosa xeira, poderemos diri-xirnos ao Alto dos Cubos, para visitar os res-tos do poboado protohistórico que están enfase de escavación. Desde alí volveremos osnosos ollos cara ao Aloia, e sentirémonos or-gullosos do pasado que nos revela.

BAIXO MIÑO

Hermida de San Xián

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 24

Page 21: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Na vila, cada pedra conta a historia desde achegada dos romanos aos nosos días, unhahistoria de loita contra o tempo e contra ohome. Nas rúas de Tui unha persoa pode ter asensación de escoitar os ruídos de antano eimaxinar ao Vizconde de Tui e Conde de Ca-miña, Pedro Madruga, tal e como nolo lembraXoán Bernárdez Vilar na súa novela Un homede Vilameán, urdindo a derrota dos irmandi-ños. A novela de Bernárdez está ambientadana época da revolta irmandiña e os seus pro-tagonistas percorren as terras de Tui e Oia.

Tamén poderemos sentir no máis fondoos laios dos que morreron, a despedida deDarío Alvarez Limeses, a través dos poemas de

25

Vistas desde o miradoiro da Gran Cruz

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 25

Page 22: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Xosé María Alvarez Cáccamo no seu libro Oscadernos da ira, que deixan constancia dasatrocidades cometidas en Tui durante o golpemilitar de Franco. No arquivo da Catedral estándepositados documentos, moitos agardando aseren exhumados, que dan conta da crueldadedaqueles días. Tamén se gardan aquí algúns dossambenitos impostos pola Inquisición.

“En Tui, trinta de outubro,dilixencia acreditaexecución: Alejo,Manuel, Darío,Serafín e José,ás seis cuarenta e cincopasados polas armas...”

Xosé María Álvarez Cáccamo, Os cadernos da ira, 1999.

En Tui naceu Xosé María Alvarez Bláz-quez, no ano 1915, quen iniciou a súa carrei-ra literaria publicando nalgún xornal da vila,por volta dos anos 30. Nesta vila foi asasina-do o seu pai, Darío Álvarez Limeses o 30 deoutubro de 1936, sendo o propio Álvarez

BAIXO MIÑO

26

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 26

Page 23: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Blazquez un de tantos mestres represaliados.Son varais as obras súas en que aparecen refe-rencias a esta comarca e concretamente á vilade Tui, como o poema “Tyde” publicado nolibro Abril (1932). Este poeta e ensaísta, aquen se lle dedicou o Día das Letras galegas de2008, foi cofundador da editorial Castrelos.

En Tui reside actualmente a escritora Mar-ga do Val autora da novela O prognóstico dalúa en que os seus protagonistas percorren acomarca en noites de festa. A cidade de Tuiaparece nalgún dos poemas desta escritoramosense, así no titulado “Noticia da cidadeda lúa transparente”:

Marta Dacosta Alonso

Centro de interpretación da natureza

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 27

Page 24: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

“Alá no fondo da Corredoura tenda tasca ecasa de comidas tamén cortesE detrás hortas de nabais onde pastaban

os cabalos de Tomiño”

O 24 de xullo de 1891, Alfredo Brañassaudaba a vila de Tui:

“¡Ouh nobre e vetusta cibdade de Tui, euche saludo coa máis tola alegría, porque fu-

BAIXO MIÑO

Ponte Tui-Valença

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 28

Page 25: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

ches a pirmeira que tiveches a fertuna de darcomenzo a esta novísima idade de reconsti-tución e organización da nacionalidade gali-ciana!”

Brañas e Murguía dirixíanse aos asistentesaos Xogos Florais que se inauguraban na“máis antiga cibdade da terra gallega”, Tui. Anosa lingua e a nosa cultura renacían, e a vilamiñota era testemuña de excepción, no Tea-tro Principal, situado na praza de Frómista,un dos máis antigos de Galiza, construído en1844 e hoxe adquirido por unha fundaciónprivada nacida da iniciativa popular paraprocurar a súa rehabilitación. Diante do tea-tro realizou a Real Academia Galega no ano2006 a conmemoración dos Xogos Florais de1891.

Tui está unida a Valença por unha pontemetálica inaugurada en 1886 e que tantasveces atravesamos, é a ponte máis antiga dacomarca, un símbolo metálico dunha uniónmáis profunda, a do noso patrimonio, ese pa-trimonio oral e inmaterial que a asociacióncultural Ponte nas ondas...! está a promovercomo patrimonio da humanidade, o que

29

Marta Dacosta Alonso

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 29

Page 26: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

agardamos que suceda o antes posíbel, poisestas terras miñotas, o Baixo Miño galego e oAlto Miño portugués, son en realidade unmesmo lugar, a expresión máis exacta decanto temos en común ao longo do Atlánticopeninsular.

