Aventuras na illa de sálvora 6ºb

123

Transcript of Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Page 1: Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Page 2: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

ÍNDICE • AS AVENTURAS DE RUBÉN O ARQUEÓLOGO NA ILLA DE SÁLVORA: Iria Oubiña Lobato. • AVENTURA NA ILLA DE SÁLVORA: Iago Padín Troncoso. • UNHA VIAXE A SÁLVORA: Raúl Salgueiro Cores. • A HISTORIA DA ILLA DE SÁLVORA: Raquel Ruel González. • NA ILLA DE SÁLVORA: Pablo Rodríguez Crespo. • RUBÉN O ARQUEÓLOGO: Joel Pérez Montes.

Page 3: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

•O MISTERIO DA ILLA DE SÁLVORA, Nerea Rodríguez Caneda. •RUBÉN O ARQUEÓLOGO, Brais Vázquez Dasilva. •OS MISTERIOS DE SÁLVORA, Brais Valladares Torres. •RUBÉN NA ILLA DE SÁLVORA, Nuria Padín Pazos.

Page 4: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

PROXECTO PAISAXES

ALUMNOS E ALUMNAS DE 6ºB CURSO 2013 – 2014 TITORA: MARTA POMBO REY. C.E.I.P. COIRÓN – DENA.

Page 5: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

As aventuras de Rubén o arqueólogo na illa de Sálvora

Page 6: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Había unha vez un arqueólogo chamado Rubén, a el encantáballe o seu emprego pero aos seus pais non lles gustaba tanto porque Rubén casi nunca estaba na casa.

Page 7: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

A Rubén encantáballe percorrer países buscando tesouros e cidades perdidas, pero como casi todos os traballos, ten os seus perigos porque nos templos e cidades teñen as súas trampas.

Page 8: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Un día Rubén decidiu ir a illa de Sálvora para ver si había algo por descubrir, así que colleu o primeiro barco que zarpaba rumbo a illa pero daquela Rubén non sabía que aventuras lle esperaban.

Page 9: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Nada máis chegar montou una tenda de campaña e empezou a buscar obxectos de moitos miles de anos para expoñer no museo, pero antes, acercouse a unha pequena casa e ao entrar sorprendeuse moito ao ver a Cerbero o can de tres cabezas, pero pareceulle incrible que existira de verdade, así que saíu moi rápido da casa e correu cara un lago moi grande que estaba no medio da illa.

Page 10: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Entón empezou a oír un precioso canto que viña do medio do lago, así que, colleu unha pequena barca de madeira e empezou a remar cara donde viña o canto. Había moita néboa e casi non se via nada pero chocou cunha pedra que sobresaía da auga e viu que xunto dela había unha serea, el acercouse pero ela marchou, así que, Rubén volveu a beira do lago.

Page 11: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén estaba moi sorprendido, non se explicaba como podían existir estes seres, aínda así non se detivo. Empezou a escavar e atopou algo, unha gran pedra con símbolos grabados nela.

Page 12: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rápidamente levouna ao museo e fíxose moi famoso. Uns días despois volveu a illa pero ningún deses seres extraordinarios apareceu, entón empezou a pensar en si aquela pedra tiña algo que ver. Rubén volveu ao museo e díxolle ao propietario do museo que lle devolvera a pedra. El devolveulla porque a atopara él.

Page 13: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Ao chegar a illa de Sálvora Rubén volveu poñer a pedra no sitio, de repente, unha gran luz saíu da pedra e apareceron ante el un montón de animais e seres extraordinarios: pegasos, sereas, hadas, unicornios, grífos, fénixs, cerberos e moitos máis, pero ao velo todos escaparon pero Rubén díxolles que non tiveran medo que non lles ía facer dano. Rubén fíxose amigo de todos eses seres.

Page 14: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Agora Rubén, ademais de ser arqueólogo, era o dono dunha organización para protexer a estes seres, pero aínda así sentía quelle faltaba algo na vida. Despois duns meses coñeceu a unha chica que se chamaba Sabela e enseguida se namoraron e estiveron planeando a boda durante moito tempo e decidiron casarse na illa de Sálvora con todos os seus amigos.

Page 15: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Pero Rubén foi aínda máis feliz cando a súa muller dou a luz xemelgos. Rubén e a súa muller fixeron unha casa na illa e foron moi felices ao estar cerca dos seus amigos. Os pequenos creceron e divertíronse moito coas crías de: pegasos, unicornios, hadas e demais animais.

