As persoas temos dereito a
Transcript of As persoas temos dereito a
As persoas temos dereito a…
Da seguinte listaxe de dereitos que temos todas as persoas sinala:
Os que sabías que eran dereitos (1).
Os que sabías que eran dereitos pero non os tiñas asumidos (1A).
Os que sabías que eran dereitos e xa os tes asumidos (1B).
• Sermos tratadas con respecto e dignidade.
• Equivocarnos e sermos responsables dos nosos erros.
• Termos as nosas propias opinións e valores.
• Termos as nosas propias necesidades, e que sexan tan importantes como as das demais.
• Experimentar e expresar os propios sentimentos, así como a ser as nosas únicas xuízas.
• Mudar de opinión, idea ou liña de actuación.
• Protestar cando se nos trata inxustamente.
• Tentarmos cambiar aquilo que non nos resulta satisfactorio.
• Deternos e pensar antes de actuar.
• Pedir o que desexamos.
• Facer menos do que humanamente somos quen de facer.
• Sermos independentes.
• Decidir que facer o noso propio corpo, tempo e propiedade.
• Sentirmos e expresar a dor.
• Sermos as primeiras algunha vez, sen nos sentir culpables.
• Ignorarmos os consellos.
• Rexeitarmos peticións sen sentírmonos culpables ou egoístas.
• Estarmos soas aínda cando desexen a nosa compañía.
• Non nos xustificar perante as demais.
• Non nos responsabilizar dos problemas das outras persoas.
• Non nos anticipar (non adiviñar) ás necesidades e desexos das demais.
• Non estarmos pendentes da boa vontade das demais.
• Aceptar ou non unha conversa, así coma o momento, o lugar e os termos nos que mantela.
• Falarmos sobre un problema coa persoa involucrada e aclaralo, cando os dereitos de cada quen non están claros de todo.
• Facermos calquera cousa, sen transgredirmos os dereitos da outra persoa.
• Escoller non comportarnos de xeito asertivo ou socialmente hábil, asumindo as consecuencias.
Mudou a túa percepción sobre os dereitos?
Achas que a oonstrución social do sistema sexo-xénero ten que ver cos dereitos que recoñecemos ou asumimos?
Que consecuencias ten nas nosas vidas que teñamos máis ou menos dereitos asumidos?