Aula de natureza de CHELO -...

36
1 Aula de natureza de XUNTA DE GALICIA Camiñar para coñecer, coñecer para conservar CHELO Itinerario ambiental polo río Mandeo

Transcript of Aula de natureza de CHELO -...

1

Aula de natureza de

XUNTA DE GALICIACamiñar para coñecer, coñecer para conservar

CHELOItinerario ambientalpolo río Mandeo

2

Esta pequena guía pretende achega-los visitantes destaaula de natureza a todos aqueles aspectos naturais, cultu-rais e patrimoniais que fan deste contorno un espacio paraaprender a conserva-lo noso patrimonio.

Os itinerarios organízanse arredor de paradas relativas aaspectos do medio natural, etnográfico e cultural que, polasúa peculiaridade, valor ou singularidade, merecen ser des-tacados.

As paradas que se realizan ó longo do percorrido encón-transe convenientemente sinalizadas cos seus respectivospostes indicadores, así como os desvíos e direccións que sedeben seguir durante o noso percorrido.

¿Como usar esta guía?

Para evitar crear impactos innecesarios, debes ter en contaalgunhas das seguintes recomendacións:

- Evita camiñar fóra dos camiños. Estes están debidamen-te sinalizados. Se os abandonas, estás creando un impactoinnecesario.

- Deixa o vehículo no aparcadoiro e goza do contornocamiñando polo itinerario que che propoñemos.

¿Como comportarnos naturalmente durante onoso camiñar?

3

- Deposita nos contedores o lixo que produzas durante atúa visita. Sería importante que fixeras unha recollidaselectiva e a depositaras nos contedores axeitados.

- A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas asfontes e cursos de auga. Nós mesmos ou outros seres vivospoderiamos precisala máis adiante.

- Ten coidado co lume. Un incendio causa graves prexuí-zos na natureza e mesmo podemos poñernos en perigo.

- Respecta as plantas e animais, xa que todos cumpren unimportante papel na natureza.

- Lembra que os animais domésticos ceibes poden asustara outras persoas ou molesta-los animais que teñen nestelugar un refuxio de tranquili-dade.

- Aproveita estes momentospara gozar do contacto coanatureza. Esquece as présas,utiliza tódolos sentidos, prestaatención ás pequenas cousas even visitar este espacio en dis-tintas épocas do ano.

Aula de natureza de Chelo

A Coruña

CHELO

QUEIRÍS

COLLANTRES Río

Á Coruña(N-VI)

A Betanzos

100

50

50

100150

Encaixonamento Muíño e aldeaPonte

minicentral

3.200 m

AULA DE NATUREZADE CHELO

A Espenuca

Presa daCabra Balneario

do BoceloMinicentraldo Zarzo

RíoZarzo

Río

da

Roila

PERFIL TOPOGRÁFICO - IDA

100 m

50 m

0 m

Aula deNatureza de

CHELO

Muíño deChelo

Aparcadoiro

Ríodas Bouzas

150

6

O itinerario da aula de natureza de Chelo discorre polasmarxes do río Mandeo, entre a aula de natureza e a pontepróxima á minicentral do Zarzo, para pasar á outra marxedo río e descender ata o punto inicial do percorrido.Neste itinerario imos descubrir algúns aspectos relaciona-dos coa vida das augas correntes e tamén algúns dos apro-veitamentos que, ben tradicionalmente ou ben na actuali-dade, obtemos del. E afondaremos na importancia da con-servación dos nosos ríos.

A aula de natureza de Chelo situase no río Mandeo, río quenace nos cumios da serra da Cova da Loba e desemboca naría de Betanzos, no Golfo Ártabro.

Distancia: 6 km.Dificultade: baixa, pero non é accesible nin practicablepara público con mobilidade reducida, excepto no primei-ro tramo do camiño.Inicio e fin: aparcadoiro da aula de Chelo.Duración: unhas 3 horas.