Page 16: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Iria Oubiña Lobato. 6ºB

CEIP Coirón - Dena

Page 17: Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Page 18: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Érase unha vez un arqueólogo chamado Rubén que vivía na illa de Sálvora. Un día encontrou unha cova durante unha excavación cos seus amigos: Miguel, Diego e Raúl. Rubén estaba cavando cando o chan se rompeu e caíu a 10 metros da superficie. Rubén decidiu explorar a cova mentras os demais buscaban unha corda. Despois de explorar a cova encontrou esmeraldas, rubíes e cuarzo. Máis adiante encontrou picos, palas, excavadoras e moitas ferramentas propias dos mineiros. Os seus amigos non lle deron tempo a pensar, chamábano para que volvese. O día seguinte irían a explorar a cova a fondo. Pola noite Rubén non puido durmir. Estaba intrigado polo que encontrara na cova e ademais escoitábanse ruídos extranos.

Page 19: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Pola mañán foron a explorar a cova ben equipados: traían cascos con luces, cordas e guantes por si había que escalar. Cando chegaron, uns homes enmascarados ataron a Rubén e aos seus amigos. Cando non miraban, Raúl colleu a súa navalla e soltáronse e saíron da cova polos pelos.

Page 20: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén chamou a policía pero tardarían unhas horas. Mentras esperaban foron investigar un pouco máis. Descubriron que collían diamantes e vendíanos a varios países de África por unha gran suma de diñeiro. Descubriron a Rubén e aos demais e de non ser pola policía houbésenos matado.

Page 21: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén e os seus amigos recibiron cada un un diamante de reconpensa por atrapar aos bandidos pero tamén é un gran recordo desta aventura que recordarán sempre.

Page 22: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Iago Padín Troncoso. 6ºB. C.E.I.P. Coirón - Dena

Page 23: Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Page 24: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén é un rapaz de 23 anos que lle encanta a arqueoloxía e todo o relacionado coa mesma. Esta vocación tena dende neno polo seu pai, quen lle ensinou todo o que agora sabe. Dedicou gran parte da súa vida a ler libros, buscar información e incluso facer viaxes co seu pai relacionadas con esta materia.

Page 25: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén xa non era un neno e o seu pai tiña unha idade que non lle permitía seguir acompañando ao seu fillo nestas aventuras, polo que Rubén dicidiu realizar a súa primeira viaxe só. O destino elexido foi a Illa de Sálvora, lugar do que lle falara moito o seu pai e que tiña ganas de explorar.

Page 26: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

O día anterior de partir Rubén preparou a súa equipaxe e numerosas cousas que lle podían facer falta como: linternas, comida, brúxulas, a tenda de campaña, etc. Incluído nese set de supervivencia levaba un mapa da Illa de Sálvora que lle regalara o seu pai, co fin de facilitarlle a viaxe.

Page 27: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Chegou a noite e Rubén non era capaz de pegar ollo. Era a súa primeira viaxe sen o seu pai e non podía evitar sentir medo e nervios polo que puidera pasar.

Transcurrida a noite o despertador de Rubén soou.

Page 28: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Chegara o momento de partir.

O rapaz colleu todo o que preparara o día anterior e con tristeza despediuse dos seus pais. Dirixíuse ao peirao onde estaba atracado un pequeno barco, donde realizaría a súa viaxe a Sálvora.

Page 29: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Preparou todo para partir e cando se quixo dar conta xa se atopaba só e no medio do mar; xa non había volta atrás. Despois de horas e horas navegando chegou ao destino. Ao lonxe viu un pequeno anaco de terra rodeada de mar por todos os lados.

Page 30: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Atracou, e dicidiu preparar todo para poder pasar alí a noite, xa que empezaba a escurecer para durmir. Nada máis saír o sol, Rubén saíu da tenda de campaña e coa axuda do mapa que lle dera o seu pai comezou a explorar o lugar.

Page 31: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Camiñou e camiñou e no medio do camiño tropezou cunha morea de pedras que facían unha forma misteriosa, como unha cruz ou unha ´´X´´. A Rubén pareceulle moi extrano e decidiu apartalas e facer un burato, cando por sorpresa, viu un pequeno cofre enterrado.

Page 32: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Nese momento non foi capaz de abrilo xa que o cofre tiña unha estrana pechadura.

Page 33: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Seguiu camiñando e explorando o lugar ata que se fixo de noite. Grazas a luz do faro foi capaz de voltar ao lugar donde acampara, que se atopaba preto do faro.

Page 34: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Meteuse na tenda de campaña para durmir, e no medio da noite espertou por culpa dun ruído que proviña do faro. Con medo e incluso indeciso, foise aproximando pouco a pouco ao lugar donde se producia o ruído.