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 30

Page 27: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

TTOOMMIIÑÑOO

“... estou tranquilo, deitado a sestear,O Miño derrubando a umbría das súas augasNo límite impreciso dalgún vello salgueiro,Agosto culminado no centro do horizonte.”

Manuel Forcadela, Morte do fadista

En Tomiño naceu o poeta Manuel Forcade-la, na parroquia do mesmo nome co que asi-na os seus libros. O río, tal vez o río Miñocomo neste poema, está presente na súa obra,así no título do seu primeiro libro Feridaacústica de río. Na eessccoollaa ddee FFoorrccaaddeellaa foronmestres a parella Josefa García Segret e Hipó-lito García Camarero. Tras o golpe militar do36, el foi paseado e ela presa. Esta mestra foi

31

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 31

Page 28: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

autora do libro Abajo las dictaduras publica-do en Vigo en 1982, hoxe esgotado.

Entramos en Tomiño por Sobrada e Amo-rín, onde se encontra o Forte da fraga. Dirixí-monos ao centro do concello. Antes dechegar, podemos visitar á nosa dereita (a 950metros desde o cruce entre a estrada que vénde Tui e a que se dirixe ao interior de Tomi-ño) a escola AAuurroorraa ddeell PPoorrvveenniirr, construídapolos tomiñeses emigrados en América eque foi dirixida por Antón Alonso Ríos. Me-rece ser visitada e saber que nela o deputadoagrarista non só exerceu o seu maxisterio, se-

BAIXO MIÑO

Escola Aurora del Porvenir

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 32

Page 29: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

nón que tamén pensou nun sistema educati-vo galego que atendese as peculiaridades donoso país. Ao producirse o golpe militar en1936 vese obrigado a fuxir, e faino baixo aaparencia dun mendigo portugués, que da-quela cruzaba a fronteira cara a Galiza, adop-tando o nome de Siñor Afranio. Baixo estaaparencia estivo agochado moito tempo nacomarca, por exemplo na aldea de Burgueira,aínda hoxe un lugar apartado, mais que debe-mos visitar para coñecer a zona alta da co-marca, xa na serra da Groba, e comprobar aparte máis esgrevia destas terras do sur.Alonso Ríos escribiu un libro de memorias,O siñor Afranio ou como me rispei das ga-doupas da morte, onde dá conta da súa fu-xida despois do golpe militar, até embarcarcara a terras americanas.

“(Alonso Ríos) Viña nomeado director da“Escuela del Porvenir” en Tomiño, escolacreada e sostida polos emigrados da Arxenti-

Marta Dacosta Alonso

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 33

Page 30: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

na. Á frente dela permanecería dende 1931 a1936... Dende Tomiño... viaxaba pola pro-vincia, sempre entusiasta, ledo, teso no andare no dicir, aberto na ollada, realista nos xuí-zos. .. Tiña fe no trunfo do ideal redentor deGalicia e pouco lle importaba os atrancos quede momento houbese no camiño.”

Xosé María Alvarez Blázquez, “Prólogo”, O siñor Afranio, 1996.

Xusto onde se inicia o casco urbano de To-miño tomaremos unha estrada á nosa es-querda para visitar a igrexa de Santa María,

BAIXO MIÑO

Torre de TebrañOomiT

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 34

Page 31: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

edificio románico do século XII que foi aigrexa dun mosteiro de freiras beneditinas.O aspecto actual foille conferido polas obrasque se realizaron nos inicios do XIX.

A praza do Seixo é o centro de Tomiño,nela está a casa do Concello e o mercado,ateigado os mércores que é aquí o día da fei-ra. Desde aquí e pola estrada que vai cara aGondomar podemos dirixinos ás parroquias

35

Igrexa de Santa María

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 35

Page 32: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

de Tebra, San Salvador e Santa María, nestaúltima está situada a Torre de Tebra. Sabe-mos da súa existencia desde o ano 1211aproximadamente. É monumento que lem-bra que estas terras pertencían ao señorío deTebra durante a época feudal. Reedificouseen 1353, no lugar de Samuelle, foi derrubadana revolta irmandiña e erguida de novo porPedro Madruga, por volta de 1478, para serdemolida novamente polos Reis Católicos en1482. Trátase, pois, dunha testemuña pétreados conflitos políticos na Galiza altomedie-val: revolta dos irmandiños, represión polanobreza galega e erradicación da nobreza au-tóctona polos Reis Católicos no seu procesode dominación de Galiza. Na actualidade atorre está no lugar de Outeiro, foi reconstru-ída ao estilo renacentista posteriormente a1532, a petición de don Álvaro Suárez deDeza, sendo raíña Juana “la Loca”. Hoxe é depropiedade privada e non se pode visitar.

