Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

25
Angazo ( Rastrillo ) Úsase para desenterrar berberechos, ameixas, carneiro, coquina nos intermareais, a pé e en seco, ou con mellor cun pouco de auga. Remexe indiscriminadamente o substrato, aínda que non o voltea como o sacho. Afórralle esforzo ó traballador porque abrangue máis espazo e a superficie dos dentes, ao ser menor que a do sacho, ofrece menos resistencia. A lonxitude dos dentes é variable (máximo dez cm.) O angazo é o aparello máis común do marisqueo a pé. Bicheiro IInstrumento de material metálico que adoita diferentes formas dependendo da especie que se queira capturar. A máis común é a que ten forma de frecha na punta que enganchará o corpo do animal desexado. A lonxitude do mango dependerá da profundidade á que se queira traballar.

Transcript of Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Page 1: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Angazo ( Rastrillo )

    Úsase para desenterrar berberechos, ameixas, carneiro, coquina nos intermareais, a pé e en seco, ou con mellor cun pouco de auga. Remexe indiscriminadamente o substrato, aínda que non o voltea como o sacho. Afórralle esforzo ó traballador porque abrangue máis espazo e a superficie dos dentes, ao ser menor que a do sacho, ofrece menos resistencia.A lonxitude dos dentes é variable (máximo dez cm.)O angazo é o aparello máis común do marisqueo a pé.

 

   

 

Bicheiro

 

IInstrumento de material metálico que adoita diferentes formas dependendo da especie que se queira capturar. A máis común é a que ten forma de frecha na punta que enganchará o corpo do animal desexado. A lonxitude do mango dependerá da profundidade á que se queira traballar.

 

Page 2: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Betas

    Arte de fondo fixo e de similares características cá volanta pero de menores dimensións. Úsanse para fanecas, meigas, sargos, pescada, abadexo, raia, etc. Consta dun só plano de rede moi frouxo que ondea dentro do mar para que as especies que se capturen enmallen mellor.

 

   

 

 

Butrón

    É unha arte que consta dunha parte central rectangular de rede, chamada parada, ó extremo da cal perpendicularmente a ela se sitúan tres funís concéntricos de rede que desembocan nunha última cámara, onde quedan atrapados os peixes. A malla autorizada é de 14 milímetros. Só se autorizará logo de elaboración da normativa que rexerá o seu emprego e que se establecerá a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura mediante o regulamentario plano de explotación.

 

   

 

 

Page 3: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Son aparellos de anzol os formados por cabos de fibra e anzois dos cales distínguense as modalidades de liña e palangre.

Currican

Os curricáns traballan á cacea. Esta modalidade emprégase para a captura de túnidos e onde os anzois poden ir cebados con cebo natural e artificial.

Endeño remolcado ou " Can da ameixa "

   

Coñecido coma o “can da ameixa” só está autorizado para a ameixa rubia. Este é practicamente igual aos rastros. Está formado por unha rede e un “rastrillo” con dentes que vai collendo as ameixas.

 

 

 

Page 4: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

   

Espello ou mirafondos

Consta dunha caixa de madeira sen bases, na que unha delas vai provista dun cristal. Ao colocalo sobre a superficie de auga permite unha visión clara do fondo ata uns tres metros aproximadamente.

Empr égase na captura de centola e ourizo.

Femieiro

Nesta técnica átanse varias femias de xiba a un extremo dunha sedela pola parte traseira e lanza-las a auga atando o outro extremo unha vara que leva atravesada por encima da borda a embarcación. As femias serven para a atracción e acercamento dos machos que, unha vez alí, son capturados cun bicheiro ou un trueiro.

Page 5: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Fisga

   Só se usa para navalla e longueirón e se necesita moita destreza por parte do/a mariscador/a . Estas especies cando están soterradas deixan un burato no fondo; por este burato o mariscador introduce a fisga rapidamente e penetra polo medio das dúas valvas, polo que a navalla ou longueirón péchanas rapidamente momento que o mariscador tira para arriba apresa e saca o marisco.

 

   

 

 

Page 6: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Forquita

   

Mango de madeira unido a unha placa metálica con dous ou tres dentes lixeiramente curvados. Tamén se usa para a captura de ourizo.

 

   

 

Fouciño

   

Con este arte o mariscador colle a ameixa unha a unha xa que ten que introducir polo burato da ameixa o fouciño e, dándolle un pequeno xiro, despraza a area e deixa ao descuberto a ameixa.

 

 

Francada

Page 7: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Arte empregada para a pesca de peixes planos coma o linguado, chocos, rodaballo, anguías... que se utiliza coma o bicheiro.

      

Ganchelo

   

É coma un sacho de dimensións moi reducidas, feito dunha soa peza metálica. Úsase para apañar ameixas a pé e en seco, ou na auga en calma. É un aparello moi selectivo.

 

   

 

Page 8: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

, bicheiro

    É un aparello con moitas variantes. Está formado por un mango de lonxitude variable e un ou varios ganchos de ferro (ás veces anzois) suxeitos nun dos extremos. Úsanse a pé ou dende unha pequena embarcación para capturar especies que viven nas fendas (polbos,ourizos..).