Aula de natureza de

CHELO

7

Os bosques de ribeira forman un estreito corredor verdeque se estende ó longo do leito do río. Este tipo de bosquecumpre un papel fundamental para axudar a conserva-losnosos ríos.Por un lado, as súas raíces fixan as marxes, e, desta forma,evitan a erosión que provocarían as chuvias torrenciais. Gracias a sombra das súas copas axudan a regula-la tem-peratura das augas do río, manténdoa case constante, espe-cialmente no veránOs bosques de ribeira serven de refuxio e despensa de ali-

parada 11Conservando o bosque de ribeira,conservámo-los ríos

As raíces dobosque evitan

a erosión

mentos paraunha grandediversidadede animais.

As árbores do río encóntranse adaptadas á auga

As árbores que viven á beira do río están adaptadas á pre-sencia case permanente de auga nas súas raíces. O ameneiro é unha das árbores da beira dos ríos que máisaltura pode alcanzar, achegándose en ocasións ós 25metros. Esta árbore precisa que as súas raíces esteanencharcadas, por iso se encontra tan próxima á beira do río. A madeira do ameneiro empregouse para facer pontes,

pezas de muíños...,pois resiste moi ben

a humidade e non apo-drece facilmente. Os ameneiros teñen,ademais, outra cu-riosidade: as súasraíces están asocia-

das a uns fungos quelle permiten fixa-lo nitró-xeno da atmosfera e, deste

xeito, enriquecen enorme-mente o solo sobre o que viven.

Fíxate nas follas do ameneiro, tócaas...

parada 22

8Ameneiro

9

Son pegañentas. ¿Sabes que as follas do ameneiro sepoden empregar para coida-los pés despois dunha longacamiñada?Fíxate na diferencia da casca entre os ameneiros novos eos máis vellos. No primeiro caso é lisa, de cor agrisada, eno caso dos exemplares máis vellos, a cor tira ó negro, eestá dividida en capas anchas.

Outra árbore común é o salgueiro, unha árbore que sopor-ta perfectamente as grandes enchentes do río. E inclusopodemos encontralo sobre algunha pedra no medio do leitodo río. Cumpre un importante papel fronte á erosión,fixando as marxes e ribeiras dos ríos. Pode chegar a alcan-za-los 12 metros de altura, pero o máis normal é que sexanmoito máis baixos. Fíxate nas súas follas. Teñen unha corcinsenta escura moi característica. É unha árbore que florece moi cedo. Apartir do mes de febreiro, e antesde que abrochen as follas, apare-cen as flores. O feito de que asflores aparezan tan cedo convér-teno nunha árbore moi visitadapolas abellas e outros insectos,que, ó tempo que encontran alimento,facilitan a polinización dos salgueiros.

Salgueiro

10

Outras árbores que tamén viven na beira do río

No bosque de ribeira encontramos máis árboresque non sempre viven asociadas ó bosque deribeira, entre elas, o bidueiro, de característicacasca branca, con aneis máis escuros. Vive nasbeiras dos ríos, en lugares húmidos e zonas demontaña. A súa madeira tense empregado paraface-las zocas. Outra das árbores que viven cercado río é a abeleira, unha árbore xeralmentebaixa, co tronco moi dividido desde a base. Os

seus froitos (as abelás) comes-tibles fixeron que esta árbo-

re acompañase á humani-d a d ed e n -

de aant i gü i -

dade. Assúas pólastamén see m p r e g a npara facercestos e para

ata-las vides e

As abelás teñen un alto poder nutritivo

dan unhas excelentes varas para camiñar.Compara a súa folla coa do ameneiro. ¿En que sediferencian? O freixo é outra árbore que vive case sempre pró-xima ós cursos de auga. Coa madeira do freixofacíanse os mangos dos apeiros de labranza ou oseixes dos carros. Se tes oportunidade, fíxate nosfroitos do freixo. As súas sementes están rodea-das dunhas ás membranosas. Primeiro son verdese despois tórnanse de cor parda amarelada. ¿Que

