AUPA audiovisual para aprender

7
dosier xeral 2011 galego AUPA audiovisual para aprender Edificio EMPRENDIA Campus Sur s/n, CP: 15782 Santiago de Compostela (A CORUÑA) Tel.: +34 881 815 596 Fax: +34 881 815 591 http://audiovisualparaprender.com email: [email protected]

description

Dosier xeral da empresa innovadora AUPA audiovisual para aprender.

Transcript of AUPA audiovisual para aprender

Page 1: AUPA audiovisual para aprender

dosier xeral 2011galego

AUPA audiovisual para aprenderEdificio EMPRENDIACampus Sur s/n, CP: 15782 Santiago de Compostela (A CORUÑA) Tel.: +34 881 815 596Fax: +34 881 815 591http://audiovisualparaprender.comemail: [email protected]

Page 2: AUPA audiovisual para aprender

Proveedor de Recursos Audiovisuais de Aprendizaxe deseñados para mellorar os procesos formativos, para a súa distribución en PDi , plataformas on line, TV, iPad e outros dispositivivos móbiles. Investigamos as novas posibilidades do audiovisual interactivo aplicado principalmente ao ámbito da educación e da formación.

Unha nova empresa creada no 2.011 que nace dentro do programa INCUBA-T, un programa de UNINOVA a incubadora de iniciativas empresarais innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela.

Baixo a marca AUPA atópase unha rede de profesionais de carácter multidisciplinar que abrangue todos os campos para a produción de contidos audiovisuais educativos específicos. Con experiencia contrastada nos sectores educativo, audiovisual, artes gráficas, fotografía e programación, agrupando a profesionais cualificados xunto con especialistas nas materias concretas en cada proxecto.Somos integrados da era dixital e cremos que a linguaxe audiovisual experimentará unha transformaciónn nas vindeiras décadas. Estamos preparados ante os novos retos educativos e formamos parte desta revolución de contidos.

unha empresainnovadora

htt

p:/

/Au

dio

visu

alP

araA

pre

nd

er.c

om

Innovación do século XXI

Page 3: AUPA audiovisual para aprender

Facemos Recursos Audiovisuais de Aprendizaxe con criterios, técnicas e obxectivos que priorizan e melloran os procesos formativos. Traballamos coa linguaxe audiovisual como recurso ou coma ferramenta para aprender.O noso método de traballo diferéncianos porque os nosos obxectivos son obxectivos educativos, adaptando os contidos – procedementais, teóricos e/ou actitudinais – á linguaxe audiovisual e creando valiosas ferramentas educativas que poden complementar, axudar ou guíar as unidades didácticas nas que se estruturan os procesos formativos.

Audiovisuais formativos que divirten, sorprenden e entreteñen, e sobre todo Aprenden.

Audiovisuais para aprender que se axeitan aos diferentes tipos de alumnado, segundo contexto e soporte de difusión.

Audiovisual educativo complementado con actividades que reforzan e optimizan a aprendizaxe.

Audiovisual que forma sen limites nin barreiras creativas para favorecer a aprendizaxe.Audiovisuais de aprendizaxe específica segundo o seu contido, deseñados para unha ou múltiples sesións, para aprender en grupo ou de xeito individual.

PRIMEIRO1. DOCUMENTACIÓN E ANÁLISE. 2. CONSULTA CON ESPECIALISTAS NA MATERIA OU TEMA. 3. ESTUDO DE PROPOSTAS. 4. ELABORACIÓN PROGRAMA. SEGUNDO1. IMPLEMENTACIÓN TÉCNICAS E CRITERIOS EDUCATIVOS. 2. DESEÑO DOS RECURSOS. 3. SELECCIÓN DISPOSITIVO DEDISTRIBUCIÓN. 4. GUIÓN TÉCNICO DO RECURSO EDUCATIVO.

TERCEIRO1. PRODUCIÓN DOS MATERIAIS SEGUNDO OBXECTIVOS EDUCATIVOS. 2. TESTEO DE RECURSOS.