Page 35: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Atopábase diante do faro, o cal tiña unha enorme porta vella para entrar, e iso fixo. Entrou por dentro e subiu as escaleiras que alí había ata chegar á cima do faro, donde estaba unha xigantesca bombilla que alumeaba gran parte da Illa de Sálvora, pero non había nada máis, polo que supuxo que o ruído o producía algún animal.

Page 36: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Decidiu permanecer alí uns minutos, xa que lle chamaba moito a atención aquel lugar e, ao pouco tempo, volveu a escoitar o mesmo ruído pero esta vez moito máis forte.

Page 37: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Aínda non acabara de baixar as escaleiras de todo cando viu subir a sombra dunha persoa. Asustado, Rubén deu a volta e volveu subir as escaleiras a toda présa e agochouse no alto do faro.

Page 38: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Morto de medo esperou no seu escondite para ver quen era esa persoa e ao pouco tempo, viuno. Era un home moi maior vestido con trapos vellos e co pelo e a barba moi, moi longa.

Page 39: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén empezou a falar co vello e de repente saíu o tema do cofre que estaba enterrado, pero esta vez o vello sabía como abrilo porque el tiña a chave. De repente, o cofre abriuse e Rubén decidiu darlle o tesouro ao vello que era moi pobre, e tamén dicidiu levalo con el para a súa casa.

Page 40: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando chegaron a súa casa o pai de Rubén sentíuse moi orgulloso da viaxe de Rubén e decidiron que o vello quedara alí unha tempada con eles.

Page 41: Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Page 42: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

A historia da illa de Sálvora.

Page 43: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Hai moito tempo,

na illa de Sálvora,

un neno chamado

Rubén, quería ser

arqueólogo e,

desde pequeniño

comezou a

interesarse por todo

aquilo que

formaba a

arqueoloxía.

Rubén corría moitas

aventuras,

gustáballe o risco…

Page 44: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando el era aínda moi pequeno, a súa nai tivo un accidente en barco cando ía de viaxe de negocios. Así, el vivía co seu pai chamado Xoán. Os seus avós, tíos e primos vivían moi lonxe.

Page 45: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando xa tiña 18 anos, comezou a investigar pola illa para buscar ósos, fósiles, etc…

Todos os días atopaba algo, como fósiles. Ata que unha tarde de xoves, atopou un óso. Como seu pai tiña un laboratorio, investigouno con todo tipo de artefactos e descubriu que era un óso de dinosaurio, pero non dun dinosaurio calquera senón dun Tiranosaurio Rex…

Page 46: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén seguiu investigando pola illa máis ósos, pero tamén había algúns ósos doutros dinosaurios e doutros tipos de animais.

Page 47: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Aos poucos anos, convertíuse nun gran arqueólogo e formou unha gran empresa en conmemoración á súa nai porque ela tamén fóra arqueóloga e houbéselle gustado formar unha empresa de arqueoloxía co seu fillo…

Rubén, para cumprir o gran soño da súa nai, púxose mans á obra en canto tivo 23 anos…

Page 48: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Mentres as obras remataban, el estudaba na universidade, para ter un título e unha carreira, e poder facer algún día unha viaxe de negocios a Estados Unidos ou a outras cidades e países tan importantes…

Page 49: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Mentres el evolucionaba como arqueólogo, o seu pai ía envellecendo e o resto da súa familia tamén… Os seus morreran uns anos atrás. O seu pai xa tiña casi 67 anos e el vía que se non atopaba unha parella estable, non tería máis remedio que pasar o resto da súa vida só…

Co seu traballo de arqueólogo non tiña casi nada de tempo para a súa vida social…

Page 50: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Pero, en canto tomou unhas vacacións, atopou unha voa parella e ao cabo dun ano e uns cantos meses casouse e tivo 2 fillos. Non volvería a pasar tempo só, aínda que o seu pai falecera ou quedeara só…

A fin e ao cabo, os nenos daban moita alegría na súa casa.

Page 51: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

A súa esposa era moi guapa e tamén era arqueóloga. E a súa vida volveu a rexurcir das cinzas, volveu a aledarse e o seu pai recuperouse dunha enfermidade moi grave para vivir algúns meses máis ao seu lado…

fin

Page 52: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Raquel Ruel González.

6º B.

C.E.I.P. COIRÓN – DENA

Page 53: Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Page 54: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Había una vez un arqueólogo chamado Rubén. Rubén era un home moi pacífico ao que lle encantaba pescar, por iso, facía as súas exploracións en illas. Un día pescou un peixe que era tan grande que non lle cabía no caldeiro e tivo que levalo ao lombo.

Page 55: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando ía explorar levaba sempre á súa familia con el porque pasaba moi pouco tempo con eles e a todos lles gustaba correr aventuras xuntos. Para viaxar usaban un globo aerostático porque non tiñan cartos para un barco decente e bonito.