Continuando pola mesma estrada en di-rección a Gondomar, no alto de Couso, no lí-mite entre os concellos de Tomiño eGondomar, tomaremos unha pista forestal áman dereita, dirixímonos ao pé do monte

BAIXO MIÑO

36

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 36

Page 33: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Fortaleza de Vila Nova de Cerveira

Tetón. Alí, nun descampado de rochas, ató-panse os petróglifos do monte Tetón.

Outra vez á beira do río e en dirección oes-te, antes de chegar a Goián, podemos atrave-sar a ponte sobre o Miño para dirixirnos áfortaleza de Vila Nova de Cerveira desdeonde podemos divisar a costa galega do río.Tamén podemos parar nesta praciña de VilaNova que parece estar sempre ao sol, e volverá estrada cara a Goián. Nesta parroquia sitúaAgustín Fernández Paz a acción da súa nove-la Aire negro.

“... o lugar onde está radicada é excepcional:un pazo magnífico a poucos quilómetros deGoián, situado no máis alto dun outeiro que

37

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 37

Page 34: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

baixa suavemente ata as beiras do Miño, xustofronte ás pequenas illas da Boega e Vacariza, econ Vila Nova de Cerveira ollándonos desde abanda portuguesa. Trátase dun edificio cargadode historia...”

Son as instalacións do centro psiquiátricoen que o doutor protagonista coñece a LauraNovo, a muller que quedou sen fala despoisde vivir unha experiencia terríbel, algo que senos irá descubrindo ao longo da novela, nunambiente abafante e negro.

Deberemos visitar o Forte de San Lourenzo,

BAIXO MIÑO

Forte de San Lourenzo

38

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 38

Page 35: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

construído en 1644 por orde de HenriqueIV, sendo o responsábel desta primeira cons-trución o capitán xeneral de Galicia, Marquésde Tavara. Goián, como A Guarda, estivo bai-xo dominio portugués entre os anos 1664 e1668, reforzándose a fortificación con pos-terioridade a esta data. Formaba parte do sis-tema defensivo Goián-Vilanova de Cerveira.Imaxinamos asaltos e rifas entre veciños, ga-legos e portugueses que logo compartiron afiasta, que un ano se celebraba en Goián, noForte de San Lourenzo, e outro en Vila Nova,polos mesmos camiños que antano pasou oestraperlo. Aquí escoitaremos a peculiar falade Goián coa súa ditongación característica:cancialas, fiastas, xiastas, castialos.

En Goián naceu Eliseo Alonso, o escritorque conmemora a Asociación Cultural to-mando o seu nome.

“Ouh qué pantasma tan branco es, aldea miña,baixo esta lúa xeada do xaneiro campesiño.”

Eliseo Alonso, A fronteira comunicante.

Marta Dacosta Alonso

39

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 39

Page 36: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Eliseo Alonso levou estas terras miñotas ápáxina impresa nos Contos do Miño, escritosen terras americanas e que mereceron a ad-miración de Blanco Amor e Otero Pedrayo,ou no libro sobre os pescadores do río Miño,onde dá conta literaria e gráfica do labor dasxentes miñotas, pescadoras ou labregas se-gundo os meses do ano, como el mesmo di.

En Goián debemos para a tomar un café nacantina do Centro Goianés. O centro data deabril de 1914, sendo clausurado co inicio daGuerra Civil, momento en que tamén foiqueimada parte da súa biblioteca. Reábreseen 1940 e até o 1953 é o centro social máisactivo de toda a comarca. Refórmase en1952, momento en que se constrúe o pri-meiro andar, onde se sitúa o salón de actos.Durante a década dos 80 naceron no centrodiferentes entidades asociativas. Trátase,pois, dun dos centros máis dinámicos social-mente na comarca.

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 40

Page 37: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

OO RROOSSAALL

No outo da mariña voan ceibes as gaivotase a Galicia ancha ule rente ao mar coma

unha moza:Terra da Miranda e As Frieiras, Rosal e Xallas,...Todas vós sodes un colo cun meniño roibode trigo e de centeo labrado nas devesas.

Xosé Váquez Pintor, O espertar tamén é noso.

