Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A...

8
Ariadna Xosé Miranda XERAIS

Transcript of Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A...

Page 1: Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A imaxe dos restos da esta-tua da liberdade entre as ruínas como en El planeta de los

AriadnaXosé Miranda

XERAIS

Page 2: Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A imaxe dos restos da esta-tua da liberdade entre as ruínas como en El planeta de los

O AUTOR

2

Título: AriadnaAutor: Xosé MirandaEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Fóra de XogoNº páxinas: 128ISBN: 84-8302-769-0

XOSÉ MIRANDA naceu en Lugo, en 1955.Profesor de Ciencias no ensino secunda-rio. Poeta e narrador. Publicou no ano2000 O coello Federico e os amorodos, etamén para lectores e lectoras infantís exuvenís, Feitizo e Ariadna.Participa con Antonio Reigosa e XoánRamiro Cuba no proxecto de recupera-ción e recreación da tradición oral galega«Cabalo buligán». Os autores fan un esfor-zo, neste caso, por catalogar e inventariarunha serie de contos que nos foran transmitidos ó longo do tempo. É tamén coautor doDiccionario dos seres míticos galegos (1999), de Pequena Mitoloxía de Galicia (2001) e deCando os animais falaban (2002).Acada os seguintes premios: Premio Xerais de Novela 1998 con Morning Star, con Naterra sombría gaña o premio de narrativa curta Modesto Figueirido 1988, con Historia dunparaugas azul consegue o premio de novela M. García Barros 1990, e o Merlín 2002 coanovela que nos ocupa; tamén o premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía en 1995 conAmantes e viaxeiros e o premio Esquío en 1996 con Permiso para o corso.Publicou, ademais, as novelas Vestio e A tres bandas (1995), os libros de relatos A bibliote-ca da iguana (1994) e O demo á orella (1996) e os poemarios Sonetosfera e Carozo azul.

Ariadna e Adriana son dúas irmás xemelgas que viven no planeta Europa e viaxan, nunfoguete interplanetario, ó Vello Planeta gracias a un concurso que gana a primeira delas.

FICHA TÉCNICA

ARGUMENTO

Page 3: Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A imaxe dos restos da esta-tua da liberdade entre as ruínas como en El planeta de los

3

ARIADNA é a irmá que gana o concurso. Moi intelixente e preparada, alguén especial.Referirase a Adriana como irmá ou nai. Conforme avanza a narración vai ganando en inde-pendencia ata tomar a decisión de quedarse no Vello Planeta con Moody. Pasa de filla a nai.

ARIADNA é a primeira das irmás que fala, refírese a Adriana como se fora menor ou filladela. Comeza o relato Adriana facendo memoria e culpándose de non ter sido suficiente-mente precavida, razón pola que perde a Ariadna para sempre.

MOODY BLUE MOONRIVER ou Monky como lle chama Darky. Mozo de brazos longos,pernas curvadas, rostro de cor azul; peludo, cunha tristura e un indicio de sabedoría que

PERSONAXES

A estancia prevista de quince días, modificará totalmente as súas vidas.No Vello Planeta aloxaranse no Cristal Palace, un dos dous únicos puntos de presenciahumana no planeta virxe, nese paraíso perdido do que a humanidade marchara dous sécu-los antes. Alí atoparanse cunha banda de foraxidos, con criaturas nativas semihumanas,cun científico coroado por un nimbo de luz, coa rapaza-robot que se cre humana e cunrapaz de ollada triste e andares estraños.Dísenos que esta é unha reserva natural, un planeta solitario, pero hai gardas e armas, efálase da mantícora (un animal fantástico devorador de homes) que pode ser lenda ou rea-lidade. No Cristal Palace o teito e as paredes son de cristal e vanse coloreando conformelle dan os raios de sol; e de noite poden apreciar unha única lúa e as estrelas de ondeveñen, escoitar os ouleos dos animais, durmir co ceo sobre a cabeza e respirar unha atmos-fera natural. Poden descubrir o vento, pisar a terra, ver o mar... é algo marabilloso paraestas xentes chegadas dunha cidade superpoboada na que non hai animais e viven baixounha bóveda embazada e con gravidade imitada... naquela lúa afastada. Dísenos taménque o hotel vai xirando por mor da praga de ratos e que se ben se extinguiron os gatos noséculo XXIII agora teñen uns mecánicos con unha gran capacidade para percibir o peri-go. Sabemos que neste planeta abandonado e salvaxe, reserva natural por convencióninterplanetaria, hai animais orixinarios, reconstruídos e transxénicos.No seu primeiro día de estancia neste planeta saen en aeromóbil á caza de unicornios eson secuestrados por uns fuxidos da colonia penitenciaria de Marte, con eles terán quepercorrer estas terras salvaxes ata chegar ós restos dunha urbe que podería ser Nova York.Dise que esta cidade foi abandonada hai mil anos e resulta tomada pola selva.O fío que une a Adriana e Ariadna vaise adelgazando nese labirinto do vello planeta, men-tres Ariadna vai atando os seus cabos con Moody.Trátase dunha obra de ciencia-ficción chea de aventuras trepidantes e enfiada por unhaintriga permanente. Unha viaxe á procura da felicidade unida pola busca da identidadedos seres.A historia váisenos relatando por medio das voces das dúas irmás que nola van contandomentres se dirixen unha á outra nunha especie de carta que vai e vén.