Page 56: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Un día Rubén e a súa familia decidiron ir a explorar á illa de Sálvora. Cando chegaron viron que a illa estaba toda chea de porcallada e decidiron traer xente para limpala.

Page 57: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Pero cando foron a avisar á xente ninguén lles quería axudar. Entón Rubén decidiu diseñar unha máquina capaz de axudarlles a limpar a illa. Tras 3 meses de duro traballo Rubén diseñou a máquina e programouna para limpar.

Page 58: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando a illa por

fin estaba limpa, Rubén e maila súa familia, decidiron irse a vivir alí e asegurarse de que ninguén máis a volvera a ensuciar.

Page 59: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Pero, un día Rubén saíu a explorar a illa e atopou unha cova moi, moi profunda e decidiu meterse nela. Alí Rubén atopou un montón de arañas velenosas e morreu traxicamente.

Page 60: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Desde aquel momento non volveron a ver máis a Rubén nin súa familia.

FIN

Page 61: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

C.E.I.P. COIRÓN - DENA

Page 62: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén o arqueólogo

Page 63: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Érase unha vez un arqueólogo

chamado Rubén. Un día Rubén

estaba paseando pola praia e

viu unha pancarta donde se

anunciaba unha viaxe á Illa de

Sálvora. El interesouse porque

os seus amigos Iago e Brais

dixéronlle que alí había

tesouros. Rubén foi a casa dos

seus amigos e preguntoulles si

querían ir a Illa de Sálvora. Os

amigos foron a illa con Rubén

nun barco de luxo e cando

chegaron a beira, fóron a buscar

unha cabana. Xa era noite e

encontraron unha cabana que

lla deixou un mariñeiro

profesional .

Page 64: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando os amigos estaban durmindo

Rubén saíu á búsqueda do tesouro que

os seus amigos lle comentaran. Rubén

buscaba e buscaba pero non

encontraba nada así que decidiu ir a

cabana a durmir pero de repente no

camiño viu unha luz, el acercouse

lentamente cara ela e ao final era un

mapa cunha vela ao lado. Rubén

sorprendeuse moito e foi a cabana a

avisar aos seus amigos de que

conseguira o mapa do tesouro.

El intentou espertalos pero non foi

capaz. Como non o conseguía foi

rapidamente ao sitio que marcaba o

mapa, cando chegou había unhas

ruínas con musgo e telarañas.

Page 65: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén con medo adentrouse

nas ruínas sen pensalo.

Dentro había unha porta moi

antiga que había que descifrar

cun contrasinal para pasar

por esa porta. Rubén pensou

cal sería o contrasinal para

entrar nela, el non o sabía

pero ao seu lado había uns

debuxos de proba para un

arqueólogo. Rubén

descifrounos sin ningún

problema. A porta abríuse e

dentro había unha gran

cantidade de ouro. Pero de

repente empezaron a temblar

todas as ruínas.

Page 66: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén colleu todo o ouro que puido e

foise correndo cara a cabana. Púxose a

durmir cando chegou á cabana, tivo

pesadelos sobre as ruínas.

Ao día seguinte, Rubén marchou a súa

casa pensando nas experiencias que tivo

na Illa de Sálvora. Despois de 4 minutos

de viaxe foi a oficina a preguntarlle ao seu

xefe cantos anos tiña o ouro que collera

na Illa. O xefe díxolle que era moi valioso,

que tiña 1.000 anos. Rubén sorprendeuse

e volveuse moi rico co ouro que

conseguiu. Tamén saíu no xornal e

volveuse moi famoso pola investigación

do tesouro. Con todo o ouro fixo unha

nova casa, fixo actos solidarios para os

rapaces necesitados, etc…

Despois de 93 anos Rubén faleceu e o

fillo prometeulle que ía a ser tamén

arqueólogo.

Page 67: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

JOEL PÉREZ MONTES

6º B. C.E.I.P COIRÓN – DENA.

Page 68: Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Page 69: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Había unha vez, un xoven chamado

Rubén. Era arqueólogo. Agora xa é

maior, ten fillos e netos, aínda que

viviu moitas aventuras, a máis

especial para el é o misterio da Illa

de Sálvora. Ocorreu así:

Unha mañá, Rubén volvía da súa

aventura en Exipto. Leu no xornal

que ocorrían feitos extranos na Illa

de Sálvora. Nas noticias dixeran

que cando os barcos se achegaban

á costa, a estatua da serea que se

atopa na illa emitía unha potente

luz cegadora que facía que os

barcos encaixaran nos baixíos.

Page 70: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Despois de escoitar iso,

a Rubén picoulle a

curiosidade e decidiu ir

á Illa de Sálvora.