medio pensas que utilizan para dis-persa-las súas sementes? 1 1

O freixo, unha árbore que tamén existenas aldeas, lonxe do río

12

Pero no bosque non todo son árboresSe nos paramos e observamos con detemento,poderemos comprobar que no bosque de ribeiraexisten moitas outras plantas, dende fieitos comoo fieito real, o fieito femia ou o fieito macho, ataarbustos como o sanguiño ou o bieiteiro, pasandopor lianas como a herba salgueira ou as silveiras.Se seguimos observando, poderemos ver outrasplantas como o pé de lobo, o amarelle, a herba

pulgueira, os sene-cios, a amenta delobo, o bonito lirioamarelo ou a propiaamenta de auga.Podes achegarte aunha e ulila. ¿A queche recorda?. Aamenta acuática tenas mesmas propie-dades có poexo, quese emprega comodixestivo tónico.

Lirio amarelo

13

Os muíños son un aproveitamento tradicional da forza da auga

parada 33

Dende moi antigo o home aprendeu a aproveita-la forza daauga no seu beneficio.Un dos aproveitamentos máis comúns en Galicia foi omuíño de regato. Augas arriba do muíño unha presa deri-vaba a auga do río. A tra-vés dunha canle chegabaós muíños, onde facíaxira-lo rodicio, e estemovía unha pedra, “acapa”. O movemento dacapa sobre a outra pedra,que era fixa, “o pé”, tri-turaba o gran, conver-téndoo en fariña.

O muíño de maquía deChelo, un dos máis impor-

tantes do Mandeo

14

¿De quen eran os muíños?A forma de propiedade máis común eran �os muí-ños de herdeiros�. Estes pertencían a varios veci-ños, aínda que non a todos, e moíase por quen-das. Os amaños do muíño realizábanse de xeitocolectivo. Eran muíños non moi grandes e queadoitaban ter unha soa pedra.Despois estaban �os muíños de maquía�. Estespertencían a un só propietario. Normalmenteeran máis grandes e servían tamén como vivendado muiñeiro e a súa familia. O muiñeiro cobrabaunha parte da fariña, �a maquía�, que era pro-porcional á cantidade moída. Estes muíños podí-an ter máis dunha pedra, e así moían melloroutras variedades de gran (trigo, centeo,millo...).(Un pouco máis abaixo do aparcadoiro da aula denatureza -a uns 50 metros- podemos ver un impor-tante muíño de maquía, o muíño de Chelo. Estemuíño tivo unha grande importancia socioeconó-mica no contorno xa que a el viñan moer dende azona de Betanzos e mesmo dende Pontedeume,cando nas épocas estivais os muíños desas zonasnon tiñan suficiente auga. Ata o muíño chegabanen barca remontando o curso do Mandeo).

15

Ó longo do río podemos ver distintos fenómenos de ero-sión da auga sobre as rochas: as pías nas pedras, as pozasdo río, os pelouros..., pero é moi interesante o encaixe dorío Mandeo á altura da Espenuca.Co paso do tempo, a forza da auga foi abrindo un pequenoencaixonamento para atravesa-lo macizo da Espenuca, unmacizo de rochas formadas por materiais moito máis duroscós do arredor.É precisamente neste tramo onde o río Mandeo acada unhadas pendentes máis pronunciadas do seu leito, pois ten quesalvar un importante desnivel.

A auga causa distintas formas de erosión

parada 44

A forza daauga, ó

longo dotempo, causa

distintas formas de

erosión

O río Mandeo nace nos montes de Sobrado dos Monxes edesemboca en Betanzos, formando na súa desembocaduraa Marisma de Betanzos. Nos seus 56 km de percorrido oMandeo recibe unha gran cantidade de achegas de nume-rosos afluentes: o Deo, o Zarzo, o Mendo..., converténdo-

se nun río cun caudalabundante, especial-mente a partir da con-fluencia do Mendo,cerca xa de Betanzos.Este elevado caudalpermitiu que Betanzosfose un importanteporto marítimo-fluvialata o século XVI.

