aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario...

11
MATERIA DE REPASO E REFORZO DA 1ª e 2ª AVALIACIÓN 2º ESO A E 2º ESO B INDICACIÓNS MOI IMPORTANTES (lede atentamente) Esta é a materia de repaso e recuperación dos estándares de aprendizaxes abordados na 1ª avaliación e 2ª avaliación. As actividades débense realizar de forma ordenada, clara e lexible (MOI IMPORTANTE, DO CONTRARIO RECHAZO OS EXERCICIOS) ; atendendo tanto á adecuada presentación como á corrección lingüística e ortográfica na redacción. NON ALTEREDES A ORDE DAS CUESTIÓNS E RESULTA NECESARIO COPIAR O ENUNCIADO DA PREGUNTA A RESPONDER. Cabe a opción de deixar de responder a algunha cuestión pero debedes intentar dar resposta a todas. Pode entregarse en Word pero fixareime especialmente se coinciden as respostas e invalidarei os exercicios que contraste que non foron realizados polo propio alumno-a). Quen ten que traballar estes contidos? Debe realizalo TODO o alumnado pero dende logo quen TEÑA PENDENTE de recuperar as devanditas avaliacións. O prazo de entrega é ata o 2 de xuño (pode ser entregado antes da data). Empregade os apuntes e material que vos proporcionei en clase, non recurrades a internet para procurar a información. Altérnanse cuestións sinxelas con outras de maior complexidade. Ademais, quen desexe seguir aprendendo temas novos, aínda que non sexan avaliables nin se pidan, pode SOLICITARME por privado material. A conta de correo é [email protected] e tamén tede publicado o material no blog de recursos aquisgallaeciahistoria.wordpress.com Se tedes dúbidas podedes preguntar, procurádeo facer de 10 a 11 h das mañás, sempre que vos sexa posible, desta maneira organizamos todos un horario que é moi conveniente. Na medida que poida, e por orde de chegada dos mails, procederei a contestar. Saúdos e saúde.

Transcript of aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario...

Page 1: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado,

MATERIA DE REPASO E REFORZO DA 1ª e 2ª AVALIACIÓN 2º ESO A E 2º ESO B

INDICACIÓNS MOI IMPORTANTES (lede atentamente)

Esta é a materia de repaso e recuperación dos estándares de aprendizaxes abordados na 1ª avaliación e 2ª avaliación.

As actividades débense realizar de forma ordenada, clara e lexible (MOI IMPORTANTE, DO CONTRARIO RECHAZO OS EXERCICIOS); atendendo tanto á adecuada presentación como á corrección lingüística e ortográfica na redacción. NON ALTEREDES A ORDE DAS CUESTIÓNS E RESULTA NECESARIO COPIAR O ENUNCIADO DA PREGUNTA A RESPONDER. Cabe a opción de deixar de responder a algunha cuestión pero debedes intentar dar resposta a todas.

Pode entregarse en Word pero fixareime especialmente se coinciden as respostas e invalidarei os exercicios que contraste que non foron realizados polo propio alumno-a).

Quen ten que traballar estes contidos? Debe realizalo TODO o alumnado pero dende logo quen TEÑA PENDENTE de recuperar as devanditas avaliacións.

O prazo de entrega é ata o 2 de xuño (pode ser entregado antes da data). Empregade os apuntes e material que vos proporcionei en clase, non

recurrades a internet para procurar a información. Altérnanse cuestións sinxelas con outras de maior complexidade. Ademais, quen desexe seguir aprendendo temas novos, aínda que non

sexan avaliables nin se pidan, pode SOLICITARME por privado material. A conta de correo é [email protected] e tamén tede

publicado o material no blog de recursos aquisgallaeciahistoria.wordpress.com

Se tedes dúbidas podedes preguntar, procurádeo facer de 10 a 11 h das mañás, sempre que vos sexa posible, desta maneira organizamos todos un horario que é moi conveniente. Na medida que poida, e por orde de chegada dos mails, procederei a contestar.

Saúdos e saúde.

IES ARMANDO COTARELO VALLEDORDEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. X-H, 2º ESO

1ª AVALIACIÓN

NOME E APELIDOS__________________________________________________________________CURSO___

Page 2: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado,

1.- Documento 1. Le o texto atentamente e responde ás cuestións que se formulan (1,5 puntos)

Feudo é o (…) que o señor concede a algún home cando se converte no seu vasalo e fai homenaxe de serlle leal. E tomou este nome da fe que debe sempre gardar o vasalo ao señor. Hai dous tipos de feudo: un cando se otorga sobre unha vila, castelo ou calquera cousa que sexa raíz, e outro cando o rei entrega maravedís (moeda da época) ao seu vasalo. (…) O señor debe amar, honrar e gardar aos seus vasalos e facerlles ben (...). O vasalo debe axudarlle en todas as guerras que houbese.

Alfoso X o Sabio, rei de Castela. As sete partidas, século XIII

a) Ponlle un título ao documento e subliña as ideas principais.

b) Resúmeo ou indica de qué trata.

c) Indica o autor, a cronoloxía e o contexto histórico do documento.

d) Responde con precisión :- Cronoloxía do feudalismo e significados de feudo.