Entramos no Rosal por Tabagón, no altoatoparemos un miradoiro, oo ccaallvvaarriioo ddee TTaa--bbaaggóónn, cun cruceiro en que vemos as trescruces do calvario e desde o que podemosobservar unha fermosa panorámica sobre es-tas terras rosaleiras, a ribeira portuguesa e a

41

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 41

Page 38: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

desembocadura do río. Se todo o BaixoMiño é unha terra fértil e de benigno clima,O Rosal éo aínda máis. É terra de inverna-doiros en que parece posíbel cultivar calque-ra cousa, e onde se crían os mirabeis, esamisteriosa froita procedente da Selva Negra(Alemaña) e que vén ser unha pequenaameixa de cor verde amarelada. Tamén na-cen aquí uns saborosos viños, por iso no Ro-sal poderemos visitar varias adegas, moitasdelas situadas en casas restauradas de gran-de beleza.

42

Igrexa de Santa Martiña do RosalO RosaL

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 42

Page 39: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Varios restos arqueolóxicos dan conta deque estas terras estiveron poboadas de anti-go: petróglifos da Portela, Torroso, Chan doRei, A Valga; xacementos castrexos en Para-da, Picón ou Pombal, unha ara romana dedi-cada ao deus Mercurio, ou os sepulcrosvisigóticos antropomorfos, feitos en pedra eque deberon pertencer a un santuario medie-val. Destacaremos tamén a igrexa de SantaMariña do Rosal de orixe románica (séculoXII) e que conta con frescos de finais do XIXpintados polo guardés Manuel Ángel.

No Rosal os veciños e veciñas tamén te-ñen un xeito particular de falar, non só polaexistencia de voces xa claramente portugue-sas, senón tamén pola presenza na fala de vo-ces do cabaqueiro. Esta fala gremial foiestudada por Feliciano Trigo Díaz , é o “ver-bo”, a fala gremial dos tilleiros, ou sexa, doscabaqueiros. Feliciano Trigo é un crego queandou a estudar as falas gremiais, tentandosalvar as súas almas do inferno do esquece-mento, así deu conta do “latín dos cabaquei-ros” ou “latín dos daordes”, que el atribúe aoRosal, Oia e a Guarda, o “latín dos chafou-tas” (albaneis), que sitúa en Goián, e o “latín

Marta Dacosta Alonso

43

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 43

Page 40: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

dos bogardeiros” ou “latín dos anxos”, quevén ser a fala dos cesteiros e que sitúa en te-rras do Miño, Mondariz e Cernadela. A acti-vidade dos tilleiros ou cabaqueiros foi degrande importancia neste concello, trasladá-banse a onde os chamaban, moitas veces aCastela, e alí fabricaban as tellas e colocábanas.Unha escultura do tomiñés Xosé AntúnezPousa, situada na praza do Calvario, no cen-tro do Rosal, homenaxea este oficio. Desde1987, todos os 12 de outubro celébrase a fes-ta do Cabaqueiro.

BAIXO MIÑO

Elaboración do arco de San Brais en Tabagón

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 44

Page 41: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

“Jalleiriña, Jalleiriña,Jalleira da volandina;cual te acatis jipariapara ajuzar o xido terrisda xida Daordaria”(“Galiza, Galiza, // Galiza da miña alma;

// desexo fuxir de aquí // para ver a fermo-sa terra // da miña Daordaria”)

En San Xoán de Tabagón, por San Brais,poderemos ver o arco de 14 metros de altoque abre o camiño á igrexa, levantado conesforzo e adornado de “xiastas” (xestas) eflores, último testemuño dunha tradiciónque tiña unha maior extensión xeográfica.

Hai tempo que a beira é chaira, xunqueirae illa, mais agora descubrimos un gando queignora lindes e fronteiras, cruza o río cara ásillas e volve á ribeira, sen entender de preitosadministrativos e aproveitando o abalar do ríoque aquí, en Tabagón, é realmente xa marea.Estamos diante da illa da Canosa, lugar enque aterraban avionetas do exército subleva-do, xa desde días antes ao inicio da GuerraCivil. Así o recolle Xoán Noia en Fuxidos,memorias de un republicano gallego perse-

Marta Dacosta Alonso

baixomiño 6/7/09 10:13 Página 45

Page 42: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

guido por el franquismo (editado en Caracasen 1976). Nesta obra comenta que o 16 dexullo de 1936 aterra na Canosa unha avione-ta que transporta dous homes que puideronpasar a Portugal. O piloto non soubo dicirquen eran, nin cara a onde se dirixiran. Estafalta de información fixo que medrasen assospeitas, pensando mesmo que un dos pa-saxeiros puidese ser o propio xeneral Sanjurjo.