O ciclo da auga no Mandeo

parada 55

A partir de Betanzos, o ríoMandeo devolve as súasaugas ó Océano Atlántico

16

1 7

Este caudal permite tamén unha das festas populares máiscuriosas de Galicia. A romaría dos Caneiros. Nesta día defesta, os betanceiros remontan o Mandeo en barcas enga-lanadas de flores. Chegan ata o campo dos Caneiros -moicerca de Chelo-, onde farán un xantar en familia, e, candoanoitece, volven a Betanzos. Esta romaría celébrase osdías 18 e 25 do mes de agosto.

O río é un medio en constante movemento. Á súa correntetéñense que adaptar tanto as plantas como os animais. Os animais adoptaron distintas estratexias que lles permi-ten vivir neste medio. Unha delas é que se orienten no sen-tido contrario á corrente, como as troitas ou os salmóns. Outra das estratexias é posuír un corpo aplanado dorso-ventralmente. Isto permítelles a algunhas larvas de eféme-ras ou ás planarias vivir baixo as pedras ou mantérensesobre elas.Outra estratexia é ter un corpo en forma de fuso, reducin-do a fricción da corrente de auga, ou ter un pequeno tama-ño que permite encontrar numerosos refuxios.

Os animais do río adáptanse a un medio en movemento

parada 66

Algúns animais constrúen pequenos estoxos nos queviven; que actuan como un lastre e así evitan ser arrastra-dos polas augas,. É o caso das larvas dos tricópteros. Outros posúen potentes ganchos cos que se aferran ó subs-trato, e algúns producen potentes fíos de seda que actúan axeito de cordas de seguridade.

18

Os animais do río adáptanse a un medio en constante movemento

As samesugas teñen dúaspotentes ventosas queevitan que sexan arrastra-das pola corrente.

Algúns outros, como oszapateiros, viven sobre asuperficie da auga. Osegredo dos zapateirospara non afundirse éque son moi lixeiros,teñen o extremo dassúas patas como unhacoitela de patín de xeo e ocorpo recuberto duns peli-ños aceitosos.

Se te fixas, poderás ve-lo pequeno abombamento que aauga fai baixo as súas patas e o seu corpo.

A diversidade de invertebrados acuáticos que viven no ríoé enorme; forman parte deste medio moluscos como oAncyclus, que vive sobre as pedras alimentándose dealgas; insectos como os gaiteiros e libeliñas, que tinguen oceo de rechamantes cores cando son adultos; ou pequenoscrustáceos que se alimentan de restos orgánicos.

19

Libeliña: larva e adulto

20

Os peixes que veñen do mar

Pero no río viven moitos máis animais cós inver-tebrados. Peixes como a troita, o reo o salmón oua anguía percorren o río Mandeo. O salmón pasa unha parte importante da súa vidano mar, e cando é o momento da reproducción,entre o inverno e o verán, remonta os ríos, nor-malmente o seu río de orixe, ata un lugar apro-piado para o desove. O salmón é unha especieque se encontra en regresión, e o Mandeo é undos poucos ríos galegos que remonta na súamigración.O reo, especie moi próxima á troita, ten un ciclode vida moi semellante ó salmón. Nace no río,pasa aquí algún tempo e despois migra cara ó

mar. Uns anos despois volve aremontar, na etapa

fértil, os nososríos ata o

lugar dedesove.O reo é

un peixeque só seO salmón remata

no río a súa longa viaxe dende o mar

21

Os anfibios, unha vida entre a auga e a terra

Os anfibios son un grupo de animais intimamenteligados ó medio acuático. Entre os máis comúns,as ras e pintafontes pasan unha parte importante

Omachodo pin-

tafontesverde

ten unhacrista

duranteo celo

encontra nas costas e ríos de Galicia e doCantábrico, polo que a súa conservación ten unhaelevada importancia.O reo recibe distintos nomes populares depen-dendo do seu tamaño e da época na que remon-ta o río: maiolo, cereixolo e castañolo.