O bicheiro está autorizado para a captura do polbo e ourizo todo o ano e auxiliado por un mirafondos.

 

   

 

 

Son aparellos de anzol os formados por cabos de fibra e anzois dos cales distínguense as modalidades de liña e palangre.

Liña

A liña está formada por un cabo principal que recibe o nome de liña propiamente dito ou sedala, o cal únenselle varios anzois e un chumbo para asegura-la inmersión dos anzois.As formas de armar unha liña son moi diversas, desde as empregadas para a pesca manual, ata as empregadas para a pesca con curricán.

Page 9: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Miños

  

É similar ao trasmallo pero de menor lonxitude e unha rede feita con material máis resistente. Cálanse en fondos limpos e máis profundos que os do trasmallo. Úsase para peixes planos e mariscos sobre todo.

 

   

 

     

  

 

  

     trasmallo

Mediomundo

   É un aparello semellante á cangrexeira pero de maior tamaño (ata 6 m. de diámetro como máximo e malla de 14 mm.) .É empregada para a captura de pións, fanecas, xurelos, panchos, piardas...

 

   

 

Page 10: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Nasa do camarón

    As características e dimensións máximas serán idénticas ás de nécora, coa excepción relativa á boca ou bocas de entrada, que deberá ser circular ou cadrada e cun diámetro ou eixo máximo de 5 cm. O tamaño mínimo de malla será de 16 milímetros. Esta nasa poderá utilizarse durante todo o ano sen limitacións, salvo nos períodos en que puidese decretarse a veda desta especie. O seu uso será exclusivamente nocturno.

 

   

 

Nasa do choco

    Poderá utilizarse sen engado, de forma cilíndrica, poliédrica ou ben semicilíndrica con fondo plano. Non deberá levar ningún engado,senón só ramas que sirvan de refuxio á especie. As ramas que leven adheridas míllaras deberán ser devoltas ó mar unha vez utilizadas. As dimensións serán como máximo de 150 centímetros no eixe maior ou lonxitudinal e 90 centímetros de diámetro ou altura. A dimensión da boca será de 20 centímetros no seu eixe maior. O recubrimento será de rede e a malla mínima será de 5 centímetros de lado do cadrado. A súa utilización será tanto diúrna como nocturna.

 

   

 

Page 11: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Nasa fanequeira

    Está formada por unha armazón de forma cilíndrica, con aros metálicos de 2 metros de diámetro máximo e varelas verticais dun máximo de 80 centímetros de altura. Leva dúas entradas opostas feitas de rede, que se prolongan de forma tronco-cónica cara ó interior da nasa. A malla que cobre a armazón deberá ser de 50 milímetros de lado. O seu uso está restrinxido fóra das rías.

 

   

 

Nasa da lagosta

    Poderá ser de forma cilíndrica ou poliédrica e terá como dimensións máximas 55 centímetros de xeratriz e 35 centímetros de diámetro ou altura. A boca de entrada no seu eixe será como máximo e 23 centímetros. Se o recubrimento da nasa se fai con rede, a malla mínima dela será de 70 milímetros. No caso de empregarse outro material ríxido, o lado do cadrado dos ocos non será inferior a 35 milímetros. A nasa para lagosta poderá utilizarse durante todo o ano, salvo no período de veda xeral ou parcial da especie, e en lance exclusivamente nocturno.

 

   

 

 

Page 12: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Nasa de nécora

    Soe ter unhas medidas de 50 cm. de lonxitude e 35 cm. de altura ou diámetro; a anchura da boca é de 16 cm. máximo e os ocos maiores non sobrepasan os 10 mm de diámetro. Ten lance nocturno e a súa forma é  cilíndrica ou poliédrica.Pode usarse todo o ano durante o período de veda, xeral ou  parcial, dista especie.

 

   

 

Nasas de polbo aberta

   A que se usa fora das rías é  semellantes ás da nécora (pechadas). Dentro das rías caracterízanse por ser nasas abertas de 40 cm. de lonxitude máxima e 35 cm. de largura e altura deixando a cara superior aberta. Mallas de máis de 2 cm. de lado de cadrado. Lance diúrno. Pode usarse en calquera época do ano.

 

     

 

Page 13: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Nasa portuguesa

    A súa forma é esferoidal comprimida en sentido vertical. A estrutura está composta de arames soldados que ó se curvaren cara a dentro na súa parte superior forman a boca. A dimensión máxima da boca é de 20 centímetros, a separación mínima entre varelas de 200 milímetros e o seu diámetro é de 80 centímetros. A utilización d dita arte non está autorizada en augas interiores de Galicia, salvo que estudios posteriores recomenden a súa utilización, neste caso, a Consellaría de Pesca, Marisqueo e Acuicultura elaborará a normativa que rexerá o seu uso.

 

   

 

Palangre de fondo

O palangre de fondo emprégase na captura de peixes que viven nas proximidades de fondo como se-las pescada, bertorella, mero, congro, dourada, etc.