Cando chegou, viu a

catro homes xunto a

serea que falaban de

que todo estaba saíndo

coma eles esperaban e

que se ían facer de

ouro co seu plan.

Page 71: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

-Este plan é estupendo! - dixo un dos homes.

-Xa o creo, somos xeniais - dixo outro.

-Bos días, cabaleiros - dixo Rubén educadamente.

-Que queres?! - dixo Boris, o máis malhumorado de todos.

-Só quería preguntar polo que dixeron nas noticias - contestou Rubén.

-Nós non sabemos nada, vaite daquí, forasteiro.

-Chámome Rubén.

-Bueno, Rubén, máis vale que non te acheges a nós, se sabes o que che convén. De

acordo? - dixo o capitán do grupo.

Os homes marcharon e Rubén quedou pensativo. Estaba claro que eses homes

escondían algo.

-Que esconderán? - pensou Rubén.

Agochouse detrás dunha rocha para ver o que facían aqueles misteriosos homes e viu

algo que lle sorprendeu: os homes entraran na estatua da serea! Foron pola parte de

atrás, abriron unha porta e baixaron unhas escaleiras. Rubén decidiu ir detrás.

-Sabía que ocultaban algo! – dixo Rubén mentres baixaba.

Cando chegou, non podía crer o que vía: a cova estaba chea de xoias, ouro, pedras preciosas…

Page 72: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

De pronto, escoitou

uns gritos que

pedían auxilio:

-Socorro, axuda! –

gritaba unha voz

feminina que

procedía da

mazmorra.

Rubén achegouse a

mazmorra. Estaba

escuro, pero puido

ver a silueta dunha

xoven muller.

Page 73: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

-Non teñas medo,

axudareiche a saír

daquí.

-Por qué me vou fiar

de ti? – dixo a rapaza.

-Porque non tes outra

opción - respondeu

Rubén.

-Esta ben. Coidado,

detrás túa!!!

Un dos homes

pegoulle a Rubén

cunha tabla na

cabeza, deixándoo

inconsciente.

Page 74: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando espertou, estaba

encadeado xunto á xoven

muller.

-Qué pasou? Non recordo

nada - dixo Rubén.

A xoven explicoulle o que

pasara e tamén o que

estaban tramando

aqueles homes:

-Verás, estes home teñen unha máquina que emite unha luz cegadora cara os barcos, que fai que encaixen nos baixíos e despois rouban os tesouros e pezas para vender.

Page 75: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Por certo, chámome Susana. E ti, quen es?

-Eu chámome Rubén, e son arqueólogo.

-Eu son exploradora - dixo Susana.

-Temos que saír daquí - dixo Rubén - aínda

que non sei como.

-É imposible con estas cadeas, non temos

ferramentas e as chaves tenas un dos

homes.

-Teño unha idea, podes finxir que estás

enferma, que che doe o estómago e cando

veña traernos a comida, tírate no chan e

finxe moita dor. Así, eu atacareino por detrás

e quitareille as chaves.

E así foi, Susana fixo unha boa actuación,

Rubén quitoulle as chaves a Boris, liberouse

el e liberou a Susana. Despois, saíron da

prisión e dirixíronse a máquina.

Page 76: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Temos que aproveitar

que non están para

destruir a máquina.

-De acordo!-dixo Rubén.

Entre os dous

conseguiron rompela.

-Agora só queda deter a

eses catro maleantes e

devolver o que roubaron

- dixo Susana.

-A que estamos

esperando? Vamos! -

dixo Rubén.

-Moi ben - contestou

Susana.

Esperaron pacientemente ata ver a un deles que traía os tesouros a cova.

Page 77: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Entón, en silencio,

Rubén pegoulle

cunha tabla na

cabeza e o home

caíu ao chan de

morros rompendo

3 dentes do

golpazo.

Page 78: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Susana atouno cunha

corda e levárono xunto

con Boris. De repente,

oíron voces. Estaban

chamando a Boris porque

lles extranaba a súa

tardanza.

-Rápido, a por outro - dixo

Rubén.

-Vale - respondeu Susana.

-Que pasa, porque non

vides a axudarnos? - dixo

o xefe aos que estaban

dentro.

Rubén aproveitou que pasaba polo seu lado para facerlle a zancadilla.

Page 79: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Caiu ao chan e gritou:

-Os prisioneiros están libres,

axudádeme a capturalos.

Onde estades?

-Ninguén che vai axudar -

gritoulle Susana - os teus

amigos están fora de

combate.

Atouno e tapoulle a boca

para que non gritara e

poidera oílo o xefe, que era

o único que lles faltaba por

apresar.