22

da súa vida neste medio, ben na súa fase larvariaou nalgúns momentos da súa fase adulta. Tantouns como outros, cando son adultos, aliméntansede insectos e son moi sensibles ós procesos decontaminación dos ríos. Cando chega o invernoagáchanse e pasan esta estación hibernando.

O merlo rieiro axúdanos a coñece-la calidade dos nosos ríos

En canto ás aves que viven no río, unha das máisrepresentativas é o �merlo rieiro�. O babeiro

branco nun pequeno corpogordecho de corachocolatada faino

inconfundible.Delátao o ince-sante move-mento sobre as

O merlo rieirovive en cursos deauga ben conservados

23

pedras do río ou ben o seu característico voodunha a outra. Mergúllase no río, e coa axuda dassúas ás mergulla, pero faino camiñando polofondo do leito agarrándose coas súas fortes uñasás pedras, en busca dos invertebrados (larvas deefémeras, libeliñas...) que constitúen o seu ali-mento.A boa calidade das augas dun río é fundamentalpara contar coa presencia do merlo, pois trátasedunha ave moi sensible á contaminación dos leitos.

O mexillón de río

En diversos puntos do río Mandeo aparecen colo-nias dun curioso molusco. Seméllase a un mexi-llón, e esta é a orixe do seu nome popular.Trátase dun animal que se encontra en regresiónen toda Europa, polo que se considera unha espe-cie prioritaria nas políticas de conservación daUnión Europea.Viven nos fondos areosos do curso do río e, omesmo cós mexillóns mariños, aliméntanse dosmicroorganismos que capturan filtrando a auga.

A lontra está deseñada para a vida acuáticaDa lontra o máis probable é que só vexámo-lasevidencias da súa existencia, ben as súas pegadasou ben os seus excrementos, sobre algunha pedraou mata de herba do río, constituídos por espiñase escamas e cun forte olor a peixe.

¿Sabías que a lontra está perfec-tamente adaptada á vida no río,

e que pode chegar a nadar a unhavelocidade de 11 km/h?. Un nada-

dor olímpico só chega a uns 7km/h.

O corpo en forma de fusoe as pequenas orellas para

reduci-la resistencia á auga, aspatas traseiras palmeadas e asúa cola aplanada como untemón, son algunhas das adap-tacións deste mamífero.

Lontra

24

25

En fronte nosa témo-la minicentral hidroeléctrica doZarzo. O Zarzo é un dos afluentes do Mandeo. As minicentrais hidroeléctricas aproveitan a enerxía queten a auga para mover unha turbina que produce electrici-dade.

Para isto, deben desviarparte do curso do ríoZarzo e despois a travésduns tubos, conducen aauga ata a turbina que seencontra no edificio dacentral.

A minicentral aproveita a forza da auga paraproducir enerxía eléctrica

parada 77

Minicentral hidroeléctrica do Zarzo

26

Nesta parada achegámo-nos ó vello balneario doBocelo, e podemos bai-xar á fonte do balneario.¿A que cheira? Estasaugas emanan un forteolor que nos recorda aovos podres. Son augassulfurosas.

A auga tamén éfonte de saúde

parada 88

Balneario do Bocelo

Para evita-lo impacto ambiental que poderían causar, asminicentrais deben manter un caudal ecolóxico mínimo e,nalgúns casos, na presa onde acumulan a auga, posúenescadas de remonte que evitan que o curso do río sexainaccesible para os seres vivos que nel habitan.¿Sabías que en Galicia a enerxía eléctrica que producen asminicentrais é de preto de 500 millóns de kwh/ano, e quenunha casa consumimos arredor de 3.000 kwh/ano?