Tras atravesar o Tamuxe, chegamos aocruce que nos conduce ao centro do Conce-llo, a praza do Calvario, desde alí podemos

46

Muíños de Picón e Folón

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 46

Page 43: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

dirixirnos cara aos muíños do Picón e do Fo-lón, que aquí chaman muños, magnífica tes-temuña do aproveitamento da auga e doesforzo humano e unha moi recomendábelruta para realizar camiñando. Datan dos sé-culos XVIII e XIX, sendo o máis antigo undos muíños do Folón, datado no ano 1715.Están declarados Ben de Interese Cultural eson 61 muíños, 36 na ribeira do Folón, e 25na do Picón, que xeraron ao redor da súa acti-vidade toda unha cultura de base oral. Comoverán os visitantes, estes muíños que poloseu número e disposición constitúen o con-xunto máis singular de Galiza, están constru-ídos na aba do monte seguindo a súa liñadescendente, co que a auga ía caendo dun mu-íño a outro e podía aproveitarse unha e outravez, usos estes cos que perde valor aquilo deque “auga pasada non move muíño”.

O Tamuxe baixa desde a Groba, para des-embocar no Miño entre augas salobres, pois,como dicíamos, a influencia do mar xa chegaa estas ribeiras. O río vén de Loureza, dequentarse ao sol nas pozas, tan fermosascoma as de Mougás, onde saberemos de len-das de damas.

Marta Dacosta Alonso

47

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 47

Page 44: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

O Rosal é, por tanto, unha terra calorosa efértil, e moi musical. A este concello perten-ce a Agrupación Musical do Rosal, presenta-da publicamente en 1986 e que conta cunhadilatada traxectoria e numerosos premios.Como noutros concellos galegos, esta agru-pación é a cerna dos estudos musicais que aoredor dela se van artellando, a mellor manei-ra de ir introducindo na música aos rapaces erapazas, que veñen ao Rosal desde outrosconcellos do Baixo Miño.

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 48

Page 45: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

AA GGUUAARRDDAA

“Neste periplo calado-Saa, As Chabolas, Santiago,Ribadavia, Ourense, A Guarda:

embarcadoiros lucíferos-só me resta un porto místicoque chaman Alén ou Alba.”

Xosé Carlos Gómez Alfaro, Mar aberto.

A Guarda, malia o seu nome, non se deugardado dos piratas, segundo nos conta Ote-ro Pedrayo (Guía de Galicia). Situada na des-embocadura do río Miño, porto de entrada aGaliza desde o sur, foi cobizada polos queprocuraban que o comercio inglés non che-gase a Portugal. Fala tamén Otero da romaría

49

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 49

Page 46: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

do Tegra, unha romaría que pode ser anteriorao século XV e que tería as súas orixes nunhaseca extrema. É curioso, será por iso quehoxe se celebra a festa do viño, onde nada ficaenxoito e todo se tinxe de cor escura. Por iso,ou por rememorar un novo Medulio, agorano lugar en que morre o río.

Ao entrar na Guarda xa atopamos o accesoao monte santa Tegra, onde se sitúa o castrodo mesmo nome. Este castro é o monumen-to máis emblemático da Guarda, e un dos

50

Acceso monte Santa Tegra

SaNta TegrA

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 50

Page 47: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

castros mellor conservados de Galiza. Hoxeaínda podemos ver nel casas circulares, res-tos de muros e unha escalinata. Ademais, nomuseo do propio castro, inaugurado en1953, podemos ver moitos dos achados ato-pados neste lugar. Destaca Otero Pedrayoque o máis interesante do castro son as escul-turas e, entre elas, o petróglifo denominadoLaxe sagrada ou Laxe do mapa que el inter-preta como mapa do lugar.

O castro descubriuse en 1913, aínda quexa en 1892 se atopara unha escultura de Hér-cules no mesmo lugar. As escavacións reali-zadas parecen indicar que este castro data doséculo I d. C. No alto do monte atopamos unrestaurante, nun edificio construído polo ar-quitecto galego Antonio Palacios, adquiridoen 1943 pola Sociedad Pro-Monte, promo-tora da escavación do castro.

Na Guarda viviu o poeta Xosé Carlos Gó-mez Alfaro, docente no colexio dos Pais So-mascos. Tamén na Guarda naceu o escritorFrancisco Álvarez, Koki, quen na actualidadereside en Nova York. A el pertence o seguin-te fragmento, do libro Alén da fronteira:

Marta Dacosta Alonso

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 51

Page 48: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

“Juan Sebastián Bach tocabamentras eu bañábame no Ganxese a miña sangue volviase escumapra chegar a cabalo de Neptunoata a praia da Area Grande.no confín do paradiso de A Guarda.”