O xefe apareceu de repente sen darlles tempo a prepararse, agarrou a Susana por un brazo e cun coitelo ameazounos con pinchala se non o deixaban fuxir cos tesouros.

Page 80: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén non sabía que

facer, pois a vida de

Susana podía correr

perigo, pero o que

Rubén non sabía era

que Susana era una

moza moi valente e

que lle meteu un

puntapé ao xefe, que

mentres se agarraba o

pé Susana meteulle

unha patada na cara

que lle fixo sangrar o

nariz, pois rompérallo.

Page 81: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén estaba

alucinando.

Rápidamente, axudou

a Susana a atalo xunto

cos seus compañeiros.

-Estou impresionado!

– díxolle Rubén a

Susana - recórdame

que non te enfade

nunca.

A partires dese

momento, Rubén

namorouse de Susana

e ela tamén se sentía

atraída por él dende o

primeiro momento en

que o viu.

Page 82: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Os ladróns foron

encarceados, os

tesouros foron

devoltos aos seus

donos e Rubén e

Susana casaron e

tiveron 3 fillos tan

valentes coma os

seus pais.

Por iso, esta

aventura é tan

especial para

Rubén, porque

coñeceu ao seu

amor verdadeiro.

Page 83: Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Page 84: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Nerea Rodríguez Caneda. 6º B.

C.E.I.P. Coirón Dena

Page 85: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

RUBÉN O ARQUEÓLOGO

Page 86: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Un día Rubén, un xoven arqueólogo foi á Illa de Sálvora a investigar unha zona arqueolóxica, a cal é moi famosa en España porque forma parte das Illas Atlánticas. Cando chegou a illa de Sálvora colleu as ferramentas de arqueoloxía e púxose a traballar. O seguinte día extranaba a súa familia. Media hora despois, cando ía camiñando, tropezou cun extrano óso e decidiu excarvar para ver que era. O xoven estaba entusiasmado por atopar algo incrible para a sociedade da arqueoloxía .

Page 87: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Seguiu escarbando ata que se fixo de noite. Cando acabou de desenterralo de todo foi directo ó faro. Cando chegou ó faro subiu as escaleiras, pero escoitou un gran ruido. Rubén sentiu o medo no corpo, non sabía se ir directo ao sitio onde se escoitaba o ruido. Subiu todas as escaleiras, tremíanlle as mans, morto de medo abriu a porta de madeira que conducía a gran lámpada do faro. Abriu a porta e alguén o empurrou ata o carón da ventá. Acendeuse a lámpada sen querer e puido ver ó cadáver dun morcego prehistórico ao carón dunha xoven muller que en vez de roupa levava trapos. A muller sentiuse ameazada por Rubén, pero o xoven respondeulle que non debía terlle medo e a muller acusouno de morte.

Page 88: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando a muller o acosou de morte, Rubén decidiu marchar a lume de carozo. Rubén decidiu pedir axuda a un un helicóptero que chamara polo móvil. Cando chegou o helicóptero, Rubén foise rapidamente para non volver a ver a aquela muller nunca máis. Aínda así, gracias as trepidantes aventuras que pasou e gracias a illa atopou a súa entrada a gran porta da arqueoloxía , ao atopar o óso de T-Rex.

FIN

Page 89: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Brais Vázquez Dasilva. 6ºB. Ceip Coirón – Dena.

Page 90: Aventuras na illa de sálvora 6ºb
Page 91: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Fai moito tempo nai lla de Sálvora naceu un neno chamado Rubén. Rubén de maior quería ser arqueólogo coma o seu pai, que desaparecera buscando a cidade agochada de Sálvora.

Pasaron os anos e Rubén conseguiu o Título de Arqueoloxía. Logo, dúas semanas máis tarde, contratárono nun museo de Madrid. O seu traballo era buscar cidades e tesouros perdidos, sobre todo centrouse na cidade perdida de Sálvora.

Entón, Rubén trasladouse a Sálvora onde votou dúas semanas buscando a cova que daba entrada a esta cidade perdida, e catro días examinándoa. Dentro da cova, Rubén encontrou unha peza sagrada, e como lle pareceu moi interesante para o museo onde traballaba colleuna e saíu da cova. Uns homes estábano esperando á saída da cova para raptalo e collerlle a xoia sagrada. Os homes traballaban para Stanlie, o cal era un delincuente. Stanlie e os dous homes raptaron a Rubén para un barco e levárono cara Londres

Page 92: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Na metade do camiño, Rubén cortou as cordas coas cales o tiñan suxeito e fuxiu coa xoia nunha barca de madeira situada na bodega do barco. Remou ata chegar a Sálvora para deixar a xoia donde estaba anteriormente, pero cando ía saír, Stanlie e os dous homes tíñanlle tapada a saída. Rubén como era moi intelixente colleu a xoia e saíu dalí pola segunda saída. Cando Rubén estivo lonxe da cova, colleu a barca de madeira e remou ata Pontevedra para logo coller o avión á Madrid. Cando chegou alí, levou a xoia ao museo donde traballaba. Ao rematar esta aventura, os xefes do museo encomendáronlle buscar máis tesouros na cidade perdida de Sálvora.