27

Este balneario tivo unha época de apoxeo nos anos trintapero un incendio na década dos 40 destruíuno. Dendeentón non se volveu a recuperar, e así chegou ó estadoactual de abandono. Pero a pesar de todo, ata aquí seguenchegando veciños do contorno de Coirós, Betanzos,Paderne ou mesmo A Coruña. Nun paseo veñen busca-lasaugas que emanan desta fonte polas propiedades medici-nais que posúen. As augas sulfurosas do Bocelo usábanseen bebida para o tratamento do fígado e en baños paratrata-la reuma e afeccións da pel. Fíxate que no contorno do balneario aparecen castiñeiros,árbores asociadas en Galicia a lugares habitados, polaimportancia que o seu froito tivo na economía doméstica.

No río viven plantas que desenvolven distintas estratexiaspara evitar seren arrastradas pola corrente e, ó mesmotempo, completa-lo seu ciclo vital. Algunhas plantas viven enraizadas no fondo do leito esomerxidas totalmente, como unha alga (Chara fragilis)que forma unhas grandes masas de cor verde, ou un briónespecializado na vida baixo a auga, o musgo da fonte.

As plantas do río non se deixan levar pola corrente

parada 99

Outro grupo de plantas están case totalmente somerxidaspero non totalmente. Algunhas posúen as follas e flores porenriba da auga, como a "espiga de auga", o "miriofilo", ou as"oucas". No caso das oucas, teñen dous tipos de follas, asque viven somerxidas que están fendidas e son ovaladas e asque viven flotando sobre a superficie que son redondeadas.Estas masas de plantas son un excelente refuxio e lugar dealimentación para a fauna do río. Entre as súas follas nadanos invertebrados, os pintafontes, as cobras acuáticas e asras, que saltaron cando notaron a nosa presencia. Pero non tódalas plantas do leito do río viven enraizadasno seu fondo. Outras, como a pequena lentella de auga,flota libremente, polo xeral, en remansos do río e en zonasde augas estancadas, e, desta forma, están sometidas óscaprichos da corrente.

28

Plantasenraizadasno río

29

O bosque da ribeira é un bo lugar para moitos animais,porque encontran nel alimento e refuxio. Ademais, estebosque funciona como un corredor verde que comunicatodo o leito do río. Estes corredores son un elemento degrande importancia para a conservación da biodiversidade,pois pode comunicar espacios naturais moi distantes entresi e que, se non, funcionarían como illas.

As ribeiras do río teñen unha elevada biodiversidade

parada 1010

Lavandeira cinsenta

30

Ó lagarto verdinegro gústalle a auga

Un dos animais máis curiosos que habita na beirados ríos é un lagarto que non lle ten medo á auga,o lagarto verdinegro, un precioso lagarto, espe-cialmente os machos na época de celo. Nestaépoca locen unha cor verde-amarelada caseesmeralda, salpicada de ocelos escuros e a súagarganta está tinxida de azul, facéndoo incon-fundible.

Este lagarto tenentre os seuscuriosos costu-mes o de nadar,algo que fai conbastante efica-cia. Pero, ade-mais, e en casode perigo, podeincluso mergu-llarse para aga-charse no fondodo leito entre alama e agardaralí uns segundos.Lagarto verdinegro

As lavandeiras tinxen o río de gris e amarelo

Outro dos animais dos que podemos gozar nocamiño son as lavandeiras, nome popular que nosfala ben ás claras de cál é o seu hábitat preferen-te. As lavandeiras camiñan pola beira do río oupolas pedras do seu leito en busca de pequenosinsectos dos que se alimenta. Fíxate na súa cola.As súas constantes sacudidas son un mecanismode comunicación �visual� moi eficaz onde o ruídoda auga correndo dificultaría os seus propios sons.A lavandeira cinsenta, que é a que máis queren-cia ten pola auga, constrúe o seu niño baixo pon-tes ou tras un salto de augaou no monte de herba quehai na beira do río. Se checoincide na época de nidifi-cación e tes sorte de veralgunha lavandeira,non pérda-loespectáculodo constante ire vir carretandomaterial para construí-loseu niño ou alimento paraos seus polos. Lavandeira común

