As visitas organízanse en función das mareas Turismo...

2
O sur da Ría de Arousa A dicir verdade, o traballo no mar é moi duro, mais aínda no inverno... podes mirar as nosas mans e xa sobran as palabras. O frío e a humidade, as posturas e o movemento repetitivo son condicións laborais complicadas. Pero quen vive no mar é porque realmente lle enche a alma. Moitas de nós somos de familia mariñeira, e outras comezaron polo seu amor ao entorno e á profesión, xa que nestas vilas o contacto co mar é directo dende ben pequenas. O positivo? A nosa oficina muda cada día, vemos moitos amenceres, a ás veces ata arroaces... Haberá traballo mais fermoso ca este? As bateas e o mexillón © Na ría de Arousa hai arredor de 2300 bateas (3300 no conxunto de Galicia), que producen 260000 toneladas de mexillón cada ano. © A cor laranxa tan intensa do mexillón galego débese á alta concentración de fitoplancton que acumulan as augas das nosas rías. © Os mexillóns aliméntanse por filtración, chegando a filtrar ata 8 litros de auga cada hora. AMEGROVE Porto Meloxo 138. 36989 O grove Unha cooperativa de máis de 400 familias dende 1977. 105 barcos na flota 335 bateas activas 22000 toneladas de mexillón por ano © Abastecen ao mercado nacional e internacional © Familias con concesión de batea cultivan e extraen o mexillón, traballando asociados na cooperativa. © O produto pasa por un proceso de depuración. © Hai un control toxicolóxico no seu propio laboratorio: Mytilus © Frigoamegrove: comercialización do produto procesado. AREOSA Confraría de Vilanova de Arousa. Rúa o castro s/n, 36620 Vilanova © Ruta das mariscadoras de Vilanova de Arousa © Arredor de 230 mariscadoras en toda a zona. © Praia de Agüiño © Paseo polos viveiros do Esteiro © Lonxa de Vilanova AMARCARRIL Rúa Alameda Vella s/n, 36610 Vilagarcía de Arousa © En Carril trabállase dun xeito singular: mediante concesións dos parques de cultivo. Cada parquista xestiona a súa leira con liberdade. Estes parques delimítanse con paus, conformando unha paisaxe singular na contorna da illa de Cortegada. O marisqueo e as ameixas candieirarede [email protected] As visitas organízanse en función das mareas Para máis información, contacto e suxestións: [email protected] Candieira é un proxecto de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que nace para favorecer o emprendemento e o traballo en rede das mulleres nas zonas costeiras de Galicia. Turismo mariñeiro na Ría de Arousa

Transcript of As visitas organízanse en función das mareas Turismo...

Page 1: As visitas organízanse en función das mareas Turismo mariñeirocandieira.net/arousa-folleto.pdf · O marisqueo e as ameixas candieirarede info@candieira.net As visitas organízanse

O sur da Ría de Arousa

A dicir verdade, o traballo no mar é moi duro, mais aínda no inverno... podes mirar as nosas mans e xa sobran as palabras. O frío e a humidade, as posturas e o movemento repetitivo son condicións laborais complicadas. Pero quen vive no mar é porque realmente lle enche a alma.

Moitas de nós somos de familia mariñeira, e outras comezaron polo seu amor ao entorno e á profesión, xa que nestas vilas o contacto co mar é directo dende ben pequenas.

O positivo? A nosa oficina muda cada día, vemos moitos amenceres, a ás veces ata arroaces... Haberá traballo mais fermoso ca este?

As bateas e o mexillón

© Na ría de Arousa hai arredor de 2300 bateas (3300 no conxunto de Galicia), que producen 260000 toneladas de mexillón cada ano.

© A cor laranxa tan intensa do mexillón galego débese á alta concentración de fitoplancton que acumulan as augas das nosas rías.

© Os mexillóns aliméntanse por filtración, chegando a filtrar ata 8 litros de auga cada hora.

AMEGROVEPorto Meloxo 138. 36989 O grove

Unha cooperativa de máis de 400 familias dende 1977.105 barcos na flota 335 bateas activas 22000 toneladas de mexillón por ano

© Abastecen ao mercado nacional e internacional © Familias con concesión de batea cultivan e extraen o mexillón, traballando asociados na cooperativa.

© O produto pasa por un proceso de depuración. © Hai un control toxicolóxico no seu propio laboratorio: Mytilus

© Frigoamegrove: comercialización do produto procesado.

AREOSAConfraría de Vilanova de Arousa. Rúa o castro s/n, 36620 Vilanova

© Ruta das mariscadoras de Vilanova de Arousa

© Arredor de 230 mariscadoras en toda a zona.

© Praia de Agüiño © Paseo polos viveiros do Esteiro

© Lonxa de Vilanova

AMARCARRILRúa Alameda Vella s/n, 36610 Vilagarcía de Arousa

© En Carril trabállase dun xeito singular: mediante concesións dos parques de cultivo. Cada parquista xestiona a súa leira con liberdade. Estes parques delimítanse con paus, conformando unha paisaxe singular na contorna da illa de Cortegada.

O marisqueo e as ameixas

candieirarede [email protected]

As visitas organízanse en función das mareas

Para máis información, contacto e suxestións:[email protected]

Candieira é un proxecto de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que nace para favorecer o emprendemento e o traballo en rede das mulleres nas zonas costeiras de Galicia.

Turismo mariñeiro na Ría de Arousa

Page 2: As visitas organízanse en función das mareas Turismo mariñeirocandieira.net/arousa-folleto.pdf · O marisqueo e as ameixas candieirarede info@candieira.net As visitas organízanse

AreosaGustaríache coñecer e probar como é o traballo do marisqueo? Nesta ruta aprenderás a técnica para coller ameixas coa gancha, e moitas curiosidades ligadas ao mundo do mar. Para rematar a visita veremos unha poxa na Lonxa de Vilanova.

Ruta da percebeiraAlguna vez te preguntaches como se apañaba este marisco? Acompaña a Concha nun día de traballo e entenderás a dificultade e afouteza que comprende esta actividade. A visita remata na Lonxa, onde se comercializa todo o produto.

Turismo mariñeiro na Ria de Arousa

AmarcarrilDende a chegada do ferrocarril que comunicou Carril e Santiago, ata a proximidade da illa de Cortegada, esta vila é coñecida pola calidade das súas ameixas. Acompaña as mariscadoras aos seus parques de cultivo e vive unha experiencia mariñeira en primeira persoa.

AmegroveUnha cooperativa con historia que une a 400 familias, que ten mesmo unha piscina para os mexillóns... Nesta ruta coñecerás curiosidades sobre o cultivo, extracción, depuración e comercialización do “ouro negro” da Ría de Arousa da man de quen mellor a coñece.