Desde o Tegra podemos continuar cara aocentro da Guarda, virando á dereita e collen-do en dirección á Alameda, ou virando á es-querda para, por Camposancos, dar toda avolta á vila e poder dar un paseo pola mesmadesembocadura do río, desde onde nas tardesde verán comeza erguerse unha mesta néboaque cobre a vila. No noso percorrido porCamposancos poderemos ver algunhas dascasas de indianos que tamén vimos ao entrarna vila da Guarda, ou en Tabagón, ao atrave-sar O Rosal. As casas foron edificadas entreos séculos XIX e XX e son unha mostra dopoder económico dos seus propietarios e dosgustos adquiridos en América.

Cando baixamos do Monte Santa Tegra enos diriximos a Camposancos, antes de to-mar o cruce que vai á beira do río, podemosbaixar en liña recta até a Pasaxe, onde está o

52

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 52

Page 49: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

ferri que nos leva a Camiña. Alí está o edifi-cio que se construíu para acoller o colexio doXesuítas en 1875. Neste colexio, que chegoucontar co máximo número de alumnos a fi-nais do XIX, estudaron persoas como Ra-món María Aller e outras destacadaspersonalidades. No ano 1914, os Xesuítasdecidiron trasladarse a Vigo e o edificio foiocupado polos Xesuítas portugueses que vi-ñan de ser expulsados de Portugal. En 1932,a República española expropia o edificio. Apartir de 1936, o goberno franquista devól-velle o edificio aos Xesuítas, máis inmediata-mente requísao para instalar nel un campo deconcentración ente os anos 1937 e 1939. Nelestiveron retidos presos galegos, casteláns,leoneses, cataláns ou vascos, mais funda-mentalmente presos asturianos procedentesda Fronte Norte. Dise que desde entón o edi-ficio non levantou cabeza, aínda que seguíacumprindo funcións educativas e reabriu ocolexio nos anos 50.

Moitos daqueles presos e presas foron fu-silados no muro do cemiterio da Guarda, si-tuado na baixada cara a Camposancos, naSangriña. Alí, en 1986, o pobo da Guarda,

Marta Dacosta Alonso

53

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 53

Page 50: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

ergueu un mausoleo conmemorativo en me-moria de todos os asasinados, na mesma en-trada do cemiterio. Din que onde hoxe estános colexios da Sangriña, aparecía a xentemorta. Outros morreron tentando escapar,afogados na cruz das augas da desembocadu-ra do Miño. A película documental Memorialde Camposancos de José Balesta e MiguelAnxo Fernández dá conta destes acontece-mentos.

Se tomamos o camiño da Alameda, vere-mos antes de chegar a ela, á nosa esquerda,unha casa indiana que foi construída con di-ñeiro enviado polos guardeses emigrados enAmérica, e que inicialmente foi pensada pararealizar as funcións de hospital e asilo, sendona actualidade o centro cultural da Guardaonde se poden realizar diferentes activida-des.

Visitaremos o porto, coas súas casas mes-mo ao pé do mar e o seu grande espigón deabrigo. Ao final do espigón atópase a AAttaallaaiiaa,reprodución de menor tamaño da que real-mente existiu alí e que foi elemento defensi-vo contra os piratas.

Dirixirémonos despois á pprraazzaa ddoo RReellooxxoo

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 54

Page 51: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

(o nome oficial é praza Maior), a praza en quese atopa a casa do Concello, a mesma casaque tivo nas súas proximidades un cárcere,do que non quedan restos, e unha torre devixilancia derrubada polos Reis Católicos.Esta tore foi restabelecida por mandato dobispo de Tui, D. Diego Fernández de Torque-mada, no século XVI. O reloxo que hoxe lledá nome á torre e á praza non chegou ao seuemprazamento actual até 1920, ano en quefoi doado polo indiano Adreini e Verde. Á es-querda da Casa do Concello consérvase a fa-chada da CCaassaa ddooss AAlloonnssooss, edificio

55

Porto. Atalaia

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 55

Page 52: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

emblemático que acolleu no seu día o colexiodos Pais Somascos. Entre estes dous edificiosestá a baixada ao porto pola mesma rúa queaínda conserva parte da muralla medieval.Na dirección oposta subimos cara á igrexa deSanta María da Asunción, unha igrexa que foisufrindo distintas modificacións e amplia-cións desde o remoto século XIII en quepode situarse a súa primeira construción. Oseu aspecto actual pode ser cualificado de“moi portugués”, con esa fachada branca quedata de 1784. Diante desta igrexa podemospensar perfectamente que estamos do outrolado do Miño, mais non, estamos ao norte, aopé do río, fundindo e confundindo esta iden-tidade común, miñota, galega.