31

32

Un pequeno anfibio galego que vive nos bosques dos ríos

O mundo das píntegas encóntrase nos ríos quediscorren entre os bosques, ben nas proximidadesda auga, ou no seu curso. A píntega común ten actividade exclusivamentenocturna. Aliméntase de miñocas, insectos, ara-ñas e lesmas. É a máis abundante das nosas pín-tegas. Precisa unha alta humidade no ambiente,polo que é común velas ó anoitecer despois dunchuvasco. No Mandeo vive un anfibio que está restrinxido óNoroeste da Península Ibérica (Galicia, Norte dePortugal, Asturias), é outra píntega, algo máis

pequena que acomún. O seunome, �píntegarabilonga�, dánosunha pista sobreunha das súascaracterísticas máissignificativas: a súalonga cola quesupera o tamaño doresto do corpo.Píntega común

33

Ata aquí chegou o noso itinerario e sobre a ponte doMandeo podemos botar unha última ollada sobre o río ereflexionar sobre algúns aspectos que abordamos ó longodeste.No itinerario puidemos ve-la diversidade de vida quealberga o río, a importancia que este ten na súa conserva-ción e algúns dos aproveitamentos tradicionais e outrosmáis actuais.A conservación dos nosos ríos é algo que depende tamén denós, dos nosos comportamentos na vida diaria. Dando unpequeno paso, facendo un uso racional da auga, xa estamosfacendo moito pola conservación deste importante recurso.Esperamos que oitinerario fose doseu agrado e quegozase desta visitapolas ribeiras dorío Mandeo.

A conservación dos nosos ríos depende de todos

parada 1111

Ponte sobre oMandeo

34

Abeleira - Corylus avellanaAmarelle - Narcissus cyclamineusAmeneiro - Alnus glutinosaAmenta de auga - Mentha aquaticaAmenta de lobo - Lycopus europaeusAnguía - Anguila anguilaBidueiro - Betula celtibericaCabaliño do demo - ZigópterosCastiñeiro - Castanea sativaCobra de auga - Natrix mauraEspiga de auga - Potamogeton natans, PotamogetonpolygonifoliusFieito femia - Athyrium filix-femiaFieito macho - Dryopteris filix-masFieito real - Osmunda regalisFreixo - Fraxinus excelsiorHerba pulgueira - Eupatorium cannabinumHerba salgueira - Lonicera periclymenumLavandeira cinsenta - Motacilla cinereaLavandeira común - Motacilla albaLentella de auga - Lemna minorLibeliña - AnisópterosLirio amarelo - Iris pseudacorusLontra - Lutra lutra

Especies citadas neste itinerario

35

Merlo rieiro - Cinclus cinclusMiriofilo - Myriophilum sp.Musgo da fonte - Fontinalis antypireticaOuca - Ranunculus fluitansPé de lobo - Oenanthe crocataPintafontes - Triturus sp.Píntega común - Salamandra salamandraPíntega rabilonga - Chioglossa lusitanicaPoexo - Mentha polegiumReo - Salmo trutta truttaSalgueiro - Salix atrocinereaSalmón - Salmo salarSamesuga - Glosophinia sp., Hirundo medicinalis, ..Senecio - Senecio aquaticusSilveira - Rubus sp.Troita - Salmo trutta farioVerdinegro - Lacerta schreiberiZapateiro - Gerris sp..

36 Edita: Xunta de GaliciaConsellería de Medio AmbienteCentro de Información e Tecnoloxía Ambiental

Idea orixinal, realización e textos:

cem, s.coop.galega. ©

Fotografías: XK3 foto ©

Ilustracións: Rafa Salvadores ©, Suso Cubeiro © e Tokio ©

Deseño gráfico, infografía e maquetación:Mazaira grafismo, s.l.

Impresión: Edym, s.l.

Depósito legal: C-222/2001