Page 4: Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A imaxe dos restos da esta-tua da liberdade entre as ruínas como en El planeta de los

4

mesmo se podería confundir coa apatía ou coa resignación, a súa mirada ten algo de coñe-cido… Dise que é terrícola. Mecánico, especialista en gatos robot.

MEMORY-CLON PRECIOSA. Réplica dunha muller perfecta, activada ou desactivada pormedio dun lunar na fronte. Cando está acesa tempo dabondo recupera algo de conscien-cia e pregunta por súa nai. Recoñece a Moody pero é moito máis nova ca el pois só pasapara ela o tempo mentres está activada. Lévana á viaxe para servir de cebo ós unicorniosque repousan a cabeza no colo dunha moza virxe. A base de estar esperta, cara ó final danovela sospéitase clon. Coma tódolos autómatas mecánicos, está programada para nondesconectarse, pero aínda así…

DARKY. O xefe dos secuestradores é un asasino que traballara no hotel Cristal Palace. Pasaas noites acariciando os longos cabelos de Preciosa mentres ela chora. Únese ós semihu-manos e axúdalles na loita contra o doutor.

CABALO TOLO. O xefe militar das criaturas. Defínense criaturas fronte ós nacidos. Taménson chamados semihumanos ou infrahumanos. Capaz de sublevarse.

TOURO SENTADO ou Torvo. O xefe das criaturas. Le nunha biblioteca cuberta de po, conec-ta o vídeo no que se ve a imaxe de Frankenstein cunha nena á beira do río e chora. Fai canscon restos de autómatas. Ten cambios moi bruscos de humor e tan pronto é doce coma fero.

OS TRES GROUS, cada un deles un pouco máis próximo ó home e afastado da ave. Poden falara un tempo (coma se foran un) ou por separado. Son homes menciña ou bruxos da tribo.

DR. JACKELL. Un home vello coa luz nas mans, un transxénico. Detrás trae os acólitos:criaturas humanas-animais e detrás unha manda de robots androides. Di que pode ser oúltimo terrícola porque naceu neste planeta que xa levaba séculos abandonado a causa dacontaminación e as secuelas das guerras (a Grande e as Pequenas) e logo porque ninguénse atrevía a romper o equilibrio de poderes (O Goberno Unido do Sistema Solar eArredores e os gobernos rexionais que manteñen o órgano coordinador decidiron prohi-bir a presencia de humanos no planeta, para preservar a súa natureza. Daquela quedaronuns pouquiños humanos, o pai del foi o primeiro director do Palace Hotel cando conver-teron o Vello Planeta en reserva integral. El e seu irmán foron estudiar a Europa. Así comoa seu pai e a seu irmá lles chegaba con vivir na natureza, el e súa nai querían ser parte dela.Fixéranlles implantes para alongarlles a vida. Todos son xa humanos transxénicos ou enri-quecidos, coma di a propaganda oficial. Os humanos a pesar de todo continúan tendo osmesmos hábitos, son iguais no pensamento, polo tanto todo acabará igual que aquí; peroel parte de que se ten o único planeta verdadeiramente habitable e lle falta a especie queo habite, é cousa de el chegar a ela, ese é o empeño da súa vida. Constrúe especies novas,animais mesturados, naturezas alteradas. Di que outros antes ou ó tempo tamén crearona así apareceron os unicornios e outros seres fantásticos. O seu é o papel dun deus, ten-tando crear unha especie humana máis perfecta. Está na novena xeración, na novenamaneira de facelas. Non lles permite a reproducción, por iso non hai femias entre eles,están condenados á soidade e á infelicidade, por eso o odian. El será quen aclare quetamén Ariadna é unha creación, un clon que Adriana encargou para perpetuarse, polotanto non é irmá senón filla. Moody é a súa mellor obra creada a partir dun orangután.

O DIRECTOR DO HOTEL, MR. GIDE. Xemelgo do doutor. Ten, coma el un cancro que oestá matando e é o resultado de experimentos xenéticos. Sente moito afecto por Moody.