Na Guarda visitaremos tamén o FFoorrttee ddeeSSaannttaa CCrruuzz, construído despois da toma deGoián ao considerarse que era preciso pórobstáculos ao paso de tropas inimigas cara aBaiona. Foi construído entre os anos 1663 e1664 aproveitando a muralla medieval.Mais isto non librou á Guarda de ser tomadapolos portugueses no ataque do ano 1665,permanecendo baixo dominio portugués até1668.

56

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 56

Page 53: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Marta Dacosta Alonso

Praza do reloxo. Casa do Concello

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 57

Page 54: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Saíndo da Guarda en dirección a Oia, pasa-mos pola baixada á praia de Area grande,onde se atopa a rúa irmáns Noia Xil, en lem-branza destes irmáns republicanos que foronrepresaliados durante a guerra civil.

Casas de sal agardan sobre as rochaslíquidos pés que a camiñar invitenronseis prateados de verdes esmeraldasno día-lume de precipitantes horas.E nas escuras cinzas do horizontebuscan naufraxios que salvar ou chaman

(inventadas sereas odisíacas)mariñeiros perdidos nos anseios,xordos de argazoe de escamas.Casas de cunchas brancuxas e douradas,inclinadas sobre cerúleos prados,en que beber a anguria do presenteagardando

(de tanto pasado).Casas-gaivotas que non chegan a selo,que perden plumas,calvos esqueletos de voos estáticos;

58

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 58

Page 55: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

casas de sal, de cunchas e de argazo,que non son faro,que non acollen,que senten que o mar se está afastando.

Marta Dacosta, A Guarda, Crear o mar en Compostela

Marta Dacosta Alonso

59

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 59

Page 56: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 60

Page 57: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

OIA

“Contan as avoas de Santa María de Oia que es-coitaron narrar ás súas avoas, a carón do lar nasnoites de invernía, que o domingo, 7 de xullo de1835, dez soldados ao mando do brigadier Paulode Osuna tiveron que derrubar as portas do mos-teiro porque os frades se negaron a abrilas, e que apoboación penetrou no interior á procura delesachando absolutamente baleiras de moradorestodas as estancias.”

Alfonso Alvarez Cáccamo, O espírito de Broustenac.

Saltando entre os cons da costa, imos ca-miño de Oia. Percorreremos doce quilóme-tros por unha estrada que vai delimitando oborde da serra sobre o mar. Estamos ao pédo Argallo e hoxe é comprobábel a erosión

61

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 61

Page 58: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

producida primeiro polo lume do verán de2006 e logo polas enchentes dese inverno.Estes desastres quizais teñan rematado coapresenza do dicksonia antarctica, enormefento arborescente con orixe no Xurásico,aínda que acubillamos a esperanza de quecalquera día volva nacer de novo algún exem-plar destes fentos que deberon ser plantadosnesta zona polos monxes do mosteiro deOia. Iso foi despois da marea negra do Presti-ge, no inverno de 2002 e 2003, en que o cha-papote chegou aos bolos da costa de Oia,especialmente a Mougás, unha desas zonasen que se concentraron os voluntarios e vo-luntarias para realizar labores de limpeza quedeixaron en herdanza grandes pistas por lu-gares que antes non eran transitados.

Aos doce quilómetros, como dicíamos,atopamos o mosteiro en Oia, o mesmo mos-teiro en que Afonso A. Cáccamo constrúe aficción de Broustenac, o neno monstruosoque lle deu a felicidade eterna aos habitantesdo mosteiro cando se iniciaba a decadencia.O mesmo mosteiro ao que acudía Pedro, oprotagonista de Un home de Vilameán, a no-vela de Xoán Bernárdez Vilar, como tantos

62

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 62

Page 59: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

outros galegos e galegas nos anos 1200 eposteriores, para recibir, suxeitas ao foro, asterras en que habían de traballar: Sancha Lor-delo, Joanino Dogresso e Marina de Deus,Marina do Rosal, João Fernandes, Pedro Ea-nes e Marina Anes, Maria Peres e Maria Fer-nandes, Fernan Eanes, chamado o Calvo,João d’Amor e Leocadia Perez, Joham Peque-no, Fernan Eanes do Carvallar ... Outros íanpara doar os seus bens ao mosteiro, comoJoão Peres que, en 1271, doa as viñas que po-suía en Fornelos, ou Fernão Soares que doa aviña que herdara en Ferreiros, ou os veciñosde Baiona que, en 1281, segundo declaran oseu prelado João do Ramo e o cóengo de Tui,João d’Areas, renuncian a todos os dereitossobre os bens legados ao mosteiro de Oia. Aolado dos nomes destes nosos avós e avoas,aparecen as antigas denominacións das te-rras que hoxe coñecemos: A Guarda, Oia,Thorono ou Toroño, Val do Outeiro, Forne-los, Rosal, Tebra ou Amorín. Todos estes da-tos aparecen nos documentos que Clarindade Azevedo Maia empregou para a súa Histo-ria do galego-portugués. O Mosteiro de Oia éhoxe un exemplo do estado dunha parte do