Page 14: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Palangre de superficie

Úsase para especies peláxicas como peixe espada, marraxos e atún

Palangrillo

É o mesmo que o palangre de fondo pero de dimensións máis pequenas, emprégase na pesca artesanal e en captura de peixes como

Page 15: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

ollomoles, congros, rodaballos, robalizas, dentóns, etc.

Raño, gancha

 

Semellantes ao angazo pero máis lixeiras e requiren menos esforzo. A diferenza é que levan un cope metálico onde recolle as capturas e unha vara longa que, segundo a súa lonxitude, permite traballar en fonduras de máis de 15 metros.

 

 

Page 16: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Rascos ( raeira, rascas ou rasquiños )

   

Ten un só plano de rede que pode ser de fío de nailon (para boi, lagosta, centola, ...) ou de tanza (peixes).

 

   

 

 

Rasqueta

   

Utilizada para o percebe ou mexillón localizados nas rochas. Componse dun mando de madeira e unha platina. A súa técnica é moi sinxela.

 

   

 

Page 17: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Angazo ( Rastrillo )

    Úsase para desenterrar berberechos, ameixas, carneiro, coquina nos intermareais, a pé e en seco, ou con mellor cun pouco de auga. Remexe indiscriminadamente o substrato, aínda que non o voltea como o sacho. Afórralle esforzo ó traballador porque abrangue máis espazo e a superficie dos dentes, ao ser menor que a do sacho, ofrece menos resistencia.A lonxitude dos dentes é variable (máximo dez cm.)O angazo é o aparello máis común do marisqueo a pé.

 

   

 

Rastro ou angazo

   

Emprégase desde a embarcación para a recollida de ameixa, berberecho. O seu emprego é limitado debido a que supón bastante esforzo.

 

    

 

Page 18: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Rastro do Camarón

   

Coma todos os rastros, arrástranse pola popa dos barcos. O do camarón non posúe dentes  ten maiores dimensións que os outros.

 

   

 

 

Rastro da Navalla

   

A embarcación arrástraa polo fondo mentres os seus dentes removen o substrato levantando así as navallas, pasando para o cope onde son retidos.Unha vez a bordo retira as capturas e volve a repetir a operación.

 

   

 

 

Page 19: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Rastro do Rabioso

   

Semellante ao da vieira, coa punta dos dentes virada cara diante. Precisa dunha autorización especial.

 

   

 

       

Rastro da vieira

Rastro da Vieira

   Ten a particularidade de que os dentes son curtos e dobrados cara atrás para que non se enterren no substrato xa que as vieiras, zamburiñas e volandeiras que captura viven pousadas no fondo. Arrástrase pola popa do barco.Non se pode usar en fondos inferiores ós 5 metros e cada embarcación pode usar un máximo de dous rastros.Ancho máximo da pletina: 175 cm.Dentes: 10 cm. de lonxitude máxima cunha separación mínima de 8 cm.Malla do cope: 5 cm. de luz para volandeira, zamburiña e ostras, e 8 cm. para vieira.

 

   

 

 

Page 20: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Sacho

    É un dos aparellos máis primitivos. Aínda que o seu deseño sofre modificacións en cada lugar no que se usa; este é semellante en todos eles. Úsase en seco para berberecho, ameixa, chirla, reló, etc. A técnica obtense cravando o sacho na terra e deixando o marisco ao descuberto.O sacho, métese no substrato e favorece a futura fixación de semente.

 

   

 

Salabardo

   Consta dun rectángulo metálico de dimensión máxima 60 x 30 centímetros de altura, provisto dun cope de rede que serve para seleccionar os moluscos que son impulsados ao seu interior ao escavar coas mans ou auxiliados por un sacho. É unha técnica en desuso, moi sinxela e que se usa para a captura do berberecho.

 

 

 

 

Page 21: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Trasmallos

    Arte de fondo e fixa que se cala rodeando as rochas entre as algas nunha profundidade que vai dos 2 m. ata os 30 m. Consta de tres panos de rede de cor vermella: dous son grandes (exteriores) e un máis pequeno (interior). Van armados por unha tralla superior ou de cortizos e unha inferior ou de chumbos.Con eles péscanse especies coma bois, nécoras, polbo, maragotas, pintos, xurelos, raias, etc. É unha arte non selectiva.

 

   

 

 

Trueiro

Está formado por un aro metálico ao que se lle engade un cope de rede ou unha vara de lonxitude axeitada para manexalo.Emprégase na captura de camarón,choco e ourizo.

Page 22: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

Volantas

   

Arte fixo dun só pano de rede que se cala no fondo. Pode chegar a medir 10 km. de lonxitude e dependendo do tamaño da rede pode pescar sarda, xurelo, pescada, etc.

 

   

 

 

Xeito

    Éstá formado como as fixas, posúe un só pano de  

Page 23: Artes Pesca ConfraríAs De Galicia

rede e cálase na superficie ou en profundidade variable suxeita desde unha boia por unha banda e a embarcación por outra. Úsase, para a captura do bocarte, xurelo, sardiña e trancho.

   

 

 

En http://www.confrariasgalicia.org/Gal/ArtesdePesca/Xeito.html