Page 5: Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A imaxe dos restos da esta-tua da liberdade entre as ruínas como en El planeta de los

5

• Referencias culturais. Dedicatoria na que se nos acerca ós versos de Curros Enríquez («¡Aidos que levan na fronte unha estrela!»). Gatos mecánicos dos que o último que se ve éo sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A imaxe dos restos da esta-tua da liberdade entre as ruínas como en El planeta de los simios. Mambrú, o que se foiá guerra na canción infantil, e Preciosa pensa que é un irmá dela que se foi á guerra inte-restelar e non sabe se volverá. A lenda do home vello que vive na xungla rodeado deenergúmenos semihumanos. Ariadna cre recoñecer nos bípedos mestura de homes eanimais a familiaridade dos monstros infantís: o home do saco, o sacaúntos… O ada-gio de Albinoni que parece tocar a mantícora. Touro Sentado le no medio dunha biblio-teca chea de po. Conecta un vídeo no que se ve a imaxe de Frankestein coa nena á beirado río e chora. Le «Wound Knee» e mira fotografías dos indios síux e comanches.

• Mitoloxía. O mito de Ariadna. Labirinto: o hotel é un labirinto. Cos grous van taménpor unha especie de labirinto nas ruínas de Nova York, labirinto a cidade e tamén ascloacas -labirinto subterráneo- como confirma Moody.

• A relación enfermiza nai-filla. «Ti namorada dun non humano… Escapando, fuxindo domeu dominio, do meu abrigo, da miña protectora e amable sombra». Di Adriana. Esegue. «¿Esqueciches que te concibín pura, perfecta, autosuficiente, xenial, por riba demin e de todos?¿Esqueciches que non debes nunca, nunca, nunca, estar supeditada aoutro? ¿Esqueciches que te vivín, que me desvivín por ti todos estes anos? ... E perdía-te, e unha mañá érasme estraña, xa non eras eu, xa non. E tampouco eu era xa eu.»«Irmá, ti sempre disposta a defenderme, aínda que sexa coa vida, coa túa vida e non seise coa miña». Di noutro momento Ariadna.

• O caso Hildegart. En relación coa temática anterior podemos repasar a crónica de AuroraRodríguez e a súa filla prodixio, Hildegart, nos principios do século XX. Unha historiaque centrou a atención de boa parte da opinión española nos tempos de SegundaRepública. A filla era unha auténtica obra e plan da súa nai, que non resistindo que seindependizara remata matándoa.

• O home fronte a deus. Os fillos fronte ós pais. «Touro Sentado chora sobre o cadáver do dou-tor. -¡Padre!¡Padre! “El era un deus, eu son un home e rebeleime contra el”. Os deuses nonmorren -asegura Dark- e agora é cando es un home, fixécheste maior. O primeiro deber detodo home é matar ó pai.»

• As duplicidades. Estamos ante dous pares de xemelgos: o doutor e o irmán, Adriana eAriadna. Ademais, os nomes de ambas teñen as mesmas letras e case soan igual.

• Ser mortal. Saberse finito, coñecer o final, fai que a vida adquira un sentido determina-do. «O home é unha paixón inútil» di Dark. Moody ferido canta na noite “Tristeza nonten fin, felicidade si”. E como consecuencia do anterior a descendencia, o interese enperpepuarse “Os meus xenes perderanse no vento coma as lágrimas na chuvia, nonpasarán a ninguén máis” di Moody.

• Ciencia-ficción. Novelas deste xénero. Características. Relación co cinema.

OUTROS TEMAS E VALORES

Page 6: Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A imaxe dos restos da esta-tua da liberdade entre as ruínas como en El planeta de los

6

ANTES DA LECTURA:

• O título, ese nome de muller relacionado co mundo mitolóxico pódenos ir dando cla-ves acerca do que esperar do libro.

• Podemos ler o mito de Ariadna para ir entrando en tema.• A foto da portada achéganos novos datos, pero posiblemente non sexamos conscientes

de todos eles ata despois da lectura. De todos modos, a fotografía mostra dúas mozasxemelgas nunha natureza virxe e especial.

• Na contraportada o resumo argumental fai que a comprensión dos datos achegados polonome e a fotografía se vaia completando.

• A dedicatoria do autor falando dos que levan na fronte unha estrela, vainos abrindonovos campos e referenciándonos os versos de Curros Enríquez.

DURANTE A LECTURA:

• Anotemos tódalas palabras nas que dubidemos do significado, fagamos hipóteses e con-firmémolas coa axuda do diccionario.

• Deteñámonos cando atopemos frases que nos chamen a atención e compartámolas cosdemais para ver qué interpretacións se lle poden dar. Por exemplo “A Historia é unconto cheo de mentiras” di o Doutor Jaekell.