Page 93: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Ao regresar a Sálvora tardou dous meses en atopar outra cova que dera entrada a cidade e un mes para examinar a cova. Estando dentro da cova, Rubén viu ao lonxe un rubí de lume, que por conceptos que el tiña, sabía que era unha peza moi importante. Cando intentou collelo produciuse un derrubamento na cova e quedou atrapado. Botou alí oito días ata que conseguiu saír apartando as rochas e a area que tapara a saída.

Page 94: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Ao apartar o escombro foi perseguido por unha pedra xigantesca, entón comezou a correr e non lle pasou nada. Cando chegou a Madrid, Rubén falou cuns investigadores para que foran con el ata Sálvora para coller os tesouros desta cidade perdida. Ademais, tamén tivo que levar o material necesario para mover a pedra da saída e así poder entrar xa que a entrada pechouse cando el saíra. Rubén regresou a Sálvora cos investigadores e co equipo necesario para apartar a pedra, coller os tesouros e demostrar que a cidade perdida existía. Tardaron dúas semanas en desatrancar a entrada . Logo entraron na cova e colleron o necesario para poder regresar a Madrid. Sen embargo, non saíu todo como eles querían porque unha máquina rompeu e non puideron cargar os tesouros que atoparan na cova.

Page 95: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Así que tiveron que esperar dous días para que viñera outra máquina e cargar todos os tesouros. Cando acabaron de cargar todo no barco foron destino a Portugal, donde colleron un avión cara Madrid. Cando aterraron no aeroporto de Madrid levaron todo ao museo. Rubén, logo de todo o esforzo que fixo para demostrar que a cidade perdida de Sálvora existía, foi nomeado subxefe no museo no cal traballaba en Madrid. Seguíronlle encomendando tarefas de investigación coas cales el gozaba moito.

FIN

Page 96: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Brais Valladares Torres 6ºB C.E.I.P. COIRÓN – DENA.

Page 97: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén na Illa de Sálvora

Page 98: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Rubén é un xoven que vive na Illa de Sálvora e dende pequeno sempre quixo ser arqueólogo, pero seus pais non lle facían caso porque pensaban que era demasiado pequeno e que aínda non sabía o que dicía. Por iso Rubén compartía os seus sentimentos e a súa alegría de ser arqueólogo coa súa irmá Alba.

1

Page 99: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando Rubén cumpriu os 16 anos decidiu estudar arqueoloxía na Universidade, tal e como él quería.

2

Page 100: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando acabou na Universidade tivo que ir traballar á Illa de Sálvora, donde vive unha gran aventura co seu xefe chamado Carlos e os seus veciños.

3

Page 101: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

O xefe mandouno ir traballar a unha cova moi escura onde ninguén entrara dende facía moito tempo.

4

Page 102: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

-Xa mandei entrar a moitos empregados ahí pero todos se negaron, así é que foron despedidos por desobedecer unha orde do xefe. Crían máis ós veciños que ó seu xefe, porque os veciños din que aínda hai animais ahí dentro e que non se debería entrar- dicíalle o xefe ao rapaz.

5

Page 103: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

-Eu non son deses que creo todo o que din os demais, senón o vexo cos meus propios ollos non o creo. -Así é como me gustan os empregados, oxalá todos fosen así! -Entón estará contento conmigo. -Pois veña, menos charlar e máis traballar-gruñeiu o xefe. Así é como Rubén marchou moi ledo traballar á cova.

6

Page 104: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando entra atópase cun dinosauro e as súas crías comendo.

7

Page 105: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

O rapaz recorda o que lle dixera a súa irmá que é veterinaria: -Cando encontres un animal bravo fálalle para tranquilizalo. E así o fixo, falou cos animais para que entendesen que non tiña intención de facerlles dano.

8

Page 106: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

A nai das crías que

se acercara

bruscamente a

Rubén entendeuno

e deixouno pasar á

cova. Rubén

comezou a encher

o carro de restos de

animais. Cando

acabou, o primeiro

que fixo foi ir a

contarlle ao xefe a

súa aventura.

9

Page 107: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando o xefe escoitou

que había animais dentro

o primeiro que preguntou

foi:

-Pero ti estás ben, non?