FINAL 1. ENTREGA DE MATERIAIS EN DISTINTOS SOPORTES.

audiovisualeducativo

Un método de traballo propio

Page 4: AUPA audiovisual para aprender

Aplicando criterios de interacción cos consumidores/as ou ususarios/as finais, creamos pezas audiovisuais axeitadas á cada canle, actualizando os contidos para crear sinerxias na web 2.0 e redes sociais.

Ademais investigamos as novas tendencias de distribución audiovisual en liña para aplicalas na creación de contidos innovadores que buscan a interacción dos usuarios transformando a linguaxe audiovisual nun código hipertextual non lineal.

AUPA funciona coma un laboratorio do audiovisual interactivo que aposta polos novos estandares de mercado, especialmente en HTML5 e mhp.

Traballamos e investigamos as posibilidades do audiovisual interactivo a través da innovación en dous ámbitos diferenciados; as plataformas en liña e a interacción audiovisual.

Utilizamos as plataformas de emisión de vídeos on line, para crear canles de televisión a través de internet, para entidades, empresas ou colectivos que precisen comunicar co audiovisual coma linguaxe.

Segundo cada proxecto e os seus obxectivos establecemos unha estratexia de actuación que inclúe deseño gráfico, campaña de comunicación exterior e contidos audiovisuais propios para actualizar e manter canles de televisión on line.

audiovisualinteractivo

En AUPA audiovisual para aprender, participamos na transformación da linguaxe audiovisual e na creación de novos contidos dixitais, principalmente no ámbito da educación.

Contidos dixitais para a nova era

Page 5: AUPA audiovisual para aprender

consultoríaaudiovisual de aprendizaxe

Estudamos e analizamos o emprego de técnicas e ferramentas da era dixital para favorecer a recepción das mensaxes. Ofrecemos servizos de consultoría sobre o audiovisual de aprendizaxe.

Especializada no emprego das potencialidades da comunicación social que permite a rede, complementando e mellorando os procesos de comunicación coñecidos ata o presente século, pero con aplicacións principalmente no ámbito do coñecemento e dos procesos formativos. AUPA xorde co firme propósito de participar na creación de novos contidos audiovisuais.

No AUPAlab experimentamos, investigamos e probamos posibilidades audiovisuais interactivas no ámbito da educación e da formación. Procuramos establecer convenios de asesoramento coas principais entidades de I+D+i do sector establecidas en Galicia.

A transformación da comunicación no s.XXI

Page 6: AUPA audiovisual para aprender

Consultoría de Audiovisual de Aprendizaxe

Análise de tendencias do audiovisual aplicado á formación.• Informes de aplicación de audiovisuais en procesos de aprendizaxe.• Deseño de unidades didácticas audiovisuais específicas.• Asesoramento na creación de materiais audiovisuais con fins educativos.• Elaboración de programacións formativas que inclúen recursos audiovisuais.• Planificación de accións formativas co audiovisual como ferramenta.•

Recursos Audiovisuais de Aprendizaxe

Elaboración de guións técnicos para recursos audiovisuais de aprendizaxe.• Aplicación de estratexias e técnicas de aprendizaxe en contidos audiovisuais.• Creación e produción de recursos audiovisuais para accións educativas.• Deseño de audiovisuais formativos implementados con actividades de aprendizaxe. • Produción de materiais educativos audiovisuais.•

Audiovisual Interactivo

Investigación da interactividade na linguaxe audiovisual educativa.• Participación en proxectos de I+D+i en colaboración con outras entidades.• Desevolvemento de produtos audiovisuais innovadores que permiten interactividade.• Deseño, desenvolvemento e innovación no eido do audiovisual interactivo.• Produción de recursos audiovisuais interactivos para a aprendizaxe.•

Editoriais, entidades de formación, museos, consultorías, asociacións empresariais, centros de interpretación, organismos de turismo, entidades deportivas, colectivos profesionais, sindicatos, administracións públicas… Xa nos coñecen.

Será un pracer recibirte e escoitarte para mellorar a túa organización.

AUPA audiovisual para aprender Edificio EMPRENDIA Campus Sur s/n, CP: 15782 Santiago de Compostela Tel.: +34 881 815 596 http://audiovisualparaprender.com email: [email protected]

os nosos servizos

Page 7: AUPA audiovisual para aprender

SELO DE CALIDADE

http://AudiovisualParaAprender.com