Marta Dacosta Alonso

63

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 63

Page 60: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

patrimonio galego que, en mans privadas,sofre o abandono, que en moitos casos pro-ducirá danos irreparábeis.

Se continuamos cara a Baiona chegaremosao extremo da comarca, sinalado polo impo-ñente cabo Silleiro e o seu faro.

Os monxes cistercienses de Oia deberonloitar contra os turcos en 1624, anos despoisde que atacasen a Ría de Vigo e asolasen Can-gas. Mais estes monxes que defenderon opobo naquela altura foron denunciados polopobo en 1678 polas súas extorsións.

BAIXO MIÑO

Praia Area Grande

Oia

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 64

Page 61: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Alfonso Alvarez Cáccamo, escritor viguésafincado en Oia na actualidade, sitúa nestemosteiro, no ano 1835, o nacemento dunhacriatura fabulosa: Broustenac, unha historiafantástica que ten de pano de fondo a historiareal da desamortización do mosteiro, que nocanto de pasar á propiedade do pobo, é ven-dido por 6.000 reais. Aquel comprador recu-perou o gasto vendendo soamente os cadroscolgados dos seus muros. En 2005 o mostei-ro cambiou de propietarios. En todos estesanos os seus muros esboróanse vítimas dodesinterese e dun proxecto calculado que,baixo o pretexto de que non merece a penarecuperar o que se estragou, arrasa a historiae trae unha modernidade mal entendida,como a que podemos atopar camiño de Si-lleiro, no hotel Thálaso Atlántico, unha au-téntica mole de grande impacto visualconstruída desfacendo a aba do monte.

Se viaxamos pola comarca nos meses demaio ou xuño, deberemos visitar os curros,que é a denominación metonímica (o curroé o cerrado en que se fechan os cabalos) quenesta zona de Galiza recibe a Rapa das bes-tas. En Oia iníciase a tempada, pois nesta

Marta Dacosta Alonso

65

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 65

Page 62: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

localidade teñen lugar os tres primeiros cu-rros: o da Valga o segundo domingo demaio, o de Torroña o primeiro domingo dexuño e o de Mougás o segundo domingo dexuño. Nos curros os cabalos ceibos son agru-pados, desparasitados e vendidos, marcados.

BAIXO MIÑO

Mosteiro

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 66

Page 63: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

Tamén se celebra aquí un dos poucos “currosdas moscas”, na Valga, o primeiro domingo deagosto, para desparasitar os cabalos.

Chegamos ao final do nosos percurso senesquecer que, no mosteiro que hoxe se de-rruba, ante a gamboa esquecida, ferveu a vidamedieval de toda unha comarca. A vida reli-xiosa e terrea. Cara ao norte, en Mougás, fer-vía a vida dos seres fantásticos, ou quizaisreais. É alí, nas abas da serra do Argallo, naspozas furadas no leito de granito, ás que sesobe por unha pista sinalizada á dereita donoso traxecto, onde nacen as lendas de damasafogadas. Din que na Poza Maior aínda sepode ver unha dama que nas noites de luar

67

Curro de Valga

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 67

Page 64: BAIXO MIÑO - Asociación Escritoras-es Lingua Galega€¦ · por dar os seus froitos. Neste monumento, todos os anos, o día 28 de novembro, a data en que aconteceron os feitos,

xorde inexplicabelmente para afundirse napoza, unha fermosa dama de ollos verdes elonguísima cabeleira negra.

"Tamén eu de ollos verdes prendidosignorando a vertixe da fervenzae a certidume dos pozos

(inmensos pegos)andei o camiño de leite que Lúa deue convertinme para sempre en afogada,tamén eu,que coñecía as lendas e os perigos

tamén eu andei na Poza Maiore aínda que os meus cabelos non eran negrosquixen o corpo esveltoque Lúa levou sen présaao fondo da pozaao silencio definitivo da auga

a illa estabado outro lado da noite"

Marta Dacosta, As amantes de Hamlet

68

BAIXO MIÑO

baixomiño 6/7/09 10:14 Página 68