-Si xefe, porque seguín as

intrucións da miña irmá,

senón podería estar

ferido.

Alédome de que por fin

alguén descubrise a

verdade, así que vamos a

ver os animais.

10

Page 108: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Mentres que

Carlos e Rubén

entraron na cova,

os veciños

estaban fóra

preocupados e

outros orgullosos

de non dicir

mentira e de que

fora verdade o

que eles dicían.

11

Page 109: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Dentro, o xefe

negouse a

falarlle aos

animais porque

lle parecía una

parvada.

Os animais

sentíronse

ofendidos, así

que decidiron

atacarlle ao

xefe. 12

Page 110: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

-Por favor, axúdenme

–dicíalle o rapaz aos

veciños que foron

pronto a rescatar a

Carlos.

A un veciño

ocorriúselle chamar a

unha ambulancia,

que tardou bastante

porque tiña que vir

en barco dende o

porto da cidade máis

próxima á illa.

13

Page 111: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Por sorte, chegaron

a tempo e Carlos

aínda seguía con

vida, grazas a Rubén

que conseguiu

tranquilizar ós

animais falándolle.

Na ambulancia o

xefe foi

acompañado polo

seu empregado ata

o hospital da cidade

donde tivo que

pasar un par de

semanas ingresado

a causa das feridas

que tiña. 14

Page 112: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Cando por fin Carlos

espertou da operación

que lle tiveron que

realizar, por una fractura

do fémur, o primeiro

que fixo foi darle as

grazas a Rubén por

salvarle a vida, pero por

culpa do esforzo que

tivo que facer para falar

desmaiouse e

necesitaba atención

médica, por iso Rubén

que non se despegara

un segundo del durante

todo este tempo decidiu

chamar a un médico:

15

Page 113: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

-Por favor, atención

médica á habitación 20,

rápido!

-Que pasou rapaz, que

pasou?-pregunta a

enfermeira.

-Debeu de facer

demasiado esforzo para

falar e sufriu un desmaio.

Entón a enfermeira

contestou:

-Non é nada grave, aínda ten pulso, está en estado estable pero crítico. A próxima vez que volva espertar aconséllalle que non faga esforzo.

16

Page 114: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

-Sí enfermeira,

fareino con moito

gusto -contesta

Rubén.

17

Page 115: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Dalí a dous días

Carlos volveu

espertar e

intentou falar de

novo, pero o rapaz

fíxolle caso á

enfermeira e

recomendoulle

que non se

esforzase.

Foi por iso, polo

que o xefe pronto

se recuperou e

puido saír do

hospital.

18

Page 116: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Dende esa, decidiu

facerlle caso ao que

lle recomendaban as

persoas que sabían

sobre o tema no que

estaban a tratar.

Cada vez que Carlos

vía un animal bravo

ou agresivo faláballe

para que se

tranquilizase.

Así foi como ao xefe

lle foi moito mellor e

non sufriu ningún

dano dese tipo nin

por esa causa.

19

Page 117: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Á mañá seguinte,

Carlos faloulle a algún

veciños de

organizarlle unha

sorpresa a Rubén por

salvarlle a vida e

tranquilizar aos

animais cando lle

atacaron. Logo foise

correndo a voz entre

os outros veciños

sobre a sorpresa e

decidiron xuntarse

todos para dar ideas

de como organizala.

20

Page 118: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

A idea que máis lles

gustou a todos foi

facer una festa diante

da cova para que

Rubén entendese a

causa da festa e que

os animais se fosen

acostumbrando a ver

a xente por aqueles

lugares e non

volvesen atacar a

ningunha persoa.

21

Page 119: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

O día da

sorpresa cada

veciño levou

algo de comida

e bebida e

Carlos levoulle

un regalo en

nome de

todos, cando o

Rubén chegou

todos gritaron:

-SORPRESA!!!

22

Page 120: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Isto é para darche as

grazas por todo o que

fixeches por min e

polos veciños, que sen

ti non saberían o que

facerlle aos animais

para entrar na cova,

xa que estaban á

entrada e non

deixaban pasar a

ninguén-díxolle

Carlos.

23

Page 121: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

-Grazas de novo pero

non facía falta.

Pero…xa que estamos,

a divertirse!!-

comentou Rubén.

Cando estaban a

rematar de tomar un

´´pincho´´ Carlos

deulle o regalo a

Rubén, que o abriu

con moita ilusión.

Era una torta que

felizmente compartiu

con todos.

24

Page 122: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

FIN

25

Page 123: Aventuras na illa de sálvora 6ºb

Nuria Padín Pazos

6ºB

C.e.i.p. Coirón Dena

26