- Como era a agricultura e a posesión da terra?

- Que son as relacións de dependencia persoal?

- Como se organizaba a sociedade?

- Por que se fragmentou o poder político?

- Describe brevemente as relacións rei-señores e señores e campesiños.

Page 3: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado,

- Que función tiña a nobreza e o clero. Pon exemplos de cada grupo.

2.- Cuestión práctica de Historia da Arte (1 punto)a) Comenta brevemente a cúpula de Santa Sofía de Constantinopla, o capitel de Daniel no foxo dos leóns e o arco da igrexa de San Juan de Baños.

3.- Responde a estas preguntas que se formulan (1 punto):

Page 4: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado,

a) Quen eran os pobos bárbaros?

b) Os suevos: quen eran, onde asentaron, en que ano, cal foi a súa capital?

c) Que sucede en Oriente co Imperio Romano? Que emperador destacou e cal era o seu proxecto?

d) Cando, onde e como xorde a nova relixión do Islam?

e) Quen foi Carlomagno, cal foi o seu soño, que foi nomeado?

IES ARMANDO COTARELO VALLEDORDepartamento de Xeografía e Historia. Xeografía e Historia, 2º ESO

NOME E APELIDOS_______________________________________________CURSO___2º_____

4.- COMENTARIO DA PLANTA QUE SE PROPÓN (1,5 puntos):a) Debes describir a planta dende a entrada á cabeceira indicando todas as súas partes.b) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado, piares, capiteis e cubertas utilizados. (segue esta orde na redacción para elaborar unha análise coherente, razoada e cohesionada sintacticamente).

Page 5: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado,

5.- IDENTIFICA OS ELEMENTOS DA PORTADA ROMÁNICA: arquivoltas, xambas, tímpano, dintel, parteluz; indica que forma adquire a porta (0,5 puntos).

6.- ANALIZA A ESCULTURA QUE SE MOSTRA NA FIGURA indicando o material empregado, os temas e cómo son as figuras (0,5puntos).

7.- COMENTA A PINTURA ROMÁNICA QUE SE PROPÓN ANALIZANDO AS SEGUINTES CUESTIÓNS (0,5 p.):a) Cal era o soporte, e a técnica empregada?b) Que rasgos caracterizan ás figuras? Coméntao.c) Que significa que a pintura e a escultura teñen un carácter simbólico e didáctico?

Page 6: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado,

.

8.- Elabora un informe de dúas carillas como máximo sobre esta cuestión: Organización da sociedade e a súa evolución (cambios) dende a caída do Imperio Romano ata o periodo feudal. Debes contemplar: época tardorromana, pobos xermánicos (incluidos suevos e visigodos), imperio romano de Oriente e alta Idade Media. (3,5 puntos)Debes redactalo ti coa axuda do libro de texto, escrito coa túa letra e con vocabulario que entendas. Non empregues internet porque é un exercicio de redacción e non serve para o obxectivo que se persegue.

2ª AVALIACIÓN

Page 7: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado,

IES ARMANDO COTARELO VALLEDORSOBRADELO-VILAGARCÍA. XEOGRAFÍA E HISTORIA. 2º ESO

NOME E APELIDOS_________________________________________________CURSO_____

1.- ANÁLISE E COMENTARIO DAS OBRAS DE ARTE QUE SE PROPORCIONAN (2 puntos)

a) Describe a organización da fachada da catedral de Burgos.

b) Comenta brevemente a planta da catedral de Chartres.

c) Indica cómo eran os muros góticos, que arco se empregaba e como eran as cubertas.

2.- Na pintura gótica: que técnica se empregou, que eran os retablos e as vidrieiras? (0,5 puntos).

3.- Observa a imaxe da Virxe Blanca da catedral de León e contesta qué rasgos definen a escultura gótica. (1 punto)

Page 8: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewb) A continuación incorpora ao comentario os elementos construtivos do románico: muros, interior do templo, arco empregado,

4.- Responde a estas cuestións que se formulan sobre o periodo baixomedieval (3 puntos):

a) Enumera os avances na agricultura neste periodo. Indica de que forma influiron sobre a poboación.b) Causas que expliquen a renovación e aumento do comercio no periodo.c) Comenta cómo se produce o renacemento urbano e que tipo de cidades había.d) Que eran os gremios e como funcionaban.e) Reflexiona cómo os monarcas recuperan a súa autoridade a finais da Idade Media.f) Analiza esta afirmación: “Os efectos da Peste Negra alteraron sensiblemente a situación das explotacións dos señores”.

4.- Elabora un informe de tres carillas como máximo sobre esta cuestión: Organización da sociedade e a súa evolución (cambios) dende a caída do Imperio Romano ata o periodo feudal. Debes contemplar: época tardorromana, pobos xermánicos (incluidos suevos e visigodos), imperio romano de Oriente , alta Idade Media e periodo baixo medieval, que foi o último que vimos en clase antes do confinamento. (3,5 puntos)

Debes redactalo ti coa axuda do libro de texto, escrito coa túa letra e con vocabulario que entendas. Non empregues internet procurando resolver porque é un exercicio de redacción e non serve para o obxectivo que se persegue. (importante)