• Fagámolo tamén cando as relacións entre os personaxes ou as situacións nos chamen aatención. Podería ser no caso seguinte... Cando Adriana se dá conta de que Ariadna vaiquedar con Moody no Vello Planeta saca o escalpelo de cirurxián e pretende matala,logo renuncia a facelo e vólveo contra si mesma e Ariadna impídello: -“Loitei contigopola túa vida e vencín. Levo nas mans as cicatrices do teu coitelo, as cicatrices de todaa distancia do universo que nos arreda. Que nos afasta, mamá. Aínda que agora sexamáis ti ca nunca. Igual a ti. Invencible. Por fin son eu mesma”.

• Buscar datos sobre os animais fantásticos que aparecen no texto. Fichar outros animaisque non están recollidos pero que nos teñan chamado a atención.

• Describir a mantícora.• ¿Como nos imaxinamos a Gran Guerra e as Pequenas Guerras? Poderíase facer unha cró-

nica destes acontecementos.• ¿Quen conta a historia en cada capítulo? ¿Dende cando a conta?• Situemos o relato espacialmente.• As preguntas e as respostas que dá Ariadna e que a fan merecedora do premio de Cereais

Grademillo adiántannos algún dos elementos que serán fundamentais na novela.Busquémolas e opinemos sobre esto.

• Algún dos productos dos que se fala podemos xa atopalos neste momento, coma oszumes enriquecidos ou o leite con calcio engadido. ¿A onde nos pode estar levando estasociedade?

ACTIVIDADES A REALIZAR

Page 7: Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A imaxe dos restos da esta-tua da liberdade entre as ruínas como en El planeta de los

7

• Parece ser que os humanos tiveron que abandonar a Terra, o único planeta habitable, eirse a outros lugares do universo que non están preparados para a vida. ¿A que é debi-do? ¿Que sentido ten todo esto?

• Fálase de transxénicos. Investiguemos acerca desto.• Xoguemos coas palabras. Xa vimos que Adriana e Ariadna son intercambiables, teñen as

mesmas letras só que algunha delas está cambiada de orde ¿podemos atopar algunhasoutras?

• Vaiamos compartindo tódalas dúbidas que van xurdindo ó longo da lectura cos compa-ñeiros e compañeiras.

• Pola posible relación desta historia coa de Hildegart, sería interesante buscar informa-ción ó respecto en internet, visionar a película “Mi hija Hildegart” ou a obra de teatro«Virgen Roja» que se basean na vida destas dúas mulleres.

DESPOIS DA LECTURA:

• ¿Que pode significar ese final con Ariadna embarazada?• ¿En que tipo de mundo –ou momento histórico– che fai pensar esa carta final de

Ariadna?• Os nomes dos dous irmáns parecen lembrar o título dunha novela, anque tamén pode

facer pensar niso a personalidade de Touro Sentado. ¿Adiviñades cal é?• Cada lector ha de buscar a personaxe coa que máis se identificara e defendelo fronte ós

demais.• Sitúa a historia no tempo partindo dos datos que achega a lectura.• Comparar os pares de xemelgos: Ariadna e Adriana - Sr. Gide e o Dr. Jaekell. Falar sobre

a orixe de ambos pares. Facelo tamén sobre o resto das personaxes que aparecen notexto.

• Intentemos buscar relacións entre o que lemos e o que sabemos ou vivimos. A posturade Adriana respecto a Ariadna ¿recórdanos algo? ¿Que vemos detrás do diálogo entreTouro Sentado e Dark ante a morte do doutor?

• Criticar o comportamento que máis desprezo nos merece dos que aparecen no libro. • ¿Esta lectura tennos espertado algún recordo vivido, algún outro libro ou película?• Fagámoslle unha ilustración a este texto ou probemos a pasalo a cómic.• Continuemos a historia... Ese ser que leva Ariadna no ventre pode ser o protagonista da

nosa novela.• Probemos a titular doutra maneira a novela e tamén cada un dos seus capítulos.• Podemos ver en vídeo “El planeta de los simios” e a continuación facer un cine fórum

no que á parte de opinar sobre a película poderemos facelo sobre as posibles relaciónsque vexamos con esta.

• Falemos de libros de ciencia-ficción. Fagamos unha exposición dos que haxa na biblio-teca do centro ou que cada quen presente aquel que teña lido. ¿Sería posible atopar ana-loxías con outras películas de ciencia-ficción? ¿Por que se producirá esa conxunciónentre a mitoloxía e o futuro de ciencia-ficción?

• Extraer a idea principal deste texto.• Recomendémoslle a lectura por escrito a outros compañeiros.

Page 8: Ariadna - Grupo Anaya€¦ · o sorriso (Gato de Cheshire en Alicia no país das marabillas). A imaxe dos restos da esta-tua da liberdade entre as ruínas como en El planeta de los

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 304-2003